12Abram subiu de Exipto e foi hata o Neguev, el, a sua esposa e todo o que el pouía. Lot tamén foi con eles. Agora Abram era moi rico en animais, en prata e en ouro.
1E houbo fame na terra, ademáis da fame anterior que ocorrera durante os días de Abraham. E Isaac foi a Gerar, a Abimelec, rei dos filisteos32Agora aperecéuselle o Señor e dixo: Non baixes a Exipto; queda na terra que eu che direi. 3.Habita nesta terra e Eu serei contigo e te abençoarei; porque a ti e a túa descendencia darei todas estas terras, e confirmarei o xuramento que xurei a Abraham, teu pai.4Eu multiplicarei a túa descendencia como as estrelas do ceo e darei aos teus descendentes todas estas terras; e todas as nacións da terra serán abençoadas 5Eu farei isto porque Abraham obedeceu a miña voz e gardou os meus mandamentos, os meus estatutos e as miñas leis6Habitou pois Isaac en Gerar 7E cando os homes daquel lugar preguntáronlle acerca da súa muller, el dixo: É a miña irmá; porque tiña medo de dicir: É a miña muller. Pensando "Non sexa que me maten os homes do lugar por causa de Rebeca, pois é de fermosa aparencia". 8E sucedeu que, despois de ter estado alí longo tempo, Abimelec, rei dos filisteos, mirou por unha xanela, e velaquí, viu a Isaac acariñando a Rebeca a súa muller.9Entón Abimelec chamou a Isaac e díxolle: Velaquí certamente ela é a túa muller. ¿Como, pois, dixeches: “É a miña irmá”? E Isaac respondeulle: Porque me dixen: "Non sexa que eu morra por causa dela". 10E Abimelec dixo: Que é isto que nos fixeches? Porque algún do pobo facilmente se teria deitado coa túa muller, e trouxeses culpa sobre nós. 11E Abimelec ordenou a todo o pobo, dicindo: O que toque a este home ou á súa muller, de certo morrerá12E sementou Isaac naquela terra, e cultivou aquel ano cento por un. E o Señor bendíxoo. 13E o home enriqueceuse, e seguiu engrandecéndose ata que chegou a ser moi poderoso 14pois tiña rabaños de ovellas e rabaños de vacas e moita servidume, e os filisteos tíñanlle envexa.15E todos os pozos que os servos do seu pai cavaran nos días de Abraham o seu pai, os filisteos cegáronos enchéndoos de terra. 16Entón Abimelec dixo a Isaac: Vaite de aquí porque ti és moito máis poderoso que nós. 17Isaac partiu de alí, acampou no val de Gerar e estableceuse alí.18Isaac volveu cavar os pozos de auga que foran cavados nos días do seu pai Abraham, porque os filisteos cegáranos despois da morte de Abraham, e púxolles os mesmos nomes que lles puxera o seu pai.19Cando os servos de Isaac cavaron no val atoparon alí un pozo de augas vivas. 20Entón rifaron os pastores de Gerar cos pastores de Isaac, dicindo: A auga é nosa. Por iso el chamou ao pozo Esek, porque eles discutiran con el.21Cavaron outro pozo, e tamén discutiron por el ; por iso chamouno Sitna 22E trasladouse de alí e cavou outro pozo, e non rifaron por el; por iso chamouno Rehobot, porque dixo: Ao fin o Señor fixo lugar para nós, e prosperaremos na terra.23E de alí subiu a Beerseba. 24E o Señor aparecéuselle aquela mesma noite e díxolle: Eu son o Deus do teu pai Abraham; non temas porque eu estou contigo. E bendireiche e multiplicarei a túa descendencia. 25E edificou alí un altar, e invocou o nome do Señor e montou alí a súa tenda e alí abriron os servos de Isaac un pozo.26Entón Abimelec veu a el desde Gerar, co seu conselleiro Ahuzat e con Ficol, xefe do seu exército 27E dixo Isaac: Por que viñestes a min, vós que me odiades e me botastes de entre vós?28E eles responderon: Vemos claramente que o Señor estivo contigo, así que dixemos: "Haxa agora un xuramento entre nós, entre ti e nós, e fagamos un pacto contigo 29de que non nos farás ningún mal, así como nós non te tocamos e só che fixemos ben, e enviámoste en paz. Ti es agora o bendito do Señor.30Entón el preparoulles un banquete, e comeron e beberon. 31E erguéronse moi de mañá e fixéronse mutuo xuramento; entón Isaac despediunos e eles partiron do seu carón en paz.32E sucedeu que aquel mesmo día os servos de Isaac chegaron e informáronlle acerca do pozo que cavaran e dixéronlle: atopamos auga. 33E chamouno Seba; por iso o nome da cidade é Beerseba ata hoxe.34Cando Esaú tiña corenta anos casou con Judit, filla de Beeri heteo, e con Basemat, filla de Elón heteo; 35e elas fixeron a vida insoportable para Isaac e Rebeca.
1E aconteceu que , sendo xa vello Isaac e os seus ollos demasiado febles para ver, chamou a Esaú, ao seu fillo maior, e díxolle: "Fillo meu". E el respondeulle: "Aquí estou". 2E dixo Isaac: "Mira eu son vello e non sei o día da miña morte.3Agora, pois, rógoche , colle as túas armas, a túa alxaba e o teu arco, sale ao campo e tráeme caza; 4e prepárame un bo guisado como a min me gusta, e tráemo para que eu coma, e que te bendiga a miña alma antes que eu morra."5Rebeca estaba escoitando cando Isaac falaba ao seu fillo Esaú. E cando Esaú foi ao campo para cazar unha peza para traer 6Rebeca falou ao seu fillo Xacob, dicindo: Velaquí, oín ao teu pai que falaba co teu irmán Esaú dicíndolle: 7"Tráeme caza e prepárame un bo guisado para que coma e te abençoe en presenza do Señor antes da miña morte”.8Agora pois, meu fillo, obedéceme no que che mando. 9Vai agora ao rabaño e tráeme dalí dous dos mellores cabritos das cabras, e eu prepararei con eles un bo guisado para o teu pai como a el lle gusta 10Entón levarasllo ao teu pai, que comerá, para que te bendiga antes da súa morte.11E Xacob dixo á súa nai Rebeca: «Esaú o meu irmán é home peludo e eu son lampo. 12Quizá o meu pai me toque , e entón serei para el un mentireiro e traerei sobre min unha maldición e non unha bendición.13Pero a súa nai respondeu: Caia sobre min a túa maldición, fillo meu; soamente obedece á miña voz, e vai e tráemos. 14E el foi, tomounos e tróuxoos á súa nai; e a súa nai fixo un bo guisado, como lle gustaba ao seu pai.15Entón Rebeca colleu os mellores vestidos de Esaú, o seu fillo máis vello, que ela tiña na casa, e vestiu a Xacob, o seu fillo máis novo; 16puxo as peles dos cabritos sobre as mans e sobre a parte do pescozo onde non tiña pelo, 17e puxo o guisado e o pan que fixera en mans do seu fillo Xacob.18Entón el foi ao seu pai e dixo: "Meu pai." E el respondeu: "Aquí estou. Quen es meu fillo?" 19E Xacob dixo ao seu pai: "Eu sou Esaú, o teu primoxénito. Fixen o que me dixeches. Levántate, rógoche. Séntate e come da miña caza para que me abenzçoes."20E dixo Isaac ao seu fillo: "Como é que a encontraches tan axiña, meu fillo?" E el respondeu: "Porque o Señor teu Deus fixo que a atopase diante de min." 21Isaac entón respondeu a Xacob: "Rógoche que te achegues para que te toque, meu fillo para que eu saiba se en verdade es o meu fillo Esaú"22Xacob achegouse ao seu pai Isaac, e el palpouno e dixo: A voz é a de Xacob, pero as mans son as mans de Esaú. 23E non o recoñeceu porque as súas mans eran peludas coma as do seu irmán Esaú, e bendiciuno24E preguntoulle: "Es en verdade o meu fillo Esaú?" E el respondeu: "Eu son." 25E dixo: "sírveme, e comerei da caza do meu fillo para que eu te abençoe". E serviulle e el comeu e tróuxolle tamén viño, e bebeu.26E díxolle Isaac, o seu pai: "achégate a min agora e bícame, meu fillo." 27E el achegouse e bicouno; e cheirou o cheiro da súa roupa e bendíxoo dicindo: "Velaquí que o cheiro do meu fillo é como o cheiro dun campo que o Señor bendixo28Deus che dea pois, do orballo do ceo, e das riquezas da terra, e abundancia de gran e de mosto29Sírvante os pobos, e as nacións se inclinen a ti; sei señor dos teus irmáns, e inclínense a ti os fillos da túa nai. Malditos os que te maldigan e benditos os que te bendigan30E sucedeu que, tan pronto como Isaac terminara de bendicir a Xacob, e apenas saira Xacob de diante do seu pai Isaac, chegou o seu irmán da súa cacería. 31E tamén el fixo un bo guisado e tróuxoo ao seu pai e dixo ao seu pai: "Levántese o meu pai, e come da caza do seu fillo, para que me abençoe a túa alma."32E díxolle o seu pai Isaac: "Quen es? "E el respondeu: "Son o teu fillo, o teu primoxénito Esaú." 33E Isaac tremeu cun estremecimento moi grande, e dixo: "Quen foi entón o que trouxo caza, antes de que ti viñeses, e eu comín de todo, e eu o abençoei? Certamente bendito será"34Cando Esaú oiu estas palabras do seu pai, clamou cun grande e amargo clamor e dixo ao seu pai: "Abençoa a min tamén meu pai!" 35E el respondeu:" Veu o teu irmán con engano, e levou a túa bendición."36E Esaú dixo: "Ben chamaron o seu nome Xacob, pois xa me suplantou duas veces. Levoume a primoxenitura e velaquí que agora tomou a miña bendición". E dixo: "Non reservaches una bendición para min?" 37"Mira," respondeulle Isaac, "eu púxeno por señor teu, e deille por servos a todos os seus parentes; e con gran e mosto sustenteino. En canto a ti que farei, pois, fillo meu?"38E Esaçu dixo ao seu pai: "Non tes máis que unha bendición, meu pai? Abençoa tamén a min, meu pai." E levantou Esaú a súa voz e chorou39Entón o seu pai Isaac respondeu e dixo: "Velaquí, a túa morada estará na gordura da terra, e do orballo dos ceos arriba; 40da túa espada vivirás e servirás ao teu irmán; e sucederá cando sexas máis forte, que descargarás o seu xugo do teu pescozo."41E aborreceu Esaú a Xacob por mor da bendición con que o seu pai o bendicira e dixo no seu corazón: "Chegarán os días do loito polo meu pai, e eu matarei a Xacob o meu irmán." 42E foron ditas a Rebeca as palabras de Esaú o seu fillo máis vello; e ela enviou e chamou a Xacob o seu fillo máis novo, e díxolle: "Velaquí, Esaú o teu irmán consólase de ti coa idea de matarte."43"Agora pois, meu fillo , obedece á miña voz: érguete e fuxe a Harán a casa do meu irmán Labán. 44E queda con el algúns días ata que se calme o furor do teu irmán. 45Ata que acougue a ira do teu irmán contra ti, e esqueza o que lle fixeches. Entón enviarei e traereite de alá. Por que hei de sufrir a perda de vós os dous nun mesmo día?"46E dixo Rebeca a Isaac: Estou cansa de vivir por causa das fillas de Het; se Xacob toma muller das fillas de Het, como estas, das fillas desta terra ¿para que quero a vida?
1E chamou Isaac a Xacob, bendíxoo e ordenuoulle dicindo: "Non tomarás muller de entre as fillas de Canaán 2Erguete, vai a Padán-aram, a casa de Betuel, pai da túa nai; e toma de alí muller de entre as fillas de Labán, irmán da túa nai."3E o Deus Todopodroso te abençoe e che faga fructificar e te multiplique, para que chegues a ser multitude de pobos. 4E che dea a bendición de Abraham, e á túa descendencia contigo, para que herdes a terra das túas peregrinacións, que Deus deu a Abraham.5Entón Abraham despediu a Xacob, e el foi a Padán-aram, a casa de Labán, fillo de Betuel, irmán de Rebeca, nai de Xacob e Esaú.6E viu Esaú que Isaac bendicira a Xacob e o enviara a Padán-aram para tomar para si, muller de ali, e , cando o bendixo, deulle ordes dicindo: Non tomarás para ti muller de entre as fillas de Canaán 7e que Xacob obedecera ao seu pai e a súa nai e marchara a Padán-aram.8Viu, pois, Esaú que as fillas de Canaán non eran do agrado do seu pai Isaac; 9E Esaú foi a Ismael e tomou por muller, ademáis das mulleres que xa tiña, a Mahalat, filla de Ismael, fillo de Abraham, irmá de Nebaiot.10E saiu Xacob de Beerseba e foi a Harán. 11E chegou a certo lugar e pasou a noite alí , porque o sol xa se puxera; colleu una das pedras do lugar, púxoa na cabeceira deitouse naquel lugar.12E tivo un soño, e velaquí, había unha escaleira apoiada na terra e seu extremo superior chegaba ao ceo; e velaquí, os anxos de Deus subían e baixaban por ela. 13E velaqui, o Señor estaba sobre ela e dixo: Eu son o Señor, o Deus do teu pai Abraham e o Deus de Isaac. Dareiche a terra na que estás deitado, a ti e a túa descendencia.14Tamén a túa descendencia será como o pó da terra e estenderaste cara ao occidente e cara ao oriente, cara ao norte e cara ao sur; e en ti e na túa semente serán bendicidas todas as familias da terra 15Velaquí, eu son contigo, e gardareite por onde quer que vaias e fareite volver a esta terra; porque non te deixarei ata que faga o que che prometín16Acordou Xacob do seu soño e dixo: Abofé que o Señor está neste lugar e eu non o sabía. 17E tivo medo e dixo: Que terríbel é este lugar! Non é outra cousa que casa de Deus e porta do ceo.18E levantouse Xacob moi de mañá, e tomou a pedra que puxera de cabeceira, erixiuna por sinal e derramou aceite sobre ela 19E púxolle o nome de Betel a aquel lugar, aínda que anteriormente o nome da cidade era Luz20Entón Xacob fixo un voto dicindo: Se for Deus comigo e me gardar neste camiño no que vou e me der alimento para comer e roupa para vestir 21e se voltar san e salvo á casa do meu pai, entón o Señor será o meu Deus. 22E esta pedra que puxen por sinal será casa de Deus; e de todo o que me deas dareiche o dezmo.
1Entón Xacob seguiu o seu camiño e foi á terra dos fillos de oriente. 2E mirou e viu un pozo no campo e velaquí, tres rabaños de ovellas que estaban deitados alí a o seu carón porque daquel pozo daban de beber aos rabaños, e a pedra sobre a boca do pozo era grande 3E cando os rabaños xuntábanse alí, entón rodaban a pedra da boca do pozo e daban de beber ás ovellas e volvían poñer a pedra no seu lugar, sobre a boca do pozo.4E Xacob dixo aos pastores: Meus irmáns,¿de onde sodes? E eles dixeron: Somos de Harán. 5Entón díxolles: Coñecedes a Labán, o fillo de Nacor? E eles responderon: Coñecémolo. 6E el díxolles: Está ben? E dixeron: está ben; mira, a súa filla Raquel vén coas ovellas.7E el dixo: Velaquí aínda é cedo no día ; non é hora de recoller o gando. Dade de beber ás ovellas e ide a apacentalas. 8Mais eles dixeron: Non podemos hata que se xunten todolos rabaños e removan a pedra da boca do pozo; entón daremos de beber ovellas9Aínda estaba el falando con eles, cando chegou Rebeca coas ovellas do seu pai, pois ela era a pastora. 10E sucedeu que cando Xacob viu a Raquel, filla de Labán, irmán da súa nai, Xacob subiu e quitou a pedra da boca do pozo e deu de beber ao rabaño de Labán , irmán da súa nai.11E Xacob bicou Raquel e levantou a súa voz e chorou. 12E Jacob fixo saber a Raquel que el era parente do seu pai, e que era fillo de Rebeca; e ela foi correndo dicirllo ao seu pai.13E sucedeu que cando Labán oiu as novas de Xacob fillo da súa irmá, correu ao seu encontro, deulle una aperta, bicouno e levouno á súa casa. Entón el contó a Labán todas estas cousas. 14E díxolle Labán: Certamente ti es meu óso e miña carne. E Xacob quedou con el todo un mes15E Labán dixo a Xacob: Seica por seres ti o meu irmán servirasme de graza? Faime saber cal será o teu salario. 16Labán tiña duas fillas; o nome da máis vella era Lea o nome da máis nova, Raquel. 17E os ollos de Lea eran delicados, pero Raquel era de bela figura e fermosa aparencia. 18E Xacob namorouse de Raquel e dixo: Servireite sete anos por Raquel, a túa filla máis nova.19E Labán dixo: Mellor será darcha a ti que lla dar a outro home; queda comigo. 20Xacob pois, serviu sete anos por Raquel e parecéronlle uns poucos días polo amor que lle tiña.21Dáme a miña muller, porque o meu tempo cumpriuse para unirme a ela. 22E Labán xuntou todos os homes do lugar, e fixo un banquete.23E sucedeu que á noitiña tomou á súa filla Lea e tróuxolla, e Xacob deitóuse con ela. 24E deu Labán a súa serva Zilpa á súa filla Lea por criada. 25Cando foi de mañá, velaquí que era Lea. E Xacob dixo a Labán: Que é isto que me fixeches? Non foi por Raquel por quen te servín? Por que me enganaches entón?26E Labán respondeu: Non se acostuma no noso lugar dar a máis nova antes da máis vella.27Cumple a semana desta, e darémosche tamén a outra polo servizo que me farás outros sete anos28Así fixo Xacob e cumpliu semana de ela e Labán deulle á súa filla Raquel por muller. 29E Labán deu a súa serva Bilha por criada á súa filla Raquel. 30E Xacob deitouse tamén con Raquel e amou máis a Raquel que a Lea; e serviu a Labán por outros sete anos31E viu o Señor que Lea era aborrecida e concedeulle fillos; pero Raquel era estéril.3232.- E concebiu Lea e deu a luz un fillo e púxolle por nome Rubén, pois dixo: Xa que Señor ollou a miña aflición, agora amarame o meu marido.33Concibiu outra vez e deu a luz un fillo, e dixo: Porque o Señor oiu que son aborrecida, deume tamén este fillo. E chamou o seu nome Simeón. 34Concebeu outra vez, e deu a luz un fillo, e dixo: Agora esta vez o meu marido apegarase a min, porque xa lle din tres fillos; por iso chamou o seu nome Leví.-35Concebiu outra vez e deu a luz un fillo e dixo: Esta vez loubarei ao Señor ; por isto chamou o seu nome Xudá; e deixou de dar á luz.
1E vendo Raquel que non daba fillos a Xacob, tivo ciúmes da súa irmá e dicía a Xacob: dáme fillos, ou morro.22.- Entón Xacob encendeuse en ira contra Raquel e dixo: Estou eu en lugar de Deus, que che negou o froito do teu ventre?3E ela dixo: Aquí está a miña serva Bilha; chégate a ela para que dé á luz nos meus xeonllos, e eu tamén teréi fillos por medio dela. 4E deulle a súa serva Bilha por muller, e Xacob deitouse con ela.5Bilha concebeu e deu á luz un fillo a Xacob.6E dixo Raquel: vindicoume Deus; certamente oíu a miña voz e deume un fillo; Por tanto púxolle por nome Dan.7E concebeu outra vez Bila, a serva de Rquel, e deu á luz o segundo fillo a Xacob 8E dixo Raquel: Con loitas de Deus disputei coa miña irmá e certamente vencín. E púxolle por nome Naftali.9Vendo Lia que deixara de dar a luz, tomou á súa serva Zilpa e deulla por muller a Xacob. 10E Zilpa, serva de Lia, deu a luz un fillo a Xacob. 11E Lea dixo: veu a boa sorte. E chamou o seu nome Gad.12Despois Zilpa, serva de Lea, deu a luz un segundo fillo a Xacob. 13E Lea dixo: feliz de min, porque as mulleres felicitaranme. E púxolle por nome Aser.14E foi Rubén nos días da colleita de trigo, e atopou mandrágoras no campo, e tróuxollas á súa nai Lea. Entón Raquel dixo a Lea: Dáme, rógoche, das mandrágoras do teu fillo. 15Pero ela respondeulle: Paréceche pouco quitarme o marido? Quitarasme tamén as mandrágoras do meu fillo? E Raquel dixo: dormirá contigo esta noite polas mandrágoras do teu fillo.16E cando Xacob veu do campo á tarde, Lea saliu ao seu encontró e díxolle: Debes chegarte a min, porque certamente alugueite polas mandrágoras do meu fillo. E el durmiu con ela aquela noite. 17Escoitou Deus a Lea, e ela concebiu, e deu a luz o quinto fillo a Xacob. 18E Lea dixo: Deus deume a miña recompensa porque dei a miña serva ao meu marido. E púxolle por nome Issacar19Concibiu Lea outra vez e deu a luz o sexto fillo a Jacob. 20E Lea dixo: Deus favoreceume cunha bo dote; agora o meu marido vivirá comigo, porque lle dei seis fillos. E púxolle por nome Zabulón. 21Despois deu a luz unha filla, e púxolle por nome Dina.22Entón Deus lembrouse de Raquel; e Deus escoitouna e concedeulle fillos. 23E ela concibiu e deu a luz un fillo, e dixo: Deus quitou a miña afronta. 24E púxolle por nome Xosé, dicindo: Que o Señor me engada outro fillo.25E sucedeu cando Raquel deu a luz a Xosé, que Xacob dixo a Labán: Despídeme e irei ao meu lugar e á miña terra. 26Dáme as miñas mulleres e os meus fillos polos cales te servín, e déixame ir; pois ti ben sabes o servizo que che prestei.27Pero Labán respondeulle: Se agora achei graza diante dos teus ollos, queda comigo; deime conta de que o Señor me bendixo por causa túa. 28E engadiu: Fíxame o teu salario, e dareicho.29Mais el respondeulle: Ti sabes como te servín, e como lle foi ao teu gando comigo. 30Porque tiñas pouco antes de que eu viñese, e aumentou ata ser multitude; e o Señor bendíxoche en todo o que fixen. E agora, cando proverei eu tamén para a miña propia casa?31E el respondeu: Que che darei? E Xacob dixo: Non me deas nada. Voltarei a pastorear e a coidar o teu rabaño se tan só fas isto por min: 32déixame pasar por entre todo o teu rabaño hoxe, apartando del toda ovella moteada ou manchada e todos os cordeiros negros, e as manchadas ou moteadas de entre as cabras, e ese será o meu salario.33A miña honradez responderá por min o día de mañá, cando veñas ver acerca do meu salario. Todo o que non sexa moteado e manchado entre as cabras, e negro entre os cordeiros meus, considerarase roubado.34E Labán dixo: Moi ben, sexa conforme á túa palabra.35Aquel mesmo día apartou Labán os machos cabríos raiados ou manchados e tódalas cabras moteadas ou manchadas, e todo o que tiña algo de branco, e de entre os cordeiros tódolos negros, e púxoo todo ao coidado dos seus fillos.36E puxo unha distancia de tres días de camiño entre si e Xacob; e Xacob apacentaba o resto dos rabaños de Labán.37Entón Xacob tomou varas de álamo verdes, de amendoeira e de plátano, e sacoulles tiras brancas da cortiza, descubrindo así o branco das varas.38E colocou as varas que descortizara diante dos rabaños, nas canles, nos bebedoiros, onde os rabaños viñan beber; e quentábanse cando viñan beber.39Así se apareaban os rabaños xunto ás varas; e os rabaños tiñan crías raiadas, moteadas e manchadas.40E Xacob apartou os cordeiros, e puxo os raiados no seu rabaño e a todo o negro no rabaño de Labán, e puxo o seu propio rabaño aparte; non o puxo co rabaño de Labán.41Ademais, sucedía que cada vez que os máis robustos do rabaño se apareaban, Xacob poñía as varas á vista do rabaño nas canles, para que se aparearan fronte ás varas;42pero cando o rabaño era débil, non as poñía, de maneira que as crías débiles foron para Labán e as robustas de Xacob.43Así prosperou o home en gran maneira, e tivo grandes rabaños, e servas e servos, e camelos e asnos.
1E Xacob oiu as palabras dos fillos de Labán, que dicían: apoderouse Xacob de todo o que era do noso pai; e de todo o que esa do noso pai fixo esta riqueza. 22.- Ollou Xacob o semblante de Labán, e velaqui que non era para con el como antes. 33.- Entón o Señor dixo a Xacob: Volve á terra dos teus pais e aos teus familiares, e eu estarei contigo.4Xacob, pois, mandou chamar a Raquel e a Lea ao campo, onde estaba o seu rabaño,5e díxolles: Vexo que o semblante do voso pai, non é para comigo como antes; pero o Deus do meu pai estivo comigo.6E vós sabedes que servín ao voso pai con todas as miñas forzas.7E o voso pai enganoume, e cambiou o meu salario dez veces; mais Deus, non lle permitiu prexudicarme.8Se el dicía: «As moteadas serán o teu salario», entón todo o rabaño paría moteadas; e se dicía: «As raiadas serán o teu salario», entón todo o rabaño paría raiadas.9Desta maneira Deus quitou o gando ao voso pai e deumo a min.10E sucedeu que polo tempo cando o rabaño estaba en celo, alcei os ollos e vin en soños; e velaquí, os machos que cubrían ás femias eran raiados, moteados e abigarrados.11Entón o anxo de Deus díxome no soño: «Xacob»; e eu respondín: «Aquí estou».12E el dixo: «Levanta agora os ollos e ve que todos os machos que están a cubrir ás femias son raiados, moteados e abigarrados, pois eu vin todo o que Labán che fixo. 13Eu son o Deus de Betel, onde ti unxiches un piar, onde me fixeches un voto. Levántate agora, sai desta terra, e volve á terra onde naciches».14E Raquel e Lea responderon, e dixéronlle: Temos aínda nós parte ou herdanza algunha na casa do noso pai?15Non nos tratou como estranxeiras? Pois nos vendeu, e tamén consumiu por completo o prezo da nosa compra.16Certamente, toda a riqueza que Deus quitou ao noso pai é nosa e dos nosos fillos; agora pois, todo o que Deus che dixo, faino.17Entón Xacob ergueuse, montou aos seus fillos e ás súas mulleres nos camelos, 18e puxo en camiño todo o seu gando e tódalas posesións que acumulara, o gando adquirido que acumulara en Padán-aram, para ir a Isaac o seu pai, á terra de Canaán.19E mentres Labán fora a trasquilar as súas ovellas, Raquel roubou os ídolos domésticos que eran do seu pai. 20E Xacob enganou a Labán arameo ao non lle facer saber que fuxía. 21Fuxiu, pois, con todo o que tiña; e levantouse, cruzou o río Eufrates e dirixiuse cara á rexión montañosa de Galaad.22E ao terceiro día, cando informaron a Labán que Xacob fuxira, 23tomou ós seus irmáns consigo e perseguiuno por sete días; e alcanzouno nos montes de Galaad.24Pero Deuos veu a Labán arameo en soños durante a noite, e díxolle: Gárdate que non fales a Xacob nin ben nin mal.25Alcanzou, pois, Labán a Xacob. E Xacob plantara a súa tenda na rexión montañosa, e Labán e os seus irmáns acamparon nos montes de Galaad26Entón Labán dixo a Xacob: Que fixeches, enganándome e levando ás miñas fillas coma se fosen prisioneiras de guerra? 27Por que fuxiches en segredo e me enganaches, e non me avisaches para que eu puidese despedirte con alegría e cantos, con pandeiros e liras? 28Por que non me permitiches bicar aos meus fillos e ás miñas fillas? Agora loucamente fixeches29Teño poder para facerche dano, pero onte á noite o Deus do teu pai faloume, dicindo: «Gárdate de falar nada con Xacob nin bo nin malo».30E agora, certamente marchas porque tiñas morriña da casa do teu pai; pero por que roubaches os meus deuses?31Entón Xacob respondeu, e dixo a Labán: Porque tiven medo, pois dixen: «Non sexa que me quites ás túas fillas á forza».32Pero aquel con quen atopes os teus deuses, non vivirá. En presenza dos nosos parentes indica o que é teu entre as miñas cousas e lévao. Pois Xacob non sabía que Raquel os roubara.33Entrou entón Labán na tenda de Xacob, na tenda de Lea e na tenda das duas servas, e non os achou, e saiu da tenda de Lea e veu á tenda de Raquel.34E tomou Raquel os ídolos e púxoos na albarda dun camelo e sentou sobre eles. E Labán buscou por toda a tenda e non os atopou. 35E ela dixo ao seu pai: Non se anoxe o meu señor porque non poida levantarme diante de ti, pois estou co costume das mulleres. E el buscou, pero non atopou os ídolos domésticos.36Entón anoxouse Xacob e rifou con Labán; e respondendo Xacob, dixo a Labán: Cal é a miña transgresión?Cal é o meu pecado de que me perseguiches tan apaixonadamente? 37Aínda que buscaches en todos os meus aveños, que achaches de todos os aveños da túa casa? Pono diante dos meus parentes e dos teus parentes para que eles xulguen entre nólos dous.38Estes vinte anos eu estiven contigo; as túas ovellas e as túas cabras non abortaron, nin eu comín os carneiros dos teus rabaños. 39Non che trouxen o esnaquizado polas feras; eu cargaba coa perda. Ti demandábalo da miña man, tanto o roubado de día como o roubado de noite. 40De día a calor consumíame e de noite a xeada, e o soño fuxía dos meus ollos.41Estes vinte anos estiven na túa casa; catorce anos servinche polas túas dúas fillas, e seis polo teu rabaño, e dez veces cambiaches o meu salario. 42Se o Deus do meu pai, Deus de Abraham, e temor de Isaac, non estivese comigo, certamente enviaríasme agora coas mans valeiras. Pero Deus viu a miña aflición e o labor das miñas mans, e onte á noite fixo xustiza.43Respondeu Labán e dixo a Xacob: As fillas son as miñas fillas, e os fillos os meus fillos, e os rabaños os meus rabaños, e todo o que ves é meu. Pero que podo eu facer hoxe a estas as miñas fillas, ou aos seus fillos que elas deron a luz? 44Agora ben, ven, fagamos un pacto ti e mais eu e que sirva de testemuño entre ti e eu.45Entón Xacob tomou unha pedra e levantouna como sinal. 46E Xacob dixo aos seus parentes: Recollede pedras. E tomaron pedras e fixeron monte, e comeron alí xunto ao amoreado. 47Labán chamouno Jegar Sahaduta, pero Xacob chamouno Galed.48E Labán dixo: Este amontoado é hoxe unha testemuña entre ti e eu. Por iso chamouno Galed; 49E Mizpa, porque dixo: Que o SEÑOR nos vixíe aos dous cando nos apartarmos o un do outro. 50Se aflixires ás miñas fillas, ou se tomares outras mulleres ademais das miñas fillas, aínda que ninguén o saiba, mira, Deus é testemuña entre ti e eu.51E Labán dixo a Xacob: Mira este amontoado, e mira a coluna que puxen entre ti e min. 52Testemuña sexa este amoreado e testemuña sexa a coluna de que eu non pasarei deste amontoado cara a ti e ti non pasarás deste amontoado e deste piar cara a min, para faceres dano. 53O Deus de Abraham e o Deus de Nacor, Deus dos seus pais, xulgue entre nós. Entón Xacob xurou polo que temía o seu pai Isaac.54Logo ofreceu Xacob un sacrificio no monte, e chamou aos seus parentes para comer; e comeron, e pasaron a noite no monte. 55E Labán levantouse moi de mañá, bicou aos seus fillos e ás súas fillas, e os abenóou. Entón Labán partiu e regresou ao seu lugar.
1E cando Xacob seguiu o seu camiño saíron ao seu encontro anxos de Deus. 2E dixo Xacob cando os viu, Xacob dixo: Este é o acampamento de Deus; e chamou o nome daquele lugar Maanaim.3E enviou Xacob mensaxeiros diante de si a Esaú seu irmán; á terra de Seir, rexión de Edom. 4E mandoulles dicindo: Así diredes ao meu señor Esaú: “Así di o teu servo Xacob: con Labán morei e alí fiquei até agora. 5Teño bois, asnos e rabaños, servos e servas, e mando avisar ao meu señor para achar graza ante os teus ollos.6E os mensaxeiros voltaron a Xacob, decindo: Fomos ao teu irmán Esaú, e el tamén ven ao teu encontro e catrocentos homes con el. 7Entón Xacob tivo moito temor e angustia; e dividiu a xente que estaba con el, e as ovellas, as vacas e os camelos, en dous grupos. 8E dixo: Si Esaú vén a un campamento e o ataca, o outro grupo escapará.9E dixo Jacob: Oh Deus do meu pai Abraham e Deus do meu pai Isaac, oh Señor, que me dixeches: «Volve á túa terra e aos teus familiares, e eu te prosperarei. 10Indigno son de toda misericordia e de toda a fidelidade que mostraches ao teu servo; pois con só o meu cayado crucei este Jordán, e agora cheguei a ter dous campamentos.11Líbrame, pídoche, da man do meu irmán, da man de Esaú, porque teño medo del, non sexa que veña e me fira a min e ás nais cos seus fillos. 12E ti dixeches: «De certo fareiche prosperar, e farei a túa descendencia como a area do mar que non se pode contar pola súa gran cantidade».13E pasou a noite alí. Entón do que tiña consigo escolleu un agasallo para o seu irmán Esaú: 14duascentas cabras e vinte machos cabríos, duascentas ovellas e vinte carneiros, 15trinta camellas criando coas súas crías, corenta vacas e dez xatos, vinte asnas e dez asnos; 16e entregounos ós seus servos, cada manada aparte, e dixo aos seus servos: Pasade diante de min, e poñede un bo espazo entre manada e manada.17E ordenou ao primeiro, dicindo: Cando o meu irmán Esaú te atope e che pregunte, dicindo: "De quen es e onde vas, e de quen son estes animais que van diante de ti? " 18entón responderás: «Son do teu servo Xacob; é un presente enviado ao meu señor Esaú; e velaquí, el tamén vén detrás de nós».19Ordenou tamén ao segundo e ao terceiro, e a todos os que ían tras as as manadas, dicindo: Desta maneira falaredes a Esaú cando o atopedes, 20e diredes: «Velaquí, o teu servo Xacob tamén vén detrás de nós». Pois dixo: Tranquilizareino co presente que vai diante de min. E despois verei o seu rostro; quizais me acepte. 21O presente pasou, pois, diante del, e el durmiu aquela noite no acampamento.22E aquela mesma noite levantouse, e tomou ás súas dúas mulleres, ás súas dúas servas e aos seus once fillos, e cruzou o vao de Xaboc. 23Tomounos e fíxoos pasar o arroio, e fixo pasar tamén todo o que tiña.24Xacob quedou só, e un home loitou con el ata raiar o alba. 25Cando viu que non prevalecera contra Xacob, tocouno na conxuntura da coxa, e dislocouse a conxuntura da coxa de Xacob mentres loitaba con el. 26Entón o home dixo: Sóltame porque raia o alba. Pero Xacob respondeu: Non te soltarei se non me abençoares27E el díxolle: Cal é o teu nome? E el respondeu: Xacob. 28E o home dixo: Xa non será o teu nome Xacob, senón Israel, porque loitaches con Deus e cos homes, e prevaleciches.29Entón Xacob preguntoulle, e dixo: Dáme a coñecer agora o teu nome. Pero el respondeu: Para que preguntas polo meu nome? E bendíxoo alí. 30E Xacob púxolle a aquel lugar o nome de Peniel, porque dixo: Vin a Deus cara a cara, e foi preservada a miña vida.31E saíulle o sol ao cruzar Peniel, e coxeaba da súa coxa. 32Por iso, ata hoxe, os fillos de Israel non comen o tendón da cadeira que está na conxuntura da coxa, porque o home tocou a conxuntura da coxa de Xacob no tendón da cadeira.
1E alzando Xacob os ollos mirou, e velaquí, Esaú viña e catrocentos homes con el. Entón dividiu aos nenos entre Lea e Raquel e as dúas servas. 2E puxo ás servas cos seus fillos diante, e a Lea cos seus fillos despois, e a Raquel con Xosé en último lugar; 3e el adiantóuselles, e inclinouse ata o chan sete veces ata que chegou preto do seu irmán.4Entón Esaú correu ao seu encontro e abrazouno, e caendo sobre o seu pescozo bicouno, e choraron. 5E alzou os seus ollos e viu ás mulleres e aos nenos, e dixo: Quen son estes que veñen contigo? E el respondeu: Son os fillos que, por graza, Deus concedeu ao teu servo.6Entón achegáronse as servas cos seus fillos, e inclináronse.7Lea tamén se achegou cos seus fillos, e inclináronse; e despois Xosé achegouse con Raquel, e inclináronse. 8E dixo Esaú: Que che propós con todo este xentío que atopei? E el respondeu: Achar graza aos ollos do meu señor.9Pero Esaú dixo: Teño bastante, meu irmán; sexa teu o que é teu. 10Mais Xacob respondeu: Non, rógoche que se agora achei graza aos teus ollos, tomes o presente da miña man, porque vexo o teu rostro como un ve o rostro de Deus, e ben me recibiches. 11Acepta, rógoche, o presente que che trouxen, pois Deus favoreceume, e porque eu teño moito. E insistiulle, e el aceptouno.12Entón Esaú dixo: Anda e vamos; eu irei diante de ti. 13Pero el díxolle: O meu señor sabe que os nenos son tenros, e que debo coidar das ovellas e das vacas que están a criar. Se os apresuramos moito, nun só día todos os rabaños morrerán. 14Adiántese agora o meu señor ao seu servo; e eu avanzarei sen présa, ao paso do gando que vai diante de min, e ó paso dos nenos, ata que chegue ó meu señor en Seir.15E dixo Esaú: Deixarei parte da xente que está comigo. Pero el dixo: Para que? Ache eu graza aos ollos do meu señor. 16Aquel mesmo día regresou Esaú polo seu camiño a Seir; 17e Xacob seguiu ata Sucote, e edificouse unha casa, e fixo alpendres para o seu gando; por iso ao lugar púxoselle o nome de Sucote.18E Xacob chegou en paz á cidade de Siquem, que está na terra de Canaán, cando veu de Padán-aram, e acampou diante da cidade. 19A parcela de campo onde plantara a súa tenda comprouna de man dos fillos de Hamor, pai de Siquem, por cen moedas, 20e levantou alí un altar, e chamouno: O-Elohe-Israel
1Un día Dina, a filla que Lea tivera con Xacob, foi visitar ás mulleres daquela terra. 2E cando a viu Siquem, fillo de Hamor heveu, príncipe da terra, levouna e deitouse con ela e violouna. 3Pero a súa alma apegouse a Dina, a filla de Lea; namorouse da moza e tratou de gañarse o seu corazón.4Entón Siquem falou ao seu pai Hamor, dicindo: Consígueme a esta rapariga por muller. 5E Xacob oíu que Siquem violara á súa filla Dina, pero os seus fillos estaban co gando no campo, e Xacob gardou silencio ata que eles chegasen6Entón Hamor, pai de Siquem, saíu onde Xacob para falar con el. 7E os fillos de Xacob regresaron do campo ao oílo. E aqueles homes entristecéronse e irritáronse en gran maneira porque Siquem cometera unha infamia en Israel deitándose coa filla de Xacob, pois tal cousa non debe facerse.8Hamor falou con eles e díxolles: "Siquén, o meu fillo, namorouse da vosa filla; dádella, rógovos, por esposa. 9Emparentade connosco, dádenos vosas fillas e tomade nosas fillas para vós. 10E habitade connosco, porque a terra estará diante de vós; morade e negociade nela, e tomade nela posesión."11Dixo tamén Siquem ao pai e aos irmáns dela: Se acho graza diante dos vosos ollos, dareivos o que me digades. 12Aumentade moito o dote e presentes e dareivos conforme ao que me digades, pero dádeme a moza por muller. 13Pero os fillos de Xacob responderon a Siquem e ao seu pai Hamor, e faláronlles con engano porque Siquem deshonrara á súa irmá Dina.14E dixéronlles: Non podemos facer tal cousa, dar a nosa irmá a un home non circuncidado, pois para nós iso é unha deshonra. 15só con esta condición compracerémosvos: se vos facedes como nós, circuncidándose cada un dos vosos homes; 16entón si vos daremos as nosas fillas, e tomaremos as vosas fillas para nós, e moraremos convosco e seremos un só pobo. 17Pero se non nos escoitades, e non vos circuncidades, entón tomaremos á nosa filla e marcharemos.18E as súas palabras pareceron razoables a Hamor e a Siquem, fillo de Hamor. 19Así que o mozo non tardou en facelo porque estaba namorado da filla de Xacob. E era o máis respectado de toda a casa do seu pai.21Entón Hamor e o seu fillo Siquem chegaron á porta da súa cidade e falaron cos homes da cidade, dicindo: 20Estes homes están en paz connosco; que habiten, pois, na terra e comercien nela, pois velaquí, a terra é bastante ampla para eles. Tomemos as súas fillas para nós como esposas e démoslles as nosas fillas.2223Pero estes homes só consentirán en habitar connosco e formar un só pobo, se se circuncidar os nosos homes sexan circuncidados, como eles están circuncidados. ¿Non serán nosos o seu gando, as súas propiedades e todos os seus animais? Consintamos só nisto, e morarán connosco.24E todos os que saían pola porta da cidade escoitaron a Hamor e ao seu fillo Siquem, e todos os varóns foron circuncidados, todos os que saían pola porta da cidade. 25Pero aconteceu que ao terceiro día, cando eles tiñan máis dor, dous dos fillos de Xacob, Simeón e Leví, irmáns de Dina, colleron cada un a súa espada e entraron na cidade, que non estaba preparada, e mataron a todos os varóns. 26Mataron a espada a Hamor e ao seu fillo Siquem, sacaron a Dina da casa de Siquem e saíron.27Entón chegaron os fillos de Xacob e pasaron por riba dos mortos e saquearon a cidade, porque deshonraran á súa irmá. 28E levaron as súas ovellas, os seus rabaños e os seus burros, e o que había na cidade e o que había no campo; 29E levaron cativos a todos os seus fillos e ás súas mulleres, e saquearon todos os seus bens e todo o que había nas casas.30Entón Xacob díxolles a Simeón e a Leví: ‑"Vós causástesme aflicións, converténdome en detestável entre os habitantes do país, os cananeus e os ferezeus. e como os meus homes son poucos, xuntaranse contra min e atacaránme, e eu e a miña casa seremos destruídos. 31Pero eles responderon: "Podemos deixar que trate á nosa irmá como unha prostituta?"
1Entón Deus dixo a Xacob: Levántate, sobe a Betel e habita alí; e faz alí un altar ao Deus, que se te apareceu cando fuxías do teu irmán Esaú. 2Entón Xacob dixo aos da súa casa e a todos os que estaban con el: Quitade os deuses estranxeiros que hai entre vós; purificádevos e mudádevos os vestidos; 3e levantémonos, e subamos a Betel; e alí farei un altar a Deus, quen me respondeu no día da miña angustia, e que estivo comigo no camiño por onde andei.4Entregaron, pois, a Xacob todos os deuses estranxeiros que tiñan no seu poder e os pendentes que tiñan nas súas orellas; e Xacob escondeunos debaixo da aciñeira que había xunto a Siquem. 5Ao proseguir a viaxe, houbo gran terror nas cidades ao redor deles, e non perseguiron aos fillos de Xacob.6E Xacob chegou a Luz, é dicir, Betel, que está na terra de Canaán, el e todo o pobo que estaba con el. 7E edificou alí un altar, e chamou ao lugar El-Betel, porque alí Deus manifestáraselle cando fuxía do seu irmán. 8E morreu Débora, ama de cría de Rebeca, e foi sepultada ao pé de Betel, debaixo da aciñeira; e esta foi chamada Alón-bacut9E Deus apareceuse. 10E Deus díxolle: O teu nome é Xacob; non te chamarás máis Xacob, senón que o teu nome será Israel. E púxolle o nome de Israel.11Tamén lle dixo Deus: Eu son o Deus Todopoderoso (El-Shadday). Sé fecundo e multiplícate; de ti nacerá unha nación e unha comunidade de nacións, e haberá reis entre a túa descendencia. 12E a terra que dei a Abraham e a Isaac, a ti dareicha; e darei a terra á túa descendencia despois de ti. 13Entón Deus subiu do lugar onde lle falara a Xacob.14E Xacob erixiu unha columna no lugar onde Deus lle falara, unha columna de pedra, e derramou sobre ela unha libación; Tamén lle botou aceite. 15E Xacob chamou o lugar onde Deus falara con el Betel (Casa de Deus).16Entón saíron de Betel; E cando aínda quedaba algo de distancia para chegar a Efrata, Raquel comezou a parir e tivo moitas dificultades para dar a luz. 17E aconteceu que cando estaba no momento máis difícil do parto, a parteira díxolle: Non teñas medo, porque tamén terás estoutro fillo. 18Raquel estaba a piques de morrer, pero co seu último alento púxolle ao neno o nome de Benoni (que significa "fillo da miña tristeza"). Porén, o pai do neno púxolle o nome de Benxamín (que significa "fillo da miña man dereita"). 19E así morreu Raquel, e foi enterrada no camiño de Efrata, é dicir, Belén. 20E Xacob ergueu unha columna sobre o seu sepulcro; esa é a columna da sepultura de Raquel ata hoxe.21Entón Israel saíu e puxo a súa tenda máis aló de Migdal-Eder. 22E aconteceu que, mentres Israel vivía nesa terra, Rubén foi e deitouse con Bilha, a concubina de seu pai; e Israel souboo. E os fillos de Xacob foron doce.23Fllos de Lea: Rubén, o primoxénito de Xacob, despois Simeón, Leví, Xudá, Isacar e Zabulón. 24Fillos de Raquel: Xosé e Benxamín. 25Fllos de Bilhah, serva de Raquel: Dan e Neftalí.26Os fillos de Zilpa, serva de Lia: Gad e Aser. Estes son os fillos de Xacob que lle naceron en Padán-aram. 27Xacob foi ao seu pai Isaac en Mamre, en Quiriat-arba, é dicir, Hebrón, onde residiran Abraham e Isaac.28Isaac viviu cento oitenta anos. 29Isaac expirou e morreu, e reuniuse aos seus antepasados, vello e cheo de días; e os seus fillos Esaú e Xacob enterraronno.
1Estas son as xeracións de Esaú, é dicir, Edom. 2Esaú tomou as súas mulleres das fillas de Canaán: Ada, filla de Elón o heteu; Aholibama, filla de Aná e neta de Sibeón os heveus; 3e Basemat, filla de Ismael, irmá de Nebaiot.4Ada deu a luz a Elifaz para Esaú; e Basemat deu a luz a Reuel. 5Oolibama deu a luz a Xeus, Xalam e Coré. Estes son os fillos que lle naceron a Esaú na terra de Canaán.6Entón Esaú colleu as súas mulleres, os seus fillos e as súas fillas, a toda a xente da súa casa, o seu gando e todas as súas bestas e todos os bens que acumulara na terra de Canaán, e foise a outra terra lonxe. do seu irmán Xacob. 7Porque as súas posesións chegaron a ser tan grandes que non podían vivir xuntos, e a terra na que vivían non podía sustentalos por mor da súa gran cantidade de gando. 8E Esaú habitou no monte de Seir; Esaú é Edom.9Estas son as xeracións de Esaú, pai dos edomitas, no monte de Seir. 10Estes son os nomes dos fillos de Esaú: Elifaz, fillo de Ada, muller de Esaú, e Reuel, fillo de Basemat, muller de Esaú. 11Os fillos de Elifaz foron Temán, Omar, Zefo, Gatham e Quenaz. 12Timna era a concubina de Elifaz, fillo de Esaú, e deu a luz a Amalec. Estes son os fillos de Ada, a muller de Esaú.13E estes son os fillos de Reuel: Nahat, Zerah, Xama e Miza. Estes foron os fillos de Basemat, a muller de Esaú. 14E estes foron os fillos de Oholibama, muller de Esaú, filla de Aná, neta de Sibeón: tivo de Esaú a Ieux, Ialam e Coré.15Estes son os xefes entre os fillos de Esaú. Os fillos de Elifaz, primoxénito de Esaú, son: o xefe Temán, o xefe Omar, o xefe Zefo, o xefe Quenaz, 16o xefe Coré, o xefe Gatham e o xefe Amalec. Estes son os xefes que descenderon de Elifaz na terra de Edom; Estes son os fillos de Ada.17Estes son os fillos de Reuel, fillo de Esaú: o xefe Nahat, o xefe Zerah, o xefe Sama e o xefe Miza. Estes son os xefes que descenden de Reuel na terra de Edom; Estes son os fillos de Basemat, a muller de Esaú. 18Estes son os fillos de Aholibama, muller de Esaú: o xefe Ieux, o xefe Ialam, o xefe Coré. Estes son os xefes que descenderon de Aholibama, muller de Esaú, filla de Aná. 19Estes foron os fillos de Esaú, é dicir, Edom, e estes foron os seus xefes.20Estes son os fillos de Seir horeo, habitantes daquela terra: Lotán, Sobal, Zibeón, Aná, 21Disón, Ezer e Disán. Estes son os xefes que descenderon dos horeus, os fillos de Seir na terra de Edom. 22Os fillos de Lotán foron Hori e Hemam; e a irmá de Lotán era Timna.23Estes son os fillos de Sobal: Alván, Manahat, Ebal, Sefo e Onam. 24Estes son os fillos de Zibeón: Aja e Aná. Este é o Aná que descobriu as fontes termais no deserto cando pastoreaba os asnos do seu pai Zibeón.25Estes son os fillos de Aná: Disón e Aholibama, filla de Aná.26Estes son os fillos de Disón: Hemdán, Esbán, Itrán e Querán. 27Estes son os fillos de Ezer: Bilhán, Zaaván e Acán. 28Estes son os fillos de Disán: Uz e Arán.29Estes son os xefes que descenderon dos horeus: o xefe Lotán, o xefe Sobal, o xefe Zibeón, o xefe Aná, 30o xefe Disón, o xefe Ezer e o xefe Disán. Estes son os xefes que descenderon dos horeus, xefe por xefe, na terra de Seir.31Estes son os reis que reinaron na terra de Edom, antes de que rei algún reinase sobre os fillos de Israel: 32Bela, fillo de Beor, reinou en Edom; e o nome da súa cidade era Dinaba. 33Morreu Bela, e reinou no seu lugar Xobab, fillo de Zera, de Bosra.34Morreu Jobab, e reinou no seu lugar Husam, da terra dos temanitas. 35Morreu Husam, e reinou no seu lugar Hadad, fillo de Bedad, o que derrotou a Madián no campo de Moab; e o nome da súa cidade era Avit. 36E morreu Avit e no seu lugar reinou Samla, de Masreca.37Morreu Samla, e reinou no seu lugar Saúl de Rehobot, xunto ó río Eufrates. 38Morreu Saúl, e reinou no seu lugar Baal-hanán, fillo de Acbor. 39E morreu Baal-hanán, fillo de Acbor, e reinou no seu lugar Hadar; e o nome da súa cidade era Pau; e o nome da súa muller era Mehetabel, filla de Matred, filla de Mezaab.40Estes son os nomes dos xefes que descenderon de Esaú, segundo as súas familias e as súas localidades, polos seus nomes: o xefe Timna, o xefe Alva, o xefe Jetet, 41o xefe Aholibama, o xefe Ela, o xefe Pinón, 42o xefe Cenaz, o xefe Temán, o xefe Mibsar, 43o xefe Magdiel e o xefe Iram. Estes son os xefes de Edom, é dicir, Esaú, pai dos edomitas, segundo as súas moradas na terra da súa posesión.
1- E Xacob habitou na terra onde peregrinara o seu pai, na terra de Canaán. 2Esta é a historia das xeracións de Xacob: Xosé, cando tiña dezasete anos, apacentaba o rabaño cos seus irmáns; o mozo estaba cos fillos de Bilha e cos fillos de Zilpa, mulleres do seu pai. E José trouxo ao seu pai malos informes sobre eles.3E amaba Israel a José máis que a todos os seus fillos, porque era para el o fillo da súa vellez; e fíxolle unha túnica de moitas cores. 4E viron os seus irmáns que o seu pai amábao máis que a todos os seus irmáns; por iso odiábano e non podían falarlle amistosamente.5E Xosé tivo un soño e cando o contou aos seus irmáns, eles odiárono aínda máis. 6E el díxolles: Rógovos que escoitedes este soño que tiven.7Velaquí, estabamos a atar feixes no medio do campo, e velaquí que o meu feixe levantouse e púxose dereita, e entón vosos feixes poñíanse ao redor e inclinábanse cara ao meu. 8E os seus irmáns dixéronlle: Seica reinarás sobre nós? Ou seica serás señor sobre nós? E odiárono aínda máis por causa dos seus soños e das súas palabras.9Tivo outro soño e contouno aos seus irmáns, dicindo: "Velaí, tiven outro soño máis; e velaquí, o sol, a lúa e once estrelas inclináronse ante min. 10E díxolle ao seu pai e aos seus irmáns; e o seu pai reprochouno e díxolle: -¿Que é este soño que tiveches? Irei eu, a túa nai e os teus irmáns a inclinarme diante de ti? 11E os seus irmáns tiñan envexa del, pero o seu pai reflexionaba sobre o que dixera.12Entón os seus irmáns foron para apacentar o rabaño do seu pai a Siquem. 13Israel díxolle a Xosé: -"Os teus irmáns non están a apacentar o rabaño en Siquem? Ven e mandareite a eles. E díxolle: Irei. 14Entón Israel díxolle: "Vai agora e mira como están os teus irmáns e como está o rabaño e tráeme noticias deles. Entón mandouno dende o val de Hebrón, e Xosé foi a Siquem.15E mentres andando el perdido polo campo, atopouno un home, e o home preguntoulle: Que buscas? 16E el respondeu: "Busco ós meus irmáns; Por favor, infórmame onde están a pacer o rabaño. 17E respondeulle o home: "Saíron de aquí, pois eu oinlles dicir: "Imos a Dotán". Entón Xosé foi tras os seus irmáns e atopounos en Dotán.18Cando o viron de lonxe, e antes de que se achegase a eles, conspiraron contra el para matalo. 19E dixéronse uns aos outros: "Aquí vén o soñador". 20Agora, pois vinde, matémolo e botémolo nun dos pozos; e diremos: "Unha besta salvaxe devorouno". Despois veremos cales son os seus soños.21Pero Rubén escoitou isto e liberouno das súas mans e dixo: "Non o matemos". 22Tamén díxolles Rubén: "Non derramedes sangue". Botádeo neste pozo do deserto, pero non lle poñades a man enriba. Isto dixo para liberalo das súas mans e devolvelo ao seu pai.23E aconteceu que cando Xosé chegou aos seus irmáns, quitáronlle a Xosé a túnica, a túnica de moitas cores que levaba posta; 24E collérono e guindárono no pozo. E o pozo estaba baleiro, non había auga nel.25Entón sentáronse a comer e, ao erguer os ollos, viron unha caravana de ismaelitas que viña de Galaad cos seus camelos cargados de resina aromática, bálsamo e mirra, e baixaban cara a Exipto. 26Xudá díxolles aos seus irmáns: ‑"Que gañaremos matando ao noso i mán e oculta-lo seu sangue?27Veña, vendámolo aos ismaelitas e non sexa as nosas mans contra el, porque é o noso irmán, a nosa carne". E os seus irmáns concordaron con el. 28E cando pasaron os comerciantes madianitas, tiraron a Xosé do pozo e venderon a Xosé aos ismaelitas por vinte pezas de prata. E levaron a Xosé a Exipto.29Cando Rubén volveu ao pozo, Xosé xa non estaba no pozo. Despois rasgou os seus vestidos; 30E volveu onda os seus irmáns e díxolles: "O raparigo non está alí; E eu onde vou ir?31Entón colleron a túnica de Xosé, mataron un cabuxo e empaparon a túnica no sangue. 32Entón enviaron a túnica de moitas cores e leváronlla ao seu pai e dixéronlle: "Atopamos isto. Mira se é a túnica do teu fillo ou non. 33El recoñeceuna e dixo: "É a túnica do meu fillo. Algunha fera salvaxe devorouno. Sen dúbida Xosé foi despedazado.34Xacob rasgou as súas roupas, puxo cilício sobre os seus lombos e fixo luto moitos días polo seu fillo. 35Todos os seus fillos e todas as súas fillas viñeron para consolalo, pero el rexeitou ser consolado e dixo: "De certo baixarei ao Seol de loito polo meu fillo". E o seu pai chorou por el. 36En Exipto os madianitas venderon a Xosé a Potifar, oficial do faraón, capitán da garda.
1Isto é o que lles farás para consagralos para que me sirvan como sacerdotes: toma un xato e dous carneiros sen defecto; 2e pan sen fermento, e tortas sen fermento amasadas con aceite, e follados sen fermento untados con aceite; faralos de flor de fariña de trigo.3Poñeralos nunha cesta, e presentaralos na cesta xunto co xato e os dous carneiros.4Despois farás que Aarón e os seus fillos se acheguen á entrada da tenda de reunión, e lavaralos con auga.5E tomarás as vestimentas e vestirás a Aharón a túnica, o manto do efod, o efod e o peitoral, e cinguiralo coa faixa tecida do efod; 6e porás a tiara sobre a súa cabeza, e sobre a tiara porás a coroa santa 7Logo tomarás o aceite da unción, e o verterás sobre a súa cabeza, e unxiralo8E farás chegar os seus fillos e poñerás túnicas sobre eles. 9E cinguirás os cintos a Aarón e aos seus fillos, ataráslles as mitras e terán o sacerdocio por estatuto perpetuo. Así consagrarás a Aharón e aos seus fillos.10Despois levarás o xato diante da tenda do encontro, e Aarón e os seus fillos porán as mans sobre a cabeza do xato. 11E matarás o xato diante do Señor, á entrada da tenda do encontro.12Y tomarás do sangue do xato , e co teu dedo porás sobre os cornos do altar, e derramarás todo o sangue ao pé do altar 13E tomarás todo o sebo que cobre as entrañas, o redeño de sobre o fígado e os dous riles e a gordura que hai sobre eles, e os ofrecerás queimándoos no altar. 14Pero consumirás a fogo fóra do campamento a carne do xato, o seu coiro, e o seu esterco; é ofrenda polo pecado15Tamén collerás un dos carneiros, e Aarón e os seus fillos porán as súas mans sobre a cabeza do carneiro. 16E matarás o carneiro, e tomarás o seu sangue e asperxeralo no altar por tódolos lados. 17Despois cortarás o carneiro en pedazos, e lavarás as súas entrañas e as súas pernas, e poñeralas cos seus pedazos e coa súa cabeza; 18e queimarás todo o carneiro sobre o altar; é holocausto ao Señor, aroma agradable para o Señor, ofrenda queimada para o Señor.19Entón tomarás o outro carneiro e Aarón e os seus fillos porán as súas mans sobre a cabeza do carneiro. 20E matarás o carneiro, tomarás parte do seu sangue, e poñerás no lóbulo da orella dereita de Aharón, e no lóbulo da orella dereita dos seus fillos, e no dedo polgar da súa man dereita e no dedo do seu pé dereito, e rociarás o resto do sangue por tódolos lados do altar.21E tomarás do sangue que hai sobre o altar, e do aceite da unción e a asepallarás sobre Aarón, e sobre as súas vestiduras, e sobre os seus fillos, e sobre as vestimentas dos seus fillos, e quedarán consagrados el e os seus fillos e as súas vestimentas con el.22Logo tomarás a gordura do carneiro, e a cauda, e a gordura que cobre os intestinos, e o redeño do fígado, e os dous riles, e o sebo que está sobre eles, e a coxa dereita (porque é un carneiro de consagración) , 23e unha torta de pan , e unha torta de pan con aceite e un follado da cesta dos pans ácimos que están diante da presenza do Señor24Poñeralo todo nas mans de Aarón e nas mans dos seus fillos; e abanearalo como ofrenda abaneada diante do SEÑOR. 25Logo tomaralo das súas mans e queimaralo no altar sobre o holocausto como aroma agradable diante do SEÑOR; é ofrenda acesa ao SEÑOR.26Entón tomarás o peito do carneiro da consagración de Aarón, e abanearalo como ofrenda abaneada diante do SEÑOR; e esa será a túa porción.27E consagrarás o peito da ofrenda abalada e a perna da ofrenda alzada, o que foi abalado e o que foi alzado do carneiro de consagración, do que era para Aarón e do que era para os seus fillos.28Isto será como porción perpetua de parte dos fillos de Israel para Aarón e os seus fillos, porque é ofrenda alzada; e será unha ofrenda alzada dos fillos de Israel, dos sacrificios das súas ofrendas de paz, a súa ofrenda alzada ao SEÑOR.29E as vestiduras sagradas de Aarón serán para os seus fillos despois del, para que nelas sexan unxidos e consagrados. 30Aquel de os seus fillos que tome o seu lugar como sacerdote, vestiraas por sete días cando entre na tabernáculo de reunión para ministrar no lugar santo.31E tomarás o carneiro de consagración e cocerás a súa carne no lugar santo. 32E Aarón e os seus fillos comerán a carne do carneiro e o pan que está na cesta, á entrada do tabernáculo de reunión. 33Así comerán as cousas coas cales se fixo expiación na ordenación e consagración deles; mais o laico non as comerá, porque son sagradas. 34E se sobrar algo da carne da consagración ou algo do pan ata a mañá seguinte, queimarás ao lume o que sobrase; non se comerá, porque é sacro.35Así farás, pois, a Aarón e aos seus fillos, conforme a todo o que che mandei; por sete días consagraralos. 36E cada día ofrecerás un xato en expiación como ofrenda polo pecado; e purificarás o altar cando fagas expiación sobre el e unxiralo para santificaralo. 37Por sete días farás expiación polo altar, e santificaralo , entón o altar será santísimo e todo o que toque o altar será santificado38Isto é o que ofrecerás sobre o altar: dous cordeiros dun ano cada día, continuamente. 39Ofrecerás un dos cordeiros pola mañá e o outro á tardiña;40e ofrecerás unha décima parte dun efa de flor de fariña mesturada cunha cuarta parte dun hin de aceite prensado, e para a libación, unha cuarta parte dun hin de viño cun cordeiro.41E ofrecerás o outro cordeiro á tardiña; e con el ofrecerás a mesma ofrenda de cereal e a mesma libación que pola mañá, como aroma agradable: unha ofrenda acesa ao Señor.42Será holocausto continuo polas vosas xeracións á entrada do tabernáculo de reunión, diante do Señor, onde eu me encontrarei convosco, para falar alí contigo.43E reunireime alí cos fillos de Israel, e o lugar será santificado pola miña gloria.44Santificaréi a tenda de reunión e o altar; tamén santificaréi a Aarón e aos seus fillos para que me sirvan como sacerdotes.45E habitarei entre os fillos de Israel, e serei o seu Deus. E E habitarei entre os fillos de Israel, e serei o seu Deus.46E coñecerán que eu son o Señor o seu Deus, que os saquei da terra de Exipto para morar eu no medio deles. Eu son o Señor o seu Deus.
1Farás tamén un altar para queimar incenso: de madeira de acacia o farás. 2O seu largo será dun cóvado e o seu ancho dun cóvado : sera cuadrado e a súa altura de dous cóvados: e os seus cornos serán dunha mesma peza con el.3Revestiralo de ouro puro: a súa parte superior, os seus lados ao redor , e os seus cornos; e faraslle unha moldura de ouro ao redor. 4Faraslle dúas argolas de ouro debaixo da súa moldura; faralos en dous dos seus lados, en lados opostos, e servirán de sostén para as varas coas cales transportalo.E farás as varas de madeira de acacia e revestiralas de ouro.5E farás as varas de madeira de acacia e revestiralas de ouro. 6Poñerás o altar diante do veo que está xunto ao arca do testemuño, diante do propiciatorio que está sobre o arca do testemuño, onde eu me reunirei contigo.7E Aarón queimará incenso aromático sobre el; queimarao cada mañá ao preparar as lámpadas. 8E cando Aarón prepare as lámpadas á tardiña, queimará incenso. Haberá incenso perpetuo diante do Señor por todas as vosas xeracións. 9Non ofreceredes incenso estraño neste altar, nin holocausto nin ofrenda de cereal; tampouco derramaredes libación sobre el.10Aarón fará expiación sobre os cornos do altar unha vez ao ano; fará expiación sobre el co sangue da ofrenda de expiación polo pecado, unha vez ao ano por todas as vosas xeracións; santísimo é ao Señor.11E falou o Señor a Moisés dicindo: 12Cando fagas un censo dos fillos de Israel para contalos, cada un dará ao Señor un rescate pola súa persoa cando sexan contados, para que non haxa praga entre eles cando os teñas contado. 13Isto dará todo o que sexa contado: medio siclo, conforme ao siclo do santuario. O siclo é de vinte óbolos. Medio siclo é a ofrenda ao Señor. 14Todo aquel que sexa contado, de vinte ou máis, dará a ofrenda ao Señor.15O rico non pagará máis, nin o pobre pagará menos do medio siclo, ó dar a ofrenda ao Señor para facer expiación polas vosas vidas. 16Tomarás dos fillos de Israel o diñeiro da expiación e o darás para o servizo da tabernáculo de reunión, para que sexa un recordatorio para os fillos de Israel diante do Señor, como expiación polas vosas vidas.17E o SEÑOR falou a Moisés, dicindo: 18Farás tamén unha pia de bronce, coa súa base de bronce, para lavatorio; e colocarala entre a tenda de reunión e o altar, e poñerás auga nela.19E con ela lavarán as mans e os pés Aarón e os seus fillos.20Ao entraren na tenda de reunión, lavaranse con auga para que non morran; e cando se achegaren ao altar a ministrar para queimar unha ofrenda acesa ao Señor, 21tamén lavarán as mans e os pés para que non morran; e será estatuto perpetuo para eles, para Aarón e a súa descendencia, por todas as súas xeracións.22Falou o Señor a Moisés, dicindo: 23Toma tamén das especias máis finas: de mirra fluída, cincocentos siclos; de canela aromática, a metade : douscentos cincuenta; e de cana aromática, douscentos cincuenta; 24de trobisco, cincocentos siclos, conforme ao siclo do santuario, e un hin de aceite de oliva. 25E farás diso o aceite da santa unción, mestura de perfume, obra de perfumista; será aceite de santa unción.29Consagraralos e serán santísimos; todo aquilo que os toque será santificado. E 30unxirás a Aarón e aos seus fillos e consagraralos para que me sirvan como sacerdotes. 31E falarás aos fillos de Israel, dicindo: "Este será aceite de santa unción para min por todas as vosas xeracións.32Non se derramará sobre ninguén, nin faredes outro igual nas mesmas proporcións; santo é, e santo será para vós.33Calquera que faga outro aceite semellante, ou o que poña del sobre un laico, será cortado de entre o seu pobo."34Entón o Señor dixo a Moisés: Toma especias, estoraque, unlla aromática e gálbano, especias con incenso puro; que haxa o mesmo peso de cada unha . 35Con iso farás incenso, perfume obra de perfumista, sazonado, puro e santo. 36E moerás parte del moi fino, e porás unha parte diante do testemuño no tabernáculo de reunión onde eu me reunirei contigo; santísimo será para vós.37E o incenso que farás, non o faredes nas mesmas proporcións para o voso propio uso; será santo para o Señor. 38Calquera que faga incenso como este, para usalo como perfume será cortado de entre o seu pobo.
123E falou Iahveh a Moisés dicindo: Toma a Aarón e os seus fillos con el, e as vestimentas, o aceite da unción, o becerro da expiación, os dous carneiros e a cesta do pan ácimo e reúne toda a congregación á entrada do tabernáculo4E Moisés fixo tal e como Iahveh lle ordenou e cando a congregación se reuniu á entrada do tabernáculo. 5E Moisés dixo á congregación: Isto é o que Iahveh mandou facer.6Entón Moisés fixo que se lle achegasen Aarón e seus fillos e lavounos con auga. 7E puxo sobre el a túnica e cinguiuno co cinto, vestiuno co manto e púxolle o efod, e ciguiuno co cinto tecido do efod, e axustouno con el8Púxolle logo o peitoral , e dentro do peitoral puxo o Urim e o Tumim. 9Puxo tamén a tiara sobre a súa cabeza,e sobre a tiara, ao frente, puxo a lámina de ouro, a diadema santa, conforme Iahveh lle mandara a Moisés10E Moisés tomou o aceite da unción e unxiu o tabernáculo e todo o que había nel, e consagrounos. 11Co aceite asperxeu o altar sete veces e unxiu o altar e todos os seus utensilios, e a pia e a súa base, para consagralos.12E verteu aceite da unción sobre a cabeza de Aarón e unxiuno para consagralo. 13Despois Moisés fixo achegarse aos fillos de Aarón e vestiunos con túnicas, cinguiunos con cintos, e axustoulles as tiaras tal e como Iahveh lle mandara a Moisés14Entón trouxo o xato da expiación, e Aarón e seus fillos puxeron as súas mans sobre a cabeza do becerro da expiación. 15Despois Moisés degolouno e colleu o sangue e co seu dedo puxo parte dela nos cornos do altar por tódolos lados, e purificou o altar. Despois verteu o resto do sangue ao pé do altar e consagrouno para facer expiación por el.16Collleu tamén toda a graxa que había nas entrañas e no redeño do fígado, e os dous ris e a gordura deles, e queimounos Moisés sobre o altar. 17Pero o novelo, coa súa pel, a súa carne , e o seu esterco, queimounos no lume fóra do campamento, tal como Iahveh mandara a Moisés18Entón presentou o carneiro do holocausto, e Aarón e seus fillos puxeron as súas mans sobre a cabeza do carneiro. 19E Moisés degolouno e asperxeu o sangue sobre o altar e ao seu derredor20E despois de cortar o carneiro en anacos, Moisés queimou a cabeza e os cachos e a graxa. 21Despois de lavar as antrañas e as patas con auga, Moisés queimou todo o carneiro sobre o altar. Foi holocausto de aroma agradable; foi ofrenda acesa a Iahveh, tal e como Iahveh mandara a Moisés.22Despois presentou o segundo carneiro, o carneiro da consagración, e Aarón e seus fillos puxeron súas mans sobre a cabeza do carneiro. 23E Moisés degolouno e colleu do sangue e púxoo no lóbulo da orella dereita de Aarón, no polgar da súa man dereita, e na deda gorda do seu pé dereito. 24Tamén fixo achegar aos fillos de Aarón; e Moisés puxo sangue no lóbulo da orella dereita deles, no polgar da súa man dereita, e na deda gorda do seu pé dereito. Entón Moisés asperxeu o resto do sangue sobre o altar e ao redor.25E colleu a gordura, e a cauda, e toda a graxa que había nas entrañas, no redeño do fígado, e os dous ris coa súa graxa e a perna dereita. 26E do cesto dos pans ácimos que estaba diante de Iahveh, tomou unha torta sen fermento , unha torta de pan misturada con aceite e un follado e púxoos sobre as porcións de graxa e sobre a perna dereita. 27Entón puxo todo nas mans de Aarón en nas mans dos seus fillos e presentouno como unha ofrenda abaneada diante de Iahveh28Despois Moisés tomou todo isto das mans deles e queimouno no altar co holocausto. Foi ofrenda de consagración como recendo agradable, ofrenda acesa para Iahveh. 29E tamén tomou Moisés o peito, e presentouno como ofrenda abaneada diante de Iahveh; era a porción do carneiro da consagración que pertencía a Moisés , tal e como lle mandara Iahveh.30E tomou Moisés do aceite da unción e do sangue que estaba sobre o altar, e asperxeu a Aarón e os seus vestidos e sobre os seus fillos e as vestiduras dos seus fillos; e consagrou a Aarón e as súas vestiduras, e aos seus fillos e as vestiduras dos seus fillos con el.31Entón dixo Moisés a Aarón e a os seus fillos: Fervede a carne á entrada do tabernáculo e comédea alí xunto co pan que está no cesto da ofrenda de consagración, tal e como eu mandei, dicindo: "Aarón e seus fillos comerán". 32E o resto da carne e do pan, queimarédelo no lume. 33E non sairedes da entrada do tabernáculo durante sete días, hata que remate o período da vosa consagración; porque por sete días seredes consagrados34Iahveh mandou facer tal e como se fixo hoxe , para facer expiación a voso favor. 35Ademais permaneceredes á entrada do tabernáculo día e noite durante sete días, e gardaredes a ordenanza de Iahveh para que non morrades, porque así me foi mandado. 36E Aarón e os seus fillos fixeron todas as cousas que Iahveh mandara por medio de Moisés.
1E aconteceu no oitavo día que Moisés chamou a Aarón e a os seus fillos e a os anciáns de Israel 2e dixo a Aarón: Toma un xato da vacada para a ofrenda polo pecado e un carneiro para o holocausto, ambos sen defecto, e ofréceos diante de Iahveh3E logo falarás aos fillos de Israel dicindo: " Collede un castrón para a ofrenda polo pecado, e un vitelo e un año, ambos dun ano, sen defecto, para o holocausto 4e un boi e un carneiro para as ofrendas de paz, para sacrificar diante de Iahveh; e unha ofrenda de cereal misturado con aceite porque Iahveh se presentará ante vós. 5E levaron ao frente da tabernáculo o que mandara Moisés e toda a congregación achegouse e permaneceu de pé diante de Iahveh6E dixo Moisés: Isto é o que Iahveh mandou que fagades, para que a gloria de Iahveh se vos apareza. 7E dixo Moisés a Aarón: achégate ao altar e presenta a túa ofrenda polo pecado e o teu holocausto, para que fagas expiación por ti mesmo e polo pobo; logo presenta a ofrenda polo pobo, para que poidas facer expiación por eles, tal e como Iahveh mandou.8Entón achegouse Aarón ao altar e degolou ao xato da ofrenda polo pecado por si mesmo. 9E os fillos de Aarón presentáronlle o sangue e el mollou o seu dedo no sangue , puxo parte do sangue sobre os cornos do altar e derramou o resto do sangue ao pé do altar.10Despois queimou sobre o altar a graxa, os riles, e o redeño do fígado da ofrenda polo pecado, tal e como Iahveh ordenara a Moisés. 11Mais a carne e o coiro queimounos no fogo fóra do campamento12Logo degolou o holocausto; e os fillos de Aarón déronlle o sangue e el salpicouna sobre o altar, por tódolos lados. 13E déronlle o holocausto en anacos, coa cabeza, e queimounos sobre o altar. 14Lavou tamén as entrañas e as patas, e queimounas co holocausto sobre o altar15Logo presentou a ofrenda polo pobo e tomou o castrón para a expiación do pobo e degolouno e ofreceuno polos pecados, como o primeiro. 16E presentou o holocausto, e ofreceuno conforme á ordenanza. 17Despois presentou a ofrenda do cereal , e encheu dela a súa man e queimouna sobre o altar, ademáis do holocausto da mañá1819Logo degolou o boi e o carneiro, o sacrificio das ofrendas de paz polo pobo; e os fillos de Aarón déronlle o sangue e él salpicouna sobre o altar por tódolos lados. En canto aos anacos de graxa do boi e do carneiro, o rabo, a graxa que cobre as entrañas, os riles e o redeño do fígado,2021puxéronos sobre os peitos dos animais sacrificados e el queimou os pedazos de graxa sobre o altar. Mais Aarón presentou os peitos e a pata dereita como ofrenda abanada diante de Iahveh, tal como Moisés ordenara22Entón Aarón levantou as súas mans cara bendiciuno e despois de ofrecer a ofrenda polo pecado, o holocausto e as ofrendas de paz, descendeu. 23E Moisés e Aarón entraron na tabernáculo e cando saíron, bendiciron ao pobo e a gloria de Iahveh presentouse ante todo o pobo. 24E saiu fogo de diante da presenza de Iahveh, que consumiu o holocausto e os anacos de graxa sobre o altar . E véndoo todo o pobo, aclamou e postrouse sobre os seus rostros
1Nadab e Abiú, fillos de Aarón, tomaron os seus respectivos botafumeiros, e despois de poñer fogo neles, sobre o cal puxeron incenso, ofreceron diante de Iahveh fogo estraño que El nunca lles mandou. 2E saiu fogo de diante de Iahveh que os queimou, e morreron diante de Iahveh.3Entón Moisés dixo a Aarón: Isto é o que Iahveh falou dicindo: "Como santo serei tratado polos que se achegan a min, e en presenza de todo o pobo serei enaltecido". E Aaron calou. 4E chamou Moisés a Misael, e a Elzafán, fillos de Uziel, tío de Aarón, e díxolles: Achegádevos levade os vosos parentes de diante do santuario fóra do campamento.5E eles achegáronse e leváronos coas súas túnicas,fóra do campamento, como dixera Moisés. 6Logo Moisés dixo a Aarón e aos seus fillos Eleazar e Itamar: Non descubrades a vosa cabeza nin rasguedes vosos vestidos, para que non morrades e para que El non desate todo o seu anoxo contra toda a congregación. Mais os vosos irmáns toda a casa de Israel, lamentaranse polo incendio o trouxo Iahveh. 7Nin sequera sairedes da porta da tabernáculo, non sexa que morrades; porque o aceite da unción de Iahveh está sobre vós. E fixeron conforme ao mandato de Moisés.891011Iahveh falou a Aarón, dicindo: Non beberedes viño nin licor, nin ti nin os teus fillos contigo cando entredes na tabernáculo , para que non morrades (é estatuto perpetuo por todas as xeracións) e para que fagades distinción entre o santo e o profano, e entre o inmundo e o limpo, e para que enseñedes aos fillos de Israel todos os estatutos que dixo Iahveh por medio de Moisés.12E Moisés dixo a Aarón e aos fillos que lle quedaban, Eleazar e Itamar: Collede a ofrenda de cereal que resta das ofrendas acesas para Iahveh e comédea sin fermento xunto ao altar , porque é santísima. 13Comerédela, pois, en lugar santo porque é a porción para ti e teus fillos, das ofrendas acesas a Iahveh; porque así me foi mandado14Pero o peito e a coxa ofrecidos poderedes comelos no lugar limpo ti, os teus fillos e as túas fillas contigo, por ser a parte que che toca a ti e a teus fillos dos sacrificios de comuñón, que doaron os fillos de Israel. 15Traerán a coxa e o peito xunto coa ofrenda acesa dos cachos de graxa para presentalos como ofrenda abalada diante de Iahveh; e será por estatuto perpetuo teu e dos teus fillos contigo, como Iahveh mandou.16E Moisés preguntou polo bode da ofrenda polos pecados e velaquí que fora queimado; e anoxouse con Eleazar e Itamar, os fillos que lle quedaran a Aarón dicindo: 17Por que non comestes a ofrenda polo pecado no lugar santo? Porque é santísimo e vola deu para quitar a culpa da congregación, para facer expiación por eles diante de Iahveh. 18Velaquí, como o sangue non fora metido dentro, ao santuario, certamente debiades ter comido a ofrenda no santuario, como eu mandei.19Mais Aaron dixo a Moisés: Mira; hoxe mesmo eles presentaron a súa ofrenda polo pecado e o seu holocausto diante de Iahveh. Pois que isto me sucedeu, se eu tivera comido hoxe da ofrenda polo pecado, tería sido grato aos ollos de Iahveh? 20Cando Moisés ouviu isto, deuse por satisfeito.
1E falou Iahveh a Moisés e a Aaron deicindolles: 2Falade aos fillos de Israel e dicidelles:" Estes son os animais que poderedes comer de todos os animais que hai sobre a terra.3De entre os animais, todo o que teña pezuño dividido, formando así cascos fendidos e rumia, este comeredes. 4Estes, porén, non comeredes dos que rumian e dos que teñen cascos: o camelo, porque rumia mais non ten pezuño dividido; será inmundo para vós;5o coello, porque aínda que rumia, ; non ten o pezuño dividido; será inmundo para vós; 6a levre, porque aínda que rumia, non ten o pezuño dividido; será inmundo para vós; 7e o cocho, porque aínda que ten o pezuño dividido, formando así o casco fendido, non rumia; será inmundo para vós. 8Non comeredes da súa carne nin tocaredes os seus cadáveres; serán inmundos para vós.9De todos os animais que hai nas aguas poderedes comer estes: todos os que teñen aletas e escamas nas augas, nos mares ou nos ríos, poderedes comer. 10Mais todos os que non teñen aletas nin escamas nos mares e nos ríos, entre todo o que se move nas augas e entre todas as criaturas viventes que están na auga, serán abominación para vós11seranvos abominación, non comeredes da súa carne e abominaredes os seus cadáveres. 12Todo o que nas augas non teña aletas nin escamas, seravos abominación13"Ademais, estas abominaredes de entre as aves, non se comerán, son abominación: a aguia, o voitre e o voitre negro,14o miñato e o falcón segundo a súa especie;15todo corvo segundo a súa especie;16o avestruz, a curuxa, a gaivota e o gavilán segundo a súa especie;17o bufo, o mergullón, o bufo real,18a curuxa branca, o pelícano, o voitre común,19a cegoña, a garza segundo a súa especie; a bubela e o morcego.20Todo insecto con ás que ande sobre catro patas, seravos abominación. 21"Con todo, estes podedes comer de entre todos os insectos alados que andan sobre catro patas: os que teñen, ademais das súas patas, pernas con articulacións para saltar con elas sobre a terra. 22Destes poderedes comer estes: a langosta segundo as súas especies, a langosta destructora segundo as súas especies, o grilo segundo sa súas especies e o saltón segundo as súas especies. 23Pero todos os demáis insectos alados que teñan catro paras seranvos abominación24Por estes animais seredes inmundos; todo o que toque os seus cadáveres quedará inmundo ata 0 serán 25e calquera que levante parte dos seus cadáveres lavará os seus vestidos e quedará inmundo ata o serán26Todo animal de pezuño dividido, mais que non ten pezuño fendido, ou que non rumian, serán inmundos para vós, e calquera que os toque quedará inmundo. 27E de todos os animais que andan sobre catro patas, os que andan sobre as súas garras son inmundos para vós; calquera que toque os seus cadáveres quedará inmundo ata o serán 28e o que levante os seus cadáveres lavará as súas roupas e quedará inmundo ata o serán; terédelos por inmundos.29E dos animais que se arrastran pola terra, estes serán inmundos para vós: a toupa, o rato e o lagarto segundo a súas especies; 30o ourizo, o crocodilo, o lagarto, a lagarta de area e o camaleón.31Estes serán impuros para vós entre todos os animais que se arrastran; quen os toque cando estean mortos quedará impuro ata o serán; 32tamén quedará inmunda calquera cousa sobre a que caia morto un deles; e calquer obxeto de madeira, roupa, pel, saco, e calquer utensilio de traballo; poñerédelo en auga e quedará inmundo ata o serán; entón quedará limpo. 33E calquera vasilla de barro na caia algún deles, o que está na vasilla quedará inmundo e crebaredes a vasilla.34Toda comida sobre a que caia esta auga quedará impuro e toda bebida nesas vasillas quedará inmundo. 35Todo aquilo sobre o que caia parte dos seus cadáveres quedará inmundo; o forno ou fogón será derrubado; son inmundos e seguirán sendo inmundos para vós.363738Porén, unha fonte ou cisterna onde se recolle a auga será limpa, mais o que toque os seus cadáveres quedará inmundo. E se parte dos seus cadáveres cae sobre calquera semente para sementar, a semente quedará limpa. Mais se a semente está mollada e unha parte dos cadáveres cae sobre ela, será inmunda para vós.39Se algún dos animais que tendes para comer morre, quen toque o seu corpo morto quedará impuro ata a serán. 40E quen coma parte do seu cadáver lavará os seus vestidos e quedará inmundo ata a tardiña; e quen levante o cadáver lavará os seus vestidos e quedará impuro ata o serán.41E todo animal que se arrastra sobre a terra é abominable ; non se comerá. 42Todo o que anda sobre o seu ventre e todo o que camina sobre catro patas, todo o que ten moitos pés , de todo o que se arrastra sobre a terra, non os comeredes porque son abominación43Non vos fagades abominables por causa de ningún animal que se arrastra; e non vos contaminedes con eles para que non sexades inmundos. 44Porque eu son Iahweh o voso Deus Polo tanto consagrádevos e sede santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes, pois, con ningún animal que se arrastra sobre a terra. 45Porque eu sons Iahweh que nos fixen subir da terra de Exipto para ser o voso Deus; seredes, pois, santos porque eu son santo.46Esta é a lei dos animais, das aves, de todo ser vivente que se move nas augas, e de todo animal que se arrastra sobre a terra; 47para facer distinción entre o inmundo e o limpo, entre o animal que se pode comer e o animal que non se pode comer
1E Iahweh falou a Moisés dicindo: 2Fala aos fillos de Israel e dilles: "Cando unha muller dea a luz e teña un varón, quedará impura sete días; como nos días da súa regra, será impura. 3"Ao oitavo día a carne do prepucio do neno será circuncidada"4E ela permanecerá no sangue da súa pureficación por trinta e tres días; non tocará nungunha cousa sagrada nin entrará no santuario ata que os días da súa purificación sexan cumpridos . 5Mais si dá a luz unha nena, quedará impura dous semanas, como nos dúas da súa menstruación; e permanecerá no sangue da súa purificación sesenta e seis días6E cando se cumplan os días da súa purificación por un fillo ou por unha filla, traerá ao sacerdote, á entrada da tenda de reunión, un año dun ano como holocausto, e un pombiño ou unha roliña como ofrenda polo pecado7"Entón ofreceraos diante de Iahweh e fará expiación por ela, e ela quedará limpa do fluxo do seu sangue. Esta é a lei para a que dá a luz, sexa fillo ou filla. 8Mais se non alacanzaren os recursos para ofrecer un año, entón tomará duas rolas e dous pombiños, un para o holocausto e outro para a ofrenda polo pecado; e o sacerdote fará expiación por ela e quedará limpa"
1E falou Iahweh a Moisés e a Aarón dicindo: 2Cando un home teña na pel do seu corpo inchazo ou erupción ou mancha branca lustrosa, e se converta en chaga de lepra na pel da súa carne, será traído ao sacerdote Aarón ou a un dos seus fillos sacerdotes.3E o sacerdote mirará a ichaga na pel da carne; e se o pelo na chaga se tornou branco, e a chaga parece máis profunda que a pel da carne, é unha chaga de lepra; cando o sacerdote o examine declararao inmundo. 4Mais se a mancha lustrosa é branca na pel da súa carne, e non parece ser máis profunda que a pel, e o pelo nela non se tornou branco, entón o sacerdote illará ao que ten chagas por sete días5E ao sétimo día o sacerdote examinarao e se a chaga ao seu parecer non cambiou e non se estendeu na pel, entón o sacerdote illarao por outros sete días. 6E o sacerdote examinarao de novo ao sétimo día; e se a chaga escureceu e non se expandiu na pel, entón o sacerdote darao por limpo; é só unha bostela. E lavará a súa soupa e quedará limpo7Mais se a bostela estendeuse na pel, despois que fora mostrado ao sacerdote para súa purificación, será visto outra vez polo sacerdote. 8E o sacerdote examinarao e se a bostela estendeuse na pel, entón o sacerdote declararao inmundo; é lepra9Cando haxa chaga de lepra nun home, traerase ao sacerdote. 10E o sacerdote examinarao e se hai inchazo branco na pel e o pelo volveuse branco, e hai carne viva no inchazo, 11é lepra crónica na pel do seu corpo, e o sacerdote declararao inmundo; non o illará porque é inmundo.12e se a lepra brota e esténdese na pel e a lepra cobre toda a pel do que tiña a chaga desde a súa cabeza ata os seus pés, ata onde poida ver o sacerdote, 13entón o sacerdote mirará, e se a lepra cubriu todo o seu corpo, declarará limpo ao que tiña a chaga; volveuse branca e el é limpo. 14Mais cando apareza nel carne viva, será inmundo.15E o sacerdote mirará a carne viva, e declararao inmundo; a carne viva é inmunda, é lepra. 16Mais se a carne cambia novamente e vólvese branca, entón virá ao sacerdote, 17e o sacerdote revisarao, e velaquí, se a chaga tornouse branca o sacerdote declarará limpo ao que tiña a infección; é limpo.18E cando o corpo teña unha chaga na súa pel e se sande, 19e no lugar da úlcera haxa inchazo branco, ou mancha lustrosa, branca avermellada, será mostrada ao sacerdote, 20e el examinara e velaquí , se semella estar nun nivel máis baixo que a pel e o seu pelo tornouse branco, o sacerdote declararao inmundo; é chaga de lepra que brotou na úlcera.21Mais se o sacerdote a examina, e velaquí, non hai pelos brancos nela, e non está a nivel máis baixo que a pel e se escureceu, o sacerdote illarao por sete días; 22e se se fose estendendo pola pel, o sacerdote declararao inmundo: é chaga. 23Mais se a mancha lustrosa permanece no lugar e non se estende, é só a cicatriz da úlcera; o sacerdote declararao limpo.2425Así e todo, se o corpo sofre na súa pel unha queimadura de fogo, e a carne viva da queimadura se volve unha mancha lustrosa branca avermellada ou só branca, entón o sacerdote a examinara. E se o pelo na mancha262728Mais se o sacerdote a examina , velaquí, non hai pelo branco na mancha lustrosae non está máis profunda que a pel, mais está oscura, entón o sacerdote ilarao por sete días. Examinao no sétimo día. E se se estendeu pola pel, o sacerdote o declarara inmundo; é chaga de lepra. Ora que a mancha lustrosa permanece no seu lugar e non se espallou pola pel, senón que está escura, é lo inchazo da queimadura29Se un home ou unha muller ten unha chaga na cabeza ou na barba, 30o sacerdote examinará a chaga e se parece que é máis profunda que a pel e hai nela pelo fino amarelado, entón o sacerdote declararao impuro; é tiña, é lepra da cabeza ou da barba31Pero se o sacerdote examina a chaga de tiña, e velaquí, non parece que e máis profunda que a pel e non hai nela pelo negro, o sacerdote illará por sete días á persoa ca chaga de tiña32E ao sétimo día o sacerdote examinará a chaga, e se a tiña non se espallou nin creceu nela pelo amarelado, nin a tiña parece máis profunda que a pel, 33entón rrasurarase, pero non rasurará a parte con tiña; e o sacerdote illará so que ten tiña por sete días34e ao sétimo día o sacerdote examinará a tiña e se a chaga non se espandiu pola pel e non é máis profunda que a pel, o sacerdote declararao limpo; entón lavará os seus vestidos e quedará limpo.35Pero se a tiña se espallou pola pel despois da súa purificación, 36o sacerdote examinarao e se a tiña se estendeu pola pel, o sacerdote non terá que buscar pelo amarelado; é impuro. 37Mais se no seu parecer a tiña permaneceu igual e creceu pelo negro nela, a tiña sandou; é limpo, e o sacerdote declararáo limpo.38Cando un home ou unha muller teña manchas brancas lustrosas na pel do se corpo, 39o sacerdote examinarao, e se as manchas lustrosas na pel do seu corpo son de cor abrancazado, é ezcema que brotou na pel; a persoa está limpa40Se un home perde o cabelo, é calvo, pero limpo. 41E se a súa cabeza perde o cabelo por diante e polos lados, é calvo na testa, pero limpo42Mais se na calva da cabeza ou da testa aparece unha chaga branca avermellada, é lepra que brota na calca da súa cabeza ou na calva da súa testa,. 43Entón o sacerdote examinarao , e se o inchazo da chaga é branco avermellado na calva da cabeza ou na calva da frente, como o perecer da lepra na pel do corpo, 44é un leproso, é inmundo. O sacerdote certamente declararao inmundo; a súa chaga está na súa cabeza.45En canto ao leproso que ten a chaga, ,a súa roupa, estará rasgada, descubrirase o cabelo da súa cabeza, cubrirase a boca e berrará: ¡Inmundo, impuro! 46Durante todo o tempo que a chaga estiver nel será inmundo; estará impuro: vivirá solo; a súa morada estará fóra do campamento.47Cando unha roupa teña marca de lepra, sexa un vestido de la ou de liño, 48sexa na urda ou na trama, de liño ou de la, en coiro ou de calquera peza feita de coiro, 49se a marca no vestido ou no coiro, na urda ou na trama, ou en calquera peza feita de coiro, é verdosa ou avermellada, é marca de lepra e seralle mostrada ao sacerdote50Entón o sacerdote examinará a marca, e illará por sete días a cousa coa marca. 51Ao sétimo día examinará a marca; se a marca se espallou na roupa, xa sexa na urda ou na trama, ou no coiro, calquera que sexa o uso de coiro, a marca é lepra, é inmunda. 52Queimará, pois, a roupa, xa sexa na urda ou na trama, de la ou de liño, ou calquera cousa de coiro no que apareza a marca, porque é lepra maligna; ao fogo será queimada.53Pero se o sacerdote a examina e a marca non se espallou na roupa, na urda ou na trama ou en calquera cousa de pel, 54entón o sacerdote ordenará lavar a cousa onde apareza a marca, e illaraa por sete días. 55Despois de lavar a cousa coa marca, o sacerdote examinaraa outra vez e, se a marca non cambiou o seu aspecto, aínda que non se teña espallado, é impura. queimarala no fogo, xa sexa que se corroera polo dereito ou polo revés56Entón o sacerdote examinaraa, e se a marca escureceu despois de ter sido lavada, arrincaraa da roupa, ou da pel, sexa na urda ou na trama; 57e se aparece outra vez na roupa sexa na urda ou na trama, o en calquera cousa de coiro, é unha erupción; queimarás ao fogo aquilo onde estiver a praga. 58A roupa, sexa na urda ou na tramaou en calquera cousa de coiro do que se quitara a marca despois de lavalo, será lavado outra vez e quedará limpa.59Esta é a lei para a praga de lepra nunha roupa de la ou de liño, sexa na urda ou na trama, ou en calquera cousa de coiro, para declarala limpa ou inmunda.
12Iahveh falou a Moisés dicindo: Esta será a lei do leproso nos días da súa purificación. será levado ao sacerdote, 3e o sacerdote sairá fóra do campamento. O sacerdote examinarao , e se a infección do leproso sandou, 4o sacerdote mandará coller dúas aves vivas e limpas , madeira de cedro, un cordón escarlata e hisopo. 5Logo o sacerdote mandará degolar unha das aves nunha vasilla de barro sobre augas vivas.6Despois collerá a ave viva, a medeira de cedro, o cordón escarlata e o hisopo, e mollaraos xunto coa ave viva no sangue da ave morta sobre as augas vivas. 7Despois asperxerá sete veces sobre o que é purificado da lepra , declararao limpo, e soltará a ave viva no campo aberto.8Despois o que é purificado lavará a súa roupa, rasurará todo o seu cabelo, bañarase en auga e quedará limpo. Despois poderá entrar no campamento pero durante sete días permanecerá fóra da súa tenda. 9E sucederá que no sétimo día rasurará todo o seu cabelo: a cabeza, a barba, e as cellas; afeitará todo o seu pelo. Entón lavará a súa roupa e lavará o seu corpo con auga, e quedará limpo.10No oitavo día collerá dous cordeiros sen defecto, unha cordeira dun ano sen defecto, tres décimas dun efa de flor de fariña misturada con aceite como ofrenda de cereal e un log de aceite; 11e o sacerdote que o declare limpo presentará diante de Iahveh ao home que se vai purificar , coas ofrendas, á entrada do tabernáculo12Entón o sacerdote collerá un dos cordeiros e traerao como ofrenda pola culpa, co log de aceite, e presentaraos como ofrenda abaneada diante de Iahveh. 13E degolará o cordeiro no lugar onde degolan a ofrenda polo pecado e o holocausto, no lugar do santuario, porque a ofrenda pola culpa, o mesmo que a ofrenda polo pecado, pertence ao sacerdote; é cousa santísima14Entón o sacerdote collerá do sangue da ofrenda poa culpa, e porá o sacerdote sobre o lóbulo da orella dereita do que é purificado, sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do pé dereito. 15O sacerdote tomará tamén do log de aceite, e vertera sobre a palma de súa man ezquerda; 16despois o sacerdote mollará o dedo da súa man dereita no aceite que está na palma da súa man ezquerda, e co dedo asperxerá do aceite sete veces diante de Iahveh17E o resto do aceite que está na súa man, o sacerdote porá un pouco sobre o lóbulo da orella dereita do que é purificado sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do pé dereito, enriba do sangue da ofrenda pola culpa. 18E o que quede do aceu¡ite que está na man do sacerdote, porao sobre a cabeza do que é purificado. Así o sacerdote fará expiación por el diante de Iahveh19Logo o sacerdote ofrecerá o sacrificio polo pecado e fará expiación polo que vai ser purificado da súa inmundicia, e despois degolará ao holocausto. 20E o sacerdote ofrecerá sobre o altar o holocausto e a ofrenda do cereal. Así fará expiación o sacerdote por el, e quedará limpo21Mais se é pobre e non ten recursos suficientes, entón tomará un año como ofrenda pola culpa, como ofrenda abaneada,para facer expiación por el, e unha décima dun efa de flor de fariña misturada co aceite para ofrenda de cereal, e un log de aceite, 22e dúas roliñas ou dous pombiños, conforme o que dispoña, un será como ofrenda polo pecado e o outro para holocausto. 23Ao oitavo día levaraos ao sacerdote para ofrecelos por su purificación, á entrada do tabernáculo, diante de Iahveh24E o sacerdote collerá o año da expiación e o log de aceite e presentaraos como ofrenda abaneada diante de Iahveh. 25Despois degolará o año da ofrenda pola culpa, e o sacerdote collerá do sangue da ofrenda pola culpa e porá sobre o lóbulo da orella dereita do que será purificado, sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do seu pé dereito.26O sacerdote verterá parte do aceite na palma da súa man ezquerda. 27E co dedo da súa man dereita asperxerá un pouco do aceite que ten na súa man dereita sete veces diante de Iahveh28Despois o sacerdote porá do aceite que ten na súa man dereita sobre o lóbulo da orella dereita do que se purifica, sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do seu pé dereito, no lugar do sangue da ofrenda pola culpa. 29E o que sobrar do aceite que o sacerdote ten na súa man, porao na cabeza do que se purifica, para facer expiación por el diante de Iaveh.30Entón ofrecerá unha das rolas ou dous pombiños , conforme o que dispoña. 31Ofrecerá o que poida, un como expiación polo pecado e o outro como holocausto, ademáis da ofrenda de cereal. Así o sacerdote fará expiación diante de Iahveh polo que se vai purificar. 32Esta é a lei para o que teña infección de lepra, cuxos recursos para a expiación sexan limitados33Iahveh falou tamén a Moisés e a Aarón dicindo: 34Cando entredes na terra de Canaán, que vos dou en posesión, e eu poña unha marca de lepra nunha casa na terra da vosa posesión, 35o dono da casa irá avisar ao sacerdote: " como lepra apareceu na minha casa"36Entón o sacerdote mandará baldeirar a casa antes de entrar para examinar a marca, para que nada se contamine na casa; e despois entrará e examinará a casa. 37Examinará a marca, e se a marca sobre as paredes da casa mostra cavidades esverdeadas ou vermella, que parecen máis profundas que a parede, 38o sacerdote sairá ata a entrada da casa e pecharaa durante sete días39E ao sétimo día voltará o sacerdote e a examinará e se a marca se estendeu nas paredes da casa, 40o sacerdote ordenará quitar as pedras que teñen a marca e botalas fóra da cidade, nun lugar inmundo.41E fará raspar a casa por dentro e botar o po que raspen fóra da cidade, nun lugar impuro. 42Logo collerán outras pedras e substituirán as pedras arrincadas; e tomarán outro barro e volverán recubrir a casa.43Non obstante, se a marca aparece de novo na casa despois de arrancar as pedras e raspar a casa, e despois de cubrila con morteiro, 44o sacerdote entrará e examinaraa. Se ve que a marca se espallou na casa, será unha lepra maligna na casa; é inmunda.45Derrubará pois a casa, as súas pedras , a súa madeira e todo o xeso da casa, e levaraos fóra da cidade, a un lugar impuro. 46Ademais, quen entrou na casa durante o tempo que el a pechou, quedará impuro ata a noitiña. 47Tamén quen durmiu e quen comeu na casa lavará as súas roupas.48Pero se o sacerdote entra e examínaa e a marca non se espallou na casa despois que a marca foi recuberta, o sacerdote declarará a casa limpa, porque a marca non volveu aparecer49Entón , para purificar a casa , tomará dúas aves, madeira de cedro, un cordón escarlata e hisopo 50e degolará unha ave nunha cunca de barro sobre auga corrente. 51E tomará a madeira de cedro, o hisopo e o cordón escarlata e a ave viva e mollaraos no sangue da ave morta na auga corrente e esparxirá a casa sete veces52E purificará a casa co sangue da ave e coa auga corrente, e coa ave viva, coa madeira de cedro, co hisopo e co cordón escarlata. 53Non obstante, soltará a ave viva fóra da cidade, en campo aberto, Así fará expiación pola casa e quedará purificada.54Esta é a lei acerca de toda infección de lepra, ou de tiña, 55e para a roupa ou a casa con lepra, 56para un inchazo , unha erupción ou unha mancha branca lustrosa, 57para ensinar cando son inmundas e cando son limpas. Esta é a lei sobre a lepra.
1Iahveh faloulle a Moisés no deserto de Sinaí, na tenda da xuntanza, o primeiro día do mes segundo, no segundo ano da súa saída da terra de Exipto e díxolle: 2“Fai un censo de toda a congregación dos israelitas polas súas familias, polas súas casas paternas, segundo o número dos nomes de todo varón, un por un; 3vinte anos para arriba, tódolos que poidan saíren á guerra en Israel, ti e Aarón contarédelos polos seus exércitos.4Convosco estará ademais un home de cadansúa tribo, cada un xefe da súa casa paterna. 5“Estes son os nomes dos homes que estarán convosco; de Rubén, Elisur, fillo de Sedeur; 6de Simeón, Selumiel, fillo de Zurisadai;7de Xudá, Naasón, fillo de Aminadab; 8de Isacar, Natanael, fillo de Zuar; 9de Zabulón, Eliab, fillo de Helón;10Dos fillos de Xosé: de Efraín, Elisama, fillo de Amiud, e de Manasés, Gamaliel, fillo de Pedasur; 11de Benxamín, Abidán, fillo de Gedeoni;
1Non sacrificarás ao Señor o teu Deus boi ou cordeiro que teña defecto ou algunha imperfección, porque é cousa abominable ao Señor o teu Deus.2Se se atopa no medio de ti, en calquera das cidades que o Señor o teu Deus dáche, un home ou unha muller que fai o malo diante dos ollos do Señor o teu Deus, violando o seu pacto, 3e que vaia e sirva a outros deuses, adorándoos, ou adorando ao sol, á lúa ou a calqueira das hostes celestiais, o cal eu non mandei, 4e se cho din e oíches falar diso, farás unha investigación minuciosa. E velaquí, se é verdade e é certo o feito que esta abominación foi cometida en Israel,5entón sacarás ás túas portas a ese home ou a esa muller que cometeu esta mala acción; sacarás ao home ou á muller, e os apedrearás ata que morran. 6Ao que ha de morrer daráselle morte pola declaración de dous ou tres testemuñas; non se lle dará morte pola declaración dunha soa testemuña. 7A man das testemuñas caerá primeiro contra el para darlle morte, e despois a man de todo o pobo. Así quitarás o mal de no medio de ti.8Se un caso é demasiado difícil para que poidas xulgar, como diferentes clasea de homicidio, entre diferentes clases de preito e, ou diferentes clases de asalto e outra, sendo casos de litixio nas túas portas, levantarasche e subirás ao lugar que o Señor o teu Deus escolla, 9e virás ao sacerdote levita ou ao xuíz que oficie naqueles días, e inquirirás deles, e eles declararanche o fallo do caso.10E farás conforme aos termos da sentenza que che declaren desde aquel lugar que o Señor escolla; e coidarás de observar todo o que eles che ensinen. 11Segundo os termos da lei que eles che ensinen, e segundo a sentenza que che declaren, así farás; non te apartarás á dereita nin á esquerda da palabra que eles che declaren.12E o home que proceda con presunción, non escoitando ao sacerdote que está alí para servir ao Señor o teu Deus, nin ao xuíz, ese home morrerá; así quitarás o mal de no medio de Israel. 13Entón todo o pobo escoitará e temerá, e non volverá proceder con presunción.14Cando entres na terra que o Señor o teu Deus dáche, e posúala e habites nela, e digas: Poñerei un rei sobre min, como todas as nacións que me rodean, 15certamente poñerás sobre ti ao rei que o Señor o teu Deus escolla, a un de entre os teus irmáns poñerás por rei sobre ti; non poñerás sobre ti a un estranxeiro que non sexa irmán teu.16Ademais, o rei non terá moitos cabalos, nin fará que o pobo volva a Exipto para ter moitos cabalos, pois o Señor díxoche: Xamais volveredes por ese camiño. 17Tampouco terá moitas mulleres, non sexa que o seu corazón desvíese; tampouco terá grandes cantidades de prata ou ouro.18E sucederá que cando el sente sobre o trono do seu reino, escribirá para si unha copia desta lei nun libro, en presenza dos sacerdotes levitas. 19A terá consigo e a vai ler todos os días da súa vida, para que aprenda a temer ao Señor o seu Deus, observando coidadosamente todas as palabras desta lei e estes estatutos,20para que non se eleve o seu corazón sobre os seus irmáns e non se desvíe do mandamento nin á dereita nin á esquerda, co propósito de que prolongue os seus días no seu reino, el e os seus fillos, no medio de Israel.
1Os sacerdotes levitas, toda a tribo de Leví, non terán porción nin herdade co resto de Israel; comerán das ofrendas acendidas ao Señor e da súa porción. 2E non terán herdade entre os seus irmáns; o Señor é o seu herdade, como lles prometeu.3E leste será o dereito dos sacerdotes de parte do pobo, dos que ofrecen como sacrificio boi ou ovella: darán para o sacerdote a espaldilla, as quijadas e o callar. 4Daraslle as primicias do teu gran, do teu mosto, do teu aceite e do primeiro esquileo das túas ovellas. 5Porque o Señor o teu Deus escolleulle a el e aos seus fillos de entre todas as túas tribos, para que estea alí e sirva no nome do Señor, para sempre.6E se un levita sae dalgunha das túas cidades, de calquera parte de Israel en que resida, e chega con todo o desexo da súa alma ao lugar que o Señor escolla, 7el ministrará no nome do Señor o seu Deus, como todos os seus irmáns levitas que están alí diante do Señor. 8Comerán porcións iguais, excepto o que reciban da venda dos seus patrimonios.9Cando entres na terra que o Señor o teu Deus dáche, non aprenderás a facer as cousas abominables desas nacións. 10Non sexa achado en ti ninguén que faga pasar ao seu fillo ou á súa filla polo lume, nin quen practique adiviñación, 11nin hechicería, ou sexa agoreiro, ou feiticeiro, ou encantador, ou médium, ou espiritista, nin quen consulte aos mortos.12Porque calquera que fai estas cousas é abominable ao Señor; e por causa destas abominacións o Señor o teu Deus expulsará a esas nacións de diante de ti. 13Serás intachable diante do Señor o teu Deus. 14Porque esas nacións que vas desaloxar escoitan aos que practican hechicería e aos adivinos, pero a ti o Señor o teu Deus non cho permitiu.15Un profeta no medio de ti, dos teus irmáns, como eu, levantarache o Señor o teu Deus; a el oiredes. 16Isto é conforme a todo o que pediches ao Señor o teu Deus en Horeb o día da asemblea, dicindo: Non volva eu a oír a voz do Señor o meu Deus, non volva ver este gran lume, non sexa que morra.17E o Señor díxome: Ben falaron no que dixeron. 18Un profeta coma ti levantarei de entre os seus irmáns, e poñerei as miñas palabras na súa boca, e el lles falará todo o que eu lle mande. 19E sucederá que a calquera que non oia as miñas palabras que el ha de falar no meu nome, eu mesmo pedireille conta.20Pero o profeta que fale con presunción no meu nome unha palabra que eu non lle mandara falar, ou que fale no nome doutros deuses, ese profeta morrerá. 21E se dis no teu corazón: Como coñeceremos a palabra que o Señor non falou?.22Cando un profeta fale no nome do Señor, se a cousa non acontece nin se cumpre, esa é palabra que o Señor non falou; con arrogancia falouna o profeta; non terás temor del.
1Cando o Señor o teu Deus destrúa as nacións cuxa terra o Señor o teu Deus dáche, e as desaloxe, e habites nas súas cidades e nas súas casas, 2reservarás tres cidades no medio da túa terra que o Señor o teu Deus dáche en posesión. 3Prepararás os camiños, e dividirás en tres partes o territorio da túa terra que o Señor o teu Deus dache en posesión, para que fuxa alí todo homicida.4E este será o caso do homicida que fuxa alí e viva: cando mate ao seu amigo sen querer, sen odialo anteriormente 5(como cando un home vai ao bosque co seu amigo para cortar leña, e a súa man blande o machada para cortar a árbore, e o ferro salta do mango e golpea ao seu amigo, e este morre), el pode fuxir a unha destas cidades e vivir;6non sexa que o vengador do sangue no furor da súa ira persiga ao homicida, e alcánceo porque o camiño é longo, e quítelle a vida aínda que el non merecía a morte, porque non o odiaba anteriormente. 7Por tanto, mándoche, dicindo: Reservarás para ti tres cidades.8E se o Señor o teu Deus alarga o teu territorio, como xurou aos teus pais, e dáche toda a terra que prometeu dar aos teus pais 9(se gardas coidadosamente todos estes mandamentos que che mando hoxe, de amar ao Señor o teu Deus e de andar sempre nos seus camiños), entón te engadirás tres cidades máis, ademais destas tres. 10Para que non se derrame sangue inocente no medio da túa terra que o Señor o teu Deus dáche por herdade, e non sexas culpable de derramar sangue.11Pero se hai un home que odia ao seu próximo, e o asexa, levántase contra el, féreo, e este morre, e despois el foxe a unha destas cidades, 12entón os anciáns da súa cidade enviarán a sacalo de alí, e entregarano en man do vengador do sangue para que morra. 13Non terás piedade del; mais limparás de Israel o sangue do inocente, para que che vaia ben.14Non moverás os lindeiros do teu próximo, fixados polos antepasados, na herdanza que recibirás na terra que o Señor o teu Deus dáche en posesión.15Non se levantará unha soa testemuña contra un home por calquera iniquidade ou por calquera pecado que cometese; o caso será confirmado polo testemuño de dous ou tres testemuñas. 16Se unha testemuña falsa levántase contra un home para acusarlle de transgresión,17os dous litigantes presentaranse diante do Señor, diante dos sacerdotes e dos xuíces que haxa neses días. 18E os xuíces investigarán minuciosamente; e se a testemuña é unha testemuña falsa e acusou ao seu irmán falsamente, 19entón farédeslle a el o que el tentaba facer ao seu irmán. Así quitarás o mal de no medio de ti.20Os demais oirán e temerán, e nunca máis volverán facer unha maldade semellante no medio de ti. 21E non terás piedade: vida por vida, ollo por ollo, dente por dente, man por man, pé por pé.
1Cando saias á batalla contra os teus inimigos e vexas cabalos e carros, e pobo máis numeroso que ti, non teñas temor deles; porque o Señor o teu Deus que che sacou da terra de Exipto está contigo.2E sucederá que cando vos acheguedes á batalla, o sacerdote chegará e falará ao pobo, 3e diralles: «Oe, Israel, hoxe vos achegades á batalla contra os vosos inimigos; non desmaye o voso corazón; non temades nin vos alarmedes, nin vos aterroricedes diante deles, 4porque o Señor o voso Deus é o que vai convosco, para pelexar por vós contra os vosos inimigos, para salvarvos».5E os oficiais falarán ao pobo, dicindo: «Quen é o home que edificou unha casa nova e non a estreou? Que salga e regrese á súa casa, non sexa que morra na batalla e outro a estree.6Quen é o home que plantou unha viña e non tomou aínda do seu froito? Que salga e regrese á súa casa, non sexa que morra na batalla e outro goce do seu froito. 7E quen é o home que está comprometido cunha muller e non se casou? Que salga e regrese á súa casa, non sexa que morra na batalla e outro case con ela.8Entón os oficiais falarán outra vez ao pobo, e dirán: Quen é home medroso e de corazón apocado? Que salga e regrese á súa casa para que non faga desfallecer o corazón dos seus irmáns como desfallece o corazón seu. 9E sucederá que cando os oficiais acaben de falar ao pobo, nomearán capitáns de tropas á cabeza do pobo.10Cando te achegues a unha cidade para pelexar contra ela, ofreceraslle primeiro a paz. 11E sucederá que se ela está de acordo en facer a paz contigo e ábreche as súas portas, entón todo o pobo que se atopa nela estará suxeito a ti para traballos forzados e servirache.12Con todo, se non fai a paz contigo, senón que emprende a guerra contra ti, entón cercarala. 13Cando o Señor o teu Deus entréguea na túa man, ferirás a fío de espada a todos os seus homes.14Só as mulleres e os nenos, os animais e todo o que haxa na cidade, todos os seus refugallos, tomarás para ti como botín. Comerás do botín dos teus inimigos, que o Señor o teu Deus deuche. 15Así farás a todas as cidades que están moi lonxe de ti, que non sexan das cidades destas nacións próximas.16Pero nas cidades destes pobos que o Señor o teu Deus dáche en herdade, non deixarás con vida nada que respire, 17senón que os destruirás por completo: aos hititas, amorreos, cananeos, ferezeos, heveos e jebuseos, tal como o Señor o teu Deus mandouche, 18para que eles non vos ensinen a imitar todas as abominacións que eles fixeron cos seus deuses e non pequedes contra o Señor o voso Deus.19Cando cerques unha cidade por moitos días, pelexando contra ela para tomala, non destruirás as súas árbores metendo o machada contra eles; non os tallarás, pois deles podes comer. Porque, é seica a árbore do campo un home para que lle poñas sitio? 20Só as árbores que sabes que non dan froito poderás destruír e tallar, para construír máquinas de sitio contra a cidade que está en guerra contigo, ata que caia.
1Se na terra que o Señor o teu Deus dáche para que a posúas, fora atopado alguén asasinado, tendido no campo, e non se sabe quen o matou, 2entón os teus anciáns e os teus xuíces irán e medirán a distancia ás cidades que están ao redor do morto.3E sucederá que os anciáns da cidade máis próxima ao lugar onde foi atopado o morto, tomarán da manda un xato que non traballase e que non levase xugo; 4e os anciáns desa cidade traerán ao xato a un val de augas perennes, o cal non fose arado nin sementado, e crebarán a cerviz do xato alí no val.5Entón achegaranse os sacerdotes, fillos de Leví, porque o Señor o teu Deus escolleunos para servirlle e para bendicir no nome do Señor, e eles decidirán todo litixio e toda ofensa;6e todos os anciáns da cidade máis próxima ao lugar onde foi atopado o morto, lavarán as súas mans sobre o xato cuxa cerviz foi crebada no val; 7e responderán e dirán: As nosas mans non derramaron este sangue, nin os nosos ollos viron nada.8Perdoa ao teu pobo Israel, ao cal redimíches, oh Señor, e non imputes o sangue inocente ao teu pobo Israel. E a culpa do sangue seralles perdoada. 9Así limparás a culpa de sangue inocente no medio de ti, cando fagas o que é recto aos ollos do Señor.10Cando saias á guerra contra os teus inimigos, e o Señor o teu Deus entrégueos nas túas mans, e os tome en cativerio, 11e vexas entre os cativos unha muller fermosa, e deséxela, e tómela para ti por muller, 12traerala á túa casa, e ela rasurarase a cabeza e cortarase as súas uñas.13Tamén se quitará o vestido do seu cativerio, permanecerá na túa casa e chorará polo seu pai e pola súa nai por todo un mes; despois diso poderás chegarche a ela e ser o seu marido, e ela será a túa muller. 14Pero sucederá que se non che agrada, deixarala ir onde queira; mais certamente non a venderás por diñeiro, nin a maltratarás, porque a humillaches.15Se un home ten dúas mulleres, unha amada e outra aborrecida, e tanto a amada como a aborrecida déronlle fillos, se o primoxénito é da aborrecida, 16o día que reparta o que ten entre os seus fillos, non pode el facer primoxénito ao fillo da amada con preferencia ao fillo da aborrecida, que é o primoxénito, 17senón que recoñecerá ao primoxénito, ao fillo da aborrecida, dándolle unha porción dobre de todo o que ten, porque el é o principio do seu vigor; a el pertence o dereito de primoxenitura.18Se un home ten un fillo terco e rebelde que non obedece ao seu pai nin á súa nai, e cando o castigan, nin aínda así failles caso, 19o pai e a nai tomarano e levarano fóra aos anciáns da súa cidade, á porta da súa cidade natal,20e dirán aos anciáns da cidade: Este fillo noso é terco e rebelde, non nos obedece, é glotón e borracho. 21Entón todos os homes da cidade o apedrearán ata que morra; así quitarás o mal de no medio de ti, e todo Israel oirá isto e temerá.22E se un home cometeu pecado digno de morte, e déuselle morte, e colgáchelo dunha árbore, 23o seu corpo non colgará da árbore toda a noite, senón que certamente enterraralo o mesmo día (pois o colgado é maldito de Dios), para que non contamines a terra que o Señor o teu Deus dáche en herdade.
1Non verás extraviado o boi do teu irmán[a], ou a súa ovella, sen que te ocupes deles; sen falta levaralos ao teu irmán. 2E se o teu irmán non vive preto de ti, ou se non o coñeces, entón traeralo á túa casa, e estará contigo ata que o teu irmán o búsque; entón llo devolverás.3Así farás co seu asno, e así mesmo farás co seu vestido; o mesmo farás con calquera cousa perdida que o teu irmán perdese e que ti aches. Non che é permitido ignoralos. 4Non verás o asno do teu irmán, ou o seu boi, caído no camiño sen ocuparche deles; sen falta axudaraslle a levantalos.5A muller non vestirá roupa de home, nin o home poñerase roupa de muller; porque calquera que fai isto é abominación ao Señor o teu Deus.6Se atopas un niño de paxaros polo camiño, nunha árbore ou na terra, con pitos ou con ovos, e a nai botada sobre os pitos ou sobre os ovos, non tomarás a nai cos fillos; 7sen falta deixarás ir á nai, mais aos fillos pódelos tomar para ti, para que che vaia ben e prolongues os teus días.8Cando edifiques casa nova, faraslle un muro á túa azotea, para que non traias culpa de sangue sobre a túa casa se algún caese dela.9Non sementarás o teu viña con dúas clases de semente, non sexa que todo o froito da semente que sementases e o produto da viña queden inservibles. 10Non ararás con boi e asno xuntos. 11Non vestirás roupa de material mesturado de la e liño.12Faraste borlas nas catro puntas do manto con que te cubras.13Se un home toma a unha muller e chégase a ela, e despois a aborrece, 14e acúsaa de actos vergoñosos e a difama publicamente, dicindo: Tomei a esta muller, pero ao chegarme a ela non a atopei virxe,15entón o pai e a nai da moza tomarán as probas da virxindade da nova e levaranas aos anciáns da cidade, á porta.16E o pai da moza dirá aos anciáns: «Dei a miña filla por muller a este home, pero el a aborreció; 17e velaquí, el atribúelle actos vergoñosos, dicindo: “Non atopei virxe á túa filla”. Pero esta é a proba da virxindade da miña filla. E estenderán a roupa diante dos anciáns da cidade.18E os anciáns da cidade tomarán ao home e castigarano, 19e poñeranlle unha multa de cen siclos de prata, que darán ao pai da nova, porque difamó publicamente a unha virxe de Israel. E ela seguirá sendo a súa muller; non poderá despedila en todos os seus días.20Pero se o asunto é verdade, que a moza non foi atopada virxe, 21entón levarán á moza á porta da casa do seu pai, e os homes da súa cidade a apedrearán ata que morra, porque ela cometeu unha infamia en Israel prostituíndose na casa do seu pai; así quitarás o mal de no medio de ti.22Se se atopa a un home deitado cunha muller casada, os dous morrerán, o home que se deitou coa muller, e a muller; así quitarás o mal de Israel.23e hai unha moza virxe que está comprometida a un home, e outro home atópaa na cidade e déitase con ela, 24entón levaredes aos dous á porta desa cidade e os apedrearédes ata que morran; a nova, porque non deu voces na cidade, e o home, porque violou á muller do seu próximo; así quitarás o mal de no medio de ti.25Pero se o home atopa no campo á moza que está comprometida, e o home a forza e déitase con ela; entón morrerá só o que se deita con ela, 26non farás nada á nova; non hai no novo pecado digno de morte, porque como cando un home levántase contra o seu veciño e mátao, así é este caso; 27cando el atopouna no campo, a nova comprometida deu voces, pero non había ninguén que a salvase.28Se un home atopa a unha moza virxe que non está comprometida, e apodérase dela e déitase con ela, e son descubertos, 29entón o home que se deitou con ela dará cincuenta siclos de prata ao pai da nova, e ela será a súa muller porque a violou; non poderá despedila en todos os seus días.30Ningún tomará á muller do seu pai para que non descubra a vestidura do seu pai.
1Despois da morte de Xosué, os fillos de Israel consultaron a Iahveh, dicindo: -Quen de nós subirá primeiro a pelexar contra os cananeos? 2E Iahveh dixo: -Xudá subirá; velaí, Eu entreguei a terra na súa man. 3Entón Xudá dixo ao seu irmán Simeón: -Sube comigo á terra da miña herdanza, e pelexemos contra os cananeos; entón eu tamén irei contigo á túa terra. E Simeón subiu con el.4Subiu, pois, Xudá, e Iahveh entregou nas súas mans o cananeo e o ferezeo, e feriron deles en Bezec a dez mil homes. 5Encontraron a Adoni-bezec en Bezec, e loitaron contra el, e derrotaron o cananeo e o ferezeo.6Cando Adoni-Bezec fuxiu, perseguírono e prendérono, e cortáronlle os polgares das mans e as dedas dos pés. 7Entón dixo Adoni-Bezec: -Setenta reis, aos que lles cortaran os polgares das mans e as dedas dos pés, recolleron as migallas debaixo da miña mesa; como eu fixen, así me pagou Deus. E levárono a Xerusalém, e morreu alí.8E os fillos de Xudá loitaron contra Xerusalém e tomárona, e mataron os seus habitantes ao fío da espada, e incendiaron a cidade. 9Despois baixaron os fillos de Xudá para loitar contra os cananeos que vivían no monte, no Negue e no val. 10Entón Xudá saíu contra o cananita que vivía en Hebrón (antes o nome de Hebrón era Quiriat-Arba); e feriron a Sesai, a Ahimán e a Talmai.11De alí foi aos que vivían en Debir, que antes se chamaba Quiriat-Sefer. 12E dixo Caleb: -A quen ataque Quiriat-Sefer e a tome, eu dareille a miña filla Acsa por muller 13E Otoniel, fillo de Cenaz, irmán máis novo de Caleb, tomóuna, e el deulle a súa filla Acsa por muller.14E aconteceu que cando ela foi con el, el persuadiuna para que lle pedira a seu pai un campo. Entón ela baixou do burro, e Caleb díxolle: -Que tes? 15E ela respondeulle: -Dáme un regalo, xa que me deches a terra do Negueb, dáme tamén fontes de auga. Entón Caleb deulle as fontes superiores e as fontes inferiores.16E os fillos do ceneo *quineu*, sogro de Moisés, subiron da cidade das palmas cos fillos de Xudá ao deserto de Xudá que está no Negueb, preto de Arad; e foron e viviron co pobo. 17E saíu Xudá co seu irmán Simeón, e derrotaron ao cananita que vivía en Sefat, e arrasaron a cidade; e puxéronlle por nome Horma.18Xudá tomou tamén Gaza cos seus territorios, Ascalón cos seus territorios e Ecrón cos seus territorios. 19E Iahveh estaba con Xudá, e el expulsou os da rexión montañosa, pero non puido expulsar os habitantes do val, porque tiñan carros de ferro.20E como Moisés dixera, deron Hebrón a Caleb, e el botou de alí os tres fillos de Anac. 21Pero os fillos de Benxamín non expulsaron os iebuseos que vivían en Xerusalém; e os iebuseos viviron cos fillos de Benxamín en Xerusalém ata hoxe.22Tamén a casa de Xosé subiu contra Betel, e Iahveh estaba con eles. 23E os da casa de Xosé puxeron espías en Betel, que antes se chamaba Luz. 24Os espías viron a un home que saía da cidade, e dixéronlle: -Ensínanos a entrada á cidade, e amosarémosche misericordia.25E el mostroulles a entrada da cidade, e ferírona a espada, pero deixaron marchar ao home e a todos os seus. 26E o home foi á terra dos hititas, e edificou unha cidade e chamouna Luz; ese é o seu nome ata hoxe.27Pero Manasés non expulsou os que vivían en Bet-seán e as súas aldeas, nin os que vivían en Taanac e as súas aldeas, nin os que vivían en Dor e as súas aldeas, nin os que vivían en Ibleam e as súas aldeas, nin os que vivían en Meguido e as súas aldeas; e o cananita continuou a vivir naquela terra. 28Mais cando Israel se sentiu forte, fixo que o cananita fose tributario, pero non o botou fóra.29Tampouco Efraín expulsou o cananita que vivía en Gezer; senón que o cananita viviu no medio del, en Gezer.30Zabulón tampouco expulsou os habitantes de Quitrón nin os habitantes de Naalal; senón que o cananita viviu no medio del, e chegou a ser obrigado a pagar impostos.31Tampouco Aser expulsou os habitantes de Aco, nin os habitantes de Sidón, nin os de Ahlab, nin os de Aczib, nin os de Helba, nin os de Afec, nin os de Rehob. 32E Aser viviu entre os cananeos que vivían naquela terra, pois non os expulsou.33Tampouco Neftalí expulsou os habitantes de Bet-Semes nin os habitantes de Bet-Anat; senón que viviu entre os cananeos que vivían na terra; pero os habitantes de Bet-Semes e os habitantes de Bet-Anat foron tributarios para el.34E os amorreos perseguiron os fillos de Dan ata o monte, e non os deixaron baixar ao val. 35E os amorreos continuaron a habitar no monte Heres, en Aialón e en Saalbim; pero cando a casa de Xosé se fixo forte, fíxoos tributarios. 36E o límite dos amorreos ía dende o ascenso de Acrabim, dende Sela cara arriba.
1O anxo de Iahveh subiu de Gilgal a Boquim, e dixo: -Eu fíxenvos saír de Exipto, e trouxenvos á terra que xurei aos vosos pais e dixen: non quebrantarei o meu pacto convosco; 2pero vós fixestes pacto cos habitantes desta terra; e deberiades ter derrubado os seus altares. Non obedecestes a miña voz. Por que fixestes isto?3Por iso eu tamén digo: non os botarei fóra da vosa presenza, senón que serán azoutes para os vosos costados, e os seus deuses tropezo para vós. 4Aconteceu que cando o anxo do Iahveh falou estas palabras a todos os fillos de Israel, o pobo levantou a voz e chorou. 5Por iso chamaron a aquel lugar Boquim, e ofreceron alí sacrificios a Iahveh.6Cando Xosué despediu o pobo, os fillos de Israel foron cada un á súa herdanza para posuíla. 7E o pobo serviu a Iahveh todos os días de Xosué, e todos os días dos anciáns que sobreviviran a Xosué e que viran toda a gran obra que Iahveh fixera por Israel. 8Morreu Xosué, fillo de Nun, servo de Iahveh, tendo cento dez anos.9E sepultárono na súa herdanza en Timnat-Sera, na rexión montañosa de Efraín, ao norte do monte Gaas. 10E toda aquela xeración tamén foi reunida cos seus pais; e levantouse outra xeración despois deles que non coñecía a Iahveh nin a obra que fixera por Israel.11Entón os fillos de Israel fixeron o malo aos ollos do Iahveh, e serviron aos baales. 12E abandonaron a Iahveh, Deus dos seus pais, que os sacara da terra de Exipto; e foron tras doutros deuses, e serviron aos deuses dos pobos que estaban arredor deles; e provocaron a ira de Iahveh. 13E deixaron a Iahveh e serviron a Baal e a Astarot.14E acendeuse a ira de Iahveh contra Israel, e entregounos en mans de saqueadores que os saquearon e vendeunos en mans dos seus inimigos arredor, e non puideron manterse máis en pé diante dos seus inimigos. 15Onde queira que saían, a man de Iahveh estaba contra eles para o mal, como Iahveh dixera, e como Iahveh lles xurara; e tiveron grande padecemento.16Entón Iahveh levantou xuíces que os salvaron da man dos que os despoxaban; 17pero eles tampouco escoitaron os seus xuíces, senón que se prostituíron atrás de deuses estranxeiros e adoráronos; desviáronse deseguida do camiño no que camiñaron os seus pais ao obedecer os mandamentos de Iahveh; mais eles non fixeron así.18E cando Iahveh lles levantaba xuíces, Iahveh estaba co xuíz e librábaos das mans dos seus inimigos todo o tempo do xuíz; porque Iahveh tiña compaixón deles cando xemían por mor de quen os maltrataba e os oprimía. 19E sucedía que cando morría o xuíz, eles volvían atrás e corrompíanse máis que os seus pais, seguindo a deuses estranxeiros para servilos e inclinarse diante deles; e non se afastaban das obras deles nin do seu camiño obstinado.20Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Israel, e dixo: "Porque este pobo transgrediu o meu pacto que mandei aos seus pais e non obedeceu a miña voz, 21eu tamén non volverei botar fóra de diante deles a ningunha das nacións que Xosué deixou cando morreu; 22para probar por medio delas a Israel, por se procurarían ou non seguir no camiño de Iahveh, andando nel como o seguiron os seus pais. 23Por iso Iahveh deixou a estas nacións sen expulsalas dunha vez, e non as entregou nas mans de Xosué.
1Estas son as nacións que Iahveh deixou para probar con elas a Israel, os que non tiñan coñecido ningunha das guerras de Canaán: 2(só para que a descendencia dos fillos de Israel coñecera a guerra, e para ensinala aos que antes non a coñeceran): 3os cinco príncipes dos filisteos, e todos os cananeos, os sidonios e os heveos que vivían no monte Líbano, dende o monte Baal-Hermón ata a Hamat.4Quedaron pois, para probar con eles a Israel, para saber se obedecerían os mandamentos de Iahveh que El mandara aos seus pais por medio de Moisés. 5E os fillos de Israel vivían entre os cananeos, os hititas, os amorreos, os ferezeos, os heveos e os iebuseos. 6E tomaron de entre as súas fillas as súas mulleres, e deron as súas fillas aos seus fillos, e serviron os seus deuses.7E os fillos de Israel fixeron o malo aos ollos de Iahveh, e esquecéronse de Iahveh o seu Deus, e serviron os baales e os ídolos sagrados. 8Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Israel, e vendeunos en man de Cusan-Risataim, rei de Mesopotamia; e os fillos de Israel serviron a Cusan-Risataim oito anos.9Entón os fillos de Israel clamaron a Iahveh, e Iahveh levantou un liberador para os fillos de Israel e rescatounos, a Otoniel, fillo de Cenaz, irmán máis novo de Caleb. 10Entón o Espírito de Iahveh veu sobre el con forza, e xulgou a Israel. E saíu á batalla, e Iahveh entregou na súa man a Cusan-Risataim, rei de Siria; e a súa man prevaleceu contra Cusan-Risataim. 11E a terra descansou corenta anos, e morreu Otoniel, fillo de Cenaz.12E os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh; e Iahveh fortaleceu a Eglón, rei de Moab, contra Israel, porque fixeron o malo aos ollos de Iahveh. 13El reuniu con el os fillos de Amón e de Amalec, e foi e atacou a Israel, e tomou a cidade das palmeiras. 14E os fillos de Israel serviron a Eglón, rei de Moab, dezaoito anos.15E os fillos de Israel clamaron a Iahveh, e Iahveh levantoulles un libertador: Aod, fillo de Gera, benxamita, home zurdo. E os fillos de Israel mandaron un regalo con el a Eglón, rei de Moab.16E Aod fixo para si un puñal de dobre fío, dun cóbado de lonxitude, e cinguíuno por debaixo dos seus vestidos ao seu costado dereito. 17E entregou o regalo a Eglón, rei de Moab; e Eglón era un home moi gordo. 18E cando rematou de entregar o regalo, despediu a multitude que o trouxera.19Mais el volveu dende xunto aos ídolos que estaban en Gilgal, e dixo: -Ó rei! teño unha palabra segreda para ti. E el dixo: -Cala! E todos os que estaban con el saíron de diante del. 20Achegouse a el Aod (estando el sentado só no seu apousento de verán). E Aod dixo: -Teño unha palabra de Deus para ti. Entón el ergueuse da cadeira.21Entón Aod estendeu a súa man esquerda e colleu o coitelo do seu costado dereito, e traspasouno polo ventre, 22de xeito que a empuñadura entrou detrás da folla, e a gordura cubriu a folla porque non puido sacar o puñal do seu ventre; e saíron os excrementos. 23Entón Aod saíu ao corredor e pechou detrás del as portas da sala e asegurounas co pecho.24Cando el saíu, viñeron os servos do rei, e cando viron que as portas do apousento estaban pechadas, dixeron: -Certamente está facendo as súas necesidades na sala. 25E agardaron ata que quedaron desconcertados, porque el non abría as portas do apousento alto; entón colleron a chave e abriron, e velaí que o seu señor estaba morto no chan.26Pero mentres eles agardaban, Aod fuxiu, e pasando os ídolos, saíu a Seirat. 27Cando entrou, tocou o corno na rexión montañosa de Efraín; e os fillos de Israel baixaron do monte con el, e el ía diante deles.28E díxolles: -Seguídeme, porque Iahveh entregou os moabitas, os vosos inimigos, nas vosas mans! E eles baixaron tras del e tomaron os baixíos do Xordán cara a Moab, e non deixaron pasar a ninguén. 29E naquel tempo mataron de Moab uns dez mil homes, todos valentes e homes de guerra; non fuxiu nin un só. 30Así foi humillado Moab ese día baixo a man de Israel, e a terra tivo paz por oitenta anos.31Despois del foi Samgar, fillo de Anat, que feriu a seiscentos homes dos filisteos cunha aguillada de bois; el tamén salvou a Israel.
1Despois da morte de Aod, os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh. 2E Iahveh entregounos na man de Iabín, rei de Canaán, que reinaba en Hazor; e o capitán do seu exército chamábase Sísera, que vivía en Haroset-goim. 3E os fillos de Israel clamaron a Iahveh, porque aquel tiña novecentos carros de ferro, e oprimiu cruelmente os fillos de Israel por vinte anos.4Naquel tempo Israel era xulgado por unha muller, Débora, profetisa, muller de Lapidot. 5Ela adoitaba sentar debaixo da palmeira de Débora, entre Rama e Betel, na rexión montañosa de Efraín; e os fillos de Israel subían a ela para recibir xuízo.6E ela mandou chamar a Barac, fillo de Abinoam de Cedes de Neftalí, e díxolle: -Non te mandou Iahveh, Deus de Israel, dicindo: "Vai, xunta ao teu pobo no monte Tabor, e toma contigo dez mil homes da tribo de Neftalí e da tribo de Zabulón? 7E eu atraerei a ti ao arroio de Cisón a Sísera, comandante do exército de Iabín, cos seus carros e o seu pobo, e entregareino na túa man.8E Barac díxolle: -Se ti vas comigo, entón irei; pero se non vas comigo, non irei. 9E ela dixo: -Irei contigo, pero a gloria da viaxe que vas facer non será túa, porque no día no que fagas isto, Iahveh entregará a Sísera nas mans dunha muller. Entón Débora ergueuse e subiu con Barac a Cedes.10E Barac reuniu a Zabulón e a Neftalí en Cedes, e subiron dez mil homes seguindo os seus pasos; e Débora subiu con el.11Pero Heber o ceneo, dos fillos de Hobab, sogro de Moisés, tiñase afastado dos ceneos e plantara as súas tendas no val de Zaanaím, que está xunto a Cedes.12Cando chegaron as novas a Sísera, de que Barac, fillo de Abinoam, subira ao monte Tabor, 13Sísera reuniu todos os seus carros, novecentos carros de ferro e todo o pobo que estaba con el, dende Haroset-Goim ata o arroio de Cisón.14Entón Débora díxolle a Barac: -Érguete, porque este é o día en que Iahveh entregará a Sísera nas túas mans. Non saíu Iahveh diante de ti? E Barac baixou do monte Tabor e dez mil homes tras del.15E Iahveh destruíu a Sísera , con todos os seus carros e todo o seu exército, a espada diante de Barac; e Sísera baixou do carro e fuxiu a pé. 16E Barac perseguiu os carros e o pobo ata Haroset-Goim; e todo o exército de Sísera caeu a espada, ata que non quedou nin un só.17E Sísera fuxiu a pé á tenda de Xael, muller de Heber cenita; porque había paz entre Iabín, rei de Hazor, e a casa de Heber ceneo. 18Entón Xael saíu ao encontro de Sísera, e díxolle: -Sae, meu señor, ven a min; non temas. E el entrou xunto dela á tenda, e ela cubriuno cun manto.19E el díxolle: -Rógoche que me deas a beber un pouco de auga, pois teño sede. Entón ela abriu un odre de leite e deulle a beber, e cubriuno outra vez. 20E díxolle el: -Fica á entrada da tenda, e se alguén vén e te pregunta, dicindo: hai alguén aquí? Dirás: non.21Pero Xael, muller de Heber, colleu unha estaca da tenda e puxo un mazo na súa man, e achegóuselle paseniño, e chantoulle a estaca nas tempas, e caeu no chan; e el que estaba profundamente esgotado; morreu. 22Cando Barac foi á persecución de Sísera, Xael saíu ao seu encontro e díxolle: -Ven e eu vouche amosar o home que buscas. E el entrou onde ela estaba, e velaí que Sísera estaba deitado morto coa estaca nas tempas.23Así derrotou Deus ese día a Iabín, rei de Canaán, diante dos fillos de Israel. 24E a man dos fillos de Israel seguiu endurecéndose contra Iabín, rei de Canaán, ata que o destruíron.
1Ese día Débora e Barac, fillo de Abinoam, cantaron, dicindo: 2Porque se puxeron na frente dos caudillos en Israel, porque o pobo se ofreceu voluntariamente, louvade a Iahveh!3Escoitade, reis; prestade atención, príncipes; eu, eu cantarei a Iahveh;cantarei salmos a Iahveh, Deus de Israel! 4Iahveh, cando saíches de Seir, cando saíches dos campos de Edom, a terra tremeu, e os ceos derramaron, e as nubes gotearon auga.5Tremeron os montes diante de Iahveh, mesmo o Sinai, ante a presencia de Iahveh, o Deus de Israel. 6Nos días de Samgar, fillo de Anat, nos días de Xael, os camiños foron abandonados; e os que ían polos vieiros afastábanse por camiños torcidos.7Os gobernantes quedaron abandonados en Israel, quedaron en ruínas ata que eu, Débora, me levantei;púxenme en pé coma unha nai en Israel! 8Cando eles escollían novos deuses, a guerra estaba ás portas; víase escudo ou lanza entre corenta mil en Israel. Louvade a Iahveh!9O meu corazón está para vós, príncipes de Israel, para os que vos ofrecestes voluntariamente de entre o pobo diante de Iahveh,o mesmo Sinai, diante de Iahveh, Deus de Israel. 10Vós que montades asnos brancos, os que presidides no xuízo, e vós que viaxades, meditade.11Lonxe do balbordo dos arqueiros, nos bebedeiros, alí contarán os triunfos de Iahveh,os triunfos das súas aldeas en Israel. Cando o pobo de Iahveh acudiu ás portas.12Esperta, esperta, Débora! Esperta, esperta, e canta! Érguete, Barac, leva os teus prisioneiros, fillo de Abinoam! 13Remanente, somete os poderosos! O pobo de Iahveh somete os guerreiros!14De Efraín viñeron os que se prederon en Amalec; detrás de ti, Benxamín, entre os teus pobos; de Maquir descenderon os príncipes, e de Zabulón os que tiñan vara de mando.15Os príncipes de Isacar foron con Débora; e Isacar saíu a pé xunto con Barac ao val. E entre as familias de Rubén houbo grandes resolucións de corazón.16Que fai sentado entre os rabaños, escoitando as frautas dos pastores? Entre as familias de Rubén houbo grandes deliberacións do corazón.17Galaad repousou alén do Xordán; e Dan, por que quedou xunto aos barcos? Aser sentouse á beira do mar, e ficou tranquilo nos seus portos. 18O pobo de Zabulón arriscou a súa vida para morrer, e Neftalí nas alturas do campo.19Viñeron reis e loitaron; entón loitaron os reis de Canaán, en Taanac, xunto as augas de Meguido; pero non se quedaron cos despoxos da prata. 20Dende o ceo loitaron as estrelas, dende as súas órbitas loitaron contra Sísera.21O arroio de Cisón, o arroio antigo, o arroio de Cisón, varreunos. Marcha, a miña alma con poder! 22Entón resoaron os cascos dos cabalos polo galope, polo galope dos seus heroes.23Maldicide a Meroz! Di o anxo de Iahveh; maldicide con severidade os seus habitantes, porque non viñeron na axuda de Iahveh, na axuda de Iahveh contra os valentes.24Bendita entre as mulleres sexa Xael, muller de Heber ceneo; entre as mulleres da tenda bendita sexa en grande maneira! 25El pediu auga, ela deulle leite; e nun tazón de nobres presentoulle callada.26Estendeu a súa man ao estadullo, e a súa dereita ao martelo dos obreiros, e feriu a Sísera ;feriu a súa testa, perforoulle as tempas. 27Caeu inclinado aos pés dela, caeu, quedou tendido aos seus pés; onde se inclinou, alí caeu morto.28A nai de Sísera asomou pola fiestra, berrou polas celosías: por que tarda o seu carro en vir? Por que pararon as rodas dos seus carros?29As máis sabias das súas mulleres respondíanlle, e ela respondía para si: 30xa atoparon o botín e están a repartilo? A cada un unha moza, ou dúas; as vestiduras de moitas cores para Sísera, as vestiduras de moitas cores bordadas; as vestiduras de moitas cores bordadas para os príncipes que levaron o botín.31Así perezan todos os teus inimigos, Iahveh! E os que te aman sexan coma o sol cando sae en toda a súa forza.
1E os fillos de Israel fixeron o malo aos ollos de Iahveh; e Iahveh entregounos nas mans de Madián por sete anos. 2E a man de Madián prevaleceu contra Israel. E os fillos de Israel, por mor dos madianitas, fixeron para si covas nos montes e covas e lugares fortificados.3Porque sucedía que cando Israel sementaba, subían os madianitas, os amalecitas e os fillos do oriente contra eles, e subían e atacábanos. 4E acampaban na frente deles, e destruían os froitos da terra ata Gaza; e non deixaban alimento a Israel, nin ovellas, nin bois, nin asnos.5Porque eles subían cos seus animais e coas súas tendas en multitude coma lagostas; e eles e os seus camelos eran innumerables, e viñan á terra para destruíla. 6E Israel quedou moi pobre por culpa de Madián; e os fillos de Israel clamaron a Iahveh.7E aconteceu que cando os fillos de Israel clamaron a Iahveh por mor dos madianitas, 8Iahveh mandou un profeta aos fillos de Israel, e díxolles: -Así di Iahveh, Deus de Israel: Eu fíxenvos subir de Exipto, e saqueivos da casa da escravitude.9E rescateivos da man dos exipcios e da man de todos os que vos oprimían; e boteinos de diante de vós, e deivos a súa terra; 10e díxenvos: Eu son Iahveh o voso Deus; non temades os deuses dos amorreos, da terra da que vivides. Pero vós non obedecestes a miña voz.11E o anxo de Iahveh veu e sentou debaixo da aciñeira que está en Ofra, que pertencía a Ioas abiezerita. E o seu fillo Xedeón estaba a debullar trigo no lagar para agochalo dos madianitas. 12E o anxo de Iahveh aparecéuselle e díxolle: - Iahveh está contigo, home forte e valente.13E Xedeón díxolle: -Ai meu señor, se Iahveh está con nós, por que nos veu todo isto sobre nós? E onde están tódalas súas obras marabillosas que os nosos pais nos contaron, dicindo: non nos sacou Iahveh de Exipto? Mais agora Iahveh deixounos desamparados e entregounos nas mans dos madianitas.14Entón Iahveh mirouno, e díxolle: -coa forza que tes, vai, e salvarás a Israel da man de Madián. Non te estou a enviar eu? 15E el respondeulle: -Ai meu señor, con que librarei a Israel? Velaquí, a miña familia é a máis pobre de Manasés, e eu son o máis pequeno na casa do meu pai.16Pero Iahveh díxolle: -Certamente Eu estarei contigo, e derrotarás a Madián coma se fose un só home. 17E el respondeu: -Rógoche que se atopei graza diante dos teus ollos, me deas un sinal de que ti falas comigo. 18Non te vaias de aquí ata que eu volva a ti, saque a miña ofrenda e a poña diante de ti. E El dixo:-Agardarei ata que volvas.19Entón Xedeón entrou e preparou un cabrito e tortas sen lévedo dun efa de fariña; e puxo a carne nunha canastra e o caldo nunha pota; e sacouno e presentouno debaixo da aciñeira. 20E o anxo de Deus díxolle: -Toma a carne e os pans sen lévedo, e ponos sobre esta rocha, e verte o caldo. E así o fixo.21E o anxo de Iahveh estendeu o caxato que tiña na man, e tocou coa punta a carne e os pans sen lévedo; e subiu lume da rocha e consumiu a carne e os pans sen lévedo. E o anxo de Iahveh desapareceu da presenza del.22Vendo Xedeón que era o anxo de Iahveh, dixo: -Ai Señor Deus, que vin o anxo de Iahveh cara a cara! 23Pero Iahveh díxolle: -A paz sexa contigo; non temas, non morrerás. 24E Xedeón edificou alí un altar a Iahveh e chamouno Iahveh-Shalom; ese lugar está ata hoxe en Ofra dos abiezeritas.25E sucedeu que esa mesma noite Iahveh díxolle: -Toma un boi do fato do teu pai, o segundo boi de sete anos, e derrubarás o altar de Baal que ten o teu pai, e cortarás tamén a imaxe de Ashera que está xunto a el; 26E edifica un altar a Iahveh o teu Deus no cumio desta rocha, no lugar axeitado; e toma o segundo boi e ofréceo en holocausto coa madeira da Ashera que terás cortado.27Entón Xedeón colleu dez homes dos seus servos e fixo tal como Iahveh lle dixera; pero porque tiña medo de facelo de día, por mor da familia do seu pai e dos homes da cidade, fíxoo de noite.28Cando os homes da cidade se ergueron pola mañá, velaí que o altar de Baal estaba derrubado e que a Asera que estaba xunto a el fora cortada, e que o segundo boi fora ofrecido en holocausto sobre o altar edificado. 29E dixéronse un ao outro: -Quen fixo isto? E cando investigaron e preguntaron, dixeron: -Xedeón, fillo de Ioas, fixo isto. Entón os homes da cidade dixeron a Ioas*Ioás*:30Saca o teu fillo para que morra, porque derrubou o altar de Baal e cortou a Asera que estaba xunto a el.31Pero Ioas dixo a todos os que estaban ao seu derredor: -Vós defenderedes a Baal? Defenderedes a súa causa? O que o defenda, que morra esta mañá. Se é un deus, que loite por si mesmo co que derrubou o seu altar! 32Ese día chamaron a Xedeón, Ierubaal, isto é: loita contra Baal, porque derrubara o seu altar.33E reuníronse todos os madianitas, amalecitas e os fillos do oriente como un só, e cruzaron e acamparon no val de Izerel.34Entón o Espírito de Iahveh veu sobre Xedeón; e ao tocar el o corno, os abiezeritas reuníronse con el. 35E mandou mensaxeiros por todo Manasés, e eles tamén se reuniron con el; e mandou mensaxeiros a Aser, a Zabulón e a Neftalí, e eles saíron ao seu encontro.36Entón Xedeón dixo a Deus: -Se vas salvar a Israel pola miña man, como dixeches, 37velaí que eu vou poñer un vélaro de lá na eira; e se o orballo queda só no vélaro, e toda a terra queda seca, entón saberei que salvarás a Israel pola miña man, como dixeches.38E sucedeu así: ergueuse moi cedo, e espremeu o vélaro, e sacou dela o orballo, unha cunca chea de auga.39Entón Xedeón dixo a Deus: -Non se encha a túa ira contra min, e falarei aínda esta vez; só vou probar outra vez co vélaro. Rógoche que só quede seco o vélaro e que haxa orballo sobre o chan. 40E así o fixo Deus esa noite; só o vélaro ficou seca, e sobre toda a terra había orballo.
1Entón, erguéndose moi cedo, Ierubaal, é dicir, Xedeón, e todo o pobo que estaba con el, acamparon xunto á fonte de Harod; e o campamento dos madianitas estaba ao seu norte, máis aló do outeiro de More, no val.2E Iahveh díxolle a Xedeón: -o pobo que está contigo é moito para que Eu entregue os madianitas nas súas mans, non sexa que se gabe Israel contra min, dicindo: a miña man salvoume. 3Agora pois, anuncia aos oídos do pobo, dicindo: o que teña medo e estea a tremer, volva pola mañá dende o monte de Galaad. E devolvéronse dos do pobo, vinte e dous mil, e quedaron dez mil.4E Iahveh dixo a Xedeón: -Aínda hai moito pobo. Condúceos á auga e alí probareinos; e aquel de quen Eu che diga: este irá contigo, ese irá contigo; pero aquel de quen eu che diga: este non irá contigo, ese non irá.5Entón levou o pobo á auga; e Iahveh dixo a Xedeón: -o que lamba a auga coa súa lingua como lambe o can, a ese porás aparte; e do mesmo xeito o que se dobre sobre os seus xeonllos para beber. 6O número dos que lamberon a auga coa man á boca, foi de trescentos homes; pero todo o resto do pobo axeonllouse para beber auga.7Entón Iahveh dixo a Xedeón: -Con estes trescentos homes que lamberon a auga salvareivos, e entregarei os madianitas na túa man. Pero o resto do pobo, que se vaia cada un ao seu lugar. 8E tomou aquela xente as provisións nas súas mans, así como as súas trompetas, e despediu a todos os demais israelitas, cada un á súa tenda; pero retivo os trescentos homes. E el tiña o campamento de Madián embaixo no val.9E sucedeu que esa noite Iahveh díxolle: -Érguete, baixa ao campamento, porque Eu entrégoo nas túas mans. 10E se tes medo de baixar, baixa ti e Fura o teu servo ao campamento; 11e escoitarás o que están a falar; entón as túas mans serán fortalecidas para baixar contra o campamento. E el baixou co seu servo Fura á avanzada dos homes armados que estaban no campamento.12E os madianitas, os amalecitas e os fillos do oriente estaban estendidos no val como lagostas en multitude, e os seus camelos eran innumerables coma a area que está á beira do mar.13Cando Xedeón chegou, velaí que un home estaba contando un soño ao seu compañeiro, e dicíalle: -Olla, no meu soño vin un anaco de pan de cebada rodando ata o campamento de Madián; e chegou á tenda e golpeouna de tal xeito que caeu e desbaratouna de arriba a baixo de tal xeito que a tenda caeu. 14Entón o seu compañeiro respondeu e dixo: -Isto non é máis que a espada de Xedeón, fillo de Ioas, home de Israel; Deus entregou na súa man os madianitas con todo o campamento.15Cando Xedeón escoitou o relato do soño e a súa interpretación, adorou, e volveu ao campamento de Israel, e dixo: -Erguédevos, porque Iahveh entregou o campamento de Madián nas vosas mans. 16E dividiu os trescentos homes en tres grupos, e deulles a todos trompetas na man e canecos baleiros e fachos ardendo dentro dos canecos.17E díxolles: -Mirádeme, e facede como eu fago; velaí, cando eu chegue ao extremo do campamento, como eu fago, así faredes. 18Cando eu e todos os que están comigo toquemos a trompeta, vós tamén tocaredes as trompetas arredor de todo o campamento, e gritaredes: por Iahveh e por Xedeón!19Chegaron, pois, Xedeón e os cen homes que estaban con el ao extremo do campamento, no comezo da garda da medianoite, cando acababan de renovar as centinelas; e tocaron as trompetas e quebraron os canecos que tiñan nas súas mans.20Entón os tres grupos tocaron as trompetas, e ao quebrantar os canecos colleron na man esquerda os fachos ardendo e na dereita as trompetas coas que tocaban, e berraron: -Espada de Iahveh e de Xedeón! 21Eles permaneceron cada un no seu lugar arredor do campamento; e todo o campamento correu berrando e fuxindo.22E os trescentos tocaron as trompetas, e Iahveh puxo a espada de cada un contra o seu compañeiro en todo o campamento. E o pobo fuxiu ata Bet-Sita cara a Zerera e ata o límite de Abel-mehola en Tabat. 23Entón os homes de Israel, de Neftalí, de Aser e de todo Manasés, reuníronse para perseguir a Madián.24E Xedeón mandou mensaxeiros por toda a rexión montañosa de Efraín, dicindo: -Descendede ao encontro dos madianitas, e tomade as augas de Bet-bara e do Xordán antes que eles cheguen. E todos os homes de Efraín xuntos tomaron as augas de Bet-bara e do Xordán. 25E colleron a dous príncipes de Madián, Oreb e Zeeb, e mataron a Oreb na rocha de Oreb, e mataron a Zeeb no lagar de Zeeb. E perseguiron os madianitas, e trouxeron as cabezas de Oreb e de Zeeb a Xedeón alén do Xordán.
1Entón os homes de Efraín dixéronlle: -Que é isto que nos fixeches, non chamándonos cando fuches á guerra contra Madián? E reprendérono duramente.2E el díxolles: -Que fixen eu agora en comparación convosco? Non é mellor o rebusco de Efraín que a vendima de Abiezer? 3Deus entregou nas vosas mans a Oreb e a Zeeb, príncipes de Madián; e que puiden eu facer en comparación con vós? E a ira deles contra el acougou despois que el lles falou esta palabra.4Chegou Xedeón ao Xordán e cruzou, el e os trescentos homes que estaban con el, esgotados, pero aínda seguían a perseguir. 5Entón dixo aos de Sucot: -Rógovos que deades uns anacos de pan á xente que me segue, porque está esgotada, e eu estou a perseguir a Zeba e a Salmuna, reis de Madián.6Pero os príncipes de Sucot responderon: -Están xa na túa man Zeba e Zalmuna para que deamos alimento ao teu exército? 7Entón Xedeón dixo: -Cando Iahveh entregue nas miñas mans a Zeba e a Zalmunna, eu esmagarei a vosa carne con espiños e abrollos do deserto.8Subíu de alí a Peniel, e díxolles as mesmas palabras; e os homes de Peniel respondéronlle como responderan os homes de Sucot. 9Entón el falou tamén aos de Peniel, dicindo: -Cando eu volva en paz, derrubarei esta torre.10E Zeba e Zalmuna estaban en Carcor e con eles o seu exército, como quince mil homes, todos os que quedaran de todo o exército dos fillos do oriente; porque caeran cento vinte mil homes que sacaban a espada.11Subíu, pois, Xedeón polo camiño dos que viven en tendas, ao oriente de Noba e de Jogbeha, e atacou o campamento, porque o pobo non estaba en garda. 12E Zeba e Zalmuna fuxiron, pero el perseguiunos, e prendeu aos dous reis de Madián, Zeba e Zalmuna, e encheu de terror todo o exército.13E Xedeón, fillo de Ioas, volveu da batalla antes de saír o sol, 14e colleu un mozo dos homes de Sucot e preguntoulle; e el deulle os nomes dos príncipes e anciáns de Sucot, setenta e sete homes.15E chegando diande dos homes de Sucot, dixo: -velaí Zeba e Zalmunna, sobre os que vós me inxuriastes, dicindo: está xa na túa man Zeba e Zalmunna para que deamos alimento aos teus homes esgotados? 16E colleu os anciáns da cidade e, con espiños e abrollos do deserto, castigou con eles os de Sucot. 17Tamén derrubou a torre de Peniel, e matou os homes da cidade.18Entón dixo a Zeba e a Salmuna: -Como semellaban os homes que matastes en Tabor? E eles responderon: -Coma ti, así eran eles; cada un semellaba fillo de rei. 19E el dixo: -Eran os meus irmáns, fillos da miña nai. Vive Iahveh, que se os deixásedes vivir, eu non vos mataría.20E díxolle a Ieter, o seu primoxénito: -Érguete e mátaos. Pero o rapaz non sacou a súa espada, porque tiña medo, pois aínda era un rapaz. 21Entón Zeba e Salmuna dixeron: -Érguete ti mesmo e mátanos, porque tal coma é un home así é o seu valor! Entón Xedeón ergueuse e matou a Zeba e a Salmuna; e colleu as medias lúas que penduraban dos pescozos dos seus camelos.22Entón os fillos de Israel dixéronlle a Xedeón: -Sé o noso señor, ti, e o teu fillo, e o teu neto, pois rescatáchesnos da man de Madián. 23Pero Xedeón respondeu: -Eu non serei señor sobre vós, nin o meu fillo gobernará sobre vós; Iahveh gobernará sobre vós.24Entón Xedeón díxolles: -Teño que vos facer unha petición: que me deades cada un os pendentes dos vosos espolios (pois tiñan pendentes de ouro con eles, xa que eran ismaelitas). 25E eles dixeron: -De boa gana darémoschos. E tendendo un manto, cada un botou alí os feixes do seu botín.26E foi o peso dos pendentes de ouro que el pediu, mil setecentos siclos de ouro, sen contar as medias lúas, as xoias e os vestidos de púrpura que levaban os reis de Madián, e sen contar os colares que tiñan no pescozo dos seus camelos.27E Xedeón fixo deles un efod, e púxoo en custodia na súa cidade, en Ofra; e todo Israel prostituíuse detrás dese efod alí; e isto foi unha pedra de tropezo para Xedeón e a súa casa. 28Así foi humillado Madián diante dos fillos de Israel, e nunca máis levantou a cabeza. E a terra descansou por corenta anos durante os días de Xedeón.29Entón Ierubaal, fillo de Ioas, foi e habitou na súa casa. 30E Xedeón tivo setenta fillos que constituían a súa descendencia, porque tiña moitas mulleres. 31E a súa concubina que estaba en Siquem tamén lle deu a luz un fillo e chamouno Abimelec.32E morreu Xedeón, fillo de Ioas, en boa vellez, e foi sepultado no sepulcro do seu pai Ioas, en Ofra dos abiezeritas. 33Pero sucedeu que cando morreu Xedeón, os fillos de Israel volveron a prostituírse seguindo os baales, e escolleron por deus a Baal-berit.34E os fillos de Israel non lembraron a Iahveh, o seu Deus, que os librara de todos os seus inimigos arredor deles; 35nin amosaron bondade á casa de Ierubaal, é dicir, Xedeón, conforme todo o ben que fixera a Israel.
1Abimelec, fillo de Ierubaal, foi a Siquem, aos irmáns da súa nai, e falou con eles e con toda a familia da casa do pai da súa nai, dicindo: 2Falade, rógovos, aos ouvidos de tódolos homes de Siquem: que vos parece mellor, que setenta homes, todos os fillos de Ierubaal, vos gobernen, ou que un só home vos goberne? E lembrade que eu tamén son o voso óso e a vosa carne.3E os irmáns da súa nai falaron por el aos ouvidos de tódolos habitantes de Siquem todas estas palabras; e o seu corazón inclinouse a favor de Abimelec, porque dicían: é o noso irmán. 4E déronlle setenta siclos de prata da casa de Baal-Berit, e con eles Abimelec contratou homes preguiceiros e vagabundos, e eles seguírono.5E foi á casa do seu pai en Ofra, e matou aos seus irmáns, os fillos de Ierubaal, setenta homes, sobre unha soa pedra; pero quedou Iotam, o fillo máis novo de Ierubaal, que se escondeu. 6Entón reuníronse todos os homes de Siquem con toda a casa de Milo, e foron e fixeron rei a Abimelec, na aciñeira do piar que había en Siquem.7Cando informaron disto a Iotam, foi e púxose enriba do monte Gerizim, e berrando a gran voz, dixo: -Escoitádeme, homes de Siquem, para que Deus vos escoite. 8Unha vez as árbores foron a escoller un rei sobre si mesmos, e dixéronlle á oliveira: reina sobre nós.9Pero a oliveira respondeulles: -debo abandonar o meu aceite, co que honro a Deus e á xente, para ir a ser grande sobre as árbores? 10Entón as árbores dixeron á figueira: -Ven ti, reina sobre nós. 11E a figueira respondeulles: -Deixarei a miña dozura e o meu bo froito para ir a ser grande sobre as árbores?12Entón as árbores dixeron á vide: -Ven ti, reina sobre nós. 13Pero a vide respondeulles: -Deixarei o meu mosto, que alegra a Deus e ás persoas, para ir a ser grande sobre as árbores? 14Entón tódalas árbores dixeron á silveira: -Ven ti, reina sobre nós.15Entón a silveira respondeu ás árbores: -Se de verdade me facedes rei sobre vós mesmos, vinde e agochádevos baixo a miña sombra; e se non, que saia lume da silveira e devore os cedros do Líbano. 16Agora pois, se con verdade e integridade procedestes en facer rei a Abimelec, e se tratastes ben a Ierubaal e á súa casa, e se lle pagastes conforme as obras das súas mans,17porque o meu pai loitou por vós, e arriscou a súa vida para librarvos da man de Madián; 18pero hoxe vós erguéstesvos contra a casa do meu pai, e matastes os seus fillos, setenta homes sobre unha soa pedra, e puxestes por rei sobre os habitantes de Siquem a Abimelec, fillo da súa serva, por ser o voso irmán;19se con verdade e integridade actuastes hoxe con Ierubaal e coa súa casa, entón alegrádevos con Abimelec, e el alegrarase tamén convosco. 20E se non, que saia lume de Abimelec e consuma os de Siquem e a casa de Milo; e que saia lume dos de Siquem e da casa de Milo e consuma a Abimelec. 21E Iotam fuxiu e foi a Beer, e ficou alí por medo do seu irmán Abimelec.22E Abimelec reinou sobre Israel por tres anos, 23entón Deus mandou un mal espírito entre Abimelec e os homes de Siquem, e os homes de Siquem levantáronse contra Abimelec. 24para que a violencia feita aos setenta fillos de Ierubaal e o sangue deles caera sobre o seu irmán Abimelec por matalos, e sobre os homes de Siquem que lle fortaleceran as mans para matar os seus irmáns.25E os homes de Siquem puxeron saqueadores nos cumios dos montes que roubaban a todos os que pasaban polo camiño xunto a eles; e informaron a Abimelec.26E Gaal, fillo de Ebed, veu cos seus irmáns, e atravesaron a Siquem, e os habitantes de Siquem confiaron nel. 27E saíron ao campo, e vendimaron as súas viñas, e pisaron as uvas e fixeron festa; e entraron na casa do seu deus, comeron e beberon e maldiciron a Abimelec.28E dixo Gaal, fillo de Ebed: -Quen é Abimelec, e que é Siquem para que nós o sirvamos? Non é el fillo de Ierubaal, e non é o seu axudante Zebul? Servide os fillos de Hamor, pai de Siquem! Pero por que temos que servilo nós? 29Se este pobo estivese baixo o meu poder, entón eu botaría a Abimelec fóra. E diría a Abimelec: -Reforza o teu exército e sae!30E cando Zebul, gobernador da cidade, escoitou as palabras de Gaal, fillo de Ebed, acendeuse a súa ira, 31E mandou mensaxeiros a Abimelec en segredo, dicindo: -velaí, Gaal, fillo de Ebed, e os seus irmáns viñeron a Siquem, e velaquí, están a levantar a cidade en contra túa.32Agora pois, érguete esta mesma noite, ti e o pobo que está contigo, e pon emboscadas no campo. 33Pola mañá, ao saír o sol, érguete cedo e ataca a cidade, cando el e o pobo que está con el saian contra ti, e farás con el segundo o que che sexa posible.34Entón Abimelec e todo o pobo que estaba con el, erguéronse de noite, e tenderon unha emboscada contra Siquem en catro compañías. 35Entón Gaal, fillo de Ebed, saíu e púxose na entrada da porta da cidade; e Abimelec e todo o pobo que estaba con el, saían da emboscada.36Ao ver Gaal o pobo, díxolle a Zebul: -Mira, hai un pobo que baixa dos cumios dos montes. Pero Zebul respondeulle: -Ti ves as sombras dos montes coma se fosen persoas. 37Gaal falou de novo, e dixo: -Velaí, un pobo baixa do medio da terra, e unha tropa vén polo camiño de Elón-Meonenim.38Entón Zebul díxolle: -onde está agora a túa boca coa que dixeches: quen é Abimelec para que o sirvamos? Non é este o pobo que tiñas ti en pouco? Sae agora e loita con el! 39E Gaal saíu diante dos habitantes de Siquem, e loitou contra Abimelec. 40E Abimelec perseguiuno, e Gaal fuxiu de diante del, e moitos caeron feridos ata a entrada da porta.41E Abimelec quedou en Aruma; e Zebul expulsou a Gaal e os seus irmáns, para que non habitasen en Siquem. 42E sucedeu que ao día seguinte o pobo saíu ao campo, e Abimelec foi informado, 43e colleu o pobo e dividiuno en tres compañías, e puxo emboscadas no campo; e mirou, e velaí, o pobo saía da cidade; e ergueuse en contra deles e atacounos.44Entón Abimelec e as compañías que estaban con el, atacaron con violencia e detivéronse na entrada da porta da cidade; pero as outras dúas compañías atacaron a todos os que estaban no campo e matáronos. 45E Abimelec loitou contra a cidade todo ese día, e tomou a cidade e matou a xente que estaba nela. E destruíu a cidade e sementouna de sal.46Cando todos os que estaban na torre de Siquem escoitaron isto, entraron no cuartel da casa de Berit. 47e se lle informou a Abimelec que todos os homes da torre de Siquem estaban reunidos,48entón Abimelec subiu ao monte Salmón, el e todo o pobo que estaba con el; e Abimelec colleu un machado na man e cortou unha rama das árbores, e levantouna e púxoa sobre os seus ombreiros, e díxolle ao pobo que estaba con el: -O que vistes que fago, apurádevos a facer como eu fago. 49E todo o pobo tamén cortou cada un a súa rama, e seguiron a Abimelec; e puxéronas xunto á fortaleza, e prenderon con elas lume á fortaleza; e morreron todos os da torre de Siquem, uns mil homes e mulleres.50Entón Abimelec foi a Tebes, sitiou Tebes e tomouna. 51Pero había unha torre fortificada no medio da cidade, e todos os homes e as mulleres, e tódolos príncipes da cidade fuxiron a ela; e pechando as portas detrás deles, subiron ao teito da torre.52Entón Abimelec chegou á torre, e loitou contra ela, e chegou ata a porta da torre para prenderlle lume. 53Pero unha muller deixou caer unha pedra de muíño sobre a cabeza de Abimelec, e quebrou o seu cranio. 54Entón chamou de súpeto ao seu escudeiro, e díxolle: -Saca a túa espada e mátame, para que non digan de min: unha muller matouno. E o seu escudeiro traspasouno, e morreu.55Cando os israelitas viron que Abimelec morrera, cada un foi para a súa tenda. 56Así pagou Deus a Abimelec o mal que fixera contra o seu pai matando os seus setenta irmáns. 57E Deus fixo volver sobre as súas cabezas toda a maldade dos homes de Siquem. E veu sobre eles a maldición de Iotam, fillo de Ierubaal
1Despois de Abimelec, levantouse para librar a Israel Tola, fillo de Fua, fillo de Dodo, de Isacar, que vivía en Samir na rexión montañosa de Efraín. 2E xulgou a Israel vinte e tres anos, e morreu, e foi sepultado en Samir.3Despois del ergueuse Xair galadita, que xulgou a Israel por vinte e dous anos. 4Tiña trinta fillos que montaban en trinta asnos, e tiñan trinta cidades, que ata hoxe se chaman as vilas de Xair, que están na terra de Galaad. 5E morreu Xair, e foi sepultado en Camón.6E os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh, e serviron os baales e as Astartés, os deuses de Siria, os deuses de Sidón, os deuses de Moab, os deuses dos fillos de Amón e os deuses dos filisteos; e abandonaron a Iahveh e non o serviron. 7Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Israel, e vendeunos na man dos filisteos e na man dos fillos de Amón;8E eles a partir daquel ano oprimiron a Israel por dezaoito anos: a tódolos fillos de Israel que estaban alén do Xordán, na terra dos amorreos que está en Galaad. 9E os fillos de Amón cruzaron o Xordán para facer guerra tamén contra Xudá e Benxamín e contra a casa de Efraín; e Israel estaba moi aflixido.10Entón os fillos de Israel clamaron a Iahveh, dicindo: -Pecamos contra ti, porque abandonamos o noso Deus e servimos os baales. 11E Iahveh respondeu aos fillos de Israel: -Non fostes oprimidos polos exipcios, os amorreos, os amonitas, e os filisteos? 12E cando os de Sidón, o de Amalec e o de Maón vos oprimiron, e clamastes a min, non vos librei das súas mans13Pero vós deixástesme a min e servistes a outros deuses; por iso Eu non vos librarei máis. 14Ide e clamade aos deuses que escollestes; que eles vos libren no tempo da vosa aflición!15Pero os fillos de Israel dixeron a Iahveh: -Pecamos; fai ti con nós como mellor che pareza; soamente, líbranos neste día! 16E quitaron de entre eles os deuses estranxeiros, e serviron a Iahveh; e El sentiuse profundamente anguriado pola aflición de Israel.17Entón os fillos de Amón reuníronse e acamparon en Galaad; e os fillos de Israel tamén se reuniron e acamparon en Mizpa. 18E os príncipes e o pobo de Galaad dixeron uns aos outros: -Quen comezará a batalla contra os fillos de Amón? El será xefe sobre todos os habitantes de Galaad.
1Iefte de Galaad era un home esforzado e valente; era fillo dunha prostituta, e o pai de Iefté era Galaad. 2Pero a muller de Galaad deulle fillos, e cando estes medraron, botaron fóra a Iefté, dicíndolle: -ti non serás herdeiro na casa do noso pai, porque es fillo doutra muller. 3Iefté fuxiu dos seus irmáns, e estableceuse na terra de Tob; e xuntáronse con el homes preguiceiros que ían canda el.4Pasado algún tempo, os fillos de Amón fixeron guerra a Israel. 5E cando os fillos de Amón atacaron a Israel, os anciáns de Galaad foron na procura de Iefté á terra de Tob; 6e dixéronlle a Iefté: -ven e sé o noso xefe para que loitemos contra os fillos de Amón.7Pero Iefté dixo aos anciáns de Galaad: -Non fostes vós os que me odiastes e me botastes da casa do meu pai? Por que, pois, viñestes a min agora cando estades en apuros? 8E os anciáns de Galaad dixéronlle a Iefté: -Por iso volvemos agora a ti, para que vaias con nós e loites contra os fillos de Amón, e sexas xefe de todos os habitantes de Galaad.9E Iefté dixo aos anciáns de Galaad: -Se me facedes volver para loitar contra os fillos de Amón, e Iahveh os entrega diante de min, serei eu o voso xefe? 10E os anciáns de Galaad dixeron a Iefté: - Iahveh sexa testemuña entre nós, se non facemos conforme á túa palabra. 11Entón Iefté foi cos anciáns de Galaad, e o pobo fíxoo xefe e caudillo sobre el; e Iefté falou*proferiu* todas as súas promesas diante de Iahveh, en Mizpa.12Entón Iefté mandou mensaxeiros ao rei dos amonitas, dicindo: -Que tes ti comigo, que viñeches a min para facer guerra contra a miña terra? 13E o rei dos amonitas respondeu aos mensaxeiros de Iefté: -Porque Israel, cando subiu de Exipto, tomou a miña terra, dende o Arnon ata o Iaboc e ata o Xordán; agora, devolvédea en paz.14Iefté mandou outra vez mensaxeiros ao rei dos amonitas, 15e díxolle: -Así di Iefté: Israel non tomou a terra de Moab, nin a terra dos fillos de Amón. 16Pois cando Israel subiu de Exipto, pasou polo deserto ata o mar Vermello, e chegou a Cades.17Entón Israel mandou mensaxeiros ao rei de Edom, dicindo: -Rógoche que me deixes pasar pola túa terra; pero o rei de Edom non os escoitou. E mandou tamén ao rei de Moab, que tampouco quixo. E Israel ficou en Cades. 18Entón seguiu polo deserto e rodeou a terra de Edom e a terra de Moab, e chegou polo lado oriental da terra de Moab; acampou alén do Arnón, pero non entrou no territorio de Moab, porque o Arnón é o territorio de Moab.19Entón Israel mandou mensaxeiros a Sihón, rei dos amorreos, rei de Hesbón, dicindo: -Pídoche que me deixes pasar pola túa terra ata o meu lugar. 20Pero Sihón non confiou en Israel para darlle paso polo seu territorio; e Sihón reuniu a todo o seu pobo, campou en Iahzaz, e loitou contra Israel.21E Iahveh, Deus de Israel, entregou a Sihón e todo o seu pobo en man de Israel, e eles derrotáronos; e Israel tomou posesión de toda a terra dos amorreos que vivían naquela terra. 22E apoderáronse de todo o territorio dos amorreos dende o Arnón ata Iaboc, e dende o deserto ata o Xordán.23E agora, o que Iahveh, Deus de Israel, despoxou dos amorreos diante do seu pobo Israel, ti pretendes apoderarte del? 24O que o teu deus Quemos che concedeu, non o posuirás ti? Pois nós posuiremos todo o que Iahveh o noso Deus nos concedeu. 25Ou es ti agora mellor que Balac, fillo de Zipor, rei de Moab? Tivo el algunha disputa con Israel, ou fixo guerra contra eles?26Cando Israel viviu en Hesbón e as súas aldeas, e en Aroer e as súas aldeas, e en tódalas cidades que están na rexión do Arnon, por trescentos anos, por que non as recuperastes neste tempo? 27Agora ben, eu non pequei contra ti, pero ti fas mal comigo loitando contra min. Iahveh, o Xuíz, xulgue hoxe entre os fillos de Israel e os fillos de Amón. 28Pero o rei dos fillos de Amón non deu atención ás palabras que Iefté lle mandara.29Entón o Espírito de Iahveh veu sobre Iefté; e pasou por Galaad e Manasés, e pasou a Mizpa de Galaad; e de Mizpa de Galaad pasou aos fillos de Amón. 30E Iefté fixo un voto a Iahveh, dicindo: -Se realmente entregas os fillos de Amón na miña man, 31entón, o que saia da porta da miña casa ao meu encontro cando volva vitorioso dos fillos de Amón, será de Iahveh, ou ofrecereino en holocausto.32Entón Iefté foi cara aos fillos de Amón para loitar contra eles, e Iahveh entregounos na súa man. 33E venceunos dende Aroer ata chegar a Minit, vinte cidades e ata a veiga das viñas, con grande derrota. E os amonitas foron sometidos polos fillos de Israel.34E Iefté volveu a Mizpa, á súa casa; e velaí que a súa filla saíu ao seu encontro con pandeiros e bailes. E ela era a súa única filla; fóra dela non tiña nin fillo nin filla. 35E sucedeu que cando a viu, rachou as súas roupas, e dixo: -Ai miña filla! En verdade aflixíchesme, e ti vés ser a causa da miña tristura; porque dixen palabra a Iahveh e non podo volver atrás.36Pero ela díxolle: -Meu pai, se abriches a boca a Iahveh, faime conforme o que saíu da túa boca, xa que Iahveh fixo vinganza sobre os teus inimigos, os fillos de Amón. 37E díxolle a seu pai: -Permíteme isto: déixame por dous meses, para que vaia e baixe polos montes e chore a miña virxindade, eu e as miñas compañeiras.38E el dixo: -Vai. E deixouna por dous meses. E ela foi cos seus compañeiros, e chorou a súa virxinidade nos montes. 39E pasados os dous meses volveu onda o seu pai, que cumpriu con ela o voto que fixera. E ela non coñecera home. 40E chegou a ser costume en Israel: que cada ano as fillas de Israel ían a chorar á filla de Iefte galedita, catro días ao ano.
1Entón os homes de Efraín reuníronse e pasaron cara o norte, e dixéronlle a Iefté: -Por que fuches a loitar contra os fillos de Amón e non nos chamaches para que foramos contigo? Nós queimaremos a túa casa contigo. 2Pero Iefté díxolles: -Eu e o meu pobo estabamos en grande disputa cos fillos de Amón; e cando vos chamei, non me rescatastes da súa man.3Vendo que non me defendestes, arrisquei a miña vida e pasei contra os fillos de Amón, e Iahveh entregounos na niña man. Por que, pois, subistes hoxe para loitar contra min? 4Entón Iefté reuniu a tódolos homes de Galaad e loitou contra Efraín; e os homes de Galaad derrotaron a Efraín, porque eles dixeran: vós sodes fuxitivos de Efraín; vós, os de Galaad, estades no medio de Efraín e Manasés.5E os de Galaad tomaron os pasos do Xordán para Efraín; e sucedeu que cando os fuxitivos de Efraín dicían: -Déixame pasar, preguntábanlles os homes de Galaad: -Es ti efratita? E se el respondía: -Non, 6entón eles dicíanlle: di agora: Shibolet. E el dicía: Sibolet, porque non podía pronuncialo correctamente. Entón botábanlle a man e matábano nos vaos do Xordán. E naquel tempo morreron de Efraín corenta e dous mil.7Iefté xulgou a Israel seis anos; e morreu Iefté galadita, e foi sepultado nunha das cidades de Galaad.8Despois del xulgou a Israel Ibzan de Belén, 9El tiña trinta fillos e trinta fillas, que casaron fóra e tomou de fóra trinta fillas para os seus fillos. E xulgou a Israel por sete anos.10E morreu Ibzan, e foi sepultado en Belén. 11Despois del xulgou a Israel Elón zabulonita; e xulgou a Israel dez anos. 12E morreu Elón zabulonita, e foi sepultado en Axalón, na terra de Zabulón.13Despois del xulgou a Israel Abdón, fillo de Hilel, piratonita. 14El tiña corenta fillos e trinta netos que montaban en setenta asnos; e xulgou a Israel oito anos. 15E morreu Abdón, fillo de Hilel piratoniota, e foi sepultado en Piratón, na terra de Efraín, no monte de Amalec.
1Os fillos de Israel volveron facer o malo aos ollos de Iahveh, e Iahveh entregounos no poder dos filisteos por corenta anos. 2E había un home de Zora, da tribo de Dan, que se chamaba Manoa; e a súa muller era estéril, non tiña fillos.3Pero o anxo de Iahveh aparecéuselle a esta muller e díxolle: -Velaquí, ti es estéril e non tiveches fillo; pero concebirás e darás a luz un fillo. 4Agora pois, non bebas viño nin licor, nin comas cousa inmunda. 5Porque velaí que concebirás e darás a luz un fillo, e ningún coitelo pasará sobre a súa cabeza, porque o neno será nazareo de Deus dende o seo da nai; e el comezará a salvar a Israel da man dos filisteos.6E a muller foi e contoulle ao seu home, dicindo: -Veu a min un home de Deus, o seu parecer era moi terrible, coma o parecer dun anxo de Deus; e non lle preguntei de onde era, nin el me dixo o seu nome. 7Só me dixo: -Velaí que concebirás e darás a luz un fillo; agora pois, non bebas viño nin licor, nin comas cousa inmunda, porque o neno será nazareo de Deus desde o ventre ata o día da súa morte.8Entón Manoa orou a Iahveh, dicindo: -Ai meu Señor, rógoche que o home de Deus que mandaches, veña outra vez a nós e nos ensine o que debemos facer co neno que ha nacer. 9E Deus escoitou a voz de Manoa; e o anxo de Deus veu outra vez á muller mentres estaba ela no campo; pero o seu home Manoa non estaba con ela.10Entón a muller correu axiña e comunicoullo ao seu home, e díxolle: -Mira, o home que veu a min o outro día, aparecéuseme. 11E levantouse Manoa e seguiu á súa muller, e chegou ao home e díxolle: -Es ti o home que falou á muller? E el dixo: -Eu son.12Entón Manoa dixo: -Cando se cumpran as túas palabras, cal será o xeito de vivir do rapaz, e que faremos con el? 13Entón o anxo de Iahveh dixo a Manoa: -A muller ha gardarse de todas as cousas que lle dixen. 14Non tomará nada que veña da vide; non beberá viño nin sidra, e non comerá cousa inmunda; gardará todo o que lle mandei.15Entón Manoa dixo ao anxo de Iahveh: -Rógoche que nos deixes reterte aquí e que che preparemos un cabrito. 16Pero o anxo de Iahveh díxolle a Manoa: -Aínda que me deteñas, non comerei do teu pan; pero se queres ofrecer un holocausto, ofreceo a Iahveh. Pois Manoa non sabía que era o anxo de Iahveh.17Entón Manoa dixo ao anxo de Iahveh: -Cal é o teu nome, para que cando se cumpra a túa palabra, te honremos? 18O anxo de Iahveh díxolle: -Por que preguntas o meu nome, que é admirable?*Por que preguntas o meu nome? É un nome misterioso* *Por que preguntas o meu nome se ves que é admirable?*19Entón Manoa colleu un cabrito e unha ofrenda, e ofreceunos a Iahveh sobre a rocha; e o anxo fixo un milagre a vista de Manoa e da súa muller. 20E aconteceu que cando a chama subía do altar cara o ceo, o anxo de Iahveh subiu no fogo do altar a vista de Manoa e a súa muller, e eles prostráronse en terra21E o anxo de Iahveh non se apareceu máis a Manoa e á súa muller. Entón Manoa entendeu que era o anxo de Iahveh. 22E Manoa dixo á súa muller: -Certamente morreremos porque vimos a Deus.23Pero a súa muller respondeulle: -Se Iahveh quixera matarnos, non aceptaría o holocausto e a ofrenda das nosas mans; nin nos amosaría todas estas cousas, nin agora nos faría saber isto.24Entón a muller deu a luz un fillo e chamouno Sansón. E o neno medrou, e Iahveh bendiciuno. 25Entón o Espírito de Iahveh comezou a manifestarse nel no campamento de Dan, entre Zora e Estaol.
1Entón Sansón baixou a Timnat, e viu en Timnat unha muller de entre as fillas dos filisteos. 2Subíu e díxollo a seu pai e á súa nai, dicindo: -Eu vin unha muller en Timnat de entre as fillas dos filisteos, e rógovos que ma tomedes por muller.3Pero o seu pai e a súa nai dixéronlle: -Non hai muller entre as fillas dos teus irmáns, ou entre todo o meu pobo, para que vaias tomar muller dos filisteos incircuncisos? E Sansón dixo ao seu pai: -Tómame a ela por muller, porque ela é do meu agrado! 4Pero o seu pai e a súa nai non sabían que isto viña de Iahveh, porque El procuraba unha oportunidade contra os filisteos; e por aquel tempo os filisteos dominaban sobre Israel.5Entón Sansón baixou co seu pai e coa súa nai a Timnat; e cando chegaron ás viñas de Timnat, velaquí que un león novo veu ruxindo cara a el. 6E o Espírito de Iahveh veu sobre Sansón, e el esnaquizou o león coma se esnaquizara un cabrito, sen ter nada na man; e non lle dixo nin ao seu pai nin á súa nai o que fixera.7Baixou, pois, e falou á muller, e ela agradou a Sansón. 8E despois de varios días volveu para tomala, e desviouse do camiño para ver o cadaleito do león; e velaí que no cadáver do león había unha colmea de abellas con mel. 9E colleuno nas súas mans, e ía coméndoo polo camiño; e chegou onde o seu pai e a súa nai e deulles a comer, pero non lles dixo que tomara o mel do cadaleito do león.10Cando o seu pai subiu onde estaba a muller, Sansón fixo alí un banquete, porque así adoitaban facer os mozos. 11Cando eles o viron, colleron trinta compañeiros para que estiveran con el.12E Sansón díxolles: -Eu propoñereivos unha adiviña; se nos sete días do banquete ma podedes resolver, eu dareivos trinta túnicas de liño e trinta mudas de vestidos. 13Pero se non podedes explicarme, vós darédesme trinta túnicas de liño e trinta mudas de vestidos. E eles dixeron: -Proclama a túa adiviña, e escoitarémola.14Entón díxolles: "Do devorador saíu alimento, e do forte saíu dozura." E eles non puideron explicarlle a adiviña en tres días.15Mais ao sétimo día dixéronlle á muller de Sansón: -Seduce ao teu home para que nos explique a adiviña, non sexa que te queimemos a ti e a casa do teu pai. Chamástesnos para despoxarnos?16E a muller de Sansón chorou diante del, e díxolle: -Só me aborreces, e non me amas; porque non me explicaches a adiviña que lles propuxeches aos fillos do meu pobo! E el respondeulle: -Velaquí, nin ao meu pai nin á miña nai llo expliquei, e que che hei dicir a ti? 17E ela chorou diante del durante os sete días do banquete; e ao sétimo día el explicoulle o asunto porque ela insistiu, e ela explicoullo aos fillos do seu pobo18E no sétimo día, antes do solpor, os homes da cidade dixéronlle: -Que hai que sexa máis doce que o mel? E que hai que sexa máis forte que o león? E el respondeulles: -Se non arásedes? coa miña becerra, non descubriríades a miña adiviña.19Entón o Espírito de Iahveh veu sobre el con forza, e descendeu a Ascalón e matou a trinta homes deles; e colleu os despoxos deles e deulles as mudas de vestidos aos que lles dixeran a adiviña. E acendido de ira, foi á casa do seu pai. 20E a muller de Sansón foi dada ao seu compañeiro, ao que el tratara como o seu amigo.
1Sucedeu despois dalgún tempo, que nos días da colleita de trigo, Sansón foi visitar á súa muller cun cabrito, e díxolle: -Vou ver á miña muller no cuarto. Pero o pai dela non o deixou entrar. 2E o seu pai dixo: -Pensei que a tiñas aborrecido, e deilla ao teu compañeiro. Pero a súa irmá máis nova non é máis fermosa ca ela? Tómaa para ti no seu lugar.3Sansón díxolle: -Esta vez serei inocente contra os filisteos se lles fago mal. 4E foi Sansón e cazou trescentas raposas, e colleu uns fachos e atounas rabo con rabo, e puxo un facho entre cada dous rabos.5Despois prendeu lume nas teas, e soltou as raposas aos labradíos dos filisteos, e queimou os grans amontoados e os que estaban en pé, os viñedos e os oliveirais. 6Entón os filisteos dixeron: -Quen fixo isto? E eles dixeron: -Sansón, xenro do timnatita, porque lle quitou a muller e deulla ao seu compañeiro. E os filisteos subiron e queimárona a ela e o seu pai.7E Sansón díxolles: -Xa que vós fixestes isto, xuro que non descansarei ata que me vengue de vós. 8E feriunos sen piedade con gran mortandade; e baixou e habitou na cova da rocha de Etam.9Entón os filisteos subiron e acamparon en Xudá, e estenderonse por Lehi. 10E os homes de Xudá dixeron: -Por que subistes contra nós? E eles dixeron: -Subimos para prender a Sansón, para facerlle como el nos fixo.11Entón tres mil homes de Xudá baixaron á cova da rocha de Etam, e dixéronlle a Sansón: -Non sabes que os filisteos gobernan sobre nós? Por que nos fixeches isto? E el díxolles: -Fíxenlles como eles me fixeron a min.12E eles dixéronlle: -Viñemos para te prender e para te entregar nas mans dos filisteos. E Sansón díxolles: -Xurádeme que vós non me mataredes. 13E eles respondéronlle, dicindo: -Non, senón que te prenderemos e entregaremoste nas súas mans; pero non te mataremos. Entón atárono con dúas cordas novas, e sacárono da rocha.14Cando chegou a Lehi, os filisteos saíron ao seu encontro berrando; pero o Espírito de Iahveh veu sobre el, e as cordas que estaban nas súas mans volvéronse coma liño queimado por lume, e os atados caeron das súas mans.15E atopou unha queixada de asno fresca, estendeu a súa man e colleuna, e matou con ela a mil homes. 16Entón Sansón dixo: -Coa queixada dun asno, unha morea, dous montós. Coa queixada dun asno matei mil homes.17E cando rematou de falar, botou fóra a mandíbula da súa man, e chamou a aquel lugar Ramat-lehi. 18Máis tarde tivo moita sede, e clamou a Iahveh, dicindo: -Ti deches esta grande salvación pola man do teu servo, e hei morrer agora de sede, e caerei en mans dos incircuncisos?19Entón Deus abriu o pozo que hai en Leí, e saíu de alí auga, e el bebeu, e recuperou o seu espírito e reviviu. Por iso chamouse En-hacoré a aquel lugar, que está en Leí ata hoxe. 20E el xulgou a Israel nos días dos filisteos por vinte anos.
1Sansón foi a Gaza, e viu alí unha muller prostituta, e entrou con ela. 2Cando se lles dixo aos de Gaza: -Sansón veu aquí! Entón eles rodeárono e axexárono toda aquela noite na porta da cidade; e gardaron silencio toda aquela noite, dicindo: agardaremos ata a luz da mañá, entón matarémolo.3Pero Sansón quedou durmido ata á medianoite; e a medianoite ergueuse, e tomou as portas da cidade cos seus dous pilares e o pecho, e púxoas no seu ombreiro, e foi e subiunas ao cumio do monte que está en fronte de Hebrón.4Despois disto aconteceu que amou unha muller no val de Sorec que se chamaba Dalila. 5Entón os príncipes dos filisteos subiron onde ela e dixéronlle: -Engánao para que saibamos en que consiste o seu gran poder e como podemos vencelo para atalo e dominalo; e cada un de nós darache mil cen siclos de prata.6Entón Dalila dixo a Sansón: -Rógoche que me digas en que consiste o teu gran poder, e con que se te pode atar para te dominar. 7E Sansón díxolle: -Se me atan con sete cordas verdes que aínda non estean secas, debilitareime e serei coma calquera home.8Entón os príncipes dos filisteos trouxéronlle sete cordas verdes que aínda non tiñan zume, e ela atouno con eles. 9E ela tiña homes que o agardaban no apousento. Entón díxolle: -Sansón, os filisteos están contra ti! E el quebrou as amarras, como se quebra unha corda de estopa cando está chea de lume; e ninguén soubo o segredo do seu poder.10Entón Dalila díxolle a Sansón: -Velaquí, enganáchesme e falaches mentiras. Rógoche que me digas agora con que podes ser atado. 11E el díxolle: -Se me atan forte con cordas novas que nunca se usaron, debilitareime e serei coma calquera home. 12Entón Dalila colleu cordas novas e atouno con elas, e díxolle: -Sansón, os filisteos están sobre ti! E os espías estaban agochados no cuarto. Pero el rachou as cordas dos seus brazos coma se fosen fío.13Entón Dalila díxolle a Sansón: -Ata agora enganachesme e mentíchesme. Rógoche que me digas con que podes ser atado. E el díxolle: -Se teces sete guedellos da miña cabeza co tecido e os aseguras coa estaca. 14E ela adormeceuno e teceu os sete guedellos da súa cabeza e suxeitounos coa estaca, e díxolle: -Sansón, os filisteos están sobre ti! E el espertou do seu soño, e rachou os fungueiros do tear co tecido.15Entón ela díxolle: -Como podes dicir: amote, cando o teu corazón non está comigo? Xa me enganaches tres veces e non me descubriches en que consiste a túa gran forza. 16E sucedeu que como ela o atormentaba día tras día acosándoo, a súa alma estaba reducida a unha anguria mortal.17Entón descubriulle todo o seu corazón, e díxolle: -Nunca se me chegou a cabeza unha espada, porque son nazareo de Deus dende o seo da miña nai. Se me rapan, a miña forza partirá de min, quedarei feble e serei coma calquera home.18Cando Dalila viu que el lle descubriu todo o seu corazón, mandou chamar aos príncipes dos filisteos, dicindo: -Vinde esta vez, porque el me descubriu todo o seu corazón. E os príncipes dos filisteos viñeron a ela coa prata na súa man. 19Ela fíxoo deitarse nos seus xeonllos e chamou por un home que lle rapou as sete guedellas da súa cabeza. E ela mesmo comezou a aflixilo, pois a súa forza afastábase del.20E díxolle: -Sansón, os filisteos están sobre ti! E cando el espertou do seu soño, dixo: esta vez sairei coma as outras veces, e fuxirei. Pero non sabía que Iahveh se afastara del. 21Entón os filisteos botáronlle man e sacáronlle os ollos, e levárono a Gaza e atárono con cadeas, e tivo que moer no cárcere. 22Pero o cabelo da súa cabeza comezou a medrar despois de ser rapado.23Entón os príncipes dos filisteos reuníronse para ofrecer un sacrificio especial a Dagón, o seu deus, e para festexar, porque dicían: o noso deus entregou nas nosas mans a Sansón, o noso inimigo. 24E cando o pobo o viu, louvou o seu deus, pois dicían: o noso deus entregou nas nosas mans ao noso inimigo e destrutor da nosa terra, aquel que dera morte a moitos de nós.25E aconteceu que cando se alegraron no seu corazón, dixeron: -Chamade a Sansón para nos divertirmos. Entón chamaron a Sansón da cadea, e fixérono brincar diante deles, e puxérono entre as columnas. 26Entón Sansón dixo ao rapaz que o levaba da man: -Achégate a min, e déixame apalpar as columnas sobre as que se apoia a casa, para que me apoie nelas.27E a casa estaba chea de homes e mulleres; e todos os príncipes dos filisteos estaban alí; e no piso superior había uns tres mil homes e mulleres que estaban a mirar a burla de Sansón.28Entón Sansón invocou a Iahveh, e dixo: -Ai Señor Deus, lémbrame agora mesmo, e fortaléceme, rógoche, só esta vez, o Deus! Para que me vengue dos filisteos polos meus dous ollos. 29Entón Sansón suxeitou as dúas columnas medianas sobre as que se apoiaba a casa, e botou todo o seu peso sobre elas, apoiando coa súa man dereita sobre unha e coa súa man esquerda sobre a outra.30E Sansón dixo: -Que morra eu cos filisteos! E inclinouse con toda a súa forza, e a casa caeu sobre os príncipes e sobre todo o pobo que estaba nela. E os que matou ao morrer foron moitos máis que os que matara durante a súa vida. 31Entón os seus irmáns e toda a casa do seu pai baixaron, e collérono e levárono fóra e sepultárono entre Zora e Estaol, no sepulcro do seu pai Manoa. E el xulgou a Israel vinte anos.
1Había un home da rexión montañosa de Efraín que se chamaba Micaías. 2E el dixo á súa nai: -Os mil cen siclos de prata que che roubaron, sobre os que maldixeches, e dos que me falaches, velaquí, o diñeiro está comigo; eu tomeino. Entón a súa nai dixo: -Bendito sexas de Iahveh, meu fillo.3E el devolveu a súa nai os mil e cen siclos de prata. E a súa nai dixo: -Certamente santifiquei os cartos a Iahveh por mor do meu fillo para facer unha imaxe esculpida e unha imaxe fundida; agora pois, devólvocha. 4E el devolveu o diñeiro a súa nai; e a súa nai colleu douscentos siclos de prata e deullos ao ourive, e el fixo con eles unha imaxe cortada e unha imaxe fundida, e puxérona na casa de Micaías.5Este home, Micaías, tiña un santuario, e fixo un efod e terafíns, e consagrou a un dos seus fillos para que lle fose sacerdote. 6Naqueles días non había rei en Israel; cada un facía o que ben lle parecía.7E había un mozo de Belén de Xudá, da tribo de Xudá, que era levita, e vivía alí por un tempo. 8O home saíu da cidade de Belén de Xudá para ir a vivir onde puidese atopar lugar. Ao chegar á rexión montañosa de Efraín, chegou á casa de Micaías. 9E Micaías díxolle: -De onde vés? E o levita respondeulle: -Son de Belén de Xudá, e vou vivir onde poida atopar lugar.10Entón Micaías díxolle: -Queda na miña casa e serás para min pai e sacerdote; e eu dareiche dez siclos de prata ao ano, roupa e comida. E o levita quedou. 11O levita aceptou vivir co home e chegou a ser coma un dos seus fillos.12E Micaías consagrou o levita, e o mozo serviulle como sacerdote, e quedou na casa de Micaías. 13Entón Micaías dixo: -Agora sei que Iahveh me fará ben, porque teño un levita por sacerdote.
1Naqueles días non había rei en Israel; e por aquel tempo a tribo de Dan procuraba unha posesión para si onde habitar; porque ata aquel día non tivera herdanza entre as tribos de Israel. 2E os fillos de Dan mandaron de entre eles cinco homes, homes valentes, de Zora e de Estaol, para explorar e recoñecer a terra, dicíndolles: -Ide e explorade a terra. E eles chegaron á rexión montañosa de Efraín, á casa de Micaías e pararon alí.3Cando estaban preto da casa de Micaías, recoñeceron a voz do mozo levita; e ao pasar por alí, dixéronlle: -Quen te trouxo aquí? Que fas aquí? Que tes aquí? 4E el díxolles: -Isto e aquelo fixo Micaías comigo, e pagoume para que sexa o seu sacerdote.5Entón eles dixéronlle: -Rógoche que consultes a Deus para saber se será prosperada esta viaxe na que imos. 6E o sacerdote díxolles: -Ide en paz! A vosa viaxe na que ides está diante de Iahveh.7Saíron, pois, os cinco homes e chegaron a Lais; e viron que o pobo que vivía alí estaba seguro, acougado e confiado, conforme ao costume dos sidonios; e non había ninguén na rexión que os incomodara en cousa algunha, nin posuía ninguén o reino. E estaban lonxe dos sidonios e non tiñan trato con ninguén. 8Cando eles volveron aos seus irmáns en Zora e Estaol, os seus irmáns dixéronlles: -Que tal? E eles dixeron: -Que tal?9Erguédevos, subamos contra eles, porque exploramos a terra e velaí, é moi boa. E vós, quedaredes parados? Non sexades preguizosos ao marchar para tomar posesión daquela terra. 10Cando vaiades, chegaredes a un pobo seguro e unha terra moi ampla. Porque Deus entregouna nas vosas mans; un lugar onde non lle falta nada do que hai na terra.11Entón saíron de alí de Zora e de Estaol seiscentos homes da familia de Dan, armados para a guerra. 12Subiron e acamparon en Quiriat-xearim en Xudá; por iso chamaron a aquel lugar o campamento de Dan ata hoxe; está ao occidente de Quiriat-xearim.13De alí pasaron pola rexión montañosa de Efraín, e chegaron á casa de Micaías. 14Entón os cinco homes que foran espiar a terra de Lais, dixeron aos seus irmáns: -Non sabedes que nestas casas hai un efod, terafíns, unha imaxe cortada e unha imaxe de fonte? Agora pois, considerade o que tendes que facer.15Cando chegaron alí, chegaron á casa do mozo levita, á casa de Micaías, e preguntáronlle como se atopaba. 16E os seiscentos homes que eran dos fillos de Dan, estaban armados para a guerra na entrada da porta.17Entón subiron os cinco homes que foran explorar a terra, e entraron alí e colleron o ídolo esculpido, o efod, os terafíns e o ídolo fundido; e o sacerdote estaba na entrada da porta cos seiscentos homes armados con armas de guerra. 18Cando aqueles entraron na casa de Micaías, colleron o ídolo esculpido, o efod, os terafíns e o ídolo fundido. E o sacerdote díxolles: -Que estades a facer?19E eles dixéronlle: -Cala, pon a man sobre a túa boca, e vai connosco e sé o noso pai e sacerdote. Ou é mellor que sexas sacerdote da casa dun só home, ou de unha tribo e familia en Israel? 20E o corazón do sacerdote alegrouse, e collendo o efod, os terafins e o ídolo, entrou no medio do pobo.21Entón eles volveron e partiron, poñendo os nenos, o gando e as pertenzas diante deles. 22Cando estaban xa lonxe da casa de Micaías, os homes que vivían nas casas que estaban preto da casa de Micaías foron convocados, e perseguiron aos fillos de Dan. 23Cando berraron aos fillos de Dan, eles viraron a súa faciana e dixéronlle a Micaías: -Que tes, que estás a reunir a xente?24E el respondeu: -Levastes os meus deuses que fixen, e tamén o sacerdote, e marchastes; e que me queda a min? E por que me preguntas: que me pasa? 25E os fillos de Dan dixéronlle: -Non lances voces detrás de nós, non sexa que uns homes anoxados vos asalten, e perdas a túa vida e a vida dos teus parentes. 26E os fillos de Dan seguiron polo seu camiño. Vendo Micaías que eran máis fortes ca el, volveu e volveu á súa casa.27Entón eles, levando o obxecto que Micaías fixera, e o sacerdote que tiña, chegaron a Lais, pobo que vivía tranquilo e confiado, e ferírono a espada e queimaron a cidade. 28E non houbo quen os librara, porque estaban lonxe de Sidón, e non tiñan nada que ver con ninguén. E a cidade estaba no val xunto a Bet-rehob. Eles reconstruíron a cidade e habitaron nela. 29E chamaron á cidade Dan, segundo o nome do seu pai Dan, fillo de Israel; mais antes o nome da cidade era Lais.30E os fillos de Dan levantaron para si a imaxe esculpida; e Xonatán, fillo de Gersón, fillo de Moisés, el e os seus fillos foron sacerdotes da tribo de Dan ata o día da deportación da terra. 31E puxeron sobre eles a imaxe esculpida que Micaías fixera, todo o tempo que a casa de Deus estivo en Silo.
1Naqueles días, cando non había rei en Israel, había un levita que vivía como estranxeiro no remoto da rexión montañosa de Efraín, que tomara para si unha concubina de Belén de Xudá. 2Pero a súa concubina fíxose infiel con el, e marchou del á casa do seu pai en Belén de Xudá, e quedou alí catro meses enteiros.3Entón o seu home ergueuse e seguiuna para falarlle con afecto e facer que volvera; e tiña con el un criado e un par de asnos; e ela levouno á casa do seu pai. 4Cando o pai da moza o viu, saíu ao seu encontro alegre e fixo que o seu sogro, pai da moza, o convidara a quedarse con el; e quedou na súa casa por tres días, comendo e bebendo e quedando alí.5E sucedeu que ao cuarto día, cando se erguían moi cedo, preparouse para marchar; pero o pai da moza díxolle ao seu sogro: -Reforza o teu corazón cun anaco de pan, e despois iredes. 6Entón sentaron os dous, e comeron e beberon xuntos; e o pai da moza díxolle ao home: -Rógoche que pases aquí a noite e que o teu corazón se alegre.7Cando o home se ergueu para marchar, o seu sogro insistiu, e volveu a pasar alí a noite. 8Ao quinto día, ergueuse moi cedo para marchar, e o pai da moza díxolle: -Reforza agora o teu corazón, e agarda ata que se poña o sol. E comeron os dous xuntos.9Cando o home se ergueu para marchar, el e a súa concubina e o seu servo, o seu sogro, pai da moza, díxolle: -Mira, xa está caendo o día, por favor, pasa aquí a noite; mira, está caendo o día; pasa aquí a noite e que o teu corazón se alegre; e mañá erguederédesvos cedo para o voso camiño e iredes á vosa casa.10Pero o home non quixo pasar alí a noite, senón que se ergueu e foi; e chegou ata en fronte de Iebus, é dicir, Xerusalém, co seu par de asnos aparellados e a súa concubina. 11Cando estaban preto de Iebús, o día xa estaba a declinar. E o servo dixo ao seu señor: -Ven, achegémonos a esta cidade dos iebuseos e pasemos alí a noite.12Pero o seu señor díxolle: -Non entraremos nunha cidade de estranxeiros que non son dos fillos de Israel; senón pasaremos a Guibea. E dixo ao seu servo: 13Veña, vaiamos a un destes lugares e pasemos a noite en Gabaa ou en Rama.14Pasaron, pois, e seguiron polo camiño, e púxose o sol cando chegaron a Gibea, que era de Benxamín. 15Entón desviáronse polo camiño para entrar a pasar a noite en Xudea; e entrando sentaron na praza da cidade, porque non había quen os recibira na súa casa para pasar a noite.16E velaí un home vello viña do seu traballo no campo á tardiña, o home era da rexión montañosa de Efraín, e pasaba o tempo en Guibea; pero os homes daquel lugar eran fillos de Benxamín. 17E cando o ancián levantou os ollos e viu ao home, o camiñante na praza da cidade, díxolle: -A onde vas e de onde vés?18E el respondeulle: -Estamos pasando de Belén de Xudá ao extremo superior da rexión montañosa de Efraín, de onde son, e fun a Belén de Xudá; e vou á casa de Iahveh, e non hai ninguén que me reciba na súa casa. 19Temos palla e forraxe para os nosos asnos, e temos pan e viño para min, para a túa serva e para o servo que está co teu servo; non nos falta de nada.20E o home vello dixo: -A paz sexa contigo! Toda a túa necesidade está baixo o meu coidado, só que non pases a noite na praza. 21Entón tróuxoos á súa casa, e deu forraxe aos seus asnos; e lavaron os pés, e comeron e beberon.22Pero estando eles alegrándose, velaí que os homes malvados da cidade rodearon a casa, golpeando á porta, e falaron ao ancián, dono da casa, dicindo: -Saca o home que entrou na túa casa para que nos deitemos con el! 23Entón o home, o dono da casa, saíu cara eles e díxolles: -Non, meus irmáns, rógovos que non actuedes perversamente; xa que este home veu á miña casa, non fagades esta maldade.24Velaí a miña filla virxe e a súa concubina. Deixádeme sacala agora; humilládea e facede con ela como vos pareza mellor, pero non lle fagades a este home tal infamia. 25Pero os homes non quixeron escoitalo; así que o home colleu a súa concubina e sacouna; e entraron sobre ela e violarona toda a noite ata a mañá; e ao amencer deixárona alí. 26E veu a muller no abrente, e caeu á porta da casa do home onde estaba o seu señor, ata a alborada.27Ergueuse o seu señor moi cedo, e abriu as portas da casa, e saíu para seguir polo seu camiño; e velaí que a muller, a súa concubina, estaba deitada á porta da casa coas mans no umbral. 28El díxolle: -Érguete, e vámonos. Pero non houbo resposta. Entón o home levantouna, e púxoa no seu asno, ergueuse e foi ao seu lugar.29Cando chegou á súa casa, colleu un coitelo, e botando man da súa concubina, partiuna polos seus ósos en doce pezas, e mandouna por todo o territorio de Israel. 30E todo o que o vía dicía: -Xamais se fixo nin se viu cousa semellante dende o día que os fillos de Israel subiron da terra de Exipto ata o día de hoxe! Pensade nisto, tomade decisións e falade!
1E saíron todos os fillos de Israel, e a congregación reuníuse coma un só home dende Dan ata Beerseba, e a terra de Galaad, diante de Iahveh en Mizpa. 2E os príncipes de todo o pobo, de tódalas tribos de Israel, compareceron na asemblea do pobo de Deus, catrocentos mil homes de a pé que sacaban a espada.3E os fillos de Benxamín escoitaron que os fillos de Israel subiran a Mizpa. E os fillos de Israel dixeron: -Dinos como foi esta maldade. 4Entón o levita, marido da muller morta, respondeu e dixo: -Cheguei a Guibea de Benxamín coa miña concubina para pasar alí a noite.5E os homes de Xudea levantáronse contra min, e rodearon a casa ao meu derredor de noite con a intención de matarme; e violaron á miña concubina de tal xeito que morreu. 6Entón tomei a miña concubina e corteina en anacos e mandeina por todo o territorio de Israel, porque eles cometeron unha maldade e unha infamia en Israel. 7Velaí, todos vós sodes fillos de Israel; dádeme o voso parecer e consello.8E todo o pobo ergueuse coma un só home, e dixo: -Ningún de nós irá á súa tenda, nin ningún de nós volverá á súa casa. 9Pero agora isto é o que faremos a Gibea: subiremos contra a cidade por sorteo.10Tomaremos dez homes de cada cen de tódalas tribos de Israel, e cen de cada mil, e mil de cada dez mil, para que leven provisións para o pobo, a fin de que vaian a Guibea de Benxamín e fagan con ela conforme toda a abominación que cometeu en Israel. 11E todos os homes de Israel reuníronse contra a cidade, unidos coma un só home.12E as tribos de Israel mandaron homes a toda a tribo de Benxamín, dicindo: -Que maldade é esta que se fixo entre vós? 13Agora pois, entregade os homes malvados que están en Xudea para que os matemos e quitemos o mal de Israel. Pero os de Benxamín non quixeron escoitar a voz dos seus irmáns, os fillos de Israel. 14E os fillos de Benxamín reuníronse dende as cidades a Guibea, para saír a batalla contra os fillos de Israel.15E foron rexistrados naquel tempo os fillos de Benxamín das cidades, vinteseis mil homes que sacaban a espada, sen contar os habitantes de Gibea, que foron contados en setecentos homes escolleitos. 16De todo o pobo había setecentos homes escolleitos, que eran zurdos; todos eles tiraban unha pedra cunha tirapedras a un cabelo sen fallaren.17E foron contados os homes de Israel, aparte de Benxamín, catrocentos mil homes que sacaban espada, todos eles homes de guerra. 18Erguéronse, pois, os fillos de Israel e subiron a casa de Deus, e consultaron a Deus, dicindo: -Quen de nós subirá o primeiro á batalla contra os fillos de Benxamín? E Iahveh respondeu: -Xudá será o primeiro.19E os fillos de Israel erguéronse pola mañá, e marcharon contra Gibea. 20E os fillos de Israel saíron a loitar contra Benxamín, e os homes de Israel preparáronse para o combate contra eles xunto a Gibea. 21E os fillos de Benxamín saíron de Gibea, e mataron ese día a terra vinte dous mil homes dos fillos de Israel.22Pero o pobo animouse, e os homes de Israel volveron ordenarse para a batalla no mesmo lugar onde se xuntaran no primeiro día. 23E subiron os fillos de Israel e choraron diante de Iahveh ata á noite, e consultaron a Iahveh, dicindo: -Iremos outra vez á guerra contra o noso irmán os fillos de Benxamín? E Iahveh respondeu: -Subide contra eles.24E os fillos de Israel achegáronse contra os fillos de Benxamín no segundo día. 25E Benxamín saíu de Gabaa ao seu encontro no segundo día, e mataron a outros dezaoito mil homes de fillos de Israel, todos eles que sacaban espada.26Entón subiron todos os fillos de Israel e todo o pobo, e viñeron á casa de Deus, e choraron e sentaron alí diante de Iahveh; e xaxuaron ese día ata á noite, e ofreceron holocaustos e ofrendas de paz diante de Iahveh.27E os fillos de Israel preguntaron a Iahveh (pois a arca do pacto de Deus estaba alí naqueles días, 28e Finees, fillo de Eleazar, fillo de Aarón, servía diante dela naqueles días, dicindo: -Sairemos outra vez a pelexar contra os fillos de Benxamín, o noso irmán, ou desistiremos? E Iahveh dixo: -Subide, porque mañá entregareinos na vosa man.29E Israel puxo emboscadas arredor de Guibea. 30Entón os fillos de Israel subiron contra os fillos de Benxamín no terceiro día, e armáronse para a batalla fronte a Gibea, como nas outras veces.31E os fillos de Benxamín saíron ao encontro do pobo, afastándose da cidade, e comezaron a ferir e a matar o pobo como nas outras veces nos camiños que suben a Betel e nos camiños que suben a Xudea no campo; e de Israel mataron uns trinta homes.32E os fillos de Benxamín dicían: -Están derrotados diante de nós como antes. Pero os fillos de Israel dicían: -Fuxiremos para afastalos da cidade aos camiños. 33Entón todos os homes de Israel levantáronse do seu lugar e dispuxéronse en filas para a batalla en Baal-tamar; e as emboscadas de Israel saíron do seu lugar na chaira de Guibea.34Entón dez mil homes escolleitos de todo Israel viñeron contra Xudea; e a batalla era violenta; pero non sabían que o desastre estaba preto deles. 35E naquel día Iahveh derrotou a Benxamín diante de Israel, e os fillos de Israel mataron ese día a vintecinco mil cen homes de Benxamín, todos eles que sacaban espada.36E os fillos de Benxamín viron que foran derrotados. E os fillos de Israel cederon terreo diante de Benxamín porque confiaban nas emboscadas que tiñan postas detrás de Gibea. 37E os homes da emboscada atacaron axiña a Guibea, e avanzaron e feriron a espada a toda a cidade. 38E este era o sinal acordado entre os homes de Israel e os que estaban emboscados, para que subiran unha grande columna de fume da cidade.39Cando os homes de Israel recuaron no combate, os de Benxamín comezaron a matar e a ferir a uns trinta homes de Israel, porque dicían: certamente caeron diante de nós como na primeira batalla.40Pero cando a columna de fume comezou a subir dende a cidade, os de Benxamín miraron atrás, e velaí, o fume da cidade subía ao ceo. 41Cando os homes de Israel viraron a súa defensa, os de Benxamín sentiron moito medo, porque viron que a calamidade chegara a eles.42E volveron a espalda ante os homes de Israel cara o camiño do deserto, pero a batalla alcanzounos e os que saían das cidades esnaquizábanos no medio deles.43Sitiaron a Benxamín, perseguírono e derrotárono dende Menúha ata en fronte de Gibea, cara o oriente. 44E caeron de Benxamín dezaoito mil homes, todos eles homes de guerra.45Pero eles volvéronse e fuxiron cara o deserto, onde a rocha de Rimón; e mataron deles cinco mil homes nos camiños; e perseguíronos ata Gidom, e mataron deles dous mil homes. 46Todos os benxaminitas que caeron ese día foron vintecinco mil homes que sacaban a espada, todos eles homes de guerra.47Pero seiscentos homes volvéronse e fuxiron ao deserto á rocha de Rimón; e quedáronse na rocha de Rimón catro meses. 48E os homes de Israel volveron contra os fillos de Benxamín, e feríronos a fío da espada en todas as cidades, tanto homes coma animais, e todo o que se atopou; tamén prenderon lume a tódalas cidades que se atoparon.
