Galician: Bible for 2 Thessalonians

Formatted for Translators

©2022 Wycliffe Associates
Released under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.
Bible Text: The English Unlocked Literal Bible (ULB)
©2017 Wycliffe Associates
Available at https://bibleineverylanguage.org/translations
The English Unlocked Literal Bible is based on the unfoldingWord® Literal Text, CC BY-SA 4.0. The original work of the unfoldingWord® Literal Text is available at https://unfoldingword.bible/ult/.
The ULB is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.
Notes: English ULB Translation Notes
©2017 Wycliffe Associates
Available at https://bibleineverylanguage.org/translations
The English ULB Translation Notes is based on the unfoldingWord translationNotes, under CC BY-SA 4.0. The original unfoldingWord work is available at https://unfoldingword.bible/utn.
The ULB Notes is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.
To view a copy of the CC BY-SA 4.0 license visit http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/
Below is a human-readable summary of (and not a substitute for) the license.
You are free to:
The licensor cannot revoke these freedoms as long as you follow the license terms.
Under the following conditions:
Notices:
You do not have to comply with the license for elements of the material in the public domain or where your use is permitted by an applicable exception or limitation.
No warranties are given. The license may not give you all of the permissions necessary for your intended use. For example, other rights such as publicity, privacy, or moral rights may limit how you use the material.

2 Thessalonians

Chapter 1

1 Paulo, Silvano e Timoteo, á igrexa dos tesalonicenses en Deus noso Pai e no Señor Xesús Cristo: 2 graza e paz a vosoutros, de Deus Pai e do Señor Xesús Cristo. 3 Temos que darlle grazas a Deus por vós sempre, porque é xusto, pois a vosa fe vai medrando cada día máis, e o amor que vos tendes uns aos outros segue a aumentar, 4 tanto que nós mesmos nos gabamos de vós nas igrexas de Deus, pola vosa paciencia e fe no medio de tódalas persecucións e tribulacións que estades a soportar. 5 Ese é o sinal do xusto xuízo de Deus para que sexades considerados dignos do reino de Deus, polo que tamén estades a padecer. 6 Xa que é xusto diante de Deus pagar con tribulación a aqueles que vos aflixen e, a vós, 7 que sodes atribulados, darvos acougo connosco, cando se revele o Señor Xesús dende o ceo, cos seus poderosos anxos 8 e con labaradas de lume, para darlles o pago a aqueles que non coñecen a Deus, nin obedecen o evanxeo do noso Señor Xesús. 9 Eles pagarán o castigo da perdición eterna, afastados da presenza do Señor e do seu glorioso poder; 10 cando El veña para ser glorificado polos seus santos, e ser admirado naquel día entre todos os que creron (xa que vós crestes o noso testemuño). 11 Por iso, oramos sempre por vós, para que o noso Deus vos considere dignos do seu chamado e co seu poder faga realidade todo propósito de bondade e a obra da fe; 12 para que o nome do noso Señor Xesús sexa glorificado en vós, e vós nel, conforme a graza do noso Deus e do Señor Xesús Cristo.

Chapter 2

1 Tocante á vinda de Xesús Cristo, noso Señor e da nosa reunión con El, rogámosvos, irmáns, 2 que non vos axitedes tan axiña no voso modo de pensar, nin vos alarmedes, nin por espírito, nin por palabra, nin por carta coma se fose nosa, no sentido de que o día do Señor xa chegou. 3 Que ninguén vos engane de ningunha maneira! porque iso non sucederá sen que denantes veña a apostasía e sexa manifestado o home da maldade, o fillo da perdición, 4 aquel que se opón e se ergue contra todo o que é chamado Deus ou é digno de adoración, ata chegar a sentarse no templo de Deus, proclamando que el mesmo é Deus. 5 Non lembrades que, cando estaba convosco, xa vos falaba destas cousas? 6 E agora sabedes que é o que o detén, para que sexa revelado no seu tempo. 7 Porque o misterio da iniquidade xa está actuando, mesmo que o que o retén agora un día ha ser quitado do medio. 8 Daquela será revelado o inicuo (a quen o Señor matará cun soprido da súa boca e destruirá co esplendor da súa vinda); 9 a súa chegada é obra de Satanás, e será con toda clase de poderes e sinais milagreiros, e prodixios mentireiros, 10 e con todo engano de iniquidade para aqueles que han perecer: o froito que terán por non acolleren o amor da verdade para ser salvos. 11 Por iso Deus envíalles unha forza enganadora para que crean na mentira, e 12 así serán xulgados todos os que non creron na verdade, senón que se deleitaron na inxustiza. 13 Pero nós debemos dar grazas sempre a Deus por vós, irmáns amados polo Señor, pois Deus escolleuvos como os primeiros para salvación, santificándovos co Espírito e coa fe verdadeira; 14 a iso vos chamou polo noso evanxeo, para acadar a gloria de Xesús Cristo, noso Señor. 15 Polo tanto irmáns, mantédevos firmes e retede as ensinanzas coas que fostes ensinados, tanto de palabra como por carta. 16 E que o noso Señor Xesús Cristo mesmo, e máis Deus noso Pai, quen nos amou e nos deu eterno consolo e boa esperanza pola graza, 17 console os vosos corazóns, fortalecéndovos en toda boa obra e palabra.

Chapter 3

1 Polo demais, irmáns, orade por nós, para que a palabra do Señor teña libre curso e sexa glorificada, tal como aconteceu convosco: 2 e para que sexamos libres de persoas desencamiñadas e perversas, pois non todos teñen fe. 3 Pero o Señor é fiel, e vos ha afirmar e protexer do mal. 4 E estamos confiados no Señor tocante a vós, de que facedes e seguiredes a facer canto vos dicimos. 5 E o Señor encamiñará os vosos corazóns no amor de Deus e na paciencia do Mesías. 6 Pero mandámosvos, irmáns, no nome do Señor Xesús Cristo, que vos arrededes de calquera irmán que viva dun xeito desordenado, e non conforme ao ensino que recibiron de nós. 7 Porque vós mesmos sabedes de que maneira debedes imitarnos, pois non vivimos dun xeito desordenado entre vosoutros, 8 nin comemos de graza o pan de ninguén, senón que traballamos arreo fatigándonos noite e día, para non sermos unha carga para ningún de vós; 9 non porque non teñamos dereito, senón para darvos exemplo, a fin de que nos imitedes. 10 Porque cando estabamos onda vós, mandámosvos isto: o que non queira traballar, que non coma. 11 Pois estamos a escoitar que algúns de vós viven dun xeito desordenado, sen traballar en nada e entremétense no que non é de seu. 12 A eses, mandámoslles e exhortámoslles agora no Señor Xesús Cristo, que traballando con acougo, coman o seu propio pan. 13 E vós, irmáns, non vos cansedes de facer o ben. 14 Se algún non obedece a nosa palabra transmitida a través desta carta, sinaládeo e non vos xuntedes con el, para que sexa avergoñado. 15 Pero non o tratedes como inimigo, senón aconselládeo como a irmán. 16 Que o Señor da paz vos dea sempre a paz en todas as maneiras. O Señor sexa con todos vós. 17 O saúdo é da miña propia man: Paulo, o que é un sinal en todas as miñas cartas; así escribo. 18 A graza de Xesús Cristo, noso Señor, sexa convosco.