1E os homes de Israel xuraron en Mizpa, dicindo: -Ninguén de nós dará a súa filla por muller a Benxamín. 2E o pobo foi á casa de Deus, e sentou alí ata a noite na presenza de Deus; e levantando a voz choraron moito, e dicían: 3-Ai Iahveh!, Deus de Israel, por que aconteceu isto en Israel, que hoxe falte unha tribo de Israel?4Ao día seguinte, o pobo ergueuse moi cedo, e edificou alí un altar, e ofreceu holocaustos e ofrendas de paz. 5Entón os fillos de Israel dixeron: -Quen de tódalas tribos de Israel non subiu á congregación diante de Iahveh? Porque se fixera grande xuramento contra o que non subira a Iahveh en Mizpa, dicindo: certamente morrerá.6E os fillos de Israel sentiron pena por mor do seu irmán Benxamín, e dixeron: -Hoxe unha tribo foi cortada de Israel. 7Que faremos en canto ás mulleres para os que quedan, xa que nós xuramos por Iahveh que non lles daremos as nosas fillas por mulleres?8Entón dixeron: -Quen das tribos de Israel non subiu a Iahveh en Mizpa? E velaí, ninguén de Iabes-Galad viñera ao campamento, á reunión. 9Porque foi contado o pobo, e non había alí ningún home dos habitantes de Iabes-Galaad. 10Entón a congregación mandou alí doce mil homes dos máis valentes, e deulles ordes, dicindo: -Ide e feride a espada os habitantes de Iabes-Galaad, xunto coas mulleres e os nenos.11Pero faredes isto: mataredes todo varón, e toda muller que coñeceu home. 12E atoparon de entre os habitantes de Iabes de Galaad catrocentas raparigas solteiras que non coñeceran home, e trouxéronas ao campamento en Silo, que está na terra de Canaán.13Entón toda a congregación mandou mensaxeiros para falar aos fillos de Benxamín que estaban na rocha de Rimón, e anunciáronlles a paz. 14Cando os benxamínitas volveron entón, déronlles as mulleres que deixaran vivir de entre as mulleres de Iabes de Galaad, pero non lles bastaron. 15E o pobo tiña compaixón de Benxamín, porque Iahveh fixera unha brecha entre as tribos de Israel.16Entón os anciáns da congregación dixeron: -Que faremos cos que quedaron sen mulleres, porque as mulleres de Benxamín foran exterminadas? 17E dixeron: -Que Benxamín teña herdanza entre os que fuxiron, para que non desapareza unha tribo de Israel.18Pero nós non podemos darlles mulleres das nosas fillas, porque os fillos de Israel xuraron, dicindo: -Maldito o que dea muller a Benxamín! 19E engadiron: -Velaí, hai unha festa de Iahveh cada ano en Silo, que está ao norte de Betel, ao oriente do camiño que sobe de Betel a Siquem, e ao sur de Lebona.20Entón mandaron os fillos de Benxamín, dicindo: -Ide e poñede emboscadas nas viñas, 21e estade atentos; e cando vexades que as fillas de Silo saen a danzar no corro, saíde das viñas, e arrebatade cada un a súa muller de entre as fillas de Silo, e ide á terra de Benxamín.22E acontecerá que se os seus pais ou os seus irmáns veñen queixarse diante de nós, dirémoslles: -Tede a ben concedérnolas, pois non tomamos mulleres para todos nós na guerra; e ademais, non fostes vós os que as estades dando, para que sexades considerados culpables.23E así o fixeron os fillos de Benxamín, e colleron mulleres segundo o seu número de entre as que bailaban; e saíron e volveron á súa herdanza e reconstruíron as cidades e habitaron nelas. 24E os fillos de Israel partiron tamén de alí, cada un á súa tribo e á súa familia; e saíron de alí cada un á súa herdanza.25Naqueles días non había rei en Israel; cada un facía o que ben lle parecía.
1Había un home de Ramataim de Zofim, da rexión montañosa de Efraín que se chamaba Elcana, fillo de Xeroham, fillo de Eliú, fillo de Tohu, fillo de Zuf o efrateo. 2Elcana tiña dúas mulleres, unha chamábase Ana e a outra Penina. Penina tiña dous fillos, pero Ana non tiña fillos.5Mais a Ana dáballe unha dobre porción, xa que a amaba, aínda que o Señor non lle dera fillos. 6A súa rival, Penina, provocábaa amargamente para alporizala, porque Deus non lle dera fillos.7Isto sucedía todos os anos, sempre que ela subía á casa do Señor, Penina provocábaa, polo que Ana choraba e non comía. 8Entón Elcana, o seu home, díxolle: Ana, por que choras e non comes? Por que está triste o teu corazón? Non son eu mellor para ti que dez fillos?9Ana, despois de ter comido e bebido en Silo, ergueuse, e mentres o sacerdote Elí estaba sentado nunha cadeira xunta un poste da porta do templo do Señor, 10ela, moi agoniada, oraba ao Señor e choraba amargamente.11Entón fixo un voto e dixo: Ó Señor dos exércitos, se te dignas a mirar a tristura da túa serva, recórdame e non esquezas a túa serva, e dálle un fillo a túa serva, eu ofrecereillo ao Señor por todos os días da súa vida e nunca pasará navalla pola súa cabeza.12Mentres ela continuaba en oración diante do Señor, Elí observaba a súa boca. 13Mais Ana só falaba no seu corazón, movendo os beizos e sen que se oíse a súa voz. Entón Elí pensou que estaba bébeda. 14E díxolle Elí: Ata cando vas estar bébeda? Bota fóra ese viño!15Mais Ana respondeu: Non, señor, son unha muller aflixida de espírito. Non bebín viño nin licor, senón que desafoguei a miña alma diante do Señor. 16Non teñas a túa serva por unha muller indecente. Ata agora estaba orando por causa da miña anguria e aflición.17E respondeulle Elí: Vai en paz e que o Deus de Israel che conceda a petición que lle fixeches. 18Ela dixo: A túa serva encontrou graza aos teus ollos! Entón a muller seguiu camiño e comeu e xa non estivo máis triste.19Á mañá seguinte erguéronse moi cedo, adoraron diante do Señor e volveron para a súa casa en Ramá. E Elcana deitouse coa súa muller Ana e o Señor lembrouse dela. 20Despois de ter concebido, Ana deu a luz no seu tempo un fillo ao que lle puxo por nome Samuel, dicindo: "Porque llo pedira ao Señor."21Subiu o seu home Elcana con toda a súa familia para ofrecer o sacrificio anual e cumprir a súa promesa. 22Mais Ana non subiu, dicindolle ao seu home: Non subirei ata que destete o neno. Entón levareino para presentalo diante do Señor e que quede alí para sempre. 23Elcana, o seu home, díxolle: Fai como che pareza mellor. Queda ata que o destetes, e que o Señor confirme a túa promesa. Ana quedou e criou o seu fillo ata que o destetou *destetalo*.24Despois de telo destetado, aínda que o neno era pequeno, colleuno consigo e tróuxoo á casa do Señor en Silo. 25Tamén levou un cuxo de tres anos, un *efa*(fanega?) de fariña e un pelello de viño.26Oh, señor meu!, dixo Ana. Vive a túa alma, meu señor. Eu son a muller que estivo aquí orando o Señor xunto a ti. 27Oraba por este neno e o Señor concedeume a petición que lle fixen. 28Polo que eu tamén o adiquei o Señor todos os días da súa vida. E adorou ao Señor.
1Entón Ana orou e dixo: O meu corazón alégrase no Señor, a miña fortaleza exáltase no Señor, a miña boca fala sen medo contra os meus inimigos, xa que me alegro na túa salvación.2Non hai ninguén máis santo que o Señor, non hai outro fóra de ti, nin rocha coma o noso Deus.3Non presumades con tanto orgullo, nin saia arrogancia da vosa boca, porque o Señor é Deus de sabedoría e El é quen pesa as accións. 4Os arcos dos fortes son quebrados, mais os débiles cínguense de poder.5Os fartos contrátanse por pan e deixan de ter fame os famentos. Aínda a estéril pare sete fillos e a que ten moitos desfalece.6O Señor dá a morte e dá a vida, fai baixar ao Seol e fai subir. 7O Señor empobrece e enriquece, humilla e tamén exalta.8Ergue do pó o pobre, levanta da esterqueira o necesitado para que sente cos príncipes e herde un sitio de honor, xa que as columnas da terra son do Señor e sobre elas asentou o mundo.9El garda os pés dos seus amigos, mais silencia os malvados nas tebras, xa que o home non se impón pola forza.10Os que se enfrentan ao Señor serán abatidos, El tronará desde os ceos contra deles. O Señor xulgará os confíns da terra, dará vigor ao seu rei, e afirmará o poder do seu unxido.11Despois Elcana volveu a Ramá, a súa casa, e o neno Samuel quedou ao servizo do Señor na presenza do sacerdote Elí.12Mais os fillos de Elí eran homes indignos. Non coñecían o Señor 13nin os costumes dos sacerdotes para co pobo. Cando alguén ofrecía sacrificio, mentres se cocía a carne, viña o criado do sacerdote cun garfo de tres dentes na man, 14metíao na cazola, na pota, na caldeira ou no caldeiro e todo o que o garfo sacaba, collíao para o sacerdote. E así facían en Silo con todos os israelitas que ían ata alí.15Ademais antes de queimar a graxa, viña o criado do sacerdote e dicíalle ao home que ofrecía o sacrificio: "Dálle ao sacerdote a carne para asar, pois non acepta a carne cocida, senón carne crúa. 16E se o home lle dicía: "Primeiro hai que queimar a graxa e despois toma todo o que queiras". El respondíalle: "Non, dáma a min agora, senón collereina pola forza". 17O pecado destes mozos era moi grande ante o Señor, porque menosprezaban as ofrendas do Señor.18Samuel, ainda neno, ministraba diante do Señor con roupa sacerdotal (n.d.t.: no orixinal "efod") de liño. 19Súa nai facíalle unha túnica pequena cada ano, e traíalla cando subía co seu home para o sacrificio anual.20Eli bendicía a Elcana e á súa muller e dicía: "Que Deus che dea fillos desta muller no lugar do que ela ofreceu ao Señor". E volvían para a súa casa. 21O Señor visitou a Ana, que concibiu e pariu tres fillos e dúas fillas. E Samuel crecía*medraba* diante do Señor.22Sendo Elí xa moi ancián, escoitou todo o que os seus fillos estaban facendo a todo Israel, como se deitaban coas mulleres que servían á entrada da tenda de reunión 23e preguntoulles: "Por que facedes estas cousas? Cousas malas que escoito falar a todo o pobo". 24Non, fillos, non é bo o rumor que escoitei, pois afastades o pobo do Señor.25Se un home peca contra outro, Deus mediará por el. Mais se un home peca contra o Señor, quen intercederá por el? Mais eles non escoitaron as palabras do seu pai, porque o Señor xa decidira que morreran. 26E o xove*mozo* Samuel ía crecendo*medrando* en estatura e en graza diante do Señor e diante dos homes.27Un home chegou onda Elí e díxolle: "Así di o Señor: Non me revelei á casa do teu pai cando eles eran escravos en Exipto na casa de Faraón? 28Non vos escollín de entre todas as tribos de Israel para ser os meus sacerdotes, para subir ao meu altar, para queimar incenso, para levar efod diante de min? Deille á casa do teu pai todas as ofrendas encendidas polos fillos de Israel.29Por que pisades os meus sacrificios e as miñas ofrendas que demandei para a miña casa e honras aos teus fillos máis que a min, engordándovos co mellor de cada ofrenda do meu pobo Israel? 30Por tanto, o Señor, Deus de Israel, declara: "Eu dixéralle á túa familia e a familia do teu pai que andariades diante de min para sempre". Mais agora o Señor di: "Lonxe de min todo isto, porque eu honrarei aos que me honran e os que me desprezan serán tidos en pouco.31Polo tanto, veñen días nos que quitarei a túa forza e a forza da casa do teu pai, e non haberá ancián na túa casa. 32Verás con angustia todo o ben que lle fago a Israel, mais nunca haberá vello*ancián* na túa casa. 33Non cortarei do meu altar a algún dos teus, para consumir os teus ollos e facer esmorecer a túa alma, todos os nacidos na túa casa morrerán na forza da vida.34En canto os teus dous fillos, Ofni e Finees, este será o sinal para ti: os dous morrerán o mesmo día. 35Mais levantarei para min un sacedorte fiel que fará conforme os desexos do meu corazón e da miña alma. E levantarei unha casa duradeira e el andará diante de meu unxido.36E todo o que quede vivo da túa casa, virá e se prostrará diante del por unha moeda de prata ou por unha torta de pan e diralle: Dáme un dos traballos sacerdotais para que poida comer un anaco de pan.
1O neno*Samuel de rapza* Samuel ministraba para o Señor na presenza de Elí. A palabra do Señor era escasa naqueles días e non abundaban as visións. 2Un día, estando Elí deitado no sitio de costume (os seus ollos comenzaban a oscurecerse e non podía ver ben), 3cando a lámpada de Deus aínda non se apagara e Samuel estaba deitado no templo do Señor preto da arca de Deus, 4o Señor chamou a Samuel e el repondeu:"Estou aquí".5Entón correu cara Elí e lle dixo: Aquí estou, xa que me chamaches. Mais Elí respondeu: Non te chamei, volve a deitarte. E el deitouse. 6O Señor volveu a chamalo*volveuno a chamar*: Samuel!. E Samuel ergueuse, foi cara a Elí e díxolle: Aquí estou, xa que me chamaches". Elí respondeu: Non te chamei, meu fillo, volve a deitarte.7Samuel aínda non coñecía a Iahveh*Señor*, nin se lle revelara aínda a palabra de Iahveh. 8O Señor volveu a chamar a Samuel por terceira vez. E el ergueuse, foi cara Elí e lle dixo: Aquí estou, xa que me chamaches. Entón Elí entendeu que o Señor estaba chamando ao*polo* rapaz.9E díxolle Elí a Samuel: Vai e déitate, e se El te chama, dirás: Fala, Señor, que o teu servo escoita. E Samuel foi e deitouse no cuarto.10Entón Iahveh presentouse e o chamou como nas outras ocasións: Samuel, Samuel! E Samuel repondeu: Fala que o teu servo escoita. 11E Iahve díxolle a Samuel: Estou por facer en Israel unha cousa que fará tremer os ouvidos dos que oian.12Ese día cumprirei en Elí todo o que dixen sobre a súa casa, desde o principio ata o fin. 13Porque lle fixen saber que estou ao punto*a piques* de xulgar a súa casa para sempre por causa do pecado que el xa coñecía, porque os seus fillos trouxeron sobre si unha maldición e el non os reprendeu. 14Polo tanto xurei á casa de Elí que o seu pecado non será expiado xamais, nin con sacrificios nin con ofrendas.15Samuel deitouse ata pola mañá. Entón abriu as portas da casa de Iahveh. Mais Samuel tiña temor de lle contar a visión a Elí. 16Así que Elí chamou a Samuel e lle dixo: Samuel, meu fillo. Aquí estou, respondeu Samuel.17Elí dixo: Que palabra El che falou? Rógoche que non ma ocultes. Así che faga Iahveh e aínda máis se me ocultas algo de todas as palabras que El che falou. 18Entón Samuel contoullo todo, sen ocultarlle nada. E Elí dixo: El é Iahveh, que faga o que*mellor* lle pareza.19Samuel creceu e Iahveh estaba con el. Non deixou sen cumprir ningunha das súas palabras. 20E todo Israel desde Dan ata Beerseba soubo que Samuel fora confirmado como profeta de Iahveh. 21E Iahveh volveu a aparecer en Silo, pois era alí onde se revelaba pola súa palabra a Samuel.
1A palabra de Samuel chegaba a todo Israel. Cando Israel saiu para enfrentarse aos filisteos, acampou en Ebenezer, mentres que os filisteos acamparan en Afec. 2Os filisteos se puxeron en orde de combate para enfrentarse a Israel. Entablada a batalla, Israel foi derrotado diante dos filisteos, quen mataron como a catro mil homes no campo de batalla.3Cando a tropa volveu ao campamento, os anciáns de Israel dixeron: Por que o Señor nos fixo perder diante dos filisteos? Collamos con nós en Silo a arca da alianza de IHVH para que vaia no meio de nós e nos libre do poder dos nosos inimigos. 4Entón o pobo mandou xente a Silo e trouxero de alí a arca da alianza de IHVH dos exércitos que está enriba dos querubíns. Os dous fillos de Elí, Ofni e Finees, estaba coa arca da alianza de Deus.5Cando a arca da alianza entrou no campamento, todo Israel berrou tan forte que tremou a terra. 6Ao escoitar os filisteos o berro, dixeron: Qué é ese grande berro no campamento dos hebreos?. Entón entenderon que a arca do Señor chegara ao campamento.7Os filisteos tiveron medo e dixeron: Deus entrou no campamento. E engadiron: Ai, de nós! Porque non acontecera nada como isto antes. 8Ai, de nós! Quen nos librará da man destes deuses poderosos? Estes son os deuses que feriron aos exipcios no deserto con todas as pragas. 9Tende ánimo e sede homes, oh, filisteos, para que non cheguedes a ser escravos dos hebreos coma eles foran escravos vosos. Sede homes e pelexade.10Os filisteos pelexaron, Israel foi derrotado e cada quen fuxiu para a súa tenda. A matanza foi moi grande, xa que caeron trinta mil soldados de infanteria de Israel. 11A arca de Deus foi capturada e morreron Ofni e Finees, os dous fillos de Elí.12Un home da tribo de Benxamín correu desde o campo de batalla e chegou a Silo no mesmo día coas vestiduras rachadas e ca cabeza cuberta de po. 13Cando chegou, Elí estaba sentado na súa cadeira xunto ao camiño, porque o seu corazón tremaba pola arca de Deus. Cando o home chegou coa nova à cidade, toda a cidade berraba.14E ao escoitar Elí o ruido dos berros dixo: Que é este rebumbio? Entón o home achegouse correndo e lle deu a nova. 15Elí tiña noventa e oito anos, e os seu ollos cegaran e non podía ver.16O home lle dixo a Elí: Eu son o que veu do campo de batalla. Fuxín hoxe da batalla. Elí perguntou: Como foron as cousas, meu fillo? 17O que trouxo a nova respondeu: Israel fixiu diante dos filisteos, ademais houbo grande matanza entre o pobo, tamén morreron os teus dous fillos Ofni e Finees e a arca de IHVH foi capturada.18Cando mencionou a arca de IHVH, Elí caeu do seu asento cara atrás, xunta a porta, rompeu a caluga e morreu, xa que era un home maior e pesaba moito. Elí xulgara en Israel por coarenta anos.19A súa nora, a muller de Finees, estaba embarazada e xa a punto de parir, ao escoitar a nova de que a arca de Deus fora capturada e que o seu sogro e o seu home morreran, axeonllouse e deu a luz, porque lle viñeron as dores de parto. 20Ao momento en que morria, as mulleres que estaban con ela lle dixeron: Non temas, porque pariches un fillo. Mais ela non respondeu nen puxo atención.21Mais chamou ao neno Icabod e dixo: Marchou a glroria de Israel, por ter sido capturada a arca de Deus e pola morte do seu sogro e do seu home. 22Ela dixo: Marchou a gloria de Israel porque a arca de Deus foi capturada.
1Cando os filisteos capturaron a arca de IHVH, leváronna de Eben-Ezer a Asdod. 2E os filisteos colleron a arca de IHVH e metéronna no templo de Dagón e puxéronna xunto a Dagón. 3Ao día seguinte, cando se ergueron as xentes de Asdod, velaí que Dagón estaba prostrado por terra diante da arca de IHVH e colleron a Dagón e o puxeron no seu sitio.4Ao dia seguinte, erguéronse de novo, velaí que Dagón caera prostrado polo chan diante da arca de IHVH, e a cabeza e as mans de Dagón estaban cortadas no limiar, quedándolle só o tronco a Dagón. 5Por iso ata hoxe os sacerdotes de Dagón e todos os que entran no seu templo non pisan o limiar de Dagón en Asdod.6E a man de IHVH se agravou sobre Asdod e destruíunos e feriunos con tumores, tanto en Asdod como nos seus territorios. 7Cando os homes de Asdod viron o que pasaba, dixeron: A arca de IHVH non debe de quedar entre nós, xa que a súa man é dura sobre nós e sobre o noso deus Dagón.8Entón, enviaron e convocaron a todos os principes filisteos e dixeron: Que imos facer coa arca do Deus de Israel? E eles responderon: Que a arca do Deus de Israel se traslade a Gat. E trasladaron a arca do Deus de Israel. 9Ocurriu que cando a trasladaran, houbo grande confusión xa que a man de IHVH caeu contra da cidade; feriu con tumores aos homes da cidade desde o menor ao maior.10Entón enviaron a arca de IHVH a Ecrón. Sucedeu que cando a arca de IHVH chegou a Ecrón, os ecronitas clamaron dicindo: Traeron a arca do Deus de Israel ata nós para matarnos a nós e ao noso pobo.11Entón, enviaron e reuniron a todos os principes dos filisteos e dixeron: Sacade de aquí a arca do Deus de Israel e que volva para o seu lugar, de xeito que non nos mate a nós e ao noso pobo. Porque había un medo mortal por toda a cidade. A man de Deus fora moi pesada alí. 12E os homes que non morreron, foron feridos con tumores e o clamor da cidade subiu ata o ceo.
1A arca de Iahveh estivo sete meses en terra dos filisteos. 2Entón os filisteos chamaron aos sacerdotes e aos adiviños, dicindo: Que faremos coa arca de Iahveh? Decídenos como a devolveremos ao seu lugar3E dixéronlles: Se enviades a arca do Deus de Israel, non a enviaredes valeira, senon que a devolveredes cunha ofrenda expiatoria. Entón seredes sandados e saberedes que a súa man non se apartou de vós. 4E os filisteos perguntaron: que ofrenda expiatoria lle podemos devolver? e eles dixeron: cinco tumores de ouro e cinco ratos de ouro tantos como o número dos principes filisteos, porque a mesma praga estivo tanto sobre vós como cobre os vosos principes.5Entón, faredes imaxe dos vosos tumores e imaxe dos ratos que estragaron a vosa terra e daredes a gloria ao Deus de Israel, quizais así El alixeire a súa man sobre vós, sobre os vosos deuses e sobre a vosa terra. 6Por que endureceredes os vosos corazóns, como endureceron os seus corazóns os exipcios e o faraón? Cando El os tratou con dureza, non deixaron ir ao pobo e marcharon?7Agora pois, tomade e preparade un carro novo e dúas vacas con crías as cales nunca foron xunguidas. Xunguide as vacas ao carro e levade os cuxos a casa, lonxe delas. 8E collede a arca de Iahveh e colocádea no carro e poñede ao carón da caixana caixa os obxetos de ouro que lles daredes como ofrenda de expiación. Despois, deixádea ir e que marche. 9Observade: se sube polo camiño dos seu territorios a Bet-semes, entón saberemos que non foi a súa manque nos feriu, senon que nos sucedeu por casualidade.10Entón os homes fixeron así. Colleron dúas vacas con crías, xunguíronnas ao carro e pecharon aos seus cuxos na corte. 11Colocaron a arca de Iahveh no carro e a caixa cos ratos de ouro e a figura dos seus tumores. 12E as vacas colleron o camiño dereito cara Bet-semes. Ían polo camiño bruando mentres andaban e non se desviaron nen a dereita nen a esquerda. Os principes filisteos as seuguiron ata o linde de Bet-semes.13A xente de Bet-semes esta a segar o trigo no val, levantaron os ollos e viron a arca e se alegraron de véla.14O carro chegou ao campo de Xosué, o bet-semita, e parou onda unha grande pedra. Eles partiron a madeira do carro e ofreceron as vacas en holocausto ao Iahveh. 15Os levitas baixaron a arca de Iahveh e a caixa que estaba con ela, na que estaban os obxetos de ouro e as colocaron sobre unha grande pedra e os homes de Bet-semes ofreceron holocaoustos ao Iahveh naquel día.16Cando os cinco príncipes filisteos viron isto, volveron ese mesmo día para Ecrón.17Estes son os tumores de ouro que os filisteos entregaron coma ofrenda de expiación ao Señor: un por Asdod, un por Gaza, un por Ascalón, un por Gat e un por Ecrón. 18E os ratos de ouro correspondían a todas as cidades dos filisteos as que pertencían aos cinco principes, tanto de cidades fortificadas como de aldeas sen muralla. A grande pedra sobre a que colocaron a arca do Señor, ainda hoxe é testemuña no eido de Xosué o bet-semita.19O Señor feriu aos homes de Bet-semes porque miraron dentro da arca do Señor. Castigou a cincuenta mil setenta homes de todo o pobo e a xente chorou porque o Señor ferira ao pobo con grande mortandade. 20Os homes de Bet-semes dixeron: Quen pode estar diante do Señor, Deus Santo? Quen subirá alonxandose de nós?21E enviaron mensaxeiros aos habitantes de Quiriat-jearim, dicindo: Os filisteos devolveron a arca do Señor, baixade e subídea con vós
1E viñeron os homes de Quiriat-jearim, colleron a arca do Señor e leváronna para a casa de Abiadab no outeiro. E consagraron ao seu fillo Eleazar para que gardase a arca do Señor. 2Pasou moito tempo, vinte anos, desde que o día en que a arca quedou en Quiriat-Iearim. E Toda a casa de Israel estrañaba ao Señor.3Entón Samuel falou a toda a casa de Israel dicindo: Se tornades al Señor con todo o voso corazón, botade de entre vós os deuses alleos e as Astorets e volvede os vosos corazóns ao Señor e servídeo só a El, e El vos librará da man dos filisteos. 4Os fillos de Israel quitaron os baales e as Astorets e serviron só ao Señor.5Samuel dixo: Reunide en Mizpa a todo Israel e eu orarei ao Señor por vós. 6E se reuniron en Mizpa, sacaron auga e vertéronna diante do Señor. Xaxuaron aquel día e dixeron alí: Pecamos contra o Señor. E Samuel xulgou aos fillos de Israel en Mizpa.7Cando os filisteos escoitaron que os fillos de Israel se xuntaran en Mizpa, os principes dos filisteos subiron contra Israel. Cando escoitaron isto, os fillos de Israel tiveron medo dos filisteos. 8Entón os fillos de Israel lle dixeron a Samuel: Non deixes de clamar ao Señor noso Deus por nós, para que El nos libre da man dos filisteos.9Samuel colleu un año de leite e ofreceullo ao Señor en holocausto. E Samuel clamou ao Señor por Israel e o Señor lle respondeu.10Mentres Samuel estaba ofrecendo o holocausto, os filisteos se achegaron para pelexar con Israel. Mais o Señor mandou un trono tal aquel día contra os filisteos que os confundiu e foron derrotados diante de Israel. 11Os homes de Israel sairon de Mizpa perseguindo aos filisteos, feríndoos ata máis alá de Bet-car.12Despois Samuel colleu unha pedra e colocouna entre Mizpa e Sen, e chamouna Eben-Ezer, dicindo: Ata aquí nos axudou o Señor.13Os filisteos foron sometidos e non volveron máis dentro das lindes de Israel. E a man do Señor estivo contra dos filisteos toda a vida de Samuel. 14As cidades que os filisteos colleran a Israel, foronlles devoltas, desde Ecrón ata Gad, e Israel liberou o seu territorio da man dos filisteos. E houbo paz entre Israel e os amorreos.15Samuel xulgou en Israel todos os días da súa vida. 16Todos os anos facía un percorrido por Betel, Gilgal e Mizpa e xulgaba a Israel en todos estes lugares. 17Despois volvía a Ramá, xa que alí estaba a súa casa, e alí xulgaba a Israel. E edificou un altar ao Señor.
1E aconteceu que despois da morte de Saúl, David volveu da derrota dos amalecitas e quedou por dous días en Siclag. 2E ao terceiro día, velaí que chegou un home do campamento de Saúl coas súas roupas rachadas e po na súa cabeza; e cando chegou diante de David, caeu en terra e prostrouse.3E David díxolle: -De onde vés? E el díxolle: -Fuxín do campamento de Israel. 4E David díxolle: -Que aconteceu? Cóntame o que sabes! E el respondeu: -O pobo fuxiu da batalla, e tamén moitos do pobo caeron e morreron; e tamén Saúl e o seu fillo Xonatán morreron. 5Entón David díxolle ao mozo que estaba a contarlle todo: -Como sabes que Saúl e o seu fillo Xonatán morreron?6E o mozo respondeu: -Por casualidade eu estaba no monte Gilboa, e velaí, Saúl estaba apoiado na súa lanza, e os carros e os xinetes xa estaban chegando, 7el volveuse, viume e chamoume, e eu respondín: -Aquí me tes.8E el preguntoume: -Quen es? E eu respondín: -Son un amalecita. 9Entón díxome: -Rógoche que te poñas xunto a min e me mates, pois a agonía apoderouse de min e aínda me queda a vida. 10Entón púxenme a carón del e mateino, pois sabía que non podía vivir despois de caer dese xeito, e tomei a coroa que había na súa cabeza e o brazalete que tiña no seu brazo, e tróuxenos aquí ao meu señor.11Entón David colleu as súas roupas e rachounas; e tamén fixeron así todos os homes que estaban con el. 12E lamentaron, choraron e xaxuaron ata a tarde por Saúl e por Xonatán, o seu fillo, e polo pobo do Iahveh e pola casa de Israel, porque caeran a espada. 13Entón David preguntoulle ao mozo que lle falara: -Ti de onde es? E el respondeu: -Son fillo dun estranxeiro, un amalecita.14E David díxolle: -Como é que non tiveches medo de estender a túa man para destruír o unxido de Iahveh? 15Entón David chamou a un dos mozos e díxolle: -Érguete, matao! E el feriuno e morreu. 16E David díxolle: -Caia o teu sangue sobre a túa cabeza, porque a túa boca testemuñou contra ti, dicindo: eu matei o unxido de Iahveh!17David entoou este lamento por Saúl e por Xonatán, o seu fillo, 18e mandou que lles ensinaran aos fillos de Xudá o canto do arco. Velaí, está escrito no libro do Xusto: 19A túa gloria, Israel, morreu sobre os teus montes. Como caeron os valentes! 20Non o anunciedes en Gat, non o anunciedes nas rúas de Ascalón, non sexa que as fillas dos filisteos se alegren, non sexa que as fillas dos incircuncisos o celebren.21Ó Montes de Gilboa, que non veña sobre vós orballo nin choiva, nin campos de ofrendas! Porque alí foi deshonrado o escudo dos heroes, o escudo de Saúl, que non foi unxido con aceite. 22Senón do sangue dos feridos e da gordura dos valentes. O arco de Xonatán xamais volveu atrás! E a espada de Saúl xamais volveu baleira!23Saúl e Xonatán, queridos e amados na súa vida, nin na súa morte foron separados. Eran máis lixeiros cás águias, máis fortes que os leóns. 24Fillas de Israel, chorade por Saúl! Que vos vestía de espléndido escarlata, e adornaba de ouro as vosas roupas.25Como caeron os valentes no medio da batalla! Xonatán, ferido nas túas alturas! 26Estou aflixido por ti, meu irmán Xonatán! Eras moi querido! O teu amor para min era marabilloso, máis que o amor das mulleres. 27Como caeron os valentes e pereceron as armas de guerra!
1Despois disto, aconteceu que David consultou a Iahveh, dicindo: -Subirei a unha das cidades de Xudá? E Iahveh díxolle: -Sube. E David dixo: -A onde subirei? E El dixo: -A Hebrón. 2Subiu, pois, David alá, e tamén as súas dúas mulleres, Ahinoam izreelita e Abigail, viúva de Nabal o carmelita. 3E David tamén fixo subir aos seus homes que estaban con el, cada un coa súa familia; e viviron nas cidades de Hebrón.4Entón viñeron os homes de Xudá e unxiron alí a David como rei sobre a casa de Xudá. E informaron a David dicindo: -Os homes de Iabes de Galaad foron os que sepultaron a Saúl.
1E houbo unha guerra longa entre a casa de Saúl e a casa de David, mais David ía fortalecéndose, e a casa de Saúl debilitándose cada vez máis.2A David nacéronlle fillos en Hebrón: o seu primoxénito foi Amón, fillo de Ahinoam a iesreelita; 3o segundo, Quileab, de Abigail, viúva de Nabal do Carmel; o terceiro, Absalom, fillo de Maaca, filla de Talmai, rei de Gesur;4o cuarto, Adonías, fillo de Haguit; o quinto, Sefatías, fillo de Abital; 5o sexto, Itream, de Egla, muller de David. Estes nacéronlle a David en Hebrón.6E aconteceu que durante a guerra entre a casa de Saúl e a casa de David, Abner fortalecíase na casa de Saúl. 7E Saúl tiña unha concubina que se chamaba Rizpa, filla de Aiá. Entón Is-boset díxolle a Abner: -Por que te achegaches á concubina do meu pai?8Entón Abner anoxouse moito por mor das palabras de Is-boset, e dixo: -Seica son cabeza de can para Xudá? Ata hoxe estou a amosar bondade coa casa do teu pai Saúl, cos seus irmáns e cos seus amigos, e non te entreguei na man de David; e ti acúsasme agora dun delito con esta muller?9Que Deus faga isto a Abner, e aínda máis, se non fago cumprir o que Iahveh xurou a David: 10para transferir o reino da casa de Saúl e establecer o trono de David sobre Israel e sobre Xudá dende Dan ata Beerseba. 11E el non puido responder nada a Abner porque lle tiña medo.12Entón Abner mandou mensaxeiros a David por si, dicindo: -De quen é a terra? E engadindo: -Fai un pacto comigo, e velaquí, a miña man estará contigo para facer que todo Israel se volva a ti. 13E el respondeu: -Ben. Farei un pacto contigo, pero pídoche unha cousa: non verás a miña faciana a non ser que cando veñas a verme, veña contigo Mical, filla de Saúl.14Entón David mandou mensaxeiros a Is-boset, fillo de Saúl, dicindo: -Dáme a miña muller Mical, coa que me desposei por cen prepucios dos filisteos. 15Entón Is-boset mandou a tomala do seu home, Paltiel, fillo de Lais. 16E o seu home foi con ela chorando, e seguiuna ata Bahurim. Entón Abner díxolle: -Vaite, volve! E el foise.17E Abner celebrou consello cos anciáns de Israel, dicindo: -Durante moito tempo procurastes que David fose rei sobre vós. 18Agora pois, facédeo así porque Iahveh falou de David, dicindo: "Pola man do meu servo David salvarei o meu pobo Israel da man dos filisteos e da man de todos os seus inimigos."19Abner falou tamén aos ouvidos dos benxaminitas; e ademais foi a Hebrón para dicirlle a David todo o que lle parecía ben a Israel e a toda a casa de Benxamín. 20Cando Abner chegou onda David en Hebrón, con vinte homes con el, David preparou un banquete para Abner e os homes que estaban con el.21E Abner dixo a David: -Levantareime e irei a reunir a todo Israel para o meu señor o rei, para que fagan un pacto contigo, e sexas rei sobre todo o que o teu corazón desexe! Entón David despediu a Abner, e el foi en paz.22Velaí, os servos de David e Ioab chegaron dunha incursión e trouxeron con eles moito botín; pero Abner non estaba con David en Hebrón, porque el despedírao e el marchara en paz. 23Cando chegou Ioab e todo o exército que estaba con el, informárono dicindo: -Abner, fillo de Ner, veu xunto o rei e el despediuno, e marchou en paz.24Entón Ioab foi onda o rei e dixo: -Que fixeches? Velaquí, Abner veu a ti; por que, pois, o despediches e el marchou? 25Ti coñeces a Abner, fillo de Ner, que veu para te enganar, para coñecer as túas saídas e as túas entradas, e para saber todo o que fas! 26E cando Ioab saíu de onde David estaba, mandou mensaxeiros tras de Abner, e trouxérono dende o pozo de Sira sin que David o soubera.27E cando Abner volveu a Hebrón, Ioab levouno aparte no medio da porta para falarlle en privado, e aló feriuno no seu ventre, e morreu por causa do sangue do seu irmán Asael.28Cando David soubo disto dixo: -Eu e o meu reino somos inocentes diante de Iahveh por sempre do sangue de Abner, fillo de Ner! 29Que recaia o seu sangue sobre a cabeza de Ioab e sobre toda a casa do seu pai! Que nunca falte na casa de Ioab un que teña fluxo, ou gafo, ou que se sustente cun caxato, ou que morra a espada, ou que teña necesidade de pan! 30Así Ioab e o seu irmán Abisai mataron a Abner porque el matara a Asael, o seu irmán, na batalla de Gabaón.31E David dixo a Ioab e a todo o pobo que estaba con el: -Rasgade as vosas roupas, cinguídevos de saco e chorade diante de Abner. E o propio rei David ía detrás do ataúde. 32E sepultaron a Abner en Hebrón; e o rei levantou a súa voz e chorou ao pé do sepulcro de Abner, e todo o pobo chorou tamén.33E o rei entoou unha lamentación por Abner, e dixo: -Debería morrer Abner como morre un insensato? 34As túas mans non estaban atadas, nin os teus pés postos en grillóns. Caes como un que cae diante dos malvados. E todo o pobo volveu chorar e lamentarse por el.
1Cando Is-boset, fillo de Saúl, escoitou que Abner morrera en Hebrón, as súas mans debilitáronse e todo Israel colleu medo. 2E o fillo de Saúl tiña dous homes que eran príncipes de bandas: un chamábase Baana, e o outro Recab, os dous, fillos de Rimón Beerotita, dos fillos de Benxamín (pois Beerot tamén se considera parte de Benxamín). 3pois os beeroteos fuxiran a Gitaím, e viviron ali coma estranxeiros ata hoxe.4E Xonatán, fillo de Saúl, tiña un fillo lisiado dos pés. Este tiña cinco anos cando viñeron de Xizreel as novas da morte de Saúl e Xonatán, e a súa criada colleuno e fuxiu; pero aconteceu que na súa présa por fuxir, caeu e quedou coxo. O seu nome era Mefiboset.5E os fillos de Rimón o Beerotita, Recab e Baana, foron e entraron na casa de Is-boset no calor do día, mentres el estaba durmindo a sesta. 6E eles entraron ao medio da casa coma se fosen buscar trigo, e ferírono na quinta costela; e despois Recab e o seu irmán Baana fuxiron. 7Cando entraron na casa Is-boset estaba deitado na súa cama, na súa habitación, e ferírono e matárono; e cortáronlle a cabeza, e colleron a cabeza e camiñaron toda a noite polo camiño da Araba.8E trouxeron a cabeza de Is-boset a David en Hebrón, e dixéronlle ao rei: -Velaquí a cabeza de Is-boset, fillo do teu inimigo Saúl, que quería quitarche a vida! Así Iahveh vengou hoxe ao meu señor o rei de Saúl e á súa descendencia! 9Pero David respondeu a Recab e ao seu irmán Baana, fillos de Rimón Beerotita, e díxolles: -Vive Iahveh que rescatou a miña vida de toda anguria! 10Que cando un me avisou, dicindo: "velaí, Saúl morreu," pensando que me traía boas novas, prendino e mateino en Siclag; ese foi o pago que lle dei polas novas que me trouxo, aínda que el pensaba que traía boas noticias;11canto máis, a vós homes malvados que matastes un home xusto na súa propia casa e na súa cama? Non demandarei agora o seu sangue das vosas mans, para botarvos da terra? 12Entón David ordenou aos mozos, e eles matáronos e cortáronlles as mans e os pés, e colgáronos xunto ao estanque en Hebrón. Despois tomaron a cabeza de Is-boset e sepultárona no sepulcro de Abner en Hebrón.
1Entón tódalas tribos de Israel foron xunto a David en Hebrón, dicindo: -Velaquí, nós somos parte dos teus ósos e da túa carne! 2Aínda antes, cando Saúl era rei sobre nós, ti eras o que guiaba a Israel nas súas saídas e entradas, e Iahveh díxote: ti pastorearás o meu pobo Israel, e ti serás príncipe sobre Israel.3Entón todos os anciáns de Israel viñeron ao rei en Hebrón, e o rei David fixo un pacto con eles en Hebrón diante de Iahveh; e unxiron a David como rei sobre Israel. 4David tiña trinta anos cando chegou a ser rei, e reinou por corenta anos. 5Reinou en Hebrón sobre Xudá sete anos e seis meses; e en Xerusalém reinou trinta e tres anos sobre todo Israel e Xudá.6E o rei e os seus homes marcharon a Xerusalém contra os iebuseos, habitantes daquela terra, que lle dixeran a David: -Non entrarás aquí; mesmo os cegos e os coxos serán quen de te rexeitar berrando: David non pode entrar aquí! 7Con todo, David tomou a fortaleza de Sión, é dicir, a cidade de David.8E dixo David ese día: -Quen queira ferir os iebuseos, que suba polo túnel da auga e chegue aos coxos e aos cegos, aos que a alma de David aborrece. Por iso se di: "Nin os cegos nin os coxos entrarán na casa." 9E David viviu na fortaleza e chamouna Cidade de David. E edificou David o muro arredor dende o Milo cara adentro. 10E David seguía engrandecéndose, porque Iahveh, Deus dos exércitos, estaba con el.11E Hiram, rei de Tiro, mandou mensaxeiros a David, con madeira de cedro, e carpinteiros e canteiros, e eles construíron unha casa para David. 12E David entendeu que Iahveh o confirmara como rei sobre Israel, e que exaltara o seu reino por amor ao seu pobo Israel.13Despois de vir de Hebrón, David tomou máis concubinas e mulleres en Xerusalém, e nacéronlle a David máis fillos e fillas. 14E estes son os nomes dos que lle naceron en Xerusalém: Samua, Sobab, Natán, Salomón, 15Ibhar, Elisúa, Nefeg, Iafía, 16Elisama, Eliada, e Elifelet.17Cando os filisteos escoitaron que David fora unxido rei sobre Israel, todos os filisteos subiron a buscar a David. E cando David o soubo, baixou á fortaleza. 18Entón chegaron os filisteos e desplegáronse polo val de Refaím.19David consultou entón a Iahveh, dicindo: -Subirei contra os filisteos? Entregaralos na miña man? E Iahveh dixo a David: -Sube, e certamente entregarei os filisteos na túa man. 20Entón David foi a Baal-Perazim e alí venceunos, e dixo: - Iahveh creou unha brecha entre os meus inimigos diante de min, como unha corrente impetuosa! Por iso chamouse a aquel lugar Baal-Perazim. 21E eles abandonaron alí os seus ídolos, e David e os seus homes leváronos.22Despois os filisteos subiron outra vez e desplegáronse no val de Refaím. 23Entón David consultou a Iahveh, e El dixolle: -Non subas directamente; virás por detrás deles e sairás a eles en fronte das moreiras.24E acontecerá que cando escoites o son de marcha nas copas das moreiras actuarás axiña; porque entón Iahveh sairá diante de ti para derrotar o exército dos filisteos. 25E David fixo así, como Iahveh lle mandara, e derrotou os filisteos dende Geba ata Gezer.
1David reuniu de novo a todos os homes escollidos de Israel, trinta mil. 2e David ergueuse e foi con todo o pobo que estaba con el a Baala de Xudá, para facer subir de alí a arca de Deus, que é chamada polo Nome: o nome de Iahveh dos exércitos que está sobre os querubíns.3E puxeron a arca de Deus sobre un carro novo, para levala da casa de Abinadab que estaba no monte; e Uzá e Ahío, fillos de Abinadab, guiaban o carro novo. 4E levárono coa arca de Deus dende a casa de Abinadab que estaba no monte; e Ahío ía diante da arca. 5E David e toda a casa de Israel tocaban con ledicia diante de Iahveh con toda clase de instrumentos feitos de madeira de abeto, con liras, salterios, pandeiros, frautas e címbalos.6Cando chegaron á eira de Nacon, Uza estendeu a súa man cara a arca de Deus e suxeitouna, porque os bois estaban a piques de derrubala. 7Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Uza, e Deus feriuno alí por mor da súa transgresión, e morreu alí xunto á arca de Deus.8E anoxouse David porque a ira de Iahveh caera sobre Uza, e chamou a aquel lugar Perez-Uza, como se chama ata hoxe. 9E David tivo medo de Iahveh ese día, e dixo: -Como poderá vir a min a arca de Iahveh?10E David non quixo trasladar a arca de Iahveh con el á Cidade de David, senón que a trasladou á casa de Obed-edom o ieteo. 11E a arca de Iahveh quedou na casa de Obed-edom o ieteo por tres meses; e Iahveh bendixo a Obed-edom e a toda a súa casa.12E informaron ao rei David, dicindo: - Iahveh bendiciu a casa de Obed-edom e todo o que lle pertence por mor da arca de Deus. Entón David foi e fixo subir a arca de Deus da casa de Obed-edom á Cidade de David con ledicia. 13E aconteceu que cando os que levaban a arca de Iahveh camiñaban seis pasos, el sacrificaba un boi e un cordeiro.14E David bailaba con toda a súa forza diante de Iahveh; e estaba vestido cun efod de liño. 15Así David e toda a casa de Israel subían a arca de Iahveh con aclamacións e son de trompeta.16E aconteceu que cando a arca de Iahveh chegou á Cidade de David, Mical, filla de Saúl, mirou pola fiestra, e cando viu ao rei David brincando e bailando diante de Iahveh, desprezouno no seu corazón. 17E trouxeron a arca de Iahveh e puxérona no seu lugar dentro da tenda que David tivera levantada para ela; e David ofreceu holocaustos e ofrendas de paz diante de Iahveh.18Cando David rematou de ofrecer os holocaustos e as ofrendas de paz, bendiciu o pobo no nome de Iahveh dos exércitos. 19Despois repartiu a todo o pobo, a toda a multitude de Israel, tanto homes coma mulleres, a cada un, un anaco de pan, un anaco de dátiles e unha torta de pasas. Entón todo o pobo marchou cada un á súa casa.20Cando David volveu a bendicir a súa casa, Mical, filla de Saúl, saíu ao encontro de David e díxolle: -Que distinguido se fixo hoxe o rei de Israel, descubríndose hoxe aos ollos das criadas dos seus servos, como se descubre un calquera!21E David dixo a Mical: -Foi diante de Iahveh que me escolleu por enriba do teu pai e de toda a súa casa para me constituír príncipe sobre o pobo de Iahveh; así que cantarei diante de Iahveh. 22E aínda me hei facer menos que isto, e serei humillado diante dos meus propios ollos; pero serei honrado diante das servas das que ti que falaches. 23E Mical, filla de Saúl, non tivo fillos ata o día da súa morte.
1E aconteceu que cando o rei vivía na súa casa, despois de que Iahveh lle dera descanso de todos os seus inimigos arredor, 2o rei dixo ao profeta Natán: -Mira, eu vivo nunha casa de cedro, pero a arca de Deus vive entre cortinas.3E Natán dixo ao rei: -Vai, fai todo o que hai no teu corazón, porque Iahveh está contigo. 4Pero esa mesma noite a palabra de Iahveh chegou a Natán, dicindo: 5-Vai e di ao meu servo David: -Isto di Iahveh: -Es ti o que me vai edificar unha casa para vivir?6Pois non vivín en casa algunha dende o día que fixen subir aos fillos de Israel de Exipto ata o sol de hoxe, senón que andei en tenda e en tabernáculo. 7En todo o que andei con todos os fillos de Israel, falei algunha vez a algunha das tribos de Israel ás que lles mandei pastorear o meu pobo Israel, dicindo: por que non me edificastes unha casa de cedro?8Agora pois, así dirás ao meu servo David: así di Iahveh dos exércitos: Eu collinte das mandas, de seguir tras do rabaño, para que foses príncipe sobre o meu pobo Israel. 9E estiven contigo en todos os teus camiños e destruín a todos os teus inimigos diante de ti; e farei de ti un gran nome, coma o nome dos grandes que están na terra.10E dispuxen un lugar para o meu pobo Israel e planteino alí, para que habite na súa propia terra e non sexa perturbado; e os malvados non os aflixan máis como no principio, 11como dende o día en que mandei levantar xuíces sobre o meu pobo Israel. E dareiche acougo de todos os teus inimigos; e tamén Iahveh faiche saber que Iahveh edificará unha casa para ti.12Cando se cumpran os teus días e descanses cos teus pais, levantarei a túa descendencia despois de ti, que sairá das túas entrañas, e establecerei o seu reino. 13El edificará unha casa para o meu nome, e Eu establecerei o trono do seu reino para sempre. 14Eu serei o seu pai e el será o meu fillo. Cando cometa iniquidade, corrixireino con vara de homes e con azoutes de fillos dos homes,15pero a miña misericordia non se afastará del, como a afastei de Saúl, a quen quitei de diante de ti. 16A túa casa e o teu reino permanecerán para sempre diante de ti; e o teu trono será establecido para sempre. 17Segundo todas estas palabras e conforme toda esta visión, así lle falou Natán a David.18Entón o rei David entrou e sentou diante de Iahveh, e dixo: -Quen son eu, meu Señor Iahveh, e que é a miña casa para que me teñas traído ata aquí? 19E coma se fose pouco aos teus ollos, ó Señor Iahveh, ti tamén falaches da casa do teu servo respecto ao que vai a vir moito máis adiante. Señor Iahveh, que grande designio para un home! 20E que máis pode dicirche David? Pois ti, Señor Iahveh, coñeces o teu servo!21Por mor da túa palabra e conforme o teu propio corazón, fixeches toda esta grandeza para que o soubera o teu servo. 22Ó Señor Iahveh, por iso ti es grande! Non hai ninguén coma ti, nin hai outro Deus ademais de ti, conforme todo o que escoitamos cos nosos ouvidos! 23E que nación hai na terra coma o teu pobo Israel, que viñeches rescatar para ti como pobo, para poñerlle nome e facer grandes cousas grandes e terribles, expulsando as nación e os seus deuses diante do pobo que rescataches de Exipto?24Ti estableciches o teu pobo, Israel, como o teu pobo para sempre, e ti, Iahveh, viñeches ser o seu Deus. 25E agora, Ó Iahveh Deus, confirma para sempre a palabra que falaches sobre o teu servo e sobre a súa casa, e fai como dixeches. 26Que o teu nome sexa engrandecido para sempre, para que digan: Iahveh dos exércitos é o Deus de Israel. E sexa establecida a casa do teu servo David diante de ti.27Porque ti, Iahveh dos exércitos, Deus de Israel, despertaches o ouvido do teu servo dicindo: "Eu construireiche unha casa. Por iso o teu servo atopou no seu corazón o valor para levantar esta oración diante de ti. 28Pois agora, Señor Iahveh, ti só es Deus, e as túas palabras son verdade, e prometiches ao teu servo este ben. 29Ten a ben bendicir a casa do teu servo para que permaneza para sempre diante de ti; porque ti, Señor Iahveh, falaches, e coa túa bendición será bendita a casa do teu servo para sempre.
1Despois disto, aconteceu que David derrotou os filisteos e someteunos, e David tomou a cidade das mans dos filisteos.2E derrotou tamén a Moab, e mediunos cun cordón facéndoos deitarse en terra: dous cordóns para darlles morte, e un cordón para deixalos vivir. E os moabitas foron servos de David, e pagaron tributos.3David tamén derrotou a Hadad-ezer, fillo de Rehob, rei de Soba, cando este ía restaurar o seu dominio na rexión do río Eufrates. 4E David capturou mil setecentos homes de a cabalo e vinte mil homes de a pé; e David descabezou os cabalos dos carros, deixando só para cen carros.5E cando os sirios de Damasco viñeron axudar a Hadadezer, rei de Soba, David matou vinte e dous mil homes deles. 6Entón David puxo postos de garda en Siria de Damasco, e os sirios foron servos de David, traéndolle tributos. E Iahveh ía con David onde queira que fora e dáballe a victoria.7E David colleu os escudos de ouro que tiñan os servos de Hadadezer, e tróuxoos a Xerusalém. 8E de Beta e de Berotai, cidades de Hadadezer, o rei David colleu unha gran cantidade de bronce.9E cando Toi, rei de Hamat, escoitou que David derrotara a todo o exército de Hadadezer, 10mandou o seu fillo Ioram ao rei David, para saudalo e darlle os parabéns porque Hadadezer pelexara con el e el o derrotara; pois Hadadezer era inimigo de Toi. E Ioram traía na súa man obxectos de prata, de ouro e de bronce,11que o rei David ofreceu a Iahveh , xunto coa prata e o ouro que tomara de tódalas nacións que conquistara: 12de Aram e Moab, dos fillos de Amón, dos filisteos e de Amalec, e do botín de Hadadezer, fillo de Rehob, rei de Soba.13E David fíxose famoso cando volveu despois de derrotar a dezaoito mil sirios no val do Sal. 14E puxo postos de garda en Edom, e todos os edomitas foron servos de David. E Iahveh daba a victoria a David onde queira que ía.15E David reinou sobre todo Israel, e administrou xustiza e xuízo a todo o seu pobo. 16Ioab, fillo de Sarvia, era xefe do exército; e Iosafat, fillo de Ahilud, era o cronista; 17Sadoc, fillo de Ahitob, e Ahimélec, fillo de Abiatar, eran os sacerdotes; e Seraías era o secretario; 18Benaías, fillo de Iohada, estaba a cargo dos cereteos e peleteos; e os fillos de David eran os príncipes.
1Entón David dixo: -Hai aínda alguén que quede da casa de Saúl para que eu lle teña bondade por amor a Xonatán? 2E había un servo da casa de Saúl que se chamaba Siba, chamárono diante de David, e o rei díxolle: -Es ti Siba? E el respondeu: -O teu servo.3Entón o rei dixo: -Non queda ninguén da casa de Saúl a quen eu poida amosar o favor de Deus? E Siba respondeu ao rei: -Aínda queda un fillo de Xonatán, impedido de ambos pés. 4E o rei díxolle: -Onde está? E Siba dixo ao rei: -Velaquí, está na casa de Maquir, fillo de Amiel, en Lodebar.5Entón o rei David mandou traelo da casa de Maquir, fillo de Amiel, de Lodebar. 6Cando Mefiboset, fillo de Xonatán, fillo de Saúl, chegou onda David, caeu sobre o seu rostro e prostrouse. E David dixolle: -Mefiboset? E el respondeu: -Aquí está o teu servo.7Entón David díxolle: -Non temas, porque de certo amosarei misericordia contigo por amor a Xonatán, o teu pai, e devolvereiche tódalas terras do teu avó Saúl, e ti comerás sempre na miña mesa. 8E el prostrouse de novo e dixo: -Quen é o teu servo para que te preocupes por un can morto coma min?9Entón o rei chamou a Siba, servo de Saúl, e díxolle: -Hei dar ao neto do teu señor todo o que pertencía a Saúl e á súa casa. 10Ti, cos teus fillos e os teus servos, cultivaredes a terra para el e levaredes os froitos para que o neto do teu señor teña alimento. Con todo, Mefiboset, neto do teu señor, comerá sempre na miña mesa. E Siba tiña quince fillos e vinte servos.11Entón Siba dixo ao rei: -Segundo todo o que o meu señor o rei manda ao seu servo, así fará o teu servo. E Mefiboset comía á mesa de David coma un dos fillos do rei. 12E Mefiboset tiña un fillo pequeno que se chamaba Micaías. E todos os que vivían na casa de Siba eran servos de Mefiboset. 13E Mefiboset vivía en Xerusalém, porque sempre comía na mesa do rei; e era coxo dos seus dous pés.
1Aconteceu despois disto que morreu o rei dos amonitas, e o seu fillo Hanún reinou no seu lugar. 2E dixo David: -Serei bondadoso con Hanún, fillo de Nahas, así coma seu pai foi bondadoso comigo. Entón David mandou os seus servos para consolalo pola morte do seu pai. Pero cando os servos de David chegaron á terra dos amonitas, 3os príncipes dos amonitas dixéronlle a Hanún: -Cres que David honra a teu pai por mandarche xente para te consolar? Non enviou os seus servos para recoñecer a cidade, espiala e conquistala?4Entón Hanún colleu os servos de David, e rapoulles a metade da súa barba e cortou as súas roupas pola metade ata as nádegas, e despediunos. 5Cando informaron a David, mandou ao seu encontro, porque os homes estaban moi avergoñados, e o rei díxolles: -Quedade en Iericó ata que vos medre a barba, e despois volvede.6E cando os amonitas viron que se fixeran odiosos con David, mandaron homes para contratar aos arameos de Bet-rehob e aos sirios de Soba, vinte mil homes de a pé, e do rei de Maaca mil homes e de Is-tob doce mil homes. 7E cando David o escoitou, mandou a Ioab e a todo o exército de homes valentes. 8E os amonitas saíron e puxéronse en fila de batalla na entrada da súa cidade; e os sirios de Soba e de Rehob, e os homes de Is-tob e de Maaca, estaban aparte no campo.9E cando Ioab viu que o combate arreciaba por diante e por detrás, escolleu de entre todos os homes máis capaces de Israel e colocounos en batalla contra os sirios. 10E puxo o resto do pobo a mando do seu irmán Abisai, e colocouno en orde de batalla contra os amonitas.11E dixo: -Se os sirios son demasiado fortes para min, entón ti axudarasme; e se os amonitas son demasiado fortes para ti, entón eu irei a axudarte. 12Sé forte e mostrémonos valentes por amor ao noso pobo e polas cidades do noso Deus; e que faga Iahveh o que ben lle pareza!13E Ioab e o pobo que estaba con el achegáronse para loitar contra os sirios, e eles fuxiron de diante del. 14E cando os amonitas viron que os arameos fuxían, eles tamén fuxiron de diante de Abisaí e entraron na cidade. Entón Ioab volveu da batalla contra os amonitas e regresou a Xerusalém.15Pero cando os sirios viron que foran derrotados por Israel, volveron a reunirse. 16E Hadadezer mandou traer os sirios que estaban alén do río, e foron a Helam; e Sobac, comandante do exército de Hadadezer, ía á súa cabeza.17Cando se lle informou a David, reuniu a todo Israel e cruzou o Xordán e chegou a Helam. Os sirios dispuxéronse en orde de batalla para se enfrentar a David, e loitaron contra el. 18Pero os sirios fuxiron diante de Israel; e David matou dos arameos setecentos carros e corenta mil homes de a cabalo; e feriu a Sobac, comandante do seu exército, que morreu alí. 19Cando todos os reis servos de Hadadezer viron que foran derrotados por Israel, fixeron paz con Israel e servíronlle. E os sirios tiveron medo de axudar máis aos amonitas.
1E aconteceu que na primavera, no tempo en que os reis saen a batalla, David mandou a Ioab e con el os seus servos e a todo Israel, e destruíron os amonitas e sitiaron Rabá. Pero David permaneceu en Xerusalém.2E sucedeu que á tardiña David ergueuse da súa cama e andaba pola terraza da casa real, e dende a terraza viu unha muller que se estaba a bañar; e a muller era moi fermosa. 3E David mandou preguntar sobre aquela muller; e alguén dixo: -Non é esta Betsabé, filla de Eliam, muller de Urías o hitita?4David mandou mensaxeiros para que lla trouxeran; e ela veu onda el, e el deitouse con ela. E ela volveu á súa casa despois de purificarse da súa impureza. 5E a muller concibiu, e mandou aviso a David, dicindo: -Estou embarazada.6Entón David mandou mensaxe a Ioab, dicindo: -Mándame a Urías o hitita. E Ioab mandou a Urías a David. 7Cando Urías veu onda el, David preguntoulle como estaba Ioab e como estaba o pobo e como ía a guerra. 8Entón David dixo a Urías: - baixa á túa casa e lava os teus pés. Cando Urías saíu da casa do rei, enviáronlle un regalo de parte do rei.9Pero Urías durmiu á entrada da casa do rei con todos os servos do seu señor, e non baixou á súa casa. 10Cando lle informaron a David dicindo: -Urías non baixou á súa casa, David díxolle a Urías: -Non viñeches de viaxe? Por que non baixaches á túa casa? 11E Urías respondeu a David: -A arca, Israel e Xudá viven en tendas, e o meu señor Ioab e os servos do meu señor están acampados no campo. Irei eu á miña casa para comer e beber e deitarme coa miña muller? Pola túa vida e pola vida da túa alma, que non farei tal cousa!12Entón David dixo a Urías: -Queda aquí tamén hoxe, e mañá deixareite ir. E Urías quedou en Xerusalém ese día e o día seguinte. 13Entón David convidouno a comer e a beber con el, e embebedouno. Pero á tardiña Urías saíu e deitouse na súa cama cos servos do seu señor, e non baixou á súa casa.14Ao día seguinte David escribiulle unha carta a Ioab e mandouna por man de Urías. 15Na carta escribía: -Pon a Urías no fronte da batalla máis dura, e afastádevos del, para que sexa ferido e morra.16E aconteceu que cando Ioab estaba a asediar a cidade, puxo a Urías onde sabía que estaban os homes mais valentes. 17Entón os homes da cidade saíron e loitaron contra Ioab; e algúns dos homes, dos servos de David, caeron; e morreu tamén Urías o hitita.18E Ioab mandou unha mensaxe para contarlle a David todos os acontecementos da guerra; 19E ordenou ao mensaxeiro, dicindo: -Cando remates de contar ao rei todos os feitos da guerra, 20se acontece que se alporiza e che di: Por que vos achegastes tanto á cidade para loitar? Non sabedes o que botan dende o muro?21Quen matou a Abimelec, fillo de Ierubaal? Non foi unha muller a que botou sobre el unha roda de muíño dende o cumio do muro, de xeito que morreu en Tebes? Por que vos achegastes tanto ao muro? Entón di: -Tamén o teu servo Urías o hitita morreu.22Saíu, pois, o mensaxeiro, e chegou e díxolle a David todo o que Ioab mandara dicir. 23E o mensaxeiro dixo a David: -Os homes foron máis fortes ca nós, e saíron ao campo contra nós, pero nós arremetemos contra eles ata a entrada da porta.24E os arqueiros tiraron contra os teus servos dende o muro, e algúns dos servos do rei morreron; e tamén o teu servo Urías o hitita morreu. 25E David dixo ao mensaxeiro: -Así dirás a Ioab: non te angusties por isto, pois a espada devora tanto a este como a outro; fortalece a batalla contra a cidade e destrúea; e ti, anímate!26Cando a muller de Urías soubo que o seu marido Urías morrera, estivo de loito polo seu marido. 27E cando pasou o loito, David mandouna traer á súa casa, e ela foi a súa muller, e deu a luz un fillo. Pero o que David fixera era malo aos ollos de Iahveh.
1E Iahveh mandou a Natán a David, e foi diante del e díxolle: -Había dous homes nunha cidade, un rico e o outro pobre. 2O home rico tiña grandes rabaños de ovellas e vacas. 3Pero o home pobre non tiña máis ca unha pequena ovella que mercara e que criara, e esta medraba con el e cos seus fillos. Comía da súa comida e bebía da súa copa e durmía no seu peito e era coma unha filla para el.4Pero chegou un viaxeiro diante do home rico, e este non quixo tomar das súas ovellas nin das súas vacas para preparar o alimento para o viaxeiro que viñera a el, senón que colleu a pequena ovella do home pobre e guisouna para o home que viñera a el. 5Entón acendeuse a ira de David contra o home, e díxolle a Natán: -Como vive Iahveh, certamente o home que fixo isto merece morrer! 6E ha pagar catro veces máis pola ovella, porque fixo isto e non tivo compaixón.7Entón Natán díxolle a David: -Ti es ese home! Así di Iahveh, Deus de Israel: Eu unxínte rei sobre Israel e rescateite da man de Saúl. 8eEentreguei na túa custodia a casa do teu señor e as mulleres do teu señor, e deiche a casa de Israel e de Xudá; e se iso non fora suficiente, teríache engadido moito máis.9Por que desprezaches a palabra de Iahveh, facendo o malo aos seus ollos? Mataches a espada a Urías o hitita, e tomaches a súa muller para que fose a túa muller; e asasináchelo coa espada dos amonitas. 10Agora pois, a espada non se afastará da túa casa para sempre, porque me desprezaches e tomaches a muller de Urías o hitita para que fose a túa muller.11Así di Iahveh: "Velaquí, levanto contra ti maldade dende a túa propia casa; e tomarei as túas mulleres diante dos teus ollos e dareinas ao teu compañeiro, e el deitarase coas túas mulleres a luz do día. 12En verdade ti fixéchelo en segredo, pero Eu farei isto diante de todo Israel e á luz do sol. 13Entón David dixo a Natán: -Pequei contra Iahveh! E Natán díxolle a David: - Iahveh perdoa o teu pecado; non morrerás.14Con todo, por canto blasfemaches grandemente contra Iahveh neste asunto, o fillo que che naceu morrerá. 15E Natán volveu á súa casa. E Iahveh feriu o neno que a viúva de Urías lle dera a David, e púsoxe moi grave.16David orou a Deus polo neno, xaxuou, retiruose, e pasou a noite deitado no chan. 17E os anciáns da súa casa achegáronse a el para levantalo do chan, pero el non quixo, e non comeu pan con eles. 18E aconteceu que morreu o neno ao sétimo día. E os servos de David tiñan medo de lle dicir que o neno morrera, pois dicían: mira, cando o neno estaba vivo, falamos con el e non nos escoitou. Canto mais non se aflixirá se lle decimos que o neno morreu?19Pero cando David viu que os seus servos murmuraban entre si, entendeu que o neno morrera; e dixo aos seus servos: - Morreu o neno? E eles dixeron: -Está morto. 20Entón David ergueuse do chan, lavouse e unxiuse e mudou de roupa; e entrou na casa de Iahveh e adorou. Despois veu á súa casa e pediu que lle puxeran comida diante e comeu.21Entón os seus servos dixéronlle: -Que é isto que fixeches? Mentres vivía o neno, xaxuaches e choraches; e cando morreu o neno, erguécheste e comiches pan. 22E el respondeu: -Mentres vivía o neno, xaxuaba e choraba, porque pensaba: quen sabe se Iahveh terá compaixón de min e o neno vivirá? 23Pero agora que morreu, por que xaxuar? Poderei facelo volver? Eu irei a el, pero el non volverá a min.24Entón David consolou a Betsabé, a súa muller, e veu a ela e deitouse con ela; e ela deu a luz un fillo e chamouno Salomón. E Iahveh amouno. 25E mandou mensaxe por medio do profeta Natán, e chamouno Iedidías, por mor de Iahveh.26Entón Ioab atacou a Rabá dos amonitas e capturou a cidade real. 27E Ioab mandou mensaxeiros a David, e dixo: -Loitei contra Rabá e tamén tomei a cidade das augas. 28Agora pois, xunta o resto do pobo, e acampa contra a cidade e toma a cidade, non sexa que eu tome a cidade e sexa chamada polo meu nome.29Entón David reuniu a todo o pobo e foi a Rabá, e loitou contra ela e conquistouna. 30E quitou a coroa da cabeza do seu rei, que pesaba un talento de ouro e tiña unha pedra preciosa, e púxoa sobre a cabeza de David. E sacou da cidade un botín moi grande.31Tamén sacou a xente que había nela e obligouna a traballar con serras, picos de ferro e machados, e fíxoos ir aos fornos de ladrillos. Así fixo con todas as cidades dos amonitas. Entón David volveu con todo o pobo a Xerusalém.
1Despois disto aconteceu que Absalom, fillo de David, tiña unha irmá moi fermosa chamada Tamar, e que Amnon, fillo de David, namorouse dela. 2E Amnon estaba tan apaixoado por mor da súa irmá Tamar que enfermou, porque ela era virxe, e era difícil para Amnon facerlle cousa algunha.3E Amnon tiña un amigo que se chamaba Ionadab, fillo de Simea, irmán de David; e Ionadab era un home moi astuto. 4E el díxolle: -Fillo do rei, por que estás tan triste día tras día? Non me dirás? E Amón díxolle: -Estou namorado de Tamar, irmá do meu irmán Absalón.5Entón Jonadab díxolle: -Déitate na túa cama e finxe estar doente; e cando o teu pai veña a te ver, dille: pídoche que deixes que a miña irmá Tamar veña e me dea un pouco de alimento para que coma e prepare a comida diante de min, para que eu a vexa e coma da súa man. 6Entón Amnon deitouse e finxiu estar doente. E cando o rei veu velo, Amnon díxolle ao rei: -Rógoche que veña a miña irmá Tamar e faga dúas tortas diante de min para que eu coma da súa man.7Entón David mandou mensaxe a Tamar á súa casa, dicindo: -Vai, rógoche, á casa do teu irmán Amnon e prepáralle unha comida. 8Foi, pois, Tamar á casa do seu irmán Amnon, que estaba deitado; e ela colleu a masa, amasouna e fixo tortas diante del e cociñounas. 9E collendo a sartén, serviuna diante del, pero el rexeitou comer. E dixo Amnon: -Facede saír a todos de diante de min. E todos saíron de alí.10Entón Amnon dixo a Tamar: -Trae a comida á mesa para que coma da túa man. E Tamar colleu as tortas que fixera e levounas ao seu irmán Amnon na mesa. 11Cando ela se lle acercou para que comera, el botoulle a man e díxolle: -Ven, déitate comigo, miña irmá. 12Pero ela respondeulle: -Non, meu irmán, non me maltrates, porque tal cousa non se fai en Israel! Non fagas esta infamia!13Pois, onde podo eu ir coa miña vergoña? E ti serás coma un dos necios en Israel. Agora, rógoche, fala co rei, porque el non te negará o entregarme a ti. 14Pero el non quixo escoitala, e como era máis forte ca ela, violentouna e deitouse con ela.15Deseguida Amnon aborreceuna dun xeito terrible; o odio co que a aborreceu era maior que o amor co que a amara. E Amnon díxolle: -Érguete, vaite! 16Pero ela respondeulle: -Non, porque esta inxustiza que me fas botándome fóra é maior que a outra que me fixeches. Pero el non quixo escoitala. 17Mais ben chamou a seu criado que o servía e díxolle: -Bota a esta muller de aquí, e fecha a porta detrás dela.18(Ela tiña un vestido de mangas longas, porque así se vestían as fillas virxes do rei con túnicas). E o criado botouna fóra e pechou a porta detrás dela. 19Entón Tamar puxo cinza sobre a súa cabeza, rachou o manto de mans longas que levaba posto, e marchou berrando coas mans sobre a súa cabeza.20E o seu irmán Absalón díxolle: -Estivo o teu irmán Amnon contigo? Agora, irmá miña, cala, pois é o teu irmán; non te angusties polo asunto. E Tamar quedou desconsolada na casa de seu irmán Absalón. 21Cando o rei David escoitou todas estas cousas irouse moito. 22E Absalón non lle dixo nada a Amnon, nin bo nin malo; pero Absalón odiou a Amnon porque el deshonrara a súa irmá Tamar.23Pasados dous anos, aconteceu que cando Absalom tiña o tosquiado das ovellas en Baal-Hazor, que está xunto a Efraín, Absalom convidou a tódolos fillos do rei. 24E veu Absalón ao rei, e dixo: -Velaquí, agora o teu servo ten o tosquiado das ovellas; pídoche que o rei veña cos seus servos co teu servo.25Pero o rei dixo a Absalom: -Non, meu fillo; non vaiamos todos, non sexa que sexamos unha carga para ti. E aínda que el insistiu, el non quixo ir pero deulle a súa bendición. 26Entón dixo Absalom: -Pois se non, rógoche que deixes que vaia o meu irmán Amnon connosco. E o rei díxolle: -Por que ha ir contigo?27Pero como Absalón lle insistiu, el deixou ir con el a Amnon e a tódolos fillos do rei. 28E Absalón ordenou aos seus servos, dicindo: -Mirade cando o corazón de Amnon se alegre co viño; e cando eu vos diga: feride a Amnon! Entón matádeo. Non temades, pois non vos mandei eu? Esforzádevos e sede valentes! 29E os servos de Absalón fixeron con Amnon como Absalón lles mandara. Entón todos os fillos do rei se levantaron e montando en cadansúas mulas, fuxiron.30E mentres aínda ían de camiño, chegou a nova a David, dicindo: -Absalón matou a tódolos fillos do rei, e non quedou nin un deles. 31Entón o rei ergueuse, rachou as súas roupas e deitouse no chan; e todos os seus servos estaban a carón seu, coas roupas rachadas.32Pero Ionadab, fillo de Simea, irmán de David, dixo: -Non crea o meu señor que mataron a tódolos mozos fillos do rei; pois só morreu Amnon, pois isto estaba determinado por Absalom dende o día en que Amnon deshonrou a súa irmá Tamar. 33Agora pois, que o meu señor o rei non teña en conta o conto que andan dicindo: todos os fillos do rei morreron; porque só Amnon morreu.34Entrementres, Absalom fuxiu. E o rapaz que estaba de vixianza alzou os ollos e mirou, e velaí, había unha gran multitude que viña polo camiño detrás del no lado do monte. 35E Ionadab dixo ao rei: -Velaquí, os fillos do rei veñen! Conforme a palabra do teu servo, así aconteceu. 36E sucedeu que tan pronto como rematou de falar, velaí, chegaron os fillos do rei, e levantaron a voz e choraron; e tamén o rei e todos os seus servos choraron moi amargamente.37E Absalón fuxiu e foi xunto a Talmai, fillo de Amiud, rei de Guesur. E David chorou por seu fillo todos os días. 38E Absalón fuxiu a Guesur e estivo alí durante tres anos. 39E o rei David tiña morriña de ir onda Absalom, pois xa se consolara de que Amnon morrera.
1E Ioab, fillo de Servia, entendeu que o corazón do rei se inclinaba cara Absalón. 2Entón Ioab mandou a Tecoa e trouxo de alí unha muller sabia, e díxolle: -Finxe estar de loito, e pon roupas de loito, e non te unxas con aceite, senón sé coma unha muller que leva moito tempo de loito por un morto: 3e vai ao rei e falalle deste xeito. E Ioab puxo as palabras na súa boca.4Cando a muller tecoa falou ao rei, caeu sobre o seu rostro en terra, e prostrouse, e dixo: -Axúdame, rei! 5E o rei díxolle: -Que che pasou? E ela respondeu: -En verdade son viúva; o meu marido morreu. 6A túa serva tiña dous fillos; e discutiron no campo, e cando non había quen os separara, un feriu ao outro e matouno.7E agora, toda a familia se levantou contra a túa serva, e dixeron: -Entregade ao que feriu o seu irmán para que teñamos que darlle morte por mor da vida do seu irmán que o matou, e habemos destruír tamén o herdeiro. Así matarán o último que me quede e non deixarán o nome do meu marido, nin remanente sobre a face da terra.8E o rei dixo á muller: -Vai á túa casa e eu darei ordes en canto a ti. 9Entón a muller tecoa dixo ao rei: -Ai meu señor o rei, que a culpa sexa sobre min e sobre a casa do meu pai, pero o rei e o seu trono sexan inocentes.10E o rei dixo: -Traéme o que fale contra ti e non te ha molestar máis. 11E ela dixo: -Rógolle que o rei se lembre de Iahveh o seu Deus, para que o vingador do sangue non aumente o dano e non destrúa o meu fillo. E el dixo: -Vive Iahveh, que non caerá a terra nin un pelo do teu fillo!12Entón a muller dixo: -Permite que a túa serva fale unha palabra máis ao meu señor o rei. E el dixo: -Fala. 13E dixo a muller: -Por que, pois, pensaches tal cousa contra o pobo de Deus? Porque ao dicir isto, o rei faise culpable por non traer de volta o seu desterrado. 14Porque certamente todos morreremos, e somos coma a auga derramada en terra que non se pode recoller outra vez. Pero Deus non quita a vida, senón que diseña medios para que o desterrado non siga lonxe del.15Agora pois, vin dicir esta palabra ao meu señor o rei, porque o pobo fíxome ter medo; e a túa serva dixo: Falarei agora ao rei; poida ser que o rei faga caso do que pide a súa serva. 16Pois o rei escoitará para rescatar á súa serva da man do home que procura destruírme a min e a meu fillo, eliminándoos da herdanza de Deus. 17E a túa serva pensou tamén: -Sexa de consolo para min a palabra do meu señor o rei, porque o meu señor o rei é coma un anxo de Deus, para discernir o bo do malo, pois Iahveh o teu Deus está contigo.18Entón o rei respondeu e dixo á muller: -Non me agoches nada do que che vou preguntar. E a muller dixo: -Rogo a meu señor o rei que fale. 19E dixo o rei: -Non anda a man de Ioab metida en todo isto? E a muller respondeu e dixo: -Vive a túa alma! Ó meu señor o rei! Non hai maneira de desviar a dereita nin a esquerda de nada do que di meu señor o rei. En verdade o teu servo Ioab deume ordes, e el puxo todas estas palabras na boca da túa serva. 20O teu servo Ioab fixo isto para mudar a aparencia deste asunto; pero meu señor é sabio como un anxo de Deus, para coñecer todo o que hai na terra.21Entón o rei dixo a Ioab: -Velaquí, agora farei isto: vai e trae o mozo Absalom! 22E Ioab caeu rostro a terra e prostrouse e bendixo ao rei, e dixo Ioab: -Meu señor o rei, hoxe o teu servo sabe que atopei graza ante os teus ollos, pois o rei concedeu o que o seu servo pedía.23Entón levantouse Ioab e foi a Guesur, e trouxo de volta a Absalón a Xerusalém. 24Pero o rei dixo: -Que volva á súa casa e non vexa a miña faciana. E Absalón volveu á súa casa e non viu a faciana do rei.25En todo Israel non había home tan fermoso e tan admirado como Absalom; dende a planta do seu pé ata a cabeza non había defecto nel. 26Cando se cortaba o cabelo (pois ao final de cada ano cortábao, pois pesaba moito para el e entón rapábase), o peso do cabelo era de douscentos siclos segundo o peso real. 27E a Absalom nacéronlle tres fillos e unha filla que se chamaba Tamar; era unha muller moi fermosa.28E Absalón residiu en Xerusalém por dous anos enteiros sen ver a faciana do rei. 29Entón Absalón mandou chamar a Ioab para mandalo ao rei, pero el non quixo ir. Mandou por segunda vez, e el non quixo ir.30Entón dixo aos seus servos: -Velaí, o campo de Ioab está xunto o meu, e hai cebada alí; ide e prendédelle lume! E os servos de Absalom prenderon lume no campo. 31Entón Ioab ergueuse e foi a casa de Absalón, e díxolle: -Por que prenderon lume os teus servos ao meu campo?32E Absalón respondeu a Ioab: -Velaquí, mandei por ti, dicindo: ven para te mandar ao rei e dicirlle: para que vin de Guesur? Mellor sería para min quedar aínda alí. Agora, que vexa eu o rostro do rei; e se hai culpa en min, que me mate! 33Entón Ioab foi onda o rei e fíxollo saber; e este chamou a Absalom, e el veu e prostrouse en terra sobre o seu rostro diante do rei; e o rei bicou a Absalom.
1Despois disto aconteceu que Absalom fíxose con carros e cabalos, e cincuenta homes para correr diante del. 2E Absalón erguíase moi cedo e poñíase á beira do camiño xunto á porta; e cando calquera que tiña un caso e viña ao rei para xuízo, Absalón chamábao e dicíalle: -De que cidade es? E el respondía: -O teu servo é dunha das tribos de Israel.3E Absalom dicíalle: -Mira, o teu caso é bo e xusto, pero non hai ninguén de parte do rei que te escoite. 4E dicía tamén Absalom: -Que bo sería que me fixesen xuíz na terra! Entón toda persoa que tivese un litixio ou causa viría a min e eu faríalle xustiza.5E acontecía que cando algún se achegaba para prostrarse diante del, el estendía a súa man, levantábao e bicábao. 6E así facía Absalom con todos os israelitas que viñan ao rei para xuízo, e deste xeito roubaba Absalom o corazón dos homes de Israel.7E sucedeu que ao cabo de catro anos, Absalom dixo ao rei: -Rógoche que me deixes ir a Hebrón para cumprir o meu voto que fixen a Iahveh. 8Pois o teu servo fixo un voto cando vivía en Guesur de Aram, dicindo: se Iahveh me fai volver a Xerusalém, entón servirei a Iahveh.9E o rei díxolle: -Vai en paz. E el levantouse e foi a Hebrón. 10Mais Absalón mandou espías por todas as tribos de Israel, dicindo: -Cando escoitedes o son da trompeta, diredes: Absalón reina en Hebrón!11E con Absalom ían douscentos homes de Xerusalém, convidados, pero ían inxenuamente, sen saber nada. 12E Absalón mandou chamar a Ahitofel o guilonita, conselleiro de David, dende a súa cidade de Guilo, ao tempo que ofrecía os sacrificios. E a conspiración ía fortalecéndose pois os seguidores de Absalón ían medrando entre o pobo.13Entón chegou un mensaxeiro a David, dicindo: -O corazón dos homes de Israel está con Absalom. 14Entón David dixo a todos os seus servos que estaban con el en Xerusalém: -Erguédevos, temos que fuxir, porque non haberá escapatoria para ningún de nós por causa de Absalón! Apurádevos, non sexa que nos alcance axiña e traia maldade sobre nós e ataque a cidade a fío de espada! 15E os servos do rei dixéronlle: -Velaquí, os teus servos están preparados para facer todo o que o noso señor o rei desexe!16Saíu, entón, o rei e toda a súa casa con el, e o rei deixou dez concubinas para coidar a casa. 17Saíu, pois, o rei e todo o pobo con el, e pararon en Bet-Merhak. 18E todos os seus servos pasaron a carón del, todos os cereteos e peleteos e todos os gueteos, os seiscentos homes que viñeran con el dende Gat; e todos eles pasaron diante do rei.19Entón o rei dixo a Itai o geteo: -Por que ves ti tamén connosco? Volve e queda co rei, pois es un estranxeiro e tamén un exiliado. Volve á túa terra. 20Chegaches onte, e hei facer que andes hoxe connosco mentres eu vou onde queira ir? Volve e leva de volta a teus irmáns, que a misericordia e a fidelidade sexan contigo.21Pero Itai respondeu ao rei, e dixo: -Como vive Iahveh e como vive meu señor o rei que, en verdade, onde estea meu señor o rei, sexa para morte ou para vida, alí tamén estará o teu servo! 22Entón David dixo a Itai: -Vai e pasa adiante! E Itai o gueteo pasou con todos os seus homes e con todos os mozos que estaban con el. 23E todo o país choraba a gran voz cando todo o pobo cruzou. E o rei cruzou o arroio de Cedrom, e todo o pobo cruzou cara o deserto.24E velaí, Sadoc tamén cruzou, e con el todos os levitas que levaban a arca do pacto de Deus; e puxeron a arca de Deus en terra, e subíu Abiatar cando rematou de pasar todo o pobo que saía da cidade. 25Entón o rei dixo a Sadoc: -Volve a arca de Deus á cidade; se atopo graza ante os ollos de Iahveh, fará que volva e me fará ver a arca e a súa morada. 26Pero se El dixera: Non me comprazo en ti! Aquí estou; que faga comigo o que ben lle pareza.27E o rei dixo tamén ao sacerdote Sadoc: -Non es ti o vidente? Volve á cidade en paz, e con vós os vosos dous fillos, Ahimaas, o teu, e Xonatán, fillo de Abiatar. 28Ollade, eu detereime nos vados do deserto ata que veña palabra da vosa parte para me informar. 29Entón Sadoc e Abiatar levaron de volta a arca de Deus a Xerusalém, e quedaron alí.30E David subiu a costa do Monte das Oliveiras, chorando mentres ía, coa cabeza cuberta e descalzo; e todo o pobo que ía con el cubrira cadansúa cabeza e ían chorando mentres subían. 31E alguén fíxolle saber a David, dicindo: -Ahitofel está entre os conspiradores xunto con Absalom. E David dixo: -Ai Señor, rógoche que fagas necio o consello de Ahitofel!32E aconteceu que cando David se achegou ao cumio onde se adoraba a Deus, velaí que Husai o arquita saíu ao seu encontro co seu manto rachado e pó sobre a súa cabeza. 33E David díxolle: -Se pasas comigo, serás unha carga para min; 34Pero se volves á cidade e lle dis a Absalón: -Serei o teu servo, rei; como fun servo do teu pai no pasado, así serei agora o teu servo, entón poderás anular o consello de Ahitofel no meu favor.35E non están alí contigo Sadoc e Abiatar, os sacerdotes? Polo tanto, todo o que escoites da casa do rei, halo informar aos sacerdotes Sadoc e Abiatar. 36Velaí, os seus dous fillos están alí con eles, Ahimaas, fillo de Sadoc, e Xonatan, fillo de Abiatar; e por medio deles mandarasme todo o que escoites. 37E Husaí, amigo de David, entrou na cidade cando Absalón entrou en Xerusalém.
1Cando David pasou un pouco máis aló do cumio, velaí que Siba, o servo de Mefiboset, saíu ao seu encontro cun par de asnos aparellados que levaban douscentos pans, cen racimos de uvas pasas, cen froitos de verán e un pelexo de viño. 2Entón o rei dixo a Siba: -Para que tes isto? E Siba respondeu: -Os asnos son para a familia do rei, para montar, e o pan e as froitas de verán para que os mozos coman, e o viño para que beba quen se canse no deserto.3Entón o rei dixo: -E onde está o fillo do teu señor? E Siba respondeu ao rei: -Velaquí, está en Xerusalém, pois dixo: hoxe a casa de Israel devolverame o reino do meu pai. 4Entón o rei dixo a Siba: -Velaquí, todo o que pertence a Mefiboset é teu. E Siba respondeu: - Meu rei e señor, póstrome diante de ti e agardo atopar graza diante dos teus ollos!5Cando o rei David chegou a Bahurim, velaí que saíu de alí un home da familia da casa de Saúl, chamado Simei, fillo de Gera. E cando saíu, botaba maldicións; 6e tiraba pedras a David e a tódolos servos do rei David, aínda que todo o pobo e tódolos homes valentes marchaban á súa dereita e á súa esquerda.7E Simei dicía mentres maldicía: -Fóra, fóra, home sanguinario! 8Iahveh devolveuche todo o sangue derramado da casa de Saúl, a quen lle quitaches o trono; Iahveh entregou o reino na man do teu fillo Absalón; e velaquí, estás preso na túa propia maldade, pois ti es home sanguinario!9Entón Abisaí, fillo de Sarvia, dixo ao rei: -Por que ha maldicir este can morto a meu señor o rei? Déixame ir agora a cortarlle a cabeza! 10Pero o rei dixo: -Que teño que ver eu convosco, fillos de Sarvia? Deixade que siga a maldicir! E se Iahveh lle dixo: maldice a David? Quen lle dirá: por que fixeches isto?11E dixo David a Abisaí e a tódolos seus servos: -Velaquí, o meu fillo que saíu das miñas entrañas procura a miña vida; canto máis este benxaminita? Deixádeo maldicir, pois así Iahveh llo dixo. 12Pode ser que Iahveh vexa a miña aflición e me devolva ben a cambio das súas maldicións de hoxe.13E David e os seus homes seguiron polo seu camiño; e Simei ía polo lado do monte que está enfronte del, e mentres ía maldicíndolle, lanzaballe pedras e pó. 14E o rei e todo o pobo que estaba con el chegaron cansos ao Xordán, e alí descansaron.15Entón Absalón e todo o pobo, os homes de Israel, entraron en Xerusalém, e con el Ahitofel. 16E aconteceu que cando Husaí o arquita, amigo de David, chegou onda Absalom, Husaí díxolle a Absalom: -Viva o rei! Viva o rei!17Entón Absalom díxolle a Husaí: -É esta a túa bondade para co teu amigo? Por que non fuches co teu amigo? 18Pero Husaí dixo a Absalom: -Non, senón que a quen escolla Iahveh e este pobo e tódolos homes de Israel, del serei, e con el quedarei.19Ademais, a quen hei servir? Non será na presenza do seu fillo? Como servín diante de teu pai, así serei diante de ti.20Entón Absalom dixo a Ahitofel: -Dádeme o voso consello. Que temos que facer? 21E Ahitofel dixo a Absalom: Achégate ás concubinas do teu pai que el deixou para gardar a casa; entón todo Israel saberá que te fixeches odioso ao teu pai, e as mans de todos os que están contigo serán fortalecidas.22Ergueron, pois, para Absalom unha tenda no terrado, e Absalom achegouse ás concubinas de seu pai a vista de todo Israel. 23O consello que daba Ahitofel naqueles días era como se un consultara a palabra de Deus; así era todo consello de Ahitofel, tanto para David como para Absalón.
1E dixo Ahitofel a Absalón: -Pídoche que me deixes escoller doce mil homes, e levantareime para perseguir a David esta noite. 2E irei sobre el cando estea esgotado e feble, e enchereino de medo, e todo o pobo que está con el fuxirá; e matarei só o rei, 3porque el é a quen andas buscando, e farei que todo o pobo volva a ti. E cando todos volvan, todo o pobo quedará en paz. 4E o plan pareceulle ben a Absalom e a tódolos anciáns de Israel.5Pero Absalón dixo: -Chamade tamén a Husaí o arquita e escoitemos o que ten que dicir. 6Cando Husaí chegou a Absalón, este díxolle: - Ahitofel deste xeito. Faremos conforme o seu consello? E se non, fala. 7E Husaí dixo a Absalón: -Desta vez o consello que deu Ahitofel non é bo.8E dixo ademais Husaí: -Ti sabes que o teu pai e os seus homes son homes valentes, e son violentos coma unha osa privada dos seus cachorros no campo; e o teu pai é un home de guerra que non pasará a noite co pobo. 9Velaí, agora estará agochado nalgunha cova ou noutro lugar; e acontecerá que ao primeiro asalto caerán algúns dos teus homes, e o que o escoite dirá: hai unha matanza no pobo que segue a Absalón. 10E aínda o máis valente, que o seu espírito sexa coma o corazón dun león, desmaiará por completo; porque todo Israel sabe que o teu pai é un home valente, e que todos os que están con el son valentes.11Por iso, o meu consello é que se che xunte todo Israel, dende Dan ata Beerseba, como a area que está á beira do mar en multitude, e que ti mesmo vaias á batalla. 12E iremos ao seu encontro en calquera dos lugares onde el se atope, e baixaremos sobre el como cae o orballo sobre a terra; e non quedará ninguén, nin el nin un de todos os homes que están con el.13E se marchara a refuxiarse dentro dalgunha cidade, entón todo Israel levará cordas a esa cidade e arrastrararémolo ata o val ata que non se atope alí nin unha pedra pequena. 14Entón Absalón e todos os homes de Israel dixeron: -O consello de Husaí arquita é mellor que o consello de Ahitofel (porque Iahveh ordenara anular o bo consello de Ahitofel, para que Iahveh trouxera a calamidade sobre Absalón).15E dixo Husai a Sadoc e a Abiatar, os sacerdotes: -Ahitofel aconsellou deste xeito a Absalón e aos anciáns de Israel, e este foi o meu consello. 16Agora pois, mandade decontado avisar a David, dicindo: -Non pases a noite nos vados do deserto, senón vai axiña ao outro lado do río, non sexa que o rei e o pobo que está con el sexan destruídos.17E Xonatán e Ahimaas detivéranse na fonte de En-rogel; e como non podían ser vistos entrando na cidade, unha serventa foi e informounos, e eles saíron para avisar o rei David. 18Pero un rapaz viunos e avisou a Absalom. Entón os dous saíron a présa e foron á casa dun home en Bahurim que tiña un pozo no seu patio, e baixaron ao pozo.19E a muller colleu unha manta e estendeuna sobre a boca do pozo, e espallou gran sobre ela, de xeito que non se podía notar nada. 20Cando os servos de Absalón chegaron á muller na casa, dixeron: -Onde están Ahimaas e Xonatán? E a muller díxolles: -Pasaron o arroio. E cando os buscaron e non os atoparon, volveron a Xerusalém.21E aconteceu que despois de marchar eles subiron do pozo, e foron e avisaron o rei David, dicindo: -Erguédevos e atravesade axiña as augas, porque así foi o consello de Ahitofel contra vós! 22Entón David e todo o pobo que estaba con el levantáronse e cruzaron o Xordán; e ao amencer non había ningún que non cruzara o Xordán.23E cando Ahitofel viu que o seu consello non fora seguido, aparellou o seu asno, ergueuse e foi á súa casa, á súa cidade; e puxo orde na súa casa e aforcouse. E morreu e foi enterrado na sepultura de seu pai.24E chegou David a Mahanaím, e Absalón cruzou o Xordán, e todos os homes de Israel con el. 25Absalón nomeou a Amasa sobre o exército en lugar de Ioab. Amasa era fillo dun home chamado Itra, israelita, que se unira a Abigail, filla de Nahas, irmá de Servia, nai de Ioab. 26E Israel e Absalom acamparon na terra de Galaad.27Cando David chegou a Mahanaím, Sobi, fillo de Nahas de Rabá, dos fillos de Amón, e Maquir, fillo de Amiel de Lodebar, e Barzilai galadita de Rogelim, 28trouxeron leitos, cuncas, pratos de barro, trigo, cebada, fariña, gran tostado, fabas, lentellas, sementes tostadas, 29mel, leite, ovellas e queixo de vaca, para mandar a comer a David e o pobo que estaba con el; pois dicían: o pobo está no deserto, famento, esgotado e sedento.
1David pasou revista ao pobo que estaba con el, e puxo sobre eles xefes de mil e de cen. 2E David mandou a unha terceira parte do pobo baixo o mando de Ioab, e unha terceira parte baixo o mando de Abisaí, fillo de Sarvia, irmán de Ioab, e unha terceira parte baixo o mando de Itai o gueteo. E o rei dixo ao pobo: -Eu tamén sairei convosco.3Pero o pobo dixo: -Non irás; porque se fuximos, non se preocuparán por nós, nin nos farán caso mesmo que morramos a metade de nós; pero ti es coma dez mil de nós. Agora pois, será mellor que nos axudes dende a cidade. 4E o rei díxolles: -Farei o que mellor vos pareza. E o rei detívose xunto á porta, e todo o pobo saíu por centenas e por mil.5E o rei ordenou a Ioab, a Abisaí e a Itai, dicindo: -Por amor a min, tratade con benignidade o mozo Absalón. E todo o pobo escoitou cando o rei ordenou a tódolos comandantes en canto a Absalón.6E o pobo saíu ao campo ao encontro de Israel, e a batalla librouse no bosque de Efraín. 7E o pobo de Israel foi derrotado alí diante dos servos de David, e houbo ese día unha matanza de vinte mil homes. 8E a batalla estendeuse sobre toda aquela rexión; e o bosque devorou máis xente ese día que a espada.9E Absalón atopouse cos servos de David. E Absalón ía montado na súa mula e o mula pasou por debaixo da rama espesa dunha aciñeira grande, e a cabeza de Absalón enredouse na aciñeira e quedou colgada entre o ceo e a terra, mentres a mula ía lonxe debaixo del. 10E un dos homes viuno e avisou a Ioab, dicindo: -Velaquí, vin a Absalom colgado da aciñeira. 11E Ioab dixolle ao home que lle informara: -Velaquí, se o viches, por que non o feriches alí derribándoo ao chan? Eu teríache dado dez pezas de prata e un cinto.12Pero o home dixo a Ioab: -Aínda que me deran mil pezas de prata na man, non estendería a miña man contra o fillo do rei, porque aos nosos ouvidos o rei ordenoute a ti, a Abisaí e a Itai, dicindo: - Tédeme conta do mozo Absalom. 13E de non ser así, eu tería actuado con traizón contra a súa vida (e nada está oculto ao rei) e ti desentenderíaste de min.14Pero Ioab respondeu: -Non hei perder o meu tempo aquí contigo. E collendo tres dardos na súa man, traspasounos ao corazón de Absalón mentres aínda estaba vivo no medio da aciñeira. 15Entón dez mozos que eran escudeiros de Ioab rodearon a Absalom, ferírono e matárono.16Deseguido, Ioab tocou a trompeta e o pobo deixou de perseguir a Israel, pois Ioab detuvo o pobo. 17Colleron, pois, a Absalom e botárono nunha fochanca no bosque, e levantaron sobre el unha morea de pedras; e todo Israel fuxiu cada un á súa tenda.18Absalom, mentres vivía, erguera para si un monumento no val do Rei, pois dicía: non teño fillo para perpetuar o meu nome. E puxo o seu propio nome ao monumento, e ata hoxe chámase Piar de Absalom.19E dixo Ahimaas, fillo de Sadoc: -Pídoche que me deixes correr para levar as boas novas ao rei, porque Iahveh o rescatou da man dos seus inimigos. 20Pero Ioab díxolle: -Ti non es quen de levar as novas hoxe; levaralas outro día; hoxe non levarás novas, pois o fillo do rei morreu.21Entón Ioab dixo ao etíope: -Vai e dille ao rei o que viches. E o etíope prostrouse diante de Ioab e correu. 22E Ahimaas, fillo de Sadoc, insistiu a Ioab: -Sexa como sexa, pídoche que me deixes correr detrás do cusita. E Ioab dixo: -Por que has de correr, meu fillo, se non haberá recompensa para ti? 23Pero el dixo: -Sexa como sexa déixame correr. E el dixo: - Vaite! E Ahimaas correu polo camiño do val e pasou á rexión de Cus.24David estaba sentado entre as dúas portas; e o sentinela subiu ao teito da porta no muro, e levantou os ollos e mirou, e velaí, un home corría só. 25E o sentinela clamou e informou ao rei. E o rei dixo: -Se vén só, hai boas novas na súa boca. E el continuou aproximándose,26e o sentinela viu a outro home que corría, e berrou ao porteiro, e díxolle: -Mira, hai un home que corre só. E o rei dixo: -Este tamén trae boas novas. 27E o sentinela dixo: -Creo que o xeito de correr do primeiro é coma a carreira de Ahimaas, fillo de Sadoc. E o rei dixo: -É un bo home, e vén con boas novas.28E Ahimaas clamou e dixo ao rei: - Paz! E prostrouse rostro en terra diante do rei, e dixo: -Bendito sexa Iahveh o teu Deus, que entregou o home que levantou a súa man contra o rei meu señor. 29E o rei dixo: -Está ben o mozo Absalom? E Ahimaas respondeu: -Cando Ioab mandou o servo do rei e ao teu servo, vin un gran balbordo, pero non sabía de que era. 30Entón o rei dixo: - Pasa e ponte alí. E el pasou e quedou alí en pé.31E velaquí, chegou o etíope, e dixo: - Que as boas novas sexan proclamadas ao meu señor o rei, porque Iahveh libroute hoxe da man de todos os que se levantaran contra ti! 32Entón o rei dixo ao etíope: -Está ben o mozo Absalom? E o cusita respondeu: -Sexan coma o mozo os inimigos do meu señor o rei e todos os que se levanten contra ti para facerche mal. 33E o rei conmoveuse moito, e subiu ao apousento que estaba sobre a porta, e chorou, e dicía ao camiñar: -Meu fillo Absalom, meu fillo, meu fillo Absalom! Que bo sería que morrera eu en lugar teu! Absalom, meu fillo, meu fillo!
1E dixéronlle a Ioab: -Velaquí, o rei chora e lamenta por Absalom. 2E a victoria ese día converteuse en loito para todo o pobo, porque o pobo escoitou que se dicía ese día: o rei está triste polo seu fillo!3E o pobo entrou na cidade calado ese día, como un pobo que fuxindo da batalla entra ás agachadas. 4E o rei cubriu o seu rostro, e choraba a gran voz: -Meu fillo Absalom! Absalom, meu fillo, meu fillo!5Entón Ioab entrou no fogar do rei, e dixo: -Cubriches hoxe con vergoña as caras de tódolos teus servos, que salvaron hoxe a túa vida, a vida dos teus fillos e fillas, a vida das túas mulleres e a vida das túas concubinas; 6amando aos que te aborrecen e odiando aos que te aman; pois demostraches hoxe que nin os príncipes nin os servos son nada para ti; porque sei hoxe que se Absalom vivise e todos nós estivésemos mortos, entón estarías contento.7Agora érguete, sae e fala con bondade aos teus servos; porque xuro por Iahveh que se non saes, non haberá un só home contigo esta noite, e isto será peor para ti que todo o mal que che veu dende a túa mocidade ata o de agora. 8Entón o rei ergueuse e sentou á porta; e cando se lle avisou a todo o pobo, dicindo: -Velaquí, o rei está sentado na porta, todo o pobo veu diante do rei; porque os israelitas fuxiran, a cadansúas tendas.9E todo o pobo discutía en todas as tribos de Israel, dicindo: -O rei rescatounos da man dos nosos inimigos e rescatounos da man dos filisteos; e agora fuxiu do país por causa de Absalom. 10E en canto a Absalom, a quen unximos sobre nós, morreu en batalla. Agora pois, por que estades calados en canto a facer volver o rei?11E o rei David mandou mensaxe a Sadoc e a Abiatar, os sacerdotes, dicindo: -Falade aos anciáns de Xudá, e dicídelles: por que sodes os derradeiros en facer volver o rei á súa casa, xa que a palabra de todo Israel chegou ao rei para que volva á súa casa? 12Sodes os meus irmáns, sodes o meu óso e a miña carne. Por que, pois, sodes os derradeiros en facer volver o rei?13E dicídelle a Amasa: -Non es ti o meu óso e a miña carne? Fágame Deus así e aínda máis se non es o meu xefe do exército para sempre en lugar de Ioab! 14E inclinou o corazón de todos os homes de Xudá coma se fosen un só home; e mandaron mensaxe ao rei, dicindo: -Volve, ti e todos os teus servos. 15E o rei volveu e chegou ao Xordán. E Xudá chegou a Guilgal para ir ao encontro do rei e conducilo ao outro lado do Xordán.16Entón Simei, fillo de Guera, o benxaminita, que era de Bahurim, deuse présa e baixou cos homes de Xudá ao encontro do rei David. 17E había con el mil homes de Benxamín e Siba, servo da casa de Saúl, e con el os seus quince fillos e os seus vinte servos; e apresuráronse e cruzaron o Xordán diante do rei. 18E cruzaron o vao para axudar a pasar á familia do rei e para facer o que lle parecía mellor diante dos seus ollos. E Simei, fillo de Guera, prostrouse diante do rei cando este ía cruzar o Xordán.19E díxolle ao rei: -Non me considere o meu señor culpable, nin lembre o mal que o seu servo fixo o día que o meu señor o rei saíu de Xerusalém; que o rei non o teña no corazón! 20Pois o teu servo recoñece que pecou, e por iso, velaquí, vin hoxe o primeiro de toda a casa de Xosé, para baixar ao encontro do meu señor o rei.21E Abisaí, fillo de Sarvia, respondeu e dixo: -Non ha morrer Simei por isto, porque maldiciu ao unxido de Iahveh? 22E dixo David: -Que teño que ver eu convosco, fillos de Zeruia, para que esteades hoxe a ser os meus adversarios? Acaso ha morrer home algún hoxe en Israel? Non sei que hoxe fun posto como rei sobre Israel? 23E o rei dixo a Simei: -Non morrerás! E o rei xuroullo.24Tamén Mefiboset, fillo de Saúl, descendeu ao encontro do rei. E non lavara os seus pés, nin se afeitara, nin lavara as súas roupas dende o día que o rei marchara ata o día en que volveu en paz. 25E aconteceu que cando veu de Xerusalém ao encontro do rei, este díxolle: -Por que non viñeches comigo, Mefiboset?26E el respondeu: -Ai meu señor o rei, o meu servo enganoume; pois o teu servo dixo: aparellarei un asno para montar nel e irei co rei, pois o teu servo é coxo. 27Ademais, calumniou ao teu servo diante do meu señor o rei, pero o meu señor o rei é coma un anxo de Deus; faga o que mellor lle pareza. 28Pois aínda que toda a casa de meu pai era digna de morte diante do meu señor o rei; con todo puxeches ao teu servo entre os que comían na túa propia mesa. Que dereito tería eu para me queixar de nada diante do rei?29Entón o rei díxolle: -Por que insistes nos teus asuntos? Eu decidín que ti e Siba repartirades as terras. 30E Mefiboset dixo ao rei: -Que o tome todo, xa que o meu señor o rei volveu san e salvo á súa casa.31E Barzilai de Galaad tamén descendera de Roguelim, e cruzara o Xordán co rei para despedilo no Xordán. 32E Barzilai era moi vello, de oitenta anos. E el provera ao rei mentres el vivía en Mahanaím, porque era un home moi poderoso. 33E o rei díxolle a Barzilai: -Pasa comigo, e eu proverei para ti xunto a min en Xerusalém.34Pero Barzillai dixo ao rei: -Cantos días me quedan na vida para que suba eu co rei a Xerusalém? 35Teño agora oitenta anos. Podo distinguir entre o bo e o malo? Pode o teu servo saborear o que coma ou beba? Pode aínda escoitar a voz dos cantores e cantoras? Por que, pois, debe o teu servo ser máis unha carga para o meu señor o rei? 36O teu servo non fará máis ca cruzar o Xordán co rei; por que me ha conceder o rei esta recompensa?37Deixa que o teu servo volva para que morra na miña cidade xunto ao sepulcro de meu pai e de miña nai. Pero, velaquí o teu servo Quimam; que pase el co meu señor o rei, e fai por el o que mellor che parece.38E o rei dixo: -Quimam pasará comigo, e farei por el o que ti queiras; e todo o que me pidas, farei por ti. 39E todo o pobo cruzou o Xordán, e o rei tamén o cruzou. Despois o rei bicou a Barzillai e bendiciuno; e este volveu ao seu lugar.40E o rei pasou a Guilgal, e Quimam pasou con el; e todo o pobo de Xudá e tamén a metade do pobo de Israel ían co rei. 41Entón todos os homes de Israel viñeron ao rei, e dixéronlle: -Por que te roubaron os nosos irmáns, os homes de Xudá, e fixeron cruzar o Xordán ao rei e ás súas casas, e a todos os homes de David con el?42E todos os homes de Xudá responderon aos homes de Israel: -Porque o rei é o noso parente cercano. Por que, pois, vos incomodades por isto? Comemos algo á costa do rei, ou aproveitámonos de algo? 43Pero os homes de Israel responderon aos homes de Xudá, e dixeron: -Nós temos dez partes no rei, e por iso temos máis dereito que vós sobre David. Por que, pois, nos desprezastes? Non foi o noso consello o primeiro en ser dado para facer volver o rei? Pero as palabras dos homes de Xudá prevaleceron sobre as palabras dos homes de Israel.
1Pero había alí un home malvado que se chamaba Sheba, fillo de Bicri, benxaminita. E el tocou a trompeta e dixo: -Non temos parte en David nin herdanza no fillo de Ixaí. Israel, cada un aos seus deuses! 2E todos os homes de Israel deixaron de seguir a David e foron tras de Sheba, fillo de Bicri; pero os homes de Xudá quedaron unidos ao seu rei dende o Xordán ata Xerusalém.3Cando David chegou á súa casa en Xerusalém, o rei colleu as dez mulleres e as concubinas que deixara para coidar a casa, e púxoas baixo custodia e proveulles de alimentos, pero non se achegou a elas; e quedaron encerradas ata o día da súa morte, vivindo coma viúvas.4Entón o rei dixo a Amasa: -Convócame aos homes de Xudá dentro de tres días, e ti aparece aquí. 5Amasa foi convocar a todos os homes de Xudá, pero tardou máis do tempo que lle asignara.6Entón David dixo a Abisaí: -Agora Sheba, fillo de Bicri, faranos máis mal que Absalón. Toma, pois, os servos do teu señor e persígueo, non sexa que atope para si cidades fortificadas e poida fuxir das nosas mans. 7E saíron tras del os homes de Ioab, xunto cos cereteos e os peleteos, e todos os homes valentes; e saíron de Xerusalém para perseguir a Sheba, fillo de Bicri.8E cando estaban xunto á gran pedra que hai en Gabaón, Amasa saíu ao seu encontro. E Ioab estaba vestido coa súa roupa do exército e tiña un cinto atado á cintura cunha espada na vaíña; e ao avanzar, caeu a espada.9E Ioab dixo a Amasa: -Como estás, meu irmán? E Ioab colleu a Amasa da barba coa súa man dereita para bicalo. 10Pero Amasa non se percatou da espada que había na man de Ioab; e este feriu con ela o seu ventre, e as súas tripas derramáronse por terra. E, sen ferilo outra vez, morreu. E Ioab e o seu irmán Abisaí perseguiron a Sheba, fillo de Bicri.11E un dos mozos de Ioab estaba xunto a el, e dixo: -Quen estea con Ioab e quen estea por David, que siga a Ioab. 12E Amasa estaba deitado revolvéndose no seu sangue no medio do camiño. E cando aquel home viu que toda a xente se detía, apartou a Amasa do camiño ao campo e botou sobre el unha túnica, porque vía que se paraba todo o que pasaba ao seu carón. 13Cando Amasa foi apartado do camiño, todo o pobo segiu a Ioab para perseguir a Sheba, fillo de Bicri.14E Sheba atravesou todas as tribos de Israel ata Abel-bet-Maacá e reuniuse todo Barim e foi detrás del. 15Chegaron tamén os homes de Ioab e sitiárono en Abel-bet-Maacá, e levantaron un terraplén contra a cidade que chegaba á muralla; e todo o pobo que estaba con Ioab batía no muro para derrubalo. 16Entón unha muller sabia clamou dende a cidade: -Escoitade, escoitade! Pídovos que lle digades a Ioab: ven aquí para que poida falar contigo!17E el achegouse a ela, e a muller dixo: -Es ti Ioab? E el respondeu: -Son eu. Entón ela díxolle: -Escoita as palabras da túa serva. E el respondeu: -Estou a escoitar. 18Entón ela respondeu, e dixo: -Antes adoitaban dicir: "Certamente consultarán en Abel," e así remataban calquera asunto. 19Somos unha das cidades máis pacíficas e fieis en Israel. Ti procuras destruír unha cidade e unha nai en Israel. Por que queres destruír a herdanza de Iahveh?20E Ioab respondeu, e dixo: -Lonxe estea de min destruír ou exterminar! 21O caso non é este, senón que un home da rexión montañosa de Efraín, chamado Seba, fillo de Bicri, levantou a súa man contra o rei David. Soamente entregádeo, e eu sairei da cidade. E a muller díxolle a Ioab: -Velaquí, mandaremos a súa cabeza por riba do muro! 22E a muller foi a todo o pobo coa súa sabedoría; e cortáronlle a cabeza a Sheba, fillo de Bicri, e lanzárona a Ioab. E el tocou a trompeta e afastáronse da cidade, cada un á súa tenda. E Ioab volveu a Xerusalém xunto ao rei.23Ioab era xefe de todo o exército de Israel; e Benías, fillo de Ioyada, era xefe dos cereteos e peleteos; 24Adoram estaba a cargo dos tributos, e Iosafat, fillo de Ahilud, era o cronista; 25Seva era o escriba, e Sadoc e Abiatar os sacerdotes. 26Ira o xaireo era o ministro principal de David.
1E houbo unha fame nos días de David por tres anos seguidos. E David consultou a Iahveh, e Iahveh dixo: -É por mor de Saúl e da súa casa sanguinaria que mataron aos gabaonitas.2O rei chamou aos gabaonitas e faloulles. (Os gabaonitas non eran dos fillos de Israel, senón do remanente dos amorreos, e os fillos de Israel fixeran un pacto con eles; pero Saúl procurara matalos polo seu celo polos fillos de Israel e de Xudá). 3E David dixo aos gabaonitas: -Que podo facer por vós, e que podo facer para que bendigades a herdanza de Iahveh?4E os gabaonitas dixéronlle: -Non é cuestión nin da prata nin do ouro de Saúl ou da súa casa, nin é cousa nosa dar morte a ninguén en Israel. E el dixo: -Farei por vós o que digades.5E eles dixeron ao rei: -Do home que nos consumiu e que procurou exterminarnos para que non quedásemos dentro do territorio de Israel, 6han de se nos entregar sete varóns de entre os seus fillos, e colgarémolos diante de Iahveh en Guibea de Saúl, o escollido de Iahveh. E o rei dixo: -Entregaréivolos!7Pero o rei compadeceuse de Mefiboset, fillo de Xonatán, fillo de Saúl, por mor do pacto de Iahveh que había entre eles, entre David e Xonatán, fillo de Saúl. 8Pero o rei colleu a Armoni e a Mefiboset, os dous fillos de Rizpa, filla de Aiá, que ela lle dera a Saúl, e os cinco fillos de Merab, filla de Saúl, que ela lle dera a Adriel, fillo de Barzilai meholatita; 9e entregounos nas mans dos gabaonitas, e eles penduráronos no monte diante de Iahveh, de xeito que sete deles morreron xuntos. Matounos nos primeiros días da colleita, no comezo da colleita da cebada.10Entón Rizpa, filla de Aiá, colleu tea de cilicio e estendeuna sobre unha rocha, dende o comezo da colleita ata que caeu a choiva do ceo sobre eles; e non permitiu que as aves do ceo se puxeran sobre eles de día nin as feras do campo de noite. 11Cando lle informaron a David do que fixera Rizpa, filla de Aiá, concubina de Saúl,12David foi e recolleu os ósos de Saúl e os ósos de Xonatán, o seu fillo, que tiñan os homes de Iabes de Galaad que os roubaran da praza de Bet-san, onde os filisteos os colgaran o día que os filisteos mataron a Saúl en Gilboa. 13E trouxo de alí os ósos de Saúl e os ósos do seu fillo Xonatán; e recolleron tamén os ósos dos aforcados.14E sepultaron os ósos de Saúl e do seu fillo Xonatán na terra de Benxamín, en Zela, no sepulcro do seu pai Cis; e fixeron todo o que o rei ordenara. Despois disto, Deus sentiu compaixón pola terra.15Houbo de novo guerra entre os filisteos e Israel. David baixou cos seus servos. E loitaron contra os filisteos, e David estaba esgotado. 16Entón Isbi-Benob, que era descendente de Rafah (a súa lanza pesaba trescentos siclos de bronce e estaba cinguida cunha espada nova), tentou matar a David. 17Pero Abisaí, fillo de Sarvia, veu ao seu socorro e feriu o filisteo e matouno. Entón os homes de David xuraron, dicindo: -Nunca máis sairás á batalla con nós, para que non se apague a lámpada de Israel.18Aconteceu despois disto que houbo de novo guerra en Gob contra os filisteos; e Sibecai husatita matou a Saf, que era outro dos fillos de Rafah. 19Outra vez houbo guerra contra os filisteos en Gob; e Elhanán, fillo de Iare-Oregim de Belén, matou a Goliat o gueteo; e o fío da súa lanza era coma un rolo de tecer.20Houbo outra guerra en Gat, onde había un home de grande estatura que tiña seis dedos en cada man e seis dedos en cada pé, un total de vintecatro; el tamén descendía dos gigantes. 21Cando desafiou a Israel, matouno Xonatán, fillo de Simea, irmán de David. 22Estes catro eran fillos de Rahaf en Gat, e caeron por man de David e dos seus servos.
1E David falou a Iahveh as palabras deste canto o día que Iahveh o librou da man de Saúl e de todos os seus inimigos. 2E dixo: "Iahveh é a miña rocha, o meu baluarte e o meu libertador;3o meu Deus, a miña rocha en quen me refuxio; o meu escudo e o poder da miña salvación, meu alto refuxio e o meu Salvador. Rescatáchesme da violencia 4Invoco a Iahveh, que digno é de ser louvado, e serei salvo dos meus inimigos.5As ondas da morte rodeáronme, os torrentes de iniquidade asustáronme; 6as cordas do Sheol envolvíanme, e as redes da morte alcanzáronme.7Na miña angustia clamei a Iahveh, e pedín axuda ao meu Deus; e El escoitou a miña voz dende a súa morada, e o meu clamor chegou aos seus ouvidos.8Entón a terra foi conmovida e tremeu; conmovéronse os alicerces dos ceos tremeu e foron sacudidos, porque El indignouse. 9Fume saíu do seu nariz, e o lume da súa boca consumía; brasas foron prendidas por El10Inclinou os ceos e descendeu, con densas tebras baixo os seus pés. 11Cabalgou nun querubín e voou, caendo sobre as ás do vento. 12Envolto nas tebras, abundancias de augas, e densos nubarróns.13Co relampo da súa presenza acendéronse chispas de lume. 14Iahveh tronou desde os ceos, o Altísimo fixo ouvir a súa voz: 15Enviou as súas frechas e dispersounos, mandou lóstregos e confundiunos.16Entón apareceron os torrentes das augas e foron descubertos os alicerces do universo, pola reprensión de Iahveh, polo sopro do alento do seu nariz.17Estendeu desde o alto a súa man e tomoume, sacoume das moitas augas. 18Do meu poderoso inimigo libroume, e dos que me odiaban, porque eran máis fortes ca min.19Enfrontáronse a min o día do meu quebranto, porén Iahveh foi o meu apoio. 20Sacoume a un lugar espazoso, rescatoume, agradouse de min. 21Iahveh recompensoume conforme á miña xustiza, pagoume segundo a pureza das miñas mans,22porque gardei os camiños de Iahveh, non me afastei impiamente do meu Deus. 23Pois todos os seus decretos estiveron diante de min, e non me afastei dos seus estatutos.24Fun recto con El, e tiven conta de non cometer iniquidade. 25Iahveh recompensou a miña xustiza; a miña pureza diante dos seus ollos.26Co misericordioso amosarás misericordia; e recto para o home recto. 27Limpo amosaraste co limpo, e co perverso, astuto.28En verdade, Ti salvas o pobo aflixido, e humillas os ollos soberbios. 29Ti es a miña lámpada, ó Iahveh! Ti alumeas a miña escuridade!30Contigo aplastarei exércitos, co meu Deus gabearei murallas. 31En canto a Deus, o seu camiño é perfecto; a palabra de Iahveh é acrisolada; escudo a todos os que nel esperan.32Por que quen é Deus senón Iahveh, quen é a Rocha senón o noso Deus? 33Deus é quen me cingue de poder, e quen fai perfecto o meu camiño.34Que fai que os meus pés sexan como de cervas, e pon firmeza nas miñas alturas, 35que adestra as miñas mans para a loita, e os meus brazos tensen o arco de bronce.36Déchesme tamén o escudo da túa salvación, a túa destra sustentoume,a túa bondade hónrame. 37Agrandas os meus pasos debaixo de min, e os meus tornecelos non fraquearon.3938Perseguín os meus inimigos, e captureinos, e non volvín até acabar con eles. 39Esnaquiceinos e non puideron erguerse, caeron debaixo dos meus pés!4140Pois ti cinguíchesme con forza para a batalla; sometiches debaixo de min os que se levantaron contra min.41Puxeches en fuga os meus inimigos, e puiden destruír os que me odiaban.424342Miraron para todas partes, mais non houbo quen os librara, aínda a Iahveh, pero non os escoitou. 43Desfíxenos como po ante o vento, boteinos como lama nas rúas.4444Libráchesme das liortas do pobo, fixéchesme cabeza das nacións, un pobo que non coñecía, sírveme, 45Os fillos dos estranxeiros someteránseme; ao escoitar de min, obedeceránme. 46Os estranxeiros debilitaránse e sairán tremendo das súas fortalezas.474847Viva Iahveh! Bendita sexa a miña Rocha! Sexa exaltado o Deus da miña salvación, 48o Deus que executa vingaza por min, e suxeita os pobos debaixo de min; 49o que me libra dos meus inimigos; ti exáltasme sobre os que se levantan contra min; rescátasme do home cruel.50Por iso, Ó Iahveh, confesareite entre as nacións e cantarei louvores ao teu nome. 51Que salva marabillosamente o seu rei e amosa misericordia ao seu unxido: a David e á súa descendencia para sempre!
1Estas son as derradeiras palabras de David: Di David, o fillo de Ixaí, e di o home que foi exaltado, o unxido do Deus de Xacob, o doce salmista de Israel: 2O Espírito de Iahveh falou por min, e a súa palabra está na miña lingua.3Díxome o Deus de Israel, faloume a Rocha de Israel: -O que con xustiza goberna sobre os homes, o que goberna no temor de Deus, 4é coma a luz da mañá cando o sol se levanta, coma nunha mañá sen nubes despois da choiva, que fai brillar a tenra herba da terra.5E aínda que a miña casa non fora así para Deus, El fixo comigo un pacto eterno, en todo ordenado e ben seguro, que fará prosperar os meus desexos dunha salvación completa.6Mais os perversos, todos eles serán coma espiños, Que se botan fóra e ninguén recolle, 7Ninguén se aproxima a eles, só co ferro ou con vara de lanza,E con lume que os abrasa completamente no seu lugar.8Estes son os nomes dos heroes que tiña David: Ioseb-basebet tacmonita, xefe dos capitáns; este era Adino eznita, porque matou oitocentos nunha soa batalla;9e despois del, Elazar, fillo de Dodo ahohita, un dos tres valentes que estaban con David cando desafiaron aos filisteos que se xuntaran alí para a batalla, e os homes de Israel xa fuxiran. 10Este levantouse e feriu aos filisteos ata que se esgotoua súa man e quedou pegada á espada; e Iahveh concedeu unha grande victoria ese día; e o pobo volveu tras del, só para recoller o botín.11Despois del estaba Sama, fillo de Ague ararita. Os filisteos concentráronse nunha retagarda onde había un campo cheo de lentellas, e o pobo fuxira diante dos filisteos. 12Pero el púxose en pé no medio do campo e defendeuno, e feriu aos filisteos; e Iahveh concedeulle unha grande victoria.13Tamén baixaron tres dos trinta príncipes e foron a David á cova de Adulam nos días da colleita, cando unha banda de filisteos estaba acampada no val de Refaím. 14David estaba entón na fortaleza, e unha garda dos filisteos estaba en Belén.15E David tivo un desexo e dixo: -Que bo sería que alguén me dera a beber auga do pozo de Belén que está xunto á porta! 16Entón os tres heroes atravesaron o campamento dos filisteos e sacaron auga do pozo de Belén que está á porta, e levárona e trouxéronlla a David, pero el non quixo bebela, senón que a derramou como ofrenda a Iahveh. 17E dixo: -Lonxe estea de min, Ó Iahveh, que faga isto! Beberei o sangue dos homes que a trouxeron arriscando as súas vidas? E non quixo bebela. Estas cousas fixeron os tres valentes.18E Abisaí, irmán de Ioab, fillo de Sarvia, era o xefe dos trinta. El lanzou a súa lanza contra trescentos e matounos, e tivo unha gran sona entre os tres. 19El era o máis respetado dos trinta, por iso chegou a ser o seu xefe, pero non foi incluído entre os tres primeiros.20Máis tarde, Benaías, fillo de Ioyada, fillo dun home valente de Cabseel, home de grandes feitos, matou os dous fillos de Ariel de Moab. E el baixou nun día de neve e matou un león dentro dun foso. 21Tamén matou a un exipcio, un home de grande estatura. E o exipcio tiña unha lanza na man; pero Benaya baixou contra el cun caxato e quitoulle a lanza da man do exipcio e matouno coa súa propia lanza.22Estas cousas fixo Benaías, fillo de Iohada, e tivo fama como os tres valentes. 23El era o máis respetado entre os trinta, pero sin acadar a sona dos outros tres. E David púxoo ao frente da súa garda persoal.24Asael, irmán de Ioab, estaba entre os trinta; e Elhanán, fillo de Dodo de Belén, 25Sama harodita, Elica harodita, 26a Heles paltita, a Ira, fillo de Iques de Tecoé, 27Abiezer anatotita, Mebunai husatita, 28a Salmón ahohita, a Maharai netofatita,29Heleb, fillo de Baana netofatita; e Itai, fillo de Ribai de Guibea dos fillos de Benxamín; 30Benaías piratonita, Hidai dos arroíos de Gaas, 31Abi-albón arbatita, Azmavet barhumita, 32Eliaba salbonita, os fillos de Iasén e Xonatán,33Sama ararita, Ahíam, fillo de Sarar ararita, 34Elifelet, fillo de Ahasbai, fillo de Maaca, e Eliam, fillo de Ahitofel gilonita, 35Hezrai carmelita, Paarai arbita, 36a Igal, fillo de Natán de Soba, e a Bani gadita,37a Selec amonita, a Naharai Beerotita, escudeiro de Ioab, fillo de Sarvías, 38Ira itrita, Gareb itrita, 39Urías o hitita; en total trinta e sete.
1Unha vez máis acendeuse a ira de Iahveh contra Israel, e incitou a David contra eles para que ordenara: -Vai, fai un censo de Israel e de Xudá. 2E o rei dixo a Ioab, comandante do exército que estaba con el: -Vai por todas as tribos de Israel, dende Dan ata Beerseba, e facede un censo do pobo, para que saiba o número da xente.3Pero Ioab dixo ao rei: -Que Iahveh o teu Deus engada ao pobo cen veces máis do que é, e que o meu señor o rei o vexa! Pero por que se agrada neste asunto o meu señor o rei? 4Pero a palabra do rei prevaleceu sobre Ioab e os comandantes do exército. E saíu Ioab e os comandantes do exército da presenza do rei para facer o censo do pobo de Israel.5Pasaron o Xordán e acamparon en Aroer, á dereita da cidade que está no medio do val de Gad, cara Iázer. 6E foron para Galaad e para a terra de Tahtim-hodsi; e foron para Dan-xaán e dobraron cara Sidón; 7e foron á fortaleza de Tiro e a tódalas cidades dos heveos e dos cananeos, e saíron cara o sur de Xudá, a Beerseba.8Percorrendo así toda a terra, volveron a Xerusalém ao cabo de nove meses e vinte días. 9E Ioab deu ao rei o número do censo do pobo: en Israel había oitocentos mil homes valentes que sacaban espada, e os de Xudá cincocentos mil homes.10Pero despois de que David fixo contar o pobo, o seu corazón sentiuse aflixido, e dixo a Deus: -Pequei moito no que fixen. E agora, Ó Iahveh, pídoche que quites a iniquidade do teu servo, porque actuei coma un necio.11Cando David se ergueu pola mañá, a palabra de Iahveh veu ao profeta Gad, vidente de David, dicindo: 12-Vai e di a David: -Así di Iahveh: ofrézoche tres cousas; escolle unha delas para que eu a faga.13E Gad foi onda David e fíxollo saber, dicíndolle: -Queres que veñan sete anos de fame sobre ti na túa terra, ou que fuxas por tres meses diante dos teus inimigos mentres te perseguen, ou que haxa tres días de peste na túa terra? Agora pensa e decide que resposta hei devolver a quen me mandou. 14E David respondeu a Gad: -Estou moi anguriado, pero é mellor caer nans mans de Iahveh porque as súas misericordias son moitas, que non caer nas mans dos homes.15Entón Iahveh mandou unha peste sobre Israel dende a mañá ata o tempo sinalado; e morreron do pobo dende Dan ata Beerseba, setenta mil homes. 16E aconteceu que cando o anxo estendeu a súa man cara Xerusalém para destruíla, Iahveh compadeceuse por esa desgraza e díxolle ao anxo que estaba destruíndo o pobo: -Xa está ben! Detén agora a túa man! E o anxo de Iahveh estaba xunto á eira de Arauna o iebuseo.17E cando David viu o anxo que estaba a ferir o pobo, díxolle a Iahveh: -Velaquí, son eu o que pequei e eu o que fixen mal; pero estas ovellas, que fixeron? Que a túa man veña sobre min e sobre a casa de meu pai!18Ese mesmo día Gad foi onda David e díxolle: -Subide e edificade un altar a Iahveh na eira de Arauna iebuseo. 19E David subiu conforme a palabra de Gad, como Iahveh mandara. 20Arauna mirou e viu o rei e os seus servos que viñan cara a el; e saíu Arauna e prostrouse rostro en terra diante do rei.21E preguntou Arauna: -Por que veu o meu señor o rei ao seu servo? E David respondeu: -Para mercarche a eira para edificar un altar a Iahveh, a fin de deter a mortandade do pobo. 22E Arauna dixo a David: -Tome e ofreza meu señor o rei o que mellor lle pareza: velaí, os bois para o holocausto, e os troncos e os xugos dos bois como leña. 23Todo, Ó rei, Arauna dállo ao rei! Tamén lle dixo Arauna ao rei: - Iahveh o teu Deus teña favor contigo!24Pero o rei díxolle a Arauna: -Non, senón que de certo comprareino por prezo, porque non ofrecerei holocaustos a Iahveh o meu Deus que non me custaron nada. E David comprou a eira e os bois por cincuenta siclos de prata. 25Entón David edificou alí un altar a Iahveh e ofreceu holocaustos e ofrendas de paz. E Iahveh respondeu á súa súplica pola terra e cesou a praga en Israel.
1O rei David era vello, entrado en días, e cubríano con roupas, pero non se quentaba. 2Entón os seus servos dixéronlle: -Buscade para o meu señor o rei unha moza virxe, para que estea diante do rei e o cubra, e durma no seu costado, para que o meu señor o rei se quente.3E buscaron unha moza fermosa en toda a terra de Israel, e atoparon a Abisag sunamita e trouxérona ao rei. 4A rapaza era fermosa, e coidou ao rei e servíao, pero o rei non se deitou con ela.5Entón Adonías, fillo de Haguit, enalteceuse e dixo: -Eu reinarei. E preparou carros e xinetes, e cincuenta homes para correr diante del. 6O seu pai nunca o molestara dicíndolle: por que fas así? Ademais, el era de moi fermoso parecer, e nacera despois de Absalom.7E tratara con Ioab, fillo de Sarvia, e co sacerdote Abiatar, e estes apoiaron a Adonías. 8Pero o sacerdote Sadoc, e Benaías, fillo de Iehoiadá, e o profeta Natán, e Simei, e Rei e tódolos valentes de David, non estaban con Adonías.9E Adonías sacrificou ovellas, vacas e animais cebados xunto á rocha de Zohelet, que está preto de En-rogel, e convidou a todos os seus irmáns, os fillos do rei, e a tódolos homes de Xudá, servos do rei; 10pero non convidou o profeta Natán, nin a Benaías, nin aos valentes, nin a seu irmán Salomón.11Entón Natán falou a Batseba, nai de Salomón, dicindo: -Non escoitaches que Adonías, fillo de Haguit, reina, e o noso señor David non o sabe? 12Agora pois, ven e dareiche un consello para que preserves a túa vida e a do teu fillo Salomón.13Vai onda o rei David e dille: -Non xuraches, meu señor o rei, á túa serva, dicindo: certamente o teu fillo Salomón reinará despois de min, e el sentará no meu trono? Por que, pois, reina Adonías? 14E acontecerá que mentres ti aínda esteas a falar co rei, eu entrarei detrás de ti e reafirmarei as túas palabras.15Entón Batseba entrou no cuarto do rei. E o rei era moi vello, e Abisag a sunamita coidábao. 16Entón Batseba prostrouse diante do rei. E o rei dixo: -Que queres? 17Entón ela respondeulle: -Meu señor, ti xuraches á túa serva por Iahveh o teu Deus, dicindo: o teu fillo Salomón reinará despois de min, e el sentará no meu trono.18E agora, velaí que Adonías reina, e ti, meu señor o rei, non o sabes. 19El sacrificou bois e animais cebados e ovellas en gran abundancia, e convidou a todos os fillos do rei, a Abiatar o sacerdote e a Ioab, xefe do exército; pero ao teu servo Salomón non o convidou.20Agora ben, meu señor o rei, os ollos de todo Israel están postos en ti para que lles informes quen ha sentar no trono do meu señor o rei despois del. 21Doutro xeito, acontecerá que cando o meu señor o rei durma cos seus pais, eu e o meu fillo Salomón seremos considerados culpables.22E aínda estaba ela falando co rei, cando chegou o profeta Natán. 23E avisaron ao rei, dicindo: -Velaí o profeta Natán. O que entrando onda o rei, prostrouse diante do rei, inclinándose ata o chan.24E dixo Natán: -Meu señor o rei, dixeches ti: Adonías reinará despois de min, e el sentará no meu trono? 25Porque baixou hoxe e matou bois, animais cebados e moitísimas ovellas, e convidou a tódolos fillos do rei, e aos oficiais do exército, e ao sacerdote Abiatar; e velaquí, están a comer e a beber diante del, e dixeron: que viva o rei Adonías!26Pero non me convidaron a min, o teu servo, nin ao sacerdote Sadoc, nin a Benaías, fillo de Iehoiadá, nin ao teu servo Salomón. 27Ordenou o meu señor o rei isto sen que informes aos teus servos quen sentará no trono do meu señor o rei despois del?28Entón respondeu o rei David, e dixo: -Chamádeme a Batseba! E ella entrou onda o rei, e púxose diante do rei. 29E o rei xurou, e dixo: -Como vive Iahveh, que rescatou a miña alma de toda anguria, 30que así como che xurei por Iahveh, Deus de Israel, dicindo: "O teu fillo Salomón reinará despois de min, e el sentará no meu trono en meu lugar, así fareino hoxe." 31Entón Batseba prostrouse diante do rei co seu rostro en terra, e prostrouse diante do rei, e dixo: -Viva o meu señor o rei David para sempre!32E o rei David dixo: -Chamádeme ao sacerdote Sadoc, ao profeta Natán e a Benaías, fillo de Iehoiadá. E eles entraron diante do rei. 33E o rei díxolles: -Levade con vós os servos do voso señor, e montade ao meu fillo Salomón na miña mula, e baixádeo a Guihón; 34E alí o sacerdote Sadoc e o profeta Natán unxirano por rei sobre Israel; e tocade o shofar, e berrade: viva o rei Salomón!35E seguirédelo, e el virá e sentará no meu trono, e el reinará por min, porque eu escollino para que sexa príncipe sobre Israel e sobre Xudá. 36E Benaías, fillo de Iohiadá, respondeu ao rei e dixo: -Amén; así diga Iahveh, Deus do meu señor o rei. 37Como Iahveh estivo co meu señor o rei, así sexa con Salomón, e faga maior o seu trono que o trono do meu señor o rei David.38E Sadoc o sacerdote, e Natán o profeta, e Benaías, fillo de Iohiadá, e os cereteos e os peleteos baixaron e montaron a Salomón na mula do rei David, e levárono a Guihón. 39E o sacerdote Sadoc colleu o corno de aceite do tabernáculo, e unxiu a Salomón; e tocaron o shofar, e todo o pobo dixo: -Viva o rei Salomón! 40E todo o pobo subiu detrás del, e o pobo cantaba con frautas e facía tan grande festa que era coma se a terra afundira cos seus berros.41E Adonías e todos os convidados que estaban con el escoitaron iso cando remataron de comer. Ao ouvir Ioab o son do shofar, dixo: -Por que está a cidade con tanta ledicia e algueirada? 42Mentres el aínda estaba a falar, velaí que chegou Ionatán, fillo do sacerdote Abiatar, e Adonías díxolle: -Entra, porque ti es un home valente, e traes boas novas.43E Ionatán respondeu e dixo a Adonías: -En verdade o noso señor o rei David fixo rei a Salomón. 44E o rei mandou con el o sacerdote Sadoc, o profeta Natán, e a Benaías, fillo de Iohiadá, tamén os cereteos e os peleteos, e eles montárono na mula do rei; 45e o sacerdote Sadoc e o profeta Natán unxírono por rei en Guihón, e subiron de alí con ledicia, e a cidade está chea de ledicia. Esta é a algueirada que escoitastes.46Ademais, Salomón sentouse no trono do reino. 47E tamén os servos do rei viñeron bendicir ao noso señor o rei David, dicindo: que Deus faga bo o nome de Salomón máis que o teu nome, e faga maior o seu trono que o teu. E o rei adorou na súa cama. 48E tamén dixo así o rei: -Bendito sexa Iahveh, Deus de Israel, que me deu hoxe alguén para sentar no meu trono, e vírono os meus ollos.49Entón todos os convidados que estaban con Adonías tremeron, e erguéronse e fóronse cada un polo seu camiño. 50Pero Adonías, tendo medo de Salomón, ergueuse e foise agarrar aos cornos do altar. 51E informáronlle a Salomón, dicindo: -Velaquí, Adonías ten medo do rei Salomón e agarrouse dos cornos do altar, dicindo: xúrame hoxe rei Salomón que non matará o seu servo a espada.52E Salomón dixo: -Se é un home nobre, nin un só dos seus cabelos caerá a terra; pero se se atopa maldade nel, morrerá. 53O rei Salomón mandou que o fixeran baixar do altar; e el veu e prostrouse diante do rei Salomón. Entón Salomón díxolle: -Vaite para a túa casa.
1Cando se achegaban os días da súa morte, David mandou ao seu fillo Salomón, dicindo: 2Eu vou no camiño de todos os que están na terra; sé forte e sé un home. 3Garda os preceptos de Iahveh o teu Deus, camiñando nos seus camiños, e gardando os seus estatutos, mandamentos, decretos e testemuños, conforme o que está escrito na lei de Moisés, para que prosperes en todo o que fagas e en todo o que emprendas; 4para que Iahveh confirme a palabra que me falou, dicindo: "Se os teus fillos gardan o meu camiño, camiñando en verdade diante de min con todo o seu corazón e con toda a súa alma, non che faltará nunca un descendente no trono de Israel."5Agora, ti tamén sabes o que me fixo Ioab, fillo de Sarvia, o que fixo a dous xenerais do exército de Israel, a Abner, fillo de Ner, e a Amasa, fillo de Ieter, e como os matou, derramando en tempo de paz sangue de guerra, e poñendo sangue de guerra no cinto que tiña nos seus lombos e no calzado que tiña nos seus pés. 6Ti, pois, farás conforme a túa sabedoría; non permitirás que as súas canas baixen en paz ao Sheol.7Mais amosarás misericordia aos fillos de Barlaizi galedita, para que sexan dos que son convidados á túa mesa, porque eles viñeron a min e puxéronse ao meu carón cando eu fuxía do teu irmán Absalom.8Tamén tes contigo a Simei, fillo de Guera, fillo de Benxamín, de Bahurim; el maldiciume cunha maldición cruel o día que ía a Mahanaím. Pero el baixou ao meu encontro ao Xordán, e eu xureille por Iahveh, dicindo: non te matarei a espada. 9Pero agora non o absolverás, pois ti es un home sabio e sabes o que debes facer con el, e farás descender as súas canas con sangue ao Sheol.10E David durmiu con seus pais, e foi sepultado na súa cidade. 11Os días que David reinou sobre Israel foron corenta anos: sete anos reinou en Hebrón e trinta e tres anos reinou en Xerusalém. 12E Salomón sentou no trono do seu pai David, e o seu reino foi firme en gran maneira.13Pero Adonías, fillo de Haguit, foi onda Betsabé, nai de Salomón, e ela díxolle: -Vés en paz? E el dixo: -veño en son de paz. 14E engadiu: -Teño unha palabra para ti. E ela dixo: -Di. 15E el dixo: -Ti sabes que o reino era meu, e que todo Israel tiña posta a súa mira en min para que eu reinase; pero o reino cambiou de mans e veu ser do meu irmán, pola decisión de Iahveh é seu.16Fágoche agora unha petición, non me rexeites. E ela díxolle: -Fala. 17Entón el dixo: -Rógoche que fales ao rei Salomón (pois el non cho negará), para que me dea a Abisag sunamita por muller. 18E Batseba dixo: -Moi ben, eu falarei ao rei por ti.19Entón Batseba foi onda o rei Salomón para falarlle de Adonías. E o rei ergueuse para recibila, inclinouse diante dela, e sentou de novo no seu trono; e fixo traer un trono para a súa nai, e ela sentou á súa dereita. 20Entón ela dixo: -Teño unha pequena petición; non ma negues. E o rei díxolle: -Pide, miña nai, porque eu non cha negarei. 21E ela dixo: -Dálle a Abisag sunamita por muller ao teu irmán Adonías.22Entón o rei Salomón respondeu, e dixo á súa nai: -Por que pides a Abisag sunamita para Adonías? Pide tamén para el o reino, pois é o meu irmán máis vello, e ten do seu lado o sacerdote Abiatar e a Ioab, fillo de Servia. 23Entón o rei Salomón xurou por Iahveh, dicindo: -Fágame Deus así e aínda peor, se Adonías non paga esta palabra coa súa propia vida!24Vive Iaveh, que me confirmou e me puxo no trono do meu pai David, e escolleu á miña familia como prometera, que Adonías morrerá hoxe! 25E o rei Salomón mandou por medio de Benías, fillo de Ioiada, que arremeteu contra el, e matouno.26E o rei dixo ao sacerdote Abiatar: -Volve a Anatot, ás túas terras, porque es digno de morte; pero non te farei matar hoxe, porque levaches a arca de Iahveh Deus diante do meu pai David, e ademais sufriches en todo o que o meu pai sufriu. 27Así expulsou Salomón a Abiatar do sacerdocio de Iahveh, para que se cumprira a palabra que Iahveh dixera sobre a casa de Elí en Silo.28Cando a nova chegou aos ouvidos de Ioab (pois tamén el se unira a Adonías, aínda que non se unira a Absalón), fuxiu ao tabernáculo de Iahveh e agarrouse dos cornos do altar. 29Cando lle informaron a Salomón que Ioab fuxira ao tabernáculo de Iahveh, e velaquí, estaba xunto ao altar, Salomón mandou a Benaías, fillo de Ioiada, dicindo: -Vai e arremete contra el.30Entón Benaías entrou no tabernáculo de Iahveh, e díxolle: -O rei di: "Sae." Pero el dixo: -Non, senón que aquí morrerei! E Benaías levoulle a súa resposta ao rei, dicindo: -Así dixo Ioab, e así me respondeu. 31E o rei díxolle: -Fai tal como el dixo; mátao e sepúltao, e quita de min e da casa do meu pai o sangue inxustamente derramado por Ioab.32E Iahveh fará recaer o seu sangue sobre a súa cabeza, porque el matou a dous homes máis xustos e mellores ca el, e matouos a espada sen que o meu pai David o soubera: a Abner, fillo de Ner, xefe do exército de Israel, e a Amasa, fillo de Ieter, xefe do exército de Xudá. 33Que o seu sangue recaia sobre a cabeza de Ioab e sobre a cabeza da súa descendencia para sempre; pero sobre David e sobre a súa descendencia, sobre a súa casa e sobre o seu trono, haberá paz de parte de Iahveh para sempre.34Entón Benaías, fillo de Ioías, subiu e arremetendo contra el, matouno, e foi sepultado na súa casa no deserto. 35E o rei puxo a Benaías, fillo de Ioías, sobre o exército no seu lugar, e o rei puxo a Sadoc por sacerdote en lugar de Abiatar.36Entón o rei mandou chamar a Simei e díxolle: -Constrúete unha casa en Xerusalém, e vive alí; e non saias de alí nin a un lado nin a outro. 37porque sabe con certeza que o día que saias e cruces o arroio do Cedrom, certamente morrerás, e o teu sangue será sobre a túa cabeza. 38E Simei dixo ao rei: -A palabra é boa; tal como dixo o meu señor o rei, así fará o teu servo. E habitou Simei en Xerusalém moitos días.39Pero sucedeu que ao cabo de tres anos, dous servos de Simei fuxiron a Gat, onda o rei Aquis, fillo de Maaca; e avisaron a Simei, dicindo: -Velaquí, os teus servos están en Gat. 40Entón Simei ergueuse e montou o seu asno e foi onda Aquis en Gat na procura dos seus servos. Así que Simei foi e trouxo os seus servos de Gat.41E informáronlle a Salomón que Simei fora de Xerusalém a Gat, e que volvera. 42Entón o rei mandou chamar a Simei, e díxolle: -Non te fixen xurar por Iahveh, e advertinche, dicindo: o día que saias, para aquí ou para alá, con toda seguridade morrerás? E ti dixéchesme: -A palabra é boa, fareina.43Por que, pois, non gardaches o xuramento de Iahveh e o mandamento que che mandei? 44E o rei dixo ademais a Simei: -Ti sabes ben no teu corazón todo o mal que fixeches contra o meu pai David; Iahveh, pois, fixo vir o mal sobre a túa cabeza.45Pero o rei Salomón será bendito, e o trono de David será firme diante de Iahveh para sempre. 46E o rei mandou a Benaías, fillo de Ioías; e el saíu e feriuo, e morreu.
1E Salomón emparentou con Faraón, rei de Exipto, casando coa filla de Faraón, e tróuxoa á cidade de David, ata que rematou de edificar a súa casa e a casa de Iahveh, e o muro arredor de Xerusalém. 2Porque ata aqueles días o pobo sacrificaba nos lugares altos, porque aínda non se construíra unha casa ao nome de Iahveh. 3E Salomón amaba a Iahveh, camiñando nos estatutos do seu pai David; pero sacrificaba e queimaba incenso nos lugares altos.4O rei ía a Gabaón, porque ese era o principal lugar alto, para sacrificar alí; Salomón ofreceu mil holocaustos sobre ese altar. 5Un día Iahveh aparecéuselle a Salomón en soños durante a noite en Gabaón, e Deus díxolle: -Pídeme o que queiras que che dea!6E dixo Salomón: -Ti amosaches gran misericordia ao teu servo David o meu pai, porque el andou diante de ti en verdade, en xustiza e con rectitude de corazón contigo; e conservaches esta a túa gran misericordia de xeito que lle deches un fillo que senta no seu trono, como é hoxe.7Agora, O Iahveh meu Deus, ti puxeches o teu servo como rei no lugar de meu pai David, e eu son un rapaz mozo que non sei entrar nin saír. 8E o teu servo está no medio do teu pobo que ti escolliches, un pobo grande que non se pode contar nin numerar. 9Dá, pois, ao teu servo un corazón prudente para xulgar o teu pobo, e para discernir entre o bo e o malo; pois quen poderá xulgar este teu pobo, que é tan grande?10E agradou ao Señor que Salomón pedira isto. 11E Deus díxolle: -Xa que pediches isto e non pediches moitos días para ti, nin pediches riquezas para ti, nin pediches a vida dos teus inimigos, senón que pediches para ti entendemento para ter xuízo, 12velaí, fixen conforme as túas palabras; deiche un corazón sabio e entendido, de xeito que non houbo ninguén semellante a ti antes de ti, nin se levantará ninguén semellante a ti despois de ti.13E tamén dareiche as cousas que non pediches, riquezas e gloria, de xeito que entre os reis non haberá ninguén coma ti, todos os teus días. 14E se ti camiñas nos meus camiños, gardando os meus estatutos e mandamentos, como camiñou o teu pai David, Eu alargarei os teus días.15Acordou Salomón, e velaí que era un soño; e foi a Xerusalém e púxose diante da arca do pacto de Iahveh, e ofreceu holocaustos e ofreceu sacrificios de paz, e fixo un banquete para todos os seus servos.16Entón entraron ao rei dúas mulleres prostitutas e presentáronse diante del. 17E unha delas dixo: -Ai meu señor, eu e esta muller viviamos nunha mesma casa, e dei a luz estando ela comigo na casa.18E aconteceu que ao terceiro día despois de dar a luz, esta muller tamén pariu, e estabamos xuntas, non había ninguén de fóra na casa, só nós as dúas estabamos na casa. 19E unha noite o fillo desta muller morreu, porque ela se deitou sobre el. 20E ergueuse a medianoite, e colleu o meu fillo do meu lado, mentres eu, a túa serva, estaba durmida, e púxoo ao seu carón, e colocou o seu fillo morto no meu colo.21E cando me erguín moi cedo para darlle o peito ao meu fillo, velaí que estaba morto; pero cando o observei na mañá, velaí que non era o meu fillo a quen parira. 22Pero a outra muller dixo: -Non, senón que o meu fillo é o que vive, e o teu fillo é o morto. E a outra dixo: -Non, senón que o teu fillo é o morto, e o meu fillo é o vivo. E discutían diante do rei.23Entón dixo o rei: -Esta di: o meu fillo é o vivo e o teu fillo é o morto; e a outra di: non, senón que o teu fillo é o morto e o meu fillo é o vivo. 24E o rei dixo: -Traédeme unha espada. E trouxéronlle unha espada ao rei. 25Entón o rei dixo: -Cortade polo medio o neno vivo e dádelle a metade a unha e a outra metade á outra.26Entón a muller á que pertencía o fillo vivo, falou ao rei (pois sentiuse profundamente conmovida polo seu fillo), e dixo: -Ai meu señor, dádelle a esta o neno vivo e non o matedes! Pero a outra dixo: -Nin a min nin a ti; partídeo! 27Entón o rei respondeu e dixo: -Dádelle a esta o neno vivo e non o matedes; ela é a súa nai. 28E todo Israel escoitou o xuízo que o rei pronunciara, e temeron ao rei, porque viron que a sabedoría de Deus para xulgar estaba no seu corazón.
1E reinou o rei Salomón sobre todo Israel. 2Estes son os príncipes que tivo: Azarías, fillo do sacerdote Sadoc; 3Elihoref e Ahías, fillos de Sisa, eran secretarios; e Iosafat, fillo de Ahilud o cronista; 4Benaías, fillo de Ioiada, estaba a cargo do exército, e Sadoc e Abiatar eran os sacerdotes;5Azarías, fillo de Natán, xefe dos gobernadores; e Zabud, fillo de Natán, xefe dos oficiais e conselleiro do rei; 6Ahisar estaba a cargo da casa real; e Adoniram, fillo de Abda, dos tributos.7E Salomón tiña doce gobernadores sobre todo Israel, que proveían ao rei e á súa casa; cada un deles tiña que abastecelos durante un mes no ano. 8E estes son os seus nomes: o fillo de Hur na rexión montañosa de Efraín; 9o fillo de Decar, en Macaz, en Saalbim, en Bet-semes, en Elón e en Bet-hanán; 10o fillo de Hesed en Arubot; el tiña tamén a Soco e toda a terra de Hefer;11o de Abinadab sobre tódalas rexións de Dor; este tiña por muller a Tafat, filla de Salomón; 12Baana, fillo de Ahilud, en Taanac e en Meguido, en todo Bet-seán, que está preto de Saretán, e máis abaixo de Izeréel, dende Bet-seán ata Abel-mehola e ata o outro lado de Iocmeam; 13o fillo de Gueber en Ramot de Galaad; el tiña tamén as cidades de Iacir, fillo de Manasés, que están en Galaad; tiña tamén a provincia de Argob que está en Basán, sesenta grandes cidades con muros e fechos de bronce; 14Ahinadab, fillo de Ido, en Mahanaím;15Ahimaas en Neftalí; este tamén tomou por muller a Basemat, filla de Salomón. 16Baana, fillo de Husaí, en Aser e en Alot; 17Iosafat, fillo de Parua, en Isacar;18Simei, fillo de Ela, en Benxamín; 19Gueber, fillo de Uri, na terra de Galaad, a terra de Sehón, rei dos amorreos, e de Og, rei de Basán. Este era o único gobernador naquela terra.20Xudá e Israel eran numerosos, coma a area que está á beira do mar en multitude, e comían, bebían e alegrábanse. 21E Salomón gobernaba sobre todos os reinos dende o río Éufrates ata a terra dos filisteos e ata o límite de Exipto; e eles traían presentes e servían a Salomón todos os días da súa vida. 22E o fornecemento de Salomón para cada día era de trinta medidas de flor de fariña, sesenta medidas de fariña, 23dez bois gordos, vinte bois de pasto e cen ovellas; sen os servos, gacelas, corzos e aves cebadas.24Pois el dominaba toda a rexión alén do río Éufrates, dende Tifsa ata Gaza, e sobre todos os reis alén do río Éufrates; e tiña paz por todas partes arredor. 25E Xudá e Israel vivían seguros, cada un debaixo da súa vide e debaixo da súa figueira, dende Dan ata Beerseba, todos os días de Salomón.26Ademais disto, Salomón tiña corenta mil cabalos nas súas cortes para os seus carros, e doce mil xinetes. 27E estes gobernadores abastecían ao rei Salomón e a todos os que viñan á mesa do rei Salomón, cada un por un mes, e non lles faltaba de nada. 28Tamén facían traer cebada e palla para os cabalos e para as bestas de carga ao lugar onde el estaba, cada un segundo o seu turno.29E Deus deulle a Salomón sabedoría e prudencia en gran maneira, e anchura de corazón coma a area que está á beira do mar. 30E a sabedoría de Salomón era maior que a de tódolos fillos do oriente e que toda a sabedoría dos exipcios. 31Aínda era máis sabio que calquera persoa, máis que Etán Ezraita, e máis que Hemán, Calcol e Darda, fillos de Mahol; e era famoso entre todas as nacións arredor.32E compuxo tres mil proverbios, e mil cinco cantigas. 33Tamén disertaba sobre as árbores, dende o cedro do Líbano ata o hisopo que nace na parede. Tamén falou sobre os animais, as aves, os reptís e os peixes. 34E viñan de tódolos pobos e de tódolos reis da terra para escoitar a sabedoría de Salomón, aos que chegara a fama da súa sabedoría.
1Hiram, rei de Tiro, mandou tamén os seus servos a Salomón, cando escoitou que o unxiran por rei en lugar do seu pai; porque Hiram sempre foi amigo de David. 2Entón Salomón mandou dicir a Hiram: 3Ti sabes que o meu pai David non puido edificar unha casa para o nome de Iahveh o seu Deus, por mor das guerras que tiveron por todas partes, ata que Iahveh puxo os seus inimigos debaixo dos seus pés.4Pero agora Iahveh o meu Deus deume paz por todas partes; non hai inimigo nin mal para temer. 5Polo tanto, decidín agora edificar unha casa ao nome de Iahveh o meu Deus, conforme o que Iahveh falou ao meu pai David, dicindo: "O teu fillo, a quen eu poñerei no teu lugar no trono, el edificará unha casa ao meu nome."6Agora pois, manda que me corten cedros do Líbano, e os meus servos estarán cos teus, e eu dareiche para os teus servos o xornal que me digas, pois ti sabes ben que non hai ninguén entre nós que saiba cortar a madeira coma os sidonios.7Cando Hiram escoitou as palabras de Salomón, alegrouse moito e dixo: -Bendito sexa hoxe Iahveh que deu a David un fillo sabio sobre este pobo tan grande! 8E Hiram mandou dicir a Salomón: -Escoitei o que me mandaches dicir; farei todo o que che agrada en canto á madeira de cedro e a madeira de ciprés.9Os meus servos levaranos do Líbano ao mar, e eu mandareinos en balsas polo mar ao lugar que ti me digas, e alí será desatado, e ti tomaralo. E ti cumprirás o meu desexo dando alimento á miña casa.10Hiram, pois, deulle a Salomón toda a madeira de cedro e de ciprés que desexaba. 11E Salomón daba a Hiram vinte mil cargas de gran para o mantemento da súa casa, e vinte cargas de aceite puro. Isto era o que Salomón daba a Hiram cada ano. 12E Iahveh deu sabedoría a Salomón como lle prometera; e houbo paz entre Hiram e Salomón, e os dous fixeron un pacto.13E o rei Salomón reclutou traballadores de todo Israel, e a leva foi de trinta mil homes, 14E mandounos ao Líbano, dez mil por mes, por turno; estaban un mes no Líbano e dous meses na súa casa; e Adoniram estaba a cargo da leva.15E Salomón tiña setenta mil adicados a carrexar e oitenta mil que cortaban nos montes; 16sen contar os oficiais principais de Salomón que estaban a cargo do traballo, tres mil trescentos que tiñan a cargo á xente que facía o traballo.17E o rei mandou que trouxeran pedras grandes, pedras caras, para os alicerces da casa, e pedras labradas. 18E os construtores de Salomón, os de Hiram e os homes de Gebal cortaron e prepararon a madeira e tallaron a canteira para labrar a casa.
1No ano catrocentos oitenta despois de que os fillos de Israel saíron de Exipto, no cuarto ano do reinado de Salomón sobre Israel, no mes de Ziv, é dicir, o mes segundo, comezou el a edificar a casa de Iahveh 2A casa que o rei Salomón edificou a Iahveh era de sesenta cóbados de lonxitude, vinte de anchura e trinta cóbados de altura.3E o pórtico diante do santuario da casa tiña vinte cóbados de lonxitude no sentido da anchura da casa, e a anchura diante da casa era de dez cóbados. 4E fixo á casa fiestras anchas por dentro e estreitas por fóra.5E edificou xunto o muro da casa, compartimentos arredor, contra os muros da casa arredor do templo e do lugar santísimo; e fixo cámaras laterais arredor. 6O apousento inferior tiña cinco cóbados de anchura, o do medio seis cóbados de anchura e o terceiro sete cóbados de anchura; porque fixera canzorros ao redor da casa por fóra, para que as vigas non encaixaran nos muros do templo.7E cando se edificou a casa, fixérona de pedras que xa foran labradas na canteira, de xeito que cando a construían, non se escoitou na casa nin martelos, nin machado, nin calquera outra ferramenta. 8A entrada do apousento medio estaba no lado dereito da casa, e subía por unha escada de caracol ao apousento medio, e do apousento medio ao superior.9Construíu, pois, a casa e rematoua, e cubriuna con vigas e táboas de cedro. 10E edificou tamén o apousento arredor de toda a casa, de cinco cóbados de altura, que estaba apoiado na casa con madeiras de cedro.11E veu a palabra de Iahveh a Salomón, dicindo: 12En canto a esta casa que estás a edificar, se andas nos meus estatutos e practicas os meus decretos, e gardas todos os meus mandamentos camiñando neles, eu tamén cumprirei contigo a miña palabra que dixen ao teu pai David; 13e habitarei no medio dos fillos de Israel, e non abandonarei o meu pobo Israel.14Así Salomón edificou a casa e rematouna. 15E cubriu os muros da casa con tablóns de cedro, cubríndoa de madeira por dentro, dende o chan da casa ata as vigas do teito; e cubriu tamén o piso con madeira de ciprés.16Tamén fixo na parte traseira da casa un edificio de vinte cóbados, de tablóns de cedro dende o chan ata o teito. Así fixo na casa un santuario interior: o lugar santísimo. 17A casa, é dicir, a nave de diante tiña corenta cóbados. 18E a casa estaba revestida de cedro tallado en forma de cabazas e de flores abertas; todo era de cedro, non se vía pedra algunha.19E adornou o Santuario interior no fondo da Casa para poñer alí a arca do pacto de Iahveh. 20O lugar santísimo estaba na parte interna e tiña vinte cóbados de lonxitude, vinte de anchura e vinte de altura, e cubriuno de ouro puro; e o altar recubriuno de cedro.21Despois Salomón cubriu de ouro puro o interior da casa, e pechou a entrada do santuario con cadeas de ouro, e recubriuno de ouro. 22Revestiu de ouro toda a Casa, de arriba abaixo, e cubriu de ouro todo o altar que estaba diante do Santuario interior.23Fixo tamén no lugar santísimo dous querubíns de madeira de oliveira, cada un de dez cóbados de altura. 24Unha á do querubín tiña cinco cóbados, e a outra á do querubín tiña outros cinco cóbados, de xeito que había dez cóbados dende a punta dunha á ata a punta da outra. 25Tamén o segundo querubín tiña dez cóbados; porque os dous querubíns eran dun mesmo tamaño e dunha mesma feitura. 26A altura dun era de dez cóbados, e do outro tamén.27No interior da casa, no lugar santísimo, puxo os querubíns, que estendían as súas ás de modo que a á dun tocaba unha parede, e a á do outro tocaba a outra parede; as outras dúas ás tocaban unha á outra no medio da casa. 28Máis tarde cubriu de ouro os querubíns.29E esculpiu todos os muros da casa arredor, por dentro e por fóra, con figuras de querubíns, palmeiras e flores abertas. 30E revestiu de ouro o piso da casa por dentro e por fóra.31E para a entrada do santuario fixo portas de madeira de oliveira; e as xambas das portas eran pentagonais. 32As dúas portas eran de madeira de oliveira, e esculpiu nelas figuras de querubíns, palmeiras e flores abertas que recubiru de ouro; revestiu tamén de ouro os querubíns e as palmeiras.33Tamén fixo para a porta do templo postes cadrados de madeira de oliveira. 34As dúas portas eran de madeira de ciprés; as dúas follas dunha porta eran xiratorias, e as outras dúas follas da outra porta tamén. 35E esculpiu nelas querubíns, palmeiras e flores abertas, e cubriunas con ouro refinado nas entalladuras.36E edificou o patio interior de tres ringleiras de pedras labradas e unha ringleira de vigas de cedro.37No cuarto ano, no mes de Ziv, foi posto o fundamento da casa de Iahveh. 38E no ano undécimo, no mes de Bul, é dicir, o oitavo mes, a casa foi rematada con todos os seus detalles e de acordo o seu deseño. De tal xeito que lle levou sete anos edificala.
1E Salomón edificou a súa propia casa en trinta anos, e rematou toda ela. 2E edificou a casa do Bosque do Líbano, que tiña cen cóbados de lonxitude, cincuenta cóbados de anchura e trinta cóbados de altura, sobre catro ringleiras de columnas de cedro, con trabes de cedro sobre as columnas.3E estaba cuberto con tablóns de cedro sobre as trabes, que se apoiaban en corenta e cinco columnas; cada ringleira tiña quince columnas. 4Había tres ringleiras de fiestras, unha fiestra en fronte da outra en tres ringleiras. 5Todas as portas e os postes eran cadrados, e as fiestras estaban en fronte das outras en tres ringleiras.6Fixo tamén un pórtico de columnas, que tiña cincuenta cóbados de lonxitude e trinta cóbados de anchura; este pórtico estaba en fronte das primeiras, coas súas columnas e os seus madeiros correspondentes.7Fixo tamén o pórtico do trono para xulgar, o pórtico do xuízo, e cubriuno de cedro dende o chan ata o teito.8E a casa na que vivía, noutro atrio detrás do pórtico, era de obra semellante a esta. E edificou Salomón para a filla de Faraón, con quen casara, unha casa de xeito semellante á do pórtico.9Todas aquelas obras eran de pedras preciosas, labradas e axustadas con serras segundo as medidas, por dentro e por fóra, dende os alicerces ata os rebordes, e do mesmo xeito por fóra ata o gran atrio. 10O fundamento era de pedras preciosas, pedras grandes, pedras de dez cóbados e pedras de oito cóbados.11Dende alí arriba había tamén pedras preciosas, labradas segundo as súas medidas, e de madeira de cedro. 12E o gran patio tiña arredor tres ringleiras de pedras labradas e unha ringleira de vigas de cedro; o mesmo sucedía co patio interior da casa de Iahveh e o patio da casa.13E o rei Salomón mandou vir de Tiro a Hiram, 14o fillo dunha viúva da tribo de Neftalí. O seu pai, que traballaba o bronce, era de Tiro. E Hiram estaba cheo de sabedoría, entendemento e coñecemento en todo o traballo de bronce. Veu onda o rei Salomón e fixo toda a súa obra.15Fundiu dúas columnas de bronce, de dezaoito cóbados de altura cada unha, e un fío de doce cóbados medía a circunferencia de unha e a outra. 16Fixo tamén dous capiteis de bronce fundido para poñelos sobre as cabeceiras das columnas; de cinco cóbados de alto cada un deles. 17Tiñan trenzas en forma de rede e cordóns en forma de cadeas para os capiteis que habían de poñer sobre as cabeceiras das columnas; sete para cada capitel.18Fixo tamén dúas ringleiras de granadas arredor da rede para cubrir cos granados os capiteis que estaban nas cabezas das columnas; e fixo o mesmo no outro capitel. 19Os capiteis que estaban sobre as columnas no pórtico tiñan forma de lirios e medían catro cóbados.20Tamén tiñan os capiteis das dúas columnas, duascentas granadas en dúas ringleiras arredor en cada capitel sobre a súa moldura que estaba rodeado pola rede. 21E ergueu as columnas no pórtico do templo; e cando alzou a columna do lado dereito, chamouna Iaquim; e alzando a columna do lado esquerdo, chamouna Boaz. 22E puxo sobre as cabezas das columnas un motivo en forma de lirios, e así foi rematado o traballo das columnas.23Fixo tamén un mar de fundición de dez cóbados dun lado a outro, un depósito redondo de dez cóbados de diámetro, cinco cóbados de alto, e trinta cóbados de circunferencia 24Por debaixo e arredor do seu borde colocou bólas semellantes a cabazas, dez en cada cóbado, que cinguían o mar en dúas ringleiras, que foran fundidas nunha soa peza co mar.25Estaba asentado sobre doce bois, tres mirando cara o norte, outros tres cara o occidente, outros tres cara o sur e outros tres cara o oriente; o mar descansaba sobre eles e os cadrís dos bois estaban virados cara dentro. 26O espesor do mar era dun palmo menor, e o seu borde era labrado coma o borde dunha copa ou de flor de lis; e a súa capacidade era de dous mil batos.27Fixo tamén dez basas de bronce; a lonxitude de cada basa era de catro cóbados, a anchura de catro cóbados e a altura de tres cóbados. 28E esta era a obra das basas: tiñan entrepanos que estaban encadrados entre as molduras; 29E sobre os entrepanos que estaban entre as molduras había figuras de leóns, bois e querubíns; e sobre os entrepanos da basa, por riba e por debaixo dos leóns e dos bois, había molduras en baixo relieve.30Cada basa tiña catro rodas de bronce con eixes de bronce, e nos seus catro extremos había repisas da fonte que sobresaían dos festóns para vir a estar debaixo da fonte. 31A boca da fonte entraba un cóbado no extremo que saía por riba da base; e a boca era redonda, do mesmo xeito que o extremo, dun cóbado e medio. Sobre a boca había gravados en entrepanos cadrados, non redondos.32As catro rodas estaban debaixo dos entrepanos, e os eixes das rodas nacían nunha mesma base; a altura de cada unha das rodas era de un cóbado e medio. 33A forma das rodas era como a das rodas dun carro; os seus eixos, os seus radios, os seus cubos e os seus anchos, todo era de metal fundido.34Tamén fixo catro resaltes nos catro extremos de cada basa; os resaltes eran parte da mesma basa. 35E sobre a basa había unha peza redonda de medio cóbado de altura, e sobre a basa había as súas molduras e taboleiros que saían dela.36E fixo nas táboas das molduras e nos taboleiros, encavamentos de querubíns, de leóns e de palmeiras, en proporción ao espacio de cada unha, e outros adornos arredor. 37Fixo así dez basas, fundidas dun mesmo xeito, dunha mesma medida e dunha mesma forma.38Fixo tamén dez fontes de bronce, cada fonte tiña a capacidade de corenta batos, cada unha de catro cóbados de ancho, e puxo unha fonte sobre cada unha das dez basas. 39E puxo cinco basas ao lado dereito da casa e as outras cinco ao lado esquerdo; e puxo o mar no lado dereito da casa, cara o oriente, cara o sur.40Hiram fixo tamén fontes, tenaces e baldes. Así rematou todo o traballo que fixera para Salomón na casa de Iahveh: 41as dúas columnas e os capiteis redondos que estaban enriba das dúas columnas; e dúas redes que cubrían os dous capiteis redondos que estaban sobre as cabezas das columnas;42catrocentas granadas para as dúas redes, dúas ringleiras de granadas en cada rede para cubrir os dous capiteis redondos que estaban sobre as cabezas das columnas; 43as dez basas e as dez fontes sobre as basas;44o mar con doce bois debaixo do mar; 45e as caldeiras, as pás, os hisopos e todos os utensilios que Hiram fixera ao rei Salomón para a casa de Iahveh, de bronce fundido.46O rei fixo fundir todo no val do Xordán, en terra arxilosa, entre Sucot e Saretán. 47E Salomón non pesou o bronce de tódolos utensilios, por mor da gran cantidade deles.48Entón Salomón fixo todos os utensilios que había na casa de Iahveh: un altar de ouro e unha mesa de ouro sobre a que estaba o pan da proposición; 49cinco candeeiros de ouro puro á man dereita e outros cinco á esquerda, fronte o lugar santísimo; as flores, as lámpadas e as tenazas de ouro.50tamén os pratos, culleres, coitelos, cuncas e incensarios de ouro puro; e os gonzos de ouro para as portas da casa interior, do lugar santísimo e para as portas do templo.51E foi rematada toda a obra que o rei Salomón dispuxo facer para a casa de Iahveh. Entón Salomón trouxo as cousas que o seu pai David santificara: prata, ouro e utensilios; e puxo todo nos tesouros da casa de Iahveh.
1Entón Salomón reuniu diante del en Xerusalém os anciáns de Israel, a tódolos príncipes das tribos e aos principais das familias dos fillos de Israel, para traer a arca do pacto de Iahveh dende a cidade de David, é dicir, Sión. 2E todos os homes de Israel reuníronse diante do rei Salomón no mes de Etanim, é dicir, o sétimo mes, no día da festa.3Cando chegaron todos os anciáns de Israel, os sacerdotes colleron a arca. 4E levaron a arca de Iahveh, e o tabernáculo de reunión e todos os utensilios santos que había no tabernáculo; os sacerdotes e os levitas os subiron. 5E o rei Salomón e toda a congregación de Israel que estaba con el reunida diante da arca, estaban sacrificando ovellas e bois que non se podían contar nin calcular por a gran cantidade deles.6Entón os sacerdotes puxeron a arca do pacto de Iahveh no seu lugar, no santuario da casa, no lugar santísimo, debaixo das ás dos querubíns. 7Porque os querubíns estenden as súas ás sobre o lugar da arca, e así os querubíns cubren a Arca e as súas varas por riba. 8Aínda que as varas eran tan largas, que os seus extremos deixábanse ver dende o lugar sando, que está diante do Lugar Santísimo, pero non se podían ver dende fóra. E así quedaron ata hoxe.9Na arca non había nada, agás as dúas táboas de pedra que Moisés puxera alí en Horeb, onde Iahveh fixo pacto cos fillos de Israel cando saíron da terra de Exipto. 10E aconteceu que cando os sacerdotes saíron do santuario, a nube encheu a casa de Iahveh 11e os sacerdotes non puideron continuar servindo por mor da nube, porque a gloria de Iahveh enchera a casa de Iahveh.12Entón Salomón dixo: -Iahveh dixo que habitaría na densa oscuridade. 13Eu edifiquei unha casa de morada para Ti, un lugar para que habites para sempre.14Despois o rei volveu o seu rostro e bendiciu a toda a congregación de Israel, mentres toda a congregación de Israel estaba en pé. 15E dixo: -Bendito sexa Iahveh, Deus de Israel, que cumpriu coa súa man todo o que falou ao meu pai David, dicindo: 16"Dende o día que saquei o meu pobo Israel de Exipto, non escollín ningunha cidade de tódalas tribos de Israel para edificar unha casa para que o meu nome estea alí, pero escollín a David para que estivera sobre o meu pobo Israel.17E o meu pai David tiña no seu corazón o desexo de edificar unha casa ao nome de Iahveh, Deus de Israel. 18Pero Iahveh dixo ao meu pai David: porque tes no teu corazón o desexo de edificar unha casa ao meu nome, fixeches ben en telo no teu corazón. 19Con todo, ti non edificarás a casa, senón o teu fillo que sairá dos teus lombos, el edificará unha Casa ao meu nome.20E Iahveh cumpriu a súa palabra que dixo, porque eu levanteime no lugar do meu pai David, e sentei no trono de Israel, como dixera Iahveh, e construín a casa ao nome de Iahveh, Deus de Israel. 21E puxen alí un lugar para a arca, que ten o pacto de Iahveh que fixo cos nosos pais cando os sacou da terra de Exipto.22Entón Salomón parouse diante do altar de Iahveh a vista de toda a congregación de Israel, e estendendo as súas mans cara o ceo, 23dixo: -Ai Iahveh, Deus de Israel, non hai Deus coma ti, nin enriba nos ceos nin embaixo na terra, que gardas o pacto e a misericordia para cos teus servos que andan diante de ti con todo o seu corazón; 24que gardaches ao teu servo David, o meu pai, o que lle prometiches; dixéchelo coa túa boca, e cumpríchelo coa túa man, como se ve neste día.25Agora, Iahveh Deus de Israel, cumpre co teu servo David, o meu pai, o que lle prometiches, dicindo: "Non faltará un home diante de min para sentar no trono de Israel, se os teus fillos gardan o meu camiño e andan diante de min, como ti andaches diante de min." 26Agora, Ó Iahveh, Deus de Israel, rógoche que se cumpra a palabra que dixeches ao teu servo David, o meu pai.27Aínda que, en verdade habitará Deus sobre a terra? Velaí que os ceos, e os ceos dos ceos, non te poden conter, canto menos esta casa que eu edifiquei! 28Mais ti, Ó Iahveh o meu Deus, atende á oración do teu servo e á súa suplica, escoitando o clamor e a oración que o teu servo fai hoxe diante de ti;29para que os teus ollos estean abertos sobre esta casa noite e día, sobre o lugar do que dixeches: alí estará o meu nome; para que escoites a oración que o teu servo dirixa cara este lugar. 30Escoita, pois, a oración do teu servo e do teu pobo Israel, cando oren cara este lugar; ti escoita no ceo, dende a túa morada; e cando escoites, perdoa.31Se alguén peca contra o seu próximo, e se lle pida xuramento, e entre nesta casa para xurar diante do teu altar, 32enton escoita Ti dende o ceo, e obra e xulga os teus servos, condenando o impío para traer a súa conduta sobre a súa propia cabeza, e xustificando o xusto para darlle segundo a súa xustiza.33E se o teu pobo Israel é derrotado diante do seu inimigo porque pecou contra ti, e volve a ti, e confesa o teu nome, e ora, e suplican nesta Casa, 34escoita Ti dende os ceos, e perdona o pecado do teu pobo Israel, e fainos volver á terra que deches aos seus pais.35Cando o ceo se peche e non chova, porque eles pecaron contra ti, e oren cara este lugar e confesen o teu nome, e se volvan do seu pecado cando os aflixas, 36Ti escoita dende os ceos, e perdoa o pecado dos teus servos e do teu pobo Israel, ensinándolles o bo camiño por onde han andar; e dá a choiva sobre a túa terra, a que deches ao teu pobo en herdanza.37Se hai fame na terra, se hai peste, pragas, fungos, lagostas ou saltóns; ou se o seu inimigo os sitia na terra onde vivan; se hai calquera calamidade ou enfermidade, 38toda oración e toda súplica que faga calquera persoa de todo o teu pobo Israel, recoñecendo cada un a aflicción no seu corazón, e estendan as súas mans cara esta casa,39escoita Ti dende os ceos, a túa morada, e perdoa, e actúa dando a cada un segundo os seus camiños, pois ti coñeces o seu corazón; pois só Ti coñeces o corazón de tódolos fillos dos homes; 40para que te teman todos os días que vivan sobre a terra que Ti deches aos nosos pais.41Tamén cando o estranxeiro, aínda que non sexa do teu pobo Israel, veña dunha terra lonxe por mor do teu nome, 42(porque escoitarán do teu gran Nome e da túa man forte e do teu brazo estendido), e veña e ore cara esta Casa, 43escoita Ti dende os ceos, lugar da túa morada, e fai conforme todo o que o estranxeiro che pida, para que todos os pobos da terra coñezan o teu nome, e te teman como o teu pobo Israel, e saiban que o teu Nome é invocado sobre esta Casa que eu edifiquei.44Cando o teu pobo saia á guerra contra os seus inimigos por onde ti os mandes, e oren a Iahveh mirando cara a cidade que ti escolliches e cara a Casa que eu edifiquei ao teu nome, 45Ti escoitarás dende os ceos a súa oración e a súa súplica, e farás xustiza na súa causa.46Se pecan contra ti (pois non hai persoa que non peque), e ti estás anoxado con eles e os entregas ao inimigo para que os leve cativos a terra do inimigo, sexa lonxe ou preto, 47e eles volvan en si na terra onde foron levados prisioneiros, e se convertan, e oren a ti na terra dos que os levaron prisioneiros, dicindo: pecamos, fixemos maldade, cometemos iniquidade,48e se volvan a Ti con todo o seu corazón e con toda a súa alma na terra dos seus inimigos aos que os levaron prisioneiros, e oren a ti cara a súa terra que deches aos seus pais, e cara a cidade que ti escolliches e a Casa que eu edifiquei ao teu nome,49escoita Ti dende os ceos, o lugar da túa morada, a súa oración e a súa súplica, e fai xustiza en favor deles. 50E perdoa ao teu pobo os pecados que fixo contra ti, e tódalas súas transgresións coas que se rebelaron contra Ti, facendo que teñan misericordia deles aqueles que os levaron cativos,51porque son o teu pobo e a túa herdanza, a quen sacaches de Exipto, do medio do forno de ferro. 52Que os teus ollos sexan abertos á oración do teu servo e á súplica do teu pobo Israel, para escoitalos en todo aquilo no que te invoquen; 53porque ti separáchelos de entre todos os pobos da terra para Ti como herdanza, como dixeches por medio de Moisés, o teu servo, cando sacaches os nosos pais de Exipto, O Señor Deus!54Cando Salomón rematou de facer toda esta oración e petición a Iahveh, ergueuse despois de estar de xeonllos diante do altar de Iahveh coas súas mans estendidas cara o ceo, 55e púxose en pé e bendiciu a toda a congregación de Israel, dicindo en voz alta: 56-Bendito sexa Iahveh que deu paz ao seu pobo Israel, conforme todo o que prometera; non faltou nin unha palabra de todas as súas promesas que fixo por medio do seu servo Moisés.57Que Iahveh o noso Deus estea con nós como estivo cos nosos pais; que non nos desamparou nin nos abandonou. 58E incline o noso corazón cara a El para que andemos en todos os seus camiños e gardemos os seus mandamentos, os seus estatutos e os seus decretos, que El mandou aos nosos pais.59E que estas palabras miñas, coas que orei diante de Iahveh, estean preto de Iahveh o noso Deus día e noite, para que defenda a causa do seu servo e do seu pobo Israel, segundo a necesidade de cada día. 60Para que todos os pobos da terra saiban que Iahveh é Deus, e non hai outro. 61Sexa pois, o voso corazón íntegro para con Iahveh o noso Deus, camiñando nos seus estatutos e gardando os seus mandamentos, como neste día.62Entón o rei e todo Israel con el, ofreceron sacrificios diante de Iahveh. 63E Salomón ofreceu ofrendas de paz, que sacrificou para Iahveh: vinte e dous mil bois e cento vinte mil ovellas. Así o rei e todos os fillos de Israel consagraron a casa de Iahveh.64Ese mesmo día o rei santificou o medio do atrio que estaba diante da casa de Iahveh, porque alí ofreceu os holocaustos, as ofrendas de gran e a espesura dos sacrificios de paz, porque o altar de bronce que estaba diante de Iahveh era pequeno para que puidesen caber nel os holocaustos, as ofrendas de gran e a espesura dos sacrificios de paz.65E Salomón fixo festa naquel tempo, e todo Israel con el, unha gran congregación dende a entrada de Hamat ata o río de Exipto, diante de Iahveh o noso Deus por sete días e aínda por outros sete días, é dicir, por catorce días. 66Ao oitavo día despediu ao pobo, e eles bendiciron o rei e foron ás súas moradas ledos e gozosos de corazón por todo o ben que Iahveh fixera ao seu servo David e ao seu pobo Israel.
1E aconteceu que cando Salomón rematou a obra da casa de Iahveh e da casa real, e todo o que Salomón desexaba facer, 2Iahveh aparecéuselle a Salomón por segunda vez, así como se lle aparecera en Gabaón.3E díxolle Iahveh: -Escoitei a túa oración e a túa súplica que fixeches diante de min; santifiquei esta casa que edificaches para poñer alí o meu nome para sempre; e os meus ollos e o meu corazón estarán alí todos os días.4E ti, se andas diante de min, como andou o teu pai David, con integridade de corazón e con rectitude, facendo todo o que che mandei, e gardando os meus estatutos e os meus decretos, 5eu establecerei o trono do teu reino sobre Israel para sempre, tal e como lle dixen a David o teu pai, dicindo: "Non faltará un descendente teu no trono de Israel."6Pero se vós, e os vosos fillos, vos afastades de min obstinadamente, e non gardades os meus mandamentos e estatutos que puxen diante de vós, senón que vos ides a servir a outros deuses e os adorades, 7entón eu cortarei a Israel da face da terra que lles dei; e esta casa que santifiquei para o meu nome, rexeitareina de diante de min, e Israel será refrán e riso para todos os pobos.8E sobre esta casa, que estaba en alta estima, calquera que pase por onda ela quedará asombrado e burlarase, e dirá: por que fixo Iahveh así a esta terra e a esta casa? 9E eles dirán: -Porque abandonaron a Iahveh o seu Deus, que sacara aos seus pais da terra de Exipto, e botaron man doutros deuses, e adoráronos e servíronos, por iso Iahveh trouxo sobre eles todo este mal.10E aconteceu que ao cabo de vinte anos, cando Salomón edificara as dúas casas, a casa de Iahveh e a casa real, 11(polas que Hiram, rei de Tiro, lle trouxera a Salomón madeiras de cedro e de ciprés, e ouro, tanto canto el quixera) entón o rei Salomón deu a Hiram vinte cidades na terra de Galilea.12E Hiram saíu de Tiro para ver as cidades que Salomón lle dera, e non lle agradaron. 13E dixo: -Que cidades son estas que me deches, meu irmán? E chamounas terra de Cabul, nome que ten ata hoxe. 14E Hiram mandara ao rei cento vinte talentos de ouro.15Esta é a razón da carga que o rei Salomón impuxo para edificar a casa de Iahveh e a súa propia casa, o terraplén e o muro de Xerusalém, Hazor, Meguido e Gezer: 16pois Faraón, rei de Exipto, subiu a Gezer e tomouna, e queimouna con lume, e matou os cananeos que vivían na cidade, e deulla en dote á súa filla, muller de Salomón.17Salomón restaurou, pois, a Gezer e a Baixa Bet-Horón, 18a Baalat, e a Tadmor na terra do deserto; 19e todas as cidades de provisións que Salomón tiña, as cidades dos carros e as cidades dos xinetes de a cabalo, e todo o que Salomón quixo edificar en Xerusalém, no Líbano e en toda a terra do seu dominio.20A todo o pobo que quedara dos amorreos, hititas, ferezeos, heveos e iebuseos, que non eran dos fillos de Israel; 21aos seus fillos que quedaron na terra despois deles, (aos que os fillos de Israel non quixeron exterminar) Salomón someteunos a tributo laboral ata hoxe.22Pero de entre os fillos de Israel, Salomón non os someteu a ningún traballo forzado, senón que foron homes de guerra, os seus servos, os seus príncipes, os seus capitáns, os seus comandantes de carros e os seus xinetes de a cabalo.23Estes eran os xefes que Salomón colocou sobre os oficiais e supervisores da obra: cincocentos cincuenta supervisores sobre o pobo que facía o traballo.24Unha vez que a filla de Faraón subiu da Cidade de David á súa casa que Salomón lle edificara; entón el edificou o terraplén.25E Salomón ofrecía holocaustos e sacrificios de paz tres veces ao ano sobre o altar que edificara a Iahveh, e queimaba incenso sobre o que estaba diante de Iahveh. Así foi que a casa foi rematada.26O rei Salomón tamén fixo naves en Ezión-Gueber, que está preto de Elot, na beira do mar Vermello, na terra de Edom. 27E Hiram mandou nelas os seus servos, mariñeiros e mestres no mar, cos servos de Salomón, 28foron a Ofir e colleron de alí catrocentos vinte talentos de ouro, e trouxéronos ao rei Salomón.
1A raíña de Sheba ouviu da fama que Salomón alcanzara polo nome de Iahveh, e veu para probalo con preguntas difíciles. 2Chegou a Xerusalém cun gran cortexo, con camelos cargados de especias, de ouro en gran abundancia e de pedras preciosas; e chegou a Salomón e preguntoulle todo o que tiña no seu corazón.3E Salomón respondeulle a todas as súas preguntas; non houbo cousa que o rei non lle puidese responder. 4Cando a raíña de Sheba viu toda a sabedoría de Salomón, e a casa que edificara, 5os alimentos da súa mesa, as habitacións dos seus oficiais, a presentación e os vestidos dos seus servidores, as súas mesas e os holocaustos que ofrecía na casa de Iahveh, quedou abraiada.6E dixo ao rei: -Era verdade o que escoitei na miña terra sobre as túas obras e a túa sabedoría. 7Pero eu non o crin ata que o vin cos meus propios ollos; pois non me contaron nin a metade. En sabedoría e prosperidade superas con moito a sona que escoitei.8Felices os teus homes, e felices estes teus servos, que poden estar continuamente diante de ti, escoitando a túa sabedoría! 9Bendito sexa Iahveh o teu Deus, que se agradou en ti para poñerte no trono de Israel; polo amor eterno que Iahveh ten a Israel, colocoute como rei para que practiques o dereito e a xustiza.10E ela deu ao rei cento vinte talentos de ouro, e moitas especias aromáticas e pedras preciosas; nunca chegou tanta cantidade de especias aromáticas como a raíña de Sheba deu ao rei Salomón.11Tamén as naves de Hiram que trouxeran o ouro de Ofir, trouxeron de Ofir unha gran cantidade de madeira de sándalo e pedras preciosas. 12E coa madeira de sándalo fixo o rei barandas para a casa de Iahveh e para a casa real, ademais de arpas e liras para os cantores; nunca viñera madeira de sándalo semellante nin se vira ata hoxe.13E o rei Salomón deu á raíña de Sheba todo o que desexou e todo o que lle pediu, ademais do que Salomón xa lle dera. Entón ela volveu e foi á súa terra cos seus servos.14O peso do ouro que chegaba a Salomón cada ano era de seiscentos sesenta e seis talentos de ouro; 15ademais da moeda dos comerciantes e dos negocios dos mercadores, e de todos os reis da Arabia e dos gobernadores da terra.16O rei Salomón fixo tamén douscentos grandes escudos de ouro batido; seiscentos siclos de ouro gastou en cada escudo. 17Fixo tamén trescentos escudos de ouro batido, de tres libras de ouro para cada un deles; e o rei púxoos na casa do Bosque do Líbano.18O rei fixo tamén un gran trono de marfil, e cubríuno de ouro puro. 19O trono tiña seis chanzos cun remate redondo polo respaldo; tiña brazos a un e outro lado xunto ao trono, e dous leóns en pé xunto a eles. 20Tamén había doce leóns en pé a cada lado dos seis chanzos. En ningún outro reino se fixera un trono semellante.21E todos os vasos de beber do rei Salomón eran de ouro, e todos os utensilios da casa do Bosque do Líbano eran de ouro fino; nada de prata, pois nos días de Salomón esta era de pouco valor; 22porque o rei tiña unha frota de naves de Tarshis no mar, coa frota de Hiram. Unha vez en tres anos a flota de Tarshis viña traendo ouro, prata, marfil, monos e pavos reais.23O rei Salomón superaba a tódolos reis da terra en riqueza e en sabedoría. 24E toda a terra procuraba ver a Salomón para escoitar a sabedoría que Deus puxera no seu corazón. 25E todos eles traían os seus presentes cada ano: obxectos de ouro e prata, vestidos, armas, especias aromáticas, cabalos e mulas.26E Salomón reuniu carros de guerra e cabalos; e tiña mil catrocentos carros e doce mil homes de a cabalo, que puxo nas cidades dos carros e preto do rei en Xerusalém. 27E o rei fixo que en Xerusalém a prata chegase a ser como as pedras, e os cedros tan abundantes coma as figueiras de Shefela.28E traían a Salomón cabalos de Exipto e de Coa; que os mercadores do rei mercaban en Coa ao contado. 29E cada carro que viña de Exipto custaba seiscentas pezas de prata e cada cabalo cento cincuenta. Por medio deles tamen os adquirían todos os reis dos hititas e da Siria.
1E o rei Salomón amou moitas mulleres estranxeiras, ademais da filla de Faraón: moabitas, amonitas, edomitas, sidonias e hititas; 2aquelas de quen Iahveh dixera aos fillos de Israel: non vos acheguedes a elas, nin elas se acheguen a vós, porque certamente inclinarán o voso corazón tras dos seus deuses. E a estas xuntouse Salomón apaixoadamente,3porque chegou a ter setecentas mulleres raíñas e trescentas concubinas; e elas desviaron o seu corazón. 4E aconteceu que cando Salomón era vello, as súas mulleres inclinaran o seu corazón tras deuses estranxeiros; e o seu corazón non foi sumiso á vontade de Iahveh o seu Deus, como o corazón do seu pai David.5Porque Salomón seguiu a Astoret, deusa dos sidonios, e a Milcom, ídolo abominable dos amonitas. 6E Salomón fixo o que era malo aos ollos de Iahveh e non seguiu a Iahveh dun xeito completo como o seu pai David.7Entón Salomón edificou un lugar alto para Quemos, o ídolo abominable de Moab, no monte que está en fronte de Xerusalém, e para Moloc, o ídolo abominable dos fillos de Amón. 8E así fixo para todas as súas mulleres estranxeiras que queimaban incenso e ofrecían sacrificios aos seus deuses.9E Iahveh anoxouse contra Salomón, porque o seu corazón se afastara de Iahveh, Deus de Israel, quen se lle aparecera dúas veces, 10e que lle mandara sobre isto, que non seguira a outros deuses; pero el non gardou o que Iahveh lle mandara.11Entón Iahveh dixo a Salomón: -Porque isto aconteceu na túa mente e non gardaches o meu pacto e os meus estatutos que che mandei, eu tamén partirei o teu reino e dareino ao teu servo. 12Con todo, non o farei nos teus días, por amor de David o teu pai; senón que o rasgarei da man do teu fillo. 13Pero non lle hei de arrebatar todo o reino, senón que darei unha tribo ao teu fillo, por amor a David, o meu servo, e por amor a Xerusalém, a que eu escollín.14E Iahveh levantou un adversario a Salomón: Hadad edomita, de sangue real, que estaba en Edom. 15Pois cando David estaba en Edom, e Ioab, o comandante do exército, subiu para sepultar os mortos (despois de matar a todo varón en Edom, 16porque Ioab e todo Israel viviron alí seis meses ata que destruíron a todos os homes en Edom). 17Hadad fuxira a Exipto e con algúns dos edomitas dos servos do seu pai, sendo Hadad aínda un neno.18E partindo de Madián viñeron a Parán; e colleron con eles uns homes de Parán e viñeron a Exipto, ao Faraón, rei de Exipto, que lles deu unha casa e lles concedeu provisións e ademais lles deu terras. 19E Hadad caeulle en graza a Faraón, que lle deu por muller á irmá da súa muller, a irmá da raíña Tafnes.20E a irmá de Tafnues deulle a luz o seu fillo Guenubat, a quen Tafnes criou na casa de Faraón; e Guenubat estaba na casa de Faraón entre os fillos de Faraón. 21Cando Hadad escoitou en Exipto que David se reunira cos seus pais, e que morrera Ioab, comandante do exército, Hadad díxolle a Faraón: - Déixame ir á miña terra. 22Pero Faraón díxolle: - Que che falta comigo, que procuras marchar a túa terra? E el respondeu: -Ningunha cousa; con todo, rógoche que me deixes ir.23Deus levantou tamén por adversario a Salomón a Resón, fillo de Eliada, que fuxira do seu señor Hadad-ezer, rei de Soba. 24Este reuniu xente e fíxose capitán dunha banda armada cando David desbaratou aos de Soba. Despois foron a Damasco e habitaron alí, e fixérono rei en Damasco. 25Foi adversario de Israel todos os días de Salomón, ademais do mal que fixera Hadad, porque odiaba a Israel, e reinou sobre Siria.26Tamén Ieroboam, fillo de Nabat, efratita de Sereda, servo de Salomón, rebelouse contra o rei. A súa nai chamábase Zerua, que era viúva. 27Esta é a razón pola que este levantou a súa man contra o rei: Salomón edificou a fortaleza, e pechou a brecha da muralla da cidade de David, o seu pai.28Ieroboam era un home valente, e vendo o mozo Salomón que o mozo era dilixente, colocouno no cargo de todos os traballos na casa de Xosé. 29Sucedeu por aquel tempo que Ieroboam saíu de Xerusalém, e o profeta Aías silonita atopouno no camiño, e estaba cuberto cun manto novo; e estaban os dous no campo a soas. 30E collendo Ahías o manto novo que tiña posto, rachouono en doce anacos;31e díxolle a Ieroboam: -Toma para ti dez pezas; porque así di Iahveh, Deus de Israel: "Velaquí, Eu romperei o reino da man de Salomón, e dareiche dez tribos. 32Pero el terá unha tribo, por amor do meu servo David e por amor a Xerusalém, a cidade que escollín de entre todas as tribos de Israel; 33porque me abandonaron e serviron a Astarté, a deusa dos sidonios, a Quemos, o deus de Moab, e a Moloc, o deus dos fillos de Amón; e non camiñaron nos meus camiños para facer o que é recto aos meus ollos, nin gardaron os meus estatutos e os meus decretos como fixo o seu pai David.34Con todo, non quitarei todo o reino da súa man, xa que o puxen como rei todos os días da súa vida, por amor de David, o meu servo a quen escollín, porque el gardou os meus mandamentos e os meus estatutos. 35Pero quitarei o reino da man do seu fillo, e dareiche a ti as dez tribos. 36E ao seu fillo dareille unha tribo para que o meu servo David teña unha lámpada sempre diante de min en Xerusalém, a cidade que escollín para poñer alí o meu nome.37Eu escollinte a ti, e ti reinarás sobre todo o que a túa alma desexe, e serás rei sobre Israel. 38E se obedeces todo o que che mando, e andas nos meus camiños, e fas o recto aos meus ollos, gardando os meus estatutos e os meus mandamentos, como fixo David o meu servo, Eu tamén estarei contigo e edificareiche unha casa firme, como a edifiquei a David, e dareiche a Israel. 39E aflixirei á descendencia de David por isto, pero non para sempre.40E Salomón entón procurou matar a Ieroboam; pero Ieroboam ergueuse e fuxiu a Exipto, a Sisac, rei de Exipto, e quedou en Exipto ata a morte de Salomón.41O resto dos feitos de Salomón, e todo o que fixo, e a súa sabedoría, non está escrito no libro das crónicas de Salomón? 42O tempo que Salomón reinou en Xerusalém sobre todo Israel foi de corenta anos. 43E Salomón durmiu con seus pais, e foi sepultado na cidade do seu pai David; e o seu fillo Roboam reinou no seu lugar.
1Roboam foi a Siquem, porque todo Israel viñera a Siquem para facelo rei. 2E aconteceu que cando Ieroboam, fillo de Nabat, o escoitou (que aínda estaba en Exipto, onde fuxira da presenza do rei Salomón) e como vivía en Exipto,3mandárono chamar. Entón Ieroboam e toda a congregación de Israel viñeron e falaron a Roboam, dicindo: 4O teu pai fixo difícil o noso xugo, agora pois, alixeira ti un pouco a dura servidume do teu pai e o pesado xugo que puxo sobre nós, e servirémosche. 5E el díxolles: -Ide, e volvede a min dentro de tres días. E o pobo retirouse.6Entón o rei Roboam consultou aos anciáns que estiveran ao servicio do seu pai cando Salomón aínda estaba vivo, e díxolles: -Que me aconsellades que responda a este pobo? 7Entón eles dixéronlle: -Se es hoxe un servo deste pobo, e o sirves, e lles respondes e lles falas boas palabras, entón eles serán os teus servos para sempre.8Pero el deixou o consello que os anciáns lle deran, e consultou aos mozos que medraran con el e que estaban diante del. 9E díxolles: -Cal é o voso consello para que respondamos a este pobo que me falou, dicindo: alixeira un pouco o xugo que o teu pai puxo sobre nós?10E os mozos que medraran con el respondéronlle, dicindo: -Así dirás a este pobo que che falou deste xeito: o teu pai fixo difícil o noso xugo, pero ti alivia o noso peso; así lles dirás: o meu dedo pequeno é máis groso que o lombo do meu pai. 11Agora ben, se o meu pai vos cargou cun xugo pesado, eu fareino máis pesado aínda. O meu pai castigouvos con azoutes, pero eu castigareivos con alacráns.12Entón Ieroboam e todo o pobo foron onda Roboam ao terceiro día, como o rei lles mandara, dicindo: -Volvede a min ao terceiro día. 13E o rei respondeu ao pobo duramente, e deixando de lado o consello que lle deran os anciáns, 14faloulles segundo o consello dos mozos, dicindo: -O meu pai fixo pesado o voso xugo, pero eu fareino máis pesado aínda; o meu pai castigouvos con azoutes, pero eu castigareivos con escorpións.15Así o rei non fixo caso ao pobo, porque era a vontade de Iahveh que así acontecera, para que se cumprira a palabra que Iahveh falara por medio de Ahías silonita a Ieroboam, fillo de Nabat.16E cando todo o pobo viu que o rei non os escoitaba, respondéronlle dicindo: -Que parte temos nós con David? Non temos herdanza no fillo de Ixaí! Israel, aos teus deuses! Mira pola túa casa, David! Entón Israel retirouse ás súas tendas. 17Pero Roboam reinou sobre os fillos de Israel que vivían nas cidades de Xudá.18Despois o rei Roboam mandou a Adoram, que estaba a cargo dos tributos, pero todo Israel acantazouno, e morreu. Entón o rei Roboam tivo que subirse ao seu carro a toda presa e fuxir a Xerusalém. 19Así se rebelou Israel contra a casa de David ata hoxe.20E aconteceu que cando todo Israel escoitou que Ieroboam volvera, mandárono chamar á asemblea, e fixérono rei sobre todo Israel. Non houbo tribo que seguira á casa de David, senón só a tribo de Xudá.21E Roboam chegou a Xerusalém, e reuniu a toda a casa de Xudá e á tribo de Benxamín, cento oitenta mil homes de guerra escolleitos, para facer guerra á casa de Israel, e devolver o reino a Roboam, fillo de Salomón.22Pero veu a palabra de Iahveh a Semaías, home de Deus, dicindo: 23Fala a Roboam, fillo de Salomón, rei de Xudá, e a toda a casa de Xudá e de Benxamín, e ao resto do pobo, dicindo: 24"Así di Iahveh: non subades nin loitedes contra os vosos irmáns, os fillos de Israel. Volvede cada un á súa casa, porque Eu fixen isto." Entón eles obedeceron á palabra de Deus e desistiron de ir, conforme a palabra de Iahveh.25Entón Ieroboam reedificou Siquem na rexión montañosa de Efraín, e habitou nela; e dende alí foi e reedificou Penuel. 26Pero Ieroboam dicía no seu corazón: agora o reino volverá á casa de David. 27Se este pobo segue subindo a ofrecer sacrificios na casa de Iahveh en Xerusalém, certamente o corazón deste pobo volverá ao seu señor Roboam, rei de Xudá; e mataranme a min e volverán a Roboam, rei de Xudá.28E despois de tomar consello, o rei fixo dous becerros de ouro e díxolle ao pobo: -Xa vos abonda con ir a Xerusalém! Velaí os teus deuses, Israel, os que te fixeron subir da terra de Exipto! 29E puxo un en Betel e o outro en Dan. 30E isto veu ser causa de pecado, porque o pobo ía ata Dan para adorar.31Fixo tamén templos nos lugares altos, e instituíu sacerdotes de entre o pobo, que non eran dos fillos de Leví. 32Entón Ieroboam estableceu unha festa no oitavo mes, no día quince do mes, coma a festa que se celebrou en Xudá, e ofreceu sacrificios sobre o altar; así fixo en Betel, ofrecendo sacrificios aos becerros que tiña preparados alí. E ordenou tamén en Betel os sacerdotes para os lugares altos que el fixera.33Sacrificou, pois, no día quince do mes oitavo, o mes que el ideara no seu propio corazón, sobre o altar que fixera en Betel; instituíndo unha festa para os fillos de Israel, e subiu ao altar para queimar incenso.
1Velaí un home de Deus que chegou, pola palabra de Iahveh de Xudá a Betel, mentres Ieroboam estaba xunto ao altar para queimar incenso, 2e, por mandato de Iahveh clamou contra el dicindo: -Altar, altar! Así di Iahveh: "Velaquí, nacerá un fillo á casa de David chamado Iosías, que sacrificará sobre ti aos sacerdotes dos lugares altos que queiman sobre ti incenso, e sobre ti queimarán ósos de homes". 3Ese mesmo día deu un sinal, dicindo: -Este é o sinal que Iahveh falou: velaí que o altar se quebrará e a cinza que está sobre el derramarase.4E aconteceu que cando o rei Ieroboam escoitou a palabra do home de Deus que clamara contra o altar de Betel, estendeu a súa man dende o altar, e dixo: -Prendédeo! Pero no momento a man que estendeu contra el secouse e non puido endereitala. 5Entón o altar partiuse e derramouse a cinza do altar, conforme o sinal que o home de Deus dera pola palabra de Iahveh.6Entón o rei respondeu, e dixo ao home de Deus: -Rógoche que aplaques o rostro de Iahveh o teu Deus, e ores por min, para que a miña man me sexa restaurada. E o home de Deus orou a Iahveh, e a man do rei foi restaurada e volveu a ser como antes. 7Entón o rei dixo ao home de Deus: -Ven comigo a casa para comer, e eu dareiche un regalo.8Pero o home de Deus dixo ao rei: -Aínda que me deas a metade da túa casa, non irei contigo nin comerei pan nin beberei auga neste lugar; 9Porque se me ordenou pola palabra de Iahveh, dicindo: "Non comerás pan nin beberás auga, nin volverás polo camiño por onde viñeches." 10Marchou pois por outro camiño, e non volveu polo camiño polo que viñera a Betel.11Pero había un profeta ancián que vivía en Betel, e os seus fillos viñeron a el e contáronlle todo o que o home de Deus fixera ese día en Betel; e contáronlle tamén a seu pai as palabras que dixera ao rei. 12E o seu pai díxolles: -Por que camiño foi? E os seus fillos amosáronlle o camiño polo que volvera o home de Deus que viñera de Xudá. 13E el dixo aos seus fillos: -Aparelládeme o asno. E eles aparelláronlle o asno e el montou nel,14e foi tras do home de Deus, e atopouno sentado debaixo dunha aciñeira, e díxolle: -Es ti o home de Deus que veu de Xudá? E el dixo: -Son eu. 15Entón díxolle: -Ven comigo á casa para comer pan. 16Pero el dixo: -Non podo volver contigo, nin ir contigo, nin comerei pan nin beberei auga contigo neste lugar. 17Porque por revelación de Deus foime ordenado: "Non comerás pan nin beberás alí auga, nin volverás polo camiño por onde viñeches".18Entón el díxolle: -Eu tamén son profeta coma ti, e un anxo faloume pola palabra de Iahveh, dicindo: Faino volver contigo á túa casa para que coma pan e beba auga. 19Entón volveu con el, e comeu pan na súa casa e bebeu auga.20E aconteceu que estando eles sentados á mesa, a palabra de Iahveh chegou ao profeta que o fixera volver; 21E clamou ao home de Deus que viñera de Xudá, dicindo: -Isto di Iahveh: porque fuches desobediente ao mandamento de Iahveh e non gardaches o mandamento que Iahveh o teu Deus che mandou, 22senón que volviches atrás, e comiches pan e bebiches auga no lugar onde Iahveh che dixo: non comas pan nin bebas auga; o teu corpo non irá ao sepulcro dos teus pais.23E cando rematou de comer e beber, o profeta que o trouxera de volta aparelloulle o seu asno. 24Mais indo de camiño, atopouno un león e matouno; e o seu corpo quedou tendido no camiño, e o asno xunto a el, e o león xunto ao cadáver. 25E velaí que uns homes que pasaban viron o corpo tendido no camiño, e o león que estaba xunto ao corpo; e foron e contárono na cidade onde vivía o profeta ancián.26E cando o profeta que o fixera volver do camiño o escoitou, dixo: -É o home de Deus que foi desobediente ao mandamento de Iahveh; por iso Iahveh entregouno ao león, que o esnaquizou e o matou, conforme a palabra que Iahveh lle dixera. 27Enton falou aos seus fillos dicindo: -Aparelládeme o asno. E eles fixérono. 28E el foi e atopou o cadáver tendido no camiño, e o asno e o león que estaban xunto o corpo; o león non comera o corpo nin ferira o asno.29O profeta colleu o cadáver do home de Deus, púxoo sobre o asno e levouno. E o profeta ancián foi á cidade para facer dó por el e sepultalo. 30E puxo o cadáver no seu propio sepulcro, e eles lamentáronse por el, dicindo: -Ai, meu irmán!31E aconteceu que despois de sepultalo, falou aos seus fillos, dicindo: -Cando eu morra, sepultádeme no sepulcro no que foi sepultado o home de Deus; poñede os meus ósos xunto aos seus. 32porque de certo cumprirase a palabra que proclamou por revelación de Iahveh contra o altar que está en Betel, e contra todos os santuarios dos lugares altos que hai nas cidades de Samaria.33Con todo isto, Ieroboam non se afastou do seu mal camiño, senón que volveu escoller sacerdotes para os lugares altos de entre o pobo; e a quen el quería, consagrábao para que fose sacerdote dos lugares altos. 34E esto chegou a ser o pecado da casa de Ieroboam, polo que foi cortada e varrida da face da terra.
1Por aquel tempo Abías, fillo de Ieroboam, enfermou. 2E Ieroboam dixo á súa muller: -Érguete, vístete para que non saiban que ti es a muller de Ieroboam, e vai a Silo; porque alí está o profeta Ahías, o que me dixo que eu sería rei sobre este pobo. 3Leva na túa man dez pans, tortas e un frasco de mel, e vai a el, para que el che anuncie o que será deste neno.4E así o fixo a muller de Ieroboam; e ergueuse e foi a Silo e chegou á casa de Ahías. Pero Ahías xa non podía ver, porque os seus ollos estaban febles pola vellez. 5Pero Iahveh dixera a Ahías: -Velaquí, a muller de Ieroboam virá a buscar palabra de ti para o seu fillo, que está doente; así e así lle responderás; pois cando ela veña, finxirá ser outra muller.6E aconteceu que cando Ahías sentiu o ruído dos seus pés ao entrar ela pola porta, dixo: -Entra, muller de Ieroboam. Por que pretendes ser outra? Velaquí, fun enviado a ti con dura revelación. 7Vai e dille a Ieroboam: -Así di Iahveh, Deus de Israel: Eu levanteite de entre o pobo e fíxente príncipe sobre o meu pobo Israel, 8e partín o reino da casa de David e entregueicho a ti, pero ti non fuches coma o meu servo David que gardou os meus mandamentos e que me seguiu con todo o seu corazón, facendo só o que era recto aos meus ollos;9senón que fixeches máis mal que todos os que foron antes de ti; pois fuches e fixeches deuses estranxeiros e imaxes fundidas para provocar a miña ira, volvéndome a min as costas; 10por tanto, velaí que vou traer mal sobre a casa de Ieroboam, e cortarei de Ieroboam todo varón, tanto libre como escravo, en Israel; e varrerei a descendencia da casa de Ieroboam como se varre o esterco ata que non quede nada.11O que de Ieroboam morra na cidade, os cans comerano, e o que morra no campo, os paxaros do ceo comerano, porque Iahveh falou. 12Érguete, e vai á túa casa; tan cedo como poñas o teu pé na cidade, o neno morrerá. 13E todo Israel fará loito por el e sepultarao; porque só el, da casa de Ieroboam, será sepultado, porque de toda a casa de Ieroboam so nel atopouse algo bo diante de Iahveh, Deus de Israel.14E Iahveh levantará para si un rei sobre Israel que destruirá a casa de Ieroboam no seu día, e se ese día é hoxe mesmo? 15Por canto Iahveh sacudirá Israel como a cana é sacudida nas augas; e arrincará a Israel desta boa terra que deu aos seus pais, e dispersaraos máis aló do río Éufrates, porque fixeron os seus ídolos sagrados, provocando a ira a Iahveh. 16E entregará a Israel por mor dos pecados de Ieroboam, polos que pecou el e polos que fixo pecar a Israel.17Entón a muller de Ieroboam ergueuse e marchou e chegou a Tirsa; e cando puxo o pé no limiar da súa casa, o neno morreu. 18E sepultárono e todo Israel chorou por el, conforme a palabra que Iahveh tiña falado por medio do seu servo o profeta Ahías.19E o resto dos feitos de Ieroboam, as guerras que fixo e como reinou, están escritos no libro das crónicas dos reis de Israel. 20Os dias que reinou Ieroboam foron vinte e dous anos; e durmiu cos seus pais, e o seu fillo Nadab reinou no seu lugar.21Roboam, fillo de Salomón, reinou en Xudá. Roboam tiña corenta e un anos cando chegou a reinar, e reinou dezasete anos en Xerusalém, a cidade que Iahveh escolleu de entre todas as tribos de Israel para poñer alí o seu nome. A súa nai era Naama, amonita. 22E Xudá fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, e provocárono a ira cos pecados que cometeron, máis que os que cometeran os seus pais.23Pois eles tamén edificaron lugares altos, estatuas e ídolos de Ashera en todo outeiro alto e debaixo de toda árbore frondosa. 24Tamén había sodomitas na terra, que facían conforme todas as abominacións dos pobos que Iahveh botara fóra diante dos fillos de Israel.25E no quinto ano do rei Roboam, Sisac, rei de Exipto, subiu contra Xerusalém; 26E apoderouse dos tesouros da casa de Iahveh e dos tesouros da casa real, e saqueouno todo, levando tamén os escudos de ouro que Salomón fixera.27E no seu lugar o rei Roboam fixo escudos de bronce, e deullos aos capitáns da garda, que custodiaban a porta da casa do rei. 28E cada vez que o rei entraba na casa de Iahveh, os gardas levábanos, e logo devolvíanos ao apousento dos gardas.29O resto dos feitos de Roboam e todo o que fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Xudá? 30E houbo guerra entre Roboam e Ieroboam todo o tempo. 31E Roboam durmiu cos seus pais, e foi sepultado cos seus pais na Cidade de David. A súa nai era Naama, amonita. E o seu fillo Abíam reinou no seu lugar.
1No ano décimo oitavo do rei Ieroboam, fillo de Nabat, Abíam comezou a reinar sobre Xudá, 2Reinuou tres anos en Xerusalém. A súa nai era Maaca, filla de Absalón. 3E andou en todos os pecados que o seu pai fixera antes del; e o seu corazón non foi perfecto con Iahveh o seu Deus, como o corazón do seu pai David.4Mais por amor de David, Iahveh o seu Deus deulle unha lámpada en Xerusalém, para levantar o seu fillo despois del, e para soster a Xerusalém; 5porque David fixera o que era xusto aos ollos de Iahveh, e non se afastara de nada do que El lle mandara todos os días da súa vida, agás no asunto de Urías hitita. 6E houbo guerra entre Roboam e Ieroboam por todos os días da súa vida.7E o resto dos feitos de Abías e todo o que fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Xudá? E houbo guerra entre Abías e Ieroboam. 8E Abías durmiu cos seus pais, e foi sepultado na Cidade de David; e o seu fillo Asa reinou no seu lugar.9No ano vinte de Ieroboam, rei de Israel, Asa comezou a reinar sobre Xudá. 10E reinou corenta e un anos en Xerusalém; o nome da súa nai era Maaca, filla de Absalón. 11E Asa fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, como David o seu pai.12Porque botou fóra do país os sodomitas, e quitou todos os ídolos que os seus pais fixeran. 13Tamén quitou a súa nai Maaca de ser raíña porque fixera un ídolo de Ashera. Ademais, Asa destruíu o ídolo da súa nai e queimouno xunto ao arroio de Cedrom.14Con todo, os lugares altos non foron quitados; pero o corazón de Asa foi perfecto con Iahveh todos os seus días. 15E trouxo á casa de Iahveh as cousas que o seu pai consagrara, e as que el mesmo consagrara: ouro, prata e utensilios.16E houbo guerra entre Asa e Baasá, rei de Israel, todo o seu tempo. 17E Baasa, rei de Israel, subiu contra Xudá e fortificou Ramá, para non permitir que ninguén saíra nin entrara onda Asa, rei de Xudá.18Daquela Asa colleu toda a prata e o ouro que quedara nos tesouros da casa de Iahveh e nos tesouros da casa real, e entregándoos nas mas dos seus servos, o rei Asa mandounos a Ben-hadad, fillo de Tabrimón, fillo de Hezión, rei de Siria, que residía en Damasco, dicindo: 19Fagamos un pacto entre nós, como houbo entre o meu pai e o teu pai! Velaquí, eu mándoche un regalo de prata e de ouro: vai e quebra o teu pacto con Baasá, rei de Israel, para que se aparte de min!20Ben-hadad escoitou o rei Asa, e mandou os oficiais dos seus exércitos contra as cidades de Israel, e conquistou Ión, Dan, Abel-bet-maaca e todo Cineret, con toda a terra de Neftalí. 21Ao escoitalo Baasá, deixou de fortificar Ramá e permaneceu en Tirsa. 22Entón o rei Asa convocou a todo Xudá, sen excepción de ninguén, e quitaron de Ramá as pedras e as madeiras coas que Baasá estaba a edificar; e o rei Asa edificou con elas Gueba de Benxamín e Mizpa.23O resto dos feitos de Asa e todo o seu poder e todo o que fixo e as cidades que fortificou, non está escrito todo no libro das crónicas dos reis de Xudá? Pero, nos días da súa vellez, enfermou dos pés. 24E Asa durmiu cos seus pais, e foi sepultado con eles na cidade do seu pai David; e Iosafat o seu fillo reinou no seu lugar.25Nadab, fillo de Ierobaham, comezou a reinar sobre Israel no segundo ano de Asa, rei de Xudá, e reinou sobre Israel por dous anos. 26E fixo o malo aos ollos de Iahveh, e andou no camiño do seu pai, e no pecado co que fixo pecar a Israel.27E Baasá, fillo de Ahías, da casa de Isacar, conspirou contra el, e Baasá feriuno en Guibetón, cidade dos filisteos; pois Nadab e todo Israel sitiaban a Guibetón. 28Baasá matouno no terceiro ano de Asa, rei de Xudá, e reinou no seu lugar.29E aconteceu que cando chegou ao reino, matou a toda a casa de Ieroboam; non deixou viva ningunha persoa de Ieroboam ata destruílos, conforme a palabra de Iahveh que dixera por medio do seu servo Ahías silonita; 30por mor dos pecados que Ieroboam cometeu e cos que fixo pecar a Israel, e pola súa provocación, provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel.31O resto dos feitos de Nadab e todo o que fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 32E houbo guerra entre Asa e Baasá, rei de Israel, todos os seus días.33No terceiro ano de Asa, rei de Xudá, Baasá, fillo de Ahías, comezou a reinar sobre todo Israel en Tirsa, e reinou vinte e catro anos. 34E fixo o malo aos ollos de Iahveh, e andou no camiño de Ieroboam e no seu pecado co que fixo pecar a Israel.
1E veu a palabra de Iahveh a Iehú, fillo de Hanani, contra Baasá, dicindo: 2"Porque Eu levanteite do po e púxente como príncipe sobre o meu pobo Israel, e ti camiñaches no camiño de Ieroboam, e fixeches pecar ao meu pobo Israel, provocándome a ira cos seus pecados,3velaí, Eu borrarei a casa de Baasá e a descendencia da súa casa, e farei a súa casa como a casa de Ieroboam, fillo de Nabat. 4Aquel de Baasa que morra na cidade, os cans comerano, e o que del morra no campo, os paxaros do ceo comerano.5E o resto dos feitos de Baasá, e as cousas que fixo e o seu poder, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 6E Baasá durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Tirza; e o seu fillo Ela reinou no seu lugar.7Tamén por medio do profeta Iehú, fillo de Hanani chegou a palabra de Iahveh contra Baasá e contra a súa casa, non só por todo o malo que fixera aos ollos de Iahveh, provocándoo a ira polas obras das súas mans, sendo coma os da casa de Ieroboam, senón tamén por tela destruído.8No ano vinte e seis de Asa, rei de Xudá, Ela, fillo de Baasá, comezou a reinar sobre Israel en Tirsa, e reinou dous anos. 9E o seu servo Zimri, comandante da metade dos carros de guerra, conspirou contra el, estando el en Tirsa, bebendo ata embebedarse na casa de Arsa, o seu mordomo en Tirsa, 10veu Zimri e feriuno e matouno no ano vinte e sete de Asa, rei de Xudá, e reinou no seu lugar.11E aconteceu que cando comezou a reinar e sentou no trono, matou a todos os da casa de Baasá, sen deixar nel ningún home, nin parente nin amigo. 12Exterminou, pois, Zimri a toda a casa de Baasá, conforme a palabra de Iahveh que falara contra Baasá por medio do profeta Iehú; 13por mor de todos os pecados de Baasá e os pecados do seu fillo Ela, os que pecaron e fixeron pecar a Israel, provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel, cos seus ídolos vans.14O resto dos feitos de Ela e todo o que fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel?15No ano vinte e sete de Asa, rei de Xudá, Zimri comezou a reinar, e reinou por sete días en Tirsa, mentres o pobo estaba acampado contra Guibetón, cidade dos filisteos. 16Pero cando o pobo que estaba no campamento escoitou que se dicía: -Zimri conspirou e matou o rei! Entón todo Israel puxo por rei ese mesmo día no campo de batalla a Omri, comandante do exército, sobre Israel. 17Entón Omri subiu de Guibetón, e todo Israel con el, e sitiaron Tirsa.18Cando Zimri viu que a cidade fora tomada, entrou no parte fortificada da casa real e prendeulle lume á casa con el adentro, e morreu, 19por mor dos pecados que cometera, facendo o malo aos ollos de Iahveh, e andando no camiño de Ieroboam, e no pecado que cometeu facendo pecar a Israel. 20O resto dos feitos de Zimri e a conspiración que el fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel?21Entón o pobo de Israel dividiuse en dous bandos: a metade do pobo seguía a Tibni, fillo de Guinat, para facelo rei, e a outra metade seguía a Omri. 22Pero o pobo que seguía a Omri foi máis forte que o que seguía a Tibni, fillo de Guinat; e morreu Tibni, e Omri chegou a reinar.23No ano trinta e un de Asa, rei de Xudá, Omri comezou a reinar sobre Israel, e reinou doce anos. Seis anos reinou en Tirsa. 24Omri comprou a montaña de Samaria a Semer por dous talentos de prata, e edificou no monte, e chamou a cidade que edificou Samaria, segundo o nome de Semer, dono do monte.25E Omri fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, e fixo peor que todos os que foran denantes del. 26Pois andou en todos os camiños de Ieroboam, fillo de Nebat, e nos pecados cos que fixo pecar a Israel, provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel, cos seus ídolos vans.27O resto dos feitos de Omri, e todo o que fixo e o poderío que acadou, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 28E Omri durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Samaria; e o seu fillo Acab reinou no seu lugar.29Acab, fillo de Omri, comezou a reinar sobre Israel no ano trinta e oito de Asa, rei de Xudá. 30E Acab, fillo de Omri, reinou sobre Israel en Samaria vinte e dous anos. E Acab, fillo de Omri, fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, máis que todos os que reinaran antes del.31Porque lle foi cousa pequena andar nos pecados de Ieroboam, fillo de Nebat, tomando por muller a Iezabel, filla de Etbaal, rei dos sidonios, e foi e serviu a Baal e prostrábase diante del. 32E ergeu un altar a Baal na templo de Baal que edificara en Samaria. 33Tamén Acab fixo un ídolo de Asera provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel, máis que tódolos reis de Israel que reinaran antes del,34Nese tempo Hiel de Betel reedificou Iericó: botoulle os cimentos a costa da vida de Abiram o seu primoxénito, e a costa de Segub o seu fillo máis novo colocou as portas, conforme a palabra que Iahveh falara por medio de Xosué, fillo de Nun.
1E Elías o tesbita, que era dos que vivían en Galaad, dixo a Acab: -Pola vida de Iahveh, Deus de Israel, diante de quen estou, que non haberá nin choiva nin orballo nestes anos, a non ser pola miña palabra!2E veu a palabra de Iahveh a el, dicindo: 3-Vaite de aquí, volve cara o oriente, e escóndete no arroio de Querit, que está en fronte do Xordán; 4Beberás do arroio, e mandarei os corvos que che dean de comer alí.5El foi e fixo conforme a palabra de Iahveh; e foi e viviu xunto ao arroio de Querit, que está en fronte do Xordán. 6E os corvos traíanlle pan e carne pola mañá e pan e carne pola tarde, e bebía do arroio. 7E pasados algúns días o arroio secou, porque non caera choiva sobre a terra.8Entón veu a palabra de Iahveh a el, dicindo: 9-Érguete, vai a Sarepta, de Sidón, e vive alí. Velaí mandeille a unha viúva alí que te provea de alimentos. 10Entón el ergueuse e foi a Sarepta. E cando chegou á entrada da vila, velaí que unha viúva estaba alí recollendo madeira; e el chamouna, e díxolle: -Rógoche que me traias un pouco de auga nun vaso para que beba.11Cando ela foi a traela, el volveu a chamala, e díxolle: -Rógoche que me traias un anaco de pan na túa man. 12Pero ela respondeu: -Pola vida de Iahveh o teu Deus, que non teño pan feito, senón un puño de fariña no balde e un pouco de aceite no frasco. E velaquí, estou recollendo dúas madeiras para entrar e preparala para min e para o meu fillo, para que o comamos e morramos. 13Pero Elías díxolle: -Non temas. Vai e fai como dixeches; mais primeiro prepárame para min unha torta pequena, e tráema, e despois prepárate para ti e para o teu fillo.14Porque así di Iahveh, Deus de Israel: "O gran do balde non diminuirá, nin o aceite do frasco diminuirá, ata o día en que Iahveh faga chover sobre a face da terra." 15E ela foi e fixo tal como lle dixo Elías; e comeu el, ela e a súa casa por moitos días. 16O balde de fariña non se esgotou, e o frasco de aceite non se esgotou, conforme a palabra que Iahveh lle dixera por medio de Elías.17Despois destas cousas, aconteceu que o fillo da muller da casa enfermou, e a enfermidade foi tan severa que non quedou alento nel. 18Entón ela dixo a Elías: -Que teño que ver eu contigo, home de Deus? Viñeches a min para traer a memoria dos meus pecados e causar a morte do meu fillo?19E el díxolle: -Dáme o teu fillo. Entón el colleuno do seu regazo, e levouno ao apousento alto onde el estaba, e púxoo na súa cama. 20E invocou a Iahveh, e dixo: -Ai Iahveh meu Deus, tamén lle trouxeches mal á viúva na que estou hospedado, matando o seu fillo? 21E estendeuse sobre o neno tres veces, e invocou a Iahveh, e dixo: -Ai Iahveh meu Deus, rógoche que fagas que a alma deste neno volva a el!22E Iahveh escoitou a voz de Elías, e a alma do neno volveu a el, e reviviu. 23Entón Elías colleu o neno e baixouno do apousento á casa, e entregouno á súa nai; e Elías díxolle: -Mira, o teu fillo vive! 24Entón a muller dixo a Elías: -Agora sei que ti es un home de Deus e que a palabra de Iahveh na túa boca é verdade.
1Despois de moitos días, a palabra de Iahveh chegou a Elías no terceiro ano, dicindo: -Vai e preséntate a Acab, e Eu farei chover sobre a face da terra. 2Entón Elías foi a presentarse a Acab. E a fame era severa en Samaria.3E Acab chamou a Abdías, o seu mordomo. E Abdías era un home que temía en gran maneira a Iahveh. 4Porque cando Iezabel exterminou os profetas de Iahveh, Abdías colleu cen profetas e escondeunos de cincuenta en cincuenta en covas e sustentounos con pan e auga.5E Acab dixo a Abdías: -Vai polo país a tódalas fontes de auga e a tódolos arroios, a ver se atopamos herba para salvar a vida dos cabalos e das mulas, e non deixar que morran as bestas. 6Entón dividiron o país entre eles para percorrerlo: Acab foi por un camiño e Abdías foi por outro.7E mentres Abdías ía polo camiño, saíulle Elías ao encontro, e ao recoñecelo, prostrouse sobre o seu rostro e dixo: -Non es ti o meu señor Elías? 8E el respondeu: -Son eu. Vai e di ao teu señor: aquí está Elías.9Pero el dixo: -En que pequei para que entreges o teu servo na man de Acab para que me mate? 10Por Iahveh o teu Deus quen vive, que non hai nación nin reino onde o meu señor non mandara buscarte! E todos dixeron: non está aquí. E el fixo xurar a reinos e nacións que non te atoparan. 11E agora dis: -Vai e di ao teu señor: aquí está Elías?12O que acontecerá é que despois de marchar, o Espírito de Iahveh levarate non sei para onde; e cando vaia e lle diga a Acab, e non te atope, matarame. Pois o teu servo teme a Iahveh dende a súa xuventude. 13Non lle dixeron ao meu señor o que fixen cando Iezabel matou os profetas de Iahveh, como agachei a cen homes dos profetas de Iahveh de cincuenta en cincuenta en covas e estiven a mantelos con pan e auga?14E agora dis: -Vai e di ao teu señor: aquí está Elías, para que me mate? 15E Elías respondeulle: -Como vive Iahveh dos exércitos diante de quen estou, que hoxe heime presentar a el.16Entón Abdías foi ao encontro de Acab e avisouno; e Acab foi ao encontro de Elías. 17E cando Acab viu a Elías, díxolle: -Es ti, o que perturba a Israel?18E el respondeu: -Eu non perturbei a Israel, senón ti e a casa do teu pai, ao abandonar os mandamentos de Iahveh, e seguir os baales. 19Agora pois, manda e xúntame a todo Israel no monte Carmelo, e aos catrocentos cincuenta profetas de Baal e aos catrocentos profetas das Asera, que comen da mesa de Iezabel.20Entón Acab convocou a tódolos fillos de Israel e reuniu os profetas no monte Carmelo. 21E Elías achegóuselle a todo o pobo, e dixo: -Ata cando iredes coxeando con dúas muletas? Se Iahveh é Deus, seguídeo; pero se é Baal, seguídeo. E o pobo non lle respondeu palabra.22E Elías dixo ao pobo: -Só eu quedei como profeta de Iahveh, mentres que os profetas de Baal son catrocentos cincuenta homes. 23Dádenos agora dous bois, e eles poden escoller un, córtadeo en anacos e póñedeo sobre a leña, pero non poñades lume embaixo; eu tamén prepararei o outro boi e poñereino sobre a leña e non poñerei lume embaixo. 24Despois invocade vós o nome do voso deus, e eu invocarei o nome de Iahveh e o Deus que responda por medio do lume, ese é Deus! E todo o pobo respondeu e dixo: -Falaches ben!25E Elías dixo aos profetas de Baal: -Escollede un boi e preparádeo os primeiros, pois sodes os máis numerosos, e invocade o nome do voso deus, pero non poñades lume embaixo. 26E eles colleron o boi que se lles dera, e preparárono, e invocaron o nome de Baal dende a mañá ata o mediodía, dicindo: -Baal, respóndenos! Pero non había voz nin quen respondera. E eles brincaban arredor do altar que fixeran.27E sucedeu que ao mediodía, Elías burlábase deles, dicindo: - Berrade máis forte, porque é un deus! Pode ser que estea meditando, ou que estea de traballo, ou que estea de camiño; pode ser que estea durmido e haberá que espertalo. 28Eles berraban con grandes voces, e facíanse cortaduras coas espadas e con lanceiras segundo o seu costume, ata que corría o sangue sobre eles. 29Pasado o mediodía, berraron frenéticamente ata a hora da ofrenda do sacrificio, pero non había voz, nin quen respondera, nin quen prestara atención.30Entón Elías dixo a todo o pobo: -Achegádevos a min! E todo o pobo achegóuselle; e el reparou o altar de Iahveh que fora derrubado. 31E Elías colleu doce pedras, segundo o número das tribos dos fillos de Xacob, a quen se lle dera a palabra de Iahveh dicindo: "O teu nome será Israel," 32e edificou coas pedras un altar no nome de Iahveh; e fixo unha gabia arredor do altar que podía conter dúas medidas de gran.33Preparou tamén a madeira, e cortou o boi en anacos, e púxoo sobre a madeira. 34E dixo: -Hai que encher catro baldes de auga e derramalos sobre o holocausto e sobre a leña. E dixo: -Facédeo por segunda vez. E fixérono por segunda vez. E dixo: -Facédeo por terceira vez. E fixeron así por terceira vez. 35E a auga corría arredor do altar, e tamén encheu de auga a gabia.36E á hora de ofrecer o holocausto, o profeta Elías achegouse e dixo: -Ó Iahveh, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel, que hoxe sexa manifestado que ti es Deus en Israel, e que eu son o teu servo, e que pola túa palabra fixen todas estas cousas! 37Respóndeme, Iahveh, respóndeme! E este pobo saberá que ti, Iahveh, es o Deus, e que ti fas volver os seus corazóns.38Entón caeu o lume de Iahveh e consumiu o holocausto, a leña, as pedras e o pó; e tamén lambeu a auga que había na gabia. 39E cando todo o pobo o viu, prostrouse e dixo: - Iahveh é Deus, o Iahveh é Deus! 40E Elías díxolles: -Sacade os profetas de Baal, que non fuxa ningún deles. E prendéronos; e Elías levounos ao arroio de Cisón, e alí acabou con eles.41E Elías dixo a Acab: -Sube, come e bebe, porque chegou o estrondo da choiva. 42Entón Acab subiu a comer e a beber; e Elías subiu ao cumio do Carmelo, e prostrouse en terra, e puxo o seu rostro entre os xeonllos.43E díxolle ao seu criado: -Sube agora e mira cara o mar. E el subiu e mirou, e dixo: -Non hai nada. El díxolle: -Volve sete veces. 44E aconteceu que na sétima vez dixo: -Velaquí, sube do mar unha pequena nube coma a man de un home. E Elías dixo: - Vai e dille a Acab: engancha o teu carro e baixa para que a choiva non te deteña.45E mentres isto acontecía, os ceos escureceron con nubes e vento, e houbo unha gran choiva. E subíu Acab e foi a Iezreel. 46E a man de Iahveh estaba sobre Elías, e el cinguiu os seus lombos e correu diante de Achab ata a entrada de Iezreel.
1Acab contoulle a Iezabel todo o que Elías fixera, e como matara a espada a tódolos profetas. 2Entón Iezabel mandou un mensaxeiro a Elías, dicindo: -Fáganme os deuses isto, e aínda peor, se mañá a esta hora non fago da túa vida como a dun deles! 3E el, collendo medo, ergueuse e marchou para salvar a súa vida, e chegou a Beerseba, que está en Xudá, e deixou alí o seu criado.4E el foi polo deserto durante un día de camiño, e chegou e sentou debaixo dunha silveira, e desexando morrer dixo: -Xa está ben, Ó Iahveh! Quita a miña vida, porque non son mellor ca os meus pais! 5E botouse debaixo da xesta, e quedou durmido; e velaquí que un anxo tocouno, e díxolle: -Érguete para comer. 6El mirou, e velaí á súa cabeceira un pan feito sobre ascuas e un xerro de auga; e comeu e bebeu, e volveu a deitarse.7E o anxo de Iahveh veu por segunda vez, e tocouno, e dixolle: -Érguete e come, porque quédache moito camiño aínda. 8Ergueuse, pois, e comeu e bebeu, e camiñou coa forza daquela comida corenta días e corenta noites ata Horeb, o monte de Deus.9E alí escondeuse nunha cova e pasou alí a noite. E a palabra de Iahveh chegou a el, e díxolle: -Que fas aquí, Elías? 10E el dixo: -Tiven celo de Iahveh dos exércitos; porque os fillos de Israel deixaron o teu pacto, derrubaron os teus altares e mataron aos teus profetas con espada, e só quedou eu, e eles andan á miña procura para quitarme a vida.11E El díxolle: -Sae e párate no monte diante de Iahveh. E velaí que Iahveh pasaba, e había un vento grande e poderoso que rachaba os montes e quebraba as rochas diante de Iahveh; pero Iahveh non estaba no vento. E despois do vento houbo un tremor de terra, pero Iahveh non estaba no tremor de terra. 12E despois do tremor de terra, un lume; pero Iahveh non estaba no lume. E despois do lume, un asubío pacífico e tenro.13Ao escoitalo Elías, cubriu o seu rostro co seu manto, saíu e púxose na entrada da cova. E velaquí, veu unha voz a el, dicindo: -Que fas aquí, Elías? 14E el dixo: -Tiven celo por Iahveh dos exércitos; porque os fillos de Israel deixaron o teu pacto, derrubaron os teus altares e mataron aos teus profetas con espada, e só quedou eu, e eles andan á miña procura para quitarme a vida.15E Iahveh díxolle: -Vai, volve polo teu camiño, polo deserto de Damasco; e cando chegues, unxe a Hazael por rei de Siria. 16E unxe a Iehú, fillo de Nimsi, como rei sobre Israel; e unxe a Eliseo, fillo de Safat de Abel-mehola, para que sexa profeta no teu lugar.17E o que poida fuxir da espada de Hazael, Iehú matarao; e o que poida fuxir da espada de Iehú, Eliseo matarao. 18Pero Eu deixarei en Israel sete mil, todos aqueles que os seus xeonllos non se axeonllaron diante de Baal, e todas as bocas que non o bicaron.19Cando partiu de alí, atopou a Eliseo, fillo de Safat, que araba con doce xuntas diante del, e el levaba a derradeira. Elías pasou diante del, e botou sobre el o seu manto. 20Entón el deixou os bois, e correu atrás de Elías, e dixo: -Rógoche que me deixes bicar ao meu pai e á miña nai, e logo seguireite. E el díxolle: -Vai, volve; que che fixen eu?21Despois volveuse cara el, e colleu un par de bois e sacrificounos, e co arado dos bois cociñoulles a carne e deulla ao pobo para que comera. Despois ergueuse e foi tras de Elías para servilo.
1Entón Ben-hadad, rei de Siria, reuniu todo o seu exército, e con el trinta e dous reis, con cabalos e carros; e subiu e sitiou Samaria e atacouna. 2E mandou mensaxeiros á cidade, a Acab, rei de Israel, dicindo: 3"Así di Ben-hadad: a túa prata e o teu ouro son meus, e as túas mulleres e os mellores dos teus fillos son meus.4E o rei de Israel respondeu e dixo: -Segundo a túa palabra, meu señor rei, eu son teu e todo o que teño. 5E os mensaxeiros volveron de novo, e dixeron: -Así di Ben-hadad: mandei a ti, dicindo: a túa prata e o teu ouro, e as túas mulleres e os teus fillos tesmos que dar, 6porque de non ser así, mañá por esta hora mandarei os meus servos a ti, e rexistrarán a túa casa e as casas dos teus servos para tomar e levar con eles todo o que sexa agradable aos seus ollos.7Entón o rei de Israel chamou a tódolos anciáns do país e díxolles: -Recapacitade e vede que este non procura máis que o noso mal; pois mandou a polas miñas mulleres e os meus fillos, pola miña prata e meu ouro, e non lle neguei nada. 8E todos os anciáns e todo o pobo dixéronlle: -Non o escoites, nin fagas o que el che di.9Entón el dixo aos mensaxeiros de Ben-hadad: -Dicide ao meu señor o rei: farei todo o que mandaches ao teu servo na primeira ocasión; pero isto non podo facelo. E os mensaxeiros foron e déronlle a resposta. 10E Ben-hadad mandoulle recado, dicindo: -Así me fagan os deuses e aínda máis se o po de Samaria non chega para encher unha man de todo o pobo que está a seguirme!11Pero o rei de Israel respondeu e dixo: -Dicídelle que non se louve tanto o que cingue as súas armas como o que as descingue. 12E aconteceu que cando el escoitou esta palabra, estando a beber cos reis nas tendas, díxolles aos seus servos: -Preparádevos. E eles tomaron posicións contra a cidade.13E velaí que un profeta achegóuselle a Acab, rei de Israel, e díxolle: -Así di Iahveh: ves esta gran multitude? Eu entregareina hoxe na túa man, para que saibas que Eu son Iahveh 14E Acab dixo: -Por man de quen? E el dixo: -Así di Iahveh: polos axudantes dos capitáns das provincias. E Acab dixo: -Quen comezará a batalla? E el dixo: -Ti. 15Entón el pasou revista aos axudantes dos capitán das provincias, e eran douscentos trinta e dous. Despois pasou revista a todo o pobo, a todos os fillos de Israel, que eran sete mil.16Saíron ao mediodía, mentres Ben-hadad estaba a bebendo ata embebedarse nas tendas cos reis, os trinta e dous reis que viñeran para axudalo. 17E os axudantes dos capitáns das provincias saíron os primeiros. E Ben-hadad mandara a algúns para que lle informaran, e dixéroblle: uns homres saíron de Samaria.18E el dixo: -Se saíron para tratar a paz, prendédeos vivos; e se saíron para pelexar, prendédeos vivos tamén. 19Entón saíron da cidade os axudantes dos capitáns das provincias, e o exército detrás deles.20E cada un deles matou ao seu home, e os sirios fuxiron, e Israel os perseguiron. Pero Ben-hadad, rei de Siria, fuxiu a cabalo con algúns homes de a cabalo. 21E o rei de Israel saíu e atacou os cabalos e os carros, e derrotou aos sirios causándolles unha gran derrota.22Entón o profeta achegóuselle ao rei de Israel e díxolle: -Vaite, ten ánimo, pensa e mira o que fas; porque no ano que vén o rei de Siria subirá contra ti, na primavera, o máis seguro. 23E os servos do rei de Siria dixéronlle: -Os seus deuses son deuses de montes, por iso foron máis fortes ca nós; pero se loitamos con eles nas veigas, certamente non os venceremos.24Fai agora isto: saca a cada un dos reis do seu posto, e coloca capitáns nos seus lugares. 25E organiza para ti outro exército coma o exército que perdiches, cabalo por cabalo, e carro por carro; entón pelexaremos con eles en terra firme, e sen dúbida seremos máis fortes ca eles. E el escoitounos e fixo así.26Ao cabo do ano, Ben-hadad pasou revista ao exército dos sirios e foi a Afec para loitar contra Israel. 27E os fillos de Israel foron tamén convocados, e tomando provisións, saíronlles ao encontro, pero cando acamparon fronte a eles, os fillos de Israel eran coma dous pequenos rabaños de cabras, mentres os sirios enchían a terra.28Entón o home de Deus achegóuselle ao rei de Israel e díxolle: -Así di Iahveh: xa que os sirios dixeron: Iahveh é Deus dos montes e non Deus da terra cha, Eu entregarei toda esta gran multitude na túa man, para que saibades que Eu son Iahveh.29Por sete días acamparon uns fronte os outros, e no sétimo día comezou a batalla; e os fillos de Israel mataron dos sirios, nun só día, a cen mil homes de a pé. 30E os demais fuxiron a Afec, pero o muro da cidade caeu sobre os vinte e sete mil homes que quedaran. E Ben-hadad fuxiu á cidade e trataba de esconderse en cada casa.31Entón os seus servos dixéronlle: -Velaquí, oímos que os reis da casa de Israel son reis clementes. Permítenos poñer cilicios nos nosos lombos e cordas nos pescozos, e saiamos ao rei de Israel, para ver se che concede a vida. 32Entón cinguiron os seus lombos con cilicios e meteron cordas nos seus pescozos, e foron ao rei de Israel e dixéronlle: -O teu servo Ben-Hadad di: rógoche que me deixes vivir! E el dixo: - Vive aínda? É o meu irmán!33E aqueles homes colleron isto como algo bo e apuráronse a recibir a palabra da súa boca dicindo: -O teu irmán Ben-hadad vive! E el dixo: -Ide e traédeo. Entón Ben-hadad presentouse a el, e el fíxoo montar no seu carro. 34E Ben-Hadad díxolle: -Devolverei as cidades que o meu pai quitou do teu pai, e ti poderás facer prazas en Damasco como o meu pai fixo en Samaria. E el dixo: -Eu tamén te deixarei ir con este pacto. Entón fixo un pacto con el e deixouno ir.35Entón un home dos fillos dos profetas dixo ao seu compañeiro pola palabra de Iahveh: -Golpéame agora! Pero o outro non quixo ferilo. 36Entón el díxolle: -Porque non obedeciches a palabra de Iahveh, velaí que cando te afastes de min, un león vaite matar, e cando se afastou del, un león atopouno e matouno.37Despois atopou a outro home e díxolle: -Golpéame agora! E o home golpeouno e feriuno. 38Entón o profeta disfrazouse e foi e parouse diante do rei no camiño, poñendo unha venda sobre os ollos.39E aconteceu que cando o rei pasaba, el chamou ao rei, e dixo: -O teu servo estivo no medio da batalla, e velaquí, un soldado achegóuseme e tróuxome un home, dicindo: garda a este home, porque se chega a fuxir, a túa vida responderá pola súa, ou pagarás un talento de prata. 40E mentres o teu servo estaba ocupado nunha cousa e noutra, el desapareceu. E o rei de Israel díxolle: -Esa é a túa sentenza! Ti mesmo a pronunciaches!41Pero el deseguida sacou a venda dos seus ollos, e o rei de Israel recoñeceu que era un dos profetas. 42E díxolle: -Así di Iahveh: porque soltaches da túa man o home que foi consagrado á destrución, a túa vida será pola súa vida e o teu pobo polo seu pobo! 43Entón o rei de Israel foi á súa casa triste e anoxado, e chegou a Samaria.
1Despois destas cousas, aconteceu que Nabot de Iezrael tiña unha viña xunto ao palacio de Acab, rei de Samaria. 2Entón Acab falou a Nabot, dicindo: -Dáme a túa viña para que sexa a miña horta, porque está preto da miña casa, e eu dareiche por ela unha unha viña mellor que esta, ou se che parece mellor, pagareiche o seu valor en prata.3Pero Nabot respondeu a Acab: -Lonxe estea de Iahveh que eu che dea a herdanza dos meus pais! 4Entón Acab foi á súa casa triste e anoxado, por mor das palabras que Nabot de Iezrael lle dixera: non che darei a herdanza dos meus pais! E deitouse na súa cama e volveu o seu rostro, e non quixo comer.5Entón a súa muller Iezabel veu onda el e díxolle: -Por que está o teu espírito tan decaído, e non comes? 6E el respondeulle: -Porque falei con Nabot de Iezraell, e díxenlle: dáme a túa viña por cartos, ou se queres, dareiche outra viña por ela. E el dixo: -Non che darei a miña viña. 7E a súa muller Iezabel díxolle: -Non es ti o rei de Israel? Érguete, come pan e alegra o teu corazón; eu dareiche a viña de Nabot de Iezrael!8Entón ela escribiu cartas no nome de Acab, e selounas co seu anel, e mandounas aos anciáns e aos príncipes que estaban na súa cidade, os que vivían con Nabot. 9E nas cartas que lles escribiu dicía: - Proclamande xaxún, e colocade a Nabot diante do pobo, 10E poñede dous homes malvados diante del, para que testifiquen contra el, dicindo: blasfemaches contra Deus e contra o rei! Entón sacádeo e apedrádeo ata que morra.11E os homes da cidade, os anciáns e os príncipes que vivían na súa cidade, fixeron tal como lles mandara Iezabel, conforme estaba escrito nas cartas que ela lles mandara. 12Promulgaron xaxún e puxeron a Nabot diante do pobo. 13E viñeron dous homes malvados, fillos de Belial e sentaron diante del, e aqueles homes malvados testemuñaron contra Nabot diante do pobo, dicindo: -Nabot blasfemou contra Deus e contra o rei. Entón levárono fóra da cidade e apedrárono, e morreu. 14Entón mandaron mensaxe a Iezabel, dicindo: -A Nabot apedrárono e morreu.15Cando Xezabel escoitou que Nabot fora apedrado e morto, dixo a Acab: -Érguete, toma a viña de Nabot o iezreelita, que el rexeitou darche por diñeiro; porque Nabot non está vivo, senón que está morto. 16E cando Acab escoitou que Nabot morrera, ergueuse para baixar á viña de Nabot de Iezrael, para tomala en posesión.17Entón veu a palabra de Iahveh a Elías de Tishbe, dicindo: 18-Érguete, baixa a Samaria, ao encontro de Acab, rei de Israel; velaí que está na viña de Nabot, á que baixou para tomala en posesión.19E falaraslle, dicindo: -Isto di Iahveh: mataches, e tamén despoxaches? E falaraslle outra vez, dicindo: -Isto é o que di Iahveh: no lugar onde os cans lamberon o sangue de Nabot, os cans lamberán tamén o teu sangue. 20E Acab dixo a Elías: -Atopáchesme, meu inimigo? E el respondeu: -Atopeite porque te vendiches para facer o malo aos ollos de Iahveh.21Velaí que Eu traerei mal sobre ti, e borrarei a túa descendencia e destruirei á casa de Acab o último varón, tanto o escravo como o libre en Israel. 22E farei a túa casa como a casa de Ieroboam, fillo de Nabat, e como a casa de Baasá, fillo de Ahías, por mor da rebelión coa que me provocaches a ira, e pola que fixeches pecar a Israel.23E tamén falou Iahveh sobre Iezabel, dicindo: "Os cans comerán a Iezabel na muralla de Izreel! 24Aquel de Acab que morra na cidade, os cans comerano, e o que morra no campo, os paxaros do ceo comerano.25(En verdade, non houbo ninguén como Acab, que se vendera a facer o malo aos ollos de Iahveh, pois a súa muller Iezabel instigábao. 26El fixo abominacións en gran maneira, seguindo os ídolos, conforme todo o que fixeran os amorreos, aos que Iahveh botou de diante dos fillos de Israel).27E aconteceu que cando Acab escoitou estas palabras, rachou as súas roupas e puxo pano de saco sobre a súa carne; e xaxuou, e durmiu co pano de saco e andaba abatido. 28Entón veu a palabra de Iahveh a Elías de Tishbe, dicindo: 29"Non viches como Acab se humillou diante de min? Xa que se humillou diante de min, non traerei o mal nos seus días; senón nos días do seu fillo traerei o mal sobre a súa casa.
1Pasaron tres anos sen guerra entre os sirios e Israel. 2Pero aconteceu que no terceiro ano Iosafat, rei de Xudá, descendeu a visitar ao rei de Israel.3E o rei de Israel dixo aos seus servos: -Non sabedes que Ramot de Galaad é nosa, e porén non facemos nada para tomala da man do rei de Siria? 4E dixo a Iosafat: -Irás comigo a loitar contra Ramot de Galaad? E Iosafat dixo ao rei de Israel: -Eu son coma ti, o meu pobo coma o teu pobo, e os meus cabalos coma os teus cabalos.5E Iosafat dixo ao rei de Israel: -Rógoche que consultes hoxe a palabra de Iahveh. 6Entón o rei de Israel reuniu os profetas, uns catrocentos homes, e díxolles: -Irei a Ramot de Galaad na batalla, ou deixarei de facelo? E eles dixeron: -Sube, porque Iahveh entregaraa na man do rei.7E Iosafat dixo: -Non hai aínda aquí algún profeta de Iahveh por quen consultar? 8E o rei de Israel dixo a Iosafat: -Aínda hai un home por quen poderemos consultar a Iahveh; pero eu aborrézoo porque nunca profetiza ben, senón só mal. E Iosafat dixo: -Non fale o rei así. 9Entón o rei de Israel chamou a un oficial e díxolle: -Trae axiña a Micaías, fillo de Imla!10E o rei de Israel e Iosafat, rei de Xudá, estaban sentados cada un no seu trono, vestidos coas súas roupas reais, na praza que está á entrada da porta de Samaria; e todos os profetas profetizaban diante deles. 11E Sedequías, fillo de Quenaana, fixera para si cornos de ferro, e dixo: -Isto di Iahveh: con estes turarás os sirios ata acabar con eles! 12E todos os profetas profetizaban do mesmo xeito, dicindo: -Sube a Ramot de Galaad, e triunfa; pois Iahveh entregaraa na man do rei!13E o mensaxeiro que foi chamar a Micaías, díxolle: -Velaquí, as palabras dos profetas a unha anuncian cousas boas ao rei; agora que a túa palabra sexa como a deles, e anuncie tamén cousas boas. 14Pero Micaías dixo: - Vive Iahveh, o que o Iahveh me diga, iso falarei! 15E chegou ao rei, e o rei díxolle: -Micaías, iremos a guerra contra Ramot de Galaad, ou deixaremos de facelo? E el díxolle: -Sube, e prosperarás, e Iahveh entregaraa na man do rei.16Pero o rei díxolle: -Cantas veces che hei pedir que non me digas máis que a verdade no nome do Iahveh? 17Entón el dixo: -Eu vin a todo Israel dispersado polos montes, coma ovellas que non teñen pastor; e Iahveh dixo: estes non teñen señor. Volvan cada un á súa casa en paz.18E o rei de Israel dixo a Iosafat: -Non che dixen eu? El non profetiza nada bo sobre min, senón só mal. 19Entón Micaías dixo: -Escoita a palabra de Iahveh: vin a Iahveh sentado no seu trono, e todo o exército dos ceos estaba de pé arredor del, á súa dereita e á súa esquerda. 20E o Iahveh dixo: -Quen enganará a Acab para que suba e caia en Ramot de Galaad? Entón un dixo unha cousa e outro dixo outra.21Pero saíu un espírito e púxose diante de Iaveh, e dixo: -Eu seducireino. E Iahveh díxolle: -De que xeito? 22El dixo: -Eu sairei e serei espírito de mentira na boca de todos os seus profetas. E El dixo: - De certo o seducirás, e prevalecerás; vai e faino así. 23Agora velaí, Iahveh puxo un espírito de mentira na boca de todos os teus profetas; pois Iahveh decretou mal sobre ti.24Entón Sedequías, fillo de Quenaana, achegóuselle e deu unha labazada a Micaías na meixela, dicindo: -Por que camiño saíu o Espírito de Iahveh de min para falarche a ti? 25E Micaías dixo: -Velaquí, ti o verás naquel día cando vaias de cuarto en cuarto para te agochar!26E o rei de Israel dixo: -Sacade a Micaías e levádeo a Amón, gobernador da cidade, e a Ioas, fillo do rei; 27e dirás: -Así di o rei: Botade a este no cárcere, e mantédeo con pan de angustia e con auga de aflición, ata que eu volva en paz. 28E dixo Micaías: -Se volves san e salvo, Iahveh non falou por medio de min. E dixo: -Escoitade, todos os pobos!29E o rei de Israel subiu con Iosafat, rei de Xudá, a Ramot de Galaad. 30E o rei de Israel dixo a Iosafat: -Eu disfrazareime e irei á batalla; pero ti, pon as túas roupas. Así o rei de Israel disfrazouse e entrou na batalla.31E o rei de Siria ordenara aos seus trinta e dous capitáns de carros, dicindo: -Non loitedes nin con grande nin con pequeno, senón só co rei de Israel. 32E cando os capitáns dos carros viron a Iosafat, dixeron: -Este é o rei de Israel! E dirixíronse cara el para loitar con el. Pero Iosafat berrou. 33E cando os capitáns dos carros viron que non era o rei de Israel, afastáronse del.34Pero un home lanzou o seu arco á tola e feriu o rei de Israel entre as xuntas da armadura; de xeito que el díxolle ao seu cocheiro: -Dá a volta e sácame do campamento, pois estou ferido.35E a batalla empeorou ese día, e o rei ficou no seu carro en fronte dos sirios, e á tardiña morreu; e o sangue da ferida corría ata o fondo do carro. 36E ao poñerse o sol, saíu un pregón polo campamento, dicindo: -Cadaquén á súa cidade! Cada un á súa terra!37Morreu, pois, o rei e foi levado a Samaria, e sepultaron ao rei en Samaria. 38E mentres lavaban o carro no estanque de Samaria (as prostitutas lavábanse alí) os cans lamberon o seu sangue, conforme a palabra que Iahveh dixera.39E o resto dos feitos de Acab e todo o que fixo, e a casa de marfil que construíu e tódalas cidades que edificou, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 40E durmiu Acab cos seus pais, e reinou o seu fillo Ocozías no seu lugar.41Iosafat, fillo de Asa, comezou a reinar sobre Xudá no cuarto ano de Acab, rei de Israel. 42Iosafat tiña trinta e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou vinte cinco anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Azuba, filla de Silhi.43E andou en todo o camiño do seu pai Asa, sen se afastar del, facendo o que era recto aos ollos de Iahveh. Con todo isto, os lugares altos non foron quitados, senón que o pobo aínda sacrificaba e queimaba incenso neles. 44E Iosafat fixo a paz co rei de Israel.45E o resto dos feitos de Iosafat, e as súas proezas e as guerras que fixo, non están escritas no libro das crónicas dos reis de Xudá? 46Borrou tamén da terra o resto dos varóns consagrados á prostitución ritual que quedaran nos días do seu pai Asa. 47Naquel tempo non había rei en Edom; había un gobernador no lugar do rei.48Iosafat fixo naves de Tarshis para ir a Ofir buscar ouro; pero non saíron porque foron destrozadas en Ezión-geber. 49Entón Ocozías, fillo de Achab, dixo a Iosafat: -Vaian os meus servos cos teus homes nos barcos. Pero Iosafat non quixo. 50E Iosafat durmiu cos seus pais, e foi sepultado con eles na cidade do seu pai David; e o seu fillo Ioram reinou no seu lugar51Ocozías, fillo de Achab, comezou a reinar sobre Israel en Samaria no ano décimo sétimo de Iosafat, rei de Xudá, e reinou sobre Israel por dous anos. 52E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh e andou no camiño do seu pai e no camiño da súa nai, e no camiño de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixo pecar a Israel; 53porque serviu a Baal e adorouno, e provocou a ira a Iahveh, Deus de Israel, conforme todo o que fixera o seu pai.
1E aconteceu que despois da morte de Acab, Moab rebelouse contra Israel. 2E Ocozías caeu pola fiestra do apousento que tiña en Samaria; e estando doente mandou vir uns mensaxeiros, e díxolles: -Ide, consultade a Baal-zebub, deus de Ecrón, para ver se sandarei desta doenza.3Pero o anxo de Iahveh faloulle a Elías texbita, dicindo: -Érguete, sube ao encontro dos mensaxeiros do rei de Samaria, e dilles: é que non hai Deus en Israel para que vaiades consultar a Baal-zebub, deus de Ecrón? 4Polo tanto, así di Iahveh: "Da cama na que estás non levantarás, senón que morrerás sen remedio." Entón Elías foise.5Cando os mensaxeiros volveron a el, díxolles: -Por que regresastes? 6E eles dixéronlle: -Atopamos un home que nos dixo: -Ide, e volvede ao rei que vos mandou, e dicídelle: -Así di Iahveh: será que non hai un Deus en Israel para que teñas que mandar a consultar a Baal-zebub, deus de Ecrón? Por iso da cama na que estás non te erguerás, senón que morrerás sen remedio.7E el díxolles: -Como era o home que atopastes e que vos dixo estas palabras? 8E eles dixéronlle: -Era un home peludo, cinguido cun cinto de coiro á cintura. Entón el dixo: -É Elías texbita.9Entón mandóuselle un capitán de cincuenta cos seus cincuenta, e este subiu onde el estaba, e velaquí, estaba sentado no cumio do monte. E díxolle o capitán: -Home de Deus, o rei ordenou que baixes! 10E Elías respondeu, e dixo ao capitán de cincuenta: -Se eu son home de Deus, que baixe lume do ceo e te consuma a ti e aos teus cincuenta. Entón baixou lume do ceo e consumiuno a el e aos seus cincuenta.11O rei mandou de novo a outro capitán de cincuenta cos seus cincuenta, e este falou con el e dixo: -Home de Deus, o rei di así: Baixa decontado!" 12Mais Elías respondeulle e dixo: -Se eu son home de Deus, que baixe lume do ceo e te consuma a ti e aos teus cincuenta. Entón baixou lume do ceo e consumiuno a el e aos seus cincuenta.13Mandou de novo o terceiro capitán de cincuenta cos seus cincuenta. E o terceiro capitán de cincuenta subiu, e axeonllouse diante de Elías, e suplicoulle, dicindo: -Home de Deus, rógoche que sexa valiosa aos teus ollos a miña vida e a vida destes teus cincuenta servos. 14Velaí que baixou lume do ceo e consumiu os dous primeiros capitáns de cincuenta cos seus cincuenta; pero agora sexa preciosa a miña vida diante dos teus ollos.15Entón o anxo de Iahveh dixo a Elías: -Baixa con el; non teñas medo del. E el ergueuse e baixou con el ao rei. 16E díxolle: -Así di Iahveh: Por canto mandaches mensaxeiros para consultar a Baal-zebub, deus de Ecrón, coma se non houbera Deus en Israel por quen consultar a súa palabra, non te erguerás da cama na que estás, senón que de certo morrerás.17Morreu, pois, conforme a palabra de Iahveh que falara Elías; e Ioram reinou no seu lugar no segundo ano de Ioram, fillo de Iosafat, rei de Xudá; pois Ocozías non tiña fillos. 18E o resto dos feitos de Ocozías, non están escritos no libro das crónicas dos reis de Israel?
1E aconteceu que cando Iahveh ía facer subir a Elías nun remuíño aos ceos, Elías viña con Eliseo do Guilgal. 2E Elías díxolle a Eliseo: -Quédate aquí, porque Iahveh mandoume a Betel. Pero Eliseo dixo: -Pola vida de Iahveh e pola túa vida, que non te deixarei! E baixaron a Betel.3Entón os fillos dos profetas que estaban en Betel saíron onda Eliseo, e dixéronlle: -Sabes que hoxe Iahveh tomará o teu señor por riba da túa cabeza? E el dixo: -Eu tamén o sei; calade. 4E Elías díxolle de novo a Eliseo: -Eliseo, quédate aquí, porque Iahveh mandoume a Iericó. Pero el dixo: -Como vive Iahveh e a túa alma, que non te deixarei! E chegaron a Iericó.5Entón os fillos dos profetas que estaban en Iericó achegáronse a Eliseo, e dixéronlle: -Sabes que hoxe Iahveh tomará o teu señor por enriba da tua cabeza? E el dixo: - Seino; calade. 6E Elías díxolle: -Rógoche que quedes aquí, porque Iahveh mandoume ao Xordán. Pero el respondeu: -Como vive Iahveh, e a túa alma, que non te deixarei! Así foron os dous.7E cincuenta homes dos fillos dos profetas viñeron e pararon fronte a eles a certa distancia; e eles dous pararon xunto ao Xordán. 8Entón Elías colleu o seu manto, dobrouno e golpeou as augas, que se separaron dun lado a outro, e ambos pasaron por terra seca.9E cando cruzaron, Elías dixo a Eliseo: -Pídeme o que queiras que faga por ti, antes de que sexa arrebatado do teu lado. E Eliseo dixo: -Rógoche que unha porción dobre do teu espírito veña sobre min! 10E el dixo:-Pediches unha cousa difícil; pero se me ves cando sexa arrebatado de ti, así se che fará; pero se non, non será.11E aconteceu que mentres ían falando, velaquí, un carro de lume con cabalos de lume separou aos dous; e Elías subiu no ceo nun remuíño. 12Cando o viu Eliseo, exclamou: -Meu pai, meu pai, carro de Israel e os seus xinetes de a cabalo! E non o viu máis. Entón colleu os seus vestidos e rachounos en dúas partes.13Colleu, ademais, o manto de Elías que caera del, e volveu e parouse na beira do Xordán. 14E collendo o manto de Elías que lle caera, golpeou as augas, e dixo: -Onde está Iahveh, o Deus de Elías? E cando golpeou as augas, dividíronse dun lado ao outro, e Eliseo cruzou.15E cando os fillos dos profetas que estaban en Iericó o viron do outro lado, dixeron: -O espírito de Elías descansou sobre Eliseo. E eles foron ao seu encontro e prostráronse diante del. 16E dixeron: -Velaquí, cos teus servos hai cincuenta homes fortes. Vai agora á procura do teu señor, poida que o Espírito de Iahveh o collera e o botara nun dos montes ou nalgún val. Pero el díxolles: -Non os mandedes.17Pero eles insistiron tanto que se cansou e dixo: -Mandádeos! Entón mandaron cincuenta homes que buscaron por tres días, pero non o atoparon. 18Cando volveron onda Eliseo (que estaba quedando en Iericó), díxolles: -Non vos dixen que non fosedes?19E os homes da cidade dixeron a Eliseo: -Velaquí, como ve o meu señor, o lugar onde está situada esta cidade é bo; pero as augas son malas e a terra estéril. 20Entón el dixo: -Traédeme un vaso novo, e poñede nel sal. E trouxéronllo.21E el saíu ao manacial, e botou o sal nel, e dixo: -Isto di Iahveh: sanei estas augas; nunca mais haberá nelas morte nin doenza.*esterilidade? 22E as augas quedaron limpas ata hoxe, conforme a palabra que falou Eliseo.23Subíu de alí a Betel; e cando ía subindo polo camiño, uns raparigos saíron da cidade burlándose del, dicindo: -Calvo, sube! Calvo, sube! 24Pero el volvéndose, viunos e maldiciunos no nome de Iahveh. Entón dous osos saíron do monte e esnaquizaron corenta e dous daqueles raparigos. 25De alí foi ao monte Carmelo, e dende alí volveu a Samaria.
1Ioram, fillo de Acab, comezou a reinar en Samaria sobre Israel no ano décimo oitavo de Iosafat, rei de Xudá, e reinou doce anos. 2E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, aínda que non tanto coma o seu pai ou a súa nai, porque quitou a estatua de Baal que o seu pai fixera. 3Mais el seguiu nos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixo pecar a Israel, e non se afastou deles.4Naquel intre Mesa, rei de Moab, era criador de ovellas, e daba ao rei de Israel a la de cen mil años e cen mil carneiros coas súas peles. 5Pero cando morreu Acab, o rei de Moab rebelouse contra o rei de Israel. 6E naquel día o rei Ioram saíu de Samaria e pasou revista a todo Israel.7E foi e mandou mensaxeiros a Iosafat, rei de Xudá, dicindo: -O rei de Moab rebelouse contra min. Irás comigo a guerra contra Moab? E el respondeulle: -Irei! porque eu son coma ti, o meu pobo coma o teu pobo, e os meus cabalos coma os teus. 8E engadiu: -Por que camiño subiremos? E el respondeu: -Polo camiño do deserto de Edom.9Saíron, pois, o rei de Israel, o rei de Xudá e o rei de Edom, e camiñaron por sete días rodeando o deserto, ata que non houbo auga para o exército nin para as bestas que os seguían. 10Entón o rei de Israel dixo: -Ai, que Iahveh trouxo estes tres reis para entregalos nas mans dos moabitas!11Pero Iosafat dixo: -Non hai aquí un profeta de Iahveh para que consultemos a Iahveh por medio del? Entón un dos servos do rei de Israel respondeu e dixo: -Aquí está Eliseo, fillo de Safat, que servía a Elías. 12E Iosafat dixo: -Este ten a palabra de Iahveh. E o rei de Israel, Iosafat e o rei de Edom baixaron a el.13Entón Eliseo dixo ao rei de Israel: -Que teño que ver eu contigo? Vai aos profetas do teu pai e aos profetas da túa nai. Pero o rei de Israel díxolle: -Non, porque Iahveh reuniu a estes tres reis para entregalos nas mans dos moabitas. 14Entón Eliseo dixo: -Pola vida de Iahveh dos exércitos diante de quen estou, se non fose por causa de Iosafat, rei de Xudá, non che faría caso nin te miraría!15Agora pois, traédeme un músico. E cando o músico tocou, a man de Iahveh veu sobre Eliseo, 16e dixo: -Así di Iahveh: "Facede en este val moitas zanxas. 17Porque así di Iahveh: non veredes vento nin veredes choiva, pero este val encherase de auga, e beberedes, vós, o voso gando e as vosas bestas.18E isto é cousa fácil aos ollos de Iahveh; el tamén entregará os moabitas nas vosas mans. 19E destruiredes toda cidade fortalecida e toda aldea escollida, e cortaredes toda árbore boa, e cegaredes tódalas fontes de auga, e destruiredes con pedras toda terra fecunda.20E aconteceu que á mañá, á hora do sacrificio da mañá, velaquí viñeron augas polo camiño de Edom, e a terra encheuse de auga.21Pero cando todos os moabitas escoitaron que os reis subían para loitar contra eles, reuníronse dende os que apenas podían cinguir armaduras, e xuntáronos na fronteira. 22Cando se ergueron moi cedo, o sol resplandeceu sobre as augas, e os moabitas viron de lonxe que as augas estaban vermellas coma o sangue; 23e dixeron: -Este é sangue de espada! De seguro que os reis levantáronse un contra outro, e mataron cada un ao seu compañeiro. Agora pois Moab, a polo botín!24Pero cando chegaron ao campamento de Israel, os israelitas erguéronse e atacaron aos moabitas, e eles fuxiron de diante deles; pero eles perseguíronos e mataron aos moabitas. 25E destruíron as cidades, e en toda a terra fértil botaron cada un a súa pedra, ata cubrila; e cegaron tódalas fontes de auga e cortaron toda árbore boa; ata que só quedaron pedras en Kir-hareset, porque os arqueiros rodeárona e destruírona.26E cando o rei de Moab viu que a batalla era demasiado forte contra el, colleu con el setecentos homes que manexaban ben a espada para abrirse camiño cara o rei de Edom, pero non puideron. 27Entón colleu o seu fillo primoxénito que tería que reinar no seu lugar, e ofreceuno en holocausto sobre o muro. E houbo grande indignación contra os israelitas, de xeito que se afastaron del e volveron á súa terra.
1Unha muller, das mulleres dos fillos dos profetas, clamou a Eliseo, dicindo: -O teu servo, o meu marido morreu, e ti sabes que o teu servo temía a Iahveh. E o seu acredor veu para tomar os meus dous fillos por escravos seus. 2E Eliseo díxolle: -Que farei eu por ti? Dime que tes na casa. E ela respondeu: -A túa serva non ten nada na casa, agás un frasco de aceite.3E el díxolle: -Vai e pide para ti olas emprestadas a todos os teus veciños, a maior cantidade delas posible. 4Despois entra e fecha a porta tras de ti e dos teus fillos, e bota en todos os pratos e olas, e irás apartando as que estean cheas.5Entón a muller foi e pechou a porta detrás dela e dos seus fillos; e eles traíanlle as olas, e ela vertía o aceite. 6E cando encheu todas as olas, díxolle ao seu fillo: -Traédeme aínda máis olas. Pero el díxolle: -Non hai máis olas. Entón acabouse o aceite.7E ela veu despois e contoullo ao home de Deus, e el dixo: -Vai e vende o aceite e paga aos teus acredores; e ti e os teus fillos viviredes do que quede.8Un día Eliseo pasou por Sunem, e había alí unha muller importante, que porfiaba para convidalo a comer; de tal xeito que, sempre que pasaba por alí, ía á súa casa a comer. 9E ela dixo ao seu home: -Mira, agora entendo que este que pasa sempre pola nosa casa é un santo home de Deus.10Pídoche que fagamos un pequeno apousento nos muros, e poñamos alí unha cama, unha mesa, unha cadeira e un candeeiro, para que cando el veña a nós, quede nel. 11E chegou o día que el veu por alí, e quedou no apousento alto e durmiu alí.12E dixo a Giezi, o seu servo: -Chama a esta sunamita; e cando a chamou ela presentouse diante del. 13Entón el dixo a Giezi: -Dille: velaí que pasaches por nós moitas preocupacións; que queres que faga por ti? Desexas que fale por ti ao rei, ou ao capitán do exército? E ela dixo: - Eu vivo no medio do meu pobo.14E el dixo: -Que faremos entón por ela? E Giezi respondeu: -Velaquí, ela non ten fillo e o seu marido é vello. 15E El dixo: -Chamáa. E el chamouna, e ela parouse na porta. 16E el díxolle: -Neste mesmo tempo, no ano que vén abrazarás un fillo. Pero ela dixo: -Non, meu señor, home de Deus, non te burles da túa serva!17Pero a muller concibiu e deu a luz un fillo no ano seguinte, no tempo que Eliseo lle dixera. 18E o neno medrou; pero aconteceu un día que saíu co seu pai, que andaba cos segadores, 19e el díxolle a seu pai: -Ai, a miña cabeza, a miña cabeza! E o pai díxolle a un servo: -Levádeo a súa nai! 20E el, colléndoo, tróuxollo a súa nai, e el sentou nos xeonllos dela ata o mediodía, e despois morreu.21Entón ela subiu, púxoo na cama do home de Deus, e pechando a porta, saíu. 22Despois chamou ao seu home e díxolle: -Manda agora un dos servos e unha das asnas, para que vaia correndo ao home de Deus e volva.23E el dixo: -Por que o vas ver hoxe? Non é lúa nova nin día de repouso. E ela dixo: -Paz. 24Logo fixo aparellar a burra, e díxolle ao servo: - Imos xa, e non te deteñas no camiño ata que eu cho diga!25Saíu, pois, e chegou onda o home de Deus no monte Carmelo. E cando a viu de lonxe o home de Deus, díxolle ao seu servo Guiezi: -Velaí a sunamita. 26Corre agora mesmo ao seu encontro e dille: -Estás ben? Como está o teu marido? E como está o teu fillo? E ela dixo: - Paz.27Mais cando chegou onde estaba o home de Deus no monte, agarrouse dos seus pés. E Guiezi achegouse para apartala, pero o home de Deus díxolle: -Déixaa, porque está amargada na súa alma; e Iahveh ocultoume o motivo e non mo declarou.28Entón ela dixo: - Pedinlle eu un fillo ao meu señor? Non che dixen eu: non te burles de min? 29Entón el díxolle a Guiezi: - Cingue os teus lombos e toma o meu caxato na túa man, e vaite. Se algún te atopa, non o saúdes, e se algún te saúda, non lle respondas, e coloca o meu caxato sobre a cara do rapaz.30Pero a nai do rapaz dixo: -Como vive Iahveh e como vive a túa alma, que non te deixarei! 31El ergueuse e seguiuno. E Guiezi adiantouse a eles, e puxo o caxato sobre a cara do neno, pero non falou nin deu sinais de vida. Entón volveu ao encontro de Eliseo e díxolle: -O rapaz non espertou.32Cando Eliseo entrou na casa, velaí que o neno estaba morto, deitado na súa cama. 33Entón el entrou e pechou a porta detrás deles e orou a Iahveh. 34Despois subiu e estendeuse sobre o neno, poñendo a súa boca sobre a boca del, e os seus ollos sobre os ollos del, e as súas mans sobre as mans del; e estendeuse sobre el, e o corpo do neno comenzou a quentarse.35E volvéndose, andou pola casa de aquí para alá, e subiu e estendeuse de novo sobre el; e o rapaz espirrou sete veces, e abriu os ollos. 36Entón el chamou a Guiezi e díxolle: -Chama a esta sunamita. E el chamouna, e cando ela entrou, díxolle: - Colle o teu fillo! 37Entón ela entrou e botouse aos seus pés, inclinándose ata o chan; e colleu o seu fillo e saíu.38Eliseo volveu a Guilgal cando había unha gran fame na terra; e os fillos dos profetas estaban con el, de maneira que lle dixo ao seu servo: -Prepara a ola grande e fai gran potaxe para os fillos dos profetas. 39Entón un saíu ao campo a recoller herbas, e atopou unha vide que semellaba unha vide brava, e recolleu dela cabazas silvestres ata encher a súa faldra; e ao regresar botounas na ola do potaxe, pero non sabía o que era.40Despois serviuno para que o comeran os homes; pero aconteceu que ao comer del, berraron, e dixeron: -Ai, home de Deus, hai morte na ola! E non puideron comelo. 41Entón el dixo: -Traede fariña. E derramouna na ola, e dixo: -Dádelle de comer á xente. E non houbo máis mal na ola.42Entón veu un home de Baal-salisa e tróuxolle ao home de Deus pans das primicias, vinte pans de cebada con espigas de trigo novo. E el dixo: -Dádeo á xente para que coma. 43Pero o seu criado dixo: -Como poñerei isto diante de cen homes? E el dixo: -Dádello á xente para que coma; porque así di Iahveh: "Comerán, e aínda sobrará." 44El entón púxoo diante deles, e comeron e aínda lles sobrou, conforme a palabra de Iahveh.
1Naamán, capitán do exército do rei de Siria, era un home de grande estima diante do seu señor, porque por medio del Iahveh dera a victoria a Siria; e era un home moi valente, pero leproso. 2Unha vez, as bandas armadas de Siria saíron e levaron cativa da terra de Israel unha rapaza nova, que foi serva da muller de Naamán.3E ela dixo á súa señora: -Se o meu señor fose diante do profeta que está en Samaria, el sandaríao da súa lepra. 4Entón Naamán foi onda o seu señor e contoulle, dicindo: -Así e así, dixo a rapaza da terra de Israel.5E o rei de Siria dixo: -Vai, e eu mandarei cartas ao rei de Israel. E saíu, levando consigo dez talentos de prata, seis mil pezas de ouro e dez mudas de roupa. 6Levoulle a carta para o rei de Israel, que dicían así: -Cando chegue a ti esta carta, sabe que eu mandei a ti o meu servo Naamán, para que o cures da súa lepra.7E aconteceu que cando o rei de Israel leu a carta, rachou as súas roupas, e dixo: -Estou eu no lugar de Deus para matar ou dar vida, para que este me mande a min para curar a un home da súa lepra? Considerade agora e vede que está á procura dunha ocasión para provocarme.8Pero cando Eliseo, o home de Deus, escoitou que o rei de Israel rachara as súas roupas, mandou dicir ao rei: -Por que rachaches as túas roupas? Que veña agora a min, e saberá que hai un profeta en Israel. 9Entón Naamán foi cos seus cabalos e cos seus carros, e detívose á porta da casa de Eliseo. 10E Eliseo mandou un mensaxeiro, dicindo: -Vai e lávate sete veces no Xordán, e a túa carne será restaurada, e quedarás limpo.11Entón enfureceuse Naamán, e dixo: -Velaquí, dixen para min: certamente el sairá, e poñéndose en pé invocará o nome de Iahveh o seu Deus, e estendendo a súa man tocará o lugar e sandará a lepra. 12Abana e Farfar, ríos de Damasco, non son mellores que tódalas augas de Israel? Se me lavo neles, non serei limpo? E volvéndose marchou anoxado.13Pero os seus servos achegáronse a el e dixéronlle: -Meu pai, se o profeta che dixera algo grande, non o farías? Canto máis, que lle di: lávate e quedarás limpo? 14Entón el baixou e mergullouse sete veces no Xordán, conforme a palabra do home de Deus; e a súa carne volveuse coma a carne dun neno, e quedou limpo.15Deseguida volveu ao home de Deus, el e toda a súa comitiva, e púxose diante del, e dixo: -Velaquí, agora sei que non hai Deus en toda a terra, senón en Israel; por tanto, acepta un regalo do teu servo! 16Pero el dixo: -Pola vida de Iahveh diante de quen estou, que non o aceptarei. E el insistiulle que o recibira, pero non quixo.17Entón Naamán dixo: - Pois logo, rógoche que deas ao teu servo unha carga de terra para levar nun par de mulas , pois de agora en diante o teu servo non ofrecerá holocaustos nin sacrificios a outros deuses, senón a Iahveh. 18E nisto perdoe Iahveh ao teu servo nesta cousa: cando o meu señor o rei entre no templo de Rimón para adorar nel, e se apoie no meu brazo, e eu me inclino no templo de Rimón, que Iahveh perdoe ao teu servo nese feito. 19E el díxolle: -Vai en paz. E el foi e andou como a certa distancia,20cando Guizei, o criado de Eliseo, o home de Deus, dixo para si: -Velaquí, o meu señor eximiu a este sirio Naamán, non tomando da súa man as cousas que trouxo. Pola vida de Iahveh, que eu correrei detrás del e tomarei algo del! 21Entón Giezi foi tras de Naamán; e cando Naamán o viu correr detrás del, baixou do seu carro para recibilo, e dixo: -Estás ben? 22E el dixo: -Ben. O meu señor mandoume a dicirche: velaí que nesta mesma hora viñeron a min dous mozos dos fillos dos profetas da rexión montañosa de Efraín; pídoche que lles deas un talento de prata e dúas mudas de roupa.23E Naamán dixo: -Rógoche que tomes dous talentos. E insistiulle, e atou dous talentos de prata en dúas bolsas, e dous vestidos novos, e púxoo todo en mans de dous dos seus servos para que os levaran diante del. 24E cando chegou a un lugar onde non se podía ver, colleuno da man deles e púxoo baixo custodia; e mandou aos homes que marcharan. 25Entón el entrou e púxose diante do seu señor, e Eliseo díxolle: -De onde viñeches, Guiezi? E el dixo: -O teu servo non foi a ningures.26Pero el díxolle: -Non estaba o meu corazón alí cando o home baixou do seu carro ao teu encontro? É este o tempo de tomar prata e de tomar vestidos, e oliveiras, e viñas, e ovellas, e bois, e servos, e servas? 27Agora pois, a lepra de Naamán pegaráseche a ti e á túa descendencia para sempre. E saíu de diante del leproso, branco coma a neve.
1Un día os fillos dos profetas dixeron a Eliseo: -Mira, o lugar onde vivimos contigo é estreito para nós. 2Vai, vaiamos ao Xordán, e tomemos de alí cada un unha viga, e fagamos alí un lugar para vivir. E el dixo: -Ide. 3E un dixo: -Rógoche que vaias cos teus servos. E el dixo: -Irei.4E foi con eles; e cando chegaron ao Xordán puxéronse a cortar madeira. 5E aconteceu que mentres un cortaba unha árbore, a folla do machado caeu na auga, e berrou, e dixo: -Ai meu señor, que era emprestado!6E o home de Deus dixo: -Onde caeu? E cando el lle amosou o lugar, el cortou un madeiro e botouno alí, e fixo flotar o ferro. 7E El dixo: -Tomao. E el estendeu a man e colleuno.8O rei de Siria estaba en guerra contra Israel, e consultando cos seus servos, dixo: -Neste lugar estará o meu campamento. 9Entón o home de Deus mandou dicir ao rei de Israel: -Gárdate de pasar por aquel lugar, porque os sirios van para alá.10Entón o rei de Israel mandou mensaxeiros ao lugar do que o home de Deus dixera, e así ao previlo, gardouse de ir alí, e fixo así unha e outra vez. 11E o corazón do rei de Siria turbouse por ese motivo; e chamou aos seus servos e díxolles: - Dicídeme quen dos nosos está a favor do rei de Israel!12Pero un dos seus servos dixo: -Non, meu señor o rei, senón que hai un profeta en Israel chamado Eliseo, que lle di ao rei de Israel as palabras que ti falas no teu apousento. 13Entón el dixo: -Ide e vede onde está, para que eu mande prendelo. E dixéronlle: -Velaquí, está en Dotán.14Entón o rei mandou alí cabalos, carros e un gran exército, que viñeron de noite e sitiaron a cidade. 15Cando o servo do home de Deus ergueuse moi cedo, saíu, e velaí un exército que sitiara a cidade con cabalos e carros. Entón o seu servo díxolle: -Ai meu señor! que faremos? 16Pero el dixo: -Non temas, porque os que están connosco son máis cós que están con eles.17E orou Eliseo, e dixo: -Ó Iahveh, rógoche que lle abras os ollos para que vexa! Entón Iahveh abriu os ollos do servo, e mirou, e velaí que o monte estaba cheo de homes de a cabalo e de carros de lume arredor de Eliseo. 18E aconteceu que cando os sirios baixaron contra el, Eliseo orou a Iahveh, e dixo: -Rógoche que golpees con cegueira a este pobo! E El feriunos con cegueira conforme a petición de Eliseo. 19Entón Eliseo díxolles: -Este non é o camiño, nin esta é a cidade. Seguídeme, e eu levareivos ao home que buscades. E guiounos a Samaria.20E aconteceu que cando entraron en Samaria, Eliseo dixo: - Ó Iahveh, abre os ollos deles para que vexan. E Iahveh abriu os seus ollos, e viron, e estaban no medio de Samaria. 21Cando os viu o rei de Israel, dixo a Eliseo: -Meu pai, hei ferilos? Matareinos?22Pero el díxolle: -Non os mates. Matarías ti os prisioneiros que tomaches coa túa espada e co teu arco? Pon diante deles pan e auga para que coman e beban, e volvan aos seus señores. 23Entón preparoulles un gran banquete; e cando comeron e beberon, despediunos, e foron devoltos ao seu señor. E xa non viñeron máis as bandas sirias á terra de Israel.24Despois disto, aconteceu que Ben-hadad, rei de Siria, reuniu todo o seu exército, e subiu e sitiou Samaria. 25E houbo unha grande fame en Samaria por mor daquela destrución, de xeito que unha cabeza de un burro chegou a venderse por oitenta pezas de prata, e a cuarta parte de un cab de esterco de pomba por cinco pezas de prata. 26E cando o rei de Israel pasaba polo muro, unha muller berroulle e dixo: -Salva, meu señor o rei!27E el respondeu: -Se Iahveh non te libra, como poderei eu salvarte? Con algo do graneiro ou do lagar? 28E o rei engadiu: -Que tes? E ela respondeu: -Esta muller díxome: -Dáme o teu fillo para que o comamos hoxe, e mañá comeremos o meu fillo. 29Entón preparamos o meu fillo e comémolo. E ao día seguinte díxenlle eu: -Dáme o teu fillo para que o comamos. Pero ela escondeu o seu fillo.30E aconteceu que cando o rei escoitou as palabras da muller, rachou as súas roupas, e mentres pasaba polo muro, o pobo viu o cilicio que levaba por dentro sobre o seu corpo. 31E dixo: -Que Deus me faga isto, e aínda máis, se a cabeza de Eliseo, fillo de Safat, queda hoxe enriba dos seus ombreiros!32Eliseo estaba sentado na súa casa, e os anciáns estaban sentados con el cando o rei mandou un home da súa parte. Pero antes de que o mensaxeiro chegara a el, díxolles aos anciáns: -Vedes como este fillo de asasino mandou para cortarme a cabeza? Mirade ben: cando veña o mensaxeiro, fechade a porta e non lle deixedes entrar. Non escoitades o ruído dos pasos do seu señor detrás del? 33E estaba aínda a falar con eles, cando o mensaxeiro baixaba cara el e dixo: -Certamente esta calamidade vén de Iahveh. Que máis podería agardar de parte de Iahveh?
1E dixo Eliseo: -Escoitade a palabra de Iahveh: -Así di Iahveh: mañá por esta hora, unha medida de flor de fariña vaise vender por un siclo, e dúas medidas de cebada por un siclo, na porta de Samaria! 2E un capitán sobre o que o rei se apoiaba, respondeu ao home de Deus e dixo: -Aínda que Iahveh abrise as fiestras do ceo, sería isto así? E el dixo: -Velaquí, veralo cos teus propios ollos, pero ti non poderás nin probalo.3E na entrada da porta había catro homes leprosos, que se dixeron un ao outro: -Para que estamos aquí sentados ata morrer? 4Se tratamos de entrar na cidade, a fame que hai na cidade mataranos, e se quedamos aquí, tamén morreremos. Polo tanto, imos e pasemos ao campamento dos sirios; se eles nos deixan con vida, viviremos; e se nos matan, morreremos.5E erguéronse ao mencer para ir ao campamento dos sirios; e cando chegaron á entrada do campamento dos sirios, non había ninguén alí. 6Porque Iahveh fixera que se escoitara no campamento dos sirios un estrondo de carros, un ruído de cabalos e un estrépito dun grande exército; e dixéronse un ao outro: velaí que o rei de Israel contratou contra nós aos reis dos hititas e aos reis dos exipcios para que veñan contra nós!7Polo que se ergueron e fuxiron á noitiña, deixando as súas tendas, os seus cabalos e os seus asnos, e o campamento tal como estaba; e fuxiran para salvar as súas vidas. 8Cando os leprosos chegaron á entrada do campamento, entraron nunha tenda e comeron e beberon, e colleron de alí prata, ouro e vestidos, e foron e agocháronos. Despois volveron e entraron noutra tenda, e tamén colleron cousas de alí, e foron e agochárono.9Entón dixéronse un ao outro: -Non estamos a facer ben. Este é día de boas novas, e nós calamos. Se agardamos ata a mañanciña, a nosa calamidade chegará a nós. Imos, pois, entremos para dar as novas á casa do rei. 10Foron, pois, e chamaron aos gardas da porta da cidade, e dixéronlles: -Fomos ao campamento dos sirios, e velaquí, non había alí ninguén, nin voz de persoa, senón cabalos atados e asnos atados, e o campamento estaba intacto. 11Os sentinelas berraron, e anunciárono dentro do palacio do rei.12E de noite o rei ergueuse, e dixo aos seus servos: -Dareivos a coñecer o que os sirios nos fixeron. Eles saben que temos fame, por iso saíron das tendas e agocháronse no campo, dicindo: cando saian da cidade, collerémolos vivos e entraremos na cidade. 13Entón respondeu un dos seus servos, e dixo: -Rógoche que tomes cinco dos cabalos que quedan na cidade e mandémolos para ver o que hai, pois os que quedan aquí morrerán como toda a multitude de Israel que xa pereceu.14Colleron, pois, dous carros con cabalos, e o rei mandounos ao campamento dos sirios, dicindo: -Ide e mirade. 15Eles foron tras deles ata o Xordán, e velaí que todo o camiño estaba cheo de roupas e pertenzas que os sirios tiñan deixado pola présa. Entón os mensaxeiros volveron e contáronllo ao rei.16Entón o pobo saíu e saqueou o campamento dos sirios; e unha medida de flor de fariña vendeuse por un siclo, e dúas medidas de cebada por un siclo, conforme a palabra de Iahveh. 17E o rei puxo ao capitán sobre o que a súa man se apoiaba na entrada, pero o pobo esmagóuno na porta, e morreu, conforme o home de Deus que dixera cando o rei baixara a el.18E aconteceu tal como o home de Deus falara ao rei, dicindo: -Un siclo será o prezo das dúas medidas de cebada, e un siclo o prezo da medida de flor de fariña; mañá a esta hora na porta de Samaria. 19E o capitán respondera ao home de Deus, dicindo: -Se Iahveh abrira as fiestras do ceo, podería acontecer isto? E el dixo: -Velaí, veralo cos teus ollos, pero non poderás nin probalo. 20E así aconteceu con el; porque o pobo atropelouno na porta, e morreu.
1E Eliseo faláralle á muller cuxo fillo resucitara, dicindo: -Érguete, e vai ti e mailos teus, a residir onde sexa posible, porque Iahveh chamou á fame, a que virá tamén sobre esta terra por sete anos. 2Entón a muller ergueuse e fixo tal como lle dixera o home de Deus; e foi coa súa familia e peregrinou a terra dos filisteos por sete anos.3E sucedeu que ao cabo de sete anos a muller volveu da terra dos filisteos; e saíu ao rei para rogar pola súa casa e polas súas terras. 4E o rei estaba a falar con Guiezi, servo do home de Deus, dicindo: -Rógoche que me contes tódalas marabillas que fai Eliseo.5E sucedeu que estando el a contarlle ao rei como resucitara a un morto, velaí que a muller á que el resucitara o seu fillo chegou a implorar ao rei pola súa casa e as súas terras. Entón Guiezi dixo: -Meu señor o rei, esta é a muller e este é o seu fillo a quen Eliseo resucitou. 6E o rei preguntou á muller, e ela contoulle. Entón o rei ordenou a un oficial, dicindo: -Devólvelle*Restitúelle? todo o que era seu, e todos os froitos da súa terra dende o día que deixou o país ata agora.7Eliseo foi a Damasco. E Ben-hadad, rei de Siria, estaba doente, e avisárono a el, dicindo: -O home de Deus chegou aquí. 8Entón o rei dixo a Hazael: -Toma un regalo na túa man, e vai a recibir ao home de Deus, e consulta a Iahveh por medio del, dicindo: sandarei desta doenza? 9Colleu, entón, Hazael un regalo co mellor da riqueza de Damasco, unha carga de corenta camelos, e foi ao seu encontro, e ao chegar púxose diante del, e dixo: -O teu fillo Ben-hadad, rei de Siria, mandoume a ti, dicindo: sandarei desta doenza?10E Eliseo díxolle: -Vai, dicídelle: certamente sanarás; aínda que Iahveh amosoume que certamente morrerá. 11E o home de Deus mirouno fixamente ata que el quedou avergoñado; e o home de Deus comezou a chorar. 12E Hazael díxolle: -Por que chora o meu señor? E el respondeu: -Porque sei do mal que farás aos fillos de Israel: prenderás lume ás súas fortalezas, matarás os seus mozos con espada, esnaquizarás os seus meniños e abrirás os ventres das súas mulleres embarazadas.13E Hazael dixo: -Pois, que é o teu servo, este can, para que faga tantas cousas? E Eliseo respondeu: - Iahveh amosoume que ti serás rei de Siria. 14Entón Hazael foi e chegou ao seu señor, e este díxolle: -Que che dixo Eliseo? E el respondeulle: -Díxome que certamente sanarás. 15Pero ao amencer, colleu un cobertor e empapouno de auga, e púxoo sobre a cara de Ben-hadad, e morreu; e Hazael reinou no seu lugar.16No quinto ano de Ioram, fillo de Acab, rei de Israel, e sendo Iosafat rei de Xudá, comezou a reinar Ioram, fillo de Iosafat, rei de Xudá. 17Tiña trinta e dous anos cando comezou a reinar, e reinou oito anos en Xerusalém.18E andou no camiño dos reis de Israel, como fixo a casa de Acab, porque a súa muller era filla de Acab; e fixo o malo aos ollos de Iahveh. 19Con todo isto, Iahveh non quixo destruír a Xudá, por amor do seu servo David, porque lle prometera darlle unha lámpada a el e aos seus fillos para sempre.20Nos seus días Edom rebelouse contra o dominio de Xudá, e fixeron que un rei gobernase sobre eles. 21Entón Ioram avanzou ata Zair con todos os seus carros; e de noite ergueuse e atacou aos edomitas que o tiñan sitiado xunto aos capitáns dos carros; e o pobo fuxiu ás súas tendas.22Pero Edom seguiu en rebelión contra a autoridade de Xudá, ata hoxe. No mesmo tempo Libna tamén se rebelou contra el. 23O resto dos feitos de Ioram e todo o que fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Xudá? 24E Ioram durmiu cos seus pais, e foi sepultado con eles na Cidade de David; e o seu fillo Ocozías reinou no seu lugar.25No ano doce de Ioram, fillo de Acab, rei de Israel, Ocozías, fillo de Ioram, rei de Xudá, comezou a reinar. 26Ocozías tiña vinte e dous anos cando comezou a reinar, e reinou un ano en Xerusalém. A súa nai chamábase Atalía, filla de Omri, rei de Israel. 27E andou no camiño da casa de Acab, e fixo o que era malo aos ollos de Iahveh como a casa de Acab, porque era xenro da casa de Acab.28E xunto con Ioram, fillo de Acab, foi á guerra a Ramot de Galaad, contra Hazael, rei de Siria; e os sirios venceron a Ioram. 29E o rei Ioram volveu a Iezreel para ser curado das feridas que os sirios lle fixeron fronte a Ramot, cando loitou contra Hazael, rei de Siria. E Ocozías, fillo de Ioram, rei de Xudá, baixou a Iezreel para ver a Ioram, fillo de Acab, porque estaba doente.
1Entón o profeta Eliseo chamou a un dos fillos dos profetas e díxolle: -Vístete, e toma este frasco de aceite na túa man, e vai a Ramot de Galaad. 2Cando chegues alí, verás alí a Iehú, fillo de Iosafat, fillo de Nimsi; e cando entres, fai que se levante de entre os seus irmáns, e lévao ao apousento interior. 3Colle tamén o frasco de aceite, e derrámao sobre a súa cabeza, e di: -Isto di Iahveh: Eu unxinte por rei sobre Israel! Entón abre a porta e fuxe, non agardes por nada.4O mozo, o profeta, foi, pois, a Ramot de Galaad. 5Cando el entrou, velaí que os oficiais do exército estaban sentados. E dixo: -Fillo, teño unha palabra para ti. E Iehú dixo: -A cal de todos nós? E el dixo: -A ti, príncipe. 6Entón el ergueuse e entrou na casa, e Eliseo derramou o aceite sobre a súa cabeza, e díxolle: -Así di Iahveh, Deus de Israel: Eu únxote por rei sobre Israel, o pobo de Iahveh!7E ferirás a casa de Acab, o teu señor, para que Eu vingue o sangue dos meus servos os profetas, e o sangue de todos os servos de Iahveh, da man de Iezabel. 8E perecerá toda a casa de Acab, e destruirei de Acab a todo varón, tanto escravo como libre en Israel.9E farei coa casa de Acab como a casa de Ieroboam, fillo de Nabat, e como a casa de Baasá, fillo de Ahías. 10E os cans comerán a Iezabel no campo de Iezreel, e non haberá quen a sepulte. Entón el abriu a porta e fuxiu.11Despois Iehú saíu aos servos do seu señor, e dixéronlle: - Todo en paz? Por que veu ese tolo a ti? E el díxolles: -Vós coñecedes o home e as súas palabras. 12E eles dixeron: - Non é certo. Cóntanos agora. E el dixo: -Faloume exactamente, dicindo: así di Iahveh: Eu únxote como rei sobre Israel! 13Entón apresuráronse, cada un colleu o seu manto, e puxéronos embaixo del nunha escada das gradas, e tocaron o shofar dicindo: - Iehú é rei!14Deste xeito Iehú, fillo de Iosafat, fillo de Nimsi, conspirou contra Ioram. (Naquel intre Ioram e todo Israel defendían Ramot de Galaad contra Hazael, rei de Siria; 15pero o rei Ioram regresara a Iezreel para se curar das feridas que os sirios lle fixeran ao loitar contra Hazael, rei de Siria). Entón Iehú dixo: -Se é a vosa vontade, que ninguén saia da cidade para ir e dar a nova en Iezreel. 16Máis tarde Iehú foi a cabalo a Iezreel, porque Ioram estaba alí doente. E Ocozías, rei de Xudá, tamén fora visitar a Ioram.17E o vixía que estaba na torre de Iezreel viu vir a tropa de Iehú, e dixo: -Vexo unha tropa. Entón Ioram dixo: -Manda a un xinete que vaia a encontrarse con eles e lles pregunte: Hai paz? 18O xinete saíulles ao encontro, e dixo: -Isto di o rei: hai paz? E Iéhu dixo: - Que tes que ver ti coa paz? Ven detrás de min! E o vixía informou dicindo: -O mensaxeiro chegou onda eles, pero non volve.19Mandou entón un segundo home de a cabalo; e o que foi a eles dixo: -Isto di o rei: hai paz? Pero Iehú díxolle: - Que tes que ver ti coa paz? Ven detrás de min! 20E o vixía díxolles: -Tamén este chegou a eles pero non volve, e o xeito de conducir é como o de Iehú, o fillo de Nimsi, porque ven cheo de furor.21Entón Ioram dixo: - Enganchade o meu carro! E cando o fixeron, saíu Ioram, rei de Israel, e Ocozías, rei de Xudá, en cadanseus carros. Saíron ao encontro de Iéhu, e atopárono no campo de Nabot de Iezreel. 22E aconteceu que cando Ioram viu a Iehú, preguntoulle: - Hai paz, Iehú? Pero el respondeu: -Que paz pode haber, sendo tantas as prostuticións da tua nai Iezabel, ademais das súas moitas bruxerías?23Entón Ioram volveu as rendas para fuxir, e díxolle a Ocozías: -Traizón, Ocozías! 24Pero Iehú tensou o seu arco e feriu a Ioram entre as costas, e a frecha atravesoulle o corazón, e desplomouse no seu carro.25E díxolle a Bidcar, o seu capitán: -Tomádeo e botádeo no campo de Nabot de Iezreel, pois lembra: ti mais eu montabamos xuntos tras o seu pai Acab, cando Iahveh pronunciou esta sentenza contra el: 26"En verdade vin onte o sangue derramada de Nabot e o sangue dos seus fillos, di Iahveh, eu dareiche a recompensa por iso neste mesmo campo!” di Iahveh. Agora, tomádeo e botádeo no campo de Nabot conforme a palabra de Iahveh.27Ao ver isto, Ocozías, rei de Xudá, fuxiu polo camiño da casa do xardineiro; pero Iehú perseguiuno, dicindo: - Ferídeo tamén a el no seu carro! E ferírono na subida de Gur, xunto a Ibleam, pero Ocozías fuxiu a Meguido, e morreu alí. 28E os seus servos levárono nun carro a Xerusalém, e enterrárono alí no seu sepulcro cos seus país, na Cidade de David.29Ocozías comenzara a reinar sobre Xudá no ano undécimo de Ioram, fillo de Acab.30Cando Iehú chegou a Iezreel; Iezabel o sabelo, pintou os seus ollos con antimonio, peiteou os seus cabelos e mirou pola fiestra. 31E cando Iehú entrou pola porta da cidade, ela dixo: - houbo paz para Zimri, que matou o seu señor? 32Entón el, levantando o seu rostro cara a fiestra, dixo: -Quen está comigo? Quen? E dous ou tres eunucos asomáronse dende arriba.33E el díxolles: -Botádea abaixo! E eles botárona abaixo, e parte do seu sangue salpicou a parede e os cabalos, e el esmagouna. 34Cando el entrou, comeu e bebeu, e despois dixo: - Ocupádevos desa maldita e sepultádea, pois é filla dun rei!35Pero cando foron a sepultala, non atoparon nada dela agás a caveira, os pés e as mans. 36Cando volveron para informalo, el dixo: -É a obra de Iahveh que falou por medio do seu servo Elías tisbita, dicindo: "No campo de Iezreel os cans comerán a carne de Iezabel, 37E o cadáver de Iezabel será coma esterco sobre o campo, na herdanza de Iezreel, para que ninguén poida dicir: esta é Iezabel.
1Achb tiña en Samaria setenta fillos; e Iehú escribiu cartas e mandounas a Samaria aos príncipes de Iezreel, os anciáns e os titores dos fillos de Acab, dicindo: 2Cando cheguen a vós estas cartas, xa que os fillos do voso señor están convosco, e tendes carros e cabalos, e tamén cidades fortificadas e armas, 3elixide o mellor e o máis honesto dos fillos do voso señor, e poñédeo no trono de seu pai, e loitade pola casa do voso señor.4Pero eles tiveron moito medo pois dicían: -Velaquí, dous reis non o puideron resistir, como o faremos nós? 5E o que estaba a cargo do palacio, e o que estaba sobre a cidade, e os anciáns e os titores, mandaron mensaxe a Iehú, dicindo: -Somos os teus servos, e faremos todo o que nos digas! Non escolleremos a ninguén por rei; fai o que mellor che pareza a ti.6Entón el escribiulles por segunda vez, dicindo: -Se estades ao meu lado e me obedecedes, collede as cabezas dos fillos do voso señor, e vinde a min a Iezreel mañá por esta hora. E os fillos do rei (que eran setenta homes) estaban cos principais da cidade que os educaban. 7Cando as cartas lles chegaron, colleron os fillos do rei e matáronos (setenta homes) e poñendo as súas cabezas en cestas, mandáronos a Iezreel.8E chegou un mensaxeiro que lle anunciou, dicindo: -Trouxeron as cabezas dos fillos do rei! E el díxolle: -Poñédeas en dous montóns na entrada da porta ata mañá. 9Ao mencer, el saíu e púxose en pé e díxolle a todo o pobo: - Vos sodes xustos, pois eu conspirei contra o meu señor e mateino, pero quen matou a todos estes?10Sabede agora que non caerá en terra ningunha palabra que Iahveh falou sobre a casa de Acab; porque Iahveh fixo todo o que dixera por medio do seu servo Elías. 11E matou Iehú a todos os que quedaran da casa de Acab en Iezréel, a tódolos seus príncipes, os seus amigos, e os seus sacerdotes, ata non deixar ninguén.12Máis tarde, levantouse de alí saíu para Samaria; e no camiño chegou á casa dos pastores que tosquiaban. 13Iehú atopou alí os irmáns de Ocozías, rei de Xudá, e díxolles: -Quen vides sendo? E eles dixeron: -Somos irmáns de Ocozías, e viñemos para saudar os fillos do rei e os fillos da raíña. 14Entón el ordenou: -Collédeos vivos! E prendéronos vivos e degoláronos xunto ao pozo da casa de Esquileo, corenta e dous homes, sen deixar a ningún deles.15Foise de alí e atopouse con Ionadab, fillo de Recab, que saía ao seu encontro, e despois de saudalo, díxolle: -É recto o teu corazón como o meu corazón é recto co teu? E Ionadab dixo: -É así. Entón engadiu: se é así, dáme a túa man. E el deulle a man, e fíxoo subir ao carro. 16E díxolle: -Ven comigo e mira o meu celo por Iahveh. E puxérono no seu carro. 17E aconteceu que cando Iehú chegou a Samaria, matou a todos os que quedaran de Acab en Samaria, ata acabar con toda a familia, conforme a palabra de Iahveh que falara por medio de Elías.18Entón Iehú reuniu a todo o pobo e díxolles: -Acab serviu pouco a Baal, pero Iehú servirao moito. 19Chamade, pois, a todos os profetas de Baal, a tódolos seus servos e a tódolos seus sacerdotes; que non falte ningún, porque teño un gran sacrificio para Baal; o que falte, non sobrevivirá. Isto fixo Iehú con astucia para exterminar os servidores de Baal. 20E dixo Iehú: - Proclamade unha asemblea solemne para Baal! E eles convocérona.21E Iehú mandou por todo Israel, e viñeron todos os servidores de Baal, non houbo un que non viñera. E entraron no templo de Baal, e o templo de Baal encheuse dun lado a outro. 22Entón díxolle ao que estaba a cargo da roupa: - Traede roupas para todos os servos de Baal! E el tróuxolles vestiduras para todos.23Entón Iehú entrou na casa de Baal con Ionadab, fillo de Recab, e díxolles aos adoradores de Baal: -Mirade ben para que non haxa aquí con vós ningún dos servos de Iahveh, senón só os servos de Baal. 24E cando eles entraron para ofrecer os sacrificios e os holocaustos, Iehú puxo fóra oitenta homes, e díxolles: -O que deixe fuxir a un destes homes que puxen nas vosas mans, pagará por el coa súa vida.25E sucedeu que cando remataron de ofrecer o holocausto, Iehú dixo aos seus gardas e aos oficiais: - Entrade e matádeos; non deixedes que ninguén saia! E matáronos a espada; e os gardas reais e os capitáns arroxáronos fóra. Máis tarde avanzaron ata o santuario da casa de Baal, 26e sacaron os ídolos do templo de Baal e queimáronos. 27E destruíron a estatua de Baal e derrubaron o templo de Baal, e convertérona en esterqueira ata hoxe. 28Deste xeito estirpou Iehú a Baal de Israel.29Con todo isto, Iehú non se afastou dos pecados de Ieroboam, fillo de Nebat, quen fixo pecar a Israel; é dicir, dos becerros de ouro que estaban en Betel e en Dan. 30E Iahveh dixo a Iehú: -Porque fixeches ben en facer o que é recto aos meus ollos, e fixeches á casa de Acab conforme todo o que había no meu corazón, os teus fillos sentarán no trono de Israel ata a cuarta xeración. 31Mais Iehú non tivo coidado de andar na lei de Iahveh, o Deus de Israel, con todo o seu corazón; nin se afastou dos pecados de Ieroboam, cos que fixera pecar a Israel.32Naqueles días Iahveh comezou a minguar o territorio de Israel; e Hazael atacounos en tódolos seus confíns, 33dende o Xordán ata o oriente, toda a terra de Galaad, de Gad, de Rubén e de Manasés, dende Aroer que está xunto ao arroio de Arnon, ata Galaad e Basán;34E o resto dos feitos de Iehú, e todo o que fixo e todas as súas fazañas, non están escritas no libro das crónicas dos reis de Israel? 35E Iehú durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Samaria; e o seu fillo Ioacaz reinou no seu lugar. 36O tempo que Iehú reinou sobre Israel en Samaria foi de vinte e oito anos.
1Cando Atalía, a nai de Ocozías, viu que o seu fillo morrera, levantouse para destruír a toda a descendencia real. 2Pero Iosaba, filla do rei Ioram, e irmá de Ocozías, colleu a Ioas, fillo de Ocozías, e sacouno en segredo de entre os fillos do rei que estaban sendo asasinados, e escondeuno de Atalía, a el e á súa ama no dormitorio, e non o mataron. 3E estivo con ela escondido na casa de Iahveh por seis anos; e Atalía era a raíña sobre o país.4Pero no sétimo ano, Iehoiadá mandou e tomou os capitán de cen*centuria? dos cereteos e da garda real e levounos consigo á Casa de Iahveh, e fixo un pacto con eles, e fíxoos xurar na casa de Iahveh, e amosoulles o fillo do rei. 5Despois ordenoulles dicindo: -Isto é o que faredes: unha terceira parte de vós estará a gardar a casa do rei no día de repouso; ocuparédevos da garda da casa real: 6outra terceira*tercio? parte estará na porta de Shur, e a outra terceira parte detrás da escolta real; (así gardaredes a casa para que non sexa saqueada)*e gardaredes a casa por turnos de garda.7E as dúas partes*seccións? de vós que saídes no día de repouso, estaredes a gardar a casa de Iaveh xunto ao rei; 8Vós rodearedes ben o rei por todos lados, con cadansúas armas na man; e o que pretenda entrar nas filas, será morto; e acompañaredes o rei cando saia e cando entre.9Os centurións fixeron todo o que lles mandara o sacerdote Iehoiadá; e collendo cada un os seus homes, os que entraban no día de repouso e os que saían do día de repouso, viñeron onda o sacerdote Iehoiadá. 10E o sacerdote entregou aos capitáns de cen as lanzas e os escudos que pertencían ao rei David, que estaban na casa de Iaveh.11E os gardas da escolta puxéronse en fila, con cadansúas armas na man, dende o sur da casa ata o norte, xunto ao altar e o templo, arredor do rei. 12Entón sacou ao fillo do rei, puxo a coroa sobre el e deulle o Testemuño; e unxírono para facelo rei, e batendo as mans, berraron: -Viva o rei!13Cando Atalía escoitou o balbordo da garda e do pobo que corría, aproximouse á xente na casa de Iahveh. 14E mirou, e velaí que o rei estaba en pé xunto á columna, segundo o costume, e os oficiais e os trompeteiros xunto ao rei, e todo o pobo da terra estaba feliz e tocando as trompetas. Entón Atalía rachou as súas vestiduras e berrou a gran voz: -Traizón! Traizón!15Pero o sacerdote Iehoiadá mandou aos capitán de cen*centuria,centurión? que estaban a cargo do exército, e díxolles: - Deixádea que saia do templo, e ao que a siga, matádeo con espada! (Porque o sacerdote dixera: non a matedes no templo de Iahveh). 16Abríronlle paso, e ela saíu ao camiño da entrada dos xinetes á casa do rei, e executárona alí.17Entón Iehoiadá fixo un pacto entre Iahveh, o rei e o pobo, de que eles serían o pobo do Iahveh; e tamén entre o pobo e o rei. 18E todo o pobo da terra entrou no templo de Baal e destruírono; esnaquizaron por completo os seus altares e as súas imaxes, e mataron a Matán, sacerdote de Baal, diante dos altares. E o sacerdote puxo vixiancia sobre a casa do Iahveh.19Despois colleu os capitán de cen*centuria,centurión?, os oficiais, a garda e todo o pobo do país, e fixeron baixar o rei dende a casa de Iahveh; e entraron na casa real polo camiño da porta da garda, e sentouse no trono dos reis. 20E todo o pobo da terra se alegrou, e a cidade tivo acougo, despois de que mataran a Atalía a espada xunto á casa do rei.21Ioas tiña sete anos cando comezou a reinar.
1No ano sétimo de Iehú, Ioas comezou a reinar, e reinou corenta anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Sibia de Beerseba. 2E Ioas fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh todo o tempo que o sacerdote Iehoiadá o instruíra. 3Con todo isto, os lugares altos non foron quitados, senón que o pobo aínda sacrificaba e queimaba incenso nos lugares altos.4E Ioas dixo aos sacerdotes: -Toda a prata consagrada que se acostuma traer á casa de Iahveh, tanto a prata da redención*do rescate? de cada persoa, segundo o que está estipulado, como a prata que cadaquén traia de boa gana*voluntariamente? á casa de Iahveh, 5os sacerdotes han recibilo cada un de parte do seu administrador, para reparar os pórticos do templo onde queira que se atopen fendas.6Pero aconteceu que no ano vinte e tres do rei Ioas, os sacerdotes aínda non repararan os danos do templo. 7Entón o rei Ioas chamou ao sumo sacerdote Iehoiadá e aos sacerdotes, e díxolles: -Por que non reparades os danos do templo? Agora pois, non vos quedaredes cos cartos dos vosos coñecidos, senón que os entregaredes para reparar os danos do templo. 8E os sacerdotes acordaron non recibir máis diñeiro do pobo, nin estar a cargo de reparar os danos do templo.9Pero o sumo sacerdote Iehoiadá colleu un cofre e fixo un burato na súa tapa, e púxoo xunto ao altar, á beira dereita ao entrar no templo de Iavheh; e os sacerdotes que vixiaban a porta poñían alí todos os cartos que se traían á casa de Iahveh. 10E sucedía que cando vían que había moito diñeiro na arca, subía o secretario do rei co sumo sacerdote, e contaban os cartos que se atopaban na casa de Iahveh, e metíanos en custodia.11E daban o diñeiro aos que facían o traballo e aos que estaban a cargo da casa de Iahveh; e eles gastábano nos carpinteiros e nos mestres que reparaban a casa de Iahveh, 12e aos albaneis e aos canteiros, e para mercar madeiras e pedras de canteira para reparar as averías da casa de Iahveh, e para todo o que se gastara na casa para reparala.13Pero cos cartos que se traían á casa de Iahveh, non se facían copas de prata, nin aspersorios, nin tazóns, nin trompetas, nin se facía ningún outro utensilio de ouro ou de prata para o templo de Iahveh; 14senón que o entregaban aos que facían o traballo, e con el reparaban a casa de Iahveh.15Ademais, non se pedían contas aos homes aos que se entregaba o diñeiro para facer os traballos, porque eles facían iso honradamente. 16A prata das ofrendas pola culpa e a prata das ofrendas polo pecado non era ingresada na Casa de Iahveh, pois era para os sacerdotes.17Naquel tempo Hazael, rei de Siria, subiu e loitou contra Gat e conquistouna. E Hazael propúxose subir contra Xerusalém, 18Entón Ioas, rei de Xudá, colleu tódolos obxectos consagrados que ofreceran os seus pais Iosafat, Ioram e Ocozías, reis de Xudá, e os que el mesmo santificara, e todo o ouro que se atopou nos tesouros da casa de Iahveh e na casa do rei, e mandouno a Hazael, rei de Siria; e el retirouse de Xerusalém.19E o resto dos feitos de Ioas, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 20E os seus servos levantáronse e conspiraron contra el, e mataron a Ioas na casa de Milo, cando el baixaba polo camiño a Sila; 21E Iosacar, fillo de Simeat, e Iozabad, fillo de Somer, os seus servos, ferírono ata que morreu; e sepultárono cos seus pais na Cidade de David; e o seu fillo Amasías reinou no seu lugar.
1No ano vinte e tres de Ioas, fillo de Ocozías, rei de Xudá, Ioacaz, fillo de Iehú, comezou a reinar sobre Israel en Samaria, e reinou dezasete anos. 2E fixo o malo aos ollos de Iahveh, e seguiu nos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixera pecar a Israel; non se afastou deles.3Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Israel e entregounos na man de Hazael, rei de Siria, e na man de Ben-hadad, fillo de Hazael, por moitos días. 4Pero Ioacaz orou e implorou diante de Iahveh, e Iahveh escoitouno; porque viu a opresión de Israel, e como o rei de Siria oprimíaos. 5E Iahveh deulle un libertador a Israel, e foron salvos da man dos sirios; e os fillos de Israel viviron nas súas tendas como antes.6Mais non se afastaron dos pecados da casa de Ieroboán, que fixera pecar a Israel; senón que camiñaron neles; e tamén o ídolo da Asera ficou en pé en Samaria. 7Aínda que só lle quedaran a Ioacaz cincuenta homes de a cabalo, dez carros e dez mil homes de infantería; pois o rei de Siria destruíunos e deixounos coma o po para pisar.8E o resto dos feitos de Ioacaz, e todo o que fixo e as súas proezas, non están escritas no libro das Crónicas dos reis de Israel? 9E Ioacaz durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Samaria; e o seu fillo Ioas reinou no seu lugar.10No ano trinta e sete de Ioas, rei de Xudá, Ioas, fillo de Ioacaz, comezou a reinar sobre Israel en Samaria, e reinou dezaseis anos. 11E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, e non se afastou de todos os pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixera pecar a Israel, senón que andou neles.12E o resto dos feitos de Ioas, e todo o que fixo e valor que amosou na súa loita con Amasías, rei de Xudá, non están escritos no libro das Crónicas dos reis de Israel? 13E Ioas durmiu cos seus pais, e Xeroabán sentou no seu trono; e Ioas foi sepultado en Samaria cos reis de Israel.14Eliseo estaba doente da enfermidade da que ía morrer. E Ioas, rei de Israel, baixou onda el chorando, e dixo: -Meu pai, meu pai! Carro de Israel e o seu auriga! 15E Eliseo díxolle: -Toma un arco e algunhas frechas. Entón el colleu un arco e unhas frechas. 16E Eliseo dixo ao rei de Israel: -Pón a túa man sobre o arco. E el puxo a súa man sobre o arco; e Eliseo puxo as súas mans sobre as mans do rei,17e dixo: -Abre a fiestra que mira cara o oriente. E cando a abriu, Eliseo dixo: -Tira! E cando el tirou, Eliseo dixo: - Frecha de salvación de Iahveh, frecha de victoria contra Siria! Porque ferirás os sirios en Afec ata destruílos. 18E díxolle: -Toma as frechas. E cando as colleu o rei de Israel, díxolle: - Golpea a terra! E el golpeou tres veces e parou. 19Entón o home de Deus anoxouse contra el e dixo: -De ter golpeado cinco ou seis veces, daquela tiveras ferido a Siria ata que non quedara ninguén! Pero agora só derrotarás a Siria tres veces.20E morreu Eliseo e sepultárono. Ao rematar o ano, as bandas de moabitas viñeron á terra. 21E aconteceu que estando uns sepultando a un home, de súpeto viron que viña unha banda, e botaron o morto no sepulcro de Eliseo; e cando o cadáver tocou os ósos de Eliseo, reviviu, e púxose en pé.22E Hazael, rei de Siria, oprimiu a Israel todos os días de Ioacaz. 23Pero Iahveh tivo misericordia deles e tivo compaixón deles, e volveuse cara eles por mor do seu pacto con Abraham, Isaac e Xacob; e non quixo destruílos nin botalos de diante da súa presenza ata hoxe. 24Entón morreu Hazael, rei de Siria, e Ben-hadad o seu fillo reinou no seu lugar. 25Entón Ioas, fillo de Ioacaz, volveu e tomou da man de Ben-hadad, fillo de Hazael, as cidades que este tomara en guerra da man do seu pai Iaocaz. Ioas derrotouno tres veces e devolveulle as cidades a Israel.
1No segundo ano de Ioas, fillo de Ioacaz, rei de Israel, comezou a reinar Amasías, fillo de Ioas, rei de Xudá. 2El tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou vinte e nove anos en Xerusalém; a súa nai chamábase Ioadán de Xerusalém. 3E el fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, aínda que non como o seu pai David; fixo conforme todo o que fixera o seu pai Ioas.4Con todo isto, os lugares altos non foron abandonados, senón que o pobo aínda sacrificaba e queimaba incenso nos lugares altos. 5E aconteceu que cando o reino se afirmou nas súas mans, matou os servos que asasinaran a seu pai o rei.6Pero non matou os fillos dos que o mataron, conforme o que está escrito no libro da lei de Moisés, onde Iahveh ordenou: "Non morrerán os pais polos fillos, nin os fillos polos pais, senón que cada un morrerá polo seu propio pecado." 7El tamén matou a dez mil edomitas no Val do Sal, e conquistou Sela en batalla e chamouna Iocteel, ata hoxe.8Entón Amasías mandou mensaxeiros a Ioas, fillo de Ioacaz, fillo de Iehú, rei de Israel, dicindo: -Ven, que nos vexamos as caras! 9E Ioas, rei de Israel, mandou mensaxe a Amasías, rei de Xudá, dicindo: -O espiñeiro que está no Líbano mandou mensaxe ao cedro que está no Líbano, dicindo: dá a túa filla por muller ao meu fillo. E as feras que están no campo do Líbano pasaron e esmagaron o cardo. 10De certo derrotaches a Edom, e o teu corazón enalteceuse. Gábate diso pero queda na túa casa! Por que te metes nunha desgraza para caer, ti e Xudá contigo?11Pero Amasías non escoitou; así que Ioas, rei de Israel, subiu e víronse cara a cara el e Amasías, rei de Xudá, en Bet-semes, que é de Xudá. 12E Xudá foi derrotado diante de Israel, e fuxiron cada un á súa tenda.13Ademais, Ioas, rei de Israel, capturou a Amasías, rei de Xudá, fillo de Ioas, fillo de Ocozías, en Bet-semes; e foi a Xerusalém e derrubou o muro de Xerusalém, dende a porta de Efraín ata a porta da Esquina, catrocentos cóbados. 14Despois colleu todo o ouro e a prata e tódolos utensilios que se atopaban na casa de Iahveh e nos tesouros da casa do rei; e tomou reféns, e volveu a Samaria.15E o resto dos feitos de Ioas e as súas proezas, e como loitou contra Amasías, rei de Xudá, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Israel? 16E Ioas durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Samaria cos reis de Israel; e o seu fillo Ieroboam reinou no seu lugar.17E Amasías, fillo de Ioas, rei de Xudá, viviu quince anos despois da morte de Ioas, fillo de Ioacaz, rei de Israel. 18E o resto dos feitos de Amasías, non están escritos no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 19E conspiraron contra el en Xerusalém, e fuxiu a Laquis; pero perseguírono ata Laquis e matárono alí.20E trouxérono sobre cabalos, e sepultárono en Xerusalém cos seus pais na cidade de David. 21Entón todo o pobo de Xudá colleu a Azarías, que tiña dezasete anos, e fixérono rei en lugar do seu pai Amasías. 22El reedificou Elat e devolveulla a Xudá, despois de que o rei durmira cos seus pais.23No ano quince de Amasías, fillo de Ioas, rei de Xudá, Ieroboam, fillo de Ioas, comezou a reinar sobre Israel en Samaria, e reinou por corenta e un anos. 24E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh; non se afastou de todos os pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixera pecar a Israel. 25El restaurou a fronteira de Israel dende a entrada de Hamat ata o mar da Arábada, conforme a palabra de Iahveh, Deus de Israel, que falara por medio do seu servo Xonás, fillo de Amitai, profeta de Gat-Hefer.26Porque Iahveh viu a amarga aflicción de Israel, que padecían tanto escravos como libres, sin que ninguén axudara a Israel; 27Pero Iahveh non determinara borrar o nome de Israel de debaixo do ceo; por iso os salvou por medio de Ieroboam, fillo de Ioas.28E o resto dos feitos de Ieroboam, e todo o que fixo e o valor con que loitou en tódalas guerras e como restaurou para o reino de Israel a Damasco e Hamat, que pertenceran a Xudá, non están escritas no libro das Crónicas dos reis de Israel? 29E Ieroboam durmiu cos seus pais, os reis de Israel, e reinou no seu lugar o seu fillo Zacarías.
1No ano vinte e sete de Ieroboam, rei de Israel, Azarías, fillo de Amasías, rei de Xudá, comezou a reinar. 2Tiña dezasete anos cando comezou a reinar, e reinou cincuenta e dous anos en Xerusalém; a súa nai chamábase Iecolía de Xerusalém. 3E fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixera o seu pai Amasías.4Con todo isto, os lugares altos non foron quitados, senón que o pobo aínda sacrificaba e queimaba incenso nos lugares altos. 5E Iahveh feriu o rei con lepra, e estivo leproso ata o día da súa morte, e viviu nunha casa separada; e Iotam, fillo do rei, estaba a cargo da casa gobernando o pobo.6O resto dos feitos de Azarías, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 7E Azarías durmiu cos seus pais, e sepultárono con eles na Cidade de David; e Iotam, o seu fillo, reinou no seu lugar.8No ano trinta e oito de Azarias, rei de Xudá, Zacarías, fillo de Ieroboam, reinou sobre Israel por seis meses. 9E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, como fixeran os seus pais; non se afastou dos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixo pecar a Israel.10Contra el conspirou Salum, fillo de Iabes, e feriuno diante do seu pobo, e matouno, e reinou no seu lugar. 11O resto dos feitos de Zacarías, velaí, están escritos no libro das Crónicas dos reis de Israel. 12Esta foi a palabra de Iahveh que lle dixera a Iehú: "Os teus fillos ata a cuarta xeración sentarán no trono de Israel." E foi así.13Salum, fillo de Iabes, comezou a reinar no ano trinta e nove de Uzías, rei de Xudá, e reinou un mes enteiro en Samaria. 14Pois Manahén, fillo de Gadi, subiu de Tirsa e veu a Samaria, e feriu a Salum, fillo de Iabes, en Samaria, matándoo, e reinou no seu lugar.15O resto dos feitos de Salum, e a conspiración que tramou están escritos no libro das Crónicas dos reis de Israel. 16Entón Manahén atacou Tifsa e todo o que había nela e tamén os seus arredores dende Tirsa; e saqueouna, porque non lle abriran as portas, polo tanto atacouna e abriu os ventres de tódalas mulleres embarazadas.17No ano trinta e nove de Azarías, rei de Xudá, Manahén, fillo de Gadi, reinou sobre Israel en Samaria por dez anos. 18E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh; e non se afastou dos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, co que fixera pecar a Israel.19E Pul, rei da Asiria, atacou o país, e Manahem deulle a Pul mil talentos de prata para que o axudara a fortalecer o reino nas súas mans. 20E Manaén sacou a prata de Israel, impoñendo un tributo a tódolos homes poderosos e ricos: cincuenta siclos de prata a cada un para entregarllo ao rei de Asiria. Así o rei de Asiria volveuse, e non permaneceu no país.21E o resto dos feitos de Manahén, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Israel? 22E Manahén durmiu cos seus pais, e Pekaías o seu fillo reinou no seu lugar.23No ano cincuenta de Azarías, rei de Xudá, Pecaías, fillo de Manahén, reinou sobre Israel en Samaria por dous anos. 24E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh; non se afastou dos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixera pecar a Israel.25E o seu axudante, Peka, fillo de Remalías, conspirou contra el con cincuenta homes dos fillos dos galaditas, e feriuno en Samaria, na cidadela da casa real, e matouno xunto con Argob e Arie; e reinou no seu lugar. 26O resto dos feitos de Pecaías e todo o que fixo, están escritos no libro das Crónicas dos reis de Israel.27No ano cincuenta e dous de Azarias, rei de Xudá, Peka, fillo de Remalías, reinou sobre Israel en Samaria, e reinou vinte anos. 28E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh pois non se afastou dos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixera pecar a Israel.29Nos días de Peka, rei de Israel, Tiglat-Pileser, rei dos asirios, veu e conquistou Ahión, Abel-bet-maaca, Ianoáh, Cedes, Hazor, Galaad, Galilea e toda a terra de Neftalí; e levou presos os seus habitantes a Asiria. 30E Oseas, fillo de Ela, conspirou contra Peka, fillo de Remalías, e feriuno e matouno, e reinou no seu lugar, no ano vinte de Iotam, fillo de Uzías. 31O resto dos feitos de Peka e todo o que fixo, velaí, está escrito no libro das Crónicas dos reis de Israel.32No segundo ano de Peka, fillo de Remalías, rei de Israel, reinou Iotam, fillo de Uzías, rei de Xudá. 33El tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou dezaseis anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Ieruza, filla de Sadoc.34E el fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh; fixo conforme todo o que fixera o seu pai Uzías. 35Con todo isto, os lugares altos non foron quitados, pois aínda o pobo sacrificaba e queimaba incenso nos lugares altos. El construíu a porta superior da Casa de Iahveh. 36O resto dos feitos de Iotam, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 37Naqueles días Iahveh comezou a mandar contra Xudá a Resín, rei de Siria, e a Peka, fillo de Remalías; 38E Iotam durmiu cos seus pais, e foi sepultado con eles na cidade do seu pai David; e o seu fillo Acaz reinou no seu lugar.
1No ano décimo sétimo de Peka, fillo de Remalías, comezou a reinar Acaz, fillo de Iotam, rei de Xudá. 2Acaz tiña vinte anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém dezasete anos; e non fixo o que era recto aos ollos de Iahveh o seu Deus, como o seu pai David,3senón que andou no camiño dos reis de Israel; mesmo fixo pasar o seu fillo polo lume, segundo as abominacións das nacións que Iahveh botara fóra de diante dos fillos de Israel. 4El sacrificou e queimou incenso nos lugares altos, sobre os outeiros e debaixo de toda árbore verde.5Entón Resín, rei de Siria, e Peka, fillo de Remalías, rei de Israel, subiron a Xerusalém para facer guerra a Acaz e sitialo, pero non prevaleceron. 6Naquel tempo Rez-in, rey de Siria recuperou Elat para Siria, e expulsou os xudeos de Elat; e os sirios foron a Elat e habitan alí ata hoxe.7Entón Acaz mandou mensaxeiros a Tiglat-pileser, rei de Asiria, dicindo: -Son o teu servo e o teu fillo. Sube e sálvame da man do rei de Siria e da man do rei de Israel, que se levantaron contra min. 8Entón Acaz colleu a prata e o ouro que se atopaban na casa de Iahveh e nos tesouros da casa real, e mandou un regalo ao rei de Asíria. 9E o rei de Asiria atendeu o que lle pedira, pois o rei de Asiria subiu contra Damasco e tomouna, e levou cativos aos habitantes de Kir, e matou a Resín.10Subiu o rei Acaz a Damasco a ver a Tiglat-Pileser, rei de Asiria; e cando o rei Acaz viu o altar que había en Damasco, mandou o sumo sacerdote Urías o modelo e a descrición do altar conforme a toda a súa feitura. 11E Urías o sumo sacerdote edificou o altar, conforme todo o que o rei Acaz mandara dende Damasco; así o fixo Urías o sumo sacerdote, ata que o rei Acaz regresou de Damasco. 12E aconteceu que cando o rei chegou de Damasco e viu o altar, o rei achegouse a el, e ofreceu sacrificios nel;13e fixo queimar o seu holocausto e a súa ofrenda, e derramou as súas libacións, e asperxeu o sangue dos seus sacrificios de paz sobre o altar. 14E en canto ao altar de bronce que había diante de Iahveh, sacouno de diante da Casa, de entre o altar e o Templo de Iahveh, e púxoo ao lado do seu altar, cara o norte.15E o rei Acaz ordenou ao sacerdote Urías, dicindo: -Sobre o gran altar queimarás o holocausto da mañá e a ofrenda do cereal da tarde, e o holocausto do rei e a súa ofrenda do cereal, e tamén o holocausto de todo o pobo da terra coa súa ofrenda do cereal e as súas libacións; e asperxerás sobre el todo o sangue do holocausto e todo o sangue dos sacrificios; pero o altar de bronce será meu para consultar nel. 16E Urías o sumo sacerdote fixo conforme todo o que o rei Acaz lle mandara.17E o rei Acaz cortou as molduras dos baseamentos e quitou a pía riba delas; e fíxoa baixar ao mar de sobre os bois de bronce que estaban debaixo, e púxoo sobre o pavimento de pedra. 18Tamén modificou o pórtico do día de repouso que construíran no interior da Casa de Iahveh, e a entrada exterior reservada ao rei, por mor do rei de Asiria.19E o resto dos feitos que fixo Acaz, non están todos eles escritos no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 20E durmiu o rei Acaz cos seus pais, e foi sepultado con eles na cidade de David; e Ezequías o seu fillo reinou no seu lugar.
1No ano doce de Acaz, rei de Xudá, Oseas, fillo de Ela, comezou a reinar en Samaria sobre Israel, e reinou nove anos. 2E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, aínda que non como os reis de Israel que foran antes del. 3E subiu contra el Salmanasar, rei dos asirios, e Oseas foi feito o seu súbdito pagándolle tributos.4Pero o rei de Asiria descubriu que Oseas conspiraba contra el, porque mandara embaixadores a So, rei de Exipto, e xa non lle pagaba tributo ao rei de Asiria como facía cada ano; así que o rei da Assiria prendeuno e púxoo na cadea. 5Entón o rei de Asiria subiu contra todo o país, e sitiou a Samaria por tres anos. 6E no ano noveno de Oseas, o rei de Asiria conquistou Samaria, e levou a Israel cativo a Asiria, e fixo que habitara en Halah, en Habor, xunto ao río Gozan, e nas cidades dos medos.7Porque os fillos de Israel pecaran contra Iahveh o seu Deus, que os sacara da terra de Exipto, de baixo a man de Faraón, rei de Exipto, adorando a deuses estranxeiros, 8e camiñando segundo os costumes das nacións que Iahveh botara de diante dos fillos de Israel, e segundo os que estableceran os reis de Israel.9E os fillos de Israel fixeron en segredo cousas que non eran rectas contra Iahveh o seu Deus, e edificaron lugares altos en tódalas súas cidades, dende as torres dos vixías ata as cidades fortalecidas, 10e ergueron estatuas e altares de Asera en todo outeiro alto e debaixo de toda árbore verde;11e queimaron alí incenso en todos os lugares altos, como as nacións que Iahveh levara cativas de diante deles. Fixeron cousas moi malas para provocar a ira de Iahveh, 12porque serviron aos ídolos, sobre os que Iahveh lles dixera: non faredes tal cousa!13E Iahveh advertiu a Israel e a Xudá por medio de tódolos profetas e de tódolos videntes, dicindo: - Volvédevos dos vosos malos camiños, e gardade os meus mandamentos e estatutos, conforme a toda a lei que Eu ordenei aos vosos pais, e que vos mandei por medio dos meus servos os profetas.14Pero eles non obedeceron, senón que endureceron o seu pescozo como os testáns dos seus pais, que non creron en Iahveh o seu Deus. 15E rexeitaron os seus estatutos, e o pacto que fixera cos seus pais, e os testemuños que El lles mandara; e seguiron a vaidade, e eles mesmos se fixeron vans, e foron tras as nacións que estaban arredor deles, das que Iahveh lles mandara que non fixesen como elas.16E abandonaron todos os mandamentos de Iahveh o seu Deus, e fixeron imaxes fundidas de dous becerros e unha Asera, e adoraron a todo o exército dos ceos, e serviron a Baal. 17E fixeron pasar os seus fillos e as súas fillas polo lume, e practicaron feitizos e adiviñacións, e entregáronse a facer o malo aos ollos de Iahveh, para provocalo a ira. 18Por iso Iahveh anoxouse moito contra Israel, e botounos da súa presenza; non quedou senón só a tribo de Xudá.19Mais nin tan sequera Xudá gardou os mandamentos de Iahveh o seu Deus, senón que camiñaron nos estatutos que Israel establecera. 20Entón Iahveh rexeitou a toda a descendencia de Israel, e aflixiunos e entregounos en mans de saqueadores ata que os botou de diante da súa presenza.21Porque cando arrincou a Israel da casa de David, eles fixeron rei a Ieroboam, fillo de Nabat. E Ieroboam afastou a Israel de seguir a Iahveh, e fíxoos pecar grandemente. 22E os fillos de Israel camiñaron en todos os pecados que Ieroboam cometera; non se afastaron deles, 23ata que Iahveh apartou a Israel da súa presenza, tal e como dixera por medio de tódolos seus servos os profetas; e Israel foi levado cativo da súa terra a Asiria, ata hoxe.24E o rei de Asiria trouxo xente de Babilonia, de Cuta, de Ava, de Hamat e de Sefarvaim, e púxoos nas cidades de Samaria, en lugar dos fillos de Israel; e ocuparon Samaria e viviron nas súas cidades. 25E aconteceu que ao principio de vivir alí, como non temían a Iahveh, Iahveh mandou leóns contra eles que mataron a moitos deles. 26Entón dixéronlle ao rei de Asiria: -As nacións que ti trasladaches e puxeches nas cidades da Samaria, non coñecen o costume do Deus daquela terra; por iso El mandou leóns no medio delas, e velaquí, os leóns están a matalos porque non coñecen o costume do Deus desa terra.27E o rei de Asiria deulles as seguintes instrucións: -Levade alí a un dos sacerdotes que trouxestes de alá, para que vaia e habite alí, e poida ensinarlles o costume do Deus desa terra. 28Entón veu un dos sacerdotes que levaran cativos de Samaria, e viviu en Betel, e ensináballes como temer a Iahveh.29Mais cada unha das nacións fixo os seus deuses, e puxéronos nos templos dos lugares altos que fixeran os samaritanos para cada unha das nacións nas cidades onde vivían. 30Deste xeito, os de Babilonia adoraban a Sucot-benot, os de Cuta a Nergal, e os homes de Hamat a Asima. 31Os heveos a Nibhaz e a Tartac, e os de Sefarvaim queimaban os seus fillos no lume para adorar a Adramelec e a Anamelec, deuses de Sefarvaim.32Aínda que temían a Iahveh, nomeáronse de entre eles sacerdotes dos lugares altos que ofrecían sacrificios a favor deles nos templos dos lugares altos. 33De modo que temían a Iahveh e honraban os seus deuses, segundo o costume das nacións de onde foran levados cativos.34Ata o día de hoxe, fan tal e como acostumaban: non temen a Iahveh nin gardan os seus estatutos e ordenanzas, nin fan conforme a lei e os mandamentos que Iahveh ordenara aos fillos de Xacob, a quen chamou Israel; 35Iaveh fixera un pacto con eles, e ordenáralles dicindo: -Non temeredes outros deuses, nin os adoraredes, nin os serviredes, nin lles ofreceredes sacrificios,36senón só a Iahveh, que vos sacou da terra de Exipto con gran poder e brazo estendido, a el temeredes, a el serviredes e a el ofreceredes sacrificios. 37Atenderedes os estatutos, as ordenanzas, o ensino e os mandamentos que vos escribiu para poñelos en práctica sempre; non temeredes outros deuses, 38nin esqueceredes o pacto que fixen convosco, nin temeredes a outros deuses;39senón que temeredes a Iahveh o voso Deus, e El libraravos da man de todos os vosos inimigos. 40Pero eles non escoitaron, senón que fixeron segundo o seu antigo costume. 41Así pois aquelas nacións reverenciaban a Iahveh, pero ao mesmo tempo rendían culto ás súas imaxes. E os seus fillos e os seus netos, ata hoxe, fan tal e como facían os seus pais.
1No terceiro ano de Oseas, fillo de Ela, rei de Israel, reinou Ezequías, fillo de Acaz, rei de Xudá. 2Tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém vinte e nove anos. A súa nai chamábase Abi, filla de Zacarías. 3E fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixera o seu pai David.4El quitou os lugares altos e quebrou as imaxes dos ídolos, e talou a Asera. Tamén fixo anacos da serpe de bronce que fixera Moisés, á que chamou Nehustán, porque ata entón os fillos de Israel queimaban incenso diante dela. 5El confiou en Iahveh, Deus de Israel; e nin despois del, nin antes del, houbo ningún coma el entre todos os reis de Xudá.6Porque seguiu a Iahveh sen afastarse del, senón que gardou os mandamentos que Iahveh ordenara a Moisés. 7E Iahveh estaba con el, e prosperaba en todo o que facía. E rebelouse contra o rei de Asiria e non o serviu. 8E derrotou os filisteos ata Gaza e o seu territorio, dende as torres de vixía ata a cidade fortificada.9E no cuarto ano do rei Ezequías, que era o sétimo ano de Oseas, fillo de Ela, rei de Israel, Salmanasar, rei dos asirios, subiu contra Samaria e sitiouna. 10E tomárona ao cabo de tres anos. Así que no sexto ano de Ezequías, que era o noveno ano de Oseas, rei de Israel, Samaria foi capturada.11O rei de Asiria levou cativos a Israel a Asiria, e púxoos en Halah, en Habor, xunto ao río Gozan, e nas cidades dos medos; 12porque non obedeceran a voz de Iahveh o seu Deus, senón que quebrantaron o seu pacto e todo o que Moisés, servo de Iahveh, lles mandara; non lle fixeron caso nin o cumpriron.13No ano catorce do rei Ezequías, Sennaquerib, rei da Asiria, subiu contra todas as cidades fortalecidas de Xudá, e conquistounas. 14Entón Ezequías, rei de Xudá, mandou dicir ao rei de Asiria que estaba en Laquis: - Equivoqueime; arrédate de min, e farei todo o que ti me pidas. E o rei de Asiria impuxo a Ezequías, rei de Xudá, trescentos talentos de prata e trinta talentos de ouro. 15Entón Ezequías deulle toda a prata que se atopou na casa de Iahveh e nos tesouros da casa do rei.16Naquel tempo Ezequías desmantelou as portas do templo de Iahveh e as xambas que o rei Ezequías cubrira de ouro, e deullo ao rei de Asiria. 17E o rei de Asiria mandou, dende Laquis, contra o rei Ezequías o Tartán, o Rabsaris e o Rabsaces cun gran exército, e subiron e chegaron a Xerusalém. E cando subiron acamparon xunto ao acueduto do estanque superior, no camiño do campo do Lavador. 18E chamaron ao rei. Entón saíron cara eles Eliaquim, fillo de Hilquías, mordomo do palacio, Sebna o escriba, e Ioá, fillo de Asaf, o cronista.19E díxolles o Rabsaces: -Dicídelle agora a Ezequías: así di o gran rei de Asiria: que confianza é esta na que te apoias? 20Coidas que a estratexia e o poder na guerra é cousa de palabras? En que confías para que te rebelares contra min? 21Velaí que estás confiando nese caxato de cana rota que é Exipto, no que se alguén se apoia, cravaráselle na súa man e traspasarao. Así é o Faraón, rei de Exipto, para todos os que confían nel.22E se me dicides: -En Iahveh o noso Deus confiamos, non é este o que Ezequías quitou os seus altos e altares, e dixo a Xudá e a Xerusalém: diante deste altar adoraredes en Xerusalém? 23Agora pois, pídoche que fagas unha aposta co meu señor, o rei de Asiria, e eu dareiche dous mil cabalos se é que tes alguén que os monte.24Como podes ti, pois, resistir a un capitán, ou aínda do máis pequeno dos servos do meu señor, cando confías en Exipto cos seus carros e cos seus xinetes? 25Acaso saín agora contra este lugar para destruílo sen consultar a Iahveh? Pois Iahveh díxome: "Subide contra esta terra e destruídea!"26E Eliaquim, o fillo de Hilcias, con Sebna e con Ioá, dixeron ao Rabsaces: -Rógoche que fales aos teus servos en siríaco, porque nós entendémolo; e non nos fales na lingua hebrea diante do pobo que está sobre o muro. 27Mais o Rabsaces díxolles: - Pensades que o meu señor me mandou a dicir estas palabras só a ti e a teu señor, e non aos homes que están sobre o muro,*expostos a comer con vós os seus propios excrementos e bebe os seus ouriños?* o voso esterco e a beber os vosos para rematar comendo o seu propio esterco e beber a súa propia orina con vós?28Entón Rabsaces púxose en pé e clamou a gran voz na lingua dos xudeus, e dixo: -Escoitade a palabra do gran rei, o rei de Asiria! 29Así di o rei: -Non vos engane Ezequías, porque el non poderá librarvos da miña man. 30E non deixedes que Ezequías vos faga confiar en Iahveh, dicindo: Iahveh certamente nos librará, e esta cidade non será entregada na man do rei de Asiria.31Non escoitedes a Ezequías; pois así di o rei de Asiria: -Facede a paz comigo e vinde a min, e cada un comerá da súa vide e da súa figueira, e cada un beberá a auga do seu propio pozo, 32ata que eu veña e vos leve a unha terra coma a vosa terra, terra de gran e de viño, terra de pan e de viñas, terra de oliveiras, de aceite e de mel; viviredes e non morreredes. Non escoitedes a Ezequías, porque vos engana dicindo: Iahveh libraravos.33Por acaso algún dos deuses das nacións foi quen de liberar a súa terra da man do rei de Asiria? 34Onde están os deuses de Hamat e de Arfad? Onde están os deuses de Sefarvaim, de Hena e de Iva? Puideron eles librar a Samaria da miña man? 35Quen de todos os deuses destas nacións libraron as súas terras da miña man, para que Iahveh libre a Xerusalém da miña man?36Mais o pobo calaba e non lle respondía nin unha palabra, porque a orde do rei era: "Non lle respondades." 37Entón Eliaquim, fillo de Hilcias, mordomo da casa, e Sebna o secretario, e Ioá, fillo de Asaf, o cronista, viñeron a Ezequías con as súas roupas rachadas, e contáronlle as palabras do Rabsaces.
1E aconteceu que cando o escoitou o rei Ezequías, rachou as súas roupas, cubriuse de pano de saco e entrou na casa de Iahveh. 2E mandou a Eliaquim, mordomo, a Sebna, escriba, e aos anciáns dos sacerdotes, cubertos de cilicio, onda o profeta Isaías, fillo de Amós,3E dixéronlle: -Isto di Ezequías: Hoxe é día de angustia, de castigo e de blasfemia, porque os fillos están a piques de nacer e non hai forza para parilos! 4Pode ser que Iahveh o teu Deus escoite todas as palabras do Rabsaces, a quen o seu señor, o rei dos asirios, mandou para aldraxar o Deus vivo e reprenda as palabras que Iahveh o teu Deus escoitou. Polo tanto, eleva unha oración a favor do remanente que aínda queda.5Entón os servos do rei Ezequías presentáronse diante de Isaías. 6E Isaías díxolles: -Así diredes ao voso señor: así di Iahveh: non temas as palabras que escoitaches, coas que me aldraxaban os servos do rei de Asiria. 7Velaí que Eu poñerei un espírito nel, e escoitará un rumor, e volverá á súa terra; e alí fareino caer a espada.8Cando o Rabsaces escoitou que o rei de Asiria partira de Laquis, regresou e atopouno combatindo contra Libna. 9Mais cando ouviu dicir que Tirhaca, rei de Etiopía, saíra para loitar contra el, mandou novamente mensaxeiros a Ezequías, dicindo:10Dicide así a Ezequías, rei de Xudá: non te engane o teu Deus en quen confías, dicindo: Xerusalém non será entregada en man do rei de Asiria. 11Velaí, ti escoitaches o que os reis de Asiria fixeron a tódalas terras, destruíndoas por completo; e pensas que ti poderás fuxir?12Acaso os seus deuses liberaron a esas nacións que os meus pais destruíron, é dicir, a Gozan, a Harán, a Resef e aos fillos do Edén que estaban en Telasar? 13Onde está o rei de Hamat, ou o rei de Arfad e o rei da cidade de Sefarvaim, o de Hena ou o de Iva?14Ezequías colleu a carta da man dos embaixadores e despois de lela, subiu á casa de Iahveh; e Ezequías estendeuna diante de Iahveh. 15E orou Ezequías diante de Iahveh, dicindo: -Ai Iahveh, Deus de Israel, entronizado entre os querubíns, ti só es Deus de todos os reinos da terra! Ti fixeches o ceo e a terra.16inclina, Ó Iahveh, o teu oído e escoita; abre, Iahveh, os teus ollos e mira. Escoita as palabras de Sennaquerib que mandou para aldraxar o Deus vivo. 17É verdade, Ó Iahveh, que os reis de Asiria destruíron as nacións e as súas terras; 18e botaron os seus deuses no lume, porque non eran deuses, senón obra de mans de homes, de madeira ou de pedra; por iso foron quen de destruílos.19Agora, Ó Iahveh noso Deus, sálvanos da súa man, para que todos os reinos da terra saiban que só ti, Iahveh, es Deus.20Entón Isaías, fillo de Amós, mandou mensaxe a Ezequías, dicindo: -Isto di Iahveh, Deus de Israel: "Escoitei o que me pediches respecto de Senaquerib, rei de Asiria. 21Esta é a palabra que Iahveh falou sobre el: "A filla virxe de Sión menosprezate e búrlase de ti; A filla de Xerusalém menea a súa cabeza dun xeito despectivo ás túas costas. 22A quen aldraxaches e contra quen blasfemaches? Contra quen alzaches a voz e levantaches en alto os teus ollos? Contra o Santo de Israel!23Por medio dos teus mensaxeiros aldraxaches o Señor e dixeches: coa multitude dos meus carros subín ás alturas dos montes, aos confíns do Líbano; alí cortei os seus altos cedros, os seus mellores cipreses; e entrei nos seus lugares máis afastados, no bosque dos seus campos máis frondosos. 24Cavei pozos e bebín augas estranxeiras, coas plantas dos meus pés sequei todos os ríos de Exipto.25Non escoitaches que dende os tempos antigos Eu o determiñei*téñoo preparado, decidido?*, e dende os días da antigüidade o planifiquei? E agora o fago vir, para que convirtas ciudades fortificadas en montóns de ruínas; 26os seus habitantes, están faltos de forzas, coa vergoña da derrota, chegaron a ser como a herba do campo, tenra herba, como a herba das terrazas que agosta antes da seitura.27Pero eu sei como te sentes, a túa saída e a túa entrada, e a túa ira contra min. 28Por causa da túa ira contra min e a túa arrogancia que subiu aos meus ouvidos, poñerei a miña argola no teu nariz e o meu freo no teu fociño, e fareite volver polo camiño polo que viñeches.29E este será o sinal para ti: este ano comerás o que brote do gran caído, e no segundo ano o que medre pola súa conta; pero no terceiro ano sementarás e segarás, e plantarás viñas para comer do seu froito. 30E o remanente que quede da casa de Xudá, volverá botar raíces cara abaixo e dará froito cara arriba. 31Porque de Xerusalém sairá un remanente, e do monte Sión os que se salven. O celo de Iaveh dos exércitos fará isto!32Polo tanto, así di Iahveh sobre o rei de Asiria: "Non entrará nesta cidade, nin disparará unha soa frecha, nin virá cara a ela con escudo, nin levantará barricada contra ela. 33Polo mesmo camiño polo que veu, regresará, e non entrará nesta cidade, pola palabra de Iahveh. 34Pois Eu defenderei esta cidade para salvala, por amor a min mesmo e por amor ao meu servo David.35E aconteceu que esa mesma noite o anxo de Iahveh saíu e matou no campamento dos asirios cento oitenta e cinco mil; e cando se ergueron pola mañá, velaí que eran todos cadáveres. 36Entón Senaquerib, rei da Asiria, partiu, e volveu a Nínive, e quedou alí. 37E aconteceu que mentres el estaba adorando na casa do seu deus Nisroc, os seus fillos Adramelec e Sarezer matárono con espada, e fuxiron á terra de Ararat. E o seu fillo Esar-hadón reinou no seu lugar.
1Naqueles días Ezequías caeu enfermo de morte; e o profeta Isaías, fillo de Amós, veu a el, e díxolle: -Así di Iahveh: pon en orde á túa casa, porque morrerás, e non vivirás. 2Entón el volveu o seu rostro cara a parede e orou a Iahveh, dicindo: 3Rógoche, Ó Iahveh, rógoche que lembres que andei diante de ti en verdade e con corazón integro, e que fixen o bo diante dos teus ollos. E Ezequías chorou con grandes bágoas.4E aínda non saíra Isaías ao medio do patio, cando a palabra de Iahveh chegou a Isaías, dicindo: 5"Volve e di a Ezequías, príncipe do meu pobo: así di Iahveh, Deus do teu pai David: escoitei a túa oración, e vin as túas bágoas; velaquí, Eu sandareite; ao terceiro día subirás á casa de Iahveh.6Engadirei aos teus días quince anos, e librareite a ti e a esta cidade da man do rei de Asiria; e protexerei esta cidade por amor a min mesmo e por amor ao meu servo David. 7E Isaías dixo: -Traede unha masa de figos. E trouxérona e puxérona sobre a ferida, e el sandou.8E Ezequías dixera a Isaías: -Cal será o sinal de que Iahveh me sandará, e que subirei á casa de Iahveh ao terceiro día? 9E Isaías dixo: -Este é o sinal que terás de Iahveh, de que Iahveh fará o que dixo: poderá a sombra ir diante dez graos ou volver atrás dez graos?10E Ezequías respondeu: -É cousa fácil que a sombra avance dez graos; pero non que a sombra recúe dez graos. 11Entón o profeta Isaías invocou a Iahveh, e El fixo volver atrás a sombra por dez graos, polos graos polos que recuara no reloxo de Acaz, dez graos atrás.12Por aquel tempo, Merodac-baladán, fillo de Baladán, rei de Babilonia, mandou mensaxeiros con cartas e un regalo a Ezequías, pois oíra que Ezequías caera doente. 13E Ezequías escoitounos, e amosoulles toda a casa dos tesouros, a prata, o ouro, as especias e o mellor aceite, e a casa das súas armas e todo o que había nos seus tesouros; non houbo nada que Ezequías non lles amosara na súa casa e en todo o seu reino.14Entón o profeta Isaías foi onda o rei Ezequías, e díxolle: -Que dixeron eses homes, e de onde viñeron a ti? E Ezequías dixo: -Viñeron dunha terra lonxe, de Babilonia. 15Entón el dixo: -Que viron na túa casa? E Ezequías respondeu: -Viron todo o que hai na miña casa; non houbo nada dos meus tesouros que non lles amosase.16Entón Isaías dixo a Ezequías: -Escoita a palabra de Iahveh: 17Velaí veñen días nos que todo o que hai na túa casa e todo o que os teus pais atesouraron ata hoxe, será levado a Babilonia; nada quedará, di Iahveh. 18E dos teus fillos, os que sairán de ti, que ti enxendres, serán tomados para que sexan eunucos no pazo do rei de Babilonia.19Entón Ezequías dixo a Isaías: -A palabra de Iahveh que falaches é boa. E engadiu: Acaso non será así, pois haberá paz e seguridade nos meus días? 20O resto dos feitos de Ezequías e toda a súa fortaleza, e como fixo o estanque e o acueduto para levar as augas á cidade, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 21E Ezequías durmiu cos seus pais, e reinou o seu fillo Manasés no seu lugar.
1Manasés tiña doce anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém cincuenta e cinco anos; a súa nai chamábase Hepsiba. 2E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme as abominacións das nacións que Iahveh botara fóra de diante dos fillos de Israel. 3Reedificou os lugares altos que o seu pai Ezequías derrubara, e ergueu altares a Baal e fixo unha Ashera, como fixera Acab, rei de Israel, e adorou a todo o exército dos ceos, e serviunos.4El tamén edificou altares na casa de Iahveh, da que Iahveh dixera: "En Xerusalém poñerei o meu nome." 5E edificou altares para todo o exército dos ceos nos dous patios da casa de Iahveh. 6E fixo pasar o seu fillo polo lume, e adicábase á adiviñación e a maxia, e estableceu adiviños e nigromantes para falar cos espíritos dos mortos, multiplicando así o que era malo aos ollos de Iahveh para provocalo a ira.7E colocou a imaxe de Asera que el fixera, na casa da que Iahveh dixera a David e ao seu fillo Salomón: "Nesta casa e en Xerusalém, a que escollín de entre todas as tribos de Israel, porei o meu nome para sempre. 8E non volverei máis a permitir que o pé de Israel se mova da terra que dei aos seus pais, sempre que fagan todo o que lles ordenei, conforme a toda a lei que o meu servo Moisés lles mandou. 9Pero eles non escoitaron, senón que Manasés enganounos para que fixesen máis mal que as outras nacións que Iahveh destruíra diante dos fillos de Israel.10Entón Iahveh falou por medio dos seus servos aos profetas, dicindo: 11"Porque Manasés, rei de Xudá, fixo estas abominacións, e fixo peor que todo o que fixeron os amorreos que foron antes del; e tamén fixo pecar a Xudá cos seus ídolos, 12por tanto, así di Iahveh, Deus de Israel: "Velaquí, Eu vou traer tal mal sobre Xerusalém e sobre Xudá, que a calquera que o escoite abouxaranlle os dous oídos.13Estendín sobre Xerusalém o cordel de Samaria e a chumbada da casa de Acab, e limpiarei a Xerusalém como se frega un prato, que despois de fregado, ponse cara abaixo. 14E abandonarei o resto da miña herdanza, e entregareinos nas mans dos seus inimigos; e serán presa e botín para todos os seus inimigos; 15porque fixeron o malo aos meus ollos, e provocáronme a ira dende o día que os seus pais saíron de Exipto ata este día.16Ademais disto, Manasés derramou gran cantidade de sangue inocente, ata encher Xerusalém de un lado ao outro, ademais do seu pecado co que fixo pecar a Xudá, ao facer o malo aos ollos de Iahveh. 17O resto dos feitos de Manasés e todo o que fixo, e o pecado que cometeu, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 18E Manasés durmiu cos seus pais, e foi sepultado no xardín da súa casa, no xardín de Uzá; e o seu fillo Amón reinou no seu lugar.19Amón tiña vinte e dous anos cando comezou a reinar, e reinou dous anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Mesulemet, filla de Haruz de Iotba. 20E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, como fixera o seu pai Manasés.21E andou en todo o camiño no que seu pai andara, e serviu os ídolos *(domésticos) que seu pai servira, e adorounos; 22e deixou a Iahveh, o Deus dos seus pais, e non andou no camiño do Iahveh. 23E os servos de Amón conspiraron contra el, e mataron o rei na súa propia casa.24Pero o pobo do país matou a todos os que conspiraran contra o rei Amón; e o pobo do país fixo rei a Iosías, o seu fillo, no seu lugar. 25E o resto dos feitos de Amón, non están todos eles escritos no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 26E foi sepultado no seu sepulcro no xardín de Uzá, e Iosías o seu fillo reinou no seu lugar.
1Iosías tiña oito anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém trinta e un anos. A súa nai chamábase Iedida, filla de Adaías de Boscat. 2E fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, e andou en todo o camiño do seu pai David, sen desviarse a dereita nin a esquerda.3No ano dezaoito do rei Iosías, o rei mandou ao templo de Iahveh a Safán, fillo de Azalías, fillo de Mesulam, escriba, dicindo: 4Vai ao sumo sacerdote Hilquías, e dille que calcule a prata que levaran á casa de Iahveh, que os gardas da porta recolleron do pobo, 5e que a entreguen nas mans dos que están a cargo da supervisión da casa de Iahveh, e que a dean aos que fan o traballo da casa de Iahveh e reparen as avarías da casa;6aos carpinteiros, artesáns e canteiros, para mercar madeira e pedras de canteira para reparar a casa; 7E que non se lles pida contas do diñeiro que se lles encomendou, pois proceden con honestidade.8Entón o sumo sacerdote Hilquías dixo a Safán o escriba: -Atopei o libro da lei na casa de Iahveh! E Hilquías deulle o libro a Safán, e el leuno. 9Entón Safán, o escriba, foi diante do rei e díxolle: -Os teus servos recolleron o diñeiro que se atopou na casa de Deus e entregárono en man dos que están a facer o traballo, que están a cargo da casa de Iahveh. 10Tamén o escriba Safán declarou ao rei, dicindo: -O sacerdote Hilquías deume un libro. E Safán leuno diante do rei.11E aconteceu que cando o rei escoitou as palabras do libro da lei, rachou as súas roupas. 12E o rei mandou o sacerdote Hilquías, a Ahicam, fillo de Safán, e a Acbor, fillo de Micaías, e o escriba Safán e a Asaías, servo do rei, dicindo: 13-Ide e consultade a Iahveh por min e polo pobo e por todo Xudá, sobre as palabras deste libro que foi atopado, porque grande é a ira de Iahveh que se acendeu contra nós, porque os nosos pais non fixeron caso das palabras deste libro, para facer conforme todo o que nos foi escrito.14Entón o sacerdote Hilcias, con Ahicam, Acbor, Safán e Asaías, foron onda a profetisa Hulda, muller de Salum, fillo de Ticva, fillo de Harhas, gardián das vestiduras; ela vivía en Xerusalém no segundo sector da cidade, e falaron con ela. 15E ela díxolles: -Así di Iahveh, Deus de Israel: dicide ao home que vos mandou a min: 16"Así di Iahveh: velaí que Eu vou traer sobre este lugar e sobre os seus habitantes todas as maldades que se mencionan no libro que o rei de Xudá leu;17porque me abandoaron e queimaron incenso a outros deuses, provocándome a ira con todo o que fixeron coas súas mans; de tal xeito que a miña ira foi encendida*acesa? contra este lugar e non será apagada. 18Pero ao rei de Xudá que vos mandou para consultar a Iahveh, dirédeslle: - Isto di Iahveh, Deus de Israel: as palabras que escoitaches han se cumplir, 19pero xa que o teu corazón enterneceuse*está amolecido e humillado? e te humillaches diante de Iahveh ao escoitar o que falei contra este lugar e contra os seus habitantes, que serán feitos desolación e maldición, e rachaches as túas roupas e choraches diante de min, eu tamén te escoitei, di Iahveh.20Polo tanto, velaí que te reunirei cos teus pais, e serás levado ao teu sepulcro en paz, e os teus ollos non verán todo o mal que vou traer sobre este lugar. E eles levaron esa resposta ao rei.
1Entón o rei mandou chamar a todos os anciáns de Xudá e de Xerusalém. 2E subiu o rei á casa de Iahveh, e con el todos os homes de Xudá e todos os habitantes de Xerusalém, e os sacerdotes e os profetas e todo o pobo, dende o menor ata o maior; e leu aos seus ouvidos todas as palabras do libro do pacto que se atopara na casa de Iahveh.3E o rei púxose en pé xunto á columna, e fixo un pacto diante de Iahveh de seguir a Iahveh e gardar os seus mandamentos, testemuños e estatutos con todo o seu corazón e con toda a súa alma, e cumprir as palabras do pacto que estaban escritas naquel libro. E todo o pobo confirmou o pacto.4E o rei mandou o sumo sacerdote Hilquías, os sacerdotes de segunda orde e os porteiros, que sacaran do templo de Iahveh todos os utensilios que se fixeran para Baal, para Asera e para todo o exército dos ceos; e queimounos fóra de Xerusalém no campo do Cedrom, e fixo levar as súas cinzas a Betel. 5E destituíu aos sacerdotes idólatras que os reis de Xudá puxeran para queimar incenso nos lugares altos nas cidades de Xudá e arredor de Xerusalém; e tamén os que queimaban incenso a Baal, o sol, a lúa, aos sinais do zodiaco*as constelacións? e a tódolos exércitos dos ceos.6Fixo tamén sacar a imaxe de Asera da casa de Iahveh, e levouna fóra de Xerusalém, ao val do Cedrom, e queimouna no val do Cedrom, e reduciuna á cinza e botou a súa cinza na fosa común. 7Tamén derrubou os lugares dos sodomitas adicados á prostitución que había na casa de Iahveh, onde as mulleres tecían tendas para a Asera.8E fixo vir a tódolos sacerdotes das cidades de Xudá, e profanou os lugares altos onde os sacerdotes queimaban incenso, dende Gabaa ata Beerseba; e derrubou os altares das portas que estaban na entrada do portón de Xosué, gobernador da cidade, que estaban á esquerda da entrada da cidade. 9Pero os sacerdotes dos lugares altos non se lles permitiu subir ao altar de Iahveh en Xerusalém, aínda que si comían pans ácimos igual ca os seus irmáns.10Tamén declarou inmundo ao Tofet, que está no val do fillo de Hinam, para que ninguén fixera pasar o seu fillo ou a súa filla polo lume en honor de Moloc. 11E quitou os cabalos que os reis de Xudá adicaran ao sol, que estaban na entrada do templo de Iahveh, xunto ao apousento de Natán-melec, eunuco, quen estaba a cargo das dependencias; e queimou co lume os carros do sol.12O rei derrubou tamén os altares que os reis de Xudá fixeran na azotea do apousento alto de Azac, e os altares que Manasés erixira nos atrios da casa de Iahveh; destrozounos e tirou as súas cinzas no val de Cedrón. 13Tamén o rei declarou inmundos os lugares altos que estaban en fronte de Xerusalém, á dereita do monte da destrución, que Salomón, rei de Israel, edificara a Astoret, ídolo abominable dos sidonios, e a Quemos, ídolo abominable de Moab, e a Milcom, ídolo abominable dos fillos de Amón. 14E rompeu as estatuas e quebrou as aseras, e encheu o seu lugar con ósos de home.15Do mesmo xeito destruíu o altar que estaba en Betel e o lugar alto que fixera Ieroboam, fillo de Nabat, o que fixo pecar a Israel; destruíu tanto ese altar como o lugar alto e queimouno e reduciuno a cinza e queimou a Asera. 16Cando Iosías volvía, viu os sepulcros que había alí no monte, e mandou sacar os ósos das sepulturas e queimounos sobre o altar para contaminalo, conforme a palabra de Iahveh que proclamara o home de Deus cando anunciara todas estas cousas.17E preguntou: -Que monumento é este que eu vexo? E os homes da cidade dixéronlle: -Este é o sepulcro do home de Deus que veu de Xudá, o que profetizou estas cousas que ti fixeches sobre o altar de Betel. 18Entón el dixo: -Deixádeo; que ninguén mova os seus ósos. Deste xeito foron preservados os seus ósos, e tamén os ósos do profeta que viñera de Samaria.19Tamén Iosías quitou todos os santuarios dos lugares altos que había nas cidades de Samaria, que os reis de Israel fixeran para provocar a ira, e fixo con eles tal como fixera en Betel. 20E degolou tamén sobre os seus mesmos altares a tódolos sacerdotes dos lugares altos que había alí, e queimou sobre eles ósos humanos, e regresou a Xerusalém.21Entón o rei ordenou a todo o pobo, dicindo: -Celebrade a Pascua a Iahveh o voso Deus, segundo o que está escrito neste libro do pacto. 22Porque non se celebrara una Pascua así dende os días dos xuíces que gobernaron a Israel, nin en todos os días dos reis de Israel e dos reis de Xudá. 23Pero no ano dezaoito do rei Iosías, foi celebrada esta Pascua a Iahveh en Xerusalém.24Ademais, Iosías expulsou os adiviños, os médiums, e os espiritistas e os terafíns, e a todolos ídolos abominables e todos os ídolos detestables que se vían na terra de Xudá e en Xerusalém, para cumprir as palabras da lei que estaban escritas no libro que o sacerdote Hilquías atopara na casa de Iahveh. 25Non houbo rei antes del que se volvera a Iahveh con todo o seu corazón, con toda a súa alma e con tódalas súas forzas, conforme a toda a lei de Moisés, nin despois del se levantou ningún semellante a el.26Con todo isto, Iahveh non desistiu do ardor da súa grande ira que se acendeu contra Xudá, por todas as provocacións coas que Manasés o provocara. 27E dixo Iahveh: "Tamén quitarei a Xudá da miña presenza, como quitei a Israel; e rexeitarei esta cidade que escollín, a Xerusalém, e á casa da que dixen: o meu nome estará alí."28E o resto dos feitos de Iosías, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 29Naquel tempo, o Faraón Necao, rei de Exipto, subiu contra o rei de Asiria ao río Éufrates; e o rei Iosías saíulle ao seu encontro, pero cando o viu, matouno en Meguido. 30E os seus servos puxérono nun carro e trouxérono morto dende Meguido a Xerusalém, e sepultárono no seu sepulcro. Entón o pobo da terra colleu a Ioacaz, fillo de Iosías, e unxírono e fixérono rei en lugar de seu pai.31Ioacaz tiña vinte tres anos cando comezou a reinar, e reinou tres meses en Xerusalém. A súa nai chamábase Hamutal, filla de Xeremías de Libna. 32El fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixeran os seus pais. 33E o Faraón Necao púxoo baixo custodia en Ribla, no territorio de Hamat, para impedir que reinara en Xerusalém, e impuxo sobre o país un tributo de cen talentos de prata e un talento de ouro.34Entón o Faraón Necao fixo rei a Eliaquim, fillo de Iosías, en lugar do seu pai Iosías, e mudou o seu nome ao de Ioacim; e tomou a Ioacaz e levouno a Exipto, onde morreu. 35E Ioacim pagou ao Faraón a prata e o ouro; pero tivo que impoñer contribución ao país para lle entregar o diñeiro segundo a orde do Faraón. Exisiu da xente do pobo a cada un de acordo ao que tiña, a prata e o ouro para darllo ao Faraón Necao.36Ioacim tiña vinte cinco anos cando comezou a reinar, e reinou once anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Zebuda, filla de Pedaías de Ruma. 37E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixeran os seus pais.
1No seu tempo, Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiu a Xerusalém. E Ioacim foi o seu servo por tres anos, pero despois cambiou de xeito de pensar e rebelouse en contra del. 2Entón Iahveh mandou contra Ioacim bandas de caldeos, de sirios, de moabitas e de amonitas. Mandounos contra Xudá para destruíla, conforme a palabra de Iahveh que falara por medio dos seus servos os profetas.3Certamente isto aconteceu sobre Xudá pola palabra de Iahveh para quitalo da súa presenza, por mor dos pecados de Manasés con todo o que el fixera; 4e tamén polo sangue inocente que derramara, pois encheu Xerusalém con sangue inocente; e Iahveh non quixo perdoalo.5O resto dos feitos de Ioacim, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 6E Ioacim durmiu cos seus pais, e reinou o seu fillo Ioaquim no seu lugar.7E o rei de Exipto non saíu máis da súa terra, porque o rei de Babilonia conquistou todo o que lle pertencía, dende o río de Exipto ata o río Éufrates.8Ioaquim tiña dezaoito anos cando comezou a reinar, e reinou tres meses en Xerusalém. A súa nai chamábase Nehusta, filla de Elnatán de Xerusalém. 9E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixera o seu pai.10Naquel tempo os servos de Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiron contra Xerusalém, e a cidade foi sitiada. 11Tamén Nabucodonosor, rei de Babilonia, veu contra a cidade cando os seus servos a sitiaban. 12Entón Ioaquím, rei de Xudá, rendiuse ao rei de Babilonia, el e a súa nai, os seus servos, os seus príncipes e os seus oficiais; e o rei de Babilonia prendeuno no ano oitavo do seu reino.13E sacou de alí todos os tesouros da casa de Iahveh e os tesouros da casa real, e partiu en anacos todos os utensilios de ouro que Salomón, rei de Israel, fixera na casa de Iahveh, tal como falara Iahveh. 14E levou en cativerio a toda Xerusalém, a tódolos príncipes e a tódolos homes valentes: dez mil prisioneiros, e a tódolos artesáns e forxadores; non quedou ninguén, agás os máis pobres do pobo da terra.15Tamén levou cativo a Babilonia a Ioaquim, e á nai do rei, e ás mulleres do rei, aos seus oficiais e aos poderosos do país; levounos cativos dende Xerusalém a Babilonia. 16E a tódolos homes de guerra, sete mil, e aos artesáns e forxadores, mil, e a tódolos valentes guerreiros. O rei de Babilonia levounos cativos a todos. 17E o rei de Babilonia puxo por rei a Matanías, o seu parente, no lugar de Ioaquím, e mudou o seu nome para chamalo Sedequías.18Sedequías tiña vinte un anos cando comezou a reinar, e reinou once anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Hamutal, filla de Xeremías de Libna. 19E fixo o malo aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixera Ioacim. 20E porque veu a ira de Iahveh contra Xerusalém e Xudá para botalos da súa presenza, Sedequías rebelouse contra o rei de Babilonia.
1E aconteceu que no ano noveno do seu reinado, no décimo mes, no décimo día do mes, Nabucodonosor, rei de Babilonia, chegou con todo o seu exército contra Xerusalém, e acampou contra ela erguendo torres e muros arredor dela. 2E a cidade foi sitiada ata o ano undécimo do rei Sedequías. 3No noveno día do cuarto mes, a fame prevaleceu na cidade, ata que non había pan para o pobo da terra.4Entón abriuse unha fenda na cidade; e de noite todos os homes de guerra fuxiron polo camiño do portón que estaba entre os dous muros, xunto ao xardín do rei, mentres os caldeos rodeaban a cidade; e o rei fuxiu camiño de Arabá. 5Pero o exército dos caldeos perseguiu o rei e alcanzouno nas chairas de Iericó; mentres todo o seu exército espallábase por todas partes.6Prenderon, pois, ao rei e levárono diante do rei de Babilonia en Ribla, e pronunciaron sentenza en contra del. 7E mataron os fillos de Sedequías diante del, e sacáronlle os ollos a Sedequías, e atárono con cadeas de bronce e levárono a Babilonia.8E no quinto mes, no sétimo día do mes, é dicir, no ano de dezaoito de Nabucodonosor, rei de Babilonia, chegou a Xerusalém Nabuzaradán, capitán da garda, servo do rei de Babilonia. 9E queimou o Templo de Iahveh, e a casa do rei, e tódalas casas de Xerusalém; e prendeu lume a todas as casas dos príncipes. 10E todo o exército dos caldeos que estaba co capitán da garda, derrubou os muros que rodeaban Xerusalém.11E Nabuzaradán, capitán da garda, levou cativos a todos cantos quedaran na cidade, aos que desertaran para pasarse ao rei de Babilonia, e ao resto da multitude. 12Pero aos máis pobres da terra, Nabuzaradán, capitán da garda, deixounos para seren viñateiros e labregos.13E os caldeos fixeron anacos as columnas de bronce que había na casa de Iahveh, así como as bases, e o mar de bronce que había na casa de Iahveh, e levaron o bronce a Babilonia. 14Levaron tamén as caldeiras, as paletas, os cántaros, as culleres e todos os utensiliods de bronce cos que se servía; 15Do mesmo xeito que os incensarios, as copas e todo o que era de ouro, e de prata; todo levou o capitán da garda.16E en canto as dúas columnas, o mar único e as bases que Salomón fixera para a casa de Iahveh non era posible calcular o peso de bronce deles. 17A altura de cada columna era de dezaoito cóbados, e sobre ela había un capitel de bronce; a altura do capitel era de tres cóbados, e sobre o capitel había unha rede e granadas esculpidas arredor, todo de bronce; o mesmo traballo había na outra columna coa súa rede.18E o capitán da garda colleu o sumo sacerdote Seraías, e o sacerdote segundo Sofonías e os tres gardas do portón do templo; 19e da cidade colleu un oficial que estaba a cargo dos homes de guerra, e a cinco conselleiros do rei que estaban na cidade, e o escriba principal do exército que alistaba á xente do país, e a sesenta homes do pobo da terra que estaban na cidade.20A estes colleunos Nabuzaradán, capitán da garda, e levounos a Ribla ao rei de Babilonia. 21E o rei de Babilonia feriunos e matounos en Ribla, na terra de Hamat. Así foi exiliado Xudá da súa terra e levado en cativerio.22E sobre a xente que Nabucodonosor, rei de Babilonia, deixara na terra de Xudá, puxo por gobernador a Gedalías, fillo de Ahicam, fillo de Safán. 23E aconteceu que cando todos os oficiais do exército, así como os seus homes, escoitaron que o rei de Babilonia nomeara a Gedalías por gobernador, viñeron a el a Mizpa: Ismael, fillo de Natanaías, Ioanán, fillo de Carea, Seraías, fillo de Tanhumet, netofatita, e Iazanías, fillo dun maacateo, eles cos seus compañeiros. 24E Gedalías fíxolles un xuramento a eles e aos seus homes, e díxolles: -Non teñades medo de ser servos dos caldeos; habitade na terra e servide ao rei de Babilonia, e havos ir ben.25Pero no sétimo mes, Ismael, fillo de Natanaías, fillo de Elisama e da descendencia real, veu con dez homes, e atacou a Gedalías, que morreu xunto cos xudeos e os caldeos que estaban con el en Mizpa. 26Entón todo o pobo, dende o máis pequeno ao máis grande, cos capitáns do exército levantáronse e foron para Exipto, porque tiñan medo dos caldeos.27E aconteceu que no ano trinta e sete da deportación de Ioaquín, rei de Xudá, no mes doce, no día vinte e sete do mes; Evil-merodac, rei de Babilonia, no primeiro ano do seu reino, liberou a Ioaquim, rei de Xudá, e sacouno do cárcere;28e faloulle con bondade, e puxo o seu trono máis alto que os tronos dos reis que estaban con el en Babilonia. 29E mudoulle as súas roupas de prisioneiro, e comeu sempre diante del, todos os días da súa vida. 30E proporcionóuselle un sustento constante de parte do rei, todos os días da súa vida.
12Adán, Set, Enós,Cainam, Malelel, Iáret, 3Henoc, Matuxalem, Lemec, 4Noé, Xem, Cam e Iafet.5Estes son os fillos de Iafet: Gomer, Magog, Madai, Iávan, Tubal, Mesec e Tiras. 6Estes son os fillos de Gomer: Askenaz, Difat e Togarmá. 7Estes son os fillos de Iaván: Elisa, Tarsis, Quitim e Rodanim.8Os fillos de Cam foron Cus, Mizrayim, Fut e Canaán. 9Os fillos de Cus foron Seba, Havila, Sabta, Raama e Sabteca. Os fillos de Raama foron Seba e Dedan. 10E Cus enxendrou a Nimrod, que chegou a ser poderoso sobre a terra.11Mizrayim enxendrou ao pobo de Ludim, a Anamim, a Lehabim, a Neftuhim, 12Patrusim e Casluhim, de quen viñeron os filisteos, e Caftor.13Canaán enxendrou a Sidón o seu primoxénito, e a Het, 14e os xebuseos, os amorreos, os guergueseos, 15os heveos, os araceos, os sineos, 16os arvadeos, os zemareos e os hamateos.17Os fillos de Xem: Elam, Asur, Arfaxad, Lud, Aram, Uz, Hul, Geter e Mesec. 18Arfaxad enxendrou a Sela, Sela enxendrou a Éber. 19E a Éber nacéronlle dous fillos: o nome dun era Pélec, porque nos seus días foi repartida a terra, e o nome do seu irmán era Ioctán.20Ioctán enxendrou a Almodad, a Selef, a Hazar-mavet, a Iera, 21o de Adoram, o de Uzal, o de Dicla, 22o de Ebal, o de Abimael, o de Seba, 23a Ofir, a Havila e a Iobab. Todos estes eran fillos de Ioctan.24De Xem: Arfaxad, Sela, 25Éber, Pélec, Reu, 26Seruc, Nacor, Tera, 27Abram, é dicir, Abraham.28Os fillos de Abraham foron Isaac e Ismael. 29Estas son as súas xenealoxías: o primoxénito de Ismael, Nebaiot, despois, Cedar, Adbeel, Mibsam, 30Misma, Duma, Massa, Hadad, Tema, 31a Ietur, a Nafis e a Cedema. Estes son os fillos de Ismael.32E os fillos que Cetura, concubina de Abraham, lle deu a luz foron Zimram, Iosán, Medán, Madián, Isbac e Suá. E os fillos de Iosán foron Seba e Dedan. 33E estes son os fillos de Madián: Efa, Efer, Hanoc, Abida e Elda. Todos estes son fillos de Cetura.34Abraham enxendrou a Isaac. Os fillos de Isaac foron Esaú e Israel. 35E estes son os fillos de Esaú: Elifaz, Reuel, Ieús, Xalam e Coré. 36E os fillos de Elifaz foron Temán, Omar, Zefí, Gatam, Cenaz, Timna e Amalec. 37Estes son os fillos de Reuel: Nahat, Zera, Sama e Miza.38Estes son os fillos de Seir: Lotan, Sobal, Sibeón, Ana, Disón, Ezer e Disán. 39Os fillos de Lotan foron Hori e Homam; e a irmá de Lotan era Timna. 40Estes son os fillos de Sobal: Alían, Manaat, Ebal, Sofi e Onam. E os fillos de Sibeón: Aiá e Ana.41O fillo de Ana foi Disón. Os fillos de Disón foron Amram, Esbán, Itrán e Querán. 42Estes son os fillos de Ezer: Bilán, Zaavan e Iacán. Os fillos de Disán: Uz e Arán.43Estes son os reis que reinaron na terra de Edom, antes houbera rei sobre os fillos de Israel: Bela, fillo de Beor; e o nome da súa cidade era Dinaba. 44E morreu Bela, e reinou no seu lugar Yobab, fillo de Zera de Bosra. 45Morreu Yobab, e reinou no seu lugar Husam, da terra dos temanitas.46E morreu Husam, e reinou no seu lugar Hadad, fillo de Bedad, o que derrotou a Madián no campo de Moab; e o nome da súa cidade era Avit. 47Morreu Hadad, e reinou no seu lugar Samla de Masreca. 48Morreu Samla, e reinou no seu lugar Saúl de Rehobot, que está xunto ao río Éufrates.49E morreu Saúl, e reinou no seu lugar Baal-hanán, fillo de Acbor. 50E morreu Baal-hanán, e reinou no seu lugar Hadad; e o nome da súa cidade era Pai; e o nome da súa muller era Mehetabel, filla de Matred, filla de Mezaab.51E morreu Hadad. E estes son os príncipes de Edom: o príncipe Timna, o príncipe Alya, o príncipe Ietet, 52o príncipe Aholibama, o príncipe Ela, o príncipe Pinón, 53o príncipe Cenaz, o príncipe Temán, o príncipe Mibsar, 54o príncipe Magdiel, o príncipe Iram. Estes son os príncipes de Edom.
1Estes son os fillos de Israel: Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zabulón 2Dan, Xosé, Benxamín, Neftalí, Gad e Aser.3Estes son os fillos de Xudá: Er, Onán e Sela. Estes tres nacéronlle de Bet-sua a cananea. Pero Er, primoxénito de Xudá, era malvado diante dos ollos de Iahveh, e El matouno. 4E a súa nora Tamar deulle a luz a Fares e a Zera. En total Xudá tivo cinco fillos.5Os fillos de Fares foron Hezrón e Hamul. 6Estes son os fillos de Zera: Zimri, Etán, Hemán, Calcol e Dara; en total cinco. 7O fillo de Carmi foi Acan, o perturbador de Israel, que transgrediu no tocante ao anatema. 8O fillo de Etán foi Azarías.9E estes son os fillos que lle naceron a Esrón: Ierahmeel, Ram e Quelubai. 10Ram enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón, príncipe dos fillos de Xudá. 11Naasón enxendrou a Salmón, Salmón enxendrou a Booz, 12Booz enxendrou a Obed, Obed enxendrou a Ixaí,13Ixaí enxendrou a Eliab o seu primoxénito, despois Abinadab o segundo e Simeá o terceiro. 14o cuarto Natanael, o quinto Radai, 15o sexto Ozem, o sétimo David.16E as súas irmás eran Servia e Abigail. E os tres fillos de Servia foron Abisai, Ioab e Asael. 17E Abigail deu a luz a Amasa. O pai de Amasa era Ieter o ismaelita.18E Caleb, fillo de Esrón, enxendrou fillos de Azuba a súa muller e de Ieriot; e estes son os fillos dela: Iéser, Sobab e Ardón. 19Morreu Azuba; e Caleb tomou por muller a Efrata, e ela deu a luz a Hur. 20Hur enxendrou a Uri, Uri enxendrou a Bezaleel.21Despois Hezrón foi onda a filla de Maquir, pai de Galaad, e tomouna por muller cando tiña sesenta anos; e ela deu a luz a Segub. 22Segub enxendrou a Iacir, que tiña vinte e tres cidades na terra de Galaad.23Pero Gesur e Aram tomáronlles as vilas de Iaier con Kenat e as súas vilas, sesenta cidades. Todos estes eran fillos de Maquir, pai de Galaad. 24E aconteceu que despois da morte de Esrón en Caleb-efrat, Abías, muller de Esrón, deu a luz a Asur, pai de Tecoa.25Os fillos de Ierahmeel, primoxénito de Esrón: Ram o primoxénito, despois Buna, Orén, Ozem e Ahías. 26Ierahmeel tivo outra muller, de nome Atara; ela foi a nai de Onam. 27Os fillos de Ram, primoxénito de Ierahmeel, foron Maaz, Iamín e Equer. 28Os fillos de Onam foron Samai e Iada. Os fillos de Samai foron Nadab e Abisur.29O nome da muller de Abisur era Abihail, e ela deu a luz a Ahban e a Molid. 30Os fillos de Nadab foron Seled e Apaim; e Seled morreu sen fillos. 31O de Apaim, Isi; o de Isi, Sesán; o de Sesán, Ahlai. 32Os fillos de Iada, irmán de Samai: Ieter e Xonatan; e Ieter morreu sen fillos. 33Os fillos de Xonatán: Pelet e Zaza. Estes foron os fillos de Ierahmeel.34Pero Sesan non tiña fillos, senón fillas. E tiña un servo exipcio que se chamaba Iárha. 35E Sesán deu a súa filla por muller ao seu servo Iarha, e ela deu a luz a Atai.36Atai enxendrou a Natán, Natán enxendrou a Zabad, 37Zabad enxendrou a Eflal, Eflal enxendrou a Obed, 38Obed enxendrou a Ieú, Ieú enxendrou a Azarías,39Azarías enxendrou a Heles, Heles enxendrou a Elasa, 40Elasa enxendrou a Sismai, Sismai enxendrou a Salum, 41Salum enxendrou a Iequemías, Iequemías enxendrou a Elisama.42E os fillos de Caleb, irmán de Ierahmeel, foron Mesa o seu primoxénito, que enxendrou a Zif; e o seu fillo foi Maresa, pai de Hebrón. 43Estes son os fillos de Hebrón: Coré, Tapua, Requem e Sema. 44Sema enxendrou a Raham, pai de Iorcoam; e Requem enxendrou a Samai.45O fillo de Samai foi Maón, que enxendrou a Bet-sur. 46E Efa, concubina de Caleb, deu a luz a Harán, a Mosa e a Gazez. E Harán enxendrou a Gazez. 47Estes son os fillos de Iahdai: Regem, Iotam, Gesam, Pelet, Efa e Saaf.48Maaca, concubina de Caleb, deu a luz a Seber e a Tirana. 49Ela tamén deu a luz a Saaf, pai de Madmana, e a Seva, pai de Macbena e pai de Gibea; e a filla de Caleb era Acsa. 50Estes son os fillos de Caleb: os fillos de Hur, primoxénito de Efrata: Sobal, pai de Quiriat-xearim,51Salma, pai de Belén, e Haref, pai de Bet-gader.52E Sobal, pai de Quiriat-xearim, tivo fillos: Haroé, a metade dos manahetitas, 53e as familias de Quiriat-xearim: os itritas, os futitas, os sumatitas e os misraitas. Deles saíron os zoratitas e os estaolitas.54Os fillos de Salma foron Belén e os netofatitas, Atrot-bet-Ioab e a metade dos manahetitas, os zoraítas. 55E as familias dos escribas que vivían en Iabes eran os tirateos, os simeateos e os sucateos. Estes son os ceneos que viñeron de Hamat, pai da casa de Recab.
1E estes son os fillos de David que lle naceron en Hebrón: o primoxénito, Amnon, de Ahinoam izeletio; e o segundo, Daniel, de Abigail carmelita; 2o terceiro, Absalom, fillo de Maaca, filla de Talmai, rei de Gesur; o cuarto, Adonías, fillo de Haguit; 3o quinto, Sefatías de Abital; o sexto, Itream, da súa muller Egla.4Nacéronlle seis fillos en Hebrón, onde reinou sete anos e seis meses; e en Xerusalém reinou trinta e tres anos. 5E estes son os que lle naceron en Xerusalém: Simea, Sobab, Natán e Salomón; catro de Bet-sua, filla de Amiel.6Tamén a Ibhar, a Elisama, a Elifelet, 7Noga, Nefeg e Yafía. 8Elisama, Eliada e Elifelet, nove. 9Todos estes son fillos de David, ademais dos fillos das concubinas; e Tamar era irmá deles.10O fillo de Salomón foi Roboam, o seu fillo Abías, o seu fillo Asa, o seu fillo Iosafat, 11o seu fillo Ioram, o seu fillo Acazías, o seu fillo Ioas, 12o seu fillo Amasías, o seu fillo Azarías, o seu fillo Iotam,13o seu fillo Acaz, o seu fillo Ezequías, o seu fillo Manasés, 14o seu fillo Amón, o seu fillo Iosías.15Os fillos de Iosías: Ioanán o primoxénito, o segundo Ioacim, o terceiro Sedequías, e o cuarto Salum. 16Os fillos de Ioacim: Ieconías o seu fillo, e Sedequías o seu fillo.17Os fillos de Ieconías o exiliado foron Xealtiel, o seu fillo, 18e Malquiram, Pedaías, Senazar, Iecamías, Hosama e Nedabías.19Os fillos de Pedaías: Zerubabel e Simei. Os fillos de Zerubabel: Mesulam e Hananías, e a súa irmá era Selomit. 20e Hasuba, Ohel, Berequías, Hasadías e Iusab-hesed, cinco. 21Os fillos de Hananías: Pelatías e Iesaías, os fillos de Refaías, os fillos de Arnan, os fillos de Obadías, os fillos de Secanías.22Os fillos de Secanías foron Semaías. Os fillos de Semaías: Hatús, Igal, Barías, Nearías e Safat, seis. 23Os fillos de Nearías: Elioenai, Ezequías e Azricam, tres. 24Estes son os fillos de Elioenai: Hodavías, Eliasib, Pelaías, Acub, Ioanán, Dalaías e Anani: sete.
1Estes son os fillos de Xudá: Perez, Hazrón, Carmi, Hur e Sobal. 2Reaías, fillo de Sobal, enxendrou a Iahat, Iahat enxendrou a Ahumai e a Lahad. Estas son as familias dos zoratitas.3Estes son os fillos de Etam: Iezreel, Isma e Ibdas; e o nome da súa irmá era Hazelelponi. 4Penuel enxendrou a Guedor e Ezer enxendrou a Husa. Estes son os fillos de Hur, primoxénito de Efrata, pai de Belén.5Asur, pai de Tecoa, tivo dúas mulleres: Hela e Naara. 6E Naara deu a luz a Ahuzam, Hefer, Temeni e Ahastari. Estes son os fillos de Naara. 7Estes son os fillos de Hela: Zeret, Izhar e Etnán. 8Cos enxendrou a Anub e a Zobeba e as familias de Aharhel, fillo de Harum.9Iabes era máis ilustre que os seus irmáns; a súa nai chamouno Iabes, dicindo: dei a luz con dor. 10E Iabes invocou ao Deus de Israel, dicindo: -Que bo sería que me bendiciras de certo e alargases o meu territorio, e que a túa man estea comigo e me gardes do mal para que non me cause dor! E Deus concedeulle o que pediu.11Quelub, irmán de Suá, enxendrou a Mehir, que foi pai de Estón. 12E Estón enxendrou a Bet-rafa, a Paseah e a Tehina, pai de Ir-nahas. Estes son os habitantes de Reca.13Os fillos de Cenaz foron Otoniel e Seraías. Os fillos de Otoniel foron Hatat e Meonotai. 14Meonotai enxendrou a Ofra. Seraías enxendrou a Yoab, pai de Guejarasim, porque eles eran artesáns. 15Os fillos de Caleb, fillo de Iefone: Iru, Ela e Naam. E o fillo de Ela foi Cenaz. 16Estes son os fillos de Iehalelel: Zif e Zifa, Tirías e Asareel.17E estes son os fillos de Esdras: Ieter, Mered, Efer e Ialón. Estes son os fillos de Bitia, filla de Faraón, a quen Mered casou. Bitia concibiu e deu a luz a Miryam, a Samai e a Isba, pai de Estemoa. 18E a súa muller Iehuadía deu a luz a Iáred, pai de Guedor, a Éber, pai de Soco, e a Iecutiel, pai de Zanoá.19Os fillos da muller de Hodías, irmá de Naham, foron os pais de Keila garmita e Estemoa maacateo. 20Os fillos de Simón: Amnón, Rina, Ben-hanán e Tilón. Os fillos de Isi: Zohet e Benzohet.21Os fillos de Xela, fillo de Xudá: Er, pai de Leca, e Laada, pai de Maresa, e as familias da casa dos que traballaban no liño de Bet-asbea; 22e Ioacim, os homes de Cozeba, e Ioas e Saraf, que gobernaron en Moab e Iasubi-Leím. E o relato dos feitos é antigo. 23Estes eran os oleiros e os habitantes de Netaím e Gedera; vivían alí co rei para o seu traballo.24Estes son os fillos de Simeón: Nemuel, Iamín, Iarib, Zera e Saúl. 25Salum o seu fillo, Mibsam o seu fillo e Misma o seu fillo. 26Estes son os fillos de Misma: Hamuel o seu fillo, Zacur o seu fillo e Simei o seu fillo.27E Simei tiña dezaseis fillos e seis fillas; pero os seus irmáns non tiñan moitos fillos, e ningunha das súas familias foi tan numerosa coma os fillos de Xudá. 28E habitaron en Beerseba, en Molada, en Hazar-sual,29o príncipe Bilha, o príncipe Ezem, o príncipe Tolad, 30o príncipe Betuel, o príncipe Horma, o príncipe Siclag, 31a Bet-marcabot, a Hazar-susim, a Bet-birai e Saaraim. Estas foron as súas cidades ata o reino de David.32E as súas aldeas eran: Etam, Aín, Rimón, Toquén e Asán; cinco cidades. 33E tódalas súas aldeas arredor destas cidades ata Baal. Estas foron as súas moradas e a súa xenealoxía.34Do mesmo xeito Mesobab, Iamlec, Iosías, fillo de Amasías, 35Xoel, Ieú, o fillo de Iosibías, fillo de Seraías, fillo de Asiel, 36Elioenai, Iacobá, Iesohaías, Asaías, Adiel, Iesimiel, Benaía, 37e Ziza fillo de Sifi, fillo de Alón, fillo de Iedaías, fillo de Simri, fillo de Semaías. 38Estes, mencionados polos seus nomes, eran príncipes nas súas familias, e as casas dos seus pais multiplicáronse grandemente.39E chegaron ata a entrada de Guedor, ao lado oriental do val, para buscar pasto para os seus rabaños. 40E atoparon pastos abundantes e bos e a terra era ampla, tranquila e descansada, porque antes alí vivían os de Cam. 41E estes que foron inscritos polos seus nomes, viñeron nos días de Ezequías, rei de Xudá, e atacaron as tendas e as cabañas que atoparon alí, e destruíronas completamente ata hoxe, e viviron no lugar deles, porque tiñan alí pastos para os seus animais.42E de entre eles, dos fillos de Simeón, cincocentos homes foron á rexión montañosa de Seir, con Pelatías, Nearías, Refaías e Uziel, fillos de Isi, como capitáns. 43E destruíron o remanente que quedara de Amalec, e viviron alí ata hoxe.
1Os fillos de Rubén, primoxénito de Israel (porque el era o primoxénito, pero porque profanou a cama do seu pai, a súa primoxenitura foi dada aos fillos de Xosé, fillo de Israel; pois non era posible rexistralo como primoxénito, 2aínda que Xudá prevaleceu sobre os seus irmáns e del saíu o príncipe, pero os dereitos de primoxenitura pertencían a Xosé). 3Estes son os fillos de Rubén, primoxénito de Israel: Hanoc, Falú, Hezrón e Carmi.4Os fillos de Xoel: Semaías o seu fillo, Gog o seu fillo, Simei o seu fillo, 5o seu fillo Micaías, o seu fillo Reaías, o seu fillo Baal, 6o seu fillo Beera, a quen Tilgat-pilneser, rei dos asirios, levou en exilio. Este é xefe dos rubenitas.7E os seus parentes, segundo as súas familias, Cando foron contados nas súas xenealoxías, foron os príncipes Ieiel e Zacarías, 8e Bela, fillo de Azaz, fillo de Sema, fillo de Xoel, habitou en Aroer ata Nebo e Baal-meón. 9E cara o oriente habitou ata a entrada do deserto, dende o río Éufrates, porque os seus animais aumentaran na terra de Galaad.10Nos días de Saúl fixeron guerra contra os agarenos, e caeron nas súas mans, e eles ocuparon as súas tendas en toda a terra ao oriente de Galaad.11E os fillos de Gad habitaron en fronte deles na terra de Basán, ata Salca. 12Xoel era o xefe en Basán; e Safán o segundo, e despois, Iaenai e Safat. 13E os seus irmáns, segundo as familias dos seus pais foron: Micael, Mesulam, Seba, Iorai, Iacán, Zia e Heber, sete.14Estes son os fillos de Abihail, fillo de Huri, fillo de Iarao, fillo de Galaad, fillo de Micael, fillo de Ixaí, fillo de Iahdo, fillo de Buz. 15Ahí, fillo de Abdiel, fillo de Guni, era o principal na súa casa paterna.16E habitaron en Galaad, en Basán e as súas cidades, e en todos os exidos de Sarón ata as súas fronteiras. 17Todos eles foron rexistrados segundo as xenealoxías nos días de Iotam, rei de Xudá, e nos días de Ieronám, rei de Israel.18Os fillos de Rubén, de Gad e da metade da tribo de Manasés, homes valentes, homes que levaban escudo e espada e tiraban con arco, e que eran homes de batalla, eran corenta e catro mil setecentos sesenta que saían á batalla. 19E fixeron guerra contra os agarenos, Ietur, Nafis e Nodab.20E Deus axudounos en contra deles, e os agarenos e todos os que estaban con eles foron entregados nas súas mans, porque invocaron a Deus na batalla, e El concedoulles a súa axuda porque confiaron nel. 21E levaron os seus animais: cincuenta mil camelos, douscentas cincuenta mil ovellas, dous mil asnos, ademais de cen mil persoas. 22Porén, moitos caeron mortos, porque a guerra era de Deus. E habitaron no seu lugar ata a deportación.23E os fillos da metade da tribo de Manasés habitaron na terra; foron numerosos dende Basán ata Baal-hermón, Senir e o monte Hermón. 24Estes son os xefes segundo as súas casas paternas: Efer, Isi, Eliel, Azriel, Xeremías, Hodavías e Iahdiel, homes valentes, homes de renome, príncipes das súas casas paternas.25Pero eles rebeláronse contra o Deus dos seus pais, e prostituíronse cos deuses dos pobos da terra, que Iahveh destruíra diante deles. 26Entón o Deus de Israel animou o espírito de Pul, rei da Asiria, e o espírito de Tilgat-Pilneser, rei de Asiria, e levou ao exilio aos rubenitas, aos gaditas e á metade da tribo de Manasés, e levounos a Halah, a Habor, a Hara e ao río de Gozan, como están ata hoxe.
1Estes son os fillos de Leví: Xersón, Coat e Merarí. 2Estes son os fillos de Coat: Amram, Izhar, Hebrón e Uziel. 3Os fillos de Amram: Aarón, Moisés e María. E os fillos de Aarón: Nadab, Abiu, Elazar e Itamar.4Elazar enxendrou a Finees, Finees enxendrou a Abisua, 5Abisua enxendrou a Buqui, Buqui enxendrou a Uzi, 6Uzi enxendrou a Zeraías, Zeraías enxendrou a Meraiot,7Meraiot enxendrou a Amarías, Amarías enxendrou a Ahitob, 8Ahitob enxendrou a Sadoc, Sadoc enxendrou a Ahimaas, 9Ahimaas enxendrou a Azarías, Azarías enxendrou a Ioanán,10Ioanán enxendrou a Azarías (este é o que serviu como sacerdote na casa que edificara Salomón en Xerusalém). 11Azarías enxendrou a Amarías, Amarías enxendrou a Ahitob, 12Ahitob enxendrou a Sadoc, Sadoc enxendrou a Salum,13Salum enxendrou a Hilquías, Hilquías enxendrou a Azarías, 14Azarías enxendrou a Seraías, Seraías enxendrou a Iosadac, 15E Iosadac foi ao exiliado cando Iahveh levou cativo a Xudá e Xerusalém por man de Nabucodonosor.16Estes son os fillos de Leví: Guersón, Coat e Merarí. 17E estes son os nomes dos fillos de Gersón: Libni e Simei. 18Estes son os fillos de Coat: Amram, Izhar, Hebrón e Uziel.19Os fillos de Merarí foron Mahli e Musi. Estas son as familias dos levitas segundo as súas casas paternas. 20De Guersón: Libni, o seu fillo, Iahat, o seu fillo, Zima, o seu fillo, 21o seu fillo Ioá, o seu fillo Ido, o seu fillo Zera, o seu fillo Zeatrai.22Estes son os fillos de Coat: o seu fillo Aminadab, o seu fillo Coré, o seu fillo Asir, 23o seu fillo Elcaná, o seu fillo Ebiasaf, o seu fillo Asir, 24o seu fillo Tahat, o seu fillo Uriel, o seu fillo Uzías, o seu fillo Saúl.25Estes son os fillos de Elcana: Amasai e Ahimot. 26En canto a Elcaná, os fillos de Elcaná foron Zofai o seu fillo, e Nahat o seu fillo. 27o seu fillo Eliab, o seu fillo Ieroham, o seu fillo Elcaná.28Os fillos de Samuel: Xoel o primoxénito e Abías o segundo. 29Estes son os fillos de Merarí: Mahli, o seu fillo Libni, o seu fillo Simei, o seu fillo Uza, 30o seu fillo Simeá, o seu fillo Haguías, o seu fillo Asasías.31E estes son os que David puxo a cargo do servizo do canto na casa do Señor, despois que a arca descansara alí: 32E servían con canto diante do tabernáculo da tenda de reunión ata que Salomón edificou a casa de Iahveh en Xerusalém; e servían no seu oficio segundo a súa orde.33Estes son os que servían cos seus fillos: dos fillos dos coatitas: Hemán, o cantor, fillo de Xoel, fillo de Samuel, 34fillo de Elcaná, fillo de Ieroham, fillo de Eliel, fillo de Toa, 35fillo de Zuf, fillo de Elcaná, fillo de Mahat, fillo de Amasai,36fillo de Elcaná, fillo de Xoel, fillo de Azarías, fillo de Sofonías, fillo de Leví, 37fillo de Tahat, fillo de Asir, fillo de Abiasaf, fillo de Coré, 38fillo de Izhar, fillo de Coat, fillo de Leví, fillo de Israel.39E o irmán de Hemán, Asaf, que estaba á súa dereita: Asaf, fillo de Berequías, fillo de Simeá, 40fillo de Micael, fillo de Baasías, fillo de Malquías, 41fillo de Etni, fillo de Zera, fillo de Adaías, 42fillo de Etán, fillo de Zima, fillo de Simei, 43fillo de Iahat, fillo de Guersón, fillo de Leví.44E aos seus irmáns, os fillos de Merarí, estaban a esquerda: Etán, fillo de Quisi, fillo de Abdi, fillo de Maluc, 45fillo de Hasabías, fillo de Amasías, fillo de Hilquías, fillo de David, 46fillo de Amsi, fillo de Bani, fillo de Semer, 47fillo de Mahli, fillo de Musi, fillo de Merarí, fillo de Leví.48E os seus irmáns, os levitas, eran designados para todo o servizo do tabernáculo da casa de Deus.50Estes son os fillos de Aarón: o seu fillo Elazar, o seu fillo Finees, o seu fillo Abisua, 51o seu fillo Buqui, o seu fillo Uzi, o seu fillo Zeraías, 52o seu fillo Meraiot, o seu fillo Amarías, o seu fillo Ahitob, 53o seu fillo Sadoc, o seu fillo Ahimaas.54Estas son as súas moradas segundo os seus campamentos dentro dos seus territorios. Para os fillos de Aarón, das familias dos coatitas (pois caeu a sorte por primeira vez sobre eles), 55déuselles Hebrón na terra de Xudá, cos seus pastos arredor; 56pero os territorios da cidade e as súas aldeas déronas a Caleb, fillo de Iefone.57De Xudá, deron aos fillos de Aarón as cidades de refuxio: Hebrón, Libna e os seus pastos, Iatir e Estemoa e os seus pastos, 58Hilen cos seus pastos, Debir cos seus pastos,59a Asán e os seus campos e a Bet-semes e os seus campos. 60E da tribo de Benxamín: Gueba e as súas terras, Alemet e as súas terras, e Anatot e as súas terras. Todas as cidades das tribos de Benxamín eran trinta cidades.61E aos demais fillos de Coat déronlles por sorte dez cidades da tribo de Efraín, da tribo de Dan e da metade da tribo de Manasés. 62Aos fillos de Guersón, segundo as súas familias, déronlles da tribo de Isacar, da tribo de Aser, da tribo de Neftalí e da tribo de Manasés en Basán, trinta cidades.63E aos fillos de Merarí, segundo as súas familias, déronlles por sorte da tribo de Rubén, da tribo de Gad e da tribo de Zabulón doce cidades. 64Así os fillos de Israel deron aos levitas as cidades e os seus pastos. 65E deron por sorte da tribo dos fillos de Xudá, da tribo dos fillos de Simeón e da tribo dos fillos de Benxamín estas cidades que se mencionan polos nomes.66E algunhas das familias dos fillos de Coat recibiron cidades polas súas terras da tribo de Efraín. 67E déronlles as seguintes cidades de refuxio: Siquem e os seus pastos na rexión montañosa de Efraín, e tamén Gezer e os seus pastos, 68Iocmeam e os seus campos, Bet-Horón e os seus campos, 69a Axalón e os seus pastos, e Gat-Rimón e os seus pastos;70e da metade da tribo de Manasés: Aner e as súas terras e Bileam e as súas terras, para a familia dos demais fillos de Coat.71aos fillos de Gersón, da familia da metade da tribo de Manasés, déronlles: Golán en Basán e os seus pastos, e Astarot cos seus pastos, 72e da tribo de Isacar: Cedes e as súas terras, Daberat e as súas terras, 73a Ramot e os seus campos, e a Anem e os seus campos;74e da tribo de Aser: Masal e os seus pastos, Abdón e os seus pastos, 75a Hucoc e os seus campos, e a Rehob e os seus campos; 76e da tribo de Neftalí: Cedes na Galilea e os seus pastos, Hamón e os seus pastos, e Quiriataím e os seus pastos.77E ao resto dos levitas, os fillos de Merarí, déronlles, da tribo de Zabulón: Rimón e os seus pastos, Tabor e os seus pastos, 78e alén do Xordán en Iericó, ao oriente do Xordán, déronlles da tribo de Rubén: Beser no deserto e os seus pastos, Iahza e os seus pastos, 79a Cademot e os seus campos, e a Mefaat e os seus campos;80e da tribo de Gad: Ramot de Galaad e as súas terras, e Mahanaím e as súas terras, 81Hesbón e os seus campos, e Iázer e os seus campos.
1Os fillos de Isacar foron catro: Tola, Fua, Iasub e Simrón. 2Os fillos de Tola: Uzi, Refaías, Ieriel, Iahmai, Ibsam e Samuel, xefes das casas dos seus pais. Os fillos de Tola foron homes fortes e valentes segundo as súas xeracións; o seu número nos días de David era vinte e dous mil seiscentos. 3O fillo de Uzi foi Israel. Os fillos de Israel foron Micael, Obadías, Xoel e Isías; todos eles cinco príncipes.4E con eles, segundo as súas xeracións, segundo as casas dos seus pais, trinta e seis mil soldados para a guerra, porque tiñan moitas mulleres e fillos. 5E os seus parentes de todas as familias de Isacar, homes fortes e valentes, inscritos nas súas xenealoxías, eran en total oitenta e sete mil.6Os fillos de Benxamín foron tres: Bela, Bequer e Iediael. 7Os fillos de Bela foron cinco: Ezbón, Uzi, Uziel, Jerimot e Iri. Eles eran príncipes das casas dos seus pais, homes valentes, e os seus rexistros en xenealoxías eran vinte e dous mil trinta e catro.8E estes son os fillos de Bequer: Zemira, Ioas, Eliezer, Elioenai, Omri, Ierimot, Abías, Anatot e Alamet. Todos estes son fillos de Bequer. 9E os seus membros, rexistrados segundo as súas xenealoxías, príncipes das casas dos seus pais, eran vinte mil douscentos homes valentes. 10O fillo de Iediael foi Bilán. Os fillos de Bilán foron Ieús, Benxamín, Aod, Quenaana, Zetán, Tarsis e Ahisahar.11Todos estes eran fillos de Iediael, segundo os príncipes das casas dos seus pais, dezasete mil douscentos homes fortes e valentes, que ían ao exército para a batalla. 12Supim e Hupim eran fillos de Hir, e Husim era fillo de Aher.13Estes son os fillos de Neftalí: Xazeel, Guni, Iézer e Salum, fillos de Bilha.14Os fillos de Manasés foron Asriel, a quen a súa concubina aramea lle deu a luz; e ela deu a luz tamén a Maquir, pai de Galaad. 15E Maquir tomou muller para Hupim e Supim; o nome da súa irmá era Maaca. E o nome do segundo era Zelofead; e Zelofead tivo fillas. 16E Maaca, muller de Maquir, deu a luz un fillo e chamouno Peres; e o nome do seu irmán era Seres; e os seus fillos eran Ulam e Requem.17O fillo de Ulam foi Bedán. Estes son os fillos de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Manasés. 18E a súa irmá Hamolequet deu a luz a Isod, a Abiezer e a Mahala. 19Estes son os fillos de Semida: Ahián, Siquem, Likhi e Aniam.20Estes son os fillos de Efraín: Sutela e Bered, o seu fillo, Tahat o seu fillo, Elada o seu fillo, Tahat o seu fillo, 21o seu fillo Zabad, o seu fillo Sutela, e o seu fillo Ezer e Elad. E os homes de Gat que naceran na terra matáronos porque baixaran a pillar os seus animais. 22E o seu pai, Efraín, estivo de loito por moitos días, e os seus parentes viñeron a consolalo.23Despois achegouse á súa muller, e ela concibiu e deu a luz un fillo; e el chamouno Berías, porque nacera mentres a desgraza reinaba na súa casa. 24A súa filla foi Seera, que edificou a Bet-horón inferior e a superior, e tamén a Uzen-xera.25O seu fillo Refa estaba xunto con Resef, o seu fillo Telah, o seu fillo Tahán, 26o seu fillo Laadán, o seu fillo Amiud, o seu fillo Elisama, 27Non o seu fillo, e o seu fillo Xosué.28E as súas posesións e moradas foron: Betel coas súas aldeas; e cara o oriente Naaran; e cara o occidente Gezer coas súas aldeas; e Siquem ata Aiá coas súas aldeas; 29E xunto ao territorio dos fillos de Manasés: Bet-Seán coas súas aldeas, Taanac coas súas aldeas, Meguido coas súas aldeas, e Dor coas súas aldeas. Nestas viviron os fillos de Xosé, fillo de Israel.Estes son os fillos de Aser: Imna, Ixuá e Ixuí; e Berías e a súa irmá Sera.31Os fillos de Berías: Heber e Malquiel, que foi pai de Birzavit.32E Éber enxendrou a Iaflet, a Somer e a Hotam, e a súa irmá Suá.33E estes son os fillos de Iaflet: Pasac, Bimhal e Asvat. Estes son os fillos de Iaflet. 34Estes son os fillos de Semer: Ahí, Rohga, Iehuba e Aram. 35E os fillos do seu irmán Helem foron Zofa, Imna, Seles e Amal.36Estes son os fillos de Zofa: Suá, Harnefer, Sual, Beri e Imra, 37Beser, Hod, Sama, Silsa, Itrán e Beera. 38Estes son os fillos de Ieter: Iefone, Pispa e Ara.39Estes son os fillos de Ula: Ara, Haniel e Rezia. 40Todos estes eran fillos de Aser, príncipes das casas dos seus pais, homes escollidos, heroes e príncipes principais; e o número deles rexistrado na xenealoxía para o servizo da guerra era de vinte e seis mil homes.
1Benxamín enxendrou a Bela o seu primoxénito, Asbel o segundo, Ahara o terceiro, 2Noha o cuarto, e Rafa o quinto. 3E Bela tivo fillos: Adar, Guera, Abiud, 4Abisua, Naamán, Ahoa, 5Guera, Sefufán e Hiram.6Estes son os fillos de Aod: estes son os xefes das casas dos habitantes de Geba, que foron exiliados a Manaat; 7é dicir, Naamán, Ahías e Gera (que os levou ao exilio) enxendrou a Uza e a Ahiud.8E Saharaím enxendrou fillos na terra de Moab, despois de repudiar ás súas mulleres Husim e Baara. 9E da súa muller Hodes enxendrou a Iobab, a Sibia, a Mesa, a Malcam, 10a Ieús, a Saquías e a Mirma. Estes foron os seus fillos, príncipes das casas dos seus pais. 11E de Husim enxendrou a Abitob e a Elpaal.12Estes son os fillos de Elpaal: Heber, Misam e Semed; e Elpaal edificou Ono e Lod coas súas aldeas. 13E Berías e Sema, que eran príncipes das casas paternas dos habitantes de Ajalón, que botaron en fuga aos habitantes de Gat;14e Ahío, Sasac, Ieremot. 15Zebadías, Arad, Ader, 16Micael, Ispa e Yoha foron os fillos de Berías. 17Zebadías, Mesulam, Hezqui, Heber, 18Ishmerai, Ixelias e Iobab, fillos de Elpaal.19Xaquim, Zicri, Zabdi, 20o xefe Elienai, o xefe Ziletai, o xefe Eliel, 21Adaías, Beraías e Simrat, fillos de Simei.22Ispán, Heber, Eliel, 23Abdón, Zicri, Hanán, 24Hananías, Elam, Anatotías, 25Ifdaías e Peniel, fillos de Sasac.26Samserai, Seharías, Atalías, 27Iaresías, Elías e Zicri, fillos de Ieroham. 28Estes son os xefes principais das súas familias segundo as súas xeracións, homes importantes que vivían en Xerusalém.29En Gabaón vivía Iehiel, o pai de Gabaón; e o nome da súa muller era Maaca. 30O seu primoxénito foi Abdón, e Zur, Cis, Baal, Nadab, 31Gedor, Ahío e Zequer.32e Miclot enxendrou a Simea. E eles vivían tamén cos seus irmáns en Xerusalém en fronte deles. 33Ner enxendrou a Cis, Cis enxendrou a Saúl, Saúl enxendrou a Ionatan, Malquisua, Abinadab e Es-baal. 34O fillo de Xonatán foi Merib-baal, que enxendrou a Micaías.35Estes son os fillos de Micaías: Pitón, Melec, Tarea e Acaz. 36Acaz enxendrou a Ioada, Ioada enxendrou a Alemet, Azmavet e Zimri, Zimri enxendrou a Mosa, 37Mosa enxendrou a Bina, a Rafa o seu fillo, a Elasa o seu fillo e a Azel o seu fillo.38Azel tivo seis fillos e estes son os seus nomes: Azricam, Bocru, Ismael, Searías, Obadías e Hanán. Todos estes foron fillos de Azel. 39Os fillos do seu irmán Esec foron Ulam o seu primoxénito, despois Ieús o segundo e Elifelet o terceiro. 40E os fillos de Ulam eran homes valentes, arqueiros, e tiñan moitos fillos e netos, en total cento cincuenta. Todos estes son dos fillos de Benxamín.
1Todos os israelitas foron rexistrados polas súas xenealoxías, e velaí, están escritas no Libro dos reis de Israel. E Xudá foi levado ao exilio a Babilonia por mor da súa infidelidade. 2E os primeiros en habitar nas súas posesións e nas súas cidades en Israel foron os sacerdotes, os levitas e os netineos. 3En Xerusalém habitaron algúns dos fillos de Xudá e dos fillos de Benxamín, e dos fillos de Efraín e Manasés, que son:4Utai, fillo de Amiud, fillo de Omri, fillo de Imri, fillo de Bani, dos fillos de Perez, fillo de Xudá. 5dos silonitas: Asaías o primoxénito, e os seus fillos. 6Dos fillos de Zera: Ieuel e os seus parentes, seiscentos noventa.7Dos fillos de Benxamín: Salú, fillo de Mesulam, fillo de Hodavías, fillo de Asenua, 8e Ibneías, fillo de Ieroham; e Ela, fillo de Uzi, fillo de Micri; e Mesulam, fillo de Sefatías, fillo de Reuel, fillo de Ibnia; 9e os seus irmáns segundo as súas xeracións, novecentos cincuenta e seis. Todos estes eran príncipes das casas dos seus pais, segundo as súas casas paternas.10Dos sacerdotes: Iedaías, Ioiarib, Iacín, 11e Azarías, fillo de Hilquías, fillo de Mesulam, fillo de Sadoc, fillo de Meraiot, fillo de Ahitob, oficial principal da casa de Deus;12e Adaías, fillo de Ieroham, fillo de Pasur, fillo de Malquías; e Masai, fillo de Adiel, fillo de Iazera, fillo de Mesulam, fillo de Mesilemit, fillo de Imer; 13e os seus irmáns, cabezas das casas de seus pais, mil setecentos sesenta homes capaces para o traballo do servizo da casa de Deus.14Dos levitas: Semaías, fillo de Hasub, fillo de Azricam, fillo de Hasabías, dos fillos de Merarí; 15e Bacbacar, Heres e Galal; e Matanías, fillo de Micaías, fillo de Zicri, fillo de Asaf; 16e Obadías, fillo de Semaías, fillo de Galal, fillo de Iedutón, e Berequías, fillo de Asa, fillo de Elcaná, que vivía nas aldeas dos netofatitas.17Os porteiros eran: Salum, Acub, Talmón e Ahimán cos seus parentes (Salum o xefe, 18e ata entón estaban encargados da porta real ao oriente. Estes son os porteiros do campamento dos fillos de Leví. 19E Salum, fillo de Coré, fillo de Ebiasaf, fillo de Coré, e os seus parentes da casa do seu pai, os coraítas, estaban a cargo do traballo do servizo, gardiáns dos umbrais da tenda; como os seus pais gardaran a entrada do campamento de Iahveh.20E Finees, fillo de Elazar, era xefe deles antes; e Iahveh estaba con el. 21E Zacarías, fillo de Meselemías, era o porteiro da entrada da tenda do encontro.22Todos os escollidos como porteiros nos umbrais eran douscentos doce. Estes eran inscritos nas súas aldeas pola orde das súas liñaxes, aos que David e Samuel o vidente constituíron no seu oficio. 23E eles e os seus fillos eran porteiros da casa de Iahveh, é dicir, a casa da tenda. 24Os porteiros estaban nos catro lados: ao oriente, ao occidente, ao norte e ao sur.25E os seus parentes nas aldeas tiñan que entrar cada sete días para estar con eles de tempo en tempo; 26Porque os catro principais porteiros, eran levitas que servían permanentemente a cargo das cámaras e dos tesouros da casa de Deus. 27E pasaban a noite arredor da casa de Deus, porque estaban encargados da garda e de abrila cada mañán.28Tamén algúns deles estaban a cargo dos utensilios do servizo, que os contaban tanto cando os sacaban, como cando os traían de volta. 29Tamén había algúns que estaban a cargo do mobiliario e de tódolos utensilios do santuario, a flor de fariña, o viño, o aceite, o incenso e as especias.30E algúns dos fillos dos sacerdotes preparaban a mestura das especias aromáticas. 31Matatías, un dos levitas, primoxénito de Salum o coreíta, estaba a cargo de todo o que se preparaba nas tixolas. 32E algúns dos seus parentes, dos fillos de Coat, estaban a cargo dos pans da proposición, para preparalos cada día de repouso.33Tamén estaban alí os cantores, xefes de familias dos levitas que vivían nos compartimentos da casa de Deus, libres de todo outro servizo, porque tiñan que traballar día e noite. 34Estes son os príncipes das casas paternas dos levitas segundo as súas xeracións, xefes que vivían en Xerusalém.35En Gabaón vivía Iehiel, o pai de Gabaón; e o nome da súa muller era Maaca. 36O seu primoxénito foi Abdón, despois Zur, Cis, Baal, Ner, Nadab, 37Guedor, Ahío, Zacarías e Miclot.38e Miclot enxendrou a Simeam. E eles vivían tamén cos seus parentes en Xerusalém en fronte deles. 39Ner enxendrou a Cis, Cis enxendrou a Saúl, Saúl enxendrou a Ionatan, Malquisua, Abinadab e Es-baal. 40O fillo de Xonatán foi Merib-baal, que enxendrou a Micaías.41Estes son os fillos de Micaías: Pitón, Melec, Tarea e Acaz. 42Acaz enxendrou a Iara, Iara enxendrou a Alemet, Azmavet e Zimri, Zimri enxendrou a Mosa, 43e Mosa enxendrou a Bina e a Refaías o seu fillo, o seu fillo Elasa, o seu fillo Azel. 44Azel tivo seis fillos e estes son os seus nomes: Azricam, Bocru, Ismael, Searías, Obadías e Hanán. Estes son os fillos de Azel.
1Os filisteos loitaron contra Israel, e os homes de Israel fuxiron diante dos filisteos e caeron mortos no monte Guilboa. 2E os filisteos perseguiron moi de preto a Saúl e aos seus fillos, e mataron a Xonatán, a Abinadab e a Malquisua, fillos de Saúl. 3E arreciou a batalla contra Saúl, e os arqueiros alcanzárono e ferírono.4Entón Saúl dixo ao seu escudeiro: -Saca a túa espada e traspásame con ela, non sexa que estes incircuncisos veñan e fagan burla de min! Pero o seu escudeiro non quixo, porque tiña moito medo. Entón Saúl colleu a súa espada e botouse sobre ela.5Cando o seu escudeiro viu que Saúl morrera, el tamén se botou sobre a súa espada e morreu. 6Morreron así Saúl e os seus tres fillos, e todos os da súa casa morreron xunto a el.7E cando todos os homes de Israel que estaban no val viron que fuxiran, e que Saúl e os seus fillos morreran, abandonaron as súas cidades e fuxiron; entón os filisteos viñeron e habitaron nelas. 8E sucedeu que ao día seguinte, cando os filisteos viñeron despoxar os mortos, atoparon a Saúl e os seus fillos mortos no monte Guilboa.9E despoxárono e colleron a súa cabeza e as súas armas, e mandaron mensaxeiros por toda a terra dos filisteos, para levar as boas novas aos seus ídolos e ao pobo. 10E colgaron a súa armadura na casa dos seus deuses, e cravaron a súa cabeza na casa de Dagón.11Cando os habitantes de Iabes de Galaad escoitaron todo o que os filisteos fixeran a Saúl, 12erguéronse todos os homes valentes e levaron o corpo de Saúl e os corpos dos seus fillos, e trouxéronos a Iabes; e sepultaron os seus ósos debaixo da aciñeira de Iabes, e xaxuaron sete días.13Así morreu Saúl pola súa rebelión que cometeu contra Iahveh por non gardar a palabra de Iahveh; e tamén porque consultara a unha que evocaba os espíritos dos mortos, 14e non consultou a Iahveh; por iso quitoulle a vida e transferiu o reino a David, fillo de Isaí.
1Entón todo Israel congregouse diante de David en Hebrón, dicindo: -Velaquí, nós somos parte dos teus ósos e a túa carne! 2Porque aínda antes, cando Saúl era rei sobre nós, ti eras o que sacaba e traía a Israel, e Iahveh o teu Deus anunciouche: ti pastorearás o meu pobo Israel, e serás príncipe sobre o meu pobo Israel. 3Entón todos os anciáns de Israel viñeron ao rei en Hebrón, e David fixo un pacto con eles en Hebrón diante de Iahveh; e unxiron a David como rei sobre Israel, conforme a palabra de Iahveh por medio de Samuel.4E David e todo Israel foron a Xerusalém, é dicir, a Iebús. Alí estaban os iebuseos, habitantes da terra. 5E os habitantes de Iebús dixéronlle a David: -Non entrarás aquí. Pero David tomou a fortaleza de Sión, é dicir, a Cidade de David. 6E David dixera: -O que sexa o primeiro en ferir a un iebuseo será xefe e comandante. Entón Ioab, fillo de Sarvia, subiu primeiro e foi declarado xefe.7E David viviu na fortaleza, por iso foi chamada a Cidade de David. 8E edificou a cidade arredor dende o Milo ata o Muro Arredor; e Ioab restaurou o resto da cidade. 9E David seguía engrandecéndose, porque Iahveh dos exércitos estaba con el.10Estes son os príncipes dos valentes que estiveron con David, e que o sostiveron no seu reino, xunto con todo Israel, para facelo rei, conforme a palabra de Iahveh respecto de Israel. 11Esta é a lista dos heroes de David: Iasobeám, fillo de Hacmoni, xefe dos trinta; el lanzou a súa lanza contra trescentos, os que matou nunha soa ocasión.12E despois del, Elazar, fillo de Dodo ahohita; el era un dos tres valentes. 13El estivo con David en Pasdamim cando os filisteos se reuniron alí para a batalla. E había unha parcela chea de cebada, e o pobo fuxiu diante dos filisteos. 14Pero eles presentáronse no medio da parcela e defendérona, e mataron os filisteos; e Iahveh deulles unha grande victoria.15E tres dos trinta príncipes baixaron á rocha onde estaba David na cova de Adulam, mentres o exército dos filisteos estaba acampado no val de Refaím. 16David estaba entón na fortaleza, e a garda dos filisteos estaba en Belén. 17E David tivo un desexo, e dixo: -Que bo sería que alguén me dera a beber auga do pozo de Belén que está xunto á porta!18Entón os tres homes atravesaron o campamento dos filisteos e sacaron auga do pozo de Belén que está á porta, e levárona e trouxéronlla a David; pero David non quixo bebela, senón que a derramou diante de Iahveh, 19e dixo: -Lonxe de min estea facer isto diante do meu Deus! Beberei o sangue dos homes que a trouxeron arriscando as súas vidas? E non quixo bebela. Estas cousas fixeron os tres valentes.20E Abisai, irmán de ioab, era o xefe dos trinta; e el lanzou a súa lanza contra trescentos e matounos; de xeito que tiña moita fama entre os tres. 21Entre os trinta, el era o máis distinguido, e chegou a ser capitán deles, mais non chegou a ser como os tres primeiros.22Benaías, fillo de Iohada, fillo dun home valente de Cabseel, home de grandes feitos, matou os dous fillos de Ariel de Moab. E el baixou e matou un león no medio dun foso, un día con neve. 23Tamén matou a un exipcio, un home de cinco cóbados de estatura; e na man do exipcio había unha lanza coma unha agulla de tecedeira; pero Benaías baixou contra el cun madeiro e quitou a lanza da man do exipcio e matouno coa súa propia lanza.24Estas cousas fixo Benaías, fillo de Iohada, e tiña nome como os tres valentes. 25Velaí, el era o máis distinguido entre os trinta, pero non chegou aos tres. E David púxoo sobre a súa garda.26Os valentes dos exércitos eran: Asael, irmán de ioab, e Elhanan, fillo de Dodo de Belén, 27Samot harodita, Heles pelonita, 28Ira, fillo de Iques tecoita, Abiezer anatotita, 29o xefe Sibecai husatita, o xefe Ilai ahohita,30o xefe Maharai netofatita, o xefe Heled, fillo de Baana netofatita, 31a Itai, fillo de Ribai de Guibea, dos fillos de Benxamín, e a Benaya Piratónita; 32o de Hurai, dos torrentes de Gaas, o de Abiel arbatita, 33o de Azmavet barhumita, o de Eliaba saalbonita,34os fillos de Hasem gizonita, e Xonatán, fillo de Sage ararita, 35Ahíam, fillo de Sacar ararita, Elifal, fillo de Ur, 36Hefer megueratita, Ahías pelonita, 37Hezro o carmelita, Naarai o fillo de Ezbai,38Xoel, irmán de Natán, e Mibhar, fillo de Hagrai, 39a Selec amonita, a Naharai Beerotita, escudriño de Yoab, fillo de Sarvías, 40Ira itrita, Gareb itrita, 41a Urías o hitita, a Zabad, fillo de Ahlai,42Adina, fillo de Siza o Rubenita, xefe dos rubenitas e con el trinta homes. 43Hanán, fillo de Maaca, e Iosafat o mitnita, 44Uzías astarotita, Sama e Ieiel, fillos de Hotam aroerita,45a Iediael, fillo de Simri, e o seu irmán Ioha, tizita, 46a Eliel o mahavita, a Ierebai e a Iosavia, fillos de Elnaam, e a Itma a moabita, 47o de Eliel, o de Obed e o de Iasiel mesobaita.
1E estes son os que viñeron a David en Siclag, cando aínda se escondía de Saúl, fillo de Cis; eran dos valentes que o axudaron na guerra: 2arqueiros que, ademais usaban as dúas mans para lanzar pedras co tirapedras e frechas co arco. Eles eran parentes de Saúl de Benxamín.3O xefe era Ahiezer, e despois Ioas, fillos de Semaa gibeatita; e Ieziel e Pelet, fillos de Azmavet; e Beraca e Ieú anatotita; 4Ismaelías de Gabaón, home valente entre os trinta e xefe dos trinta; e despois el, Xeremías, Xahaziel, Ioanán, Iozabad gederatita,5Eluzai Ieremot, Bealías, Semarías, Sefatías harufita, 6Elcaná, Ixaías, Azareel, Xoézer, Iasobeám, Coreítas, 7e Xoela e Zebadías, fillos de Ieroham de Guedor.8Tamén dos de Gad pasaron a David na fortaleza do deserto, homes fortes e valentes, preparados para a guerra, hábiles co escudo e a lanza; as súas caras eran coma caras de leóns e eran rápidos coma as gacelas dos montes.9Ezer era o principal, Obadías o segundo, Eliab o terceiro, 10o cuarto Mismana, o quinto Xeremías, 11o sexto Atai, o sétimo Eliel, 12o oitavo Iohanán, o noveno Elzabad, 13Xeremías o décimo, Macbanai o undécimo.14Estes foron capitáns do exército dos fillos de Gad. O menor tiña ao seu cargo cen homes, e o maior mil. 15Estes cruzaron o Xordán no primeiro mes, cando se desbordara por todas as súas beiras, e puxeron en fuga a todos os que vivían no val, tanto ao oriente como ao occidente.16Entón algúns dos fillos de Benxamín e de Xudá viñeron a David ao cuartel. 17E David saíu ao seu encontro e faloulles, dicindo: -Se viñestes a min en paz para me axudar, o meu corazón estará convosco; pero se viñestes a me entregar aos meus inimigos sen haber maldade nas miñas mans, que o Deus dos nosos pais o vexa e vos xulgue!18Entón o Espírito descendeu sobre Amasai, xefe dos trinta, e dixo: - Somos teus David, e estamos contigo, fillo de Ixaí! Paz, paz a ti e paz aos teus axudantes pois é Deus quen tamén te axuda! Así que David recibiunos e colocounos entre os capitáns da garda.19Tamén algúns de Manaxés pasaron a David cando este foi cos filisteos á batalla contra Saúl. Pero David non os axudou, pois os príncipes dos filisteos despediuno en consello, dicindo: Vaise pasar ao seu señor Saúl á costela das nosas cabezas! 20Cando el foi a Siclag, pasáronse a el de Manasés: Adnas, Iozabad, Iedaíel, Micael, Iozabad, Eliu e Ziletai, oficiais de millares que eran de Manaxés.21Eles axudaron a David contra a banda de saqueadores, porque eran todos homes valentes e foron capitáns no exército. 22Pois día tras día viñan homes a David para axudalo, ata que se formou un gran exército, coma un exército de Deus.23Este é o número dos exércitos equipados para a guerra que viñeron a David en Hebrón para traspasarlle o reino de Saúl, conforme a palabra de Iahveh: 24Os fillos de Xudá que levaban escudos e lanzas eran seis mil oitocentos, equipados para a guerra. 25Dos fillos de Simeón, homes valentes para a guerra, sete mil cen.26Dos fillos de Leví catro mil seiscentos. 27E Ioiada, príncipe da casa de Aarón, e con el tres mil setecentos; 28e tamén a Sadoc, mozo valente e esforzado, e da casa do seu pai vinte e dous capitáns.29E dos fillos de Benxamín, irmáns de Saúl, tres mil, pois ata entón a maioría deles mantíñanse fieis á casa de Saúl. 30Dos fillos de Efraín, vinte mil oitocentos homes valentes, homes de renome nas súas casas. 31Da metade da tribo de Manasés dezaoito mil, nomeados por nomes para vir facer rei a David.32Dos fillos de Isacar, homes sabios en discernir os tempos, para saber o que Israel debía facer, douscentos príncipais, e todos os seus parentes á súa orde. 33De Zabulón cincuenta mil que saían para o exército, que se poñían en filas para a batalla con toda clase de armas de guerra, para axudar a David.34De Neftalí mil capitáns e con eles trinta e sete mil con escudos e lanzas; 35Dos de Dan, que se poñían en orde para o combate, vinte oito mil seiscentos.36De Aser, preparados para a guerra e para a pelexa: corenta mil. 37E do outro lado do Xordán, dos rubenitas e gaditas e da metade da tribo de Manasés, cento vinte mil con toda clase de armas de guerra.38Todos estes, homes de guerra, listos para a batalla, viñeron con corazón sincero a Hebrón para facer rei a David sobre todo Israel; tamén todo o resto de Israel tiña un mesmo parecer para facer rei a David. 39E estiveron alí con David por tres días, comendo e bebendo, porque os seus parentes prepararan provisións para eles. 40Tamén os que estaban preto deles, ata Isacar, Zabulón e Neftalí, trouxeron alimentos en asnos, camelos, mulas e bois; tortas de fariña en gran abundancia, tortas de figos e racimos de uvas pasas; viño e aceite; e bois e ovellas, porque había ledicia en Israel.
1Entón David celebrou consello cos capitáns de mil e de cen, e con todos os xefes. 2E dixo David a toda a congregación de Israel: -Se vos parece ben e se é de Iahveh o noso Deus, mandaremos mensaxe a tódolos nosos parentes que quedan en tódalas terras de Israel, e tamén aos sacerdotes e levitas nas súas cidades e nos seus campos, para que se xunten a nós; 3e traeremos a arca do noso Deus connosco, porque non fomos a procurala dende os días de Saúl. 4E toda a congregación dixo que así se fixera, pois o asunto pareceulle ben a todo o pobo.5Entón David reuniu a todo Israel, dende o Sihor de Exipto ata a entrada de Hamat, para traer a arca de Deus de Quiriat-Xearim. 6E David subiu con todo Israel a Baala, é dicir, a Quiriat-Xearim, que pertence a Xudá, para subir de alí a arca de Iahveh, o Deus que mora entre os querubíns, onde é invocado o seu nome.7E levaron a arca de Deus dende a casa de Abinadab nun carro novo, e Uza e Ahío guiaban o carro. 8E David e todo Israel estaban a alegrarse diante de Deus con tódalas súas forzas, e con cantos e arpas, e con liras, pandeiros, címbalos e trompetas.9Cando chegaron á eira de Quidón, Uza estendeu a súa man para soster a arca, porque os bois tropezaban. 10Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Uzá e feriuno porque estendeu a súa man cara a arca; e morreu alí diante de Deus. 11E David enfadouse porque a ira de Iahveh quebrantara a Uzá; e chamou a aquel lugar Perez-Uza, como está ata hoxe.12E David tivo medo de Deus ese día, e dixo: -Como poderei traer a arca de Deus a min? 13Así que David non levou a arca consigo á Cidade de David, senón que a trasladou á casa de Obed-Edom o gueteo. 14E a arca de Deus quedou coa casa de Obed-Edom, na súa casa, por tres meses; e Iahveh bendiciu a casa de Obed-Edom e todo o que posuía.
1Hiram, rei de Tiro, mandou mensaxeiros a David, con madeira de cedro, e canteiros e carpinteiros, para edificarlle unha casa. 2E David entendeu que Iahveh o confirmara como rei sobre Israel, e que o seu reino fora grandemente exaltado por mor do seu pobo Israel.3David tomou máis mulleres en Xerusalém, e enxendrou máis fillos e fillas. 4E estes son os nomes dos fillos que lle naceron en Xerusalém: Samúa, Sobab, Natán, Salomón, 5Ibhar, Elisúa, Elpelet, 6Noga, Nefeg, Iafia, 7Elisama, Beeliada e Elifelet.8Cando os filisteos escoitaron que David fora unxido rei sobre todo Israel, todos os filisteos subiron a buscar a David. E cando David o soubo, saíu contra eles. 9Entón os filisteos viñeron e fixeron unha incursión no val de Refaím.10E David consultou a Deus, dicindo: -Subirei contra os filisteos? Entregaralos na miña man? E Iahveh respondeu: -Sube, e Eu entregareinos na túa man. 11Subiron, pois, a Baal-Perazim, e David venceunos alí. E dixo David: -Deus abriu brecha entre os meus inimigos pola miña man, como unha impetuosa corrente de augas! Por iso chamouse a aquel lugar Baal-Perazim. 12Eles deixaran abandonados alí os seus deuses, e David mandou que os queimaran13Despois os filisteos volveron facer unha incursión no val. 14David consultou de novo a Deus, e Deus díxolle: -Non subas contra eles; ven por detrás deles e sae a eles fronte as moreiras.15E acontecerá que cando escoites o son de marcha nas copas das moreiras, entón sairás á batalla, porque Deus sairá diante de ti para derrotar o exército dos filisteos. 16E David fixo así como Deus lle mandara, e derrotaron o exército dos filisteos dende Gabaón ata Guezer. 17E a fama de David estendeuse por tódalas terras; e Iahveh fixo que todas as nacións temeran a David.
1E David fixo casas para si na Cidade de David, e preparou un lugar para a arca de Deus e ergueu unha tenda para ela. 2Entón David dixo: -Ninguén debe levar a arca de Deus agás os levitas, porque Iahveh escolleunos para levar a arca de Deus e para servirlle para sempre. 3Entón David reuniu a todo Israel en Xerusalém para subir a arca de Iahveh ao lugar que lle preparara.4E David reuniu os fillos de Aarón e os levitas: 5dos fillos de Coat: Uriel, o xefe, e os seus irmáns cento vinte. 6dos fillos de Merarí: Asaías o xefe e os seus irmáns douscentos vinte.7dos fillos de Gersón: Xoel, o xefe, e os seus irmáns cento trinta. 8dos fillos de Elizafán: Semaías o xefe e os seus irmáns douscentos; 9dos fillos de Hebrón: Eliel, o xefe, e os seus irmáns oitenta. 10dos fillos de Uziel: Aminadab o xefe e os seus irmáns cento doce.11Entón David fixo chamar a Sadoc e a Abiatar, os sacerdotes, e aos levitas a Uriel, Asaías, Xoel, Semaías, Eliel e Aminadab, 12e díxolles: -Vós sodes os pais principais das familias dos levitas; santificádevos vós e os vosos irmáns para facer subir a arca da Iahveh, Deus de Israel, ao lugar que lle preparei.13Porque porque por non telo feito vós na primeira vez, Iahveh o noso Deus quebrantounos, porque non o buscamos conforme ao que estaba escrito. 14Entón os sacerdotes e os levitas santificáronse para subir a arca de Iahveh, Deus de Israel. 15E os fillos dos levitas levaron a arca de Deus con barras colocadas sobre os seus ombreiros, como Moisés ordenara conforme a palabra de Iahveh.16E David falou aos príncipes dos levitas para que designaran os seus irmáns os cantores con instrumentos de música: arpas, liras e címbalos, para que resoaran e que alzaran a voz con ledicia. 17E os levitas nomearon a Hemán, fillo de Xoel, e dos seus parentes, a Asaf, fillo de Berequías; e dos fillos de Merarí, os seus parentes, a Etán, fillo de Cusaías, 18e con eles en segundo lugar os seus parentes: Zacarías fillo de Xaaziel, Semiramot, Ieiel, Uni, Eliab, Benaías, Maasías, Matatías, Elifeleu, Micnias, Obed-Edom e Ieel, os porteiros.19Os cantores Hemán, Asaf e Etán estaban a facer resoar os crótalos de bronce. 20e Zacarías, Aziel, Semiramot, Ieiel, Uni, Eliab, Maasías e Benaía, con arpas templadas para alamot; 21e Matatías, Elifeleu, Micnías, Obed-edom, Ieel e Azazías, para dirixir coas liras templadas para o seminit.22E Quenanías, xefe dos levitas, estaba a cargo do canto, porque era talentoso. 23Berequías e Elcaná eran porteiros da arca. 24E Shebanías, Iosafat, Natanael, Amasaí, Zacarías, Benaías e Eliezer, os sacerdotes, tocaban as trompetas diante da arca de Deus; e Obed-Edom e Iexias eran porteiros da arca.25Foi pois, David, xunto cos anciáns de Israel e os capitáns de mil, para traer a arca do pacto de Iahveh da casa de Obed-Edom con ledicia. 26E aconteceu que como Deus axudaba os levitas que levaban a arca do pacto de Iahveh, sacrificaron sete xatos e sete cordeiros.27E David estaba vestido cun manto de liño fino, e todos os levitas que levaban a arca tamén: os cantores e Quenanías, xefe do canto entre os cantores; e David tiña posto un efod de liño. 28E todo Israel facía subir a arca do pacto de Iahveh con aclamacións, co son do shofar, con trompetas e címbalos que resoaban, con salterios e liras.29E aconteceu que cando a arca do pacto de Iahveh entrou na Cidade de David, Mical, filla de Saúl, mirou pola fiestra, e viu ao rei David brincando e alegrándose, e desprezouno no seu corazón.
1E trouxeron a arca de Deus e puxérona no medio da tenda que David levantara para ela, e ofreceron holocaustos e ofrendas de paz diante de Deus. 2Cando David rematou de ofrecer os holocaustos e as ofrendas de paz, bendiciu o pobo no nome de Iahveh. 3E repartiu a todo Israel, tanto a homes como a mulleres, a cada un, un anaco de pan, unha porción de carne e unha torta de pasas.4E nomeou a algúns dos levitas como servidores diante da arca de Iahveh, para celebrar, dar grazas e louvar a Iahveh, Deus de Israel: 5Asaf o primeiro e, segundo despois del, Zacarías; e despois, Iehiel, Semiramot, Ieiel, Matatías, Eliab, Benaías, Obed-Edom e Ieiel, cos seus instrumentos de salterios e liras; e Asaf tamén tocaba os címbalos resoantes, 6e os sacerdotes Benaías e Iahzael, tocaban as trompetas continuamente diante da arca do pacto de Deus.7Ese día David puxo por primeira vez nas mans de Asaf e dos seus irmáns este salmo para louvar a Iahveh: 8Louvade a Iahveh, invocade o seu nome! Dade a coñecer entre os pobos, as súas fazañas. 9Cantádelle, cantádelle salmos; Meditade en tódalas súas marabillas.10Gloriádevos no seu santo nome! Que se alegre o corazón dos que buscan a Iahveh! 11Buscade a Iahveh e a súa fortaleza; buscade continuamente a súa faciana!12Lembrade as súas marabillas que El fixo, os seus prodixios e os xuízos da súa boca; 13Vós, fillos de Israel, o seu servo! Fillos de Xacob, os seus escollidos! 14Iahveh, El é o noso Deus; os seus xuízos están sobre toda a terra.15Lembrádevos para sempre do seu pacto, Da palabra que mandou para mil xeracións, 16do pacto que fixo con Abraham, e do seu xuramento a Isaac. 17O que confirmou a Xacob como estatuto, e a Israel como pacto eterno, 18dicindo: "A ti dareiche a terra de Canaána porción da vosa herdanza."19Cando eran poucos en número, moi poucos e estranxeiros nela, 20e vagaban de nación en nación, e dun reino a outro pobo, 21El non permitiu que ninguén os oprimira, e por amor a eles reprendeu a reis, dicindo: 22"Non toquedes os meus unxidos, nin fagades mal aos meus profetas."23Canta a Iahveh, toda a terra; Proclama un día e outro a súa salvación. 24Declarade a súa gloria entre as nacións, e tódalas súas marabillas entre os pobos.25Porque grande é Iahveh e digno de louvor; e temible é por riba de todos os deuses. 26Porque tódolos deuses dos pobos son ídolos, pero Iahveh fixo os ceos. 27Gloria e maxestade están diante del; Fortaleza e ledicia están na súa morada.28Tributade a Iahveh, familias dos pobos! Dádelle a Iahveh a gloria e o poder! 29Dádelle a Iahveh a honra que se lle debe ao seu nome!Traede ofrenda e vinde a súa presenza; Prostrádevos diante de Iahveh na fermosura da santidade.30Treme diante del toda a terra; o mundo está firme, non pode ser conmovido. 31alégrense os ceos e regocíxese a terra; e digan entre as nacións: Iahveh reina!32Que ruxa o mar e todo o que hai nel! Que se alegre o campo e todo o que hai nel! 33Entón as árbores do bosque cantarán de ledicia diante de Iahveh, Porque El vén para xulgar a terra.34Dádelle grazas a Iahveh porque El é bo! Porque a súa misericordia é para sempre. 35E dicide: -Sálvanos, Ó Deus da nosa salvación! Recóllenos e líbranos das nacións, para que confesemos o teu santo nome, e nos gloriemos no teu louvor.36Bendito sexa Iahveh, Deus de Israel, dende a eternidade ata a eternidade! E todo o pobo berrou: -Amén! Louvemos a Iahveh!
1E aconteceu que cando David vivía na súa casa, David dixo ao profeta Natán: -Mira, eu vivo nunha casa de cedro, pero a arca do pacto de Iahveh está baixo unha tenda. 2E Natán dixo a David: -Fai todo o que estea no teu corazón, porque Deus está contigo!36Pero esa mesma noite a palabra de Deus chegou a Natán, dicindo: 4-Vai e di ao meu servo David: -Isto di Iahveh: non serás ti quen me edifique unha casa para que habite nela. 5Porque non vivín en casa dende o día que fixen subir os fillos de Israel Israel ata o día de hoxe, senón que ía de tenda en tenda e no tabernáculo. En todo lugar no que andei con todo Israel, acaso lle dixen aos xuíces de Israel ou aos que lles mandei pastorear o meu pobo Israel, por que non me edificades unha casa de cedro?7Agora pois, así dirás ao meu servo David: así di Iahveh dos exércitos: Eu collinte do pasteiro, de detrás das ovellas, para que foses príncipe sobre o meu pobo Israel. 8E estiven contigo por onde andiveches e destruín a todos os teus inimigos diante de ti; e farei de ti un nome como o nome dos grandes que están na terra.9E dispuxen un lugar para o meu pobo Israel e coloqueino alí, para que habite nel e non sexa nunca máis movido; nin os malvados o opriman coma no principio, 10tal e como dende os días cando coloquei xuíces sobre o meu pobo Israel, e someterei a tódolos teus inimigos. E anúncioche tamén que Iahveh edificarache unha casa.11E acontecerá que cando se cumpran os teus días para marchares cos teus pais, levantarei un dos teus descendentes despois de ti, un dos teus fillos, e establecerei o seu reino. 12El edificará unha casa para o meu nome, e Eu establecerei o seu trono para sempre.13Eu serei o seu pai e el será o meu fillo; e non afastarei a miña misericordia del, como a afastei do que estaba antes de ti, 14senón que o establecerei na miña casa e no meu reino para sempre, e o seu trono será establecido eternamente. 15Segundo todas estas palabras e conforme toda esta visión, así lle falou Natán a David.16Entón o rei David entrou e sentou diante de Iahveh, e dixo: - Ó Iahveh! Quen son eu e que é a miña casa para que me leves tan lonxe? 17E coma se isto fose pouco aos teus ollos, ó Deus! Pois ti tamén falaches sobre a casa do teu servo concernente ao futuro lonxe, e considérachesme segundo a medida dun home prominente, Ó Deus Iahveh! 18Que máis pode dicirche David en canto á gloria con que honraches ao teu servo, se ti coñeces o teu servo?19Que por amor do teu servo, Ó Iahveh, e segundo o teu corazón, fixeches esta gran cousa para dar a coñecer todas as túas grandezas. 20Ó Iahveh! non hai ninguén coma ti, nin hai Deus ademais de ti, segundo todo o que escoitamos cos nosos oídos. 21E que nación hai na terra coma o teu pobo Israel, á que Deus saíu rescatar como pobo para si, para manifestar o teu nome con grandes e tremendas fazañas, expulsando nacións de diante do teu pobo que rescataches de Exipto?22Fixeches ao teu pobo Israel o teu pobo para sempre, e ti, Iahveh, viñeches ser o seu Deus. 23E agora, Ó Iahveh, que a palabra que dixeches sobre o teu servo e sobre a súa casa sexa confirmada para sempre, e fai como dixeches. 24E sexa confirmado e engrandecido o teu nome para sempre, para que todos digan: Iahveh dos exércitos, Deus de Israel, é Deus para Israel! E sexa establecida a casa do teu servo David diante de ti.25Porque ti, meu Deus, revelaches ao teu servo que lle edificarás unha casa; por iso o teu servo atopou o valor de orar diante de ti. 26Agora pois, Iahveh, ti es o Deus! E prometiches este ben ao teu servo. 27Ten a ben bendicir a casa do teu servo para que permaneza para sempre diante de ti; porque ti, Iahveh, bendicíchela e bendita será para sempre.
1Despois disto, aconteceu que David derrotou os filisteos e someteunos, e tomou Gat e as súas aldeas da man dos filisteos. 2Tamén derrotou a Moab, e os moabitas viñeron ser servos de David, traéndolle tributos.3David tamén derrotou a Hadad-Ezer, rei de Soba, preto de Hamat, cando este ía establecer o seu dominio xunto ao río Éufrates. 4E David capturou del mil carros e sete mil homes de a cabalo e vinte mil homes de a pé; e David tronzou polos xarretes os cabalos de todos os carros, deixando só os cabalos para cen carros.5E cando os arameos de Damasco viñeron axudar a Hadadezer, rei de Soba, David matou vinte e dous mil homes dos sirios. 6Entón David puxo gardas na Siria de Damasco; e os sirios foron os servos de David, traéndolle tributos. E Iahveh daba a victoria a David onde queira que fora.7E David colleu os escudos de ouro que tiñan os servos de Hadadezer, e tróuxoos a Xerusalém. 8Así mesmo David colleu unha gran cantidade de bronce de Tibhat e de Cun, cidades de Hadad-Ezer; e Salomón fixo con el o mar de bronce, as columnas e todos os utensilios de bronce.9E soubo Tou, rei de Hamat, que David derrotara a todo o exército de Hadad-Ezer, rei de Soba. 10Mandou o seu fillo Adoram ao rei David para saudalo e bendicilo porque Hadad-Ezer pelexara con el e o derrotara, pois Hadad-Ezer estivera en guerra con Tou. E regaloulle toda clase de obxectos de ouro, prata e bronce. 11Estes tamén os consagrou o rei David a Iahveh, xunto coa prata e o ouro que tomara de tódalas nacións: de Edom, de Moab, dos fillos de Amón, dos filisteos e de Amalec.12E Abisai, fillo de Sarvia, derrotou a dezaoito mil edomitas no val do sal. 13E puxo gardas en Edom, e todos os edomitas foron servos de David, porque Iahveh daba victoria a David onde queira que ía.14E David reinou sobre todo Israel, e administrou xustiza e xuízo a todo o seu pobo. 15Ioab, fillo de Sarvia, era o xeneral do exército; e Iosafat, fillo de Ahilud, era o cronista; 16e Sadoc, fillo de Ahitob, e Abimelec, fillo de Abiatar, eran os sacerdotes; e Savasá era o secretario; 17e Benaías, fillo de Iohada, era o xefe dos cereteos e peleteos; e os fillos de David eran os príncipes ao lado do rei.
1Sucedeu despois disto que morreu Nahas, rei dos fillos de Amón, e o seu fillo reinou no seu lugar. 2E dixo David: -Serei bondadoso con Hanún, fillo de Nahas, así coma o seu pai foi bondadoso comigo. Entón David mandou mensaxeiros para consolalo pola morte de seu pai. E cando os servos de David chegaron á terra dos amonitas, xunto a Hanún, para consolalo, 3os príncipes dos amonitas dixéronlle a Hanún: -Cres que David honra a teu pai por mandarche xente a te consolar? Non viñeron os seus servos a ti para explorar, destruír e espiar a nosa terra?4Entón Hanún colleu os servos de David, rapounos e cortoulles as roupas pola metade ata as nádegas, e despediunos. 5Fóronse, e cando chegou a David a noticia sobre os homes; el mandou ao seu encontro, porque os homes estaban moi avergoñados, e o rei dixo: -Quedádevos en Iericó ata que vos medre a barba, e despois volvede.6E cando Hanún mailos amonitas viron que se fixeran odiosos con David, Hanún mailos amonitas enviaron mil talentos de prata para contratar carros e xinetes da Mesopotamia, de Siria de Maaca e de Soba. 7E colleron á conta trinta e dous mil carros e ao rei de Maaca co seu pobo; e viñeron e acamparon fronte a Medeba. E os amonitas reuníronse das súas cidades e viñeron á batalla.8E cando o soubo David, mandou a Ioab e a todo o exército de homes valentes. 9E os amonitas saíron e preparáronse para a batalla na entrada da cidade, e os reis que viñeran estaban aparte no campo.10E cando Ioab viu que se lle presentaba unha batalla por diante e por detrás, escolleu algúns dos homes máis competentes de Israel e colocounos en batalla contra os sirios. 11E o resto do pobo púxoo ao mando do seu irmán Abisai, poñéndoos en batalla contra os amonitas.12E dixo: -Se os arameos son máis fortes ca min, entón ti axudarasme; e se os amonitas son máis fortes ca ti, entón eu axudareite. 13Sé forte e sexamos valentes por amor ao noso pobo e polas cidades do noso Deus; e que Iahveh faga o bo diante dos seus ollos.14E Ioab e o pobo que estaba con el achegáronse para loitar contra os sirios, e eles fuxiron diante del. 15E cando os amonitas viron que os sirios fuxiran, eles tamén fuxiron de diante do seu irmán Abisaí e entraron na cidade. Entón Ioab volveu a Xerusalém.16E cando os sirios viron que foran derrotados por Israel, mandaron mensaxeiros e trouxeron os sirios que estaban alén do río, con Sofac, comandante do exército de Hadadezer. 17Cando se lle informou a David, el reuniu a todo Israel, cruzou o Xordán e chegou ao seu encontro e ordenou a batalla contra deles. E David ordenou o seu exército para enfrontarse aos sirios, e estes loitaron contra el.18Pero os sirios fuxiron diante de Israel, e David matou deles a sete mil homes dos carros e corenta mil homes de a pé; e tamén matou a Sofac, comandante do exército. 19Cando os servos de Hadad-Ezer viron que foran derrotados por Israel, fixeron paz con David e servírono. E os sirios non quixeron axudar máis aos fillos de Amón.
1E aconteceu que na primavera, no tempo en que os reis saen á guerra, Ioab sacou o exército e arrasou a terra dos fillos de Amón; e foi e sitiou Rabá; pero David quedou en Xerusalém. E Ioab feriu a Rabá e destruíuna.2David colleu a coroa da cabeza do seu rei, e achou que pesaba un talento de ouro e que había nela unha pedra preciosa; e foi colocada sobre a cabeza de David. E tamén sacou da cidade un botín moi grande. 3Sacou tamén á xente que estaba alí e púxoa a traballar coas serras, coas grades e as fouces. Así fixo David con todas as cidades dos fillos de Amón. Entón David volveu a Xerusalém con todo o pobo.4Aconteceu despois disto que en Guezer houbo guerra contra os filisteos; entón Sibecai husatita matou a Sipai, un dos descendentes de Rafaím, e foron dominados. 5Houbo de novo guerra contra os filisteos; e Elhanán, fillo de Iacir, matou a Lahmi, irmán de Goliat o gueteo; e o fío da súa lanza era coma unha agulla de tecedeira.6Houbo outra guerra en Gat, onde había un home de gran estatura que tiña vinte e catro dedos, seis en cada man e seis en cada pé; el tamén descendía de Rafaím. 7E cando desafiou a Israel, matouo Xonatán, fillo de Simea, irmán de David. 8Estes eran descendentes dos xigantes en Gat, e caeron por man de David e pola man dos seus servos.
1Entón Satanás levantouse contra Israel e instigou a David a que fixera un censo de Israel. 2E David dixo a Ioab e aos príncipes do pobo: -Ide, contade a Israel dende Beerseba ata Dan, e traédeme o resultado para que saiba o seu número. 3Pero Ioab dixo: -Que Iahveh engada o seu pobo cen veces máis do que é. Pero, meu señor o rei, non son todos eles servos do meu señor? Por que procura isto o meu señor que rematará sendo para pecado a Israel?4Pero a palabra do rei prevaleceu sobre a de Ioab. E saíu Ioab e percorreu todo Israel; e logo volveu a Xerusalém. 5E Ioab deu a David o número total do censo de todo o pobo; en todo Israel había un millón cen mil homes que sacaban espada, e en Xudá catrocentos setenta mil homes que sacaban espada.6Pero de Leví e de Benxamín non fixo un censo entre eles, porque a palabra do rei era abominable para Ioab. 7Tamén esto desagradou a Deus, e El feriu a Israel. 8Entón David dixo a Deus: -Pequei grandemente en facer isto; pero agora rógoche que tires a iniquidade do teu servo, porque actuei coma un necio.9E Iahveh falou a Gad, vidente de David, dicindo: 10-Vai e fala a David, e dille: -Así di Iahveh: Propóñoche tres cousas; escolle unha delas para que che faga.11Entón Gad foi onda David e díxolle: -Isto di Iahveh: escolle para ti: 12ou tres anos de fame; ou tres meses de derrotas diante dos teus inimigos e ser ferido pola espada dos teus inimigos; ou tres días da espada de Iahveh, é dicir, unha peste na terra, e o anxo de Iahveh facendo estragos en todo o territorio de Israel. Agora pois, considera que respostarei ao que me mandou.13E David respondeu a Gad: -Estou moi anguriado, mais prefiro caer nas mans de Iahveh, porque as súas misericordias son moitas, e non caer nas mans dos homes! 14Entón Iahveh mandou unha peste sobre Israel, e caeron de Israel setenta mil homes. 15E Deus mandou un anxo a Xerusalém para destruíla; e cando estaba a piques de destruíla, Iahveh mirou e sentiu pena pola calamidade, e díxolle ao anxo destrutor: -Basta, retén agora a túa man! E o anxo de Iahveh estaba xunto á eira de Ornán o iebuseo.16E David levantou os ollos e viu o anxo de Iahveh que estaba entre a terra e os ceos cunha espada desenvaiñada na súa man estendida sobre Xerusalém. Entón David e os anciáns, vestidos de cilicio, caeron sobre as súas facianas. 17E dixo David a Deus: -Non fun eu o que mandou contar o pobo? Certamente, son eu o que pequei e actuei perversamente, pero estas ovellas que fixeron? Ai Iahveh o meu Deus, que a túa man sexa contra min e contra a casa do meu pai, pero non contra o teu pobo, para que non haxa unha praga sobre eles!18E o anxo de Iahveh ordenou a Gad que lle dixera a David que subira e edificara un altar a Iahveh na eira de Ornan o iebuseo. 19E David subiu conforme a palabra que Gad falara no nome de Iahveh. 20E Ornán virouse e viu o anxo; e os seus catro fillos que estaban con el agocháronse. E Ornán estaba a trillar o trigo.21Cando David chegou onda Ornan, este mirou e ao ver a David, saíu da eira e prostrouse diante de David rostro en terra. 22Entón David dixo a Ornán: -Dáme o lugar desta eira para que edifique alí un altar a Iahveh; dáme por un prezo xusto, para que se deteña a praga no pobo.23E Ornán dixo a David: - Tómaa para ti, e que o meu señor o rei faga o que é bo aos seus ollos. Velaquí, entrégolle tamén os bois para holocaustos e os troncos para madeira e o gran para a ofrenda de gran; douno todo. 24Pero o rei David dixo a Ornán: -Non, senón que certamente a comprarei por un prezo xusto; porque non tomarei para Iahveh o que é teu nin ofrecerei un holocausto que non me custou nada.25Entón David deu a Ornán o peso de seiscentos siclos de ouro polo lugar. 26E David edificou alí un altar a Iahveh e ofreceu holocaustos e ofrendas de paz; e invocou a Iahveh, e El respondeulle con lume do ceo sobre o altar do holocausto. 27Entón Iahveh deu orde ao anxo, e el envaiñou a súa espada.28Cando David viu que Iahveh lle respondera na eira de Ornán o iebuseo, ofreceu alí un sacrificio. 29Porque o tabernáculo de Iahveh que Moisés fixera no deserto e o altar do holocausto estaban naquel tempo no lugar alto de Gabaón. 30Pero David non se atrevera ir alí diante del para consultar a Deus, porque estaba aterrado pola espada do anxo de Iahveh.
1Entón David dixo: -Este é o lar de Iahveh Deus, e este é o altar do holocausto para Israel. 2E David mandou que se reuniran os estranxeiros que estaban na terra de Israel, e nomeou canteiros para que labraran pedras para edificar a casa de Deus.3David preparou gran cantidade de ferro para facer os cravos das portas da entrada e para as xuntas das porta, e máis bronce do que se podía pesar; 4e madeira de cedro sen número, porque os sidonios e os tiros trouxeron madeira de cedro en gran cantidade a David. 5E dixo David: -O meu fillo Salomón é novo e inexperto, e a casa que ha ser construída a Iahveh ha ser de grande esplendor, de renome e gloria en tódalas terras; así que farei os preparativos para el. Así David fixo grandes preparativos antes de morrer.6Entón chamou polo seu fillo Salomón e encargoulle que edificara unha casa a Iahveh, o Deus de Israel. 7E David díxolle a Salomón: -Meu fillo, eu tiña en mente edificar unha casa para o nome de Iahveh o meu Deus. 8Pero veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: "Ti derramaches moito sangue e dirixiches numerosas guerras, polo tanto non edificarás casa ao meu nome, porque verterches moito sangue na terra diante de min.9Velaí, nacerache un fillo, que será un home de paz, e Eu dareille paz diante de todos os seus inimigos arredor; porque o seu nome será Salomón, e nos seus días darei paz e acougo a Israel. 10El edificará unha casa para o meu nome; el será o meu fillo e Eu serei o seu pai; e establecerei o trono do seu reino sobre Israel para sempre.11Agora, meu fillo, que Iahveh sexa contigo para que teñas éxito e edifiques a casa de Iahveh o teu Deus, tal como El falou sobre ti. 12Que Iahveh che dea prudencia e entendemento e che dea dominio sobre Israel para que gardes a lei de Iahveh o teu Deus. 13Entón prosperarás, se tes coidado de poñer por obra os estatutos e os xuízos que Iahveh ordenou a Moisés para Israel. Sé forte e valente! Non temas nin desmaies!14Velaí, con moito esforzo preparei para a casa de Iahveh cen mil talentos de ouro e un millón de talentos de prata, e bronce e ferro sen medida pola súa abundancia; tamén preparei madeira e pedras, e aínda ti podes engadir a iso.15Ademais, tes contigo moitos obreiros: canteiros, artesáns e carpinteiros, e homes expertos en toda clase de obras. 16De ouro, de prata, de bronce e de ferro; non hai límite. Érguete e mans á obra, e que Iahveh sexa contigo!17David tamén ordenou a tódolos príncipes de Israel que axudaran a seu fillo Salomón, dicindo: 18Non está Iahveh o voso Deus convosco? E non vos deu paz por todas partes? Pois xa que El entregou na miña man os habitantes da terra, e a terra foi sometida diante de Iahveh e diante do seu pobo, 19dispoñede o voso corazón e a vosa alma na procura de Iahveh o voso Deus; erguédevos e edificade o santuario de Iahveh Deus, para traer a arca do pacto de Iahveh e os utensilios santos de Deus á casa que ha ser construída para o nome de Iahveh.
1Cando David xa era vello e cheo de días, proclamou a seu fillo Salomón como rei sobre Israel. 2E reuniu a tódolos príncipes de Israel, xunto cos sacerdotes e os levitas. 3E foron contados os levitas de trinta anos e máis; e o seu número, segundo o censo, foi de trinta e oito mil.4Deles, vinte e catro mil para supervisar o traballo da casa de Iahveh, seis mil como gobernadores e xuíces, 5catro mil eran porteiros e catro mil louvaban a Iahveh cos instrumentos que David fixera para cantar louvores. 6E David dividiunos en grupos segundo os fillos de Leví: Guersón, Coat e Merarí.7Dos guersónitas: Laadán e Simei. 8Os fillos de Ladan: Iehiel o primoxénito, despois Zetam e Xoel, tres. 9Os fillos de Simei foron Selomit, Haziel e Harán, tres. Estes foron os xefes das familias de Ladan.10E estes son os fillos de Simei: Iahat, Zina, Ieús e Berías. Estes catro foron fillos de Simei. 11Xahat era o primoxénito e Zina o segundo. Pero Ieús e Berías non tiñan moitos fillos, de tal maneira que foron contados como unha soa familia.12Os fillos de Coat foron catro: Amram, Izhar, Hebrón e Uziel. 13Os fillos de Amram foron Aarón e Moisés. E Aarón foi separado para ser adicado ás cousas mais santas, el e os seus fillos para sempre, para queimar incenso diante de Iahveh, para servilo e para bendicir no seu nome para sempre. 14En canto a Moisés, o home de Deus, os seus fillos foron contados na tribo de Leví.15Os fillos de Moisés: Guersón e Eliezer. 16O fillo de Guersón, Sebuel, o xefe. 17E os fillos de Eliezer foron Rehabías o xefe. Eliezer non tivo máis fillos, pero os fillos de Rehabías foron moitos. 18O fillo de Izhar, Selomit, o primeiro.19Os fillos de Hebrón: Ieria o primoxénito, Amarías o segundo, Xahaziel o terceiro e Iecamán o cuarto. 20Os fillos de Uziel: Micaías o primeiro, e Ixasías o segundo.21Os fillos de Merarí: Mahli e Musi. Os fillos de Mahli: Elazar e Cis. 22Pero Elazar morreu; e non tiña fillos, senón só fillas; de maneira que os seus parentes, os fillos de Cis, tomáronas por mulleres. 23Os fillos de Musi foron tres: Mahli, Eder e Ieremot.24Estes son os fillos de Leví segundo as súas casas paternas, os xefes das familias segundo o censo dos nomes, de vinte anos e máis, que facían o traballo do servizo na casa de Iahveh. 25Pois David dixera: "Iahveh, Deus de Israel, deu acougo ao seu pobo, e El habita en Xerusalém para sempre. 26E ademais, os levitas xa non terán que levar o tabernáculo nin tódolos seus utensilios para o seu servizo.27Pois segundo as últimas palabras de David, foron contados os fillos de Leví de vinte anos e máis. 28E o seu cargo era axudar aos fillos de Aarón no servizo da casa de Iahveh, nos atrios e nas salas, e na purificación de tódalas cousas consagradas e no traballo do servizo da casa de Deus; 29e tamén co pan da proposición, a flor de fariña para a ofrenda de gran, os flocos sen lévedo, o preparado na tixola, para o tostado e para toda medida e conta.30E para asistir cada mañá, todolos días, para dar grazas e louvar a Iahveh, e tamén á tarde, 31e para ofrecer todos os holocaustos a Iahveh en todos os días de repouso, nas lúas novas e nas festas consagradas, segundo o número deles e segundo as súas ordenanzas, continuamente diante de Iahveh.32E para que estiveran a cargo do tabernáculo de reunión e da custodia do santuario, baixo as ordes dos fillos de Aarón, os seus irmáns, no servizo da casa de Iahveh.
1Estas son as divisións dos descendentes de Aarón. Os fillos de Aarón foron Nadab, Abiu, Elazar e Itamar. 2Pero Nadab e Abiu morreron antes que o seu pai, e non tiveron fillos; así que Elazar e Itamar serviron como sacerdotes. 3E David e Sadoc, dos fillos de Elazar, e Ahimelec, dos fillos de Itamar, dividiunos segundo os seus turnos no ministerio.4E como se atopou que os fillos de Elazar tiñan máis varóns principais que os fillos de Itamar, repartíronse entre eles: dos fillos de Elazar dezaseis príncipes da casa dos pais, e dos fillos de Itamar oito, segundo as súas casas. 5E foron distribuídos por sortes, tanto os uns como os outros; porque os oficiais do santuario e os oficiais da casa de Deus eran tanto fillos de Elazar como fillos de Itamar.6E Semaías, fillo do escriba Natanael, un dos levitas, rexistrounos en presenza do rei, dos príncipes, do sacerdote Sadoc, de Ahimelec, fillo de Abiatar, e dos xefes das casas paternas dos sacerdotes e dos levitas; designando por sorteo unha casa paterna para Elazar e outra para Itamar.7A primeira sorte caeu en Ieoiarib, a segunda en Iedaías, 8a terceira para Harim, a cuarta para Seorim, 9a quinta a Malquías, a sexta a Mixamín, 10a sétima para Cos, a oitava para Abías,11a novena a Iesuá, a décima a Secanías, 12a undécima primeiro para Eliasib, a décimo segunda para Iacim, 13a decimo terceira a Hupa, a décima cuarta a Iesebeab, 14a décimo quinta a Bilga, a décimo sexta a Imer,15a décimo sétima a Hezir, a décimo oitava a Afises, 16a décimo novena a Petaías, a vinte a Ezequiel, 17a vinte e unha a Iacín, a vinte e duas a Gamul, 18a vinte e tres a Delaías, a vinte e catro a Maasías.19Estes foron distribuídos para o seu ministerio, para entrar na casa de Iahveh segundo a orde que lles fora dada por medio do seu pai Aarón, como Iahveh, Deus de Israel, lle mandara.20E para o resto dos fillos de Leví: dos fillos de Amram, Subael; dos fillos de Subael, Ieedías. 21de Rehabías: dos fillos de Rehabías, Isías o primeiro. 22dos izharitas, Selomot; dos fillos de Selomot, Iahat.23Dos fillos de Hebrón: Ierias o primeiro, Amarías o segundo, Xazael o terceiro e Iecamán o cuarto. 24dos fillos de Uziel, Micaías; dos fillos de Micaías, Samir. 25O irmán de Micaías, Ixaías; dos fillos de Ixaías, Zacarías.26Os fillos de Merarí: Mahli e Musi; dos fillos de Xaazías: Beno. 27Os fillos de Merarí por Xaazías: Beno, Soham, Zacur e Ibri. 28De Mahli: Elazar, que non tivo fillos.29Por Cis: dos fillos de Cis, Ierahmeel. 30E os fillos de Musi: Mahli, Edar e Jerimot. Estes son os fillos dos levitas segundo as súas casas paternas. 31Tamén eles botaron sortes como os seus parentes, os fillos de Aarón, en presenza do rei David, de Sadoc e de Ahimelec, e dos xefes das casas paternas dos sacerdotes e dos levitas; e os principais das casas paternas foron nomeados igual que o menor dos seus irmáns.
1Do mesmo xeito, David e os xefes do exército separaron para o servizo a algúns dos fillos de Asaf, de Hemán e de Iedutón, para que cantaran salmos proféticos con liras, salterios e címbalos; e o número deles, segundo o seu servizo, era: 2dos fillos de Asaf: Zacur, Xosé, Natanaías e Asarelas, fillos de Asaf baixo a dirección de Asaf, que cantaba salmos proféticos a carón do rei. 3De Iedutón: os fillos de Iedutón: Gedalías, Zeri, Iesaías, Simei, Hasabías e Matatías, seis, baixo a dirección do seu pai Iedutón, que tamén cantaba salmos proféticos con liras para aclamar e louvar a Iahveh.4De Heman, os fillos de Heman: Buquías, Matanías, Uziel, Sebuel, Ieremot, Hananías, Hananí, Eliata, Gidalti, Romanti-ezer, Josbecasa, Maloti, Hotir e Mahaziot. 5Todos eles eran fillos de Hemán, o vidente do rei, e tiñan palabras de Deus para exaltar o seu poder, pois Deus déralle a Hemán catorce fillos e tres fillas.6Todos eles estaban baixo a dirección do seu pai para o canto na casa de Iahveh, con acompañamento de címbalos, salterios e liras para o servizo da casa de Deus; Asaf, Iedutón e Heman estaban baixo a dirección do rei. 7O número deles e dos seus irmáns exercitados no canto ao Señor, todos os que eran hábiles, era de douscentos oitenta e oito. 8E botaron sortes para designar aos seus turnos, tanto os pequenos coma os grandes, de igual maneira os mestres coma os discípulos.9A primeira sorte saíu para Xosé da casa de Asaf; a segunda para Gedalías, e os seus irmáns e fillos eran doce; 10a terceira para Zacur, os seus fillos e irmáns, doce. 11a cuarta para Izri, os seus fillos e irmáns, doce. 12a quinta para Natanaías, os seus fillos e irmáns, doce.13a sexta para Buquías, os seus fillos e irmáns, doce. 14a sétima para Ieselele, os seus fillos e irmáns, doce. 15a oitava para Ixaquías, os seus fillos e irmáns, doce. 16o noveno para Matanías, os seus fillos e irmáns, doce.17a décima para Simei, os seus fillos e irmáns, doce. 18a undécima para Azareel, os seus fillos e irmáns, doce. 19a décimo segunda para Hasabia, os seus fillos e irmáns, doce. 20a décimo terceira para Subael, os seus fillos e irmáns, doce.21a décimo cuarta para Matatías, os seus fillos e irmáns, doce. 22a décimo quinta para Ieremot, os seus fillos e irmáns, doce. 23a décimo sexta a Hananías, os seus fillos e irmáns, doce. 24a décimo sétimo para Iosbecasa, os seus fillos e irmáns, doce.25a décimo oitava para Hananí, os seus fillos e irmáns, doce. 26a décimo novena para Maloti, os seus fillos e irmáns, doce. 27a vinte para Eliata, os seus fillos e irmáns, doce. 28a vixésimo primeira para Hotir, os seus fillos e irmáns, doce;29a vixésimo segunda a Gidalti, os seus fillos e irmáns, doce. 30a vixésimo terceira para Mahaziot, os seus fillos e irmáns, doce. 31a vixésimo cuarta, a Romanti-ezer, os seus fillos e irmáns, doce.
1A distribución dos porteiros foi así: dos coreitas, Meselemías, fillo de Coré, dos fillos de Asaf. 2E Meselemías tivo fillos: Zacarías o primoxénito, Iediael o segundo, Zebadías o terceiro, Iatniel o cuarto, 3o quinto Elam, o sexto Iohanán, o sétimo Elioenai.4E a Obed-edom tivo fillos: Semaías o primoxénito, Iozabad o segundo, Ioá o terceiro, Sacar o cuarto, Natanael o quinto, 5o sexto Amiel, o sétimo Isacar, e o oitavo Paultai; pois Deus o bendixera. 6E tamén a Semaías nacéronlle fillos que gobernaron na casa do seu pai, porque eran homes valentes e esforzados.7Os fillos de Semaías foron Otni, Rafael, Obed e Elzabad, e os seus irmáns, homes esforzados como Eliu e Samaquías. 8Todos estes eran dos fillos de Obed- Edom; eles, os seus fillos e parentes, homes valentes e capaces para o servizo: sesenta e dous de Obed- Edom. 9E os fillos de Meselemías e os seus irmáns : dezaoito homes valentes.10Tamén a Hosa, un dos fillos de Merarí, tivo fillos: Simri o primoxénito (aínda que non era primoxénito, o seu pai fíxoo primoxénito), 11o segundo Hilcias, o terceiro Tebalías, o cuarto Zacarías; todos os fillos de Hosa e os seus irmáns eran trinta.12Entre eles fíxose a distribución dos porteiros, alternándose os principais dos homes na garda cos seus irmáns, para servir na casa de Iahveh. 13E botaron sortes, tanto os pequenos coma os grandes, segundo as súas casas paternas, para cada porta. 14E a sorte para a do oriente caeu en Xelemías. E botaron sortes para o seu fillo Zacarías, un conselleiro intelixente, e a súa sorte saíu para a do norte.15A Obed-Edom saíu a porta o sur, e aos seus fillos os almacéns da casa. 16A Supim e a Hosa correspondeulles a fachada occidental, xunto á porta de Salequet, no camiño da subida. Garda por garda:17Ao oriente había seis levitas, ao norte catro por día, e ao sur catro por día, e no depósito dous en dous. 18No Parbar, cara o occidente, había catro no camiño e dous no mesmo atrio. 19Estas son as distribucións dos porteiros dos fillos de Coré e dos fillos de Merarí.20E os levitas, os seus parentes, estaban a cargo dos tesouros da casa de Deus e dos tesouros das ofrendas consagradas. 21Os fillos de Laadán, fillos dos guersonitas de Laadán, é dicir, os ieelitas, eran os príncipes das casas paternas de Laadán guersonita. 22E os fillos de Iexiel, Zetam e o seu irmán Xoel, estaban a cargo dos tesouros da casa de Iahveh.23Dos amramitas, dos izharitas, dos hebronitas, dos uzielitas, 24Sebuel, fillo de Guersón, fillo de Moisés, era o oficial sobre os tesouros. 25E os seus irmáns de parte de Eliezer foron: o seu fillo Rehabías, o seu fillo Iesaías, o seu fillo Ioram, o seu fillo Zicri e o seu fillo Selomit.26Este Selomit e os seus irmáns estaban a cargo de todos os tesouros das cousas santificadas que o rei David e os principais das casas paternas, os comandantes de mil e de cen e os comandantes do exército, santificaran. 27E santificaron parte do botín para reparar a casa de Iahveh. 28E todo o que consagrara Samuel o vidente, e Saúl, fillo de Cis, e Abner, fillo de Ner, e Ioab, fillo de Servias, todo o que consagraran estaba a cargo de Selomit e os seus irmáns.29Dos izharitas, Quenanías e os seus fillos eran designados para os asuntos externos de Israel, como gobernadores e xuíces. 30Dos hebronitas, Hasabías e os seus parentes, mil setecentos homes valentes, estaban a cargo de Israel alén do Xordán ao occidente, en todas as obras de Iahveh e no servizo do rei.31Dos hebronitas, Ierias o xefe (sobre os hebronitas se fixo unha investigación sobre as súas xenealoxías e casas paternas no ano corenta do reino de David, e atopáronse entre eles homes esforzados e valentes en Iázer de Galaad). 32E os seus parentes, homes de valor, eran dous mil setecentos principais de casas paternas. O rei David púxoos a cargo dos Rubénitas, gaditas e da metade da tribo de Manasés para todos os asuntos de Deus e os do rei.
1Este é o censo dos fillos de Israel: os cabezas de familias, os comandantes de mil e de cen, e os seus oficiais que servían ao rei en todos os asuntos das divisións que entraban e saían, mes por mes durante todos os meses do ano; cada división era de vinte e catro mil. 2Ao cargo do primeiro grupo para o primeiro mes estaba Iasobeam, fillo de Zabdiel, e no seu grupo había vinte e catro mil. 3El era dos fillos de Perez e era xefe de todos os capitáns do exército para o primeiro mes.4Ao cargo do grupo para o segundo mes estaba Dodai ahohita e o seu grupo estaba dirixido por Miclot, xefe principal, e no seu grupo había vinte e catro mil. 5O terceiro comandante do exército para o terceiro mes era Benaya, fillo do sacerdote Ioiada, como xefe, e na súa división había vinte e catro mil. 6Este Benaías era un heroe dos trinta e estaba sobre os trinta; e no seu grupo estaba o seu fillo Amisabad.7O cuarto para o cuarto mes era Asael, irmán de Ioab, e despois del o seu fillo Zebadías; e na súa división había vinte e catro mil. 8O quinto para o quinto mes era o comandante Samhut izraeita; e na súa división había vinte e catro mil. 9O sexto para o sexto mes era Ira, fillo de Iques tecoita; e na súa división había vinte e catro mil.10O sétimo para o sétimo mes era Heles pelonita, dos fillos de Efraín, e na súa división había vinte e catro mil. 11O oitavo para o oitavo mes era Sibecaí husatita, dos Zaraítas; e na súa división había vinte e catro mil. 12O noveno para o noveno mes era Abiezer anatotita, dos benxamitas, e na súa división había vinte e catro mil.13O décimo para o décimo mes era Maharai netofatita, dos seraítas; e na súa división había vinte e catro mil. 14O undécimo para o undécimo mes era Benaía o piratoniota, dos fillos de Efraín, e na súa división había vinte e catro mil. 15O décimo segundo para o décimo segundo mes era Heldai netofatita, de Otoniel; e na súa división había vinte e catro mil.16Así mesmo os oficiais das tribos de Israel: Eliezer, fillo de Zicri, príncipe dos rubenitas; dos Simeonitas, Sefatías, fillo de Maaca; 17de Leví, Hasabías, fillo de Kemuel; de Aarón, Sadoc; 18de Xudá, Eliu, un dos irmáns de David; de Isacar, Omri, fillo de Micael;19de Zabulón, Ismaelías, fillo de Obadías; de Neftalí, Ieremot, fillo de Azriel; 20dos fillos de Efraín, Oseas, fillo de Azazías; da metade da tribo de Manasés, Xoel, fillo de Pedaías; 21da outra media tribo de Manasés: en Galaad, Ido, fillo de Zacarías; e en Benxamín, Iasiel, fillo de Abner; 22de Dan, Azareel, fillo de Ieroham. Estes son os príncipes das tribos de Israel.23Pero David non fixo o censo dos que tiñan vinte anos ou menos, porque Iahveh dixera que multiplicaría a Israel como as estrelas dos ceos. 24Ioab, fillo de Servia, comezou a conta, pero non a rematou; pois por isto caeu ira sobre Israel; e o número non foi incluído no relato das crónicas do rei David.25Sobre os tesouros do rei estaba Azmavet, fillo de Adiel; e sobre os tesouros no campo, nas cidades, nas aldeas e nas torres, Xonatán, fillo de Uzías. 26Sobre os obreiros na labranza e nas terras estaba Ezri, fillo de Quelub. 27A cargo das viñas estaba Simei o ramatita; e a cargo do froito da viña gardado nas bodegas estaba Zabdi o sifmitita.28A cargo das oliveiras e dos sicómoros da Sefela estaba Baal-hanán o gederita; e a cargo dos almacéns de aceite estaba Ioas. 29Sobre o gando que pastoreaba en Sarón estaba Sitrai saronita; e sobre o gando nos vales era Safat, fillo de Adlai.30A cargo dos camelos estaba Obil ismaelitana, e a cargo dos asnos, Ieedías meronotita. 31E sobre as ovellas, Iacis o Agareno. Todos estes eran administradores da facenda persoal do rei David.32E Xonatán, tío de David, era conselleiro e escriba, un home prudente; e Iehiel, fillo de Hacmoni, instruía aos fillos do rei. 33E Ahitofel era conselleiro do rei; e Husaí o arquita era o amigo do rei. 34E Ioiada, fillo de Benaías, e Abiatar seguían a Ahitofel. E Ioab era o xefe do exército do rei.
1E David reuniu en Xerusalém a tódolos oficiais de Israel: os príncipes das tribos, os xefes das divisións que servían ao rei, os xefes de mil e os xefes de cen, e os administradores de todo o patrimonio e a facenda do rei, e dos seus fillos; xunto cos oficiais e tódolos homes valentes.2Entón o rei David púxose en pé, e dixo: -Escoitádeme, meus irmáns e meu pobo. Eu tiña en mente edificar unha casa para a arca do pacto de Iahveh e para o estrado do noso Deus, e fixera os preparativos para edificala. 3Pero Deus díxome: "Non edificarás unha casa ao meu nome, porque es home de guerras e verteches moito sangue."4Pero Iahveh, Deus de Israel, escolleume de toda a casa do meu pai para ser rei de Israel para sempre; escolleume da casa de Xudá por príncipe, e da casa de Xudá, á familia do meu pai; e de entre os fillos de meu pai, agradouse de min para facerme rei sobre todo Israel. 5E de todos os meus fillos (pois Iahveh deume moitos fillos) escolleu El ao meu fillo Salomón para que sentara no trono do reino de Iahveh sobre Israel.6E díxome: -O teu fillo Salomón é o que edificará a miña casa e os meus atrios; porque escollino por fillo meu, e Eu serei o seu pai. 7E establecerei o seu reino para sempre, se se mantén firme en cumprir os meus mandamentos e decretos, como neste día.8Agora pois, a vista de todo Israel, congregación de Iahveh, e aos ouvidos do noso Deus, gardade e observade todos os mandamentos de Iahveh o voso Deus, para que posuades a boa terra e a deixedes en herdanza aos vosos fillos despois de vós para sempre.9E ti, meu fillo Salomón, recoñece o Deus do teu pai e sírveo con corazón completo e con ánimo disposto; porque Iahveh escudriña tódolos corazóns e entende tódalas intencións dos pensamentos. Se o buscas, deixará que o atopes, pero se o deixas, El rexeitarate para sempre. 10Agora ten en conta que Iahveh te escolleu para edificar unha casa para o santuario; esfórzate e mans á obra!11Entón David deulle ao seu fillo Salomón o plan do pórtico do templo e dos seus edificios, dos almacéns, dos apousentos altos e das salas interiores e do lugar do propiciatorio; 12xunto con todo o deseño que tiña en mente para os atrios da casa de Iahveh e para tódalas salas arredor, e para os tesouros da casa de Deus e para os tesouros das cousas consagradas;13tamén para as seccións dos sacerdotes e dos levitas, e para todo o traballo do servizo da casa de Iahveh, e para todos os utensilios do servizo da casa de Iahveh; 14para os utensilios de ouro, o peso de ouro para todos os utensilios para cada servizo; e para os utensilios de prata, o peso de prata para todos os utensilios para cada servizo; 15e o peso de ouro para os candelabros de ouro e as súas lámpadas de ouro, co peso de cada candelabro e as súas lámpadas; e o peso de prata para os candelabros de prata, segundo o peso de cada candelabro e as súas lámpadas, e segundo o uso de cada candelabro;16Tamén o peso de ouro necesario para cada unha das mesas da proposición, e prata para as mesas de prata; 17os garfos, as cuncas e os xarros de ouro puro; e para as copas de ouro co peso de ouro correspondente a cada copa; e para as copas de prata co peso de de prata correspondente a cada copa;18e de ouro acrisolado por peso para o altar do incenso; e de ouro para o modelo do carro dos querubíns que estendían as súas ás e cubrían a arca do pacto de Iahveh. 19-Todo isto -dixo David- foime trazado pola man de Iahveh, facéndome entender todos os detalles do deseño.20E David dixo ao seu fillo Salomón: -Sé forte e sé valente e fai a obra. Non temas nin te angusties; porque Iahveh Deus, o meu Deus, está contigo. El non te abandoará nin te desamparará ata que remates todo o traballo para o servizo da casa de Iahveh. 21E velaí, tes as divisións dos sacerdotes e dos levitas para todo o ministerio da casa de Deus, e todo voluntario hábil e dotado de sabedoría estará contigo en todo traballo e para toda clase de servizos; tamén os príncipes e todo o pobo estarán á túa disposición.
1E o rei David dixo a toda a congregación: -O meu fillo Salomón, o único que Deus escolleu, é novo e inexperto, e o traballo é grande, porque o templo non é para home, senón para Iahveh Deus. 2Eu, con todalas miñas forzas, dispuxen para a casa do meu Deus: ouro para as cousas de ouro, prata para as cousas de prata, bronce para as cousas de bronce, ferro para as cousas de ferro, madeira para as cousas de madeira; tamén pedras de ónix, pedras preciosas, pedras mouras, pedras de moitas cores, toda clase de pedras preciosas e pedras de mármore en abundacia.3Ademais, polo meu amor á casa do meu Deus, o meu propio tesouro que teño de ouro e prata, doullo á casa do meu Deus, ademais de todo o que preparei para a casa do santuario: 4tres mil talentos de ouro, de ouro de Ofir, e sete mil talentos de prata refinada para cubrir os muros dos edificios; 5ouro para os obxectos de ouro, e prata para os obxectos de prata, e para todo traballo feito por artesáns. Agora ben, quen se dispón a entregar hoxe a súa ofrenda para Iahveh?6Entón os xefes de familia e os príncipes das tribos de Israel, os xefes de mil e de cen, e os administradores da obra do rei, ofreceron voluntariamente: 7E deron para o servizo da casa de Deus cinco mil talentos e dez mil moedas de ouro, dez mil talentos de prata, dezaoito mil talentos de bronce e cen mil talentos de ferro.8E todos os que tiñan pedras preciosas, déronas para o tesouro da casa de Iahveh baixo a responsabilidade de Iehiel guersoniota. 9E o pobo alegrouse por ter feito ofrendas voluntarias, porque con todo corazón fixeran ofrendas voluntarias a Iahveh; e tamén se alegrou o rei David con grande ledicia.10Entón David bendixo a Iahveh en presenza de toda a congregación. E dixo David: -Bendito es ti, Ó Iahveh, Deus de Israel o noso pai por sempre! 11Túa é, O Iahveh, a grandeza, o poder, a gloria, a vitoria e a honra, porque todo canto hai nos ceos e na terra é teu; teu é o reino, Ó Iahveh, e ti es exaltado como soberano sobre todo!12De ti veñen a riqueza e a honra, e ti gobernas sobre todo, e na túa man están o poder e a fortaleza, e na túa man está o engrandecer e dar forza a todos. 13Agora, noso Deus, dámosche grazas e louvamos o teu glorioso nome.14Porque, quen son eu e quen é o meu pobo, para que poidamos ofrecer tan xenerosamente? Porque de ti vén todo, e só do que recibimos de ti, démosche. 15Porque somos estranxeiros diante de ti e peregrinos, como foron todos os nosos pais; os nosos días sobre a terra son coma unha sombra e non hai esperanza.16Ó Iahveh, o noso Deus, toda esta abundancia que preparamos para edificarche unha casa para o teu santo nome, vén da túa man porque todo é teu. 17Eu sei, meu Deus, que ti examinas o corazón e te deleitas na rectitude, por iso eu ofrecín voluntariamente todas estas cousas na integridade do meu corazón; e agora vin con ledicia que o teu pobo que está aquí, ofrendouche todo sin pensalo.18Ó Iahveh, Deus dos nosos pais Abraham, Isaac e Israel, garda para sempre esta mesma motivación no corazón do teu pobo, e orienta o seu corazón cara a ti. 19E dálle ao meu fillo Salomón un corazón perfecto para que garde os teus mandamentos, os teus testemuños e os teus estatutos, e para que faga todo isto e edifique o templo para o que eu fixen todos estes preparativos.20Entón David dixo a toda a congregación: -Bendicide agora a Iahveh o voso Deus! E toda a congregación bendeciu a Iahveh, o Deus dos seus pais, e axeonlláronse e prostráronse diante de Iahveh e diante do rei. 21E sacrificaron vítimas a Iahveh e ofreceron holocaustos a Iahveh ao día seguinte: mil becerros, mil cordeiros e mil carneiros, con as súas libación e moitos sacrificios de parte de todo Israel.22E comeron e beberon ese día diante de Iahveh con grande ledicia. E proclamaron por segunda vez rei a Salomón, fillo de David, e unxírono como príncipe diante de Iahveh, e a Sadoc como sacerdote. 23Entón Salomón sentou no trono de Iahveh como rei en lugar de seu pai David, e prosperou, e obedeceuno todo Israel.24E todos os oficiais e os valentes, e tamén todos os fillos do rei David, xuraron obediencia ao rei Salomón. 25E Iahveh engrandeceu a Salomón grandemente a ollos de todo Israel, e deulle un reino tan glorioso como non tivera ningún rei en Israel antes del.26E David, fillo de Ixaí, reinou sobre todo Israel. 27O tempo que reinou sobre Israel foi de corenta anos: en Hebrón reinou sete anos e en Xerusalém reinou trinta e tres anos. 28E morreu en boa vellez, cheo de días, riquezas e gloria; e o seu fillo Salomón reinou no seu lugar.29Os feitos do rei David, os primeiros e os derradeiros, están escritos nas crónicas de Samuel o vidente, e nas crónicas de Natán o profeta, e nas crónicas de Gad o vidente, 30con todo o que aconteceu no seu reino e o referente ao seu poder e todos os tempos que viñeron sobre el e sobre Israel e sobre todos os reinos daquelas terras.
1Salomón, fillo de David, afianzouse no seu reino, pois Iahveh, o seu Deus, estaba con el e fíxoo moi grande.2E Salomón chamou a todo Israel, aos capitáns de mil e de cen, e aos xuíces, e a todos os príncipes de todo Israel, cabezas das casas paternas. 3E Salomón e toda a congregación con el, foron ao alto lugar que estaba en Gabaón, porque alí estaba a tenda de reunión de Deus, que Moisés, servo de Iahveh, fixera no deserto. 4Pero a arca de Deus, David leváraa de Quiriat-Jearim para o lugar que lle preparara, porque lle levantara unha tenda en Xerusalém. 5E o altar de bronce que fixo Bezaleel, fillo de Uri, fillo de Hur, estaba alí diante do tabernáculo de Iahveh, e Salomón e a congregación foron a consultar diante del.6E Salomón subiu alí diante de Iahveh, no altar de bronce que estaba no tabernáculo de reunión, e ofreceu sobre el mil holocaustos. 7Aquela mesma noite, Deus aparecéuselle a Salomón e díxolle: "pide o que queiras que che dea".8E Salomón respondeu a Deus: Ti mostraches gran misericordia a David, meu pai, e fixéchesme rei no seu lugar. 9E agora, Iahveh Deus, confirme a túa promesa a David, meu pai, xa que me fixeches rei sobre un pobo tan numeroso como o po da terra. 10Dáme agora sabedoría e coñecemento para que me saiba conducir diante deste pobo, porque quen pode xulgar a este teu pobo, tan grande? 11E Deus díxolle a Salomón: Porque isto é o que está no teu corazón, e non pediches riquezas, bens nin honra, nin a vida dos que te aborrecen, nin pediches moitos días, senón que sabedoría e intelixencia para xulgar o meu pobo sobre o que te fixen rei,12dareiche a sabedoría e o coñecemento; e tamén riquezas, bens e honra, como non tiveron os reis que estiveron antes de ti, nin haberá quen teña despois de ti. 13E Salomón volveu a Xerusalém dende o alto lugar de Gabaón, diante da tenda da reunión, e reinou sobre Israel.14E Salomón congregou carros e cabaleiros; e tiña mil catrocentos carros e doce mil cabaleiros, e colocounos nas cidades dos carros e co rei en Xerusalém. 15E o rei fixo que a prata e o ouro fosen tan numerosos en Xerusalém como as pedras, e os cedros tan abundantes coma os sicómoros da chaira. 16Os cabalos de Salomón viñan de Exipto e de Cilicia, onde os mercadores do rei os compraban ao contado. 17E cada un subía e compraba en Exipto un carro por seiscentas moedas de prata, e un cabalo por cento cincuenta; e así facían os reis dos hititas e os reis de Siria.
1E Salomón decidiu construír unha casa para o nome de Iahveh, e unha casa para si. 2E Salomón sinalou setenta mil homes para cargar, oitenta mil cortadores de pedras na montaña, e tres mil seiscentos supervisores. 3E Salomón mandou a dicirlle a Hiram rei de Tiro: "fai comigo como fixeches con David, meu pai, cando lle enviaches cedros para construírlle unha casa para morar.4Velaquí, eu estou a construír unha casa para o nome de Iahveh, o meu Deus, para consagrala a El, e para queimar incenso de fragancias diante del, e para colocar os pans de presentación continuamente, e para os holocaustos pola mañá e pola tarde, e nos sábados, nas novas lúas e nas festas do Señor, o noso Deus. Iso será unha lei perpetua en Israel. 5E a casa que eu quero construír debe ser grande, porque o noso Deus é maior que todos os deuses.6Pero quen pode construírlle unha casa, se os ceos e os ceos dos ceos non o poden conter? E quen son eu para construírlle unha casa, senón só para queimar incenso na súa presenza? 7Manda logo un home hábil para traballar en ouro, prata, bronce, ferro, púrpura, grana e azul, e para esculpir cos mestres que están comigo en Xudá e en Xerusalém, aqueles que o meu pai contratou.8Envíame tamén madeira do Líbano: cedro, ciprés e sándalo, porque sei que os teus servos saben cortar as árbores no Líbano. Velaquí, os meus servos estarán cos teus, 9para que me preparen madeira en abundancia, porque a casa que vou edificar será grande e marabillosa. 10E velaquí, para os traballadores dos teus servos, cortadores de madeira, eu darei vinte mil cargas de trigo, vinte mil cargas de cebada, vinte mil medidas de viño e vinte mil medidas de aceite.11E Hiram, rei de Tiro, respondeu nun escrito que enviou a Salomón: Polo amor de Iahveh ao seu pobo, fíxote rei sobre eles. 12Ademais, dixo Hiram: Bendito sexa Iahveh, o Deus de Israel, que fixo os ceos e a terra, e que deu ao rei David un fillo sabio, intelixente, entendido e prudente, que ha construír unha casa para Iahveh e unha casa para o seu reino!13Polo tanto, envíoche a un home hábil e entendido, Hiram Abi, 14fillo dunha muller das fillas de Dan, do que o seu pai é un home de Tiro, que sabe traballar en ouro, prata, bronce e ferro, pedra e madeira, púrpura e azul, liño e carmesí; e tamén sabe esculpir todo tipo de obras e facer todo o que se lle pida, traballará a unha cos teus homes expertos e cos do meu señor David, teu pai.15E agora, que o meu señor entregue aos seus servos o trigo, a cebada, o aceite e o viño que prometeu. 16E nós mesmos cortaremos a madeira do Líbano, todo o que precise, e traerémoslla en barcas polo mar a Iope, e levaralas ti a Xerusalém. 17E Salomón contou a todos os estranxeiros que había na terra de Israel, conforme o censo que tiña feito o seu pai David, e atopáronse cento cincuenta e tres mil seiscentos. 18E fixo deles setenta mil cargadores, oitenta mil canteiros na montaña, e tres mil seiscentos capataces para facer traballar o pobo.
1Salomón comezou a construír a casa de Iahveh en Xerusalém, no monte Moriah, onde se lle aparecerá Deus a seu pai David, no lugar que David preparara na eira de Ornán o iebuseo. 2Comezou a construír no segundo día do segundo mes, no cuarto ano do seu goberno. 3Estas foron as medidas que colocou Salomón para os cimentos da casa de Deus segundo a medida antiga: sesenta cóbados de lonxitude e vinte de ancho.4O pórtico diante da casa tiña vinte cóbados de longo, como a anchura da casa, e a súa altura era de cento vinte cóbados; e cubriu o interior con ouro puro. 5E revestiu a parte superior da casa con madeira de ciprés, e recubriuna con ouro fino, esculpindo figuras de palmas e cadeíñas.6E revestiu a casa con pedras preciosas para a ornamentación; e o ouro era ouro de Parvaim. 7E recubriu de ouro a casa: as vigas, os umbrais, as paredes e as portas; e esculpiu querubíns nas paredes.8Construíu o Lugar Santísimo; a súa lonxitude, segundo a anchura da casa, era de vinte cóbados e a súa anchura de vinte cóbados; e revestiuno con seiscentos talentos de ouro fino. 9E o peso dos cravos era de cincuenta siclos de ouro, e recubriu de ouro os aposentos superiores.10No interior do Lugar Santísimo fixo dous querubíns de madeira e recubríronos de ouro. 11A lonxitude das ás dos querubíns era de vinte cóbados: unha á era de cinco cóbados e tocaba a parede da sala, e a outra era de cinco cóbados e tocaba a á do outro querubín. 12E a outra á do querubín tiña cinco cóbados, e tocaba á parede da casa, e a outra á, cinco cóbados, xunguida á outra á do querubín.13As ás estendidas dos querubíns medían vinte cóbados, e estaban de pé coas súas facianas voltas cara a casa. 14Tamén fixo a cortina azul, púrpura, carmesí e liño fino branco, e fixo texer querubíns sobre ela. 15Diante da casa fixo dúas columnas de trinta e cinco cóbados de altura, e os seus capiteis eran de cinco cóbados. 16Tamén fixo cadeíñas no santuario e colocounas no alto das columnas; e fixo cen granadas e colocounas nas cadeíñas. 17E ergueu as columnas diante do templo, unha á dereita e outra á esquerda, e chamou á dereita Iaquin e á esquerda Boaz.
1E fixo un altar de bronce de vinte cóbados de lonxitude, de vinte cóbados de ancho e de dez cóbados de altura. 2Tamén fixo un mar de fundición, de dez cóbados dun extremo a outro, todo redondo; a súa altura era de cinco cóbados, e un cordón de trinta cóbados o rodeaba. 3E debaixo do mar había figuras de bois ao redor, dez por cada cóbado, dispostas en dúas filas de bois fundidas nunha soa peza.4Estaba asentado sobre doce bois, tres mirando cara o norte, tres cara o oeste, tres cara o sur e tres cara o leste. O mar estaba asentado sobre eles e as súas partes traseiras estaban cara o interior. 5O seu grosor era dun palmo, e a sua beira era coma a dun cáliz ou unha flor de lirio. Cabían nel tres mil medidas. 6Tamén fixo dez fontes, e colocou cinco á dereita e cinco á esquerda, para lavar e limpar nelas a obra do holocausto; pero o mar era para que os sacerdotes se lavasen nel.7Fixo dez candelabros de ouro, segundo o seu modelo, e colocounos no templo, cinco á dereita e cinco á esquerda. 8Tamén fixo dez mesas e colocounas no templo, cinco á dereita e cinco á esquerda. Tamén fixo cen copas de ouro.9Ademais fixo o patio dos sacerdotes, o patio grande coas súas portas, e revestiu as portas de bronce. 10E colocou o mar no lado dereito da casa, cara o sureste.11E Hiram fixo as caldeiras, as pás e as cuncas. E Hiram rematou a obra que fixera para o rei Salomón na casa de Deus: 12dúas columnas, e os capiteis, e as molduras das dúas columnas, e os dous trenzados para cubrir as dúas esferas dos capiteis que estaban sobre as columnas; 13catrocentas granadas nos trenzados, dúas filas de granadas por cada rede, para cubrir as dúas esferas dos capiteles que coroaban as columnas.14Tamén fixo as bases, sobre as que colocou as fontes; 15un mar e os doce bois debaixo del; 16e as caldeiras, as pás e os garfos. Todos os seus utensilios, que Hiram-Abi fixo para o rei Salomón para a casa de Iahveh, eran de bronce fino.17O rei fundiuno na chaira do Xordán, na terra de barro, entre Sucot e Ceredata. 18Salomón fixo tantos vasos que ninguén foi quen de saber o peso do bronce.19Así fixo Salomón todos os utensilios da casa de Deus, o altar de ouro, as mesas sobre as que se colocaba o pan de presentación, 20e os candelabros coas súas lámpadas de ouro puro, para que iluminaran segundo o mandado diante do santuario. 21As flores, os candelabros e as pinzas eran de ouro, de ouro moi puro. 22Os fogares, os leños, os tazas e os incensarios eran de ouro puro. A porta da casa, as portas interiores do santuario e as portas do templo tamén eran de ouro.
1Rematado o traballo que fixo Salomón para a casa de Iahveh, Salomón trouxo os obxectos que David, o seu pai, dedicara: a prata, o ouro e todos os utensilios, e colocounos nos tesouros da casa de Deus.2Entón Salomón reuniu en Xerusalém os anciáns de Israel, a todos os príncipes das tribos, e a todos os xefes das familias dos fillos de Israel, para subir a arca da alianza de Iahveh dende a cidade de David, que é Sión. 3E todos os homes de Israel reuníronse ante o rei na festa do sétimo mes.4Cando chegaron todos os anciáns de Israel, os levitas cargaron a arca. 5E levaron a arca, e a tenda da reunión, e tódolos utensilios do santuario que estaban no Tabernáculo; os sacerdotes levitas os levaron. 6E o rei Salomón e toda a congregación de Israel reunida con el diante da arca, sacrificaban ovellas e bois en número tan grande que non se podían contar.7E os sacerdotes levaron a arca do pacto de Iahveh ao seu lugar, no santuario da casa, no lugar santísimo, baixo as ás dos querubíns. 8Porque os querubíns estendían as súas ás sobre o lugar da arca, de modo que os querubíns cubrían a arca e as súas barras por riba dela.9E as barras eran tan longas que se vían as puntas das barras diante do santuario, pero non podían verse dende fóra. E alí están ata hoxe. 10Non había nada na arca, agás as dúas táboas que Moisés colocou na montaña de Horeb, onde Iahveh fixo un pacto cos fillos de Israel, cando saíron do país de Exipto.11Cando os sacerdotes saíron do santuario (todos os sacerdotes que se atopaban estaban santificados sin ter en conta o seu turno), 12e tódolos levitas cantores, todos os de Asaf, Hemán e Iedutún, e os seus fillos e irmáns, vestidos de liño fino, estaban ao oriente do altar con címbalos, salterios e cítaras, e con eles cento vinte sacerdotes tocando as trompetas. 13E cando tocaron as trompetas e cantaron como un só, para alabar e dar grazas a Iahveh, e cando levantaron a voz coas trompetas, e címbalos e instrumentos de música, e louvaron a Iahveh, porque é bo, porque a súa misericordia é para sempre, a casa, a casa de Iahveh, encheuse dunha nube. 14E os sacerdotes non puideron continuar no servicio por causa da nube, porque a gloria do Señor encheu a casa de Deus.
1Entón dixo Salomón: "Iahveh dixo que mora na densa escuridade. 2E eu construín unha casa sublime para ti, un lugar no que habites para sempre. 3O rei volveu o rostro e bendiciu a toda a congregación de Israel, mentres toda a congregación de Israel estaba en pé.4E dixo: Bendito sexa Iahveh, o Deus de Israel, que cumpriu coa súa man o que prometeu coa súa boca a David, o meu pai, dicindo: 5Dende o día en que saquei o meu pobo da terra de Exipto non escollín ningunha cidade de todas as tribos de Israel para edificar unha casa onde estivese o meu nome, nin escollín ningún home para ser o príncipe do meu pobo Israel. 6Pero eu escollín a Xerusalém para que o meu nome estivese alí, e escollín a David para estar sobre o meu pobo Israel.7E David, o meu pai, tiña no seu corazón construír unha casa para o nome de Iahveh, o Deus de Israel. 8Pero o Señor díxolle a David, o meu pai: "xa que tiñas na túa alma o desexo de construír unha casa para o meu nome, ben fixeches ter ese desexo no teu corazón. 9Só que ti non edificarás a casa, senón que o teu fillo, que sairá das tuas entrañas, é o que construirá a casa para o meu nome.10E Iahveh cumpriu a palabra que prometeu, pois eu levanteime no lugar de David, o meu pai, e senteime no trono de Israel, como prometeu Iahveh, e construín a casa para o nome de Iahveh, o Deus de Israel. 11E puxen alí a arca, na que está o pacto de Iahveh, que fixo cos fillos de Israel.12Entón, Salomón púxose diante do altar de Iahveh, na presenza de toda a congregación de Israel, e estendeu as súas mans. 13Porque Salomón fixera un estrado de bronce de cinco cóbados de lonxitude, cinco cóbados de ancho e tres cóbados de altura, e colocouno no medio do atrio, e púxose sobre el, axeonllouse diante de toda a congregación de Israel e estendeu as súas mans cara o ceo,14Iahveh, Deus de Israel, non hai Deus coma ti, nin no ceo nin na terra, que gardas o pacto e a misericordia cos teus servos que andan diante de ti con todo o seu corazón. 15Que mantiveches o que prometeches ao teu servo David, o meu pai; falaches coa túa boca e cumpriches coa túa man ata o día de hoxe.16v 16 E agora, Iahveh, Deus de Israel, mantén a túa promesa ao teu servo David, o meu pai, cando lle dixeches: non ha faltar un home diante de min para que se sente no trono de Israel, se os teus fillos coidan o seu camiño, para andar na miña lei, como ti camiñaches diante de min. 17E agora, Iahveh, Deus de Israel, que se confirme a túa palabra que falaches ao teu servo David.18Mais, en verdade Deus habitará co ser humano sobre a terra? Velaquí, os ceos, e o ceos dos ceos, non te poden conter; canto menos esta casa que eu che construín! 19Pero ti, Iahveh, meu Deus, presta atención á oración do teu servo e á súa súplica, para escoitar o clamor e a oración que o teu servo fai na túa presenza, 20que os teus ollos estean abertos de día e de noite sobre esta casa, sobre o lugar do que ti dixeches: "aí estará o meu nome"; para que escoites a oración que o teu servo fai cara este lugar.21E escoita a súplica do teu servo e do teu pobo Israel, cando oren cara este lugar; e escoita dende os ceos, a túa morada, e cando teñas escoitado, perdoa.22Se alguén peca contra o seu próximo, e se lle exise xuramento, e xura diante do teu altar nesta casa, 23escoita ti dende os ceos, e actúa e xulga os teus servos, condenando o culpable e dando ao impío o seu merecido, e perdoando ao xusto, dándolle o que lle corresponde pola súa xustiza.24E cando o teu pobo Israel sexa derrotado diante do seu inimigo, porque pecaron contra ti, e volva a ti, e confese o teu nome, e oren diante de ti nesta casa, 25entón escoita ti dende os ceos e perdoa o pecado do teu pobo Israel, e vólveos á terra que lles deches a eles e aos seus pais.26Cando os ceos se pechen e non chova, porque pecaron contra ti, se oran cara este lugar, e confesan o teu nome, e se volven do seu pecado, polo que os aflixiches, 27entón escoita dende os ceos e perdoa o pecado dos teus servos e do teu pobo Israel. Si, ensínalles o bo camiño no que deben andar, e dá a choiva á túa terra, aquela que deches por herdanza ao teu pobo.28Se hai fame no país, se hai peste, se hai sarampelos, seca, langostas e pulgóns, ou se os inimigos os sitian nas súas portas, en calquera enfermidade ou plaga, 29toda oración e toda súplica que faga calquera persoa de todo o teu pobo Israel, recoñecendo a súa aflición e a súa dor, e estenda as súas mans cara esta casa, 30escoita ti dende os ceos, o lugar da túa morada, e perdoa, e dá a cada un segundo os seus camiños, porque só ti coñeces o corazón dos fillos dos homes; 31para que te teman e anden nos teus camiños, todos os días que vivan na terra que lle deches aos nosos pais.32Así mesmo, cando o estranxeiro, que non é do teu pobo Israel e veña dun país lonxe por mor do teu gran nome, e da túa man forte e do teu brazo estendido, e veña e ore cara esta casa, 33escoita ti dende os ceos, a túa morada, e fai todo o que o estranxeiro che pida, para que todos os pobos da terra coñezan o teu nome e te teman como o teu pobo Israel, e para que saiban que este templo que eu construín é consagrado polo teu nome.34Se o teu pobo sae á guerra contra o seu inimigo, por onde os envíes, e oran diante de ti cara esta cidade que elixiches e á casa que construín para o teu nome, 35entón escoita ti dende os ceos a súa oración e a súa súplica, e defende a súa causa.36Cando pequen contra ti (porque non hai home que non peque), se te irritas contra eles, e os entregas ao inimigo, e os levan prisioneiros a un país inimigo, a unha terra remota ou cercana, 37e se, na terra onde os levaron cativos, volven en si e suplícanche, dicindo: pecamos, cometemos iniquidade e actuamos impiamente, 38e se na terra do seu cativerio, onde foron levados coma escravos, eles vólvense a ti con todo o seu corazón e con toda a súa alma, e oran a ti ollando cara a terra que entregaches aos seus país, cara a cidade que ti elixiches, e cara a casa que construí no teu nome, 39enton escoita ti dende os ceos, o lugar da túa morada, a súa oración e os seus rogos, e ampara a súa causa e perdoa o teu pobo que pecou contra ti. 40Agora pois, ó meu Deus, que os teus ollos estean abertos e os teus oídos atentos á oración que se faga neste lugar. 41Érguete agora, Iahveh Deus, para habitar no lugar do teu repouso, Ti e a arca do teu poder! Que os teus sacerdotes, Iahveh Deus, estean vestidos de salvación, e os teus fieis exulten de felicidade! 42Señor Deus, non rexeites o rostro do teu unxido! Lembra as misericordias para con David, o teu servo.
1Cando Salomón rematou de orar, baixou o lume dos ceos e consumiu o holocausto e os sacrificios, e a gloria de Iahveh encheu a casa. 2E os sacerdotes non puideron entrar na casa de Iahveh, porque a gloria de Iahveh encheu a casa de Iahveh. 3E todos os fillos de Israel, cando viron descender o lume e a gloria de Iahveh sobre a casa, caeron en terra sobre o seu rostro, adoraron e louvaron a Iahveh dicindo: porque é bo, porque a súa misericordia é para sempre!4Entón o rei e todo o pobo ofreceron sacrificios diante de Iahveh. 5E o rei Salomón ofreceu un sacrificio de vinte e dous mil bois e cento vinte mil ovellas. Así dedicaron o rei e todo o pobo a casa de Deus. 6E os sacerdotes estaban de pé nos seus postos, e os levitas con os instrumentos musicais de Iahveh, que o rei David fixera para dar grazas a Iahveh, porque a súa misericordia é para sempre, cando o rei David louvaba por medio deles; e os sacerdotes acompañábanos tocando as trompetas , e todo Israel estaba de pé.7Salomón tamén consagrou o interior do atrio que estaba diante da casa de Iahveh, porque alí ofrecera os holocaustos e as grosuras dos sacrificios de paz, porque o altar de bronce que fixo Salomón non podía conter os holocaustos, as ofrendas e a graxa.8Naquel tempo, Salomón celebrou a festa durante sete días, e todo Israel con el, unha gran congregación, desde a entrada de Hamat ata o río de Exipto. 9E o oitavo día tiveron unha asemblea solemne, porque celebraron a dedicación do altar en sete días e celebraron a festa durante sete días. 10E o día vinte e tres do sétimo mes, mandou o pobo ás súas casas, alegres e contentos de corazón polo ben que Iahveh fixera a David, a Salomón e ao seu pobo Israel.11Así rematou Salomón a casa de Iahveh e a casa real; e todo o que Salomón se propuxo facer na casa do Señor e na súa propia casa, prosperou. 12E Iahveh aparecéuselle a Salomón de noite e díxolle: "escoitei a túa oración e escollín este lugar para min como casa de sacrificios.13Se Eu pecho os ceos para que non chova, ou se mando lagostas para que consuman a terra, ou se envío peste entre o meu pobo, 14se o meu pobo, sobre o que se invoca o meu nome, se humilla, ora, busca o meu rostro e volve dos seus malos camiños, entón Eu escoitarei dende os ceos, perdoarei o seu pecado e curarei a súa terra. 15Agora ben, os meus ollos estarán abertos e os meus oídos atentos á oración que se faga neste lugar.16Porque agora escollín e santifiquei esta casa para que o meu nome estea alí para sempre, e os meus ollos e o meu corazón estarán alí tódolos días. 17E ti, se andas diante de min, como andou David, o teu pai, e fas todo o que Eu te mandei, e gardas os meus estatutos e os meus decretos, 18entón establecerei o trono do teu reino, como fixen o pacto con David, o teu pai, dicindo: non che faltará home para gobernar en Israel.19Pero se vos desviades, e abandonades os meus estatutos e mandamentos que Eu pusen diante de vós, e ides servir a outros deuses e adoralos, 20Eu arrancareivos da miña terra que vos dei, e esta casa que santifiquei para o meu nome, botareina fóra da miña presenza, e farei dela un escándalo e unha burla para todos os pobos. 21E esta casa, aínda que é tan magnífica, todo o que pase por ela quedará asombrado e dirá: por que Iahveh tratou deste xeito a esta terra e a esta casa? 22E dirán: porque abandonaron a Iahveh, o Deus dos seus pais, que os sacou da terra de Exipto, e se aferraron a outros deuses, prostrándose diante deles e servíndoos; por iso trouxo sobre eles todo este mal.
1No remate dos vinte anos nos que Salomón construíu a casa de Iahveh e a súa propia casa, 2reconstruíu Salomón as cidades que lle daba Hiram, e fixo que os fillos de Isarel moraran alí.3Despois, Salomón atacou a Hamat de Zoba e a tomou. 4E reedificou Tadmor no deserto, xunto a todas as cidades de almacenamento que construíra en Hamat.5Tamén reedificou Bet-horón de arriba e Bet-horón de abaixo, cidades fortificadas con muros, portas e cerrollos. 6E Baalat, e todas as cidades de almacéns que tiña Salomón, e todas as cidades para os carros e para os cabaleiros, e todo o que Salomón quixo edificar en Xerusalém, no Líbano e en toda a terra baixo o seu dominio.7Todo o pobo que quedara dos hititas, amorreos, ferezeos, heveos e iebuseos, que non eran de Israel, 8os seus descendentes, que quedaron na terra despois deles, e que os fillos de Israel non os tiñan expulsado completamente, Salomón someteunos a traballos forzados ata o día de hoxe.9Pero dos fillos de Israel, Salomón non fixo escravos para a súa obra, porque eran homes de guerra, e os seus oficiais, e os seus oficiais, e os seus comandantes, e os seus carros e os seus cabaleiros. 10E Salomón tiña douscentos cincuenta xefes e capataces, os que mandaban sobre o pobo.11E Salomón trouxo a filla de Faraón da Cidade de David á casa que tiña construído para ela, porque dixo: a miña muller non habitará na casa de David, rei de Israel, porque os lugares onde entrou a arca de Iahveh son santos.12Entón Salomón ofreceu holocaustos a Iahveh no altar de Iahveh, que construíra diante do pórtico. 13Para ofrecer o que Moisés mandou, en tempos determinados, nos sábados, nos principios de mes e nas festas que se celebraban tres veces ao ano, na festa dos Ácimos, na festa das Semanas e na festa dos Tabernáculos.14Tamén estableceu os grupos dos sacerdotes no seus servizos, como ordenara David, seu pai, e os levitas nos seus cargos, para cantar e servir diante dos sacerdotes, cada un deles segundo o seu día, e os porteiros nos seus cargos en cada porta, porque así o ordenara David, home de Deus. 15E non se apartaron do mandamento do rei en canto aos sacerdotes e os levitas, nin sobre ningunha outra cousa, incluíndo os tesouros.16Deste xeito foi levada a cabo toda a obra de Salomón dende o día en que se fundou a casa de Iahveh ata a súa terminación. Así quedou rematada a casa de Iahveh. 17Entón Salomón foi a Esión-Gueber e a Elot, nas costas do mar, na terra de Edom, 18porque Hiram enviáralle por medio dos seus servos barcos e mariñeiros que coñecían o mar; e eles foron cos servos de Salomón a Ofir, e tomaron de alí catrocentos cincuenta talentos de ouro e trouxérono ao rei Salomón.
1Cando a raíña de Sabá soubo da fama de Salomón, foi a Xerusalém cun gran exército, con camelos cargados de perfumes, ouro en gran cantidade de pedras preciosas, para probar a Salomón con preguntas difíciles. E cando chegou diante de Salomón, falou con el de todo o que tiña no seu corazón. 2E Salomón respondeulle a todas as súas preguntas; non houbo nada que Salomón non lle explicase.3E cando a raíña de Sabá viu a sabedoría de Salomón, e o palacio que edificara, 4e os manxares que había na súa mesa, e toda a corte sentada para comer, e a disposición dos seus ministros e os seus vestidos, os seus mordomos e cos seus uniformes, e a escaleira que subía á casa de Iahveh, quedou abraiada,5e dixo ao rei: era certo o que escoitéi no meu país de ti e da túa sabedoría. 6Eu non cría nas palabras ata que vin e puiden ver cos meus ollos. E velaquí, non me dixeron nin a metade da túa grandeza: superas todo o que me contaron.7Felices os teus homes, e ditosos estes teus servos, que sempre están diante de ti e escoitan a túa sabedoría! 8Bendito sexa Iahveh, o teu Deus, que se agradou de ti para poñerte no seu trono como rei para Iahveh, o teu Deus! Porque o teu Deus ama a Israel, para establecelo por sempre, por iso fíxote rei sobre eles, para que exerzas o dereito e a xustiza.9E ela deu ao rei cento vinte talentos de ouro, e unha gran cantidade de especias aromáticas e pedras preciosas. Nunca houbo especias aromáticas como as que a raíña de Sabá trouxo ao rei Salomón.10E os servos de Hiram e os de Salomón, que trouxeran o ouro de Ofir, tamén trouxeron madeira de sándalo e pedras preciosas. 11E do madeiro de sándalo o rei fixo entarimados na casa de Iahveh e na casa real, ademáis de arpas e cítaras para os cantores. Nunca se vira madeira como aquela na terra de Xudá. 12E o rei Salomón deu á raíña de Sabá todo o que ela quiso pedirlle, máis do que ela trouxo ao rei. Máis tarde, ela volveuse e regresou á sua terra cos seus servos.13O peso do ouro que lle chegaba a Salomón cada ano era de seiscentos sesenta e seis talentos de ouro, 14ademais do que traían os mercadores e os comerciantes; e todos os reis de Arabia e os gobernadores do país traían ouro e prata a Salomón.15E o rei Salomón fixo douscentos escudos de ouro, cada un deles tiña seiscentos siclos de ouro forrado. 16Trescentos escudos de ouro batido, e cada un deles tiña trescentos siclos de ouro. O rei colocounos na casa do Bosque do Líbano.17O rei tamén fixo un gran trono de marfil revestíndoo de ouro puro. 18O trono tiña seis gradas, e un pedestal de ouro fixado ao trono, e brazos a un lado e a outro do trono, e dous leóns a ambos lados do asento,19e doce leóns sobre os seis escalóns, dun lado e do outro. Xamais se fixera nada semellante en ningún reino. 20Toda a vaixela do rei Salomón era de ouro, e todo os obxectos da casa do Bosque do Líbano eran de ouro puro; nada de prata, porque non se lle daba ningunha importancia nos días de Salomón. 21Porque os barcos do rei ían a Tarsis cos homes de Hiram; e cada tres anos chegaban os barcos de Tarsis cargados de ouro, prata, marfil, monos e pavos reais.22O rei Salomón fíxose máis grande que todos os reis da terra en riquezas e en sabedoría. 23E todos os reis da terra procuraban a presenza de Salomón para escoitar a sabedoría que Deus tiña posto no seu corazón. 24E ano tras ano, cada un deles traía o seu agasallo, obxectos de prata e ouro, vestidos, armas, perfumes, cabalos e mulas.25E Salomón tiña cortes para catro mil cabalos e para os seus carros, e doce mil xinetes, que colocou nas cidades que tiña para os seus carros e en Xerusalém, preto do rei. 26E gobernou sobre todos os reis dende o río Eufrates ata a terra dos filisteos e ata a fronteira de Exipto.27E o rei fixo que a prata en Xerusalém fose tan corrente como as pedras, e os cedros tan abundantes coma os cabritos da chaira. 28E trouxeron cabalos para Salomón de Exipto e de todos os países. 29O resto dos feitos de Salomón, os primeiros e os últimos, non están escritos nos anais do profeta Natán, na profecía de Aías, o silonita, e na profecía de Iddo, o vidente, contra Ieroboam, fillo de Nabat? 30E o tempo que Salomón reinou en Xerusalém sobre todo Israel foi de corenta anos. 31E morreu Salomón, e foi sepultado na cidade de David, seu pai. E reinou no seu lugar Roboam, o seu fillo.
1Entón Roboam foi a Siquem, porque todo Israel fora a Siquem para facelo rei. 2E cando o soubo, Ieroboam, fillo de Nebat, que estaba en Exipto, onde fora fuxindo do rei Salomón, volveu de Exipto,3mandaron a chamalo. E chegou Ieroboam con todo Israel, para falar con Roboam, dicindo: 4o teu pai fixo pesado o noso xugo; alivia agora o duro servizo e o pesado xugo que o teu pai nos botou enriba, e servirémoste. 5E el respondeulles: "volvede dentro de tres días". E o pobo marchou.6E o rei Roboam consultou cos anciáns que estiveran diante de Salomón, o seu pai, cando estaba vivo, e díxolles: que me aconsellades que responda a este pobo? 7E eles falaron con el, dicindo: se eres bondadoso con este pobo, os complaceses e lles falases boas palabras, serán sempre os teus servos.8Pero el rexeitou o consello que lle daban os anciáns e consultou aos mozos que medraron con el e que o acompañaban. 9E díxolles: que me aconsellades que respondamos a este pobo que me dixo: alixeira o xugo que o teu pai puxo sobre nós?10E falaron con el os mozos que medraron con el, dicindo: así dirás ao pobo que che falou, dicindo: o teu pai fixo pesado o noso xugo, e ti faino lixeiro. Deste modo lles dirás: o meu dedo máis pequeno é máis groso que as costas do meu pai. 11Así que, o meu pai puxo sobre vós un xugo pesado, pero eu aumentarei o voso xugo; se meu pai vos castigou con azoutes, eu fareino con escorpións.12Tres días despoios chegou Ieroboam e todo o pobo onda Roboam, tal e como o rei lles dixera: volvede a min dentro de tres días. 13E o rei respondeulles duramente, pois o rei Roboam rexeitou o consello dos anciáns, 14e falou con eles segundo o consello dos mozos, dicindo: “o meu pai fixo pesado o voso xugo, pero eu aumentaréivolo; o meu pai castigouvos con azoutes, eu fareino con escorpións”.15De maneira que o rei non escoitou ao pobo, porque todo isto procedía de Deus, para que cumprise a palabra que Iahveh falou por medio de Aías, o silonita, a Ieroboam, fillo de Nabat.16Cando todo Israel viu que o rei non os escoitou, o pobo respondeu ao rei: que parte temos en David? Non temos herdanza no fillo de Ixaí! Cada un ás súas tendas, Israel! Agora, coida a túa casa, David! E todo Israel foi ás súas tendas. 17Roboam reinou sobre os israelitas que vivían nas cidades de Xudá. 18E o rei Roboam enviou a Adoram, que se encargaba dos tributos polo traballo, pero os fillos de Israel emprendérona a pedradas con el ata que morreu. E o rei Roboam apresurouse a subir ao carro para fuxir a Xerusalém. 19Así se rebelou Israel contra a casa de David ata o día de hoxe.
1Cando Roboam chegou a Xerusalém, reuniu a cento oitenta mil guerreiros escollidos da casa de Xudá e a de Benxamín, para loitar contra Israel e recuperar o reino.2Pero a palabra de Iahveh chegou a Xemaías, home de Deus, dicindo: 3Fala a Roboam, fillo de Salomón, rei de Xudá, e a todo Israel en Xudá e Benxamín, dicindo: 4así di Iahveh: non subades nin pelexedes contra os vosos irmáns; volvede cada un a súa casa, porque isto sucede pola niña vontade. E obedeceron á palabra de Iahveh e volvéronse, e non foron contra Ieroboam.5E Roboam habitou en Xerusalém e construíu cidades fortes en Xudá. 6Construíu Belén, Etam, Tecoa, 7Bet-sur, Soco, Adulam, 8Gat, Maresa, Zif, 9Adoraim, Laquis, Azeka, 10Zora, Aiabón e Hebrón, cidades fortificadas de Xudá e Benxamín.1211Tamén reforzou as fortalezas, colocou nelas comandantes, almacéns de provisións, viño e aceite. E en cada cidade colocou escudos e lanzas, e reforzounas; e Xudá e Benxamín foron sometidas a el.13E os sacerdotes e os levitas que estaban en todo Israel presentáronse diante del dende todas as súas terras, 14Porque os levitas tiñan abandonado os seus eidos e as súas propiedades e chegaron a Xudá e a Xerusalém, porque Ieroboam e os seus fillos expulsáronos do servizo a Iahveh. 15Pois el nomeou os seus propios sacerdotes para os lugares altos, e para os sátiros, e para os becerros que fabricara.16Mais aqueles de entre todas as tribos de Israel que adicaran o seu corazón a buscar a Iahveh, o Deus de Israel, seguíronos a Xerusalém para ofrecer sacrificios a Iahveh, o Deus dos seus pais. 17Así fortaleceron o reino de Xudá e consolidaron a Roboam, fillo de Salomón, durante tres anos, pois durante tres anos andiveron no camiño de David e de Salomón.18Roboam casou con Mahalath, filla de Ierimot, fillo de David, e con Abihail, filla de Eliab, fillo de Ixaí. 19Ela deu a luz a fillos: Ieús, Semarías e Zaham.20Despois dela casou con Maacá, filla de Absalón, que lle deu a luz a Abías, Ataí, Ziza e Selomit. 21E Roboam amou a Maacá, filla de Absalón, máis cá todas as súas mulleres e concubinas; porque tivo dezaoito mulleres e sesenta concubinas, e tivo vinte e oito fillos e sesenta fillas.22E Roboam fixo de Abías, fillo de Maacá, o xefe e príncipe dos seus irmáns, porque quería facelo rei. 23Actuando con sabedoría, repartiu a todos os seus fillos por todas as terras de Xudá e Benxamín e por todas as cidades fortificadas, e deulles alimentos en abundancia e moitas mulleres.
1Pero cando Roboam consolidou o seu reino, abandonou a lei de Iahveh, e todo Israel con el.2E cando se rebelaron contra Iahveh, aconteceu que no quinto ano do rei Roboam subiu contra Xerusalémm Sisac, rei de Exipto, 3con mil douscentos carros de guerra e sesenta mil xinetes. E o exército dos libios, suquitas e cuxitas que viñan dende Exipto, era unha multitude inmesa. 4Tomaron as cidades fortificadas de Xudá, e chegaron ata Xerusalém.56Entón Xemaías, o profeta, veu onda Roboam e os príncipes de Xudá, que se reuniron en Xerusalém por causa de Sisac, e díxolles: así di Iahveh: vos abandonástesme, polo tanto abandónovos Eu tamén nas mans de Sisac. E os príncipes de Israel e o rei humilláronse e dixeron: xusto é Iahveh.7E cando Iahveh viu que se humillaron, a palabra de Iahveh chegou a Xemaías, dicindo: "xa que se humillaron, non os destruirei, senón que os salvarei dentro de pouco e a miña ira non se derramará sobre Xerusalém por medio de Sisac. 8Con todo, serán os seus servos, para que saiban o que é servirme a min e servir aos reinos das nacións.9E Sisac, rei de Exipto, subiu contra Xerusalém e levou os tesouros da casa de Iahveh e os tesouros da casa do rei; apañouno todo, mesmo os escudos de ouro que fixera Salomón. 10E o rei Roboam fixo escudos de bronce no seu lugar, e entregounos aos xefes dos gardas que custodiaban a porta da casa do rei.11Cada vez que o rei subía á casa de Iahveh, viñan os gardas e levaban os escudos, e despois volvían a deixalos na habitación dos gardas. 12Cando se humillou, a ira de Iahveh apartouse del, de tal xeito que non o destruíu por completo, porque aínda en Xudá quedaran cousas boas.13E Roboam fortaleceuse en Xerusalém e continuou reinando. Roboam tiña corenta e un anos cando comezou a reinar, e reinou dezaseis anos en Xerusalém, a cidade que Iahveh escolleu de todas as tribos de Israel para poñer o seu nome. A nai de Roboam era Naama, a amonita. 14E fixo o que era malo, porque non preparou o seu corazón para buscar a Iahveh. 15Os feitos de Roboam, dende o principio ata o final, non están escritos no relato do profeta Semaías e no relato do vidente Iddo? E houbo sempre guerras entre Roboam e Ieroboam. 16E Roboam durmiu cos seus pais e foi enterrado na Cidade de David. E Abías, o seu fillo, reinou no seu lugar.
1No décimo oitavo ano do rei Ieroboam, Abías comezou a reinar sobre Xudá. 2Reinou tres anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Micaías, filla de Uriel, de Gabaa. E houbo guerra entre Abías e Ieroboán.
1Morreu Abías e foi sepultado cos seus pais, na Cidade de David; e Asa, o seu fillo, reinou no seu lugar. Nos seus días, a terra viviu en paz durante dez anos, 2pois Asa fixo o bo e xusto aos ollos de Iahveh, o seu Deus. 3Suprimindo os altares estranxeiros e os lugares altos, rachando os ídolos e destruíndo as aseras. 4E ordenou a Xudá que buscasen a Iahveh, o Deus dos seus pais, e que cumprisen a lei e o mandamento.5Tamén eliminou os lugares altos e os ídolos de todas as cidades de Xudá, e o reino tivo paz no seu reinado. 6Tamén construíu cidades fortificadas en Xudá, xa que a terra estaba tranquila e non había guerra contra el nestes días, porque o Señor lle tiña dado acougo.7Entón dixo a Xudá: temos que ser quen de construír estas cidades e facer muros con torres, portas e cerrollos, xa que a terra é nosa; pois temos buscado a Iahveh, o noso Deus. Buscámolo e el deunos acougo en todos os lugares. Deste modo, construíron e prosperaron. 8Asa tiña un exército de trescentos mil homes de Xudá que levaban escudos e lanzas, e douscentos oitenta mil de Benxamín que levaban escudos e arcos, todos eles homes de valor.9E Zera, o etíope, saíu contra eles cun exército de mil homes e trescentos carros; e chegou ata Maresa. 10Asa saíu contra el e preparáronse para loitar no val de Sefata, preto de Maresa. 11Entón Asa clamou a Iahveh, o seu Deus, e dixo: "ó Iahveh, seica non é cousa para ti axudar ao forte ou ao débil. Axúdanos, Señor Iahveh, porque nos apoiamos en ti e no teu nome viñemos contra esta multitude. Iahveh, ti es o noso Deus; non deixes que ningún mortal prevaleza sobre ti!12E Iahveh derrotou aos etíopes diante de Asa e de Xudá, e os etíopes fuxiron. 13Asa e o pobo que estaba con el perseguíronos ata Guerar, e caeron os etíopes ata que non quedou unha alma deles, porque foron derrotados diante de Iahveh e do seu exército, e o botín foi enorme. 14Tamén atacaron todas as cidades ao redor de Guerar, porque o terror de Iahveh caeu sobre eles, e saquearon todas as cidades, porque había nelas un grande botín. 15Tamén atacaron as tendas dos que tiñan o gando, e levaron ovellas e camelos en gran cantidade, e volveron a Xerusalém.
1Entón o Espírito de Deus veu sobre Azarías, fillo de Obed, 2quen saíu ao encontro de Asa e díxolle: "escoitádeme, Asa e todo Xudá e Benxamín! Iahveh está convosco mentres vós esteades con el. Se o buscades, deixarase atopar por vós; pero se o abandonades, El deixaravos.3Moitos días estivo Israel sen o verdadeiro Deus, sen sacerdote que o ensine e sen lei. 4Pero cando, na súa angustia, se volveron a Iahveh, o Deus de Israel, e o buscaron, el deixouse atopar por eles. 5Naqueles tempos non había paz para quen saía nin para quen entraba, senón que había moitas angustias sobre todos os habitantes das terras.6E as nacións e as cidades destruíanse unhas a outras porque Deus castigábaos con toda clase de tribulacións. 7Pero vós, sede fortes e non deixedes que fraqueen as mans, porque hai unha recompensa para o voso traballo.8Cando Asa escoitou estas palabras, e a profecía do profeta Obed, fortaleceuse e eliminou os ídolos abominables de toda a terra de Xudá e Benxamín e das cidades que conquistara nas montañas de Efraín, e reparou o altar de Iahveh que estaba diante do pórtico de Iahveh. 9Despois reuniu a todo Xudá e a Benxamín, e con eles a xente de Efraín, Manasés e Simeón, porque moitos de Israel pasaron ao seu bando cando viron que Iahveh o seu Deus estaba con el.10E reuníronse en Xerusalém no terceiro mes do ano décimo quinto do goberno de Asa. 11E sacrificaron nese día a Iahveh setecentos bois e sete mil ovellas do botín que trouxeron.12E fixeron o pacto de buscar a Iahveh, o Deus dos seus pais, con todo o seu corazón e con toda a súa alma. 13E que todos os que non buscasen a Iahveh, o Deus de Israel, morreran, fosen pequenos ou grandes, homes ou mulleres.14E prestaron xuramento diante de Iahveh cunha voz grande e con berros cheos de xúbilo, ao son das trompetas e dos cornos. 15E todo Xudá festexou o xuramento, porque xuraron de todo o seu corazón, e con todo o seu entusiasmo o buscaron, e El deixouse atopar por eles; e Iahveh encheunos de paz en todo lugar.16Tamén o rei Asa afastou a súa nai Maacá da súa dignidade real, porque fixera unha imaxe abominable para Asera. Asa destruíu a imaxe e reduciuna a po, e a queimou xunto a o torrente Cedrón. 17Non obstante, os lugares altos non foron removidos de Israel, aínda que o corazón de Asa foi perfecto durante todos os seus días. 18E trouxo para a casa de Deus as cousas que o seu pai e el mesmo consagraran; obxectos de prata e de ouro e os demais utensilios. 19E non houbo máis guerra ata o ano trinta e cinco do goberno de Asa.
1Pero aconteceu que no ano trinta e seis do reinado de Asa, Baasa, rei de Israel, subiu contra Xudá e fortificou Ramah, para non deixar saír nin entrar a ninguén que axudara a Asa, rei de Xudá.2Enton Asa sacou a prata e o ouro dos tesouros da casa do Señor e da casa real e enviou mensaxes a Ben-Hadad, rei de Siria, que estaba en Damasco, dicindo: 3fagamos unha alianza xuntos como houbo entre o teu pai e o meu pai. Velaquí que che envío prata e ouro. Veña, rompe a túa alianza con Baasa, rei de Israel, para que se aparte de min.4Ben-Hadad escoitou o rei Asa e enviou aos seus xefes de exército contra as cidades de Israel, e devastaron Lión, Dan, Abel-Maim e as cidades de almacenamento de Neftalí. 5Cando Baasa o soubo, deixou de fortificar Ramah e fixo parar as obras. 6Entón o rei Asa trouxo a todo Xudá e levaron de Ramah as pedras e os madeiros cos que Baasa estaba a fortificala, e con elas reedificou Gueba e Mizpa.7Naquel tempo, o vidente Hanani foi onda Asa, rei de Xudá, e díxolle: "xa que te apoiaches no rei de Siria e non en Iahveh, o teu Deus, escapóuche das túas mans o exército do rei de Siria. 8Os etíopes e os libios non eran un exército moi numeroso, con carros e moita xente de a cabalo? Pero, porque te apoiache en Iahveh, El entregounos na túa man.9Porque os ollos de Iahveh percorren toda a terra para mostrar a súa forza en favor daqueles que teñen o corazón íntegro para con El. Fuches tolo neste asunto, porque de agora en diante haberá sempre guerra contra ti!". 10Asa enfureceuse contra o vidente e colocouno na cadea, porque estaba encolerizado por iso. E Asa oprimiu tamén a algúns do pobo nese tempo.11Os feitos de Asa, os primeiros e os últimos, están escritos no libro dos reis de Xudá e de Israel. 12No ano trinta e nove do seu goberno, Asa enfermou gravemente dos pés, pero na súa enfermidade non buscou a Iahveh, senón aos médicos.13E Asa durmiu cos seus pais, e morreu no ano corenta e un do seu goberno. 14Foi soterrado no seu sepulcro que se cavara na Cidade de David, que encheron de todo tipo de perfumes e de toda clase de ungüentos e aromas, preparados segundo a arte da perfumería, e prenderon unha grande fogueira na sua honra.
1E reinou no seu lugar o seu fillo Ioxafat, que se fortaleceu contra Israel. 2E estableceu guarnicións do seu exército en todas as cidades fortificadas de Xudá, e colocou tropas na terra de Xudá e nas cidades de Efraín que o seu pai Asa conquistara.3E Iahveh estivo con Ioxafat, porque andou nos primeiros camiños de David, seu pai, e non buscou aos Baales, 4senón que procurou o Deus do seu pai e andou polos seus mandamentos, e non segundo o que facía Israel.5E Iahveh fixo firme o reino na súa man, e todo Xudá lle trouxo presentes a Ioxafat, e tivo riquezas e honra en abundancia. 6E o seu corazón encheuse de entusiasmo nos camiños de Iahveh, e tamén eliminou de Xudá os lugares altos e as estelas.7No terceiro ano do seu goberno mandou aos seus príncipes Ben-Hail, Abdías, Zacarías, Natanael e Miqueas, para ensinar nas cidades de Xudá. 8E con eles aos levitas: Semaías, Netanías, Zebadías, Asael, Xemiramot, Ionatán, Adonías, e Tobías; e con eles os sacerdotes Elisama e Ioram. 9E instruían o pobo en Xudá, e tiñan o libro da lei de Iahveh con eles. E percorreron todas as cidades de Xudá e ensinaron ao pobo.10E o temor de Iahveh caeu sobre todos os reinos das terras que estaban ao redor de Xudá, e non se atreveron a facer guerra a Ioxafat. 11E algún dos filisteos trouxeron presentes e tributos de prata a Ioxafat. Tamén os árabes trouxéronlle gando: sete mil setecentos carneiros e sete mil setecentos machos cabríos.12E Ioxafat fíxose cada vez máis poderoso, e construíu en Xudá fortalezas e cidades de avituallamento. 13Tivo ademais moitas posesións nas cidades de Xudá, e homes de guerra moi valentes en Xerusalém.14Segundo as súas casas paternas, este era o seu numero: de Xudá, os xefes de miles, Adnad, o xeneral con trescentos mil homes de valor. 15Seguíalle o xefe Ioanán con douscentos oitenta mil. 16E despois del, Amasías, fillo de Zicri, que se ofrecera voluntariamente a Iahveh, con el douscentos mil valentes. 17E de Benxamín, Eliada, home valente, e con el douscentos mil armados con arcos e escudos. 18E despois del, Iozabad, con cento oitenta mil preparados para a guerra. 19Estes eran os que servían ao rei, ademais dos que o rei colocou nas cidades fortificadas de todo Xudá.
1Ioxafat tiña riquezas e honra en abundancia; pero emparentou con Ahab. 2Despois duns anos baixou a Samaria a ver a Acab; e Acab matou ovellas e bois en abundancia para el e para a xente que o acompañaba, e persuadiuno para subir contra Ramot de Galaad. 3E Ahab, rei de Israel, dixo a Ioxafat, rei de Xudá: irás comigo contra Ramot de Galaad? E el respondeulle: eu son coma ti, e o meu pobo como o teu pobo; iremos contigo á guerra!4Pero Ioxafat dixo ao rei de Israel: rógoche que consultes agora a palabra de Iahveh. 5Entón o rei de Israel reuniu os profetas, catrocentos homes, e preguntoulles: "iremos á guerra contra Ramot de Galaad ou non?" E eles responderon: "sube, porque Deus a entregará nas mans do rei".6Pero Ioxafat dixo: "non haberá aquí algún outro profeta de Iahveh, para que o consultemos?" 7E o rei de Israel respondeu a Ioxafat: ‐"aínda hai un home por quen podemos consultar o Señor, pero eu aborrézoo, porque nunca profetiza ben sobre min, senón sempre mal. É Micaías, fillo de Imla. E Ioxafat respondeu: non fale así o rei. 8Entón o rei de Israel chamou a un oficial e díxolle: - que veña axiña Miqueas, o fillo de Imla!9O rei de Israel e Ioxafat, rei de Xudá, estaban sentados, cada un no seu trono, vestidos coas súas roupas reais, na praza á entrada da porta de Samaria, e todos os profetas profetizaban diante deles. 10E Sedequías, fillo de Quenaná, fixo para si uns cornos de ferro e dicía: así di Iahveh: con estes cornos esmagarás os sirios ata consumilos! 11E todos os profetas profetizaron do mesmo xeito, dicindo: "sube a Ramot de Galaad e triunfarás, porque Iahveh entregouna nas mans do rei!".12E o mensaxeiro que fora chamar a Miqueas falou con el, dicindo: velaquí, as palabras dos profetas anuncian todos a unha o ben ao rei. Agora, por favor, que a túa palabra sexa como a deles, e anuncia algo bo. 13Micaías respondeulle: ‐"vive Iahveh, que o que o meu Deus me diga, iso é o que vou dicir". 14E cando chegou ata o rei, o rei preguntoulle: Micaías, iremos a Ramot de Galaad para combater, ou non? E el respondeulle: ide e triunfaredes, porque han ser entregados nas vosas mans.15Pero o rei díxolle: ‐"cantas veces te vou facer xurar que non me digas máis que a verdade no nome de Iahveh?" 16Micaías respondeu: ‐"eu vin a todo Israel esparexido polas montañas, como ovellas que non teñen pastor, e a Iahveh que dicía: ‐"estes non teñen señor; que cada un regrese en paz á súa casa".17E o rei de Israel díxolle a Ioxafat: "non che dixen que este non profetiza algo bo sobre min, senón o mal?" 18Micaías continuou: ‐"por iso, escoitade a palabra de Iahveh: vin o Señor sentado no seu trono, e todo o exército celestial estaba á súa dereita e á súa esquerda.19E Iahveh dixo: quen enganará a Ahab, rei de Israel, para que suba e caia en Ramot de Galaad? E un dicía unha cousa e outro, outra.20Entón saíu un espírito e púxose diante de Iahveh e dixo: eu hei de seducilo. E Iahveh díxolle: de que xeito? 21E el respondeu: sairei e serei un espírito de mentira na boca de todos os seus profetas. E el dixo: de certo que ti has de seducilo ata triunfar. Vai e faino!22E agora, velaquí, Iahveh puxo un espírito de mentira na boca destes teus profetas, pois Iahveh decretou o mal contra ti.23Entón Sedequías, fillo de Quenaná, achegouse e golpeou a Miqueas na boca e dixolle: ‐"por onde marchou o Espírito do Señor de min para falarche a ti? 24E Micaías respondeu: ‐"veralo ti mesmo no día en que vaias de apousento en apousento para esconderte!25Entón o rei de Israel dixo: "tomade a Micaías e levádeo a Amón, gobernador da cidade, e a Ioax, fillo do rei, 26e dicídelles: así di o rei: metede a este no cárcere, e alimentádeo con pan e auga de aflición ata que eu volva en paz. 27Entón Micaías respondeu: "se volves en paz, Iahveh non falou por min! E engadiu: "escoitádeo, pobos todos!28E o rei de Israel subiu con Ioxafat, rei de Xudá, contra Ramot de Galaad. 29E o rei de Israel dixo a Ioxafat: "voume disfrazar para entrar en combate, pero ti ponte os teus traxes reais". E o rei de Israel disfrazouse e foi á batalla. 30Pero o rei de Siria ordenara aos seus capitáns de carros dicindo: "non pelexedes con ninguén, nin pequeno nin grande, senón só co rei de Israel".31Cando os xefes dos carros viron a Ioxafat, dixeron: este é o rei de Israel! E lanzárnose contra el para loitar, pero Ioxafat clamou e Iahveh axudouno, e Deus apartounos del. 32E cando os xefes dos carros viron que non era o rei de Israel, deixaron de perseguilo.33E un home disparou o seu arco ó azar e feriu o rei de Israel atravesándolle a coiraza, e o rei díxolle ao seu auriga: vólvete e sácame do campo, porque estou ferido! 34Pero a batalla arreciou ese día, polo que o rei de Israel permaneceu no seu carro fronte os sirios ata a tarde, e morreu ao solpor.
1Ioxafat, rei de Xudá, volveu san e salvo á súa casa en Xerusalém. 2Pero Iehú, o vidente, fillo de Hanani, saíu ao seu encontro e dixo ao rei Ioxafat: "conque axudas ao perverso e amas aos que aborrecen a Iahveh? Por iso, a ira de Iahveh está sobre ti. 3Pero contas tamén con cousas boas, pois eliminaches as aseras da terra e dispuxeches o teu corazón para buscar a Deus.4E Ioxafat quedouse en Xerusalém, aínda que saía a visitar o pobo dende Beerseba ata a montaña de Efraín, para facelos volver a Iahveh, o Deus dos seus pais. 5E puxo xuíces en cada unha das cidades fortificadas de Xudá,6e díxolles aos xuíces: "mirade o que facedes, porque non xulgades pola autoridade dos homes, mais coa de Iahveh, que estará convosco cando pronunciedes cada sentenza. 7Polo tanto, que o temor de Iahveh estea convosco. Coidado co que facedes, porque con Iahveh, o noso Deus, non hai inxustiza nin aceptación de persoas nin subornos.8Ioxafat tamén estableceu en Xerusalém a algúns dos levitas e sacerdotes, así como cabezas de familias de Israel, para a administración de xustiza de Iahveh e para os preitos entre os habitantes de Xerusalém. 9E ordenoulles, dicindo: actuade sempre no temor de Iahveh, con fidelidade e cun corazón íntegro.10En calquera caso de preito por derramamento de sangue entre os vosos irmáns que habitan nas súas cidades, ou ben vos consulten sobre leis, mandamentos, estatutos ou decretos, advertídeos de que non pequen contra Iahveh, para que non chegue a ira sobre vós e sobre os vosos irmáns. Si o facedes así, estaredes libres de culpa.11E velaquí, o sumo sacerdote Amarías presidirá calquera asunto de Iahveh, Zebadías, o fillo de Ismael e gobernador da casa de Xudá, calquera asunto respecto ao rei; e os levitas serán os vosos oficiais. Esforzádevos e a traballar, e que Iahveh estea coas persoas de ben!
1Pasado algún tempo, os fillos de Moab e os fillos de Amón, e con eles algúns dos fillos de Amón, marcharon á guerra contra Ioxafat. 2E chegaron os que lle informaron a Ioxafat, dicindo: vén contra ti unha gran multitude de Siria e de alén do mar, e xa están en Hazazon-Tamar, que é En-Guedi.3Entón Ioxafat tivo medo, e humillou o seu rostro para procurar a Iahveh, e proclamou un xaxún por todo Xudá. 4E xuntáronse os de Xudá para pedir axuda a Iahveh; e tamén acudiron de todas as cidades de Xudá para buscar a Iahveh.5E Ioxafat ergueuse na asemblea de Xudá e de Xerusalém, na casa de Iahveh, diante do vestíbulo novo. 6E dixo: Iahveh, Deus dos nosos pais, non es ti o Deus dos ceos? Non es ti quen goberna sobre todos os reinos das nacións? Na túa man non hai forza e poder, e ninguén te pode resistir? 7Non expulsaches ti, ó noso Deus, os habitantes desta terra de diante do teu pobo Israel e a deches para sempre á descendencia do teu amigo Abraham?8E habitaron nela, e construíron nela un santuario para o teu nome, dicindo: 9Se nos chega o mal, xa sexa con espada, peste ou a fame, congregarémonos diante de ti e desta casa, porque o teu nome está nesta casa, e na nosa angustia clamaremos a ti, e ti has nos escoitar e salvar.10E agora, aquí están os fillos de Amón, os de Moab e os do monte Seir, a quen non permitiches que Israel os invadira cando saía da terra de Exipto, senón que se desviou deles e non os destruíu; 11e agora eles págannolo, vindo para expulsarnos da túa herdanza, a que nos deches en posesión.12Ó noso Deus! Non os castigarás ti? Porque non temos poder diante desta gran multitude que vén contra nós, nin sabemos que facer, por iso volvemos os nosos ollos cara ti. 13E todo Xudá permaneceu en pé diante de Iahveh, cos seus picariños, as súas mulleres e os seus fillos.14Enton o Espírito de Iahveh descendeu no medio da congregación sobre Iazhiel, fillo de Zacarías, fillo de Benaías, fillo de Ieiel, fillo de Matanias, levita dos fillos de Asaf, 15e dixo: "escoitádeme, todo Xudá e moradores de Xerusalém e ti, rei Ioxafat! Así vos di Iahveh: non teñades medo nin vos atemorizedes ante esta grande multitude, porque a batalla non é vosa, senón de Deus.16Descendede contra eles mañá. Eles soben pola costa de Sis, e atoparédelos no arroio, fronte ao deserto de Ieruel. 17Pero non teredes que loitar nesta ocasión. Estade quietos, e veredes a salvación que vos vai dar Iahveh. Ó Xudá e Xerusalém, non teñades medo nin vos atemorizedes! Saíde mañá contra eles, porque Iahveh está convosco.18Entón Ioxafat inclinou o rostro ata a terra, e tamén todo Xudá e os habitantes de Xerusalém inclináronse diante de Iahveh e adoraron a Iahveh. 19E os levitas, dos fillos de Coat e dos fillos de Coré, erguéronse para louvar con grandes voces a Iahveh, o Deus de Israel.20De madrugada puxéronse en marcha cara o deserto de Tecoa. Cando saíron, Ioxafat ergueuse e dixo: "escoitádeme, Xudá e habitantes de Xerusalém: confiade en Iahveh, o voso Deus, e permanecede firmes; crede nos seus profetas e triunfaredes! 21E despois de consultar co pobo, dispuxo que algún, vestidos con ornamentos sagrados, cantaran e louvaran a Iahveh ao frente do exército dicindo: louvade a Iahveh, porque a súa misericordia é para sempre!22E cando comezaron a entoar os cánticos de louvor, Iahveh fixo que os fillos de Amón, Moab e do monte Seír, cando viñan contra Xudá, caeran nas súas propias emboscadas e foron derrotados. 23Pois os fillos de Amón e de Moab erguéronse contra os habitantes do monte Seír para matalos e destruílos; e cando acabaron cos habitantes do monte Seír, cada un axudou a destruír ao seu propio compañeiro.24E cando Xudá chegou á torre onde se domina o deserto, miraron cara a multitude, e velaquí todos estaban mortos tendidos na terra, sen que puidera fuxir ninguén.25E Ioxafat e o seu pobo foron para pillar o botín, e atoparon entre os cadáveres unha gran cantidade de riquezas, así como vestimentas preciosas, e tomaron para si, tanto que non puideron cargar con máis. E pasaron tres días a recoller o botín, porque era moito. 26E o cuarto día reuníronse no val de Beracá, porque alí bendiciron ao Señor; por iso chámase a ese lugar val de Bendición ata hoxe.27Despois volveron a Xerusalém cheos de ledicia, cada un dos de Xudá e os de Xerusalém, con Ioxafat á cabeza, porque Iahveh lles fixera festexar diante dos seus inimigos. 28E chegaron a Xerusalém a son de arpas, cítaras e trompetas, entrando dese xeito na casa de Iahveh.29E o temor de Deus caeu sobre todos os reinos desas terras, cando escoitaron que Iahveh loitara contra os inimigos de Israel. 30E o reino de Ioxafat foi tranquilo, porque o seu Deus lle deu paz en todas partes.31Ioxafat reinou sobre Xudá. Tiña trinta e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou vinte e cinco anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Azuba, filla de Silhi. 32E andou no camiño de Asa, o seu pai, e non se desviou del, facendo o recto diante dos ollos de Iahveh. 33Pero non se abandonaron os lugares altos, pois o pobo aínda non tiña disposto o seu corazón cara o Deus dos seus pais.34O resto dos feitos de Ioxafat, os primeiros e os derradeiros, están escritos nas historias de Iéhu, fillo de Hanani, incluídos no libro dos reis de Israel.35Despois diso, Ioxafat, rei de Xudá, fixo amizade con Ocozías, rei de Israel, que obraba impíamente. 36E xunguiuse a el para construír barcos para ir a Tarsis; e construíron os barcos en Esion-Gueber. 37Entón Eliézer, fillo de Dodava, de Maresa, profetizou contra Ioxafat, dicindo: "por te aliares con Ocozías, Iahveh destruirá as túas obras". E os barcos zozobraron e non puideron ir a Tarsis.
1E Ioxafat durmiu cos seus pais, e enterrárono cos seus pais na cidade de David. E Ioram, seu fillo, reinou no seu lugar. 2Os seus irmáns eran os fillos de Ioxafat: Azarías, Iequiel, Zacarías, Azarías, Micael e Sefatías. Todos eles eran fillos de Ioxafat, rei de Israel; 3a eles, o seu pai deulles moitos presentes de ouro, prata e cousas preciosas, así como cidades fortificadas en Xudá; pero o reino deixouno a Ioram, porque era o seu fillo primoxénito.4Ioram foi elevado ao reino de seu pai, pero cando se fixo forte, matou a todos os seus irmáns coa espada, e tamén a algúns dos príncipes de Israel. 5Ioram tiña trinta e dous anos cando comezou a reinar, e reinou oito anos en Xerusalém.6E andou no camiño dos reis de Israel, como fixo a casa de Ahab, pois a súa muller era a filla de Ahab, e fixo o malo diante dos ollos de Iahveh. 7Pero Iahveh non quixo destruír a casa de David, por mor do pacto que fixo con el, de conformidade coa súa promesa de que lle daría unha lámpada a el e aos seus fillos para sempre.8Nos seis días, Edom rebelouse contra Xudá e fixeron que un rei reinara sobre eles. 9Pero Ioram avanzou cos seus capitáns e con todos os seus carros, e levantouse de noite atacou a Edom, que o tiña rodeado xunto cos capitáns dos carros. 10Ainda así, Edom continuou a rebelarse contra o dominio de Xudá ata o día de hoxe. Nese mesmo tempo Libna tamén se rebelou contra o seu poder, por canto tiña abandonado a Iahveh o Deus dos seus pais.11Construíu ademáis, lugares altos nos montes de Xudá, e fixo que os habitantes de Xerusalém se prostituísen detrás deles, e obligou a Xudá a facer o mesmo.12Entón chegoulle unha carta do profeta Elías, dicindo: "isto é o que di Iahveh, o Deus de David, o teu pai: por non andares nos camiños de Ioxafat, o teu pai, nin nos camiños de Asa, rei de Xudá, 13senón que segues no camiño dos reis de Israel facendo que Xudá e os habitantes de Xerusalém se prostitúan, como o fan os da casa de Ahab, e por ter asasinado os teus irmáns, a familia do teu pai, que eran mellores ca ti; 14velaquí, Iahveh fará que o teu pobo, os teus fillos, as túas mulleres e todo o que tes, padezan unha gran plaga. 15E ti mesmo sufrirás moitas enfermidades, unha doenza nos teus intestinos, ata que as túas entrañas saian de ti por mor da enfermidade que se irá agravando cada día.16E Iahveh incitou contra Ioram a ira dos filisteos e dos árabes que estaban cos etíopes. 17E subiron contra Xudá, e invadiron a terra, e levaron todo o que atoparon na casa do rei, e tamén os seus fillos e ás súas mulleres; e non lle quedou máis fillo que Ioacaz, o máis novo de todos.18Despois de todo isto, Iahveh feriuno cunha enfermidade incurable nos intestinos. 19E co paso dos días, ao final de dous anos, saíronlle os seus intestinos por mor dunha enfermidade moi dura, e morreu sufrindo grandes dores. E o seu pobo non acendeu ningún lume para el, como fixeran polos seus pais. 20Tiña trinta e dous anos cando comezou a reinar, e reinou oito anos en Xerusalém, Morreu sen que ninguén o lamentara, e enterrárono na cidade de David, pero non nos sepulcros dos reis.
1Os habitantes de Xerusalém fixeron que no seu lugar reinara Ocozías, o seu fillo menor, porque unhas bandas que viñeran dos árabes, asasinaron a todos os seus descendentes. Así reinou Ocozías fillo de Ioram, 2Ocozías tiña vinte e dous anos cando comezou a reinar, e reinou un ano en Xerusalém. A súa nai chamábase Atalía, filla de Omri. 3El tamén andou nos camiños da casa de Ahab, porque a súa nai era a súa conselleira para facer o mal.4E fixo o mal aos ollos de Iahveh , como a casa de Ahab, porque despois da morte do seu pai, aconsellábano para a súa ruína. 5Seguindo o seu consello, foi xunto a Ioram, fillo de Ahab, rei de Israel, á guerra contra Hazael, rei de Siria, en Ramot de Galaad, onde os sirios feriron a Ioram.6Este volveu para curarse en Jezreel das feridas que lle deron en Ramot, cando loitaba contra Hazael, rei de Siria. E Acazías, fillo de Ioram, rei de Xudá, baixou para ver a Ioram, fillo de Ahab, en Jezreel, porque estaba enfermo.7Mais a derrota de Ocozías era parte do plan de Deus, por ter ido a ver a Ioram. Ao chegar alí, saíu con Ioram contra Iehú, fillo de Nimsi, a quen Iahveh unxira para acabar coa casa de Ahab. 8E Iehú fixo xustiza contra a casa de Ahab, e atopou aos príncipes de Xudá e aos fillos dos irmáns de Ocozías, que servían a Ocozías, e matounos.9Tamén buscou a Ocozías ata prendelo cando o atoparon escondido en Samaria, e trouxérono diande de Iehú e matárono e enterrárono, porque dixeron: é o fillo de Ioxafat, que buscou a Iahveh con todo o seu corazón. E non quedou ninguén da casa de Ocozías para manter o reino.10Cando Atalía, a nai de Ocozías, viu que o seu fillo morrera, ergueuse para exterminar a toda a descendencia real da casa de Xudá. 11Pero Ioxeba, filla do rei, tomou a Ioax, fillo de Ocozías, e levouno as escondidas de entre os fillos do rei que estaban a ser asasinados, e agachouno xunto a súa ama de cría nun dos apousentos. Deste xeito Ioxeba, filla do rei Ioram, esposa do sacerdote Iehoiadá, irmá de Ocozías, escoudeuno de Atalía e ela non puido matalo. 12E estivo con eles escondido na casa de Deus durante seis anos, mentres Atalía reinaba sobre o país.
1No sétimo ano, Iehoiadá fíxose forte e concertou un pacto cos capitáns Azarías, fillo de Ieroham, Ismael, fillo de Iohanan, Azarías, fillo de Obed, Maasías, fillo de Adaías, e Elisafát, fillo de Zicri, 2Eles percorreron Xudá para convocar os levitas de todas as cidades de Xudá e os príncipes das familias de Israel e chegaron a Xerusalém. 3Entón toda a congregación fixo un pacto co rei na casa de Deus. E Iehoiadá díxolles: velaquí o fillo do rei, que reinará, tal como falou Iahveh, sobre os fillos de David.4Isto é o que faredes: unha terceira parte de vós, os sacerdotes e os levitas que entran de servizo o sábado, fareces a garda nas portas. 5Outra terceira parte estará na casa do rei; e a outra terceira parte na porta do Fundamento; e todo o pobo estará nos atrios da casa de Iahveh.6Pero ninguén entrará na casa do Señor, só os sacerdotes e os levitas que prestan servizo; eles entrarán, porque están consagrados; e todo o pobo deberá gardar o mandato de Iahveh. 7Os levitas rodearán o rei, cada un coas súas armas na man; e quen entre na casa, será morto; e estaredes co rei, cando entre e cando saia.8E os levitas e todo Xudá fixeron todo o que ordenara o sacerdote Iehoiadá. E tomou cada un os seus homes, tanto os que entraban ao servizo o sábado como os que saían do sábado, porque o sacerdote Iehoiadá non disolveu ningunha das seccións. 9E Iehoiadá, o sacerdote, entregoulles aos capitáns as lanzas, escudos e adargas do rei David, que estaban na casa de Deus.10E ordenou a todo o pobo, cada un coa espada na man, desde o canto dereito do templo ata o esquerdo, diante do altar da casa e ao redor do rei. 11Entón sacaron o fillo do rei e puxéronlle a coroa e o Testemuño e proclamárono rei. E Iehoiadá e os seus fillos unxírono dicindo: "viva o rei!"12Cando Atalía escoitou o ruído do pobo correndo e aclamando o rei, achegouse ao pobo na casa de Iahveh. 13E mirou e viu o rei en pé no estrado da entrada, e os capiáns e os trompetistas ao lado do rei, e todo o pobo da terra en festa e tocando as trompetas, e os cantores cos instrumentos musicais dirixindo as aclamacións. Entón Atalía rasgou as súas vestiduras e exclamou: "traizón! traizón!"14Pero Iehoiadá, o sacerdote, fixo saír aos capitáns que mandaban na tropa, e díxolles: "deixádea pasar entre as filas e matade coa espada a calquera que a siga! porque o sacerdote dixéralles: "non a matedes na casa de Iahveh". 15E abríronlle paso, e cando ela chegou á entrada da porta dos cabalos na casa do rei, matáronla alí.16E Iehoiadá fixo un pacto con todo o pobo e co rei, de que serían o pobo de Iahveh. 17Despois todo o pobo foi ao templo de Baal, e derrubárono, e racharon as súas imaxes en anacos e destruíron os seus altares, e deron morte a Matán, o sacerdote de Baal, diante dos altares.18E Iehoiadá encargou os ministerios da casa de Iahveh aos sacerdotes e levitas que David tiña distribuído na casa de Iahveh para ofrecer os holocaustos a Iahveh, conforme o escrito na lei de Moisés, con ledicia e cánticos, tal e como David dispuxera. 19Tamén estableceu os porteiros nas portas da casa de Iahveh, para que non entrase nada impuro de ningún xeito.20E tomou os capitáns, e os nobles, aos maxistrados e a todo o pobo da terra, e fixo baixar ao rei dende a casa de Iahveh, e pasaron pola porta superior da casa real, e fixeron que o rei sentara sobre o trono do reino. 21E todo o pobo do país fixo festa, e a cidade quedou tranquila despois de que Atalía foi morta a espada.
1Ioax tiña sete anos cando comezou a reinar, e reinou corenta anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Sibia, e era de Beerseba. 2E Ioax fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh durante todo o tempo do sacerdote Iehoiadá. 3Iehoiadá tomou para el dúas mulleres, e tivo fillos e fillas.4Despois disto, sucedeu que Ioax decidiu restaurar a casa de Iahveh. 5E reuniu os sacerdotes e os levitas e díxolles: "saíde polas cidades de Xudá e recollede cartos cada ano, de todo Israel, para reparar a casa do voso Deus, e dádevos présa". Pero os levitas non actuaron con celeridade.6Entón o rei chamou a Iehoiadá, o sacerdote principal, e díxolle: "por que non pediches aos levitas que trouxeran de Xudá e de Xerusalém a contribución que Moisés, o servo de Iahveh, ordenou á congregación de Israel para a tenda da Reunión?" 7Porque Atalía, a impía, e os seus fillos destruíron a casa de Deus, e ademais tiñan usado para os Baales todas as cousas consagradas da casa de Iahveh.8E o rei mandou facer entón un cofre, e puxérono fóra, na entrada da casa de Iahveh. 9E anunciaron en Xudá e en Xerusalém que trouxeran a contribución para Iahveh, aquilo que Moisés, servo de Deus, tiña prescrito para Israel no deserto. 10E todos os príncipes e todo o pobo alegráronse, e trouxeron e botaron no cofre ata que o encheron.11E cando os levitas levaban o cofre ao escriba do rei, e vían que había moita prata, o escriba do rei e o secretario do sumo sacerdote libraban o cofre e volvían a poñelo no seu lugar. Así o fixeron diaramente e recolleron moito diñeiro. 12E o rei e Iehoiadá entregaban o diñeiro aos que facían o traballo na casa de Iahveh; e contrataban canteiros e carpinteiros para reparar a casa de Iahveh, así como ferreiros e artesáns do bronce para reparar a casa de Iahveh.13E os artesáns foron traballando, e as súas mans fixeron a obra, e restauraron a casa de Deus ao seu estado anterior e a fortaleceron. 14E cando remataron, trouxeron ao rei e a Iehoiadá o que quedaba da prata, e fixéronse con ela os utensilios para a casa de Iahveh: obxectos para o servizo e para os holocaustos, culleres e outros obxectos de ouro e de prata. E ofrecíanse holocaustos a cotío, todos os días de Iehoiadá, na casa de Iahveh.15Pero Iehoiadá chegou a vello e morreu cheo de días; tiña cento trinta anos cando morreu. 16E enterrárono na Cidade de David cos reis, porque fixo moito ben a Israel e a Deus e á súa casa.17Pero despois da morte de Iehoiadá, os príncipes de Xudá foron e inclináronse diante do rei, e o rei escoitounos. 18E abandonaron a casa de Iahveh, o Deus dos seus pais, e serviron ás aseras e os ídolos; e por mor da súa culpa, a ira caeu sobre Xudá e Xerusalém. 19Aínda así, Deus enviou profetas para que os volvesen a Iahveh, e eles testificaron contra eles, pero eles non os escoitaron.20Entón o Espírito de Deus veu sobre Zacarías, fillo do sacerdote Iehoiadá, e el púxose diante do pobo e díxolles: "isto é o que di Deus: por que quebrantades os mandamentos de Iahveh? Non prosperaredes, porque por ter abandonado a Iahveh, El tamén vos deixará. 21Pero eles conspiraron contra el, e matárono a pedradas no patio da casa de Iahveh por mandato do rei. 22Deste xeito, o rei Ioax non se lembrou da misericordia que o seu pai Iehoiadá tivo con el, senon que asasinou ao seu fillo, quen no momento de morrer exclamou: Iahveh está a míralo todo, e El xulgará!23E o ano seguinte, o exército de Siria subiu contra el, e chegaron a Xudá e Xerusalém, e destruíron a todos os príncipes de entre o pobo, e enviaron ao rei de Damasco todo o seu botín. 24E aínda que o exército de Siria atacou con poucos soldados, Iahveh entregou en mans deles un exército moi grande, porque tiñan abandonado o Señor, o Deus dos seus pais. Así executaron o xuízo contra Ioax.25E cando os sirios se retiraron, deixándoo con moitos sufrimentos, os seus servos conspiraron contra el por causa do sangue dos fillos de Iehoiadá, o sacerdote, e ferírono no seu leito, e morreu. E sepultárono na cidade de David, pero non nos sepulcros dos reis. 26Os que conspiraron contra el foron: Zabad, fillo de Simeat, a amonita, e Iehozabad, fillo de Simrit, a moabita.27E dos fillos de Ioax, e de como se multiplicaron as profecías contra el, así como da restauración da casa de Deus, todo está escrito no relato do libro dos Reis. E reinou no seu lugar o seu fillo Amasías.
1Amasías tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou vinte e nove anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Iehoadán, de Xerusalém. 2El fixo o correcto aos ollos de Iahveh, aínda que non de todo corazón.3Cando se fixo firme no reino, matou os seus servos que tiñan asasinado a seu pai o o rei. 4Pero non matou os fillos deles, senón que cumpriu o que está escrito na lei, no libro de Moisés, onde Iahveh ordenou: "non morrerán os pais polos fillos nin os fillos polos pais, senón que cada un morrerá polo seu pecado".5Despois Amasías reuniu a todos os de Xudá e ordenounos segundo as súas familias, os capitáns de mil e capitán de centos, por todo Xudá e Benxamín, e fixo un censo deles, de todos os que tiñan vinte anos de idade ou máis, e resultaron trescentos mil escolleitos que podían saír á guerra equipados de lanza e escudo. 6Ademais contratou de Israel por cen talentos de prata, cen mil guerreiros valentes.7Pero un home de Deus veu a el e díxolle: "o rei non debe ir co exército de Israel, porque Iahveh non está con Israel nin con ningún dos fillos de Efraín. 8Se vas con eles á batalla, por moito que te esforces, Deus fará que caias diante do inimigo, porque Deus ten o poder para axudar ou para derrubar.9E Amasías preguntou ao home de Deus: e que imos facer cos cen talentos que dei ao exército de Israel? E o home de Deus respondeu: Iahveh ten para darche moito máis que isto. 10E Amasías despediu a tropa que viñera de Efraín, para que volvese para as súas casas. E eles irritáronse moito contra Xudá, e volveron para as súas casas enfurecidos.11Pero Amasías fortaleceuse, e poñéndose na fronte do seu pobo foi ao Val do Sal e matou a dez mil dos fillos de Seír. 12E os fillos de Xudá tomaron vivos outros dez mil, e leváronos ao cume dunha rocha, e botáronos abaixo dende alí, e todos eles desfixéronse en anacos.13Pero os soldados que Amasías mandara volver para non ir con el á guerra atacaron as cidades de Xudá, desde Samaria ata Bet-Horón, e mataron a tres mil deles e tomaron un grande botín.14Cando Amasías volveu de matar os edomitas, trouxo os deuses dos fillos de Seír e colocounos diante de si, e adorounos queimando incenso para eles. 15E a ira de Iahveh encendeuse contra Amasías, e envioulle un profeta, que lle dixo: por que fuches tras os deuses que non salvaron o seu pobo da túa man?16E cando o profeta lle contaba estas palabras, el dixo: fixéronte asesor do rei? Cala dunha vez, queres que te maten? E o profeta desistiu, pero engadiu: agora sei que Deus decidiu destruírte, porque fixeches isto e non escoitas o meu consello.17E Amasías, rei de Xudá, tomou consello e enviou a Ioax, fillo de Ioacaz, fillo de Iehú, rei de Israel, dicindo: "ven, vexámonos as caras".18Entón Ioax, rei de Israel, mandou dicir a Amasías, rei de Xudá: "o cardo do Líbano mandou dicir ao cedro do Líbano: Dá a túa filla a meu fillo por muller. E pasou unha fera do Líbano e esmagou o cardo. 19Ti dis: vencín a Edom", e con iso o teu corazón enalteceuse. Agora, quédate na túa casa. Por que te queres meter nunha guerra contra a adversidade para caer ti e mais todo Xudá contigo?20Pero Amasías non escoitou, porque así foi de Deus, para seren entregados na súa man por ter ido atrás dos deuses de Edom. 21Entón subiu Ioax, rei de Israel, e tamén Amasías, rei de Xudá, e enfrontáronse en Bet-semes, que pertence a Xudá. 22E Xudá foi derrotado por Israel, e fuxiron cada un á súa tenda.23E Ioax, rei de Israel, prendeu a Amasías, rei de Xudá, fillo de Ioax, fillo de Ioacaz, en Bet-Semes, e levouno a Xerusalém, e abriu unha brecha no muro de Xerusalém de catrocentos cóbados, dende a porta de Efraín ata a porta da esquina. 24E levou todo o ouro e a prata e todos os utensilios que se atoparon na casa de Deus, na casa de Obed-Edom, e nos tesouros da casa do rei; e raptou os fillos dos príncipes, e volveu a Samaria.25Amasías, fillo de Ioax, rei de Xudá, viviu quince anos despois da morte de Ioax, fillo de Ioacaz, rei de Israel. 26O resto dos feitos de Amasías, os primeiros e os últimos, non están escritos no libro dos reis de Xudá e de Israel?27E dende o momento en que Amasías se apartou de Iahveh, tramaron unha conspiración contra el en Xerusalém, e fuxiu a Laquis; pero mandaron tras el a Laquis e matáronlo alí. 28E cargárono sobre uns cabalos, e enterrárono cos seus pais na cidade de Xudá.
1Entón todo o pobo de Xudá tomou a Uzías, que tiña dezaseis anos, e fixérono rei no lugar de seu pai Amasías. 2Foi el quen reconstruíu Elot e devolveuna a Xudá despois de que o rei Amasías durmira cos seus pais. 3Uzías tiña dezaseis anos cando comezou a reinar, e reinou cincuenta e dous anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Iecolías, de Xerusalém.4E fixo o que é xusto aos ollos de Iahveh, segundo todo o que fixera Amasías, o seu pai. 5E persistiu en buscar a Deus durante os días de Zacarías, que lle daba entendemento nas visións de Deus. E nos días en que buscou a Iahveh, Deus fíxoo prosperar.6E saíu e loitou contra os filisteos e derrubou o muro de Gat, o muro de Iábneh e o muro de Asdod; e construíu cidades en Asdod e na terra dos filisteos. 7E Deus axudouno contra os filisteos, e contra os árabes que vivían en Gur-Baal, e contra os amonitas. 8E os amonitas pagaron tributo a Uzías, e a súa fama chegou ata a fronteira de Exipto, porque se fixo moi poderoso.9E Uzías construíu torres en Xerusalém xunto a porta da Esquina, e na entrada do Val e na esquina diante do muro, e fortificounas. 10Tamén edificou torres no deserto e cavou moitos pozos, porque tiña moito gando, tanto no deserto como na meseta; tamén tiña labregos e viñateiros nos montes e nas veigas, porque amaba a agricultura.11Uzías tiña tamén un exército de guerreiros, que saían á guerra por escuadróns, segundo o rexistro que fixeran Ieiel, o escriba, Maseías, o gobernador, e Ananías, un dos oficiais do rei. 12O número total dos xefes de familias, homes de valor, foi de dous mil seiscentos. 13E baixo a súa dirección había un exército de trescentos sete mil cincocentos poderosos guerreiros, para axudar ao rei contra o inimigo.14E Uzías preparou para todo o exército escudos, lanzas, helmos, coirazas, arcos e hondas para tirar pedras. 15E fixo en Xerusalém máquinas, inventadas por enxeñeiros, para ser colocadas nas torres e nas fortalezas, para lanzar frechas e grandes pedras. E a súa fama extendeuse moito, porque foi axudado marabillosamente, ata que chegou a ser forte.16Pero cando se fortaleceu, o seu corazón enalteceuse para a súa ruína, e foi infiel a Iahveh, o seu Deus, pois chegou a entrar no templo de Iahveh para queimar incenso no altar do incenso. 17E o sacerdote Azarías entrou detrás del xunto con oitenta sacerdotes de Iahveh, homes valentes 18que se plantaron diante do rei Uzías para dicirlle: "Uzías, non che corresponde a ti queimar incenso a Iahveh, senón aos sacerdotes fillos de Aarón, consagrados para queimar incenso! Sae do santuario, pois fuches infiel, e isto non che será tomado como honra diante de Iahveh Deus.19Pero Uzías, que tiña o incensario na súa man para queimar incenso, estaba cheo de rabia, e irritouse contra os sacerdotes, e a lepra brotou na súa fronte, diante dos sacerdotes, na casa de Iahveh, xunto ao altar do incenso. 20E cando o sumo sacerdote Azarías e todos os sacerdotes volvéronse cara a el, velaquí que toda a súa fronte estaba leprosa; entón fixérono saír correndo de alí, e el mesmo saíu a toda présa, porque Iahveh o tiña ferido.21E o rei Uzías foi leproso ata o día da súa morte, e viviu leproso nunha casa aillada, porque foi excluído da casa de Iahveh. E Iotam, o seu fillo, quedou a cargo da casa real, xulgando o pobo do país.22O resto dos feitos de Uzías, dende os primeiros ata os últimos, foron escritos polo profeta Isaías, fillo de Amós. 23E Uzías durmiu cos seus pais, e enterrárono cos seus pais no campo dos sepulcros reais, porque dixeron: é leproso. E reinou no seu lugar Iotam, o seu fillo.
1Iotam tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou dezaseis anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Ierusah, filla de Zadoc. 2E fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixo Uzías, seu pai. Só que non entrou no santuario de Iahveh. Pero o pobo continuou a corromperse.3Foi el quen construíu a entrada superior da casa de Iahveh, e fixo moitas edificacións sobre a muralla de Ofel. 4Tamén construíu cidades na rexión montañosa de Xudá, e construíu fortalezas e torres nos bosques.5Tamén loitou contra o rei dos fillos de Amón, e venceunos; e os fillos de Amón déronlle ese ano cen talentos de prata, dez mil toneis de trigo e dez mil toneis de cebada. Os fillos de Amón pagáronlle o mesmo no segundo e no terceiro ano.6E así Iotam se fortaleceu, porque dispuxo os seus camiños diante de Iahveh o seu Deus. 7O resto dos feitos de Iotam, todas as súas guerras e os seus camiños, están escritos no libro dos reis de Israel e de Xudá.8Tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém dezaseis anos. 9E Iotam durmiu cos seus pais, e sepultárono na cidade de David; e reinou no seu lugar Acaz, o seu fillo.
1Acaz tiña vinte anos cando comezou a reinar, e reinou dezaseis anos en Xerusalém, pero non fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh , como o seu pai David. 2senón que andou nos camiños dos reis de Israel, e tamén fixo imaxes fundidas para os Baales.3El mesmo queimou incenso no val de Ben-Hinom e fixo pasar aos seus fillos polo lume, segundo as abominacións das nacións que Iahveh expulsara de diante dos fillos de Israel. 4Tamén ofreceu sacrificios e queimou incenso nas colinas, nos outeiros e debaixo de cada árbore frondosa.5Por iso Iahveh o seu Deus, entregouno nas mans do rei de Siria, que o derrotou e levou moitos prisioneiros a Damasco. Tamén foi entregado nas mans do rei de Israel, que lle inflinxiu unha gran derrota. 6Porque Peca, fillo de Remalías, matou en Xudá nun só día a cento vinte mil homes, todos eles homes de valor, por teren abandonado a Iahveh, o Deus dos seus pais.7Tamén Zicri, un home de valentía de Efraín, matou a Maasías, fillo do rei, e a Azricam, o mordomo do palacio, e a Elcaná, o segundo despois do rei. 8E os fillos de Israel levaron presos dos seus irmáns a douscentos mil, entre mulleres, mozos e mozas. Tomaron deles ademais un gran botín, e levárono a Samaria.9Pero había alí un profeta de Iahveh, chamado Obed, que saíu ao encontro do exército que ía a Samaría e díxolles: velaquí, por mor da ira contra Xudá, Iahveh, o Deus dos vosos país, entregounos na vosa man, pero o furor con que os matastes chegou ata os ceos. 10E pensades en someter aos de Xudá e de Xerusalém para que sexan os vosos servos e servas. Non pecastes xa dabondo contra Iahveh, o voso Deus? 11Agora, pois, escoitádeme e facede volver os prisioneiros que fixestes dos vosos irmáns, porque a ardente ira de Iahveh está contra vós.12Entón algúns dos príncipes dos fillos de Efraín, Azarías, fillo de Xoanan, Berequías, fillo de Mesilemot, Ezequías, fillo de Salum, e Amasa, fillo de Hadlai, erguéronse contra os que viñan da guerra. 13E dixéronlles: "Non traiades aquí os prisioneiros, porque o pecado contra Iahveh caerá enriba de nós. Porque queredes engadir aos nosos pecados e á nosa culpa, sendo que a nosa culpa é grande, para que o lume da súa ira caia sobre Israel?14Entón os homes armados deixaron os prisioneiros e o botín diante dos príncipes e toda a congregación. 15E levantáronse os homes que foron nomeados, e tomaron os prisioneiros, e vestiron cos despoxos a todos os que estaban espidos, e déronlles sandalias e fixeron que comeran e beberan, e unxíronos e levaron os máis débiles en burros ata Xericó, a cidade das palmeiras, preto dos seus irmáns; e eles volveron a Samaria.16Naquel tempo o rei Acaz enviou a pedir axuda aos reis de Asiria. 17Porque os edomitas viñeron e atacaron a Xudá e fixeron algúns prisioneiros. 18Tamén os filisteos saquearon as cidades do deserto e do sur de Xudá, e tomaron Bet-Semes, Aialón, Guederot, Soco e as súas vilas, e Timna e as súas vilas, e Guimzo e as súas vilas, e establecéronse alí.19Porque Iahveh humillou deste xeito a Xudá por causa de Acaz, rei de Xudá, que trouxera o desenfreno a Xudá, e transgredira gravemente contra Iahveh. 20E Tiglath-Pileser, rei de Asiria, foi a el, pero aflixiuno en lugar de fortalecelo, 21porque Acaz tiña expoliado a casa de Iahveh, e a casa real, e a dos príncipes, para pagar ao rei de Asiria, o que non lle serviu para nada.22Por se fora pouco, nese tempo de anguria, o rei Acaz, aumentou aínda máis a súa infidelidade a Iahveh, 23pois ofreceu sacrificios aos deuses de Damasco, que o tiñan vencido, e dicía: xa que os deuses dos reis de Siria axudáronos a eles, voulles ofrecer eu tamén sacrificios para que me axuden a min. Pero eles foron a causa da ruína para el e para todo Israel.24Ademais, Acaz reuniu os utensilios da casa de Deus e fíxoos pedazos, e pechou as portas da casa de Iahveh, e fixo altares en todos os recantos de Xerusalém. 25Tamén fixo lugares altos para queimar incenso a outros deuses en todas as cidades de Xudá, provocando deste xeito a ira de Iahveh, o Deus dos seus pais.26O resto dos seus feitos e todos os seus camiños, os primeiros e os últimos, están escritos no libro dos Reis de Xudá e de Israel. 27E Acaz durmiu cos seus pais, e sepultárono na cidade, en Xerusalém, pero non nos sepulcros dos reis de Israel. E Ezequías, o seu fillo, reinou no seu lugar.
1Ezequías tiña vinte e cinco anos de idade cando comezou a reinar, e reinou vinte e nove anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Abías, filla de Zacarías. 2E fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh segundo todo o que fixera David, o seu pai.3O primeiro ano do seu reinado, no primeiro mes, abriu as portas da casa de Iahveh e reparounas. 4E fixo vir os sacerdotes e os levitas e reuniunos na praza oriental. 5E díxolles: "escoitádeme, levitas! Santificádevos e santificade a casa de Iahveh, o Deus dos vosos pais, e quitade a inmundicia do santuario.6Porque os nosos pais foron rebeldes e fixeron o mal aos ollos de Iahveh, o noso Deus, abandonárono e apartaron o seus rostros do tabernáculo de Iahveh, dándolle as costas. 7Por se fora pouco, pecharon as portas do atrio e apagaron as lámpadas, e non queimaron incenso nin ofreceron holocaustos no santuario ao Deus de Israel.8Por iso, a ira de Iahveh veu sobre Xudá e Xerusalém, e El entregounos ao asombro, a maldición e a burla, como estades mirando cos vosos propios ollos. 9Porque os nosos pais caeron pola espada, e os nosos fillos, as nosas fillas e as nosas mulleres están cativos por iso.10Agora, pois, teño no meu corazón o facer un pacto con Iahveh, o Deus de Israel, para que a súa ardente ira se aparte de nós. 11Fillos meus, non sexades neglixentes, porque Iahveh escolleuvos para estar diante del para servilo, para serdes os seus ministros e para queimarlle incenso.12Entón levantáronse os levitas Maat, fillo de Amasai, e Xoel, fillo de Azarías, dos fillos de Coat; dos fillos de Merari, Quis, fillo de Abdi, e Azarías, fillo de Iehalelel; dos fillos de Guersón, Xoá, fillo de Zima, e Eden, fillo de Ioah; 13dos fillos de Elizán, Simri e Ieiel; dos fillos de Asaf, Zacarías e Matanías; 14dos fillos de Heman, Iehiel e Simei; dos fillos de Iedutún, Semaías e Uziel.15Estes reuniron os seus irmáns, e santificáronse, e entraron para limpar a casa de Iahveh, segundo o mandamento do rei, segundo as palabras de Iahveh. 16E os sacerdotes entraron no interior da casa de Iahveh para limpala, e sacaron toda a inmundicia que atoparon no santuario de Iahveh ao patio da casa de Iahveh; e os levitas levaron todo para fóra, ao torrente Cedrón. 17Comezaron a santificarse o día un do primeiro mes, e o oitavo día do mesmo mes chegaron ao pórtico de Iahveh. Santificaron a casa de Iahveh durante oito días, e remataron no décimo sexto día do primeiro mes.18Entón foron diante do rei Ezequías e dixéronlle: "limpamos toda a casa de Iahveh, o altar do holocausto e todos os seus utensilios, a mesa da proposición e todos os seus utensilios". 19E tamén preparamos e santificamos todos os utensilios que o rei Acaz desbotou durante o seu reinado, por mor da sua infidelidade, e velaquí están diante do altar de Iahveh.20E o rei Ezequías ergueuse moi cedo e reuniu os príncipes da cidade, e subiu á casa de Iahveh. 21E trouxeron sete touros, sete carneiros, sete años e sete machos cabríos para a expiación do reino, do santuario e de todo Xudá; e mandou aos sacerdotes, fillos de Aarón, que os ofreceran no altar de Iahveh.22Mataron os touros e os sacerdotes recolleron o sangue e asperxérona cara o altar; despois mataron os carneiros e asperxeron o sangue cara o altar; e tamén mataron os años e asperxeron o sangue cara o altar. 23E trouxeron os machos cabríos para a ofrenda expiatoria diante do rei e toda a congregación, e puxeron as súas mans sobre eles. 24E os sacerdotes degoláronos, e fixeron unha ofrenda expiatoria co seu sange sobre o altar, para facer expiación por todo Israel, porque o rei tiña ordenado que o holocausto e a ofrenda fora feita a favor de todo Israel.25Tamén colocou os levitas na casa de Iahveh con pratiños, salterios e arpas, segundo o mandamento de David, de Gad, o vidente do rei, e do profeta Natán, pois ese mandamento procedía de Iahveh a través dos seus profetas. 26E os levitas puxéronse en pé cos instrumentos de David, e os sacerdotes coas trompetas.27Entón Ezequías mandou ofrecer o holocausto sobre o altar, e cando comenzou o holocausto, tamén se iniciou o canto de Iahveh coas trompetas e os instrumentos de David, rei de Israel. 28E toda a congregación prostrouse mentres entoaban cantigas e resoaban as trompetas, todo ata que se consumiu o holocausto.29E cando o holocausto se consumiu, o rei e todos os que estaban con el inclináronse e adoraron. 30E o rei Ezequías e os príncipes ordenaron aos levitas que louvaran a Iahveh coas palabras de David e de Asaf, o vidente. E eles louvaron con grande xúbilo e inclináronse e adoraron.31Entón Ezequías tomou a palabra e dixo: "agora vós dedicastes a Iahveh; achegádevos e traede sacrificios e ofrendas de gratitude á casa de Iahveh". E a congregación trouxo sacrificios e ofrendas de gratitude, e todos os de corazón ben disposto trouxeron holocaustos.32E o número de holocaustos que a congregación trouxo foi de setenta bois, cen carneiros e douscentos años, todos para o holocausto para Iahveh. 33E foron consagrados tamén seiscentos bois e tres mil ovellas.34Pero os sacerdotes eran poucos e non podían degolar tantos animais, polo que contaron coa axuda dos seus irmáns os levitas, ata que o traballo quedou rematado, e ata que os demais sacerdotes estiveran santificados, porque os levitas tiñan un corazón mais disposto a santificarse que os propios sacerdotes.35E houbo moitos holocaustos, ademais da graxa das ofrendas de paz, e as libacións para cada holocausto. Así quedou restaurado o servizo na casa de Iahveh. 36E Ezequías e todo o pobo alegráronse de que Deus movese de tal xeito o pobo, pois todo foi feito axiña e de improviso.
1Ezequías enviou por todo Israel e Xudá, e tamén escribiu cartas a Efraín e a Manasés, para que viñesen á casa de Iahveh en Xerusalém a preparar a Pascua a Iahveh, o Deus de Israel. 2Porque o rei e tomara consello cos seus príncipes e con toda a congregación de Xerusalém de celebrar a Pascua no segundo mes. 3Porque non puideron celebrala no tempo que lle pertencía, porque os sacerdotes non se santificaran en número suficiente e o pobo non tivera oportunidadde de reunirse en Xerusalém.4E iso agradou ao rei e a toda a congregación. 5E decidiron enviar unha mensaxe por todo Israel, dende Beerseba ata Dan, para que viñesen a celebrar a Pascua de Iahveh, o Deus de Israel, en Xerusalém, porque non a celebraron como estaba escrito, dende moitos anos.6E os mensaxeiros percorreron todo Israel e Xudá levando as cartas do rei e das súas autoridades, e proclamando por orde real: fillos de Israel, volvédevos a Iahveh, o Deus de Abraham, Isaac e Israel, e El volverase ao remanente que fuxiu da man dos reis de Asiria.7Non sexades como os vosos pais e os vosos irmáns, que foron infieis a Iahveh, o Deus dos seus pais, quen os entregou á desolación, como podedes ver. 8Polo tanto, non sexades tercos coma os vosos pais, sometédevos a Iahveh, e vinde ao seu santuario, que El consagrou para sempre. Servide a Iahveh, o voso Deus, e a súa ardente ira hase afastar de vós. 9Porque, se vos volvedes a Iahveh, os vosos irmáns e os vosos fillos atoparán misericordia diante dos que os levaron como prisioneiros, e regresarán a esta terra; pois Iahveh, o voso Deus, é clemente e misericordioso e se vos volvedes a El, non apartará a sua face de vós.10E os mensaxeiros foron de cidade en cidade pola terra de Efraín e de Manasés, ata a rexión de Zabulón; pero moitos ríronse e burláronse deles. 11Aínda así, algúns de Aser, de Manasés e de Zabulón humilláronse e foron a Xerusalém. 12Tamén en Xudá a man de Deus estaba con eles para darlles un corazón para cumprir o mandato do rei e das autoridades, segundo a palabra de Iahveh.13E reuniuse en Xerusalém unha grande multitude para celebrar a festa dos pans sen lévedo no segundo mes: unha congregación moi numerosa. 14E levantándose removeron os altares que había en Xerusalém, e quitaron todos os altares onde se queimaba incenso, e botáronos ao torrente Cedrón. 15Deseguido, o día catorce do mes segundo sacrificaron a pascua; e os sacerdotes e os levitas que aínda estaban impuros, avergoñáronse e santificáronse, e levaron holocaustos á casa de Iahveh.16E ocuparon os postos que lles correspondía segundo á lei de Moisés, home de Deus. Os sacerdotes asperxeron o sangue que recibían da man dos levitas. 17Porque había moitos na congregación que non se santificaran, por iso os levitas degolaban o año pascual para aqueles que estaban impuros, co fin de santificalos para o Señor.1918Porque moita xente de Efraín, de Manasés, de Isacar e de Zabulón non se purificara, senón que comeron a Pascua sen axustarse o que estaba escrito. v. 19 Pero Ezequías orou por eles, dicindo: que Iahveh, que é bo, sexa propicio a todo aquel que dispuxo o seu corazón para buscar a Deus, a Iahveh o Deus dos seus pais, aínda que non o faga segundo á purificación do santuario. 20E o Señor escoitou a Ezequías e curou o pobo.21E os fillos de Israel que se atopaban en Xerusalém celebraron a solemne festa dos pans sen lévedo durante sete días con grande ledicia; e os levitas e os sacerdotes louvaron a Iahveh día tras día con instrumentos resoantes. 22E Ezequías falou ao corazón de todos os levitas, que amosaban un bo entendemento no servizo de Iahveh. E comeron do sacrificado na festa durante sete días, ofrecendo sacrificios de paz e dando grazas a Iahveh, o Deus dos seus pais.23E toda a congregación decidiu prolongar a festa sete días máis, e celebraron sete días máis con gran xúbilo, 24porque Ezequías, rei de Xudá, ofreceu á congregación mil bois e sete mil ovellas; e tamén os príncipes ofreceron ao pobo mil bois e dez mil ovellas; e moitos dos sacerdotes se santificaron.25E toda a congregación de Xudá, e os sacerdotes e os levitas, e todo o pobo que viñera de Israel, e os estranxeiros que viñeran da terra de Israel e que vivían en Xudá, alegráronse. 26E houbo grande ledicia en Xerusalém, pois dende os días de Salomón, fillo de David, rei de Israel, non houbo nada semellante en Xerusalém. 27E os sacerdotes e os levitas erguéronse e bendixeron o pobo, e a súa voz foi escoitada, e a súa oración chegou á morada da santidade nos ceos.
1Feitas todas estas cousas, todos os israelitas que se atopaban alí saíron polas cidades de Xudá e quebraron as columnas, destruíron os lugares altos e os altares en todo Xudá e en Benxamín, e tamén en Efraín e en Manasés, ata acabar con todo. Despois os fillos de Israel volveron ás suas cidades, cada un á súa herdanza.2E Ezequías restableceu os turnos dos sacerdotes e dos levitas segundo as súas clases, cada un segundo o seu servizo, tanto os dos sacerdotes como os dos levitas, para os holocaustos e as ofrendas de paz, para que serviran e deran grazas e louvaran nas portas dos atrios de Iahveh. 3O rei fixo unha contribución da súa propiedade para os holocaustos da mañá e da tarde, e para os holocaustos dos días de repouso, das novas lúas e dos tempos sinalados, como está escrito na lei de Iahveh.4Tamén ordenou ao pobo que vivía en Xerusalém dar a porción que correspondía aos sacerdotes e os levitas, para que se adicaran á lei de Iahveh. 5E cando se fixo público este edicto, os fillos de Israel trouxeron en abundancia as primicias do trigo, do viño, do aceite, do mel e de todos os froitos da terra. Tamén trouxeron en abundancia a décima parte de todo.6Tamén os fillos de Israel e de Xudá que vivían nas cidades de Xudá trouxeron a décima parte dos bois e das ovellas, e a décima parte das cousas santas consagradas a Iahveh, o seu Deus, dispoñéndoos en montóns. 7No terceiro mes comezaron a formar eses montóns e remataron no sétimo mes. 8E cando Ezequías e os príncipes chegaron e viron os montóns, bendiciron a Iahveh e ao seu pobo Israel.9E Ezequías preguntou aos sacerdotes e aos levitas sobre os montóns. 10E o gran sacerdote Azarías, da casa de Sadoc, respondeulle: "dende que comezaron a traer as ofrendas á casa de Iahveh, comemos e saciámonos e aínda sobrou moito, porque Iahveh bendiciu o seu pobo e aínda sobrou unha gran cantidade". 11E Ezequías ordenou preparar cámaras na casa de Iahveh, e foron preparadas, 12e alí depositaban fielmente as ofrendas, os décimos e as cousas consagradas. E o levita Conanías, estaba ao frente de todo aquilo como xefe, e o seu segundo era Simei o seu irmán. 13Iehiel, Azazías, Nahat, Asael, Ierimot, Iozabad, Eliel, Ismaquías, Maat e Benaías eran supervisores baixo o mando de Conanías e Simí, seu irmán, segundo o mandamento do rei Ezequías e de Azarías, o príncipe da casa de Deus.14E o levita Coré, fillo de Imná, gardián da porta oriental, estaba encargado das ofrendas voluntarias de Deus, e da distribución da ofrenda sagrada a Iahveh e das cousas santísimas. 15E os seus asistentes eran Eden, Miniamin, Iesúa, Semaías, Amarías e Secanías, nas cidades dos sacerdotes, para distribuír con fidelidade as súas porcións aos seus irmáns, tanto aos maiores como aos máis pequenos, segundo os seus grupos.16Xunto cos varóns de tres anos e máis, e todo o que entraban na casa de Iahveh para o seu servizo, segundo as súas tarefas e as súas categorías.17Así como os sacerdotes que estaban inscritos pola sua xenealoxía segundo as súas casas paternas, e os levitas, dende os vinte anos de idade en diante, segundo as súas tarefas e as súas categorías. 18Os que se inscribiron eran todos os seus pequenos, as súas mulleres, os seus fillos e as súas fillas en toda a congregación, porque se consagraron fielmente en santidade. 19E tamén para os fillos de Aarón, os sacerdotes, que vivían nos arrabaldes das cidades, había homes nomeados en cada unha das ciudades para repartir as súas porcións a todos os varóns dos sacerdotes e a todos os que eran recoñecidos polas súas xenealoxías entre os levitas.20Así fixo Ezequías en todo Xudá, obrando o que era bo, xusto e verdadeiro diante de Iahveh, o seu Deus. 21En todo o que comezou a facer no servizo da casa de Deus, e segundo a lei e os mandamentos, buscou ao seu Deus con todo o seu corazón e prosperou.
1Despois destas cousas e de tal fidelidade, Senaquerib, rei de Asiria, veu e invadiu Xudá, e sitiou as cidades fortificadas e propúxose asaltalas.2E cando Ezequías viu que Senaquerib viñera e que estaba decidido a loitar contra Xerusalém, 3resolveu, xunto aos seus príncipes e aos seus homes de valor, cegar as augas das fontes que estaban fóra da cidade, e eles apoiárono. 4Reuniuse entón unha multitude de xente, e obstruíron todas as fontes e o río que fluía por toda a rexión, dicindo: por que os reis de Asiria, cando veñan, han atopar auga?5Despois disto, Ezequías fortaleceu o seu corazón e reconstruíu todo o muro que tiña sido derrubado e ergueu torres sobre el, e levantou outro muro por fóra, e fortificou o terraplén da cidade de David, e tamén fixo moitas espadas e escudos.6E colocou capitáns sobre o pobo, e reuniunos diante del na praza da porta da cidade, e falou con eles, dicindo: 7esforzádeos e tede valor! Non teñades medo nin vos acovardedes diante do rei de Asiria nin de toda a multitude que está con el; porque quen está connosco é maior ca quen está con el. 8Con el está un brazo de carne, pero con nós está Iahveh, o noso Deus, para axudarnos e loitar as nosas batallas. E o pobo apoiouse nas palabras de Ezequías, rei de Xudá.9Despois disto, Senaquerib, rei de Asiria, enviou a Xerusalém aos seus servos, mentres estaba a asediar Laquis con todas as súas forzas, a Ezequías, rei de Xudá, e a todos os xudeus que estaban en Xerusalém, dicindo: 10así di Senaquerib, rei de Asiria: en que confiades, para vos quedar dentro das fortificacións de Xerusalém?11Non vos está enganando Ezequías para facervos morrer de fame e sede, cando di: 'Iahveh, o noso Deus, nos librará da man do rei de Asiria'? 12Non é ese o mesmo Ezequías quen eliminou os lugares altos e os seus altares e ordenou a Xudá e a Xerusalém dicindo: 'só ante este altar adoraredes e sobre el queimaredes incenso?'13Non sabedes o que eu e os meus pais fixemos a todos os pobos dos países? Puideron os deuses das nacións destas terras librar o seu pobo da miña man? 14Cal de entre todos os deuses destas nacións que destruíron os meus pais, puido librar o seu pobo da miña man, de xeito que o voso Deus poida librarvos da miña man? 15Polo tanto, non vos deixedes enganar por Ezequías que vos fai crer estas cousas, porque ningún deus de todas as nacións e de todos os reinos foi quen de librar o seu pobo da miña man e da man dos meus país. Moito menos o voso Deus vos librará da miña man!16E moitas outras cousas falaron os seus servos contra o Iahveh Deus e contra o seu servo Ezequías. 17Ademais, escribiu cartas para blasfemar contra Iahveh, o Deus de Israel, e falou contra el, dicindo: "así como os deuses das nacións dos países non puideron librar o seu pobo da miña man, tampouco o Deus de Ezequías poderá librar o seu da miña man".18E eles gritaron a gran voz na lingua hebrea ao pobo de Xerusalém que estaba sobre as murallas, para asustalos e intimidalos e así poder tomar a cidade. 19E falaron contra o Deus de Xerusalém como contra os deuses dos pobos da terra, obra das mans dos homes.20E o rei Ezequías e o profeta Isaías, fillo de Amós, oraron por isto e clamaron aos ceos. 21E Iahveh enviou un anxo que destruíu a todos os guerreiros esforzados, aos capitán e xefes, no campamento do rei de Asiria, quen regresou á su aterra cheo de vergoña; e cando entrou no templo do seu deus, os seus propios fillos matárono alí coa espada.22Así salvou Iahveh a Ezequías e aos habitantes de Xerusalém da man de Senaquerib, rei de Asiria, e da man de calquer outro, e lles deu descanso por todas partes. 23E moitos trouxeron ofrendas a Xerusalém para Iahveh e presentes para Ezequías, rei de Xudá, quen despois diso foi moi grande diante de todas as nacións.24Naqueles días, Ezequías enfermou e estaba a piques de morrer, pero orou a Iahveh, quen lle respondeu e lle deu un sinal. 25Pero Ezequías non agradeceu o favor que tiña recidibo, senón que o seu corazón enalteceuse polo que a ira chegou sobre el e sobre Xudá e Xerusalém. 26Entón Ezequías, despois de que o seu corazón se enalteceu, humillouse, tanto el como os habitantes de Xerusalém, e a ira de Iahveh non chegou sobre eles nos días de Ezequías.27E Ezequías tivo moitas riquezas e honra, e obtivo tesouros de prata e ouro, pedras preciosas, perfumes, escudos e todo tipo de xoias preciosas. 28Tivo tamén silos para o trigo, o viño e o aceite, e cortes para todo tipo de animais e curros para os rabaños. 29Tamén adquiriu cidades, pois tiña ovellas e toda clase de gando en abundancia, porque Deus lle deu moitas riquezas.30Ese mesmo Ezequías cubriu o manantial superior das aufas do Guihón, desviándoas por abaixo cara a parte occidental da cidade de David. E Ezequías prosperou en todo o que fixo. 31Pero cando os príncipes de Babilonia enviaron mensaxeiros para preguntar sobre o prodixio que tiña acontecido no país, Deus permitiu que fora probado, para dar a coñecer todo o que había no seu corazón.32O resto dos feitos de Ezequías e as súas boas obras están escritos na profecía do profeta Isaías, fillo de Amós, e no libro dos reis de Xudá e de Israel. 33Ezequías morreu e foi sepultado no lugar máis alto dos sepulcros dos fillos de David. Todo Xudá e Xerusalém rendíronlle honra na súa morte. E o seu fillo Manasés reinou no seu lugar.
1Manasés tiña doce anos cando comezou a reinar, e reinou cincuenta e cinco anos en Xerusalém. 2E fixo o mal aos ollos de Iahveh , segundo as abominacións das nacións que Iahveh expulsara de diante dos fillos de Israel. 3Reedificou os altos que o seu pai Ezequías derrubara, ergueu altares para os baales e fixo aseras e adorou e serviu a todo o exército dos ceos.4E construíu altares na casa de Iahveh, da que o Señor dixo: en Xerusalém permanecerá o meu nome para sempre. 5Tamén construíu altares a todo o exército dos ceos nos dous atrios da casa de Iahveh . 6Fixo pasar os seus fillos polo lume no val de Ben-Hinom, e practicou a maxia, a adivinación e a bruxería, e consultou os espíritos dos mortos, e practicou o espiritismo. Fixo todo o posible para provocar a ira a Iahveh, facendo o malo aos seus ollos.7E colocou na casa de Deus a imaxe do ídolo que fabricara, da que Deus tiña dito a David e ao seu fillo Salomón: nesta casa e en Xerusalém, a que escollín entre todas as tribos de Israel, poñerei o meu nome para sempre. 8E nunca máis farei que o pé de Israel saia da terra que dei aos vosos pais, con tal de que teñan conta de poñer en práctica todo o que eu lles mandei, toda a lei, os estatutos e os mandamentos que lles dei a Moisés. 9E Manasés levou a Xudá e aos habitantes de Xerusalém a facer máis mal do que as nacións que Iahveh destruíu de diante dos fillos de Israel.10E Iahveh falou a Manasés e ao seu pobo, pero eles non prestaron atención; 11e debido a iso, Iahveh trouxo contra eles os capitáns do exército do rei de Asiria, que prenderon a Manasés con garfos e atárono con cadeas de bronce levándoo a Babilonia.12Pero cando se atopou en tal angustia, orou a Iahveh o seu Deus, humillándose diante do Deus dos seus pais. 13E orou a El, e suplicoulle, e El amosou a súa misericordia e escoitou a súa suplica, e fíxoo volver a Xerusalém, ao seu reino. E Manasés recoñeceu que só Iahveh é Deus.14Despois disto, edificou o muro exterior da cidade de David, ao oeste de Guibón, no val, ata a entrada da porta dos peixes, rodeando a Ofel, e fixo o muro moi alto; e colocou capitáns do exército en todas as cidades fortificadas de Xudá. 15Tamén eliminou os deuses estranxeiros e o ídolo da casa de Iahveh, e todos os altares que construíra no monte da casa de Iahveh e en Xerusalém, e botounos fóra da cidade.16E reparou o altar de Iahveh e ofreceu sobre el sacrificios de paz e de gratitude, e mandou a Xudá servir a Iahveh, o Deus de Israel. 17Pero o pobo seguía a sacrificar nos lugares altos, aínda que só para Iahveh, o seu Deus.18Os demais feitos de Manasés, as súas oracións ao seu Deus e as palabras dos profetas que lle falaron no nome de Iahveh, o Deus de Israel, están escritos no libro dos reis de Israel. 19E a súa oración, e como foi atendido, e todo o seu pecado e a súa infidelidade, e os lugares altos onde construíu aseras e ídolos, antes de humillarse, velaquí, están escritos nas palabras dos profetas. 20E Manasés durmiu cos seus pais, e enterrárono na súa casa; e reinou no seu lugar Amón, o seu fillo.21Amón tiña vinte e dous anos cando comezou a reinar, e reinou dous anos en Xerusalém. 22E fixo o mal aos ollos de Iahveh, como tiña feito Manasés, o seu pai, pois Amón ofreceu sacrificios e serviu a todos as ídolos que fixera Manasés, o seu pai. 23Pero non se humillou diante de Iahveh, como se humillou Manasés, o seu pai, senón que Amón multiplicou a súa culpa.24Os seus servos conspiraron contra el e matárono na súa casa. 25Pero o pobo matou a todos os que conspiraran contra o rei Amón; e o pobo da terra fixo rei a Iosías, seu fillo, no seu lugar.
1Iosías tiña oito anos cando comezou a reinar, e reinou trinta e un anos en Xerusalém. 2E fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh, e andou nos camiños de David, seu pai, e non se desviou nin á dereita nin á esquerda. 3E no ano oitavo do seu goberno, aínda sendo un neno, comezou a buscar o Deus de David, seu pai; e no ano doce empezou a limpar Xudá e Xerusalém dos lugares altos, das aseras, dos ídolos tallados e das imaxes fundidas.4E derrubaron diante del os altares dos baales, e quebrou os piares do sol que estaban sobre eles, e quebrou as aseras, e os ídolos tallados, e as imaxes de fundición, e despedazounas ata deixalas feitas po, que esparexeu sobre os sepulcros dos que lles ofrecían sacrificios. 5E queimou os ósos dos sacerdotes sobre os seus altares, e deste xeito, purificou a Xudá e a Xerusalém.6Así o fixo nas cidades de Manasés, Efraín, Simeón e Neftalí, e en todos os lugares ao redor. 7Destruíu os altares, fixo anacos as aseras e os ídolos tallados, ata reducilos ao po, e talou todos os piares do sol por toda a terra de Israel, e regresou a Xerusalém.8No ano décimo oitavo do seu reinado, despois de limpar a terra e a casa, mandou a Safán, fillo de Azalía, a Maasías, gobernador da cidade, e a Ioá, fillo de Ioacaz, cronista, para reparar a casa de Iahveh, o seu Deus. 9E foron onda Hilquías, o sumo sacerdote, e entregáronlle o diñeiro que se recaudara na casa de Iahveh, que os levitas e os porteiros recolleran da man de Manasés e de Efraín e de todo o resto de Israel, de todo Xudá e Benxamín e dos habitantes de Xerusalém.10E entregárono en man dos encargados de facer a obra na casa de Iahveh, que, a súa vez, o entregaban aos obreiros que traballaban na casa do Señor, para reparar e restaurar a casa. 11Dábanllo tamén aos carpinteiros e aos canteiros, para mercar pedras de canteira e madeira para as vigas dos edificios que os reis de Xudá destruíran.12E estes homes traballaban fielmente na obra, e para dirixilos nomearan a Iahfat e Abdías, levitas dos fillos de Merari, e Zacarías e Mesullam, dos fillos de Coat, así como outros levitas, todos eles cheos de talento en instrumentos musicais. 13E eles eran os encargados dos cargadores, e dirixían a todos os que traballaban en calquera tipo de servizo. E algúns dos levitas eran escribas, oficiais e porteiros.14E cando traían o diñeiro que fora recaudado na casa de Iahveh, o sacerdote Hilquías atopou o libro da lei de Iahveh dada por medio de Moisés. 15Hilquías díxolle a Safán, o escriba: "atopei o libro da lei na casa de Iahveh! E Hilquías entregou o libro a Safán. 16E Safán levou o libro ao rei, e informouno de todo, dicindo: os teus servos fixeron todo tal como ti lles encargaches,17contaron o diñeiro que había na casa de Iahveh e entregrárono nas mans dos encargados e dos obreiros.. 18Ademais, Safán, o escriba, informou ao rei, dicindo: "o sacerdote Hilquías deume un libro. E Safán leuno diante do rei. 19E sucedeu que cando o rei escoitou as palabras da lei, rachou os seus vestidos.20E o rei ordenou a Hilquías, a Ahicam, fillo de Safán, a Abdon, fillo de Micaías, a Safán, o escriba, e a Asaías, o servidor do rei, dicindo: 21ide e consultade a Iahveh por min e polo remanente de Israel e de Xudá sobre as palabras do libro que se atopou, porque é grande a ira de Iahveh que se derramou sobre nós, porque os nosos pais non gardaron a palabra de Iahveh para facer todo o que está escrito neste libro.22Entón Hilquías e os que estaban diante do rei foron a Hulda, a profetisa, muller de Salum, fillo de Toqhat, fillo de Hasrá, o gardarroupas, que moraba no segundo distrito de Xerusalém, e falaron con ela do caso.23E ela respondeulles: "isto é o que di Iahveh, o Deus de Israel: dicídelle ao home que vos mandou a min: 24así di Iahveh: velaquí, vou traer mal sobre este lugar e sobre os seus habitantes: todas as maldicións escritas no libro que leron diante do rei de Xudá. 25Porque me deixaron e queimaron incenso a outros deuses, para provocar a miña ira con todas as obras das súas mans. Por iso a miña ira será derramada sobre este lugar, e non será apagada.26Pero ao rei de Xudá, que vos mandou consultar a Iahveh, dicídelle: así di Iahveh o Deus de Israel sobre as palabras que escoitaches: 27Xa que se conmoveu o teu corazón e te humillaches diante de Deus cando escoitaches as súas palabras contra este lugar e contra os seus habitantes, e te humillaches diante de min, e rasgaches os teus vestidos e choraches diante de min, tamén eu te escoitei, di Iahveh. 28Velaquí, eu reunireite cos teus pais, e serás recollido no teu sepulcro en paz, e os teus ollos non verán todo o mal que vou traer sobre este lugar e sobre os seus habitantes. E eles levaron ao rei esta palabra.29Entón o rei ordenou que se reuniran todos os anciáns de Xudá e de Xerusalém. 30E subiu o rei á casa de Iahveh, e con el todos os homes de Xudá e os habitantes de Xerusalém, e os sacerdotes, e os levitas; con todo o pobo, dende o maior ata o máis pequeno; e leu aos seus ouvidos todas as palabras do libro do pacto que se atopara na casa de Iahveh.31E o rei estaba de pé no seu lugar, e fixo un pacto diante de Iahveh para seguir a Iahveh e para gardar os seus mandamentos e os seus testemuños e os seus estatutos con todo o seu corazón e con toda a súa alma, para poner por obra as palabras do pacto que estaban escritas no libro. 32E fixo que todos os que se atopaban en Xerusalém e en Benxamín, e os habitantes de Xerusalém obraran segundo o pacto de Deus, o Deus dos seus pais.33E Iosías quitou todas as abominacións de todas as terras que pertencían aos fillos de Israel, e fixo que todos os que se atopaban en Israel serviran a Iahveh, o seu Deus. E en todos os seus días non se apartaron de seguir a Iahveh, o Deus dos seus pais.
1Iosías celebrou a pascua a Iahveh en Xerusalém, e degolaron o año da pascua o catorce do primeiro mes. 2E estableceu os sacerdotes nas súas funcións e fortaleceunos no servizo da casa de Iahveh .3E díxolles aos levitas que ensinaban a todo Israel e que estaban santificados a Iahveh: colocade a arca do santuario na casa que edificou Salomón, o fillo de David, rei de Israel; xa non a teredes que cargala a ombros, e servide a Iahveh , o voso Deus, e ao seu pobo Israel. 4Preparádevos segundo a orde das vosas casas paternas, tal como escribiu David, rei de Israel, e como escribiu Salomón, o seu fillo.5E ocupade o voso lugar no santuario segundo as divisións das casas paternas dos vosos irmáns, os fillos do pobo, e así cada un teña unha porción dunha casa paterna dos levitas. 6Degolade o año pascual e santificádevos, facede os preparativos para os vosos irmáns segundo a palabra de Iahveh por medio de Moisés.7E o rei Iosías ofreceu ao pobo o número de ovellas, años e cabritos, coma vítimas pascuais para todos os que estaban presentes, uns trinta mil, e engadiu tres mil bois, todos eles da facenda do rei. 8Tamén os seus príncipes ofrendaron para o pobo, para os sacerdotes e para os levitas. Hilquías, Zacarías e Iehiel, príncipes da casa de Deus, deron aos sacerdotes para as ofrendas pascuais dous mil seiscentos, e trescentos bois. 9Conanías e os seus irmáns Xemaías e Netaneel, e HasAbías, Ieiel e Iosabad, príncipes dos levitas, ofreceron aos levitas cinco mil para as ofrendas pascuais e cincocentos bois.10E o servizo foi preparado, e os sacerdotes estiveron nos seus postos e os levitas nos seus turnos, segundo o mandamento do rei. 11E degolaron a pascua, e os sacerdotes asperxeron o sangue coa súa man, mentres os levitas escoiraban. 12E tomaron do holocausto para dar aos fillos do pobo, segundo as reparticións das casas paternas, e para ofrecelo a Iahveh, como está escrito no libro de Moisés; e tamén fixeron así cos bois.13E asaron a pascua no lume, segundo o mandamento; e coceron as ofrendas santas en olas, caldeiros e cazolas, e naquel intre repartírono a todo o pobo. 14Despois prepararon para si mesmos e para os sacerdotes, porque os sacerdotes, os fillos de Aarón, estiveron ocupados ata a noite a sacrificar os holocaustos e as grosuras. Os levitas tiveron que preparar para si e para os sacerdotes, os fillos de Aarón.15E os cantores, os fillos de Asaf, estaban nos seus postos, segundo o mandamento de David, Asaf, Hemán e Iedutún, o vidente do rei; e os porteiros estaban en cadansúa porta; non tiñan que deixar o seu servizo, porque os seus irmáns, os levitas, tiñan feito os preparativos para eles.16Así quedou preparado todo o servizo de Iahveh naquel día para celebrar a pascua e ofrecer os holocaustos no altar de Iahveh, segundo o mandamento do rei Iosías. 17E os fillos de Israel que estaban presentes celebraron a pascua nese tempo e a festa dos ácimos durante sete días.18Nunca se celebrou unha pascua coma esta en Israel dende os días do profeta Samuel, e ningún dos reis de Israel celebrou unha pascua como a que celebrou Iosías, con todos os sacerdotes e os levitas, e todo Xudá e Israel presentes xunto aos habitantes de Xerusalém. 19Esta pascua foi celebrada no ano dezaoito do rei Iosías.20Despois de todo isto, cando Iosías reparara a casa do Señor, Necao, rei de Exipto, subiu para pelexar en Carquemis, xunto ao Eufrates, e Iosías marchou contra el. 21Pero Necao envioulle mensaxeiros, dicindo: "que teño eu contigo, rei de Xudá? Non estou contra ti hoxe, senón contra a casa coa a que estou en guerra, e Deus díxome que me apresure. Deixa de resistir a Deus, que está comigo, para que El non te destrúa".22Pero Iosías non se volveu, senón que se disfrazou para loitar contra el, e non escoitou as palabras de Necao, que eran da boca de Deus, e chegou para loitar contra el na chaira de Megido.23E os arqueiros dispararon contra o rei Iosías, e o rei dixo aos seus servos: "sacádeme de aquí, porque estou gravemente ferido". 24E os seus servos sacárono do carro, e puxérono noutro carro que tiña, e levárono a Xerusalém, onde morreu, e enterrárono nos sepulcros dos seus pais. E todo Xudá e Xerusalém choraron por Iosías.25E Xeremías compuxo unha elexía sobre Iosías; e todos os cantores e cantoras recitan as súas cantigas de lamentación sobre Iosías ata hoxe, de tal xeito que é un costume en Israel, e están escritas no libro de lamentos. 26Os demais feitos de Iosías e as súas obras piadosas, segundo o que está escrito na lei de Iahveh, 27e os seus feitos, os primeiros e os últimos, están escritos no Libro dos reis de Israel e de Xudá.
1E o pobo do país tomou a Ioacaz, fillo de Iosías, e fíxoo rei en Xerusalém no lugar do seu pai. 2Ioacaz tiña vinte e tres anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém tres meses.3E o rei de Exipto destituíuno en Xerusalém, e impuxo ao país un tributo de cen talentos de prata e un talento de ouro. 4Despois o rei de Exipto fixo rei de Xudá e de Xerusalém a Eliaquim, o seu irmán, e cambiou o seu nome polo de Ioacim. E Necao tomou ao seu irmán Ioacaz e levouno a Exipto.5Ioacim tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou once anos en Xerusalém; e fixo o malo diante dos ollos de Iahveh, o seu Deus. 6Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiu contra el e levouno con cadeas de ferro a Babilonia. 7Nabucodonosor tamén levou algúns dos utensilios da casa de Iahveh a Babilonia, e colocounos no seu templo en Babilonia.8O resto dos feitos de Ioacim, as súas abominacións que cometeu, o todo o que se atopou contra el, está escrito no libro dos Reis de Israel e de Xudá. E Ioaquim, o seu fillo, reinou no seu lugar.9Ioaquim tiña oito anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém tres meses e dez días. E fixo o malo aos ollos de Iahveh. 10Ao final do ano, o rei Nabucodonosor mandou levalo a Babilonia, xunto cos utensilios máis preciosos da casa de Iahveh, e fixo a Sedequías, o seu irmán, rei sobre Xudá e Xerusalém.11Sedequías tiña vinte e un anos cando comezou a reinar, e reinou once anos en Xerusalém. 12E fixo o malo aos ollos de Iahveh, o seu Deus, e non se humillou diante de Xeremías, o profeta, que lle falaba as palabras de Iahveh.13Tamén se rebelou contra Nabucodonosor, quen lle tiña feito xurar por Deus, e endureceu o seu corazón e púxose terco na súa mente para non volver ao Señor, o Deus de Israel. 14Tamén todos os príncipes dos sacerdotes e o pobo aumentaron a súa infidelidade, seguindo todas as abominacións das nacións e contaminando a casa de Iahveh, que El santificara en Xerusalém.15E Iahveh, o Deus dos seus pais, mandáballes palabra por medio dos seus mensaxeiros, e facíao unha e outra vez, porque se compadecía do seu pobo e da súa morada. 16Pero eles burlábanse dos mensaxeiros de Deus, e desprezaban as súas palabras e mofábanse dos seus profetas, ata que a ira de Iahveh subiu contra o seu pobo, ata que non había remedio.17E fixo subir contra eles o rei dos caldeos, que matou aos seus mozos coa espada na propia casa do santuario, e non se compadeceu do mozo nin da moza, nin do vello nin dos máis vellos; entregounos a todos nas súas mans.18E todos os utensilios da casa de Deus, grandes e pequenos, e os tesouros da casa de Iahveh, e os tesouros da casa do rei e dos seus príncipes, levárono todo para Babilonia. 19E queimaron a casa de Deus, e derrubaron o muro de Xerusalém, e queimaron con lume todos os seus palacios e destruíron todos os obxectos preciosos que había neles.20Os que fuxiron á espada foron levados cativos a Babilonia, e foron os servos del e dos seus fillos, ata que triunfou o reino de Persia. 21Para que se cumprise a palabra de Iahveh pola boca de Xeremías, para que a terra disfrutara dos días de acougo. Repousou todos os días da súa desolación ata cumprírense setenta anos.22E no primeiro ano de Ciro, rei de Persia, para que se cumprise a palabra de Iahveh pola boca de Xeremías, Iahveh despertou o espírito de Ciro, rei de Persia, que mandou anunciar por todo o seu reino, tanto por palabra como por escrito, dicindo: 23isto di Ciro, o rei de Persia: Iahveh, o Deus dos ceos, deume todos os reinos da terra, e El encargoume que lle edifique unha casa en Xerusalém, que está en Xudá. Calquera de vós, de todo o seu pobo, que Iahveh, o seu Deus estea con el, ha subir alá.
1E no primeiro ano de Ciro, rei de Persia, para cumprir a palabra de Iahveh pola boca de Xeremías, Iahveh espertou o espírito de Ciro, rei de Persia, e fixo que se anunciase por todo o seu reino, por palabra e tamén por escrito, dicindo: 2"Isto é o que di Ciro, rei de Persia: 'Iahveh, o Deus do ceo, deume todos os reinos da terra, e encargoume construírlle unha casa en Xerusalém, que está en Xudá.3Quen de vós sexa do seu pobo, que o seu Deus estea con el, e que suba a Xerusalém, que está en Xudá, e constrúa a casa de Iahveh, Deus de Israel. El é o Deus, que está en Xerusalém. 4E a todos os que quedan, en calquera lugar onde se atopen, que os seus veciños os axuden con prata, ouro, bens e animais, ademais das ofrendas voluntarias para a casa de Deus, que está en Xerusalém.5Entón os xefes de familias de Xudá e de Benxamín, os sacerdotes e os levitas, todos os que Deus espertou, erguéronse para subir a construír a casa de Iahveh, que está en Xerusalém. 6E todos os seus veciños axudábanos con prata e ouro, con bens, con gando e con cousas preciosas, ademais de todo o que se ofrecía de boa vontade.7E o rei Ciro sacou os vasos da casa de Iahveh que Nabucodonosor tirara de Xerusalém e colocara no templo dos seus deuses. 8E así, Ciro, rei de Persia, sacounos pola man de Mitrídates, o tesoureiro, que os entregou a Xesbasar, príncipe de Xudá.9E este foi o seu número: trinta copas de ouro, mil copas de prata, vinte e nove coitelos, 10trinta copas de ouro, catrocentas dez copas de prata, e outros mil utensilios. 11Todos os utensilios de ouro e de prata eran cinco mil catrocentos. Xesbasar levou todo isto con eles cando os exiliados volveron de Babiloina a Xerusalém.
1Estes son os fillos da provincia que saíron dos exiliados, os que Nabucodonosor, rei de Babilonia, levou a Babilonia, e que volveron a Xerusalém e a Xudá, cada un á súa cidade, 2Os que viñeron con eles foron Zerubabel, Xosué, Nehemías, Seraías, Reealías, Mardoqueo, Bilhán, Mispar, Bigvai, Rehum e Banah.3Os fillos de Parox, dous mil cento setenta e dous. 4Os fillos de Xefatías, trescentos setenta e dous. 5Os fillos de Arah, setecentos setenta e cinco. 6Os fillos de Pahat-Moab, dos fillos de Xosué e de Ioab, dous mil oitocentos doce.7Os fillos de Elam, mil douscentos cincuenta e catro. 8Os fillos de Zatú, novecentos corenta e cinco. 9Os fillos de Zaqueo, setecentos sesenta. 10Os fillos de Baní, seiscentos corenta e dous.11Os fillos de Bebai, seiscentos vinte e tres. 12Os fillos de Azgad, mil douscentos vinte e dous. 13Os fillos de Adonicam, seiscentos sesenta e seis. 14Os fillos de Bigvai, dous mil cincuenta e seis.15Os fillos de Adín, catrocentos cincuenta e catro. 16Os fillos de Ater, de Ezequías, noventa e oito. 17Os fillos de Besai, trescentos vinte e tres. 18Os fillos de Iorah, cento doce.19Os fillos de Haxum, douscentos vinte e tres. 20Os fillos de Guibar, noventa e cinco. 21Os de Belén, cento vinte e tres. 22Os homes de Netofah, cincuenta e seis.23Os homes de Anatot, cento vinte e oito. 24Os fillos de Azmávet, corenta e dous. 25Os fillos de Quiriat-Arim, Kefirah e Beerot, setecentos corenta e tres. 26Os fillos de Ramah e de Gueba, seiscentos vinte e un.27Os homes de Mikmás, cento vinte e dous. 28Os homes de Betel e Ai, douscentos vinte e tres. 29Os fillos de Nebó, cincuenta e dous. 30Os fillos de Magbi, cento cincuenta e seis.31Os fillos do outro Elam, mil douscentos cincuenta e catro. 32Os fillos de Harim, trescentos vinte. 33Os fillos de Lod, Hadid e Onó, setecentos vinte e cinco.34Os fillos de Iericó, trescentos corenta e cinco. 35Os fillos de Senaah, tres mil seiscentos trinta;36Os sacerdotes: os fillos de Iedaías, da casa de Xosué, novecentos setenta e tres. 37Os fillos de Immer, mil cincuenta e dous. 38Os fillos de Paxhur, mil douscentos corenta e sete. 39Os fillos de Harim, mil diecisiete.40Os levitas: os fillos de Xosué e Cadmiel, dos fillos de Hodavías, setenta e catro. 41Os cantores: os fillos de Asaf, cento vinte e oito. 42Os fillos dos porteiros: os fillos de Xalum, os fillos de Ater, os fillos de Talmón, os fillos de Acub, os fillos de Hatitá, os fillos de Xobai: cento trinta e nove.43Os serventes do templo: os fillos de Sibá, os fillos de Hasufá, os fillos de Tabaoth, 44os fillos de Querós, os fillos de Siaha, os fillos de Padón, 45os fillos de Levanah, os fillos de Hagabah, os fillos de Acub, 46os fillos de Hagab, os fillos de Xalmai, os fillos de Hanán,47os fillos de Guidel, os fillos de Gahar, os fillos de Reaías, 48os fillos de Resín, os fillos de Necodá, os fillos de Gazam, 49os fillos de Izá, os fillos de Paséah, os fillos de Besai, 50os fillos de Asnah, os fillos de Neunim, os fillos de Nefusim,51os fillos de Bacbuc, os fillos de Hacufá, os fillos de Harhur, 52os fillos de Baslut, os fillos de Mehidá, os fillos de Harxá, 53os fillos de Barcós, os fillos de Siserá, os fillos de Tamah, 54os fillos de Nesías, os fillos de Hatifá.55Os fillos dos servos de Salomón: os fillos de Sotai, os fillos de Soféret, os fillos de Perudá, 56os fillos de Ialah, os fillos de Darcón, os fillos de Guidel, 57os fillos de Xefatías, os fillos de Hattil, os fillos de Poquéret-Sebaim, os fillos de Amí. 58Todos os serventes do templo e os fillos dos servos de Salomón, trescentos noventa e dous.59Estes son os que subiron de Tel-Mélah, Tel-Harxá, Kerub, Adán e Immer, pero non puideron demostrar a súa casa paterna nin a súa familia se eran de Israel: 60os fillos de Dalaías, os fillos de Tobías, os fillos de Necodá, seiscentos cincuenta e dous.61E dos fillos dos sacerdotes: os fillos de Hobaías, os fillos de Hacós, os fillos de Barzilai, que casou cunha das fillas de Barzilai de Galaad e foi chamado polo seu nome. 62Estes buscaron o seu rexistro xenealóxico, pero non se atopou, e foron excluídos do sacerdocio. 63E o gobernador díxolles que non comesen dos alimentos máis santos, ata que se levantara un sacerdote para consultar con Urim e Tumim.64Toda a congregación, unida como un só home, foi de corenta e dous mil trescentos sesenta, 65sen contar os seus escravos e escravas, que eran sete mil trescentos trinta e sete; e tiñan douscentos cantores e cantoras.66Os seus cabalos eran setecentos trinta e seis; as súas mulas, dúascentas corenta e cinco; 67os seus camelos foron catrocentos trinta e cinco; os seus asnos foron seis mil setecentos vinte.68E algúns dos xefes de familias, cando chegaron á casa de Iahveh, que estaba en Xerusalém, fixeron ofrendas voluntarias para a casa de Deus, para reconstruíla no seu lugar. 69Segundo as súas posibilidades, deron ao tesoureiro da obra sesenta e un mil dracmas de ouro, cinco mil minas de prata e cen túnicas sacerdotais.70Os sacerdotes, os levitas, algúns do pobo, os cantores, os porteiros e os serventes habitaron nas súas cidades, e todo Israel nas súas cidades.
1E cando chegou o sétimo mes, e os fillos de Israel estaban nas cidades, o pobo reuniuse coma un só home en Xerusalém. 2Entón Xosué, fillo de Iosadac, e os seus irmáns sacerdotes, e Zerubabel, fillo de Xealtiel, e os seus irmáns, ergueron o altar do Deus de Israel, para ofrecer sobre el holocaustos, como está escrito na lei de Moisés, home de Deus.3E puxeron o altar no seu lugar, aínda que tiñan medo dos pobos do país, e ofreceron sobre el holocaustos ao Señor, holocaustos pola mañá e pola tarde. 4E celebraron a festa dos tabernáculos, segundo o que está escrito, e os holocaustos, segundo o ordenamento do día, segundo o seu tempo. 5E depois disto, o holocausto continuo, as lúas novas, e de todas as festividades consagradas a Iahveh, e de todas as ofrendas voluntarias, de todas as ofrendas voluntarias ao Señor.6Dende o primeiro día do sétimo mes comezaron a ofrecer holocaustos a Iahveh; pero o fundamento do templo de Iahveh aínda non fora posto. 7E deron cartos aos carpinteiros e canteiros, e alimentos, bebidas e aceite aos sidonios e aos tirios, para que trouxesen madeira de cedro do Líbano a Iafa por mar, segundo o que ordenara Ciro, rei de Persia.8No segundo ano da súa chegada á casa de Deus en Xerusalém, no segundo mes, empezaron a traballar Zerubabel, fillo de Xealtiel, Xosué, fillo de Iosadac, e o resto dos seus irmáns, os sacerdotes, os levitas e todos os que chegaron a Xerusalém, da catividade; e puxeron os levitas de vinte anos de idade ou máis para encargar a obra da casa de Deus. 9Xosué, os seus fillos e irmáns, Cadmiel e mailos seus fillos; os fillos de Xudá, xuntos coma un só home, axudaron aos que traballaban na casa de Deus, así como os fillos de Henadad, os seus fillos e irmáns, os levitas.10E cando os construtores puxeron os fundamaentos do templo de Iahveh, presentáronse os sacerdotes vestidos e con trompetas, e os levitas, os fillos de Asaf, con címbalos, para louvar a Iahveh, segundo a orde de David, rei de Israel. 11E cantaron, louvando e dando grazas a Iahveh, porque é bo, porque para sempre é a súa misericordia sobre Israel. E todo o pobo gritou con grande ledicia, louvando a Iahveh, porque se fundaba a casa de Iahveh.12Pero moitos dos sacerdotes, levitas e xefes de familias, os anciáns que viron a primeira casa, choraban en alta voz cando se botaron os cimentos desta casa diante deles, mentres que outros moitos berraban de alegría. 13E o pobo non podía distinguir entre o xúbilo e a voz de choro, porque o pobo estaba a berrar de gran alegría, e sentíase o ruído ao lonxe.
1Cando os inimigos de Xudá e de Benxamín escoitaron que os que foran deportados construían un templo para o Señor, o Deus de Israel, 2achegáronse a Zerubabel e aos xefes de familias e dixéronlles: "Imos construír convosco, porque, como vós, nós buscamos o voso Deus e a el ofrecemos sacrificios dende os días de Asarhadón, rei de Asiria, que nos trouxo aquí".3Pero Zerubabel, Xosué e o resto dos xefes de familias de Israel dixéronlles: "Non temos nada que ver con vós para construír unha casa para o noso Deus, pois nós sos imos construír para Iahveh, o Deus de Israel, como nos mandou o rei Ciro, rei de Persia".4Entón aconteceu que o pobo do país desmoralizaba o pobo de Xudá e asustábaos para deixar de construír. 5Ademais, subornaron aos seus conselleiros para frustrar o seu plan, durante todo o tempo de Ciro, rei de Persia, e ata o reinado de Darío, rei de Persia. 6E no reinado de Asuero, no comezo do seu reinado, escribiron unha acusación contra os habitantes de Xudá e Xerusalém.7Tamén nos días de Artaxerxes, Bislam, Mitrídates, Tabeel e o resto dos seus compañeiros escribiron a Artaxerxes, rei de Persia. A carta estaba escrita e escrita en arameo. 8Rehum, o gobernador, e Ximxai, o secretario, escribiron unha carta contra Xerusalém ao rei Artaxerxes.9Rehum, o gobernador, e Simsai, o secretario, e o resto dos seus compañeiros, os xuíces, os gobernadores e os oficiais, e os de Persia, de Arcav, de Babilonia, de Susán, é dicir, dos elamitas, 10e o resto dos pobos que o gran e ilustre Asenapar levou e fixo habitar nas cidades de Samaria e no resto da rexión do outro lado do río.11E esta é a copia da carta que enviaron: “Ao rei Artaxerxes: Os teus servos do outro lado do río, saúdos. 12Sexa coñecido ó rei que os xudeus que viñeron de ti a onda nós e chegaron a Xerusalém, están a reconstruír a cidade rebelde e mala, remataron os muros e están a colocar os fundamentos.13Agora ben, o rei ten que saber que, se esta cidade é reconstruída e os seus muros rematados, non pagarán impostos, tributos ou contribucións, de tal xeito que os ingresos do rei diminuirán.14Dado que nós somos mantidos polo palacio, non é xusto para nós ver o desprezo do rei, polo que mandamos informar do que está a acontecer, 15para que se procure no rexistro dos teus predecesores; e atoparás no libro das memorias que esta cidade é unha cidade rebelde e perniciosa para os reis e as provincias, e dende os tempos antigos hai rebeldía continua; por iso foi destruída esta cidade. 16Informamos ao rei que se esta cidade é reconstruída e os seus muros son rematados, a rexión do outro lado do río non será túa”.17Entón o rei enviou esta resposta: A Rehum, o gobernador, a Simsai, o secretario, e aos seus compañeiros que viven en Samaria e aos demais do outro lado do río: “Paz, 18A carta que nos enviastes foi lida claramente diante de min. 19E eu dei un mandamento para que se procurara o caso, e atopouse que esta cidade dende antiguo ergueuse contra os reis e déronse moitas revoltas.20E houbo reis poderosos en Xerusalém que gobernaron todo o que estaba ao longo do río, e a eles dábanselles tributo, contribucións e impostos. 21Agora, pois, ordenade que eses homes deixen de traballar, e que non se constrúa esta cidade ata que eu o ordene. 22E pobre de vós de ser neglixentes neste asunto, pois, por que debería aumentar o dano en detrimento dos reis?”23Cando a copia da carta do rei Artaxerxes foi lida diante de Rehum, Simsai, o secretario e os seus compañeiros, subiron axiña a Xerusalém aos xudeus e pararon a obra pola forza e con violencia. 24Entón cesou o traballo da casa de Deus, que estaba en Xerusalém; e foi interrumpida ata o segundo ano do goberno de Darío, rei de Persia.
1Entón os profetas Axeo e Zacarías, fillo de Idó, profetizaron aos xudeus que estaban en Xudá e en Xerusalém no nome do Deus de Israel, que estaba con eles. 2Entón Zerubabel, fillo de Selatiel, e Xosué, fillo de Iosadac, erguéronse e comezaron a construír a casa de Deus, que estaba en Xerusalém, e os profetas de Deus estaban con eles e axudábanos.3Nese tempo chegaron a eles Taznai, gobernador de máis aló do río, Xetar-Boznai e os seus compañeiros, e dixéronlles así: quen vos ordenou construír esta casa e rematar estas murallas? 4Tamén preguntaron: cales son os nomes dos homes que fan este edificio? 5Pero a mirada de Deus estaba sobre os anciáns dos xudeus, e non os detiveron ata que o asunto foi enviado a Darío e deu instrucións por carta sobre isto.6Entón Taznai, gobernador do outro lado do río, Setar-Boznai e os seus compañeiros, gobernadores que estaban do outro lado do río, enviaron ao rei Darío 7unha carta, na que escribiron: a Darío, rei, toda a paz.8Que o rei saiba que fomos á provincia de Xudá, á casa do gran Deus, que se está a edificar con grandes pedras, e madeira nas paredes. Esta obra se está a facer con rapidez e está a prosperar nas súas mans. 9Entón preguntamos aos anciáns e dixémoslles así: quen vos ordenou que construísedes esta casa e rematásedes esta muralla? 10Tamén lles preguntamos os seus nomes, para informarte, para escribir os nomes daqueles que os dirixen.11E así nos responderon: nós somos servos do Deus do ceo e da terra, e estamos a reconstruír a casa que foi construída hai moitos anos, que un gran rei de Israel edificou e rematou.12Pero os nosos pais provocaron ao Deus do ceo, e el entregounos na man de Nabucodonosor, rei de Babilonia, o caldeo, que destruíu esta casa e deportou o pobo a Babilonia. 13Pero no primeiro ano de Ciro, rei de Babilonia, o mesmo rei Ciro, ordenou que esta casa de Deus fose construída.14E tamén os vasos de ouro e de prata da casa de Deus, que Nabucodonosor tirara do templo que estaba en Xerusalém e levou ao templo de Babilonia, o rei Ciro sacounos do templo de Babilonia e entregounos a Xexbasar, a quen fixera gobernador. 15E díxolle: toma estes utensilios, vai, lévaos ao templo que está en Xerusalém e que a casa de Deus sexa construída no seu lugar.16Entón este Sesbasar veu e puxo os fundamentos da casa de Deus, que está en Xerusalém; e dende entón ata agora veu sendo construída, pero aínda non está rematada.17E agora, se ben lle parece ao rei, que se investigue na tesourería real que está alí en Babilonia, se o rei Ciro ordenou que se construíse esta casa de Deus en Xerusalém, e que nos envíe a vontade do rei sobre isto.
1Entón o rei Darío mandou buscar na casa dos arquivos, onde se gardaron os tesouros en Babilonia. 2E atopouse en Ecbatana, no palacio que está na provincia de Media, un libro no que estaba escrito así: Memoria:3No primeiro ano do rei Ciro, o mesmo rei Ciro proclamou un decreto: “Sobre a casa de Deus en Xerusalém, que sexa reconstruído o templo, onde se ofrecen os sacrificios, e que se consoliden os seus fundamentos, cunha altura de sesenta cóbados e a súa anchura de sesenta cóbados; 4con tres ringleiras de pedras grandes, e unha ringleira de madeira nova; e que a casa do rei pague o custo. 5“E tamén se devolvan os utensilios de ouro e de prata da casa de Deus, que Nabucodonosor sacou do templo de Xerusalém e levou a Babilonia, e que se leven aos seus lugares, no templo en Xerusalém, e sexan postos na casa de Deus”.6E agora, Taznai, gobernador do outro lado do río, Setar-Boznai, e os seus compañeiros, gobernadores do outro lado do río, afastádevos de alí. 7Deixade facer o traballo desta casa de Deus; e que o gobernador dos xudeus e os seus anciáns reconstrúan esta casa de Deus no seu lugar.8Esas son as miñas ordes en canto ao que tedes que facer con estes anciáns dos xudeus, para a reconstrución da casa de Deus; que das riquezas do rei, aínda dos tributos de máis aló do río, se lles pague a estes homes os gastos con rapidez, para que non se os deteña. 9E o que precisen, tanto becerros como carneiros para os holocaustos ao Deus dos ceos, como o trigo, o sal, o viño e o aceite, segundo o que pidan os sacerdotes que están en Xerusalém, entregaráselles día a día, sen falta, 10para que ofrezan sacrificios agradables ao Deus dos ceos e oren pola vida do rei e dos seus fillos.11Do mesmo xeito proclamei un decreto, para que calquera que quebrante este edicto, se lle arrinque da súa casa un madeiro, e levándoo sexa colgado nel, e que por iso, a súa casa sexa convertida nunha esterqueira. 12E que o Deus que fixo morar alí o seu nome destrúa a todo rei e pobo que estenda a man para mudalo e destruír esta casa de Deus en Xerusalém. Eu, Darío, proclamei este decreto; que sexa executado con toda exactitude.13Entón Taznai, gobernador do outro lado do río, e Setar-Boznai e os seus compañeiros executaron o decreto con toda exactitude como o rei Darío ordenara. 14E os anciáns dos xudeus construíron e prosperaron, conforme á profecía do profeta Axeo e a de Zacarías, fillo de Idó. Construíron e remataron, polo mandamento do Deus de Israel e ao edicto de Ciro, Darío e Artaxerxes, reis de Persia. 15E a Casa foi rematada o terceiro día do mes de Adar, no sexto ano do reinado do rei Darío.16E os fillos de Israel, os sacerdotes, os levitas e o resto dos exiliados, con alegría consagraron esta casa de Deus. 17E ofreceron, para a dedicación desta casa de Deus, cen becerros, douscentos carneiros, catrocentos años e, como expiación para todo Israel, e doce cabritos, segundo o número das tribos de Israel. 18E estableceron, os sacerdotes nos seus grupos e os levitas nas súas categorías, para o culto a Deus en Xerusalém, segundo o que está escrito no libro de Moisés.19E os deportados celebraron a Pascua o día catorce do primeiro mes. 20Porque os sacerdotes e os levitas purificáronse xuntos; todos estaban purificados, e sacrificaron o cordeiro da Pascua para todos os fillos da deportación, tanto para os seus irmáns os sacerdotes, como para si mesmos.21E comeron a Pascua os fillos de Israel, os que volvían do exilio, con todos os que se separaran da inmundicia das nacións da terra, para unirse a eles para buscar a Iahveh, o Deus de Israel. 22E celebraron con gozo a festividade dos ácimos durante sete días, porque o Señor os enchera de xúbilo mudando cara eles o corazón do rei de Asiria para fortalecer as súas mans na obra da casa de Deus, o Deus de Israel.
1Despois destas cousas, no reinado de Artaxerxes, rei de Persia, Esdras, fillo de Seraías, fillo de Azarías, fillo de Hilquías, 2fillo de Xalum, fillo de Sadoc, fillo de Ahitub, 3fillo de Amarías, fillo de Azarías, fillo de Meracot, 4fillo de Zerahías, fillo de Uzí, fillo de Buquí, 5Fillo de Abixúa, fillo de Finees, fillo de Eleazar, fillo de Aarón, o primeiro dos sacerdotes;6este Esdras subiu de Babilonia, tratábase dun escriba experto na lei de Moisés, que Iahveh, o Deus de Israel, tiña dado. O rei deu a Esdras todo o que pediu, porque a man de Iahveh, o seu Deus, estaba sobre el. 7Tamén algúns dos fillos de Israel e algúns dos sacerdotes, levitas, cantores, porteiros e servos subiron a Xerusalém no sétimo ano do rei Artaxerxes.8E el chegou a Xerusalém no quinto mes, no sétimo ano do rei. 9Porque o primeiro día do primeiro mes comezou a saír de Babilonia, e o primeiro día do quinto mes chegou a Xerusalém, pois a bondadosa man de Deus estaba con el. 10Porque Esdras preparara o seu corazón para investigar a lei de Iahveh e para practicala e ensinar en Israel os seus estatutos e os seus decretos.11E este é o texto da carta que o rei Artaxerxes deu a Esdras, sacerdote e escriba, versado nos mandamentos e estatutos de Iahveh a Israel: 12Artaxerxes, rei dos reis, a Esdras, sacerdote e escriba da lei do Deus do ceo: Paz. 13Estou ordenando que todos os do pobo de Israel, dos seus sacerdotes e dos seus levitas no meu reino, que queiran ir contigo a Xerusalém, poidan ir.14Como estás enviado polo rei e os seus sete conselleiros para examinar toda Xudea e Xerusalém segundo a lei do teu Deus que está na túa man, 15e para levar a prata e o ouro que o rei e os seus conselleiros ofrecen voluntariamente ao Deus de Israel, que ten o tabernáculo en Xerusalém, 16xunto con toda a prata e o ouro que atopes en toda a provincia de Babilonia, e coas ofrendas voluntarias do pobo e dos sacerdotes para a casa do seu Deus, que está en Xerusalém.17Con ese diñeiro debes mercar con dilixencia, touros, carneiros e años, e canto faga falta para as ofrendas de trigo e as súas libacións, e ofrecelos no altar da casa do voso Deus, que está en Xerusalém. 18E o que sexa bo para ti e para os teus irmáns facer co resto de prata e ouro, facédeo segundo a vontade do voso Deus.19E os vasos que se che dan para o servizo da casa do teu Deus, déixaos diante de Deus de Xerusalém. 20E todo o que sexa necesario para a casa do teu Deus, que che sexa necesario dar, déxao da casa da tesourería do rei.21E eu, o rei Artaxerxes, ordeno a todos os tesoureiros que están do outro lado do río, que todo o que vos pida Esdras, sacerdote e escriba da lei do Deus dos ceos, sexa dado con rapidez, 22ata cen talentos de prata, cen cargas de trigo, cen cuartos de viño e cen cuartos de aceite, e sal sen medida. 23Todo o que sexa ordenado polo Deus dos ceos, que se faga con urxencia para a casa do Deus dos ceos; pois por que habería de acenderse a ira contra o reino do rei e os seus fillos?24Tamén vos informamos de que a ningún dos sacerdotes, levitas, cantores, porteiros, servos e ministros desta casa de Deus se lles pode cobrar imposto, contribución ou tributo.25E ti, Esdras, segundo a sabedoría do teu Deus, que está na túa man, pon xuíces e xefes que xulguen a todo o pobo que está do outro lado do río, a todos os que coñecen as leis do teu Deus; e a quen non as coñeza, ensínalle. 26E a todos os que non cumpran a lei do teu Deus e a lei do rei, que se lle faga un xuízo inmediato, sexa a morte, a expulsión, confiscar os seus bens ou a prisión.27Bendito sexa Iahveh, o Deus dos nosos pais, que puxo tal cousa no corazón do rei, para honrar a casa de Iahveh, que está en Xerusalém, 28e que me amosou misericordia diante do rei, dos seus conselleiros e de todos os príncipes poderosos do rei. E eu, sendo fortalecido pola man de Iahveh, o meu Deus sobre min, reunín aos xefes de Israel para subiren comigo.
1E estes son os xefes das casas paternas, e a historia dos que subiron canda min de Babilonia, no reinado do rei Artaxerxes: 2dos fillos de Finees, Guerxom; dos fillos de Itamar, Daniel; dos fillos de David, Hatux; 3dos fillos de Xecanías, dos fillos de Parox, Zacarías, e con el cento cincuenta varóns;4dos fillos de Pahat-Moab, Elioenai, fillo de Zerahías, e con el douscentos varóns; 5dos fillos de Xecanías, o fillo de Iahaziel, e con el trescentos varóns; 6dos fillos de Adín, Ebed, fillo de Ionatán, e con el cincuenta varóns; 7dos fillos de Elam, Isaías, fillo de Atalíaa, e con el setenta varóns;8dos fillos de Xefatías, Zebadías, fillo de Micael, e con el oitenta varóns; 9dos fillos de Ioab, Abdías, fillo de Iehiel, e con el douscentos dezaoito varóns. 10dos fillos de Xelomit, o fillo de Iosifías, e con el cento sesenta varóns. 11dos fillos de Bebai, Zacarías, fillo de Bebai, e con el vinte e oito varóns;12dos fillos de Azgad, Iohanán, fillo de Catán, e con el cento dez varóns; 13dos fillos de Adonicam, os últimos, e estes son os seus nomes: Elifélet, Iehiel e Xemaías, e con eles sesenta varóns. 14dos fillos de Bigvai, Utai e Zabud, e con eles setenta varóns.15Reuninos onda o río que desemboca en Ahavá e acampamos alí tres días. Busquei entre o pobo e os sacerdotes, pero non atopei alí ningún dos fillos de Leví. 16E mandei a Eliezer, a Ariel, a Xemaías, a Elnatán, a Iarib, a Elnatán, a Natán, a Zacarías e a Mexulam, os principais homes, así como a Ioiarib e a Elnatán, os instrutores.17E mandeinos a Idó, o xefe, no lugar de Casifiá, e díxenlles o que tiñan que dicir a Idó e aos seus irmáns, os servos do templo, no lugar de Casifiá, para que nos trouxesen ministros para a casa do noso Deus.18E, segundo a boa man do noso Deus sobre nós, trouxéronnos a un home intelixente dos fillos de Mahli, fillo de Leví, fillo de Israel, a Xerebías, cos seus fillos e irmáns, dezaoito; 19e Haxabías, e con el Isaías, dos fillos de Merarí, e os seus irmáns e fillos, vinte; 20dos servidores, dos que David e os príncipes deran para o servizo dos levitas, douscentos vinte servos, todos eles nomeados.21E proclamei alí, no río Ahavá, un xaxún para humillarnos diante do noso Deus, para pedirlle un camiño seguro para nós, para os nosos fillos e para todos os nosos bens. 22Porque tiña vergoña de pedir ao rei tropas e cabalos para axudarnos contra o inimigo no camiño, porque dixemos ao rei: "a man do noso Deus está sobre todos os que o buscan para o ben, pero a súa man e a súa ira están sobre todos os que o abandonan". 23Así que xaxuamos e rogamos ao noso Deus por iso, e El escoitou a nosa voz.24E separei doce dos principais sacerdotes: Xerebías e Haxabías, e con eles dez dos seus irmáns; 25e pesaba para eles a prata, o ouro e os vasos, que o rei, os seus conselleiros, os seus príncipes e todo o Israel que se atopaban alí ofreceron para a casa do noso Deus.26E pesei entre eles seiscentos cincuenta talentos de prata, e utensilios de prata por cen talentos, e un cento de talentos de ouro. 27Vinte copas de ouro de mil moedas de prata, e dous vasos de bronce moi fino, preciados como o ouro.28E díxenlles: "vós estades consagrados a Iahveh, e os vasos tamén son sagrados, e a prata e o ouro son unha ofrenda voluntaria para Iahveh, o Deus dos nosos pais. 29Vixiádeos e gardádeos ata que os pesedes diante dos príncipes dos sacerdotes e dos levitas e dos xefes das familias de Israel en Xerusalém, nas cámaras da casa do Señor. 30E os sacerdotes e os levitas recibiron o peso da prata, do ouro e dos vasos, para levalo a Xerusalém á casa do noso Deus.31E marchamos do río Ahavá o duodécimo día do primeiro mes, para ir a Xerusalém. E a man do noso Deus estaba sobre nós, e nos librou da man do inimigo e dos salteadores no camiño. 32E chegamos a Xerusalém, e alí descansamos tres días.33E o cuarto día pesamos a prata, o ouro e os utensilios na casa do noso Deus, a mans de Meremot, fillo do sacerdote Urías, e con el estaba Eleazar, fillo de Finees, e con eles Iozabad, fillo de Iexúa, e Noadías, fillo de Binui, dos levitas. 34Por número e peso todo concordaba, e todo o peso foi comprobado por escrito.35Nese tempo, os que volvían da catividade, os que chegaron do exilio, ofreceron holocaustos ao Deus de Israel: doce becerros por todo Israel, noventa e seis carneiros, setenta e sete años, e doce machos cabríos polo pecado, todo como holocausto para o Señor. 36E entregaron os mandatos do rei aos seus sátrapas e gobernadores de máis alén do río, e eles axudaron ao pobo e á casa de Deus.
1Rematado todo isto, os príncipes achegáronse a min, dicindo: "o pobo de Israel, os sacerdotes e os levitas non se separaron dos pobos das terras, dos cananeos, dos hititas, dos ferezeos, dos iebuseos, dos amonitas, dos moabitas, dos exipcios e dos amorreos, conforme as súas abominacións. 2Porque tomaron as súas fillas para si e para os seus fillos, e a liña de sangue santo mesturáronse cos pobos das terras; e a man dos príncipes e dos gobernantes foi a primeira neste pecado.3Cando escoitei esta palabra, rasguei o meu manto e o meu vestido, rapei o pelo da miña cabeza e a miña barba, e sentei moi angustiado. 4Reuníronse diante de min todos os que tremían polas palabras do Deus de Israel, por mor da infidelidade dos exiliados, e eu permanecín abrumado ata o sacrificio da tarde.5E, á hora do sacrificio da tarde, levanteime da miña aflición, e rasgando o meu manto e o meu vestido, axeonlleime e estendín as mans a Iahveh, o meu Deus, 6e díxenlle: Meu Deus, estou avergoñado e confundido de levantar o meu rostro a ti, meu Deus, porque as nosas iniquidades multiplicáronse sobre a nosa cabeza e a nosa culpa aumentou ata os ceos.7Dende os días dos nosos pais vivimos en gran pecado ata este día; e por causa das nosas iniquidades, nós, os nosos reis e os nosos sacerdotes, fomos entregados aos reis das terras, á espada, ao exilio, ao saqueo e á vergoña do noso rostro, como hoxe.8E agora por un breve intre houbo misericordia por parte de Iahveh, o noso Deus, para facer que nos quede un remanente libre, e para darnos un lugar seguro no seu santuario, a fin de que o noso Deus ilumine os nosos ollos e nos dea un pouco de vida na nosa servidume. 9Porque somos escravos, e o noso Deus non nos abandonou á nosa escravitude, senón que nos deu misericordia diante dos reis de Persia, para darnos vida e para construír a casa do noso Deus e para reparar as súas ruínas e para darnos protección en Xudá e en Xerusalém.10E agora, que podemos dicir, ó noso Deus, despois disto? Porque deixamos os teus mandamentos, 11que mandaches polos teus servos, os profetas, dicindo: a terra á que ides para posuíla é unha terra impura, pola impureza dos pobos dos países, polas súas abominacións que a encheron de un cabo a outro. 12E agora non deades as vosas fillas aos seus fillos, nin tomedes as súas fillas para os vosos fillos, e non busquedes a súa paz nin o seu benestar nunca, para que sexades fortes e comades o bo da terra e a deixedes en herdanza para sempre aos vosos fillos.13E despois de todo o que nos chegou por causa das nosas malas obras e dos nosos grandes pecados, porque ti, ó noso Deus, non nos trataches segundo as nosas iniquidades e nos gardas este remanente, 14volveríamos a transgredir os teus mandamentos e a casarnos con xente que fai estas abominacións? Non estarías anoxado con nós ata aniquilarnos, sen deixar remanente nin sobrevivente?15Ó Iahveh, Deus de Israel, ti es xusto, porque deixaches un remantente ata hoxe! Vémonos diante de ti cargados de culpa, porque ninguén pode estar diante de ti despois de todo isto.
1Cando Esdras orou e confesou, chorando e prostrado diante da casa de Deus, reuníronse ao seu redor de Israel unha inmensa multitude de homes, mulleres e nenos, e todo o pobo choraba amargamente. 2E Xecanías, fillo de Iehiel, un dos fillos de Elam, respondeu e dixo a Esdras: "ficamos infieis ao noso Deus, e tomamos mulleres estranxeiras dos pobos do país. Con todo, aínda hai esperanza para Israel neste asunto.3E agora, fagamos un pacto co noso Deus para expulsar a todas as mulleres e os que naceron delas, segundo o consello do meu señor e dos que temen o mandamento do noso Deus. Que se faga segundo a lei. 4Érguete, porque esta é a túa tarefa, e nós estaremos contigo! Sé forte e mans á obra!5Entón Esdras ergueuse e fixo que os príncipes dos sacerdotes, dos levitas e de todo Israel xurasen que farían o que se dixera. E xuraron. 6Ergueuse, pois, Esdras de diante da casa de Deus e foi á habitación de Iehohanán, fillo de Eliaxib, onde non comeu pan nin bebeu auga, porque estaba de loito pola infidelidade dos que se achegaran á rebelión.7E anunciouse en Xudá e en Xerusalém que todos os fillos da deportación se xuntasen en Xerusalém. 8E que todo o que non viñese dentro de tres días, segundo o acordo dos príncipes e dos anciáns, os seus bens serían confiscados e a súa propia vida excluída da congregación dos deportados.9E todos os homes de Xudá e de Benxamín reuníronse en Xerusalém depois de tres días, no mes noveno, o día vinte, e todo o pobo sentou na praza da casa de Deus, tremendo por causa do asunto e pola choiva. 10E Esdras, o sacerdote, ergueuse e díxolles: vós fostes infieis, e casastes con mulleres estranxeiras, para engadir á culpa de Israel.11E agora confesádevos diante o Señor, o Deus dos vosos pais, e facede o que lle agrada, e separádevos das persoas do país e das mulleres estranxeiras.12E toda a congregación respondeu e dixo en alta voz: si! débese facer segundo a túa palabra. 13Pero o pobo é grande, e é tempo de choiva, e non podemos estar fóra; e a obra non é dun día nin de dous, porque somos moitos os que nos equivocamos neste asunto.14Que os nosos príncipes, os que quedan de toda a congregación, e todos os que nas nosas cidades casaron con mulleres estranxeiras, veñan en tempos determinados, e con eles os anciáns de cada cidade e os seus xuíces, ata que nos apartemos da ira ardente do noso Deus por isto. 15Só Ionatán, fillo de Asahel, e Iahzías, fillo de Ticrah, opuxéronse a isto, e os levitas Mexulam e Xabtai axudáronlles.16E o sacerdote Esdras apartou a algúns homes, os cabezas de familia das casas paternas, segundo as súas casas paternas, e todos eles por nomes, sentáronse o primeiro día do décimo mes para investigar a cousa. 17E remataron co caso de todos os homes que casaran con mulleres estranxeiras o primeiro día do primeiro mes.18Entre os fillos dos sacerdotes atopáronse algúns que casaron con mulleres estranxeiras: dos fillos de Xosué, fillo de Iosadac, e dos seus irmáns: Maasías, Eliézer, Iarib e Guedalías. 19E deron as súas mans para despedir ás súas mulleres, e ofreceron un carneiro do rabaño como ofrenda por culpa deles.20Dos fillos de Imer: Henaní e Zabadías; 21dos fillos de Harim: Maasías, Elías, Xemaías, Iehiel e Ozías; 22dos fillos de Paxhur: Elioenai, Maasías, Ismael, Natanael, Iozabad e Eleasah.23Dos fillos de Leví: Iozabad, Ximí, Quelaías (este é Kelita), Petahías, Xudá e Eliezer. 24Dos cantores: Eliaxib; dos porteiros: Xalum, Télem e Urí. 25E de Israel: dos fillos de Parox: Ramíah, Izías, Malaquías, Miiamín, Eleazar, Malaquías e Benaías.26Dos fillos de Elam: Matanías, Zacarías, Iehiel, Abdi, Ieremot e Elías. 27Dos fillos de Zatú: Elioenai, Eliaxib, Matanías, Ieremot, Zabad e Azizá. 28Dos fillos de Bebai: Iehohanán, Hananías, Zabai e Atlai. 29Dos fillos de Baní: Mexulam, Maluc, Adaías, Iaxub, Xeal e Ieremot.30Dos fillos de Pahat-Moab: Adná, Quelal, Benaías, Maasías, Matanías, Besalel, Binuí e Menaxés. 31Dos fillos de Harim: Eliézer, Ixías, Malaquías, Xemaías, Simeón, 32Benxamín, Maluc e Memarías.33Dos fillos de Haxum: Matenai, Matatah, Zabad, Elifélet, Ieremai, Menaxés e Ximí. 34Dos fillos de Baní: Madai, Amram, Uel, 35Benaías, Bedía, Keluí, 36Vanías, Meremot, Eliaxib,37Matanías, Matenai, Iasai, 38Baní, Binui, Ximí, 39Xelemías, Natán, Adaías, 40Macnadbai, Xaxai, Xarai,41Azarel, Xelemías, Xemaría, 42Xalum, Amarías e Xosé. 43E dos fillos de Nebó: Iehiel, Matatías, Zabad, Zebiná, Iadai, Ioel e Benaías. 44Todos estes tiñan mulleres estranxeiras e algunhas delas tiñan fillos.
1Palabras de Nehemías, fillo de Hacalías: no mes de quisleu do ano vixésimo, mentres estaba en Susa, capital do reino; 2chegou Hananí, un dos meus irmáns, xunto con algúns homes de Xudá, e pregunteilles polo resto dos xudeus que escaparan da cautividade e por Xerusalém.3Eles dixéronme: "O remanente, os superviventes da cautividade que quedaron na provincia, están nun grande mal e calamidade, porque o muro de Xerusalém segue derribado e as súas portas queimadas polo lume".4En canto oín estas palabras senteime e chorei, e por uns días lamenteieme, xaxinei e orei diante do Deus do ceo. 5E dixen: Rógoche IaHVeH, Deus dos ceos, grande e temible, quen cumpres o pacto e a misericordia cos que te aman e obedecen os teus mandamentos.6Esté agora atento o teu oído e os teus ollos para escoitar ao teu servo, que ora diante de ti día e noite polo pobo de Israel, os teus servos. Confeso os pecados do pobo de Israel que todos cometemos contra ti; sí, tamén eu e a miña familia pecamos contra ti. 7Corrompímonos moito e desobedecemos os teus mandamentos, estatutos e ordenanzas que ti mesmo deches ao teu servo Moisés.8Lembra, rógoche, o que ordenaches ao teu servo Moisés: "Se vos sodes infieis, eu dispersareivos entre outros pobos, 9pero se volvedes a min, obedecedes e poñedes en práctica meus mandamentos, aínda que fósedes dispersados aos confins dos ceos, eu xuntareivos e traereivos de volta ao lugar que escollín para facer habitar alí meu nome.10Eles son os teus servos e o teu pobo os cales redimiches co teu grande poder e man forte. 11Rógoche Señor, esté agora atento o teu oído á oración do teu servo e as oracions dos teus servos, os que desexamos reverenciar o teu nome. Concedelle agora neste día ao teu servo ter éxito e obter misericordia diante deste home. Nese tempo eu era copeiro do rei.
1Aconteceu, no mes de nisán do ano vinte do reinado de Artaxerxes, estando o viño diante del, tomeino e servinlle ao rei. Como nunca antes eu estivera apesarado diante del 2preguntoume o rei: ¿Por qué estás apesarado? pois non pareces enfermo. Isto é en verdade pesar do corazón. Entón tiven moito medo.3E respondinlle ao rei: Viva o rei para sempre! Cómo non estarei apesarado cando ha cidade das tumbas dos meus devanceiros quedou en ruinas e as suas portas queimadas polo lume.4Díxome o rei: Qué cousa pides? Entón orei ao Deus do ceo. 5E respondinlle ao rei: se ao rei lle parece ben e o teu servo obtivo misericordia diante de ti, envíame a Xudá, á cidade das tumbas dos meus devanceiros e reedificareina. 6Entón o rei díxome: Cánto durará a viaxe, e cándo volverás? e a raiña estaba sentada ao seu lado. E lle pareceu ben ao rei enviarme despois que eu lle propuxen un prazo.7Ademáis díxenlle ao rei: se ao rei lle parece ben, que me dean cartas aos gobernadores do outro lado do río Éufrates para que me permitan o paso hasta que chegue a Xudá, 8e carta para Asaf o gardabosques do rei, para que me dea madeira para reparalas vigas das portas da fortaleza do templo, para o muro da cidade e para a casa onde eu viva. E o rei accedeu a miña petición porque o favor do meu bo Deus estaba sobre mín.9Cando me presentei ante os gobernadores do outro lado do río Eufrates deilles as cartas do rei, ademáis o rei enviara conmigo capitans do exército e homes a cabalo. 10Pero ao escoitar que alguén chegara para procurar o ben dos fillos de Israel, Sanbalat o horonita e Tobías o servo amonita estaban moi molestos.11A os tres días de chegar a Xerusalém, 12levanteime de noite, eu e uns poucos homes comigo, pero non lles contéi o que Deus puxera no meu corazón para facer en Xerusalém. O único cabalo que tíñamos era o que eu montaba.13Esa noite salín pola porta do Val cara á fonte do Dragón e a porta do Muladar. Examinei os muros derribados de Xerusalém e as suas portas queimadas polo lume. 14Logo dirixínme cara a porta da Fonte e o estanque do Rei, pero non había maneira de pasar con cabalo.15Sendo ainda de noite subín polo regato mentres examinaba o muro e regresei dando a volta pola porta do Val. 16Os oficiais non sabían ónde fun nin o que fixen, porque ata ese entón non dixera nada a ningún xudeu: nin aos sacerdotes, nin aos nobres, nin aos oficiais, nin aos que traballaban na obra.17Por iso lles dixen: vos sodes testemuñas da nosa desgraza. Xerusalém está arruinada, e a as súas portas queimadas polo lume, ¡Vinde a construir o muro de Xerusalém, e non sexamos a mofa de ninguén! 18Entón contéilles como a misericorde man de Deus estivera sobre mín e as palabras que o rei me dixera. Eles contestaron: Levantémonos e construamos. Así esforzáronse eles para ben.19Pero cando se decataron Sanbalat horonita, Tobías o servo amonita, e Xesem o árabe, mofáronse de nos, e desprezáronnos dicindo: ¿Qué é isto que facedes vos?, ¿pretendedes rebelarvos contra o rei? 20E respondinlles: O Deus dos ceos ao que servimos vainos facer prosperar. Comezaremos coa reconstrución, vos non tedes autoridade nin dereito, nin sodes parta da historia de Xerusalém.
1Entón levantouse o sumo sacerdote Eliasib cos seus compañeiros os sacerdotes, e edificaron a porta das Ovellas. Eles arranxarona e colocarona no seu lugar, e edificaron tamén o muro dende a torre de Hamea ata a torre de Xananel. 2O seguinte tramo edificáronno os varons de Xericó, e o seguinte Zacur fillo de Imri.3Os fillos de Senaa edificaron a porta do Pescado. Colocaron trabes e puxeron a porta no seu lugar, coas suas barras e fechaduras. 4O seguinte tramo restaurouno Meremot, fillo de Urías, neto de Cos, e o seguinte Mesulán, fillo de Berequías, neto de Mesazabel, e o seguinte Sadoc, fillo de Baná. 5Os de Tecoa restauraron o seguinte tramo do muro, ainda que os seus nobres non quixeron axudarlles na obra do seu Señor.6A porta Vella foi restaurada por Xoiada fillo de Paseah e Mesulam fillo de Besodías; eles colocaron trabes e puxeron as portas no seu lugar coas suas barras e fechaduras. 7O seguinte tramo restaurouno Melatías gabaonita e Xadón meronotita. A estes uníronse homes de Gabaón e de Mizpa, que estaban baixo o dominio do gobernador da provincia do outro lado de río Éufrates.8Xunto a eles Uziel, fillo de Harhaía, un dos ourives, restaouro o seguinte tramo, e Xananías, un dos perfumistas o seguinte. Eles dous restauraron o muro ata o Muro Ancho. 9O seguinte tramo restaurouno Refarías, fillo de Hur, que era gobernador da mitade do distrito de Xerusalem. 10O seguinte tramo, Xedaías, fillo de Haramuf, restaurou o muro que tiña frente a sua casa e o seguinte Hatús fillo de Hasabnías.11Malquías fillo de Harim e Hasub illo de Pahat Moab restauraron outro tramo do muro e a Torre dos Fornos. 12Salún, fillo de Halohes, o gobernador da outra mitad do distrito de Xerusalem, restaurou o seguinte tramo coa axuda das suas fillas.13Xanún e os habitantes de Zanoa restauraron a Porta do Val. Eles colocaron as portas coas suas barras e fechaduras. Restauraron mil codos de muro ata a Porta do Muladar.14Malquías, fillo de Recab, gobernador do distrito de Bet Haquerem, restaurou a Porta do Muladar. Él colocou a porta coas suas barras e fechaduras. 15Salum, fillo de Col Hoze, gobernador do distrito de Mizpa, restaurou a Porta da Fonte. Él colocou as portas e puxo unha cuberta sobre elas coas suas barras e fechaduras. Él tamén restauoru o muro do Estanque de Siloé cerca do xardín do rei, ata as escaleiras que levan á Cidade de David.16Nehemias fillo de Azbuc, o gobernante da mitade do distrito de Bet Sur, restaurou o seguinte tramo ata o lugar que está frente a tuma do rei David, e ata o estanque artificial e ata a casa da garda real. 17O seguinte tramo restaurárono os levitas e Rehum, fillo de Bani, o seguinte Hasabías o gobernador da mitade do distrito de Keila, por conta do seu distrito.18Os seus compañeiros continuaron coa restauración: Bavai, fillo de Henadad, gobernador da outra metade do distrito de Queilah, 19e Ezer, fillo de Xesúa, gobernador de Mispa, que restaurou o tramo que sube por diante da armaría da esquina do muro.20O tramo seguinte, foi restaurado con entusiasmo por Baruc fillo de Zabai, o tramo que vai dende a esquina ata a porta da casa do sumo sacerdote Eliasib. 21O seguinte tramo restaurouno Meremot, fillo de Urías e neto de Cos, dende a porta da casa de Eliasib ata o final dela.22O seguinte tramo foi restaurado polos sacerdotes que vivían nos arredores. 23Benxamín e Hasub restauraron o sector diante das súas propias casas. Azarías, fillo de Maasías e neto de Ananías, restaurou o tramo xunto á súa propia casa. 24Binui, fillo de Henadad, restaurou a zona dende a casa de Azarías ata a esquina do muro.25Palal fillo de Uzai restaurou o tramo da esquina fronte á alta torre que se alza do pazo real, xunto ao patio do garda. O seguinte tramo foi restaurado por Pedaías fillo de Paros. 26Os servos do templo que vivían en Ofel restauraron ata o tramo fronte á Porta da Auga e a torre que alí está. 27Os tecoítas restauraron o tramo que vai dende a parte frontal da gran torre que alí se alza ata a muralla de Ofel.28Os sacerdotes restauraron o tramo do muro da Porta dos Cabalos, cada un diante da súa casa. 29O seguinte tramo foi restaurado por Sadoc, fillo de Imer, que estaba diante da súa propia casa. E o seguinte foi restaurado por Xemaías, fillo de Xecanías, garda da porta oriental. 30Hananías, fillo de Xelemías, e Hanún, sexto fillo de Salaf, restauraron outro tramo. Mesullán, fillo de Berequías, restaurou o tramo seguinte, que estaba diante da súa casa.31Malquías, que era un dos prateiros, reconstruíu o tramo que leva ás casas dos criados do templo e dos comerciantes, fronte á Porta de Inspección e ao posto de garda. 32E o tramo que vai dende alí ata a Porta das Ovellas foi restaurada polos prateiros e os comerciantes.
1Cando Sanbalat decatouse de que estabamos a restaurar o muro, enfureceuse en gran maneira e mofábase dos xudeus. 2Diante dos seus compañeiros e do exército de Samaria dixo: "Que fan estes miserables xudeus? Cres que se lles permitirá restaurar a cidade e ofrecer sacrificios de novo? Quizais pensan rematalo traballo nun só día? Como cren que desas pedras queimadas, deses cascallos, van facer algo novo?" 3E Tobías o amonita, que estaba xunto a el, engadiu: "Se tan só un raposo subira nesa morea de pedras, esballaría o muro!"4"Escoita, Deus noso, como se burlan de nós! Fai que as súas ofensas recaian sobre si mesmos e entregaos aos seus inimigos; que os leven en catividade! 5Non deixes pasar por alto a súa maldade. Non esquezas os seus pecados, porque insultan aos que reconstruen". 6Seguimos coa reconstrución e restauramos o muro á metade da súa altura, porque a xente tiña desexos de traballar.7Pero cando Sanbalat e Tobías, os árabes, os amonitas e os asdodeos souberon que a reconstrución do muro avanzaba e que xa estabamos pechando as fendas, enfurecéronse moito. 8E xuntáronse eles e acordaron atacar Xerusalén e facernos dano. 9Entón rogamos ao noso Deus e decidimos facer garda día e noite para defendernos contra eles.10E a xente de Xudá dixo: "Os porteadores esvaecen, pois hai moitos cascallos; non seremos capaces reconstruír este muro!" 11E os nosos inimigos dicían: "Alcanzarémolos e matarémolos; desta forma faremos que se deteña a obra".12Algúns dos xudeus que vivían preto deles viñan constantemente e advertíronnos ata dez veces: "Vanvos a atacar por todas partes". 13Entón coloquei ao pobo por familias, coas súas espadas, arcos e lanzas, detrás dos muros, nos lugares máis vulnerables e sen vixilancia. 14Despois de examinar a situación, levanteime e díxenlles aos nobres, aos gobernantes e ao resto do pobo: "Non lles teñades medo! Lémbrade ao Señor, que é grande e temible. Loitade polos vosos irmáns, polos vosos fillos e fillas, polas vosas mulleres e polas vosas casas".15Unha vez que os nosos inimigos se decataron de que coñeciamos as súas intencións e que Deus frustrara os seus plans, volvemos todos ao muro, cada un ao seu traballo. 16A partir dese día, a metade da miña xente traballaba na obra, mentres que a outra metade quedaou armada con lanzas, escudos, arcos e corazas, mentres os xefes miraban por todo o pobo de Xudá.17Os que restauraban o muro e levaban cargas, cunha man traballaban na obra e ca outra tiñan a espada. 18Porque cada un dos que construían tiñan a súa espada cinguida á cintura, e así traballaban; e o que tocaba a trompeta estaba preto de min.19Eu dixera aos nobres e gobernantes, e ao resto da xente: "A tarefa é grande e extensa, e estamos moi espallados na muralla, afastados uns dos outros. 20Polo tanto, no lugar onde escoitedes o son da trompeta, reunídevos con nos. O noso Deus loitará por nós!"21Así, dende o amencer ata que aparecían as estrelas, mentres traballabamos na obra, a metade da xente facía garda coa lanza na man. 22Naquela ocasión díxenlle tamén ao pobo: "Todos vós, incluídos os servos, permanecede en Xerusalén para que poidades facer de vixía de noite e traballar no traballo de día". 23Nin eu, nin os meus parentes e servos, nin os da miña garda persoal, ningún de nos mudamos as nosas roupas, levábamos a nosas armas ainda no tempo do baño.
1Os homes da cidade e as suas mulleres queixáronse con forza contra os seus irmáns xudeus, 2porque houbo quen dicía: "Se contamos os nosos fillos e fillas, xa somos moitos. Necesitamos conseguir trigo emprestado para sobrevivir". 3Outros queixábanse: "Para conseguir trigo para non morrer de fame, hipotecamos os nosos campos, viñas e casas".4Tamén houbo quen se queixaba: “Tivemos que emprestar os nosos campos e viñas para pedir diñeiro prestado para render tributo ao rei. 5E aínda que nós e os nosos irmáns somos do mesmo sangue, e os nosos fillos e os seus son iguais, tocounos vender aos nosos fillos e fillas como escravos. De feito, están as nosas fillas servindo como escravas, e non podemos rescatalas, xa que os nosos campos e viñas están en mans de outros".6Cando escoitei as súas palabras de protesta, enfadeime moito. 7E despois de meditalo, reprendín aos nobres e aos gobernantes: "É inconcibibel que aos seus propios irmáns lles esixan o pago de xuros!" Convoquei tamén unha gran asemblea contra eles 8e alí reprobei: "Na medida das nosas posibilidades, rescatamos aos nosos irmáns xudeus que foron vendidos aos pagáns. E agora es ti quen vendes aos teus irmáns, despois de que te rescatemos!" Todos calaron, porque non sabían que dicir.9Engadín: "O que estás facendo está mal. Non deberían andar no temor de Deus e evitar así o reproche dos pagáns, os nosos inimigos? 10Os meus irmáns e os meus servos, e ata eu, prestámosvos cartos e trigo. Pero agora, quitémoslles esa carga dos lomos! 11Pídovos que lles devolvades os campos, viñas, oliveiras e casas, e tamén un porcentaxe da prata, o trigo, o viño e o aceite que lles demandábades".12"Está ben", responderon eles, "faremos todo o que nos pides, devolverémoslle todo, sen esixir nada". Entón chamei aos sacerdotes e fíxenlles xurar diante deles que cumprirían a súa promesa. 13Entón sacudín o meu manto e dixen: "Que Deus sacuda e expulse da súa casa e da súa propiedade a quen non cumpra esta promesa! Que Deus o sacuda e o deixe sen nada!" Toda a asemblea respondeu: "Amén!" Entón louvaron ao Señor e o pobo cumpriu a súa promesa.14Dende o ano vinte do reinado de Artaxerxes, cando fun nomeado gobernador da terra de Xudá, ata o ano trixésimo segundo, é dicir, durante doce anos, nin os meus irmáns nin eu utilizamos o imposto que me correspondía como gobernador. 15Pero os gobernadores anteriores a min impuxeran cargas ao pobo, e cada día esixíanlle comida e viño por valor de corenta siclos de prata. Os seus servos tamén oprimiron ao pobo. Pero eu, por temor a Deus, non o fixen.16Tamén, tanto eu como os meus servos traballamos na reconstrución do muro e non compramos terras. 17Cento cincuenta homes sentaban na miña mesa, entre xudeus e oficiais, sen contar os que viñan dos países veciños.18Era tarefa de todos os días preparar un boi, seis ovellas escollidas e algun ave; e cada dez días traíase viño en abundancia. Pero nunca usei o imposto que me correspondía como gobernador, porque o pobo xa tiña unha carga moi pesada. 19Lembra para ben, meu Deus, todo o que fixen por este pobo!
13Cando Mardoqueo soubo todo o que se fixera, esgazou os vestidos, vestiu cilicio e cinza, e saíu pola cidade, lamentándose con grande e amargo clamor. 2E chegou ata a porta do rei, porque ninguén podía entrar pola porta do rei vestido de cilicio. E en cada unha das provincias e en todo lugar onde chegaba a orden do rei e o seu decreto, había entre os xudeos grande duelo e xexún, pranto e lamento; e moitos deitábanse sobre cilicio e cinza.4Viñeron as doncelas de Ester e os seus eunucos e comunicáronllo, e a raiña angustiouse en grande maneira. E enviou roupa para que Mardoqueo a vestira e quitara o cilicio de enriba, pero él non a aceptou. 5Entón Ester chamou a Hatac, un dos eunucos que o rei puxera ao seu servicio, e ordenoulle ir a Mardoqueo para saber que era aquilo e por qué.6E saiu Hatac onde estaba Mardoqueo na praza da cidade, fronte a porta do rei. 7E Mardoqueo informouno de todo canto lle tivera acontecido, e da cantidade exacta de cartos que Amán prometera pagar aos tesouros do rei pola destrucción dos xudeus. 8Deulle tamén unha copia do texto do decreto que fora promulgado en Susa para a destrucción dos xudeus, para que lla mostrara Ester e a informara, e lle mandara que ela fora ao rei para implorar o seu favor e para interceder diante del polo seu pobo.9Regresou Hatac e contou a Ester as verbas de Mardoqueo. 10Entón Ester falou a Hatac e ordenoulle que respondera a Mardoqueo: 11Tódolos servos do rei e o pobo das provincias do rei saben que para calquera home ou muller que vaia ao rei no adro interior, sin ser chamado, el ten unha soa lei, que se lle dea morte, a menos que o rei lle estenda o cetro de ouro para que viva. E eu non fun chamada para ir ao rei por estes trinta días. 12E contaron a Mardoqueo as verbas de Ester.13Entón Mardoqueo díxolles que responderan a Ester: Non penses que estando no palacio do rei só ti escaparás entre tódolos xudeus. 14Porque se permaneces calada neste tempo, alivio e liberación virán doutro lugar para os xudeus, pero ti e a casa do teu pai pereceredes. E quen sabe se para unha ocasión coma esta ti terás chegado a ser raiña?15E Ester díxolles que responderan a Mardoqueo: 16Vai, xunta a tódolos xudeus que se atopan en Susa e xaxuade por min; non comades nin bebades por tres días, nin de noite nin de día. Tamen eu e as miñas doncelas xaxuaremos. E así iréi ao rei, o cal non e conforme á lei; e si perezo, perezo. 17E Mardoqueo foise e fixo conforme a todo canto Ester lle ordenara.
1E aconteceu ao terceiro día que Ester vestiu as suas vestiduras reais e púxose no adro interior do palacio do rei diante dos aposentos do rei, e o rei estaba sentado no seu trono real no aposento do trono, frente á entrada do palacio. 2E cando o rei viu á raiña Ester de pe no adro, ela obtivo gracia diante dos seus ollos; e o rei estendeu hacia Ester o cetro de ouro que estaba na sua man. Ester enton acercouse e tocou o extremo do cetro.3E díxolle o rei: que che preocupa? e cal e a túa petición? Ata a metade do reino se che dara. 4Ester respondeu: Se lle prace ao rei, veña hoxe o rei con Aman ao banquete que teño preparado.5Entón o rei dixo: Traede pronto a Amán para que fagamos como Ester desexa. E o rei veu con Amán ao banquete que Ester tiña preparado. 6E mentras bebían o viño no banquete, o rei dixo a Ester: Cal é a túa petición?, pois serache concedida. E cal e o teu desexo? Ainda ata a metade do reino, se che dará.87Respondéu Ester e dixo: a miña petición e o meu desexo é: se atopei gracia ante os ollos do rei, e se lle prace ao rei conceder a miña petición e facer o que eu pido, que veña o rei con Amán ao banquete que eu lles prepararei, e mañá farei conforme á palabra do rei.9Saiu Amán aquel día alegre e co corazón ledo: pero cando Amán viu a Mardoqueo na porta do rei, e que este non se erguía nin tremía diante del, Amán encheuse de furor contra Mardoqueo. 10Amán, con todo, contívose, foi á súa casa, e mandou traer aos seus amigos e á súa muller Zeres. 11Entón Amán contoulles a gloria das súas riquezas, a multitude dos seus fillos, e tódalas ocasións nas que o rei o engrandecera e como o exaltara por riba dos príncipes e servos do rei.12E Amán engadiu: ainda a raiña Ester non permitiu que ninguén, agás eu, viñera co rei ao banquete que ela preparara; e tamén para mañán estou invitado por ela xunto co rei. 13Con todo, nada disto me satisface mentres vexa ao xudeu Mardoqueo sentado á porta do rei.14A súa muller Zeres e tódolos seus amigos dixéronlle: fai que se prepare unha forca de cincuenta cóbados de alto, e pola mañá pide ao rei que aforquen a Mardoqueo nela; entón vai gozoso co rei ao banquete. E o consello agradou a Amán, e fixo prepara-la forca.
1Aquela noite, o rei non podía durmir e deu orden que lle trouxeran o libro das Memorias, as crónicas, e que as leran diante do rei. 2E foi atopado escrito o que Mardoqueo informara sobre Bigtán e Teres, dous dos eunucos do rei, gardiáns do limiar, de que eles procuraran botar man do rei Asuero. 3E o rei preguntou: Qué honor ou distinción se fixo a Mardoqueo por esto? Responderon os servos do rei que lle servían: Nada se fixo por él.4Entón o rei preguntou: Quen está no adro? E Amán viña de entrar ao adro exterior do palacio do rei, para pedir ao rei que fixera aforcar a Mardoqueo na forca que el lle tiña preparada. 5E os servos do rei respondéronlle: Velaquí, Amán está no adro. E o rei dixo: que entre. 6Cando Amán entrou, o rei preguntoulle: Qué se debe facer para o home a quen o rei quere honrar? E Amán díxo para si: A quen desexaría o rei honrar mais que a min?87E Amán respondeu ao rei: Para o home a quen o rei quere honrar, v 8
1Feliz o home que non anda no consello dos malos, nen se para no camiño dos pecadores, nin se senta na cadeira dos que fan escanio. 2Porén se comprace na lei do Señor, e medita na súa lei día e noite.3Será como árbore ben plantada a carón das ribeirasdas augas, que da o froito no tempo, e a súas follas non murchan, e todo o que fai, florece.4Non así os impíos; que son como a palla que o vento leva. 5Por tanto, os impíos non subsistirán no xuízo, nin os pecadores na congregación dos xustos.6Porque o Señor coñece o camiño dos xustos pero o camiño dos malos, vai á perdición.
1Por que se rebelan as nacións, e os pobos argallan cousas vanas? 2Os reis da terra levántanse, e os gobernantes toman consello en contra o Señor e en contra o seu Mesías, dicindo: 3Rachemos as súas ligaduras, e tiremos de nós a súas cordas!4Ao que reina nos ceos dálle a risa, o Señor fará burla deles. 5Logo falaralles na súa ira e arrepiarán no seu furor.6Pero eu consagrei o meu Rei sobre Sion, o meu monte santo. 7De certo anunciarei o decreto do Señor, que me dixo: Ti es o meu Fillo; eu hoxe te xerei.8Pídeme, e dareiche as nacións por herdanza, como posesión túa os confíns da terra. 9Ti o quebras con vara de ferro; os esmagas como vaso de oleiro.10Agora, ó reis, mostrade discernimento; corrixídevos, ó gobernantes da terra. 11Adorade a Iahveh con temor e alegrádevos con tremor.12Honrade o Fillo para que non se encomode*e perezades no camiño,pois a súa ira pode subir de súpetoQue felices son os que nel se refuxian!
1Ó Iahveh, como teñen medrado os meus adversarios! Moitos se levantan contra min. 2Moitos din da miña alma: En Deus, non hai para el salvación. (Selah)3Mais ti, Iahveh, es escudo no meu redor, a miña gloria, o que ergue a miña cabeza. 4Coa miña voz, clamei ao Señor, e El respondeume dende o seu santo monte. (Selah)5Eu deiteime e durmín; espertei, porque o Señor me sostén. 6Non temerei os dez mil inimigos, que se puxeron ao meu redor contra min.7Érguete, Iahveh! Sálvame, meu Deus! Porque ti feriches a todos os meus inimigos na meixela, rompiches os dentes dos impíos. 8A salvación vén de Iahveh. A túa bendición sexa sobre o teu pobo! (Selah)
1Cando clamo, respóndeme, Deus da miña xustiza. Aliviáchesme na miña anguria; ten piedade de min, escoita a miña oración.2Fillos dos homes, até cando mudaredes a miña honra en deshonra? Até cando amaredes a vaidade e procuraredes a mentira? 3Pois, sabede que o Señor tratou fabulosamente ao piadoso para Si mesmo;o Señor ouve cando clamo por El.4Anoxádevos, mais non pequedes; meditade no voso corazón, na vosa cama e calade. (Selah) 5Ofrecede sacrificios de xustiza e confiade no Señor.6Moitos din: Quen nos amosará o ben? Levanta, ó Señor, a luz do teu rostro sobre nós! 7Puxeches alegría no meu corazón, maior da que eles cando o grao e o mosto abonda.
1Escoita as miñas palabras, ó Señor! Considera o meu lamento. 2Atende á voz do meu clamor, meu rei e meu Deus, porque é a ti a quen oro. 3De mañá ouvirás a miña voz, ó Señor! De mañá presentarei a miña oración a ti, e con anhelo esperarei.4Porque ti non es un Deus que se goza na maldade, o mal contigo non mora. 5Os que se gaban non estarán diante dos teus ollos; aborreces a todos os que fan iniquidade. 6Destrúes os que falan falsidade; Iahveh despreza o home sanguinario e enganador.7Pero pola abundancia da túa misericordia, eu entrarei na túa morada e, en reverencia, axeonllareime no teu templo santo. 8Iahveh, guíame na túa xustiza por causa dos meus inimigos, endereita diante de min o teu camiño.9Porque non hai sinceridade no que din, o seu interior é destrución, a súa gorxa é sepulcro aberto; adulan coa súa lingua. 10Decláraos culpables, ó Deus! Que caian polas súas maquinacións! Pola multitude dos seus pecados déitaos fóra, porque contra ti se rebelan.11Pero que se alegren os que en ti se refuxian, canten por sempre con xúbilo, porque os protexes ti; alégrense en ti os que aman o teu nome. 12Porque ti, Iahveh, abenzoas* o xusto, rodéalo do teu favor como un escudo.
1Iahveh, non me reprendas na túa ira, nen no teu furor me castigues. sándame, Iahveh, porque os meus ósos tremen. e ti, ó Iahveh, até cando? sálvame pola túa misericordia. e no Seol, quen te louvará? todas as noites anego o meu leito con bágoas, con lágrimas rego a cama. envelleceron por causa dos meus inimigos porque Iahveh ouviu a voz do meu pranto. Iahveh recibe a miña oración. e pertubaranse moito; novamente, e nun intre, serán avergoñados.
1Iahveh, meu Deus, en ti refúxiome; sálvame dos que me perseguen e líbrame, arrastrándome, e ninguen me libre. se nas miñas mans hai inxustiza, ou despoxei o meu inimigo sen motivo, érguete contra a furia dos meu inimigos, e espértate en favor meu; ti estableciches xuízo. e ti regresa sobor dela no alto. xúlgame, ó Iahveh!, conforme á miña xustiza e a integridade que hai en min. pero establece ti ao xusto, pois Deus xusto examina as mentes e os corazóns que salva os rectos de corazón. e un Deus que cada día contra o impío se indigna. o seu arco está tenso e preparado. das súas fai flechas ardentes. e concibe a iniquidade e da a luz engano. e caeu no burato que fixo. e a súa violencia caerá sobre a súa coroa.
1Ó Iahveh, noso Señor, cuan glorioso é o teu nome en toda a terra!, que puxeches a túa gloria sobor dos ceos! por causa dos teus adversarios, para facer calar o inimigo e o vengativo. a lúa e as estrelas fixas no seu lugar, digo: e o fillo do home para que o visites? e coróalo de gloria e maxestade. sobor as obras das túas mans; puxeches todo baixo os seus pés; e tamén as feras dos montes, todo o que percorre os vieiros dos mares.
1Louvarei a Iahveh con todo o meu corazón. Contarei todos os seus milagres; cantarei louvanzas ao teu nome, ó Altísimo! tropezan e caen diante túa. séntaste no trono xulgando con xustiza. destruíches o impío, borraches o seu nome para sempre. en eterna desolación, e tí destruíches as súas cidades; a súa memoria pereceu con elas. fixou o seu trono para xuízo, fará xuicio con equidade sobre os pobos. baluarte en tempos de aflición. porque ti, ó Iahveh, non abandonas os que te procuran. proclamade os seus feitos. non esquece o choro dos oprimidos. mira a miña aflición por causa dos que me odian, tí, que me levantas das portas da morte; para que nas portas da filla de Sion me goce na túa salvación. na rede que agacharon, prenderon o seu pé. executou xuízo. O impío cae nos seus propios enredos Higaión- Selah como todas as nacións que se esqueceron de Iahveh. nen a esperanza dos aflixidos será por sempre. sexan xulgadas as nacións na túa presenza. as nacións aprendan que son somentes homes.
1Por que, ó Iahveh permaneces lonxe? e te agachas en tempos de adversidade? que quedará prendido nos enredos que armou! el maldice o cobizoso e a Iahveh despreza. non hai Deus en todos os seus pensamentos. os teus xuízos, ó Iahveh, están lonxe da súa vista, no alto; despreza a todos os seus inimigos. por todas as xerazóns non pasarei adversidade. baixo a súa lingua hai malicia e iniquidade. nos lugares segredos mata o inocente, os seus ollos axexan o desvalido. para coller o oprimido, e atrapa o aflixido cando cae na súa rede. e os infelices caen nas súas gadoupas. escondeu o seu rostro; endexamáis o verá. Non te esquezas dos pobres. Dixo no seu corazón: Non me vai facer responsabel. para facer xustiza coa túa man. Encoméndase a ti o desvalido, fuches amparo para o orfo. persegues a súa maldade até que non quede ningunha. As nacións que ocupaban a súa terra pereceron. ti fortalecerás o seu corazón e inclinarás o teu ouvido para que o home da terra non volva causar terror.
1Dade grazas ao Señor, porque El é bo; porque para sempre é a súa misericordia. quenes redimiu da man do adversario. do norte e do sur. non atoparon camiño a cidade habitada; e das súas aflicións El librounos; para que fosen a unha cidade habitada. tropezaron e non houbo quen os erguese. e El salvounos das súas aflicións;
1O meu corazón está firme, ó Deus! ; cantarei, cantarei louvanzas, aínda coa miña alma. 2Espertade, arpa e lira! Ao mencer espertarei!3Louvareite entre os pobos, Iahveh; cantarei louvanzas a ti entre as nacións. 4Porque grande, por riba dos ceos, é a túa misericordia; e ata o firmamento a túa verdade.5Exaltado sexas sobre os ceos, ó Deus! , sobre toda a terra sexa a túa gloria. 6Para que sexan liberados os teus amados, salva coa túa mau direita, e respóndeme.7Deus falou no seu santuario: Alegrareime, repartirei a Siquem e medirei no val de Sucot. 8Galaad é meu, Manasés é meu, tamén Efraín é a proteción da miña cabeza, Xudá é o meu cetro.9Moab é a almofía onde me lavo; sobre Edom botarei o meu calzado; sobre Filistea lanzarei berros. 10Quen me levará á cidade fortificada? Quen me guiará ata Edom? Non sairás, ó Deus! , cos nosos exércitos?
1Oh Deus, da miña louvanza, non cales. 2Porque contra min abriron a súa boca impía e enganosa; con enganos falaron en contra miña. 3Rodeáronme tamén con palabras de odio, e sen causa loitaron en contra miña.4En pago do meu amor, obran como os meus acusadores, pero eu oro. 5Así me pagan mal por ben e odio polo meu amor.6Pon un impío sobor del, e que un acusador esté a súa dereita. 7Cando sexa xulgado, que saia culpable, e que a súa oración se converta en pecado.8Os seus días sexan poucos, e que outro tome o seu cargo; 9Os seus fillos sexan orfos e viúva a súa muller ; 10Os seus fillos vaguen, pidan esmola, e busquen o sustento lonxe dos seus fogares en ruínas.11Que o acredor se apodere de todo o que ten, e estraños saqueen o froito do seu traballo. 12Que non haxa quen lle dea misericordia, nin haxa quen teña piedade dos seus orfos; 13sexa exterminada a súa posterioridade, o seu nome sexa borrado na seguinte xeración.14A iniquidade dos seus pais sexa recordada ante Iahveh, e non sexa borrado o pecado da súa nai. 15Estean continuamente diante de Iahveh, para que El corte da terra a súa memoria; 16porque el non amosou misericordia, senón que perseguiu o aflixido, o necesitado e o corazón decaído para matalos.17Amaba, tamén, a maldición, e caeu sobor del; non se deleitou na bendición, e ela alonxouse del. 18Vestíuse de maldición coma si fose o seu manto, e entrou como auga no seu corpo, e como o aceite nos seus ósos.19Sexa como vestidura coa que se cubra, e por cinto co que se cingue sempre. 20Esta sexa a paga de Iahveh para os meus acusadores, e para os que contra a miña alma, falen mal.
1En Iahveh refúxiome; como decides á miña alma, que escape como un paxaro á montaña? preparan a súa frecha na corda, para lanzala na oscuridade, contra os de corazón recto . que pode facer o xusto? Iahveh ten nos ceos o seu trono; os seus ollos observan, as súas pálpebras examinan os fillos dos homes a súa alma aborrece o que ama a violencia. os xustos verán o seu rostro.
1Di Iahveh ao meu Señor: Séntate á miña dereita, ata que poña os teus inimigos debaixo dos teus pés.2Iahveh estenderá desde Sion o teu poderoso cetro, dicindo: Domina no medio dos teus inimigos. 3O teu pobo será ofrenda voluntaria no día do teu poder; no esplendor da santidade, desde o seo do mencer; a túa xuventude é para ti como orballo.4O SEÑOR xurou e non se retratará: Ti es sacerdote para sempre según a orde de Melquisedec.5O Señor está a túa dereita; tirará reis no día da súa ira. 6Xulgará entre as nacións, encheráas de cadáveres, romperá cabezas sobre a ancha terra.7Beberá do arroio no camiño; polo tanto El levantará a cabeza.
1Que felices son os de camiño perfecto, os que andan na lei de Iahveh! e o buscan con todo o corazón! senón que andan nos teus camiños. para que os gardemos con coidado. para gardar os teus estatutos! ao considerar todos os teus mandamentos. ao aprender os teus xuízos xustos. non me desampares de todo. Gardando a túa palabra. non permitas que me desvíe dos teus mandamentos. para gardar a túa palabra. porque ti me ensinaches. máis que o mel á miña boca. por tanto aborrezo todo camiño de mentira. e luz para o meu camiño. Gardarei os teus mandamentos xustos. ó Iahveh, vivifícame coa túa palabra! ó Iahveh, ensíname os teus xuízos. pero non esquecín a túa lei. pero non me desviei dos teus preceptos. para non pecar contra ti. ensíname os teus estatutos. porque son o gozo do meu corazón. por sempre e até o fin. pero amo a túa lei. na túa palabra espero. para que garde os mandamentos do meu Deus. e non deixes que me avergoñe da túa esperanza. e que atenda continuamente os teus estatutos. porque as súas maquinacións son falsas. por iso amo os teus testemuños. e teño medo dos teus xuízos. non me entregues aos meus opresores. que non me opriman os soberbios. e pola promesa da túa xustiza. e ensíname os teus estatutos. para que coñeza os teus testemuños. porque invalidaron a túa lei. máis que o ouro puro. e aborrezo todo camiño de mentira. por iso os garda a miña alma. fai que os simples entendan. todas as ordenanzas da túa boca. máis que en todas as riquezas. porque desexaba os teus mandamentos. e ten de min misericordia, como sempre fas cos que aman o teu Nome. e que ningunha iniquidade me goberne. para que garde os teus mandamentos. e ensíname os teus estatutos. porque eles non gardan a túa lei. e os teus xuízos son rectos. e con grande fidelidade. porque os meus adversarios esqueceron as túas palabras. e o teu servo, ámaa. mais non esquezo os teus preceitos. e a túa lei, verdade. mais os teus mandamentos son o meu deleite. dame entendemento para que eu viva. gardarei os teus estatutos. e gardarei os teus testemuños. con anhelo agardo na túa palabra. para meditar na túa palabra. vivifícame conforme ao teu decreto. afástanse da túa Lei. e contemplarei os teus camiños. e non me esquecerei da túa palabra. e todos os teu mandamentos son verdadeiros. que os estableciches para sempre. para que viva e garde a túa palabra. para que vexa as marabillas da túa lei. non agaches de min os teus mandamentos. desexando as túas ordenanzas en todo tempo. malditos son os que se desvían dos teus mandamentos. porque eu gardo os teus testemuños. o teu servo medita nos teus estatutos. eles son os meus conselleiros. vivifícame según a túa palabra. ensíname os teus estatutos. e meditarei nas túas marabillas. dame forza según a túa palabra. e na túa vontade, concédeme a túa lei. as túas ordenanzas puxen diante de min. non me avergoñes, Iahveh. porque ti ensanchas o meu corazón. e gardareino até o fin. e a garde con todo o meu corazón. porque me deleito nel. e non para a ganancia sen honra. e vivifícame nos teus camiños. que inspira temor por ti. porque os teus xuízos son bós. vivifícame según a túa xustiza. a túa salvación, conforme a túa palabra. pois na túa palabra confío. porque eu, nas túas ordenanzas agardo. para sempre e eternamente. porque busco os teus preceptos. e non me avergoñarei. que os amo. que os amo, e meditarei nos teus estatutos. na que me fixeches esperar. porque a túa palabra deume vida. porén non me afastei da túa lei. e quedei consoado. que abandoan a túa lei. na casa da miña peregrinación. e gardo a túa lei. porque gardei os teus preceptos. prometín gardar as túas palabras. ten misericordia de min conforme á túa palabra. e volvín os meus pés aos teus testemuños. en gardar os teus mandamentos. pero non esquecín a túa lei. polos teus mandamentos xustos. e dos que gardan os teus preceptos. Ensíname os teus estatutos! segundo a túa palabra. porque crin nos teus mandamentos. porén agora, gardo a túa palabra. ensíname os teus estatutos. pero eu atesoro os teus preceptos de todo corazón. pero eu deléitome na Túa lei. para que aprenda os teus estatutos. que millares de ouro e prata. dame entendemento para que aprenda os teus mandamentos. porque eu agardo con ansia na túa palabra. que na túa fidelidade aflixíchesme. conforme a prometiches ao teu servo. porque deléitome na túa Lei. porque me difaman sen causa;eu mediterei nos teus mandamentos. e coñecen os teus testemuños. para que eu non sexa avergoñado. na túa palabra espero. mentres digo: Cando me has consolar? non esquecín os teus estatutos. Cando xulgarás aos meus perseguidores? os que non están dacordo coa túa lei. perseguíronme con mentira, axúdame! pero eu non abandono os teus preceptos. para que garde os teus testemuños da túa boca Ti afirmaches a terra, e ela permanece. porque todas as cousas te sirven. xa houbese perecido na miña aflición. porque neles vivificáchesme. pois procurei os teus preceptos pero eu considerarei os teus testemuños. o teu mandamento é inmenso todo o día medito nela. porque son meus para sempre. porque os teus testemuños son a miña meditación. porque os teus preceptos gardei.
1Salva, Iahveh, porque case non quedan piadosos !porque os fieis desaparecen entre os fillos dos homes.2Cada un fala vaidades ao seu próximo; falan con labios eloxiosos e con retranca. toda lingua que fala con gabanza; deféndennos os nosos labios; quen é sobor nós Señor? prata probada nun crisol na terra, refinada sete veces. preservaraos para sempre desta xerazón. cando é exaltada a vileza entre os fillos dos homes.
1Até cando, ó Iahveh! Esquecerasme para sempre? até cando, agacharás o teu rostro de min? tendo pesar no meu corazón todo o día? Até cando o meu inimigo triunfará sobre min? ilumina os meus ollos, non sexa que durma o sono da morte; e os meus adversarios se gocen cando eu sexa aflixido. o meu corazón alegrarase na túa salvación.
1O tolo di no seu corazón: Non hai Deus.Corrompéronse, cometeron feitos abominables;non hai que faga o ben.2Iahveh ollou desde os ceos sobor os fillos dos homes, para ver se hai alguén que entenda, que busque a Deus. non hai que faga o ben, non hai nen sequera un. pois Deus está coa xerazón xusta. pero Iahveh é o seu refuxio.
1Iahveh, quen habitará no teu tabernáculo? Que morará no teu monte santo? e no seu corazón fala verdade. pero honra os que temen a Iahveh; os que aínda xurando en contra súa non mudan; nen acepta soborno contra o inocente. O que fai estas cousas non será abalado.
1Protéxeme ó Iahveh, pois refúxiome en ti. 2Dixen a Iahveh: Ti es o meu Señor; Nada bo teño fora de ti. eles son nobres e neles está a miña delicia. ti sustentas a miña sorte. en lugares deleitosos, e fermosa é a herdanza que me tocou de certo que o meu interior me instrúe. permarecerei firme porque está á miña destra a miña carne tamén morará segura, nen deixarás o teu Santo ver corrupción.
1Escoita, ó Iahveh, unha causa xusta; atende ao meu clamor; inclina o teu ouvido á miña oración, feita con labios sen engano. que os teus ollos vexan a rectitude. gardeime das sendas dos violentos. Os meus pés non esbararon. inclina o teu ouvido, escoita a miña palabra. ti que salvas os que se refuxian á túa destra, dos que contra eles se levantan. fixan en nós os seus ollos para botarnos por terra, como leonciño que aseita nos escondedoiros. libra coa túa espada, a miña alma do impío, dos homes do mundo, que teñen a herdanza nesta vida, enches o seu ventre do teu tesouro; énchense de fillos, e deixan o que lles sobra aos seus pequenos.
1Eu ámote, Iahveh, miña fortaleza.2Iahveh é a miña rocha, o meu baluarte e o meu libertador; o meu Deus, a miña rocha en quen me refuxio; o meu escudo e o poder da miña salvación, a miña altura impenetrabel. e son salvo dos meus inimigos. sentín o espanto dos torrentes de Belial. as trampas da morte apareceron ante min. os alicerces dos montes tremeron, e foron sacudidos, porque El se indignou. e o lume da súa boca consumía; brasas foron prendidas por El con densas tebras baixo os seus pés. caendo sobor as ás do vento. con pabillón ao redor, oscuridade de augas, nubes densas nos ceos. as densas nubes pasaron, descargando sarabia e brasas prendidas. o Altísimo fixo ouvir a súa voz: sarabia e brasas prendidas! moitos lóstregos e confundiunos. sacoume das moitas augas. e dos que me odiaban, porque eran máis fortes ca min. porén Iahveh foi o meu apoio. rescatoume, agradouse de min. pagoume segundo a pureza das miñas mans, non me afastei impiamente do meu Deus. e non me afastei dos seus estatutos. e tiven conta de non cometer iniquidade. a pureza das miñas mans nos seus ollos e co íntegro, móstraste íntegro. e co perverso es agudo. e humillas os ollos de orgullo. ó meu Deus, ti alumeas a miña oscuridade! co meu Deus gabearei murallas. a palabra de Iahveh é pura; Escudo para os que nel se refuxian. quen é a Rocha senón o noso Deus? e quen fai perfecto o meu camiño. e pon firmeza nas miñas alturas, e os meus brazos tensen o arco de bronce. a túa destra sustentoume, a túa bondade hónrame. e os meus tornocelos non fraquearon. e non volvín até acabar con eles. caeron debaixo dos meus pés. postraches debaixo de min os que contra min se levantaron. fixéchesme cabeza das nacións, un pobo que non coñecía, sírveme, os estranxeiros obedécenme. e saen tremendo das súas fortalezas. Sexa exaltado o Deus da miña salvación, e suxeita os pobos debaixo de min; De certo que me exaltas sobre os que se alzaron contra min, e me libras do home violento. e cantarei louvanzas ao teu nome.
1Os ceos falan da gloria de Deus, e o firmamento mostra a obra das súas mans. e noite a noite da a coñecer a sabiduría. non se escoita a súa voz. e até os confíns do mundo a súas palabras, neles puxo tabernáculo para o sol, alégrase como atleta correndo a carreira. e a súa órbita até os extremos deles, e nada queda agachado da súa calor. restaura a alma, o testemuño de Iahveh é fiel, fai sabio o simple. alegran o corazón; o mandamento de Iahveh é puro, alumea os ollos permanece para sempre, os xuízos de Iahveh son verdade, todos xustos; e máis doces que o mel, e as gotas que rezuman da colmea. en gardalos hai grande recompensa. Absólveme dos que me son ocultos que non gobernen sobre min. Entón serei íntegro, e quedarei absolto de grande transgresión. e a meditación do meu corazón, ó Iahveh, miña Rocha e meu Redentor.
1Que Iahveh te resposte no día da adversidade, que o nome do Deus de Xacob te defenda. e desde Sión te sosteña. e acepte os teus holocaustos. ( Selah) e cumpra todos os teus propósitos. e no nome do noso Deus alzaremos bandeira, que Iahveh che conceda todas as túas peticións. respostaralle desde os seus ceos santos, coa potencia da súa destra salvadora. pero nós, no nome de Iahveh, o noso Deus, nos lembramos. pero nós erguémonos e estamos firmes.
1Ó Iahveh, o rei alégrase no teu poder, e canto se goza na túa salvación!, e non lle negaches a petición dos teus beizos. (Selah) e puxeches na súa cabeza coroa de ouro puro. días longos, por sempre eternos. sobre el puxeches honra e maxestade. enchíchelo de ledicia coa túa presenza. e pola misericordia do Altísimo, non será abalado. e a túa destra alcanzará os que te odian. Iahveh tragaraos na súa ira, e o lume consumiraos. e a súa semente de entre os fillos dos homes. tramaron unha conspiración, pero non perdurarán. apuntarás contra os seus rostros.
1Meu Deus, meus Deus! Por que me desamparaches? Por que estás lonxe da miña salvación, e distante das miñas palabras de clamor? e de noite, e non hai acougo para min. que moras entre as louvanzas de Israel. confiaron, e ti libráchelos. confiaron en ti e non foron avergoñados. desgraza para as persoas e desprezado do pobo. fan moca cos seus beizos, moven a cabeza, dicindo: que El o rescate, pois nel se compracía. díchesme confianza desde que estaba sobre os peitos da miña nai. desde o ventre da miña nai, ti es o meu Deus. porque non hai quen me axude. Fortes touros de Basán cercáronme. como león voraz que ruxe. e todos os meus ósos están dislocados, o meu corazón derrétese como cera, dentro do meu peito. a miña lingua pégase ao ceo da boca. Puxéchesme no po da morte! cercáronme un bando de homes malos, perforaron as miñas mans e os meus pés; eles míranme e obsérvanme. e sobor a miña túnica botan sortes. miña forza, bule a socorrerme. e a miña vida do poder do can. e dos cornos dos touros bravos; respondíchesme! louvareite no medio da congregación. glorificádeo toda a descendencia de Xacob, e temédelle, toda a descendencia de Israel. nen ocultou o seu rostro del, senón que cando clamou a El, escoitouno. cumprirei as miñas promesas diante dos que o temen. os que buscan a Iahveh, louvaranno. Viva o voso corazón para sempre! desde todos os límites da terra, e todas as familias das nacións postraranse diante túa. e El goberna ás nacións. todos os que descenden ao pó, postraranse ante El, aínda os que non poden conservar viva a súa alma. Isto dirase do Señor até a postreira xerazón. a un pobo aínda non nacido, anunciarán que El fixo isto.
1Iahveh é o meu pastor, nada me ha faltar. condúceme ás augas tranquilas.
1De Iahveh é a terra e todo o que hai nela, o mundo e todos nos que habitan nel. e asentouna sobor dos ríos. E quen ha estar en pé no seu lugar santo? o que non alzou a súa alma á falsidade, nen con engano xurou. e a xustiza do Deus da súa salvación. dos que buscan o teu rostro, ó Deus de Xacob. (Selah) erguédevos vós, portas eternas, e entrará o Rei da gloria! Iahveh, o forte e poderoso! Iahveh, o poderoso nas batallas! erguédevos vós, portas eternas, e entrará o Rei da gloria! Iahveh Sebaot! El é o Rei da gloria! (Selah)
1A Ti, ó Iahveh, elevo a miña alma. 2Meu Deus, confío en ti! Non sexa eunavergoñado, non se alegren de min os meus inimigos. será defraudado. porén serán avergoñados os que se rebelan sen motivo.
Do director Maskil. Dos fillos de Coré 1Como o cervo suspira polas correntes de auga,así suspira por ti a miña alma, ó Deus! 2A miña alma ten sede do Señor, do Deus vivo;Cando irei e me presentarei diante do Señor?3As miñas bágoas foron o meu pan de día e de noite,mentres me dicían a cotío:Onde está o teu Deus? 4Lémbrome destas cousas, e alivia a miña almadentro de min; de como ía eu coa multitudee guiábaa ata a casa de Deus,con voz de louvanza e lediciacoa multitude en festa.5Por que te abates, miña alma,e por que te desacougas en min?Espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo, pola salvación da súa face. 6Ó meu Deus!, a miña alma está abatida en minpor iso me lembrareime de tidesde a terra do Xordáne desde os cumios do Hermón, desde o monte Mizar.7Un abismo chama a outro abismoá voz das túas fervenzas;todas as túas ondas e vagaspasaron sobre min. 8De día mandará o Señor a súa misericordiae de noite a súa cantiga estará comigona oración ao Deus da miña vida.9Direi a Deus: Miña Rocha, por que te esqueciches de min?Por que teño que andar triste na opresión do inimigo? 10Como quen quebranta os meus ósos,afréntanme os meus inimigoscando me din todo o día:Onde está o teu Deus?11Por que te abates, miña alma, e por que te desacougas en min?Espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo.El é a salvación do meu ser e meu Deus!
(Última parte do salmo 42) 1Ó Deus!, faime xustizae defende a miña causacontra unha nación impía;líbrame do home enganoso e inxusto. 2Pois ti es o Deus da miña fortaleza,por que me rexeitaches?Por que ando triste polaopresión do inimigo?3Envía a túa luz e a túa verdadeque elas sexan o meu guíaque me leven ao teu monte santoe ás túas moradas. 4Entón chegarei ao altar de Deusa Deus, o meu gozo supremo;e ao son da lira louvareite, ó Deus!, meu Deus.5Por que te abates, miña alma, e por que te desacougas en min?Espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo.El é a salvación do meu ser e meu Deus!
Para o director do coro. Masquil para os fillos de Coré 1Ó Deus!, cos nosos ouvidos ouvimos,os nosos pais contáronnosas obras que fixeches nos seus días,en tempos antigos. 2Ti, coa túa man botaches fora as naciónse a eles plantáchelos;aflixiches os pobose a eles fichéchelos medrar.3Pois non tomaron nen posuíron a terra pola súa espadanin os salvou o seu brazo,senón a túa destra e o teu brazo,e a luz da túa presenzaporque te agradaches neles. 4Ti es o meu rei, ó Deus!;manda vitorias a Xacob!5Contigo rexeitaremos os nosos adversarios;no teu nome pisaremos os que se nos opoñen 6Porque eu non confiarei no meu arconin a miña espada me salvará;7pois ti salváchesnos dos nosos adversariose confundiches os que nos aborrecen. 8Gloriámonos no Señor todo o díae por sempre, louvaremos o teu nome.9Porén ti rexeitáchesnos e confundíchesnos,e non saes cos nosos exércitos. 10Fasnos recuar ante o noso adversarioe os que nos odian tomáronos como despoxos. 11Entrégasnos como ovellas para ser devoradose espalláchesnos entre as nacións.12Vendes o teu pobo a baixo prezoe non te enriqueciches co seu prezo 13Fixéchesnos o oprobio dos nosos veciños,escarnio e burla dos que nos rodean. 14Ti posnos por proverbio entre as nacións,os pobos abanean a cabeza sobre nós.15Cada día a miña deshonra está sobre min,e a vergoña cobre a miña face, 16pola voz de quen me afrenta e deshonra,pola presenza do inimigo e do vengativo. 17Todo isto nos aconteceu sen te ter esquecido,sen faltarmos ao teu pacto,18Non se volveu atrás o noso corazón,nin se apartou dos teus vieiros, 19para que nos quebrantaras no lugar da aflición,e nos cubriras coa sombra da morte. 20Se nos esquecéramos do nome do noso Deus,ou erguéramos as mans a un deus alleo, 21non se decataría o Señor diso?Pois el coñece os segredos do corazón. 22Pero pola túa causa mátannos a cotío, considérasenos como ovellas para matar.23Esperta! Por que durmes Señor?Érguete, non nos rexeites para sempre. 24Por que agachas a túa facee te esqueces da nosa aflicióne da nosa opresión?25Por que a nosa alma se fundiu no po?e o noso corpo pegado á terra? 26Érguete! Sé a nosa axuda,e líbranos pola túa misericordia.
Cántico das bodas do rei. Para o director do coro; segundo os Lirios. Masquil dos fillos de Coré. Cantiga de amor. 1Ferve o meu corazón cun fermoso poema;dirixo o meu canto ao rei;a miña lingua é caneta*pluma de hábil escribinte. 2Es o máis fermoso dos mortais;a graza derramouse nos teus beizos;por tanto, o Señor te abenzoou*bendixo para sempre.3Cingue, ó valente! a túa espada sobre a coxa;na túa gloria e coa túa maxestade. 4E nesa maxestade, cabalga en triunfo,por causa da verdade, da humildade e da xustiza,que a túa destra che ensine cousas asombrosas.5As frechas son agudas;os pobos caen debaixo de ti;no corazón dos inimigos do rei están as túas frechas. 6O teu trono, ó Deus Poderoso!, é eterno e para sempre;O cetro de equidade é o cetro do teu reino. 7Amaches a xustiza e aborreciches a iniquidade;para iso unxiute, ó Deus Poderoso!, o teu Deus,con óleo de ledicia, máis que aos teus compañeiros.8Todos os teus vestidos recendena mirra, áloe e casia*canela;dende os palacios de marfil alegrárontecon instrumentos de corda. 9Entre as túas damas nobres hai fillas de rei;á túa destra, en ouro de Ofir, está a raíña.10Escoita, miña filla, atende e inclina o teu ouvido;esquece o teu pobo e a casa do teu pai. 11Entón o rei desexará túa fermosura;inclínate ante el, porque é o teu señor.12E a filla de Tiro virá con presentes;os ricos do pobo suplicarán o teu favor. 13Entra raiolante*radiante a filla do rei na súa morada;os seus vestidos son de ouro tecido.14Con vestidos bordados é levada ao rei;as doncelas, compañeiras que a seguen,serán levadas a ti. 15Serán traídas con gozo e ledicia,entrarán ao palacio do rei.16Os teus fillos estarán no lugar dos teus pais,faralos príncipes en toda a terra. 17Recordarei o teu nome por todas as xeracións,por tanto os pobos louvarante,na eternidade e para sempre.
Para o director de coro. Salmo dos fillos de Coré. Cantiga composta para Alamot ( voces brancas) 1Deus é o noso refuxio e fortaleza,o noso socorro nas dificuldades. 2Por tanto, non temeremos aínda que a terra mudee os montes esvaren no fondo dos mares; 3aínda que ruxan as augas e se perturben,e abalen os montes coa súa bravura. Selah4As correntes do río, alegran a cidade de Deus,o santuario das moradas do Altísimo. 5Deus está no medio dela;non será abalada,Deus axudaráa ao amencer.6Bruaron as nacións, cambalearon os reinos;e ao dar El a súa voz, a terra derreteuse. 7O Señor dos exércitos está con nós,o noso refuxio é o Deus de Xacob. Selah8Vinde, ollade as obras do Señor,que fixo prodixios na terra, 9que fai cesar as guerrasaté os límites do mundo,que esnaquiza o arco, corta a lanzae queima os carros no lume.10Acougade e sabede que eu son o Señor,excelso serei entre as nacións,excelso serei na terra. 11O Señor dos exércitos está con nós,o noso refuxio é o Deus de Xacob.Selah
Para o director do coro. Salmo dos fillos de Coré. 1Batede palmas, todos os pobos;aclamade o Señor con voz leda, 2porque o Señor, o Altísimo é de temer,rei grande sobre toda a terra.3El somete os pobos debaixo de nós, e ás naciónd debaixo dos nosos pés. 4El escollerá as nosas herdanzas,a gloria de Xacob a quen amou.Selah 5Deus subiu entre aclamacións,o Señor ao son da trompeta.6Cantade louvanzas a Deus, cantade louvanzas;cantade louvanzas ao noso Deus, cantade louvanzas. 7“Que é rei sobre toda a terra”cantade ao Señor un salmo* ( Maskil) Nota ao pé de páxina8O Señor reina sobre as nacións;o Señor está sentado no seu trono santo. 9Os príncipes dos pobos reuníronse,para seres o pobo do Deus de Abrahamporque de Deus son os príncipes da terraEl está moi elevado!
Fermosura e gloria de Sión. Cantiga e salmo dos fillos de Coré 1Grande é o Señor e moi digno de ser louvadona cidade do noso Deus,o seu monte santo. 2Fermoso o seu outeiro,o gozo de toda a terraé o monte de Sión, no extremo norte,a cidade do Gran Rei. 3Deus deuse a coñecer nos seus palacios coma baluarte.4Pois, velaí, xuntáronse os reis;pasaron xuntos.5Eles vírona e ficaron abraiados,turbáronse e fuxiron a présa. 6Un tremor encheunos; e dor como de parturiente.7Con vento orientalesnaquizas as naves de Tarsis. 8Tal como ouvimos,así o vimos na cidade do Señor dos Exércitos,na cidade do noso Deus;Deus afirmaráa para sempre.9Na túa misericordia, ó Deus!,meditamos, no medio do teu templo. 10Ó Deus!, así como o teu nome,é a túa louvanza, até os confíns da terra;a túa destra está chea de xustiza.11Alédese o monte Sión,relouquen as fillas de Xudápolos teus xuízos.12Andade por Sión e ide arredor dela;numerade as súas torres. 13Considerade con coidado as súas murallaspercorrede os seus pazos*palacios,para contarllo á seguinte xeración.14Porque este é Deus;o noso Deus para sempre.El será o noso guía até a morte.
Para o director do coro. Salmo dos fillos de Coré 1Ouvide isto, todos os pobos;escoitade, todos os habitantes do mundo, 2tanto humildes como grandes,de igual xeito rico e pobre.3A miña boca falará sabedoría,e a meditación do meu corazónserá entendemento. 4Inclinarei ao proverbio a miña orella*o meu oídoe ao son do arpa descifrarei o meu enigma. 5Por que hei temer nos días maloscando me rodee a iniquidade dos meus inimigos,6dos que confían nos seus bense se gaban na abundancia das súas riquezas? 7Ninguén pode, de ningún xeito,redimir o seu irmán,nin dar a Deus, resgate*rescate por el, 8porque a redención da súa almavale moitísimo e debe esquecer poder pagalo9para que viva para semprepara que non vexa corrupción. 10Porque el olla os sabios morrer;o torpe e o necio de igual xeito perecene deixan as súas riquezas a outros.11As súas tumbas son para sempre as súas moradas, por todas as xeracións: dan ás súas terras os seus nomes propios.12Porén o home, non permanecerá na súa opulenciaé como os animais que perecen. 13Este é o camiño dos insensatos,e dos que despois deles aprobanas súas palabras.14Como ovellas son enviados ao Seol;guiaraos a morte,e os rectos rexirán pola mañá;Os seus corpos consumiraos o Seol,Por non teren onde morar. 15Mais Deus redimirá a miña alma da man do SeolPois el recibirame.16Cando alguén se enriquece, non temas,cando se enche a riqueza da súa casa; 17porque nada ha levar consigo cando morranin a súa riqueza descenderá tras el.18Aínda que mentres viva se felicite a si mesmo( e aínda que as persoas che dean os parabéns ao prosperar) 19iráse xuntar coa xeración dos seus pais;eles nunca han ver a luz. 20O home que está en honra e non ten entendemento,é semellante aos animais que perecen.
Salmo de Asaf 1O Deus poderoso, o Señor, falou,e convocou a terra, dende o amencer do solaté o solpor. 2Dende Sión, perfección de fermosura,resplandeceu Deus.3Que o noso Deus veña e que non cale;diante del o lume consome,é grande a tempestade ao seu redor. 4El convoca os ceos dende o alto,e a terra, para xulgar o seu pobo. 5E di: Xuntade os meus santosos que comigo fixeron pacto con sacrificio.6Os ceos declaran a súa xustizaporque Deus mesmo é o xuíz.7Ouve, pobo meu, e vou falar;ó Israel!, eu protestarei contra ti.Eu son, Deus, o teu Deus. 8Non te reprendo polos sacrificios,nin polos teus holocaustos,presentes sempre diante miña.9Non tomarei becerro da túa casa,nin godallos*(castrón en celo) dos teus rebaños. 10Porque é meu todo animal do bosque,e o gando sobre mil montañas. 11Toda ave dos montes coñezo,e meu é todo o que no campo se move.12Se tivese fame, non cho diría a ti,porque o mundo enteiro é meu,e todo o que hai nel. 13Comerei eu carne de touros,ou beberei sangue de chibos?14Ofrece a Deus sacrificio de louvore cumpre os teus votos ao Altísimo;15E invócame no día da angustia;eu librareite e ti honrarasme.16Porén dille Deus ao impío:que dereito tes ti, de falar dos meus estatutose de tomar o meu pacto nos teus beizos? 17Pois ti aborreces a disciplina,e ao teu lombo botas as miñas palabras.18Cando ollas un ladrón,consentes con el,e asóciaste cos adúlteros. 19Soltas a túa boca para o mal, e a túa lingua para argallar engano. 20Séntaste e falas contra o teu irmán,calumnias o fillo da túa propia nai.21Estas cousas fixeches e eu calei;pensaches que eu era como ti;pero reprendereite, e exporei os teus delitosdiante dos teus ollos. 22Entendede agora isto, os que vos esquecedes de Deus,non sexa que vos desfaga en cachose non haxa quen vos libre.23O que ofrece sacrificio de louvor,hónrame;e ao que segue o bo camiñomostrareille a salvación de Deus.
Para o director do coro. Salmo de David, cando despois de xuntarse con Betsabé, visitouno o profeta Natán. 1Ten piedade de min, ó Deus! según a túa misericordia;conforme ao inmenso da túa compaixón,tira as miñas transgresións. 2Lávame totalmente a miña maldade,e límpame do meu pecado.3Porque eu coñezo as miñas transgresións,e o meu pecado está sempre diante miña. 4Contra ti, contra ti somente pequei,e o malo fixen diante dos teus ollos,de modo que es xusto cando falas,e puro cando xulgas.5Velaí que nacín en iniquidade,e en pecado concebiume a miña nai. 6Velaí ti desexas a verdade no máis íntimo,e no oculto farás que coñeza sabedoría.7Purifícame con hisopo e serei limpo;lávame e serei máis branco cá neve. 8Faime ouvir xúbilo e ledicia;que se gocen os ósos que quebrantaches. 9Esconde o teu rostro dos meus pecados,e borra todas as miñas iniquidades.10Crea en min, ó Deus!, un corazón limpo,e renova un espírito recto en min. 11Non me botes da túa presenza,e non tires de min o teu Santo Espírito.12Retorna a min o gozo da túa salvación,e susténtame cun espírito de poder. 13Entón mostrarei aos transgresores os teus camiños,e os pecadores convertiranse a ti.14Líbrame de delitos de sangue, ó Deus!,Deus da miña salvación,entón a miña lingua cantará con gozo a túa xustiza. 15Abre os meus beizos, ó Señor!,para que a miña boca anuncie a túa louvanza. 16Porque non te compraces en sacrificios,pois se así fose, ofreceríaos;non che agrada o holocausto.17Os sacrificios de Deus son o espírito contrito,ao corazón quebrantado e humilde, ó Deus!,non desprezarás. 18Fai ben a Sión, segundo a túa vontade;edifica os muros de Xerusalém. 19Entón agradaranche os sacrificios de xustiza,o holocausto e o sacrificio perfecto;entón ofreceranse novillos sobre o teu altar.
Para o director do coro. Masquil de David, cando foi Doego edomita e informou a Saúl, dicíndolle: David está na morada de Ahimelec. 1Por que te glorías no mal, ó home poderoso?A misericordia de Deus é continua. 2A túa lingua argalla destrucióncomo navalla afiada,autor de enganos.3Amas o mal máis que o ben,a mentira máis que dicer o que é xusto.4Amas toda palabra destrutora,ó lingua enganosa! 5Pero Deus destruirate para sempre,arrebatarate e arrincarate da túa habitación,e desarraigarate da terra dos vivintes. ( Selah)6Os xustos verán isto e temerán,e riranse del, dicindo: 7Velaí o home que non quixo facer de Deus o seu refuxio,senón que confiou na abundancia das súas riquezase fíxose forte nos seus desexos malos.8Pero eu son como verde Oliveirana morada de Deus;na misericordia de Deus confíoeternamente e para sempre. 9Louvareite para semprepolo que fixeches,e esperarei no teu nome, porque es bodiante dos teus santos.
Para o director do coro; según Mahalat (tonada triste)Masquil de David. 1O necio dixo no seu corazón: Non hai Deus.Corrompéronse e cometeron inxustizas abominabeis;non hai quen faga o ben. 2Deus ollou dende os ceos,sobre os fillos dos homes,para ver se hai algún que entenda,algún que busque a Deus. 3Desviaron todos e corrompéronse;non hai quen faga o ben,non hai sequera un.4Non volverán en si os que fan iniquidade,os que devoran o meu pobocomo se comesen pan,e non invocan o Señor? 5Alí tremen de espanto,onde antes temor non había,porque Deus esparexeu os ósosde quen acampaba contra ti.6Ó, se de Sion saise a salvación de Israel!Cando Deus restaure o seu pobo cautivo,Xacob gozarase e aledarase Israel.
Para o director de coro; con instrumentos de corda.Masquil de David, cando os zifeos viñeron e dixeron a Saúl:Non está David agachado entre vós? 1Sálvame, ó Señor, polo teu nome!e faime xustiza polo teu poder. 2Escoita a miña oración, ó Señor!presta ouvidos ás palabras da miña boca. 3Porque estraños erguéronse contra min,e homes violentos andan á procura da miña vida,non poñen a Deus diante de si.4Velaí, o Señor é quen me axuda,o Señor é o que sostén a miña alma. 5El volve o mal aos meus inimigos;pola túa fidelidade, destrúeos.6Voluntariamente sacrificarei a ti;louvarei o teu nome, ó Señor!,porque es bo. 7Porque el libroume de toda tribulacióne os meus ollos vironos meus inimigos vencidos.
Para o director do coro; con instrumentos de corda.Masquil de David. 1Escoita, ó Señor!, a miña oración,e non te escondas ante a miña súplica. 2Aténdeme e respóndeme;emocionado estou na miña queixa,e moi conturbado, 3a causa da voz do inimigo.pola opresión do impío;pois botan iniquidade sobre min,e perséguenme con furor.4Anguriado está o meu corazóndentro de min,e sobre min caeron os terrores da morte. 5Temor e terror veñen sobre min,e cubriume o horror.6E dixen: quen me desealas como de pomba!Voaría e toparía repouso. 7Certamente moi lonxe fuxiría;moraría no deserto.8Andaría na procura dun lugar de refuxiocontra a furia do vento e a tempestade. 9Perturba, Señor, divide as súas linguasporque vin violencia en contenda na cidade.10Día e noite anda arredor dos seus muros,e no medio dela hai iniquidade e malicia. 11En medio dela hai destrución,e opresión e enganodas súas rúas non se afastan.12Porque non é un inimigoo que me recrimina,se fose así, podería soportalo;nen se alzou contra minun que me odia,se fose así, podería agacharme del; 13senón ti, que es coma min,o meu compañeiro, o meu amigo íntimo; 14que entre nós tiñamos doce comunión,que íamos coa multitude á casa de Deus.15Que os sorprenda a morte,que baixen vivos ao Seol,porque a maldade está na súa morada,no medio deles.16Pero eu, invocarei a Deus,e o Señor salvarame. 17Pola tarde, na mañá e no medio díaorarei; e clamarei e el ouvirá a miña voz. 18En paz redimirá a miña alma,da guerra que hai contra min,pois son moitos os que están contra min.19Deus ouvirá e aflixiraos,El, que reina dende a antigüidade,porque non hai cambio neles, nen temen a Deus.20Aquel extendeu as súas mans,contra os que estaban en paz con el,violou o seu pacto. 21As palabras da súa boca eran más brandas cá manteiga,pero no seu corazón había guerra;máis suaves que o aceiteeran as súas palabras,porén eran espadas espidas.22Deita sobre o Señor a túa carga,e el ha te soster;el nunca permitiráque o xusto sexa abalado. 23Pero ti, ó Deus!,faralos caer no pozo da destrución;os homes sanguinarios e enganadoresnon vivirán a metade dos seus días;pero eu en ti hei confiar.
Para o director do coro; segundo a tonadada pomba silandeira dos que están lonxe.Mictam de David cando os filisteos o prenderonen Gat. 1Ten piedade de min, ó Deus!,porque o home pisoteoume;oprímeme combaténdome todo o día. 2Os meus inimigos pisoteáronme todo o día,porque son moitos,con altivez pelexan contra min.3O día que eu temo,eu confío en ti. 4En Deus, pois louvo a súa palabra,en Deus confiei,non temerei.Que pode facerme o home?5Todo o día torcen as miñas palabras,todos os seus pensamentosson contra min, para o mal. 6Atacan, agáchanse,espían os meus pasos,como agardando para me tirar a vida.7Por causa da súa iniquidade, derríbaos,na túa ira humilla os pobos, ó Deus! 8Ti tiveches en conta a miña vida errante;pon as miñas bágoas na túa redoma;non están xa no teu libro?9Entón os meus inimigos recuaráno día que eu clame a ti,sei isto: que Deus está por min. 10En Deus, pois louvo a súa palabra;no Señor, pois honro a súa palabra; 11en Deus confiei, non temerei.Que pode facerme o home?12Os votos que che fixen,están sobre min, ó Deus!;ofrecereiche ofrendas de acción de grazas; 13Pois ti libraches a mi alma da morte,e os meus pés de tropezar,para que eu ande diante de Deus,na luz da vida.
Para o director do coro, segundo tonadade Non destrúas. Mictam de David,cando, na cova, fuxía de Saúl. 1Ten piedade de min, ó Deus!,ten piedade de min,porque a miña almarefúxiase en ti,na sombra das túas ás me refuxio,até que pase a destrución.2Clamarei ao Deus Altísimo,ao Deus que todo fai para min. 3El enviará dende os ceus e salvarame;el reproba o que me pisotea ( Selah).Deus enviará a súa misericordia e a súa verdade.4A miña alma está entre leóns;teño que deitarme entre os que vomitan lume;entre os fillos dos homes,cuxos dentes son lanzas e frechas,e cuxa lingua é espada afiada. 5Exaltado sexas sobre os ceos, ó Deus!;a túa gloria sexa sobre toda a terra.6Armaron unha rede para os meus pasos,a miña alma está derrubada;cavaron unha fosa diante de min,pero eles mesmos caíron no medio dela. ( Selah)7Firme está o meu corazón, ó Deus!,o meu corazón está firme.Cantarei e entoarei salmos. 8Espertade, miña gloria!Espertade arpa e lira!Espertarei ao amencer!9Louvareite entre os pobos, Señor;cantereite louvanzas entre as nacións. 10Porque grande até os ceos,é a túa misericordia,e a túa verdade até o firmamento. 11Exaltado sexas sobre os ceos, ó Deus!;sobre toda a terra sexa a túa gloria.
Para o director do coro, segundo tonadade Non destrúas. Mictam de David. 1En verdade, falades xustiza, ó deuses! ?xulgades rectamente, fillos dos homes? 2Non. Pois no voso corazón cometedes iniquidade;repartides na terra a violencia das vosas mans.3Dende a matriz están desviados os impíos;dende o nacemento desvíanseos que falan mentiras. 4Teñen veneno, como veneno de serpe;son como unha cobra xorda,que fecha o seu ouvido, 5para non ouvir a voz dos que encantan,do feitizeiro perito de feitizos.6Ó Deus! racha os dentes da súa boca;quebra, Señor, as moas dos leóns. 7Dilúianse como aguas que corren;cando lancen as súas frechas,que sexan como se estivesen sen punta. 8Que sexan como o caracol,que se deslíe ao moversecomo os que nacen mortos,que nunca ven o sol.9Antes de que as vosas olas,poidan sentir o aquencer das silvas,tanto os verdes, como os que ardenbarreraos El con furacán. 10O xusto alegrarase cando vexa a vinganza,lavarase os pés no sangue dos impíos; 11e os homes dirán: De certo que hai recompensapara o xusto,certamente hai un Deus que xulga na terra.
Para o director do coro, segundo tonadade Non destrúas. Mictam de David,cando Saúl enviou homes e vixiaron a casapara matalo. 1Líbrame dos meus inimigos, Ó Deus!ponme a salvo no alto,lonxe dos que se levantan contra min. 2Líbrame dos que fan iniquidade,e sálvame dos homes sanguinarios.3Porque, velaí, puxeron emboscadacontra a miña vida;atácanme homes feroces,pero non é pola miña transgresiónnen polo meu pecado, Señor. 4Sen eu ter culpa, corren e prepáransecontra min.Esperta para me axudar, e olla.5Ti, Iahveh, Deus dos exércitos,Deus de Israel,esperta para dar castigo a todas as nacións;non teñas piedade de ningún inicuo traidor.6Voltan pola noitiña,ladran coma cans,e percorren a cidade. 7Velaí, gábanse coa súa boca;nos seus beizos hai espadaspois din: quen nos ouve?8Pero ti, Deus, riraste deles;fas burla a todas as nacións. 9Esperarei en ti a causa da túa forza,porque Deus é o meu castelo.10O meu Deus na súa misericordia,virá ao meu encontro;Deus permitirame ollar vencidos os meus inimigos. 11Non os mates, para que o meu pobonon se esqueza,dispérsaos co teu poder e humíllaos.12Polo pecado da súa boca,e a palabra dos seus beizos,serán presos na súa vaidade,e polas maldicións e mentiras que contan. 13Consúmeos no teu furor,consúmeos, para que xa non existan,para que os homes saiban que Deusgoberna en Jacob, até aos fins da terra.14Voltan pola noitiña, ladran coma cans,e percorren a cidade; 15Rondan na procura de devorar,e se non se fartan, rosman.16Pero eu hei cantar do teu poder,si, gozoso cantarei pola mañá a túa misericordia;porque ti fuches o meu baluarte,e un refuxio no día da miña anguria. 17Ó miña fortaleza! a ti cantarei louvanzas;porque o meu baluarte é Deus,o Deus que me mostra misericordia.
Para o director do coro;segundo a tonada de O liriodo testemuño. Mictam de David para mostrar, candoloitou con Aram-naharaim e contra Aram-Soba, e voltouJoab e feriu a 12.000 edomitas no Val do Sal. 1Ó Deus!, ti rexeitáchenos, quebrantáchenose airácheste. Restáuranos, ó Deus!2Fixeches tremer a terra,fendíchela, sanda as súas fendas,poise ela abala. 3Duras cousas fixeches ver ao teu pobo;díchenos a beber viño embebedante.4Diches un lábaro aos que te temen,para que sexa alzado por causa da verdade. ( Selah) 5Para que sexan librados os teus amados,salva coa túa destra e respóndeme.6Deus falou no seu santuario,alegrareime, repartirei a Siquem,e meditarei no Val de Sucot. 7Galaad é meu, Manasés é meu,Efraín é o elmo da miña cabeza,Judá é o meu lexislador.8Moab é a bacía na que me lavosobre Edom lanzarei o meu zapato;alédate ó Filistea!, pola miña causa. 9Quen me conducirá á casa fortificada?Quen me guiará até Edom?10Non es ti, ó Deus!, o que nos rexeitou?Non sairás, ó Deus!, cos nosos exércitos? 11Danos axuda contra o adversario,pois o auxilio do home é ván. 12En Deus faremos proezas,El pisará os nosos inimigos.
Para o director do coro. Sobre instrumentos de cordasSalmo de David 1Ouve , ó Deus, o meu clamor;atende a miña oración. 2Invócote dende os confíns da terra,cando se abate o meu corazón.Condúceme á rocha que é máis alta cá min. 3Porque ti fuches refuxio para min,torre forte contra o inimigo.4Que eu more na túa tenda para sempre;e me abrigue no refuxio das túas ás. 5Porque ti, ó Deus!, escoitaches os meus votos;ti dechesme a herdanza dos que temen o teu nome.6Ti engadirás días aos días do rei;os seus anos serán como moitas xerazóns. 7El reinará para sempre diante de Deus;concédelle misericordia e verdadepara que o garden.8Así cantarei louvanzas ao teu nome para sempre,para cumprir os meus votos día tras día.
Para o director do coro; segundo Jedutún.Salmo de David 1Somente en Deus agarda a miña alma en silencio;del vén a miña salvación. 2Só El é a miña rocha e a miña salvación,o meu baluarte, nunca serei abalado.3Até cando atacaredes a un home ,todos vós, para derrubalo,como parede encurvada, como valado pouco seguro ? 4Somente consultan para derrubalo da súa excelencia;gózanse na falsedade;bendicen coa bocapero dentro deles maldicen. (Selah)5Miña alma, agarda en silencio soamente en Deus,pois del vén a miña esperanza. 6Só El é a miña rocha e a miña salvación,o meu refuxio, nunca serei abalado.7A miña salvación e a miña gloria descansan en Deus;a rocha da miña fortaleza, o meu refuxio descansa en Deus. 8Confiade nel, ó pobo!;derramade o voso corazón diante del;Deus é o noso refuxio. (Selah)9As persoas de clase baixa son só vaidade,e os de alto orde son mentira;na balanza suben,todos xuntos pesan menos do que a vaidade. 10Non confiedes na opresión,nen poñades a vosa esperanza no roubar,se as riquezas medran, non poñades nelas o corazón.11Deus falou unha vez;dúas veces ouvín isto:que o poder é de Deus; 12e túa é, ó Señor, a misericordia,pois ti pagas ao home, segundo o seu facer.
Salmo de David, cando estaba no deserto de Judá. 1Ó Deus, ti es o meu Deus; buscareite de madrugada,a miña alma ten serde de ti, a miña carne deséxate moito,como terra seca e cansada, onde non hai auga. 2Así mirábate no santuario,para ver o teu poder e a túa gloria.3Porque a túa misericordia é mellor que a vida,louvarante os meus labios. 4Así bendecireite mentras viva,no teu nome alzarei as miñas mans.5Como con medula e grosura, está a miña alma saciada,e con labios de alegría lóuvate a miña boca. 6Cando na miña cama me lembro de ti,en ti medito durante as vixilias da noite.7Porque tí fuches o meu socorro,e á sombra das túas ás, canto con gozo. 8A miña alma séguete de perto,a túa destra sostenme.9Pero os que buscan a miña vida para destruíla,caerán ás profundidades da terra. 10Entregados serán ao poder da espada,serán presa das raposas.11Mais o rei alegrarase en Deus;e todo o que xura por El, gloriarase.Porque será fechada a boca dos que din mentiras.
Ao director do coro. Salmo de David 1Escoita, ó Deus!, a miña queixa,garda a miña vida do terror do inimigo. 2Agáchame dos plans secretos dos malvados,e do tumulto dos que obran iniquidade,3que afían como espada a súa lingua,e lanzan como frecha palabras amargas. 4para ferir en oculto ao recto,de súpeto, disparan sobre el e non temen.5Agárranse a propósitos malignos,falan de poñer trampas en secreto, e din: quen as verá? 6Traman inxustizas dicindo:Estamos preparados cunha boa trama,pois os pensamentos do home e o seu corazón son profundos7Pero Deus lanzaralles con frecha,e de súpeto serán feridos. 8A súa lingua fai que eles mesmos tropecen.Todos os que os vexan abanarán a cabeza. 9Entón todos as persoas temerán,e anunciarán a obra de Deuse considerarán os seus feitos.10O xusto alédase no Señor,e nel terá refuxio,e todos os de corazón recto gloriaranse.
Ao director do coro. Salmo de David. Cantiga. 1Haberá silencio dinte túa, ó Deus!, e louvanza en Sión;e cumpliráchese o voto. 2Ó ti que escoitas a oración!Todo home vén xunto túa. 3As iniquidades prevalecen contra min,porén perdoas as nosas transgresións.4Que feliz é o que ti escolles e se achega a ti,para que more nos teus atrios.Seremos fartos das bondades da túa casae do teu santo templo.5Con prodixios grandes respóndesnos en xustizaó Deus da nosa salvación!confianza de todas as partes da terra,e do mar máis lonxano;6ti, que co teu poder consolidas os montescinguido de potencia, 7o que calma o ruxir dos mares,o ruído das súas ondase o tumulto das xentes.8Por iso os que moran no confín das terrastemen as túas obras,ti fas que a alborada e o solporcanten de alegría. 9Ti visitas a terra e régala dabondo,enriquecíchela abondosamente,o río de Deus reborda de auga;ti lles preparas o seu grao,porque así preparas a terra.10Enches de auga os seus regos con abundanciaachazaches os seus torróns,amoleciches con chuvias,abenzoas os seus gromos. 11Ti coroaches o ano cos teus bens,e os teus carreiros zumegan graxa. 12Destilan os pastos do desertoe os outeiros cínguense de alegría.13Os campos cúbrense de rebaños,e os vals cúbrense de grao;por iso eles dan voces de xúbilo e cantan.
Ao director do coro. Cantiga. Salmo. 1Clamade con xúbilo a Deus, toda a terra; 2cantade a gloria do seu nome;facede gloriosa a súa loubanza.3Decide a Deus: Que estupendas son as túas obras! .Pola grandeza do teu poder,os teus inimigos finxirán obecerte. 4Toda a terra adoraratee cantará a ti louvanzas,cantará louvanzas ao teu nome. ( Selah)5Vinde e ollade as obras de Deus,admirabel nos seus feitos a favor dos fillos dos homes. 6Converteu o mar en terra seca;cruzaron o río a pé;alegrémonos nel. 7El domina co seu poder para sempre;os seus ollos velan sobre as nacións;os rebeldes non levantarán cabeza. ( Selah)8Abenzoade, ó pobos! ao noso Deus,e facede que se ouva a sona do seu louvor. 9El é quen nos sustenta con vida,e non permite aos nosos pés esvarar.10Porque ti probáchenos, ó Deus!afináchenos como se afina a prata. 11Metíchesnos na rede;puxeches grave peso nos nosos lomos. 12Fixeches cabalgar a homes sobre as nosas cabezas;pasamos por lume e por auga,pero ti sacáchesnos a un lugar de abundancia.13Entrarei na túa casa con holocaustos;cumplirei os meus votos, 14os que os meus labios pronunciaron,e falou a miña boca cando estaba anguriado. 15Ofrecerei holocausto de animais engordados;como odorante fume de carneiros;ofrecerei bois con cabritos. (Selah)16Vinde e ouvide todos os que temedes a Deus,e contarei o que fixo á miña alma. 17Coa miña boca clamei a El,e louveino coa miña lingua. 18Se o meu corazón acariñase a iniquidade,o Señor non me houbese escoitado.19Mais certamente Deus me escoitou;atendeu á voz da miña súplica. 20Bendito sexa Deus,que non rexeitou a miña oración,nen me retirou a súa misericordia.
Ao músico principal; en Neginot. Salmo. Cantiga. 1Deus teña misericordia de nós,e nos abenzoe;faga respandecer o seu rostro sobre nós; ( Selah) 2para que sexa coñecido na terrao teu camiño,en todas as nacións, a túa salvación.3Louvente os pobos, ó Deus,lóuvente todos os pobos. 4Alégrense e gócense as nacións,porque xulgas os pobos con equidade,e guiarás ás nacións da terra. ( Selah)5Louvente os pobos, ó Deus,lóuvente todos os pobos. 6A terra dará o seu froito; Deus, o noso Deus nos abenzoa.7Deus nos abenzoa,para que lle teman todas a partes da terra.
1Levántese Deus, sexan disipados os seus inimigos,e fuxan da súa presenza os que o aborrecen. 2Como se esvaece o fume, várreos,como a cera se derrete diante do lume,así perezan os impíos diante de Deus. 3Pero alégrense os xustos,e regocíxense diante de Deus,si, relouquen de alegría.4Cantade a Deus,cantade louvanzas ao seu nome,abride paso ao que cabalga polos ceos,cuxo nome é o Señor,regocixádevos diante del. 5Pai de orfos e defensor das viúvasé Deus na súa morada santa.6Deus prepara un fogar para os solitarios;conduce os cautivos á prosperidade;só os rebeldes habitan en terra seca.7Ó Deus! cando ías diante do teu pobo,cando marchaches polo deserto, (Selah) 8tremeu a terra;tamén os ceos se derramaron ante a presenza de Deus;tremeu o Sinaí diante de Deus, o Deus de Israel.9Chuvia abundante esparciches, ó Deus! Ti reanimas e sustentas a túa herdanza. pola túa bondade, ó Deus, proveste ao pobre. levan as boas novas! repartirá o botín. cubertas de prata, e as súas plumas de ouro resplandecente. nevaba no Val da Oscuridade. monte de moitos cumios é o monte de Basán. ó montes de moitos cumios!, o monte que Deus desexou como morada? De certo que Iahveh morará alí por sempre. miles de miles; como en Sinai, o Señor está entre eles en santidade. levaches en catividade aos teus cativos; recibiches dons entre os homes; e tamén entre os rebeldes, para que o Deus Iahveh habite entre eles. leva a nosa carga, o Deus que é a nosa salvación. (Selah) e librar da morte, pertenze a Iahveh o Señor. Farei que volvan das profundidades do mar; e a lingua dos teus cans, teñan a parte dos teus inimigos. O séquito do meu Deus e Rei cara o santuario. no medio das mozas que tocan pandeiretas. a Iahveh, os que sodes da ascendencia de Israel. aos príncipes de Xudá coa súa multitude; a os príncipes de Zabulón, a os príncipes de Neftalí. ó Deus, confirma o que fixeches por nós! do teu templo en Xerusalém. a manada de touros, con os becerros dos pobos pisando as pezas de prata; El dispersou os pobos que se gozan na guerra. Etiopía apresurarase a extender as súas mans cara Deus. cantade louvanzas ao Señor ( Selah) Mirade! El da a súa voz, voz poderosa. sobre Israel sexa a súa grandeza, e o seu poder nos ceos! desde os teus santuarios! O Deus de Israel é quen da o vigor e o poder ao seu pobo. Bendito sexa Deus!
1Sálvame, ó Deus, porque as augas cercaron a miña alma. e non hai onde facer pé; cheguei ao profundo das augas, e a corrente anégame. a miña gorxa esta ronca os meus ollos esmorecen agardando o meu Deus. son os que me aborrecen sen causa. Os que tentan destruírme son fortes, fixéronse inimigos meus sen razón, e agora hei pagar o que non roubei. e os meus pecados non che son ocultos. os que esperan en ti, ó Señor, Iahveh dos Exércitos. Non sexan confundidos pola miña causa os que te buscan, ó Deus de Israel. e a confusión cubriu o meu rostro. e un estranxeiro para os fillos da miña nai. e os vituperios dos que te inxurian caeron sobre min. e isto foime por deshonra. e cheguei a ser un dito para eles. falan de min, e fun verso das cantigas do viño. ó Iahveh! en tempo axeitado; ó Señor! pola abundancia da túa misericordia, respóndeme coa verdade da túa salvación. sexa libertado dos que me aborrecen, e das profundidades das augas. nen me trague o abismo, Nen a fosa peche a súa boca sobre min. porque a túa misericordia é benigna, vólvete a min conforme a multitude das túas piedades. porque estou anguriado, respóndeme de présa. Rescátame por causa dos meu inimigos! Diante de ti están todos os meus inimigos. esperei compaixón, pero non a houbo, busquei consoladores, pero non os topei. vinagre déronme a beber. e cando estén en paz, se volva nunha trampa. e que a túa indignación os prenda. e non more ninguén nas súas tendas. e falan da dor dos que Ti feriches. e que eles non entren na túa xustiza! E non sexan inscritos cos xustos! que a túa salvación, ó Deus, me poña en alto! e exaltareino con acción de grazas. máis que o sacrificio do bois, ou o becerro con uñas e pezuños. Vós, que buscades a Deus: anímese o voso corazón. e non menospreza os seus que están presos. os mares e todo no que neles se move. e edificará as cidades de Xudá, para que eles moren alí e a posúan. e os que aman o su nome morarán nela.
1Ó Deus!, bule a librarme; bule ó Deus! a me socorrer. 2Os que andan á procura da miña vida, sexan avergoñados e humillados; volvan para atrás cheos de desprezo, os que se comprancen no meu mal. 3Sexan voltos atrás pola súa vergoña os que din: " Bá, Bá".4Gócense e alégrense en ti, todos os que te buscan; e digan de seguido os que aman a túa salvación: Engrandecido sexa Deus! 5Porén, eu estou aflixido e necesitado; ó Deus! ven pronto xunto a min; Ti es o meu socorro e o meu libertador; non te demores, Señor.
1Ó Iahveh! En ti puxen a miña confianza, non sexa eu avergoñado xamais. 2Líbrame na túa xustiza e faime fuxir! Inclina a min o teu ouvido, e sálvame! 3Sé para min rocha de refuxio, onde eu poida ir sempre. Ti deches o mandamento para me salvar, porque ti es a miña rocha e a miña fortaleza.4Meu Deus, rescátame da man do malvado, da man do perverso e do violento, 5Porque ti, ó Señor Iahveh, es a miña esperanza; a miña confianza dende a miña xuventude.6Por ti fun sustentado dende o ventre, ti es quen me sacou das entrañas da miña nai. Para ti será a miña louvanza por sempre. 7Co tempo fun asombro de moitos, porque ti es o meu refuxio forte.88 A miña boca está chea da túa louvanza, e da túa gloria todo o día. 9No tempo da vellez, non me rexeites, nin me desampares cando se esgote o meu vigor.10Porque os meus inimigos falaron contra min e os que andan á procura a miña alma conspiran xuntos, 11dicindo: Deus desamparouno, perseguídeo e prendédeo, pois non hai quen o libre!<<<<<<< HEAD1212 Ó Deus, non te alonxes de min! Meu Deus, socórreme a présa. 13Sexan avergoñados e perezan os inimigos da miña alma; sexan cheos de vergoña e confusión os que procuran o meu mal.=======12Ó Deus, non te alonxes de min! Meu Deus, socórreme a présa. os inimigos da miña alma; sexan cheos de vergoña e confusión os que procuran o meu mal.>>>>>>> a86b86adb9f395ae4d5dac989b8caf050e7c64e7 e manifestei as túas marabillas até agora. non me desampares, ó Deus!, ate que proclame o teu poder a esta xerazón, e o teu poderío a todo o que ha de vir.>>>>>>> a86b86adb9f395ae4d5dac989b8caf050e7c64e7 e volverás a consoarme. pola túa verdade, meu Deus, cantarei salmos co arpa, ó Santo de Israel!>>>>>>> a86b86adb9f395ae4d5dac989b8caf050e7c64e7
1Ó Deus!, dá os teus xuizos ao rei, e a túa xustiza ao fillo do rei. 2Xulgue El ao teu pobo con xustiza, e aos teus aflixidos con equidade. 3Traian os montes ao pobo paz e os outeiros xustiza.4Faga El xustiza aos aflixidos do pobo, salve aos fillos dos pobres, e esmague ao opresor.
1Palabras do predicador, fillo de David, rei en Xerusalém. 2Vaidade de vaidades dicía o predicador, vaidade de vaidades, todo é vaidade. 3Que proveito reciben as persoas de todo o traballo que fan debaixo do sol?4Unha xeración vai e outra xeración vén, pero a terra segue sempre igual. 5Sae o sol e ponse o sol, ao seu lugar vai apresa, e dalí sae de novo. 6Sopra o vento cara o sur e xira cara o norte e vai xirando e xirando vai; e sobre os seus xiros o vento regresa.7Todos os ríos van cara o mar, e o mar non se enche; ao lugar onde van os ríos, alí seguen indo. 8Todas as cousas fatigan, máis do que a xente pode expresar. Non se cansa o ollo de ver nin o ouvido de ouvir.9O que foi, iso ha de ser, e o que se fixo, ha se facer outra vez, nada novo hai debaixo do sol. 10Hai algo que se poida dicir: Olla, isto é novo? Xa existía en séculos antes ca nós. 11Non hai memoria das primeiras cousas nin das últimas que acontecerán; non haberá memoria delas nos que virán despois.12Eu, o predicador, fun rei sobre Israel en Xerusalém. 13E apliquei o meu corazón en buscar e investigar con sabedoría, todo o que se fixera debaixo do ceo, dolorosa tarefa dada por Deus aos fillos dos homes para ser aflixidos con ela. 14Vin todas as obras que se fixeron debaixo do sol, e velaí, todo é vaidade e correr detrás do vento. 15O torto non se pode endereitar, e o que falta non se pode contar.16Eu falei ao meu corazón dicindo: Velaí, eu engrandecín e aumentei a sabedoría máis que todos os que estiveron antes ca min en Xerusalém; o meu corazón experimentou moita sabedoría e coñecemento. 17E apliquei o meu corazón en coñecer a sabedoría e coñecer a loucura e a insensatez; decateime que isto tamén é correr detrás do vento. 18Porque na moita sabedoría hai moita anguria e quen aumenta o coñecemento aumenta a súa dor.
1Dixen eu no meu corazón: Ven agora, probareite co pracer: Divírtete! E velaí isto tamén era vaidade. 2Dixen do riso: É tolo!, e do pracer: Para que serve?3Busquei no meu corazón regalarlle ao meu corpo viño, mentres o meu corazón me guiaba con sabedoría, de como agarrar a insensatez, ata que puidese ver que hai de bo no que as persoas fan nos contados días da súa vida debaixo do ceo.4Fixen obras grandes, edifiquei casas para min, plantei para min viñas; 5fixen para min xardíns e hortos e plantei neles toda clase de árbores frutais; 6fixen para min estanques de augas para regar o bosque con árbores que agromaban.7Merquei servos e servas, e tiven servos nacidos na casa. 8Tiven tamén gando, vacas e ovellas, máis que todos os que me precederon en Xerusalém. Xuntei para min prata e ouro e o tesouro dos reis e das provincias. Rodeeime de cantores e cantoras, para gozar dos praceres dos homes.9Engrandecinme e superei a todos os que foron antes ca min en Xerusalém; a máis disto conservei comigo a sabedoría. 10E de todo canto os meus ollos desexaban, nada lles neguei, nin privei o meu corazón de ningún pracer, porque o meu corazón se gozaba de todo o meu traballo, e esta foi a recompensa de todo o meu labor.11Logo considerei todas as obras que as miñas mans fixeran e o traballo que levei para facelas, e velaí todo era vaidade e correr tras do vento, e sen proveito debaixo do sol. 12Eu volvín, pois, considerar a sabedoría, a loucura e a insensatez, porque que poderá engadir quen veña despois do rei senón o que xa foi feito?13E eu vin que a sabedoría avantaxa a insensatez, como a luz ás tebras. 14O sabio ten ollos na cabeza, mais o necio anda en tebras. Pero eu sei tamén que os dous teñen a mesma sorte.15Entón dixen no meu corazón: Como a sorte do necio, a miña ha de ser. Para que, pois, me aproveita ter sido tan sabio? E dixen para min: Tamén iso é vaidade. 16Porque non haberá memoria que dure do necio nin do sabio, pois todo será esquecido nos vindeiros tempos. Así como morre o necio, morre o sabio.17E aborrecín a vida, porque a obra que se fai debaixo do sol me era penosa, pois todo é vaidade e correr tras do vento. 18Así mesmo aborrecín todo o froito do meu traballo que fixera debaixo do sol, e que terei que deixar a alguén que veña despois de min.19E quen sabe se será sabio ou necio? Porén el terá dominio sobre todo o froito do meu traballo no que me ocupei obrando con sabedoría debaixo do sol. 20Por tanto, perdín moito a esperanza polo froito do meu traballo, polo que me afanara debaixo do sol.21Cando hai un home que traballou con sabedoría, con coñecemento e con destreza e ten que deixar a súa facenda ao que non traballou nela, isto tamén é vaidade e un grande mal! 22Pois que recibe o home de todo o seu traballo e do esforzo do seu corazón con que se afana debaixo do sol? 23Porque durante todos os seus días, a súa tarefa é dolorosa e penosa; e nin pola noite descansa o seu corazón, tamén isto é vaidade24Nada hai mellor para alguén que coma e beba e que a súa alma vexa o bo que é o seu traballo. Isto tamén vin que é da man de Deus. 25Porque quen comerá e se alegrará sen El?26Porque aquel que agrada a Deus, El deulle sabedoría, coñecemento e gozo; mais ao pecador deulle a tarefa de recoller e amontoar para darllo ao que agrada a Deus. Isto tamén é vaidade e correr tras do vento.
1Hai un tempo sinalado para todo, e hai un tempo parra cada delelite debaixo do ceo: 2tempo de nacer, e tempo de morrer; tempo de plantar e tempo de arrincar o plantado; 3tempo de matar e tempo de curar; tempo de derrubar e tempo de edificar;4tempo de chorar e tempo de rir; tempo de laiarse e tempo de danzar; 5tempo de espallar pedras e tempo de recoller pedras; tempo de abrazar e tempo de absterse de abrazar;6tempo de buscar e tempo de dar por perdido; tempo de gardar e tempo de desbotar; 7tempo de rachar e tempo de coser; tempo de calar e tempo de falar;8tempo de amar e tempo de odiar; tempo de guerra e tempo de paz. 9Que vantaxe ten o traballador naquilo en que se afana? 10Vin a tarefa que Deus deu aos fillos dos homes para que se ocupen nela.11El fixo todo fermoso no seu tempo. Tamén puxo a eternidade nos seus corazóns, porén o ser humano non entende a obra que Deus fixo dende o principio ata o fin.12Sei que non hai nada mellor para eles que alegrarse e desfrutar na súa vida; 13ademais que todo home que coma e beba e vexa o ben no seu traballo, iso é un don de Deus14Sei que todo o que Deus fai será eterno, non hai nada que lle engadir e non hai nada que lle tirar; Deus obrou así para que os homes teman diante del. 15O que é xa foi e o que ha de ser, foi xa, e Deus busca o que aconteceu.16Aínda vin máis debaixo do sol: que no lugar do dereito está a impiedade, e no lugar da xustiza está a iniquidade. 17Eu dixen no meu corazón: Deus xulgará tanto ao xusto coma ao impío, porque hai un tempo para cada cousa e para cada obra.18Dixen ademais no meu corazón en canto aos fillos dos homes: De certo que Deus os probou para que vexan que só son semellantes aos animais.19Porque a mesma sorte é a dos fillos dos homes ca dos animais: como morre un, así morre o outro. 20Todos teñen un mesmo hálito de vida; o home non ten vantaxe sobre os animais, pois todo é vaidade. Todos van ao mesmo lugar. Todos saíron do po e todos volven ao po.21Quen sabe que o hálitode vida do home ascende cara arriba, e o bafo de vida do animal decende para baixo, á terra? 22E vin que non hai nada mellor para o ser humano que se gozar nas súas obras, porque esa é a súa sorte. Porque, quen lle fará ver o que acontecerá despois del?
1Entón eu volvinme e observei todas as opresións que se fan debaixo do sol; e velaí vin as bágoas dos oprimidos, sen ter quen os consolar; na man dos seus opresores estaba o poder, e para eles non había consolador.2E dei parabéns aos mortos, aos que xa morreron, máis ca aos vivos. os que aínda viven. 3Pero mellor que os dous, está o que nunca existiu, que nunca ollou as malas obras que se fan debaixo do sol.4E vin que todo o traballo, e toda destreza en obras que fai, esperta a envexa do home contra o seu próximo. Tamén isto é vaidade e correr tras do vento.5O necio crúzase de brazos e devora a súa propia carne. 6Mellor é unha man chea de descanso que dúas cheas con traballo e correr tras do vento.7Entón eu volvín e ollei a vaidade debaixo do sol: 8Había un home só, sen herdeiros, que non tiña fillo nin irmán, porén non había fin a todo o seu traballo. De certo, os seus ollos non se fartaban de riquezas, e nunca dixo para si: Para quen traballo eu e tiro o pracer da miña vida? Tamén isto é vaidade e traballo ruín.9Máis valen dous ca un só pois teñen mellor paga do seu traballo. 10Porque se un cae érgueo o compañeiro; pero ai do que cae cando non haxa quen o erga! 11Ademais, se dous se deitan xuntos manteñen o calor, pero un só, como ha de quentarse?12E se alguén pode prevalecer contra o que está só, dous han resisitilo; e cordón de tres fíos non racha de présa.13Mellor é o mozo pobre e sabio, ca o rei vello e insensato, que xa non sabe recibir consellos. 14Porque saíu da prisión para reinar aínda que naceu pobre no seu reino.15Vin a todos os que viven debaixo do sol, apurarse a ir xunto do mozo sucesor que foca no seu lugar. 16Non tiña fin a multitude de todos os que o seguían, e nin os que despois virán estarán contentos con el; pois tamén isto é vaidade e correr tras do vento.
1Garda os teus pasos cando vas á casa de Deus, e achégate a ouvir en lugar de ofrecer o sacrificio dos necios, porque estes non saben que fan o mal.2Non teñas présa por falar, nin o teu corazón se apresure en pronunciar palabra diante de Deus. Porque Deus está no ceo e ti na terra; por tanto, sexan poucas as túas palabras. 3Porque do moito traballo veñen os soños, e a voz do insensato das moitas palabras.4Cando fas un voto a Deus, non tardes en cumprilo, porque el non se goza cos insensatos. Cumpre o que prometes. 5É mellor que non fagas promesas, a que as fagas e non as cumpras.6Non permitas que a túa boca che faga pecar, e non digas diante do enviado de Deus que foi un erro. Por que ten que enfadarse Deus por causa do que dis e destruír a obra das túas mans? 7Porque na abundancia de soños e nas moitas palabras hai vaidades; porén ti, teme a Deus.8Se ves a opresión do pobre e a privación de dereitos e da xustiza na provincia, non te sorprendas diso; porque sobre o alto vixía outro máis alto, e outro máis alto está sobre eles. 9Ademais, o proveito da terra é para todos; até o rei se serve dos campos.10O que codicia o diñeiro non se fartará de diñeiro, e o que ama a abundancia non se fartará da renda: Tamén isto é vaidade. 11Cando medra a facenda, medran os que dela viven: Así, pois, cal é a vantaxe para os seus donos, ademais de ollala?12O sono do traballador é doce, coma moito ou coma pouco; pero a fartura do rico non o deixa durmir.13Hai un grande mal que vin debaixo do sol: As riquezas gardadas polo seu dono para o seu mal; 14cando esas riquezas se perden por un mal negocio, e ao nacerlle un fillo, non se queda nada para mantelo.15Como saíu do ventre da nai espido, así volverá, índose como veu; nada ten do seu traballo que poida levar na súa man. 16E isto tamén é un grande mal: Que terá que ir así como veu. Por tanto, que proveito ten o que traballa perseguindo o vento? 17Ademais todos os días da súa vida come en tebras, con m oita aflición, doenza e enfado18Velaí o que vin que é bo e digno: Comer, beber e gozarse do ben de todo o seu traballo que fai debaixo do sol nos escasos días de vida que Deus lle deu; porque esta é a súa recompensa.19Así a toda persoa que Deus lle dá riquezas e bens, lle da a facultade para que coma delas e recibir a súa recompensa e gozarse no seu traballo: isto é don de Deus. 20Porque non se lembrará moito nos días da súa vida, pois Deus o mantén ocupado ao encher de alegría o seu corazón.
1Hai un mal que vin debaixo do sol moi común entre as persoas: 2A quen Deus lle deu riquezas, facenda e honra, e nada lle falta do que a súa alma desexa, pero Deus non lle deu a facultade de desfrutar delas, porque un estraño llo come. Isto é vaidade e penosa aflición.3Se un home ten cen fillos, e vive moitos anos, por moitos anos que sexan, tantos que non tivese nin sepultura, se a súa alma non se saciou de cousas boas, digo que un aborto é mellor que el, 4porque en balde, a ás tebras vai, e o seu nome é cuberto polas tebras.5Ademais nunca viu o sol e nada sabe, máis descanso ten este que aquel. 6E mesmo se un vivise dous milleiros de anos, pero non desfruta das cousas boas, non marchan todos ao mesmo lugar?7O home con todo o seu traballo satisface a fame, con todo a súa alma non se enche. 8Pois que vantaxe ten o sabio sobre o necio? E que vantaxe ten o pobre ao que soubo camiñar entre os vivos?9Mellor é o que ven os ollos do que a alma desexa. Tamén isto é vaidade e aflición de espírito. 10Todo o que existe hai moito que se lle deu nome, e sábese que o ser humano non se pode enfrentar a Aquel eu é máis poderoso que el. 11Cando aumentan as palabras aumenta a vaidade e iso ao ser humano non lle vale para nada. 12Porque, quen sabe o que lle convén ao ser humano na vida, nos poucos días que vive na vaidade e que pasan como unha sombra? E quen ensinará ao ser humano o que acontecerá despois del debaixo do sol?
1Mellor é a boa fama que o mellor perfume e o día da morte que o día do nacemento. 2Mellor é ir á casa de loito que a unha casa en festa, porque alí vese o fin de todos os seres humanos e o que vive meditará no seu corazón.3Mellor é a tristeza có riso, porque coa tristreza eméndase o corazón. 4O corazón dos sabios está na casa de loito, mais o corazón dos necios está na casa onde hai festa.5Mellor é ouvir a reprensión do sabio que a cantiga dos necios. 6Porque o riso do necio é como o crepitar dos espiños debaixo da pota. E iso tamén é vaidade. 7Con certeza a opresión perturba a quen é sabio e o suborno corrompe o corazón.8Mellor é o fin das cousas que o seu principio; mellor é ser paciente de espírito que altivo de espírito. 9Non teñas présa no teu espírito por anoxarte; porque a ira aniña no seo dos necios.10Nunca digas: Por que os tempos pasados foron mellores que os presentes? Porque non é de sabios preguntar isto.11Tan boa é a sabedoría como unha herdanza, e dela se aproveitan os que ven o sol. 12Porque a sabedoría serve de protección, como de protección serve o diñeiro, coa vantaxe de que a sabedoría dá vida aos seus posuidores.13Mira a obra de Deus, porque quen poderá enderezar o que El torceu?14Alégrate no día bo, e no día malo, medita: Deus fixo tanto o un como o outro para que o home non descubra nada que aconteza despois del.15Todo isto vin nos días da miña vaidade: Hai xusto que perece na súa xustiza, e hai impío que alonga os seus días na súa maldade. 16Non sexas demasiado xusto, nin sexas sabio en exceso, por que te destruirás a ti mesmo?17Non sexas demasiado impío, nin sexas necio, por que has morrer antes de tempo? 18É bo que reteñas isto, sen soltar o outro da man, porque o que teme a Deus sairá ben de todo.19A sabedoría fai máis forte ao sabio que dez gobernantes que haxa nunha cidade. 20En verdade non hai persoa xusta na terra que faga o ben e nunca peque.21Tampouco tomes en serio todas as palabras que se falan para que non ouvas ao teu servo maldicirte. 22Porque ti tamén te decatas que moitas veces tes maldicido a outros do mesmo modo.23Todo isto probei con sabedoría e dixen: Serei sabio; pero a sabedoría afastouse de min. 24O que existe está lonxe e o que é moi profundo, quen o atopará? 25Dirixín o meu corazón a coñecer, a investigar e a buscar a sabedoría e a razón e a recoñecer a maldade da loucura e a necedade sen ningún sentido.26E achei máis amarga cá morte á muller cuxo corazón son lazos e redes e as súas mans son cadeas. O que agrada a Deus escapará dela, pero o pecador será apresado por ela.27Olla, di o predicador, descubrín isto, xuntando unha cousa a outra para achar a razón, 28que a miña alma está aínda a buscala, pero non a atopou. Achei un home entre mil, pero muller entre todas estas non atopei.29Olla, só isto achei: Que Deus fixo rectas as persoas, pero elas procuraron moitas perversións.
1Quen é como o sabio? E algún outro sabe a explicación das cousas? A sabedoría do home ilumina a súa faciana, e fai que mude a dureza do seu rostro.2Eu digo: Garda o mandato do rei por causa do xuramento diante de Deus. 3Non teñas présa por marchar da súa presenza, nin persistas en cousa mala, porque El fará o que queira. 4Xa que a palabra do rei é soberana, quen lle dirá: Ti que fas?5O que garda o mandato real non experimentará ningún mal; o corazón do sabio coñece o tempo e o modo. 6Porque para cada asunto hai un tempo e un modo, aínda que a aflición do home é moita sobre el. 7Se ninguén sabe o que acontecerá, quen lle anunciará como a de acontecer?8Non hai home que teña poder para refrear o vento co vento, nin poder sobre o día da morte, e non valen armas para tal guerra, e a maldade tampouco pode librar o malvado. 9Todo isto vin e puxen o meu corazón en toda obra que se fai debaixo do sol, cando o home domina a outro home para a súa desgraza.10E tamén vin os impíos ser sepultados, aqueles que entraban e saían do lugar santo, e que pronto foron esquecidos na cidade na que actuaran así. Tamén isto é vaidade. 11Pero como a sentenza contra unha mala obra non se executa decontado, por iso o corazón dos fillos dos homes está totalmente entregado neles a facer o mal.12Aínda que o pecador faga cen veces o mal e alongue a súa vida, estou certo de que lles irá ben aos que temen a Deus, aos que temen a súa presenza. 13Porén non lle irá ben ao impío, nin alongará os seus días como unha sombra, porque non teme ante a presenza de Deus.14Hai unha vaidade que se fai sobre a terra: Hai xustos a quen lles acontece segundo as obras dos impíos, e hai impíos que lles acontece segundo as obras dos xustos. Digo que tamén isto é vaidade. 15Por tanto, louvei o pracer, porque nada bo hai para o home debaixo do sol senón comer, beber e alegrarse, e isto o acompañará nos seus traballos, nos días da súa vida que Deus lle teña dado debaixo do sol.16Cando apliquei o meu corazón para coñecer a sabedoría e mirar o traballo que fora feito na terra (aínda que non durmise nin polo día nin pola noite), 17e contemplei toda a obra de Deus, concluín que o home non pode descubrir a obra que se fixo debaixo do sol. Por moito que alguén traballe para buscala, non a descubrirá; e aínda que o sabio diga que a coñece, non pode descubrila.
1Así tomei estas cousas no meu corazón e declaro todo isto: Que os xustos e os sabios e os seus feitos están na man de Deus. As persoas non saben nin de amor nin de odio; todo está diante delas.2A todos acontece o mesmo: Hai unha mesma sorte para o xusto e para o impío; para o bo, para o limpo e para o inmundo; para quen ofrece sacrificio e para quen non sacrifica. Así o bo, así o pecador; así o que xura, así o que teme xurar.3Este mal hai en todo o que se fai debaixo do sol: Que hai unha mesma sorte para todos. Ademais, o corazón dos fillos dos homes está cheo de maldade e hai loucura no seu corazón toda a súa vida: marchan despois aos mortos.4Para calquera que estea unido aos vivos, hai esperanza; de certo un can vivo é mellor ca un león morto. 5Porque os que viven saben que han morrer, pero os mortos nada saben, nin teñen xa ningunha recompensa porque a súa memoria está esquecida.6En verdade xa pereceron o seu amor, o seu odio e o seu celo, e nunca máis terán parte en todo o que se fai debaixo do sol. 7Vaite, come o teu pan con gozo, e bebe o teu viño con corazón ledo, porque Deus xa aprobou as túas obras. 8En todo tempo sexan brancas as túas roupas, e que non falte óleo sobre a túa cabeza.9Goza da vida coa muller que amas todos os días da túa vida de vaidade que se che deu debaixo do sol, todos os días da túa vaidade, porque esta é a túa parte na vida e no traballo do que te afanas debaixo do sol. 10Todo o que che estea a man para facer, faino segundo as túas forzas; porque no Seol, onde vas, non hai actividade nin propósito nin coñecemento nin sabedoría.11Vin ademais que debaixo do sol, a carreira non é dos lixeiros, nin dos valentes a batalla; e que tampouco é dos sabios o pan, nin dos entendidos as riquezas, nin dos intelixentes o favor, senón que o tempo e a sorte lles chega a todos. 12Porque o home tampouco coñece o seu tempo: Coma peixes atrapados na rede de engano, e coma paxaros apresados no lazo, así son atrapados os fillos dos homes no tempo ruín, cando o de súpeto cae sobre eles.13Tamén cheguei a ver algo que me pareceu de gran sabedoría: 14Había unha cidade pequena con poucos homes nela. Foi a ela un grande rei, e cercouna e construíu contra ela grandes tranqueiras; 15pero nela estaba un home pobre e sabio; e el coa súa sabedoría librou a cidade; porén, ninguén se lembrou daquel pobre home.16Dixen para min: Mellor é a sabedoría cá forza; pero a sabedoría do pobre desprézase e as súas palabras non son escoitadas.17As palabras do sabio ditas en silencio, son mellores que os berros do gobernante entre os necios. 18Mellor é a sabedoría que as armas de guerra, pero un que faga algo mal, destrúe moito ben.
1As moscas mortas fan feder o óleo do perfumista; un pouco de insensatez pesa máis que a sabedoría e o honor. 2O corazón do sabio guíao cara a dereita, e o corazón do necio, cara a esquerda. 3E ata cando o necio anda polo camiño, fáltalle entendememto e di a todos que é un necio.4Se o espírito do gobernador é contra ti, non deixes o teu posto, porque a serenidade suaviza grandes ofensas.5Hai un mal que vin debaixo do sol, como un erro que procede do gobernante: 6A necedade colocada en lugares altos, mentres os potentados sentan en lugares humildes. 7Vin servos a cabalo e príncipes camiñando coma servos sobre a terra.8O que cava o burato cae nel, e o que racha o muro, unha serpe ha mordelo. 9O que saca pedras máncase con elas, e o que racha leña, niso ten perigo.10Se o ferro está embotado e non se afiou o corte, entón hai que facer máis forza; o que ten proveito é empregar a sabedoría. 11Se a serpe morde antes de ser encantada, de nada serve o encantador.12Da boca do sabio saen as palabras cheas de graza, porén os labios do necio lle causan a súa propia ruína.13O comezo das palabras da súa boca é insensatez e o final da fala loucra perversa. 14O necio multiplica as palabras, pero ninguén sabe o que acontecerá, e quen lle fará saber o que ha acontecer despois del?15O traballo do necio agótao tanto que xa non sabe o camiño á cidade.16Ai de ti , terra cando o teu rei é mozo, e os teus príncipes fan festa de mañá! 17Feliz es ti, terra, cando o teu rei é fillo dos nobres e os príncipes comen a tempo para fortalecerse e non para embebedar.18Por deixadez fúndese o teito, e por preguiza a casa ten goteiras. 19A comida prepárase por pracer, e o viño alegra a vida e o diñeiro é a resposta para todo.20Nin no teu pensamento digas mal contra do rei, nin na túa recámara maldigas ao rico, porque unha ave dos ceos levará o rumor, e un ser con ás revelará o asunto.
1Bota o teu pan sobre as augas, porque despois de moitos días atoparalo. 2Reparte a túa porción con sete, e aínda con oito, porque non sabes que mal che pode vir sobre a terra. 3Se as nubes están cheas, deitan chuvia sobre a terra; e se a árbore cae ai sur ou ao norte, onde cae a árbore, alí fica.4O que mira para o vento non sementa, e o que olla para as nubes non sega. 5Como descoñeces o camiño do vento, ou como se forman os ósos no ventre da muller empreñada, tampouco coñeces a obra de Deus que fai todas as cousas.6De mañá, sementa a túa semente, e pola tardiña non deas repouso á túa man, porque non sabes se isto ou aquilo prosperará, ou se ambas cousas serán igualmente boas. 7A luz é agradable, e bo para os ollos ver o sol. 8De certo, se un home vive moitos anos, que en todos se alegre, pero que lembre que os días das tebras han ser moitos. Todo o que aconteza é vaidade.9Alégrate, mozo, na túa mocidade, e alégrese o teu corazón nos días da túa mocidade. Segue os camiños do teu corazón e o gustar dos teus ollos; porén, sabe que por todas estas cousas te traerá Deus a xuízo. 10Por tanto, afasta do teu corazón a fatiga e alinxa o mal do teu corpo, porque a mocidade e a adolescencia son vaidade.
1Lémbrate, pois, do teu Creador nos días da túa mocidade, 2antes que veñan os días ruíns, e se acheguen os anos nos que digas: Non teño pracer neles; antes que se escurezan o sol e a luz, a lúa e as estrelas, e tras da chuvia as nubes volvan.3O día cando os gardas da casa tremen, e os fortes perdan o vigor, as que moen estean preguizosas porque son moitas, e se oscurezan os que ollas polas xanelas.4Cando se pechen as portas da rúa polo baixo son da moedura, e se erga ao caqnto da ave, e todas as fillas do canto sexan abatidas.5Cando tamén teman á altura e aos espantos no camiño, e floreza a amendoeira, se arrastre a lagosta e perda o apetito, porque o home vai á súa morada eterna, mentres os do loito andan pola rúa.6Lémbrate del antes de que rache o fío de prata, se despedace a cunca de ouro, rompa o cántaro xunto á fonte, e se desfaga a roda xunto ao pozo; 7entón volverá a po á terra como o que era, e o espírito volverá a Deus que o deu.8Vaidade de vaidades di o predicador, todo é vaidade. 9O predicador, ademais de ser sabio, ensinou tamén sabedoría ao pobo; e examinou, investigou e compuxo moitos proverbios.10O predicador procurou palabras agradables, e de escribir correctamente palabras de verdade. 11As palabras dos sabios son como aguillóns, e como cravos ben cravados as dos mestres, dadas por un Pastor.12Pero ademais disto, meu fillo, ten conta: facer moitos libros non ten fin, e o dedicarse moito ao estudo trae fatiga ao corpo.13A conclusión, despois de escoitar todo, e esta: Teme a Deus e garda os seus mandamentos, porque isto é o todo para toda persoa. 14Porque Deus traerá toda obra a xuízo, ademais de todo o oculto, sexa bo ou sexa malo.
1As palabras de Xeremías, fillo de Hilcías, un dos sacerdotes que vivían en Anatot, na terra de Benxamín, 2a quen veu a palabra de Iahveh nos días de Iosías, fillo de Amón, rei de Xudá, no ano décimo terceiro do seu reinado. 3Tamén lle veu a palabra nos días de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, ata o fin do ano once de Sedequías, fillo de Iosías, rei de Xudá, ata o desterro de Xerusalém no quinto mes.4Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 5Antes de que te formara no seo da túa nai, Eu coñecinte, e antes de que naceras, consagreite, púxente por profeta ás nacións. 6Entón dixen: -Ai, Iahveh Deus! Velaí, non sei falar, porque son novo.7Pero Iahveh díxome: -Non digas: son novo, porque onde sexa que te mande, irás, e todo o que che mande, dirás. 8Non teñas temor diante deles, porque Eu estou contigo para te librar, di Iahveh.9Entón estendeu Iahveh a súa man e tocou a miña boca. E Iahveh díxome: -Velaquí, puxen as miñas palabras na túa boca. 10Mira, neste día póñote sobre as nacións e sobre os reinos, para arrincar e para desolar, para destruír e para derrubar, para edificar e para plantar.11Veu entón a palabra de Iahveh, dicindo: -Que ves ti, Xeremías? E eu dixen: -Vexo unha vara de amendoeira. 12E díxome Iahveh: -Ben viches, porque Eu vixío sobre a miña palabra para cumprila.13Por segunda vez veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: -Que ves ti? E respondín: -Vexo un pote fervendo que se envorca dende o norte. 14E díxome Iahveh: "Do norte rebentará o mal sobre todos os habitantes desta terra.15Porque velaí que chamo a tódalas familias dos reinos do norte - di Iahveh - e virán e porán cadanseu seu trono na entrada das portas de Xerusalém, en fronte de tódolos seus muros arredor e en fronte de tódalas cidades de Xudá. 16E Eu pronunciarei os meus xuízos contra eles por toda a súa maldade, porque me abandonaron, ofreceron sacrificios a outros deuses e adoraron a obra das súas mans.17Ti, pois, cingue os teus lombos, érguete e dilles todo o que Eu che mando. Non temas diante deles, non sexa que Eu te faga tremer diante deles. 18Velaí, Eu púxente hoxe coma cidade fortificada, coma columna de ferro e coma muro de bronce contra toda esta terra: contra os reis de Xudá, os seus príncipes, os seus sacerdotes e o pobo da terra. 19Pelexarán contra ti, pero non te vencerán, porque Eu estou contigo -di Iahveh - para te librar.
1E veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Vai e clama aos ouvidos de Xerusalém, dicindo: -Así di Iahveh: Lémbrome de ti e da tenrura da túa mocidade, o amor do teu desposorio, de cando me seguías no deserto, por terra non sementada. 3Santo era Israel para Iahveh, primicias da súa colleita; todos os que comían dela pagábano, e o mal viña sobre eles -di Iahveh-.4Escoitade a palabra de Iahveh, casa de Xacob, e tódalas familias da casa de Israel. 5Así di Iahveh: -Que inxustiza atoparon en min os vosos pais, para se afastaren de min? Fóronse tras da vaidade e se ficaron baleiros. 6En lugar de se preguntar: "Onde está Iahveh, que nos fixo subir da terra de Exipto, que nos levou polo deserto, por unha terra deserta e despoboada, terra seca e escura, unha terra pola que ninguén pasou e onde ningunha persoa habitou?7Eu levéivos a unha terra fértil, para que comésedes do seu froito e das súas delicias; pero viñestes e contaminastes a miña terra, e convertestes a miña herdanza en abominación. 8Os sacerdotes non preguntaban: "Onde está Iahveh?" Os que se ocupaban da lei non me coñecían, os pastores rebelábanse contra min, e os profetas profetizaban no nome de Baal, e andaban tras cousas que non aproveitan.9Polo tanto, aínda hei de contender convosco - di Iahveh - e cos fillos dos vosos fillos contenderei. 10Pasade, pois, ás costas de Quitim e ollade, mandade xente a Cedar e observade atentamente, e vede se houbo cousa semellante: 11Mudou algunha nación os seus deuses? (aínda que eses non son deuses) Pois o meu pobo mudou a miña gloria polo que non aproveita.12Espantádevos, ceos, por isto, e tremede, quedade en extremo desolados - di Iahveh -. 13Porque dous males fixo o meu pobo: abandonáronme a min, fonte de augas vivas, e cavaron para si cisternas, cisternas escachadas que non reteñen a auga.14É un escravo Israel ou un servo nacido na casa? Por que se converteu en presa? 15Contra el ruxiron os leóns, ruxiron forte, e fixeron da súa terra unha desolación; as súas cidades están queimadas, sen habitantes. 16Mesmo os homes de Menfis e de Tafnes raparon a túa cabeza. 17Non che aconteceu isto por ter abandonado a Iahveh o teu Deus, cando El te guiaba polo camiño?18E agora, que fas camiño a Exipto para beber as augas do Nilo? Ou que fas rumbo a Asiria para beber as augas do Éufrates? 19Castigarate a túa propia maldade! E as túas apostasías condenarante! Recoñece, pois, e mira que é malo e amargo deixar a Iahveh o teu Deus, e non ter temor de min, di Iahveh, Deus dos exércitos.20Porque hai tempo que rompín o teu xugo e arrinquei as túas ataduras; pero ti dixeches: non quero servir! Porque sobre todo outeiro alto e debaixo de toda árbore frondosa botábaste coma prostituta. 21Pero Eu planteite como vide escollida, toda ela de cepas xenuínas. Como, pois, te volviches diante de min bacelo dexenerado de vide allea? 22Aínda que te laves con lixivia e empregues moito xabón, a mancha da túa iniquidade aínda está diante de min, di Iahveh Deus.23Como podes dicir: non estou manchada, non fun detrás dos baales? Mira o teu proceder no val, recoñece o que fixeches. Es unha dromedaria desbocada e lixeira que enredou os seus pasos, 24asna montesa afeita ao deserto! que no seu ardor ule o vento, quen poderá reprimir o seu celo? Todos os que a busquen, non se han fatigar, atoparana sempre disposta. 25Garda os teus pés de andar descalzos e a túa gorxa da sede. Mais dixeches: non hai remedio, non! Amo os estranxeiros, e detrás deles andarei!26Como se avergoña o ladrón cando é descuberto, así será avergoñada a casa de Israel: os seus reis, os seus príncipes, os seus sacerdotes e os seus profetas; 27os que din á madeira: "ti es o meu pai," e á pedra: "ti enxendráchesme." Porque eles volvéronme as costas, e non a cara; pero no tempo da súa calamidade dirán: érguete e sálvanos! 28Mais onde están os teus deuses, os que fixeches para ti? Que se levanten, a ver se poden salvarte no tempo da túa calamidade! Porque segundo o número das túas cidades son os teus deuses, Oi Xudá.29Por que contendedes comigo? Todos vós vos rebelastes contra min, di Iahveh. 30En balde ferín os vosos fillos, eles non aceptaron a corrección. A vosa espada devorou os vosos profetas coma un león destrutor. 31Oi xeración, atendede á palabra de Iahveh! Fun eu un deserto para Israel? Ou unha terra de tebras? Por que di o meu pobo: somos libres, non volveremos máis a ti?32Esquécese unha virxe dos seus enfeites, ou unha noiva do seu atavío? Pois o meu pobo esqueceume por innumerables días. 33Que ben preparas o teu camiño para buscar o amor! Por iso aínda ás malvadas ensinaches os teus camiños. 34Tamén nas túas sandalias atopouse sangue da vida de pobres inocentes; non os atopaches forzando a entrada. Pero a pesar de todo isto,35aínda dis: son inocente, certamente a súa ira afastouse de min. Velaquí, entrarei en xuízo contigo porque dis: non pequei. 36Por que dás tantas voltas mudando o teu camiño? Tamén por Exipto serás avergoñada como fuches avergoñada pola Asiria. 37Tamén de alí sairás coas mans na cabeza; porque Iahveh rexeitou a aqueles en quen confías, e non prosperarás con eles.
1Deus di: "Se un home se divorcia da súa muller, e ela vaise do seu lado e chega a ser doutro home; volverá el a ela? Non quedará esa terra totalmente profanada? Pois ti es unha prostituta con moitos amantes; volveras a min? di Iahveh. 2Levanta os teus ollos ás alturas e mira: onde non te prostituíches? Sentábaste xunto aos camiños para eles coma o beduíno no deserto, profanando a terra coa túa prostitución e a túa maldade.3Por iso foron detidas as chuvias, e non houbo chuvia de mañá; pero ti prostituta descarada, negácheste a ser avergoñada. 4Agora mesmo disme: Ti es meu pai, o amigo da miña mocidade, pensando: 5non gardará rancor para sempre, nin estará indignado ata o fin; mais segues a facer todas as maldades que podes.6Díxome Iahveh nos días do rei Iosías: -Ves o que fixo a infiel Israel? Ela andaba sobre todo monte alto e debaixo de toda árbore frondosa, e alí fornicaba. 7E dixen para min: despois de que ela faga todas estas cousas, volverá a min; pero non volveu! E viuno a súa perversa irmá Xudá.8Viu que por mor de todos os adulterios da infiel Israel, eu despedíraa, dándolle carta de divorcio; con todo, a súa perversa irmá Xudá non tivo temor, senón que ela tamén foi e fíxose prostituta. 9E sucedeu que por mor de que a súa fornicación éralle liviá, prostituíuse coa pedra e a madeira, e profanou a terra. 10A pesar de todo isto, a súa irmá perversa Xudá tampouco se volveu a min de todo corazón, senón dun xeito finxido, di Iahveh.11E Iahveh díxome: -A infiel Israel amosouse máis xusta que a perversa Xudá. 12Vai e proclama estas palabras ao norte, e di: "Volve, infiel Israel! - di Iahveh - non te mirarei con ira, porque son misericordioso - di Iahveh - non gardarei rancor para sempre.13Só recoñece a túa iniquidade, pois contra Iahveh o teu Deus te rebelaches, e repartiches os teus favores aos estranxeiros debaixo de toda árbore frondosa, e non obedeciches a miña voz, di Iahveh. 14-Volvede, fillos infieis - di Iahveh - porque Eu son o voso dono, e tomareivos, un de cada cidade e dous de cada familia, e levareivos a Sión. 15Entón dareivos pastores segundo o meu corazón, que vos apacenten con coñecemento e con intelixencia.16E acontecerá que naqueles días, cando vos multipliquedes e medredes na terra - di Iahveh - non se falará máis da arca do pacto de Iahveh; nin se lles virá máis á mente, nin se lembrarán dela, nin a visitarán, ni se fará outra.17Naquel tempo chamarán a Xerusalém: "trono de Iahveh"; e tódalas nacións acudirán a ela, a Xerusalém, por mor do nome de Iahveh; e non andarán máis tras da dureza do seu malvado corazón. 18Naqueles días andará a casa de Xudá coa casa de Israel, e virán xuntas dende a terra do norte á terra que dei en herdanza aos vosos pais.19Pero dícía Eu para min: como poderei poñerte entre os meus fillos, e darche unha terra desexable, a máis fermosa herdanza das nacións? Entón dixen para min: -Hasme chamar “Meu Pai” e non te afastarás de min. 20Mais coma unha muller que traizoa o seu amado, do mesmo xeito fostes infieis comigo, casa de Israel - di Iahveh.21Escoitade! Sobre os altos montes síntese o pranto das súplicas dos fillos de Israel; porque perverteron o seu camiño, esquecéndose de Iahveh o seu Deus. 22Volvede, fillos infieis! Eu sandarei a vosa infidelidade! Aquí estamos! Viñemos a ti, porque ti, Iahveh, es o noso Deus.23En verdade, para engano foron os outeiros, e o balbordo dos montes; de certo en Iahveh o noso Deus está a salvación de Israel. 24Aquilo que era avergoñante consumeu o traballo dos nosos pais dende a nosa mocidade: as súas ovellas e as súas vacas, os seus fillos e as súas fillas. 25Deitémonos na nosa vergoña, e que nos cubra a nosa humillación; porque pecamos contra Iahveh o noso Deus, nós e os nosos pais dende a nosa mocidade ata hoxe, e non temos obedecido a voz de Iahveh o noso Deus.
1Cando penses volver, Oi Israel - di Iahveh - vólvete a min. Se quitas da miña presenza os teus abominables ídolos, xa non irás dun lugar para outro, 2entón xurarás: vive Iahveh, en verdade, en xuízo e en xustiza, e as nacións alegraranse nel, e nel hanse gloriar. 3Porque así di Iahveh aos homes de Xudá e de Xerusalém: -Rompede o barbeito, e non sementedes entre espiños.4Circuncidádevos diante de Iahveh, e quitade os prepucios dos vosos corazóns, homes de Xudá e habitantes de Xerusalém, non sexa que o meu furor saia coma lume e arda e non haxa quen o apague, por mor da maldade das vosas obras. 5Anunciádeo en Xudá e proclamádeo en Xerusalém, e dicide: tocade o shofar na terra! Clamade con tódalas forzas, e dicide: reunídevos e entremos nas cidades fortalecidas! 6Erguede a bandeira cara Sión; buscade refuxio, non vos deteñades; porque Eu traio do norte a calamidade, unha gran destrución.7Saíu o león da espesura, e o destrutor das nacións púxose en camiño; saíu do seu lugar para converter a túa terra en desolación. As túas cidades quedarán en ruínas, sen habitantes. 8Por iso, vestídevos de cilicio, laiádevos e xemede; porque a ira ardente de Iahveh non se afastou de nós.9E acontecerá naquel día - di Iahveh - que desfalecerá o corazón do rei e o corazón dos príncipes; quedarán atónitos os sacerdotes e os profetas estarán consternados. 10Entón dixen: -Ai, Señor Deus! Certamente enganaches moito a este pobo e a Xerusalém, dicindo: teredes paz, cando temos a espada ao pescozo.11Naquel tempo dirase a este pobo e a Xerusalém: un vento abrasador chega das alturas desoladas do deserto, en dirección á filla do meu pobo, non para aventar, nin para limpar, 12E un vento aínda máis forte virá ao meu mandato, e Eu mesmo pronunciarei xuízos contra eles.13Velaí que sobe coma as nubes, e coma unha tormenta os seus carros; os seus cabalos son máis lixeiros que as aguias. Ai de nós, porque estamos perdidos! 14Oi Xerusalem! Lava de maldade o teu corazón para que sexas salva. Ata cando vivirán dentro de ti pensamentos perversos? 15Porque unha voz anuncia dende Dan, e proclama o mal dende os montes de Efraín.16Avisádeo ás nacións: ollade, anunciade a Xerusalém: os sitiadores veñen de terra lonxe e levantan as súas voces contra as cidades de Xudá. 17Coma gardas de campo están apostados contra ela por todos lados, porque se rebelou contra min, di Iahveh. 18O teu comportamento e as túas accións trouxéronche estas cousas. Este é o froito da túa maldade. Que amargura! Como penetrou ata o teu corazón!19A miña alma, a miña alma! Estanme a doer as fibras do meu corazón. Non pode estarse quedo, porque escoitaches miña alma, o son do shofar e o clamor da guerra. 20Anúnciase desastre sobre desastre, porque é arrasada toda a terra; de súpeto son arrasadas as miñas tendas, nun instante as miñas cortinas.21Canto máis hei ver a bandeira e escoitar o son do shofar? 22Porque o meu pobo é necio, non me coñece; son fillos torpes, non son intelixentes. Son astutos para facer o mal, pero non saben facer o ben.23Mirei á terra e velaí que estaba desordenada e baleira; e aos ceos, e non tiñan luz. 24Mirei os montes, e velaí que tremían, e tódolos outeiros estremecíanse. 25Mirei e velaí que non había persoa algunha, e tódalas aves do ceo fuxiran. 26Mirei, e velaí que a terra frutífera era un deserto, e tódalas súas cidades estaban arrasadas diante de Iahveh, diante do ardor da súa ira.27Porque así di Iahveh: "Toda esta terra será desolada, pero non causarei unha destrución total. 28Por iso lamentarase a terra e escurecerán os ceos de arriba, porque falei, decidín, e non me arrepentirei, nin desistirei de o facer. 29Ao ruído de xinetes e arqueiros fuxe toda a cidade; entran nas espesuras e tropezan polas rochas. Toda cidade está abandonada, e non queda nelas ningún morador.30E unha desolada, que farás? Aínda que te vistas de escarlata, aínda que te poñas ornamentos de ouro, aínda que engrandezas con tinta os ollos, en balde te engalanas; os teus amantes desprezante; só buscan a túa vida. 31Escoito berros coma de muller de parto, angustia coma de primoxénito: é o pranto da filla de Sión que está a morrer, que estende as súas mans, dicindo: -Ai de min! A miña alma desmaia por culpa dos asasinos!
1Percorrede as rúas de Xerusalém, e mirade agora, e informádevos; buscade nas súas prazas, a ver se atopades algunha persoa, se hai un só que faga xustiza, que busque a verdade, e Eu perdoareina. 2Pois aínda que digan: "vive Iahveh," de certo xuran falsamente. 3Oi Iahveh! Non buscan os teus ollos a verdade? Ti feríchelos, mais non lles doeu; consumíchelos, mais eles rexeitaron recibir a corrección. Endureceron as súas caras máis que a rocha, non queren volverse a ti.4Entón eu dixen: -En verdade estes son soamente xente ignorante, son necios, porque non coñecen o camiño de Iahveh nin as ordenanzas do seu Deus. 5Hei de ir aos grandes e falarei con eles, porque eles si coñecen o camiño de Iahveh e as ordenanzas do seu Deus. Pero tamén todos eles a unha quebraron o xugo e racharon os cabestros. 6Por iso os ha ferir o león do bosque, o lobo dos desertos destruiraos; un leopardo axexa as súas cidades, e todo o que saia delas será esnaquizado, porque as súas transgresións son moitas, e as súas apostasías numerosas.7Por que hei de perdoarte por isto? Os teus fillos abandonáronme e xuraron polo que non é Deus. Cando os saciei, cometeron adulterio e foron en masa á casa das prostitutas. 8Eran cabalos lascivos e ardentes, cada un rinchando detrás da muller do seu próximo. 9Non hei castigar a este pobo? -di Iahveh - non hei vengarme dunha nación coma esta?10Subide por entre os seus muros e destruídeos! Mais non fagades destrución total; arrincade os seus pámpanos, pois non son de Iahveh! 11Porque a casa de Israel e a casa de Xudá actuaron perversamente comigo," di Iahveh. 12Arrenegaron de Iahveh dicindo: Non vai a ser así! Ningunha calamidade virá sobre nós, e non veremos nin espada nin fame. 13Os profetas son coma o vento, e a palabra non está neles. Que se lles faga así a eles!14Por tanto, así di Iahveh, Deus dos exércitos: "Porque falaron esta palabra, velaí, poño as miñas palabras na túa boca por lume e a este pobo coma leña, e consumiraos. 15"Velaí, vou traer de lonxe unha nación contra vós, casa de Israel - di Iahveh - unha nación forte, é unha nación antiga, unha nación da que non coñecerás a lingua, e non poderás entender o que fala.16A súa alxaba é coma sepulcro aberto, todos eles son valentes. 17Devorará a túa colleita e o teu pan; devorará os teus fillos e as túas fillas; devorará as túas ovellas e as túas vacas; devorará as túas viñas e as túas figueiras; e destruirá coa espada as túas cidades fortificadas nas que ti confías.18Con todo, aínda naqueles días - di Iahveh - non vos hei destruír por completo. 19E cando che pregunten: por que Iahveh o noso Deus nos fixo todo isto? Diraslles: así como me deixastes e servistes a deuses estranxeiros na vosa terra, así serviredes a estraños nunha terra que non é vosa.20Anunciade isto na casa de Xacob e proclamádeo en Xudá, dicindo: 21-Escoitade agora isto, pobo necio e insensible, que teñen ollos e non ven, teñen ouvidos e non escoitan. 22Non me temedes? -di Iahveh- non tremedes diante de min, Eu que puxen a area coma fronteira do mar, coma límite perpetuo que non ha ser traspasado? Aínda que se axiten as ondas, non prevalecerán; aínda que ruxan, non pasarán sobre ela.23Mais este pobo ten un corazón teimudo e rebelde; desviáronse e fóronse. 24E non din no seu corazón: temamos agora a Iahveh o noso Deus, Aquel que dá a chuvia ao seu tempo, tanto a chuvia do outono como a da primavera, e que reserva para nós as semanas establecidas para a colleita. 25As vosas iniquidades afastaron estas cousas, e os vosos pecados priváronvos do ben.26Porque no meu pobo atópanse impíos que vixían axexando coma cazadores: poñen trampas e enredan a persoas. 27Coma unha xaula chea de paxaros, así están as súas casas cheas de engano; por iso engrandecéronse e enriqueceron. 28Engordaron e puxéronse lustrosos, e sobrepasan os límites do mal: non defenden a causa, a causa do orfo, para que prospere, nin defenden os dereitos do pobre. 29Non hei castigalos por isto? -di Iahveh - non se ha vingar a miña alma dunha nación coma esta?30Na terra aconteceu unha cousa espantosa e terrible: 31os profetas profetizan falsamente, os sacerdotes gobernan pola súa conta, e ao meu pobo gústalle así. Pero que faredes cando todo remate?
1Fuxide, fillos de Benxamín, do medio de Xerusalém! Tocade o shofar en Tecoa, e levantade sinal sobre Bet-haquerem, porque dende o norte asoma o mal e unha gran destrucción! 2Destruirei a fermosa e delicada filla de Sión. 3A ela virán pastores cos seus rabaños, levantarán as súas tendas arredor dela, e cada un apacentará no seu lugar.4Preparade a guerra santa contra ela! Erguédevos e ataquemos ao mediodía! Ai de nós, porque o día declina, porque se estenden as sombras da noitiña! 5Erguédevos, ataquemos de noite e destruamos os seus pazos.6Porque así di Iahveh dos exércitos: -Cortade as súas árbores, e poñede sitio contra Xerusalém. Esta é a cidade que ha ser castigada, todo dentro dela é opresión! 7Como un pozo mantén frescas as súas augas, así ela mantén fresca a súa maldade. Nela oíuse violencia e destrución; diante de min están continuamente as súas enfermidades e as súas feridas. 8Corríxete, Oi Xerusalém! Non sexa que a miña alma se afaste de ti; non sexa que Eu te converta en desolación, en terra despoboada!9Así di Iahveh dos exércitos: "Búscarán, rebuscarán como nunha vide o remanente de Israel; volve pasar a túa man como o vendimador polas ramas! 10A quen falarei e avisarei, para que escoiten? Velaí, os seus ouvidos están pechados, e non poden escoitar. Velaí, a palabra de Iahveh é para eles aldraxe; non se deleitan nela.11Pero eu estou cheo da ira de Iahveh, estou canso de refrenarme. Derramádea sobre os nenos na rúa, e sobre a reunión dos mozos; porque serán apresados tanto o home como a muller, o vello e o cheo de días. 12E as súas casas serán entregadas a outros, xuntamente cos seus campos e as súas mulleres; porque estenderei a miña man contra os habitantes desta terra, di Iahveh.13Porque dende o menor ata o maior, todos eles cobizan ganancias, e dende o profeta ata o sacerdote, todos practican o engano. 14E curan dun xeito leve a ferida do meu pobo, dicindo: Paz, paz! Cando non hai paz. 15Avergoñáronse da abominación que cometeron? Non! De certo que non se avergoñaron, nin aínda souberon ruborizarse; polo tanto caerán entre os que caen; na hora que os castige serán derrubados - di Iahveh.16Así di Iahveh: "Parade no medio dos camiños e mirade, e preguntade polos vieiros antiguos, cal é o bo camiño, e camiñade nel; e atoparedes descanso para as vosas almas. Pero dixeron: non camiñaremos nel! 17E puxen atalaias sobre vós, que dixeron: -Escoitade o son da trompeta. Pero dixeron: -Non escoitaremos! 18Polo tanto, escoitade, nacións, e entendede, congregación, o que Eu farei entre eles! 19"Escoita, terra: velaí que Eu traio unha calamidade sobre este pobo, o froito dos seus plans, porque non escoitaron as miñas palabras, e rexeitaron a miña lei."20Para que vén a min este incenso de Sabá, e a doce cana dunha terra de lonxe? Os vosos holocaustos non son aceptables, e os vosos sacrificios non me agradan. 21Por tanto, así di Iahveh: "Velaí, poño pedras de tropezo diante deste pobo, e tropezarán nelas pais e fillos a unha; e tamén o veciño e o seu próximo perecerán. 22Así di Iahveh: "Velaí, vén un pobo das terras do norte, e unha gran nación se levantará dos confíns da terra.23Empurran arco e xavelina, son crueis, non teñen misericordia; as súas voces braman coma o mar, e montan a cabalo coma homes dispostos para a guerra contra ti, filla de Sión. 24Ouvimos da súa fama e fraquecen as nosas mans! A angustia apoderouse de nós e dor coma de muller de parto!25Non saiades ao campo, nin andedes polo camiño; porque alí está a espada do inimigo, e hai terror por todas partes. 26Filla do meu pobo, cínguete de pano de saco e revólvete en cinza! Láiate como por fillo único, lamento de gran amargura, porque de súpeto o destrutor virá sobre nós.27Púxente como observador e como examinador entre o meu pobo, para que coñezas e examines a súa conduta. 28Todos eles son rebeldes obstinados que andan propagando calumnias. Son coma bronce e ferro de mala calidade. 29O forno sopra con furor, o chumbo é consumido polo lume, mais en balde refina o refinador, pois a escoria non se vai. 30Chámanlles prata de desperdicio, porque Iahveh rexeitounos.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: 2-Párate na porta da casa de Iahveh, proclama alí esta palabra, e di: escoitade a palabra de Iahveh, todos os de Xudá, os que entrades por estas portas para adorar a Iahveh.3Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Emendade os vosos camiños e as vosas obras, e fareivos morar neste lugar! 4Non confiedes en palabras enganosas, dicindo: este é o templo de Iahveh, o templo de Iahveh, o templo de Iahveh é este!5Porque se en verdade emendades os vosos camiños e as vosas obras, se en verdade facedes xustiza entre cada persoa e o seu próximo, 6e non oprimides o estranxeiro, o orfo e a viúva, nin vertedes sangue inocente neste lugar, nin andades tras doutros deuses para a vosa propia ruína, 7entón fareivos morar neste lugar, na terra que dei aos vosos pais para sempre.8Velaí, vós confiades en palabras mentireiras que non aproveitan, 9para roubar, matar, cometer adulterio, xurar falsamente, ofrecer sacrificios a Baal e andar tras doutros deuses que non coñeciades. 10Viredes despois e poñerédesvos diante de min nesta casa, que é chamada polo meu nome, e diredes: xa estamos a salvo; para seguirdes facendo todas estas abominacións? 11Volveuse esta casa, que é chamada polo meu nome, en cova de ladróns diante dos vosos ollos? Velaquí, Eu mesmo o vin, di Iahveh.12Agora pois, ide ao meu lugar en Silo, onde ao principio fixen morar o meu nome, e vede o que fixen con el por mor da maldade do meu pobo Israel. 13E agora, porque fixestes todas estas obras - di Iahveh - e a pesar de que vos falei dende cedo unha e outra vez e non escoitastes; chameivos, pero non respondestes, 14farei coa casa que é chamada polo meu nome, na que confiades, e co lugar que vos dei a vós e aos vosos pais, como fixen con Silo. 15E botareivos da miña presenza, como botei a todos os vosos irmáns, a toda a descendencia de Efraín.16E ti, non rogues por este pobo, nin levantes por eles clamor nin oración, nin intercedas diante de min, porque non te hei escoitar. 17Non ves o que fan nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém? 18Os fillos recolleen a madeira, os pais acenden o lume, as mulleres preparan a masa para facer tortas á raíña do ceo, e derraman libacións a outros deuses para me ofender.19Deste xeito queren provocar a miña ira? -di Iahveh- Acaso non actúan así para a súa propia vergoña? 20Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaí, a miña ira e a miña indignación serán derramados sobre este lugar, sobre as persoas e sobre os animais, sobre as árbores do campo e sobre o froito da terra. Arderá e non se apagará.21Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: - Xuntade os vosos holocaustos aos vosos sacrificios e comede a carne! 22Porque Eu non falei aos vosos pais, nin lles mandei nada en canto aos holocaustos e sacrificios o día que os liberei da terra de Exipto. 23Senón que isto é o que lles mandei, dicindo: -Escoitade a miña voz e Eu serei o voso Deus e vós seredes o meu pobo, e andaredes en todo camiño que Eu vos mande para que vos vaia ben.24Mais eles non escoitaron nin inclinaron o seu ouvido, senón que camiñaron nas súas propias deliberacións e na dureza do seu malvado corazón, e foron cara atrás e non cara adiante. 25Dende o día que os vosos pais saíron da terra de Exipto ata hoxe, mandeivos a tódolos meus servos os profetas, madrugando cada día para mandárvolos. 26Pero non me escoitaron nin inclinaron o seu ouvido, senón que endureceron o seu pescozo e fixeron peor que os seus pais.27Diraslles, pois, todas estas palabras, mais eles non te escoitarán; chamaralos, e non che responderán. 28Entón diraslles: esta é a nación que non escoita a voz de Iahveh o seu Deus, nin acepta corrección! A verdade pereceu e foi desterrada da súa boca."29Corta as túas guedellas e tira con elas, e berra de loito nas alturas desoladas! Porque Iahveh rexeitou e abandonou a xeración obxecto da súa ira. 30Porque os fillos de Xudá fixeron o que é malo aos meus ollos - di Iahveh - puxeron os seus ídolos abominables na casa que é chamada polo meu nome, profanándoa.31E edificaron os lugares altos de Tofet, que está no val de Ben-Hinom, para queimar os seus fillos e as súas fillas no lume, o que Eu non mandei, nin se me pasou pola mente. 32Por tanto, velaí veñen días - di Iahveh - cando non se dirá máis Tofet, nin val de Ben-Hinom, senón o val da Matanza; porque enterrarán en Tofet por non ter máis lugar.33E os cadáveres deste pobo servirán de comida ás aves do ceo e ás bestas da terra, sen que ninguén as espante. 34Entón farei cesar das cidades de Xudá e das rúas de Xerusalém a voz do gozo e a voz da ledicia, a voz do noivo e a voz da noiva; porque a terra quedará desolada.
1Naquel tempo - di Iahveh - sacarán das súas tumbas os ósos dos reis de Xudá, os ósos dos seus príncipes, os ósos dos sacerdotes, os ósos dos profetas e os ósos dos habitantes de Xerusalém; 2e dispersaranos ao sol, á lúa e a todo o exército do ceo, a quen aman e renden culto, e a quen seguen e consultan, e diante de quen adoran. Non serán recollidos nin sepultados; serán coma esterco sobre a face da terra. 3E o remanente que quede de toda esa familia perversa, escollerá morrer antes que vivir, en todos os lugares onde Eu terei arroxado aos que queden, di Iahveh dos exércitos.4E diraslles: -Así di Iahveh: os que caen non se levantan? O que se desvía, non se arrepinte? 5Por que entón este pobo, Xerusalém, se desviou en continua apostasía? Agarráronse ao engano e rexeitan volver!6Estiven atento e escoitei, falaron o que non é recto; ninguén se arrepinte da súa maldade, dicindo: que fixen? Cada un volve á súa carreira, coma cabalo desbocado na batalla. 7Aínda a cegoña no ceo coñece as súas estacións, e a rula, a anduriña e a grúa gardan o tempo das súas migracións; pero o meu pobo non coñece a xustiza de Iahveh.8Como podedes dicir: somos sabios, a lei de Iahveh está con nós? Cando velaquí, a pluma mentireira do escriba converteuna en mentira. 9Os sabios foron avergoñados, están abatidos e enredados; velaí, eles rexeitaron a palabra de Iahveh, pois, que clase de sabedoría poderá haber neles? 10Por tanto, darei as súas mulleres a outros, e os seus campos a novos donos; porque dende o menor ata o maior todos eles cobizan ganancias deshonestas; dende o profeta ata o sacerdote todos practican o engano.11E pretenden curar de calquera maneira a ferida do meu pobo, diciendo: Paz! Paz! Cando non hai paz. 12Avergoñáronse da abominación que cometeron? Certamente non se avergoñaron, nin souberon avergoñarse; por tanto caerán entre os que caen, na hora do seu castigo serán derrubados." Di Iahveh. 13Certamente destruireinos - di Iahveh - non haberá uvas na vide, nin figos na figueira; ata as follas murcharán; o que lles dei, pasará deles.14Que facemos aquí sentados? Congreguémonos, e entremos nas cidades fortalecidas, e morramos alí, pois Iahveh o noso Deus déixanos morrer, deunos a beber auga envelenada, porque pecamos contra Iahveh. 15Agardabamos paz, e non houbo ben ningún; tempo de curación, e chegou o terror.16Dende Dan oíuse o murmurio dos seus cabalos; ao estrondo do relincho dos seus corceles treme toda a terra; veñen e devoran a terra e todo canto hai nela, a cidade e os que habitan nela. 17Porque velaí, Eu mando contra vós serpes velenosas, contra as que non hai encantamento, e morderanvos mortalmente -di Iahveh-.18Aínda que poida atopar consolo na aflición, o meu corazón desmaia dentro de min, 19ao sentir o pranto da filla do meu pobo dende unha terra lonxe: non está Iahveh en Sión? Non está o seu rei nela? Por que me provocastes coas imaxes talladas, e con vaidades estrañas?20Pasou a colleita, rematou o verán, e nós non fomos salvos. 21Pola chaga da filla do meu pobo estou quebrantado; ando en loito e o espanto apoderouse de min. 22Non hai bálsamo en Galaad? Non hai alí médico? Por que, entón, non se fechan as feridas da filla do meu pobo?
1Que bo sería que a miña cabeza se fixera auga e os meus ollos fonte de bágoas, para que chorase día e noite polos mortos da filla do meu pobo! 2Que bo sería que me deran no deserto unha pousada de camiñantes, para deixar o meu pobo e alonxarme deles! Porque todos eles son adúlteros, unha asemblea de traidores. 3Tensan a súa lingua coma o seu arco; lanzan a mentira e a verdade non prevalece na terra; porque van de mal en peor, e a min non me coñecen, di Iahveh.4Que se coide cada un do seu próximo! Que ninguén confíe no seu irmán; porque todo irmán obra con engano, e todo próximo anda calumniando. 5Cada un engana ao seu compañeiro, e non fala a verdade, ensinaron as súas linguas a falar mentiras; afánanse por cometer iniquidade ata se cansar. 6A túa morada está no medio do engano; e por mor do engano néganse a coñecerme, di Iahveh.7Por tanto, así di Iahveh dos exércitos: "Velaquí, Eu hei de refinalos e probalos, porque que máis podo facer coa filla do meu pobo? 8A súa lingua é coma unha frecha mortífera que fala engano; coa súa boca fala cada un de paz ao seu próximo, mentres lle preparan unha embosacada dentro de si. 9Por estas cousas, non te hei castigar? -di Iahveh - Non me vinguarei na miña alma dunha nación coma esta?10"Levantarei choros e lamentación polos montes, e unha cantiga triste polos pastos do deserto, porque foron desolados e ninguén pasa por eles, nin se escoita o balbordo do gando; dende as aves do ceo ata as bestas fuxiron, fóronse." 11Farei de Xerusalém un monte de ruínas, unha gorida de chacais, e das cidades de Xudá unha desolación, sen habitantes. 12Quen é o home sabio que entenda isto? A quen falou a boca de Iahveh que o poida declarar? Por que está arruinado o país, desolado coma un deserto sen que ninguén pase por el?13Respondeu Iahveh: "Porque abandonaron a miña lei que puxen diante deles, e non obedeceron a miña voz nin andaron conforme a ela, 14senón que andaron tras a dureza dos seus corazóns e tras os baales, tal e como os seus pais lles ensinaron.15Por tanto, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Velaquí, Eu darei de comer a xoio a este pobo e dareille de beber auga envelenada. 16Dispersareinos entre nacións que non coñeceron nin eles nin os seus pais, e mandarei tras deles a espada ata acabar con eles.17Así di Iahveh dos exércitos: - Poñede atención e chamade as carpideiras, que veñan; mandade polas máis xeitosas para que veñan, 18que se apuren e fagan unha lamentación por nós, para que vertan bágoas os nosos ollos e flúan auga das nosas pálpebras.19Porque se escoita a voz de lamentación dende Sión: como fomos arrasados! Como fomos avergoñados! Tivemos que abandonar a terra, porque derrubaron as nosas moradas. 20Escoitade, pois, mulleres, a palabra de Iahveh, e recibide no voso ouvido a palabra da súa boca; ensinade a lamentación ás vosas fillas e a triste cantiga cada unha ao seu próximo.21Porque a morte subiu polas nosas fiestras, entrou nos nosos pazos, exterminando os nenos nas rúas, e os mozos das prazas. 22Di: -Así di Iahveh: "Os cadáveres da xente caerán coma esterco sobre a face do campo, e coma feixes detrás do segador, e non haberá quen as recolla.23Así di Iahveh: "Non se gloríe o sabio na súa sabedoría, nin se gloríe o poderoso no seu poder, nin o rico se gloríe na súa riqueza; 24pero o que se gloría, gloríese disto: de que me entende e me coñece, pois Eu son Iahveh que fago misericordia, xuízo e xustiza na terra, porque nestas cousas me comprazo, di Iahveh.25Velaí que veñen días - di Iahveh - nos que castigarei a todos os circuncidados e aos non circuncidados: 26a Exipto, a Xudá, aos fillos de Amón, a Moab e a todos os que se rapan as tempas, aos que viven no deserto; porque tódalas nacións son incircuncisas, e toda a casa de Israel é incircuncisa de corazón.
1Escoitade a palabra que Iahveh vos fala, casa de Israel. 2Así di Iahveh: "Non aprendades o camiño das nacións, nin dos sinais dos ceos vos aterroricedes, aínda que as nacións teñan terror deles.3Porque os costumes dos pobos son vaidade; pois unha madeira do bosque é cortada, as mans dun artífice traballan coa ferramenta; 4adórnaa con prata e ouro, e con cravos e martelos asegúrana para que non cambalee. 5Están dereitiños coma palmeiras; os seus ídolos non falan, e teñen que ser transportados, porque non andan. Non lles teñades medo, porque non poden facer ningún mal, nin teñen poder para facer ben.6Non hai ninguén coma ti, Oi Iahveh; grande es ti, e grande é o teu nome en poder! 7Quen non te temerá, Oi Rei das nacións? Porque isto só a ti te corresponde. Porque entre todos os sabios das nacións, e en todos os seus reinos, non hai ninguén coma ti.8Todos eles se volven insensatos e necios, pois o seu ídolo van é unha madeira. 9Prata laminada é traída de Tarsis e ouro de Ufaz, obra dun artífice e de mans dun ourive; o seu vestido é de violeta e púrpura; todo iso obra dun bo artesán. 10Pero Iahveh é o Deus verdadeiro; El é o Deus vivo e o Rei eterno! Diante da súa ira treme a terra, e as nacións non poden soportar a súa indignación.11Así lles diredes: -Os deuses que non fixeron os ceos nin a terra, perecerán de sobre a terra e de debaixo dos ceos. 12El é o que fixo a terra co seu poder, o que estableceu o mundo coa súa sabedoría, e coa súa intelixencia estendeu os ceos. 13Cando El emite a súa voz, hai murmurio de augas nos ceos; El eleva as nubes dende os extremos da terra, fai os lóstregos para a choiva e saca o vento dos seus depósitos.14A xente que non sabe isto é necia; todo ourive hase avergoñar do seu ídolo; porque as súas imaxes fundidas son mentira, e non hai alento nelas. 15Son obras vas e ridículas; no tempo do seu castigo perecerán. 16Non é coma a porción de Xacob; porque El é o que fai todo, e Israel é a tribo da súa herdanza; Iahveh dos exércitos é o seu nome!17Recolle do chan as túas pertenzas, ti que moras sitiada! 18Porque así di Iahveh: "Velaí, nesta ocasión, arroxarei cun tirapedras os habitantes da terra, e aflixireinos para que o sintan.19Ai de min, polo meu quebrantamento! A miña ferida é incurable! Mais eu dixen: de certo esta é a miña aflición, e teño que soportala! 20A miña tenda está destruída, e tódalas miñas cordas quebradas; os meus fillos abandonáronme e non queda ningún. Non hai quen plante de novo a miña tenda nin coloque as miñas cortinas.21Porque os pastores foron necios e non buscaron a Iahveh; por iso, non prosperaron, e todo o seu rabaño foi dispersado. 22Síntese un rumor! Velaí vén un gran estrondo dende a terra do norte, para converter as cidades de Xudá en desolación, en gorida de chacais.23Oi Iahveh, eu sei que non depende do home o seu camiño, nin de quen anda o dirixir os seus pasos. 24Corríxeme, Oi Iahveh, pero con xustiza, non coa túa ira, non sexa que me reduzas a nada. 25Derrama a tua ira sobre os pobos que non te coñecen, e sobre as nacións que non invocan o teu nome; porque devoraron a Xacob. Si, devorárono e consumírono, e arrasaron a súa morada.
1A palabra que recibiu Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: 2-Escoitade as palabras deste pacto, e dicídea aos homes de Xudá e aos habitantes de Xerusalém.3Diraslles: así di Iahveh, Deus de Israel: maldito o home que non obedece as palabras deste pacto, 4o que mandei aos vosos pais o día que os saquei da terra de Exipto, do forno de ferro, dicíndolles: -Escoitade a miña voz, e facede conforme todo o que vos mando; e vós seredes o meu pobo, e Eu serei o voso Deus, 5para confirmar o xuramento que xurei aos vosos pais, de darlles unha terra que mana leite e mel, como acontece hoxe. Entón respondín e dixen: -Amén, Iahveh.6E díxome Iahveh: - Proclama todas estas palabras nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém, dicindo: -Escoitade as palabras deste pacto e cumprídeas. 7Porque ben advertín aos vosos pais o día que os fixen subir da terra de Exipto ata hoxe; Advertinlles con insistencia dende a mañanciña dicindo: Escoitade a miña voz! 8Pero non escoitaron nin inclinaron o seu ouvido, senón que camiñaron cada un na dureza do seu malvado corazón. Por tanto, fixen caer sobre eles tódalas palabras deste pacto, aquel que lles mandei gardar e non o cumpriron.9Entón Iahveh díxome: -Descubriuse unha conspiración entre os homes de Xudá e os habitantes de Xerusalém. 10Volvéronse ás iniquidades dos seus devanceiros, que rexeitaron escoitar as miñas palabras, e foron tras doutros deuses para lles serviren. A casa de Israel e a casa de Xudá violaron o meu pacto, que fixen cos seus pais.11Polo tanto, así di Iahveh: "Velaí, traio sobre eles unha calamidade da que non poderán fuxir; aínda que clamen a min, non os escoitarei. 12Entón irán as cidades de Xudá e os habitantes de Xerusalém, e clamarán aos deuses aos que queiman incenso, pero eles certamente non poderán salvalos na hora da súa aflición. 13Porque segundo o número das túas cidades son os teus deuses, Oi Xudá, e segundo o número das rúas de Xerusalém, son os altares que levantaches ao vergoñento, os altares para queimar incenso a Baal.14Pero ti non intercedas por este pobo, nin levantes por eles clamor nin oración; porque non escoitarei cando clamen a min por mor da súa calamidade. 15Que dereito ten o meu amado na miña casa despois de tramar tantas intrigas? Poderá a carne consagrada quitar de ti a túa calamidade para que te poñas a celebralo aos berros? 16Iahveh chamoute oliveira frondosa de froito excelente, pero co barullo dun recio estrondo fixo prender lume nela, e as súas ramas quedaron arruinadas.17Iahveh dos exércitos, que te plantou, decretou unha calamidade contra ti por mor da maldade que a casa de Israel e a casa de Xudá fixeron, provocándome ao ofrecer sacrificios a Baal.18Iahveh fíxome saber e eu comprendino: entón fixéchesme ver as súas maquinacións. 19Eu era coma un cordeiro manso levado ao matadoiro, e non sabía que tramaban maquinacións contra min, dicindo: destruamos a árbore co seu froito, e arrinquémola da terra dos vivos, para que non se lembre máis o seu nome. 20Mais, Oi Iahveh dos exércitos! Ti que xulgas con rectitude e examinas os sentimentos e o corazón, vexa eu a túa vinganza contra eles, porque diante de ti coloquei a miña causa.21Por tanto, así di Iahveh en canto aos homes de Anatot que procuran a túa vida, dicindo: non profetices no nome d Iahveh, para que non morras ás nosas mans. 22Polo tanto, así di Iahveh dos exércitos: "Velaquí, vou castigalos. Os mozos morrerán á espada, os seus fillos e fillas morrerán de fame, 23e non quedará deles remanente, porque traerei o mal sobre os homes de Anatot, no ano do seu castigo.
1Xusto es ti, Oi Iahveh, para que eu discuta contigo; mais presentarei a miña causa diante de ti: Por que prospera o camiño dos impíos e viven en paz todos os traidores? 2Ti plantáchelos e botan raíces; medran e dan froito. Preto estás ti dos seus beizos, pero lonxe do seu corazón.3Pero ti coñécesme, Oi Iahveh, ti vesme, e comprobas a actitude do meu corazón para contigo. Arrástraos coma ovellas para o matadoiro e sepáraos para o día da matanza! 4Ata cando estará de loito a terra e murchará a herba do campo? Pola maldade dos que moran nela foron destruídos os animais e as aves, e din: Deus non ve o que estamos a facer.5Se corriches cos de a pé e te cansaches, como, pois, vas competir cos cabalos? Se só te sintes tranquilo na terra segura, que farás na espesura do Xordán? 6Porque os teus irmáns e a casa do teu pai, tamén eles te traizoaron, aínda eles calumniáronte ás túas costas; non te fíes, aínda que che digan cousas agradables.7Deixei a miña casa, abandonei a miña herdanza, entreguei a amada da miña alma en mans dos inimigos. 8A miña herdanza veu ser para min coma un león feroz, ruxiu contra min; por iso, aborrecina. 9É a miña herdanza para min como ave de moitas cores, para que as outras aves de rapiña estean contra ela por todas partes? Ide, reunide a tódalas bestas do campo, traédeas para que a devoren!10Moitos pastores arruinaron a miña viña, pisaron a miña herdanza; fixeron da miña desexada herdanza un deserto desolado. 11Si, converteuse unha desolación, e desolada chora sobre min; todo o país foi desolado, e ninguén reflexiona no seu corazón.12Os asoladores chegaron, vense sobre todas as alturas do deserto, porque a espada de Iahveh devora dun extremo da terra ao outro, e xa non hai paz para ninguén. 13Sementaron trigo e colleitaron espiños, esforzáronse traballando sen proveito algún. Sede avergoñados, pois, das vosas colleitas por mor da ardente ira de Iahveh.14Así di Iahveh en canto a todos os meus malvados veciños que se apropian da herdanza que dei en posesión ao meu pobo Israel: "Velaquí arrincareinos da súa terra, e arrincarei á casa de Xudá do medio deles. 15E acontecerá que despois de arrincalos, volverei a ter compaixón deles, e fareinos volver a cada un á súa herdanza e a cadansúa terra.16E acontecerá que se eles de verdade queren aprender os camiños do meu pobo para poder invocar o meu nome, dicindo: vive Iahveh (así como eles ensinaron ao meu pobo a xurar por Baal), serán restablecidos no medio do meu pobo. 17Pero se non queren escoitar, entón arrincarei a esa nación, arrincareina de raíz e destruireina -di Iahveh -.
1Así me dixo Iahveh: -Vai e merca un cinto de liño e pono á cintura, pero non o poñas na auga. 2Merquei, pois, o cinto conforme a palabra de Iahveh, e púxeno á cintura. 3Entón veu a min a palabra de Iahveh por segunda vez, dicindo: 4Toma o cinto que mercaches, que levas á cintura, e érguete, vai ao Éufrates e escóndeo alá nun burato da rocha.5Fun, pois, e escondino xunto ao Éufrates, como Iahveh me mandara. 6Despois de moitos días Iahveh díxome: -Érguete, vai ao Éufrates e colle o cinto que che mandei que agocharas alá. 7Fun, pois, ao Éufrates e cavei, collín o cinto do lugar onde o agochara, e velaí, o cinto estaba apodrentado; non servía para nada.8Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 9Así di Iahveh: "Do mesmo xeito farei que apodrente a soberbia de Xudá e a gran soberbia de Xerusalém. 10Este pobo malvado, que rexeita escoitar as miñas palabras, que anda na dureza do seu corazón e foi tras doutros deuses para servirlos e a prostrarse diante deles, ha ser coma este cinto que non serve para nada. 11Porque coma o cinto se xunta á cintura do home, así fixen que se apegara a min toda a casa de Israel e toda a casa de Xudá - di Iahveh - a fin de que fosen o meu pobo, o meu renome, a miña loanza e a miña gloria, pero non escoitaron.12Tamén lles dirás esta palabra: así di Iahveh, Deus de Israel: todo balde se ha encher de viño. E cando eles che digan: É que non sabemos ben que todo balde se ha encher de viño? 13Entón diraslles: así di Iahveh: velaí que vou encher de embriaguez a todos os habitantes desta terra: aos reis sucesores de David que sentan sobre o seu trono, aos sacerdotes, aos profetas e a todos os habitantes de Xerusalém; 14E farei que se esmaguen uns contra outros, os pais cos fillos por igual - di Iahveh - non perdoarei nin terei piedade, nin compaixón para deixar de destruílos.15Escoitade e prestade atención! Non sexades arrogantes, porque Iahveh falou. 16Dade gloria a Iahveh o voso Deus, antes de que faga vir as tebras, e antes de que os vosos pés tropecen sobre os montes escuros, e esteades agardando a luz, e El a transforme en tebras profundas. 17Pero se non escoitades isto, a miña alma chorará en segredo pola vosa soberbia; os meus ollos chorarán amargamente e afogarán en bágoas, porque foi feito prisioneiro o rabaño de Iahveh.18Di ao rei e á raíña nai: -Humilládevos! Sentade no chan! Porque caeu das vosas cabezas a coroa da vosa gloria. 19As cidades do Neguev foron pechadas, e non hai quen as abra; todo Xudá foi levado ao desterro, levado ao cativerio sen faltar un.20"Levantade os vosos ollos e vede aos que veñen do norte! Onde está o rabaño que che foi confiado, as túas fermosas ovellas? 21Que dirás cando El poña coma xefes sobre ti a antigos compañeiros aos que ti mesmo ensinaches? Non che virán dores como de parto?22E cando digas no teu corazón: por que me acontecen estas cousas? Pola grandeza da túa iniquidade foron descubertas as túas saias e violentados os teus calcaños. 23Pode o etíope mudar a súa pel, ou o leopardo as súas manchas? Así vós, poderedes facer o ben estando afeitos a facer o mal? 24Polo tanto, dispersareivos como a palla arrastrada polo vento do deserto.25Esta é a túa sorte, a porción que xa medín para ti - di Iahveh – porque te esqueciches de min, e confiaches na mentira. 26Polo tanto Eu tamén te levantarei as saias sobre a túa faciana, para que se vexan as túas vergoñas, 27os teus adulterios, os teus luxuriosos relinchos e a maldade da túa fornicación. Sobre os outeiros e no campo, vin todas as túas abominacións. Ai de ti, Xerusalém! Ata cando seguirás sen te purificar?
1A palabra que veu de Iahveh a Xeremías sobre a seca: 2De loito está Xudá, e as súas portas languidecen, están en loito prostrados en terra, e o clamor de Xerusalém sobe. 3Os seus nobres mandaban os seus servos por auga; ían ás cisternas e non atopaban auga; volvían cos seus cántaros baleiros. Quedaron avergoñados e humillados, e cubriron as súas cabezas.4O chan está agretado, pois non houbo choiva sobre a terra; os labregos, avergoñados, cubriron as súas cabezas. 5Porque aínda a cerva deu a luz no campo e abandonou á súa cría porque non hai herba. 6E os asnos monteses páranse nas alturas desoladas, xemendo no ar coma chacais; os seus ollos desmaian porque non hai vexetación.7Aínda que as nosas iniquidades testemuñan contra nós, Oi Iahveh, obra por mor do teu nome. En verdade foron moitas as nosas apostasías contra ti. 8Ti, esperanza de Israel, Salvador seu no tempo da angustia! Por que has ser coma un forasteiro na terra, ou coma o camiñante que plantou a súa tenda para pasar a noite? 9Por que has ser coma un home desalentado, coma guerreiro incapaz de salvar? Con todo ti estás no medio de nós, Oi Iahveh, e polo teu nome somos chamados; non nos abandones!10Así responde Iahveh a este pobo: "Como lles gustou vagabundear! Non refrearon os seus pés. Polo tanto Iahveh non se comprace neles: agora lembra a súa iniquidade e castiga os seus pecados." 11E díxome Iahveh: "Non intercedas por este pobo. 12Cando xexúen, non escoitarei o seu clamor; cando ofrezan holocaustos e ofrendas de gran, non os aceptarei; senón que coa espada, coa fame e coa pestilencia heinos consumir.13E dixen eu: -Ai, Señor Iahveh! Velaí que os profetas lles din: non veredes a espada nin teredes fame, senón que vos darei paz verdadeira neste lugar. 14Entón Iahveh respondeume: "Falsamente profetizan os profetas no meu nome. Eu non os mandei, nin lles dei ordes, nin lles falei. Profetízanvos visións falsas, adiviñacións vas e engano do seu mesmo corazón.15Por tanto, así di Iahveh: "En canto aos profetas que profetizan no meu nome sen que Eu os mande, e que din: non haberá espada nin fame nesta terra; pois á espada e de fame perecerán eses profetas. 16Tamén o pobo a quen profeticen serán tirados no chan polas rúas de Xerusalém por mor da fame e da espada, e non haberá quen os enterre a eles, nin ás súas mulleres, nin aos seus fillos, nin ás súas fillas, pois derramarei sobre eles a súa maldade.17E diraslles esta palabra: "Desfáganse os meus ollos en bágoas noite e día, e non cesen; porque de gran quebranto foi quebrantada a filla virxe do meu pobo, dunha ferida dolorosa moi grave! 18Se saio ao campo, velaí os mortos á espada! E se entro na cidade, velaí os enfermos pola fame! Porque tanto o profeta como o sacerdote andan errantes nunha terra que non coñecen.19Rexeitaches por completo a Xudá? Aborreceu a túa alma a Sión? Por que nos feriches sen que haxa sanidade para nós? Agardabamos paz, e non houbo ben algún; tempo de sanidade, e velaquí o terror. 20Recoñecemos, Oi Iahveh, a nosa impiedade, e a iniquidade dos nosos pais, pois pecamos contra ti.21Non nos rexeites, por amor do teu nome! Non deshonres o trono da túa gloria! Lémbrate, non anules o teu pacto con nós! 22Hai entre os ídolos das nacións algún que faga chover? Ou poden os ceos sós dar choiva? Non es ti, Oi Iahveh, o noso Deus? En ti, pois, agardamos, porque ti fixeches todas estas cousas.
1Entón Iahveh díxome: -Aínda que Moisés e Samuel se presentaran diante de min, o meu corazón non estaría con este pobo; botádeos da miña presenza! Que se vaian! 2E que cando che digan: para onde iremos? Responderaslles: así di Iahveh: os destinados para a morte, á morte; os destinados para a espada, á espada; os destinados para a fame, á fame, e os destinados para a catividade, á catividade.3E porei sobre eles catro xéneros de males - di Iahveh - a espada para matar, os cans para esnaquizar, e as aves do ceo e as bestas da terra para devorar e destruír. 4E fareinos motivo de espanto para todos os reinos da terra, por mor de Manasés, fillo de Ezequías, rei de Xudá, polo que fixo en Xerusalém.5Porque, quen se compadecerá de ti, Oi Xerusalém? Quen chorará por ti, ou quen se desviará do seu camiño para preguntar polo teu benestar? 6Ti rexeitáchesme - di Iahveh – volvícheste atrás. Estenderei, pois, a miña man contra ti para destruirte; estou farto de me compadecer. 7Espallareinos coa forcada ata as portas desta terra, e privareinos de fillos. Destruirei o meu pobo, pois non se arrepentiron dos seus camiños.8As súas viúvas serán máis numerosas que a area do mar. Traerei contra a nai e contra dos seus mozos, o destrutor para devoralos á luz do día, e de súpeto traerei sobre eles a angustia e o espanto. 9Languidece a que deu a luz sete fillos, e exhala a súa alma. O seu sol porase sendo aínda de día, será avergoñada e confundida; e os que queden entregareinos á espada diante dos seus inimigos, di Iahveh.10Ai de min, miña nai, porque me deches a luz como home de disputa e home de discusión para toda a terra! Non prestei nin me prestaron, pero todos me maldicen. 11Iahveh dixo: "Certamente liberareite para ben; certamente farei que o inimigo te suplique en tempo de calamidade e no tempo da anguria! 12Pode alguén fender o ferro, o ferro do norte, e o bronce?13Entregarei ao saqueo as túas riquezas e os teus tesouros, sen coste algún, por todos os teus pecados en todo o teu territorio. 14E farei que os teus inimigos te leven a unha terra que non coñeces; porque un lume acendeuse na miña ira que arderá sobre vós.15Ti que o sabes, Oi Iahveh, lémbrate de min, aténdeme, e véngame dos meus perseguidores. Conforme á túa paciencia, non me arrebates; sabes que por ti soporto a aldraxe. 16Cando se presentaron as túas palabras, eu cominas; a túa palabra foi para min o gozo e a ledicia do meu corazón, porque me chamaban polo teu nome, Oi Iahveh, Deus dos exércitos.17Non sentei a disfrutar cos que se divertían. Por mor da túa man, sentei solitario, porque me enchiches de indignación. 18Por que é perpetua a miña dor e a miña ferida incurable, que rexeita ser sandada? Serás para min coma unha ilusión, coma augas nas que non se pode confiar?19Entón respondeume Iahveh: "Se volves, Eu restaurareite, na miña presenza estarás en pé; se afastas o precioso do vulgar, serás o meu portavoz. Que se volvan eles a ti, pero ti non te volvas a eles! 20E poreite para este pobo por muralla de bronce imposible de vencer; loitarán contra ti, pero non te vencerán, porque estou contigo para te salvar e te librar, di Iahveh. 21Heite rescatar das mans dos malos, e rescatareite da pouta dos opresores.
1Entón a palabra de Iahveh veu a min, dicindo: 2Non tomes para ti muller nin teñas fillos nin fillas neste lugar. 3Porque así di Iahveh sobre os fillos e fillas que nacen neste lugar, e sobre as nais que os deron a luz, e dos pais que os enxendraron nesta terra: 4De mortes crueis morrerán; non serán chorados nin sepultados; serán coma esterco sobre o campo. Serán consumidos pola espada e a fame, e os seus cadáveres servirán de comida para as aves do ceo e para as bestas da terra.5Porque así di Iahveh: "Non entres na casa de loito, nin te lamentes por eles, nin os consoles; pois retirei a miña paz deste pobo, a misericordia e a compaixón, di Iahveh. 6Morrerán grandes e pequenos nesta terra; non serán sepultados, nin chorados, e ninguén se ferirá nin se rapará por eles;7nin partirán o pan para consolar ao que está de loito, nin lles darán a beber a copa da consolación polo seu pai ou pola súa nai. 8Tampouco entres na casa de banquete para sentar con eles a comer e beber. 9Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaí, vou facer que desapareza deste lugar, diante dos vosos ollos e nos vosos días, a voz do gozo e a voz da ledicia, a voz do noivo e a voz da noiva.10E acontecerá que cando anuncies a este pobo todas estas palabras, eles diranche: Por que Iahveh pronunciou toda esta gran calamidade na nosa contra? Cal é a iniquidade e cal é o pecado que cometemos contra Iahveh o noso Deus? 11Entón diraslles: é porque os vosos pais me abandonaron - di Iahveh - e foron tras outros deuses e servíronos e prostráronse diante deles, pero a min abandonáronme e non gardaron a miña lei.12E vós fixestes peor que os vosos pais, porque velaquí, cada un de vós anda tras a dureza do seu malvado corazón, sen me escoitar. 13Por tanto, Eu botareivos desta terra a unha terra que non coñecestes, nin vós nin os vosos pais; e alí serviredes a outros deuses día e noite, pois non vos amosarei clemencia.14Pero, velaí que veñen días - di Iahveh - cando xa non se dirá: vive Iahveh, que sacou os fillos de Israel da terra de Exipto, 15senón: "Vive Iahveh, que fixo subir aos fillos de Israel da terra do norte e de tódolos países onde os desterrara! Porque fareinos volver á súa terra, a que dei aos seus pais."16Velaí, mandarei a moitos pescadores que os pescarán di Iahveh; e despois mandarei a moitos cazadores, que os cazarán por todo monte e por todo outeiro e polas fendas das rochas. 17Porque os meus ollos están postos sobre todos os seus camiños, que non se me agochan, nin a súa iniquidade está encuberta aos meus ollos. 18Pero primeiro, Eu pagarei ao dobre a súa iniquidade e o seu pecado, porque eles contaminaron a miña terra cos despoxos dos seus ídolos abominables e coas súas abominacións encheron a miña herdanza.19Oi Iahveh, a miña forza e a miña fortaleza! O meu refuxio no día da angustia! A ti virán as nacións dende os extremos da terra e dirán: os nosos pais herdaron só mentira, vaidade e cousas sen proveito. 20Pode a persoa facer deuses para si? Pois eses non son deuses! 21Por tanto, velaí, voulles mostrar, fareilles coñecer o meu poder e a miña forteza, e saberán que o meu nome é Iahveh.
1O pecado de Xudá está escrito con cicel de ferro; está gravado coa punta do diamante sobre a táboa do seu corazón e nos cornos dos seus altares. 2Como eles se lembran dos seus fillos, así se lembran dos seus altares e das súas estelas xunto ás árbores frondosas, nos outeiros altos,3sobre o monte e máis no campo. Hei entregar as túas riquezas e tódolos teus tesouros ao saqueo, por mor do pecado dos teus lugares altos en todo o teu territorio. 4E por causa túa perderás a herdanza que Eu che dei; fareite servir aos teus inimigos nunha terra que non coñeces; porque prendestes un lume na miña ira que arderá para sempre.5Así di Iahveh: "Maldito o home que confía no home, e fai da carne a súa fortaleza, afastando o seu corazón de Iahveh. 6Será coma xesta no deserto e non verá o ben cando veña; senón que habitará nos sequeiros no deserto, en terra salitrosa e despoboada.7Bendito o home que confía en Iahveh, e a súa confianza está en Iahveh. 8Será coma unha árbore plantada á beira da auga, que estende as súas raíces á beira da corrente; non temerá cando veña a calor, e as súas follas serán frondosas; no ano de secura non se preocupará nin deixará de dar froito.9Máis enganoso que todo é o corazón, e incurable; quen o poderá comprender? 10Eu, Iahveh, Eu abesouro o corazón e poño a proba os pensamentos, para dar a cada un segundo os seus camiños, segundo o froito das súas obras. 11O que amontoa riquezas inxustas ven a ser coma unha perdiz que choca o que non puxo; na metade dos seus días abandonráas, e no seu ocaso será un necio.12Trono de gloria, exaltado dende o principio é o lugar do noso santuario. 13Oi Iahveh, esperanza de Israel! Todos os que te abandonan serán avergoñados. Os que se afastan de ti serán escritos no pó, porque abandonaron a Iahveh, fonte de augas vivas. 14Sándame, Iahveh, e serei sandado; sálvame e serei salvo, porque ti es a miña louvanza!15Velaquí, eles dinme: onde está a palabra de Iahveh? Que se cumpra dunha vez! 16Pero eu non fixen máis que ser o teu pastor. Non desexei o día da angustia; ti sabes que o que saíu dos meus beizos na túa presenza está.17Non sexas para min causa de terror; ti es o meu refuxio no día do mal. 18Que sexan avergoñados os que me perseguen, pero non sexa eu avergoñado; que eles sintan temor e non eu. Trae sobre eles o día da calamidade, e destrúeos con dobre destrución.19Así me di Iahveh: -Vai e ponte á porta dos fillos deste pobo, pola que entran e saen os reis de Xudá, e así mesmo en tódalas portas de Xerusalém, 20e dilles: -Escoitade a palabra de Iahveh, reis de Xudá, toda Xudá e todos os habitantes de Xerusalém que entrades por estas portas:21Así di Iahveh: -Gardádevos moi ben de levar cargas no día de repouso, e de metelas polas portas de Xerusalém. 22Tampouco saquedes cargas das vosas casas no día de repouso, nin fagades traballo algún, senón santificade o día de repouso, como mandei aos vosos pais. 23Con todo, eles non escoitaron nin inclinaron os seus ouvidos, senón que endureceron a súa cerviz para non escoitar nin recibir corrección.24Pero acontecerá que se me escoitades con atención - di Iahveh - non metendo carga polas portas desta cidade no día de repouso, senón que santificades o día de repouso, sen facer nel ningún traballo, 25entón entrarán polas portas desta cidade reis e príncipes que sentan sobre o trono de David; virán montados en carros e cabalos, eles e os seus príncipes, os homes de Xudá e os habitantes de Xerusalém; e esta cidade será habitada para sempre.26Virán das cidades de Xudá e dos arredores de Xerusalém, da terra de Benxamín, da terra baixa, da rexión montañosa e do Neguev, traendo holocaustos, sacrificios, ofrendas de gran e incenso, e traendo sacrificios de gratitude á casa de Iahveh. 27Pero se non me escoitades no tocante ao de santificar o día de repouso, e traedes cargas e entrades polas portas de Xerusalém no día de repouso, entón Eu prenderei lume ás súas portas que consumirá os palacios de Xerusalém, e non se apagará.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: 2-Érguete e baixa á casa do oleiro, e alí farei que escoites as miñas palabras. 3Entón baixei á casa do oleiro, e velaquí, el estaba alí facendo unha obra no torno. 4E o vaso de barro que estaba a facer botouse a perder na man do oleiro; así que volveu facer del outro vaso, segundo lle pareceu mellor ao oleiro facelo.5Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 6-Non podo Eu facer convosco, casa de Israel, o mesmo que fai este oleiro? -di Iahveh- velaí, como o barro nas mans do oleiro, así sodes vós na miña man, casa de Israel. 7Se nun intre Eu podo falar contra unha nación ou contra un reino, para arrincarlo, derrubalo ou destruílo; 8pero se esa nación contra a que Eu falei se volve da súa maldade, entón desistirei do mal que pensaba traer sobre ela.9E se noutrora falo a unha nación ou un reino, para edificalo e plantalo; 10e fai o malo aos meus ollos, non obedecendo a miña voz, entón Eu desistirei do ben con que o prometera bendicir.11Agora pois, fala aos homes de Xudá e aos habitantes de Xerusalém, dicindo: -Así di Iahveh: velaí, estou preparando unha calamidade contra vós e maquinando un plan contra vós. Volvédevos, pois, cada un do seu mal camiño e endereitade os vosos camiños e as vosas obras. 12Mais eles dirán: é en balde; porque seguiremos os nosos propios plans, e cada un de nós actuará conforme a dureza do seu malvado corazón.13Por tanto, así di Iahveh: "Preguntade agora entre as nacións: quen escoitou cousa semellante? Cousa terrible fixo a virxe de Israel. 14Faltará a neve do Líbano dos cumes dos montes? Ou esgotaranse as augas frías que flúen das terras de lonxe?15Pois ben, o meu pobo esqueceume, queiman incenso a deuses vans, e fanos tropezar nos seus camiños, os vieiros antigos, para andaren por carreiros, non achanzados, 16convertendo a súa terra nunha desolación e nunha burla perpetua. Todo o que pase por ela quedará atónito e abaneará a súa cabeza. 17Dispersareinos diante do inimigo coma vento soán; amosareilles as costas e non a cara no día da súa calamidade.18Entón eles dixeron: -Vinde a preparar plans contra Xeremías! Certamente a lei non lle faltará ao sacerdote, nin o consello ao sabio, nin a palabra ao profeta. Vinde e ataquémolo con calumnias, e non fagamos caso a ningunha das súas palabras! 19Aténdeme, Iahveh, e escoita o que din os que contenden contra min! 20Págase mal por ben? Pois cavaron unha fosa para a miña alma. Lembra como me puxen diante de ti para falar ben en favor deles, para afastar deles a tua ira.21Agora entrega os seus fillos á fame, e abandónaos ao poder da espada; queden as súas mulleres viúvas e sen fillos, morran da peste os seus maridos, e os seus mozos feridos á espada. 22Que se escoiten os berros dende as súas casas, cando de súpeto traias sobre eles aos saqueadores; porque cavaron unha fosa para me atrapar, e agocharon trapelas aos meus pés. 23Pero ti, Iahveh, coñeces todos os seus plans de morte contra min! Non perdoes a súa iniquidade nin borres da túa vista o seu pecado, e sexan derrubados diante de ti. Trata con eles no tempo da túa ira.
1Así dixo Iahveh: -Vai e compra un vaso de barro do oleiro, e toma contigo a algúns dos anciáns do pobo e dos anciáns dos sacerdotes; 2e sae ao val de Ben-hinom, que está na entrada da porta do oleiro, e proclama alí as palabras que Eu che direi. 3Dirás: escoitade a palabra de Iahveh, reis de Xudá e habitantes de Xerusalém! Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: velaí, traerei tal calamidade sobre este lugar, que a todo o que escoite dela se lle meterá nos ouvidos.4Porque me abandonaron, fixeron estraño este lugar e ofreceron sacrificios nel a outros deuses, que nin eles, nin os seus pais, nin os reis de Xudá coñeceran, e encheron este lugar de sangue de inocentes, 5e edificaron os lugares altos de Baal para queimaren os seus fillos no lume como holocaustos a Baal, cousa que Eu nunca ordenei nin dixen, nin se me pasou pola mente.6Polo tanto, velaí, veñen días - di Iahveh - cando este lugar non se chamará máis Tofet nin val de Ben-Hinom, senón val da Matanza. 7E farei nulo o consello de Xudá e de Xerusalém neste lugar, e fareinos caer á espada diante dos seus inimigos e nas mans dos que buscan a súa vida, e entregarei os seus cadáveres por comida ás aves do ceo e ás bestas da terra. 8Tamén converterei esta cidade en motivo de desolación e burla; todo o que pase por ela quedará atónito e silbará por mor de toda a súa destrución. 9E fareilles comer a carne dos seus propios fillos e a carne das súas propias fillas, e comerán cada un a carne do seu próximo durante o asedio e a aflición coa que os seus inimigos e os que buscan a súa vida os aflixirán.10Entón has escachizar o vaso á vista dos homes que te acompañan, 11e diraslles: así di Iahveh dos exércitos: de igual maneira quebrarei Eu a este pobo e a esta cidade, como quen quebra un vaso de oleiro, que non se pode reparar máis; e enterraranos en Tofet ata que no haxa máis lugar onde enterrar.12Así farei con este lugar e cos seus habitantes - di Iahveh – ata que esta cidade sexa coma Tofet. 13E as casas de Xerusalém e as casas dos reis de Xudá serán coma o lugar de Tofet, contaminadas por mor de tódalas casas nas que nas súas terrazas ofreceron sacrificios a todo o exército do ceo e derramaron libacións a outros deuses.14E volveu Xeremías de Tofet, onde Iahveh o mandara profetizar, e poñéndose en pé no atrio da casa de Iahveh, dixo a todo o pobo: 15Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaí, vou traer sobre esta cidade e sobre tódalas súas aldeas todos os males que anunciei contra ela, porque endureceron a súa cerviz para non escoitar as miñas palabras."
1Cando o sacerdote Pasur, fillo de Imer, que era o oficial principal na casa de Iahveh, escoitou a Xeremías profetizar estas cousas, 2fixo azoutar ao profeta Xeremías e púxoo no cepo que estaba na porta superior de Benxamín, que levaba á casa de Iahveh.3Ao día seguinte, cando Pasur soltou a Xeremías do cepo, Xeremías díxolle: -Non é Pasur o nome polo que Iahveh te chama agora, senón Magor-misabib. 4Porque así di Iahveh: "Velaí, voute converter en terror para ti mesmo e para todos os teus amigos; eles caerán pola espada dos teus inimigos, e os teus ollos verano. Entregarei a todo Xudá en mans do rei de Babilonia, e el levaraos coma desterrados a Babilonia e mataraos á espada.5Tamén entregarei toda a riqueza desta cidade, todos os seus produtos e os bens, e tódolos tesouros dos reis de Xudá, en mans dos seus inimigos, que os saquearán, e os levarán a Babilonia. 6E ti, Pasur, e todos os moradores da túa casa, iredes ao cativerio e entrarás en Babilonia; alí morrerás e alí serás sepultado, ti e todos os teus amigos a quen profetizaches mentiras.7Seducíchesme, Oi Iahveh, e eu deixeime seducir; fuches máis forte ca min e prevaleciches. Cada día son obxecto de escarnio, todos se burlan de min. 8Porque cada vez que falo, que berro ou proclamo: violencia e destrución! A palabra de Iahveh ven ser para min aldraxe e burla cada día. 9Pero se digo: non me lembrarei del nin falarei máis no seu nome, sinto dentro de min un lume abrasador encerrado nos meus ósos, que fago esforzos para contelo, pero non son quen.10Porque sentín a moitos rumoreando: terror por todas partes! Denunciádeo, denunciémolo! Todos os meus amigos de confianza, agardan a miña caída; din: poida que sexa enganado; entón prevaleceremos contra el e tomaremos del a nosa vinganza. 11Pero Iahveh está comigo coma xigante poderoso; por tanto, os meus perseguidores tropezarán e non prevalecerán contra min. Quedarán confundidos polo seu fracaso, a súa vergoña será eterna e endexamais será esquecida.12Oi Iahveh dos exércitos, que probas o xusto, e examinas os pensamentos e o corazón! Fai que vexa a túa vinganza sobre eles, pois a ti encomendei a miña causa. 13Cantade a Iahveh, louvade a Iahveh, porque rescatou a alma do pobre das mans dos malvados.14Maldito o día no que nacín! O día no que miña nai me deu a luz, non sexa bendito! 15Maldito o home que deu a nova ao meu pai, dicindo: -Naceuche un fillo! Facéndoo moi feliz.16Que sexa ese home coma as cidades que Iahveh destruíu sen piedade; E escoite berros de mañá e clamores de alarma ao mediodía, 17porque non me fixo morrer no ventre para que a miña nai fose a miña sepultura, e o seu ventre embarazado para sempre. 18Para que saín do ventre para ver dor e aflición, e que os meus días rematen en vergoña?
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh cando o rei Sedequías o mandou a Pasur, fillo de Malquías, e ao sacerdote Sofonías, fillo de Maasías, dicindo: 2"Consulta agora da nosa parte a Iahveh, porque Nabucodonosor, rei de Babilonia, fai a guerra contra nós; poida que Iahveh faga con nós conforme todas as súas marabillas, para que o inimigo se retire de nós."3Entón Xeremías díxolles: -Así lle diredes a Sedequías: 4-Así di Iahveh, Deus de Israel: "Velaí, Eu farei volver as armas de guerra que tedes nas vosas mans, coas que loitades contra o rei de Babilonia e contra os caldeos que vos sitian fóra dos muros. A eles hei de reunilos no medio desta cidade. 5E Eu mesmo pelexarei contra vós con man estendida e brazo poderoso, cheo de ira, furor e grande anoxo.6Ferirei os habitantes desta cidade, ben sexan persoas ou animais, que morrerán de gran pestilencia. 7E despois disto -di Iahveh- entregarei a Sedequías, rei de Xudá, e aos seus servos, e ao pobo e aos que sobrevivan nesta cidade da pestilencia, da espada e da fame, nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, nas mans dos seus inimigos e nas mans dos que buscan as súas vidas; e el feriraos a espada. Non os perdoará nin lles terá piedade nin compaixón.8E dirás a este pobo: así di Iahveh: velaí que poño diante de vós o camiño da vida e o camiño da morte. 9O que quede nesta cidade morrerá á espada, de fame e de pestilencia; pero o que saia e se entregue aos caldeos que vos asedian, vivirá, e terá a súa propia vida por botín. 10Porque puxen o meu rostro contra esta cidade para mal, e non para ben, di Iahveh: será entregada en mans do rei de Babilonia, que a queimará con lume.11E dixen á casa do rei de Xudá: -Escoitade a palabra de Iahveh: 12Casa de David, así di Iahveh: -Ide pronto a facer xustiza e librade o despoxado das mans do seu opresor, non sexa que a miña indignación saia coma lume, e arda de modo que non haxa quen o apague, por mor da maldade dos vosos feitos.13Velaí, Eu estou contra ti, moradora do val, rocha da chaira! di Iahveh; vós que dicides: quen descenderá contra nós? Quen entrará nas nosas moradas? 14Eu castigareivos conforme o froito das vosas obras, di Iahveh, e prenderei lume ao seu bosque que consumirá todo ao seu arredor.
1Así di Iahveh: Baixa á casa do rei de Xudá e fala alí esta palabra, 2e di: "Escoita a palabra de Iahveh, rei de Xudá, que sentas no trono de David, ti, os teus servos e o teu pobo, os que entran por estas portas. 3Así di Iahveh: "Practicade o que é recto e a xustiza, liberade o despoxado das mans do seu opresor. Non maltratedes nin fagades violencia ao estranxeiro, ao orfo nin á viúva, nin derramedes sangue inocente neste lugar.4Porque se en verdade observades este mandamento, entón entrarán reis polas portas desta casa, e sentarán no lugar de David, no seu trono; entrarán montados en carros e cabalos, eles, os seus servos e o seu pobo. 5Pero se non obedecedes estas palabras, xuro por min mesmo, di Iahveh, que esta casa virá ser unha desolación.6Porque así di Iahveh sobre a casa do rei de Xudá: Ti es para min coma o bosque de Galaad, coma o cumio do Líbano; pero certamente convertereite en deserto, coma unha cidade deshabitada. 7Designarei contra ti destrutores, cada un coas súas armas, e cortarán os teus cedros máis selectos e botaranos no lume.8Pasarán moitas nacións xunto a esta cidade, e dirán cada un ao seu próximo: por que fixo así Iahveh a esta gran cidade? 9Entón responderán: porque abandonaron o pacto de Iahveh o seu Deus, e prostráronse diante doutros deuses e servíronos.10Non choredes polo morto nin vos lamentedes por el, chorade amargamente polo que se vai, porque xamais volverá nin endexamais verá a súa terra natal.11Porque así di Iahveh sobre Salum, fillo de Iosías, rei de Xudá, que reinou en lugar do seu pai Iosías, e que saíu deste lugar: nunca máis volverá aquí; 12senón que no lugar onde o levaron prisioneiro, alí morrerá, e non verá máis esta terra.13Ai do que edifica a súa casa con inxustiza e os seus apousentos altos sen dereito, que fai traballar o seu próximo de balde e non lle dá o seu soldo. 14O que di: "edificarei unha casa espaciosa con amplos salóns; abrireille fiestras, poreille o recuberto de cedro e heina pintar de vermello."15Pensas que ti es rei porque compites en obras de cedro? Se o teu pai comeu e bebeu e lle foi ben, é porque practicou o dereito e a xustiza. 16Defendeu a causa do pobre e do necesitado; por iso foille ben. Non é isto coñecerme a min? di Iahveh.17Pero os teus ollos e o teu corazón só están para a túa propia ganancia, para verter sangue inocente, e para practicar a opresión e a violencia. 18Por tanto, así di Iahveh sobre Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá: "Non chorarán por el dicindo: ai, meu irmán!, ai irmá! Non lamentarán por el: ai, señor! Ai, maxestade! 19Enterrarano coma a un asno: arrastrado e botado fóra das portas de Xerusalém.20Sube ao Líbano e clama, e dá voces en Basán; clama tamén dende Abarim, porque foron destruídos todos os teus amantes. 21Faleiche na túa prosperidade, pero dixeches: non escoitarei. Este foi o teu costume dende a túa mocidade: nunca escoitaches a miña voz.22O vento arrasará a todos os teus pastores, e os teus amantes irán ao cativerio; entón certamente serás avergoñada e humillada por mor de todas as túas maldades. 23Ti que moras no Líbano, que fas o teu niño nos cedros, como xemerás cando che veñan as angurias, as dores coma de muller de parto!24Vivo Eu! Di Iahveh, aínda que Conías, fillo de Ioacim, rei de Xudá, fose un anel na miña man dereita, aínda de alí o arrincaría. 25Entregareite nas mans dos que buscan a túa vida, nas mans dos que ti temes: nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e nas mans dos caldeos. 26Botareite a ti e á nai que te deu a luz a un país estraño, onde non nacestes, e alí morreredes.27Pero non volverán á terra á que con toda a alma desexan volver. 28Ese Conías, é un vaso roto, desprezable? É un cachifallo inútil? Por que foron expulsados el e os seus descendentes e botados a unha terra descoñecida?29Terra, terra, terra! Escoita a palabra de Iahveh. 30Así di Iahveh: Inscribe a este home como sen fillos, home que non prosperará nos seus días; porque ningún dos seus descendentes conseguirá sentar sobre o trono de David nin gobernar en Xudá.
1Ai dos pastores que destrúen e dispersan as ovellas do meu pasteiro! -di Iahveh- 2Por tanto, así di Iahveh, Deus de Israel, sobre os pastores que apacentan o meu pobo: -Vós dispersastes as miñas ovellas e afastástelas, e non vos ocupastes delas; velaquí, Eu ocupareime de vós pola maldade das vosas obras - di Iahveh-.3Eu mesmo reunirei o remanente das miñas ovellas de tódalas terras onde as dispersei, e fareinas volver aos seus pastos; e medrarán e multiplicaranse. 4Porei sobre elas pastores que as apacentarán, e endexamais terán temor, nin se aterrarán, nin faltará ningunha - di Iahveh-.5"Velaí, veñen días - di Iahveh - nos que levantarei a David un xermolo xusto; e El reinará como rei, actuará sabiamente, e practicará o dereito e a xustiza na terra. 6Nos seus días Xudá será salvo, e Israel vivirá seguro; e este é o seu nome polo que será chamado: Iahveh é a nosa xustiza.7Por tanto, velaí, veñen días - di Iahveh - cando non dirán máis: vive Iahveh, que fixo subir os fillos de Israel da terra de Exipto, 8senón: "Vive Iahveh que fixo subir e trouxo os descendentes da casa de Israel da terra do norte e de tódalas terras onde os dispersara; e habitarán na súa propia terra."9En canto aos profetas: "O meu corazón está quebrantado dentro de min, e todos os meus ósos estremécense; vin ser coma un bébedo, coma un home vencido polo viño, por mor de Iahveh e por mor das súas santas palabras." 10A terra está chea de adúlteros; por mor dos falsos xuramentos a terra está de loito; os pastos do deserto secaron, pois a carreira deles é mala e o seu poder é un abuso.11Porque tanto o profeta coma o sacerdote están corrompidos, e aínda na miña casa atopo as súas maldades, di Iahveh. 12Polo tanto, o seu camiño será para eles esvaradío, serán empurrados ás tebras e nelas caerán; porque traerei sobre eles calamidade no ano do seu castigo, di Iahveh."13Ademais, entre os profetas de Samaria vin algo ofensivo: profetizaban no nome de Baal desencamiñando o meu pobo Israel. 14Tamén vin algo terrible entre os profetas de Xerusalém: cometían adulterio e andaban en mentiras; fortalecían as mans dos malfeitores para que ninguén se convertera da súa maldade. Todos eles volvéronse coma Sodoma, e os seus habitantes coma Gomorra. 15Por tanto, así di Iahveh dos exércitos acerca dos profetas: "Velaquí, dareilles a comer absintio e dareilles a beber auga envelenada, porque dos profetas de Xerusalém saíu a corrupción por toda a terra."16Así di Iahveh dos exércitos: -Non escoitedes as palabras dos profetas que vos profetizan. Eles guíanvos cara a falsas esperanzas; contáronvos a visión da súa propia fantasía, non da boca de Iahveh. 17Din continuamente aos que me desprezan: "Iahveh dixo: teredes paz." E a todo o que anda na dureza do seu corazón din: "non virá calamidade sobre vós." 18Pero quen estivo no consello de Iahveh, e viu e escoitou a súa palabra? Quen prestou atención á súa palabra e a escoitou?19Velaí, a tempestade de Iahveh saíu con furor, e unha tormenta impetuosa hase precipitar sobre a cabeza dos impíos. 20A ira de Iahveh non se afastará ata que faga e leve a cabo as intencións do seu corazón. Nos derradeiros días entenderédelo claramente.21Eu non mandei a eses profetas, pero eles correron; non lles falei, pero eles profetizaron. 22Pero se eles estivesen no meu consello, terían feito oír as miñas palabras ao meu pobo, e faríanlles volver do seu mal camiño e da maldade das súas obras.23Son Eu un Deus de preto - di Iahveh - e non un Deus de lonxe? 24Pode algún agocharse de xeito que Eu non o vexa? -di Iahveh- Non encho Eu os ceos e a terra? -di Iahveh-.25Escoitei o que din os profetas que profetizan mentira no meu nome, dicindo: tiven un soño, tiven un soño! 26Ata cando? Que hai nos corazóns dos profetas que profetizan a mentira, dos profetas que proclaman o engano do seu corazón? 27Que tratan de que o meu pobo esqueza o meu nome cos soños que se contan uns a outros, tal como os seus pais esqueceron o meu nome por causa de Baal?28O profeta que teña un soño, que conte o seu soño, pero o que teña a miña palabra, que fale a miña palabra con fidelidade. Que ten que ver a palla co trigo? Dixo Iahveh. 29Non é a miña palabra coma lume - di Iahveh - e coma un martelo que esnaquiza a rocha en anacos? 30Por tanto, velaí, estou contra os profetas que rouban as miñas palabras un a outro, di Iahveh.31Velaí, estou na contra dos profetas - di Iahveh - que usan as súas linguas e din: Foi El quen o dixo. 32Velaí, estou contra dos que profetizan soños falsos - di Iahveh - e cóntanos e fan errar ao meu pobo coas súas mentiras e as súas presuncións, cando Eu non os mandei nin lles dei ordes, nin son de proveito algún para este pobo - di Iahveh.33E cando che pregunte este pobo, ou o profeta, ou o sacerdote, dicindo: cal é a profecía de Iahveh? Diraslles: que profecía? Di Iahveh: Eu abandonareivos. 34E ao profeta, ao sacerdote ou ao pobo que diga: profecía de Iahveh! Traerei castigo sobre tal home e sobre a súa casa.35Así diredes cada un ao seu próximo e cada un a seu irmán: que respondeu Iahveh? Que falou Iahveh? 36E non vos lembredes máis da profecía de Iahveh, porque a palabra de cada un lle será por profecía, pois pervertedes as palabras do Deus vivo, de Iahveh dos exércitos, o noso Deus.37Así lle dirás ao profeta: que che respondeu Iahveh? Que falou Iahveh? 38Pero se dicides: "Profecía de Iahveh! Entón así di Iahveh: "Porque dixestes esta palabra: "Profecía de Iahveh! Aínda que eu teño mandado a dicirvos: non digades: Profecía de Iahveh! 39Por tanto, velaí, certamente esquecereivos e botareivos da miña presenza, xunto coa cidade que vos dei a vós e aos vosos pais; 40e porei sobre vós aldraxe eterna e humillación eterna que nunca será esquecida.
1Iahveh amosoume dúas cestas de figos colocadas diante do templo de Iahveh, despois que Nabucodonosor, rei de Babilonia, desterrou a Ieconías, fillo de Ioacim, rei de Xudá, e aos oficiais de Xudá xunto cos artesáns e ferreiros de Xerusalém, e os levou a Babilonia. 2Unha canastra tiña figos moi bos, coma os primeiros figos maduros; e a outra tiña figos moi malos, que de apodrentos non se podían comer. 3Entón Iahveh díxome: -Que ves, Xeremías? E dixen: -Figos; os figos bos, son moi bos, e os malos, moi malos, que de apodrentos non se poden comer.4E veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 5Así di Iahveh, Deus de Israel: "Como a estes figos bos, así considerarei como bos aos desterrados de Xudá que Eu mandei deste lugar á terra dos caldeos. 6Porque porei os meus ollos sobre eles para ben, e traereinos de novo a esta terra; edificareinos e non os derrubarei, plantareinos e non os arrincarei. 7E dareilles un corazón para que me coñezan, porque Eu son Iahveh; e eles serán o meu pobo e Eu serei o seu Deus, pois volverán a min de todo o seu corazón.8Pero como aos figos malos que de apodrentos non se poden comer -así di Iahveh- do mesmo xeito abandonarei a Sedequías, rei de Xudá, aos seus oficiais, ao remanente de Xerusalém que queda nesta terra, e aos que viven na terra de Exipto. 9Farei deles motivo de espanto e de calamidade para todos os reinos da terra, de aldraxe e refrán, de burla e maldición en todos os lugares onde os dispersarei. 10E mandarei sobre eles a espada, a fame e a pestilencia ata que sexan exterminados da terra que lles dei a eles e aos seus pais.
1Palabra que veu a Xeremías en canto ao pobo de Xudá, no ano cuarto de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá (e este era o primeiro ano de Nabucodonosor, rei de Babilonia), 2a que o profeta Xeremías falou a todo o pobo de Xudá e a tódolos habitantes de Xerusalém, dicindo:3Dende o ano décimo terceiro de Iosías, fillo de Amón, rei de Xudá, ata hoxe, nestes vinte e tres anos a palabra de Iahveh veu a min, e faleivos repetidamente, pero non escoitastes. 4Iahveh mandouvos repetidamente a tódolos seus servos os profetas, mais non escoitastes nin inclinastes o voso ouvido para escoitar,5cando dicían: "Volvede agora cada un do voso camiño e da maldade das vosas obras, e habitaredes na terra que Iahveh vos deu a vós e aos vosos pais para sempre; 6non vaiades tras outros deuses para servilos e prostrarvos diante deles, non me provoquedes a ira coa obra das vosas mans, e non vos farei ningún mal.7Pero non me escoitastes - di Iahveh - de xeito que me provocastes a ira coa obra das vosas mans para o voso propio mal. 8Por tanto, así di Iahveh dos exércitos: "Porque non obedecestes as miñas palabras, 9velaí, mandarei buscar a tódalas familias do norte - di Iahveh - e a Nabucodonosor, rei de Babilonia, meu servo, e traereinos contra esta terra, contra os seus habitantes e contra tódalas nacións arredor; destruireinos por completo e fareinos obxecto de terror, de burla e de desolación eterna.10E farei que cese deles a voz do gozo e os berros de ledicia, a voz do noivo e a voz da noiva, o son das pedras de muíño e a luz da lámpada. 11Toda esta terra hase converter en desolación e terror, e estas nacións servirán ao rei de Babilonia setenta anos.12"Despois de que se cumpran os setenta anos, castigarei o rei de Babilonia e a esa nación pola súa iniquidade - di Iahveh - e converterei a terra dos caldeos nunha desolación eterna." 13E traerei sobre esa terra todas as palabras que falei contra ela, todo o que está escrito neste libro que Xeremías profetizou contra todas estas nacións. 14Pois tamén elas mesmas serán escravas de moitas nacións e grandes reis, e así heilles pagar conforme os seus feitos e conforme a obra das súas mans.15Porque así me di Iahveh, Deus de Israel: -Toma da miña man esta copa de viño da miña indignación, e fai que beban dela tódalas nacións ás que te mando. 16E beberán e calambearanse e enlouquecerán por mor da espada que mandarei entre elas.17Entón tomei a copa da man de Iahveh, e fixen beber dela a tódalas nacións ás que Iahveh me mandou: 18a Xerusalém e ás cidades de Xudá, aos seus reis e aos seus príncipes, para poñelos por desolación, terror, burla e maldición, como ata hoxe;19a Faraón, rei de Exipto, aos seus servos, aos seus príncipes e a todo o seu pobo; 20a tódolos estranxeiros, a tódolos reis da terra de Uz, a tódolos reis da terra dos filisteos (é dicir, Ascalón, Gaza, Ecrón e ao remanente de Asdod); 21a Edom, a Moab e aos fillos de Amón;22a tódolos reis de Tiro, a tódolos reis de Sidón e aos reis das costas que están máis aló do mar; 23a Dedan, a Tema, a Buz e a todos os que se rapan as seiras;24a tódolos reis de Arabia e a tódolos reis dos estranxeiros que viven no deserto; 25a tódolos reis de Zimri, a tódolos reis de Elam e a tódolos reis da Media; 26a tódolos reis do norte, os de preto e os de lonxe, un tras outro, e a tódolos reinos do mundo que están sobre a terra. O rei de Sesac beberá despois deles.27E diraslles: así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: bebede, embebedádevos, vomitade, caede e non vos levantedes por mor da espada que Eu mandarei entre vós. 28E acontecerá que se rexeitan tomar a copa da túa man para beber, diraslles: así di Iahveh dos exércitos: habedes beber dela sen remedio. 29Porque velaí que comezo a causar mal nesta cidade que é chamada polo meu nome, e quedaredes vós sen castigo algún? Non quedaredes sen castigo, porque chamo á espada contra todos os habitantes da terra -di Iahveh dos exércitos-30Ti, pois, profetizarás contra eles todas estas palabras, e diraslles: "Iahveh ruxirá dende o alto, e fará resoar a súa voz dende a súa santa morada; ruxirá fortemente contra o seu rabaño. Dará berros como os que pisan as uvas contra todos os habitantes da terra. 31E o estrondo chega ata o fin da terra, porque Iahveh ten un litixio contra as nacións; entra en xuízo contra toda carne; e vai facer executar os culpables, di Iahveh.32Así di Iahveh dos exércitos: "Velaí, o mal vai de nación en nación, e unha gran tempestade érguese dos confíns da terra. 33E os mortos por Iahveh xacerán dende un extremo da terra ata o outro. Non os chorarán, nin os recollerán, nin os sepultarán; serán coma esterco sobre a face da terra.34Xemede, pastores, e clamade! Envolvédevos en cinza, maiores do rabaño! Cumpríronse os días da vosa matanza e da vosa dispersión, e caeredes coma un vaso precioso. 35Non haberá refuxio para os pastores, nin fuxida para os maiorais do rabaño. 36Escoitase o son do clamor dos pastores, e o xemido dos maiorais do rabaño! Porque Iahveh está a destruír os seus pastos,37Nos pastos só hai silencio, por mor da ira ardente de Iahveh. 38Abandonou coma un león a súa gorida, porque a súa terra converteuse en terror polo furor da espada opresora, e por mor da súa ardente ira.
1Ao comezo do reinado de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, veu esta palabra de Iahveh, dicindo: 2Así di Iahveh: "Ponte no atrio da casa de Iahveh, e fala a tódalas cidades de Xudá que veñen a adorar na casa de Iahveh tódalas palabras que che mandei dicirlles. Non omitas nin unha palabra. 3Pode ser que escoiten e se volvan cada un do seu mal camiño, e eu desista do mal que penso facerlles por mor da maldade das súas obras.4Diraslles: -Así di Iahveh: se non me escoitades, para andar na miña lei que puxen diante de vós, 5escoitando as palabras dos meus servos os profetas que vos mandei repetidamente, pero non os escoitastes, 6entón hei reducir esta casa coma Silo, e porei esta cidade por maldición para todas as nacións da terra.7E os sacerdotes, os profetas e todo o pobo escoitaron a Xeremías dicir estas palabras na casa de Iahveh. 8Cando Xeremías rematou de dicir todo o que Iahveh lle mandara falar a todo o pobo, apresárono os sacerdotes, os profetas e todo o pobo, dicindo: -De certo, morrerás! 9Por que profetizaches no nome de Iahveh, dicindo: esta casa será coma Silo e esta cidade quedará desolada sen habitante algún? E xuntouse todo o pobo contra Xeremías na casa de Iahveh.10Cando os príncipes de Xudá escoitaron estas cousas, subiron da casa do rei á casa de Iahveh, e sentaron na entrada da porta nova da casa de Iahveh. 11Entón os sacerdotes e os profetas falaron aos príncipes e a todo o pobo, dicindo: -Este home ten que morrer, porque profetizou contra esta cidade, como escoitastes cos vosos propios ouvidos! 12Entón Xeremías falou a tódolos príncipes e a todo o pobo, dicindo: -Iahveh mandoume a profetizar contra esta casa e contra esta cidade todas as palabras que escoitastes.13Agora ben, emendade os vosos camiños e as vosas obras, e escoitade a voz de Iahveh o voso Deus, e Iahveh desistirá do mal que pronunciou contra vós. 14En canto a min, velaí estou nas vosas mans; facede de min como mellor e máis recto sexa aos vosos ollos. 15Pero sabede ben que se me matades, botaredes sangue inocente sobre vós e sobre esta cidade e sobre os seus habitantes; porque en verdade Iahveh mandoume a vós para falar todas estas palabras aos vosos ouvidos.16Entón dixeron os príncipes e todo o pobo aos sacerdotes e aos profetas: -Que non haxa sentenza de morte para este home, porque no nome de Iahveh o noso Deus nos falou. 17E erguéronse algúns dos anciáns do país e falaron a toda a asemblea do pobo, dicindo:18Miqueas de Moréset profetizou en días de Ezequías, rei de Xudá, e falou a todo o pobo de Xudá, dicindo: -Así di Iahveh dos exércitos: Sión será arrasada coma un campo, Xerusalém hase converter nun montón de ruínas, e o monte do santuario será coma os lugares altos dun bosque. 19Será que lle deron morte Ezequías, rei de Xudá, e todo Xudá? Non temeu o rei a Iahveh e suplicou o favor de Iahveh, de tal xeito que Iahveh desistiu do mal que pronunciara contra eles? Nós, pois, estamos a cometer un grande mal contra nós mesmos.20E houbo tamén un home que profetizou no nome de Iahveh, Urías, fillo de Semías de Quiriat-Xearim, que profetizou contra esta cidade e contra esta terra palabras semellantes a todas as de Xeremías. 21Cando o rei Ioacim e tódolos seus valentes e tódolos príncipes escoitaron as súas palabras, o rei procurou matalo; pero cando Urías soubo diso, tivo medo, e fuxiu a Exipto.22Entón o rei Ioacim mandou homes a Exipto: a Elnatán, fillo de Acbor, e a outros homes con el, a Exipto. 23E trouxeron a Urías de Exipto e levárono ao rei Ioacim, quen o matou á espada e botou o seu cadáver nos sepulcros dos fillos do pobo. 24Entón Ahicam, fillo de Safán, fíxose cargo de Xeremías, de maneira que non foi entregado nas mans do pobo para que lle deran morte.
1No comezo do reinado de Sedequías, fillo de Iosías, rei de Xudá, veu esta palabra de parte de Iahveh a Xeremías, dicindo: 2Así me di Iahveh: -Faite cabestros e xugos e ponos ao teu pescozo, 3e manda palabra ao rei de Edom, ao rei de Moab, ao rei dos fillos de Amón, ao rei de Tiro e ao rei de Sidón por medio dos mensaxeiros que veñen a Xerusalém a ver a Sedequías, rei de Xudá. 4E encargaraslles aos seus señores: así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel, así diredes aos vosos señores:5Eu fixen a terra, as persoas e os animais que están sobre a terra co meu gran poder e co meu brazo estendido, e doulla a quen Eu queira. 6E agora Eu puxen todas estas terras nas mans de meu servo Nabucodonosor, rei de Babilonia, meu servo, e deille tamén as bestas do campo para que lle sirvan. 7E serviranlle tódalas nacións, a el, ao seu fillo, e ao fillo do seu fillo, ata que chegue tamén a hora á súa propia terra; entón moitas nacións e grandes reis farano o seu servo.8E acontecerá que a nación ou o reino que non sirva a Nabucodonosor, rei de Babilonia, e que non poña o seu pescozo baixo o xugo do rei de Babilonia, coa espada, coa fame e coa pestilencia castigarei a esa nación, di Iahveh, ata que a destrúa pola súa man.9Vós, pois, non escoitedes os vosos profetas, os vosos adiviños, os vosos soñadores, os vosos agoireiros nin os vosos bruxos que vos falan, dicindo: non serviredes o rei de Babilonia! 10Porque eles profetízanvos mentira, para vos afastar da vosa terra, e para que Eu vos expulse e perezades. 11Pero a nación que poña o seu pescozo baixo o xugo do rei de Babilonia e lle sirva, farei que permaneza na súa terra - di Iahveh - e cultivaraa e habitará nela.12E a Sedequías, rei de Xudá, falei conforme a todas estas palabras, dicindo: -Poñede o voso pescozo baixo o xugo do rei de Babilonia, e servídeo a el e ao seu pobo, e viviredes! 13Por que ides morrer, ti e o teu pobo, pola espada, a fame e a pestilencia, tal como falou Iahveh da nación que non queira servir o rei de Babilonia?14Non escoitedes, pois, as palabras dos profetas que vos falan, dicindo: non serviredes o rei de Babilonia! Porque vos profetizan mentira. 15Eu non os mandei - di Iahveh - e eles profetizan mentira no meu nome, para que Eu vos expulse e perezades vós e os profetas que vos profetizan.1816Aos sacerdotes e a todo este pobo, faleilles dicindo: -Así di Iahveh: non escoitedes as palabras dos vosos profetas que vos profetizan, dicindo: velaquí, os utensilios da casa de Iahveh serán devoltos axiña de Babilonia! Porque eles profetízanvos mentira. 17Non os escoitedes; servide o rei de Babilonia e viviredes, e esta cidade non ha quedar desolada. Mais se eles son profetas, e se a palabra de Iahveh está con eles, que intercedan agora a Iahveh dos exércitos para que os utensilios que quedan na casa de Iahveh, na casa do rei de Xudá e en Xerusalém, non sexan levados a Babilonia.19Porque así di Iahveh dos exércitos sobre as columnas, o mar, os pedestais e os demais utensilios que quedan nesta cidade, 20os que non colleu Nabucodonosor, rei de Babilonia, cando levou ao deserto a Ieconías, fillo de Ioacim, rei de Xudá, de Xerusalém á Babilonia con tódolos nobres de Xudá e de Xerusalém.21Si, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel, sobre os utensilios que quedan na casa de Iahveh, na casa do rei de Xudá e en Xerusalém: 22- Serán levados a Babilonia, e alí quedarán ata o día no que Eu me lembre deles -di Iahveh- entón traereinos e devolvereinos a este lugar.
1Naquel mesmo ano, no comezo do reinado de Sedequías, rei de Xudá, no quinto mes do ano cuarto, o profeta Ananías, fillo de Azur, que era de Gabón, faloume na casa de Iahveh en presenza dos sacerdotes e de todo o pobo, dicindo: 2Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Quebrei o xugo do rei de Babilonia!3Dentro de dous anos farei volver a este lugar todos os utensilios da casa de Iahveh, que Nabucodonosor, rei de Babilonia, colleu deste lugar e levou a Babilonia. 4E a Ieconías, fillo de Ioacim, rei de Xudá, e a tódolos exiliados de Xudá que foron a Babilonia, Eu fareinos volver a este lugar -di Iahveh- porque quebrarei o xugo do rei de Babilonia.5O profeta Xeremías respondeu ao profeta Hananías en presenza dos sacerdotes e en presenza de todo o pobo que estaba de pé na casa de Iahveh; 6e o profeta Xeremías dixo: -Amén, así o faga Iahveh! Cumpra Iahveh as túas palabras, que profetizaches para que sexan devoltos os utensilios da casa de Iahveh e volvan todos os exiliados de Babilonia a este lugar. 7Pero escoita agora esta palabra que vou falar aos teus ouvidos e aos ouvidos de todo o pobo:8Os profetas que foron antes de min e antes de ti dende a antigüidade, profetizaron guerra, calamidade e pestilencia contra moitas terras e contra grandes reinos. 9Se un profeta profetiza paz, cando se cumpra a palabra do profeta, entón ese profeta será coñecido como aquel a quen Iahveh en verdade mandou.10Entón o profeta Ananías quitou o xugo do pescozo do profeta Xeremías e partiuno. 11E Ananías falou en presenza de todo o pobo, dicindo: -Así di Iahveh: deste xeito quebrarei o xugo de Nabucodonosor, rei de Babilonia, dentro de dous anos, do pescozo de tódalas nacións. E o profeta Xeremías foise polo seu camiño.12Entón veu a Xeremías a palabra de Iahveh, despois de que Ananías quebrara o xugo do pescozo do profeta Xeremías, dicindo: 13Vai e fala a Hananías, e dille: -Así di Iahveh: quebraches xugos de madeira, pero no seu lugar farás xugos de ferro! 14Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Puxen xugo de ferro sobre o pescozo de tódalas nacións, para que sirvan a Nabucodonosor, rei de Babilonia, e elas han servilo. E deille tamén as bestas do campo."15E o profeta Xeremías dixo ao profeta Hananías: -Escoita agora, Hananías, Iahveh non te mandou, e ti fixeches que este pobo confíe nunha mentira. 16Por tanto, así di Iahveh: "Velaí, voute quitar de sobre a face da terra. Este ano morrerás, porque aconsellaches a rebelión contra Iahveh." 17E morreu o profeta Hananías ese mesmo ano, no sétimo mes.
1Estas son as palabras da carta que o profeta Xeremías mandou dende Xerusalém ao resto dos anciáns do deserto, aos sacerdotes, aos profetas e a todo o pobo que Nabucodonosor levara deportados de Xerusalém á Babilonia. 2(Isto aconteceu despois de saír de Xerusalém o rei Ieconías e a raíña nai, os oficiais do tribunal, os príncipes de Xudá e de Xerusalém, os artesáns e os ferreiros). 3A carta foi enviada pola man de Elasa, fillo de Safán, e por Iemarías, fillo de Hilcias, a quen Sedequías, rei de Xudá, mandou a Babilonia, a Nabucodonosor, rei de Babilonia, dicindo:4Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel, a todos os exiliados que mandei ao desterro de Xerusalém á Babilonia: 5Edificade casas e habitádeas, plantade hortas e comede do seu froito.6Tomade mulleres e enxendrade fillos e fillas, tomade mulleres para os vosos fillos e dádelles as vosas fillas a maridos para que dean a luz fillos e fillas, e multiplicádevos alí e non diminuades. 7E buscade o benestar da cidade onde vos desterrei, e rogade a Iahveh por ela; porque no seu benestar teredes ben.8Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Non vos enganen os vosos profetas que están no medio de vós, nin os vosos adiviños, nin escoitedes os soños que soñan. 9Porque profetízanvos falsamente no meu nome; Eu non os mandei, di Iahveh.10Pois así di Iahveh: "Cando se lle cumpran en Babilonia setenta anos, Eu heivos visitar e cumprirei a miña boa palabra de facervos volver a este lugar. 11Porque Eu sei os plans que teño para vós - di Iahveh - plans de paz e non de calamidade, para darvos un futuro e unha esperanza.12Invocarédesme, e viredes a rogarme, e Eu escoitareivos. 13Buscarédesme e atoparédesme, cando me busquedes con todo o corazón. 14Si, deixareime atopar por vós - di Iahveh - e restaurarei o voso benestar e reunireivos de tódalas nacións e de tódolos lugares onde vos expulsei e traereivos de novo ao lugar de onde vos mandei ao deserto, di Iahveh.15Por canto dixestes: "Iahveh levantounos profetas en Babilonia," 16(pois así di Iahveh sobre o rei que senta sobre o trono de David, e sobre todo o pobo que vive nesta cidade, os vosos irmáns que non foron con vós ao deserto), 17así di Iahveh dos exércitos: "Velaquí, Eu mando contra eles a espada, a fame e a pestilencia, e poñereinos coma figos malos que de apodrentos non se poden comer.18Perseguireinos coa espada, coa fame e coa pestilencia, e fareinos motivo de espanto para todos os reinos da terra, para que sexan maldición, terror, burla e aldraxe entre tódalas nacións onde os arroxei, 19porque non escoitaron as miñas palabras que lles mandei repetidamente por medio dos meus servos os profetas; pero non escoitastes - di Iahveh.20Escoitade, pois, a palabra de Iahveh, vós todos os exiliados, a quen expulsei de Xerusalém á Babilonia! 21Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel, sobre Acab, fillo de Colías, e sobre Sedequías, fillo de Maasías, que vos profetizan mentira no meu nome: velaí, entregareinos en mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e el haos matar diante dos vosos ollos.22E eles serán a orixe desta maldición que se escoitará entre todos os exiliados de Xudá que están en Babilonia, dicindo: que Iahveh te faga coma a Sedequías e coma a Acab, a quen o rei de Babilonia asou ao lume! 23Porque actuaron insensatamente en Israel, cometeron adulterio coas mulleres do seu próximo e falaron no meu nome palabras falsas que non lles mandei. Seino e dou testemuña, di Iahveh .24E a Semías o nehelamita falarás, dicindo: 25Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Porque mandaches cartas no teu nome a todo o pobo que está en Xerusalém, e ao sacerdote Sofonías, fillo de Maasías, e a tódolos sacerdotes, dicindo a Sofonías: 26Iahveh púxote por sacerdote en lugar do sacerdote Ioiadá, para estar a cargo na casa de Iahveh de todo o que se desmande e que profetice, a fin de que o poñas na cadea e no cepo.27Entón, por que non reprendiches a Xeremías de Anatot que vos profetiza? 28Porque el mandounos mensaxe a Babilonia, dicindo: "O cativerio será longo; edificade casas e habitádeas, plantade hortas e comede do seu froito." 29E Sofonías o sacerdote leu esta carta a ouvidos do profeta Xeremías,30e a palabra de Iahveh veu a Xeremías, dicindo: 31"Manda mensaxe a tódolos exiliados, dicindo: así di Iahveh sobre Semaías o nehelamita: porque Semaías vos profetizou sen que Eu o mandara, e vos fixo confiar nunha mentira, 32por tanto, así di Iahveh: "Velaí, vou castigar a Semaías o nehelamita e a súa descendencia; non terá a ninguén que habite no medio deste pobo, nin verá o ben que vou facer ao meu pobo, di Iahveh, porque predicou rebelión contra Iahveh.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: 2Así di Iahveh, Deus de Israel: -Escribe nun libro tódalas palabras que che falei. 3Porque, velaí, veñen días, di Iahveh, cando restaurarei o benestar do meu pobo, Israel e Xudá. Tamén os farei volver á terra que dei aos seus pais, e han disfrutala.4Estas son as palabras que Iahveh falou sobre Israel e Xudá: 5Así di Iahveh: "Oín voces de terror, de pánico, e non de paz!6Preguntade agora, e vede se dá a luz o varón. Entón por que vexo a tódolos homes coas mans sobre os seus lombos, coma muller de parto e os seus rostros pálidos e cheos de medo? 7Ai! Porque grande é aquel día, non hai outro semellante a el; é tempo de anguria para Xacob, pero dela será librado.8Acontecerá naquel día - di Iahveh dos exércitos - que quebrarei o xugo do seu pescozo e racharei os cabestros, e os estranxeiros non volverán a sometelos a escravitude, 9senón que servirán a Iahveh o seu Deus, e a David o seu rei, a quen Eu levantarei para eles.10Así que ti non temas, o meu servo Xacob - di Iahveh - non teñas temor, Israel; porque velaí, salvareite de lugar remoto, e á túa descendencia da terra da súa catividade. E Xacob volverá, e estará acougado e seguro, e non haberá quen o espante. 11Porque Eu estou contigo - di Iahveh - para salvarte; pois rematarei con tódalas nacións entre as que te dispersei, pero a ti non te hei destruír, senón que te castigarei con xustiza; de ningunha maneira te deixarei sen castigo.12Porque así di Iahveh: "Incurable é o teu quebranto, e grave a túa ferida. 13Non hai quen defenda a túa causa; para a túa chaga hai cura, dolorosa é a túa ferida.14Todos os teus amantes esquecéronse de ti e xa non te buscan; porque feríronte coa ferida do inimigo, co castigo do inimigo cruel, polo grande que é a túa iniquidade e o numerosos que son os teus pecados. 15Por que te laias por mor da túa ferida? A túa dor é incurable. Pola grandeza da túa iniquidade e o grande número dos teus pecados, fixenches isto.16Por tanto, todos os que te devoran serán devorados, e todos os teus adversarios, todos eles, irán ao cativerio; todos os que te saqueen serán saqueados, e todos os que te despoxen serán despoxados. 17Porque Eu restaurarei a túa saúde, e sandareite das túas feridas - di Iahveh - porque te chamaron repudiada, dicindo: esta é Sión, ninguén se preocupa por ela!18Así di Iahveh: "Velaí, restaurarei o benestar das tendas de Xacob, e terei misericordia das súas moradas; a cidade será reedificada sobre as súas ruínas, e o pazo será asentado onde lle pertence. 19Sairá deles cantiga de agradecemento e a voz dos que se divirten; multiplicareinos e non diminuirán, honrareinos e non serán menosprezados.20E serán os seus fillos coma antes, a súa congregación diante de min será confirmada, e Eu castigarei a todos os seus opresores. 21Dela sairá un príncipe, dela sairá o seu xefe, e Eu atraereino ata min. Quen, de non ser así, tería valor para arriscarse a achegarse a min? Di Iahveh. 22E vós seredes o meu pobo, e Eu serei o voso Deus.23Velaí, a tempestade de Iahveh saíu con furor; unha tempestade devastadora descargará sobre a cabeza dos malvados. 24A ira ardente de Iahveh non terá acougo ata que faga e cumpra os propósitos do seu corazón; nos últimos días entenderedes isto.
1Naquel tempo - di Iahveh - Eu serei o Deus de tódalas familias de Israel, e eles serán o meu pobo. 2Así di Iahveh: "O pobo que fuxiu da espada atopou graza no deserto, Israel vai á procura do seu descanso. 3De lonxe aparecéuselle Iahveh dicíndolle: "Ameite con amor eterno, por iso te atraín coa miña misericordia."4De novo hei de te edificar, e serás reedificada, virxe de Israel; de novo tomarás os teus pandeiros, e sairás bailando chea de ledicia. 5De novo plantarás viñas nos montes de Samaria, e os que plantan colleitaranas. 6Porque haberá un día no que berrarán os gardas na rexión montañosa de Efraín: Erguédevos e subamos a Sión, a Iahveh o noso Deus!7Porque así di Iahveh: Berrade cheos de xúbilo por Xacob! Dade voces pola primeira das nacións! Proclamade, louvade, e dicide: Iahveh, salvou o seu pobo, o remanente de Israel!8Velaí, Eu fágovos volver do país do norte, e reunireinos dos confíns da terra, e con eles os cegos e os coxos, a muller embarazada e tamén a que está a dar a luz; unha gran compañía volverá aquí. 9Marcharon chorando, mais fareinos volver cheos de consolo; fareinos camiñar xunto a arroios de augas, por camiño recto no que non tropezarán; porque Eu son un pai para Israel, e Efraín é o meu primoxénito.10Escoitade nacións, a palabra de Iahveh, anunciádea nas costas de lonxe, e dicide: "O que dispersou a Israel vaino reunir e gardar coma un pastor o seu rabaño." 11Porque Iahveh rescatou a Xacob, e rescatouno de mans máis fortes ca el.12Virán e berrarán de gozo no alto de Sión, e radiarán de ledicia pola bondade de Iahveh: polo gran, polo viño e polo aceite, e polas crías das ovellas e das vacas. A súa alma será coma horta regada, e nunca máis languidecerán.13Entón alegrarase a virxe danzando, e os mozos e os anciáns xuntos, porque cambiarei o seu loito en ledicia, consolareinos e alegrareinos da súa tristura. 14E encherei con abundancia a alma dos sacerdotes, e o meu pobo será saciado da miña bondade, di Iahveh.15Así di Iahveh: "Sentiuse un berro en Ramá, lamentos e choros amargos. Raquel chora polos seus fillos, e rexeita ser consolada, porque os seus fillos pereceron.16Así di Iahveh: Reprende a túa voz do pranto, e os teus ollos das bágoas, porque hai pago para o teu traballo -di Iahveh- pois volverán da terra do inimigo. 17E hai esperanza para o teu futuro - di Iahveh - os fillos volverán á súa propia terrra.18Escoitei atentamente o lamento de Efraín: azoutáchesme, e fun castigado coma becerro indómito. Faime volver para que sexa restaurado, pois ti, Iahveh, es o meu Deus. 19Porque despois de afastarme, arrepentinme, e despois de que comprendín a miña falta, deime golpes na man; avergoñéime e tamén me humillei, porque levaba a aldraxe da miña mocidade. 20Non é Efraín o meu fillo amado? Non é un neno precioso para min? Pois aínda cando o reprendo, lémbrome del con tenrura, as miñas entrañas conmóvense e xurde a compaixón, di Iahveh.21Levanta para ti sinais, coloca campamentos altos; fai caso da calzada, do camiño no que andaches. Volve, virxe de Israel, volve a estas túas cidades! 22Ata cando andarás errante, filla infiel? Porque Iahveh vai crear algo novo na terra: a muller rondará o home.23Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: Unha vez máis falarán esta palabra na terra de Xudá e nas súas cidades, cando Eu faga volver os exiliados: Iahveh te bendiga, morada de xustiza, monte santo! 24En Xudá e tódalas súas cidades, os xornaleiros e os que van cos rabaños vivirán xuntos. 25Porque Eu hei satisfacer a alma cansada e saciarei a toda alma atribulada. 26Nisto espertei e mirei, e o meu sono foi agradable.27"Velaí, veñen días - di Iahveh - en que sementarei a casa de Israel e a casa de Xudá de semente de home e de semente de animal. 28E como velei sobre eles para arrincar e para derrubar, para dispersar, para destruír e para traer calamidade, así velarei sobre eles para edificar e para plantar - di Iahveh.29Naqueles días non dirán máis: os pais comeron uvas amargas, e os dentes dos fillos tiveron denteira, 30senón que cada un pola súa propia maldade morrerá; os dentes de toda persoa que coma uvas amargas terán denteira.31"Velaí, veñen días - di Iahveh, nos que farei coa casa de Israel e coa casa de Xudá un novo pacto, 32non como o pacto que fixen cos seus pais o día que os tomei da man para sacalos da terra de Exipto, o meu pacto que eles quebraron, aínda que Eu fun un marido para eles, di Iahveh;33Por iso este é o pacto que farei coa casa de Israel despois daqueles días, di Iahveh, porei a miña lei dentro deles, e escribireina nos seus corazóns; e Eu serei o seu Deus e eles serán o meu pobo. 34E non terán que ensinar máis cada un o seu próximo e cada un a seu irmán, dicindo: coñece a Iahveh! Porque todos me coñecerán, dende o máis pequeno deles ata o máis grande, di Iahveh, pois perdoarei a súa maldade, e non lembrarei máis o seu pecado.35Así di Iahveh, o que estableceu o sol para a luz do día, e as leis da lúa e das estrelas para a luz da noite, o que remexe o mar para que bramen as súas ondas; Iahveh dos exércitos é o seu nome: 36Se se afastaran estas leis da miña presenza -di Iahveh- tamén a descendencia de Israel deixará de ser nación diante de min para sempre.37Así di Iahveh: "Se os ceos enriba se puidesen medir, e se se puidesen explorar embaixo os alicerces da terra, tamén Eu rexeitaría toda a descendencia de Israel por todo o que fixeron, di Iahveh.38"Velaí, veñen días - di Iahveh - en que a cidade será reedificada para Iahveh, dende a torre de Hananeel ata a porta do Ángulo. 39E o cordel de medir sairá directo ata o outeiro de Gareb, e virará ata Goa. 40E todo o val dos cadáveres e das cinzas, e tódolos campos ata o arroio Cedrón, ata a esquina da porta dos cabalos cara o oriente, estarán consagrados a Iahveh. A cidade nunca máis será devastada nin destruída.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh no ano décimo de Sedequías, rei de Xudá, que foi o ano décimo oitavo de Nabucodonosor. 2Naquel tempo o exército do rei de Babilonia tiña sitiado a Xerusalém, e o profeta Xeremías estaba encerrado no patio da garda, que estaba na casa do rei de Xudá,3porque Sedequías, rei de Xudá, foi quen de encerralo, acusándoo: - Ti profetizas, dicindo: así di Iahveh: velaí, vou entregar esta cidade nas mans do rei de Babilonia, para que a conquiste. 4Sedequías, rei de Xudá, non fuxirá da man dos caldeos, senón que certamente será entregado nas mans do rei de Babilonia que falará con el cara a cara, e os seus ollos verán os ollos del; 5e el levará a Sedequías a Babilonia, e estará alí ata que Eu o visite. Se loitades contra os caldeos, non teredes éxito, di Iahveh6E Xeremías dixo: -Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 7Velaí, Hanameel, fillo do teu tío Salum, vén a ti, dicindo: merca o campo que teño en Anatot, porque ti tes o dereito de rescate para mercalo.8E veu onda min Hanameel, fillo do meu tío, ao patio da garda conforme a palabra de Iahveh, e díxome: -Rógoche que merques o campo que teño en Anatot, que está na terra de Benxamín, porque ti tes o dereito de posesión e o rescate é teu; mercao para ti. Entón comprendín que esta era a palabra de Iahveh. 9E merquei a Hanameel, fillo do meu tío, o campo que estaba en Anatot, e pesei a prata, dezasete siclos de prata.10Escribín o contrato e púxenlle un selo, fíxeno certificar con testemuñas, e pesei a prata na balanza. 11Logo tomei o contrato de venda, a copia selada segundo o dereito e o costume, e tamén a copia aberta; 12e deille a escritura da propiedade a Baruc, fillo de Nerías, fillo de Maasías, en presenza de Hanameel, fillo do meu tío, en presenza das testemuñas que firmaron a escritura da propiedade e diante de todos os xudeus que se atopaban no patio do cárcere.13E dei orde a Baruc en presenza deles, dicindo: 14-Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Toma estas escrituras, esta escritura da propiedade selada e esta escritura aberta, e gárdaas nun vaso de barro para que se conserven por moito tempo. 15Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: “Aínda se mercaran casas, campos e viñas nesta terra.”16Entón orei a Iahveh, despois de dar a escritura da propiedade a Baruc, fillo de Nerías, dicindo: 17-Ai, Iahveh Deus! Velaí que ti fixeches os ceos e a terra co teu gran poder e co teu brazo estendido; nada é demasiado difícil para ti, 18que amosas misericordia a milleiros, pero que castigas a maldade dos pais nos seus fillos despois deles, Oi Deus grande e poderoso, Iahveh dos exércitos é o seu nome;19grande en consello e poderoso en obras, os seus ollos están abertos sobre todos os camiños dos fillos dos homes, para dar a cada un conforme os seus camiños e conforme o froito das súas obras. 20Ti fixeches sinais e portentos en Exipto, lembrados ata hoxe en Israel e entre todas as nacións; fixécheste un renome, como se ve hoxe. 21E sacaches o teu pobo Israel da terra de Exipto con sinais e portentos, con man forte e con brazo estendido e con fazañas terribles,22e decheslle esta terra, que xuraches dar aos seus pais, terra da que flúe leite e mel. 23E eles entraron e tomaron posesión dela, pero non obedeceron a túa voz nin camiñaron na túa lei. Non fixeron nada de todo o que lles mandaches facer; por iso ti fixeches vir sobre eles toda esta calamidade.24Velaí, as torres de asalto chegan á cidade para conquistala, e a cidade vai ser entregada nas mans dos caldeos que pelexan contra ela, por mor da espada, a fame e a pestilencia. Aconteceu tal como anunciaches, e ti estás a velo. 25E ti, Iahveh Deus disme: "Merca o campo con cartos, e chama as testemuñas; aínda que a cidade sexa entregada nas mans dos caldeos?26Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: 27Velaí, Eu son Iahveh, o Deus de toda carne, haberá cousa imposible para min? 28Polo tanto, así di Iahveh: "Velaquí, entregarei esta cidade nas mans dos caldeos e nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e el ha tomala.29E entrarán os caldeos que atacan esta cidade, e prenderanlle lume e queimarana, xunto coas casas nas que ofreceron incenso a Baal sobre as súas terrazas e derramaron libación a outros deuses para provocarme ira. 30Porque os fillos de Israel e os fillos de Xudá só fixeron o malo aos meus ollos dende a súa mocidade; en verdade os fillos de Israel non fixeron máis ca provocarme a ira coa obra das súas mans -di Iahveh-31Porque motivo da miña ira e do meu furor foi esta cidade para min, dende o día en que a edificaron ata hoxe, de xeito que será quitada da miña presenza 32por todo o mal que os fillos de Israel e os fillos de Xudá fixeron para provocarme a ira, eles, os seus reis, os seus príncipes, os seus sacerdotes, os seus profetas, os xudeos e os habitantes de Xerusalém.33Eles déronme as costas, e non o rostro; aínda que lles ensinaba dende o abrente, unha e outra vez, non escoitaron nin aceptaron corrección, 34senón que puxeron as súas abominacións na casa que é chamada polo meu nome, profanándoa. 35E edificaron os lugares altos de Baal que están no val de Ben-Hinom, para facer pasar polo lume os seus fillos e as súas fillas en honra de Moloc, o que Eu nunca lles mandara, nin me pasou pola mente que eles cometesen esta abominación, para facer que Xudá pecara.36Agora pois, así di Iahveh, Deus de Israel, en canto a esta cidade da que vós dicides: vai ser entregada nas mans do rei de Babilonia pola espada, pola fame e pola pestilencia. 37Velaí que os reunirei de tódalas terras ás que os botei na miña ira, no meu furor e na miña grande indignación, e fareinos volver a este lugar e fareinos vivir seguros.38Eles serán o meu pobo, e Eu serei o seu Deus; 39e dareilles un só corazón e un só camiño, para que me teman sempre, para ben deles e dos seus fillos despois deles. 40Farei con eles un pacto eterno, e non me afastarei deles, para facerlles ben, e infundirei o meu temor nos seus corazóns para que non se afasten de min.41Heime compracer neles facéndolles ben, e certamente heinos plantar nesta terra, con todo o meu corazón e con toda a miña alma. 42Porque así di Iahveh: "Como trouxen a este pobo toda esta gran calamidade así vou traer sobre eles todo o ben que lles prometín.43E mercaranse campos nesta terra da que vós dicides: é unha desolación, sen persoas nin animais; entregada está nas mans dos caldeos. 44A xente mercará campos por cartos, firmará e selará escrituras e chamará a testemuñas, na terra de Benxamín, nos arredores de Xerusalém, nas cidades de Xudá, nas cidades da rexión montañosa, nas cidades da chaira e nas cidades do Neguev. Eu farei volver os seus cativos, di Iahveh.
1Veu a palabra de Iahveh a Xeremías por segunda vez, mentres el aínda estaba detido no patio da garda, dicindo: 2Así di Iahveh que fixo a terra, Iahveh que a formou para establecela; Iahveh é o seu nome: 3"Chámame, e Eu respondereiche e revelareiche cousas grandes e inaccesibles, que ti non coñeces."4Porque así di Iahveh, Deus de Israel, sobre as casas desta cidade e sobre as casas dos reis de Xudá que foron derrubadas para construír defensas contra as torres de asalto e contra a espada: 5Agora veñen a pelexar contra ela os caldeos enchéndoas cos cadáveres dos homes que ferín na miña ira e no meu furor, pois eu agochara o meu rostro desta cidade por mor de toda a súa maldade,6velaí, Eu mesmo traerei saúde e sanidade; sandareinos e revelareilles a abundacia de paz e de verdade. 7Farei volver aos cativos de Xudá e os cativos de Israel e restablecereinos coma no principio. 8Limpareinos de toda a maldade que cometeron contra min, e perdoarei tódalas iniquidades coas que pecaron contra min e coas que transgrediron os meus mandamentos. 9E a cidade será para min un nome de gozo, de loanza e de gloria diante de tódalas nacións da terra, que escoitarán de todo o ben que lle fago, e temerán e tremerán por mor de todo o ben e de toda a paz que lle dou.10Así di Iahveh: "Neste lugar, do que vós dicides: está desolado, sen persoas nin animais, nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém que están desoladas, sen persoas, sen habitantes e sen animais, hase sentir de novo 11a voz de gozo e voz de ledicia, a voz do noivo e a voz da noiva, a voz dos que din: dade grazas a Iahveh dos exércitos, porque Iahveh é bo, porque a súa misericordia é para sempre; e dos que traen ofrenda de acción de grazas á casa de Iahveh. Porque volverei a traer os cativos da terra coma no principio, di Iahveh.12Así di Iahveh dos exércitos: "Neste lugar deserto, sen persoas nin animais, e en tódalas súas cidades, haberá de novo morada de pastores que fagan descansar os seus rabaños. 13Nas cidades da rexión montañosa, nas cidades da chaira, nas cidades do Neguev, na terra de Benxamín, nos arredores de Xerusalém e nas cidades de Xudá, volverán pasar as ovellas baixo as mans do que as conta, di Iahveh.14"Velaí, veñen días - di Iahveh - en que cumprirei a boa palabra que falei á casa de Israel e á casa de Xudá. 15Naqueles días e naquel tempo farei abrollar de David un xermolo xusto, e El fará xuízo e xustiza na terra. 16Naqueles días Xudá estará salvo, e Xerusalém vivirá segura, e este é o nome con que será chamada: Iahveh, é a nosa xustiza.17Porque así di Iahveh: "Nunca lle faltará a David quen sente sobre o trono da casa de Israel; 18nin lles ha faltar aos sacerdotes e os levitas un home que ofreza diante de min o holocausto e prenda a ofrenda, e que faga o sacrificio todolos días.19Veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: 20Así di Iahveh: "Se puidésedes quebrantar o meu pacto co día e o meu pacto coa noite, de modo que o día e a noite non aparezan ao seu tempo, 21entón tamén podería quebrarse o meu pacto co meu servo David, e el non tería fillo para reinar sobre o seu trono cos levitas e sacerdotes, os meus ministros. 22Como non se pode contar o exército do ceo, nin se pode medir a area do mar, así multiplicarei a descendencia do meu servo David e dos levitas que me serven.23Veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: 24Non ouviches o que este pobo falou, dicindo: as dúas familias que Iahveh escolleu, rexeitounas? Deste xeito desprezan o meu pobo, xa non son unha nación aos seus ollos.25Así di Iahveh: como é certo que creei o día e a noite e establecín os ceos e a terra, 26tamén é certo que non rexeitarei a descendencia de Xacob e do meu servo David, deixando de tomar da súa descendencia quen goberne sobre a descendencia de Abraham, de Isaac e de Xacob. Porque Eu restauro o seu benestar e teño misericordia deles.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, e todo o seu exército e tódolos reinos da terra que estaban baixo o seu dominio e tódolos pobos pelexaban contra Xerusalém e contra tódalas súas cidades: 2Así di Iahveh, Deus de Israel: -Vai e fala a Sedequías, rei de Xudá, e dille: así di Iahveh: Eu entrego esta cidade nas mans do rei de Babilonia para que lle prenda lume. 3E ti non fuxirás da súa man, senón que serás capturado e entregado na súa man; os teus ollos verán os ollos do rei de Babilonia, e el falará contigo cara a cara, e irás a Babilonia.4Con todo, escoita a palabra de Iahveh, Sedequías, rei de Xudá. Así di Iahveh de ti: non morrerás á espada; 5en paz morrerás. Como queimaron especias polos teus pais, os reis anteriores que te precederon, así queimarán especias por ti, e dirán: Ai, señor! farán lamentación por ti: porque Eu falei esta palabra, di Iahveh.6Entón o profeta Xeremías falou a Sedequías, rei de Xudá, todas estas palabras en Xerusalém 7mentres o exército do rei de Babilonia loitaba contra Xerusalém e contra tódalas cidades que quedaban en Xudá, é dicir, Laquis e Azeca, pois só estas quedaban como cidades fortificadas entre as cidades de Xudá.8Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, despois de que o rei Sedequías fixera un pacto con todo o pobo que había en Xerusalém para promulgar unha remisión: 9que cada un tiña que poñer en liberdade o seu servo hebreo e a súa serva hebrea, para que ninguén retivese a un xudeu, seu irmán, en servidume.10E obedeceron todos os oficiais e todo o pobo que entraran no pacto, de que cada un deixara en liberdade o seu servo e a cadansúa serva, de modo que ninguén os mantivera máis en servidume; obedeceron e puxéronos en liberdade. 11Pero despois arrepentíronse e volveron tomar os servos e as servas a quen deixaran en liberdade, e reducíronos a servidume como servos e como servas.12Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: 13Así di Iahveh, Deus de Israel: -Eu fixen un pacto cos vosos pais o día que os saquei da terra de Exipto, da casa de servidume, dicindo: 14Ao cabo de sete anos cada un de vós poñerá en liberdade o irmán hebreo que se lle vendeu e que lle serviu por seis anos, e deixarao ir libre; pero os vosos pais non me escoitaron, nin inclinaron o seu ouvido.15Aínda que recientemente vos arrepentistes e fixestes o que é recto aos meus ollos, proclamando cada un liberdade para o seu próximo, facendo un pacto diante de min na casa que é chamada polo meu nome, 16agora volvéstesvos atrás e profanastes o meu nome, e tomastes de novo cada un o seu servo e cada un a súa serva, a quen deixastes libres segundo o seu desexo, e reducístelos a servidume como servos e como servas.17Por tanto, así di Iahveh: -Vós non me obedecestes proclamando liberdade cada un para seu irmán e cada un para seu próximo. Velaí, proclamo contra vós liberdade á espada, á pestilencia e á fame; e farei de vós motivo de afrenta para todos os reinos da terra, di Iahveh. 18E entregarei aos homes que transgrediron o meu pacto, que non cumpriron as palabras do pacto que fixeron diante de min, cando cortaron en dous o becerro e pasaron entre os anacos, 19aos oficiais de Xudá, aos oficiais de Xerusalém, aos oficiais do tribunal, aos sacerdotes e a todo o pobo da terra que pasaron polo medio dos anacos do becerro;20e entregareinos nas mans dos seus inimigos e nas mans dos que buscan a súa vida. Os seus cadáveres servirán de comida para as aves do ceo e para as bestas da terra. 21E a Sedequías, rei de Xudá, e aos seus oficiais entregareinos nas mans dos seus inimigos, nas mans dos que buscan a súa vida e nas mans do exército do rei de Babilonia, que se retirou de vós. 22Velaí, darei ordes - di Iahveh - e fareinos volver a esta cidade, e pelexarán contra ela, tomarana e prenderanlle lume; e farei que todas as cidades de Xudá queden desoladas e sen habitantes.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh nos días de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, dicindo: 2Vai á casa dos recabitas, fala con eles, lévaos á casa de Iahveh, a unha das cámaras, e dálles a beber viño.3Entón tomei a Xaazanías, fillo de Xeremías, fillo de Habasinías, e a seus irmáns, a tódolos seus fillos e a toda a casa dos recabitas, 4e leveinos á casa de Iahveh, á habitación dos fillos de Hanán, fillo de Idalías, home de Deus, que estaba preto da habitación dos oficiais, que estaba enriba da habitación de Maasías, fillo de Salum, garda da porta de entrada.5Entón puxen diante dos homes da casa dos recabitas xerras cheas de viño e cuncas, e díxenlles: -Bebede viño. 6Mais eles dixeron: -Non beberemos viño, porque Ionadab, fillo de Recab, o noso pai, ordenounos, dicindo: non beberedes viño xamais, nin vós nin os vosos fillos. 7Non edificaredes casa, nin sementaredes semente, nin plantaredes viña, nin posuiredes ningunha, senón que habitaredes en tendas todos os vosos días, para que vivades moitos días na terra onde sodes peregrinos.8E nós obedecemos a voz de Ionadab, fillo de Recab, o noso pai, en todo o que el nos mandou de non beber viño en todos os nosos días, nin nós, nin as nosas mulleres, nin os nosos fillos, nin as nosas fillas, 9e de non edificar casa onde morar, e de non ter viña, nin campo, nin sementeira. 10Vivimos só en tendas, e obedecemos e estamos a facer todo conforme o que nos mandou o noso pai Ionadab. 11Pero aconteceu que cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiu contra a terra, dixemos: vinde e fuxamos a Xerusalém diante do exército dos caldeos e diante do exército de Aram. Por iso vivimos en Xerusalém.12Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: 13Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Vai e di aos homes de Xudá e aos habitantes de Xerusalém: non aprenderedes a escoitar as miñas palabras? Di Iahveh. 14As palabras de Ionadab, fillo de Recab, que mandou aos seus fillos de non beber viño, son gardadas. Por iso non beben viño ata hoxe, porque obedeceron o mandamento de seu pai. Pero Eu faleivos repetidamente, e con todo non me escoitastes.15Tamén vos mandei a tódolos meus servos os profetas, madrugando e decontino, para dicirvos: volvede agora cada un do voso mal camiño, emendade as vosas obras e non vaiades tras doutros deuses para adoralos, e habitaredes na terra que vos dei, a vós e aos vosos pais. Mais non inclinastes o voso ouvido, nin me obedecestes. 16Certamente os fillos de Ionadab, fillo de Recab, gardaron o mandamento que o seu pai lles ordenou, pero este pobo non me obedece a min.17Por tanto así di Iahveh, Deus dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaí, traio sobre Xudá e sobre todos os habitantes de Xerusalém toda a calamidade que pronunciei contra eles, porque lles falei, pero non escoitaron, chameinos, pero non responderon.18Entón Xeremías dixo á casa dos recabitas: -Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: porque obedecestes o mandato do voso pai Ionadab, gardando todos os seus mandatos e facendo conforme todo o que el vos ordenou, 19por tanto, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "A Ionadab, fillo de Recab, non lle faltará home que estea diante de min todos os días."
1E aconteceu que no ano cuarto de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, veu esta palabra a Xeremías de parte de Iahveh, dicindo: 2-Toma un pergamiño e escribe nel tódalas palabras que che falei sobre Israel, sobre Xudá e sobre tódalas nacións, dende o día que che falei, dende os días de Iosías, ata hoxe. 3Pode ser que a casa de Xudá escoite toda a calamidade que penso traer sobre eles, e se volvan cada un do seu mal camiño; e Eu poida perdoar a súa iniquidade e o seu pecado.4Chamou, pois, Xeremías a Baruc, fillo de Nerías, e Baruc escribiu ao dictado de Xeremías, nun pergamiño, tódalas palabras que Iahveh lle falara. 5E Xeremías mandou a Baruc dicindo: -A min estame prohibido entrar na casa de Iahveh. 6Vai, pois, en día de xaxún, e le no pergamiño que escribiches ao meu dictado, as palabras de Iahveh a ouvidos do pobo, na casa de Iahveh. E tamén as lerás a ouvidos de todos os de Xudá que veñen das súas cidades.7Pode ser que a súa súplica chegue diante de Iahveh, e todos se volvan do seu mal camiño, porque grande é a ira e a indignación que Iahveh pronunciou contra este pobo. 8E Baruc, fillo de Nerías, fixo conforme todo o que o profeta Xeremías lle mandara, e leu no libro as palabras de Iahveh, na casa de Iahveh.9E no quinto ano de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, no noveno mes, proclamaron xaxún diante de Iahveh a todo o pobo en Xerusalém e a todo o pobo que veu das cidades de Xudá a Xerusalém. 10E Baruc leu no libro as palabras de Xeremías aos ouvidos de todo o pobo na casa de Iahveh, na habitación de Iemarías, fillo do escriba Safán, no atrio superior, á entrada da porta nova da casa de Iahveh.11Ao escoitar Micaías, fillo de Iemarías, fillo de Safán, todas as palabras de Iahveh que estaban no libro, 12baixou á casa do rei, á habitación do escriba. E velaí, estaban sentados alí todos os oficiais: o escriba Elisama, Delaías, fillo de Semaías, Elnatán, fillo de Acbor, Iemarías, fillo de Safán, Sedequías, fillo de Ananías, e tódolos os demais oficiais.13E Micaías declaroulles todas as palabras que escoitara cando Baruc leu no libro a ouvidos do pobo. 14Entón tódolos oficiais mandaron a Ieudí, fillo de Netanías, fillo de Selemías, fillo de Cusi, para dicirlle a Baruc: -Toma na túa man o pergamiño que liches a ouvidos do pobo, e vén. E Baruc, fillo de Nerías, colleu o pergamiño na súa man e foi onda eles. 15E dixéronlle: -Senta agora, e le para que podamos escoitalo. E Baruc leuno.16E aconteceu que cando escoitaron todas as palabras, miráronse uns aos outros amedrentados, e dixéronlle a Baruc: -Certamente faremos saber ao rei todas estas palabras. 17E preguntáronlle a Baruc dicindo: -Dinos agora como escribiches todas estas palabras. Foi ao seu dictado? 18Baruc respondeulles: -El dictábame todas estas palabras e eu ía escribíndoas con tinta no pergamiño. 19Entón os oficiais dixéronlle a Baruc: -Vai, agáchate, ti e Xeremías, e que ninguén saiba onde estades.20E entraron no atrio onde estaba o rei, despois de depositar o pergamiño na habitación do escriba Elisama, e contáronlle aos ouvidos do rei tódalas palabras. 21Entón o rei mandou a Ieudí a buscar o pergamiño, e este colleuno da habitación do escriba Elsamá. E Ieudí leulle ao rei e a tódolos oficiais que estaban xunto ao rei. 22E o rei estaba sentado na casa de inverno (era o noveno mes), e había un braseiro prendido diante del.23E sucedeu que despois de que Ieudí lera tres ou catro columnas, o rei rachouno coa navalla do escriba e botouno no lume que estaba no braseiro, ata consumir todo o pergamiño no lume que había no braseiro. 24Nin o rei nin ningún dos seus servos que escoitou todas estas palabras tiveron temor nin racharon as súas vestiduras.25E aínda que Elnatán e Belaías e Iemarías rogaron ao rei que non queimara o pergamiño, el non lles fixo caso. 26Entón o rei ordenou a Ieremel, fillo do rei, a Seraías, fillo de Azriel, e a Selemías, fillo de Abdeel, prender o escriba Baruc e o profeta Xeremías, pero Iahveh agachounos.27Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías, despois de que o rei queimara o pergamiño e as palabras que Baruc escribira ao dictado de Xeremías, dicindo: 28-Volve tomar outro pergamiño e escribe nel tódalas palabras que estaban no primeiro pergamiño que queimou Ioacim, rei de Xudá. 29E a Ioacim, rei de Xudá, dirás: así di Iahveh: ti queimaches este pergamiño, dicindo: por que escribiches nel que certamente virá o rei de Babilonia e destruirá esta terra, e fará desaparecer dela a persoas e animais?30Polo tanto, así di Iahveh sobre Ioacim, rei de Xudá: "Non terá quen sente sobre o trono de David, e o seu cadáver quedará botado á calor do día e á xeada da noite. 31Heino castigar, a el, á súa descendencia e aos seus servos pola súa iniquidade, e traerei sobre eles, sobre os habitantes de Xerusalém e sobre os homes de Xudá toda a calamidade que lles anunciei, e que eles rexeitaron escoitar.32Entón Xeremías colleu outro pergamiño e deullo ao escriba Baruc, fillo de Nerías, e el escribiu nel ao dictado de Xeremías, tódalas palabras do pergamiño que Ioacim, rei de Xudá, queimara no lume, e aínda se lle engadiron moitas outras palabras semellantes.
1E Sedequías, fillo de Iosías, a quen Nabucodonosor, rei de Babilonia, fixera rei na terra de Xudá, reinou en lugar de Conías, fillo de Ioacim. 2Pero nin el, nin os seus servos, nin o pobo da terra escoitaron as palabras que Iahveh falara por medio do profeta Xeremías.3E o rei Sedequías mandou a Iucal, fillo de Selemías, e ao sacerdote Sofonías, fillo de Maasías, para dicirlle ao profeta Xeremías: -Rógoche que ores por nós a Iahveh o noso Deus. 4Naqueles días Xeremías entraba e saía no medio do pobo, porque aínda non o puxeran no cárcere. 5Nese intre, o exército de Faraón saíra de Exipto, e cando chegou a ouvidos dos caldeos que tiñan sitiado a Xerusalém, retiráronse de Xerusalém.6Entón veu a palabra de Iahveh ao profeta Xeremías, dicindo: 7Así di Iahveh, Deus de Israel: -Así diredes ao rei de Xudá, que vos mandou a min para consultarme: velaquí, o exército de Faraón que saíu na vosa axuda, volverá á súa terra de Exipto. 8E os caldeos volverán e pelexarán contra esta cidade, capturarana e prenderanlle lume.9Así di Iahveh: -Non vos enganedes, dicindo: seguramente os caldeos afastaranse de nós! Porque non se han afastar. 10Pois aínda que derrotásedes a todo o exército dos caldeos que pelexaba contra vós, e só quedasen feridos entre eles, levantaríase cada un da súa tenda, e prenderían lume a esta cidade.11E aconteceu que cando o exército dos caldeos se retirou de Xerusalém por mor do exército de Faraón, 12Xeremías saíu de Xerusalém para ir á terra de Benxamín a tomar alí posesión dunha herdanza cos seus. 13Pero cando chegou á porta de Benxamín, había alí un capitán da garda que se chamaba Irías, fillo de Selemías, fillo de Hanasías, quen apresurou ao profeta Xeremías, dicindo: -Estaste a pasar aos caldeos!14Pero Xeremías dixo: -Non é verdade! Non me vou pasar aos caldeos! Con todo el non lle fixo caso, e prendeu a Xeremías e levouno aos oficiais. 15E os oficiais anoxáronse contra Xeremías e azoutárono, e encarcerárono na casa do escriba Xonatán, que converteran en prisión.16Xeremías foi posto no calabozo, e permaneceu alí durante moitos días. 17E o rei Sedequías mandouno buscar, e cando chegou á sua casa, o rei preguntoulle en segredo: -Hai palabra de Iahveh? E Xeremías respondeu: -Hai; e engadiu: - Serás entregado nas mans do rei de Babilonia.18Díxolle tamén Xeremías ao rei Sedequías: -En que pequei contra ti, ou contra os teus servos, ou contra este pobo para que me puxeras na cadea? 19Onde están os vosos profetas que vos profetizaban, dicindo: o rei de Babilonia non virá contra vós, nin contra esta terra? 20Mais agora, rógoche que escoites, Oi rei, o meu señor; veña agora a miña súplica diante de ti, e non me fagas volver á casa do escriba Xonatán, non sexa que morra eu alí.21Entón o rei Sedequías ordenou que puxeran a Xeremías no patio da garda e lle deran unha torta de pan ao día da rúa dos panadeiros, ata que se esgotara todo o pan na cidade. E permaneceu Xeremías no patio da garda real.
1E escoitaron Sefatías, fillo de Matán, Guedalías, fillo de Pasur, Xucal, fillo de Selemías, e Pasur, fillo de Malquías, as palabras que Xeremías falaba a todo o pobo, dicindo: 2Así di Iahveh: "O que quede nesta cidade morrerá á espada, ou de fame ou de pestilencia, pero o que se pase aos caldeos, vivirá e terá a súa vida por botín e seguirá a vivir. 3Así di Iahveh: "De certo esta cidade será entregada nas mans do exército do rei de Babilonia, e ha conquistala.4Entón os oficiais dixéronlle ao rei: -Dádelle morte a este home, porque el desanima aos homes de guerra que quedan nesta cidade e a todo o pobo dicíndolles tales palabras; pois este home non busca o ben deste pobo, senón o mal. 5E dixo o rei Sedequías: -Velaquí, el está nas vosas mans; pois o rei nada pode facer contra vós.6Collendo eles a Xeremías, botárono na cisterna de Malaquías, fillo do rei, que había no patio da garda, e baixaron a Xeremías con cordas. Na cisterna non había auga, senón lama, e Xeremías afundiu na lama.7Cando oíu Ebed-melec o etíope, eunuco do pazo do rei, que botaran a Xeremías na cisterna, estando o rei sentado á porta de Benxamín, 8saíu Ebed-melec do palacio real e falou ao rei, dicindo: 9Oi rei, meu señor, estes homes actuaron mal en todo canto fixeron ao profeta Xeremías botándoo na cisterna; morrerá onde está por mor da fame, porque non hai máis pan na cidade.10Entón o rei ordenou ao etíope Ebed-melec, dicindo: -Toma baixo o teu mando a tres homes de aquí, e saca o profeta Xeremías da cisterna antes de que morra. 11Ebed-melec colleu os homes baixo o seu mando, entrou no palacio do rei ao lugar debaixo do cuarto do tesouro e colleu de alí roupas rachadas e trapos vellos, e xunto cunhas sogas, botoullas a Xeremías na cisterna.12E o etíope Ebed-melec dixo a Xeremías: -Pón agora estas roupas rachadas e os trapos debaixo dos teus brazos, debaixo das sogas; e así o fixo Xeremías. 13Tiraron de Xeremías coas sogas e subírono da cisterna. E quedou Xeremías no patio da garda.14Entón o rei Sedequías mandou traer diante del ao profeta Xeremías á terceira entrada que había na casa de Iahveh; e díxolle o rei a Xeremías: -Vouche preguntar unha cousa; non me escondas nada. 15E Xeremías dixo a Sedequías: -Se cho fago saber, non é certo que me matarás? E se che dou un consello, non me escoitarás. 16Pero o rei Sedequías xurou en segredo a Xeremías, dicindo: -Vive Iahveh, que nos deu esta vida, que certamente non te matarei nin te entregarei nas mans daqueles homes que buscan a túa vida.17E Xeremías dixo a Sedequías: -Así di Iahveh, Deus dos exércitos, o Deus de Israel: se en verdade te entregas aos príncipes do rei de Babilonia, entón vivirás, e esta cidade non será incendiada, e vivirás, ti e a túa casa. 18Pero se non te entregas aos príncipes do rei de Babilonia, esta cidade será entregada nas mans dos caldeos; eles incendiarana e ti non poderás fuxir das súas mans.19Entón dixo o rei Sedequías a Xeremías: -Teño medo dos xudeus que se pasaron aos caldeos, non sexa que me entreguen nas súas mans e me maltraten.20Pero Xeremías dixo: -Non te entregarán. Rógoche que escoites a voz de Iahveh no que che digo, e irache ben e vivirás. 21Mais se segues a rexeitar entregarte, esta é a palabra que Iahveh me amosou:22Velaí, tódalas mulleres que quedan no palacio do rei de Xudá, serán levadas aos oficiais do rei de Babilonia, e elas mesmas dirán: enganáronte e prevaleceron contra ti os teus bos amigos, e agora que os teus pés estaban afundidos na lama, volvéronse atrás. 23E todas as túas mulleres e os teus fillos serán levados aos caldeos, e ti non fuxirás das súas mans, senón que serás apresado pola man do rei de Babilonia, e esta cidade será incendiada e queimada.24Entón Sedequías dixo a Xeremías: -Que ninguén saiba destas palabras, e non morrerás. 25Pero se os oficiais se enteran de que falei contigo, e veñen a ti e che din: -Dinos agora o que lle dixeches ao rei e que foi che dixo o rei de volta, sen nos ocultar nada e non te mataremos, 26ti diraslles: -Supliquei ao rei que non me fixera volver á casa de Xonatán, para morrer alí.27Entón viñeron todos os oficiais a Xeremías e interrogárono. E el contoulles conforme todas estas palabras que o rei lle ordenara; e non lle preguntaron máis, de tal xeito que dese asunto ninguén soubo máis nada. 28Así Xeremías quedou no patio da garda ata o día en que Xerusalém foi tomada. E estaba alí cando Xerusalém foi conquistada.
1E aconteceu que Xerusalém foi tomada no ano noveno de Sedequías, rei de Xudá, no décimo mes, cando veu Nabucodonosor, rei de Babilonia, con todo o seu exército contra Xerusalém, e sitiouna. 2No ano undécimo de Sedequías, no mes cuarto, no noveno día do mes, abriuse unha fenda no muro da cidade. 3E entraron todos os oficiais do rei de Babilonia e sentaron na porta central: Nergal-sarezer, Samgar-nebo, Sarse-quim o Rabsaris, Nergal-sarezer o Rabma e todos os demais oficiais do rei de Babilonia.4E aconteceu que cando os viu Sedequías, rei de Xudá, e tódolos homes de guerra, fuxiron e saíron da cidade á noitiña polo camiño do xardín do rei, pola porta entre os dous muros; e marcharon polo camiño da Arabá. 5Pero o exército dos caldeos perseguiunos, e alcanzaron a Sedequías nos campos de Iericó; apresárono e levárono a Ribla na terra de Hamat, onde Nabucodonosor, rei de Babilonia, dictou sentenza contra del.6Entón o rei de Babilonia degolou os fillos de Sedequías diante dos seus ollos en Ribla; tamén o rei de Babilonia degolou a tódolos nobres de Xudá. 7Despois sacoulle os ollos a Sedequías e atouno con grillóns de bronce para levalo a Babilonia.8E os caldeos prenderon lume ao palacio do rei e ás casas do pobo e derrubaron os muros de Xerusalém. 9E Nabuzaradán, capitán da garda, levou cativo a Babilonia ao resto do pobo que quedou na cidade e mailos desertores que se pasaran a eles, xunto co remanente do pobo. 10Pero a algúns dos máis pobres do pobo que non tiñan nada, Nabuzaradán, capitán da garda, deixounos na terra de Xudá, e deulles ese día viñas e campos.11Nabucodonosor, rei de Babilonia, deu ordes a Nabuzaradán, capitán da garda, respecto de Xeremías, dicindo: 12Cólleo e ten conta del, e non lle fagas mal algún; senón que farás con el conforme o que el mesmo che diga. 13Entón deu ordes Nabuzaradán, capitán da garda, xuntamente con Nebusazbán o Rabsaris, e Nergal-sarezer o Rabma, e todos os oficiais principais do rei de Babilonia; 14e mandaron sacar a Xeremías do patio da garda e puxérono ao coidado de Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Safán, para que o levase a casa. E viviu no medio do pobo.15E estando preso no patio da garda, a palabra de Iahveh viñera a Xeremías dicindo: 16Vai e fálalle ao etíope Ebed-melec, dicindo: -Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: velaí, traio as miñas palabras sobre esta cidade para mal e non para ben; e cumpriranse diante de ti naquel día.17Pero Eu librareite nese día - di Iahveh - e non serás entregado nas mans dos homes dos que tes medo. 18De certo Eu heite librar, e non caerás á espada; antes ben, terás a túa vida por botín, porque confiaches en min, di Iahveh.
1Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, despois de que Nabuzaradán, capitán da garda, o deixara libre en Ramá, cando o atopou estando el encadeado entre todos os desterrados de Xerusalém e Xudá que ían deportados a Babilonia. 2E o capitán da garda achegouse a Xeremías e díxolle: -Iahveh o teu Deus decretou esta calamidade contra este lugar,3e Iahveh tróuxoa e fixo tal como dixera. Porque vós pecastes contra Iahveh e non escoitastes a súa voz, por iso vos aconteceu isto. 4Mais agora, velaí, líbrote hoxe das cadeas que están nas túas mans. Se che parece ben vir comigo a Babilonia, ven, e eu coidarei de ti; pero se che parece mal vir comigo a Babilonia, non te preocupes. Mira, toda a terra está diante de ti; vai onde mellor e máis axeitado che pareza ir.5Como Xeremías aínda non se volvía, díxolle: -Volve a Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Safán, a quen o rei de Babilonia puxo para gobernar sobre as cidades de Xudá, e queda con el no medio do pobo; e se non, vai onde che pareza máis axeitado ir. Entón o capitán da garda deulle unha ración de alimentos e un agasallo, e despediuno. 6Xeremías foi entón onda Guedalías, fillo de Ahicam, en Mizpa, e viviu con el no medio do pobo que quedara na terra.7E todos os capitáns das tropas que estaban no campo, eles e os seus homes, escoitaron que o rei de Babilonia puxera a Guedalías, fillo de Ahicam, para gobernar a terra, e que lle encomendara os homes, mulleres e nenos e os máis pobres da terra que non foran deportados a Babilonia. 8Foron, pois, a Guedalías en Mizpa, xunto con Ismael, fillo de Netanías, e Iohanán e Jonatán, fillos de Carea, e Seraías, fillo de Tanhumet, e os fillos de Efai netofatita, e Iezanías, fillo dun maacateo, eles e os seus homes.9Entón Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Safán, xuroulles a eles e aos seus homes, dicindo: -Non temades servir aos caldeos; quedade na terra e servidedes o rei de Babilonia, e vos ha ir ben. 10E velaí, pola miña parte, eu quedarei en Mizpa para estar no voso lugar diante dos caldeos que veñan a nós; pero en canto a vós, recollede o viño e os froitos de verán e o aceite, e gardádeos nos vosos pratos, e habitade nas vosas cidades que tomastes.11Así mesmo tódolos xudeus que estaban en Moab, e entre os fillos de Amón, e en Edom, e os que estaban en tódolos demais países, escoitaron que o rei de Babilonia deixara un remanente en Xudá e que puxera para gobernar sobre eles a Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Safán. 12Entón todos os xudeus volveron de todos os lugares onde foran dispersados, e viñeron á terra de Xudá, a Guedalías en Mizpa, e recolleron o viño e os froitos de verán en gran abundancia.13E Iohanán, fillo de Carea, e tódolos capitáns das tropas que estaban no campo viñeron a Guedalías en Mizpa, 14e dixéronlle: -Sabes que Baalis, rei dos fillos de Amón, mandou a Ismael, fillo de Netanías, para matarte? Pero Guedalías, fillo de Ahicam, non lles creu.15Entón Iohanán, fillo de Carea, falou en segredo a Guedalías en Mizpa, dicindo: -Déixame ir a matar a Ismael, fillo de Netanías, e ninguén o saberá. Por que te ha quitar a vida para que así todos os xudeus que se reuniron arredor de ti se dispersen, e pereza o remanente de Xudá? 16Pero Guedalías, fillo de Ahicam, dixo a Iohanán, fillo de Carea: -Non fagas iso, porque é mentira o que dis de Ismael.
1No sétimo mes foi Ismael, fillo de Netanías, fillo de Elisama, da familia real, e un dos oficiais principais do rei, xunto con dez homes, onde estaba Guedalías, fillo de Ahicam, en Mizpa. E mentres comían pan xuntos alí en Mizpa, 2ergueuse Ismael, fillo de Netanías, e os dez homes que estaban con el, e feriron á espada a Gedalías, fillo de Ahicam, fillo de Safán, e mataron ao que o rei de Babilonia puxera para gobernar sobre a terra. 3Ismael matou tamén a tódolos xudeus que estaban con el, é dicir, con Guedalías, en Mizpa, e aos homes de guerra caldeos que se atopaban alí.4E sucedeu que ao día seguinte do asasinato de Guedalías, cando ninguén o sabía aínda, 5Oitenta homes viñeron de Siquem, de Silo e de Samaria, coas barbas rapadas, as vestiduras rachadas e con incisións nos seus corpos, e con ofrendas de gran e incenso nas súas mans, para levalos á casa de Iahveh.6Entón Ismael, fillo de Netanías, saíu ao seu encontro dende Mizpa, chorando mentres ía camiñando ata dar con eles, e díxolles: -Vinde a Guedalías, fillo de Ahicam! 7E aconteceu que cando entraron na cidade, Ismael, fillo de Netanías, degolounos, e xunto aos homes que estaban con el, botáronos na cisterna.8Entre aqueles estaban os dez homes que dixeran a Ismael: Non nos mates; pois temos agachados no campo, depósitos de trigo, cebada, aceite e mel. E el deixounos e non os matou coma a seus irmáns. 9E a cisterna onde Ismael botara todos os cadáveres dos homes que el matara xunto a Guedalías, era a que o rei Asa fixera por causa de Baasa, rei de Israel; Ismael, fillo de Netanías, encheuna de cadáveres.10Despois Ismael levou cativo a todo o resto do pobo que estaba en Mizpa, ás fillas do rei e a todo o pobo que ficara en Mizpa, aos que Nabuzaradán, capitán da garda, puxera baixo o mando de Guedalías, fillo de Ahicam. Colleunos, pois, cativos Ismael, fillo de Netanías, e foi a pasarse aos fillos de Amón.11Pero como Iohanán, fillo de Carea, e tódolos capitáns das tropas que estaban con el, escoitaron de todo o mal que fixera Ismael, fillo de Netanías, 12colleron a tódolos seus homes e foron a pelexar contra Ismael, fillo de Netanías, e atopárono xunto ao gran estanque que está en Gabaón.13E aconteceu que cando todo o pobo que estaba con Ismael viu a Iohanán, fillo de Carea, e aos capitáns das tropas que estaban con el, alegráronse. 14E todo o pobo ao que Ismael levaba prisioneiro a Mizpa deu volta e volveu e marchou con Iohanán, fillo de Carea.15Pero Ismael, fillo de Netanías, fuxiu de Iohanán con oito homes e foi cos fillos de Amón. 16Entón Iohanán, fillo de Carea, e tódolos capitáns das tropas que estaban con el colleron de Mizpa a todo o resto do pobo que el recuperara de Ismael, fillo de Netanías, despois que este matara a Guedalías, fillo de Ahicam, é dicir, aos homes de guerra, as mulleres, os nenos e os eunucos, que trouxera de Gabaón.17E foron e quedaron en Gerut-quimam, que está preto de Belén, a fin de ir e entrar en Exipto, 18por mor dos caldeos, porque lles tiñan medo, xa que Ismael, fillo de Netanías, matara a Guedalías, fillo de Ahicam, a quen o rei de Babilonia puxera para gobernar a terra.
1Entón achegáronse todos os capitáns das tropas, Iohanán, fillo de Carea, Iezanías, fillo de Oseas, e todo o pobo dende o menor ata o maior, 2e dixéronlle ao profeta Xeremías: -Acepta agora a nosa súplica, e ora a Iahveh o teu Deus por nós, por todo este remanente, porque quedamos poucos de moitos que eramos, como poden ver os teus ollos, 3para que Iahveh o teu Deus nos indique o camiño por onde debemos ir e o que debemos facer.4Entón o profeta Xeremías díxolles: -Escoitei. Velaí, irei a orar a Iahveh o voso Deus conforme as vosas palabras, e todas as palabras que Iahveh vos responda, eu declarareinas. Non vos esconderei palabra algunha. 5E eles dixeron a Xeremías: - Sexa Iahveh unha testemuña veraz e fiel contra nós se non actuamos conforme a toda a palabra que Iahveh o teu Deus te mande para nós. 6Se é bo ou malo, escoitaremos a voz de Iahveh o noso Deus a quen te mandamos, para que nos vaia ben cando escoitemos a voz de Iahveh o noso Deus.7Aconteceu que ao cabo de dez días, veu a palabra de Iahveh a Xeremías. 8Entón chamou a Iohanán, fillo de Carea, e a tódolos capitáns das tropas que estaban con el, e a todo o pobo dende o menor ata o maior, 9e díxolles: -Así di Iahveh, Deus de Israel, a quen me mandastes para presentar diante del a vosa súplica: 10Se vos quedades nesta terra, entón edificareivos e non vos derrubarei, plantareivos e non vos arrincarei, porque me pesa o mal que vos fixen.11Non temades o rei de Babilonia, a quen temedes; non temades a súa presenza - di Iahveh - porque Eu estou convosco para salvarvos e librarvos da súa man. 12Eu terei misericordia de vós, para que el teña misericordia de vós e vos restaure á vosa terra.13Pero se dicides: non quedaremos nesta terra!, non obedecendo así a voz de Iahveh o voso Deus, 14dicindo: non, senón que iremos á terra de Exipto, onde non veremos guerra, nin escoitaremos o son da trompeta, nin teremos fame de pan, e alí quedaremos!;15nese caso, escoitade a palabra de Iahveh, remanente de Xudá. Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: se vos obstinades en entrar en Exipto, e entrades para residir alí, 16entón acontecerá que a espada que vós temedes, chegará a vós alí na terra de Exipto, e a fame que vos preocupa, seguiravos de preto alí en Exipto, e alí morreredes. 17Así pois, tódalas persoas que se atrevan a ir a Exipto para residir alí, morrerán á espada, de fame e de pestilencia; non lles quedará sobreviviente nin quen fuxa do mal que vou traer sobre eles.18Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Como se derramou a miña ira e a miña indignación sobre os habitantes de Xerusalém, así se derramará a miña ira sobre vós cando entredes en Exipto. E seredes motivo de maldición, de terror, de imprecación e de aldraxe; e non veredes máis este lugar. 19Iahveh falouvos, remanente de Xudá: Non entredes en Exipto! Estouvolo advertindo de maneira clara no día de hoxe!20Porque vos enganades a vós mesmos? Pois fostes vós os que me mandastes a Iahveh o voso Deus, dicindo: rógalle por nós a Iahveh o noso Deus, e o que Iahveh o noso Deus diga, fáinolo saber e farémolo. 21E xa volo dixen hoxe, pero non escoitastes a voz de Iahveh o voso Deus, nin cousa algunha do que El me mandou dicir. 22Agora pois, sabédeo ben, que morreredes á espada, de fame e de pestilencia no lugar onde desexedes ir a residir.
1Aconteceu que cando Xeremías rematou de falar a todo o pobo tódalas palabras de Iahveh o seu Deus, é dicir, tódalas palabras coas que Iahveh o seu Deus o mandara, 2Azarías, fillo de Oseas, e Iohanán, fillo de Carea, e tódolos homes arrogantes dixéronlle a Xeremías: -É mentira o que dis. Iahveh o noso Deus non te mandou dicir: non debedes entrar en Exipto para residir alí; 3senón que Baruc, fillo de Nerías, te incita contra nós para nos entregar nas mans dos caldeos, a fin de que nos maten ou nos deporten a Babilonia.4Non obedeceu, pois, Iohanán, fillo de Carea, nin ningún dos capitáns das tropas, nin ninguén do pobo, a voz de Iahveh, de quedar na terra de Xudá, 5senón que Iohanán, fillo de Carea, e tódolos capitáns das tropas, colleron a todo o remanente de Xudá que volvera de tódalas nacións ás que foran dispersados, para residir na terra de Xudá: 6homes, mulleres e nenos, ás fillas do rei e a toda persoa que Nabuzaradán, capitán da garda, deixara con Guedalías, fillo de Ahicam e neto de Safán, e tamén ao profeta Xeremías e a Baruc, fillo de Nerías, 7e entraron na terra de Exipto (pois non escoitaron a voz de Iahveh) e adentráronse ata Tafnes.8Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías en Tafnes, dicindo: 9Toma nas túas mans pedras grandes e entérraas con cemento no firme de ladrillo que está á entrada da casa de Faraón en Tafnes, á vista dos xudeus, 10e dilles: así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: velaí que mandarei traer a Nabucodonosor, rei de Babilonia, meu servo, e poñerei o seu trono sobre estas pedras que agachei, e el estenderá o seu palacio sobre elas.11Virá e ferirá a terra de Exipto: os que sexan destinados para a morte, á morte, os que sexan para a catividade, á catividade, e os que sexan para a espada, á espada! 12E prenderá lume aos templos dos deuses de Exipto e queimaraos, e levará cativos aos seus ídolos. E ha sacudir a terra de Exipto coma o pastor sacude a súa capa, e sairá de alí en paz. 13Tamén quebrará as estatuas do templo do sol, que están na terra de Exipto, e prenderá lume aos templos dos deuses de Exipto.
1Palabra que veu a Xeremías para todos os xudeus que vivían na terra de Exipto, os que vivían en Migdol, en Tafnes, en Menfis e na terra de Patros, dicindo: 2Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Vós vistes toda a calamidade que trouxen sobre Xerusalém e sobre tódalas cidades de Xudá, e que velaí, hoxe están en ruínas e ninguén vive alí, 3por mor da maldade que eles cometeron para provocarme a ira, queimando constantemente sacrificios e servindo a outros deuses que non coñeceran, nin eles, nin vós, nin os vosos pais.4Con todo, mandeivos a tódolos meus servos os profetas repetidas veces, dicindo: non fagades agora esta cousa abominable que Eu aborrezo! 5Pero non escoitaron nin inclinaron o seu ouvido para afastarse da súa maldade, para deixar de queimar sacrificios a outros deuses. 6Polo que se derramou a miña ira e a miña indignación e ardeu nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém, que foron convertidas en ruínas e en desolación, como o están hoxe.7Agora pois, así di Iahveh Deus dos exércitos, o Deus de Israel: por que vos facedes un dano tan grande para as vosas almas, cortando de entre vós a home e muller, neno e lactante do medio de Xudá, sen que vos quede remanente, 8provocándome á ira coa obra das vosas mans, queimando sacrificios a outros deuses na terra de Exipto, onde entrastes a residir, de modo que sexades exterminados e veñades ser maldición e aldraxe entre tódalas nacións da terra?9Esquecestes as maldades dos vosos pais, as maldades dos reis de Xudá e as maldades das súas mulleres, as vosas propias maldades e as maldades das vosas mulleres, que cometestes na terra de Xudá e nas rúas de Xerusalém? 10Ata hoxe non se humillaron, nin temeron, nin camiñaron na miña lei nin nos meus estatutos que puxen diante de vós e diante dos vosos pais.11Polo tanto, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Velaquí, volverei o rostro contra vós para mal, e para destruír a todo Xudá. 12E quitarei o remanente de Xudá que decidiu entrar na terra de Exipto para peregrinar alí, e serán todos consumidos na terra de Exipto; caerán á espada, pola fame serán consumidos. Tanto o pequeno coma o grande morrerán á espada e de fame; seredes motivo de maldición, de terror, de imprecación e de aldraxe.13E castigarei os que moran na terra de Exipto, como castigei a Xerusalém, coa espada, coa fame e coa pestilencia. 14E non quedará quen fuxa nin quen sobreviva do remanente de Xudá que entrou na terra de Exipto para peregrinar alí, para logo volver á terra de Xudá á que desexan volver a fin de morar alí, porque ningún volverá, agás algún que outro fuxitivo.15Entón todos os homes que sabían que as súas mulleres queimaban sacrificios a outros deuses, xunto con tódalas mulleres que estaban presentes, unha grande multitude, e todo o pobo que vivía na terra de Exipto, en Patros, responderon a Xeremías, dicindo: 16En canto á mensaxe que nos falaches no nome de Iahveh, non te imos escoitar, 17senón que certamente cumpriremos toda palabra que saíu da nosa boca, e queimaremos sacrificios á raíña do ceo, derramándolle libacións, como sempre temos feito nós, os nosos pais, os nosos reis e os nosos príncipes nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém. Entón tiñamos alimento abondo, eramos felices e non viamos mal algún.18Pero dende que deixamos de queimar sacrificios á raíña do ceo e de derramarlle libacións, fáltanos de todo, e pola espada e pola fame fomos consumidos. 19E engadiron as mulleres: cando queimamos nós sacrificios á raíña do ceo e lle derramamos libación, será que lle fixemos tortas coa súa imaxe e lle derramamos libación sen sabelo os nosos maridos?20Entón Xeremías falou a todo o pobo, a homes e a mulleres, a todo o pobo que lle respondía así, dicindo: 21En canto aos sacrificios que queimastes nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalém, vós e os vosos pais, os vosos reis e os vosos príncipes e o pobo da terra, non se lembrou Iahveh deles, e non veu isto á súa mente?22Iahveh non puido soportar máis, por mor da maldade das vosas obras e por mor das abominacións que cometestes; por iso a vosa terra foi convertida en ruínas, obxecto de terror e maldición, ata non quedar ninguén, como está hoxe. 23Porque queimastes sacrificios e pecastes contra Iahveh e non obedecestes á voz de Iahveh nin camiñastes na súa lei, nin nos seus estatutos, nin nos seus testemuños, por tanto, veu sobre vós esta calamidade, como acontece hoxe.24Entón Xeremías dixo a todo o pobo e a tódalas mulleres: -Escoitade a palabra de Iahveh, todo Xudá, os que estades na terra de Exipto: 25Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Vós e as vosas mulleres non so falastes coa vosa boca, senón que coas vosas mans levástelo a cabo, dicindo: cumpriremos sen falta cos nosos votos que fixemos de queimar sacrificios á raíña do ceo e de derramarlle libacións. Pois ide a cumprir os vosos votos! Poñede por obra as vosas promesas!26Pero escoitade a palabra de Iahveh, todo Xudá, os que vivides na terra de Exipto: velaí, Eu xurei polo meu gran nome - di Iahveh - que nunca máis será invocado o meu nome en toda a terra de Exipto pola boca de ningún home de Xudá, dicindo: vive Iahveh o Señor! 27Velaí, estou a vixiar sobre eles para mal e non para ben, e serán consumidos todos os homes de Xudá que están na terra de Exipto pola espada e pola fame ata que sexan totalmente exterminados. 28E os que fuxan da espada, poucos en número, volverán da terra de Exipto á terra de Xudá. Entón saberá todo o remanente de Xudá que foi á terra de Exipto para peregrinar alí, cal é a palabra que ha permanecer: a miña ou a deles.29E este será o sinal para vós - di Iahveh - de que Eu vouvos castigar neste lugar, para que saibades que certamente as miñas palabras permanecerán para mal contra vós. 30Así di Iahveh: Velaí, entregarei a Faraón Hofra, rei de Exipto, nas mans dos seus inimigos, nas mans dos que buscan a súa vida, así como entreguei a Sedequías, rei de Xudá, en mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, o seu inimigo, que buscaba a súa vida.
1Palabra que falou o profeta Xeremías a Baruc, fillo de Nerías, cando este escribiu estas palabras nun libro ao dictado de Xeremías, no ano cuarto de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, dicindo: 2Así di Iahveh, Deus de Israel, sobre ti, Baruc: 3Ti dixeches: Ai de min! Porque Iahveh engadiu tristura á miña dor. Estou canso de xemer e non atopo descanso.4Así lle dirás: Di Iahveh: velaí os que edifiquei, derrúboos, e os que plantei, arríncoos, así en toda esta terra. 5Pero ti, buscas grandes cousas? Non as busques; porque velaí, vou traer calamidade sobre toda carne -di Iahveh- pero a ti dareiche a túa vida por botín en todos os lugares onde vaias.
1Palabra de Iahveh que veu ao profeta Xeremías sobre as nacións. 2Acerca de Exipto: sobre o exército do Faraón Necao, rei de Exipto, que estaba xunto ao río Éufrates en Carquemis, ao que derrotou Nabucodonosor, rei de Babilonia, no ano cuarto de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá: 3Preparade escudo e pavés, e avanzade cara a batalla. 4Preparade os cabalos, montade os vosos xinetes e presentádevos cos cascos postos. Brunide as lanzas, vestide as coirazas.5Pero que é o que vexo? Están aterrorizados, recúan os seus valentes baténdose derrotados; na fuxida buscan refuxio sen mirar atrás. Hai terror por todas partes, di Iahveh. 6Que o lixeiro non fuxa, nin salve a valentía! No norte, xunto ao río Éufrates, tropezan e caen!7Quen é este que sobe coma o Nilo e axita as augas coma os ríos? 8Que di: Medrarei, e inundarei a terra, destruirei as cidades e os seus moradores? É Exipto, que medra coma o Nilo e as súas augas axítanse coma os ríos, 9Avanzade cabalos, e correde furiosos, carros, para que se poñan en marcha os valentes! Etíopes e libios que manexan o escudo, e os libios que entesan o arco.10Porque ese día é para Iahveh, Deus dos exércitos, día de vinganza, para vinganza dos seus inimigos. A espada devora e embebédase co seu sangue; pois haberá unha matanza para Iahveh o Señor, Deus dos exércitos, na terra do norte, xunto ao río Éufrates.11Subide a Galaad e conseguide bálsamo, oi virxe, filla de Exipto! En balde multiplicaches os remedios; non hai curación para ti. 12Escoitaron as nacións a túa vergoña, e o teu clamor encheu a terra; porque tropezou o valente co valente, e xuntos caeron os dous.13Palabra que Iahveh falou ao profeta Xeremías sobre a chegada de Nabucodonosor, rei de Babilonia, para ferir a terra de Exipto: 14Anunciádeo en Exipto e facédeo oír en Migdol! Facédeo saber en Menfis e en Tafnes! Dicide: Ponte de pé e prepárate, porque a espada está a devorar os que te rodean!15Por que quedou prostrado Apis? Non permaneceu de pé porque o empurrou Iahveh.. 16E fixo tropezar a moitos: en verdade, caeron un sobre o seu compañeiro, ata que dixeron: Temos que erguernos e fuxir da espada destrutora! Volvamos ao noso pobo e á nosa terra natal! 17E alí alcumaron o rei de Exipto: Faraón, ruxido inoportuno!18Como vivo Eu, di o Rei que o seu nome é Iahveh dos exércitos, que certamente como se distingue o Tabor entre os montes, e o Carmelo érguese xunto ao mar, así virá el. 19Prepara a túa roupa para o deserto, filla que moras en Exipto! Menfis será convertida en desolación, será arrasada ata non quedar ninguén.20Exipto é unha moza fermosa, pero un moscón do norte vén sobre ela, de certo. 21Os seus mercenarios tamén eran no medio dela coma becerros engordados, mais agora dánlle as costas e fuxiron a unha, non resistiron nos seus postos; porque o día da súa calamidade veu sobre eles, a hora do seu castigo. 22Escoitádea, asubiando coma unha serpe, pois os inimigos avanzan; invádena con machados, coma madeireiros veñen contra ela.23Talan os seus bosques -di Iahveh, aínda que sexan moitos e incontables, aínda que sexan máis numerosos que as lagostas. 24A filla de Exipto é avergoñada, e entregada ao poder do pobo do norte.25Di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaquí, Eu castigo a Amón, o deus de Tebas, a Exipto xunto cos seus deuses e os seus reis; a Faraón e aos que confían nel. 26E entregareinos nas mans dos que buscan a súa vida, nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e nas mans dos seus servos. Mais despois será habitado como nos días de antes, di Iahveh.27Pero ti non temas, meu servo Xacob, non desmaies, Israel! Porque velaí, heite traer de lonxe san e salvo, e á túa descendencia da terra da súa catividade. Xacob volverá, e estará tranquilo e será prosperado, e non haberá quen o faga temer. 28Ti non temas, meu servo Xacob - di Iahveh - porque Eu estou contigo; exterminarei a todalas nacións onde te expulsei, pero non acabarei contigo, senón que te corrixirei con xustiza; de ningún xeito te deixarei sen castigo.
1Palabra de Iahveh que veu ao profeta Xeremías sobre os filisteos, antes que Faraón conquistara Gaza. 2Así di Iahveh: "Velaí que soben as augas do norte e se converten en torrente desbordante, que inunda a terra e a súa plenitude, a cidade e os que viven nela; clamarán as persoas, e xemerá todo habitante da terra.3Por mor do son do galopar dos seus cabalos, do murmurio dos seus carros e do estrépito das súas rodas. Os pais non teñen forzas nin para mirar polos seus fillos. 4Porque o día asolador chega para Filistea, e en Tiro e en Sidón cortáronse ata as súas últimas defensas. Iahveh destrúe os filisteos e o resto da costa de Caftor;5Gaza está rapada, Ascalón quedou en nada. Ai! Remanente de xigantes; Ata cando te vas facer incisións? 6Ai, espada de Iahveh! Ata cando estarás inqueda? Volve a túa vaina, descansa e acouga! 7Como pode estar queda, cando Iahveh lle deu ordes? Cando a destinou contra Ascalón e contra a costa do mar?
1Sobre Moab. Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Ai de Nebo, porque foi destruída! Quiriataim foi avergoñada e conquistada! A altiva fortaleza foi avergoñada e desfeita. 2Xa non haberá mais loanza para Moab, en Hesbón maquinaron mal contra ela: Vinde e quitémola de entre as nacións! Tamén ti, Madmena, serás calada, a espada estará sempre enriba túa!3Voz de clamor dende Horonaím: Devastación e gran destrución! 4Moab está destruída! Os seus pequenos deixan oír berros de angustia. 5Pola costa de Luhit soben con pranto continuo; e pola baixada de Horonaim os inimigos escoitan o clamor do quebranto.6Fuxide, salvade as vosas vidas! Sede coma un asno montés no deserto. 7Por canto puxeches a túa confianza nas túas ganancias e nos teus tesouros, tamén ti serás conquistada, e Quemos será levado ao deserto xunto cos seus sacerdotes e os seus príncipes.8O destrutor chegará a cada pobo, e ninguén poderá fuxir; tamén o val será devastado, e a meseta será destruída, como dixo Iahveh. 9Dáde ás a Moab, para que poida fuxir voando! As súas cidades quedarán desoladas, sen ninguén que habite nelas. 10Maldito o que fai a obra de Iahveh descoidadamente! Maldito o que retira a súa espada do sangue.11Moab estivo descansado dende a súa mocidade, estivo repousado na súa borra; non foi vaciado de vaso en vaso, nin foi ao deserto; por iso retén o seu sabor, e o seu aroma non mudou. 12Por tanto, velaí, veñen días - di Iahveh - cando lle mandarei a trasfegadores que o trasfeguen; vaciarán as súas cubas e farán anacos as súas olas.13E Moab avergoñarase de Quemos, así como a casa de Israel se avergoñou de Betel, a súa confianza. 14Como podedes dicir: somos poderosos guerreiros, e homes valentes para a guerra?15Moab está asolado, das súas ciudades subiu o fume; os seus mellores mozos baixan cara a degolación, di o Rei, que ten por nome Iahveh dos exércitos. 16A ruína de Moab virá axiña, e a súa calamidade apresúrase en gran maneira. 17Chorade por el, todos os que habitades ao seu derredor, e todos os que sabedes o seu nome. Dicide: como se quebrou o poderoso cetro, o bastón da súa maxestade!18Descende da túa gloria e senta en terra seca, filla que mora en Dibón, porque o destrutor de Moab subiu contra ti, para destruír as túas fortalezas. 19Párate á beira do camiño e observa, moradora de Aroer; pregunta ao que fuxe e á que quere fuxir, e di: que foi o que pasou? 20Moab foi derrotado e desfalece! Laiádevos e chorade, e anunciade xunto ao Ardón que Moab foi arrasado!21Tamén veu xuízo sobre a chaira, sobre Holón, sobre Iahzaza e contra Mefat, 22contra Dibón, contra Nebo e contra Bet-deblataim, 23contra Quiriataim, contra Bet-gamul e contra Bet-meón, 24contra Queriot, contra Bosra e contra tódalas cidades da terra de Moab, as de lonxe e as de preto. 25O corno de Moab foi arrincado e o seu brazo está quebrantado, di Iahveh.26Embebedádeo, porque se volveu arrogante diante de Iahveh; Moab hase envorcar no seu vómito, e tamén será obxecto de burla! 27Non foi Israel obxecto de burla para ti? Ou foi sorprendido entre ladróns? Por que fas burla cada vez que falas del?28Deixade as cidades e morade nas rochas, habitantes de Moab! Sede coma unha pomba que aniña máis aló da boca do precipicio. 29Oímos do orgullo de Moab, da súa soberbia desmedida, da súa arrogancia, do seu orgullo e insolencia, e da altivez do seu corazón.30Eu sei da súa xactancia - di Iahveh - pero é inútil; a súa va xactancia nada conseguen. 31Por tanto, heime lamentar por Moab, si, por todo Moab clamarei; xemerei polos homes de Kir-hares. 32Chorarei por ti máis que por Iacer, oi viña de Sibma. As túas ramas pasaron sobre o mar, chegaron ata as augas de Iacer; sobre os teus froitos de verán e sobre a túa vendima caeu o destrutor,33e foron quitadas a ledicia e o xúbilo do campo frutífero, da terra de Moab. Fixen que se esgotara o viño dos lagares; ninguén os pisará con ledicia, e se hai berros non serán berros de gozo.34O clamor dende Hesbón chega ata Eleale e ata Iaaza levantaron a súa voz; dende Zoar ata Horonaim e ata Eglat-selisia; porque tamén as augas de Nimrim serán asoladas. 35E farei desaparecer de Moab - di Iahveh - ao que ofrece sacrificios en lugar alto e ao que queima incenso aos seus deuses.36Por iso, o meu corazón xeme por Moab con voz de frauta; o meu corazón xeme tamén coma unha frauta polos homes de Kir-hares, xa que perderon a abundancia que se producira. 37Porque toda cabeza está rapada e toda barba raída; en tódalas mans hai incisións e sobre os lombos cilicio.38En tódalas terrazas de Moab e nas súas prazas todo é lamentación, porque esnaquizei a Moab coma un vaso que non serve para nada, di Iahveh. 39Laiádevos! Como foi quebrantado! Como deu Moab as súas costas avergoñado! Moab será, pois, obxecto de burla e de terror para todos os que o rodean.40Porque así di Iahveh: Velaí, voará veloz como a aguia, e estenderá as súas ás contra Moab. 41Son tomadas as cidades e as fortalezas conquistadas; aquel día o corazón dos valentes de Moab será coma o corazón dunha muller de parto.42E Moab será destruído, deixará de ser pobo porque se engrandeceu contra Iahveh. 43Terror, foso e trampa veñen sobre ti, morador de Moab, di Iahveh. 44O que fuxa do terror caerá na foso, e o que suba do foso caerá na trampa; porque Eu estou a traer sobre el, sobre Moab, o ano do seu castigo -di Iahveh.45Á sombra de Esbón paran os fuxidos sen forzas; pois saíu lume de Esbón, e unha lapa do medio de Sehón, que consumiu a Moab ata o extremo, e a testa dos fillos da destrución.46Ai de ti, Moab! Pereceu o pobo de Quemos! Os teus fillos foron tomados en cativeiro, e as túas fillas marchan cara o desterro. 47Pero farei volver os cativos de Moab nos derradeiros días, di Iahveh. Ata aquí a sentenza de Moab.
1Sobre os fillos de Amón. Así di Iahveh: "Non ten fillos Israel? Non ten herdeiro? Por que, pois, Milcom toma posesión de Gad e se establece o seu pobo nas súas cidades? 2Por tanto, velaí, veñen días - di Iahveh - en que farei que se escoite o berro de guerra contra Rabá dos fillos de Amón, e será convertida en monte de ruínas, e as súas cidades serán incendiadas. Entón Israel desposuirá a quen o tiña desposuído - di Iahveh.3Xeme, Hesbón, porque Ai foi destruída. Clamade, fillas de Rabá, vestídevos de cilicio e lamentade, correde dun lado para o outro por entre os muros, porque Milcom irá ao cativerio xunto cos seus sacerdotes e os seus príncipes. 4Como te gabas dos teus vales, do val da abundancia, filla infiel? Ti que confiaches nos teus tesouros e dicías: quen virá contra min?5Velaí, Eu traio sobre ti terror - di Iahveh o Señor, Deus dos exércitos – que te rodeará por todas partes, e seredes expulsados, cadaquén diante de si e non haberá quen recolla aqueles que fuxiron. 6Pero despois restaurarei o benestar dos fillos de Amón, di Iahveh.7Sobre Edom. Así di Iahveh dos exércitos: -Non hai máis sabedoría en Temán? Perdeuse o consello dos seus mestres? Corrompeuse a súa sabedoría? 8Fuxide, volvede, cavade refuxios, habitantes de Dedan, porque traerei a ruína de Esaú sobre el no tempo do seu castigo.9Se viñeran a ti vendimadores, non deixarían algún acio? Se viñeran ladróns de noite, non te saquearían ata que lles bastara? 10Pero Eu son o que ispo a Esaú, e descubro os seus escondedoiros e non poderá agocharse. Foi destruída a súa descendencia, cos seus irmáns e veciños, e deixará de ser. 11Deixa os teus orfos, que Eu hei crialos; deixa que as túas viúvas confíen en min.12Pois así di Iahveh: "Velaí, os que non estaban condenados a beber a copa, certamente a beberán, e has ser ti o que marchará sen castigo ningún? Non serás absolto, senón que certamente a beberás. 13Porque xurei por min mesmo - di Iahveh - que Bosra será motivo de terror, de aldraxe, de ruína e de maldición; todas as súas cidades converteranse en ruínas para sempre.14Escoitei unha mensaxe de parte de Iahveh. Un mensaxeiro é enviado entre as nacións, dicindo: -Reunídevos e vinde contra ela, e erguédevos para a batalla! 15Pois velaí que te fixen pequena entre as nacións, e menosprezada entre a xente.16En canto ao terror que infundías, a soberbia do teu corazón enganoute; ti que vives nas fendas das rochas! Aínda que fagas o teu niño tan alto coma o dunha aguia, de alí fareite caer - di Iahveh.17Edom hase converter en obxecto de terror; todo o que pase por el quedará atónito e asubiará por mor de tódalas súas feridas. 18Como na destrución de Sodoma e Gomorra e das súas cidades veciñas -di Iahveh- ninguén habitará alí, nin residirá nel fillo de home.19Velaí que un subirá coma un león da maxestuosidade do Xordán contra do pasto seguros, e nun instante fareino fuxir del, e ao que sexa escollido nomeareino sobre el. Porque quen é coma min e quen me pode desafiar? Quen é o pastor que poida resistirme?20Por tanto, escoitade o plan que Iahveh trazou contra Edom, e os designios que decretou contra os habitantes de Temán: non arrastrarán os máis pequenos do seu rabaño? Non destruirán as súas moradas con eles?21Ao estrondo da súa caída treme a terra; hai un clamor. Ata o mar Vermello oíuse a súa voz. 22Velaí que se levanta, voando alto coma unha aguia e estendendo as súas ás contra Bosra. Naquel día o corazón dos valentes de Edom será coma o corazón dunha muller coas angustias do parto.23Sobre Damasco. Hamat e Arfad están confundidas porque escoitaron as malas novas e están desanimadas. Derrétense en ansiedade coma augas que non poden acougar. 24Damasco debilítase, apresúrase para fuxir. O pánico apoderouse dela; Dominada pola anguria e as dores como a muller de parto. 25Ai! Como foi abandonada a cidade famosa, a cidade da miña ledicia!26Por iso os seus mozos caerán nas súas rúas, e tódolos homes de guerra serán reducidos ao silencio naquel día - di Iahveh dos exércitos. 27E prenderei lume no muro de Damasco que consumirá os palacios de Ben-Adab.28Sobre Cedar e dos reinos de Hazor, aos que derrotou Nabucodonosor, rei de Babilonia. Así di Iahveh: "Erguédevos, subide a Cedar e destruíde os fillos do oriente. 29As súas tendas e os seus rabaños serán tomados; as cortinas das súas tendas, todos os seus bens e os seus camelos! E berrarán contra eles: terror por todas partes!30Fuxide, andade errantes polos países de máis lonxe, habitade en refuxios, moradores de Hazor! Di Iahveh, porque Nabucodonosor, rei da Babilonia, concibiu un plan contra vós, trazou plans e designios contra vós. 31Erguédevos! Subide contra unha nación tranquila, que vive confiada - di Iahveh - non ten portas nin fechaduras; viven sós.32Os seus camelos serán o botín, e a multitude dos seus animais por despoxo; e dispersarei a tódolos ventos aos que se rapan as tempas, e de tódolos lados traerei a súa ruína -di Iahveh- 33E Hazor será gorida de chacais, unha desolación para sempre; ninguén habitará alí, nin residirá nela ninguna persoa.34Palabra de Iahveh que veu ao profeta Xeremías sobre Elam no comezo do reinado de Sedequías, rei de Xudá, dicindo: 35Así di Iahveh dos exércitos: "Velaquí, quebrarei o arco de Elam, o mellor da súa fortaleza. 36E traerei sobre Elam os catro ventos dende os catro extremos do ceo, e dispersareinos con todos os ventos; non haberá nación onde non vaian os expulsados de Elam.37Destruirei a Elam diante dos seus inimigos e diante dos que buscan as súas vidas; traerei sobre eles a calamidade, o ardor da miña ira - di Iahveh - e mandarei tras deles a espada ata que os remate. 38Entón poñerei o meu trono en Elam, e alí destruirei ao rei e aos príncipes, di Iahveh. 39Pero acontecerá nos últimos días que farei regresar os cativos de Elam, di Iahveh.
1Palabra que Iahveh falou sobre Babilonia, a terra dos caldeos, por medio do profeta Xeremías: 2Anunciádeo entre as nacións e facédeo escoitar! Erguede o estandarte, publicádeo e non o encubrades! Dicide: Babilonia foi conquistada! Bel foi avergoñado, Merodac foi consternado! Foron avergoñadas as súas imaxes, esnaquizados os seus ídolos.3Porque subiu contra ela unha nación do norte que fará da súa terra obxecto de terror, e non haberá habitante nela. Tanto a xente como os animais fuxirán en desbandada. 4Naqueles días e naquel tempo - di Iahveh - virán os fillos de Israel, eles xunto cos fillos de Xudá; virán andando, chorando e procurando a Iahveh o seu Deus. 5Preguntarán polo camiño de Sión, cara onde volverán os seus rostros e dirán: Vinde, xuntémonos a Iahveh no seu pacto eterno e irrevocable!6Meu pobo era coma un rabaño perdido, que desencamiñaron os seus pastores, facéndoas vagar polos montes; andaron de outeiro en outeiro e esqueceron o seu lugar de repouso. 7Todos os que as atopaban, devorábanas; e os seus inimigos dixeron: non facemos nada nalo, porque pecaron contra Iahveh, morada de xustiza; si, contra Iahveh, esperanza de seus pais.8Fuxide do medio de Babilonia, e saíde da terra dos caldeos! Saíde coma chibos diante do rabaño. 9Porque velaí que Eu fago espertar e subir contra Babilonia unha alianza de grandes nacións da terra do norte, que se ordenarán para a batalla contra ela; dende alí será levada prisioneira. As súas frechas serán coma de guerreiro hábil que non volve coas mans baleiras. 10E Caldea será saqueada; e todos os que a saqueen saciaranse - di Iahveh.11Por canto vos alegrades, saqueadores da miña herdanza, porque vos alegrastes e estivestes felices, agora brincades coma becerra no prado, e relinchades coma poderosos cabalos, 12pero a vosa nai ha ser avergoñada, será humillada a que vos deu a luz. Velaí, será feita a derradeira das nacións: coma un deserto, unha estepa solitaria! 13Por mor da ira de Iahveh quedará deshabitada, feita unha total desolación. Cantos pasen xunto a Babilonia asubiarán asombrados polas súas calamidades.14Alístádevos contra Babilonia ao seu arredor! Todos os que usades o arco, tirade contra ela! Non escatimedes as frechas! Porque pecou contra Iahveh. 15Lanzade un berro de guerra contra ela! Ela estende as súas mans, as súas fortalezas caeron e os seus muros foron derrubados. Vengádevos contra ela, porque é a venganza de Iahveh. Como ela fixo, facede con ela.16Exterminade de Babilonia o sementador e o que manipula a fouce en tempo de colleita! Fuxen diante da espada opresora, cada un volverá ao seu pobo, cada un fuxirá á súa terra!17Israel é rabaño descarriado; os leóns afastárono. Primeiro devorouno o rei da Asiria, e despois Nabucodonosor, rei da Babilonia, quebrou os seus ósos. 18Por tanto, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaquí, castigarei o rei de Babilonia e á súa terra, como castigei ao rei de Asiria.19E volverei traer a Israel aos seus pastos, e pacerá no Carmelo e en Basán, e saciaranse os seus desexos na rexión montañosa de Efraín e en Galaad. 20Naqueles días e naquel tempo - di Iahveh - buscarase a culpa de Israel e non haberá ningunha, e os pecados de Xudá non se atoparán; porque perdoarei aos que deixei coma remanente.21Subide contra a terra de Merataim, contra ela e contra os habitantes de Pecod! Matádeos e destruídeos á espada, e fai todo o que che ordenei, di Iahveh. 22Murmurio de guerra no país, e gran destrución!23Como foi cortado e quebrado o martelo de toda a terra! Como se converteu Babilonia en obxecto de terror entre as nacións! 24Ai Babilonia! Púxenche unha trampa, e sen te decatar caíches nela. Sorprendéronte e apresáronte, porque desafiaches a Iahveh.25Iahveh abriu o seu arsenal e sacou as armas da súa indignación, porque esta é obra de Iahveh, Deus dos exércitos, na terra dos caldeos. 26Vinde contra ela dende os confíns da terra! Abride os seus silos! Convertédea en montóns e destruídea por completo! Que non queden vestixios dela!27Pasade aa coitelo a todos os seus xatos e que descendan ao matadoiro! Ai deles! Pois chegou o seu día, a hora do seu castigo! 28Escoitase a voz dos que foxen e esacapan da terra de Babilonia anunciando en Sión a vinganza de Iahveh o noso Deus, a vinganza do seu templo!29Convocade arqueiros contra Babilonia, a todos os que estenden o arco; campade contra ela por todos os lados, que non teña por onde fuxir! Dádelle o pago conforme a súa obra; conforme todo o que fixo, así facede con ela; porque volveuse soberbia contra Iahveh, contra o Santo de Israel. 30Polo tanto os seus mozos caerán nas súas rúas, e tódolos seus homes de guerra serán reducidos ao silencio naquel día -di Iahveh-31"Velaí, estou contra ti, oi arrogante, di Iahveh, Deus dos exércitos, porque chegou o teu día, a hora na que te castigarei." 32E a arrogante tropezará e caerá sen que ninguén a levante; e prenderei lume ás súas cidades, que devorará todo o que hai arredor dela.33Así di Iahveh dos exércitos: "Oprimidos están xuntamente os fillos de Israel e os fillos de Xudá: todos os que os colleron cativos téñenos suxeitos firmemente, e néganse a soltalos. 34Pero o seu Redentor é o Forte, Iahveh dos exércitos é o seu nome; defenderá a súa causa con poder para traer acougo á terra e turbar aos habitantes de Babilonia.35Espada contra os caldeos! Di Iahveh, e contra os habitantes de Babilonia, contra os seus oficiais e os seus sabios. 36Espada! Contra os engañadores para que sexan desconcertados. Espada! Contra os seus valentes, e serán aterrorizados. 37Espada! Contra os seus cabalos e contra os seus carros, e contra todos os estranxeiros que están no medio dela, e serán coma mulleres. Espada! Contra os seus tesouros, e serán saqueados.38Espada! Contra os seus ríos, e serán secados; porque é unha terra de ídolos, que delira cos seus espantallos. 39Polo tanto, alí vivirán as feras do deserto xunto cos chacais, tamén vivirán avestruces nela; nunca máis será habitada nin poboada por todalas xeracións. 40Como cando Deus destruíu a Sodoma, a Gomorra e ás súas cidades veciñas -di Iahveh- ningunha persoa habitará alí, nin residirá nela ningún fillo de home.41Velaí, un pobo vén do norte, unha gran nación, e moitos reis se levantarán dos confíns da terra; 42Empuñan arco e xavelina; son crueis e non teñen misericordia. A súa voz roxe coma o mar, e van montados a cabalo contra ti, en formación de guerra, filla de Babilonia. 43O rei de Babilonia escoitou as novas deles, e acobardouse. A anguria apoderouse del, e sente dores coma de muller de parto.44Coma un león que sobe da maxestuosidade do Xordán a un pasto seguro, do mesmo xeito heinos espantar de súpeto para quedarme cos escolleitos, pois quen é coma min para poder desafiarme? Quen é o pastor que poida resistirme?45Por tanto, escoitade o designio que Iahveh trazou contra Babilonia, e os planos que decretou contra a terra dos caldeos; certamente botaranos fóra coma a ovellas febles; de certo o seu pasto será devastado xuntamente con eles. 46Diante do berro da conquista de Babilonia a terra tremeu, e o clamor foi escoitado entre as nacións.
1Así di Iahveh: "Velaí, Eu levanto en contra de Babilonia e contra os habitantes de Leb-Qamay un vento destrutor. 2E mandarei contra Babilonia aventadores que a aventarán e vaciarán a súa terra; porque estarán contra ela por todoas partes no día da súa tribulación.3Que non se vaia o arqueiro nin o que viste a súa coiraza se retire. Non perdoedes aos mozos guerreiros, exterminade todo o seu exército. 4Caerán feridos na terra dos caldeos, e traspasados nas súas rúas.5Porque nin Israel nin Xudá foron abandonados polo seu Deus, Iahveh dos exércitos, aínda que a súa terra está chea de pecados contra o Santo de Israel. 6Fuxide do medio de Babilonia, e salvade cada un a súa vida. Non perezades pola súa maldade, pois este é o tempo da vinganza de Iahveh; El daralle o seu pago.7Babilonia foi copa de ouro na man de Iahveh, que embebedou toda a terra. Do seu viño beberon as nacións; enlouqueceron, por iso, as nacións. 8De súpeto caeu Babilonia e fíxose anacos! Xemede por ela, traede bálsamo para a súa dor, acaso sane!9Quixemos curar a Babilonia, pero non sandou; abandonádea, e vaiamos cada un á súa terra, porque o seu castigo chegou ata o ceo, e foi alzado ata as nubes. 10Iahveh sacou á luz a nosa victoria: vinde e contemos en Sión as proezas de Iahveh o noso Deus!11Afiade as frechas, e tomade o escudo! Iahveh espertou o espírito dos reis de Media, porque o seu plan contra Babilonia é destruíla; porque esta é a vinganza de Iahveh, a vinganza da súa casa destruída. 12Erguede a bandeira contra os muros da Babilonia! Fortalecede a garda, colocade sentinelas e preparade emboscadas! Porque Iahveh decidiu, e polo tanto executará o que falou sobre os moradores da Babilonia.13Ai ti, que vives xunto a moitas augas, tes moitos tesouros! Chegou o teu fin, rematou a túa trama. 14Iahveh dos exércitos xurou por si mesmo: mesmo que teñas homes coma lagostas, entoaránse contra ti berros de vitoria.15El é o que fixo a terra co seu poder, o que estableceu o mundo coa súa sabedoría, e coa súa intelixencia estendeu os ceos. 16Cando emite a súa voz, hai murmurio de augas nos ceos, e fai subir as nubes dende os confíns da terra. El produce os lóstregos para a choiva, e saca o vento dos seus depósitos.17A xente non entende isto, o seu coñecemento embrutéceos; os ourives avergoñanse dos seus ídolos, porque as súas imaxes fundidas son un engano, e non hai alento nelas. 18Son vaidade, obras dignas de burla: no tempo do seu castigo perecerán. 19A porción de Xacob non é coma estas cousas; porque El é o Creador de todo, tamén da tribo da súa herdanza; Iahveh dos exércitos é o seu nome.20Ti fuches o meu mazo, e as miñas armas de guerra; contigo esnaquizarei nacións, contigo destruirei reinos, 21contigo hei destruír o cabalo e o seu xinete, contigo esnaquizarei o carro e ao auriga,22contigo quebrantarei homes e mulleres, contigo quebrantarei o ancián e o meniño, contigo quebrantarei o mozo e a doncela, 23contigo esnaquizarei o pastor e o seu rabaño, contigo esnaquizarei o labrego e a súa xunta e contigo esnaquizarei os gobernadores e os sátrapas.24E pagarei a Babilonia e a tódolos habitantes de Caldea todo o mal que fixeron en Sión diante dos vosos ollos, di Iahveh.25"Velaí, Eu estou contra ti, volcán destrutor, di Iahveh, que destruíu toda a terra. Estenderei a miña man contra ti, fareite rolar dende as rochas e reducireite a volcán queimado. 26E non tomarán de ti pedra angular, nin pedra para alicerces, pois serás desolación eterna -di Iahveh-27Erguede a bandeira na terra! Tocade a trompeta entre as nación, convocando a guerra santa! Convocade contra ela os reinos de Ararat, Mini e Asquenaz! Nomeade contra ela un capitán! Facede subir os cabalos coma lagostas aterradoras! 28Reunide as nacións contra ela, aos reis de Media cos seus capitáns, a tódolos seus príncipes e a toda a terra do seu dominio.29A terra tremerá e ha ser aflixida, porque se cumpriron os plans de Iahveh contra Babilonia para converter a terra da Babilonia nun deserto sen habitantes.30Os valentes de Babilonia deixaron de loitar, permanecen nas fortalezas; esgotaron as súas forzas e volvéronse coma mulleres; foron incendiadas as súas moradas, quebrados están os seus ferrollos. 31Un correo vai ao encontro doutro e un mensaxeiro releva a outro, para anunciar ao rei de Babilonia que a súa cidade foi conquistada por completo; 32tamén foron ocupadas as pasaxes, e queimados a lume os seus baluartes, e os guerreiros están aterrorizados.33Porque así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: A filla de Babilonia é coma unha eira ao tempo de ser pisada; dentro de pouco, chegaralle o tempo da colleita.34Devoroume e esmagoume Nabucodonosor, rei de Babilonia, deixoume coma vaso baleiro, tragoume coma un dragón, encheu o seu estómago das miñas delicias, e botoume fóra. 35Ha caer sobre Babilonia a violencia feita que me fixeron na miña carne! Dirá a moradora de Sión. Ha caer o meu sangue sobre os habitantes de Caldea! Dirá Xerusalém.36Por tanto, así responde Iahveh: "Velaí, Eu defenderei a túa causa, e executarei a túa vinganza; secarei o seu mar e farei que sequen os seus mananciais. 37E Babilonia hase converter nun montón de ruínas, en gorida de chacais, en obxecto de terror e de burla, sen habitantes.38todos a unha como leóns ruxirán, berrarán coma cachorros de leóns. 39Farei que os seus banquetes rematen en febre, embebedados celebrando unha orxía; e durmirán nun sono eterno sen espertar, di Iahveh. 40Farei que baixen coma años ao matadoiro, coma carneiros e chibos.41Ai da Babilonia conquistada, o orgullo do mundo capturado! Ai da Babilonia convertida no espanto das nacións! 42O mar subiu sobre Babilonia; coa multitude das súas ondas foi cuberta.43As súas cidades quedaron asoladas, coma terra erma e deserta. Terra onde niunguén vive, onde non pasa ningunha persoa. 44Castigarei a Bel en Babilonia, e sacarei da súa boca o que tragou, e as nacións non virán máis a el, e aínda o muro de Babilonia caerá.45Saíde do medio dela, meu pobo! Salvade cada un a súa vida do ardor da ira de Iahveh! 46Non desmaie o voso corazón, nin temades o rumor que se escoitará na terra; porque o rumor virá un ano, e despois outro rumor noutro ano, e haberá violencia na terra, con gobernante contra gobernante.47Por tanto, velaí, veñen días nos que Eu castigarei os ídolos de Babilonia; será avergoñada toda a súa terra, e todos os seus mortos caerán no medio dela. 48Entón berrarán de ledicia sobre Babilonia os ceos e a terra e todo o que hai neles, cando a morte veña sobre ela e dende o norte o destrutor, di Iahveh. 49De certo caerá Babilonia polos mortos de Israel, como tamén por Babilonia caeron os mortos de toda a terra.50Os que fuxistes da espada, marchade e non vos deteñades! Chamade a Iahveh dende lonxe, e veña Xerusalém á vosa memoria! 51Nós estamos avergoñados porque escoitamos o reproche. A confusión cubre os nosos rostros porque os extranxeiros entraron no santuario da casa de Iahveh.52Por tanto, velaí, veñen días - di Iahveh - en que castigarei os seus ídolos, e por toda a súa terra xemerán os feridos de morte. 53Aínda que Babilonia suba ata os ceos, e poña a súa fortaleza no alto, da miña parte chegarán os que a van a destruír, di Iahveh.54Clamor e berros dende Babilonia, gran destrución na terra dos caldeos! 55Porque Iahveh vai destruír a Babilonia, e fará desaparecer dela a súa gran turba. Bramarán as súas ondas coma moitas augas; resoará o estrondo das súas voces. 56Porque vén contra ela, contra Babilonia, o destrutor. Os seus valentes serán apresados, quebrados están os seus arcos; porque Iahveh é un Deus que retribúe, certamente dará a paga.57Eu embebedarei os seus príncipes e os seus sabios, os seus gobernantes, os seus maxistrados e os seus poderosos, e durmirán un sono eterno e non espertarán -di o Rei do que o seu nome é Iahveh dos exércitos. 58Así di Iahveh dos exércitos: Os anchos muros de Babilonia serán totalmente derrubados, e as súas portas altas queimadas; o pobo traballará en balde, e as nacións esforzaránse só para o lume.59Mensaxe que o profeta Xeremías mandou a Seraías, fillo de Nerías, fillo de Maasías, cando ía con Sedequías, rei de Xudá, a Babilonia no ano cuarto do seu reinado. (Seraías era xefe de abastecementos). 60Escribeu, pois, Xeremías nun só pergamiño toda a calamidade que había vir sobre Babilonia, é dicir, tódalas palabras que foron escritas sobre Babilonia.61E díxolle Xeremías a Seraías: -Cando chegues a Babilonia, e mires e leas en voz alta todas estas cousas, 62dirás: -Ai Iahveh! Ti falaches contra este lugar para destruílo ata que non quede morador nela, sexa persoa ou animal, senón que sexa unha desolación eterna.63E tan pronto como remates de ler este pergamiño, ataraslle unha pedra e botaralo no medio do Éufrates, 64dicindo: Así hase afundir Babilonia para non se erguer máis, polas calamidades que traerei sobre ela para que sexan abatidos! Aquí rematan as palabras de Xeremías.
1Sedequías tiña vinte e un anos cando comezou a reinar, e reinou once anos en Xerusalém. O nome da súa nai era Hamutal, filla de Xeremías de Libna. 2El fixo o malo aos ollos de Iahveh conforme todo o que fixera Ioacim. 3Por mor da ira de Iahveh aconteceu isto en Xerusalém e en Xudá, ata que os botou da súa presenza. Pero Sedequías rebelouse contra o rei de Babilonia.4E aconteceu que no ano noveno do seu reinado, no mes décimo, no décimo día do mes, veu Nabucodonosor, rei de Babilonia, el e todo o seu exército, contra Xerusalém e campou contra ela, e levantaron torres para asediala por todo o seu arredor. 5E a cidade estivo sitiada ata o ano undécimo do rei Sedequías.6No cuarto mes, no noveno día do mes, cando agravou a fame na cidade e non había alimento para o pobo, 7abríuselle unha fenda na cidade, e todos os homes de guerra fuxiron e saíron da cidade á noitiña polo camiño da porta entre os dous muros que había xunto ao xardín do rei, a pesar de que os caldeos estaban arredor da cidade, e marcharon polo camiño ao Arabá. 8Pero o exército dos caldeos perseguiu o rei e alcanzou a Sedequías nos campos de Iericó, e todo o seu exército dispersouse do seu lado e abaodonouno.9Entón capturaron o rei e trouxérono ao rei de Babilonia en Ribla na terra de Hamat, e alí pronunciou sentenza contra del. 10E o rei de Babilonia degolou os fillos de Sedequías diante dos seus ollos e tamén degolou a tódolos príncipes de Xudá en Ribla. 11Despois sacoulle os ollos a Sedequías, e o rei de Babilonia atouno con grillóns de bronce e levouno a Babilonia e púxoo na cadea ata o día da súa morte.12No quinto mes, no décimo día do mes, sendo o ano de dezaoito do rei Nabucodonosor, rei de Babilonia, veu a Xerusalém Nabuzaradán, capitán da garda, que estaba no servizo do rei de Babilonia. 13E queimou a casa de Iahveh, a casa do rei e tódalas casas de Xerusalém, e prendeu lume a toda casa grande. 14E todo o exército dos caldeos que estaba co capitán da garda derrubou tódolos muros arredor de Xerusalém.15Entón Nabuzaradán, capitán da garda, levou ao desterro a algúns dos máis pobres do pobo, ao resto do pobo que ficara na cidade, aos desertores que pasaran ao rei de Babilonia, e ao resto dos artesáns. 16Pero Nabuzaradán, capitán da garda, deixou a algúns dos máis pobres da terra para que traballasen a viña e mailas terras.17E os caldeos partiron en anacos as columnas de bronce que estaban na casa de Iahveh, tamén as bases e o mar de bronce que estaban na casa de Iahveh, e levaron todo o seu bronce a Babilonia. 18Levaron ademais os caldeiros, as pas, as pinzas, os tazóns, os culleróns e todos os utensilios de bronce que se usaban no servizo do templo. 19O capitán da garda tamén levou os incesarios, os tazóns, as copas, os olas, os candeeiros, e as tazas, o que era de ouro puro e o que era de prata pura.20En canto ás dúas columnas, o mar, os doce bois de bronce que estaban debaixo do mar e as bases que o rei Salomón fixera para a casa de Iahveh, non era posible calcular o peso do bronce de todos estes obxectos. 21En canto ás columnas, a altura de cada columna era de dezaoito cóbados, e tiña doce cóbados de circunferencia e catro dedos de espesura, pois eran fonchas.22E había sobre cada columna un capitel de bronce; a altura de cada capitel era de cinco cóbados, cunha rede e granadas sobre o capitel ao seu arredor, todo de bronce. E a segunda columna era igual, coas granadas. 23E había noventa e seis granadas en cada fila; o total das granadas era de cen na rede arredor do capitel.24Entón o capitán da garda colleu a Seraías, o sumo sacerdote, e a Sofonías, o segundo sacerdote, e aos tres gardiáns do atrio. 25Tamén colleu da cidade un oficial que estaba a cargo dos homes de guerra, a sete dos conselleiros do rei que estaban na cidade, ao escriba do comandante do exército que reclutaba o pobo da terra, e a sesenta homes do pobo que estaban dentro da cidade.26Nabuzaradán, capitán da garda, colleunos e levounos ao rei de Babilonia en Ribla. 27Entón o rei de Babilonia feriunos e deulles morte en Ribla na terra de Hamat. Así foi levada Xudá en catividade, lonxe da súa terra.28Este é o pobo que Nabucodonosor levou cativo: no ano sétimo, tres mil vinte e tres xudeus; 29no ano décimo oitavo de Nabucodonosor, oitocentas trinta e dúas persoas de Xerusalém; 30no ano vinte e tres de Nabucodonosor, Nabuzaradán, capitán da garda, levou ao deserto a setecentos corenta e cinco xudeus; en total foron catro mil seiscentas persoas.31E no ano trinta e sete do cativerio de Ioaquín, rei de Xudá, no mes doce, no vinte e cinco días do mes, Evil-merodac, rei de Babilonia, no primeiro ano do seu reinado, favoreceu a Ioaquín, rei de Xudá, e sacouno da cadea.32E faloulle dun xeito amistoso e puxo o seu trono por riba dos tronos dos reis que estaban con el en Babilonia. 33E fixo que lle quitaran as vestiduras de prisioneiro, e comeu sempre na mesa do rei todolos días da súa vida. 34E para o seu sustento, foille dada unha ración de parte do rei de Babilonia, unha porción para cada día, todos os días da súa vida ata o día da súa morte.
1Como quedou soa a cidade que tiña tanta xente! Volveuse coma unha viúva a grande entre as nacións! A princesa entre as provincias converteuse en tributaria! 2Chorou amargamente na noite, e as bágoas cubren as súas meixelas; non hai quen a console entre todos os seus amantes. Todos os seus amigos traizoárona, convertéronse en inimigos.3Xudá foi ao deserto baixo aflición e baixo dura servidume. Ela vive entre as nacións, mais non atopa descanso; todos os seus perseguidores alcanzárona no medio da anguria.4Os camiños de Sión están de loito, porque ninguén vén ás festas solemnes. Todas as súas portas están desoladas, xemen os seus sacerdotes, as súas virxes están aflixidas, e ela mesma está amargada. 5Os seus adversarios convertéronse en seus amos, os seus inimigos prosperan, porque Iahveh aflixíuna pola multitude das súas transgresións; os seus fillos foron cativos diante do adversario.6Da filla de Sión marchou toda a súa espléndida gloria. Os seus príncipes son coma serpes que non atopan pasto, e fuxen sen forzas diante do perseguidor.7Xerusalém lembra nos días da súa aflición e da súa vagancia todos os seus tesouros que existían dende os tempos antigos, cando o seu pobo caeu en mans do adversario sen que ninguén a axudara. Ao vela os seus adversarios, búrlanse da súa ruína.8Xerusalém pecou grandemente, e volveuse cousa inmunda. Todos os que a honraban desprezárona porque viron a súa nudez, e ela avergóñase e vólvese de costas. 9A súa inmundicia está nos seus lombos; non considerou o seu futuro, e caeu de maneira sorprendente; non hai quen a console. Mira, Iahveh, a miña aflición, porque engrandeceuse o inimigo!10O adversario estendeu a súa man a todos os seus tesouros; en verdade ela viu as nacións entrar no santuario, aínda que Ti ordenaches que non entraran na túa congregación.11Todo o seu pobo xeme buscando pan; deron os seus tesouros por comida para restaurar as súas vidas. Mira, Iahveh, e observa que me están a desprezar. 12Vós todos os que pasades polo camiño, non vos importa isto? Observade e vede se hai dor como a miña dor, coa que fun atormentada, coa que Iahveh me aflixíu no día da súa ira ardente.13Dende o alto mandou lume que entrou nos meus ósos. Estendeu unha rede aos meus pés, fíxome volver atrás, deixoume desolada, desmaiada todo o día. 14Atado foi o xugo das miñas transgresións, pola súa man foron entrelazados, caeron sobre o meu pescozo. El fixo que me faltasen as forzas; Iahveh entregoume en mans contra das que non podo resistir.15O Señor rexeitou a tódolos meus valentes do medio de min; convocou contra min unha asemblea solemne para quebrantar os meus mozos; O Señor pisou nun lagar á virxe filla de Xudá!16Por estas cousas eu choro; e os meus ollos desfanse en augas, porque lonxe de min está o consolador, o que reanimou a miña alma. Os meus fillos están desolados porque o inimigo prevaleceu. 17Sión estende as súas mans, non hai quen a console. Iahveh ordenou contra Xacob que os que o rodean sexan os seus adversarios; Xerusalém volveuse cousa inmunda no medio deles.18Iahveh é xusto, pois me rebelei contra a súa palabra. Escoitade agora, todos os pobos, e vede a miña dor: as miñas virxes e os meus mozos foron ao cativerio. 19Chamei aos meus amantes, pero eles enganáronme. Os meus sacerdotes e os meus anciáns pereceron na cidade, cando procuraban alimento para si a fin de restaurar as súas almas famentas.20Mira, Iahveh, que estou anguriada; ferven as miñas tripas, o meu corazón revólvese dentro de min, porque fun moi rebelde. Na rúa a espada déixame sen fillos, na casa enseñoreouse a morte.21Escoitaron que eu xemía, e non hai quen me console. Todos os meus inimigos escoitaron do meu mal, e alegráronse de que Ti o fixeras. Ai se Ti trouxeras o día que anunciaches, para que sexan eles coma min! 22Que chegue toda a súa maldade diante de ti, e trátaos como a min me trataches por tódalas miñas transgresións; porque os meus xemidos son moitos, e desmaia o meu corazón.
1Como nublou Iahveh na súa ira á capital de Sión! Arredou do ceo á terra a gloria de Israel! Non se lembrou do estrado dos seus pés no día da súa ira. 2Iahveh destruíu sen compaixón todas as moradas de Xacob. Derrubou no seu furor as fortalezas da filla de Xudá, botounas por terra; profanou o reino e aos seus príncipes.3Exterminou no ardor da súa ira tódalas forzas de Israel; botou atrás a súa man dereita en presenza do inimigo; e acendeuse en Xacob coma chamas de lume devorando todo arredor. 4Entesou o seu arco como inimigo, afirmou a súa man dereita como adversario e matou a todo o que era agradable á vista; na tenda da filla de Sión derramou o seu furor coma lume.5O Señor volveuse coma inimigo; devorou a Israel, devorou todos os seus pazos, destruíu as súas fortalezas e multiplicou na filla de Xudá o lamento e o loito. 6Tratou con violencia o seu tabernáculo, como a cabana da horta; destruíu o seu lugar de reunión. Iahveh fixo esquecer en Sión a festa solemne e o día de repouso, e rexeitou no furor da súa ira o rei e o sacerdote.7O Señor repudiou o seu altar, desprezou o seu santuario; entregou en mans do inimigo os muros dos seus pazos. Gritos foron dados na casa de Iahveh como en día de festa solemne.8Iahveh decidiu destruír os muros da capital de Sión; estendeu o cordón, non retirou a súa man para destruír, e fixo que se lamentaran o antemuro e o muro; e a unha desmaiaron. 9Afundiron na lama as súas portas, El destruíu e quebrou as súas fechaduras. O seu rei e os seus príncipes están entre as nacións; xa non hai lei; e os seus profetas tampouco atopan visión de Iahveh.10En terra están sentados, en silencio, os anciáns da filla de Sión. Botaron pó sobre as súas cabezas, cinguíronse de cilicio. Inclinaron a terra as súas cabezas as virxes de Xerusalém.11Os meus ollos consúmense polas bágoas, ferven as miñas tripas; o meu fel derrámase por terra, por mor da destrución da filla do meu pobo, cando nenos e lactantes desmaian nas rúas da cidade. 12Preguntan ás súas nais: onde está o pan e o viño? Mentres xacen coma feridos nas prazas da cidade, mentres exhalan o seu espírito no regazo das súas nais.13Como te hei asemellar? Con quen te hei igualar, filla de Xerusalém? Con que te compararei para consolarte, virxe filla de Sión? Porque grande coma o mar é a túa ruína. Quen poderá sandarte? 14Os teus profetas tiveron para ti visións falsas e enganosas, e non manifestaron a túa iniquidade para que volveses da túa catividade, senón que te anunciaron oráculos falsos e enganosos.15Baten palmas en contra de ti todos os que pasan polo camiño; asubían e menean as súas cabezas contra a filla de Xerusalém, dicindo: é esta a cidade da que dicían: a perfección da fermosura, a ledicia de toda a terra? 16Abriron contra ti a súa boca todos os teus inimigos; asubían e rinchan os dentes, din: devorámola! Certamente este é o día que agardabamos! Conseguímolo e agora estamos a comprobalo!17Iahveh fixo o que se propuxo, cumpriu a súa palabra que ordenara dende os tempos antigos; derrubou sen compaixón, fixo que se alegre o inimigo sobre ti, exaltou o poder dos teus adversarios.18O seu corazón clama ao Señor: Muro da filla de Sión! Corren as túas bágoas coma un río día e noite, non te deas repouso nin teñan repouso os teus ollos. 19Érguete, dá voces na noite ao comezar as vixías; derrama como auga o teu corazón diante da presenza do Señor; levanta cara El as túas mans pola vida dos teus pequenos, desfalecidos pola fame nas esquinas de tódalas rúas.20Mira Iahveh! Considera e observa a quen trataches así: cando as mulleres comeron aos seus fillos, aos pequenos aínda nos seus brazos? Cando foron asasinados sacerdotes e profetas dentro do santuario do Señor?21Xacen por terra nas rúas mozos e anciáns; as miñas virxes e os meus homes caeron a espada. Fixeches que morreran no día da túa ira, fixeches unha matanza sen te preocupar de nada. 22Como en día de festa solemne convocaches os meus terrores de todas as partes; e non houbo no día da ira de Iahveh quen fuxira nin sobrevivira. Aqueles que criei e mantiven, o meu inimigo exterminounos.
1Eu son o home que viu a aflición baixo a vara do seu furor. 2El levoume e fíxome camiñar en tebras e non en luz. 3Certamente contra min volveuse e volveu a súa man todo o día. 4Fixo que se consumiran a miña carne e a miña pel, quebrantou os meus ósos.5Ergueuse contra min e rodeoume de amargura e tristura. 6En lugares escurecidos fíxome morar, coma os que morreron hai tempo. 7Cercoume e non podo saír, fixo pesadas as miñas cadeas. 8Aínda cando clamo e pido axuda, El fecha o paso á miña oración.9Pechou os meus camiños con pedras labradas, fixo tortos os meus vieiros. 10El é para min coma oso ameazante, coma león agachado. 11Desviou os meus camiños e esnaquizoume, deixoume desolado.12Entesou o seu arco e púxome como branco das frechas. 13Fixo que penetraran nas miñas tripas as frechas da súa alxaba. 14Cheguei a ser o escarnio de todo o meu pobo, a súa burla día tras día. 15El encheume de amargura, embebedoume con xoio.16Esmagou cos pedrizos os meus dentes, fixo que me revolvera no pó. 17E a miña alma foi privada da paz, esquecín a felicidade. 18E dixen: pereceu o meu vigor, e a miña confianza no Señor!19Lémbrate da miña aflición e da miña miseria, do meu pranto e da miña amargura! 20Heino ter sempre na miña memoria, e a túa alma gardará loito por min. 21Isto traio ao meu corazón, por isto teño unha esperanza nova:22As misericordias do Señor nunca rematan, pois as súas bondades nunca faltan; 23son novas cada mañá; grande é a túa fidelidade! 24Iahveh é a miña porción! di a miña alma, por iso agardo nel.25Iahveh é bo para os que o agardan, para a alma que o busca. 26É bo agardar en silencio a salvación do Señor. 27Bo é para o home levar o xugo na súa xuventude. 28Que se sente só e garde silencio xa que El llo impuxo; 29Que poña a súa boca no pó, por se aínda hai esperanza;30Que lle dea a meixela ao que o fere; que se farte de aldraxes. 31Porque o Señor non rexeita para sempre. 32Aínda que El aflixe, tamén se compadecerá segundo a súa grande misericordia. 33Porque El non castiga por pracer, nin se comprace aflixindo aos fillos dos homes.34Esmagar debaixo dos pés a tódolos presos dun país, 35privar do dereito a unha persoa na presenza do Altísimo, 36enganar a un home no seu litixio: estas cousas non as aproba o Señor!37Quen é aquel que fala e así acontece, se o Señor non o ordenou? 38Non saen da boca do Altísimo tanto as desgrazas como o bo? 39Por que se ha queixar o ser vivo? Que sexa valente fronte os seus pecados!40Examinemos os nosos camiños e escudriñémolos, e volvamos a Iahveh! 41Ergamos o noso corazón nas nosas mans cara o Deus nos ceos. 42Nós pecamos e rebelámonos; e Ti non nos perdoaches. 43Cubrícheste de ira e perseguíchesnos; mataches e non perdoaches.44Cubrícheste cunha nube para que a oración non chegara a ti. 45Fixéchesnos lixo e escoria no medio dos pobos. 46Abriron a súa boca contra nós todos os nosos inimigos. 47O espanto e a fosa viñeron sobre nós, a desolación e a destrución.48Ríos de auga derraman os meus ollos por mor da destrución da filla do meu pobo. 49Os meus ollos flúen sen cesar, sen ter descanso. 50Ata que Iahveh vexa e mire dende os ceos.51Os meus ollos causan dor á miña alma por todas as fillas da miña cidade. 52Coma un paxáro déronme caza, aqueles que son os meus inimigos sen causa. 53Calaron a miña vida cando estaba na fosa, e botaron pedra sobre min. 54As augas cubriron a miña cabeza e dixen: -Estou perdido!55Invoquei o teu nome, Iahveh, dende a fosa máis profunda. 56Ti escoitaches a miña voz: non peches o teu ouvido ao clamor dos meus suspiros! 57Achegácheste o día que te invoquei e dixeches: -Non temas.58Ti defendiches, Señor, a causa da miña alma e redimiches a miña vida. 59Ti miraches a miña opresión, faime xustiza Iahveh! 60Miraches toda a súa vinganza, tódolos seus plans contra min. 61Escoitaches as súas aldraxes, ó Iahveh, tódalas súas murmuracións contra min;62os beizos dos meus agresores e as súas murmuracións están na miña contra todo o día. 63Estean sentados ou en pé, eu son o obxecto da súa copla.64Ti daraslles o seu pago, ó Iahveh, conforme a obra das súas mans. 65Daraslles dureza de corazón, a túa maldición será sobre eles. 66Persígueos coa túa ira e destrúeos de debaixo dos ceos, ó Iahveh!
1Como se escureceu o ouro! Como mudou o ouro puro! Por todas as encrucilladas están tiradas as pedras do santuario! 2Os fillos preciosos de Sión, que valían o seu peso en ouro puro, son tidos por vasos de barro, obra de mans de oleiro.3Aínda os chacais ofrecen o seu peito para amamantar ás súas crías; pero a filla do meu pobo volveuse cruel coma os avestruces do deserto.4A lingua do neno de peito pegóuselle ao seu padal pola sede; os pequenos piden pan, pero non hai quen o reparta. 5Os que comían manxares andan desolados polas rúas; os que se criaron entre púrpura abrazan o lixo.6A iniquidade da filla do meu pobo é maior que o pecado de Sodoma, que foi derrubada nun instante sen que as mans actuaran contra ela.7Os seus consagrados eran máis puros que a neve, máis brancos que o leite, máis vermellos de corpo que os corais, coma o zafiro no seu parecer. 8Hoxe os seus rostros son máis negros que o feluxe, e non se lles recoñece nas rúas; a súa pel pegouse aos seus ósos, murchou coma madeira.9Máis ditosos foron os que morreron a espada que os que morren de fame, que se consumen esgotados, pola falta dos froitos dos campos. 10As mans de mulleres compasivas cociñaron os seus propios fillos, que lles serviron de comida por mor da calamidade da filla do meu pobo.11Iahveh cumpriu a súa indignación, derramou o ardor da súa ira; e encendeu un lume en Sión que consumiu os seus alicerces.12Non creron os reis da terra, nin ningún dos habitantes do mundo, que puideran entrar o adversario e o inimigo polas portas de Xerusalém. 13Por mor dos pecados dos seus profetas e das iniquidades dos seus sacerdotes, que verteron no medio dela o sangue dos xustos.14Andaron cegos polas rúas, manchados de sangue, sen que ninguén puidese tocar os seus vestidos. 15Afastádevos, eu son inmundo! berraban. Afastádevos, non me toquedes! Así fuxiron e foron dispersados, mais aínda entre as nacións dicíase: que non vivan aquí nunca máis!16O rostro de Iahveh dispersounos, non os volverá mirar. Non hai honra para os sacerdotes, nin compaixón para os anciáns.17Os nosos ollos están desfalecidos por procurar unha axuda inútil. No noso velar, agardamos a un pobo que non puido salvarnos. 18Vixiaban os nosos pasos para que non andásemos polas nosas rúas. Achegouse o noso fin, cumpríronse os nosos días, chegou o noso final.19Os nosos perseguidores foron máis rápidos que as águias do ceo; cazáronos sobre os montes e tendéronos trampas no deserto. 20O alento da nosa vida, o unxido de Iahveh, foi atrapado nas súas fosas, aquel de quen dixemos: á súa sombra viviremos entre as nacións.21Énchete de ledicia e alégrate, filla de Edom, a que vives na terra de Uz! Tamén a ti chegará a copa, ata embebedar e tamén has amosar a túa nudez. 22Cumpriuse o castigo da túa iniquidade, filla de Sión! Non serás levada nunca máis en cativerio. Mais, filla de Sión, a tua iniquidade será visitada, e o teu pecado será descuberto.
1Lémbrate, Iahveh, do que nos aconteceu; mira e contempla a nosa aldraxe. 2A nosa herdanza pasou aos nosos inimigos, e as nosas casas a estranxeiros. 3Quedamos orfos, sen pai, e as nosas nais, coma viúvas. 4Pola auga que bebemos temos que pagar, a nosa madeira chega a nós por prezo.5Sobre os nosos pescozos están os nosos perseguidores; non hai acougo para nós, estamos esgotados. 6Ata tivemos que facer un pacto cos exipcios e os asirios para ter pan. 7Os nosos pais pecaron, e xa non existen, pero nós cargamos coas súas iniquidades.8Os escravos dominan sobre nós, e non hai quen nos libre da súa man. 9Con perigo das nosas vidas conseguimos o noso pan, enfrontándonos á espada no deserto. 10A nosa pel queima coma un forno, por mor dos ardores da fame.11Violaron as mulleres en Sión, e as virxes nas cidades de Xudá. 12Os príncipes foron colgados das súas mans, e os anciáns non foron respectados.13Os mozos traballaron no muíño, e os raparigos caeron baixo o peso da madeira. 14Os anciáns xa non sentan ás portas, os mozos non cantan.15Cesou a ledicia do noso corazón e a nosa danza converteuse en loito. 16Caeu a coroa da nosa cabeza. Ai de nós, pois pecamos!17Por isto está abatido o noso corazón, por estas cousas apagáronse os nosos ollos, 18porque o monte Sión está arrasado; e as raposas están a pasear no medio del.19Pero ti, Iahveh, reinas para sempre, o teu trono permanece de xeración en xeración. 20Haste esquecer para sempre de nós? Vasnos abandonar para sempre? 21Ó Iahveh, fai que volvamos a ti e seremos restaurados; renova os nosos días coma nos tempos antigos, 22ou, xa nos rexeitaches completamente e estarás sempre anoxado contra nós?
1E aconteceu que no ano trinta, no cuarto mes, no quinto día do mes, cando eu estaba entre os cativos xunto ao río Quebar, abríronse os ceos, e vin visións de Deus. 2No quinto ano da deportación do rei Ioaquín, no quinto día do mes, 3veu a palabra de Iahveh ao sacerdote Ezequiel, fillo de Buzi, na terra dos caldeos, xunto ao río Quebar; e alí veu a man de Iahveh sobre el.4Mirei, e velaí, viña do norte un vento de tormenta, unha grande nube e lume envolvente, e un resplandor redor del, e no medio do lume algo que semellaba bronce resplandecente. 5E no medio del, a imaxe de catro seres viventes; e este era o seu parecer: tiñan semellanza de homes. 6Cada un tiña catro caras e catro ás.7As súas pernas eran rectas, e a planta dos seus pés coma o pezuño dun becerro, e resplandecían coma bronce queimado. 8Por debaixo das súas ás, aos seus catro lados, tiñan mans de home, e os catro tiñan cadansúas caras e ás. 9E as súas ás tocábanse unha á outra; e non se volvían ao camiñar, senón que cada un ía cara adiante.10O aspecto das súas caras era coma a face dun ser humano, pero os catro tiñan tamén cara de león ao lado dereito; os catro tiñan cara de boi, á esquerda, e os catro tiñan tamén cara de aguia. Deste xeito eran as súas caras. 11Tiñan as súas ás despregadas cara arriba, cada un tiña dúas ás que se tocaban, e as outras dúas que cubrían os seus corpos. 12E cada un camiñaba segundo a orientación da súa face; onde o espírito os facía ir, ían; e cando ían, non se volvían.13E en canto á semellanza dos seres viventes, a súa aparencia era coma carbóns de lume acendidos, coma a aparencia de fachóns acendidos que camiñaban entre os seres viventes; e o lume resplandecía, e do lume saían lóstregos. 14E os seres viventes corrían e volvían coma lóstregos.15Mentres miraba os seres viventes, vin unha roda que estaba sobre o chan xunto aos seres viventes, polos catro lados. 16A aparencia das rodas era coma o brillo do crisólito; as catro rodas tiñan a mesma semellanza; e a súa feitura era coma se unha roda estivera encaixada no medio da outra,17para poder rodar nas catro direccións sen ter que xirar cando camiñaban. 18As súas circunferencias eran altas e inspiraban medo, pois as catro estaban cheas de ollos arredor.19E cando os seres viventes camiñaban, as rodas ían xunto a eles; e cando os seres viventes se alzaban da terra, as rodas erguíanse. 20Onde o espírito os impulsaba a ir, alí ían; onde o espírito os impulsaba a ir, as rodas erguíanse detrás deles, porque o espírito dos seres viventes estaba nas rodas. 21Cando eles ían, elas ían tamén; e cando se detiñan, elas tamén se detiñan; e cando se alzaban da terra, as rodas alzábanse detrás deles, porque o espírito dos seres viventes estaba nas rodas.22E sobre as cabezas dos seres viventes aparecía unha expansión semellante ao cristal marabilloso, estendida sobre as súas cabezas. 23Por debaixo do firmamento as súas ás estaban endereitadas, estendéndose unha cara a outra; e cada un tiña dúas ás que cubrían o seu corpo.24E escoitei o balbordo das súas ás cando camiñaban, coma o balbordo de moitas augas, coma a voz do Todopoderoso, coma murmurio de multitude, coma o balbordo dun exército. Cando se detiñan, pregaban as súas ás. 25E cando se escoitaba unha voz no firmamento enriba das súas cabezas, detíñanse e pregaban as súas ás.26E sobre a expansión que había sobre as súas cabezas había un trono que semellaba unha pedra de zafiro, e sobre o trono había un que semellaba un home sentado sobre el.27E vin coma o resplandor de bronce acrisolado, e unha aparencia de lume arredor del enmarcábao no que parecía ser a aparencia dos seus lombos cara arriba, e do que parecía ser a aparencia dos seus lombos cara abaixo; vin a súa aparencia coma lume, e tiña un resplandor redor de sí, 28á semellanza do arco iris que está nas nubes no día da choiva, así era a aparencia do resplandor arredor del. Tal foi a visión da aparencia da gloria de Iahveh. Cando a vin, caín rostro en terra; entón escoitei unha voz que falaba.
1E dixome: -Fillo de home, ponte en pé, e falarei contigo. 2E aconteceu que cando me falou, entrou o Espírito en min e púxome en pé, e escoitei a quen falaba comigo, 3que me dicía: -Fillo de home, Eu mándote aos fillos de Israel, a unha nación rebelde que se rebelou contra min; eles e os seus pais rebeláronse contra min ata hoxe.4Polo tanto, Eu mándote a fillos de cara dura e de corazón obstinado, e diraslles: así di Iahveh o Señor: 5E tanto se eles escoitan (pois son casa rebelde), coma se non escoitan, saberán que houbo un profeta entre eles.6Pero ti, fillo do home, non lles temas nin lles teñas medo a eles ou ás súas palabras, aínda que esteas entre espiños e cardos, e habites entre escorpións. Non temas as súas palabras nin teñas medo díante deles, pois son casa rebelde.7Ti, pois, falaraslles as miñas palabras, ben escoiten ou non, porque son moi rebeldes. 8Pero ti, fillo de home, escoita o que Eu che digo; non sexas rebelde como a casa rebelde; abre a túa boca e come o que Eu che dou!9E mirei, e velaí unha man estendida cara min, e nela había un pergamiño escrito. 10Estendeuno díante de min, e estaba escrito por dentro e por fóra; e nel estaban escritos elexías, prantos e lamentacións.
1E dixome: -Fillo de home, come o que tes aí; come este pergamiño, e vai e fala á casa de Israel. 2Entón abrín a miña boca e El fíxome comer ese pergamiño. 3E dixome: -Fillo de home, alimenta o teu ventre e enche as túas tripas con este pergamiño que Eu che dou. E comin, e na miña boca foi doce coma o mel.4E dixome: -Fillo de home, vai e entra na casa de Israel, e fálalles coas miñas palabras. 5Porque ti non es mandado a un pobo de lingua profunda nin de lingua difícil, senón á casa de Israel. 6Non a moitos pobos de lingua profunda, ou de lingua difícil, que non entendas as súas palabras. Se te mandase a eles, eles escoitaríante. 7Pero a casa de Israel non vai querer escoitarte, porque non quere escoitarme a min; porque toda a casa de Israel é de faciana dura e de corazón testán.8Velaí, Eu farei a túa faciana forte contra as súas caras, e a túa fronte forte contra as súas frontes. 9Fixen a túa faciana coma un díamante, máis forte que o pedernal. Non lles teñas medo nin te acobardes díante deles, pois son unha casa rebelde.10E dixome: -Fillo de home, recibe no teu corazón tódalas miñas palabras que che direi, e escoita cos teus oídos. 11Vai preto dos exiliados, os fillos do teu pobo, e fálalles dicindo: así di Iahveh o Señor; escoiten ou non queiran escoitar.12E de súpeto levoume o Espírito, e escoitei tras de min o son dun grande estrondo, cando a gloria de Iahveh se levantou dese lugar. 13Escoitei tamén o son das ás dos seres viventes que rozándose unha coa outra, xunto ao ruxir das rodas díante deles, e un son de grande estrondo.14Entón o Espírito ergueume e levoume; e fun con amargura, indignado no meu espírito; pero a man de Iahveh era forte sobre min. 15E cheguei aos exiliados en Tel-Abib, que vivían xunto ao río Quebar, e sentei onde eles estaban sentados, e quedei alí asombrado no medio deles por sete días.16E aconteceu que ao cabo de sete días, a palabra de Iahveh veu a min, dicindo: 17Fillo de home, Eu púxente por sentinela á casa de Israel; e ti escoitarás a palabra da miña boca e advertiralos da miña parte. 18Cando Eu diga ao impío: de certo morrerás, e ti non o advirtas nin lle fales, para que o impío se volva do seu mal camiño, e así viva, o impío morrerá pola súa maldade, pero eu demandarei o seu sangue da túa man. 19Pero se ti advirtes ao impío, e el non se volve da súa maldade e do seu mal camiño, el morrerá pola súa maldade, pero ti librarás a túa alma.20Se o xusto se afasta da súa xustiza e fai maldade, e Eu poño tropezo díante del, morrerá, porque ti non o advertiches. No seu pecado morrerá, e as súas xustizas que fixo non se lembrarán, pero eu demandarei o seu sangue da túa man. 21Pero se advirtes ao xusto para que non peque e non peca, de certo vivirá, porque foi advertido; e ti salvarás a túa alma.22Alí veu a man de Iahveh sobre min, e dixome: -Érguete, sae ao campo, e alí falarei contigo. 23E erguinme e saín ao campo; e velaí que a gloria de Iahveh estaba alí, como a gloria que vira xunto ao río Quebar; e caín sobre a miña faciana.24Entón entrou o Espírito en min e púxome en pé, e faloume e dixome: -Entra e fecha a túa casa. 25E velaquí que a ti, fillo de home, poranche cordas, e atarante con elas, e non sairás de entre eles.26E farei que a túa lingua se pegue ao teu padal, e quedarás mudo, e non serás quen de reprenderlles, porque son casa rebelde. 27Pero cando Eu che fale, entón abrirei a túa boca, e diraslles: -Isto di o Señor Iahveh: aquel que queira, que escoite; e o que non queira escoitar, que non escoite, porque son casa rebelde.
1E ti, fillo do home, toma para ti un ladrillo, pono díante de ti, e diseña sobre el a cidade de Xerusalém. 2E pon sitio contra dela, e edificarás contra ela unha fortaleza, e erguerás contra ela un muro, e porás un campamento fronte a ela, e porás arietes arredor dela. 3Toma tamén unha tixola de ferro, e pona como muro de ferro entre ti e a cidade; e dirixe a túa faciana contra ela, e quedará sitiada. Isto é un sinal para a casa de Israel.4Ti deitaraste sobre o teu costado esquerdo, e Eu botarei enriba de ti a iniquidade da casa de Israel; e os días que esteas deitado deste xeito, levarás sobre ti a iniquidade deles. 5E Eu deiche os anos da súa iniquidade polo número de días, trescentos noventa días, para que leves a iniquidade da casa de Israel.6Cando estes se cumpran, deitaraste sobre o teu costado dereito e cargarás coa iniquidade da casa de Xudá por corenta días; un día por cada ano, 7e afirmarás a túa faciana cara ao asedio de Xerusalém, e co teu brazo descuberto profetizarás contra ela. 8Velaí te hei atar con cordas, para que non te volvas dun lado a outro, ata que teñas cumpridos os días da túa opresión.9Recolle pois trigo, cebada, fabas e lentellas, millo e avea, e bótao todo nun frasco, e fai pan deles. Comerás iso trescentos noventa días, todos os días que esteass deitado dese lado. 10A comida que comerás será de vinte siclos por día, e comerás sempre á mesma hora. 11E beberás a auga medida, a sexta parte dun hin; beberala sempre á mesma hora.12E comerás pan de cebada, que cocerás á vista deles co lume de excremento humano. 13E dixo Iahveh: -Así comerán os fillos de Israel o seu pan inmundo entre as nacións onde Eu os esparexerei.14Entón dixen: -Ai Señor Iahveh, velaí que a miña alma non se contaminou, nin comin cousa morta nin esnaquizada dende a miña xuventude ata este tempo, nin entrou na miña boca carne inmunda. 15E respondeume: -Mira, deixo que prepares o teu pan con esterco de boi en lugar de esterco humano.16E dixome: -Fillo de home, velaí que quebrarei o sustento de pan en Xerusalém; e comerán o pan por peso e con anguria, e beberán a auga medida e con espanto, 17para que ao faltarlles o pan e a auga, se miren uns aos outros con asombro, e se consuman por culpa da súa maldade.
1E ti, fillo de home, toma para ti un coitelo afiado, toma unha navalla de barbeiro, e faina pasar sobre a túa cabeza e a túa barba; e toma unha balanza e divide os cabelos. 2Queimarás unha terceira parte con lume no medio da cidade, cando se cumpran os días do asedio; outra terceira parte sacudirala coa espada arredor da cidade; e a outra terceira parte espallarala ao vento, porque Eu saco a espada detrás deles.3Tomarás tamén de alí uns cantos cabelos e ataralos no orillo do teu manto. 4Collerás de novo deles, e botaralos no medio do lume, e halos queimar no lume; de alí sairá un lume que envolverá a toda a casa de Israel.5-Así di o Señor Iahveh: "Esta é Xerusalém! Coloqueina no medio dos pobos, rodeada de nacións, 6pero ela rebelouse contra as miñas leis e as miñas ordenanzas con máis maldade que os pobos e máis que as nacións que a rodean; porque rexeitaron os meus mandamentos e non seguiron as miñas leis.7Por tanto, así di o Señor Iahveh: "Porque fostes máis rebeldes que as nacións veciñas, e non andastes nos meus mandamentos nin gardastes as miñas leis, nin obrastes conforme as leis das nacións que están ao voso arredor. 8Por tanto, así di o Señor Iahveh: "Velaquí, Eu estou contra ti! Eu heite xulgar díante de todas as nacións,9e a causa de todas as túas abominacións, farei en ti o que nunca fixen, e nunca farei cousa semellante. 10Por iso, no medio de ti, os pais han comer os seus fillos, e os fillos comerán os seus pais. Farei xustiza contra ti, e dispersarei todo o que quede de ti aos catro ventos.11Por tanto, como Eu vivo, di o Señor Iahveh, porque profanaches o meu santuario con tódalas túas abominacións, Eu tamén te destruirei; o meu ollo non perdoará, nin terei compaixón de ti. 12Unha terceira parte dos teus morrerá de peste e serán consumidos pola fame; e unha terceira parte morrerá pola espada ao teu redor; e dispersarei a outra terceira parte a tódolos ventos, e perseguireinos a espada.13Deste xeito cumprirase a miña ira sobre eles, e saciarei a miña indignación, e quedarei satisfeito. E cando remate a miña ira sobre eles, saberán que Eu, Iahveh, falei de maneira apaixonada. 14Hei de te converter en soidade e aldraxe díante das nacións que están arredor de ti, a vista de todo aquel que pase.15Serás motivo de burla e afrenta, de escarnio e de terror para as nacións veciñas, cando Eu execute en ti os xuízos con ira e indignación, e con castigos despiadados. Eu, Iahveh, falei. 16Cando Eu dispare contra eles as fatídicas frechas da fame, que son para destrución, e que mandarei para vos aniquilar, entón aumentarei a fame sobre vós e quebrarei o sustento do pan. 17Mandarei contra vós fame e bestas feroces que te deixarán sen fillos; e a peste e o sangue pasarán ao teu carón, e mandarei a espada contra; Eu, Iahveh, falei.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, pon a túa faciana cara os montes de Israel, e profetiza contra eles dicindo: 3Montes de Israel, escoitade a palabra do Señor Iahveh! Así di o Señor Iahveh aos montes e aos outeiros, aos arroios e aos vales: velaí, Eu traerei sobre vós a espada para destruír os vosos lugares altos.4Os vosos altares serán desolados e as vosas imaxes do sol serán quebradas, e farei que os vosos mortos caian díante dos vosos ídolos. 5E tirarei os cadáveres dos fillos de Israel díante dos seus ídolos, e dispersarei os vosos ósos arredor dos vosos altares.6Onde queira que vivades, as cidades serán desoladas e os lugares altos serán arrasados, ata que queden desolados e arrasados os vosos altares; e os vosos ídolos quebrados e destruídos, e as vosas imaxes do sol arrincadas e as vosas obras extirpadas. 7E os cadáveres xacerán no medio de vós, e saberedes que Eu son Iahveh.8Pero deixarei un remanente, para que teñades algúns que fuxan da espada entre as nacións, cando sexades dispersos polas súas terras. 9E os que de vós fuxan, lembraranse de min entre as nacións onde serán exiliados, cando Eu quebrante o seu infiel corazón que se afastou de min, e humille os seus ollos que fornicaron seguindo aos seus ídolos. Eles avergoñaranse de si mesmos por mor das maldades que fixeron e por tódalas súas abominacións. 10E coñecerán que Eu son Iahveh; non dixen en balde que lles faría este mal.11Así di o Señor Iahveh: "Aplaude e dá golpes co teu pé, e di: ai, por todas as grandes abominacións da casa de Israel! Porque coa espada, coa fame e coa peste morrerán. 12O que estea lonxe morrerá da peste, e o que estea preto morrerá pola espada; e o que quede e estea sitiado morrerá de fame; así cumprirei neles a miña ira.13E saberedes que Eu son Iahveh, cando os seus mortos queden tendidos díante dos seus ídolos, arredor dos seus altares, e sobre todo outeiro alto, e en tódolos cumios dos montes, e debaixo de toda árbore frondosa e debaixo de toda aciñeira espesa, lugares onde ofreceron incenso a tódolos seus ídolos. 14E estenderei a miña man contra eles, e farei a terra máis deserta e desolada que o deserto ata Diblat, onde sexa que vivan; e coñecerán que Eu son Iahveh.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Ti, fillo de home, así di Iahveh o Señor á terra de Israel: "Chega a fin! A fin vén sobre os catro extremos da terra.3Agora vén a fin sobre ti, e mandarei sobre ti a miña ira, e xulgareite segundo os teus camiños; e porei sobre ti todas as túas abominacións. 4O meu ollo non terá misericordía de ti, nin te ha perdoar; senón que porei sobre ti os teus camiños, e no medio de ti estarán as túas abominacións; e saberedes que Eu son Iahveh.5Así di Iahveh o Señor: "vai vir unha desgraza tras outra”. 6Chegou a fin, veu a fin! Espertou contra ti, velaí que vén. 7A mañá chegou para ti, habitante da terra; o tempo chegou, está preto o día, día de rebumbio e non de ledicia sobre os montes.8Agora, axiña derramarei sobre ti a miña ira, e cumprirei en ti a miña ira; e xulgareite segundo os teus camiños, e has pagar as túas abominacións. 9O meu ollo non perdoará, nin terei compaixón; conforme os teus camiños porei sobre ti, e as túas abominacións estarán no medio de ti; e saberedes que eu, Iahveh, son o que castiga.10Velaí o día: está a chegar! Saíu a mañá, a vara floreceu, a soberbia reverdeceu. 11A violencia ergueuse en vara de maldade; non quedará nada deles nin da súa multitude, nin da súa facenda, nin haberá quen se laie por eles.12Chegou o tempo, achegouse o día! Non se alegre o que merca, e non chore o que venda, porque a ira está sobre toda a súa multitude. 13Pois o vendedor non recobrará o que vendeu nin o compardor reterá o comprado; porque a ira está sobre toda a multitude e non se reverterá, e por mor da súa iniquidade ninguén poderá defender a súa vida.14Soarán a trompeta e todo estará listo, pero non haberá quen saia ao combate, porque a miña ira está sobre toda a multitude. 15De fóra a espada, de dentro a peste e a fame! O que estea no campo morrerá a espada; e o que estea na cidade a fame e a peste consumirano. 16E os que escapen fuxindo aos montes, estarán coma as pombas dos vales, xemendo todos, cada un pola súa iniquidade.17Tódolos brazos desfalecerán, todos os xeonllos han ser febles. 18Cinguiranse de cilicio, e cubriranse de terror; toda faciana estará avergoñada, e tódalas cabezas serán rapadas. 19Botarán a súa prata nas rúas, e tratarán o seu ouro coma lixo. A súa prata e o seu ouro non poderán rescatalos no día da ira de Iahveh, porque iso foi a súa pedra de tropezo e o seu pecado. Non lles quitarán a fame nin encherán o seu ventre.20Porque converteron a gloria das súas xoias en soberbia e fixeron con elas imaxes dos seus ídolos abominables, polo tanto Eu converterei todo iso en lixo, 21e entregareino coma botín nas mans dos estranxeiros, e será presa dos impíos da terra, e a profanarán. 22E afastarei deles o meu rostro, e o meu lugar secreto será profanado; e os invasores entrarán nel e profanarano.23Prepara uns grillóns, porque o país está cheo de delitos de sangue e a cidade reborda violencia. 24Por tanto, Eu traerei os pobos máis feroces para que se fagan donos das súas casas; e porei fin ao orgullo dos poderosos, e os seus santuarios serán profanados. 25Cando chegue o pánico buscarán a paz, pero non a haberá.26Virá destrución sobre destrución, e haberá alarma tras alarma; pedirán visión sao profeta, pero a lei afastarase do sacerdote e o consello dos anciáns. 27O rei vestirase de desolación, e o príncipe de medo, e as mans do pobo do país tremerán. Heinos tratar conforme os seus camiños, e xulgareinos conforme á súa xustiza; e saberán que Eu son Iahveh.
1No sexto ano, no sexto mes, no quinto día do mes, estaba eu sentado na miña casa e os anciáns de Xudá estaban sentados díante de min, e alí caeu sobre min a man de Iahveh. 2E mirei, e velaí unha figura semellante a un home, que dende os seus lombos abaixo tiña aparencia de lume, e dende os seus lombos arriba o seu parecer era coma un resplandor, coma un bronce incandescente.3E estendeu a man e colleume polas guedellas da miña cabeza, e o espírito levantoume entre o ceo e a terra, e levoume en visións de Deus a Xerusalém, á entrada da porta interior que mira cara o norte, onde estaba o lugar da imaxe dos celos, a que provoca a celos. 4E velaí que a gloria do Deus de Israel estaba alí, coma a visión que eu vira no campo.5E dixome: -Fillo de home, alza agora os ollos cara o lado do norte. E alcei os ollos cara o norte, e velaí, ao norte, xunto á entrada do altar, a imaxe dos celos na entrada. 6E dixome: -Fillo de home, ves o que están a facer? Grandes son as abominacións que a casa de Israel fai aquí, para afastarme do meu santuario! Mais volve, e verás abominacións aínda maiores.7Entón levoume á entrada do atrio, e mirei, velaí, había unha fenda no muro. 8E dixome: -Fillo de home, agranda a fenda no muro. E cando agrandei a fenda no muro había alí unha porta. 9E dixome: -Entra e mira as perversas abominacións que estes fan aquí.10E entrei e mirei; e velaí, toda clase de réptiles e bestas abominables, e tódolos ídolos da casa de Israel estaban pintados no muro arredor de min. 11E díante deles había setenta homes dos anciáns da casa de Israel, e Iazanías, fillo de Safán, no medio deles, cada un co seu incensario na man, e subía unha nube espesa de incenso.12E dixome: -Fillo de home, viches o que os anciáns da casa de Israel fan nas tebras, cada un nos seus cuartos cheos de imaxes? Porque din: Iahveh non nos ve! Iahveh abandonou a terra! 13E dixome despois: -Volve e verás aínda abominacións maiores ca estas.14E levoume á entrada da porta da casa de Iahveh, que está ao norte; e velaí, mulleres estaban alí sentadas, lamentando a Tamuz. 15E dixome: -Viches, fillo de home? Volve, e verás abominacións maiores ca estas!16E levoume ao patio interior da casa de Iahveh; e velaí, ao pé da entrada do templo de Iahveh, entre a entrada e o altar, había uns vinte e cinco homes, coas costas viradas ao templo de Iahveh e as súas facianas cara o oriente, e adoraban o sol, prostrándose cara o oriente.17E dixome: -Viches, fillo de home? É pouco para a casa de Xudá facer as abominacións que fan aquí? Despois de encher a terra con maldade, vólvense a min para irritarme aínda máis. E ata poñen a rama nos seus narices! 18Pois Eu tamén actuarei con ardente ira. O meu ollo non terá compaixón, nin terei misericordía. E berrarán aos meus oídos con grande voz, e Eu non os escoitarei.
1E clamou aos meus oídos a gran voz, dicindo: -aproxímense os verdugos da cidade, empuñando cadansúa arma mortal! 2E apareceron seis homes que viñeron polo camiño da porta superior que mira cara o norte, e cada un tiña a súa arma de destrución na man, e no medio deles estaba un home vestido de liño que tiña na cintura un tinteiro de escriba. E entraron e paráronse en pé xunto ao altar de bronce.3E a gloria do Deus de Israel erguese por riba dos querubíns sobre os que estaba, ata o teito da casa; e Iahveh chamou ao home vestido de liño que tiña o tinteiro de escriba na súa cintura, 4e dixolle Iahveh: -Pasa polo medio da cidade, polo medio de Xerusalém, e pon un sinal na fronte das persoas que xemen e se angustian por mor de tódalas abominacións que se fan no medio dela!5E aos outros dixolles aos meus ouvidos: -Pasade pola cidade detrás del, e matade! Non teñades compaixón nin misericordía! 6Matade os anciáns, os mozos, as virxes, os nenos e as mulleres, ata que non quede ninguén! Pero non vos acheguedes a ningún que teña o sinal. Comezade polo meu santuario! Entón comezaron cos anciáns que estaban díante do templo7E dixolles: -Profanade a casa e enchede os atrios cos mortos! Saíde agora! E saíron e mataron na cidade. 8E aconteceu que cando ían eles para matar, quedeime só, e caín sobre o meu rostro e berrei, e dixen: -Ai Señor Iahveh! Vas destruír todo o remanente de Israel derramando a túa indignación sobre Xerusalém?9E dixome: -A iniquidade da casa de Israel e de Xudá é moi grande, pois a terra está chea de asasinos e a cidade atestada de maldade; porque dixeron: Iahveh abandonou a terra! Iahveh non ve! 10"Daquela, así farei Eu tamén; o meu ollo non perdoará, nin terei misericordía; e farei recaer o seu camiño sobre as súas propias cabezas. 11E velaquí, o home vestido de liño, que tiña o tinteiro cinguido á súa cintura, respondeu, dicindo: -Fixen conforme todo o que me mandaches.
1Mirei e vin na expansión que había sobre as cabezas dos querubíns, coma unha pedra de zafiro, que semellaba un trono que estaba sobre eles. 2E faloulle ao varón vestido de liño, e dixolle: -Entra no medio das rodas debaixo dos querubíns, e enche as túas mans das brasas de entre os querubíns, e has espallalas sobre a cidade. E entrou díante da miña vista.3E cando entrou o home, os querubíns estaban en pé á beira dereita do templo, e a nube encheu o atrio de dentro. 4Entón a gloria de Iahveh ergueuse de enriba do querubín e detívose díante do atrio da porta; e a casa encheuse da nube, e o atrio encheuse do resplandor da gloria de Iahveh. 5E o murmurar das ás dos querubíns ouvíase ata o atrio exterior, coma a voz do Deus Todopoderoso cando fala.6E aconteceu que cando El mandou ao home vestido de liño blanco, dicindo: -Toma lume de dentro das rodas, de entre os querubíns, el entrou e parouse en pé entre as rodas. 7Entón un querubín estendeu a súa man dende o medio dos querubíns ao lume que estaba entre eles, e colléndoo, púxoo nas mans do que estaba vestido de liño; e este colleuno e saíu. 8E entre os querubíns apareceu a imaxe dunha man de home debaixo das súas ás.9E mirei, e velaí catro rodas xunto aos querubíns, unha roda xunto a cada querubín; e a aparencia das rodas era coma o resplandor do cristal. 10No tocante á súa aparencia, os catro tiñan a mesma forma, coma se unha estivese no medio da outra. 11Cando ían, ían cara os catro lados; non se volvían ao ir; senón que ao lugar onde se volvía a primeira, ían tras dela; e non se volvían cando avanzaban.12E todo o seu corpo, as súas costas, as súas mans, as súas ás e as rodas estaban cheas de ollos arredor das súas catro rodas. 13E escoitei que se lles berraba ás rodas: -Volvede! 14Cada un deles tiña catro facianas: a primeira cara era rostro de querubín, a segunda, faciana de home, a terceira de león, e a cuarta de aguia.15E ascenderon os querubíns. Este é o ser vivo que vin xunto ao río Quebar. 16E cando os querubíns avanzaban, ían tamén as rodas xunto con eles; e cando os querubíns alzaban as súas ás para erguerse sobre a terra, as rodas tamén se afastaban deles. 17Cando se detían, elas tamén se detían; e cando se alzaban eles, alzábanse canda eles, porque o espírito dos seres viventes estaba nelas.18Entón a gloria do Iahveh ergueuse do trono da casa, e púxose sobre os querubíns. 19E os querubíns saíron, despregaron as súas ás, e díante dos meus ollos; remontáronse da terra xunto coas rodas, e detivéronse na entrada da porta oriental da casa de Iahveh, e a gloria do Deus de Israel estaba sobre eles.20Estes eran os mesmos seres viventes que vin debaixo do Deus de Israel xunto ao río Quebar, e souben que eran querubíns. 21Cada un tiña catro caras e cada un tiña catro ás, e a aparencia de mans de home debaixo das súas ás. 22E a semellanza das súas facianas era a semellanza dos rostros que vin xunto ao río Quebar; o seu parecer e o seu ser eran os mesmos; cada un ía cara adiante.
1Arrebatoume o Espírito e levoume pola porta oriental da casa de Iahveh, que mira cara o levante; e alí, xunto á porta, atopábanse vinte e cinco homes, e vin entre eles a Iazanías, fillo de Azur, e a Pelatías, fillo de Benáía, príncipes do pobo.2E dixome: -Fillo de home, estes son os que maquinan maldade e dan malos consellos nesta cidade; 3os que din: non é tempo agora de construír casas; esta é a ola, e nós, a carne! 4Polo tanto, profetiza contra eles; fillo de home.5Entón veu sobre min o Espírito de Iahveh, e dixome: -Di: así di Iahveh: Casa de Israel, falades deste xeito pero Eu sei as cousas que tedes na vosa mente. 6Multiplicastes os vosos asasinatos nesta cidade e enchestes as súas rúas cos mortos. 7Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Os mortos que puxestes no medio dela, eles son a carne e ela é a ola, e sacareivos do medio dela.8Temedes á espada, e Eu traerei sobre vós a espada," di Iahveh o Señor. 9Sacareivos do medio dela, e entregareivos en mans de estranxeiros, e farei xustiza entre vós. 10A espada morreredes. Xulgareivos sobre o territorio de Israel, e saberedes que Eu son Iahveh.11A cidade non será para vós unha ola, mais vós seredes a carne no medio dela; xulgareivos sobre o territorio de Israel. 12E saberedes que Eu son Iahveh, porque non andastes nos meus estatutos nin gardastes os meus decretos, senón que fixestes conforme os costumes das nacións que vos rodean.13E aconteceu que mentres eu profetizaba, morreu Pelatías, fillo de Benías. Entón caín sobre o meu rostro e clamei con voz forte, e dixen: -Ai Señor Iahveh! Vas destruír por completo o remanente de Israel?14Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 15Fillo de home, os teus irmáns, os teus parentes e todos os da túa parentela e toda a casa de Israel, todos eles son dos que os habitantes de Xerusalém dixeron: afastádevos de Iahveh! A terra foinos dada en posesión a nós!16Por tanto di: así di Iahveh o Señor: "Aínda que os botei lonxe entre os pobos e os dispersei polas terras, Eu serei para eles un pequeno santuario nas terras onde vaian. 17Por tanto di: así di Iahveh o Señor: "Reunireivos de entre os pobos, e congregareivos das nacións nas que estades dispersos, e dareivos a terra de Israel. 18E volverán alí, e quitarán dela todos os seus ídolos e tódalas súas abominacións.19E Eu dareilles un corazón, e porei un espírito novo dentro deles; e quitarei o corazón de pedra do medio da súa carne, e dareilles un corazón de carne, 20para que camiñen nos meus decretos e garden os meus mandamentos e os cumpran; e serán o meu pobo, e Eu serei o seu Deus. 21Mais aqueles que o seu corazón anda tras dos desexos dos seus ídolos e das súas abominacións, Eu traio o seu camiño sobre as súas cabezas," di o Señor Iahveh.22Entón os querubíns levantaron as súas ás, e as rodas detrás deles, e a gloria do Deus de Israel estaba sobre eles. 23E a gloria de Iahveh elevouse do medio da cidade, e púxose sobre o monte que está ao oriente da cidade.24Entón o espírito levoume enriba e volveume levar en visión no Espírito de Deus á terra dos caldeos, aos exiliados. Deste xeito foise de min a visión que vira. 25E faleille aos cativos todas as cousas que Iahveh me amosara.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, ti vives no medio dunha casa rebelde, que teñen ollos para ver e non ven, teñen oídos para ouvir e non escoitan, porque son casa rebelde.3Polo tanto ti, fillo de home, prepara para ti unha taleiga de cativo, e vaite coma se foras ao exilio, de día, para que todos te vexan; e irás dun lugar a outro para que todos te vexan, por se acaso eles atenderan, porque son casa rebelde.4Sacarás as túas posesións de día díante deles, e á tardiña sairás á vista deles, coma cando as persoas saen ao exilio. 5Aos seus ollos abrirás un paso por entre o muro, e sairás por el. 6Diante de todos levarás as cousas sobre os teus ombreiros, e sacaralos á noite; cubrirás a túa faciana para non ver o chan, porque Eu deite por sinal para a casa de Israel.7E fixen así como se me mandara; e tomei o meu equipamento coma se fose a saír para o exilio, e á tardiña abrín un camiño por entre o muro coa miña propia man, e saín de noite, e leveinos sobre os ombreiros a vista deles.8E pola mañá a palabra de Iahveh veu a min, dicindo: 9-Fillo de home, non che preguntou a casa de Israel, aquela casa rebelde: que andas a facer? 10Ti dilles: -Así di Iahveh o Señor: esta profecía refírese ao príncipe en Xerusalém e a toda a casa de Israel que está no medio dela.11Di: eu son o voso sinal; como eu fixen, así se fará convosco; marcharedes ao exilio, en cativeiro. 12E ao príncipe que está no medio deles, cargaráselle co saco do peregriño nas súas costas e sairá na oscuridade. Abrirá un paso polo muro para sacar as súas cousas por el; e cubrirá o seu rostro para non ver o chan cos seus ollos. 13E Eu estenderei a miña rede sobre el, e caerá na miña trampa; e levareino a Babilonia, á terra dos caldeos, e alí morrerá, aínda que non a verá.14E a todos os que están arredor del para axudalo e a tódalas súas tropas, dispersareinos a tódolos ventos, e sacarei a espada tras deles. 15E coñecerán que Eu son Iahveh cando os disperse entre as nacións e os espalle por toda a terra. 16Pero farei que uns poucos deles fuxan da espada, da fame e da peste, para que conten todas as súas abominacións entre as nacións onde vaian; e saberán que Eu son Iahveh.17Veu a min a palabra do Iahveh, dicindo: 18Fillo de home, come o teu pan tremendo, e bebe a túa auga con tremor e anguria.19E di ao pobo da terra: así di Iahveh o Señor sobre os habitantes de Xerusalém e sobre a terra de Israel: con temor comerán o seu pan, e con anguria beberán as súas augas; porque a súa terra será despoxada de toda a súa plenitude, por mor da maldade de todos os que habitan nela. 20E as cidades habitadas quedarán desertas, e a terra será desolada; e saberedes que Eu son Iahveh.21Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 22Fillo de home, que refrán tedes na terra de Israel, que di: os días pasan, e a visión quedará en nada? 23Por tanto dilles: así di Iahveh o Señor: farei cesar este refrán, e non se volverá falar dese xeito en Israel, senon que lles dirás: aproxímase o día no que toda a visión hase cumplir.24Porque xa non haberá visións baleiras nin adiviñación aduladora no medio da casa de Israel. 25Porque Eu, Iahveh, falarei e a palabra que Eu diga, hase cumplir; non ha tardar máis, senón que nos vosos días, casa rebelde, o que diga, hase cumplir, di Iahveh o Señor.26Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 27Fillo de home, velaí que os da casa de Israel din: a visión que este ve é para moitos días máis, falta moito para que se cumpran as súas profecías. 28Pero ti dilles: -Así di Iahveh o Señor: "Non ha tardar máis ningunha das miñas palabras, senón que a palabra que Eu diga será cumprida," di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, profetiza contra os profetas de Israel que profetizan, e dilles aos que profetizan do seu propio corazón: escoitade a palabra de Iahveh. 3Así di Iahveh o Señor: "Ai dos profetas necios, que andan tras do seu propio espírito e nada viron! 4Coma raposas nos desertos foron os teus profetas, Israel!5Non subiron ás crebas, nin edificaron un muro arredor da casa de Israel, para que resistira na batalla no día de Iahveh. 6Visionarios falsos e adiviños mentirosos que din: Iahveh falou! Cando Iahveh non os mandou, e aínda así agardan que El confirme a súa palabra! 7Non vistes unha visión baleira e non falastes adiviñación mentirosa, pois dicides: "Iahveh falou," cando Eu non dixen nada?8Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Porque falastes mentiras e vistes enganos, por iso, velaí, Eu estou en contra de vós, di Iahveh o Señor. 9A miña man estará contra os profetas que teñen visións falsas e adiviñan mentiras; non estarán na asemblea do meu pobo, nin serán inscritos no libro da casa de Israel, nin volverán á terra de Israel; e saberedes que Eu son Iahveh o Señor.10Si, porque enganaron ao meu pobo dicindo: Paz! Cando non hai paz. De maneira que un edifica o muro, e outros cúbreno con lama solta, 11Di aos revocadores que a lama solta caerá; que virá unha choiva torrencial, e mandarei pedras de saraibada que a farán caer, e vento tempestuoso que a quebrará. 12E cando o muro caia, non vos dirán: onde está a lama coa que o cubristes?13Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Farei que o rompa un vento tempestuoso coa miña ira, e co meu furor virá choiva torrencial, e con saraibada, no meu ardor de destrución. 14Así derrubarei o muro que cubristes con lama, e botareino ao chan, e o seu alicerce será descuberto, e se desplomará, e morreredes debaixo del; saberedes que Eu son Iahveh.15E cumprirei a miña ira sobre o muro e sobre os que o cubriron con lama; e direivos: xa non existe o muro nin os que o cubriron! 16É dicir, os profetas de Israel que profetizan de Xerusalém e teñen visións de paz para ela, cando non hai paz, di Iahveh o Señor.17E ti, fillo de home, pon a túa faciana contra as fillas do teu pobo que profetizan dende o seu propio corazón, e profetiza contra elas, 18e dirás: así di Iahveh o Señor: ai das que cosen cintas máxicas para todas os pulsos e fan veos máxicos para cabezas de tódalas idades, para cazar as almas! Habedes cazar as almas do meu pobo e conservar así a vosa vida?19Profanáredesme díante do meu pobo por un puñado de cebada e por un anaco de pan, matando ás persoas que non deben morrer, e dando vida ás que non deben vivir, enganando o meu pobo para que vaia tralas vosas mentiras?20Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu estou contra as vosas cintas feiticeiras, coas que cazades as almas; e arricareinas das vosas mans, e soltarei as almas que cazades voando, para que voen como as aves. 21Tamén quebrarei os vosos veos de bruxo, e librarei o meu pobo da vosa man, e non serán máis presa nas vosas mans; e saberedes que Eu son Iahveh.22Porque entristecestes con mentiras o corazón do xusto, a quen Eu non entristecín, e fortalecestes as mans do impío e désteslle ánimo no seu mal camiño, 23polo tanto, non veredes máis visións falsas nin practicaredes máis a adiviñación; librarei o meu pobo da vosa man, e saberedes que eu son Iahveh.
1Entón viñeron a min algúns dos anciáns de Israel e sentaron díante de min. 2E veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 3Fillo de home, estes homes puxeron os seus ídolos no seu corazón e poñen a pedra de tropezo da súa maldade díante deles. Hei permitir ser consultado por eles?4Por tanto fálalles, e dilles: así di Iahveh o Señor: "Calquera home da casa de Israel que puxese os seus ídolos no seu corazón, poñendo así o tropezo da súa maldade díante da súa faciana, e veña ao profeta, Eu, o Iahveh, respondereille de acordo á multitude dos seus ídolos, 5á fin de prender á casa de Israel polo seu corazón, porque todos eles se afastaron de min por culpa dos seus ídolos.6Por tanto, di á casa de Israel: así di Iahveh o Señor: -Volvédevos e convertédevos dos vosos ídolos, e afastade os vosos rostros de tódalas vosas abominacións!7Porque calquera da casa de Israel, ou dos estranxeiros que viven en Israel, que se teña afastado de me seguir, e erixa os seus ídolos no seu corazón, e poña o tropezo da súa iniquidade díante da súa faciana, e veña ao profeta para preguntar por min, Eu, Iahveh, respondereille por min mesmo; 8Heime encarar contra esa persoa, e poreino por sinal para escarmentar, e cortareino do medio do meu pobo; e saberedes que Eu son Iahveh.9E acontecerá que cando o profeta se deixe enganar e fale calquera cousa, Eu, Iahveh, enganarei a ese profeta; e estenderei a miña man sobre el e destruireino do medio do meu pobo Israel. 10E os dous levarán o castigo da súa maldade; tanto a maldade do que consulte, coma a maldade do profeta, 11para que a casa de Israel non se afaste máis de min, nin se contaminen máis coas súas transgresións; e eles serán o meu pobo e Eu serei o seu Deus," di Iahveh o Señor.12Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 13Fillo de home, cando unha terra peque contra min rebelándose perversamente, e Eu estenda a miña man sobre ela, e quebrante o sustento do seu pan, e mande fame a ela, e corte dela homes e animais, 14se estes tres homes, Noé, Daniel e Xob, estivesen nesa terra, pola súa xustiza librarían as súas vidas, di Iahveh o Señor.15E se solto bestas feroces pola terra e a arrasan ata quedar desolada de xeito que non haxa quen poida pasar por mor das feras, 16e estes tres homes estivesen nela, Como que Eu vivo! -di Iahveh o Señor- non salvarían nin os seus fillos nin as súas fillas; só eles serían salvos, e a terra quedaría desolada.17Ou se Eu trouxera a espada sobre aquela terra e dixese: Espada, percorre a terra! E dela cortase a xente e o gando, 18e se estes tres homes estivesen nela, por vida que Eu vivo! di Iahveh o Señor, non poderían salvar nin os seus fillos nin as súas fillas; só eles serían liberados.19Ou se mando unha peste sobre aquela terra e derramo a miña ira sobre ela con sangue, para cortar dela a homes e bestas, 20e se Noé, Daniel e Xob estiveran no medio dela, porque Eu vivo! di Iahveh o Señor, non poderían salvar nin o seu fillo nin a súa filla; eles só salvarían as súas vidas pola súa xustiza.21Por tanto, así di o Iahveh o Señor: canto máis cando Eu mande sobre Xerusalém os meus catro xuízos terribles, a espada, a fame, as bestas feroces e a peste, para cortar dela a persoas e animais?22Con todo, velaí, quedará nela un remanente de fillos e fillas que sairán e virán a vós, e entón, ao ver a súa conduta e as súas malas obras entenderedes o mal que mandei sobre Xerusalém, e todas as cousas que trouxen sobre ela. 23E consolaranvos cando vexades á sua conduta e os seus feitos, e saberedes que non fixen sen causa todo o que fixen nela, di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, que é a madeira da vide máis que calquera outra madeira de entre as árbores do bosque? 3Collerán dela madeira para facer unha obra? Collerán dela unha estaca para colgar algo nela? 4Velaí, é botada no lume para ser consumida; e o lume consume os seus extremos e no medio queda chamuscada; servirá para algo?5Velaí, cando estaba enteira, non servía para nada. Canto menos despois de que o lume a consuma e a queime! Servirá para algo? 6Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Como a madeira da vide entre as árbores do bosque, que botei ao lume para que a consuma, así botarei aos habitantes de Xerusalém.7E porei o meu rostro contra eles; fuxiron do lume? Pois o lume consumiraos! E saberedes que Eu son Iahveh cando poña o meu rostro contra deles. 8E farei que a sua terra quede desolada, porque eles cometeron infidelidade, di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, fai saber a Xerusalém as súas abominacións e dilles: 3Así di Iahveh sobre Xerusalém: "A túa orixe e o teu nacemento son da terra de Canaán; o teu pai era un amorreo e a túa nai unha hitita.4En canto ao teu nacemento, no día que naciches, non se cortou o teu embigo, nin fuches lavada con auga para purificarte, nin se te salou con sal, nin fuches envolta con cueiros. 5Ninguén se apiadou de ti para facerche ningunha destas cousas, nin tivo compaixón de ti; senón que fuches arroxada a campo aberto o día que naciches.6E Eu pasei por díante de ti e vinte revolcándote no teu sangue; e cando estabas no teu sangue dixenche: vive! Si, dixenche cando estabas no teu sangue: vive! 7Fixen que te multiplicaras coma a herba do campo; e medraches, fixécheste grande, e chegaches a ser moi fermosa; os teus peitos formáronse e os teus cabelos medraron, pero estabas espida e descuberta.8E pasei xunto a ti outra vez, e mireite, e velaí que o teu tempo era o tempo dos amores; e estendin o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; e xureiche, di Iahveh o Señor, e fixen un pacto contigo, e ti fuches miña.9Laveite con auga e limpiei o teu sangue de sobre ti, e unxínte con aceite; 10vestinte de bordado, calceiche con pel de coiro, cinguinte de liño e cubrinte de seda. 11Atavieite con enfeites, puxen pulseiras nas túas mans e colares no teu pescozo. 12Puxen xoias no teu nariz, e pendentes nas túas orellas, e unha fermosa díadema sobre a túa cabeza.13Así fuches adornada con ouro e prata, e o teu vestido era de liño fino, seda e bordado; comiches flor da fariña de trigo, mel e aceite, e fuches engalanada en extremo, e prosperaches ata chegar a reinar. 14E a túa fama chegou a todalas nacións por mor da túa fermosura, porque era perfecta por mor dos enfeites que puxen sobre ti, di Iahveh o Señor.15Pero ti confiaches na túa fermosura e prostituícheste por mor da túa fama, e derramaches as túas fornicacións a cantos pasaban por alí; eras súa. 16E tomaches das túas roupas e fixeches para ti diversos lugares altos de moitas cores, e fornicaches sobre eles; cousa semellante non se fixo antes, nin se fará nunca máis!17E tomaches as túas alfaias de ouro e de prata que Eu che dera, e fixeches para ti estatuas de homes e fornicaches con elas; 18e tomaches as túas roupas de moitas cores para cubrir as imaxes, e puxeches o meu aceite e o meu incenso díante delas. 19Tamén o meu pan que che dei, a flor da fariña, o aceite e o mel cos que te sustentei, puxéchelos díante delas como recendo agradable. Si, iso foi o que aconteceu, di Iahveh o Señor.20Por se fora pouco, colliches os teus fillos e as túas fillas que me deches a luz, e sacrificáchelos a eles para que fosen consumidos. E non foron poucas as túas fornicacións, 21para que degolaras tamén os meus fillos e os ofreceses a aqueles ídolos como ofrenda que consume o lume? 22E en todas as túas abominacións e fornicacións non te lembraches dos días da túa xuventude, cando estabas espida e desolada, e estabas envolta no teu sangue.23E aconteceu que despois de todas a túas maldades, ai, ai de ti! - di Iahveh o Señor, 24edificaches lugares altos e fixeches altares en todas as prazas.25En cada cabeceira do camiño edificaches un lugar alto, e deste xeito fixeches vil a túa fermosura, abrindo as túas pernas a calquera que pasaba, prostituíndote continuamente. 26E fornicaches cos fillos de Exipto, os teus veciños, de carnes grandes, e aumentaches as túas fornicacións para me anoxar.27Agora pois, velaí, Eu estendin a miña man contra ti, e disminuín a túa dote, e entregueite á vontade das fillas dos filisteos, que te aborrecen e se avergoñan do teu camiño inmoral. 28Tamén fornicaches cos asirios porque non te saciabas. Si, fornicaches con eles pero nin aínda sí te saciaches. 29E multiplicaches as tuas fornicacións dende a terra de Canaán ata a dos caldeos, e aínda con isto non te fartaches.30Que inconstante é o teu corazón! - di Iahveh o Señor - despois de ter feito todas estas cousas, obras dunha prostituta disoluta, 31edificando os teus lugares altos en todas as encrucilladas dos camiños e facendo os teus altares en tódalas prazas! E non fuches coma unha prostituta, porque non cobrabas por facelo,32senón coma unha muller adúltera, que recibe a estraños en lugar do seu marido! 33Tódalas prostitutas teñen un prezo, pero ti pagabas a todos os teus amantes, e lles dabas presentes, para que de todas partes viñeran a pecar contigo. 34E aconteceu contigo nas túas fornicacións, o contrario que acontece coas demais mulleres; porque ninguén che pediu para fornicar, pero ti dabas a paga en vez de recibila; Niso fuches diferente!35Polo tanto, prostituta, escoita a palabra de Iahveh: 36Así di Iahveh o Señor: "Porque a túa nudez foi descuberta nas túas fornicacións, e a túa vergoña foi manifestada aos teus amantes e aos teus ídolos, porque lles deches o sangue dos teus propios fillos, 37por tanto, velaí, Eu reunirei a todos os teus amantes cos que te deleitaches, tanto a todos os que amaches, como a todos os que aborreciches; e reunireinos arredor de ti, e descubrirei a túa nudez, para que eles vexan todas as túas vergoñas.38E Eu xulgareite segundo as penas das adúlteras e das homicidas; e descargaréi sobre ti o sangue da ira e dos celos. 39Heite entregar nas mans deles, e eles destruirán os teus lugares altos e derrubarán os teus altares, despoxarante das túas roupas e levarán as túas xoias, e deixarante espida e núa.40E farán subir contra ti unha multitude, e apedrarante, e te descuartizarán coas súas espadas. 41E queimarán as túas casas con lume, e executarán a túa sentenza á vista de moitas mulleres; e farei que deixes de ser prostituta e que deixes de dar o salario de rameira. 42Saciarei a miña ira sobre ti, e os meus celos afastaranse de ti; e descansarei e non me anoxarei máis.43Porque non te lembraches dos días da túa xuventude e me provocaches a ira con todas estas cousas, velaquí, Eu tamén farei vir a túa conduta sobre a túa cabeza, di Iahveh o Señor, porque nin sequera meditaches en toda a túa luxuria.44Velaí, todos os que empregan proverbios, hante aplicar o refrán: "Como a nai, así a filla." 45Ti es a filla da túa nai, que aborreceu o seu marido e os seus fillos; e es irmá das túas irmás, que rexeitaron os seus maridos e os seus fillos. A vosa nai era hitita, e o voso pai amorreo.46E a túa irmá maior é Samaria coas súas vilas, que viven á túa esquerda, e a túa irmá máis nova é Sodoma coas súas vilas, que viven á túa dereita.47Non só andaches nos seus camiños e fixeches conforme as súas abominacións; senón que, como se iso fose pouco, aventaxáchela nos seus malos camiños. 48Como vivo eu! di Iahveh o Señor, que a túa irmá Sodoma e as súas fillas non fixeron como ti e as túas fillas fixestes.49Velaí, esta foi a maldade da túa irmá Sodoma: soberbia, fartura de pan e abundancia de pracer tiveron ela e as súas fillas, e non estenderon a súa man ao aflixido e ao pobre. 50Enchéronse de soberbia e cometeron abominación díante de min; de xeito que cando o vin, quiteinas do medio.51De feito, Samaria non cometeu a metade dos teus pecados; porque ti multiplicaches as túas abominacións máis ca elas, e deste modo fixeches parecer xustas ás túas irmás con tódalas abominacións que fixeches. 52Pois ti, leva tamén a túa vergoña, porque con todos os pecados que fixeches, conseguiches que o xuízo fora máis favorable para as túas imrás, porque envilecécheste máis ca elas, e elas resultaron ser máis xustas ca ti! Deberías avergoñarte ti tamén, e cargar coa afrenta, porque fixeches que as túas irmáns parezan xustas.53Mais Eu cambiarei a túa sorte, a sorte de Sodoma e as súas fillas, a sorte de Samaria e as súas fillas, e xunto con elas, a túa propia sorte, 54para que leves a túa vergoña e sexas avergoñada de todo o que fixeches, e lles sirvas de consolo para elas. 55E as túas irmás, Sodoma coas súas fillas e Samaria coas súas fillas, volverán á súa condición anterior; e ti e as túas fillas volveredes á vosa condición anterior.56Non era digna de mención na túa boca a túa irmá Sodoma no tempo da túa soberbia, 57antes de que a túa maldade fora descuberta? Así tamén agora levas ti a vergoña das fillas de Siria e de tódalas fillas dos filisteos, que te desprezan por todas partes. 58Sufre ti o castigo da túa luxuria e das túas abominacións, di Iahveh.59Pero aínda máis di Iahveh o Señor: -Farei contigo como fixeches ti comigo, que desprezaches o xuramento para invalidar o pacto?60Mais ben, Eu lembrarei o meu pacto que establecín contigo nos días da túa xuventude, e establecerei contigo un pacto eterno. 61Entón lembrarás os teus camiños e serás avergoñada cando recibas as túas irmás, as maiores ca ti e máis novas ca ti, ás que Eu vou a darche por fillas, pero non por mor do teu pacto,62senón polo pacto que Eu confirmarei contigo; e saberás que Eu son Iahveh, 63para que te lembres e te avergoñes, e non abras máis a boca por mor da túa vergoña, cando Eu perdoe todo o que fixeches, di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, propon un enigma e compon unha parábola á casa de Israel; 3E dirás: así di Iahveh o Señor: "Unha grande aguia, de grandes ás e chea de plumas de moitas cores, veu ao Libano e colleu un ramo do cedro. 4Arrincou o mellor dos seus gromos e levouno a unha terra de marchantes, e púxoo nunha cidade de comerciantes.5E colleu tamén da semente da terra, e botouna nun campo bo para sementar, e plantouna coma un salgueiro xunto a augas abundantes, 6e abrollou e fíxose unha cepa de moitas ramas, de pequena altura, e para que as súas ramas estiveran orientadas cara a aguia, e as súas raíces estiveran embaixo dela, de xeito que chegou a ser unha cepa, botou vides e sacou abrochos, e agromou cos sarmentos.7Mais veu outra grande aguia, de grandes ás e de moita plumaxe; e velaí que esta vide xirou as súas raíces xunto a ela e estendeu as súas ramas cara ela para ser regada por ela no bacelo do seu plantío. 8Aínda que estaba plantada nun terreo bo, xunto a moitas augas, para que botara ramas e dera froito, e para que fose unha vide robusta.9Dilles: así di Iahveh o Señor: Prosperará? Ou arrincará as súas raíces e destruirá o seu froito, e secará? Non fará falla un gran poder nin moita xente para arrincala das súas raíces. 10Velaí, está plantada, prosperará? Ou secará por completo cando o vento do leste a azoute? Non secará no bacelo onde foi plantada?11Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 12"Di agora á casa rebelde: non entendedes o que significan estas cousas? Dilles: o rei da Babilonia veu a Xerusalém, e apresou o teu rei e os seus príncipes, e levounos consigo a Babilonia."13Collendo tamén a un da descendencia real, fixo un pacto con el, e fíxoo xurar, e levou con el os poderosos da terra, 14para que o reino fose derrubado e non se fixese orgulloso, a fin de que gardase o pacto e permanecese en pé.15Mais el rebelouse contra el, mandando embaixadores a Exipto para que lle desen cabalos e moita xente. Lograrao?, Fuxirá o que fixo tales cousas? Quen quebrantou o pacto, fuxirá? 16Vivo Eu, di Iahveh o Señor, que morrerá no medio de Babilonia, no territorio do rei que o fixo reinar; aquel a quen desprezou no seu xuramento e que quebrantou o pacto que fixera con el.17Faraón non ha salvalo na guerra, nin cun gran exército nin con moitos soldados, cando ergan as murallas do asedio e constrúan as torres para matar a tanta xente. 18Xa que desprezou o xuramento e quebrantou o pacto. Deu a súa man e despois fixo todas estas cousas, non poderá fuxir!19Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Como Eu vivo, traerei sobre a súa cabeza o meu xuramento que desprezou e o meu pacto que quebrantou! 20Estenderei sobre el a miña rede, e será prendido no meu lazo; e fareino vir a Babilonia, e alí xulgareino pola súa infidelidade contra min. 21E todos os escollidos de tódalas súas tropas morrerán a espada, e os que queden serán dispersados por tódolos ventos; e saberedes que Eu, Iahveh, falei.22Así dixo Iahveh o Señor: "Eu mesmo tomarei un anaco de cedro alto e plantareino; e cortarei un ramo do principal dos seus xermolo, e plantareino sobre o monte alto e exaltado. 23No monte alto de Israel heino plantar, e erguerá as súas ramas, e dará froito, e farase un cedro magnífico; e habitarán debaixo del tódalas aves de todas as clases; na sombra das súas ramas morarán.24E todas as árbores do campo coñecerán que Eu, Iahveh, humillo a árbore alta, e levanto a árbore humilde. Seco a árbore verde, e fago reverdecer a árbore seca. Eu, Iahveh, dixen iso e heino cumprir.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2E vós, que vos parece, que andades repetindo ese dito na terra de Israel: "os pais comeron as uvas amargas, e os fillos teñen denteira"?3Como Eu vivo, di Iahveh o Señor, que xa non teredes que repetir máis este refrán en Israel. 4Velaí, tódalas almas son miñas; como a alma do pai, así a alma do fillo é miña; a alma que peque, esa morrerá.5E a persoa que é xusta, que practica a xustiza e o dereito, 6que non come nos montes, nin levanta os seus ollos aos ídolos da casa de Israel, nin profana á muller do seu próximo, nin se achegua á muller na menstruación,7que non oprime a ninguén, e devolve ao debedor a prenda empeñada, e non rouba, e dá do seu pan ao famento e cobre o espido coa súa roupa, 8que non presta con usura nin cobra os intereses, que retira a súa man da maldade e xulgua con xustiza entre as persoas, 9e camiña nos meus estatutos e garda os meus decretos para cumplilos con rectitude; ese é xusto e vivirá, di Iahveh o Señor.10Pero se enxendra un fillo criminal e asasino, ou que faga algunha destas cousas, 11e que non faga as outras, senón que coma sobre os montes, ou profane á muller do seu próximo,12oprima o pobre e o mendigo, roube, non devolva a prenda de fianza, ou levante os ollos aos ídolos e faga abominación, 13preste a intereses e sexa usureiro; vivirá? Non vivirá. Fixo todas estas abominacións e de certo morrerá; o seu sangue será sobre el.14Pero se el enxendra un fillo que ve todos os pecados que o seu pai fixo, e véndoos, non fai conforme a eles, 15non come sobre os montes, nin levanta os seus ollos aos ídolos da casa de Israel; nin violenta a muller do seu próximo,16nin oprime a ninguén, nin retén a prenda da fianza, nin rouba, senón que comparte o seu pan co famento e viste co seu vestido o espido; 17que afasta a súa man do pobre, e non recibe intereses nin usura; garda os meus decretos e anda nas miñas ordenanzas; ese non morrerá pola iniquidade do seu pai; de certo vivirá.18En canto ao seu pai, porque maltratou a seu irmán, despoxouno con violencia e fixo no medio do seu pobo o que non é bo, velaquí, el morrerá pola súa maldade.19E se dicides: por que o fillo non levará o pecado do pai? Porque o fillo fixo viviu segundo o dereito maila xustiza, e gardou todos os meus estatutos e os cumpriu, e de certo vivirá. 20A alma que peque, esa morrerá. O fillo non levará o pecado do pai, nin o pai levará o pecado do fillo. A xustiza do xusto estará sobre el, e a impiedade do impío caerá sobre el.21Pero se o impío se volve de todos os seus pecados que cometeu, e garda todos os meus estatutos e vive de acordo o dereito maila xustiza, de certo vivirá; non morrerá. 22Ningunha das transgresións que cometeu se lle lembrarán; pola súa xustiza que fixo vivirá.23Desexo Eu a morte do impío? - di Iahveh o Señor. Non vivirá, se se afasta dos seus camiños?24Pero se o xusto se afasta da súa xustiza e comete pecado e fai conforme a tódalas abominacións que fixo o impío, Ha vivir? Ningunha das xustizas que fixo serán lembradas; pola rebelión que cometeu e polo pecado que fixo, por iso morrerá.25E se dicides: o camiño do Señor non é xusto! Escoitade agora, casa de Israel: non é recto o meu camiño? Non son tortos os vosos camiños? 26Se o xusto se afasta da súa xustiza e fai iniquidade, morrerá por iso; pola iniquidade que fixo, morrerá.27Pero se o impío se afasta da súa impiedade que fixo, e fai conforme o xuízo e a xustiza, fará que a súa alma viva. 28Porque reflexionou e afastouse de tódalas súas transgresións que fixo; por iso, de certo vivirá. Non morrerá.29Pero se a casa de Israel di: o camiño do Señor non é recto. Escoitade casa de Israel, non son rectos os meus camiños? En verdade, os vosos camiños son os tortos. 30Por tanto Eu xulgarei a cada un polos seus camiños, casa de Israel, di Iahveh o Señor. Volvede e afastádevos de tódalas vosas transgresións, e a iniquidade non será para vós causa de ruína!31Botade lonxe de vós todas as vosas transgresións coas que pecastes, e facédevos un corazón novo e un espírito novo. Por que haberedes morrer, casa de Israel? 32Porque Eu non quero a morte do que morre, di Iahveh o Señor; por tanto, volvédevos e viviredes!
1E ti, entoa un canto de lamentación sobre os príncipes de Israel. 2Dilles: Que leoa é a túa nai entre os leóns! Entre os leóns criou a súa camada; 3Ela criou a un dos seus cachorros, e chegou a ser un león, e aprendeu a arrincar a presa e a devorar as persoas. 4Reclutaron xente contra el, atrapárono na foxa, e levárono con grillóns á terra de Exipto.5Cando ela viu que pasaba moito tempo e que perdía a esperanza, colleu outro dos seus cachorros e púxoo por león. 6El daba voltas entre os leóns; e chegou a ser león, aprendeu a desgarrar a presa e a devorar homes. 7Saqueou fortalezas e arrasou cidades, e a terra e todo o que había nela quedou desolada polo estrondo dos seus ruxidos.8Os pobos das provincias arredor reuníronse en contra del e estenderon a súa rede sobre el, e foi apresado na foxa. 9E metérono nunha gaiola, e levárono con cadeas ao rei de Babilonia; e engaiolárono, para que a súa voz non se ouvira máis sobre os montes de Israel.10A túa nai era coma unha vide, a túa semellanza, plantada xunto ás augas; dando froito e botando ramas por mor das moitas augas. 11Ela tiña bacelos fortes para cetros de reis; e a súa estatura ergueuse entre as nubes, e era vista dende lonxe pola súa altura e pola multitude das súas ramas.12Pero ela foi arrincada con furia, e botada por terra; o vento do leste secou o seu froito; as súas ramas fortes foron quebradas e secaron, e o lume consumiunas. 13E agora está plantada no deserto, nunha terra calcinada e sedenta!14Un vástago das súas ramas produciu o lume que consumiu o seu froito, e non queda nela bacelo forte para os cetros dos reis. É unha cantiga triste, e como cantiga triste será usada.
1E aconteceu que no sétimo ano, no quinto mes, no décimo día do mes, viñeron algúns dos anciáns de Israel para consultar a Iahveh, e sentaron diante de min.2Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 3Fillo de home, fala aos anciáns de Israel e dilles: -Isto di Iahveh o Señor: viñestes consultar comigo? Como Eu vivo que non vos responderei, di Iahveh o Señor.4Xúlgalos ti, fillo do home! Xúlgalos ti! Failles saber as abominacións dos seus pais, 5e dilles: así di Iahveh o Señor: no día no que escollín a Israel e erguín a miña man á descendencia da casa de Xacob, cando me dei a coñecer a eles na terra de Exipto, e xurei coa man en alto dicindo: Eu son Iahveh o voso Deus, 6naquel día xureilles coa miña man erguida sacalos da terra de Exipto a unha terra que Eu lles dera, que flúe leite e mel, a máis fermosa de tódalas terras.7Entón dixenlles: -Botade cada un as abominacións que vos levan os ollos, e non vos contaminedes cos ídolos de Exipto. Eu son Iahveh, o voso Deus.8Pero eles rebeláronse contra min e non quixeron escoitarme; non botaron cadansúas abominacións da súa presenza, nin abandonaron os ídolos de Exipto. Entón dixen que derramaría a miña ira sobre eles, para verter neles a miña indignación no medio da terra de Exipto. 9Pero por causa do meu nome, para que non fose deshonrado a vista das nacións entre as que estaban, díante dos ollos dos que me dera a coñecer; Eu actuei para sacalos da terra de Exipto.10Saqueinos da terra de Exipto e leveinos ao deserto. 11E deilles os meus estatutos, e fíxenlles coñecer os meus decretos, que dan vida ás persoas que os cumpren. 12E deilles tamén os meus días de repouso para que fosen sinal entre Eu e eles, para que soubesen que Eu son Iahveh que os santifico.13Pero a casa de Israel rebelouse contra min no deserto; non andaron nos meus estatutos e rexeitaron os meus decretos, que dan vida a todo aquel que os cumpre; e profanaron en gran maneira os meus días de repouso. Entón dixen que derramaría a miña ira sobre eles no deserto para exterminalos. 14Pero por causa do meu nome fixen isto, para que non fose deshonrado díante das nacións das que os sacara.15Xureilles tamén no deserto que non os levaría á terra que lles dera, que flúe leite e mel, a máis fermosa de tódalas terras; 16porque rexeitaron os meus decretos e non andaron nos meus estatutos, e profanaron os meus días de repouso, pois o seu corazón ía detrás dos seus ídolos. 17Con todo, o meu ollo tivo compaixón deles, de xeito que non os matei nin os exterminei no deserto.18Senón que lles dixen aos seus fillos no deserto: non andedes nos estatutos dos vosos pais, nin gardedes as súas costumes, nin vos contaminedes cos seus ídolos. 19Eu son Iahveh o voso Deus; andade nos meus estatutos e gardade os meus mandamentos, e poñédeos en práctica; 20Santificade os meus días de repouso, para que sexan un sinal entre Eu e vós e para que todos saiban que Eu son Iahveh o voso Deus.21Pero tamén os fillos rebeláronse contra min. Non andaron nos meus estatutos nin gardaron os meus decretos, para polos en práctica, os que dan vida a todo aquel que os cumpre; e profanaron os meus días de repouso. Entón dixen que derramaría a miña indignación sobre eles, para cumprir a miña ira neles no deserto. 22Pero retirei a miña man por causa do meu nome, para que non fose deshonrado díante das nacións, díante dos que viron que os fixera saír.23Tamén xurei no deserto que os dispersararía entre os pobos, e que os esparexería polas terras; 24porque non puxeron en práctica os meus decretos, senón que rexeitaron os meus estatutos e profanaron os meus días de repouso, pois os seus ollos fóronse atrás dos ídolos de seus pais.25Acaso lles dei estatutos que non eran bos, ou decretos polos que non podían vivir? 26Contamineinos nas súas ofrendas cando facían pasar polo lume a todo primoxénito para que fosen desolados e así recoñeceran que Eu son Iahveh o Señor?27Por tanto, fillo de home, fala á casa de Israel, e dilles: así di Iahveh o Señor: Os vosos país deshonráronme traizoándome deste xeito: 28Cando os trouxen á terra sobre a que xurei coa man erguida, e miraron a todo outeiro alto e a toda árbore frondosa, e alí sacrificaron as súas vítimas, e alí presentaron ofrendas que me anoxan; e alí queimaron tamén o seu incenso agradable e alí derramaron as súas libacións. 29Pregunteilles: -Que hai nese outeiro onde ides? E chamárono “O Outeiro” ata hoxe.30Por tanto, di á casa de Israel: así di Iahveh o Señor: contaminádesvos vós mesmos coma os vosos pais, e seguides fornicando tras dos seus ídolos detestables. 31E presentades as vosas ofrendas facendo pasar os vosos fillos polo lume, e ata hoxe seguides a vos contaminar con todos os vosos ídolos. E heivos responder Eu, casa de Israel? Vivo Eu, di Iahveh o Señor, que non vos hei responder! 32E non será como pensades, cando dicides: sexamos coma as outras nacións, coma as demais familias da terra, servindo ao pau e á pedra.33Como Eu vivo - di Iahveh o Señor - que con man forte, brazo estendido e ira derramada, reinarei sobre vós. 34E sacareivos do medio dos pobos, e reunireivos das terras onde fostes esparexidos, con man forte, brazo estendido, e derramando ira ; 35e traereivos ao deserto dos pobos, e alí litigarei con vós cara a cara.36Como litiguei cos vosos pais no deserto da terra de Exipto, así litigarei con vós, di Iahveh o Señor. 37Farei que pasedes debaixo do caxato, e fareivos entrar nos vínculos do pacto, un por un; 38E separarei de entre vós os rebeldes e os que se rebelaron contra min; sacereinos da terra da súa peregrinación, pero non entrarán na terra de Israel; e saberedes que Eu son Iahveh.39E a vós, casa de Israel, así di Iahveh o Señor: "Se non me escoitades a min, ide cada un detrás dos seus ídolos e servídeos! Pero non profanedes máis o meu santo nome coas vosas ofrendas e cos vosos ídolos.40Pero no meu monte santo, no monte alto de Israel, di Iahveh o Señor, alí servirame toda a casa de Israel, todos a unha. Alí aceptareinos, e alí demandarei as vosas ofrendas e as primicias dos vosos dons con tódalas vosas cousas consagradas. 41Como incenso agradable aceptareivos, cando vos saque de entre os pobos e vos recolla de entre as terras onde fostes dispersos; e a miña santidade será reflectida en vós á vista das nacións.42E coñeceredes que Eu son Iahveh cando vos leve á terra de Israel, á terra pola que xurei coa man erguida, darlla aos vosos pais. 43Alí lembraredes os vosos camiños e tódolos vosos feitos cos que vos contaminastes; e odíarédesvos a vós mesmos por mor de tódolos vosos pecados que cometestes. 44E saberedes que Eu son Iahveh, cando vos trate como esixe o meu nome, non segundo os vosos malos camiños nin segundo as vosas obras perversas, casa de Israel, di Iahveh o Señor.45Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 46-Fillo de home, pon a túa faciana cara o sur, derrama a túa palabra cara a parte occidental, e profetiza contra o bosque do Neguev. 47E dirás ao bosque do Neguev: escoita a palabra de Iahveh! Así di Iahveh o Señor: Velaquí, Eu vou mandar sobre ti un lume que consumirá en ti toda árbore verde e toda árbore seca. A lapa do lume non se apagará, e con el serán queimadas tódalas facianas, dende o sur ata o norte.48E toda carne verá que Eu, Iahveh, acendina. Non se apagará. 49Entón dixen: -Ai Señor Iahveh! eles din de min: este só fala parábolas!
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, pon a túa faciana contra Xerusalém, e derrama a túa palabra contra os santuarios, e profetiza contra a terra de Israel. 3E di á terra de Israel: así di Iahveh: velaí, Eu estou contra ti; sacarei a miña espada da súa vaíña, e cortarei de ti a culpables e inocentes.4Por canto vou cortar de ti o xusto e ao impío, así a miña espada sairá da súa vaíña contra toda carne, dende o sur ata o norte. 5E toda carne saberá que Eu, Iahveh, saquei a miña espada da súa vaíña; non a envaiñarei máis.6E ti, fillo de home, xeme con quebrantamento do teu lombo; xeme amargamaente díante deles. 7E acontecerá que cando che digan: por que estás a xemer? Dirás: por unha nova, porque vén e fará que todo corazón desfaleza, e toda man farase feble, e todo espírito hase anguriar, e todo xeonllo desvaecerase coma a auga. Velaí que vén e ha ser feito, di Iahveh o Señor.8Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 9Fillo de home, profetiza, e di: así di Iahveh o Señor: di: a espada, a espada afiada e tamén brunida!10Pois foi afiada para matar, pulida para resplandecer. Temos que alegrarnos? El desprezou o cetro do meu fillo coma se fose un caxato. 11E fíxoa brillar para tela na man; a espada está afiada e brillante para entregala na man do asasino.12Berra e láiate, fillo de home, porque esta será sobre o meu pobo, e será sobre todos os príncipes de Israel; eles caerán a espada xuntamente co meu pobo; fere, pois, o teu muslo! 13Porque foi feita a proba, E que? Se aínda despreza o trono, non subsistirá, di Iahveh o Señor.14Ti, pois, fillo de home, profetiza, e bate as palmas; que se dobre e se triplique a ira da espada asasina! Espada da matanza que os traspasará!15Para que o corazón desmaie e as vítimas se multipliquen. En tódalas súas portas puxen o terror da espada. Ai! Disposta está para resplandecer e afiada para matar. 16Corta á dereita, fere á esquerda, onde queira que te volvas! 17E Eu tamén golpearei, baterei as miñas mans, e hei desfogar a miña ira. Eu, Iahveh, falei.18Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 19Ti, fillo de home, marca para ti dous camiños por onde veña a espada do rei de Babilonia. Ámbolos dous sairán dunha mesma terra; e pon un sinal no principio de cada camiño para indicar a cidade onde vai. 20Sinala o camiño por onde vai vir a espada a Rabá dos fillos de Amón, e a Xudá contra Xerusalém, a cidade fortalecida.21Pois o rei de Babilonia detívose na encrucillada, no comenzo dos dous camiños, para usar a adiviñación: sacudiu as frechas, consultou os seus ídolos, observou o fígado; 22A adiviña apuntou á súa man dereita sobre Xerusalém para dar a orde do atacante, para comezar a matanza, para o berro de guerra, para levantar barricadas e edificar torres de asalto! 23Mais a eles pareceulles falsa a adiviñación, porque lles tiñan xurado ser os seus vasalos; mais el vai acusalos e serán atrapados.24Polo tanto, así di Iahveh o Señor: "Porque vos están a denunciar as vosas culpas, e se están a descubrir, e en todos os vosos feitos facedes patentes os vosos pecados, e así sodes acusados, seredes entregados nas súas mans.25E ti, príncipe profano e impío de Israel, o teu día chegou, a hora do castigo final! 26Así di Iahveh o Señor: "Quita a tiara e bota fóra a coroa! Todo vai cambiar! Que se exalte o baixo, e se humille o alto! 27A destrución, a destrución; todo queda reducido á destrución! E non existirá máis ata que veña aquel a quen corresponde o xuízo, e Eu entregareino.28E ti, fillo de home, profetiza, e di: así di Iahveh contra os fillos de Amón e contra os seus aldraxes. E diraslles: a espada, a espada está esenvaiñada para matar, pulida con resplandor para degolar! 29Eles profetízanche visións falsas, adivíñanche mentira; hanse aplicar ao pescozo dos malos as sentenzas de morte, para que veña o seu día no tempo do castigo final!30Volvereina á súa vaíña? No lugar onde fuches forxada, na terra onde naciches heite xulgar. 31Derramarei sobre ti a miña ira; soprarei sobre ti o lume da miña indignación, e entregareite nas mans de homes temerarios, artesáns da destrución.32Serás forraxe do lume, e a terra empaparase do teu sangue; e non haberá máis memoria de ti; porque Eu, Iahveh, falei.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Ti, fillo de home, non has xulgar, non quererás ti mesmo xulgar á cidade sanguinaria? Entón denuncia todas as súas abominacións! 3Dille, pois: así di Iahveh o Señor: Ó cidade que marcha cara o seu final derramando sangue no seu interior, e que se contaminou fabricando ídolos!4Polo sangue que derramaches pecaches, e contaminácheste cos ídolos que fixeches; así que achegaches a túa hora, e vén o día do remate da túa existencia. Por iso poñote coma escarnio entre as nacións e burla para tódolos pobos. 5Os que están preto de ti e os que están lonxe burlaranse de ti, famosa pola túa impureza, e chea de confusión.6Olla, os príncipes de Israel, cada un segundo o seu poder, derraman sangue en ti a porfía. 7En ti trataron con desprezo o pai e a nai; no medio de ti trataron con violencia ao estranxeiro; en ti asoballaron o orfo e a viúva. 8Rexeitaches os meus santuarios e profanaches os meus días de repouso. 9En ti hai homes que calumnian para verter sangue; e sobre os montes comen e no medio de ti fan perversidades.10No medio de ti descobren a nudez do pai, e en ti fan violencia á muller que está nos días da menstruación. 11Cada un fixo abominación coa muller do seu próximo, e cada un contaminou con perversidades a súa nora, e cada un violou a súa irmá, filla de seu pai. 12No teu medio admítese o suborno para verter sangue: Fixécheste usureiro para emprestar a outros e enriquecécheste con diñeiro mal ganado, defraudas con violencia ao teu próximo, e a min esquecíchesme, di Iahveh o Señor.13E velaquí, Eu bato as miñas mans por mor da túa avaricia, e por mor do sangue que verteches no medio de ti. 14Estará firme o teu corazón e serán fortes as túas mans no día en que Eu actue contra ti? Eu, Iahveh, prometino e fareino. 15Heite dispersar entre os pobos e entre as nacións; e farei que desapareza de ti a túa inmundicia. 16Por ti mesma serás degradada a vista das nacións; e saberás que eu son Iahveh.17v 17 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 18Fillo de home, a casa de Israel converteuse en escoria para min; todos eles son bronce, estanque, ferro, estaño e chumbo no medio do forno: prata falseada! 19Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Por canto todos vós vos convertestes en escoria, por iso, velaí, Eu reunireivos no medio de Xerusalém.20Como alguén xunta a prata e o bronce, o ferro e o chumbo, e o estaño no medio do forno, e sopran lume nel para fundilos, así vos xuntarei na miña ira e na miña indignación, e soprarei e fundireivos. 21Eu reunireivos e soprarei sobre vós no lume da miña ira, e seredes fundidos no medio del. 22Como se funde a prata no medio do forno, así seredes fundidos no medio del; e saberedes que Eu, Iahveh, derramei a miña ira sobre vós.23Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 24Fillo de home, dille a ela: ti non es unha terra limpa, nin asperxida coa choiva no día da ira. 25Hai unha conspiración dos seus profetas no medio dela, coma un león ruxindo que arrebata a presa. Devoraron as almas, quitaron as riquezas e as cousas preciosas, multiplicaron ás súas viuvas dentro dela.26Os seus sacerdotes violaron a miña lei e contaminaron os meus santuarios, sin facer distinción entre o santo e o profano, e tampouco distinguiron entre o inmundo e o limpo; afasatando os seus ollos dos meus días de repouso, e deste xeito cheguei a ser profanado no medio deles. 27Os seus príncipes no medio dela son coma lobos que arrebatan a presa, vertendo sangue e destruíndo almas para obteren ganancias deshonestas. 28E os seus profetas cubríronse de lama solta, profetizándolles vaidades e adiviñándolles mentiras, dicindo: así dixo Iahveh o Señor! Cando Iahveh non falara.29E o pobo da terra oprimiu e roubou, fixo violencia ao pobre e ao necesitado, facéndolle extorsión ao estranxeiro.30E busquei entre eles un home que fixera un valo e que se puxera na brecha díante de min en favor da terra, para que Eu non a destruíra, pero non o atopei. 31Polo tanto derramei sobre eles a miña ira, e co ardor da miña ira consuminos. Fixen que os seu camiños caeran sobre a súa propia cabeza, di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, había dúas mulleres, fillas dunha mesma nai, 3e prostituíronse en Exipto; fornicaron na súa mocidade; alí deixáronse apertar os seus seos, alí acariciaron os seus peitos virxinais. 4O nome da maior era Ahola, e o nome da súa irmá, Aholibá. Despois chegaron a ser miñas e deron a luz fillos e fillas. E os seus nomes foron: Samaria é Ahola; e Xerusalém, Aholibá.5E Ahola, sendo miña, prostituíuse namorándose dos seus amantes, os asirios: 6guerreiros vestidos de púrpura, gobernadores e comandantes, mozos cobizosos todos eles, xinetes que montaban cabalos. 7E ela prostituíuse con eles, con todos os máis escollidos dos fillos dos asirios, e contaminouse con todos os ídolos de todos aqueles dos que namorou.8E non deixou de fornicar cos exipcios, que na súa mocidade deitaran con ela acariñando os seus peitos virxinais e vertendo nela a súa luxuria. 9Por iso entregueina na man dos seus amantes, na man dos fillos dos asirios, aqueles polos que ela ansiaba. 10Eles descubriron a súa nudez, arrebatáronlle os seus fillos e as súas fillas, e matárona a espada; e chegou a ser famosa entre as mulleres, por como a escarneceron.11E a súa irmá Aholibá viuno, toleou de luxuria aínda máis ca ela, e as súas fornicacións foron maiores que as fornicacións da súa irmá. 12Namorouse dos fillos dos asirios, os seus veciños, gobernadores e comandantes, vestidos con roupas excelentes, xinetes que ían a cabalo, todos eles mozos codiciables. 13E vin que se contaminaba: as dúas ían polo mesmo mesmo camiño.14E ela aumentou as súas fornicacións; pois cando viu a homes pintados no muro, imaxes de caldeos pintados de moitas cores, 15cinguidos polos seus lombos con talabartes, e turbantes de moitas cores sobre as súas cabezas, tendo todos eles a aparencia de capitáns, coma os homes de Babilonia, nados en Caldea.16E namorouse deles tan pronto como os viu, e mandoulles mensaxeiros á terra dos caldeos. 17Así que os homes de Babilonia achegáronse a ela no seu leito de amor e contaminárona coas súas fornicacións, pero tan pronto como foi deshonrada, a súa alma deixou de amalos.18Así deixou ver as súas fornicacións e ela descubriu a súa nudez; polo que eu tamén me cansei dela, xa como a miña alma se tivera cansado da súa irmá. 19Pero ela aínda multiplicou as súas fornicacións, lembrando os días da súa mocidade, nos que fornicara na terra de Exipto.20Ardeu en desexo polos seus amantes, que teñen falo de burros e exaculan coma cabalos. 21Deste modo repetiches unha vez máis a luxuria da túa mocidade, cando os exipcios acariñaban os teus seos, e apalpaban os tus peitos mozos.22Por tanto, Aholib, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu espertarei contra ti os teus amantes, dos que a túa alma se afastou, e fareinos vir contra ti de todas as partes; 23os de Babilonia e todos os caldeos, os de Pecod, Soa e Coa, e todos os asirios con eles: mozos desexables, gobernadores e comandantes, notables e homes de renome, todos a cabalo.24Virán contra ti con exércitos e carros, e con multitude de pobos; poranse contra ti en formación con escudos, paveses e cascos, e Eu encargareilles que te xulguen de acordo os seus costumes. 25E porei o meu celo contra ti, e actuarán contigo con ira; quitaranche o teu nariz e as túas orellas, e o que quede de ti morrerá a espada. Arrebatarán os teus fillos e as túas fillas, e o teu remanente será consumido polo lume.26Despoxarante das túas roupas e quitaranche todos os adornos da túa fermosura. 27Deste xeito farei que remate a túa luxuria e as túas prostitucións que trouxeches de Exipto, de xeito que non mires máis para eles nin te lembres máis de Exipto.28Porque así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu entrégote na man daqueles que aborreces, na man daqueles de quen a túa alma se desgustou. 29Eles han te tratar cheos de odio, e quitaranche todo o froito do que traballaches, e deixarante núa e sen nada, e quedará descuberta a inmundicia das túas fornicacións, da túa luxuria e da túa prostitución.30Faránche estas cousas porque fornicaches tras dos pobos, e te contaminaches cos seus ídolos. 31Porque andaches no camiño da túa irmá. Polo tanto, Eu porei a súa copa na túa man.32Así di Iahveh o Señor: "Beberás da copa profunda e ancha da túa irmá. As nacións hanse burlar de ti e escarnecerante.33Chegarás a estar bébeda de dor. Copa de soidade e desolación é a copa da tua irmá Samaria. 34Si, ti beberala ata esgotala, e lamberás as borras e rasgarás os teus peitos; porque Eu falei, di Iahveh o Señor.35Por tanto, así di Iahveh o Señor: Xa que te esqueciches de min e me botaches detrás das túas costas, carga ti mesma a túa luxuria e as túas fornicacións!36E dixome Iahveh: -Fillo de home, non xulgarás ti a Ahola e a Aholibá? Entón decláralles as súas abominacións! 37Porque cometeron adulterio e hai sangue nas súas mans, e fornicaron cos seus ídolos; e aínda os seus fillos que me deron a luz, queimáronos, facéndoos pasar polo lume.38E aínda engadiron algo máis: contaminaron o meu santuario nese mesmo día e profanaron os meus días de repouso. 39Pois despois de teren sacrificado os seus fillos aos seus ídolos, naquel mesmo día entraron no meu santuario para contaminalo; iso foi o que fixeron na miña casa!40Tamén mandaches por homes que viñeran de lonxe, mandábaslles mensaxeiro, e axiña viñan. Por amor a eles lavácheste, pintaches os teus ollos e ataviácheste cos teus enfeites, 41repousaches nun leito ben pomposo, diante del foi preparada unha mesa; e sobre ela puxeches o meu incenso e o meu aceite.42E sentíase alí o balbordo da multitude que se entretía con ela; eran moitos homes, bébedos, traídos do deserto, que lles poñían brazaletes nos brazos e fermosas coroas sobre ámbalas dúas cabezas.43E dixen da que era consumida en adulterios: - Agora ela segue entregándose ás súas prostitucións. 44Porque viñérona buscar como quen anda atrás dunha prostituta. Así viñeron a buscar a estas mulleres depravadas, Ahola e a Aholibá. 45Mais os xustos xulgaranas segundo a lei das adúlteras e pola lei das que derraman sangue; porque son adúlteras e hai sangue nas súas mans.46Por iso, así di Iahveh o Señor: Érganse multitudes contra delas, e sexan entregadas ao espanto e o saqueo! 47E as turbas acantazaranas con pedras, e traspasaranas coas súas espadas. Matarán os seus fillos e as súas fillas, e consumirán as súas casas con lume.48E farei cesar tan detestable lascivia na terra, e tódalas mulleres escarmentarán, polo que xamais farán conforme a vosa detestable lascivia. 49E porán sobre vós as vosas execrables lascivias, e cargaredes cos pecados das vosas idolatrías; e saberedes que Eu son Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh no ano noveno, no décimo mes, no décimo día do mes, dicindo: 2Fillo de home, escribe a data deste día, pois neste mesmo día o rei de Babilonia érguese contra Xerusalém.3E fala por parábola á casa rebelde, e dilles: -Isto di Iahveh o Señor: pon a pota, si, pona, e bota tamén auga nela! 4Bota nela tódalas pezas que debes botar: anacos escollidos, o pernil e o solombo, énchea de ósos selectos. 5Toma o mellor do rabaño, e coloca a madeira debaixo da pota para que ferva ben, cociña os seus ósos dentro dela.6Porque así di Iahveh o Señor: Ai da cidade sanguinaria, da pota que ten dentro dela a inmundicia, e a súa ferruxe non foi quitada! Saca pois cada anaco e non botes sortes sobre ela.7Porque o seu sangue está dentro dela; vertida sobre a rocha núa. E non a derramou sobre a terra para que a cubrira o po. 8Para indignarme, para vengarme, Eu tamén puxen na roca núa o sangue que derramou, e non será cuberta.9Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Ai da cidade sanguinaria! Pois Eu mesmo botarei máis madeira no lume! 10Que se amontone a madeira e o lume sexa cada vez máis forte, que a carne sexa cocida e o caldo espeso, ata que os ósos estean queimados por completo!11Deixa a pota baleira sobre as brasas para que se requente o cobre e se poña ao roxo vivo, e derreta a súa roña e se consuma a súa ferruxe! 12Mais non serve para nada, porque é grande a súa ferruxe e non sae dela nin con todo o lume.13A túa inmundicia está chea de infamia, porque Eu tentei limparte, pero non quixeches ser limpa da túa inmundicia. Pois non serás limpia ata que Eu desafoge toda a miña ira!14Eu, Iahveh, falei; así será, e cumprireino. Non me volverei atrás, nin terei misericordía, nin desistirei. Segundo os teus camiños e as túas obras hante xulgar, di Iahveh o Señor.15Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 16Fillo de home, velaí que Eu quítoche o que desexan os teus ollos; non te entristezas, nin chores, nin corran as túas bágoas. 17Reprende o suspirar, non fagas loito no sepulcro; pon o teu turbante e as sandalias nos teus pés; non te cubras con farrapos nin comas pan de dó.18E falei ao pobo na mañá, e á tarde morreu a miña muller; e na mañá fixen como se me mandara.19fas? 20E eu dixenlles: -A palabra de Iahveh veu a min, dicindo: 21Di á casa de Israel: así di Iahveh o Señor: Velaquí, Eu profanarei o meu santuario, a gloria do voso poder, o desexo dos vosos ollos e o pracer da vosa alma; e os vosos fillos e as vosas fillas que deixastes, caerán á espada.22Entón faredes como Eu fixen; non vos cubriredes con saco, nin comeredes pan de dó. 23Os vosos turbantes estarán sobre as vosas cabezas e as vosas sandalias nos vosos pés; non vos lamentaredes nin choraredes, senón que vos consumiredes polas vosas maldades, e xemeredes mirándovos uns aos outros. 24Ezequiel será para vós un sinal; conforme todas as cousas que el fixo, así faredes; cando isto aconteza, saberedes que Eu son Iahveh o Señor.25E ti, fillo de home, non estarás no día en que Eu lles quite a súa fortaleza, a ledicia da súa gloria, o deleite dos seus ollos e o que desexan as súas almas, e tamén os seus fillos e as súas fillas, 26Nese día virá a ti un que fuxiu para traer as novas aos teus propios ouvidos. 27Nese día abrirase a túa boca para falar ao fuxitivo, e falarás, e non serás máis mudo; e serás para eles un sinal, e saberán que Eu son Iahveh.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, pon a túa faciana cara os fillos de Amón, e profetiza contra eles.3E dirás aos fillos de Amón: escoitade a palabra de Iahveh. Así di Iahveh: porque dixeches, “que ben!” cando o meu santuario foi profanado, e a terra de Israel foi arrasada, e a casa de Xudá foi levada en cativeiro, 4velaí, Eu entrégote en posesión aos fillos do oriente, os que asentarán en ti os seus campamentos e plantarán as súas tendas no medio de ti e comerán as túas sementeiras e beberán o teu leite. 5E farei de Rabá un pasteiro de camelos, e aos fillos de Amón poreinos por curral de ovellas; e saberedes que Eu son Iahveh.6Porque así di Iahveh o Señor: "Porque bateches as mans e bailaches cos teus pés, e te alegraches na túa alma desprezando á terra de Israel, 7Eu estenderei a miña man contra ti, e entregareite ás nacións para que sexas saqueado; cortareite de entre os pobos e destruireite de entre as nacións; exterminareite da terra, e saberás que Eu son Iahveh.8Así di Iahveh o Señor: "Porque Moab e Seir dixeron: velaí, a casa de Xudá é coma tódalas demais nacións! 9Polo tanto, Eu abro o lado de Moab dende as cidades, dende as súas cidades fronteirizas ata a terra desexable de Bet-Xesimot, Baal-Meón e Quiriataim, 10E xunto os fillos de Amón dareilla en posesión aos fillos de oriente, para que non haxa máis memoria dos fillos de Amón entre as nacións. 11E hei xulgar a Moab, e coñecerán que Eu son Iahveh.12Así di Iahveh o Señor: "Porque Edom fixo isto, vingándose cruelmente da casa de Xudá e ofendéndoos en gran maneira, 13por iso, así di Iahveh o Señor: Eu tamén estenderei a miña man sobre Edom, e cortarei del homes e animais, e destruireino; dende Temán ata Dedan caerán a espada.14E descargarei a miña vinganza sobre Edom por medio do meu pobo Israel, e farán en Edom conforme a miña ira e conforme á miña indignación; e eles coñecerán a miña vinganza, di Iahveh o Señor.15Así di Iahveh o Señor: "Porque os filisteos actuaron con vinganza, e aniquilaron con saña a causa da hostilidade que vén de vello, 16por tanto, así di Iahveh: "Velaquí, Eu estenderei a miña man sobre os filisteos, e cortarei os zereteos, e destruirei o resto que quede na beira do mar. 17E executarei neles unha grande vinganza con reprensións de ira; e coñecerán que Eu son Iahveh, cando a miña vinganza caia sobre eles.
1E aconteceu que no ano undécimo, no primeiro día do mes, veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, porque Tiro dixo contra Xerusalém: “Que ben!” A porta das nacións foi quebrantada! Caeu no meu poder! Nela heime cebar!3Así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu estou contra ti, Tiro! Farei subir contra ti moitas nacións coma levanta o mar as súas ondas. 4E destruirán os muros de Tiro e derrubarán as súas torres; e varrerei dela ata o seu po, e deixareina coma unha pedra lisa.5E ela será tendedeiro de redes no medio do mar, porque Eu falei, di Iahveh o Señor; e será saqueada polas nacións. 6E os seus pobos no campo serán mortos a espada; e coñecerán que Eu son Iahveh.7Porque así di Iahveh o Señor: "Velaí, Eu traerei contra Tiro dende o norte a Nabucodonosor, rei de Babilonia, rei dos reis, con cabalos, carros e xinetes, cun exército de numerosas tropas. 8Matará a espada as túas fillas que están no campo, armará contra ti torres de sitio, erguerá contra ti barricadas e afirmará contra ti o seu escudo.9Ha bater os teus muros con arietes, e destruirá as túas torres con machadas. 10E vas a ser envuelto no po cos seus esquadróns de a cabalo, e os teus muros tremerán polo estrondo da súa cabalería e o rodar dos seus carros, cando entre polas túas portas coma se entra nunha cidade arrasada. 11Cos cascos dos seus cabalos esmagará todas as túas rúas; e matará o teu pobo a espada, e as túas columnas poderosas caerán en terra.12Roubaranche a túa riqueza e saquearán os teus bens, arrasarán os teus muros e destruirán as túas casas máis fermosas, e botarán as túas pedras, a túa madeira e ata o teu po no medio das augas. 13E farei cesar o balbordo das túas cantigas, e o son das túas cítaras non se ha sentir máis. 14E poreite coma unha pedra lisa e serás un tendederio de redes, e nunca máis serás edificada, porque Eu Iahveh falei, di Iahveh o Señor.15Así di Iahveh o Señor a Tiro: Non se han estremecer as illas díante do murmurio da túa caída, cando se lamenten os feridos, e se degolen as túas víctimas no medio de ti? 16Entón todos os príncipes do mar baixarán dos seus tronos, e quitarán os seus mantos e despoxaranse das súas vestimentas bordadas; vestiranse de terror e, sentados sobre o chan, han se estremecer consternados, abraiados pola túa causa.17E levantarán sobre ti lamentación, e dirán de ti: como pereceu a cidade louvada! Poboada por xente de mar. Poderosa no mar, ela xunto cos seus moradores, arrasaban con medo a cantos a rodeaban. 18Agora, as illas tremen no día da túa caída; e as illas que están no mar estarán abraiadas pola túa fin.19Porque así di Iahveh o Señor: "Farei de ti unha cidade desolada coma as cidades que xa están desertas, farei que o mar suba sobre ti e as moitas augas te cubran. 20Heite afundir cos que baixan ao sepulcro, xentes de tempos remotos, e poreite nas profundidades da terra coma nas ruínas da atigüidade, cos que baixan ao sepulcro, para que nunca máis sexas habitada; pero Eu darei gloria á terra dos vivos. 21Convertereite nun terror, e deixarás de ser. Serás buscada, pero nunca máis serás atopada, di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Ti, fillo de home, levanta lamentación sobre Tiro. 3E dirás a Tiro, que está situada á beira do mar, a que negocia cos pobos de moitas costas: así di Iahveh o Señor: Tiro, ti dixeches: eu son perfecta en fermosura.4Os teus confíns están no corazón dos mares; os teus armadores completaron a túa beleza. 5Con cipreses do monte Senir fabricáronche todo o teu casco; escolleron cedros do Libán para facerche o mastro.6Dos carballos de Basán fixeron os teus remos, a túa cuberta con madeira de buxo das costas de Quitim, con incrustes de marfil. 7De liño fino bordado de Exipto era a túa vela para que te servise de estandarte; de azul e púrpura das costas de Elisa era o teu pavillón.8Os habitantes de Sidón e de Arvad foron os teus remeiros; os expertos, Tiro, estaban en ti; eles eran os teus patróns. 9Os anciáns de Gebal e os seus obreiros máis hábiles taparon as túas xuntas. Tódolos navíos e os seus mariñeiros traficaban contigo.10Os persas, os de Lud e os de Fut servían no teu exército, como guerreiros teus; penduraron en ti escudos e cascos, eles déronche o teu esplendor. 11Os fillos de Arvad e Ielec defendían os muros ao teu arredor, e os de Gamadim estaban nos teus baluartes, e penduraron os seus escudos arredor dos teus muros completando a túa fermosura.12Tarsis negociaba contigo pola abundancia de tódalas túas riquezas; con prata, ferro, estaño e chumbo traficaba nas túas feiras. 13Iaván, Tubal e Mesec traficaban contigo, con escravos e con utensilios de bronce traficaban nas túas feiras.14Os da casa de Togarmá cambiaban as túas mercadorías por cabalos, corceis e mulas. 15Os fillos de Dedan traficaban contigo, e moitas costas levaban mercadorías da túa man, e tributábanche cabeiros de marfil e madeiras de ébano.16Edom traficaba contigo porque tiñas productos dabondo; con perlas, púrpura, vestidos bordados, liño fino, corais e rubís viña ás túas feiras. 17Tamén Xudá e a terra de Israel traficaban contigo; dábanche polas túas mercadorías o trigo de Minit e de Panag, e o mel, o aceite e a resina. 18Damasco traficaba contigo pola abundancia dos teus produtos e pola abundancia de toda riqueza; negociaban contigo con viño de Helbón e a máis branca lá.19Dan e o errante Iaván viñan ás túas feiras para comerciar na túa praza con ferro labrado, mirra destilada e cana aromática. 20Dedan comerciaba contigo coas mantas de montar. 21Aínda Arabia e tódolos príncipes de Cedar traficaban contigo con años, carneiros e castróns; estes eran os teus comerciantes.22Os comerciantes de Sheba e de Raama eran tamén os teus comerciantes; viñan ás túas feiras co mellor bálsamo, e con toda clase de pedras preciosas, e ouro. 23Harán, Cane, Edén e os comerciantes de Sheba, de Asiria e de Quilmad negociaban contigo.24Traficaban contigo con tecidos finos, mantos de azul e bordados, e caixas de roupas preciosas, enredadas con cordóns e ben aseguradas; en todo isto traficaban contigo. 25As naves de Tarsis eran coma largas caravanas que levaban as túas mercadorías, e así chegaches a ser opulenta e te multiplicaches grandemente no corazón dos mares.26Os teus remeiros conducíante entre as moitas augas, ata que o vento do leste quebrantoute no medio dos mares, 27coas túas riquezas, as túas mercadorías e os teus bens, cos teus remeiros, os teus capitáns, e os que tapan as túa xuntas, con todos os oficiais dos teus negocios, e todos os teus homes de guerra. E toda aquela xente que estaba contigo e que caeu no medio dos mares no día da túa destrución.28Ao berro estrondoso dos teus mariñeiros, as costas tremeron. 29E todos os que empuñaban os remos, e os mariñeiros e os patróns do mar, todos saltaron das súas naves para quedar en terra. 30Farei que se escoiten a súas voces chorando amargamente por ti, e espallarán po sobre as súas cabezas, e envorcaranse en cinza.31Por ti raparanse o cabelo da súa cabeza, cinguiranse de cilicio, e laiaranse por ti con amargos lamentos, con amargura da alma. 32E levantarán sobre ti cantos fúnebres, e lamentarán por ti, dicindo: quen é coma Tiro, fortificada no medio do mar? 33Cando as túas mercadorías saían dos barcos, saciabas a moitos pobos; enriqueciches aos reis da terra coa multitude das túas riquezas e do teu comercio.34Agora, quebrantada polo mar, na profundidade das augas, coas túas mercancías e toda a tripulación caída no medio de ti, 35Todos os habitantes das costas quedarán abraiados pola túa causa, e os seus reis tremerán de terror; e os seus rostros quedarán abatidos. 36Os comerciantes de entre os pobos asubiarán cheos de asombro, e virás ser un espanto, e para sempre deixarás de ser.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, di ao príncipe de Tiro: así di Iahveh o Señor: porque o teu corazón enorgulleceuse, e dixeches: Eu son deus, no trono de Deus estou sentado no corazón dos mares. Mais ti es un home e non Deus, aínda que puxeches o teu corazón coma o corazón de Deus, 3velaí, ti es máis sabio que Daniel e non hai segredo que che sexa oculto!4Pola túa habilidade e a túa intelixencia acumulaches riquezas, e adquiriches ouro e prata para os teus tesouros. 5Polo teu coñecemento multiplicaches as túas riquezas nas túas contratacións, e por mor da túa riqueza o teu corazón envaideceu.6Por tanto, así di Iahveh Deus: Porque puxeches o teu corazón coma o corazón de Deus, 7Velaí, Eu traio sobre ti estranxeiros, os poderosos das nacións, que desvaiñarán as súas espadas contra a fermosura da túa intelixencia e mancharán o teu esplendor.8Farante baixar ao sepulcro, e morrerás coa morte dos que morren no corazón dos mares. 9Has porfiar dicindo: Eu son Deus na presenza de quen te quita a vida? Ti es un home e non un deus, na man do teu asasino! 10Morrerás da morte dos incircuncisos por man dos estranxeiros; porque Eu falei, di Iahveh o Señor.11Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 12Fillo de home, entoa lamentacións sobre o rei de Tiro, e dille: -Isto di Iahveh o Señor: Ti eras o selo da perfección, cheo de sabedoría e rematado en fermosura! 13Estiveches en Edén, no xardin de Deus; de toda pedra preciosa era a túa roupa: de cornalina, topacio, augamariña, crisólito, berilo e ónix; de zafiro, rubí, esmeralda e ouro. Pandeiros e frautas de primeira foron preparados para ti no día en que fuches creado.14Ti, querubín unxido, Eu púxente no monte santo de Deus; alí estabas; andabas no medio das pedras de fogo. 15Ti fuches perfecto en todos os teus camiños dende o día que fuches creado, ata que se atopou en ti a maldade.16Por mor da multitude dos teus negocios enchícheste de iniquiddade e pecaches; polo tanto, Eu degradeite do monte de Deus, e lanceite de entre as pedras de fogo, querubín gardián! 17O teu corazón enalteceuse por mor da túa fermosura, e corrompiches a túa sabedoría por mor do teu esplendor. Eu votareite por terra e poreite díante de reis para que te vexan coma un espectáculo.18Pola multitude das túas maldades e pola iniquidade dos teus tratos profanaches o teu santuario; de maneira que Eu fago saír lume do medio de ti que te ha consumir e convertereite en cinza sobre a terra a vista de todos os que te miran. 19Todos os que te coñeceron entre os pobos marabillaranse de ti; chegarás a ser o seu espanto, e para sempre deixarás de existir.20Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 21-Fillo de home, pon a túa faciana cara Sidón e profetiza contra ela; 22e dirás: así di Iahveh o Señor: velaí, estou contra ti, Sidón, e serei glorificado no medio de ti; e coñecerán que Eu son Iahveh, cando faga xuízos sobre ela, e me santifique nela!23E mandarei sobre ela a peste e o sangue ás súas rúas, e as vítimas caerán mortas no medio dela, por mor da espada hostil que vén de todos os cantos, e saberán que Eu son Iahveh. 24E a casa de Israel nunca máis terá unha silveira lacerante, nin espiño que a atormente, no medio de todos os que a rodean e a desprezan; e saberán que Eu son Iahveh.25Así di Iahveh o Señor: "Cando Eu teña recollida a casa de Israel de entre os pobos entre os que está dispersada, e me teña santificado neles á vista das nacións; entón habitarán na súa terra que dei ao meu servo Xacob. 26E confiadamente habitarán nela, e edificarán casas e plantarán viñas, e vivirán con seguridade cando Eu xulgue a todos aqueles que os despoxaban arredor; e saberán que Eu, Iahveh, son o seu Deus.
1No décimo ano, no décimo mes, no doce día do mes, veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, pon a túa faciana contra Faraón, o rei de Exipto, e profetiza contra el e contra todo Exipto. 3Fala, e di: así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu estou contra ti, Faraón, rei de Exipto, o gran dragón que está botado no medio dos seus ríos, que di: o Nilo é meu, pois eu o fixen para min.4E Eu porei ganchos nas túas queixadas, e apegarei os peixes dos teus ríos ás túas escamas, e sacareite do medio dos teus ríos; e todos os peixes dos teus ríos sairán apegados ás túas escamas. 5E heite lanzar ao deserto a ti e a tódolos peixes dos teus ríos. Caerás sobre o campo aberto; non serás recollido nin enterrado, e serás dado coma alimento ás feras da terra, e coma presa ás aves dos ceos.6E todos os habitantes de Exipto coñecerán que Eu son Iahveh, porque ti fuches un báculo de cana para a casa de Israel. 7Cando te colleron na man, quebrácheste e furaches a súa man; e cando se apoiaron en ti, quebrácheste e fixéchelos abanear.8Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu traerei sobre ti a espada, e cortarei de ti a persoas e animais. 9E a terra de Exipto será arrasada e deserta; e coñecerán que Eu son Iahveh, por canto dixo: o Nilo é meu, e eu fíxeno! 10Por iso, velaí, Eu estou contra ti e contra os teus ríos; e converterei a terra de Exipto en ruínas, nun deserto desolado dende Migdol ata Sevene, ata o límite de Etiopía.11Non pasará por ela pé de home nin pé de besta, nin será habitada por corenta anos. 12E farei da terra de Exipto unha desolación no medio de terras desoladas, e as súas cidades entre as cidades arrasadas estarán desoladas por corenta anos; e esparexerei a Exipto entre as nacións, e dispersareino polas terras.13Porque así di Iahveh o Señor: Ao cabo de corenta anos recollerei a Exipto de entre os pobos entre os que foron dispersados. 14E volverei traer os prisioneiros de Exipto, e levareinos á terra de Patros, á terra da súa orixe, e alí serán un reino desprezable.15Será humilde en comparación cos demais reinos; nunca máis se levantará sobre as nacións; porque os diminuirei tanto, que nunca máis terán dominio sobre as nacións. 16E a casa de Israel non será quen de confiar máis neles, nin recaerá o pecado de ter ido tras deles, e saberán que Eu son Iahveh o Señor.17E aconteceu no ano vinte e sete, no primeiro mes, no primeiro día do mes, veu a palabra de Iahveh a min, dicindo: 18Fillo de home, Nabucodonosar, rei da Babilonia, fixo que o seu exército prestara un duro servizo contra Tiro; toda cabeza quedou calva, e tódalas costas descabezadas; e nin a el nin ao seu exército foille dada paga en Tiro polo servizo que prestou contra ela.19Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaí, Eu dou a Nabucodonosor, rei de Babilonia, a terra de Exipto; e el levará as súas riquezas, e recollerá os seus despoxos e saqueará o seu botín, e iso será a paga para o seu exército. 20Por mor do traballo que fixo contra ela, deille a terra de Exipto, porque eles traballaron para min, di Iahveh o Señor.21Naquel tempo farei volver o poder á casa de Israel; e abrirei a túa boca no medio deles, e saberán que Eu son Iahveh.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, profetiza e di: así di Iahveh o Señor: Laiádevos! Ai daquel día! 3Porque está preto o día, está preto o día de Iahveh; día de negras nubes, día de castigo para as nacións.4E virá a espada sobre Exipto, e haberá angustia en Etiopía cando caian acoitelados en Exipto; e leven as súas riquezas e os seus alicerces sexan destruídos. 5Etiopía, Fut, Lud e toda Arabia, Libia e os fillos das terras aliadas caerán con eles a espada.6Así di Iahveh: "Caerán os que sosteñen a Exipto, e caerá a soberbia do seu poder; dende Migdal ata Sevene caerán ao fío da espada," di Iahveh o Señor. 7E serán asolados entre as terras arrasadas, e as súas cidades estarán entre as cidades que quedaron desertas.8E coñecerán que Eu son Iahveh cando prenda lume en Exipto e sexan destruídos todos os seus axudantes. 9Naquel tempo sairán diante de min mensaxeiros en naves para espantar á confiada Etiopía, e a anguria virá sobre eles coma no día de Exipto, porque velaí que vén.10Así di Iahveh o Señor: "Destruirei as riquezas de Exipto pola man de Nabucodonosor, rei de Babilonia." 11El e con el o seu pobo, os máis poderosos das nacións, serán traídos para destruír a terra; desenvaiñarán as súas espadas contra Exipto, e encherán a terra cos mortos.12E farei que os ríos sequen, e entregarei a terra nas mans de malvados, e destruirei a terra e todo o que hai nela pola man de estranxeiros; Eu, Iahveh, falei.13Así di Iahveh o Señor: "Destruirei tamén os ídolos e destruirei as imaxes de Menfis; e non haberá máis príncipe da terra de Exipto; e porei temor na terra de Exipto. 14Desolarei a Patros, prenderei lume en Zoán, e farei xuízos en Tebas.15E derramarei a miña ira sobre Sin, fortaleza de Exipto, e exterminarei a multitude de Tebas. 16Hei prender lume en Exipto; e Sin terá grande dor, e Tebas será arrasada, e Menfis terá unha anguria constante.17Os mozos de Aven e de Pibeset morrerán a espada, e as mulleres serán levadas cativas. 18E en Tafnes haberá escuridade no día en que Eu quebrante alí o poder de Exipto, e remate nela a soberbia do seu poder, as tebras cubrirana, e os habitantes das súas aldeas irán en cativeiro. 19Así executarei os xuízos en Exipto, e coñecerán que Eu son Iahveh.20E aconteceu que no ano undécimo, no primeiro mes, no sétimo día do mes, veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 21Fillo de home, quebrei o brazo de Faraón, rei de Exipto; e velaí, non o vendaron aplicando remedios, nin foi atado con vendaxe nin inmobilizado con táboas para que solde a fractura e poida soster a espada.22Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaí, eu estou contra Faraón, rei de Exipto, quebrarei os seus brazos, tanto o forte coma o fracturado, e farei caer a espada da súa man. 23E esparexerei os exipcios entre as nacións, e dispersareinos polas terras. 24E fortalecerei os brazos do rei de Babilonia, e porei a miña espada na súa man; pero quebrarei os brazos de Faraón, e el xemerá diante del con xemidos de ferido de morte.25Si, hei fortalecer os brazos do rei de Babilonia, e os brazos de Faraón caerán; e coñecerán que Eu son Iahveh cando poña a miña espada na man do rei de Babilonia, e el a estenda contra a terra de Exipto. 26E esparexerei os exipcios entre as nacións e dispersareinos polas terras; e saberán que Eu son Iahveh.
1E aconteceu que no ano undécimo, no terceiro mes, no primeiro día do mes, veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, di a Faraón, rei de Exipto, e a todo o seu pobo: -Con quen te comparas na túa grandeza?3Velaí o cedro do Líbano, de fermosas ramas, de frondosa ramaxe e de grande altura, a súa copa destacábase entre as nubes. 4As augas fixérono medrar, e o grande abismo enalteceuno enviando correntes arredor del, e fixo pasar as súas correntes a tódalas árbores do campo.5Por iso a súa altura medrou máis que tódalas árbores do campo, e multiplicáronse as súas ramas; e por mor das moitas augas estendéronse as súas ramas. 6E nas súas pólas aniñaban tódalas aves do ceo, e debaixo da súa ramallada apareábanse tódalas bestas do campo, e moitas nacións vivían á súa sombra. 7Así que chegou a ser fermoso na súa grandeza e na expansión das súas ramas, porque a súa raíz estaba xunto a moitas augas.8Os cedros da horta de Deus non o cubrían, nin os cipreses podían competir coas súas pólas, nin os carballos igualaban a súa copa, e ningunha árbore na horta de Deus se asemellaba a súa fermosura. 9Fíxeno fermoso coa multitude das súas ramas; e tódalas árbores de Edén, que estaban na horta de Deus, tiñan envexa del.10Polo tanto, así di Iahveh o Señor: "Porque sendo engrandecido en altura, e levantando o seu cumio ata as nubes, e terse gabado na súa altura o seu corazón, 11Eu entregareino na man do príncipe das nacións, que certamente o tratará segundo a súa maldade. Eu rexeiteino.12E os estranxeiros, os máis crueles das nacións, esnaquizarano e tirarano; e as súas ramas caerán sobre os montes e por tódolos vales; e por tódolos barrancos da terra a súas ramas serán quebradas. E tódolos pobos da terra hanse retirar da súa sombra e botarano fora.13Sobre o seu tronco caído hanse pousar tódalas aves do ceo, e sobre as súas ramas durmen tódalas bestas do campo; 14para que ningunha árbore que medre xunto ás augas se enxalce na súa altura, nin levante a súa copa entre as nubes, nin confíen na súa altura todos os que son regados polas augas; porque todos están destinados a morrer nas profundidades da terra, cos fillos dos homes, cos que baixan á foxa.15Así di Iahveh o Señor: "O día que baixou ao Seol, vestín de loito o abismo, detiven os seus ríos, e as súas grandes augas. Por el cubrín de loito o Líbano, e tódalas árbores do campo desmaiaron a causa del.16Ao estrondo da súa caída fixen tremer as nacións cando as fixen baixar ao Seol con todos os que baixan á sepultura. E tódalas árbores escollidas do Edén, e as mellores do Líbano, todas as que beben augas, foron consoladas nas profundidades da terra.17Tamén descenderon con el ao Seol, cos mortos a espada, os que eran o seu apoio, os que vivían á súa sombra no medio das nacións. 18A quen te comparaches en gloria e en grandeza entre as árbores do Edén? Pois serás derrubado xunto coas árbores do Edén, ás profundidades da terra; entre os incircuncisos deitaraste, cos mortos pola espada. Este é Faraón e todo o seu pobo, di Iahveh o Señor.
1E aconteceu que no ano doce, no mes doce, no primeiro día do mes, veu a min palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, levanta unha lamentación sobre Faraón, rei de Exipto, e dille: ti semellabas un león entre as nacións, pero es coma o cocodrilo do Nilo; chapoteas nas correntes, e enturbas as augas cos teus pés, e enches de barro as correntes dos ríos.3"Así di Iahveh o Señor: "Estenderei sobre ti a miña rede na compaña de moitos pobos, e eles sacarante coa miña rede. 4Hei de te arroxar sobre a terra, e botareite sobre a superficie do campo; e farei pousar sobre ti tódalas aves do ceo, e saciarei contigo as feras de toda a terra.5E porei a túa carne sobre os montes, e encherei os vals cos teus cadáveres. 6E regarei co teu sangue a terra onde nades, e ata os montes e os arroiros encheranse de ti.7E acontecerá que cando sexas estinguido, cubriréi os ceos, e farei escurecer as súas estrelas; cubriré o sol con nubes, e a lúa deixará de alumear coa súa luz. 8Farei escurecer por causa de ti tódalas estrelas resplandecentes do ceo, e porei tebras sobre a túa terra, di Iahveh o Señor.9E farei entristecer os corazóns de moitos pobos, cando leve os teus despoxos entre as nacións, e todo o mundo o saiba, en terras que non coñeciches. 10Sí, cando eles usen a miña espada farei que moitos pobos estean atónitos pola tua causa, e os seus reis estean cheos de terror por ti, e termerán sobresaltados pola sua propia vida no día do seu abatemento.11Porque así di Iahveh o Señor: A espada do rei de Babilonia vén sobre ti! 12Farei que a multitude caia polas espadas dos poderosos, das máis terribles nacións, e destruirán a soberbia de Exipto, e a súa multitude será arrasada.13E destruirei tamén todas as súas bestas sobre as moitas augas; e xa non os enturbará o pé do home nin pezuño de besta. 14Entón farei acougar as súas, e farei fluír os seus ríos coma o aceite, di Iahveh o Señor.15Cando a terra de Exipto sexa arrasada, e o país quede despoxado de todo o que hai nel, cando mate a todos os que viven nel, saberán que Eu son Iahveh. 16Esta é a lamentación coa que han cantar. As fillas das nacións lamentarán por Exipto e por toda a multitude ha laiarse, di Iahveh o Señor.17E aconteceu que no ano doce, no quince día do mes, a palabra de Iahveh chegou a min, dicindo: 18Fillo de home, láiate sobre a multitude de Exipto, e derrámao sobre as fillas das nacións poderosas, ás profundidades da terra, cos que baixan ao sepulcro.19A quen superas agora en fermosura? Baixa e déitate cos incircuncisos! 20Caerán no medio dos pasados á espada! Á espada é entregado! Sacádeo fóra, a el e a todas as súas multitudes! 21Do medio do Seol falarán del os máis fortes dos poderosos, cos seus aliados: Xa baixaron e xacen cos incircuncisos mortos á espada!22Alí está Asiria con toda a súa multitude; arredor del están nos seus sepulcros; todos eles caeron mortos á espada. 23Os seus sepulcros foron postos no máis profundo da foxa, e o seu pobo está arredor do seu sepulcro; todos eles caídos, mortos á espada; aqueles que sementaran o terror na terra dos vivos.24Alí está Elam e toda a súa multitude arredor do seu sepulcro; todos eles caeron mortos á espada, os que baixaron incircuncisos ao máis profundo da terra, porque sementaron o seu terror na terra dos vivos, pero agora levaron a súa vergoña cos que baixan ao sepulcro. 25Deitárono con toda a súa xente no medio dos degolados, e arredor del están os seus sepulcros; todos eles de incircuncisos, mortos pola espada, porque o seu terror foi posto na terra dos vivos, pero agora levan a súa confusión cos que baixan ao sepulcro; el foi posto no medio dos mortos.26Alí está Mesec e Tubal e toda a súa multitude; cos seus sepulcros arredor deles; todos eles incircuncisos, mortos pola espada, porque sementaran o seu terror na terra dos vivos. 27E os que son inferiores aos incircuncisos non xacerán cos poderosos que baixaron ao Seol coas súas armas de guerra, coas espadas colocadas debaixo das súas cabezas, e as súas maldades están sobre os seus ósos, porque o terror dos poderosos reinaba na terra dos vivos.28Ti, pois, serás quebrantado no medio dos incircuncisos, e xacerás cos mortos á espada. 29Alí está Edom, e os seus reis e tódolos seus príncipes, os que pola súa forza foron postos cos mortos a espada; eles xacerán cos incircuncisos e cos que baixan ao sepulcro.30Alí están os príncipes do norte, todos eles, e todos os sidonios, que co seu terror baixaron cos degolados, avergoñados de todo o terror que causaron polo seu poder, e xacen incircuncisos, cos degolados á espada, e teñen que soportar a súa vergoña cos que baixan ao sepulcro.31Faraón veráos e será consolado da perda das súas tropas. Faraón e todos os do seu exército, mortos á espada, di Iahveh o Señor. 32Aínda que Eu permitira o seu terror na terra dos vivos, Faraón xacerá no medio dos incircuncisos, con todos os mortos pola espada, di Iahveh o Señor.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, fala aos fillos do teu pobo, e di: cando Eu traia a espada sobre a terra, e o pobo da terra escolla un home do seu territorio e o poña por sentinela, 3e se el ve a espada que vén sobre a terra, e toca a trompeta e alerta o pobo, 4o que escoite o son da trompeta e non se coide, e veña a espada e o traspase, o seu sangue será sobre a súa cabeza.5Escoitou o son da trompeta e non quixo apercibirse; o seu sangue será sobre el; pero o que se garde, salvará a súa vida. 6Pero se o sentinela ve vir a espada e non toca a trompeta, e o pobo non está alerta, e vén a espada e fere a algún, ese será tomado por causa do seu pecado, pero Eu demandarei o seu sangue da man do sentinela.7En canto a ti, fillo de home, Eu púxente por vixiante á casa de Israel; e escoitarás a palabra da miña boca e os has advertir da miña parte. 8Cando Eu diga ao impío: impío, de certo morrerás! Se ti non o advirtes para que o impío se afaste do seu camiño, o impío morrerá polo seu pecado, pero Eu demandarei o seu sangue de ti. 9Pero se ti advirtes ao impío para que se afaste do seu camiño, e el non se desvía do seu camiño, el morrerá polo seu pecado, pero ti salvarás a túa vida.10Polo tanto, fillo de home, di á casa de Israel: vós falades deste xeito: as nosas transgresións e os nosos pecados están sobre nós, e por eles somos consumidos; como, pois, poderemos vivir? 11Dilles: -Como Eu vivo, di Iahveh o Señor, que non quero a morte do impío, senón que o impío se volva do seu camiño, e viva. Volvede, volvédevos dos vosos malos camiños! Por que queredes morrer, casa de Israel?12E ti, fillo de home, di aos fillos do teu pobo: a xustiza do xusto non o librará no día que se rebele; e a maldade do impío non o estorbará no día que se volva da súa maldade; do mesmo xeito, o xusto non poderá vivir pola súa xustiza no día que peque. 13Cando Eu diga ao xusto: de certo vivirás, e el confiando na súa xustiza chega a facer iniquidade, non serán lembradas ningunha das súas xustizas, senón que morrerá pola súa iniquidade que fixo.14E cando diga ao impío: certamente morrerás, e el se volve do seu pecado e fai conforme ao dereito e a xustiza, 15se o impío restitúe a prenda, devolve o que roubou, e camiña nos estatutos da vida, sen facer iniquidade, certamente vivirá, e non morrerá. 16Non se lle lembrará ningún dos seus pecados que cometeu; actuou segundo o dereito e fixo xustiza; de certo vivirá.17Entón dirán os fillos do teu pobo: o que fai o Señor non é recto! Pero o que non é recto é o camino deles. 18Se o xusto se aparta da súa xustiza e fai iniquidade, morrerá por iso. 19E se o impío se afasta da súa impiedade segundo o dereito e a xustiza, vivirá por iso. 20E vós dixestes: o camiño do Señor non é xusto. Eu xulgareivos a cada un segundo os vosos camiños, casa de Israel!21E aconteceu que no ano doce do noso cativerio, no mes décimo, no quinto día do mes, veu onda min un que fuxiu de Xerusalém, dicindo: -A cidade foi conquistada! 22E á tardiña, antes de que chegara o fuxitivo, a man de Iahveh estaba sobre min, e abriu a miña boca denantes que el chegara á mañá seguinte, e cando abriu a miña boca, xa non estiven máis calado.23Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 24Fillo de home, os que viven nas ruínas da terra de Israel, din: Abraham era un só, e foi quen de posuír a terra; e nós somos moitos, a terra tamén seremos quen de posuíla!25Por tanto dilles: así di Iahveh o Señor: comedes co sangue, tedes unha conducta abominable, cada un de vós déitase coa muller do seu veciño; e credes que ides posuír a terra? 26Confiades na vosa espada, fixestes abominacións, contaminastes cada un á muller do seu próximo, e credes que ides posuír a terra?27Falaraslles deste modo: así di Iahveh o Señor: como Eu vivo, certamente os que están nos lugares desolados morrerán á espada; e o que está en campo aberto entregareino ás feras para que o devoren; e os que están nas fortalezas e nas covas, morrerán da peste. 28Converterei a terra nun deserto cheo de desolación, e cesará a soberbia do seu poder; e os montes de Israel serán desolados, ata que non haxa quen poida pasar. 29Entón saberán que Eu son Iahveh cando converta a terra en desolación e deserto, por mor de tódalas abominacións que cometeron.30E ti, fillo de home, os fillos do teu pobo burlábanse de ti xunto os muros e as portas das casas, e dinse uns aos outros, cada un co seu irmán: vinde agora e escoitade a palabra que vén de Iahveh! 31E achéganse a ti atropelándose, e séntanse diante de ti coma se fosen o meu pobo escoitando as túas palabras, pero non as cumplen, porque coas súas bocas din cousas boas, pero os seus corazóns camiñan atrás da súa avaricia.32Velaí que ti es para eles coma un cantor de amores, de voz fermosa e que toca ben; senten as túas palabras, pero non as poñen en práctica. 33Pero cando iso aconteza (e xa está chegando!), saberán que houbo un profeta entre eles.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2Fillo de home, profetiza contra os pastores de Israel; profetiza e dilles aos pastores: así di Iahveh o Señor: Ai dos pastores de Israel, que se coidan a si mesmos! Non deben coidar os pastores ás ovellas? 3Comedes a graxa e vestídesvos de lá; matades a engordada, pero non apacentades o rabaño.4Non fortalecestes as febles, nin curastes as enfermas; non vendastes as que estaban esnaquizadas, non devolvestes ao redil a descarriada, nin buscastes a perdida, senón que as dominastes con dureza e violencia. 5E elas andan errantes por falta de pastor, e son presa de tódalas feras do campo, e foron dispersadas. 6As miñas ovellas andan perdidas por todos os montes e por todo outeiro alto. As miñas ovellas foron dispersadas sobre toda a face da terra, e non houbo quen as buscara nin quen preguntara por elas.7Polo tanto, pastores, escoitade a palabra de Iahveh: 8Como Eu vivo, di Iahveh o Señor, que porque o meu rabaño converteuse en obxecto de roubo, e as miñas ovellas chegaron a ser pasto de tódalas feras do campo, por falta de pastor, pois os meus pastores non coidaron as miñas ovellas, senón que os pastores apacentáronse a si mesmos, e non apacentaron ás miñas ovellas,9por tanto, vós pastores, escoitade a palabra de Iahveh. 10Así di Iahveh o Señor: "Velaí, Eu estou contra os pastores; e demandarei as miñas ovellas da súa man, e farei que deixen de apacentalas; e os pastores non se pastorearán máis a si mesmos; pois Eu rescatarei as miñas ovellas das súas bocas, e xa non serán de alimento para eles.11Porque así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu mesmo irei buscar as miñas ovellas e as recoñecerei. 12Como o pastor coñece o seu rabaño no día en que está no medio das súas ovellas dispersas, así coñecerei as miñas ovellas, e librareinas de todos os lugares onde foron esparexidas en día de nubes e escuridade. 13E sacareinas do medio dos pobos e reunireinas das nacións, e traereinas á súa propia terra, e pastoreareinas nos montes de Israel, polas beiras e en tódolos lugares habitados da terra.14E pastoreareinas en bos pastos, e nos altos montes de Israel estará o seu curral; alí durmirán en bos currais, e en suculentas pradarías serán apacentadas sobre os montes de Israel. 15Eu mesmo pastorearei as miñas ovellas, e dareilles descanso, di Iahveh o Señor. 16Buscarei a perdida e farei volver á descarriada; vendarei a que está esnaquizada e fortalecerei á feble; mais hei apartar a cebada e a forte; pastoreareinas con xustiza.17En canto a ti, rabaño meu, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu xulgo entre ovella e ovella, entre carneiros e castróns. 18É pouca cousa para vós tervos alimentado con bos pastos, para esmagar cos vosos pés o que queda dos vosos pastos? E tendo bebido as augas claras, enturbedes cos vosos pés o que queda? 19Teñen que comer as miñas ovellas o esmagado e beber o enturbado cos vosos pés.20Polo tanto, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu mesmo xulgarei entre a ovella gorda e a ovella fraca, 21porque empurrastes co costado e co ombreiro, e turrastes cos vosos cornos a tódalas febles, ata que as botastes fóra.22Polo tanto Eu salvarei as miñas ovellas, e nunca máis serán unha presa; e xulgarei entre ovella e ovella. 23E levantarei sobre elas un só pastor, e será el quen as apacente; o meu servo David, será o seu pastor e quen as apacente. 24E Eu, Iahveh, serei o seu Deus, e o meu servo David, príncipe no medio delas. Eu, Iahveh, falei.25E Eu establecerei con eles un pacto de paz, e quitarei as feras malas da terra, e habitarán seguras no deserto, e durmirán nos bosques. 26E farei que elas e os arredores do meu outeiro sexan unha bendición, e farei caer a chuvia ao seu tempo; e serán chuvias de bendición. 27E a árbore do campo dará o seu froito, e a terra dará o seu froito, e estarán seguras na súa terra, e saberán que Eu son Iahveh cando quebre as ataduras do seu xugo, e as libre da man dos que se servían delas.28Xa non serán despoxadas polas nacións, nin as feras da terra as devorarán, senón que vivirán con seguridade, e non haberá quen as asuste. 29E levantarei para elas unha plantación de renome, e xa non serán consumidas pola fame na terra, nin serán máis avergoñadas polas nacións.30E coñecerán que Eu, Iahveh, o seu Deus, estou con eles, e eles son o meu pobo, a casa de Israel, di Iahveh o Señor. 31E vós, as miñas ovellas, ovellas do meu rabaño, sodes homes, e Eu son o voso Deus, di Iahveh Deus.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, pon a túa faciana cara o monte Seir, e profetiza contra el, 3e dille: "Así di Iahveh o Señor: velaí, Eu estou contra ti, monte de Seir; e estenderei a miña man contra ti, e convertereite nun deserto desolado.4Converterei as túas cidades en escombros, e quedarás desolado; e saberás que Eu son Iahveh. 5Porque movido por un vello rencor entregaches os fillos de Israel ao poder da espada no tempo da súa aflición, no tempo extremadamente malo. 6Polo tanto, como Eu vivo, di Iahveh o Señor, voute destinar para o sangue, e o sangue hate perseguir; porque non aborreceches o sangue, o sangue estará sempre contigo.7Converterei o monte Seir nun desolado deserto, e cortarei del a aquel que vaia e ao que veña. 8E encherei os seus montes cos seus mortos; nos teus outeiros, nos teus vales e en tódolos teus arroios caerán mortos á espada. 9Farei de ti unha desolación perpetua, e as túas cidades non serán restauradas; e saberedes que Eu son Iahveh.10Por canto dixeches: Esas dúas nacións e estas dúas terras serán miñas, e tomarei posesión delas, mentres Iahveh estea alí. 11Polo tanto, como Eu vivo, di Iahveh o Señor, farei contigo conforme á túa ira e conforme á tua envexa, por mor da túa inimizade e odio contra deles; e dareime a coñecer a eles cando te xulgue.12E saberás que Eu, Iahveh, escoitei tódalas túas blasfemias que pronunciaches contra os montes de Israel, dicindo: están destruídos! Entregáronolos a nós para que os devoremos! 13Vós medrástesvos contra min coa vosa boca, e multiplicastes as vosas palabras contra min; Eu escoiteivos.14Así di Iahveh o Señor: "Mentres toda a terra fai festa, Eu farei de ti unha desolación. 15Como te alegraches sobre a casa de Israel, porque foi arrasada, así farei Eu contigo. Ti serás desolado, monte Seir, xunto con todo o territorio de Idumea, e saberán que Eu son Iahveh.
1E ti, fillo de home, profetiza aos montes de Israel, e di: Montes de Israel, escoitade a palabra de Iahveh! 2Así di Iahveh o Señor: Porque o voso inimigo dixo: Ben! As alturas eternas tamén viñeron a ser a nosa posesión! 3Por iso profetiza, e di: así di Iahveh o Señor: "Porque vos asolaron e vos devoraron por todas partes, para que forades posesión doutras nacións, e fostes postos en boca de todos os que falan, e sodes motivo de burla entre os pobos,4por iso, montes de Israel, escoitade a palabra de Iahveh o Señor: así di Iahveh o Señor aos montes e aos outeiros, aos arroios e aos vales, ás ruínas arrasadas e ás cidades desoladas, que foron deixadas para seren saqueadas e para que se burlaran as outras nacións arredor. 5Así di Iahveh o Señor: "De certo falei no lume do meu celo contra as demais nacións e contra todo Edom, quen, con toda a ledicia do seu corazón e o desprezo na súa alma, apoderouse da miña terra para que os seus exiliados foran presa súa. 6Polo tanto, profetiza sobre a terra de Israel, e di aos montes e aos outeiros, aos arroios e aos vales: -Isto di Iahveh o Señor: velaí, no meu celo e na miña ira falei, porque sufristes coa vergonza das nacións.7Por iso, así di Iahveh o Señor: Eu xurei coa miña man en alto que as nacións que están arredor de vós cargarán coa súa vergonza.8Mais vós, montes de Israel, daredes as vosas ramas e levaredes o voso froito para o meu pobo Israel, porque están preto para regresar. 9Porque, velaí, Eu estou por vós, e volverei o meu rostro cara vós, e seredes labrados e sementados.10E multiplicarei sobre vós a xente, á toda a casa de Israel, e as cidades serán habitadas, e as ruínas reedificadas. 11E multiplicarei sobre vós as persoas e os animais, medrarán e levarán froito, e fareivos morar como antes, e fareivos moito máis ben que no principio; e saberedes que Eu son Iahveh. 12E farei camiñar homes sobre vós, o meu pobo Israel, e tomarán posesión de ti, e serás a súa herdanza, e nunca máis lles quitarás os seus fillos.13Así di Iahveh o Señor: "Porque din de vós: ti es terra devoradora de xente, e fuches unha nación que lles privaba aos demais dos seus fillos. 14Por tanto non devorarás máis persoas, e nunca máis matarás os fillos do teu pobo, di Iahveh o Señor. 15E nunca máis deixarei que escoites as inxurias das nacións, nin levarás máis o desprezo dos pobos, pois non destruirás mais os fillos do teu pobo, di Iahveh o Señor.16Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 17Fillo de home, mentres a casa de Israel vivía na súa terra, profanouna cos seus camiños e coas súas malas obras; os seus camiños eran para min coma a impureza da menstruación. 18Por iso derramei a miña ira sobre eles, por mor do sangue que verteron sobre a terra, porque a contaminaron cos seus ídolos.19Disperseinos entre os pobos, e foron esparexidos entre as nacións. Xulgueinos conforme os seus camiños e conforme as súas obras. 20E cando chegaron ás nacións onde foron, profanaron o meu nome santo, e dicíase deles: Estes son o pobo do Iahveh, que tiveron que saír da súa terra. 21Pero eu compadecínme por causa do meu santo nome, que foi profanado pola casa de Israel entre as nacións onde foron.22Por tanto, di á casa de Israel: así di Iahveh o Señor: non fago isto pola vosa causa, Oi, casa de Israel, senón por mor do meu santo nome, que vós profanastes entre as nacións onde fostes. 23Eu santificarei o meu grande nome, profanado entre as nacións onde fostes, que vós profanastes no medio delas; e as nacións coñecerán que Eu son Iahveh - di Iahveh o Señor - cando Eu sexa santificado en vós diante dos seus ollos.24Porque heivos tomar de entre os pobos, para recollervos de tódalas terras, e traereivos á vosa terra. 25E asperxerei sobre vós auga limpa, e seredes limpos de tódalas vosas inmundicias; e purificareivos de tódolos vosos ídolos.26Eu dareivos un corazón novo, e porei un espírito novo dentro de vós; e quitarei da vosa carne o corazón de pedra, e dareivos un corazón de carne. 27E porei dentro de vós o meu Espírito, e farei que andedes nos meus estatutos e gardedes os meus preceptos, e os poñades en práctica. 28E habitaredes na terra que dei aos vosos pais; e vós seredes o meu pobo, e Eu serei o voso Deus.29E gardareivos de tódalas vosas inmundicias; e chamarei polo trigo e multiplicareino, e farei que a fame non estea sobre vós. 30E multiplicarei o froito das árbores e o froito dos campos, para que nunca máis sufrades pola vergonza da fame entre as nacións. 31E lembraredes os vosos malos camiños e as vosas obras que non foron boas, e avergonzarédesvos de vós mesmos polas vosas iniquidades e polas vosas abominacións.32Non o fago por causa de vós, di Iahveh o Señor, sabede ben isto; avergonzádevos e cubrídevos de confusión por mor das vosas iniquidades, casa de Israel. 33Así di Iahveh o Señor: "O día que vos limpe de tódalas vosas iniquidades, farei que as cidades sexan habitadas, e as ruínas sexan reedificadas. 34E a terra desolada será labrada, despois de ter quedado desolada á vista de todos os que pasaban.35E dirán: esta terra que era deserta volveuse coma a horta do Eden, e estas cidades que estaban arruinadas, desoladas e arrasadas, agora están fortalecidas e habitadas! 36E as nacións que queden arredor de vós saberán que Eu reedifiquei o que estaba derrubado, e plantei o que estaba desolado. Eu, Iahveh, díxeno e fareino.37Así di Iahveh o Señor: Aínda hei permitir que a casa de Israel me busque para facer isto: multiplicarei as persoas como se multiplican os rabaños. 38Coma as ovellas consagradas, coma as ovellas de Xerusalém nas súas festas solemnes, así as cidades desertas estarán cheas de rabaños de persoas; e saberán que Eu son Iahveh.
1A man de Iahveh veu sobre min, e levoume Iahveh no Espírito e púxome no medio do val, que estaba cheo de ósos. 2E fíxome pasar arredor deles por todas partes; e velaí, había moitos deles sobre a superficie do campo, e estaban moi secos. 3E díxome: -Fillo de home, poderán vivir estes ósos? E dixen: - Oi Señor Iahveh, ti sábelo.4E díxome: -Profetiza sobre estes ósos, e dilles: ósos secos, escoitade a palabra de Iahveh! 5Así di Iahveh aos ósos: Velaí, Eu farei entrar espírito en vós, e viviredes. 6E porei tendóns sobre vós, e farei subir sobre vós a carne, e cubrireivos con pel, e porei en vós o espírito, e viviredes; e saberedes que Eu son Iahveh.7Profeticei, pois, como se me mandou; e houbo un ruído mentres profetizaba, e depois un tremor, e os ósos xuntáronse cada óso co seu óso. 8E mirei, e velaí, había tendóns sobre eles, e subiu a carne, e a pel cubriunos por riba deles; pero non había espírito neles.9E díxome: -Profetiza ao espírito! Profetiza, fillo de home, e di ao espírito: -Isto di Iahveh o Señor: Ven dende os catro ventos, Espírito, e sopra sobre estes mortos, e vivirán. 10E profeticei como El me mandara, e entrou o espírito neles, e viviron e puxéronse en pé; era unha multitude moi grande.11E díxome: -Fillo de home, todos estes ósos son a casa de Israel. Velaí, eles din: os nosos ósos secaron, e pereceu a nosa esperanza, estamos completamente perdidos. 12Por iso profetiza e dilles: -Así di Iahveh o Señor: Meu pobo! Eu abro os vosos sepulcros, e fágovos subir dos vosos sepulcros, para traervos á terra de Israel!13E saberedes que Eu son Iahveh cando abra os vosos sepulcros e vos saque das vosas sepulturas, oi, meu pobo. 14E porei o meu Espírito en vós, e viviredes; e fareivos descansar na vosa terra; e saberedes que Eu, Iahveh, todo o que digo heino cumprir, di Iahveh.15Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 16Fillo de home, toma agora un caxato e escribe nel: Para Xudá e para os fillos de Israel, os seus compañeiros. Toma tamén outro caxato e escribe nel: Para Xosé, o caxato de Efraín e para toda a casa de Israel, os seus compañeiros. 17Xúntaos logo un ao outro para que sexan un só, para que estean xunguidos na túa man.18E acontecerá que cando os fillos do teu pobo che pregunten, dicindo: non nos ensinarás que te propós con iso? 19Dilles: así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu tomarei a cana de Xosé que está na man de Efraín, e ás tribos de Israel, os seus compañeiros, e poreinas xunto coa cana de Xudá, e fareinas un só caxato, e serán un na miña man. 20E os caxatos sobre os que escribas estarán na túa man diante dos seus ollos.21E diraslles: Así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu tomarei os fillos de Israel de entre as nacións onde foron, e reunireinos de tódalas partes, e traereinos á súa terra. 22E farei deles unha soa nación na terra, nos montes de Israel, e un rei será rei de todos eles; e nunca máis serán dúas nacións, nin nunca máis serán divididos en dous reinos. 23E non se contaminarán máis cos seus ídolos, coas súas abominacións e con tódalas súas rebelións; e salvareinos de tódalas súas rebelións coas que pecaron, e purificareinos; e eles serán o meu pobo, e Eu serei o seu Deus.24O meu servo David será rei sobre eles, e todos eles terán un só pastor; e andarán nos meus preceptos e gardarán os meus estatutos, e poranos en práctica. 25E habitarán na terra que dei ao meu servo Xacob, na que viviron os vosos pais; e habitarán nela eles e os seus fillos e os fillos dos seus fillos para sempre; e o meu servo David será o seu príncipe para sempre.26E farei con eles un pacto de paz. Será con eles un pacto eterno; e establecereinos e multiplicareinos, e porei o meu santuario no medio deles para sempre. 27O meu tabernáculo estará no medio deles, e Eu serei o seu Deus, e eles serán o meu pobo. 28E as nacións coñecerán que Eu, Iahveh, son o que santifica a Israel, cando o meu santuario estea no medio deles para sempre.
1Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: 2-Fillo de home, pon o teu rostro contra Gog, na terra de Magog, príncipe soberano de Mesec e Tubal, e profetiza contra el, 3e dirás: Así di Iahveh o Señor: Velaí, Eu estou contra ti, Gog, príncipe soberano de Mesec e Tubal!4exército, cabalos e xinetes, todos eles con roupas moi vistosas, unha gran multitude con paveses e escudos, todos eles con espadas; 5Persia, Cus e Fut estarán con eles; todos eles con escudos e cascos; 6Gomer e tódalas súas tropas; a casa de Togarmá, dos confíns do norte, e tódalas súas tropas, moitos pobos contigo.7Prepárate e observa, sé ti o seu caudillo! Ti e toda a túa multitude que se reuniu onda ti. 8De aquí a moitos días recibirás unha orde. Nos derradeiros anos virás á terra rescatada da espada, contra unha xente reunida de entre os moitos países nos montes de Israel, que foron unha continua desolación, pero foi sacada dentre as nacións e viven todos confiados. 9Mais ti haste erguer coma unha treboada, avanzarás coma as nubes que cubren a terra, ti e tódalas túas tropas e moitos pobos contigo.10Así di Iahveh o Señor: Naquel día subirán palabras ao teu corazón, e concebirás malos pensamentos, 11E dirás: Subirei a unha terra deserta; irei contra os pobos tranquilos que viven seguros, todos eles viven sen muros, e non teñen as portas fechadas. 12Iso acontecerá para saquear os despoxos e levar o botín, para poñer a túa man sobre as terras desertas xa poboadas, e contra o pobo reunido de entre as nacións, que ten animais e posesións, e vive na parte principal da terra.13Sabá e Dedan, e os comerciantes de Tarsis e tódolos seus príncipes, diranche: Viñeches para saquear os despoxos? Reclutaches o teu exército para tomar o botín, para sacar prata e ouro, para roubar gando e posesións, para levar un grande saqueo?14Por tanto, profetiza, fillo de home, e di a Gog: Así di Iahveh o Señor: No día cando o meu pobo Israel viva en seguridade, non o saberás? 15Entón virás do teu lugar, das rexións do norte, ti e moitos pobos contigo, todos eles a cabalo, unha gran multitude e un exército poderoso. 16E subirás contra o meu pobo Israel coma unha nube que cubre a terra. Isto acontecerá nos últimos días; e Eu traereite sobre a miña terra para que as nacións me coñezan, cando Eu sexa santificado en ti, oi Gog, diante dos seus ollos.17Así di Iahveh o Señor: Non es ti aquel de quen falei nos tempos pasados por medio dos meus servos os profetas de Israel, que profetizaron que Eu te ía traer sobre eles? 18Naquel día, cando Gog veña sobre a terra de Israel - di Iahveh o Señor - subirá a miña ira e o meu furor.19Pois falei no meu celo e no lume da miña ira, que naquel día haberá un gran tremor sobre a terra de Israel; 20e os peixes do mar, as aves do ceo, as bestas do campo, todo réptil que se arrastra sobre o chan, e tódalas persoas que están sobre a superficie da terra, tremerán diante de min; e os montes derrubaranse, e caerán os terreos escarpados, e todo muro virá ao chan.21E chamarei contra el á espada en todos os meus montes - di Iahveh o Señor - a espada de cada un estará contra seu irmán. 22E Eu xulgarei contra el coa peste e co sangue; e farei chover sobre el, e sobre as súas tropas e sobre os moitos pobos que están con el, chuvia incontrolable, e pedrazo, lume e xofre. 23E serei engrandecido e santificado, e serei coñecido ante os ollos de moitas nacións; e saberán que Eu son Iahveh.
1Por tanto ti, fillo de home, profetiza contra Gog, e di: así di Iahveh o Señor: Velaí, Eu estou contra ti, Gog, príncipe soberano de Mesec e Tubal. 2Heite rodear, e conducireite, e fareite subir da parte do norte, e traereite sobre os montes de Israel; 3E sacarei o teu arco da túa man esquerda, e farei que caian as túas frechas da túa man dereita.4Sobre os montes de Israel caerás ti e tódalas túas tropas e os pobos que están contigo. Dareite por alimento a toda clase de ave rapaz e ás feras do campo. 5Sobre o chan do campo caerás; porque Eu o anunciei, di Iahveh o Señor. 6E mandarei lume sobre Magog e sobre os que viven seguros nas costas; e coñecerán que Eu son Iahveh.7E farei coñecer o meu nome santo no medio do meu pobo Israel; e nunca máis deixarei que sexa profanado o meu nome santo; e as nacións saberán que Eu son Iahveh, o Santo de Israel. 8Velaí que vén e hase cumplir, di Iahveh o Señor! Este é o día do que Eu falei!9Entón os habitantes das cidades de Israel sairán, e prenderán lume e queimarán armas, escudos, paveses, arcos e frechas, mazas e lanzas; e queimaranos con lume por sete anos. 10Non traerán madeira do campo nin cortarán dos bosques, senón que queimarán coas armas no lume, e despoxarán aos saqueadores e saquearán aos que lles roubaron, di Iahveh o Señor.11E acontecerá naquel día que lle hei dar a Gog un lugar para sepultura alí en Israel, o val dos que pasan cara o oriente do mar; e estará pechado o camiño para os que pasan; e alí sepultarán a Gog e a toda a súa multitude; e chamarano val de Hamón- Gog.12E a casa de Israel sepultaraos por sete meses para limpar a terra. 13Todo o pobo da terra sepultaraos, e isto será para eles un día celebre no día en que Eu sexa glorificado, di Iahveh o Señor.14E tomarán homes por xornada para que percorran o país cos que viaxan para sepultar aos que queden sobre a superficie da terra, a fin de limpala. Ao cabo de sete meses farán o recoñecemento. 15E ao pasaren polo país, o que vexa os ósos dun home, porá un sinal xunto a el, ata que os sepultureiros o sepulten no val de Hamón- Gog. 16E o nome da cidade será Hamona; e así purificarán a terra.17E ti, fillo de home, así di Iahveh o Señor: "Di ás aves de toda clase e a tódalas bestas do campo: Xuntádevos e vinde! Xuntádevos de todas partes para a miña festa que estou a preparar para vós! Un gran sacrificio sobre os montes de Israel, para que comades carne e bebades sangue! 18Comeredes a carne dos poderosos, e beberedes o sangue dos príncipes da terra: dos carneiros, dos años, de castróns, dos bois e dos touros, todos eles engordados en Basán.19Comeredes graxa ata fartarvos, e beberedes ata embebedarvos co sangue das víctimas que sacrifiquei para vós. 20E fartarédesvos na miña mesa de cabalos e de xinetes poderosos, e de todos os homes de guerra, di Iahveh o Señor.21E porei a miña gloria entre as nacións; e tódalas nacións verán o meu xuízo que executei, e a miña man que puxen sobre eles. 22E daquel día en diante a casa de Israel saberá que Eu son Iahveh o seu Deus.23E as nacións saberán que a casa de Israel foi exiliada por mor da súa transgresión, porque eles se rebelaron contra min, e Eu agochei a miña faciana deles e entregueinos na man dos seus inimigos, e todos caeron á espada. 24Segundo a súa impureza e conforme as súas transgresións fixen con eles, e agochei o meu rostro deles.25Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Agora farei volver a catividade de Xacob, e terei misericordía de toda a casa de Israel, e serei celoso do meu santo nome”. 26E eles sentirán vergonza de toda a súa rebeldía coa que prevaricaron contra min, cando vivan na súa terra con seguridade, e non haxa quen os asuste, 27cando os teña sacado de entre os pobos e os recolla da terra dos seus inimigos, e sexa santificado neles diante de moitas nacións.28E coñecerán que Eu son Iahveh o seu Deus, cando despois de telos levado cativos entre as nacións, os recolla na súa terra, sen deixar ningún deles. 29E non esconderei máis o meu rostro deles, porque derramarei do meu Espírito sobre a casa de Israel, di Iahveh o Señor.
1No ano vinte e cinco do noso exilio, no comezo do ano, no décimo día do mes, no ano catorce despois que a cidade fora conquistada, nese mesmo día a man de Iahveh veu sobre min e levoume alá. 2En visións de Deus levoume á terra de Israel, e púxome sobre un monte moi alto, sobre o que había un edificio como dunha gran cidade, cara o sur.3Levoume alí, e velaí un home, de parecer coma o bronce, e que tiña unha corda de liño na man e unha cana de medir; estaba de pé xunto á porta. 4E o home faloume, dicindo: -Fillo de home, mira cos teus ollos e escoita cos teus oídos, e pon o teu corazón en todas as cousas que che vou amosar; porque para iso fuches traído aquí, para contarlle á casa de Israel todo o que ves.5E velaí, había un muro arredor por fóra da casa; e a cana de medir que o home tiña na man era de seis cóbados, un cóbado e un palmo menor; e mediu a anchura do muro: unha cana e a altura, outra cana. 6Entón chegou á porta que mira cara o oriente, e subiu polos seus chanzos, e mediu a entrada da porta: unha cana de ancho, e a segunda entrada, outra cana de ancho. 7Cada habitación tiña unha cana de lonxitude e unha cana de ancho, e entre os cuartos había cinco cóbados de ancho; e as entradas das portas xunto ao pórtico da porta por dentro, unha cana.8Mediu tamén a entrada da porta que daba á casa, unha cana. 9Logo mediu a entrada do portal, oito cóbados; e os seus postes, dous cóbados; e a porta do portal estaba polo lado interior. 10E o edificio da porta oriental tiña tres cámaras en cada lado, as tres dunha mesma medida, e as pilastras de cada lado tiñan unha mesma medida.11Mediu a anchura da entrada da porta, dez cóbados, e a lonxitude do portal, trece cóbados. 12O espazo diante das cámaras era de un cóbado a un lado e de outro cóbado ao outro lado; cada cámara tiña seis cóbados por un lado e seis cóbados polo outro. 13Mediu o edificio da porta dende o teito dunha cámara ata o teito da outra, e tiña vinte e cinco cóbados de ancho, e a entrada da cada cámara estaba unha fronte da outra.14Mediu tamén as pilastras: sesenta cóbados, chegando ata as pilastras do atrio que estaba arredor do portal. 15E dende a fachada da porta da entrada ata a fachada do pórtico da porta interior, había cincuenta cóbados. 16Había fiestras anchas por dentro e estreitas por fóra, que daban cara as cámaras no interior e arredor da porta. Do mesmo xeito, o seu vestíbulo tiña fiestras arredor e cara o interior, e en cada piar tiña palmeiras esculpidas.17Entón levoume ao patio exterior, e velaí, había cámaras, e un atrio lousado ao seu arredor. Trinta cámaras daban a ese patio. 18O lousado dos lados das portas, en proporción á lonxitude dos portais, era o lousado máis baixo. 19Despois mediu a anchura dende a fachada da porta de baixo ata a fachada do atrio interior por fóra, cen cóbados cara o oriente e o norte.20E da porta que estaba cara o norte, no atrio exterior, mediu a súa lonxitude, 21e cámaras eran tres dun lado e tres do outro lado; as súas pilastras e os seus arcos eran como a medida da primeira porta: cincuenta cóbados de lonxitude e vinte e cinco de ancho.22As súas fiestras, os seus arcos e as súas palmeiras eran conforme á medida da porta que estaba cara o oriente; e subíase a ela por sete chanzos, e os seus arcos estaban diante delas. 23A porta do patio interior estaba en fronte da porta cara o norte, e tamén cara o oriente; e mediu de porta a porta: cen cóbados.24Logo levoume cara o sur, e velaí unha porta cara o sur; e mediu os seus portais e os seus arcos conforme a estas medidas. 25A porta e os seus arcos tiñan fiestras arredor, como as outras fiestras; a súa lonxitude era de cincuenta cóbados e a súa anchura de vintecinco cóbados.26As súas escaleiras tiñan sete chanzos, cos seus arcos diante delas, e tiñan esculpidas palmeiras nas súas pilastras, de cada un dos seus lados. 27Tamén había unha porta cara o sur do atrio interior; e mediu de porta a porta cara o sur: cen cóbados.28Logo levoume ao atrio interior pola porta do sur, e mediu a porta do sur conforme a estas medidas. 29As súas cámaras, as súas pilastras e os seus arcos eran conforme a estas medidas: cincuenta cóbados de largo e vinte e cinco cóbados de ancho, e tiña fiestras e arcos todo arredor. 30Os arcos arredor tiñan vinte e cinco cóbados de lonxitude e cinco cóbados de ancho. 31Os seus arcos estaban oriendados cara ao atrio exterior, con palmeiras esculpidas nas súas pilastras; e as súas escaleiras eran de oito chanzos.32Entón levoume ao atrio interior que estaba cara o oriente, e mediu a porta conforme a estas medidas. 33As súas cámaras, as súas pilastras e os seus arcos eran conforme a estas medidas: cincuenta cóbados de longo e vinte e cinco cóbados de ancho, e tiña as súas fiestras e os seus arcos arredor. 34Os seus arcos estaban orientados cara o atrio exterior, con palmeiras esculpidas nas súas pilastras de cada un dos seus lados, e as súas escaleiras eran de oito chanzos.35Logo levoume á porta do norte, e mediu conforme a estas medidas: 36as súas cámaras, as súas pilastras, os seus arcos e as súas fiestras arredor; a súa lonxitude era de cincuenta cóbados e a súa anchura de vinte e cinco cóbados. 37As súas pilastras daban ao atrio exterior, con palmeiras esculpidas en cada unha das súas pilastras dun lado e do outro, e as súas escaleiras eran de oito chanzos.38Alí había un apousento e unha porta con pilastras á entrada, onde lavaban os holocaustos. 39E na entrada da porta había dúas mesas nun lado e outras dúas no outro, para sacrificar sobre elas o holocausto, a expiación e o sacrificio polo pecado.40Polo lado de fóra, segundo se sube á entrada da porta do norte, había dúas mesas; e no outro lado, na entrada da porta, outras dúas mesas. 41Catro mesas nun lado e catro mesas no outro lado, xunto á porta; oito mesas sobre as que sacrificarán as vítimas.42As catro mesas para o holocausto eran de pedra labrada, de un cóbado e medio de lonxitude, de un cóbado e medio de ancho e de un cóbado de altura; sobre elas poñerán os utensilios cos que se degolarán o holocausto e o sacrificio. 43E dentro, os ganchos dobres dun palmo menor, fixos por dentro arredor, e sobre as mesas habíase colocar a carne das vítimas.44E fóra da porta interior, no atrio interior que estaba xunto á porta do norte, estaban os dormitorios dos cantores que miraban cara o sur; pero había un que estaba ao lado da porta do oriente que miraba cara o norte. 45E díxome: -Este apousento que mira cara o sur é para os sacerdotes que fan a garda do templo.46E o apousento que mira cara o norte é dos sacerdotes que gardan o altar; estes son os fillos de Sadoc, chamados de entre os fillos de Leví para servir a Iahveh. 47Mediu tamén o atrio: cen cóbados de lonxitude e cen cóbados de ancho; era cadrado; e o altar estaba diante da casa.48Máis tarde levoume ao pórtico do templo e mediu cada piar do pórtico: cinco cóbados dun lado e cinco cóbados do outro, e o ancho da porta tres cóbados por un lado e tres cóbados por outro. 49A lonxitude do pórtico era de vinte cóbados e o ancho, de once cóbados, ao que se subía polas escaleiras. E xunto as pilastras había dúas columnas, unha dun lado e outra do outro.
1Entón tróuxome ao santuario e mediu as pilastras: seis cóbados de ancho dun lado e seis cóbados do outro lado, o ancho do tabernáculo. 2O ancho da porta era de dez cóbados, e os costados da entrada: cinco cóbados dun lado e cinco do outro. Mediu a súa lonxitude, corenta cóbados e o ancho, vinte cóbados.3E entrou no interior, e mediu cada piar da entrada: dous cóbados, e a porta, seis cóbados, e o ancho da entrada, sete cóbados. 4Mediu tamén a súa lonxitude de vinte cóbados e o seu ancho: vinte cóbados diante do templo, e díxome: -Este é o lugar santísimo.5Mediu tamén o muro da casa: seis cóbados, e catro cóbados o ancho das cámaras arredor da casa. 6As cámaras laterais estaban superpostas sobre outras: trinta en cada un dos tres pisos; e había cornixas no muro da casa arredor, sobre as que se apoiaban as vigas dos apousentos, sin entrar no muro. 7E había maior anchura nos apousentos laterais, pois a escaleira de caracol subía moi alto arredor por dentro da casa; por iso o piso superior tiña máis anchura. Dende o piso inferior podía subirse ao piso medio, e dende este ao superior.8E mirei a altura da casa arredor; os alicerces das cámaras eran dunha cana enteira de seis cóbados de lonxitude. 9A anchura do muro exterior das cámaras era de cinco cóbados, igual ao espacio que quedaba das cámaras da casa por dentro.10E entre os apousentos había unha anchura de vinte cóbados por todos os lados arredor da casa. 11Os apousentos tiñan dúas entradas cara o espazo libre, situadas unha ao norte e a outra ao sur. O ancho dese espazo que quedaba era de cinco cóbados arredor.12E o edificio que estaba fronte ao espacio aberto do lado occidental tiña setenta cóbados, e o muro do edificio tiña cinco cóbados de ancho arredor, e noventa cóbados de ancho. 13Mediu tamén a casa: cen cóbados de lonxitude, e o espazo aberto e o edificio cos seus muros: cen cóbados de lonxitude. 14O ancho da fachada da casa e do espazo aberto cara o oriente era de cen cóbados.15Mediu tamén a lonxitude do edificio que estaba diante do espazo aberto que había detrás del, e as cámaras dun lado e do outro: cen cóbados; coa nave interior e os pórticos do atrio. 16E os umbrais e as fiestras estreitas e os compartimentos arredor dos tres pisos estaban todos cubertos de madeira dende o chan ata as fiestras; e as fiestras estaban tamén cubertas, 17por enriba da porta e ata o interior da casa. O muro, todo arredor por dentro e por fóra, segundo as súas medidas,18estaba labrado con querubíns e palmeiras. Había unha palmeira entre querubín e querubín, e cada un dos querubíns tiña dúas facianas: 19un rostro de home cara a palmeira dun lado e un rostro de león cara a palmeira do outro lado, por toda a casa arredor. 20Dende o chan ata o teito da porta había querubíns labrados e palmeiras por todo o muro do templo.21Cada piar do templo era cadrado, e o fronte do santuario era coma o outro fronte. 22A altura do altar de madeira era de tres cóbados por dous de lonxitude. Tamén os seus ángulos, a súa base e as súas paredes eran de madeira. E díxome: esta é a mesa que está diante de Iahveh. 23O templo e o santuario tiñan dúas portas. 24E en cada porta había dúas follas, dúas follas que rodaban; dúas follas nunha porta e outras dúas na outra.25E nas portas do templo había querubíns e palmeiras esculpidos, como os que había nos muros; e na fachada do atrio cara o exterior había un portal de madeira. 26E había fiestras estreitas e palmeiras nun e outro lado dos lados do pórtico; tanto nos apousentos laterais da casa como nas trabes.
1Entón levoume ao atrio exterior cara o norte, e fíxome entrar no apousento que estaba diante do espazo aberto que estaba en fronte do edificio, cara o norte. 2Por diante da porta do norte a súa lonxitude era de cen cóbados e a súa anchura de cincuenta cóbados. 3En fronte dos vinte cóbados que había no atrio interior, e en fronte do lousado que había no atrio exterior, había unha galería que daba fronte a outra nos tres pisos.4E diante das cámaras había un corredor de dez cóbados de ancho cara o interior, e as súas portas miraban cara o norte. 5Os apousentos superiores eran máis estreitos, porque as galerías quitábanlles máis espazo que as de abaixo e as do medio do edificio. 6Porque tiñan tres pisos, pero non tiñan columnas como as columnas dos atrios; por iso eran máis estreitas que as de abaixo e as do medio.7O muro que estaba fóra en fronte dos apousentos cara o atrio exterior, tiña cincuenta cóbados de lonxitude. 8Porque a lonxitude dos apousentos do patio exterior era de cincuenta cóbados, mentres que os que daban á fachada do santuario eran de cen cóbados. 9Por debaixo deses apousentos estaba a entrada ao lado oriental, para entrar nel dende o atrio exterior.10Contra o muro do atrio, cara o oriente, en fronte do atrio e diante do edificio, había tamén apousentos. 11E o corredor que había diante delas era semellante ao dos apousentos que estaban cara o norte; a súa lonxitude e a súa anchura eran as mesmas, e tódalas súas saídas conforme ás súas portas e conforme ás súas entradas. 12Así mesmo eran as portas dos apousentos que estaban cara o sur; e había unha porta no remate do corredor que estaba en fronte do muro no lado oriental, para quen entraba nos apousentos.13E díxome: -Os apousentos do norte e os do sur que están diante do atrio, son os apousentos santos, donde os sacerdotes que se aproximan a Iahveh comen as ofrendas santas. Alí porán as cousas máis santas: a ofrenda vexetal, o sacrificio polo pecado e o sacrificio pola culpa, porque o lugar é santo. 14E acontecerá que cando entren os sacerdotes, non sairán do lugar santo ao patio exterior, senón que deixarán alí as súas vestiduras para servir, porque son santas; e vestiranse con outras roupas para se achegaren ao pobo.15E cando rematou de medir o interior da casa, levoume polo camiño da porta que miraba cara o oriente, e mediu todo arredor.16Mediu o costado oriental coa cana de medir, cincocentas medidas da cana de medir arredor. 17Mediu o lado do norte, cincocentas medidas da cana de medir arredor. 18Mediu o lado do sur, cincocentas medidas da cana de medir. 19Mediu tamén o lado occidental, e mediu cincocentas medidas da cana de medir.20Mediuno nos catro lados, e o muro que o rodeaba era de cincocentas canas de lonxitude por cincocentas canas de ancho, separando o lugar santo do profano.
1Entón levoume á porta, á porta que mira cara o oriente. 2E velaí, a gloria do Deus de Israel viña do lado do oriente, e o seu son era coma o balbordo de moitas augas, e a terra resplandecía coa súa gloria.3E o parecer da visión era como a visión que vin cando cheguei para destruír a cidade; e as visións eran como a visión que vin xunto ao río Queber. E caín sobre o meu rostro. 4E a gloria de Iahveh entrou na casa pola porta que miraba cara o oriente. 5E o Espírito levoume e ergueume ao patio interior; e velaí que a gloria de Iahveh enchía a casa.6Entón escoitei a un que falaba comigo dende a casa, e o home estaba de pé ao meu carón, 7e díxome: -Fillo de home, este é o lugar do meu trono e o lugar onde porei os meus pés, onde habitarei no medio dos fillos de Israel para sempre; e nunca máis profanará a casa de Israel o meu santo nome, nin eles nin os seus reis, coas súas fornicacións nin cos cadáveres dos seus reis nos seus lugares altos. 8Porque poñendo o seu trono xunto ao meu trono, e o seu contraforte xunto ao meu contraforte, coma un só muro entre Eu e eles, contaminaron o meu santo nome coas súas abominacións que fixeron; e Eu consuminos na miña ira.9Agora pois, afasten eles de min as súas idolatrías e os cadáveres dos seus reis, ben lonxe de min, e Eu habitarei no medio deles para sempre.10Ti, fillo de home, amosa esta casa á casa de Israel para que sexan avergoñados dos seus pecados; e midan o seu deseño con toda exactitude. 11E se se avergoñan de todo canto fixeron, failles entender a forma da casa, a súa disposición, as súas saídas e as súas entradas e tódolos seus detalles, e tódalas súas descricións, tódalas súas configuracións e tódalas súas leis. Descríbea diante dos seus ollos, para que garden toda a súa forma e tódalas súas normas e as poñan por obra.12Esta é a lei da casa: sobre o cumio do monte, todo terreo do contorno arredor será santísimo. Esta é a lei da casa.13E estas son as medidas do altar en cóbados (un cóbado a cóbado e un palmo menor). A súa base é de un cóbado e un cóbado de ancho, e o seu remate polo seu borde arredor, dun palmo. Este será o zócalo do altar. 14E dende a base, sobre o chan, ata o descanso máis abaixo, dous cóbados e unha anchura de cóbado; e dende a cornixa menor ata a cornixa maior, catro cóbados e o ancho de un cóbado.15O altar tiña catro cóbados, e sobre o altar había catro cornos. 16O altar tiña doce cóbados de lonxitude e doce de ancho, cadrado nos seus catro lados. 17O descanso tiña catorce cóbados de lonxitude e catorce de ancho nos seus catro lados, e medio cóbado o borde arredor, coa base de un cóbado por todos os lados; e as súas escaleiras han mirar cara o oriente.18E díxome: -Fillo de home, así di Iahveh o Señor: estas son as normas do altar no día en que sexa feito, para ofrecer holocausto sobre el e para asperxer o sangue sobre el: 19E aos sacerdotes levíticos que son da descendencia de Sadoc, que se achegan a min para servir diante de min, di Iahveh o Señor, daraslles un becerro da vacada para a expiación polo pecado.20E tomarás do seu sangue e poralo nos catro cornos do altar, e nos catro cantos do lugar de repouso, e no borde arredor; así o purificarán. Deste xeito han consagralo. 21Logo tomarás o becerro da expiación e queimaralo segundo a lei da casa, fóra do santuario.22No segundo día ofrecerás un chibo sen defecto como ofrenda polo pecado, e purificarán o altar como o purificaron co becerro. 23Cando remates de purificalo, ofrecerás un becerro da vacada sen defecto e un cordeiro sen defecto do rabaño; 24Ofreceralos diante de Iahveh, e os sacerdotes espallarán o sal sobre eles e ofreceranos en holocausto a Iahveh.25Por sete días ofrecerán cada día un chibo como sacrificio de expiación; tamén sacrificarán o becerro da vacada e un cordeiro sen defecto do rabaño. 26Por sete días farán expiación polo altar, e o purificarán. Deste xeito han consagralo. 27E cando rematen estes días, dende o oitavo día en diante, os sacerdotes ofrecerán sobre o altar os vosos holocaustos e as vosas ofrendas de paz, e seredes aceptables para min, di Iahveh o Señor.
1E fíxome volver cara a porta exterior do santuario que mira cara o oriente, e estaba pechada. 2E díxome Iahveh: -Esta porta permanecerá pechada; non se abrirá, nin entrará por ela ninguén, porque Iahveh, o Deus de Israel, entrou por ela; por iso estará pechada. 3En canto ao príncipe, pois é o príncipe, sentará alí para comer pan diante de Iahveh; entrará polo pórtico da porta, e sairá polo mesmo camiño.4E levoume cara a porta do norte, diante da casa; e mirei, e velaí, a gloria de Iahveh encheu a casa de Iahveh; e caín sobre o meu rostro. 5E díxome Iahveh: -Fillo de home, pon atención, mira cos teus ollos e escoita cos teus oídos todo o que che digo sobre todos os estatutos da casa de Iahveh e tódalas súas leis; e pon atención á entrada da casa e a cada saída do santuario.6E dirás aos rebeldes da casa de Israel: así di Iahveh o Señor: Xa abonda de todas as vosas abominacións! Casa de Israel! 7As que cometestes traendo estranxeiros, incircuncisos de corazón e incircuncisos de carne, para estaren no meu santuario e para contaminar a miña casa, cando ofrecedes o meu pan, a graxa e o sangue, invalidando o meu pacto con todas as vosas abominacións!8Porque non gardastes as miñas ordenanzas en canto ás miñas cousas santas, senón que puxestes a estranxeiros como gardas das miñas ordenanzas no meu santuario. 9Así di Iahveh o Señor: "Ningún fillo de estranxeiro, incircunciso de corazón e incircunciso de carne, entrará no meu santuario; ningún estranxeiro que more entre os fillos de Israel.10E os levitas que se afastaron de min cando Israel se afastou de min seguindo os seus ídolos, cargarán coa súa iniquidade, 11mais servirán no meu santuario como porteiros das portas da casa servindo nela; eles sacrificarán os holocaustos e as vítimas para o pobo, e estarán diante del para servirlle. 12Porque eles lles serviron diante dos seus ídolos e foron á casa de Israel, pedra de tropezo de maldade. Por iso xurei coa miña man en alto, di Iahveh o Señor, que cargarían coa súa iniquidade.13Non se achegarán a min para servirme como sacerdotes, nin se achegarán a ningunha das miñas cousas santas, ou santísimas, senón que cargarán coa súa vergoña e coas abominacións que fixeron. 14E poreinos por gardas a cargo da custodia da casa para todo o seu servizo e para todo o que se ha facer nela.15Pero os sacerdotes levíticos, fillos de Sadoc, que gardaron a orde do santuario cando os fillos de Israel se afastaron de min, eles son os que se achegaran a min para servirme; e diante de min estarán para ofrecerme a graxa e o sangue, di Iahveh o Señor. 16Eles entrarán no meu santuario, e achegaranse á miña mesa para me servir, e gardarán as miñas ordenanzas.17E cando entren polas portas do atrio interior, vestiranse de vestiduras de liño; non levarán sobre eles cousas de lá, cando sirvan nas portas do atrio interior e dentro da casa. 18Terán turbantes de liño sobre as súas cabezas e calzóns de liño sobre os seus lombos. Non se cinguirán cousa algunha que os faga suar.19E acontecerá que cando saian ao atrio exterior, ao patio de fóra, onda o pobo, quitarán as roupas coas que serviron, e deixaranas nos compartimentos do santuario, e vestiranse con outros vestidos, para non santificar o pobo coas súas roupas.20Non raparán a súa cabeza nin deixarán medrar o cabelo, senón que só o recortarán. 21Ningún dos sacerdotes beberá viño cando entre no atrio interior. 22Nin casará cunha viúva nin cunha repudiada, senón que tomará por muller a unha virxe da descendencia da casa de Israel, ou a unha viúva que sexa viúva de sacerdote.23E ensinarán ao meu pobo a distinguir entre o santo e o impuro; e ensinaranlles a discernir entre o limpo e o inmundo. 24E nos casos de litixio eles estarán para xulgar; segundo os meus mandatos xulgarán; e gardarán as miñas leis e os meus decretos en tódalas miñas festas solemnes e santificarán os meus días de repouso.25Non se achegarán a ningunha persoa morta para se contaminar, pero por pai ou nai, fillo ou filla, irmán ou irmá que non teña marido, poderanse contaminar. 26E despois da súa purificación, contaran sete días. 27E no día en que entre no santuario, no patio interior, para servir no santuario, ofrecerá a súa expiación, di Iahveh o Señor.28E terán herdanza; Eu serei a súa herdanza, pero non lles daredes posesión en Israel. Eu son a súa posesión. 29Eles comerán a ofrenda vexetal e o sacrificio de expiación e a ofrenda pola culpa; e todo o consagrado en Israel será deles.30E tamén as primicias de tódolos primeiros froitos de todo, e toda ofrenda de todo o que se presente de tódalas vosas ofrendas, serán dos sacerdotes. Do mesmo xeito daredes ao sacerdote as primicias de tódalas vosas ofrendas alzadas, para que descanse a bendición nas vosas casas. 31Os sacerdotes non comerán nada morto ou esnaquizado, tanto de aves como de animais.
1E cando repartades por sortes a terra por herdanza, apartaredes unha porción para Iahveh que consagraredes da terra, de lonxitude vinte e cinco mil canas e dez mil de ancho; será sagrado dentro de todo o seu territorio arredor. 2Dela, para o santuario, cincocentas canas de lonxitude e cincocentas de ancho, en cadrado arredor, e cincuenta cóbados arredor para os seus eixidos.3Desta medida medirás en lonxitude vinte e cinco mil canas e en ancho dez mil, no que estará o santuario e o lugar santísimo. 4A parte consagrada da terra será para os sacerdotes, ministros do santuario, os que se achegan a servir a Iahveh; e servirá de lugar para as súas casas e de recinto santo para o santuario. 5Tamén haberá vinte e cinco mil canas de lonxitude e dez mil de ancho, que será para os levitas, servidores da casa, como posesión para si, con vinte apousentos.6E para propiedade da cidade sinalaredes cinco mil de ancho e vinte e cinco mil de lonxitude, diante da ofrenda para o santuario; e será para toda a casa de Israel. 7E a parte do príncipe estará a cada lado do apartado para o santuario, e xunto á posesión da cidade, ao longo do apartado para o santuario e en fronte da posesión da cidade, dende o extremo occidente ata o extremo oriente; a lonxitude será dende o límite occidental ata o límite oriente.8Esta terra será para eles en posesión en Israel, e os meus príncipes non oprimirán máis o meu pobo. E darán a terra á casa de Israel segundo as súas tribos.9Así di Iahveh o Señor: -Xa abonda con vós, príncipes de Israel! Deixade a violencia e a rapina, practicade o xuízo e a xustiza; quitade as vosas imposicións de enriba do meu pobo, di Iahveh o Señor. 10Teredes balanzas xustas, efa xusto e bat xusto. 11O efa e o bat serán dunha mesma medida; o bat terá a décima parte do homer, e o efa a décima parte do homer; a medida deles será segundo o homer. 12O siclo será de vinte xeras. Vinte siclos e vinte e cinco siclos e quince siclos serán para vós unha mina.13Esta será a ofrenda que ofreceredes: a sexta parte dun efa por cada homer de trigo, e a sexta parte dun efa por cada homer de cebada. 14A norma para o aceite será a seguinte: ofreceredes un bat de aceite, é dicir, a décima parte dun coro; dez bats farán un homer, porque dez bats son un homer. 15E unha ovella do rabaño de douscentas das engordadas de Israel, para o sacrificio, para o holocausto e para as ofrendas de paz, para facer expiación por eles, di Iahveh o Señor.16Todo o pobo da terra estará obrigado a dar esta ofrenda ao príncipe de Israel. 17Pero o príncipe terá a responsabilidade de prover para o holocausto e o sacrificio e a libación nas festas solemnes, nas lúas novas, nos días de repouso e en tódalas festas da casa de Israel. El ha dispor a expiación, a ofrenda, o holocausto e as ofrendas de paz, para facer expiación pola casa de Israel.18Así di Iahveh o Señor: No primeiro mes, no primeiro día do mes, tomarás un becerro sen defecto da vacada, e purificarás o santuario. 19E o sacerdote tomará do sangue do sacrificio de expiación e porá sobre os postes da casa, e sobre os catro extremos do altar, e sobre os postes das portas do patio interior. 20Así farás no sétimo día do mes por aqueles que pecaron por erro ou con engano, e farás expiación pola casa.21No primeiro mes, no día catorce do mes, teredes a Pascua, festa de sete días; comerase pan sen lévedo. 22Naquel día o príncipe sacrificará por si mesmo e por todo o pobo da terra, un becerro polo pecado.23E durante os sete días da festa solemne, ofrecerá holocausto a Iahveh, sete becerros e sete años sen defecto, cada día dos sete días, e polo pecado un chibo cada día. 24E ofrecerá ofrenda dun efa con cada becerro, e con cada carneiro un efa, e por cada efa un hin de aceite.25No sétimo mes, o día quince do mes, na festa, fará como nestes sete días en canto á expiación; e no tocante ao holocausto, no tocante ao presente e no tocante ao aceite.
1Así di Iahveh o Señor: A porta do atrio interior que mira cara o oriente estará pechada os seis días de traballo; pero abrirase no día de repouso; e tamén no día da lúa nova. 2O príncipe entrará polo camiño do portal da porta exterior, e estará de pé xunto á entrada da porta, mentres os sacerdotes ofrecen o seu holocausto e as súas ofrendas de paz; e hase postrar xunto á entrada da porta; e despois sairá, pero a porta non será pechada ata a tarde.3Entón o pobo da terra postrarase diante de Iahveh na entrada desta porta, nos días de repouso e nas lúas novas. 4O holocausto que o príncipe ofrecerá a Iahveh no día de repouso será de seis años sen defecto e un carneiro sen tacha. 5E por ofrenda vexetal un efa de flor de fariña para o carneiro, e con cada cordeiro unha ofrenda conforme as súas capacidades, e un hin de aceite co efa.6Pero no día da lúa nova, un becerro sen defecto da vacada, seis años e un cordeiro, que han ser sen defecto. 7Ofrecerá ofrenda vexetal dun efa de flor de fariña co becerro e un efa con cada carneiro, pero cos años, ofrendará segundo as súas capacidades; e un hin de aceite por cada efa. 8E acontecerá que cando o príncipe entre, entrará polo camiño do portal da porta, e sairá polo mesmo camiño.9Pero cando o pobo da terra entre diante da presenza de Iahveh nas festas, o que entre pola porta do norte sairá pola porta do sur; e o que entre pola porta do sur sairá pola porta do norte. Non volverá pola porta pola que entrou, senón que sairá pola de fronte dela. 10E o príncipe entrará cando eles entren, e sairá cando eles saian.11Tamén nas festas e nas reunións solemnes ofrecerá como ofrenda un efa con cada becerro, e un efa con cada carneiro, e polos años segundo as súas capacidades, e un hin de aceite con cada efa. 12Pero cando o príncipe ofreza de xeito voluntario un holocausto ou ofrendas de paz a Iahveh, abriranlle a porta que mira cara o oriente, e ofrecerá o seu holocausto e as súas ofrendas de paz como fai no día de repouso; e despois sairá, e pecharán a porta despois de saír.13E ofrecerás en sacrificio a Iahveh cada día un año dun ano sen defecto; ofreceralo cada mañá. 14E con el ofrecerás cada mañá, ofrenda vexetal: a sexta parte dun efa de flor de fariña e a terceira parte dun hin de aceite, mesturado coa flor de fariña. É a ofrenda vexetal constante a Iahveh, por estatuto perpetuo. 15Deste xeito presentarán o año e a ofrenda vexetal e o aceite cada mañán en holocausto constante.16Así di Iahveh o Señor: Se o príncipe dá parte da súa herdanza aos seus fillos, será deles, pois a súa posesión será por herdanza. 17Pero se dá parte da súa herdanza a algún dos seus servos, seguirá a ser del ata o ano do Xubileo, e volverá a ser do príncipe, porque a herdanza pertenece aos seus fillos. 18O príncipe non tomará nada da herdanza do pobo, para non despoxalo da súa posesión; dará herdanza aos seus fillos da súa propiedade, para que ninguén do meu pobo sexa privado da súa posesión.19Máis tarde levoume pola entrada que estaba cara a porta, aos apousentos santos dos sacerdotes que miraban cara o norte; e vin que había un lugar detrás deles do lado occidental. 20E díxome: -Este é o lugar onde os sacerdotes cociñarán a ofrenda polo pecado e a expiación; alí tostarán a ofrenda vexetal, para que non a saquen ao atrio exterior e santifiquen así o pobo.21Entón levoume ao patio exterior, e fíxome pasar polos catro cantos do atrio; e en cada extremo había un patio. 22Nos catro cantos do atrio había pequenos patios, de corenta cóbados de lonxitude e trinta de ancho. Os catro tiñan unha mesma medida. 23E había un muro arredor deles, arredor dos catro, e fornos debaixo das paredes arredor. 24E díxome: -Estes son os fornos onde os servidores da casa cociñarán os sacrificios do pobo.
1Entón fíxome volver á entrada da casa, e velaí, as augas saían de debaixo da entrada da casa cara o oriente, pois a fachada da casa estaba cara o oriente, e as augas baixaban dende abaixo cara o lado dereito da casa, ao sur do altar. 2Despois sacoume fóra polo camiño da porta do norte, e fíxome dar a volta polo camiño de afora, cara o exterior, polo camiño que mira cara o oriente; e vin que as augas saían do lado dereito.3Cando o home saíu cara o oriente cun cordel na man, mediu mil cóbados, e fíxome pasar polas augas ata os nocellos. 4Mediu outra vez mil cóbados, e fíxome pasar polas augas ata os xeonllos. Mediu outra vez mil, e fíxome pasar polas augas ata os lombos. 5Mediu outros mil, e xa era un río polo que non podía pasar, porque as augas do río medraran de tal xeito que non se podía pasar senón a nado.6E díxome: -Víchelo, fillo de home? Despois levoume e fíxome volver pola beira do río. 7Cando volvín de regreso, vin que había moitas árbores nunha e noutra beira do río. 8E díxome: -Estas augas saen cara a rexión do oriente, e baixarán ao Arabá, e entrarán no mar; e cando entren no mar, as augas recibirán sanidade.9E todo ser vivo que nade por onde entren estes dous ríos, vivirá; e haberá peixes en abundancia porque estas augas entraron alí para que as cousas sexan sandadas; e todo o que entre neste río vivirá. 10E os pescadores estarán xunto ao río, dende En-gadi ata En-eglaím, e halles ser un lugar para extender as súas redes; e os peixes serán de moitas clases, tan abundantes coma os peixes do mar grande.11Pero os seus pantanos e as súas lagoas non serán sandados; serán que quedarán para salinas. 12E nas beiras do río, a unha e outra beira, medrará toda clase de árbores frutíferas; as súas follas non murcharán, nin faltará o seu froito. Brotarán froitos novos todos o meses, porque as augas que os regan saen do santuario; e o seu froito será para alimento, e a súas follas para medicación.13Así di Iahveh: "Estes son os lindes nos que repartiredes a terra en herdanza entre as doce tribos de Israel. Xosé terá dúas partes. 14E habédeslla heredar tanto a un como o outro; porque xurei coa miña man alzada darlla aos vosos pais; así que esta será a terra da vosa herdanza.15Este será o límite da terra cara o lado do norte: dende o mar grande, camiño de Hetlón ata Zedad, 16Hamat, Berota, Sibraim, que está entre o límite de Damasco e o límite de Hamat; e Hazar-haticón, que é o límite de Haurán. 17De xeito que o límite será dende o mar ata Hazar-enán, no límite de Damasco ao norte, e ao límite de Hamat no lado do norte.18Do lado do oriente, entre Haurán e Damasco, con Galaad e a terra de Israel, xunto ao Xordán, ata o mar do oriente. Este será o lado oriental. 19Do lado do sur, cara o sur, dende Tamar ata as augas de Meribá-Cades, ata o arroio e o mar grande. Este será o límite do sur. 20E polo lado occidental o gran mar será o límite dende o lindeiro sur ata fronte a Hamat. Este será o lado occidental.21E repartiredes esta terra entre vós segundo as tribos de Israel. 22E botaredes sortes sobre ela para herdanza entre vós, e entre os estranxeiros que residen entre vós e que enxendren fillos entre vós; e serán para vós coma naturais entre os fillos de Israel; eles botarán sortes con vós para teren herdanza entre as tribos de Israel. 23Na tribo na que habite o estranxeiro, alí darédeslle a súa herdanza, di Iahveh o Señor.
1Estes son os nomes das tribos: dende o extremo norte, polo camiño de Hetlón ata Hamat, Hazar-enán, nos confíns de Damasco, cara o norte, cara Hamat; Dan terá unha parte, dende o lado do oriente ata o occidente. 2Preto do límite de Dan, dende o lado do oriente ata o lado do mar, terá Aser unha parte. 3Preto do límite de Aser, dende o lado do oriente ata o lado do mar, Neftalí, outra.4A beira de Neftalí, dende o lado do oriente ata o lado do mar, Manasés, outra; 5Xunto ao do límite de Manasés, dende o lado do oriente ata o mar, Efraín outra; 6A beira de Efraín, dende o lado do oriente ata o lado do mar: Rubén, outra; 7A beira de Rubén, dende o lado do oriente ata o mar, Xudá, outra.8A beira de Xudá, dende o lado do oriente ata o mar, será a porción que reservaredes de vinte e cinco mil canas de ancho e de lonxitude como calquera das outras partes, é dicir, dende o lado do oriente ata o mar; e o santuario estará no medio dela. 9A porción que reservaredes para Iahveh terá unha lonxitude de vinte e cinco mil canas e dez mil de ancho.10A porción santa que pertencerá aos sacerdotes será de vinte e cinco mil canas ao norte, e de dez mil de ancho ao occidente, e de dez mil de ancho ao oriente, e de vinte e cinco mil de lonxitude ao sur; e o santuario de Iahveh estará no medio dela. 11Os sacerdotes santificados dos fillos de Sadoc, que me gardaron fidelidade, e non se extraviaron cando se extraviaron os fillos de Israel, como se extraviaron os levitas, 12Eles terán como parte santísima a porción de terra reservada, xunto o límite da parte dos levitas.13E a dos levitas, a beira da dos sacerdotes, será de vinte e cinco mil canas de lonxitude e de dez mil de ancho; a súa lonxitude total será de vinte e cinco mil e o se ancho de dez mil. 14E non venderán nada del, nin o cambiarán, nin traspasarán as primicias da terra, porque é consagrado a Iahveh.15E as cinco mil canas de ancho que quedan das vinte e cinco mil, serán profanas para a cidade, para morada e para eixido; e a cidade estará no medio dela. 16Estas serán as súas medidas: ao lado do norte catro mil cincocentas canas, ao lado do sur catro mil cincocentas, ao lado do oriente catro mil cincocentas, e ao lado do occidente catro mil cincocentas.17E o territorio da cidade será de duascentas cincuenta canas ao norte, de duascentas cincuenta ao sur, de duascentas cincuenta ao oriente e de duascentas cincuenta ao occidente. 18E o que quede de lonxitude en fronte da porción santa, dez mil canas ao oriente e dez mil ao occidente, será o que quede da porción santa; será para que sementen os que sirven á cidade.19E os que sirvan á cidade serán de tódalas tribos de Israel. 20Toda a porción reservada de vinte e cinco mil canas por vinte e cinco mil cadrados, reservaredes como porción para o santuario e para a posesión da cidade.21E ao príncipe pertencerá o que sobre dun lado e outro da porción santa e da posesión da cidade, é dicir, diante das vinte e cinco mil canas da porción ata o límite do oriente, e diante das vinte e cinco mil ata o límite occidental; diante das partes ditas será do príncipe; a porción santa estará no medio dela, e o santuario da casa estará nela. 22De xeito que a parte do príncipe estará comprendida dende a porción dos levitas e a porción da cidade, entre o límite de Xudá e o límite de Benxamín.23En canto ao resto das tribos, dende o lado do oriente ata o lado do mar terá Benxamín unha porción. 24A beira de Benxamín, dende o lado oriental ata o mar, Simeón outra; 25A beira de Simeón, dende o lado oriental ata o lado do mar, Isacar; outra. 26A beira de Isacar, dende o lado oriental ata o lado do mar, Zabulón outra;27A beira de Zabulón, dende o lado oriental ata o lado do mar, Gad outra; 28A beira de Gad, ao lado sur, o límite será dende Tamar ata as augas das ribeiras, e dende Cades e o arroio ata o mar grande. 29Esta é a terra que repartiredes por sortes en herdanza ás tribos de Israel, e estas son as súas porcións, di Iahveh o Señor.30Estas son as saídas da cidade: ao lado do norte, catro mil cincocentas canas de medida. 31E as portas da cidade serán segundo os nomes das tribos de Israel: tres portas cara o norte: unha, a porta de Rubén, outra a porta de Xudá e outra a porta de Leví. 32Ao lado do oriente catro mil cincocentas canas, e tres portas: unha, a porta de Xosé, outra a porta de Benxamín, e outra a porta de Dan.33Ao lado do sur, catro mil cincocentas canas de medida, e tres portas: unha, a porta de Simeón, outra a porta de Isacar, e outra a porta de Zabulón. 34E polo lado occidental catro mil cincocentas canas, e as súas tres portas: unha, a porta de Gad, outra a porta de Aser, e outra, a porta de Neftalí. 35Arredor terá dezaoito mil canas. E dende aquel día, o nome da cidade será Iahveh- Sama.
1Palabra de Iahveh que veu a Oseas, fillo de Beeri, nos días de Uzías, Xotam, Acaz e Ezequías, reis de Xudá, e nos días de Xeroboam, fillo de Xoás, rei de Israel. 2Cando Iahveh falou por primeira vez a través de Oseas, o Señor díxolle: anda, toma para ti unha muller prostituta e xera fillos de prostitución; porque a terra prostitúese gravemente /totalmente, abandonando ao Señor.3El foi, entón, e tomou a Gomer, filla de Diblaim; e ela concibiu e deulle a luz un fillo. 4E o Señor díxolle a Oseas: ponlle por nome Xezreel, porque dentro de pouco castigarei á casa de Xehú polo sangue derramado en Xezreel, e porei fin ao reino da casa de Israel. 5E sucederá que naquel día quebrarei o arco de Israel no val de Xezreel.6Ela concibiu outra vez e deu á luz unha filla. E o Señor díxolle: ponlle por nome Lo-ruhamá, porque xa non me compadecerei da casa de Israel, pois non os perdoarei xamais. 7Pero compadecereime da casa de Xudá e salvareinos por Iahveh o seu Deus; e non os salvarei con arco, nin con espada, nin con batalla, nin con cabalos nin con xinetes.8Despois de ter destetado a Lo-ruhamá, ela concibiu e deu a luz un fillo. 9E o Señor díxolle: ponlle por nome Lo-ammí, porque vós non sodes o meu pobo e eu non son o voso Deus.10Pero o número dos fillos de Israel será como a area do mar, que non se pode medir nin contar; e sucederá que no lugar onde lles dixen: non sodes o meu pobo, diráselles: sodes fillos do Deus vivente. 11E os fillos de Xudá e os fillos de Israel reuniranse, e nomearán para sí un só xefe, e xurdirán da terra, porque grande será o día de Xezreel.
1Chamade aos vosos irmáns: Ammí, e ás vosas irmás: Ruhamá.2Loitade coa vosa nai, loitade, porque ela non é a miña muller, e eu non son o seu home; que quite, pois, da súa face as súas prostitucións, e os seus adulterios de entre os seus peitos; 3non sexa que eu a deixe espida completamente e a deixe como o día en que naceu, e a poña como un deserto, a reduza a terra secae a deixe morrer de sede.4E non terei compaixón dos seus fillos, porque son fillos de prostitución, 5pois a súa nai prostituíuse; a que os concibiu deshonrouse, porque dixo: «irei tras os meus amantes,que me dan o meu pan e a miña auga, a miña la, e o meu liño, o meu aceite e a miña bebida».6Polo tanto, cercarei o seu camiño con espiños, e levantarei un muro contra ela para que non atope os seus sendeiros. 7Perseguirá aos seus amantes, pero non os alcanzará; os buscará, pero non os atopará. Entón dirá: «irei e volverei ao meu primeiro home, porque mellor me ía entón que agora».8Pois ela non sabía que era eu o que lle daba o trigo, o mosto e o aceite, e lle prodigaba a prata e o ouro, que eles usaban para Baal. 9Polo tanto, volverei a tomar o meu trigo no seu tempo e o meu mosto na súa sazón.Tamén levarei a miña la e o meu liño que lle dei para que cubrira a súa nudez.10E agora descubrirei a súa vergoña diante dos ollos dos seus amantes, e ninguén a librará da miña man. 11Farei cesar tamén toda a súa alegría, as súas festas, as súas lúas novas, os seus días de repouso, e todas as súas solemnidades.12Devastarei as súas viñas e as súas figueiras, das cales dicía ela: «son a paga que os meus amantes me deron». E convertereinas en toxo, e devoraranas as bestas do campo. 13E castigareina polos días adicados aos Baales cando ela lles ofrecía sacrificios e se adornaba cos seus pendentes e xoias, e ía tras os seus amantes, esquecéndose de min —declara Iahveh.14Polo tanto, seducireina, levareina ao deserto, e falareille ao corazón. 15Dareille as súas viñas desde alí, e o val de Acor por porta de esperanza. E alí cantará como nos días da súa mocidade, como no día en que subiu da terra de Exipto.16Acontecerá naquel día —declara o Señor—que me chamarás Ishí e non me chamarás máis Baalí. 17Porque quitarei da súa boca os nomes dos Baales, e nunca máis serán mencionados polos seus nomes.18Naquel día farei tamén un pacto para eles coas bestas do campo, coas aves do ceo e cos réptiles da terra; quitarei da terra o arco, a espada e a guerra, e farei que eles durman seguros.19Desposareite comigo para sempre; si, desposareite comigo en xustiza e en dereito, en misericordia e en compaixón; 20desposareite comigo en fidelidade, e ti coñecerás ao Señor.21E sucederá que naquel día eu responderei —declara o Señor—,responderei aos ceos, e eles responderán á terra, 22e a terra responderá ao trigo, ao mosto e ao aceite, e eles responderán a Xezreel.23Sementareivos para min na terra, e terei compaixón da que non recibiu compaixón, e direi ao que non era o meu pobo: ti es o meu pobo, e el dirá: ti es o meu Deus.
1Díxome Iahveh : vai outra vez, ama a túa muller amada polo seu marido, e aínda aí, adúltera, tal como Deus ama aos fillos de Israel, aínda que seguen aos deuses e se deleitan con tortas de pasas. 2Compreina, pois, para min por quince siclos de prata e un homer e medio de cebada. 3E díxenlle: vas quedar comigo por moitos días. Non te prostituírás, nin serás doutro home, e eu tamén serei para ti.4Porque por moitos días os fillos de Israel quedarán sen rei e sen príncipe, sen sacrificio e sen piar sagrado, e sen efod e sen ídolos domésticos. 5Despois os fillos de Israel volverán e buscarán a Iahveh, o seu Deus, e a David, o seu rei; e acudirán trémulos (SINÓNIMO TREMENTE) ao Señor e á súa misericordia nos últimos días.
1Escoitade a palabra de Iahveh, fillos de Israel, porque Iahveh ten contenda contra os habitantes da terra, pois non hai fidelidade, nin misericordia, nin coñecemento de Deus na terra. 2Só hai perxurio e mentira; asasinato e roubo; adulterio e libertinaxe. Acontecen homicidio tras homicidio.3Por iso a terra está de loito, e languidece todo morador nelaxunto coas bestas do campo e as aves do ceo; e aínda os peixes do mar desaparecen.4Pero que ninguén acuse e que ninguén reprenda a outro;porque é contigo, sacerdote, con quen estou enfadado; o teu pobo é como os que contenden co sacerdote. 5Tropezarás de día, e tamén tropezará contigo o profeta de noite.6Perecerá a túa patria, porque o meu pobo é destruído por falta de coñecemento. Porque ti rexeitaches o coñecemento, eu tamén te rexeitarei para que non sexas meu sacerdote; como esqueciches a lei do teu Deus, eu tamén me esquecerei dos teus fillos. 7Canto máis se multiplicaron, máis pecaron contra min;cambiaron a miña gloria en vergoña. Cambiarei, pois, a súa gloria en afronta.8Da ofrenda do pecado do meu pobo aliméntanse, e cara á súa iniquidade dirixen os seus desexos. 9Como a do pobo, así será a sorte do sacerdote; castigareinos polo seu proceder, e pagareilles segundo as súas obras.10Comerán, pero non se saciarán; prostituiranse, pero non se multiplicarán, porque deixaron de facer caso a Iahveh.11Para atender á prostitución, o viño e o mosto, que quitan o xuízo. 12O meu pobo consulta ao seu ídolo de madeira, e a súa vara infórmaos; porque un espírito de prostitución os descarreirou,e prostituíronse, apartándose do seu Deus.13Ofrecen sacrificios sobre as cimas dos montes e queiman incenso sobre os outeiros, debaixo dos carballos, os álamos e os terebintos(SINÓNIMO ESCORNACABRAS OU CORNABUDE), porque a súa sombra é agradable. Por iso, as vosas fillas prostituíronse, e as vosas noras cometen adulterio. 14Eu non terei conta das vosas fillas cando se prostitúan nin das vosas noras cando cometan adulterio, porque os homes mesmos retíranse con rameiras e ofrecen sacrificios coas rameiras do culto pagán; así o pobo sen entendemento vai á ruína.15Aínda que ti, Israel, te prostituíras(VER TEMPO DO VERBO), que non se faga culpable Xudá! Tampouco entredes en Guilgal, nin subades a Bet-avén, nin xuredes: Vive Iahveh! 16Posto que Israel é túzaro como vaquiña indómita, vos pastoreará agora o Señor como a un cordeiro nun campo grande?17Efraín uniuse aos ídolos; déixao! 18Acabada a súa borracheira, fíxose rebelión, entregáronse á prostitución; e os seus príncipes aman moito a ignominia. 19O vento envólveos nas súas ás, e avergoñaranse dos seus sacrificios.
1Escoitade isto, sacerdotes, e estade atentos, casa de Israel! Escoitade, casa real! Porque para vós é o xuízo; pois lazo fixestes en Mizpa, e rede estendida sobre o Tabor. 2E os rebeldes profundáronse (AFONDÁRONSE) na perversión; pero eu castigarei (CASTIGAREINOS A TODOS) a todos eles.3Eu coñezo a Efraín, e Israel non se me agocha; porque agora fúcheste a prostituír, Efraín, e contaminouse Israel. 4As súas obras non lles permiten volver ao seu Deus, porque hai un espírito de prostitución dentro deles, e non coñecen a Iahveh.5Ademais, o orgullo de Israel testifica contra el, Israel e Efraín tropezan na súa iniquidade; tamén Xudá tropezará con eles. 6Irán cos seus rabaños e os seus gandos en busca do Señor, pero non o atoparán; porque El retirouse deles. 7Obraron perversamente contra o Señor, porque xeraron fillos ilexítimos. Agora devóraos a lúa nova xunto coas súas herdanzas.8Tocade o shofar en Guibeá, a trompeta en Ramá. Soade alarma en Bet-avén: alerta, Benxamín! 9Efraín será unha desolación no día do castigo; nas tribos de Israel fago saber o que é certo.10Os príncipes de Xudá son como os que moven os lindes;sobre eles derramarei como auga a miña furia. 11Efraín está oprimido, quebrantado en xuízo, porque insistía en seguir mandato de home.12Eu, pois, son como avelaíña para Efraín, e como caruncho para a casa de Xudá. 13Cando Efraín viu a súa enfermidadee Xudá a súa ferida, Efraín foi a Asiria e enviou mensaxe ao rei Xareb; pero el non vos poderá curar, nin a ferida sairá de vós.14Porque Eu serei como león para Efraín, e como cachorro de león para a casa de Xudá. Eu, Eu mesmo, fago presa e voume, levareima e non haberá quen ma quite! 15Ireime e volverei ao meu lugar até que recoñezan o seu pecado e busquen a miña face;na súa angustia me buscarán con dilixencia.
1Vinde, volvamos a Iahveh Pois El nos quebrou pero nos curará; El feriunos, mais vendará a nosa ferida. 2Daranos vida despois de dous días, ao terceiro día levantarémonos e viviremos diante del. 3Coñezámolo pois, esforcémonos por coñecer a Iahveh. A súa saída é tan certa como a aurora, e El virá a nós como a choiva, como a choiva de primavera que rega a terra.4Que farei contigo, Efraín? Que farei contigo, Xudá? Porque a túa lealdade é coma nube matinal, XIADA NÉBOA DA MAÑÁ? e como o orballo, que cedo desaparece. 5Polo tanto, eu despedaceivos por medio dos profetas, fíxenvos morrer coas palabras da miña boca; os xuízos sobre ti son coma a luz que sae.6Porque quero lealdade e non sacrificio e coñecemento de Deus e non holocaustos. 7Pero eles, coma Adán, transgrediron o meu pacto; alí traizoáronme.8Galaad é cidade de malfeitores, chea pegadas de sangue. 9Como bandidos á espreita dun home, É ASI AS BANDAS a banda de sacerdotes que asasinan no camiño a Sicem; cometendo MALDADE EXECRABLE?.10Na casa de Israel vin cousas horribles: alí prostitúese Efraín, alí contamínase Israel. 11Para ti tamén, oh Xudá, hai preparada unha colleita, cando Eu restaure da catividade ao meu pobo.
1Cando eu quería curar a Israel, a iniquidade de Efraín foi descuberta e as maldades de Samaria, porque practican o engano;o ladrón entra, os bandidos rouban polas rúas, 2e eles non consideran no seu corazón que Eu me lembro de toda a súa maldade. Agora os seus feitos arrodéannos, están diante do meu rostro.3Coa súa maldade alegran ao rei, e coas súas mentiras aos príncipes. 4Todos eles son adúlteros; son como forno acendido polo forneiro, que deixa de atizar o lume dende que prepara a masa ata que fermenta. 5Na festa do noso rei, os príncipes enfermaron polo calor do viño; el estendeu a man aos escarnecedores,6pois os seus corazóns son como un forno mentres se achegan á súa emboscada; toda a noite durme a súa ira, pola mañá queima como lapas de lume. 7Todos eles están quentes coma un forno, e devoran aos seus gobernantes; todos os seus reis caeron. Non hai entre eles quen me invoque.8Efraín mestúrase coas nacións; Efraín é como unha torta que non foi virada. 9Estranxeiros devoran a súa forza, e el non o sabe; tamén apareceron cabelos canos, e el non se decata.10Testifica contra el o orgullo de Israel, pero non volveron a Iahveh o seu Deus, nin o buscaron a pesar de todo isto. 11Efraín é como pomba incauta, sen entendemento; chaman a Exipto, acoden a Asiria.12Cando vaian, tenderei sobre eles a miña rede, coma aves do ceo fareinos caer; castigareinos conforme ao anunciado á súa congregación. 13Ai deles, pois de min se aleixaron! Sobre eles virá a destrución, porque contra min se rebelaron; Eu os redimiría, pero eles falan mentiras contra min.14E non claman a min de corazón cando xemen nos seus leitos;xúntanse pola area e o mosto, e afástanse de min. 15Aínda que Eu os adestrei e fortalecín os seus brazos, traman o mal contra min.16Vólvense, pero non cara o Alto(ALTÍSIMO), son como un arco enganoso. Os seus príncipes caerán á espada pola insolencia das súas linguas; isto será o seu escarnio na terra de Exipto.
1Pon a trompeta na túa boca. Como unha aguia ven o inimigo contra a casa do Señor, porque transgrediron o meu pacto, e rebeláronse contra a miña lei! 2Claman a min: Meu Deus, os de Israel coñecémoste! 3Mais Israel rexeitou o ben, o inimigo vaino perseguir.4Eles puxeron reis, pero non elixidos por min; nomearon príncipes, pero sen sabelo eu. Coa súa prata e o seu ouro fixéronse ídolos, para a súa propia destrución. 5El rexeitou o teu becerro, Ó Samaría, dicindo: a miña ira acéndese contra eles. Até cando serán incapaces de acadar a purificación?6Porque de Israel é este tamén; un autor fixo, e El non é Deus;de certo será feito cachos o becerro de Samaría! 7Porque sementan vento, e recollerán tempestades. O trigo non ten espigas, nIn dará gran, e se o dera, tragaríano os estraños.8Israel foi devorado; agora están entre as nacións coma vaso no que ninguén se deleita; 9porque subiron a Asiria e Efraíncoma asno montés solitario, alugou amantes; 10mais aínda que aluguen aliados entre as nacións, agora vounos xuntar, e comezarán a debilitarse a causa da carga dun rei poderoso.11Por canto Efraín multiplicou altares para pecar, en altares para pecar se lle converteron. 12Aínda que lle escribín as grandezas da miña lei, son considerados como cousa allea. Recibíronas coma as dun estraño.13Aínda que inmolen vítimas na miña honra e coman a carne, Iahveh non as aceptará. Lembrarase da súa iniquidade, e castigaraos polos seus pecados: Terán que volver a Exipto. 14Pois Israel esqueceu o seu Facedor e edificou palacios, e Xudá multiplicou cidades fortificadas; pero Eu vou enviar lume ás súas cidades que consumirá os seus pazos.
1Non te alegres, Israel, con gran xúbilo como as nacións, porque te prostituíches, abandonando a teu Deus, E amaches o salario da rameira sobre todas as airas de gran. 2Nin a aira nin o lagar os alimentarán, e o mosto enganaraos.3Non permanecerán na terra do Señor, Iahveh senón que Efraín volverá a Exipto, e en Asiria comerán cousas inmundas. 4Non farán libacións de viño a Iahveh nin lle serán gratos os seus sacrificios. O seu pan seralles como pan de loito, todos os que o coman vanse contaminar, porque o seu pan será só para eles, non entrará na casa de Iahveh.5Que faredes o día da festa grande e o día da festa de Iahveh? 6Pois, se fuxiran por mor da destrución; Exipto recolleraos, Menfis sepultaraos. A ortiga herdará os seus tesouros de prata; e cardos medrarán nas súas tendas.7Chegaron os días do castigo, chegaron os días da retribución;que o saiba Israel! O profeta volveuse tolo, o home inspirado desvaría a causa do teu pecado e pola túa moita hostilidade.8O vidente de Efraín profetiza sen contar con Deus. É unha trampa de furtivo nos seus camiños e hostilidade na casa do seu Deus. 9Corrompeuse profundamente coma nos días de Guibeá; El vaise lembrar da súa iniquidade, castigará os seus pecados.10Como uvas no deserto atopei a Israel; como as primicias da figueira na súa primeira colleita vin a vosos pais. Pero foron a Baal-peor e consagráronse á vergoña, e fixéronse tan abominables como o que amaban.11Como unha ave voará a gloria de Efraín: non haberá nacemento, nin embarazo, nin concepción. 12Aínda que críen aos seus fillos, voullos quitar no medio dos homes. Ai deles cando deles me aparte!13Efraín, segundo Eu vin, é coma Tiro, plantado nunha fermosa pradeira; pero Efraín entregará os seus fillos ao verdugo. 14Dálles, oh Iahveh, que lles darás? Dálles matriz que aborte e peitos secos.15Toda a súa maldade está en Xilgal; alí, pois, aborrecinos. Pola maldade dos seus feitos expulsareinos da miña casa, non os amarei máis; todos os seus príncipes son rebeldes.16Efraín está ferido, a súa raíz está seca E non da froito.Aínda que pairan, ¿? FAREI MORRER o froito do seu ventre. 17O meu Deus vainos descartar porque non o escoitaron, e andarán errantes entre as nacións.
1Israel é un viñedo frondoso, pero da froito para si mesmo; segundo a abundancia do seu froito, así multiplicaba os altares; canto máis rica era a súa terra, máis fermosos facían os seus piares sagrados. 2O seu corazón é infiel; agora serán atopados culpables; o Señor derribará os seus altares e destruirá os seus piares sagrados.3De certo agora dirán: non temos rei, non temos temor a Iahveh. E o rei, que faría por nós? 4Falan palabras baleiras, fan pactos con xuramentos vans, e o xuízo brotará como herbas velenosas nos regos do campo.5Polo becerro de Bet-avén temerán os habitantes de Samaria. En verdade, por el fará loito o seu pobo, e os seus sacerdotes idólatras lamentaranse por el, porque a súa gloria foi levada en cativerio. 6Tamén o becerro será levado a Asiria como tributo ao gran reI; Efraín cubrirase de vergoña, e Israel avergoñarase do seu plan.7Samaria será destruída co seu rei, como unha estilla (ESCUMA?) sobre a superficie das augas. 8Tamén serán destruídos os lugares altos de Avén, o pecado de Israel; espiños(CARDOS) e silveiras medrarán sobre os seus altares. Entón dirán aos montes: cubrídevos!, e aos outeiros: caede sobre nós!9Dende os días de Guibeá pecastes, oh Israel; alí quedaron! Enfrontáronse a min non vos alcanzará en Guibeá a batalla contra os fillos da iniquidade?10Cando eu o desexe, castigareivos; contra os malvados vin para castigalos, os pobos xuntaranse contra eles cando sexan aprisionados pola súa dobre culpa. 11Efraín é unha xovenca domesticada que lle gusta trillar, pero eu pasarei un xugo sobre a súa fermosa cerviz; poñerei xugo a Efraín, arará Xudá, rastrará Xacob por si mesmo.12Sementade para vós segundo a xustiza, segade conforme á misericordia; rompede o barbeito, porque é tempo de buscar a Iahveh ata que veña e faga chover xustiza sobre vós! 13Arastes iniquidade, segaredes inxustiza, e habedes comer froito de mentira. Porque confiastes no voso camiño, na multitude dos vosos guerreiros,14levantarase un tumulto contra o teu pobo, e todas as túas fortalezas serán destruídas, como Salmán destruíu a Bet-arbel o día da batalla, cando as nais foron despedazadas cos seus fillos. 15Así vos será feito en Betel a causa da vosa gran maldade.Ao amencer, o rei de Israel será totalmente destruído.
1Cando Israel era neno, Eu ameino, e de Exipto chamei ao meu fillo. 2Canto máis os chamaba, tanto máis se afastaban deles;seguían sacrificando aos Baales e queimando incenso aos ídolos.3Porén, eu ensineille a Efraín a camiñar, e cargueino no colo;pero eles non comprendían que Eu os estaba a curar. 4Con cordas humanas atraínos, con lazos de amor, e fun para eles como quen levanta o xugo das queixadas; dobreime alimentándoos con tenrura.5Non volverán á terra de Exipto, mais Asiria será o seu rei, porque rexeitaron volverse a min. 6A espada volverase contra as súas cidades, destruirá os seus peches e os consumirá por mor das súas intrigas. 7Pois o meu pobo segue sendo infiel contra min; aínda que o chaman para que se volva ao Altísimo, ninguén o exalta.8Como serei quen de abandonarte, Efraín? Como serei quen de entregarte, Israel? Abandonareite coma a Adma? Tratareite coma a Zeboim? O meu corazón amolece dentro de min, toda a miña compaixón está acendida. 9Non executarei a carraxe da miña ira; non volverei destruír a Efraín. Pois eu son Deus e non home, o Santo en medio de ti, e non virei con furor.10En pos de Iahveh camiñarán, El ruxirá coma un león;De certo ruxirá, e os seus fillos virán estarrecidos dende o occidente. 11De Exipto virán tremendo como paxaros, e da terra de Asiria coma pombas, e eu establecereinos nas súas casas —declara o Señor.12Efraín arrodéame de mentiras, e de engano a casa de Israel; Xudá aínda está lonxe de Deus, e do Santo, quen é fiel.
1Efraín aliméntase do vento, e persegue sen cesar o vento do leste. Multiplica a mentira e a violencia; tamén fan pacto con Asiria, e levan o aceite vai para Exipto. 2Iahveh tamén ten unha loita con Xudá, e castigará a Xacob conforme aos seus camiños; e segundo ás súas obras, pagaralle.3No ventre colleu a seu irmán polo calcaño, e na súa madurez loitou con Deus. 4Si, loitou co anxo e prevaleceu, chorou e pediulle axuda; atopouno en Betel, e alí El falou connosco,5si, Iahveh, o Deus dos exércitos, Iahveh é o seu nome. 6E ti, volve a Deus, practica a misericordia e a xustiza, e agarda sempre ao teu Deus.7Balanza enganosa ten Canaán na súa man; gústalle oprimir. 8E Efraín dixo: Sen dúbida fíxenme rico, adquirín riquezas para min; pero non lle acadarán os seus esforzos para borrar o pecado que cometeu.9Mais eu fun para ti Iahveh teu Deus dende a terra de Exipto; de novo farei que habites en tendas, como nos días da festa sinalada. 10Tamén lles falei aos profetas e multipliquei as visións; e por medio dos profetas falei en parábolas.11Hai iniquidade en Galaad? Sen dúbida son indignos. En Xilgal sacrifican bois, si, os seus altares son como pías de pedra nos regos do campo. 12Mais Xacob fuxiu á terra de Aram, e Israel serviu por unha muller, e por unha muller coidou rabaños.13Por un profeta Iahveh fixo subir a Israel de Exipto, e por un profeta foi gardado. 14Efraín alporizouno amargamente; polo tanto o seu Señor deixará sobre el a súa culpa de sangue, e devolveralle o seu oprobio.(A SÚA DESHONRA)
1Cando Efraín falaba, reinaba o medo; tíñase exaltado a si mesmo en Israel, pero por causa de Baal pecou e morreu. 2E agora continúan pecando: fanse imaxes fundidas, ídolos, con prata de acordo coa súa pericia, todo iso obra de artífices. Diríxense a eles, sacrifícanlles seres humanos e bican aos becerros.3Por tanto, serán como néboa da mañá, e como orballo que axiña desaparece, como palla aventada da eira, e como fume de cheminea.4Mais dende a terra de Exipto Eu son Iahveh teu Deus. Non recoñecerás a outros deuses fóra de min, pois non hai máis salvador que Eu. 5Coidei de ti no deserto, en terra moi seca. 6Pero cando comían os seus pastos, saciáronse, e ao estar saciados, ensoberbecéuselles o corazón; por tanto, esquecéronse de min.7Serei, pois, para eles como león; como leopardo preto do camiño estarei á espreita. 8Como osa privada dos seus cachorros, enfrontareinos e desgarrareilles o peito, e alí devorareinos coma leoa, como os esgazaría unha besta salvaxe.9A túa destrución virá, oh Israel, porque te rebelaches a min, o teu axudador. 10Onde está agora o teu rei para que te salve en todas as túas cidades? E os teus xuíces aos que pediches:Dáme un rei e príncipes? 11Deixeiche rei na miña ira, e quiteino de ti na miña furia.12Atada está a iniquidade de Efraín, ben gardado o seu pecado. 13Dores de parto veñen sobre el; non é un fillo sensato,porque non se colocou a tempo na apertura do ventre.14Liberareinos do poder do Seol? Redimireinos da morte? Onde están os teus espiños(ORIX. PESTILENCIA), oh morte? Onde está, o teu aguillón(ORIX MORTANDADE), Seol?A compaixón estará agochada da miña vista.15Aínda que el floreza entre os xuncais, virá o solano, coma sopro de Iahveh que sobe do deserto, e secará a súa fontee esgotarase o seu manantial; despoxará o seu tesouro de todos os obxectos preciosos.16Samaria será considerada culpable, porque se rebelou contra o seu Deus. E Caerán á espada; os seus fillos serán esnaquizadose abertas as barrigas das súas mulleres preñadas.
1Volve, oh Israel, ao Señor, Iahveh o teu Deus, pois tropezaches caíches por causa da túa iniquidade. 2Procurádevos palabras e volvédevos ao Señor. Dicídelle: quita toda iniquidade, e acéptanos benevolamente, para que poidamos presentar o froito dos nosos beizos.3Asiria non nos salvará, xa non montaremos de a cabalo, e nunca máis diremos: "o noso Deus" ao traballo das nosas mans,pois en ti o orfo atopa misericordia.4Eu curarei a súa apostasía, e amareinos xenerosamente,pois a miña ira afastouse deles. 5Serei como orballo para Israel;florecerá como lirio, e arraigará as súas raíces coma os cedros do Líbano. 6Brotarán os seus brotes, e o seu esplendor será coma o da oliveira, e a súa fragancia coma a dos cedros do Líbano.7Os que moran á súa sombra, cultivarán de novo o trigo e florecerán como a vide. A súa fama será coma a do viño do Líbano. 8Efraín dirá: que teño eu que ver aínda cos ídolos? Eu escoitarei e velarei por El. Dirás: Eu son coma un frondoso ciprés; sempre verde; de min sae o teu froito.9Quen é O sabio que comprende estas cousas? E o intelixente para que as coñeza? Porque rectos son os camiños de Iahveh e os xustos han camiñar por eles; pero os transgresores tropezarán neles.
1Palabra de IaHVeH veu a Xoel, fillo de Petuel. 2Escoitade isto, anciáns, e prestade oído, todos os habitantes da terra. Aconteceu algo así nos vosos días, o nos días dos vosos pais? 3Contádello aos vosos fillos, e os vosos fillos aos seus fillos, e os seus fillos á seguinte xeración.4O que deixou a eiruga, comeuno a lagosta; o que deixou a lagosta, comeuno o pulgón; e o que deixou o pulgón, comeuno o saltón.5Espertade, borrachos é chorade, e xemede todos os que bebedes viño, por mor do viño doce que vos é quitado da boca. 6Porque unha nación subiu contra a miña terra, poderosa e innumerable, os seus dentes son dentes de león, e ten cabeiros de leona. 7Fixo da miña vide unha desolación, e achas da miña figueira. Descortizounas e derrubounas; os seus pámpanos volvéronse brancos.
1Tocade trompeta en Sión, e sonade alarma no meu santo monte. Treman todos os habitantes da terra, porque vén o día de IaHVeH, porque está preto, Como o amencer sobre os montes, esténdese un pobo grande e poderoso; nunca houbo nada igual, nin o haberá mais adiante por anos de moitas xeracións. Salga o noivo do seu dormitorio e a noiva do seu cuarto.
1Porque naqueles días e naquel tempo, cando eu restaure o benestar de Xudá e Xerusalén, 2xuntarei a todas as nacións, e baixarán ao val de Iosafat. E alí entrarei en xuízo contra elas polo meu pobo e da miña herdanza, Israel, a quen espallaron entre as nacións e repartiron a miña terra.
1Palabra de Amós, que foi un dos pastores de Tecoa, sobre o que viu en visión acerca de Israel en días de Uzías, rei de Xudá, e en días de Xeroboam, fillo de Ioás, rei de Israel, dous anos antes do terremoto. 2El dixo: Iahveh roxe desde Sion, e desde Xerusalém dá a súa voz; os pasteiros dos pastores están de dó e sécase o cumio do Carmelo.3Así di Iahveh: Por tres transgresións de Damasco, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque esmagaron a Galaad con mallas de ferro. 4Por iso mandarei fogo sobre a casa de Hazael, e devorará os pazos de Benadad.5Tamén romperei o ferrollo de Damasco, esterminarei o habitante do val de Avén e ao que empuña o cetro desde Bet-edén, e o pobo de Aram será desterrado a Kir- di Iahveh.6Así di Iahveh: Por tres transgresións de Gaza, e por catro, non revogarei o seu castigo, por ter deportado un pobo enteiro para entregarllo a Edom. 7Mandarei, pois, fogo sobre a muralla de Gaza e devorará os seus pazos.8Tamén exterminarei ao habitante de Asdod e ao que empuña o cetro de Ascalón; desatarei o meu poder sobre Ecrón, e o resto dos filisteos perecerá, di Iahveh Eloim.9Así di Iahveh: Por tres transgresións de Tiro, e por catro, non revogarei o seu castigo, por ter entregado cativo un pobo enteiro a Edom sen lembrar o pacto de irmáns. 10Mandarei, pois, fogo sobre a muralla de Tiro e devorará a súa fortaleza.11Así di Iahveh: Por tres transgresións de Edom, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque con espada perseguiu ao seu irmán e suprimiu a súa compaixón; a súa ira continuou a esmagar e mantivo a súa furia para sempre. 12Por iso enviarei fogo sobre Temán, que consumirá os pazos de Bosra.13Así di Iahveh: Por tres transgresións dos fillos de Amón, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque abriron os ventres das mulleres embarazadas de Galaad para ensanchar as súas fronteiras.14Prenderei, pois, lume na muralla de Rabá e consumirá os seus pazos con berros de guerra no día da batalla, con tempestade no día da tormenta; 15o seu rei irá ao desterro, el e os seus príncipes con el -- di Iahveh.
1Así di Iahveh: Por tres transgresións de Moab, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque queimou os ósos do rei de Edom ata calcinalos.2Enviarei pois, fogo sobre Moab, que consumirá os pazos de Queriot, e Moab morrerá no tumulto, con berros de guerra e son de trompeta. 3Tamén destruirei o seu xuíz e matarei a todos os seus príncipes xuntamente con el- di Iahveh.4Así di Iahveh: Por tres transgresións de Xudá, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque desbotaron a lei de Iahveh e non gardaron os seus estatutos; tamén as súas mentiras fixéronlles errar, tras as cales andaron os seus pais. 5Enviarei, pois, fogo sobre C¡Xudá, e consumirá os pazos de Xerusalém.6Así di Iahveh: Por tres transgresións de Israel, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque venden ao xusto por diñeiro e ao necesitado por un par de sandalias.7Os que esmagan no pó da terra a cabeza dos desvalidos, tamén torcen o camiño dos humildes. Un home e o seu pai déitanse coa mesma moza profanando o meu santo nome. 8Déitanse sobre roupas empeñadas xunto a calquera altar, e beben o viño dos que foron multados na casa do seu Deus.9Eu destruín diante deles ao amorreo cuxa altura era como a altura dos cedros e era forte como as aciñeiras; destruín o seu froito por arriba e a súa raíz por abaixo. 10E a vós, saqueivos da terra de Exipto e guieivos polo deserto durante corenta anos para que tomarades posesión da terra dos amorreos.11E levantei profetas de entre os vosos fillos e nazareos de entre os vosos mozos. Non é así, fillos de Israel?-- di Iahveh. 12Mais vós fixestes beber viño aos nazareos e ordenastes aos profetas dicindo: Non profeticedes.13Velaquí, eu esmagareivos coma un carro cheo de monllos. 14E o home rápido errará na súa fuga e o forte non reforzará o seu poder, nin o valente salvará a súa vida.15O arqueiro non resistirá, o corredor non escapará, nin o que monta a cabalo salvará a súa vida. 16E mesmo o máis intrépido dos valentes fuxirá espido ese día-- di Iahveh.
1Oíde esta palabra que Iahveh falou contra vós, fillos de Israel, contra toda a familia que fixo subir da terra de Exipto, dicindo: 2Só a vós escollín de todas as familias da terra; por iso castigareivos por todas as vosas iniquidades.3Andan dous homes xuntos se non se puxeron de acordo? 4Ruxe o león na selva sen ter presa? Rosma un leonciño desde a súa guarida sen ter apañado algo?5Cae unha ave nunha trampa no chan se non hai carnada nela? Levántase a trampa do chan se non ten atrapado algo? 6Se toca a trompeta na cidade, non tremerá o pobo? Se ocorre unha calamidade na cidade, non a provocou Iahveh?7En verdade Adonai non fai nada sen revelar o seu segredo aos seus servos os profetas. 8Ruxiu un león, quen non temerá? Falou Adonai, quen non profetizará?9Proclamade nos pazos de Asdod e nos pazos da terra de Exipto, e decide: reunídevos nos montes de Samaria e mirade os grandes tumultos dentro dela e a opresión no seu medio. 10Non saben facer o recto-- declara Iahveh-- os que acumulan violencia e destrución nos seus pazos.11Por tanto, así di Iahveh: Un inimigo, rodeando a terra, destruirá o teu poder e os teus pazos serán saqueados. 12Así di Iahveh: como o pastor rescata da boca do león dúas patas ou un anaco de orella, así serán rescatados os fillos de Israel que moran en Samaria, na esquina dunha cama, e no damasco dun sofá.13Oíde e testificade contra a casa de Jacob-- declara Iahveh, o Deus dos exércitos. 14Porque o día que eu castigue as transgresións de Israel, castigarei tamén os altares de Betel; os cornos do altar serán cortados e caerán ao chan.15Derrubarei a casa de inverno xunto coa casa de verán; tamén perecerán as casas de almafí, e moitas casas serán destruídas - declara Iahveh.
1Oíde estas palabras, vacas de Basán, vós que estades no monte de Samaria, que oprimides aos pobres, que quebrantades aos necesitados, e dicides aos vosos maridos: "Traede agora, para que bebamos". 2O Señor Iahveh xurou pola súa santidade: "Velaquí, veñen sobre vós días nos que vos levarán con garfios, e ao voso remanente con anzois".3Sairedes polas brechas, unha trala outra, e seredes expulsadas ao Harmón-- declara Iahveh.4Entrade en Betel e pecade, multiplicade en Gilgad as transgresións; traede os vosos sacrificios cada mañá, os vosos décimos cada tres días. 5Ofrecede tamén pan levedado como ofrenda de gratitude e proclamade ofrendas voluntarias, dádeas a coñecer, xa que así vos peta, fillos de Israel - declara o Señor Iahveh.6Eu tamén vos deixei dentes limpos en todas as vosas cidades, e deixei faltar o pan en todos os vosos lugares; pero vós non vos volvestes a min - declara Iahaveh. 7E ademais retín de vós a chuvia cando aínda faltaban tres meses para a colleita, fixen chover sobre unha cidade e sobre outra non; nunha parte chovía, e onde non chovía secou.8Así que de dúas ou tres cidades marchaban cambaleando a outra cidade para beber auga, e non se saciaban; pero non volvestes a min --declara Iahveh. 9Ferinvos con vento abrasador e tizón; e a eiruga devorou as vosas hortas e viñas, as vosas figueiras e oliveiras; pero non volvestes a min, declara Iahveh.10Enviei unha praga contra vós, como a praga de Exipto, matei os vosos mozos a espada, xunto cos vosos cabalos capturados, e fixen subir ata os vosos narices o fedor do voso campamento; pero non vos volvestes a min-- declara Iahveh. 11Destruínvos como Deus destruíu Sodoma e Gomorra, e fostes como tizón arrincado da fogueira; pero non volvestes a min - declara Iahveh.12Por tanto, así farei contigo, Israel; e porque che hei de facer isto, prepárate para atoparte co teu Deus , ó Israel. 13Pois velaquí o que forma os montes, crea o vento e declara ao home cales son os seus pensamentos, o que da alba fai tebras e camiña sobre as alturas da terra: Iahveh, Deus dos exércitos, é o seu nome.
1Ouvide esta palabra que eu pronuncio como lamentación sobre vós, casa de Israel. 2A virxe de Isarel caeu, non se levantará máis; abandonada xace na súa terra, non hai quen a levante.3Porque así di o Señor Iahveh: "A cidade que sae con mil, quedará con cen; e a que sae con cen, quedará con dez, na casa de Israel.4Porque así di Iahveh á casa de Israel: Buscádeme e viviredes. 5Pero non busquedes a Betel, nin vaiades a Gilgal, nin pasedes a Beerseba; porque con toda verdade Gilgal será levada cativa, e Betel caerá en desgraza.6Buscade a Iahveh e viviredes, non sexa que El saia como lume, ó casa de Xosé, e consuma a Betel sen que haxa quen o apague; 7e consuma aos que converten o xuízo en asente e botan por terra a xustiza.8Quen fixo as Pléiades e o Orión, muda as densas tebras en albor e escurece o día en noite; quen chama as augas do mar e as derrama sobre a face da terra: Iahveh é o seu nome. 9El é quen desata destrución sobre os fortes e fai que a ruína veña sobre a fortaleza.10Eles odian na porta ao que reprende, e aborrecen ao que fala con integridade. 11Xa que impoñedes fortes impostos ao pobre e lle esixides tributos de gran, non habitaredes nas casas de pedra labrada que edificastes; plantastes viñas escollidas pero non beberedes o seu viño.12Pois eu sei que son moitas as vosas transgresións e graves son os vosos pecados: oprimides ao xusto, aceptades suborno, e rexeitades aos pobres na porta. 13Polo tanto, o prudente cala nese tempo, porque é un tempo malo.14Buscade o bo e non o malo para que vivades; e Iahveh, Deus dos exércitos, estará convosco, tal e como dixestes. 15Rexeitade o mal, amade o ben, e establecede a xustiza na porta. Quizais Iahveh, Deus dos exércitos, sexa misericordioso co remanente de Xosé.16Por tanto, así di Iahveh, Adonai Deus dos exércitos: En todas as prazas hai pranto, e en todas as rúas din: Ai! Ai! Chaman a dó ao labrego, e a lamentación aos que saben carpir. 17En todas as viñas haberá pranto porque pasarei polo medio de ti - di Iahveh.18Ai dos que devecen polo día de Iahveh! De que vos servirá o día de Iahveh? Será tebras e non luz; 19como cando un home foxe dun león, e se atopa cun oso, ou vai para a casa, apoia a man na parede, e unha serpe o morde. 20Non será tebras o día de Iahveh e non luz, escuridade e non resplandor?21Aborrezo e detesto as vosas festas, non me agradan as vosas asembleas solemnes. 22Aínda que me ofrezades holocaustos e as vosas ofrendas de gran, non os aceptarei; nin mirarei as ofrendas de paz de vosos animais cebados.23Afasta de min o ruído dos teus cantos, pois non escoitarei nin a música das túas arpas. 24Pero corra o xuízo como as augas e a xustiza como regato inesgotable.25Acaso ofrecestes sacrificios e ofrendas de cereal no deserto durante corenta anos, casa de Isarel? 26Mais ben levastes a Sicut, o voso rey, e a Quiyún, os vosos ídolos, a estrela dos vosos deuses que fixestes para vós.27Eu fareivos, pois, deportar máis alá de Damasco-- di Iahveh, cuxo nome é Deus dos exércitos.
1Ai daqueles que viven tranquilos en SIón, daqueles que se senten seguros no monte de Samaria, os notables das principais nacións, aos que acode a casa de Israel. 2Pasade a Calne e mirade, e de alí ide a Hamat a grande, descendede logo a Gat dos filisteos. Sodes vós mellores que estes reinos, ou é o seu territorio maior que o voso?3Afastades o día de calamidade e achegades o trono de violencia? 4Os que se deitan en camas de marfil, os que se deitan sobre os seus leitos, comen cordeiros do rabaño e xatos do medio da corte.5Os que improvisan ao son da arpa e, como David, compuxeron cantos para si; 6que beben viño en cuncos do altar e se unxen cos óleos máis finos, pero non se lamentan pola ruína de Xosé.7Por iso agora eles irán ao exilio á fronte dos desterrados; e os banquetes dos disolutos rematarán. 8Xurou o Señor Iahveh por si mesmo, declarou Adonai, Deus dos exércitos: aborrezo a arrogancia de Xacob, e detesto os seus palacios; por tanto entregaréi a cidade e todo o que hai nela.9E acontecerá que se dez homes quedan nunha mesma casa, morrerán. 10Entón o seu tío ou o seu incinerador, despois de retirar os corpos da casa , dirá a quen está ao fondo da casa: "Está alguén máis contigo?", e este responderá: Ninguén. Entón aquel dirá: "Cala, porque non se debe mencionar o nome de Iahveh".11Porque velaquí, Iahveh ordenará que a casa grande sexa reducida a cascotes e que a casa pequena sexa feita anacos.12Corren os cabalos pola pena? Árase nela con bois? Porque vós convertestes o dereito en veleno, e o froito de xustiza en amargura. 13Vós que vos alegrades por Lo-debar, que dicides: "Non tomamos para nós Carnáyim coa nosa propia forza?"14Pois velaquí, levantarei contra vós , ó casa de Israel -- declara Iahveh, Deus dos exércitos-- unha nación que vos aflixirá desde a entrada de Hamar ata o regato do Arabá.
1Isto é o que o Señor Iahveh me mostrou: Velaquí que El formou enxame de saltóns cando comezaba a brotar a colleita de primavera. E velaquí, a colleita de primavera era despois da sega do rei. 2E sucedeu que cando terminaran de devorar a herba da terra, eu dixen: Señor Iahveh, rógoche que me perdoes, como poderá resistir Iacob se é tan pequeno? 3Apiadouse Iahveh disto: Non sucederá-- dixo Iahveh.4Isto é o que o Señor Iahveh me mostrou: Velaquí o Señor Iahveh chamaba para xulgalos con fogo, e consumiu o gran abismo e comezou a consumir o campo. 5Entón dixen: Señor Iahveh, para, rógoche. Como poderá resistir Iacob se é tan pequeno? 6Tivo piedade Iahveh disto: Isto tampouco sucederá-- dixo o Señor Iahveh.7Isto é o que El me mostrou: Velaquí, Adonai estaba xunto a un muro feito de chumbo e tiña na súa man unha chumbada. 8E díxome Iahveh: "Que ves Amós?" E eu respondín: Unha chumbada. Entón dixo Iahveh: Velaquí, poñerei unha chumbada no medio do meu pobo Israel. Xa non volverei deixalos sen castigo.9Os lugares altos de Isaac serán asolados e os santuarios de Israel destruídos; e eu levantareime con espada contra a casa de Xeroboam.10Entón Amasías , sacerdote de Betel, enviou palabra de Xeroboam, rei de Israel, dicindo: Amós conspira contra ti no medio da casa de Israel; a terra xa non pode soportar tódalas súas palabras. 11Porque así di Amós: Xeroboam morrerá a espada en verdade Israel sairá da súa terra en catividade.12Amasías dixo a Amós: " Vaite, vidente, fuxe á terra de xudá, come alí pan e alí profetiza; 13pero en Betel non volvas profetizar máis, porque é santuario do rei e residencia real.14Entón respondeu Amós e dixo a Amasías: "Eu non son profeta, nin fillo de profeta, senón que son gandeiro e cultivador de sicómoros". 15Pero Iahveh colleume cando pastoreaba o rabaño e díxome: Vai, profetiza ao meu pobo Israel.16Agora, pois, escoita a palabra de Iahveh: Ti dis: "Non profetices contra Israel nin fales contra a casa de Isaac". 17Por tanto, así di Iahveh: "A túa muller prostituirase na cidade, os teus fillos e fillas caerán a espada, a túa terra será repartida a cordel, e ti morrerás en terra inmunda. Con toda verdade Israel sairá da súa terra en catividade".
1Isto é o que o Señor Iahveh me mostrou: Velaquí unha canastra de froita de verán, 2e El dixo: Que ves Amós? E respondín: Unha cesta de froita de verán. Entón díxome Iahveh: "Chegou o fin para o meu pobo Israel. Xa non volverei deixalos sen castigo. 3Os cantos do palacio converteranse en xemido naquel día-- declara Iahveh. Moitos serán os cadáveres; en todo lugar botaranos fóra en silencio".4Oíde isto, os que escarnecedes aos necesitados, e queredes exterminar aos pobres da terra, 5dicindo: "Cando pasará a lúa nova para vender o gran e o día de repouso para abrir o mercado de trigo, encoller o efa, aumentar o siclo e enganar con balanzas falsas; 6para comprar por diñeiro aos desvalidos e a os pobres por un par de sandalias e vender os desperdicios do trigo?"7Iahveh xurou polo orgullo de Iacob: "De verdade, nunca esquecerei das túas obras". 8Non tremerá por isto a terra e fará loito todo aquel que habita nela? Subirá toda ela como o Nilo, axitarase e minguará como o Nilo de Exipto.9Iso sucederá naquel día- di o Señor Iahveh- eu farei que o sol se poña ao mediodía e que a terra se escureza en pleno día.10Entón cambiarei as vosas festas en pranto e todas as vosas cancións en lamento; porei cilicio sobre todo lombo e calvicie sobre toda cabeza: farei que sexa como dó por fillo único, e o seu fin , como día de amargura.11Velaquí veñen días - declara o Señor Iahveh- en que enviarei fame sobre a terra, non fame de pan, nin sede de auga, senón de ouvir as palabras de Iahveh. 12E vagarán de mar a mar, e do norte ao oriente; andarán de aquí cara alá na procura da palabra de Iahveh, pero non a atoparán.13Naquel día as mozas fermosas e os mozos desfalecerán de sede. 14Os que xuran polo pecado de Samaria e din: "Viva o teu deus ó, Dan" e "Viva o camiño de Beerseba", caerán e nunca máis se levantarán.
1Eu vin a Adonai en pé xunto ao altar, e díxome: Bate nos capiteis e que se estremezan os limiares e rómpeos sobre as cabezas de todos. Entón matarei a espada ao resto deles; non haberá entre eles fuxitivo que fuxa, nin refuxiado deles que escape. 2Aínda que caven ata o Seol, de alí tomaraos a miña man; e aínda que suban ata o ceo, de alí fareinos baixar.3Aínda que se encondan no cumio do Carmelo, alí buscareinos e tomareinos; aínda que se agochen dos meus ollos no fondo do mar, alí ordenarei á serpe que os morda. 4Aínda que vaian en cativerio diante dos seus inimigos, alí ordenarei á espada que os mate, e porei sobre eles os meus ollos para mal e non para ben.5Iahveh, Deus dos exércitos: o que toca a terra e ela se derrete, e laméntanse todos os que nela habitan, sobe toda ela como o Nilo e mingua como o Nilo de Exipto; 6o que edifica nos ceos seus altos apousentos, e sobre a terra estableceu a súa bóveda; o que chama ás augas do mar e as derrama sobre a faz da terra: Iahveh é o seu nome.7Non sodes vós para min como fillos de Etiopía, ó fillos de Israel? - Declara Iahweh. Non fixen eu subir a Israel da terra de Exipto e aos filisteos de Caftor e aos arameos de Kir? 8Velaquí, os ollos do Señor Iahweh están sobre o reino pecador, e eu destruireino de sobre a face da terra; con todo, non o destruirei totalmente á casa de Xacob.- declara Iahweh.9Porque, velaquí, eu darei un mandato, e sacudirei a casa de Israel de entre todas as nacións, cono se axitan os grans na peneira, sen que caia nin un gran na terra. 10Todos os pecadores do meu pobo morrerán a espada, os que din: "Non nos alcanzará nin se nos achegará a desgraza".11Naquel día levantarei o tabernáculo caído de David, repararei as súas fendas, levantarei as súas ruínas e o reedificarei como en tempo pasado, 12para que tomen posesión do remanente de Edom e de todas as nacións onde se invoca o meu nome.- declara Iahweh, que fai isto.13Velaquí, veñen días - declara Iahweh- cando o arador alcanzará ao segador, e o que pisa a uva ao que sementa a semente; cando destilarán viño doce os montes, e todos os outeiros se derreterán.14Restaurarei o benestar do meu pobo Israel, e eles reedificarán as cidades arrasadas e habitarán nelas; tamén plantarán viñas e beberán o seu viño, e cultivarán hortos e comerán os seus froitos. 15Plantareinos na súa terra, e non serán arrincados xamais da terra que lles dei —di Iahveh o teu Deus.
1Visión de Abdías. Así di o Señor Deus acerca de Edom: Oímos unha mensaxe do Señor, e un mensaxeiro foi mandado ás nacións, dicindo: Levantémonos e ergámonos contra el na batalla. 2Velaí, fareite pequeno entre as nacións; desprezado es en gran maneira.3A soberbia do teu corazón enganoute, ti que vives nas fendas da rocha, nas alturas da túa morada, que dis no teu corazón: Quen me derrubará por terra? 4Aínda que te remontes como a aguia, e aínda que entre as estrelas poñas o teu nido, de alí derrubareite - declara o Señor.5Se viñeran a ti ladróns ou asaltantes de noite (como quedarías arruinado!), non roubarían ata que lles chegara? Se viñesen a ti vendimadores, non deixarías rebuscos? 6Como será escrutado Esaú, e rebuscados os tesouros escondidos!7Ata a fronteira te botarán todos os teus aliados; enganarante, dominarante os que están en paz contigo; os que comen o teu pan tenderán emboscada contra ti. (Non hai entendemento nel.) 8Non desfarei naquel día - declara o Señor - ós sabios de Edom e o entendemento do monte de Esaú? 9Entón os teus valentes serán atemorizados , ó Temán, de xeito que todo home será cortado do monte de Esaú con morte violenta.10Pola violencia contra o teu irmán Xacob, cubrirate a vergoña, e serás cortado para sempre. 11O día que te puxeches a un lado, o día no que estranos levaban a súa riqueza, e estranxeiros entraban pola súa porta e sobre Xerusalén botaban sortes, ti tamén eras coma un deles.12Non te alegres no día de teu irmán, no día do seu exterminio; non te alegres dos fillos de Xudá no día da súa destrución, si, non presumas no día da súa angustia. 13Non entres pola porta do meu pobo no día da súa ruína. Si, non te alegres ti da súa desgraza no día da súa ruína; non te apoderes das súas riquezas no día da súa ruína. 14Non fiques na encrucillada para exterminar os seus fuxitivos, e non entregues os seus sobrevivintes no día da súa angustia.15Porque se achega o día do Señor sobre as nacións. Como ti fixeches, che farán, as túas accións recaerán sobre a túa cabeza. Beberán e tragarán, e serán como si non houberan sido.
Xonás foxe de Iahveh. 1Veulle palabra de Iahveh a Xonás, fillo de Amitai, dicindo: 2érguete e vai a Nínive, a gran cidade, e proclama contra ela: porque a súa maldade chegou ata min. 3Pero Xonás ergueuse para fuxir de Iahveh a Tarsis, lonxe da presenza de Iahveh. E baixando a Xope, atopou un barco que ía para Tarsis, pagou o billete, e entrou nel para ir con eles a Tarsis, lonxe da presenza de Iaveh.4E Iahveh levantou un forte vento no mar, e houbo unha tempestade tan grande no mar que o barco parecía que ía romper. 5Os mariñeiros tiñan medo e cada un clamaba o seu deus; e botaron ao mar a carga que había no barco para alixeiralo. Pero Xonás baixara á bodega do barco, deitarase e estaba profundamente durmido.6O capitán achegouse a el e díxolle: Como é que estás a durmir? Érguete, chama ao teu Deus! Pode que Deus pense en nós e non morramos. 7E cada un díxolle ao seu compañeiro: Vide, botemos sorte para saber por quen nos viu esta desgraza. E botaron sortes, e a sorte caeu sobre Xonás.8Entón dixéronlle: Dinos agora por quen nos ven esta desgraza. Que fas, e de onde vés? Cal é o teu país, e de que pobo es? 9El respondeulles: son hebreo, e temo a Iahveh Deus do ceo, que fixo o mar e a terra. 10Os homes tiñan moito medo e dixéronlle: Que é isto que fixeches? Porque sabían que fuxía da presenza de Iahveh, por mor do que lles declarara.11Entón dixéronlle: Que faremos contigo para que o mar non estea bravo o noso redor? Pois o mar estaba cada vez mais duro. 12E díxolles: Collédeme e botádeme ao mar, e o mar calmarase a voso redor, xa que sei que esta gran tempestade veu sobre vos pola miña causa. 13Os homes puxéronse a remar con forza para volver a terra , pero non puideron, xa que o mar seguía arremetendo contra eles.14Entón invocaron a Iahveh, e dixéronlle: Rogámosche, oh Iahveh, non permitas que perezamos agora pola vida deste home, e non permitas que carguemos coa culpa da súa morte; pois ti, Iahveh, fixeches o que quixeches. 15Colleron, a Xonás e botárono ao mar; e o mar parou na súa furia. 16E aqueles homes temeron moito a Iahveh; fixeron sacrificio a Iahveh e fixéronlle votos.17E Iahveh dispuxo un gran peixe para tragar a Xonás; e Xonás estivo no ventre do peixe tres días e tres noites.
Oración de Xonás. 1Entón orou Xonás a Iahveh, o seu Deus, dende o ventre do peixe 2e dixo: clamei a Iahveh na miña angustia, e Él respondeume. Dende o seo do Seol pedín axuda e escoitaches a miña voz;3pois tiráchesme ao profundo , no corazón dos mares, e as correntes rodeábanme ; todas as túas encrespadas olas e as túas ondas pasaron sobre min. 4Entón dixen: "Fun expulsado de diante dos teus ollos; porén volverei mirar cara o teu santo templo".5As augas rodeáronme ata a miña alma, o gran abismo envolveume, as algas enredáronse na miña cabeza. 6Descendín ata as raíces dos montes, a terra cos seus cerroxos cercáronme para sempre; pero ti sacaches da fosa da miña vida, oh, Iahveh, Señor meu.7Cando desmaiaba a miña alma, de Iahveh me lembrei; a miña oración chegou ata ti, ata o teu santo templo.
Nínive arrepíntese. 1A palabra de Iahveh veu por segunda vez a Xonás, dicindo: 2érguete, vai a Nínive, a gran cidade, e proclama nela a mensaxe que eu che direi. 3E ergueuse Xonás e foi a Nínive segundo a palabra de Iahveh. E Nínive era unha cidade moi grande, unha viaxe de tres días.4Xonás comezou a recorrer a cidade, durante un día, e predicaba dicindo: Dentro de corenta días Nínive será destruída. 5E os habitantes de Nínive creron no Señor, e proclamaron aiuno, e vestíronse de cilicio dende o maior ata o menor deles.6Cando a noticia chegou ao rei de Nínive, ergueuse do seu trono, quitou o manto, cubriuse de cilicio e sentou sobre cinza. 7E fixo que se proclamase e aunciase en Nínive, por decreto do rei e dos seus nobres , dicindo: Nin homes nin bestas, nin bois nin ovellas coman cousa algunha; non pasten nin beban auga,8os homes e animais cúbranse de cilicio, e clamen ao Señor con forza, e que cada un se volva do seu mal camiño e da violencia que ten nas súas mans. 9Quen sabe! Ao mellor Deus se volva, se arrepinta e aparte a feroz ira e non morramos.10E o Señor viu o que facían, como se apartaran do seu mal camiño; entón o Deus arrepentiuse do mal que dixera que lles faría, e non o fixo.
Queixa de Xonás e resposta do Señor. 1Pero isto disgustou moito a Xonás en gran maneira, e enfadouse. 2E orou a Iahveh e dixo: Ah Iahveh! Non era isto o que dixen cando aínda estaba na miña terra? Por iso me apresurei a fuxir a Tarsis, poque eu sabía que ti es un Señor clemente e compasivo, lento para a ira e rico en misericordia, e que te arrepintes do mal con que ameazas. 3E agora, Iahveh, rógoche que me quites a vida, porque mellor heme a morte que a vida.4E Iahveh dixo: Tes acaso razón para enoxarte tanto? 5Entón Xonás saíu da cidade e sentouse no Oriente da mesma. Alí fixo un pendello e sentou debaixo del á sombra, ata que viu o que pasaba na cidade.6E fixo Iahveh que unha planta crecera sobre Xonás para que fixera sombra sobre a súa cabeza e o librara do seu malestar. E Xonás foi moi feliz pola planta. 7Pero o Señor dispuxo que un verme atacase a planta ao amencer do día seguinte, e secou.8E aconteceu que cando saíu o sol, Deus ordenou un sofocante vento do leste, e o sol feriulle a cabeza e él desfallecía, e desexaba con toda a súa alma morrer, dicindo: mellor me é a morte que a vida. 9Entón Deus díxolle a Xonás: tes motivos para anoxarte por mor dunha planta? E el respondeu: Teño motivos para enoxarme ata a morte.10E dixo Iahveh: Ti te apiadas da planta pola que non traballaches nin fixeches crecer, que naceu nunha noite e nunha noite morreu, 11E non debería ter eu piedade de Nínive, a gran cidade, na que hai mais de cento vinte mil persoas que non saben distinguir entre a súa dereita e a súa esquerda, e tamén moitos animais?
1A Palabra de IaVHeH veu sobre Miqueas de Moréset nos días de Iotam, Acaz e Ezequías, reis de Xudá; o que viu sobre Samaria e Xerusalén.2Escoitade, todos os pobos, escoita terra e todo o que hai en ti; que IaVHeH Deus sexa testemuña contra vós, IaVHeH dende o seu santo templo. 3Velaquí, IaVHeH sae do seu lugar, e descenderá e pisará as alturas da terra. 4Debaixo del derreteranse os montes, e os vales serán fendidos, como a cera diante do lume, como as augas vertidas por unha ladeira.5Todo isto por mor da rebelión de Xacobe e polos pecados da casa de Israel. Cal é a rebelión de Xacobe? Non é Samaria? Cal é o lugar alto de Xudá? Non é Xerusalén?6Por iso farei de Samaria unha pila de ruínas no campo, lugares para plantar viñedos, espallarei as súas pedras no val, e porei o descuberto os seus cimentos. 7Todos os seus ídolos serán destruídos, e todas os seus beneficios serán queimados polo lume e devastarei todas as súas imaxes, porque xuntounas de beneficios da rameira, e os beneficios da rameira volverán.8Por iso lamentareime e xemerei, andarei descalzo e espido, ouvearei coma chacais e lamentos coma avestruces 9porque a súa ferida é incurable pois chegou ata Xudá; achegouse á porta do meu pobo, ata Xerusalén. 10En Gat non o anunciedes, tampouco choredes, en Bet-le-afrá , roda no po.11Vai á catividade habitante de Safir, en vergoñenta nudez . A que vive en Zaanán non escapa. O lamento de Bet-esel é que vos quitará o seu apoio. 12Porque a que vive en Marot está debilitada pola espera do ben debilítase esperando o ben a qeu mora en Marot porque a calamidade baixou de IaVHeH á porta de Xerusalén.
1Ai dos que planean a iniquidade, os que trama o mal nas súas camas! De madrugada será executado, porque está no poder das súas mans. 2Cobizan os campos e apodéranse deles, casas e tómanas. Rouban ó dono da casa, ó home e a súa herdanza.3Por iso, así di IaVHeH, velaquí estou pensando traer contra esta familia un mal do que non libraredes o pescozo, nin andaredes erguidos porque será un mal tempo. 4Naquel día dirase contra vos un refrán, e profetizarase un amargo lamento, dicindo: “Fomos totalmente destruídos; El cambiou a porción do meu pobo. Como ma quitou! Dividiu os nosos campos entre os infieis. 5Polo tanto, non haberá ninguén que vos vote o cordel no sorteo na asemblea de IaVHeH.6“Non profeticedes” din e profetizan. Aínda que eles non profeticen sobre estas cousas, os reproches non serán retidos. 7Non se di, oh casa de Xacobe: “É impaciente o Espirito de IaVHeH? Estas son as túas obras? Non lle fan ben as miñas palabras ao que anda recto? 8Fai pouco o meu pobo levantouse como inimigo. De enriba das vestimentas arrebatades o manto os que pasan confiados, os que volven da guerra.9Botas fora ás mulleres do meu pobo, da casa das súas delicias; aos seus fillos quitas a miña gloria para sempre. 10Levantádevos e marchade, pois este non é un lugar de descanso por mor da impureza que trae destrución, destrución dolorosa. 11Se un home, anda tras o vento e a falsidade falara mentiras dicindo: “Vouvos falar do viño e do licor”, ese sería o profeta para este pobo.12Certamente reunireivos a todos, oh Xacobe, certamente recollerei o remanente de Israel, agrupareinos como ovellas no redil; coma un rabaño no medio do seu pasto, farán ruído pola multitude dos homes. 13O que abre a fenda subirá diante deles; abrirán fenda, pasarán a porta e sairán por ela; o seu rei pasará diante deles, e IaVHeH a súa cabeza.
1E dixen: "Escoitade ahora, xefes de Xacobe e gobernantes da casa de Israel. Non depende de vós coñecer a xustiza? 2Vós que aborrecedes o bon e queredes o malo, que lle arrincades a pel denriba da carne dos seus ósos ao pobo. 3Que comedes a carne do meu pobo, lle quitades a pel, rompedes os seus ósos, e facédelos pedazos como a poto, como carne dentro da caldeiro.4Entón, clamaredes a IaVHeH, pero non vos respondera, senón que nese momento vos esconderá o rostro, porque fixesteis malas obras.5Así di IaVHeH sobre os profetas que fan caer ao meu pobo, que cando teñen algo que morder, proclaman: "paz". Pero contra os que non meten nada na boca, declaran guerra santa. 6Polo tanto, para vostedes serán noite sen visión, e tebras sen adivinación. O sol porase sobre os profetas, e o día escurecerá sobre eles. 7Os videntes serán avergoñados, e s os adiviños confundidos. Todos taparán a boca porque non hai resposta de Deus.8Eu, polo contrario, estou cheo de poder, do Espírito de IaVHeH, de xuízo e coraxe para dar a coñecer a Xacobe a súa rebelión e a Israel o seu pecado.9Escoitade esto, xefes da casa de Xacobe e gobernantes da casa de Israel, que aborrecedes a xustiza e retorces todo o que é recto, 10que edificades a Sión con sangue e a Xerusalén con iniquidade. 11Os seus xefes xuzgan por suborno, os seus sacerdotes ensinan por prezo, os seus profetas adiviñan por cartos, e apoianse IaVHeH, dicindo: Non está IaVHeH no medio de nós? Ningún mal virá sobre nós.12Polo tanto, pola vosa culpa , Sión será arada coma un campo, Xerusalén converterase nun montón de ruínas, e o monte do templo será coma as alturas dun bosque.
1E sucederá nos últimos días que o monte da casa de IaVHeH establecerase como cabeza dos montes, elevarase sobre as colinas e os pobos acudirán a él.2Moitas nacións virán e dirán: vide e subamos ao monte de IaVHeH, á casa do Deus de Xacobe, para que nos instrúa nos seu camiños, e camiñemos nas súas sendas. Porque a lei sairá de Sión, e de Xerusalén a palabra de IaVHeH. 3El xulgará entre moitos pobos, e enxuizará as nacións poderosas e afastadas; entón forxarán as súas espadas en rexas de arado e as súas lanzas en podaderas. Non alzarán espada nación contra nación, nin se adestrará mais para a guerra.4Cada un sentarase baixo a súa vide e da súa figueira, e non haberá que os atemorice, porque a boca de IaVHeH dos exércitos falou. 5Aínda que todos os pobos anden cada un no nome do seu deus, nós andaremos no nome de IaVHeH o noso Deus para sempre.6Naquel día- declara IaVHeH reunirei á coxa e recollerei á perseguida, ás que eu maltratara. 7Farei da coxa un remanente e da perseguida unha nación forte. E IaVHeH reinará sobre eles no monte de Sión dende agora e para sempre. 8E ti, torre do rabaño, outeiro da filla de Sión, ata ti virá, virá o vello dominio, o reino da filla de Xerusalén.9E agora, por que gritas tan forte? Non hai rei en ti? Morreu o teu conselleiro, que a dor aflíxete coma unha muller de parto? 10Retorcete e xeme, filla de Sión, como muller de parto, porque ahora deixarás a cidade e vivirás no campo, e irás ata Babilonia. Alí serás rescatada, alí te redimirá IaVHeH da man dos teus inimigos.11Pero agora moitas nacións xuntáronse contra ti, que din: "Sexa profanada, e que os nosos ollos se deleiten en Sión". 12Pero eles non coñecen os pensamentos de IaVHeH, nin entenden o seu propósito, pois recolleunos como gavilla na eira.13Érguete e trilla, filla de Sión, pois farei o teu corno de ferro e as túas pezuñas de bronce, para que esnaquices moitos pobos, para que consagres a IaVHeH a súa inxusta ganancia e as súas riquezas ao Señor de toda a terra.
1Xúntate agora en tropas, filla de guerreiros, puxeronnos cerco. Cunha vara ferirán na meixela o xuíz de Israel.2Pero ti, Belén, Efrata, ainda que es pequena entre as familias de Xudá, de ti sairá o que gobernará en Israel. E as súas orixes son dende tempos antigos, dende os días da eternidade. 3Por iso, abandonarabos ata o tempo en que de a luz a que ten que parir. Entón o resto dos seus irmáns volterá aos fillos de Israel.
1Escoita agora o que di IaVHeH: érguete, litiga cos montes e que as colinas escoiten a túa voz. 2Escoitade, montes, a acusación de IaVHeH, e vós, cimentos perdurables da terra, porque IaVHeH ten unha disputa contra o seu pobo, e entrará en xuizo con Israel.3Pobo meu, que che fixen, en que che molesteis? Respóndeme! 4Pois fixente subir da terra de Exipto, e rediminte da casa de escravitude, e enviei a Moisés, a Aarón e a Miriam diante de ti . 5Lembra agora, pobo meu, o que maquinou Balac, rei de Moab, e do que lle respondeu Balaam, fillo de Beor, dende Sitim ata Gilgal, para que coñezades as xustizas de IaVHeH.6Con que me presentarei ante IaVHeH e me postrarei ante o Deus do alto? Presentareime diante del con holocaustos, con tenreiros dun ano? 7Agrádase IaVHeH de milleiros de carneiros, de milleiros de ríos de aceite? Ofrecerei o meu primoxénito pola miña rebeldía, o froito das miñas entrañas polo pecado da miña alma? 8Declarouche, oh home, o que é bo. E que é o que demanda IaVHeH de ti, senón so practicar a xustiza, amar a misericordia, e camiñar humildemente con Deus?9A voz de IaVHeH clamará a cidade ( é sabio temer o teu nome): Escoita, oh tribo, quen señalou o seu tempo? 10Aínda hai alguén na casa do impío con tesouros de impiedade e medida escasa que é maldita?11Podo xustificar balanzas falsas e bolsas de pesos enganosas? 12Porque os ricos da cidade están cheos de violencia, e os seus habitantes falan mentiras e a súa lingua é enganosa na súa boca.13Por iso eu tamén te enfermarei, feríndote, asolándote polos teus pecados. 14Comerás, pero non te saciarás, e a túa vileza estará no medio de ti. Apartarás, pero non salvarás nada, e o que salves, dareino a espada. 15sementarás pero non segarás; pisarás a oliva, pero non te unxirás con aceite, e a uva pero non beberás viño.16Foron gardados os estatutos de Omri e todas as obras da casa de Acab, e segues os seus consellos. Por iso entregareite á destrucción e os teus habitantes a burla, e soportaredes o oprobio do meu pobo.
1Ai de min! porque son como os recolledores de froitos de verán, como os rebuscadores na vendimia. Non hai acio de uvas para comer, nin figo temperán que tanto desexo.
1Profecía sobre Nínive. Libro da visión de Nahúm de Elcos.2Deus celoso e vingador é o SEÑOR; vingador é o SEÑOR e irascible. O SEÑOR víngase dos seus adversarios, e garda resentimento aos seus inimigos. 3O SEÑOR é lento pra ira e grande en poder, e certamente o SEÑOR non deixará impune ao culpable. No remuíño e a tempestade está o teu camiño, e as nubes son o po dos seus pés.4El reprende ao mar e o fai secar, e todos os ríos esgota. Languidecen Basán e o Carmelo, e as flores do Líbano múrchanse. 5Os montes tremen ante El, e os outeiros derrétense; sí, na sua presenza levántase a terra, o mundo e todos os que nel habitan.6Na presenza da súa indignación, quen resistirá? Quen ficará en pé ante o ardor da súa ira? A súa furia verterase como lume, e as rocas esgazaranse ante El.7Bo é o SEÑOR, unha fortaleza no día da angustia, e coñece aos que nel se refuxian. 8Pero con inundación desbordante porá fin a Nínive, e perseguirá os inimigos aínda na escuridade.9O que tracedes contra o SEÑOR, El farao completa destrución; non xurdirá dúas veces a angustia. 10Porque eles como espiños enredados, e borrachos coa súa bebida, serán consumidos coma palla totalmente seca. 11De ti saiu o que trazou o mal contra o SEÑOR, un conselleiro malvado.12Así di o SEÑOR: Aínda que estéan con todo o seu vigor e por máis que sexan moitos, aínda así serán cortados e desaparecerán. Aínda que te aflixira, non te aflixirei máis. 13E agora, romperei o seu xugo de enriba túa, e romperei os teus lazos.14O SEÑOR deu unha orde con respecto a ti: Non se perpetuará máis o teu nome. Da casa dos teus deuses arrancarei os ídolos e as imaxes fundidas. Eu prepararei a túa tumba, porque eres vil.15Velaí sobre os montes os pés do que trae boas novas, do que anuncia a paz. Celebra as túas festas, Xudá, cumple os teus votos. Porque nunca máis volverá a pasar por ti o mal; foi exterminado por completo.
1O destrutor chegou ata ti. Fai garda na fortaleza, vixía o camiño; fortalece os teus lombos, reforza máis o teu poder. 2Porque o SEÑOR restaurará a gloria de Xacob coma gloria de Israel, aínda que os arrasaron e destruíron as súas pólas.3O escudo dos valentes é vermello, os guerreiros están vestidos de escarlata, e de aceiro chispeante os carros cando están en formación, e se branden as lanzas dos cipreses. 4Polas rúas corren furiosos os carros, apúranse polas prazas, a súa apariencia é semellante aos fachos, cando se solta un raio.5Lémbrase el dos seus nobres que tropezan na súa marcha, apuran á súa muralla, e a defensa está preparada.6Ábrense as comportas dos ríos, e o pazo énchese de terror. 7Está decretado: a raíña é desposuída e deportada, e as súas criadas xemen coma as pombas, batendo o peito.8Aínda que Nínive era coma unha poza de augas dende tempos antigos; agora eles foxen. Detédevos! Detédevos! Pero ningúen se volve. 9Roubade a prata! Roubade o ouro! Non hai límites aos tesouros, ás riquezas de toda clases de obxectos cobizables. 10Baleira está! Si, desolada e deserta. Os corazóns derrétense e os xeonllos tremen; hai tamén angustia en todo o corpo, e os rostros de todos esbrancuxados.11Onde está a fosa dos leóns e o lugar onde comen os leonciños, onde andaban o león, a leoa e o seu cachorro, sen que nada os asustara? 12O león desgarraba o suficiente para os seus cachorros, mataba para súas leoas, enchía de presas as súas fosas e de carne desgarrada as súas covas.13Aquí estou contra a ti _ declara o SEÑOR dos exércitos. Queimarei e reducirei a fume os teus carros, a espada devorará os teus leonciños, arrancarei da terra a túa presa, e non se escoitará máis a voz dos teus mensaxeiros.
1Ai da cidade sanguenta, toda chea de mentira e de pillaxe, que nunca cesa na súa presa! 2Craqueo de látegos, ruído de cruxido de rodas, galopar de cabalos, e saltar de carros;3carga de cabalería, lume de espadas, fulgor de lanzas; multitude de feridos, montóns de mortos, innumerables cadáveres; tropezan nos cadáveres. 4Todo polas moitas prostitucións da encantadora, a mestra de feitizos, que seduce as nacións coas súas prostitucións e aos pobos cos seus feitizos.5Aquí estou contra ti - declara o SEÑOR dos exércitos. Erguerei as túas saias sobre a túa cara, e mostrarei as nacións a túa nudez e aos reinos a túa vergoña. 6Botarei sobre ti inmundicias, fareite desprezable, e farei de ti un espectáculo. 7E acontecerá que todo o que te vexa fuxirá de ti, e dirá: Arrasada está Nínive! Quen chorará por ela? Onde che buscarei consoladores?8Eres ti mellor que Tebas, a que está sentada a carón do Nilo, rodeada de augas, cuxo baluarte era o mar e as augas a súa muralla? 9Etiopía era a súa fortaleza, tamén Exipto, e non tiña límite. Fut e Libia estaban entre os que a axudaban.10Sen embargo ela foi desterrada, levada a catividade; tamén os seus nenos foron esnaquizados en todas as rúas; sobre os seus nobres botaron sortes, e todos os seus principais foron atados con cadeas. 11Ti tamén quedarás embriagada, estarás agochada; ti tamén buscarás refuxio do inimigo.12Todas as túas fortalezas son figueiras cargadas de figos; si se sacoden, caen na boca de quen as vai a comer. 13Velaquí o teu pobo: só mulleres no medio teu. Aos teus inimigos ábrense de par en par as portas da túa terra, o lume devora as pechaduras.14Avituállate de agua para o asedio, reforza as túas fortalezas, métete na lama e pisa o barro, toma o molde de ladrillos. 15Alí consumirate o lume, destruirate a espada, devorarate como o pulgón. Multiplícate como o pulgón, multiplícate como a lagosta.16Multiplicaches os teus comerciantes máis que as estrelas do ceo; o pulgón tira e voa. 17Os teus oficiais son como a lagosta, os teus xefes como nubes de lagostas pousadas nos muros nun día de frío; sae o sol, e vanse, e non saben onde están.18Dormen os teus pastores, oh rei de Asiria; os teus nobres repousan. O teu pobo está espallado polos montes e non hai quen o xunte. 19Non hai remedio pra o teu quebrantamento, a túa ferida é incurable. Todos os que escoiten novas de ti aplaudirán sobre ti, porque sobre quen non pasou continuamente a túa maldade?
1Profecía que tivo en visión o profeta Habacuc 2¿Ata cando, oh Iahveh, pedirei axuda, e non escoitarás, clamarei a ti: Violencia! e non salvarás?3Por que me fas ver a iniquidade e me fas mirar a opresión? A destrución e a violencia están diante de min; hai loita, xorde liorta. 4Por iso non se cumpre a lei e a xustiza nunca prevalece. Pois o malo asedia ao xusto; polo tanto sae corrompida a xustiza".5Mirade entre as nacións, observade, asombrádevos e admirádevos, porque farei unha obra nos vosos días que non creriades se vola contaran. 6Porque velaí, eu ergo aos caldeos, pobo fero e impetuoso, que marcha pola anchura da terra para apropiarse de moradas alleas. 7Impoñente e temible é; del mesmo proceden a súa xustiza e a súa grandeza.8Os seus cabalos son máis veloces que leopardos, e máis astutos que lobos ao anoitecer. Ao galope veñen os seus xinetes, os seus xinetes veñen de lonxe, voan como aguia que se precipita a devorar. 9Veñen todos eles para facer violencia, a súa orda de rostros avanza, recolle cativos como a area.10Mófase dos reis, e os gobernantes sonlle motivo de risa. Rí de toda fortaleza, amontoa entullos para tomala. 11Entón pasará como o vento e seguirá, e teráselle por culpable, porque fai do seu poder o seu deus.12Non es ti dende a eternidade, ou Iahveh, Deus meu, Santo meu? Non morreremos. Oh Iahveh, para xuízo o puxeches; ti, ou Rocha, establecíchelo para corrección.13Moi limpos son os teus ollos para mirar o mal, e non podes contemplar a opresión.Por qué miras de bo grado aos que proceden perfidamente, e calas cando o impío traga ao que e máis xusto que el? 14Por que fixeches os homes coma peixes do mar, coma réptiles que non teñen xefe.15A todos os saca con anzol o pobo invasor, arrástraos coa súa rede e os xunta na súa malla. Por iso alédase e gózase. 16Por iso ofrece sacrificio a súa rede e queima incenso a súa malla, pois grazas a elas a súa pesca e abondosa e suculenta a súa comida. 17Baleirará, pois, a súa rede e seguirá matando sen piedade as nacións?
1Estarei no meu posto de garda e sobre a fortaleza me poñerei; velarei para ver o que El me di, e que hei de responder cando sexa reprendido.2Entón Iahveh respondeume, e dixo: Escribe a visión e grávaa en táboas, para que corra o que a lea. 3Porque é ainda visión para o tempo sinalado; apresúrase ata o fin e non defraudará. Aínda que tarde, agárdaa; porque de certo virá, non tardará.4Velaquí o orgulloso: nel, a súa alma non e recta, mais o xusto vivirá pola súa fe. 5Ademais, o viño traizoa o home arrogante, de modo que non queda na casa. Porque anchea a súa gorxa coma o Xeol, e é coma a morte, que nunca se farta; reúne para si tódalas nacións, e recolle para si tódolos pobos.6Non pronunciarán todos estes contra el unha sátira, e burlas e intrigas contra el? E dirán: Ai do que aumenta o que non é seu (ata cando?) e se fai rico con préstamos! 7Non se levantarán de repente os teus acredores, e non espertarán os teus cobradores?De certo serás despoxo para eles. 8Porque ti despoxaches a moitas nacions, tódolos demásis pobos te despoxarán a ti, polo sangue humano e a violencia feita á terra, ao pobo e a tódolos seus habitantes.9Ai do que obten ganancias ilícitas para a súa casa, para poñer no alto o seu niño, para librarse da man da calamidade! 10Argallaches cousa vergoñosa para a túa casa, destruíndo a moitos pobos, pecando contra ti mesmo. 11De certo a pedra clamará dende o muro, e a viga contestaralle dende o armazón.12Ai do que edifica unha cidade con sangue e funda un pobo con violencia! 13Non ven de Iahveh dos exércitos que os pobos traballen para o lume e as nacións se fatiguen en balde? 14Pois a terra encherase do coñecemento da gloria de Iahveh, como as augas enchen o mar.15Ai do que da de beber ao seu próximo! Ai de ti que mesturas o teu veleno ata embriagalo! Para o mirar espido. 16Serás saciado de deshonra máis que de gloria. Bebe ti tamen e móstrate ti espido. Volverase por riba de ti a copa da dereita de Iahveh, e a ignominia sobre a túa gloria.17Porque a violencia contra do Líbano te cubrirá e o exterminio das feras aterrarate, a causa do derramamento de sangue humano e a violencia feita á terra e á cidade e a tódolos que habitan nela.18De que lle serve o ídolo que o seu artífice esculpíu, ou a imaxe fundida, mestra de mentiras, para que o seu facedor confíe na súa obra cando fai ídolos mudos? 19Ai do que lle di ao madeiro: "Desperta!", ou á pedrra muda: "Érguete"! Será isto o teu mestre? Velaí, está cuberto de ouro e prata, e non hai alento algún no seu interior. 20Pero Iahveh está no seu santo templo: Cale diante de El toda a terra.
1A oración de Habacuc, en ton de Sigionot. 2Ou Iahveh, oín o que se di de ti e temín. Aviva, ou Iahveh a túa obra no medio dos anos, no medio dos anos dáa a coñecer; na ira, lémbrate de ter compaixón.3Deus ven de Temán, e o Santo, do monte Parán. (Selah) O seu esplendor cubre os ceos, e da súa louvanza está chea a terra.4O seu resplandor é como a luz; ten raios que saen da súa man, e alí se esconde o seu poder. 5Diante del vai a pestilencia, e a praga sigue os seus pasos.6Detívose, e fixo tremer a terra, miróu e fixo estremecer ás nacións. Si, esborralláronse os montes perpetuos, afondáronse os outeiros antigos. Os seus camiños son eternos.7Baixo aflición vin as tendas de Cusán, tremaban as tendas da terra de Madián. 8Indignácheste, Iahveh, contra os ríos? Contra os ríos foi a túa ira, contra o mar o teu furor, cando montaches os teus cabalos, nos teus carros de vitoria?9O teu arco foi espido por completo, as varas de castigo foron xuradas. (Selah) Cos ríos fendiches a terra. 10Víronte os montes e tremeron, o diluvio de augas pasou; deu o abismo a súa voz, ergueu no alto as suas mans.11O sol e a lúa detivéronse no seu sitio, á luz das túas saetas fóronse, ao resplandor da túa lanza fulgurante. 12Con indignación marchaches pola terra, con ira pisaches as nacións.13Saiches para salvar o teu pobo, para salvar o teu Unxido. Esnaquizaches a cabeza da casa do impío, descubríndoo de arriba a abaixo.14Traspasaches cos seus propios dardos a cabeza dos seus guerreiros que irromperon para dispersarnos; a súa ledicia foi como a dos que devoran os oprimidos. 15Marchaches polo mar cos teus cabalos, na ondada das inmensas augas.16Oín, e estremecéronse as miñas entrañas; á túa voz tremeron os meus beizos. Entra podremia nos meus osos, e tremo onde estou. Tranquilo agardo o día da angustia, ao pobo que se erguerá para invadirnos.17Aínda que a figueira non bote gromos, nin haxa froito nas viñas; e ainda que falte o produto da oliveira, e os campos non produzan alimento; aínda que falten as ovellas do curro, e non haxa vacas nas cortes,18Así e todo eu alegrareime en Iahveh. Aledareime no Deus da miña salvación. 19Iahveh Deus é a miña fortaleza; El fixo os meus pés coma os das cervas, e polos altos me fai camiñar.Para o director do coro, cos meus instrumentos de corda.
1No segundo ano do rei Darío, no mes sexto, no día primeiro do mes, veu palabra de Iahveh, a través do profeta Axeo a Zorobabel, fillo de Sealtiel, gobernador de Xudá, e a o sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, dicindo: 2Así di Iahveh dos exércitos: “este povo di: ‘Aínda non é o tempo, o tempo de que a casa de Iahveh sexa reedificada.’”3Entón veu a palabra de Iahveh por medio do profeta Axeo dicindo: 4Seica é tempo de que vós habitedes nas vosas casas artesoadas mentres esta casa está desolada? 5Pois agora, así di Iahveh dos exércitos: Considerade ben os vosos camiños. 6Sementades abondo, pero recolledes pouco; comedes, pero non vos fartades; bebedes, pero non chega para saciarvos; vestídevos, pero ninguén se quenta; e o que traballa a xornal, recibe a paga en bulsa furada.7Así di Iahveh dos exércitos: Considerade ben os vosos camiños. 8Subide ao monte, traede madeira e reedificade a miña casa para que me comprazca nela e eu sexa glorificado -di Iahveh. 9Agardades por ter moito, pero velaquí que atopades pouco; e o que levastes a casa, eu o esparzo cun sopro. E por qué? -declara Iahveh dos exércitos-. A causa da miña casa que é unha desfeita, namentres cada quen preocupase por atender á súa casa.10É por iso, pola vosa culpa, os ceos retiveron o seu orballo e a terra retivo a súa colleita 11E chamei a seca sobre a terra, e sobre os montes, sobre o trigo, sobre o mosto, sobre o aceite, sobre todo o que produce a terra, sobre a xente, sobre o gando e sobre todo o traballo das vosas mans.12E Zorobabel, fillo de Sealtiel, o sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, e todo o resto do pobo, obedeceron a voz de Iahveh o seu Deus e as palabras do profeta Axeo, como Iahveh o seu Deus lle mandara. E temeu o pobo diante de Iahveh. 13Daquela Axeo, mensaxeiro de Iahveh, por mandado de Iahveh faloulle ó pobo dicindo: Eu estou convosco -declara Iahveh.14E espertou Iahveh o espírito de Zorobabel, fillo de Salatiegobernador de Xudá, e o espírito do sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, e o espírito de todo o resto do pobo. E viñeron e comezaron a obra na casa de Iahveh dos exércitos, o seu Deus, 15o día vintecatro do mes sexto, no ano segundo do rei Darío.
1O día vinteún do mes sétimo, veu a palabra de Iahveh, por medio do profeta Axeo, dicindo: 2Fala arestora a Zorobabel, fillo de Sealtiel, gobernador de Xudá, e a o sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, e a o resto do pobo, dicindo:3“Quen fica entre vosoutros que teña visto este templo na sua primeira gloria? E cómo o mirades agora? Tal como está, non é como nada a os vosos ollos? 4“Pero desta, esfórzate Zorobabel -declara Iahveh- esfórzate ti tamén, Xosuñe, fillo de Iosadac, sumo sacerdote, e esforzádevos todos vos, pobo da terra” -declara Iahveh- “e traballade, porque eu estou convosco” -declara Iahveh dos exércitos. 5“Segundo o pacto que fixen convosco, cando saístes de Exipto, o meu Espírito fica no medio de vos; non temades.”6Porque así di Iahveh dos exércitos: “Unha vez máis, en pouco tempo, eu farei tremer os ceos e a terra, o mar e a terra firme. 7“E farei tremer a tódalas nacións; e virá o desexado de todalas naciòns, e eu encherei de gloria esta casa” -di Iahveh dos exércitos.8“Miña é a prata e o ouro e meu” -declara Iahveh dos exércitos. 9“A gloria derradeira desta casa ha ser meirande ca primeira” -di Iahveh dos exércitos- “e neste lugar darei paz” -declara Iahveh dos exércitos.10O día vintecatro do mes noveno, no ano segundo de Darío, veu a palabra de Iahveh ó profeta Axeo, dicindo: 11Así di Iahveh dos exércitos: “Pregunta agora aos sacerdotes da lei, dicindo: 12‘Se alguén leva carne consagrada na falda da súa vestidura, e toca coa sua falda pan, ou guiso, viño, aceite ou calquera outro alimento, quedará este consagrado?’ E os sacerdotes responderon, e dixeron: Non.13E dixo Axeo: Se alguén, inmundo polo contacto cun cadáver, toca calquera destas cousas, quedará inmunda? Responderon os sacerdotes, e dixeron: Quedará inmunda. 14Entón voltou a falar Axeo, e dixo: “Así é este pobo e así é esta nación diante de min” -declara Iahveh- “e deste xeito é toda obra das súas mans; e o que aquí ofrecen, e noxento”.15Agora pois, considerade ben isto dende hoxe en adiante: antes que se puxera pedra encol de pedra no templo de Iahveh, 16Denantes diso, cando alguén chegaba a una morea de vinte medidas e só había dez; ou cando viña alguén ó lagar para sacar cincuenta olas, e soamente había vinte. 17Ferinvos con vento abrasante, con fungos e con pedrazo en toda laboura das vosas mans, pero ningún de vos volveuse a min -declara Iahveh.18Mais considerade ben isto dende hoxe en adiante, dende o día vintecatro do mes noveno; dende o día en que puxéronse os alicerces do templo de Iahveh, poñede atención. 19Está aínda a semente no celeiro? Aínda a vide, a figueira, o granadeiro e a oliveira non deron froito; pero dende hoxe eu dareivos bendición.20E a palabra de Iahveh veulle por segunda vez a Axeo, no día vintecatro do mes, diciendo: 21Fala a Zorobabel, gobernador de Xudá, dicindolle: “Eu estremecerei os ceos e a terra, 22e Eu transtornarei o trono dos reis, e farei que sexa destruido o poder dos reinos das nacións; Baldearei o carro e mailos que montan nel, e caerán os cabalos e os seus xinetes, cadaquen pola espada do seu irmán.23Naquel día -declara Iahveh dos exércitos- collereite a ti, Zorobabel, fillo de Sealtiel, servo meu -declara Iahveh- e heite por coma un anel para selar, porque eu escollinte. -declara Iahveh dos exércitos.
1No oitavo mes do segundo ano de Darío, veu palabra de IaVHeH ao profeta Zacarías, fillo de Berequías, fillo de Iddo, dicindo: 2IaVHeH anoxouse moito contra os vosos pais. 3Entón dilles, “Así di IaVHeH dos exércitos: Volvede a min- declara IaVHeH dos exércitos, e eu volverei a vos- di IaVHeH dos exércitos.4Non sexades como os vosos pais, aos que os antigos profetas proclamaron, dicindo: Así di IaVHeH dos exércitos; “Volvede agora dos vosos malos camiños e das vosas malas obras”. Pero non me escoitaron nin me fixeron caso” Declara IaVHeH. 5“Os vosos pais, onde están?. E os profetas, viven para sempre?. 6Pero as miñas palabras e os meus estatutos que ordenei aos meus servos os profetas non alcanzaron aos vosos pais? Entón arrepentíronse e dixeron: como IaVHeH o señor dos exércitos quería facer con nós conforme aos nosos camiños e conforme as nosas obras, así fixo con nós”.7O día vinte catro do mes undécimo, que é o mes de Sebat, o segundo ano de Darío, veu palabra de IaVHeH ao profeta Zacarías, fillo de Berequías, fillo de Iddo, dicindo: 8Velaquí, pola noite vin un home que montaba nun cabalo vermello; estaba entre mirtos que había no precipicio, e detrás del cabalos vermellos, marróns e brancos. 9Entón dixen: Quen son estes, meu señor? E o anxo que falaba comigo díxome. Ensinareiche quen son estes.10E o home que estaba entre os mirtos respondeu e díxome: Estes son os que IaVHeH enviou a percorrer a terra. 11E eles responderon o anxo de IaVHeH que estaba entre os mirtos e dixeron: Percorremos a terra, e velaquí, toda a terra está en paz e tranquilidade.12Entón o anxo de IaVHeH respondeu e dixo: IaVHeH dos exércitos, ata cando seguirás sen compadecerte de Xerusalén e das cidades de Xudá; contra as que estiveches indignado estes setenta anos? 13E IaVHeH respondeulle o anxo que falaba comigo con boas e consoladoras palabras.14E o anxo que falaba comigo díxome: Proclama, dicindo: “Así di IaVHeH dos exércitos: “Estou moi celoso por Xerusalén e por Sión 15e con grande anoxo estou anoxado contra as nacións confiadas; porque cando eu estaba un pouco anoxado, elas contribuíron o mal”.16Por iso, así di IaVHeH: “Volverei a Xerusalén con compaixón; a miña casa será reconstruída nela” declara IaVHeH dos exércitos “e sobre Xerusalén tenderase o cordel”. 17Volve proclamar, dicindo: “Así di IaVHeH dos exércitos: “Unha vez mais as miñas cidades abundarán de bens, outra vez IaVHeH consolará a Sión e volverá escoller a Xerusalén”.18Entón levantei os meus ollos e mirei, e velaquí catro cornos. 19E díxenlle ao anxo que falaba comigo. Que son estes? E respondeume: Estes son os cornos que dispersaron Xudá, Israel e Xerusalén.20Entón IaVHeH mostroume catro artesáns. 21E dixen: Que van facer estes? E él respondeu, dicindo: Eses son os cornos que dispersaron Xudá, para que naide levantase a cabeza; pero estes artesáns viñeron para acovardalos, para derribar os cornos das nacións que alzaron os seus cornos contra a terra de Xudá para dispersala.
1Entón levantei os ollos e mirei, e velaquí, vin un home cun cordel de medir na man. 2E díxenlle: Onde vas? E respondeume: A medir Xerusalén para ver canta é a súa largura e a súa longura.3Velaquí, cando o anxo que falaba comigo saía, atopouse con outro anxo 4que lle dixo: Corre, fálalle a ese mozo e dille “Xerusalén será habitada sen muros, por mor da multitude de homes e de gando dentro dela. 5E serei para ela- declara IaVHeH- unha muralla de lume ao arredor, e serei gloria no medio dela.6Ea, ea! Fuxide da terra do norte- declara IaVHeH- porque dispersareivos como os catro ventos do ceo declara IaVHeH. 7Ea, Sión, ti que moras coa filla de Babilonia, escapa!8Pois así di IaVHeH dos exércitos, cuxa gloria me enviou contra as nacións que o despoxaron, porque o que vos toca, toca a niña do meu ollo. 9Velaquí, alzarei a miña man contra elas, e serán despoxo para os seus escravos. Entón saberedes que IaVHeH dos exércitos me enviou.10Canta de xúbilo e alégrate, oh filla de Sión, porque velaquí, veño e habitarei no medio de ti- declara IaVHeH. 11E moitas nacións uniranse a IaVHeH naquel día, e serán o meu pobo. Entón habitarei no medio de ti e saberás que IaVHeH dos exércitos me enviou a ti.12E IaVHeH posuirá Xudá, a súa porción na terra santa, e volverá escoller a Xerusalén. 13Toda carne debe calar diante de IaVHeH, porque se levantou da súa morada santa.
1Despois mostroume ao sumo sacerdote Xosué que estaba diante do anxo de IaVHeH; e Satanás estaba a súa dereita para acusalo. 2E o anxo de IaVHeH díxolle a Satanás: IaVHeH te reprenda , Satanás. Repréndate IaVHeH que escolleu a Xerusalén. Non está o tizón arrancado do lume? 3E Xosué estaba vestido con roupas sucias, de pé diante do anxo.4E este falou e díxolles aos que estaban diante del: Quitade as roupas sucias. E díxolle: Mira quiteiche a túa inxustiza e vestireite de roupas de gala. 5Despois dixo: Que lle poñan un turbante limpo na cabeza. E puxéronlle un turbante limpo na cabeza e vestírono con roupas de gala; e o anxo de IaVHeH estaba alí.6Entón o anxo de IaVHeH amoestou a Xosué, dicindo: 7Así di IaVHeH dos exércitos: “Se andas nos meus camiños, e gardas as miñas ordenanzas, tamén ti gobernarás a miña casa; ademais estarás ao cargo dos meus atrios e terás libre acceso entre os que están aquí.8Escoita agora, Xosué, sumo sacerdote, ti e os teus compañeiros que se sentan diante de ti, que son homes de presaxio, pois velaquí, vou traer o meu servo, o Renuevo. 9Pois velaquí a pedra que puxen diante de Xosué, sobre esta única pedra hai sete ollos. Velaquí, gravarei unha inscrición nela , declara IaVHeH dos exércitos e quitarei a inxustiza desta terra nun só día.10Naquel día declara IaVHeH dos exércitos convidaredes cada un ao seu próximo baixo a súa vide e baixo a súa figueira.
1Entón o anxo que falaba comigo volveu y espertoume como un home que esperta dun soño. 2E díxome: que ves? E respondín: Velaquí, vexo un candelabro todo de ouro cun depósito na parte superior, e as súas sete lámpadas enriba del con sete cubos para cada unha das lámpadas que ten enriba; 3e ao seu carón hai dúas oliveiras, unha á dereita do depósito e outra a esquerda.4Continuei e díxenlle o anxo que falaba comigo. Que é isto meu señor? 5Responde o anxo que falaba comigo e díxome : non sabes que é isto? E respondín: Non, señor meu.6. Continuou el e díxome: Esta é a palabra de IaVHeH a Zorobabel. Non por poder nin por forza, senón polo meu Espírito, di IaVHeH dos exército. 7Quen es ti, oh gran monte? Ante Zorobabel, converteraste en chaira; e el sacará a pedra clave entre aclamacións de “Graza, graza a ela”8E veume palabra de IaVHeH dicindo: 9As mans de Zorobabel puxeron os cementos desta casa e as súas mans rematarana. Entón saberedes que IaVHeH dos exércitos envioume a vós. 10Pois quen desprezou o día das pequeneces? Estes sete alegraranse cando vexan o chumbeiro na man de Zorobabel, estes son os ollos de IaVHeH que percorren toda a terra. 11Entón falei e díxenlle: Que son estas dúas oliveiras á dereita e á esquerda do candelabro?12Falei por segunda vez e díxenlle: Que son as dúas ramas de oliveira que están a carón dous tubos de ouro, que verten aceite dourado? 13E respondeume dicindo: Non sabes que son estes? E eu dixen: Non, señor meu.14. Entón díxome: Estes son os unxidos que están de pé a carón de IaVHeH de toda a terra.
1Alcei de novo os meus ollos e mirei, e velaquí un rolo que voaba. 2E díxome o anxo: Que ves? E respondín: Vexo un rolo que voa; a súa lonxitude e de vinte cóbados e a súa anchura de dez cóbados.3Entón díxome: Esta é a maldición que sae sobre a face de toda a terra; certamente todo o que rouba será destruido segundo o escrito nun lado; e todo o que xura será destruido segundo o escrito no outro lado. 4Fareina sair -declara o Señor dos exércitos- e entrará na casa do ladrón e na casa do que xura polo meu nome en falso; e pasará a noite dentro da súa casa e consumiráa xunto coas súas madeiras e as súas pedras.5Saíu o anxo que falaba comigo e díxome: Alza agora os teus ollos e mira que é isto que sae. 6E dixen: Que é? E dixo: isto é o efa que sae. E engadiu: esta e a iniquidade deles en toda a terra. 7E velaquí unha tampa de chumbo foi levantada, e había unha muller sentada dentro do efa.8Entón dixo: Esta é a Maldade. E guindouna ao interior do efa e guindou a tampa de chumbo sobre a súa abertura. 9Logo, alcei os ollos e mirei, e velaquí dúas mulleres que saían co vento nas suas ás; e tiñan ás como ás de cegoña, e alzaron o efa entre a terra e o ceo.1011Díxenlle entón ao anxo que falaba comigo: onde andan a levar o efa? E respondeume: á terra de Sinar para edificarlle un templo; e cando esté preparado, será asentado alí sobre a súa base.
1Alcei de novo os meus ollos e miréi, e velaquí catro carros que saían de entre os dous montes; e os montes eran montes de bronce. 2Do primeiro carro tiraban cabalos vermellos, do segundo carro cabalos negros, 3do terceriro carro cabalos brancos e do cuarto carro fortes cabalos grises. 4Entón falei, e díxenlle ao anxo que falaba comigo: Qué son estes, señor meu?5E o anxo contestóume, e díxome: Estes son os catro ventos do ceo que saen despois de presentarse diante do Señor de toda a terra. 6Con un deles saen os cabalos negros cara a terra do norte, e os brancos saen tras deles, mentras os grises saen cara a terra do sur.7Briosos saían, impacientes por ir a percorrer a terra. E Él dixo: Ide, percorrede a terra. E percorreron a terra. 8Entón Él chamóume e faloume, dicindo: Mira, os que saen cara a terra do norte aplacan o meu espíritu na terra do norte.9E veu a palabra do Señor a min dicindo: 10Toma ofrendas dos desterrados, de Heldai, de Tobias e de Xedaías; e o mesmo día vai e entra na casa de Josías, fillo de Sofonías, onde eles chegaron de Babilonia. 11Toma prata e ouro e fai unha coroa e pona na cabeza do sumo sacerdote Xosué, fillo de Xosadac.12E fálalle, dicindo: Así di o Señor dos Exércitos: Velaquí un home cuxo nome e Renuevo , porque Él xermolará do lugar onde está, e reedificará o templo do Señor. 13Si, Él reedificará o templo do Señor, e Él levará gloria e se sentará e gobernará no seu trono. Será sacerdote sobre o seu trono e haberá consello de paz entre os dous oficios.14A coroa será para Helem, Tobías, Xedaías e Hen, fillo de Sofonías, como recordo no templo do Señor. 15E os que están lonxe virán e reedificaran o templo do Señor. Entón saberedes que o Señor dos Exércitos me enviou a vosoutros. Isto acontecerá se escoitades obedientes a voz do Señor o voso Deus.
1E sucedeu que no ano cuarto do rei Darío veu a palabra do Señor a Zacarías o cuarto día do mes noveno, Quisleu. 2A aldea de Betel enviara a Sarezer, a Regem-melec e aos seus homes a pregaren o favor do Señor, 3e a falaren aos sacerdotes que eran da casa do Señor, e aos profetas dicindo: Debemos chorar no mes quinto e xaxuar como fixemos durante tantos anos?4Entón veu a min a palabra do Señor dos exércitos, dicindo: 5Fala a todo o pobo da terra e aos sacerdotes e di: "cando xaxuabades e vos lamentabades no quinto e no sétimo mes durante estes setenta anos, xaxuabades en verdade por min? 6E cando comedes e bebedes, non comedes e bebedes para vos mesmos? 7Non son estas as palabras que o Señor proclamou polo medio dos antigos profetas, cando Xerusalém estaba habitada e próspera, coas súas cidades ó seu redor, e o Neguev e a terra baixa estaban habitados?"8Entón veu a palabra do Señor a Zacarias dicindo: 9Así ten dito o Señor dos exércitos: Xuizo verdadeiro xulgade, e misericordia e compaixón practicade cada un co seu irmán. 10"Non oprimades á viúva, ao orfo, ao estranxeiro nin ao pobre, nin tramedes o mal nos vosos corazóns uns contra os outros".11Pero eles refusaron escoitar e volveron as costas rebeldes e taparon os ouvidos para non ouvir. 12E endureceron os seus corazóns coma o diamante, para non ouvir a lei nin as palabras que o Señor dos exércitos enviara polo seu Espírito por mediio dos antigos profetas; veu, logo, grande anoxo de parte do Señor dos Exércitos.13E aconteceu que, como eu clamara e eles non quixeron escoitar, así eles clamaron e eu non quixen escoitar -di o Señor dos exércitos- 14senon que os espallei en rodopío entre tódalas nacions que non coñecían. E a terra foi desolada tras deles, sin que ninguén fora nin viñera; convertiron a terra desexable en desolación.
1E veu a palabra do Señor dos exércitos dicindo: 2Así di o Señor dos exércitos: "Celei a Sión con grande celo, si, con grande furor a celei". 3Así di o Señor: Voltarei a Sión e no medio de Xerusalém moraréi. E Xerusalém chamarase Cidade da Verdade, e o monte do Señor dos exércitos, Monte Santo"4Así di o Señor dos exécitos: "Ainda se sentarán anciáns e anciás nas rúas de Xerusalém, con cadanseu bastón na man por causa dos seus moitos días. 5E as rúas da cidade encheranse de raparigos e raparigas que xogarán nas súas rúas".6Así di o Señor dos exércitos: "Si naqueles días isto parece moi difícil aos ollos do remanente deste pobo, será tamén moi difícil aos meus ollos?" -declara o Señor dos Exércitos. 7Así di o Señor dos exécitos: "Velaquí salvarei ao meu pobo da terra do oriente e da terra onde se pon o sol; 8e traereinos e habitarán no medio de Xerusalém; i eles serán o meu pobo i eu serei o seu Deus en verdade i en xustiza".9Así di o Señor dos exércitos: "Sexan fortes as vosas mans, vos que escoitades nestes días estas palabras da boca dos profetas, os cales falaron o día no que se puxeron os cimentos da casa do Señor dos exércitos para a reedificación do templo. 10Porque antes daqueles días non había paga para home nin paga para o gando; e non había paz para o que saía ou entraba por mor do inimigo, i eu puxen a todolos homes uns contra os outros.11Pero agora eu non tratarei ao remanente deste pobo como nos días pasados"-declara o Señor dos Exércitos. 12"Porque haberá semente de paz: a vide dará o seu froito, a terra dará o seu produto y os ceos darán o seu rocío; e farei que o remanente deste pobo herde todas estas cousas.1315E sucederá que como fostes maldición entre as nacións, casa de Xudá e casa de Israel, así vos salvarei para que sexades bendición. Non temades, mais sexan fortes as vosas mans. 14Porque así di o Señor dos exércitos: "Tal como me propuxen facervos mal cando os vosos pais me fixeron anoxar" -di o Señor dos exércitos- "e non me arrepentín, así me propuxen nestes días voltar a facer ben a Xerusalém e á casa de Xudá. Non temades!16Estas son as cousas que debedes facer: dicide a verdade uns aos outros, xulgade con verdade e con xuízo de paz nas vosas portas, 17non tramedes no voso corazón o mal un contra o outro, nin amedes o xuramento falso, porque todas estas cousas son as que odio" -declara o Señor.18Entón a palabra do Señor dos Exércitos veu a min, dicindo: 19Así di o Señor dos exércitos: "O xaxún do cuarto mes, o xaxún do quinto, o xaxún de sétimo e o xaxún do décimo converteranse para a casa de Xudá en gozo, alegría e festas alegres. Amade, pois, a verdade e a paz".2022Así di o Señor dos exércitos: "E será que aínda virán pobos e habitantes de moitas cidades; 21e os habitantes de unha irán a outra dicindo: "Imos sen demora a implora-lo favor do Señor, e a busca-lo favor do Señor dos exércitos. Eu tamén irei" E virán moitos pobos e nacións poderosas a buscar ó Señor dos exércitos en Xerusalem e a implorar o favor do Señor".23Así di o Señor dos exércitos: "naqueles días dez homes de todalas linguas das nacións asirán o vestido dun xudeu, dicindo: iremos con vos porque ouvimos que Deus está con vos"
1A profecía da palabra de Iahveh está contra da terra de Hadrac e sobre Damasco; porque a Iahveh deben mirar os ollos dos homes, e de tódalas tribus de Israel. 2Tamén Hamat será comprendida no territorio deste; Tiro e Sidón ainda que señan moi sabias.3Ben que Tiro se edificou fortaleza, e amoreou prata como po e ouro como lama das rúas, 4velaquí, o Señor a empobrecerá e ferirá no mar o seu poderío, i ela será consumida do lume5Ascalón verá e temerá; Gaza tamén, e doerase en grande maneira; así mesmo Ecrón, porque a súa esperanza será confundida; e perecerá o rei de Gaza, e Ascalón non será habitada. 6Habitará en Asdod un estranxeiro, e poñerei fin a soberbia dos filisteos. 7Quitarei o sangue da súa boca, e as súas abominacións de entre os seus dentes, e quedará tamén un remanente para o noso Deus, e serán como capitanes en Xudá, e Ecrón será como o xebuseo.8Entón acamparei arredor da miña casa como un garda, para que ninguén vaia nin veña, e non pasará máis sobre deles o opresor; porque ahora mirarei cos meus ollos.9Alédate moito, filla de Sion; da voces de xúbilo, filla de Xerusalém; velaquí o teu rei virá a ti, xusto e salvador, humilde, e cabalgando enriba dun asno, enriba dun burro fillo de asna. 10E de Efraín destruiréi os carros, e os caabalos de Xerusalém, e os arcos de guerra serán quebrados; e falará paz as nacións, e o seu señorío será de mar a mar, e dende o río ata as fins da terra.11E ti tamén polo saquei do teu pacto serás salva; eu saquei os teus presos da cisterna na que non hai auga. 12Volvédevos a fortaleza, oh prisionneiros de esperanza; hoxe tamén vos anuncio que vos restaurarei o dobre. 13Porque entesei para min a Xudá como arco, e fixen a Efraín a sua frecha, y espertarei aos teus fillos, oh Sion, contra os teus fillos, oh Grecia, e poñereite como espada de valente.14E Iahveh será visto sobre deles, e o seu dardo salirá como lóstrego; e Iahveh o Señor tocará trompeta, e irá entre remuiño do austral. 15Iahveh dos exércitos ampararaos, i eles devorarán, e esmagarán as pedras da fonda, e beberan, e farán estrépito como bébedos de viño; i encheranse como cunca, ou como cornos do altar.16E salvaraos naquel día Iahveh o seu Deus como rabaño do seu pobo; porque como pedras de diadema serán enaltecidos na súa terra. 17Porque canta e a súa bondade, e canta a súa fermosura¡ O trigo aledará aos mozos, e o viño ás doncelas.
1Pedide choiva ao SEÑOR, no tempo da choiva tardía, ao SEÑOR que fai nubes, El daralles fortes choivas, e erba no campo a cada un. 2Porque os deuses falan iniquidade, e os adiviños ven visións mentireiras, e contan soños falsos; en balde dan consuelo. Polo tanto, o pobo vaga como ovellas, está aflixido porque non hai pastor.
1Abre as túas portas Líbano, e consuma o lume os teus cedros. 2Xime, ciprés, porque caeu o cedro, porque as árbores maxestosas foron derrubadas; xemide, carballos de Basán, porque caeu o bosque impenetrable. 3Voz de xemido de pastores, porque o seu esplendor está arruinado; voz de ruxido de leonciños, porque derrubada está a gloria do Xordán.4Así di o SEÑOR meu Deus: Apacenta as ovellas destinadas pra matanza. 5Os que as compran mátanas e saen impunes, e o que as venden di: !Bendito sexa o SEÑOR, porque fíxenme rico! e nin os seus propios pastores senten pena por elas. 6Pois eu non sentirei máis pena polos habitantes de esta terra -declara o SEÑOR- pero velaquí, farei que os homes caian cada un nas mans doutro e en mans do seu rei; e eles ferirán a terra e eu non os librarei das súas mans.7Apacentei, pois, as ovellas detinadas pra matanza, isto é, os aflixidos do rabaño. E collín pra min dous bastóns: a un chameille Gracia e o outro chameille Unión; e apacentei as ovellas. 8E destruín aos tres pastores nun mes, pois a miña alma impacientouse con eles e a súa alma tamén se cansou de min. 9Entón dixen: Non vos apacentarei máis. O que debe de morrer, que morra; e a que deba de ser derrubada, que sexa derrubada; e as que queden, cómanse a carne unhas das outras.10E collín o meu bastón Gracia e quebreino pra romper o pacto que fixera con todos os pobos. 11E rompeuse aquel día; así os aflixidos do rabaño que me miraban, souberon que era a palabra do SEÑOR. 12E díxenlles: Se vos parece ben, dádeme a miña paga; e senón, deixadea. E pesaron como o meu soldo trinta pezas de prata.13Entón o SEÑOR díxome: Tírao ao oleiro (ese magnífico prezo co que me valoraron). Collín as trinta pezas de prata e tireinas ao oleiro na casa do SEÑOR. 14E quebrei o meu segundo bastón, Unión, pra romper a irmandade entre Xudá e Israel.1516E o SEÑOR díxome: Colle outra vez os apeiros dun pastor tolo. Porque velaquí, eu vou levantar na terra un pastor que non se preocupará da que perece, nin buscará a descarriada, nin curará á ferida, nin sustentará á forte, senón que comerá a carne da cebada e arrincará a súas pezuñas.17!Ai do pastor inútil que abandona o rabaño! !Caia a espada sobre o seu brazo e sobre o seu ollo dereito! O seu brazo secarase por completo, e o seu ollo dereito escurecerase totalmente.
1Profecía da palabra do SEÑOR sobre Israel. O SEÑOR que estende os ceos, pon os cimentos da terra e forma o espírito do home dentro del, declara:
1Aquel día haberá unha fonte aberta para a casa de David e para os habitantes de Xerusalém, para lava-lo pecado e a impureza. 2E acontecerá aquel día -declara o Señor dos exércitos- que eliminarei da terra os nomes dos ídolos, e nunca máis serán recordados; tamén eu quitarei da terra aos profetas e ao espírito inmundo.3E acontecerá que si algún aínda profetiza, o seu pai e a sua nai que o enxendraron diranlle : "Non vivirás porque falache falsamente no nome do Señor"; e o seu pai e a sua nai que o enxendraron traspasarano mentres profetiza.4Tamén acontecerá aquel día que os profetas avergoñaranse cada un da súa visión cando profetice, e non se vestirán o manto de pelo para enganar, 5senon que cada un dirá: "Non son profeta, son labrador da terra, porque un home me vendeu como escravo na miña xuventude". 6E alguén lle dirá: "Qué son esas feridas no teu corpo?" Y él responderá: "Son aquelas coas que fun ferido na casa dos meus amigos".7Esperta, espada, contra do meu pastor, e contra do home compañeiro meu -declara o Señor dos exércitos-. Fire ao pastor e espallaranse as ovellas, e volverei a miña man contra dos pequenos.8E acontecerá en toda a terra -declara o Señor- que dúas partes serán cortadas nela, e perecerán: pero a terceira quedará nela. 9E meterei a terceira parte no lume, e refinareinos como se refina a prata, e probareinos como se proba o ouro. Invocará él o meu nome, e eu lle responderei; direi: "El é o meu pobo", y él dirá: "O Señor é o meu Deus".
1Miren! Un día polo SEÑOR ven onde o teu saqueo será dividido no medio de ti. 2Pois EU xuntarei cada nación en contra de Xerusalén para loitas e a cidade será capturada. As casas serán saqueadas e as mulleres serán violadas. A metade da cidade irase cativa, pero o o pobo restante non será cortado da cidade.3Pero O SEÑOR sairá e fará guerra en contra daquelas nacións como cando ÉL fai a guerra no día da loita. 4E nese día Os Seus Pés pararán no Monte das Oliveiras, o cal está ao carón de Xerusalén ao leste. O Monte das Oliveiras será dividido a metade entre o leste e o oeste nun gran val e metade da montaña voltará hacia o norte e a metade hacia o sur.5Logo vostedes fuxirán polo val entre as montañas do SEÑOR, pois o val entre esas montañas chegará ata Azal. Vostedes fuxirán así como fuxiron do terremoto nos días de Uzías, rei de Xudá. Entón O SEÑOR MEU DEUS virá e todos os santos estarán con ÉL.6Nese día no que non haberá luz, pero ningún frío, nin xeadas tampouco. 7Nese día, un día coñecido sólo por O SEÑOR, xa non haberá un día ou noite, pois a tarde será un tempo de luz. 8Nese día augas vivas brotarán de Xerusalén. Mitade delas brotarán hacia o mar oriental, e mitade hacia o mar occidental, no verán e no inverno.9O SEÑOR será rei sobre toda a terra. Nese será O SEÑOR, o Único DEUS, e O Seu Nome Solo. 10Toda a terra, será como o Arabá, dende Gueba ata Rimón, sur de Xerusalén. E Xerusalén continuará sendo erguida. Ela vivirá no seu propio lugar, dende a Porta de Benxamín, ata o lugar onde estaba a primeira porta, ata a Porta da Esquina, e dende la Torre de Jananel, ata o lagar do rei. 11O pobo vivirá en Xerusalén e non haberá máis destrucción completa de DEUS en contra deles. Xerusalén vivirá en paz.12Esta será a praga coa cal O SEÑOR atacará a todas as persoas que fixeron a guerra contra de Xerusalén: a súa carne pudrirase, incluso aínda que se estén parando sobre os seu pés. Os seus ollos non se pudrirán nas súas cabezas e as súas lenguas pudriranse nas súas bocas. 13Nese día ese gran medo do SEÑOR virá sobre eles. Cada un buscará a man do outro, e a man de un será levantada en contra da man de outro.14Xudá, tamén loitará en contra de Xerusalén. Eles xuntarán as riquezas de todas as nacións que os rodean, ouro, prata e roupas finas en gran abundancia. 15Unha praga tamén estará sobre os cabalos e as mulas, os camelos e os burros, e en cada animal neses campamentos tamén sufrirán a mesma praga.16Logo pasará que todos aqueles que queden nesas nacións que viñeron en contra de Xerusalén, polo contrario irán de ano en ano para adorar o rei, O SEÑOR dos Exércitos e a manter a festa das Enramadas. 17E pasará que si ninguén de todas as nacións da terra non suben a Xerusalén para adorar ao rei, O SEÑOR dos Exércitos, logo O SEÑOR no traerá choiva neles. 18E se a nación de Exipto non sube, entón eles non recibirán choiva. Unha praga do SEÑOR atacará as nacións que non suben, nin manteñen a Festa das Enramadas.19Iste será o castigo de Exipto e o castigo para cada nación que non sube a Festa das Enramadas.20Pero nese día, as campás dos cabalos dirían. "Separa para O SEÑOR, e os lavabos na casa do SEÑOR serán como os envases frente o altar. 21Pois cada tarro en Xerusalén e en Xudá será afastado para O SEÑOR dos Exércitos e cada cal que traia un sacrificio comerá deles e ferverá neles. Nese día os comerciantes non estarán máis na casa do SEÑOR dos Exércitos.
1Profecía da palabra de Iahveh a Israel por medio de Malaquías. 2Eu ameivos -di Iahveh- pero vós dicides: En que nos amaches? Non era Esaú irmán de Xacob? -di Iahveh -. Mais Eu amei a Xacob, 3e estoxei a Esaú, e fixen dos seus montes unha desolación, e dei a sua herdade aos chacais do deserto.4Aínda que Edom dixera: Temos sido destruídos, mais voveremos e edificaremos as ruínas, Iahveh dos Exércitos di: Eles edificarán, mais eu destruirei. E chamaranos territorio impío e pobo contra quen Iahveh está anoxado para sempre. 5E os vosos ollos verano, e vós diredes: Iahveh é grande, máis aló das fronteiras de Israel!6O fillo honra o seu pai, e o servo o seu señor. Pois se Eu son pai, onde foi a miña honra? E se son señor, onde está o temor que se me debe? -di Iahveh dos exércitos a vós sacerdotes que menosprezades o meu nome-. Pero vós dicides: “En que temos menosprezado o teu nome?” 7En que ofrecedes sobre o meu altar pan noxento. E vós dicides: “En que te temos deshonrado?” En que dicides: “A mesa de Iahveh é desprezable”.8Pois cando ofrecedes un animal cego para o sacrificio, non está mal? E cando ofrecedes o coxo e o doente, non está mal? Por que non llo ofreces ao teu gobernador? Compraceríase de ti ou te acollería con benignidade? -di Iahveh dos exércitos. 9Agora pois, implorade o favor de Deus, para que vos teña compaixón! Pois se da vosa man vén todo isto, como o ides a aplacar? Di Iahveh dos exércitos.10Oi! Se se atopara entre vós quen pechara as portas para que non acenderades o meu altar en van! Non me comprazo convosco -di Iahveh dos exércitos- nin da vosa man aceptarei ninguna ofrenda! 11Porque dende a saída do sol ata o solpor, o meu nome é grande entre as nacións, e en todo lugar ofrecerase incenso ao meu nome, e ofrenda pura; xa que o meu nome é grande entre as nacións -di Iahveh dos exércitos. 12Pero vós profanádelo cando dicides: “A mesa de Iahveh é inmunda, e o seu froito, o seu alimento non paga a pena”.13Tamén dicides: Ai, que noxo dá todo isto! E con indiferenza me desprezades -di Iahveh dos exércitos- e traedes o roubado ou coxo, ou doente; tal que así traedes a ofrenda. Hei aceptar iso da vosa man? -di Iahveh. 14Maldito sexa o enganador que ten un machón robusto no seu rabaño, e o promete, sacrifica un animal danado a Iahveh! Porque Eu son o Grande Rei -di Iahveh dos exércitos- e o meu nome é temido entre as nacións.
1E agora, para vós, sacerdotes, é este mandamento. 2Se non escoitades, e se non decidides de corazón dar honor ao meu nome -di Iahveh dos exércitos- enviarei sobre vós maldición, e maldicirei as vosas bendicións. Si, heinas maldicir, porque non facedes caso do que vos digo.3Velaquí, eu reprenderei a vosa descendencia, e botareivos esterco sobre as vosas facianas, o esterco das vítimas das vosas solemnidades, e seredes arrastrados con el. 4Daquela saberedes que vos enviei este mandamento para que o meu pacto mantéñase con Leví -di Iahveh dos exércitos.5O meu pacto con el era vida e paz, fíxeno con el polo temor co que me temeu, e porque reverenciaba o meu nome. 6A verdadeira lei estaba na súa boca, e non había inxustiza nos seus beizos. En paz e en rectitude camiñaba comigo, e fixo volver a moitos da súa iniquidade. 7Pois os beizos do sacerdote teñen a obriga de gardar a sabedoría, porque a lei ha ser procurada pola súa boca, pois el é o mensaxeiro de Iahveh dos exércitos.8Pero vós tédesvos arredado do camiño, tedes feito tropezar a moitos na lei, e tedes corrompido o pacto de Leví -di Iahveh dos exércitos. 9Por iso eu tamén fareivos desprezables e viles diante de todo o pobo, porque non tedes gardado os meus camiños e facedes distinción entre as persoas en canto a lei.10Non temos todos un mesmo pai? Non nos creou un mesmo Deus? Por que estamos a portarnos dun xeito desleal os uns contra os outros, profanando o pacto dos nosos pais? 11Xudá foi infiel, e unha abominación cometeuse en Israel e en Xerusalem; pois Xudá profanou o santuario de Iahveh, que El ama, e casou coa filla dun deus estraño. 12Que Iahveh extermine das tendas de Xacob dos que presentan ofrenda diante de Iahveh dos exércitos, a quen fai tal cousa, tanto se é mestre coma discípulo!13E ademais, estoutro facedes: cubrides o altar de Iahveh con bágoas, prantos e xemidos, porque El non se volve máis cara a vosa ofrenda, nin a acepta da vosa man dun xeito agradable.14E aínda así preguntades: “E logo?” Porque Iahveh foi testemuña entre ti e a muller da túa mocidade, á que lle fuches infiel, sendo ela a túa compañeira e a muller do teu pacto. 15Non é Un o que fixo a súa carne e o seu espírito? E que pide de ti ese Un? Que sexas liñaxe escollido a Deus! Gardade logo o voso espírito, e non sexades infieis coa muller da vosa mocidade! 16Porque eu aborrezo o divorcio -di Iahveh, Deus de Israel- e a quen enche de iniquidade a súa vestidura -di Iahveh dos edércitos- Gardade, pois, o voso espírito e non sexades infieis.17Tedes canso a Iahveh coas vosas palabras. E dicides: En que o temos canso? O que dicides: Todo o que fai mal é bo aos ollos de Iahveh, e neles El comprácese; e: Onde é que está o Deus xusto?
1Velaquí, Eu mando o meu mensaxeiro, e el disporá o camiño diante de min. E virá de súpeto ao seu templo o Señor a quen vós buscades; o Anxo do pacto en quen vos compracedes, velaquí vén -di Iahveh dos exércitos. 2Pero quen será quén de soportar o día da súa vinda? Quen será quén de manterse en pé cando apareza? Porque El é coma lume de fundidor e coma xabón de lavandeiros. 3E El sentarase para refinar e purificar a prata, e purificará os fillos de Leví e acrisolaraos coma ao ouro e a prata, para que poidan presentar a Iahveh ofrendas en xustiza.4Entón serán gratas a Iahveh as ofrenda de Xudá e de Xerusalem, tal que nos días de antano e coma nos anos pasados. 5E acercareime a vosoutros para o xuízo, e serei una testemuña directa contra dos feiticeiros, e contra dos adúlteros, contra dos que xuran en falso e contra dos que defraudan o salario do xornaleiro da viúva e máis do orfo, e contra dos que negan o dereito do estranxeiro porque non me temen -di Iahveh dos exércitos.6Porque Eu, Iahveh, non mudo; por eso vós, fillos de Xacob, non tedes sido consumidos. 7Dende os días dos vosos pais tédesvos afastado dos meus estatutos e non os tedes gardado. Volvédevos a min e Eu volvereime a vós! -di Iahveh dos exércitos. Pero dicides: En que temos que volvernos?”8Roubará o home a Deus? Pois vós estádesme roubando. Pero dicides: En que che temos roubado?” Nos décimos e nas ofrendas! 9Con maldición estádesme maldicindo, porque vós, a nación enteira, estádesme roubando!10Traede todo o décimo ao celeiro, para que haxa alimento na miña casa; e poñédeme a proba nisto -di Iahveh dos exércitos- se non vos abrirei as xanelas do ceo, e verterei para vós bendición ata que sexa sobreabondosa. 11Por vos reprenderei ao moufante, para que non vos destrúa os froitos da terra, nin vos faga estéril a vosa vide no campo -di Iahveh dos exércitos. 12E tódalas nacións chamaranvos benaventurados, porque seredes unha terra de delicias, di Iahveh dos exércitos.13As vosas palabras contra de min teñen sido duras -di Iahveh -. Pero dicides: “Que temos falado contra de ti?” 14Dixestes: Non ten sentido servir a Deus. Que proveito hai en que gardemos as súas ordenanzas e que andemos aflixidos diante de Iahveh dos exércitos?” 15É por iso que arestora felicitamos os soberbios, e dicimos que os que fan maldade prosperan, e que os que están a provocar a Deus quedan impunes.16Mais os que temían a Iahveh falaronse os uns os outros, e Iahveh escoitou e atendeu. E escribiuse diante del un libro como memorial a favor dos que temen a Iahveh e dos que honran o seu nome.17No día que Eu preparo, di Iahveh dos exércitos, serán para min un tesouro especial, e perdoareinos coma un pai perdoa o fillo que lle serve. 18Entón volveredes a distinguir entre o xusto e o impío, entre o que serve a Deus e o que non o serve.
1De certo chega o día, ardente coma un forno, e tódolos soberbios e tódolos que fan o malo han ser coma palla. Ese día ha vir e acenderalles lume -di Iahveh dos exércitos- que non quedará deles nin raíz nin póla. 2Mais para vós que temedes o meu nome, hase levantar o sol de xustiza, traendo salvación nas súas ás; e sairedes e brincaredes coma tenreiros da corte. 3E esmagaredes os malos, que han ser po debaixo das plantas dos vosos pés no día no que Eu actúe -di Iahveh dos exércitos.4Lembrádevos da lei do meu servo Moisés, dos estatutos e as ordenanzas que Eu mandei en Horeb para todo Israel. 5Velaquí, Eu mándovos ao profeta Elías perante que veña o día de Iahveh, día grande e terrible. 6El fará volver o corazón dos pais cara os fillos, e o corazón dos fillos cara os pais, non sexa que Eu veña e manque a terra con maldición.
1Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, o fillo de David, 2fillo de Abraham. Abraham enxendrou a Isaac, Isaac enxendrou a Xacob, Xacob enxendrou a Xudá e os seus irmáns. 3Xudá enxendrou de Tamar a Fares e Zara, Fares enxendrou a Esrón, Esrón enxendrou a Aram,4Aram enxendrou a Aminadab, Aminadab enxendrou a Naasón, Naasón enxendrou a Salmón. 5Salmón de Rahab, enxendrou a Booz. Booz enxendrou a Obed de Rut, Obed enxendrou a Ixaí, 6Ixaí enxendrou a David o rei. David enxendrou a Salomón da que foi muller de Urías.7Salomón enxendrou a Roboam, Roboam enxendrou a Abías, Abías enxendrou a Asa, 8Asa enxendrou a Iosafat, Iosafat enxendrou a Ioram e Ioram enxendrou a Uzías.9Uzías enxendrou a Iotam, Iotam enxendrou a Acaz, Acaz enxendrou a Ezequías. 10Ezequías enxendrou a Manasés, Manasés enxendrou a Amón, Amón enxendrou a Iosías, 11Iosías enxendrou a Ieconías e os seus irmáns no tempo da deportación a Babilonia.12Despois da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel, Xealtiel enxendrou a Zerubabel. 13Zerubabel enxendrou a Abiud, Abiud enxendrou a Eliaquim, Eliaquim enxendrou a Azor. 14Azor enxendrou a Sadoc, Sadoc enxendrou a Aquim, Aquim enxendrou a Eliud.15Eliud enxendrou a Elazar, Elazar enxendrou a Matán, Matán enxendrou a Xacob. 16Xacob enxendrou a Xosé, o marido de María da que naceu Xesús, chamado o Mesías. 17Todas as xeracións dende Abraham a David foron catorce, tamén catorce dende David ata a deportación á Babiloina, e da deportación á Babilonia ata o Mesías catorce xeracións.18O nacemento de Xesús o Mesías foi así: a súa nai, María, estaba comprometida con Xosé, mais antes de se casar, apareceu embarazada do Espírito Santo. 19O seu marido, Xosé, era un home xusto e non querendo aldraxala diante de todos, decidiu repudiala en segredo.20Pensando el nestas cousas, aparecéuselle en soños un anxo do Señor e díxolle: -Xosé, fillo de David, non teñas medo de levar canda ti a María a túa muller, porque o que foi enxendrado nela é do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo e ti chamaralo Xesús, pois El salvará o seu pobo dos seus pecados.22Todo isto aconteceu para que se cumprira o que dixera o Señor cando o profeta anunciou: 23"Mirade, a virxe concebirá e dará a luz un fillo, e poranlle por nome Enmanuel, que traducido é: Deus connosco".24Acordou Xosé do seu soño e fixo o que o anxo do Señor lle mandara, recibindo a María como a súa muller. 25Pero non se deitou con ela ata que deu a luz o seu primeiro fillo, e chamouno Xesús.
1E logo de nacer Xesús naceu en Belén de Xudea nos tempos do rei Herodes, uns homes sabios do oriente chegaron a Xerusalém, preguntando: 2-Onde está o que naceu Rei dos xudeus? Vimos a súa estrela no Oriente e viñemos para o adorar. 3Oíndo isto, o rei Herodes turbouse e toda Xerusalém con el.4Herodes convocou a tódolos principais sacerdotes e escribas do pobo para preguntarlles onde había de nacer o Mesías. 5Eles dixéronlle: -En Belén de Xudea, porque así está escrito polo profeta: 6"Ti, Belén de Xudea, de ningún xeito es a menor entre os príncipes de Xudá, porque de ti sairá un gobernante que será o pastor do meu pobo Israel".7Entón Herodes, ás agachadas, chamou os magos, para se informar de cando aparecera a estrela. 8E mandándoos a Belén, díxolles: -Ide, e infomádevos ben sobre o neno, e cando o atopedes, avisádeme axiña para ir eu tamén a adoralo.9Despois de oíren o rei, puxéronse en camiño e a estrela que viron no oriente foinos guiando, ata se deter enriba de onde estaba o neno. 10Entón, ao veren a estrela, alegráronse con grande ledicia.11Entraron na casa e viron o neno coa súa nai María, e adorárono prostrándose diante del; de seguido abriron os seus tesouros e ofrecéronlle ouro, incenso e mirra. 12Pero sendo advertidos en soños que non volvesen por onda Herodes, regresaron á sua terra por outro camiño.13Despois de saíren eles, aparecéuselle un anxo do Señor a Xosé en soños dicíndolle: -Érguete, colle o neno e maila súa nai e fuxide para Exipto, e quedádevos alí ata que Eu te avise, porque Herodes está á procura do neno para acabar con el. 14Esa mesma noite, Xosé ergeuse, colleu o neno e maila nai e foi para Exipto. 15E alí quedou ata a morte de Herodes, para que se cumprira o que dixera o Señor por medio do profeta: "De Exipto chamei o meu Fillo"16Herodes, decatándose de que fora burlado polos homes sabios, enfureceuse moito, e botando contas segundo o que lle dixeran eles, mandou soldados para matar a tódolos nenos menores de dous anos en Belén e os seus arredores.17Daquela cumpriuse o anunciado polo profeta Xeremías, cando dixo: 18"Oíuse un berro en Ramá, choros e grandes lamentos: Raquel chora polos seus fillos e non quería ser consolada, porque xa non existen".19Pero cando Herodes morreu, velaí que un anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto e díxolle: 20-Érguete, colle o neno e maila súa nai e volve para a terra de Israel, porque aqueles que querían acabar coa vida do rapaz, xa morreron. 21Ergueuse Xosé, colleu o neno e maila nai e entrou na terra de Israel.22Pero ao saber que Arquelao reinaba en Xudea en lugar do seu pai Herodes, tivo medo de ir alí, e sendo avisado por revelación en soños, marchou para a rexión de Galilea. 23Cando chegou alí, estableceuse nunha vila chamada Nazaret, cumpríndose así o que anunciaran os profetas: "Será chamado nazareno".
1E, naquel tempo, Xoán o Bautista apareceu predicando no deserto de Xudea, dicindo: 2-Arrepentídevos, porque o reino dos ceos achegouse. 3Porque este é aquel a quen facía referencia Isaías cando dixo: "A voz do que clama no deserto: preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros".4E Xoán tiña un vestido de pelo de camelo e un cinto de coiro; a súa comida era lagostas e mel silvestre. 5Entón Xerusalém, toda Xudea e toda a rexión arredor do río Xordán ían cara onde estaba el. 6E eran bautizados por el no río Xordán, confesando publicamente os seus pecados.7Pero viu que moitos fariseos e saduceos viñan con el para seren bautizados e dicíalles:-Camada de víboras! Quen vos ensinou a fuxir da ira que está por vir? 8Dade froitos dignos de arrepentimento 9e non presumades de poder dicir: temos a Abraham como pai, porque dígovos que Deus pode levantarlle fillos a Abraham destas pedras.10E a machada xa está posta á raíz das árbores; polo tanto, toda árbore que non dá bo froito é cortada e botada ao lume. 11Eu bautízovos con auga para arrepentimento, pero o que vén detrás de min é máis poderoso ca min, a quen non son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume. 12A forcada está na súa man e limpará completamente a súa eira. Recollerá o trigo no graneiro e queimará a palla no lume inextinguible.13Entón Xesús chegou de Galilea ao Xordán, onde estaba Xoán, para ser bautizado por el. 14Pero Xoán tratou de impedirllo, dicindo: -Eu necesito ser bautizado por Ti, e Ti vés a min? 15E respondendo Xesús, díxolle: -Permíteo agora, porque convén que cumpramos así toda xustiza. Entón Xoán permitiullo.16Despois de ser bautizado, Xesús saíu da auga inmediatamente; e velaquí, os ceos abríronse, e viu o Espírito de Deus que descendía como unha pomba que viña sobre El. 17E velaquí, oíuse unha voz dos ceos que dicía: -Este é o meu Fillo amado en quen me comprazo.
1Entón Xesús foi levado polo Espírito ao deserto para ser tentado polo demo. 2E despois de xaxuar corenta días e corenta noites, tivo fame. 3E achegándose o tentador, díxolle: -Se es o Fillo de Deus, manda converter estas pedras en pan. 4Pero El respondendo, dixo: -Escrito está: "Non só de pan vivirán as persoas, senón de toda palabra que sae da boca de Deus".5Entón o demo levouno á cidade santa, e púxoo sobre o cumio do templo, 6e díxolle: -Se es o Fillo de Deus, lánzate abaixo, pois escrito está: "Mandará os seus anxos para que te leven nas súas mans e para que o teu pé xamais tropece en pedra".7Xesús díxolle: -Tamén está escrito: "Non tentarás o Señor, o teu Deus". 8Outra vez o demo levouno a un monte moi alto, e amosoulle todos os reinos do mundo e a gloria deles, 9e díxolle: -Heiche dar todo isto, se prostrándote, me adoras.10Entón Xesús díxolle: -Vaite, Satanás! Porque escrito está: "Ao Señor o teu Deus adorarás, e só a El servirás". 11Entón deixouno o demo e viñeron anxos para o serviren.12Cando El oíu que Xoán fora encarcerado, retirouse a Galilea. 13E saíndo de Nazaret, foi e estableceuse en Cafarnaúm, que está preto do mar, na rexión de Zabulón e de Neftalí,14para que se cumprise o que foi dito por medio do profeta Isaías, cando dixo: 15"Terra de Zabulón e terra de Neftalí, camiño do mar, alén do Xordán, Galilea dos xentís. 16O pobo asentado en tebras viu unha gran luz, e aos que vivían na rexión e sombra da morte, amenceulles unha luz.17Dende entón Xesús comezou a predicar e a dicir: -Arrepentídevos, porque o reino dos ceos achegouse.18E andando xunta ao mar de Galilea, viu a dous irmáns, Simón chamado Pedro e o seu irmán, Andrés, botando unha rede no mar, porque eran pescadores. 19E díxolles: -Seguídeme e Eu fareivos pescadores de persoas. 20Entón eles, deixando decontado as redes, seguírono.21E pasando de alí, viu a outros dous irmáns, Xacobe, fillo de Zebedeo e Xoán, o seu irmán, no bote co seu pai Zebedeo, remendando as súas redes, e chamounos. 22E eles, deixando ao instante o bote e a seu pai, seguírono.23E ía Xesús por toda a Galilea, ensinando nas súas sinagogas e proclamando o evanxeo do reino, e curando toda enfermidade e toda doenza no pobo. 24E estendeuse a súa fama por toda Siria; e traían a El todos os que estaban enfermos, afectados por diversas doenzas e dores, endemoñados, epilépticos e paralíticos; e El curábaos. 25E seguírono grandes multitudes de Galilea, Decápolis, Xerusalém e Xudea, e do outro lado do Xordán.
1Cando viu as multitudes, subiu ao monte; e despois de sentar, os seus discípulos achegáronse a El. 2E abrindo a súa boca, ensináballes, dicindo: 3-Felices os pobres en espírito, pois deles é o reino dos ceos. 4Felices os que choran, pois eles serán consolados.5Felices os humildes, pois eles herdarán a terra. 6Felices os que teñen fame e sede de xustiza, pois eles serán saciados. 7Felices os misericordiosos, pois eles recibirán misericordia. 8Felices os de limpo corazón, pois eles verán a Deus.9Felices os que procuran a paz, pois eles serán chamados fillos de Deus. 10Felices aqueles que foron perseguidos por mor da xustiza, pois deles é o reino dos ceos.11Felices seredes cando vos insulten e persigan, e digan todo xénero de mal contra vós falsamente, por causa de min. 12Gozádevos e alegrádevos, porque a vosa recompensa nos ceos é grande, porque así perseguiron os profetas que foron antes de vós.13Vós sodes o sal da terra; pero se o sal se volve insípido, con que será salgado outra vez? Xa para nada serve, senón para ser botado fóra e pisado polas persoas. 14Vós sodes a luz do mundo. Unha cidade situada sobre un monte non pode ser escondida;15nin se acende unha lámpada e se pon debaixo dun modio, senón sobre o candeeiro, e aluma a todos os que están na casa. 16Así brille a vosa luz diante das persoas, para que vexan as vosas boas accións e glorifiquen ao voso Pai que está nos ceos.17Non pensedes que vin para abolir a lei ou aos profetas; non vin para abolir, senón para cumprir. 18Porque en verdade dígovos que ata que o ceo e a terra pasen, non se perderá nin a letra máis pequena, nin un acento da lei ata que todas as cousas se cumpran.19Calquera, pois, que anule un só destes mandamentos, aínda dos máis pequenos, e así llelo ensine a outros, será chamado moi pequeno no reino dos ceos; pero calquera que os garde e os ensine, este será chamado grande no reino dos ceos. 20Porque dígovos que se a vosa xustiza non supera a dos escribas e fariseos, non entraredes no reino dos ceos.21Oístes que se dixo aos antepasados: "non matarás" e calquera que cometa homicidio será culpable perante o tribunal. 22Pero Eu dígovos que todo aquel que estea anoxado co seu irmán será culpable perante o tribunal; e calquera que lle chame necio a seu irmán, será culpable perante o tribunal supremo; e calquera que lle chame idiota, será reo do lume do inferno.23Daquela, se estás a presentar a túa ofrenda no altar e alí lembras que o teu irmán ten algo contra ti, 24deixa a túa ofrenda alí diante do altar, e vai, reconcíliate primeiro co teu irmán, e logo vén e presenta a túa ofrenda.25Reconcíliate pronto co teu adversario mentres vas con el polo camiño, non sexa que o teu adversario te entregue ao xuíz, e o xuíz ao alguacil, e sexas botado no cárcere. 26En verdade dígoche que non sairás de alí ata que pagues o último cuadrante.27Oístes que se dixo: "non cometerás adulterio". 28Pero Eu dígovos que todo o que mire a unha muller para cobizala xa cometeu adulterio con ela no seu corazón.29E se o teu ollo dereito che é ocasión de pecar, arríncao e bótao de ti; porque éche mellor que se perda un dos teus membros, e non que todo o teu corpo sexa lanzado ao inferno. 30E se a túa man dereita che é ocasión de pecar, córtaa e bótaa de ti; porque éche mellor que se perda un dos teus membros, e non que todo o teu corpo vaia ao inferno.31Tamén se dixo: "calquera que repudie á súa muller, que lle dea carta de divorcio". 32Pero Eu dígovos que todo o que se divorcia da súa muller, a non ser por causa de infidelidade, faina cometer adulterio; e calquera que casa cunha muller divorciada, comete adulterio.33Tamén oístes que se dixo aos antepasados: "non xurarás falsamente, senón que cumprirás os teus xuramentos ao Señor". 34Pero Eu dígovos: -Non xuredes de ningunha maneira; 35nin polo ceo, porque é o trono de Deus; nin pola terra, porque é o estrado dos seus pés; nin por Xerusalém, porque é a cidade do gran Rei.36Nin xurarás pola túa cabeza, porque non podes facer branco ou negro nin tan só un cabelo. 37Máis ben, sexa o voso falar: o si, é si, e o non é non; e o que é se di a maiores disto, procede do maligno.38Oístes que se dixo: "ollo por ollo e dente por dente". 39Pero Eu dígovos: -Non resistades o que é malo; mais ben, a calquera que che golpee na meixela dereita, vólvelle tamén a outra.40E ao que queira preitear contigo e quitarche a túnica, déixalle tamén a capa. 41E calquera que che obrigue a ir unha milla, vai dúas canda el. 42Ao que che pida, dálle; e ao que desexe pedirche prestado non lle volvas as costas.43Oístes que se dixo: "amarás o teu próximo e odiarás o teu inimigo". 44Pero Eu dígovos: -Amade os vosos inimigos e orade polos que vos perseguen, 45para que sexades fillos do voso Pai que está nos ceos; porque El fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos.46Porque se amades os que vos aman, que recompensa tendes? Non fan tamén o mesmo os recadadores de impostos? 47E se saudades soamente os vosos irmáns, que facedes máis ca outros? Non fan tamén o mesmo os xentís? 48Polo tanto, sede vós perfectos coma o voso Pai celestial é perfecto.
1Coidádevos de non practicar a vosa xustiza diante das persoas para serdes vistos por eles; pola contra non teredes recompensa do voso Pai que está nos ceos. 2Por iso, cando deas esmola, non fagas soar a trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nas rúas, para seren loados polas persoas. En verdade dígovos que xa recibiron a súa recompensa.3Pero ti, cando deas esmola, que non saiba a túa esquerda o que fai a túa dereita, 4para que a túa esmola sexa no segredo; e o teu Pai, que ve no segredo, ha recompensarte.5E cando oredes, non sexades coma os hipócritas; porque a eles gústalles poñerse en pé e orar nas sinagogas e nas esquinas das rúas, para seren vistos polas persoas. En verdade dígovos que xa recibiron a súa recompensa. 6Pero ti, cando ores, entra no teu cuarto, e cando peches a porta, ora a teu Pai que está no segredo. E o teu Pai, que ve no segredo, recompensarache. 7E ao orar, non usedes repeticións sen sentido, coma os xentís, porque pensan que serán oídos por dicir moitas palabras.8Daquela, non sexades coma eles; porque o voso Pai sabe o que necesitades antes de lle pedir. 9Vós orade desta maneira: -Pai noso que estás nos ceos, santificado sexa o teu nome. 10Veña o teu reino. Fágase a túa vontade, así na terra coma no ceo.11Dános hoxe o noso pan de cada día. 12E perdóanos as nosas débedas, coma tamén nós perdoamos os nosos debedores. 13E non nos metas na proba, mais líbranos do mal. Porque teu é o reino e o poder e a gloria para sempre. Amén.14Porque se perdoades os demais as súas transgresións, tamén o voso Pai celestial vos perdoará a vós. 15Pero se non perdoades os demais, tampouco o voso Pai perdoará as vosas transgresións.16E cando xaxuedes, non poñades cara triste, coma os hipócritas; porque eles poñen mala cara para facerlle ver a todo o mundo que están a xaxuar. En verdade dígovos que xa recibiron a súa recompensa. 17Pero ti, cando xaxúes, unxe a túa cabeza e lava a túa face, 18para non faceres ver á xente que xaxúas, senón a teu Pai que está no segredo; e o teu Pai, que ve no segredo, ha recompensarte.19Non amoreedes tesouros na terra, onde a traza e o ferruxe destrúen, e onde ladróns invaden e rouban; 21senón amontoade para vós tesouros no ceo, onde nin a traza nin a ferruxe destrúen, e onde os ladróns non invaden nin rouban; 20porque onde estea o teu tesouro, alí estará tamén o teu corazón.22A lámpada do corpo é o ollo; por iso, se o teu ollo está san, todo o teu corpo estará cheo de luz. 23Pero se o teu ollo é malo, todo o teu corpo estará cheo de escuridade. Así que, se a luz que hai en ti é escuridade, como de grande será a escuridade? 24Ninguén pode servir a dous señores; porque ou aborrecerá a un e amará o outro, ou se apegará a un e desprezará o outro. Non podedes servir a Deus e as riquezas.25Por iso dígovos, non vos preocupedes pola vosa vida, que comeredes ou que beberedes; nin polo voso corpo, que vestiredes. Non é a vida máis que o alimento e o corpo máis que a roupa? 26Mirade as aves do ceo, que non sementan, nin cortan, nin recollen en celeiros, e con todo, o voso Pai celestial as alimenta. Non sodes vós de moito máis valor ca elas?27E quen de vós, por ansioso que estea, pode engadir unha hora ao curso da súa vida? 28E pola roupa, por que vos preocupades? Observade como medran os lirios do campo; non traballan, nin fían; 29pero dígovos que nin Salomón en toda a súa gloria vestiu coma un destes.30E se Deus viste así a herba do campo, que hoxe existe e mañá é botada ao forno, non fará moito máis por vós, homes de pouca fe? 31Polo tanto, non vos preocupedes, dicindo: que comeremos? Ou que beberemos? Ou con que nos vestiremos?32Porque os xentís buscan ansiosamente todas estas cousas; pero o voso Pai celestial sabe que necesitades de todas estas cousas. 33Pero buscade primeiro o seu reino e a súa xustiza, e todas estas cousas seranvos engadidas. 34Polo tanto, non vos preocupedes polo día de mañá; porque o día de mañá coidarase de si mesmo. A cada día chégalle o seu propio mal.
1Non xulguedes para que non sexades xulgados. 2Porque co xuízo con que xulguedes, seredes xulgados; e coa medida con que midades, medirásevos.3E por que miras a palla que está no ollo do teu irmán, e non te dás conta da viga que está no teu propio ollo? 4Ou como podes dicir ao teu irmán: déixame sacarche a palla do ollo, cando a viga está no teu ollo? 5Hipócrita! Saca primeiro a viga do teu ollo, e entón verás con claridade para sacar a palla do ollo do teu irmán.6Non deades o santo aos cans, nin botedes as vosas perlas diante dos porcos, non sexa que as pisen coas súas patas, e volvéndose vos esnaquicen.7Pedide, e darásevos; buscade, e atoparedes; chamade, e abrirásevos. 8Porque todo o que pide, recibe; e o que busca, atopa; e ao que chama, abriráselle. 9Ou que home hai entre vós que se o seu fillo lle pide pan, darálle unha pedra, 10ou se lle pide un peixe, darálle unha serpe?11Pois se vós, sendo malos, sabedes dar boas dádivas aos vosos fillos, canto máis o voso Pai que está nos ceos dará cousas boas ao que llas pidan? 12Por iso, todo canto queirades que vos fagan os demais, así tamén facede vós con eles, porque esta é a lei e os profetas.13Entrade pola porta estreita, porque ancha é a porta e ampla é a senda que leva á perdición, e moitos son os que entran por ela. 14Porque estreita é a porta e angosta a senda que leva á vida, e poucos son os que dan con ela.15Coidádevos dos falsos profetas, que veñen a vós con vestidos de ovellas, pero por dentro son lobos rapaces. 16Polos seus froitos coñecerédelos. Seica se recollen uvas dos espiños ou figos dos abrollos? 17Así, toda árbore boa dá froitos bos; pero a árbore mala dá froitos malos.18Unha árbore boa non pode producir froitos malos, nin unha árbore mala producir froitos bos. 19Toda árbore que non dá bo froito, é cortada e botada ao lume. 20Así que, polos seus froitos coñecerédelos.21Non todo o que me di: "Señor, Señor", entrará no reino dos ceos, senón o que fai a vontade do meu Pai que está nos ceos. 22Moitos me dirán naquel día: -Señor, Señor, non profetizamos no teu nome, e no teu nome botamos fóra os demos, e no teu nome fixemos moitos milagres? 23E entón direilles: -Xamais vos coñecín; apartádevos de min, os que practicades a maldade.24Polo tanto, calquera que escoita as miñas palabras e as pon en práctica, será semellante a un home sabio que edificou a súa casa sobre a rocha; 25e caeu a choiva, viñeron os torrentes, sopraron os ventos e azoutaron aquela casa; pero non caeu, porque fora fundada sobre a rocha.26Pero calquera que escoita estas palabras miñas e non as pon en práctica, será semellante a un home necio que edificou a súa casa sobre a area; 27e caeu a choiva, viñeron os torrentes, sopraron os ventos e azoutaron aquela casa; e foi grande a destrución dela.28Cando Xesús rematou de falar estas palabras, as multitudes admirábanse da súa ensinanza; 29porque ensináballes como un que ten autoridade, e non coma os escribas deles.
1E cando baixou do monte, seguíano grandes multitudes. 2E velaquí, achegóuselle un gafo e prostrouse diante del, dicindo: -Señor, se queres, podes limparme. 3E estendendo Xesús a man, tocouno, dicindo: -Quero; sé limpo. E ao instante quedou limpo da súa lepra.4Entón Xesús díxolle:-Mira, non llo digas a ninguén, senón vai e móstrate ao sacerdote e presenta a ofrenda que ordenou Moisés, para que lles sirva de testemuño a eles.5E cando entrou Xesús en Cafarnaúm, achegóuselle un centurión suplicándolle 6dicindo: -Señor, o meu criado está prostrado na casa, paralítico, sufrindo moito. 7E Xesús díxolle: -Eu irei e sandareino.8Pero o centurión respondeu e dixo: -Señor, non son digno de que entres baixo o meu teito; mais soamente dá a palabra e o meu criado quedará san. 9Porque eu tamén son home baixo autoridade, con soldados ás miñas ordes; e dígolle a este: "vai", e vai; e ao outro: "vén", e vén; e ao meu servo: "fai isto", e faino. 10Ao escoitalo Xesús, marabillouse e dixo aos que o seguían: -En verdade dígovos que nin en Israel atopei tanta fe.11E dígovos que virán moitos do oriente e do occidente, e sentarán á mesa con Abraham, Isaac e Xacob no reino dos ceos. 12Pero os fillos do reino serán lanzados ás tebras de fóra; alí será o pranto e o renxer de dentes. 13Entón Xesús dixo ao centurión: -Vaite; así como criches, hache ser feito. E o criado foi sandado nesa mesma hora.14Ao chegar Xesús á casa de Pedro, viu á sogra deste deitada na cama con febre. 15E tocoulle a man, e a febre deixouna; e ela levantouse e dispúxose a servilo.16E á tardiña, trouxéronlle moitos endemoñados; e expulsou os espíritos coa súa palabra, e sandou a todos os que estaban enfermos, 17para que se cumprise o que foi dito por medio do profeta Isaías cando dixo:"El mesmo tomou as nosas fraquezas e levou as nosas enfermidades".18Vendo Xesús unha multitude arredor del, deu orde de pasar cara o outro lado. 19E un escriba achegóuselle e díxolle: -Mestre, seguireite onde sexa que vaias. 20E Xesús díxolle: -As raposas teñen tobos e as aves do ceo niños, pero o Fillo do Home non ten onde recostar a cabeza.21Outro dos discípulos díxolle: -Señor, déixame que enterre primeiro o meu pai. 22Pero Xesús díxolle: -Sígueme, e deixa que os mortos enterren os seus mortos.23Cando entrou Xesús no bote, os seus discípulos seguírono. 24E de súpeto desatouse unha gran tormenta no mar, de xeito que as ondas cubrían o bote; pero Xesús estaba durmido. 25E achegándose a El, espertárono, dicindo: -Señor, sálvanos, que perecemos!26E El díxolles: -Por que estades amedrentados, homes de pouca fe? Entón levantouse, reprendeu os ventos e o mar, e sobreveu unha gran calma. 27E os homes marabilláronse, dicindo: -Quen é este, que aínda os ventos e o mar lle obedecen?28Cando chegou alén, á terra dos gadarenos, fóronlle ao encontro dous endemoñados que saían dos sepulcros, violentos en extremo, de maneira que ninguén podía pasar por aquel camiño. 29E berraron, dicindo: -Que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Viñeches aquí para atormentarnos antes de tempo?30A certa distancia deles había un fato grande de porcos fozando; 31e os demoños rogábanlle, dicindo: -Se nos vas botar fóra, mándanos ao fato de porcos. 32Entón El díxolles: -Ide! E eles saíron e entraron nos porcos; e velaquí que o fato enteiro precipitouse por un barranco ao mar, e pereceron nas augas.33Os que coidaban o fato fuxiron; e foron á cidade e contárono todo, incluso o dos endemoñados. 34E toda a cidade saíu ao encontro de Xesús; e cando o viron, pedíronlle que marchara da súa comarca.
1E subindo Xesús nun bote, pasou á outra ribeira e chegou á súa cidade. 2E trouxéronlle un tolleito botado nunha padiola; e Xesús, vendo a fe deles, díxolle ao paralítico: -Anímate, fillo, os teus pecados sonche perdoados.3E algúns dos escribas dicían para si: este blasfema. 4E Xesús, coñecendo os seus pensamentos, dixo: -Por que pensades mal nos vosos corazóns? 5Porque, que é máis doado, dicir: os teus pecados sonche perdoados, ou dicir: levántate, e anda? 6Pois para que saibades que o Fillo do Home ten autoridade na terra para perdoar pecados (entón díxolle ao tolleito):-Levántate, toma a túa padiola e vai á túa casa.7E el levantándose, foise á súa casa. 8Pero cando as multitudes viron isto, sentiron temor, e glorificaron a Deus, que dera tal poder ás persoas. 9Cando Xesús marchou de alí, viu a un home chamado Mateo, sentado na oficina dos tributos, e díxolle: -Sígueme! E levantándose, seguiuno.10E sucedeu que estando El sentado á mesa na casa, velaquí, moitos recadadores de impostos e pecadores chegaron e sentaron á mesa con Xesús e os seus discípulos. 11E cando viron isto, os fariseos dixéronlle aos seus discípulos: -Por que come o voso mestre cos recadadores de impostos e pecadores?12Ao escoitar El isto, dixo: -Os que están sans non teñen necesidade de médico, senón os que están enfermos. 13Mais ide, e aprendede o que significa: "misericordia quero e non sacrificio"; porque non vin a chamar a xustos, senón a pecadores.14Entón achegáronselle os discípulos de Xoán, dicindo: -Por que nós e os fariseos xaxuamos, pero os teus discípulos non xaxúan? 15E Xesús díxolles: -Seica os acompañantes do noivo poden estar de loito mentres o noivo está con eles? Pero virán días cando o noivo serálles quitado, e entón xaxuarán.16E ninguén pon un remendo de tea nova nun vestido vello; porque o remendo ao encollerse tira do vestido e prodúcese unha rompedura peor.17E ninguén bota o viño novo en pelellos vellos, porque os pelellos rebentan, o viño derrámase e os pelellos pérdense; senón que se bota o viño novo en pelellos novos, e ámbolos dous se conservan.18Mentres lles dicía estas cousas, veu un oficial da sinagoga e prostrouse diante del, dicindo: -A miña filla acaba de morrer; pero vén e pon a túa man sobre ela, e vivirá. 19E levantándose Xesús, seguiuno, e tamén os seus discípulos.20E velaquí, unha muller que estivera sufrindo de fluxo de sangue por doce anos, achegóuselle por detrás e tocou o bordo do seu manto; 21pois dicía para si: se tan só toco o seu manto, sandarei. 22Pero Xesús, volvéndose e véndoa, dixo: -Filla, ten ánimo, a túa fe sandouche. E ao instante a muller quedou sa.23Cando entrou Xesús na casa do oficial, e viu os frautistas e o xentío en ruidosa desorde, 24díxolles: -Retirádevos, porque a nena non morreu, senón que está durmida. E burlábanse del.25Pero cando botaron fóra á xente, El entrou, e colléndoa da man, a nena levantouse. 26E esta sona do que fixera espallouse por toda aquela terra.27Saíndo Xesús de alí, seguírono dous cegos berrando e dicindo: -Fillo de David, ten misericordia de nós! 28E despois de entrar na casa, achegáronse a El os cegos, e Xesús díxolles: -Credes que podo facer isto? Eles respondéronlle: -Si, Señor.29Entón tocoulles os ollos, dicindo: -Fágase en vós segundo a vosa fe. 30E abríronselles os ollos. E Xesús advertiulles rigorosamente, dicindo:-Mirade que ninguén o saiba. 31Pero eles, en canto saíron, divulgaron a súa fama por toda aquela terra.32E ao saíren de alí, velaquí, trouxéronlle un mudo endemoñado. 33E despois que o demo fora expulsado, o mudo falou; e as multitudes marabillábanse, e dicían: -Xamais se viu cousa igual en Israel. 34Pero os fariseos dicían: -Bota fóra os demos polo príncipe dos demos.35E Xesús percorría tódalas vilas e aldeas, ensinando nas sinagogas deles, proclamando o evanxeo do reino e sandando toda enfermidade e toda doenza. 36E vendo as multitudes, tivo compaixón delas, porque estaban anguriadas e derreadas coma ovellas que non teñen pastor.37Entón dixo aos seus discípulos: -A colleita é moita, pero os obreiros poucos. 38Polo tanto, rogade o Señor da colleita que mande obreiros á súa colleita.
1Entón chamando os seus doce discípulos, Xesús deulles poder sobre os espíritos inmundos para expulsalos e para sandar toda enfermidade e toda doenza.2E os nomes dos doce apóstolos son estes: primeiro, Simón, chamado Pedro, e Andrés o seu irmán; e Xacobo, o fillo de Zebedeo, e Xoán o seu irmán; 3Felipe e Bartolomeu; Tomás e Mateo, o recadador de impostos; Xacobo, o fillo de Alfeo, e Tadeo; 4Simón o cananita, e Xudas Iscariote, o que tamén o entregou.5A estes doce mandou Xesús despois de instruílos, dicindo: -Non vaiades polo camiño dos xentís, e non entredes en ningunha cidade dos samaritanos. 6Senón ide máis ben ás ovellas perdidas da casa de Israel. 7E cando vaiades, predicade dicindo: "o reino dos ceos achegouse".8Sandade enfermos, resucitade mortos, limpade gafos, expulsade demos; de graza recibistes, dade de graza. 9Non vos proveades de ouro, nin de prata, nin de cobre para levar nos vosos cintos, 10nin de alforxa para o camiño, nin de dúas túnicas, nin de sandalias, nin de bordón; porque o obreiro é digno do seu sustento.11E en calquera cidade ou aldea onde entredes, pescudade quen é digno nela, e quedade alí ata marchardes. 12Ao entrardes na casa, dádelle o voso saúdo de paz. 13E se a casa é digna, que o voso saúdo de paz veña sobre ela; pero se non é digna, que o voso saúdo de paz volva con vós.14E sacudide o pó dos vosos pés cando saiades dunha casa ou dunha vila na que non vos reciban nin escoiten as vosas palabras. 15En verdade dígovos que no día do xuízo será máis tolerable o castigo para a terra de Sodoma e Gomorra que para esa vila.16Mirade, Eu mándovos coma ovellas no medio de lobos; por tanto, sede astutos como as serpes e inocentes como as pombas. 17Pero coidádevos dos homes, porque vos entregarán aos tribunais e azoutaranvos nas súas sinagogas; 18e ata seredes levados diante de gobernadores e reis pola miña causa, como un testemuño a eles e aos xentís.19Pero cando vos entreguen, non vos preocupedes de como ou que falaredes; porque a esa hora darásevos o que haberedes de falar. 20Porque non sodes vós os que falades, senón o Espírito do voso Pai que fala en vós.21E o irmán entregará á morte ao irmán, e o pai ao fillo; e os fillos levantaranse contra os pais, e causaranlles a morte. 22E seredes odiados de todos por causa do meu nome, pero o que persevere ata o fin, ese será salvo. 23Pero cando vos persigan nesta cidade, fuxide á outra; porque en verdade dígovos: -Non terminaredes de percorrer as cidades de Israel antes que veña o Fillo do Home.24Un discípulo non está por riba do mestre, nin un servo por riba do seu señor. 25Bástalle ao discípulo chegar a ser como o seu mestre, e ao servo como o seu señor. Se lle chamaron Beelzebú ao dono da casa, canto máis aos da súa casa!26Así que non lles temades, porque nada hai encuberto que non vaia ser revelado, nin oculto que non se saiba. 27O que vos digo na escuridade, faládeo na luz; e o que sentides no oído, proclamádeo dende as azoteas.28E non temades os que matan o corpo, pero non poden matar a alma; máis ben temede a aquel que pode facer perecer tanto a alma como o corpo no inferno. 29Non se venden dous paxariños por un cuarto? E con todo, nin un deles caerá a terra sen permitilo o voso Pai. 30E ata os cabelos da vosa cabeza están todos contados. 31Así que non temades; vós valedes máis que moitos paxariños.32Polo tanto, todo o que me confese diante da xente, Eu tamén o confesarei diante do meu Pai que está nos ceos. 33Pero calquera que me negue diante da xente, Eu tamén o negarei diante do meu Pai que está nos ceos.34Non pensedes que vin traer paz á terra; non vin traer paz, senón espada. 35Porque vin traer discrepancias entre o home e o seu pai, entre a filla e a súa nai, e entre a nora e a súa sogra; 36e os inimigos de cadaquén serán os da súa mesma casa.37O que ama o pai ou a nai máis que a min, non é digno de min; e o que ama o fillo ou a filla máis que a min, non é digno de min. 38E o que non toma a súa cruz e me segue, non é digno de min. 39O que achou a súa vida, ha perdela; e o que perdeu a súa vida pola miña causa, ha atopala.40O que vos recibe a vós, recíbeme a min; e o que me recibe a min, recibe o que me enviou. 41O que recibe a un profeta como profeta, recibirá recompensa de profeta; e o que recibe a un xusto como xusto, recibirá recompensa de xusto.42E calquera que como discípulo dea de beber aínda que só sexa un vaso de auga fría a un destes pequenos, en verdade dígovos que non perderá a súa recompensa.
1E aconteceu que cando Xesús rematou de dar instrucións aos seus doce discípulos, foise de alí a ensinar e predicar nas cidades deles. 2E ao sentir Xoán no cárcere dos feitos de Cristo, mandou por medio dos seus discípulos 3a dicirlle: -Es ti o que ha de vir, ou esperaremos a outro?4E respondendo Xesús, díxolles: -Ide e contádelle a Xoán o que oídes e vedes: 5os cegos reciben a vista e os coxos andan, os gafos quedan limpos, os xordos oen, os mortos son resucitados e aos pobres anúnciaselles o evanxeo. 6E ditoso é o que non se escandaliza de min.7Aínda ben non marcharan estes, Xesús comezou a falar ás multitudes respecto de Xoán: -Que fostes a ver no deserto? Unha cana sacudida polo vento? 8Daquela, que fostes a mirar? Un home vestido con roupas finas? Mirade, os que levan roupas finas están nas casas dos reis.9Pero, que saístes a ver? A un profeta? Si, Eu dígovos, el é moito máis ca un profeta. 10Este é de quen está escrito: "Velaquí, Eu mando o meu mensaxeiro diante da túa faciana, quen preparará o teu camiño diante de ti".11En verdade dígovos que entre os nados de muller non se levantou ninguén maior que Xoán o Bautista; con todo, o máis pequeno no reino dos ceos é maior ca el. 12E dende os días de Xoán o Bautista ata o de agora, o reino dos ceos sofre violencia, e os violentos arrebátano pola forza.13Porque todos os profetas e a lei profetizaron ata Xoán. 14E se o queredes aceptar, el é Elías, o que había de vir. 15O que ten oídos, que escoite.16Pero, con que compararei a esta xeración? É semellante aos raparigos que sentan nas prazas, que dan voces aos outros, 17e din: tocámosvos a frauta, e non bailastes; entoamos lamentos, e non vos aflixistes.18Porque veu Xoán que non comía nin bebía, e din: ten un demo. 19Veu o Fillo do Home, que come e bebe, e din: mirade, é un comellón e bebedor de viño, amigo de recadadores de impostos e de pecadores. Pero a sabedoría xustifícase polos seus feitos.20Entón comezou a increpar ás cidades nas que fixera a maioría dos seus milagres, porque non se arrepentiran. 21Ai de ti, Corazín! Ai de ti, Betsaida! Porque se os milagres que se fixeron en vós se fixesen en Tiro e en Sidón, hai tempo que se terían arrepentido en cilicio e cinza. 22Por iso dígovos que no día do xuízo será máis tolerable o castigo para Tiro e Sidón que para vós.23E ti, Cafarnaúm, seica serás elevada ata os ceos? Ata o Hades descenderás! Porque se os milagres que se fixeron en ti se fixesen en Sodoma, esta permanecería ata hoxe. 24Con todo, dígovos que no día do xuízo será máis tolerable o castigo para a terra de Sodoma que para ti.25Naquel tempo, falando Xesús, dixo: lóuvote, Pai, Señor do ceo e da terra, porque ocultaches estas cousas a sabios e intelixentes, e llelas revelaches aos nenos. 26Si, Pai, porque así foi do teu agrado. 27Tódalas cousas me foron entregadas polo meu Pai; e ninguén coñece plenamente o Fillo, senón o Pai, nin ninguén coñece plenamente o Pai, senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.28Achegádevos a min, todos os que estades cansos e cargados, e Eu vos farei descansar. 29Levade o meu xugo sobre vós e aprendede de min, que son manso e humilde de corazón, e atoparedes descanso para as vosas almas. 30Porque o meu xugo é agradable e a miña carga lixeira.
1Por aquel tempo Xesús pasou por entre os labradíos e os seus discípulos tiveron fame, e comezaron a arrincar espigas e a comer. 2E cando o viron os fariseos, dixéronlle: -Mira, os teus discípulos fan o que non é lícito facer no día de repouso.3Pero El díxolles:-Non lestes o que fixo David cando el e os seus compañeiros tiveron fame, 4como entrou na casa de Deus e comeron os pans consagrados, que non lles era lícito comer, nin a el nin aos que estaban con el, senón só aos sacerdotes?5Ou non lestes na lei, que nos días de repouso os sacerdotes no templo profanan o día de repouso e están sen culpa? 6Pois dígovos que algo maior que o templo está aquí.7Pero se soubésedes o que isto significa: "misericordia quero e non sacrificio", non condenariades os inocentes. 8Porque o Fillo do Home é Señor do día de repouso.9Pasando de alí, entrou na sinagoga deles. 10E había alí un home que tiña unha man seca. E para teren de que o acusar preguntáronlle, dicindo: -É lícito sandar no día de repouso?11El díxolles: -Quen de vós que teña unha soa ovella, e se lle cae nun foxo no día de repouso, non lle bota a man e a saca? 12Pois, canto máis vale unha persoa ca unha ovella! Polo tanto, é lícito facer ben no día de repouso.13Entón díxolle ao home: -Estende a túa man. E el estendeuna, e foille restaurada, sa coma a outra. 14Pero cando os fariseos saíron, confabuláronse contra El, para ver como poderían destruílo.15Mais Xesús, sabéndoo, retirouse de alí. E seguírono moitos, e sandounos a todos. 16E advertiulles que non descubriran quen era El; 17para que se cumprise o que foi dito por medio do profeta Isaías, cando dixo:18"Mirade, o meu Servo, a quen escollín;o meu Amado en quen se agrada a miña alma;sobre El poñerei o meu Espírito, e proclamará xustiza ás nacións.19Non contenderá, nin berrará, nin haberá quen escoite a súa voz nas rúas. 20Non quebrará a cana escachada, nin apagará o pabío que fumega, ata que leve á vitoria o xuízo. 21E as nacións terán esperanza no seu nome".22Entón trouxéronlle un endemoñado cego e mudo, e sandouno, de maneira que o mudo falaba e vía. 23E todas as multitudes estaban asombradas, e dicían: non será este o Fillo de David?24Pero cando o oíron os fariseos, dixeron: -Este non expulsa os demos senón por Beelzebú, o príncipe dos demos. 25E coñecendo Xesús os seus pensamentos, díxolles: -Todo reino dividido contra si mesmo é arrasado, e toda cidade ou casa dividida contra si mesma non se manterá en pé.26E se Satán expulsa a Satán, está dividido contra si mesmo; como pode entón manterse en pé o seu reino? 27E se Eu boto fóra os demos por Beelzebú, por quen os expulsan os vosos fillos? Polo tanto, eles serán os vosos xuíces.28Pero se Eu boto fóra os demos polo Espírito de Deus, entón o reino de Deus chegou a vós. 29Ou como pode alguén entrar na casa dun home forte e saquear os seus bens, se primeiro non o ata? E despois saqueará a súa casa. 30O que non está comigo, está contra min; e o que non recolle comigo, derrama.31Por iso dígovos: -A todas as persoas seralle perdoado todo pecado e blasfemia, pero a blasfemia contra o Espírito non será perdoada. 32E a calquera que diga unha palabra contra o Fillo do Home, perdoaráselle; pero ao que fale contra o Espírito Santo, non se lle perdoará nin neste século nin no vindeiro.33Ou facede boa a árbore e o seu froito será bo, ou facede mala a árbore e o seu froito será malo; porque a árbore é coñecida polo seu froito. 34Camada de víboras! Como podedes falar cousas boas sendo malos? Porque da abundancia do corazón fala a boca. 35A persoa boa do seu bo tesouro saca cousas boas; e a persoa mala do seu mal tesouro saca cousas malas.36E Eu dígovos que de toda palabra baleira que cadaquén fale, dará conta dela no día do xuízo. 37Porque polas túas palabras serás xustificado, e polas túas palabras serás condenado.38Entón respondéronlle algúns escribas e fariseos, dicindo: -Mestre, queremos ver un sinal da túa parte. 39Pero respondendo El, díxolles: -Unha xeración perversa e adúltera demanda sinal, e ningún sinal lle será dado, senón o sinal de Xonás o profeta; 40porque como estivo Xonás no ventre do gran peixe tres días e tres noites, así estará o Fillo do Home tres días e tres noites no corazón da terra.41Os homes de Nínive levantaranse con esta xeración no xuízo para condenala, porque eles se arrepentiron coa predicación de Xonás; e mirade, alguén máis grande que Xonás está aquí.42A raíña do sur levantarase con esta xeración no xuízo para condenala, porque ela veu dende os confíns da terra para escoitar a sabedoría de Salomón; e mirade, alguén máis grande que Salomón está aquí.43Pero cando o espírito inmundo sae dunha persoa, percorre polos ermos buscando descanso e non o atopa. 44Entón di: volverei á miña casa de onde saín; e cando chega, atópaa desocupada, varrida e adornada. 45Vai entón, e toma consigo outros sete espíritos peores ca el, e entrando, viven alí; e o estado final daquela persoa resulta peor que o primeiro. Así será tamén con esta xeración perversa.46Mentres El aínda estaba a falar á multitude, a súa nai e os seus irmáns estaban fóra, buscando a maneira de falaren con El. 47E alguén lle dixo: -Velaquí, a túa nai e os teus irmáns están fóra desexando falar contigo.48Pero respondendo El a quen llo dicía, dixo: -Quen é a miña nai, e quen son os meus irmáns? 49E estendendo a súa man cara os seus discípulos, dixo: -Velaquí a miña nai e os meus irmáns! 50Porque calquera que fai a vontade do meu Pai que está nos ceos, ese é o meu irmán e a miña irmá e a miña nai.
1Ese mesmo día saíu Xesús da casa e sentou á beira do mar. 2E congregáronse xunto a El grandes multitudes, polo que subiu a un bote e sentou; e toda a multitude estaba de pé na praia.3E faloulles moitas cousas en parábolas, dicindo: -Velaquí, o sementador saíu a sementar; 4e ao sementar, parte da semente caeu na beira do camiño, e viñeron os paxaros e coméronlla. 5Outra parte caeu entre as pedras onde non tiña moita terra; e axiña brotou porque non tiña profundidade de terra; 6pero cando saíu o sol, queimouse; e ao non ter raíz, secouse.7Outra parte caeu entre espiños; e os espiños creceron e afogárona. 8E outra parte caeu en terra boa e deu froito, algunhas sementes a cento por un, outras a sesenta e outras a trinta. 9O que ten oídos, que escoite.10E achegándose os discípulos, dixéronlle: -Por que lles falas en parábolas? 11E respondendo El, díxolles: -Porque a vós concedéusevos coñecer os misterios do reino dos ceos, pero a eles non lles foi concedido. 12Porque a calquera que ten, daráselle máis, e terá en abundancia; pero a calquera que non ten, aínda o que ten lle será quitado.13Fálolles por iso en parábolas; porque vendo non ven, e oíndo non escoitan nin entenden. 14E neles cúmprese a profecía de Isaías que di: "Ao oír oiredes, e non entenderedes; e vendo veredes, e non percibiredes;15porque o corazón deste pobo volveuse insensible e con dificultade escoitan cos seus oídos; e pecharon os seus ollos, non sexa que vexan cos ollos, e escoiten cos oídos, e entendan co corazón, e se convirtan, e Eu os sane".16Pero ditosos os vosos ollos, porque ven, e os vosos oídos, porque escoitan. 17Porque en verdade dígovos que moitos profetas e xustos desexaron ver o que vós vedes, e non o viron; e escoitar o que vós escoitades, e non o oíron.18Vós, pois, escoitade a parábola do sementador. 19A todo o que escoita a palabra do reino e non a entende, o maligno vén e arrebata o que foi sementado no seu corazón. Este é aquel en quen se sementou a semente á beira do camiño.20E aquel en quen se sementou a semente entres as pedras, este é o que escoita a palabra e deseguida a recibe con alegría; 21pero non ten raíz profunda en si mesmo, senón que só é temporal, e cando por causa da palabra vén a aflición ou a persecución, axiña tropeza e cae.22E aquel en quen se sementou a semente entre espiños, este é o que escoita a palabra, mais as preocupacións do mundo e o engano das riquezas afogan a palabra, e queda sen froito. 23Pero aquel en quen se sementou a semente en terra boa, este é o que escoita a palabra e a entende este si dá froito e produce, un a cento, outro a sesenta e outro a trinta.24Xesús referiulles outra parábola, dicindo: -O reino dos ceos pode compararse a un home que sementou boa semente no seu campo. 25Pero mentres todos durmían, veu o seu inimigo e sementou xoio entre o trigo, e foise. 26Cando o trigo abrollou e produciu gran, entón apareceu tamén o xoio.27E os servos do dono foron e dixéronlle: -Señor, non sementaches a boa semente no teu campo? Como, é que pois, ten xoio? 28El díxolles: -Un inimigo fixo isto. E os servos dixéronlle: -Queres, pois, que vaiamos e o arrinquemos?29Pero el dixo: -Non, non sexa que ao recollerdes o xoio, arrinquedes o trigo tamén xunto con el. 30Deixade que ámbolos dous medren xuntos deica a sega; e ao tempo da sega direi aos segadores: recollede primeiro o xoio e atádeo en feixes para queimalo, pero o trigo recollédeo no meu celeiro.31Referiulles outra parábola, dicindo: -O reino dos ceos é semellante a un gran de mostaza, que un home colleu e sementou no seu campo, 32de feito é a máis pequena entre tódalas sementes; pero cando medra, é a maior das hortalizas, e faise unha árbore, de modo que os paxaros do ceo veñen e aniñan nas súas ramas.33Díxolles outra parábola: -O reino dos ceos é semellante ao fermento que unha muller amasou en tres medidas de fariña ata que levedou todo xunto.34Todo isto falou Xesús en parábolas ás multitudes, e non lles falaba nada sen parábolas, 35para que se cumprise o devandito por medio do profeta, cando dixo:"Abrirei a miña boca en parábolas; falarei de cousas ocultas dende a fundación do mundo".36Entón deixou á multitude e entrou na casa. E achegáronselle os seus discípulos, dicindo: -Explícanos a parábola do xoio do campo. 37E respondendo El, dixo: -O que sementa a boa semente é o Fillo do Home, 38e o campo é o mundo; e a boa semente son os fillos do reino, e o xoio son os fillos do maligno; 39e o inimigo que a sementou é o demo, e a sega é o fin do mundo, e os segadores son os anxos.40Polo tanto, así como o xoio se recolle e se queima no lume, da mesma maneira será no fin do mundo. 41O Fillo do Home mandará os seus anxos, e recollerán do seu reino a todos os que son pedra de tropezo e aos que fan iniquidade; 42e botaraos no forno de lume; alí será o pranto e o renxer de dentes. 43Entón os xustos resplandecerán coma o sol no reino do seu Pai. O que ten oídos, que escoite.44O reino dos ceos é semellante a un tesouro escondido no campo, que cando alguén o atopa, o volve esconder, e da alegría que lle dá, vai, vende todo o que ten e compra aquel campo. 45O reino dos ceos tamén é semellante a un mercador que busca as mellores perlas. 46E atopando unha perla moito máis preciosa, vai e vende todo canto ten e faise con ela.47O reino dos ceos tamén é semellante a un aparello que se botou no mar, e recolleu peixes de toda clase; 48e cando se encheu, sacárono á praia; e sentaron e recolleron os peixes bos en canastras, pero botaron fóra os malos.49Así será no fin do mundo; os anxos sairán, e sacarán os malos de entre os xustos, 50e lanzaranos no forno de lume; alí será o pranto e o renxer de dentes.51Entendestes todas estas cousas? Eles dixéronlle: -Si. 52E El díxolles: -Por iso todo escriba que se converteu nun discípulo do reino dos ceos é semellante ao dono da casa que saca do seu tesouro cousas novas e cousas vellas. 53E sucedeu que cando Xesús rematou estas parábolas, foise de alí.54E chegando á súa cidade, ensináballes na sinagoga deles, de tal maneira que se marabillaban e dicían: De onde saca este esta sabedoría e estes poderes milagrosos? 55Non é este o fillo do carpinteiro? Non se chama a súa nai María, e seus irmáns Xacobe, Xosé, Simón e Xudas? 56Non están todas as súas irmás connosco? De onde lle veñen estas cousas?57E escandalizábanse del. Pero Xesús díxolles: -Non hai profeta sen honra, senón na súa propia terra e na súa casa. 58E pola incredulidade deles non fixo moitos milagres alí.
1Por aquel tempo, Herodes o tetrarca soubo da sona de Xesús, 2e dixo aos seus serventes: -Este é Xoán o Bautista, que resucitou de entre os mortos, e por iso estes poderes milagreiros actúan nel.3Porque Herodes prendera a Xoán, atárao e puxérao no cárcere por causa de Herodías, muller do seu irmán Filipe; 4porque Xoán dicíalle: non é lícito que a teñas. 5E aínda que Herodes quería matalo, tiña medo da multitude, porque tiñan a Xoán por profeta.6Pero cando chegou o aniversario de Herodes, a filla de Herodías bailou diante deles e agradou a Herodes. 7Foi por iso que lle prometeu baixo xuramento darlle o que pedira.8Ela, instigada pola súa nai, dixo: Dame aquí, nunha bandexa, a cabeza de Xoán o Bautista. 9E entristecéndose o rei, por mor dos seus xuramentos e dos seus convidados, ordenou que lla deran;10e mandou descabezar a Xoán no cárcere. 11E trouxeron a súa cabeza nunha bandexa e déronlla á rapariga, e ela levoulla a súa nai. 12Chegaron os discípulos de Xoán e recolleron o corpo e sepultárono; e foron e contáronllo a Xesús.13Cando Xesús o escoitou, saíu nun bote dende alí cara un lugar deserto e afastado; e sabéndoo as multitudes, seguírono a pé dende as cidades. 14E ao desembarcar, viu unha gran multitude, e tivo compaixón deles e sandou os seus enfermos.15Á tardiña achegáronselle os discípulos, dicindo: -O lugar está deserto, e é moi tarde; despide, pois, ás multitudes para que vaian ás aldeas e merquen de comer para eles.16Pero Xesús díxolles: -Non teñen por que marchar, dádelles vós de comer. 17Entón eles dixéronlle: -Aquí non temos aquí máis ca cinco pans e dous peixes. 18El díxolles: -Traédemos acó.19E poñendo orde entre a multitude para que se recostaran sobre a herba, colleu os cinco pans e os dous peixes, e levantando os ollos o ceo, bendixo, e partindo os pans, déullelos aos discípulos e os discípulos á multitude. 20E comeron todos e saciáronse. E recolleron o que sobrou dos anacos: doce cestas cheas. 21E os que comeron foron uns cinco mil homes, sen contar mulleres e nenos.22E despois fixo que os discípulos subisen ao bote e fosen diante del á outra beira, mentres El despedía á multitude. 23E logo de despedir á multitude, subiu ao monte a soas para orar; e á noitiña, estaba alí só. 24Pero o bote estaba xa lonxe a moitos metros da costa, e era azoutado polas ondas, porque o vento era contrario.25E á cuarta vixilia da noite, Xesús veu cara a eles andando sobre o mar. 26E os discípulos, véndoo camiñar sobre o mar, turbáronse, e dicían: é unha pantasma! E berraban cheos de medo. 27Pero coa mesma, Xesús faloulles, dicindo: -Tede ánimo, son Eu; non temades!28Respondéndolle Pedro, dixo: -Señor, se es ti, mándame que vaia a ti sobre as augas. 29E El dixo: -Ven. E baixando Pedro do bote, camiñou sobre as augas, e foi cara Xesús. 30Pero vendo a forza do vento tivo medo, e comezando a afundirse berrou, dicindo: -Señor, sálvame!31E ao instante Xesús, estendendo a man, agarrouno e díxolle: -Home de pouca fe, por que dubidaches? 32Cando eles subiron ao bote, o vento acougou. 33Entón os que estaban no bote adorárono, dicindo: -En verdade es Fillo de Deus.34Rematada a travesía, baixaron a terra en Xenesaret. 35E cando os homes daquel lugar recoñeceron a Xesús, mandárono dicir por toda a contorna e trouxéronlle todos os que tiñan algún mal. 36E rogábanlle que lles deixase tocar sequera o bordo do seu manto; e todos os que o tocaban quedaban curados.
1Entón achegáronse a Xesús algúns escribas e fariseos de Xerusalém, dicindo: 2-Por que os teus discípulos quebrantan a tradición dos anciáns? Pois non lavan as mans cando comen pan. 3E respondendo El, díxolles: -Por que tamén vós quebrantades o mandamento de Deus por mor da vosa tradición?4Porque Deus dixo: "Honra a teu pai e a túa nai", e: "Quen fale mal do seu pai ou da súa nai, que morra". 5Pero vós dicides: -Calquera que diga a seu pai ou a súa nai: a axuda que podedes recibir de min foi dada a Deus, non necesitará máis honrar a seu pai ou a súa nai. 6E así invalidastes a palabra de Deus por causa da vosa tradición.7Hipócritas! Ben profetizou Isaías de vós cando dixo: 8"Este pobo hónrame da boca para fóra, pero o seu corazón está moi lonxe de min. 9Mais en balde me adoran, ensinando como doutrinas mandatos de homes".10E chamando á multitude , díxolles: -Escoitade e entendede: 11non é o que entra na boca o que contamina á persoa; senón o que sae da boca, iso é o que contamina a cadaquén.12Entón, achegándose os discípulos, dixéronlle: -Sabes que os fariseos se escandalizaron cando escoitaron as túas palabras? 13Pero El contestou e dixo: -Toda planta que o meu Pai celestial non plantou, será desenraizada. 14Deixádeos; son cegos guías de cegos. E se un cego guía a outro cego, ambos caerán no foxo.15Respondendo Pedro, díxolle:-Explícanos a parábola. 16E El dixo: -Tamén vós estades aínda faltos de entendemento? 17Non entendedes que todo o que entra na boca vai ao estómago e bótase na latrina?18Pero o que sae da boca provén do corazón, e iso é o que contamina a cadaquén. 19Porque do corazón proveñen os malos pensamentos, os homicidios, os adulterios, as fornicacións, os roubos, os falsos testemuños e as calumnias. 20Estas cousas son as que contaminan a xente; pero comer sen lavar as mans non contamina a ninguén.21Saíndo Xesús de alí, retirouse á rexión de Tiro e de Sidón. 22E velaquí, unha muller cananea que saíra daquela comarca, comezou a berrar, dicindo: -Señor, Fillo de David, ten misericordia de min; a miña filla vive atormentada por un demo. 23Pero El non lle respondeu palabra. E achegándose os seus discípulos, rogábanlle, dicindo: -Aténdea, pois vén berrando detrás nosa.24E respondendo El, dixo: -Non fun enviado senón ás ovellas perdidas da casa de Israel. 25Pero achegándose ela, prostrouse diante del, dicindo: -Señor, socórreme! 26E El respondeu e dixo: -Non está ben tomar o pan dos fillos, e botarllo aos cadelos.27Pero ela dixo: -Si, Señor; pero tamén os cadelos comen das migallas que caen da mesa dos seus amos. 28Entón, respondendo Xesús, díxolle: -Ai muller, grande é a túa fe; acontézache así como desexas. E a súa filla quedou sa dende aquela mesma hora.29E pasando Xesús de alí, veu á beira do mar da Galilea, e subindo ao monte, sentou alí. 30E viñeron a El grandes multitudes traendo consigo coxos, mancos, cegos, mudos e moitos outros enfermos e puxéronos aos seus pés e El sandounos; 31de maneira que o xentío marabillouse ao ver que os mudos falaban, os mancos quedaban restaurados, os coxos camiñaban e os cegos vían; e glorificaron ao Deus de Israel.32Entón Xesús, chamando os seus discípulos, díxolles: -Teño compaixón da multitude, porque hai xa tres días que están comigo e non teñen que comer; e non quero despedilos sen comer, non sexa que desfalezan no camiño. 33E os discípulos dixéronlle: -De onde teremos nós no deserto tantos pans para saciar a unha multitude tan grande? 34Xesús entón díxolles: -Cantos pans tedes? E eles responderon: -Sete, e uns poucos peixes pequenos. 35E El mandou á multitude que se recostara no chan;36e collendo os sete pans e os peixes; e dando grazas partiunos, e ía dándollelos aos discípulos, e os discípulos ás multitudes. 37E comeron todos e saciáronse; e recolleron do que sobrou dos anacos, sete cestas cheas. 38Os que comeron foron catro mil homes, sen contar as mulleres e os nenos. 39E despois de despedir o xentío, subiu ao bote e foi á rexión de Magadán.
1Entón os fariseos e os saduceos achegáronse a Xesús, e para tentalo pedíronlle que lles mostrase un sinal do ceo. 2Pero respondendo El, díxolles: -Á tardiña dicides: fará bo tempo, porque hai roibéns no ceo.3E pola mañá: hoxe haberá tempestade, porque hai roibéns no ceo e nubeiros. Sabedes discernir o cariz do ceo, pero non podedes discernir os sinais dos tempos? 4Esta xeración perversa e adúltera busca un sinal, e non se lle dará sinal, senón o sinal de Xonás. E deixándoos, foise.5Os discípulos, ao pasar cara o outro lado, esquecéronse de levar pan. 6E Xesús díxolles: -Estade atentos e gardádevos do fermento dos fariseos e saduceos. 7E discutían entre eles, dicindo: -Está a dicirnos isto porque non trouxemos pan. 8Pero Xesús, dándose conta, dixo: -Homes de pouca fe, por que discutides entre vós que non tedes pan?9Aínda non entendedes nin lembrades os cinco pans para cinco mil, e cantas cestas recollestes? 10Nin os sete pans para catro mil, e cantas cestas recollestes?11Como é que non entendedes que non vos falei do pan? Pero gardádevos do fermento dos fariseos e saduceos. 12Entón entenderon que non lles dixo que se gardasen do fermento do pan, senón da ensinanza dos fariseos e saduceos.13Cando chegou Xesús á rexión de Cesarea de Filipo, preguntou aos seus discípulos, dicindo: -Quen di a xente que é o Fillo do Home? 14E eles dixeron: -Uns, Xoán o Bautista; e outros, Elías; pero outros, Xeremías ou un dos profetas. 15El díxolles: -E vós, quen dicides que son eu? 16Respondendo Simón Pedro, dixo: -Ti es o Mesías, o Fillo do Deus vivente!17E Xesús, respondendo, díxolle: -Ditoso es, Simón, fillo de Xonás, porque isto non cho revelou nin a carne nin o sangue, senón o meu Pai que está nos ceos. 18Eu tamén che digo que ti es Pedro, e sobre esta rocha edificarei a miña igrexa; e as portas do Hades non prevalecerán en contra dela.19Eu dareiche as chaves do reino dos ceos; e o que ates na terra, será atado nos ceos; e o que desates na terra, será desatado nos ceos. 20Entón ordenou os discípulos que non dixesen que El era o Mesías.21Dende entón Xesús Cristo comezou a dicirlles aos seus discípulos que debía ir á Xerusalém e sufrir moitas cousas de parte dos anciáns, dos principais sacerdotes e dos escribas, e ser morto, e ser resucitado ao terceiro día. 22E colléndoo aparte, Pedro comezou a reprenderlo, dicindo: -Ten misericordia de ti Señor, non che aconteza tal cousa! 23Pero volvéndose El, díxolle a Pedro: -Quítate de diante de min, Satán! Es de tropezo para min; porque non estás a pensar nas cousas de Deus, senón nas dos homes.24Entón Xesús díxolles aos seus discípulos: -Se algún quere seguirme, néguese a si mesmo, cargue coa súa cruz e sígame. 25Porque o que queira salvar a súa vida, vaina perder; pero o que perda a súa vida por causa de min, vaina atopar. 26Pois que proveito terá alguén se gaña o mundo enteiro, pero perde a súa alma? Ou que poderá dar alguén a cambio da súa alma?27Porque o Fillo do Home virá na gloria do seu Pai cos seus anxos, e entón recompensará a cadaquén segundo a súa conduta. 28En verdade dígovos que hai algúns dos que están aquí que non probarán a morte ata veren o Fillo do Home vir no seu reino.
1Seis días despois, Xesús colleu con el a Pedro, a Xacobe e a Xoán seu irmán, e levounos aparte a un monte alto; 2e transfigurouse diante deles; e o seu rostro resplandeceu coma o sol, e as súas vestiduras volvéronse brancas coma a luz.3E velaquí, aparecéronselles Moisés e Elías falando con El. 4Pero respondendo Pedro díxolle a Xesús: -Señor, é bo estarmos aquí; se queres, farei tres enramadas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías.5E estaba aínda a falar, cando unha nube luminosa os cubriu; e unha voz saíu da nube, dicindo: -Este é o meu Fillo amado en quen me comprazo; escoitádeo a El. 6Cando os discípulos escoitaron isto, caeron sobre os seus rostros e tiveron gran temor. 7Entón achegóuselles Xesús, tocounos e dixo: -Erguédevos e non temades. 8E cando levantaron a vista, non viron a ninguén, quitando Xesús.9E ao baixaren do monte, Xesús ordenoulles, dicindo: -Non contedes a ninguén a visión ata que o Fillo do Home sexa resucitado de entre os mortos. 10E os seus discípulos preguntáronlle, dicindo: -Daquela, por que din os escribas que Elías debe vir primeiro?11E respondendo El, dixo: -Elías certamente vén, e restaurará todas as cousas; 12pero eu dígovos que Elías xa veu e non o recoñeceron, senón que fixeron con el todo canto quixeron. Así tamén o Fillo do Home vai padecer a mans deles. 13Entón os discípulos entenderon que lles falaba de Xoán o Bautista.14Cando chegaron onde estaba a multitude, achegóuselle un home, que axeonllándose diante del, dixo: 15-Señor, ten misericordia do meu fillo, porque é epiléptico e sofre terriblemente, porque moitas veces cae no lume e moitas na auga. 16E tróuxeno onda os teus discípulos e eles non puideron curalo.17Respondendo Xesús, dixo: -Ai xeración incrédula e perversa! Ata cando estarei convosco? Ata cando vos terei que soportar? Traédemo aquí. 18E Xesús reprendeuno e o demo saíu del, e o raparigo quedou curado dende aquel momento.19Entón os discípulos, chegándose a Xesús en privado, dixeron: -Por que nós non puidemos expulsalo? 20E El díxolles: -Pola vosa pouca fe; porque en verdade dígovos que se tivésedes fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: pásate de aquí para alá, e pasaríase; e nada vos será imposible. 21Pero esta clase non sae senón con oración e xaxún.22Mentres andaban xuntos por Galilea, Xesús díxolles: -O Fillo do Home vai ser entregado en mans dos homes. 23E matarano, e ao terceiro día será resucitado. E eles ficaron moi tristes.24Cando chegaron a Cafarnaúm, achegáronse a Pedro os que cobraban o imposto de dúas dracmas, e dixeron: -Non paga o voso mestre as dúas dracmas? 25El dixo: -Si. E cando el chegou a casa, Xesús anticipóuselle, dicindo: -Que che parece, Simón? De quen cobran tributos ou impostos os reis da terra, dos seus fillos ou dos estranxeiros?26E cando respondeu: -Dos estranxeiros, Xesús díxolle: -Entón os fillos están exentos. 27Con todo, para que non os escandalicemos, vai ao mar, bota o anzol, e colle o primeiro peixe que saia; e cando lle abras a boca atoparás unha moeda; collea e dállela por ti e por min.
1Naquel momento achegáronse os discípulos a Xesús, dicindo: -Quen é, entón, o maior no reino dos ceos? 2E El, chamando por un neno, púxoo no medio deles, 3e dixo: -En verdade dígovos que se non vos convertedes e vos facedes coma nenos, non entraredes no reino dos ceos.4Así pois, calquera que se humille coma este neno, ese é o maior no reino dos ceos. 5E o que reciba un neno coma este no meu nome, recíbeme a min. 6Pero o que faga tropezar a un destes pequeniños que cren en min, seríalle mellor que lle atasen ao pescozo unha pedra de muíño das que move un burro e que afogase no profundo do mar.7Ai do mundo polas pedras de tropezo! Porque é inevitable que veñan pedras de tropezo; pero ai daquel por quen vén o tropezo! 8Polo tanto se por mor da túa man ou do teu pé tes ocasión de pecar, córtao e botao de ti; váleche máis entrar na vida manco ou coxo, que tendo as dúas mans e os dous pés, ser botado no lume eterno.9E se por mor do teu ollo tes ocasión de pecar, arríncao e botao de ti. Váleche máis entrar na vida cun só ollo, que tendo os dous ollos, ser botado no inferno de lume.10Mirade que non desprecedes a un destes pequeniños, porque dígovos que os seus anxos nos ceos están sempre a mirar o rostro do meu Pai que está nos ceos. 11Porque o Fillo do Home veu a salvar o que se perdera.12Que vos parece? Se un home ten cen ovellas e se lle perde unha delas, non deixa as noventa e nove nos montes, e vai á procura da descarriada? 13E se a atopa, en verdade dígovos que se alegra máis por esta que polas noventa e nove que non se perderon. 14Así, a vontade do voso Pai que está nos ceos non é que un destes pequeniños se perda.15Polo tanto se o teu irmán peca, vai e repréndeo a soas; se te escoita, gañaches o teu irmán. 16Pero se non te escoita, leva contigo a un ou a dous máis, para que toda palabra sexa confirmada por boca de dúas ou tres testemuñas.17E se rexeita escoitalos, dillo á igrexa; e se tamén rexeita escoitar á igrexa, sexa para ti como o xentil e o recadador de impostos.18Con toda verdade volo aseguro: todo o que atedes na terra, será atado no ceo; e todo o que desatedes na terra, será desatado no ceo. 19Ademais dígovos, que se dous de vós se poñen de acordo sobre calquera cousa que pidan aquí na terra, seralles feito polo meu Pai que está nos ceos. 20Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí estou Eu no medio deles.21Entón achegouse Pedro, e díxolle: -Señor, cantas veces pecará o meu irmán contra min que eu teña que perdoalo? Ata sete veces? 22Xesús díxolle: -Eu non che digo sete veces, senón ata setenta veces sete.23Por iso, o reino dos ceos pode compararse a certo rei que quixo axustar as contas cos seus servos. 24E ao comezar a axustalas, presentóuselle un que lle debía dez mil talentos. 25Pero non tendo el con que pagar, o seu señor ordenou que o vendesen, xunto coa súa muller e fillos e todo canto posuía, e así pagase a débeda.26Entón o servo caeu prostrado diante del, dicindo: -Ten paciencia comigo e pagareicho todo. 27E o señor daquel servo tivo compaixón, e soltouno e perdooulle a débeda.28Pero ao saír aquel servo, atopou a un dos seus conservos que lle debía cen denarios, e botándolle a man á gorxa, afogábao, dicindo: paga o que debes. 29Entón o seu conservo, caendo aos seus pés, suplicáballe, dicindo: -Ten paciencia comigo e pagareiche.30Con todo, el non quixo, senón que foi e botouno no cárcere ata que pagase o que debía. 31Así que cando os seus conservos viron o que pasara, entristecéronse moito, e foron e contáronlle ao seu señor todo o que acontecera.32Entón, chamándoo o seu señor, díxolle: servo malvado, perdoeiche toda aquela débeda porque me suplicaches. 33Non deberías ti tamén tereste compadecido do teu conservo, así como eu tiven compaixón de ti?34E anoxado o seu señor, entregouno aos verdugos ata que pagase todo o que lle debía. 35Así tamén o meu Pai celestial fará convosco, se non perdoades de corazón cada un a seu irmán.
1E aconteceu que ao rematar Xesús de falar, partiu de Galilea e foise á rexión de Xudea, alén do Xordán; 2e seguíano grandes multitudes, e sandounos alí.3E achegáronse a El algúns fariseos para tentalo, dicindo: -É lícito a un home divorciarse da súa muller por calquera motivo? 4E respondendo Xesús, dixo: -Non lestes que aquel que os creou, dende o principio os fixo home e muller5e que tamén dixo: por esta razón o home deixará a seu pai e á súa nai e unirase á súa muller, e os dous serán unha soa carne? 6Daquela, xa non son dous, senón unha soa carne. Polo tanto, o que Deus uniu, ninguén o separe.7Eles dixéronlle: -Entón, por que mandou Moisés darlle carta de divorcio e repudiala? 8El díxolles: -Pola dureza do voso corazón, Moisés permitiuvos repudiar as vosas mulleres; pero ao principio non era así. 9Pero Eu dígovos que calquera que se divorcie da súa muller, salvo por fornicación, e case con outra, comete adulterio.10Os discípulos dixéronlle: -Se é así a relación do home coa súa esposa, non convén casar. 11Pero El díxolles: -Non todos son quen de aceptar isto, senón só aqueles a quen lles sexa dado. 12Porque hai eunucos que así naceron dende o seo da súa nai, e hai eunucos que foron feitos eunucos polos homes, e tamén hai eunucos que se fixeron eunucos a si mesmos por causa do reino dos ceos. O que sexa quen de aceptar isto, que o acepte .13Entón trouxéronlle uns nenos para que puxese as mans sobre eles e orase; e os discípulos reprendéronos. 14Pero Xesús díxolles: -Deixade os nenos, e non lles impidades que veñan a min, porque dos que son coma estes é o reino dos ceos. 15E despois de poñer as mans sobre eles, marchou de alí.16E velaquí achegóuselle un e dixo: -Mestre, que ben farei para obter a vida eterna? 17E El díxolle: -Por que me preguntas acerca do bo? Só Un é bo; pero se desexas entrar na vida, garda os mandamentos.18El díxolle: -Cales? E Xesús respondeu: -"Non matarás; non cometerás adulterio; non roubarás; non darás falso testemuño; 19honra a teu pai e a túa nai; e amarás o teu próximo coma a ti mesmo".20O mozo díxolle: -Todo isto gardeino; que me falta aínda? 21Xesús díxolle: -Se queres ser perfecto, vai e vende as túas posesións e dállelo aos pobres, e terás tesouro nos ceos; e ven, sígueme. 22Pero ao oír o mozo estas palabras, foise triste, porque posuía moitos bens.23E Xesús dixo aos seus discípulos: -En verdade dígovos que é difícil que un rico entre no reino dos ceos. 24E outra vez dígovos que é máis doado que un camelo pase polo ollo dunha agulla, ca un rico entre no reino de Deus.25Ao oír isto, os discípulos estaban cheos de asombro, e dicían: -Entón, quen poderá salvarse? 26Pero Xesús, mirándoos, díxolles: -Para o ser humano iso é imposible, pero para Deus tódalas cousas son posibles. 27Entón respondendo Pedro, díxolle: -Velaquí, nós deixámolo todo e seguímoste; que, pois, recibiremos?28E Xesús díxolles:-En verdade dígovos que vós que me seguistes, na rexeneración, cando o Fillo do Home sente no trono da súa gloria, sentaredes tamén sobre doce tronos para xulgardes as doce tribos de Israel.29E todo o que deixou casas, ou irmáns, ou irmás, ou pai, ou nai, ou fillos ou terras polo meu nome, recibirá cen veces máis, e herdará a vida eterna. 30Pero moitos primeiros serán derradeiros, e os derradeiros, primeiros.
1Porque o reino dos ceos é semellante ao dono dunha casa que saíu moi de mañá para contratar obreiros para a súa viña. 2E acordando cos obreiros nun denario ao día, mandounos á súa viña.3E saíu como á hora terceira, e viu parados na praza a outros que estaban sen traballo; 4e díxolles: -Ide tamén vós á viña, e dareivos o que sexa xusto. E eles foron.5Volveu saír como á hora sexta e á novena, e fixo o mesmo. 6E saíndo como á hora undécima, atopou a outros parados, e díxolles: -Por que estivestes aquí parados todo o día sen traballar? 7Eles dixéronlle: -Porque ninguén nos contratou. El díxolles: -Ide tamén vós á viña.8E á tardiña, o señor da viña dixo ao seu mordomo: chama os obreiros e págalles o seu xornal, comezando polos últimos ata os primeiros. 9Cando chegaron os que foran contratados como á hora undécima, cada un recibiu un denario. 10E cando chegaron os que foran contratados primeiro, pensaban que recibirían máis; pero eles tamén recibiron cadanseu denario.11E ao recibilo, murmuraban contra o dono da casa, 12dicindo: -Estes últimos traballaron só unha hora, pero fixéchelos iguais a nós que soportamos o peso e a calor abrasadora do día.13Pero respondendo el, dixo a un deles: -Amigo, non che fago ningunha inxustiza; non acordamos nun denario? 14Toma o que é teu, e vaite; pero eu quero darlle a este último o mesmo que a ti.15Non podo facer o que quero co que é meu? Ou estás a mirarme mal porque eu son bo? 16Así, os derradeiros serán primeiros, e os primeiros, derradeiros.17Cando Xesús ía subindo a Xerusalém, colleu aparte os doce discípulos, e polo camiño díxolles: 18-Velaquí, subimos a Xerusalém, e o Fillo do Home será entregado aos principais sacerdotes e escribas, e condenarano a morte; 19e entregarano aos xentís para burlarse del, azoutalo e crucificalo, pero ao terceiro día será resucitado.20Entón achegóuselle a nai dos fillos de Zebedeo cos seus fillos, prostrándose diante del e pedíndolle algo. 21E El díxolle: -Que desexas? Ela díxolle: -Ordena que no teu reino estes dous fillos meus senten un á túa dereita e o outro á túa esquerda.22Pero respondendo Xesús, dixo: -Non sabedes o que pedides. Podedes beber a copa que Eu vou beber? Eles dixéronlle: -Podemos. 23El díxolles: -A miña copa certamente beberedes, pero sentar á miña dereita e á miña esquerda non é cousa miña o concedelo, senón que é para quen foi preparado polo meu Pai. 24Ao escoitar isto, os dez indignáronse contra os dous irmáns.25Pero Xesús, chamando por eles, díxolles: -Sabedes que os gobernantes dos xentís téñenos sometidos, e que os grandes os asoballan. 26Non ha ser así entre vós, senón que o que queira chegar a ser grande entre vosoutros, será o voso servidor, 27e o que queira entre vós ser o primeiro, será o voso servo; 28así como o Fillo do Home non veu para ser servido, senón para servir e para dar a súa vida en rescate por moitos.29Ao saír de Iericó, seguiuno unha gran multitude. 30E velaquí, dous cegos que estaban sentados na beira do camiño, ao sentir que Xesús pasaba, berraron dicindo: -Señor, Fillo de David, ten misericordia de nós! 31E a xente reprendíaos para que calasen, pero eles berraban aínda máis, dicindo:-Señor, Fillo de David, ten misericordia de nós!32Deténdose Xesús, chamounos, e dixo: -Que queredes que faga por vós? 33Eles dixéronlle: -Señor, desexamos que os nosos ollos sexan abertos. 34Entón Xesús, movido pola compaixón, tocou os ollos deles, e ao instante recobraron a vista, e seguírono.
1Cando se achegaron a Xerusalém e foron por Betfagué cara o monte das Oliveiras, Xesús entón mandou a dous discípulos, 2dicíndolles: -Ide á aldea que está enfronte de vós, e enseguida atoparedes unha burra atada e un burriño con ela; desatádea e traédemos. 3E se alguén vos di algo, dicide: -O seu Señor necesítaos; e mandaraos decontado.4Isto aconteceu para que se cumprise o devandito por medio do profeta, cando dixo: 5"Dicide á filla de Sión: mira, o teu rei vén a ti, humilde e montado nun burro, e nun burriño, fillo de besta de carga".6Entón foron os discípulos e fixeron tal como lles mandara Xesús, 7e trouxeron a burra e o burriño; puxeron sobre eles os seus mantos, e Xesús sentou enriba. 8A maioría da multitude tendeu os seus mantos no camiño; outros cortaban ramas das árbores e estendíanas polo camiño.9E as multitudes que ían diante del, e as que ían detrás, berraban, dicindo: -Hosanna ao Fillo de David! Bendito o que vén no nome do Señor!Hosanna nas alturas! 10E ao entrar en Xerusalém, estremeceuse a cidade enteira dicindo: -Quen é este? 11E as multitudes contestaban:-Este é o profeta Xesús, o de Nazaret de Galilea.12E entrou Xesús no templo e botou fóra a todos os que mercaban e vendían no templo, e envorcou as mesas dos cambiadores e as cadeiras dos que vendían as pombas. 13E díxolles: -Escrito está: "A miña casa será chamada casa de oración", pero vós estádela facendo cova de ladróns. 14E no templo achegáronse a El os cegos e os coxos, e sandounos.15Pero cando os principais sacerdotes e escribas viron as marabillas que fixera, e sentiron berrar os raparigos no templo dicindo: Hosanna ao Fillo de David! Indignáronse 16e dixéronlle: -Estás a escoitar o que estes din? E Xesús respondeulles: -Si, nunca lestes: "Da boca dos pequenos e dos nenos de peito perfeccionaches a loanza"? 17E deixándoos, saíu fóra da cidade, cara a Betania, e pasou alí a noite.18Pola mañá, cando regresaba á cidade, tivo fame. 19E ao ver unha figueira á beira do camiño, achegouse a ela, pero non achou nada nela senón só follas, e díxolle: -Nunca xamais brote froito de ti. E ao instante a figueira secou.20Ao ver isto, os discípulos marabilláronse e dixeron: -Como é que secou de súpeto a figueira? 21Respondendo Xesús, díxolles: -En verdade dígovos que se tedes fe e non dubidades, non só faredes o da figueira, senón que aínda se lle dicides a este monte: quítate e bótate ao mar, así será. 22E todo o que pidades en oración, crendo, recibirédelo.23Cando entrou Xesús no templo, os principais sacerdotes e os anciáns do pobo achegáronselle mentres ensinaba, dicindo: -Con que autoridade fas estas cousas, e quen che deu esta autoridade? 24E respondendo Xesús, díxolles: -Eu tamén vos farei unha pregunta, e se ma contestades, Eu tamén vos direi con que autoridade fago estas cousas.25O bautismo de Xoán, de onde era? Celestial ou humano? E eles discutían entre eles, dicindo: se dicimos: "do ceo", El diranos: entón, por que non lle crestes? 26E se dicimos: "dos homes", temémoslle á multitude; porque todos teñen a Xoán por profeta. 27E respondendo a Xesús, dixeron: -Non sabemos. El á súa vez díxolles: -Tampouco Eu vos direi con que autoridade fago estas cousas.28Pero, que vos parece? Un home tiña dous fillos, e achegándose ao primeiro, díxolle: -Fillo, vai, traballa hoxe na viña. 29E respondendo el, dixo: -Non quero; pero despois, arrepentido, foi. 30E achegándose ao outro, díxolle o mesmo; pero el respondeu e dixo: -Eu irei, señor; e non foi.31Cal dos dous fixo a vontade do pai? Eles dixeron: -O primeiro. Xesús díxolles: -En verdade dígovos que os recadadores de impostos e as prostitutas entrarán no reino de Deus por diante de vós. 32Porque Xoán veu a vós en camiño de xustiza e non lle crestes, pero os recadadores de impostos e as prostitutas créronlle; e vós, vendo isto, nin sequera vos arrepentistes despois para crerlle.33Escoitade outra parábola. Había unha vez un dono dunha casa que plantou unha viña e cercouna cun valo, e cavou nela un lagar e edificou unha torre, arrendóullela a uns labradores e marchou de viaxe. 34E cando se achegou o tempo da colleita, e mandou os seus servos aos labradores para recibir os seus froitos.35Pero os labradores, collendo os servos, golpearon a un, mataron a outro e a outro apedrárono. 36Volveu mandar outro grupo de servos, maior que o primeiro, e fixéronlles o mesmo. 37Finalmente mandoulles o seu fillo, dicindo: -Han respectar o meu fillo.38Pero cando os labradores viron o fillo, dixeron entre eles: -Este é o herdeiro; vide, matémolo e quedemos coa herdanza. 39E agarrárono, botárono fóra da viña e matárono.40Cando veña, pois, o dono da viña, que fará con eses labradores? 41Eles dixéronlle: -Levará a eses miserables a un fin lamentable, e arrendaralles a viña a outros labradores que lle paguen os froitos ao seu tempo.42Xesús díxolles: -Nunca lestes nas Escrituras: "A pedra que rexeitaron os construtores, esta converteuse en pedra angular; isto foi feito de parte do Señor, e é marabilloso aos nosos ollos"?43Por iso dígovos que o reino de Deus seravos quitado e será dado a unha nación que produza os seus froitos. 44E o que caia sobre esta pedra será esnaquizado; pero aquel sobre o que ela caia, será feito po.45Ao escoitar as súas parábolas os principais sacerdotes e os fariseos, comprenderon que falaba deles. 46E cando procuraron prenderlo, tiveron medo da multitude, porque o tiña por profeta.
1Tomando Xesús a palabra, faloulles outra vez en parábolas, dicindo: 2-O reino dos ceos pode compararse a un rei que fixo un banquete de vodas para o seu fillo. 3E mandou os seus servos para chamar os que foran convidados ás vodas, pero non quixeron vir.4De novo mandou outros servos, dicindo: -Dicide os que foron convidados: mirade, xa preparei o meu banquete; matei os meus xatos e animais cebados, e todo está preparado; vinde ao convite das vodas.5Pero eles non fixeron caso e fóronse: un ao seu campo, outro aos seus negocios, 6e os demais, botando man aos servos, maltratáronos e matáronos. 7Entón o rei enfureceuse, e mandando os seus exércitos, destruíu a aqueles asasinos e incendiou a súa cidade.8Logo dixo aos seus servos: -A voda está preparada, pero os que foron convidados non eran dignos. 9Ide, por tanto, ás saídas dos camiños, e convidade ás vodas a cantos atopedes. 10E aqueles servos saíron polos camiños, e reuniron a todos os que atoparon, tanto malos como bos; e o salón de vodas encheuse de convidados.11Pero cando o rei entrou a ver os convidados, viu alí alguén que non estaba vestido con traxe de voda, 12e díxolle: -Amigo, como entraches aquí sen traxe de voda? E el calou.13Entón o rei dixo aos serventes: -Atádelle as mans e os pés, e botádeo ás tebras de fóra; alí será o pranto e o renxer de dentes. 14Porque moitos son chamados, pero poucos escollidos.15Entón marcharon os fariseos para deliberar como enredalo nalgunha palabra. 16E mandáronlle os seus discípulos xunto cos herodianos, dicindo:- Mestre, sabemos que es veraz e que ensinas o camiño de Deus con verdade, e non buscas o favor de ninguén, porque es imparcial. 17Dinos, pois, que che parece: é lícito pagar imposto ao César, ou non?18Pero Xesús, coñecendo a súa malicia, dixo: -Por que me poñedes a proba, hipócritas? Mostrádeme a moeda que se usa para pagar ese imposto. 19E trouxéronlle un denario.20E El díxolles:-De quen é esta imaxe e esta inscrición? 21Eles dixéronlle: -Do César. Entón El díxolles: -Pois dade ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus. 22Ao escoitar isto, marabilláronse; e deixándoo, fóronse.23Ese día achegáronselle algúns saduceos (os que din que non hai resurrección), e preguntáronlle, 24dicindo: -Mestre, Moisés dixo: "Se algún morre sen ter fillos, o seu irmán, como parente máis próximo, casará coa súa muller e daralle descendencia ao seu irmán".25Agora ben, había entre nós sete irmáns; e o primeiro casou, e morreu; pero non tendo descendencia, deixoulle a muller ao seu irmán; 26de igual maneira tamén o segundo, e o terceiro, ata o sétimo. 27E despois de todos, morreu a muller. 28Por tanto, na resurrección, de cal dos sete será muller? Porque foi muller de todos eles.29Pero Xesús respondeu e díxolles: -Estades errados, por non comprender as Escrituras nin o poder de Deus. 30Porque na resurrección, nin casan nin son dados en matrimonio, senón que son coma os anxos de Deus no ceo.31E en canto á resurrección dos mortos, non lestes o que vos foi dito por Deus, cando dixo: 32"Eu son o Deus de Abraham, e o Deus de Isaac, e o Deus de Xacob"? El non é Deus de mortos, senón de vivos. 33Cando o escoitaban, as multitudes admirábanse do seu ensino.34Pero ao saber os fariseos que Xesús deixara calados aos saduceos, agrupáronse; 35e un deles, intérprete da lei, para poñelo a proba preguntoulle: 36-Mestre, cal é o gran mandamento da lei?37E El díxolle: "Amarás o Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e con toda a túa alma, e con toda a túa mente". 38Este é o grande e o primeiro mandamento.39E o segundo é semellante a este: "Amarás o teu próximo como a ti mesmo". 40Destes dous mandamentos dependen toda a lei e os profetas.41E estando reunidos os fariseos, Xesús fíxolles unha pregunta, 42dicindo: -Cal é a vosa opinión sobre o Mesías? De quen é fillo? Eles dixéronlle: -De David.43El díxolles: -Entón, como é que David no Espírito o chama Señor, dicindo: 44"Díxolle o Señor ao meu Señor: senta á miña dereita, ata que poña os teus inimigos coma estrado dos teus pés"?45Pois se David o chama Señor, como é El o seu fillo? 46E ninguén puido contestarlle nin unha palabra, e dende ese día ningún se atreveu a facerlle máis preguntas.
1Entón Xesús falou ao xentío e aos seus discípulos, 2dicindo: -Os escribas e os fariseos sentan na cátedra de Moisés. 3Así que facede e observade todo o que vos digan; pero non fagades conforme ás súas obras, porque eles din e non fan.4Atan cargas pesadas e difíciles de levar, e póñenas sobre os ombreiros dos outros, pero eles non queren movelas nin cun dedo. 5Senón que fan todas as súas obras para seren vistos polos demais; pois alargan os seus filacterios e alongan os flocos dos seus mantos;6aman o lugar de honra nos banquetes e os primeiros asentos nas sinagogas, 7e os saúdos respectuosos nas prazas e seren chamados Rabí pola xente.8Pero vós non deixedes que vos chamen "Rabí"; porque un é o voso Mestre e todos vós sodes irmáns. 9E non chamedes a ninguén "pai" na terra, porque un é o voso Pai, o que está nos ceos. 10Nin deixedes que vos chamen "dirixentes"; porque un é o voso Guía, o Mesías.11E o maior de vós será o voso servidor. 12Porque calquera que se enxalce, será humillado, e calquera que se humille, será enxalzado.13Pero ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! Porque pechades o reino dos ceos a todos; nin entrades, nin deixades entrar aos que están a entrar. 14Ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! Porque devorades as casas das viúvas, facendo longas oracións como pretexto; por iso recibiredes maior condenación. 15Ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! Porque percorredes o mar e a terra para facer un prosélito, e cando chega a selo, facédelo fillo do inferno dúas veces máis ca vós.16Ai de vós, guías cegos! Que dicides: non é nada que algún xure polo templo; pero o que xura polo ouro do templo, contrae obriga. 17Insensatos e cegos! Porque, que é máis importante: o ouro, ou o templo que santificou o ouro?18Tamén dicides: non é nada que algún xure polo altar; pero o que xura pola ofrenda que está sobre el, contrae obriga. 19Cegos! Porque, que é máis importante: a ofrenda, ou o altar que santifica a ofrenda?20Por iso, o que xura polo altar, xura por el e por todo o que está sobre el; 21e o que xura polo templo, xura por el e por Aquel que o habita; 22e o que xura polo ceo, xura polo trono de Deus e polo que está sentado nel.23Ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! Porque pagades o décimo da menta, do aneto e do comiño, e descoidastes os preceptos de máis peso da lei: a xustiza, a misericordia e a fidelidade; e estas son as cousas que debiades facer, sen descoidar aquelas. 24Guías cegos, que coades o mosquito e tragades o camelo!25Ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! Porque limpades o exterior do vaso e do prato, pero por dentro estades cheos de roubo e de desenfreo. 26Fariseo cego! Limpa primeiro o de dentro do vaso e do prato, para que o de fóra tamén quede limpo.27Ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! porque sodes semellantes a sepulcros branquexados, que por fóra locen fermosos, pero por dentro están cheos de ósos de mortos e de toda inmundicia. 28Así tamén vós, por fóra parecedes xustos diante de tódalas persoas, pero por dentro estades cheos de hipocrisía e de iniquidade.29Ai de vós, escribas e fariseos, hipócritas! Porque edificades os sepulcros dos profetas e adornades os monumentos dos xustos, 30e dicides: se vivísemos nos días dos nosos pais, non seriamos cómplices deles ao derramar o sangue dos profetas. 31Así que dades testemuño en contra de vós mesmos, que sodes fillos dos que asasinaron os profetas.32Enchede, pois, a medida da culpa dos vosos pais. 33Serpes! Camada de víboras! Como fuxiredes do xuízo do inferno?34Por tanto, mirade, Eu mándovos profetas, sabios e escribas: deles, a uns matarédelos e crucificarédelos, e a outros azoutarédelos nas vosas sinagogas e perseguirédelos de cidade en cidade, 35para que recaia sobre vós a culpa de todo o sangue xusto derramado sobre a terra, dende o sangue do xusto Abel ata o sangue de Zacarías, fillo de Berequías, a quen asasinaches entre o templo e o altar. 36En verdade dígovos que todo isto virá sobre esta xeración.37Xerusalém, Xerusalém, a que mata os profetas e apedra os que son mandados a ela! Cantas veces quixen xuntar os teus fillos, como a galiña xunta os seus poliños debaixo das súas ás, e non quixeches! 38Velaquí, a vosa casa déixasevos deserta. 39Porque dígovos que de agora en diante non me veredes máis ata que digades: bendito o que vén no nome do Señor.
1Ía Xesús polo camiño ao saír do templo, cando os discípulos se lle achegaron para amosarlle os edificios do templo. 2Pero respondendo El, díxolles: -Vedes todo isto? En verdade dígovos: -Non quedará aquí pedra sobre pedra que non sexa derrubada.3E estando El sentado no monte das Oliveiras, achegáronselle os discípulos en privado, dicindo: -Dinos, cando sucederá isto, e cal será o sinal da túa vinda e da consumación deste século? 4Respondendo Xesús, díxolles: -Mirade que ninguén vos engane. 5Porque moitos virán no meu nome, dicindo: "eu son o Mesías", e enganarán a moitos.6E sentiredes de guerras e rumores de guerras. Coidado! Non vos alarmedes, porque é necesario que todo isto aconteza; pero aínda non é o fin. 7Porque se ha levantar nación contra nación, e reino contra reino, e haberá fame e terremotos por diferentes lugares. 8Pero todo isto só é o comezo das dores.9Entón entregaranvos a tribulación, e mataranvos, e seredes odiados de tódalas nacións por mor do meu nome. 10Moitos tropezarán entón e caerán, e traizoaranse uns a outros, e odiaranse uns a outros. 11E levantaranse moitos falsos profetas, e enganarán a moitos.12E debido ao aumento da iniquidade, o amor de moitos arrefriará. 13Pero o que persevere ata o fin, ese será salvo. 14E este evanxeo do reino será proclamado en todo o mundo como testemuño a tódalas nacións, e entón virá o fin.15Por tanto, cando vexades a abominación da desolación, da que se falou por medio do profeta Daniel, colocada no lugar santo (o que lea, que entenda), 16entón os que estean en Xudea, fuxan aos montes; 17o que estea na azotea, non baixe a sacar as cousas da súa casa; 18e o que estea no campo, non volva atrás a coller a súa capa.19Pero, ai das que estean embarazadas ou a criar naqueles días! 20Orade para que a vosa fuxida non sexa no inverno, nin en día de repouso, 21porque haberá entón unha gran tribulación, tal como non aconteceu dende o principio do mundo ata o de agora, nin acontecerá xamais. 22E de non seren acurtados, non se salvaría ninguén; pero por causa dos escollidos, aqueles días serán acurtados.23Entón se algún vos di: "mirade, aquí está o Mesías", ou: "alí está", non lle creades. 24Porque levantaranse falsos cristos e falsos profetas, e mostrarán grandes sinais e prodixios, para así enganar, de ser posible, aínda os escollidos. 25Mirade que volo dixen de antemán.26Por tanto, se vos din: "ollade, El está no deserto", non vaiades; ou: "ollade, El está nos dormitorios", non lles creades. 27Porque así como o lóstrego sae do oriente e resplandece ata o occidente, así será a vinda do Fillo do Home. 28Onde estea o cadáver, alí xuntaranse os voitres.29Pero inmediatamente despois da tribulación deses días, o sol ha escurecerse, a lúa non dará a súa luz, as estrelas caerán do ceo e as potencias dos ceos serán abaneadas.30Entón aparecerá no ceo o sinal do Fillo do Home; e todas as tribos da terra se lamentarán, e verán o Fillo do Home que vén sobre as nubes do ceo con poder e gran gloria. 31E El mandará os seus anxos cunha gran trompeta e reunirán os seus escollidos dos catro ventos, dende un extremo dos ceos ata o outro.32E da figueira aprendede a parábola: cando a súa rama xa se pon tenra e bota as follas, sabedes que o verán está preto. 33Así tamén vós, cando vexades todas estas cousas, sabede que El está preto, ás portas.34En verdade dígovos que non pasará esta xeración ata que todo isto suceda. 35O ceo e a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.36Pero daquel día e hora ninguén sabe, nin sequera os anxos do ceo, nin o Fillo, senón só o Pai.37Porque como nos días de Noé, así será a vinda do Fillo do Home. 38Pois así como naqueles días antes do diluvio estaban comendo e bebendo, casando e dándose en casamento, ata o día en que entrou Noé no arca, 39e non comprenderon ata que veu o diluvio e os levou a todos; así será a vinda do Fillo do Home.40Entón estarán dous no campo; un será levado e o outro será deixado. 41Dúas mulleres estarán a moer no muíño; unha será levada e a outra será deixada. 42Por tanto, velade, porque non sabedes en que día vén o voso Señor.43Pero comprendede isto: se soubese o dono da casa a que hora da noite ía vir o ladrón, estaría alerta e non permitiría que entrase na súa casa. 44Por iso, tamén vós estade preparados, porque á hora que non pensades virá o Fillo do Home.45Quen é, pois, o servo fiel e prudente a quen o seu señor puxo sobre os da súa casa para que lles dese a comida ao seu tempo? 46Ditoso aquel servo a quen, cando o seu señor veña, o atope facendo así. 47De certo dígovos que o poñerá sobre todos os seus bens.48Pero se aquel servo é malo, e di no seu corazón: o meu señor tardará; 49e empeza a bater nos seus compañeiros de servizo, e come e bebe cos que se emborrachan, 50virá o señor daquel servo o día que non o espera, e a unha hora que non sabe, 51e azoutarao severamente e daralle a súa parte cos hipócritas; alí será o pranto e o renxer de dentes.
1Entón o reino dos ceos é semellante a dez virxes que collendo as súas lámpadas, saíron a recibir o esposo. 2E cinco delas eran insensatas, e cinco prudentes. 3Porque as insensatas, ao coller as súas lámpadas, non se fixeron co aceite, 4pero as prudentes colleron o aceite en frascos xunto coas súas lámpadas.5Ao tardarse o esposo, veulles o sono e durmíronse. 6Pero a medianoite oíuse un clamor: aquí está o esposo! Saíde a recibilo.7Entón todas aquelas virxes erguéronse e arranxaron as súas lámpadas. 8E as insensatas dixeron ás prudentes: -Dádenos do voso aceite, porque as nosas lámpadas apáganse. 9Pero as prudentes responderon, dicindo: -Non, non sexa que non haxa abondo para nós e para vós; ide máis ben aos que venden e mercade para vosoutras.10E mentres elas ían mercar, veu o esposo, e as que estaban preparadas entraron con el ao banquete de vodas, e pechouse a porta. 11Despois viñeron tamén as outras virxes, dicindo: -Señor, señor, ábrenos! 12Pero respondendo El, dixo: -En verdade dígovos que non vos coñezo. 13Velade, pois, porque non sabedes nin o día nin a hora.14Porque o reino dos ceos é coma un home que ao emprender unha viaxe, chamou polos seus servos e encomendoulles os seus bens. 15E a un deulle cinco talentos, a outro dous, e a outro un, a cada un conforme á súa capacidade; e marchou de viaxe. 16O que recibira os cinco talentos, foi axiña e negociou con eles e gañou outros cinco talentos.17Así mesmo o que recibira os dous talentos gañou outros dous. 18Pero o que recibira un, foi e cavou na terra e agachou o diñeiro do seu señor.19Despois de moito tempo veu o señor daqueles servos, e fixo contas con eles. 20E chegando o que recibira os cinco talentos, trouxo outros cinco talentos, dicindo: -Señor, entregáchesme cinco talentos; mira, gañei outros cinco. 21O seu señor díxolle: -Ben, servo bo e fiel; no pouco fuches fiel, heite poñer sobre moito; entra a gozar da festa do teu señor.22Chegando tamén o dos dous talentos, dixo: -Señor, déchesme dous talentos; mira, gañei outros dous. 23O seu señor díxolle: -Ben, servo bo e fiel; no pouco fuches fiel, heite poñer sobre moito; entra no gozo do teu señor.24Pero chegando tamén o que recibira un talento, dixo: -Señor, eu sabía que es un home duro, que segas onde non sementaches e recolles onde non esparexiches, 25e tiven medo, e fun e agachei o teu talento na terra; mira, velaquí o teu.26Pero o seu señor respondeu, e díxolle: -Servo malo e preguiceiro, sabías que sego onde non sementei, e que recollo onde non esparexín. 27Debiches entón poñer o meu diñeiro no banco, e ao chegar eu recibiría os cartos con intereses.28Por tanto, quitádelle o talento e dádello ao que ten os dez talentos. 29Porque a todo o que ten, daráselle máis, e terá en abundancia; pero ao que non ten, aínda o que ten quitaráselle. 30E ao servo inútil, botádeo nas tebras de fóra; alí será o pranto e o renxer de dentes.31E cando o Fillo do Home veña na súa gloria, e todos os anxos con El, entón sentará no trono da súa gloria; 32e serán reunidas diante del tódalas nacións; e separará a uns dos outros, como o pastor estrema as ovellas dos cabritos. 33E poñerá as ovellas á súa dereita e os cabritos á súa esquerda.34Entón dirá o Rei aos da súa dereita: -Vinde, benditos do meu Pai, herdade o reino preparado para vós dende a fundación do mundo. 35Porque tiven fame, e déstesme para comer; tiven sede, e déstesme de beber; fun forasteiro, e acolléstesme; 36estiven espido, e vestístesme; enfermo, e visitástesme; no cárcere, e me viñestes ver.37Entón os xustos responderanlle, dicindo: Señor, cando foi que te vimos famento, e che demos para comer, ou sedento, e che demos de beber? 38E cando te vimos como forasteiro, e te acollemos, ou espido, e te vestimos? 39E cando te vimos enfermo, ou no cárcere, e te visitamos? 40Respondendo o Rei, diralles: -En verdade dígovos que en canto o fixestes a un destes irmáns meus, aínda aos máis pequenos, a min mo fixestes.41Entón dirá tamén aos da súa esquerda: -Arredade de min, malditos, ao lume eterno que foi preparado para o diaño e os seus anxos! 42Porque tiven fame, e non me destes para comer, tiven sede, e non me destes de beber; 43fun forasteiro, e non me acollestes; estiven espido, e non me vestistes; enfermo, e no cárcere, e non me visitastes.44Entón eles tamén responderán, dicindo: -Señor, cando te vimos famento, ou sedento, ou como forasteiro, ou espido, ou enfermo, ou no cárcere, e non te servimos? 45El entón responderalles, dicindo: -En verdade dígovos que en canto non llo fixestes a un destes máis pequenos, tampouco a min mo fixestes. 46E estes irán ao castigo eterno, pero os xustos á vida eterna.
1Cando Xesús rematou todas estas palabras, dixo aos seus discípulos: 2sabedes que dentro de dous días vaise celebrar a Pascua, e o Fillo do Home vai ser entregado para ser crucificado.3Entón os principais sacerdotes e os anciáns do pobo reuníronse no patio do sumo sacerdote chamado Caifás. 4E maquinaron entre eles prender a Xesús con engano e matalo. 5Pero dicían: -Durante a festa non, para que non se forme un balbordo no pobo.6E estando Xesús en Betania, na casa de Simón o gafo, 7achegóuselle unha muller cun frasco de alabastro de perfume moi custoso, e derramouno sobre a súa cabeza cando estaba recostado á mesa. 8Pero ao ver isto, os discípulos indignáronse, e dicían: -Para que este desperdicio? 9Porque este perfume puido venderse a gran prezo, e terlle dado os cartos aos pobres.10Pero Xesús, dándose conta, díxolles: -Por que molestades á muller? Boa obra fixo comigo. 11Porque os pobres sempre os teredes convosco, pero a min non sempre me teredes.12Pois ao derramar ela este perfume sobre o meu corpo, fíxoo a fin de prepararme para a sepultura. 13En verdade dígovos: -Onde queira que este evanxeo sexa predicado no mundo enteiro, falarase tamén do que esta muller fixo, para honra dela.14Entón un dos doce, chamado Xudas Iscariote, foi aos principais sacerdotes, 15e dixo: -Que estades dispostos a darme para que eu volo entregue? E eles pesáronlle trinta pezas de prata. 16E dende entón andaba á procura dunha oportunidade para entregalo.17O primeiro día da festa dos pans sen fermento, achegáronse os discípulos a Xesús, dicindo: -Onde queres que che fagamos os preparativos para comer a Pascua? 18E El respondeu: -Ide á cidade, a certo home, e dicídelle: -O Mestre di: o meu tempo está preto; quero celebrar a Pascua na túa casa cos meus discípulos. 19Entón os discípulos fixeron como Xesús lles mandou, e prepararon a Pascua.20Á tardiña, estaba El recostado á mesa cos doce discípulos. 21E mentres comían, dixo: -En verdade dígovos que un de vós me vai entregar. 22E eles, profundamente entristecidos, comezaron a dicirlle un por un: -Seica son eu, Señor?23Respondendo El, dixo: -O que mete a man comigo no prato, ese entregarame. 24O Fillo do Home vaise, segundo está escrito del; pero ai daquel home por quen o Fillo do Home é entregado! Mellor lle sería a ese home non ter nacido. 25E respondendo Xudas, o que o ía entregar, dixo: -Seica son eu, Rabí? E El díxolle: -Dixéchelo ti.26Mentres comían, Xesús colleu pan, e bendicíndoo, partiuno, e dándollelo aos discípulos, dixo: -Tomade, comede; isto é o meu corpo.27E collendo unha copa, e dando grazas, déullela, dicindo: bebede todos dela; 28porque isto é o meu sangue do novo pacto, que é derramado por moitos para o perdón dos pecados. 29E dígovos que dende agora non beberei máis deste froito da vide, ata aquel día cando no reino do meu Pai beba convosco do viño novo.30E despois de cantar un himno, saíron cara o monte das Oliveiras. 31Entón Xesús díxolles: -Esta noite todos vos apartaredes por causa de min, pois escrito está: "Ferirei o pastor, e as ovellas do rabaño dispersaranse". 32Pero despois de que Eu sexa resucitado, irei diante de vós a Galilea.33Entón Pedro, respondendo, díxolle: -Aínda que todos se aparten por causa de ti, eu nunca me escandalizarei. 34Xesús díxolle: -En verdade dígoche que esta mesma noite, antes que o galo cante, negarasme tres veces. 35Pedro díxolle: -Aínda que teña que morrer contigo, xamais te negarei. E os discípulos todos dixeron o mesmo.36Entón Xesús chegou con eles a un lugar que se chama Xetsemaní, e dixo aos seus discípulos: -Sentádevos aquí mentres eu vou alá e oro. 37E collendo consigo a Pedro e aos dous fillos de Zebedeo, comezou a entristecerse e a anguriarse. 38Entón díxolles: -A miña alma está moi aflixida, ata o punto da morte; quedade aquí e velade comigo.39E adiantándose un pouco, caeu sobre o seu rostro, orando e dicindo: -Meu Pai, se é posible, que pase de min esta copa! Pero non sexa como Eu quero, senón como queres ti. 40Veu entón aos discípulos e atopounos durmindo, e díxolle a Pedro: -Conque non puidestes velar unha hora comigo? 41Velade e orade para que non entredes en tentación; o espírito está disposto, pero a carne é feble.42Afastándose de novo, orou por segunda vez, dicindo: -Meu Pai, se esto non pode pasar sen que eu o beba, fágase a túa vontade! 43E veu outra vez e atopounos durmindo, porque os seus ollos estaban cargados de sono. 44Deixándoos de novo, foise e orou por terceira vez, dicindo outra vez as mesmas palabras.45Entón veu aos discípulos e díxolles: -Aínda estades durmindo e descansando? Velaquí, chegou a hora, e o Fillo do Home é entregado en mans de pecadores. 46Erguédevos! Imos! Mirade, está preto o que me entrega.47Mentres aínda estaba El falando, velaquí, Xudas, un dos doce, chegou acompañado dunha gran multitude con espadas e garrotes, de parte dos principais sacerdotes e dos anciáns do pobo. 48E o que o entregaba déralles un sinal, dicindo: -Ao que eu bique, ese é; prendédeo.49E coa mesma achegouse a Xesús e dixo: -Salve, Rabí! E bicouno. 50E Xesús díxolle: -Compañeiro, fai o que viñeches facer. Entón eles achegáronse, botáronlle a man a Xesús e prendérono.51E aconteceu que un dos que estaban con Xesús, estendendo a man, sacou a súa espada, e ferindo o servo do sumo sacerdote, cortoulle a orella. 52Entón Xesús díxolle: volve a túa espada ao seu sitio, porque todos os que boten man da espada, a espada perecerán. 53Ou pensas que non podo rogar ao meu Pai, e El poñería á miña disposición agora mesmo máis de doce lexións de anxos? 54Pero, como se cumprirían entón as Escrituras que din que así debe acontecer?55Naquel momento Xesús dixo á multitude: -Saístes con espadas e garrotes na miña contra, coma se fose ladrón, para arrestarme? Cada día adoitaba sentar no templo para ensinar, e non me prendestes. 56Pero todo isto aconteceu para que se cumpran as Escrituras dos profetas. Entón todos os discípulos o abandonaron e fuxiron.57E os que prenderon a Xesús levárono diante do sumo sacerdote Caifás, onde estaban reunidos os escribas e os anciáns. 58E Pedro foino seguindo de lonxe ata o patio do sumo sacerdote, e entrando, sentou cos alguacís para ver en que daba todo aquilo.59E os principais sacerdotes e todo o Sanedrín procuraban obter falso testemuño contra Xesús, co fin de darlle morte, 60e non o atoparon a pesar de que se presentaron moitas falsas testemuñas. Pero máis tarde presentáronse dous, 61que dixeron: -Este dixo: Eu podo destruír o templo de Deus e reedificalo en tres días.62Entón o sumo sacerdote, erguéndose, díxolle: -Non respondes nada? Que testifican estes contra ti? 63Mais Xesús calaba. E o sumo sacerdote díxolle: -Conxúrote polo Deus vivente que nos digas se ti es o Mesías, o Fillo de Deus! 64Xesús díxolle: -Dixéchelo ti mesmo; con todo, dígovos que dende agora veredes o Fillo do Home sentado á dereita do Poder, e vindo sobre as nubes do ceo.65Entón o sumo sacerdote rachou as súas vestiduras, dicindo: -Blasfemou! Que necesidade temos de máis testemuñas? Velaquí, agora mesmo oístes a blasfemia; 66que vos parece? Eles responderon e dixeron: -É reo de morte!67Entón cuspíronlle na cara e déronlle de puñadas; 68e outros dábanlle de labazadas, dicindo: -E agora que, Mesías, adiviña quen che pegou!69Pedro estaba sentado fóra no patio, e unha serventa achegóuselle e dixo: -Ti tamén estabas con Xesús o galileo. 70Pero el negouno diante de todos eles, dicindo: -Non sei de que me falas!71Cando saíu ao portal, viuno outra serventa e díxolles aos que estaban alí: -Este estaba con Xesús o nazareno. 72E outra vez el negouno con xuramento: -Eu non coñezo a ese home!73E un pouco despois achegáronse os que estaban alí e dixéronlle a Pedro: -Seguro que ti tamén es un deles, porque aínda a túa maneira de falar descóbrete. 74Entón el comezou a maldicir e a xurar: -Eu non coñezo a ese home! E ao instante un galo cantou. 75E Pedro lembrouse do que Xesús dixera: -Antes que o galo cante, negarasme tres veces. E saíndo fóra, chorou amargamente.
1Cando chegou a mañá, tódolos principais sacerdotes e os anciáns do pobo celebraron consello contra Xesús para darlle morte. 2E despois de atalo, levárono e entregárono a Pilato, o gobernador.3Entón Xudas, o que o entregara, vendo que Xesús fora condenado, sentiu remorsos e devolveu as trinta pezas de prata aos principais sacerdotes e aos anciáns, 4dicindo: -Pequei entregando sangue inocente. Pero eles dixeron: -A nós, que? Alá ti! 5E el, lanzando as pezas de prata no santuario, marchou; e foi e aforcouse.6E os principais sacerdotes colleron as pezas de prata, e dixeron: -Non é lícito poñelas no tesouro do templo, xa que é prezo de sangue. 7E despois de celebrar consello, compraron con elas o Campo do Oleiro para dar sepultura aos forasteiros. 8Por iso ese campo chamouse Campo do Sangue ata hoxe.9Entón cumpriuse o anunciado por medio do profeta Xeremías, cando dixo: "E colleron as trinta pezas de prata, o prezo daquel a quen os fillos de Israel xa tiñan taxado; 10e déronas polo Campo do Oleiro, como o Señor me ordenara".11E Xesús compareceu diante do gobernador, e este interrogouno, dicindo: -Es ti o Rei dos xudeus? E Xesús díxolle: -Estás a dicilo ti. 12E ao ser acusado polos principais sacerdotes e os anciáns, nada respondeu. 13Entón Pilato díxolle: -Non oes cantas cousas testifican contra ti? 14E Xesús non lle respondeu nin a unha soa pregunta, polo que o gobernador estaba moi asombrado.15Agora ben, en cada festa, o gobernador tiña por costume soltar un preso ao pobo, o que eles quixesen. 16E tiñan entón un preso famoso, chamado Barrabás.17Polo que, cando eles se reuniron, Pilato díxolles:-A quen queredes que vos solte: a Barrabás ou a Xesús, chamado o Mesías? 18Porque el sabía que o entregaran por envexa. 19E estando el sentado no tribunal, a súa muller mandoulle aviso, dicindo: -Non teñas nada que ver con ese xusto, porque hoxe sufrín moito en soños por causa del.20Pero os principais sacerdotes e os anciáns convenceron ás multitudes para que pediran a Barrabás e que deran morte a Xesús. 21E respondendo, o gobernador díxolles: -A quen dos dous queredes que vos solte? E eles responderon: -A Barrabás. 22Pilato díxolles: -Que farei entón con Xesús, chamado o Mesías? Todos dixeron:-Sexa crucificado!23E Pilato dixo: -Por que? Que mal fixo? Pero eles berraban aínda máis, dicindo: -Sexa crucificado! 24E vendo Pilato que non conseguía nada, senón que máis ben estaba a formarse un balbordo, colleu auga e lavou as mans diante da multitude, dicindo: -Son inocente do sangue deste xusto; alá vós!25E respondendo todo o pobo, dixo: -Caia o seu sangue sobre nós e sobre os nosos fillos! 26Entón soltoulles a Barrabás, pero a Xesús, despois de facelo azoutar, entregouno para que fora crucificado.27Entón os soldados do gobernador levaron a Xesús ao Pretorio, e reuniron ao redor del a toda a cohorte romana. 28E espíndoo, puxéronlle enriba un manto escarlata. 29E tecendo unha coroa de espiñas, puxéronlla sobre a súa cabeza, e unha cana na súa man dereita; e axeonllándose diante del, facíanlle burla, dicindo: -Salve, Rei dos xudeus!30E cuspíndolle, collían a cana e golpeábanlle na cabeza. 31Despois de burlarse del, quitáronlle o manto, puxéronlle as súas roupas e levárono para crucificalo.32E cando saían, atoparon a un home de Cirene chamado Simón, a quen obrigaron a levar a cruz. 33Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, que significa Lugar da Caveira, 34déronlle a beber viño mesturado con fel; pero despois de probalo, non quixo bebelo.35E crucificándoo, repartíronse os seus vestidos, botando sortes; 36e sentados, vixiábano. 37E puxeron sobre a súa cabeza a acusación contra El, que dicía: Este é Xesús, o Rei dos xudeus.38Entón foron crucificados con El dous ladróns, un á dereita e outro á esquerda. 39Os que pasaban inxuriábano, meneando a cabeza 40e dicindo: -Ti que destrúes o templo e en tres días o reedificas, sálvate a ti mesmo, se es o Fillo de Deus, e descende da cruz.41De igual maneira, tamén os principais sacerdotes, xunto cos escribas e os anciáns, burlándose del, dicían: 42-A outros salvou; a si mesmo non pode salvarse. Rei de Israel é; que baixe agora da cruz, e creremos nel.43En Deus confía; se o quere que o libre agora; porque dixo: Eu son o Fillo de Deus. 44Así tamén o inxuriaban os ladróns que foran crucificados con El.45E dende a hora sexta houbo escuridade sobre toda a terra ata a hora novena. 46E ao redor da hora novena, Xesús exclamou a gran voz, dicindo: -Elí, Elí, lema sabactani? Isto é: Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches? 47Algúns dos que estaban alí, ao ouvilo, dicían: -Este chama a Elías.48E ao instante, un deles correu, e collendo unha esponxa, empapouna en vinagre, e poñéndoa nunha cana, deulle a beber. 49Pero os outros dixeron: -Deixa, vexamos se vén Elías salvalo. 50Entón Xesús, clamando outra vez a gran voz, entregou o espírito.51E velaquí, o veo do templo rachouse en dous, de arriba abaixo, e a terra tremeu e as rochas partíronse; 52e os sepulcros abríronse, e os corpos de moitos santos que durmiran resucitaron; 53e saíndo dos sepulcros, despois da resurrección de Xesús, entraron na santa cidade e aparecéronse a moitos.54O centurión e os que estaban con el custodiando a Xesús, cando viron o terremoto e as cousas que sucedían, asustáronse moito, e dixeron: -En verdade Este era Fillo de Deus! 55E moitas mulleres que seguiran a Xesús dende Galilea para servirlle, estaban alí, mirando de lonxe; 56entre elas María Magdalena, María a nai de Xacobo e de Xosé, e a nai dos fillos de Zebedeo.57E á tardiña, veu un home rico de Arimatea, chamado Xosé, que tamén se convertera en discípulo de Xesús. 58Este presentouse a Pilato e pediulle o corpo de Xesús. Entón Pilato ordenou que llo entregasen.59Tomando Xosé o corpo, envolveuno nun lenzo limpo de liño, 60e púxoo no seu sepulcro novo que el escavara na rocha, e logo de rodar unha pedra grande á entrada do sepulcro, foise. 61E María Magdalena estaba alí, e a outra María, sentadas fronte o sepulcro.62Ao día seguinte, que é o día despois da Preparación, reuníronse diante de Pilato os principais sacerdotes e os fariseos, 63e dixéronlle: -Señor, lembrámonos que cando aquel enganador aínda vivía, dixo: despois de tres días resucitarei. 64Por iso, ordena que o sepulcro quede asegurado ata o terceiro día, non sexa que veñan os seus discípulos, o rouben, e digan ao pobo: resucitou de entre os mortos; e o último engano sexa peor que o primeiro.65Pilato díxolles: -Tedes unha garda; ide, asegurádea como vós sabedes. 66E foron e aseguraron o sepulcro; e ademais de poñer a garda, selaron a pedra.
1Cando rematou o día de repouso, ao mencer do primeiro día da semana, chegou María Magdalena maila outra María, para visitar o sepulcro. 2E houbo un grande terremoto, porque un anxo do Señor, descendendo do ceo, achegouse e fixo rodar a pedra, e sentou enriba dela.3O seu parecer era coma un lóstrego, e o seu vestido era branco coma a neve. 4E por medo a el, os gardas tremeron e ficaron coma mortos.5E o anxo comezou a falar e dixolles ás mulleres: -Non teñades medo, porque sei que procurades a Xesús, o que foi crucificado. 6Non está aquí, senón que resucitou tal como volo tiña dito. Vinde e vede o lugar onde o puxeron. 7Ide axiña a dicirlle aos seus discípulos que resucitou de entre os mortos, e vai diante de vós a Galilea, alí habédelo de ver, mirade que vos avisei!8E elas, saíndo do sepulcro con temor e grande ledicia, correron para dar a nova aos seus discípulos. 9E nestas, Xesús saíulles ao encontro dicindo: -Paz a vós! E elas achegándose prostráronse diante del e abrazáronse os seus pés. 10Xesús díxolles: -Non teñades medo. Ide e dicide aos meus irmáns que marchen para Galilea, e alí me verán.11Mentres elas ían, algúns da garda foran á cidade e dixéronlle aos sumos sacerdotes todo canto acontecera. 12Eles, despois de xuntarse e tomar consello cos anciáns, acordaron darlles moitas pezas de prata aos soldados, 13encargándolles: -Vós dicide: viñeron os seus discípulos de noite e roubaron o corpo mentres durmiamos.14E se iso chega aos ouvidos do gobernador, nos convencerémolo para que non teñades problemas. 15Eles entón, collendo as pezas de prata, fixeron tal e como lles mandaran. E ese dito divulgouse entre os xudeus ata hoxe.16Mais os once discípulos foron para Galilea, ao monte onde Xesús lles indicara. 17E véndoo, adorárono; mesmo que algúns dubidaban.18Enton Xesús achegándose faloulles dicindo: -Foime entregada toda a autoridade no ceo e máis na terra. 19Ide pois e facede discípulos a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.20Ensinándolles a gardar todo canto Eu vos mandei. E asegúrovos que Eu estou convosco todos os días, ata a fin do mundo.
1Principio do evanxeo de Xesús Cristo, Fillo de Deus. 2Como está escrito no profeta Isaías:"Velaquí, eu envío o meu mensaxeiro diante da túa faciana, quen preparará o teu camiño. 3Voz do que clama no deserto: preparade o camiño do Señor, facede dereitos os seus vieiros".4Xoán o Bautista apareceu no deserto pregoando o bautismo do arrepentimento para o perdón de pecados. 5E acudía a el toda a rexión da Xudea, e toda a xente de Xerusalém, e confesando os seus pecados, eran bautizados por el no río Xordán. 6Xoán estaba vestido de pelame de camelo, tiña un cinto de coiro á cintura, e comía lagostas e mel silvestre.7E proclamaba:-Tras de min vén un que é máis poderoso ca min, a quen non son digno de prostrarme para desatar a correa das súas sandalias. 8Eu bauticeivos con auga, pero El bautizaravos co Espírito Santo.9E sucedeu naqueles días que Xesús veu de Nazaret da Galilea, e foi bautizado por Xoán no Xordán. 10E deseguido, ao saír da auga, viu que os ceos se abrían, e que o Espírito baixaba coma unha pomba sobre El; 11e veu unha voz dos ceos, que dicía:-Ti es o meu Fillo amado, en Ti me comprazo.12Decontado o Espírito impulsouno a ir ao deserto. 13E estivo no deserto corenta días, sendo tentado por Satanás; e estaba entre as feras, e os anxos servíano.14Despois que Xoán fora encarcerado, Xesús veu á Galilea proclamando o evanxeo de Deus, 15e dicindo:-Cumpriuse o tempo e o reino de Deus achegouse; arrepentídevos e crede no evanxeo.16Mentres camiñaba xunto ao mar da Galilea, viu a Simón e a Andrés, irmán de Simón, botando unha rede no mar, porque eran pescadores. 17E Xesús díxolles:-Seguídeme, e Eu farei que sexades pescadores de persoas. 18E deixando axiña as redes, foron tras del.19Indo un pouco máis adiante viu a Xacobe, o fillo de Zebedeo, e o seu irmán Xoán, que estaban tamén no bote, remendando as redes. 20E chamounos ao momento; e eles, deixando o seu pai Zebedeo no bote cos xornaleiros, foron tras El.21Entraron en Cafarnaúm; e decontado, no día de repouso entrando Xesús na sinagoga comezou a ensinar. 22E estaban abraiados da súa doutrina; porque lles ensinaba como quen ten autoridade, e non como os escribas.23E velaquí estaba na sinagoga deles un home cun espírito inmundo, que comezou a berrar 24dicindo:-Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? Viñeches a destruírnos? Eu sei quen es:-O Santo de Deus. 25Xesús reprendeuno, dicindo: -Cala, e sae del! 26Entón o espírito inmundo sacudiuno unha e outra vez, e berrando a gran voz, saíu del.27E abraiáronse todos de tal xeito que discutían entre si, dicindo: -Que é isto? Unha doutrina nova con autoridade! El manda aínda os espíritos inmundos e obedécenlle. 28E decontado a súa fama estendeuse por todas partes, por toda a rexión arredor da Galilea.29Inmediatamente despois de saír da sinagoga, foron a casa de Simón e Andrés, con Xacobe e Xoán. 30E a sogra de Simón xacía doente con febre; e decontado faláronlle dela. 31Xesús achegóuselle, e tomándoa da man levantouna, e a febre deixouna; e ela servíalles.32Ao luscofusco, despois da posta do sol, trouxéronlle todos os que estaban doentes e os posuídos. 33E toda a cidade amoreábase á porta. 34E sandou a moitos que adoecían de diversas enfermidades, e expulsou moitos demos; e non deixaba falar os demos, porque eles sabían quen era El.35Erguéndose moi cedo, estando aínda escuro, saíu, e foi a un lugar arredado, e alí oraba. 36E Simón e os seus compañeiros saíron a buscalo; 37atopárono e dixéronlle: -Andan todos á túa procura.38E El díxolles: -Imos a outro lugar, ás vilas veciñas, para que predique tamén alí, porque para isto saín. 39E foi por toda a Galilea, predicando nas súas sinagogas e expulsando os demos.40E veu a El un gafo rogándolle, e axeonllándose díxolle: se queres, podes limparme. 41Movido pola compaixón, estendendo Xesús a man, tocouno, e díxolle: -Quero, sé limpo! 42E ao instante a lepra deixouno e quedou limpo.43Despediuno deseguida, despois de advertirlo dun xeito severo: 44-mira, non digas nada a ninguén, senón vai, amósate ao sacerdote e ofrece pola túa limpeza o que Moisés ordenou, para testemuño a eles.45Pero el, saíndo, comezou a pregoalo abertamente e a divulgar o asunto, a tal punto que Xesús xa non podía entrar publicamente en ningunha cidade, senón que quedaba fóra en lugares despoboados; e viñan a El de todas as partes.
1Entrando de novo en Cafarnaúm varios días despois, oíuse que estaba na casa. 2E reuníronse moitos, tanto que xa non había lugar nin aínda á porta; e El faláballes a palabra.3Entón trouxéronlle un paralítico levado entre catro. 4E como non puideron achegarse a El por mor da multitude, levantaron o teito enriba de onde El estaba; e cando fixeron un furado, baixaron a padiola na que xacía o paralítico.5Vendo Xesús a fe deles, dixo ao paralítico: -Fillo, os teus pecados sonche perdoados. 6Pero estaban alí sentados algúns dos escribas, que pensaban nos seus corazóns: 7-Por que fala este así? Está blasfemando; quen pode perdoar pecados, senón só Deus?8E ao instante Xesús, coñecendo no seu espírito que pensaban dese xeito dentro de si mesmos, díxolles: por que pensades estas cousas nos vosos corazóns? 9Que é máis doado, dicir ao paralítico: -Os teus pecados sonche perdoados, ou dicirlle: -Érguete, colle a túa padiola e anda?10Pois para que saibades que o Fillo do Home ten autoridade na terra para perdoar pecados: 11-Dígoche a ti: -Érguete, colle a túa padiola e vai a túa casa! 12E el ergueuse, e collendo ao instante a padiola, saíu a vista de todos, de maneira que todos estaban abraiados, e glorificaban a Deus, dicindo: -Endexamais vimos cousa semellante.13E El saíu de novo á beira do mar, e toda a multitude viña a El, e ensináballes. 14E ao pasar, viu a Leví, fillo de Alfeo, sentado na oficina dos tributos, e díxolle: -Sígueme. E erguéndose, seguiuno.15E aconteceu que estando Xesús sentado á mesa na casa de Leví, moitos recadadores de impostos e pecadores estaban a comer con Xesús e os seus discípulos; porque había moitos deles que lle seguían. 16Ao ver os escríbas dos fariseos que El comía con pecadores e recadadores de impostos, dicían aos seus discípulos: por que El come e bebe con recadadores de impostos e pecadores?17Ao oír isto, Xesús díxolles: -Os que están sans non teñen necesidade de médico, senón os que están doentes; non vin chamar a xustos, senón a pecadores.18Os discípulos de Xoán e os fariseos estaban a xaxuar; e viñeron e dixéronlle: -Por que xaxúan os discípulos de Xoán e os discípulos dos fariseos, pero os teus discípulos non xaxúan? 19E Xesús díxolles: -Seica poden xaxuar os acompañantes do noivo mentres o noivo está con eles? Mentres teñen o noivo con eles, non poden xaxuar.20Pero virán días cando o noivo lles será quitado, e entón xaxuarán naquel día. 21Ninguén pon un remendo de tea nova nun vestido vello, porque entón o remendo ao encollerse tira del, o novo do vello, e fai unha rachadura peor.22E ninguén bota viño novo en pelellos vellos, porque entón o viño romperá o pelello, e pérdese o viño e tamén os pelellos; senón que o viño novo bótase en pelellos novos.23E aconteceu que un día de repouso Xesús pasaba polo labradío, e os seus discípulos, mentres se abrían paso, comezaron a arrincar espigas. 24Entón os fariseos dicíanlle: -Mira, por que fan o que non é lícito no día de repouso?25E El díxolles: nunca lestes o que David fixo cando tivo necesidade e sentiu fame, el e os seus compañeiros, 26como entrou na casa de Deus en tempos de Abiatar, o sumo sacerdote, e comeu os pans consagrados, que non é lícito a ninguén comer, senón aos sacerdotes, e deu tamén aos que estaban con el?27E El dicíalles: -O día de repouso fíxose para a xente, e non a xente para o día de repouso. 28Daquela, o Fillo do Home é Señor aínda do día de repouso.
1El entrou de novo na sinagoga, e alí estaba un home coa man seca. 2Algúns observárono atentamente a ver se El o curaba no sábado de maneira que eles puideran acusalo.3Xesús díxolle ao home da man seca: -Érguete e párate aquí no medio de todos. 4Entón díxolle á xente: -É lexítimo no sábado facer o ben ou facer o mal, salvar unha vida ou matar? Eles estaban calados.5El mirándoos arredor anoxado, atribulado, pola dureza dos seus corazóns, díxolle ao home: -Estira a tua man. El estirouna e Xesús sandoulle a man. 6Os fariseos saíron e decontado comezaron a conspirar cos herodianos, contra El para darlle morte.7Entón Xesús retirouse cos seus discípulos ao mar. E seguiuno unha gran multitude de xente de Galilea e Xudea, 8dende Xerusalém, Idumea e máis aló do Xordán e arredor de Tiro e Sidón. Escoitando a grande multitude todo o que El estaba a facer achegouse onda El.9E díxolles aos seus discípulos que lle tiveran un bote preparado por mor da multitude, para que non o esmagaran; 10porque sandara a moitos, de xeito que cantos tiñan pragas botábanselle enriba para tocalo.11E sempre que o vían os espíritos inmundos, caían diante del, e berraban, dicindo: -Ti es o Fillo de Deus. 12Pero El reprendíaos para que non o deran a coñecer.13E subiu ao monte, e chamou a quen El quería, e eles viñeron a El. 14E nomeou a doce, para que estiveran con El e para mandalos a predicar, 15e para teren a autoridade de botar os demos fóra. 16El nomeou os doce: -Simón a quen lle deu o nome de Pedro;17Xacobe, fillo do Zebedeo, e Xoán irmán de Xacobe, a quen lles deu o nome de Boanerxes, isto é, fillos do trono; 18Andrés, Filipe, Bartolomé, Mateo, Tomás, Xacobe, fillo de Alfeo, Tadeo, Simón o Zelote, 19e Xudas Iscariote, quen tamén o entregou.20E entrou nunha casa e a multitude xuntouse de novo, tanto que nin sequera podían comer pan. 21Ao escoitalo os que estaban a carón del, saíron para facerse cargo del, pois dicían: -Está fóra de si. 22E os escribas que baixaran de Xerusalém dicían: -El está posuído por Belcebú, e é polo príncipe dos demos que bota fóra aos demos.23E chamándoos xunto a El, faláballes en parábolas: -Como pode Satanás botar fóra a Satanás? 24E se un reino esta dividido contra si mesmo, ese reino non pode permanecer. 25E se unha casa está dividida contra si mesma, esa casa non poderá perdurar.26E se Satanás se ergue contra si mesmo e está dividido, non é quen de sosterse en pé, senón que chegou á súa fin. 27Pero ninguén pode entrar na casa do forte e saquear os seus bens, a non ser que ate ao forte primeiro, daquela poderá saquear a súa casa.28Dígovos en verdade, que tódolos pecados e as blasfemas coas que blasfemen seranlles perdoados aos fillos dos homes, 29pero o que flasfeme contra o Espírito Santo xamais terá perdón, senón que é culpable dun pecado eterno. 30Porque eles estaban a dicir que El tiña un espírito inmundo.31Entón chegaron súa nai e os seus irmáns e deténdose fóra mandárono chamar. 32E unha multitude sentada arredor del, díxolle: -Velaquí, túa nai e teus irmáns están fóra e procúrante.33Respondendo El dixo: -Quen é miña nai e meus irmáns? 34E observando aos que estaban sentados en círculo arredor del, dixo: -Velaí miña nai e meus irmáns. 35Pois calquera que faga a vontade de Deus, esa persoa é meu irmán, miña irmá e miña nai.
1Comezou a ensinar de novo a carón do mar; e xuntouse arredor del unha multitude tan grande que tivo que subirse a un bote que estaba no mar, e sentou, e toda a multitude estaba en terra na ribeira. 2Ensináballes moitas cousas en parábolas; e dicíalles na súa ensinanza:3-Escoitade! o sementador saíu sementar, 4e aconteceu mentres sementaba, que parte da semente caeu xunto o camiño, e viñeron os paxaros e comérona. 5Outra caeu nas pedras onde non había terreo, e non tendo profundidade dabondo, brotou deseguida.6Pero cando saíu o sol, queimouse e ao non ter raíz, secou. 7Outra parte caeu no medio de espiños. Os espiños creceron e afogaron a semente e non deu froito.8Pero outras caeron en terra boa, e daban froito que medraba e se acrecentaba; e producían: unha a trinta, outra a sesenta e outra a cento por un. 9E El dicía: -O que teña oídos para oír, escoite.10Cando quedou só cos que o seguían e mailos doce, preguntábanlle sobre as parábolas. 11E El dicíalles: -A vós foivos dado o misterio do reino de Deus, pero aos de fóra preséntaselles todo en parábolas; 12para que vendo, vexan e non perciban, oíndo non comprendan, non sexa que se convertan, e lles sexa perdoado.13E díxolles: -Non entendedes esta parábola?¿Como habedes comprender todas as parábolas? 14O sementador sementa a súa palabra. 15Estes son os que están xunto o camiño onde se sementa a palabra, que tan pronto a escoitan, decontado vén Satanás e leva a palabra que se sementou neles.16Do mesmo xeito, os sementados en terreo pedrizo, son os que cando escoitaron a palabra deseguida a recibiron con alegría; 17pero non teñen raíz en si mesmos, son temporais. Daquela ao chegar unha tribulación ou persecución por mor da palabra, fáiselles tropezar decontado.18Outros son os sementados entre espiños; 19estos son que oíron a palabra, pero as preocupacións do mundo, e o engano das riquezas e os desexos das demais cousas entran e afogan a palabra quedando sen froito. 20Pero os que foron sementados en bo terreo son os que escoitan a palabra e a reciben e dan froito, un a trinta, e un a sesenta, e un a cento.21E dicíalles: -Será que unha lámpada se trae para poñela debaixo dun cesto ou debaixo da cama? Non é para poñela no candil? 22Pois nada está agochado, se non é para ser descuberto, nin segredo algún, que non saia á luz. 23Se algún ten oídos para oír, que escoite.24Tamén lles dicía: -Coidádevos do que oídes; coa medida que medides, mediranvos, e engadiranvos. 25Porque ao que ten, daráselle máis, e ao que non ten, aínda o que ten lle ha de ser quitado.26Dicía tamén: -O reino de Deus é coma un home que sementou a semente na terra, 27e déitase e érguese, e polo día e pola noite, a semente nace e medra; o como, el non o sabe. 28A terra produce froito por si mesma, primeiro a folla, logo a espiga, logo o gran maduro na espiga. 29E cando o froito o permite, deseguida mete a fouce porque chegou a colleita.30Tamén dicía: -Con que se pode comparar o reino de Deus e con que parábola o explicaremos? 31É coma un gran de mostaza, que cando se sementa na terra é o máis pequeno de todas as sementes da terra. 32Porén, cando se sementa medra e chega a ser meirande ca tódalas hortalizas, e bota pólas tan grandes que as aves do ceo poden facer os seus niños baixo a súa sombra.33Faláballes a palabra con moitas destas parábolas, segundo podían comprendela. 34El non lles falaba sen parábolas, pero en privado explicáballelo todo aos seus propios discípulos.35Ese día, á tardiña, díxolles: -Pasemos ao outro lado. 36E despedida a multitude, levárono no bote no que estaba, e había outros botes con El. 37Pero levantouse unha gran treboada e as ondas rompían dentro do bote, anegándose.38El estaba na popa, durmindo nun cabeceiro; daquela espertárono dicíndolle: -Mestre, non che importa que esteamos a piques de morrer? 39e El erguéndose, reprendeu o vento, e dixo ao mar: -Cálmate, soségate! E o vento parou e houbo unha grande calma.40Entón díxolles: -Por que tedes medo? Aínda non credes? 41E enchéronse de temor e dicían entre eles: -Quen é este, que mesmo o vento e mailo mar o obedecen?
1E chegaron ao outro lado do mar, á terra dos gadarenos. 2E tal como Xesús desembarcou, veu canda El, de entre as tumbas, un home posuído dun espírito inmundo,3que vivía entre as sepulturas; e non había quen de atalo, nin con cadeas; 4amarrárano moitas veces con esposas e cadeas, pero el rompera as cadeas e esnaquizara os grillóns. Ningúen era forte dabondo para dominalo.5E sempre, noite e día, andaba entre os túmulos e nos montes berrando e mancándose coas pedras. 6Cando viu a Xesús de lonxe, correu e axeonllouse diante del;7e berrando a grande voz, dixo: -Que teño que ver eu contigo Xesús , Fillo do Deus Altísimo? Rógoche non me atormentes. 8Porque Xesús dicíalle: -Sae do home, espírito inmundo.9E preguntoulle: -Que nome tes? 10E el díxolle: -O meu nome é Lexión, porque somos moitos. Entón rogáballe moito que non o mandara fóra daquela rexión.11E había alí unha manda grande de porcos pacendo xunto o monte. 12E os demos rogáronlle dicindo: -Mándanos cos porcos e déixanos entrar neles. 13E El permitíullelo, e saíndo os espíritos inmundos, entraron nos porcos; e a manda, precipitouse monte abaixo cara o mar, e alí afogaron como dous mil.14E os que coidaban dos porcos fuxiron e dérono a saber na cidade e nos campos. E moitas persoas foron ver o que sucedera. 15E achegáronse a Xesús, e viron o home que fora posuído polos demos, quen tiña unha lexión, sentado, vestido e no seu xuízo san; e tiveron medo.16E os que o viran describíronlles o que acontecera co endemoñado, e o dos porcos. 17E comezaron a rogarlle que saíra da súa contorna.18E ao subir ao bote, o que estivera endemoñado, rogáballe que o deixase ir canda El. 19Pero Xesús non llo permitiu, senón que lle dixo: -Vai á túa casa e aos teus, e dilles as grandes cousas que o Señor fixo por ti, e a misericordia que tivo para contigo. 20E el foi, e comezou a proclamar en Decápolis as grandes cousas que Xesús fixera por el, e todos quedaban abraiados.21Cando Xesús pasou outra vez no bote ao outro lado, xuntouse unha grande multitude arredor del; e El ficou xunto ao mar. 22E achegouse un dos principais da sinagoga, chamado Xairo, e ao ver a Xesús, caeu aos seus pés. 23E rogáballe deseguido dicindo: -A miña filla pequena está a morrer. Pídoche que veñas e poñas as mans sobre ela para que sande e viva. 24Xesús foi con el e seguíao unha gran multitude que o esmagaba.25E unha muller que tiña fluxo de sangue había doce anos, 26e levaba moito sufrido a mans de moitos médicos e gastara todo o que tiña, sen proveito algún, mesmo empeorando; 27cando escoitou falar de Xesús, achegóuselle por detrás entre a multitude, e tocou o seu manto.28Porque dicía: -Se tan só toco as súas roupas, sandarei. 29E no momento a fonte de sangue secou, e sentiu no seu corpo que estaba curada da súa aflición.30De contado Xesús, decatándose de que saíra poder del, virándose entre a xente, dixo: -Quen tocou a miña roupa? 31Seus discípulos dixéronlle: -Ollas a multitude que te apreta arredor, e dis: -Quen me tocou? 32Pero El miraba arredor para ver á que lle fixera isto.33Entón a muller, temerosa e tremendo, decatándose do que acontecera, veu e botouse diante del, e díxolle toda a verdade. 34E Xesús díxolle: -Filla, a túa fe sandoute; vai en paz e queda sa da túa enfermidade.35Mentres aínda falaba, viñeron da casa do principal da sinagoga, dicindo: -A túa filla morreu, para que estás a molestar o Mestre?36Pero Xesús, escoitando o que se falaba, díxolle ao principal da sinagoga: -Non teñas medo, só sigue crendo. 37E non permitiu que ninguén o acompañase agás Pedro, Xacobe e Xoán, o irmán de Xacobe. 38Foron á casa do principal da sinagoga e Xesús viu o balbordo que había, e aos que choraban e lamentaban.39E entrando na casa díxolles: -Por que vos alborotades e estades a chorar? A nena non morreu, senón que dorme. 40Eles ríronse del. Pero El, botando a todos fóra, colleu con El ao pai e á nai da nena e aos que estaban con El, e entraron onde estaba a nena.41E collendo a man da nena, díxolle: -Talita cumi, que quere dicir, nena, a ti dígoche, érguete! 42Decontado a nena ergueuse e camiñou (pois tiña doce anos de idade). E marabilláronse asombrados. 43Entón deulles ordes rigorosas de que ninguén soubera disto; e dixo que lle deran o xantar á nena.
1E marchou de alí e chegou á súa terra; e seus discípulos seguírono. 2Cando chegou o sábado comezou a ensinar na sinagoga e moitos que o escoitaban marabillábanse, dicindo: de onde saca estas cousas, e que é esta sabedoría que lle foi dada, e que son eses milagres que fai coas mans? 3Non é este o carpinteiro, o fillo de María, e irmán de Xacobe, Xosé, Xudas e Simón? Non están as súas irmás aquí connosco. E escandalizábanse por mor del.4E Xesús díxolles:-Non hai profeta sen honra agás na súa propia terra, e entre os seus, e na súa casa. 5E non puido facer alí ningunha obra poderosa, só sandou uns poucos doentes impoñéndolles as súas mans. 6E estaba marabillado da incredulidade deles. E percorría as aldeas arredor ensinando.7Entón chamou aos doce e comenzou a envialos de dous en dous; dándolles autoridade sobre os espíritos inmundos; 8e ordenoulles que non levaran nada para o camiño, só un bordón; nin pan, nin alforxa, nin cartos no cinto; 9senón calzados con sandalias. Non levedes dúas túnicas10-díxolles- e onde sexa que entredes nunha casa, quedade alí mentres non saiades da poboación. 11E aló onde entredes que non vos reciban, nin vos escoiten, ao saír de alí, sacudide o pó da pranta dos vosos pés en testemuño contra deles.12E saíndo, predicaban que se arrepentiran, 13e botaban fóra moitos demos e unxían con aceite a moitos enfermos e sandábanos.14O rei Herodes escoitou isto, pois o nome de Xesús fíxose moi coñecido, e a xente dicía: Xoán o Bautista, resucitou de entre os mortos, é por iso que estes poderes milagreiros actúan nel. Outros dicían: é Elías. 15E outros dicían: é un profeta, coma un dos profetas antigos.16Escoitando isto Herodes, dicía: Xoán, a quen eu descabecei, resucitou. 17Pois o mesmo Herodes mandara prender a Xoán e o encadeara no cárcere por mor de Herodías, muller do seu irmán Filipe, pois Herodes casara con ela.18Porque Xoán dicíalle a Herodes: non che está permitido ter a muller do teu irmán. 19E Herodías tíñalle rancor e quería matalo, pero non podía, 20porque Herodes tiña medo de Xoán, sabendo que era un home xusto e santo e mantíñao protexido. E cando o escoitaba quedaba moi perplexo, pero, con todo, gustáballe escoitalo.21E chegando o día oportuno, cando Herodes cumpría anos, ofreceu un convite para os oficiais e seus comandantes e principais de Galilea; 22e entrou a mesma filla de Herodías e bailando compraceu a Herodes e aos convidados á mesa; e díxolle o rei á rapaza: -Pídeme o que queiras, e dareicho!23E xuroulle:-Dareiche o que me pidas, mesmo a metade do meu reino! Ela saíu e díxolle á nai: -Que podo pedirlle? 24E ela respondeulle:-A cabeza de Xoán o Bautista. 25Decontado ela presentouse axiña diante do rei e pediulle, dicindo:-Dáme agora mesmo a cabeza de Xoán o Bautista nun prato.26E o rei entristeceu, pero por mor dos xuramentos e dos que sentaban á mesa con el, non quixo desoíla. 27Decontado o rei enviou un verdugo e ordenoulle que trouxera a cabeza de Xoán. E el foi e descabezouno no cárcere, 28e trouxo a cabeza de Xoán nun prato e deulla á moza, e a moza deulla a súa nai. 29Cando os seus discípulos escoitaron isto, foron e levaron o corpo e déronlle sepultura.30Os apóstolos reuníronse con Xesús, e contáronlle todo o que fixeran e ensinaran. 31El díxolles: -Vinde, afastádevos dos demais a un lugar solitario e descansade un pouco. (Pois había moitos que ían e viñan e eles non tiñan tempo nin de comer). 32E foron no bote a un lugar afastado e solitario.33Pero a xente ao velos marchar, recoñeceunos. E, a pé, concorreron aló dende todas as vilas, chegando antes ca eles. 34Ao desembarcaren, El viu unha grande multitude, e tivo compaixón deles, porque eran coma ovellas sen pastor; e comezou a ensinarlles moitas cousas.35E sendo xa moi tarde, os seus discípulos viñeron onda El e dixéronlle: -O lugar é deserto e é moi tarde; 36despídeos para que vaian aos campos e aldeas arredor e merquen algo de comer.37Pero respondendo El, díxolles: -Dádelles vós de comer. E eles dixéronlle: -Queres que vaiamos e merquemos douscentos denarios de pan e lles deamos de comer? 38El díxolles: -Cantos pans tedes? Ide mirar. Cando o souberon, dixeron: -Cinco, e dous peixes.39E mandoulles que todos sentaran por grupos na herba verde. 40E sentaron por grupos de a cen e cincuenta. 41Mentres, El colleu os cinco pans e os dous peixes, e mirando cara o ceo bendiciunos, e partiu os pans e déullelos aos discípulos para que os puxeran diante deles. Tamén repartiu os dous peixes entre todos.42Todos comeron e fartaron. 43E recolleron doce canastros cheos dos anacos, e tamén dos peixes. 44Os que comeron os pans eran cinco mil homes.45Decontado fixo que os seus discípulos subiran ao bote e fosen diante del ao outro lado, a Betsaida, mentres El despedía a multitude. 46Logo de despedirse deles, foi ao monte a orar. 47Ao luscofusco, o bote estaba no medio do mar, e El estaba só en terra.48E ao velos vogar amolados, porque o vento lles era contrario, como á cuarta vixilia da noite, foi cara eles camiñando por riba do mar e fixo coma quen de pasarlles diante. 49Pero cando eles o viron camiñar polo mar, pensaron que era unha pantasma e berraron; 50porque todos o viron e estaban espantados. Pero decontado El falou con eles e díxolles: -Tede ánimo; son Eu, non temades!51E subiu ao bote con eles, e o vento acalmouse, e eles estaban moi asombrados, 52pois non entenderan o dos pans, senón que o seu corazón estaba endurecido.53Rematada a travesía, chegaron a terra en Xenesaret e atracaron. 54Ao saíren do bote, decontado a xente recoñeceu a Xesús, 55e percorreron axiña toda aquela comarca, e comezaron a traer os enfermos nas padiolas onde oían que El estaba.56Onde queira que El entraba nas aldeas, vilas ou campos, poñían os enfermos nas prazas, e rogábanlle que lles permitira soamente tocar o bordo do seu manto, e todos os que o tocaban quedaban sans.
1Os fariseos, e algúns dos escribas que viñeran de Xerusalém reuníronse arredor del;3e viron que algún dos seus discípulos, comían o pan con mans inmundas, é dicir, sen lavar. 2(Porque os fariseos e todos os xudeus non comen non sendo que laven as mans coidadosamente, gardando así a tradición dos anciáns; 4e cando tornan da praza, non comen a non ser que se laven; e hai moitas outras cousas que recibiron para gardalas, como o lavamento das copas, dos xarros e dos pratos de cobre).5Entón os fariseos e os escribas preguntáronlle: -Por que os teus discípulos non andan conforme a tradición dos anciáns, senón que comen con mans inmundas?6E El díxolles: -Ben profetizou Isaías de vós, hipócritas, como está escrito este pobo, está a honrarme da boca para fóra, pero o seu corazón está lonxe de min. 7E en balde me adoran, ensinando como doutrinas, mandatos humanos.8Deixando o mandamento de Deus, vos aferrades ás tradicións humanas. 9Tamén lles dicía: -Ben que facedes a un lado o mandamento de Deus, para gardardes a vosa tradición. 10Porque Moisés dixo: "Honra a teu pai e a tua nai"; e:"O que maldiga ao seu pai ou á súa nai, morra";11Pero vós dicides: -Se unha persoa lle di ao pai ou á nai: -Calquera cousa coa que te puideras beneficiar de min é Corbán (é dicir, unha ofrenda); 12xa non o deixades facer nada en favor do seu pai ou da súa nai; 13anulando a palabra de Deus coa vosa tradición que transmitides, e facedes moitas cousas semellantes a estas.14E chamando outra vez á multitude dicíalles: -Escoitádeme todos e entendede: 15non hai nada fóra das persoas que ao entrar nelas poida contaminalas, senón que é o que sae de adentro das persoas o que as contamina. 16Se algún ten oídos para oír, que escoite.17E deixando a multitude entrou na casa, e os seus discípulos preguntáronlle sobre a parábola. 18El dixolles: -Tamén vós sodes faltos de entendemento? Non comprendedes que todo o que entra de fóra nun ser humán non o pode contaminar? 19Porque non lle entra no seu corazón, senón no seu ventre e elimínase? (dixo isto declarando puros todos os alimentos).20E dicía: -O que sae do home iso é o que contamina ao home. 21Pois de dentro do corazón das persoas saen os malos pensamentos, fornicacións, roubos, asasinatos, 22adulterios, cobizas, maldades, enganos, desenfreos, envexa, malas palabras, fachenda, insensatez. 23Todas estas maldades saen de dentro e contaminan ás persoas.24Levantouse e foi á rexión de Tiro e entrando nunha casa, non quería que ninguén o soubera, pero non puido agocharse. 25de seguido unha muller que tiña unha filla cun espírito inmundo, ouviu o que dicían del, e foi e prostrouse aos seus pés . 26A muller era grega, sirofenicia de nacemento, e rogáballe que botara o demo fóra da súa filla.27Pero El díxolle: -Deixa que se farten primeiro os fillos, pois non esta ben coller o pan dos fillos e botarllo aos canciños. 28Ela respondeulle: -Señor pero aínda os canciños comen debaixo da mesa das faragullas que deixan os fillos.29E El díxolle: -Pola túa resposta, marcha. O demo saíu da túa filla. 30Cando ela volveu á súa casa, atopou que a meniña estaba deitada na cama e o demo xa saíra.31Volvendo a saír da rexión de Tiro, pasou por Sidón e chegou ao mar de Galilea atravesando a rexión de Decápolis. 32E trouxéronlle a un que era xordo e tatexo rogándolle que puxera a man sobre el.33Entón Xesús apartouno da multitude e meteulle os dedos nas orellas, e tocándolle a lingua co seu cuspe, 34e ollando cara o ceo suspirou e dixo: -Effatá!, isto e, ábrete! 35E de súpeto abríronselle os oídos e soltouse a atadura da lingua, e falaba con claridade.36E ordenoulles que non llo dixeran a ninguén, pero canto máis llelo dicía, eles máis o pregoaban. 37E asombrábanse moito dicindo: -Fíxoo todo ben! Fai ouvir aos xordos; e aos mudos falar!
1Naqueles días, houbo de novo unha grande multitude que non tíña que comer, Xesús chamou a seus discípulos e díxolles: 2-Teño compaixión desta xente, porque levan xa tres días comigo e non teñen que comer; 3e se os despido sen comer ás súas casas desmaiaranse no camiño, pois algúns viñeron de lonxe. 4Os discípulos respondéronlle: -Onde poderá alguén atopar o suficiente, para fartar de pan a estes aquí no deserto?5El preguntoulles:-Cantos pans tedes? Eles responderon:-Sete. 6Entón mandou á multitude recostarse no chan e collendo os sete pans, despois de dar grazas, partiunos e ía dándollos aos discípulos para que os repartiran, e eles llos deron á multitude.7Tamén tiñan uns poucos peixiños e despois de bendicilos, mandou que tamén os repartiran. 8Todos comeron e fartaron e recolleron do que sobrou dos anacos, sete canastros. 9Os que comeron eran como uns catro mil, e despediunos. 10E subindo deseguido no bote, cos seus discípulos, foi á rexión de Dalmanuta.11Entón saíron os fariseos e comezaron a discutir con El, pedíndolle un sinal do ceo para poñelo a proba. 12E suspirando profundamente no seu espírito, díxolles: -Por que pide sinal esta xeración? Asegúrovos que non se lle dará ningún sinal a esta xeración. 13E deixándoos, embarcouse de novo e foi á outra ribeira.14E esqueceran traer pan con eles; e non tiñan máis ca un pan no bote. 15E El mandoulles dicindo: -Mirade! Gardádevos do fermento dos fariseos e do fermento de Herodes.16E discutían entre si que non tiñan pans. 17Decatándose Xesús, díxolles: -Por que discutides que non tedes pan? Aínda non comprendedes nin entendedes? Tedes o corazón endurecido?18Tendo ollos, non vedes? Tendo oídos, non ouvides? Non lembrades 19cando partín os cinco pans entre os cinco mil? Cantos canastos cheos de anacos recollestes? Eles dixeron:-Doce.21"E cando partín os sete pans entre os catro mil, cantos canastos cheos de anacos recollestes? Eles dixeron:-Sete. 20E díxolles:-Aínda non entendedes?22Chegaron a Betsaida, e trouxéronlle a un cego e pedíronlle que o tocara. 23Collendo da man ao cego, sacouno fóra da aldea; e logo de cuspirlle nos ollos e de poñerlle as mans, preguntoulle:-Ves algo?24E levantando a vista, dixo:-Vexo as persoas, pero estounos a ver coma árbores que camiñan. 25Daquela Xesús, puxo outra vez as mans sobre os seus ollos, e el mirou fixamente e foi restaurado; e de lonxe vía todo con claridade. 26E mandouno á súa casa dicíndolle:-Non entres na aldea.27Saíu Xesús cos seus discípulos ás aldeas de Cesarea de Filipo; e no camiño preguntoulle aos seus discípulos, dicindo:-Quen di a xente que son Eu? 28E respondéronlle:-Uns Xoán o Bautista; e outros, Elías; pero outros, un dos profetas.29El preguntoulles de novo:-Pero vós, quen dicides que son Eu? Respondendo Pedro, díxolle: -Ti es o Mesías! 30E El ordenoulles que non falaran del a ninguén.31E comezou a ensinarlles que o Fillo do Home debía sufrir moitas cousas, e ser rexeitado polos anciáns, os principais sacerdotes e os escribas, e ser morto, e despois de tres días resucitar. 32E dicíalles estas palabras claramente. E Pedro, levándoo aparte, tentou corrixilo.33Pero El volvéndose e mirando os seus discípulos, reprendeu a Pedro e díxolle:-Arreda de min Satanás! Porque non estás a pensar nas cousas de Deus, senón nas da xente. 34E chamando á multitude e aos seus discípulos díxolles:-Se alguén quere seguir tras de min, néguese a si mesmo, colla a súa cruz e sígame,35porque o que queira salvar a súa vida, perderáa, pero calquera que perda a súa vida por mor de min e do evanxeo, ha salvala. 36Porque, de que lle serve á xente gañar o mundo enteiro se perde a súa alma? 37Pois, que dará unha persoa pola súa alma?38Porque o que se avergoñe de min e das miñas palabras nesta xeración adúltera e pecadora, o Fillo do Home hase avergoñar del tamén cando veña na gloria do seu Pai cos santos anxos.
1E dicíalles:-Dígovos en verdade que hai algúns dos que están aquí, que non probarán a morte ata veren o reino de Deus logo que veña con poder. 2Seis días despois, Xesús colleu a Pedro, a Xacobe e a Xoán e levounos aparte, sós, a un monte alto, e transfigurouse diante deles. 3E as súas roupas volvéronse resplandecentes, moi brancas, tanto que non había lavadoiro na terra que puidera embranquecelas.4E aparecéuselles Elías xunto con Moisés, e estaban a falar con Xesús. 5Daquela Pedro, intervindo, dixo a Xesús: -Rabí, é bo estarmos aquí; fagamos tres cabanas, unha para Ti, outra para Moisés e outra para Elías. 6Porque el non sabía que dicir, pois estaban aterrorizados.7Entón formouse unha nube cubríndoos, e saíu unha voz da nube:-Este é meu Fillo amado, a El escoitade. 8De súpeto miraron arredor pero xa non viron a ninguén canda eles, senón só a Xesús.9Cando baixaban do monte ordenoulles que non contaran a ninguén o que viran ata que o Fillo do Home resucitara de entre os mortos. 10E gardaron o asunto para si mesmos, discutindo entre eles que significaría o de resucitar de entre os mortos.11E preguntáronlle dicindo:-Por que din os escribas que Elías ten que vir primeiro? 12El díxolles:-En verdade Elías vén primeiro a restaurar todas as cousas. Pero, non di a escritura que o Fillo do Home debe padecer moito e ser desprezado? 13Pero Eu dígovos que Elías xa veu, e fixeron canto quixeron con el, segundo estaba escrito del.14Cando volveron onde os discípulos viron unha grande multitude que os rodeaba, e a uns escribas que discutían con eles. 15Decontado, cando a multitude viu a Xesús, quedou sorprendida, e correndo cara El, saudábano. 16E El preguntoulles:-Que estades a discutir con eles?17E un da multitude respondeulle:-Mestre, tróuxenche o meu fillo que ten un espírito mudo, 18e sempre se apodera del, e derrúbao, e bota escumallos, e rincha os dentes, e vaise consumindo. E díxenlle aos teus discípulos que o expulsaran, pero non foron quen. 19Respondéndolles Xesús dixo:-Ó xeración incrédula! Canto máis vos hei soportar? Traédemo!20E trouxéronllo. E cando o espíritu viu a Xesús decontado convulsionou no rapaz, que caendo ao chan arrolábase botando escumallos. 21Xesús preguntoulle ao pai:-Canto tempo hai que lle pasa isto? E el respondeulle:-Dende neno. 22E moitas veces botouno no lume e tamén na auga para destruílo. Pero se Ti podes facer algo, ten misericordia de nós e axúdanos.23Xesús díxolle:-Se podes? Todo é posible para o que cree! 24De inmediato o pai do rapaz berrando, dixo:-Creo, axúdame na miña incredulidade! 25Cando Xesús viu que se xuntaba unha grande multitude, reprendeu o espíritu inmundo, dicíndolle:-Espírito mudo e xordo, Eu ordénocho:-Sae del e non volvas entrar nel.26E depois de berrar e de sacudilo con terribles convulsións, saíu; e o rapaz quedou como morto, tanto que a maioría deles dicían:-Está morto! 27Pero Xesús, colléndoo da man, ergueuno, e el parouse.28Cando Xesús entrou na casa, os seus discípulos preguntábanlle, en privado:-Por que nós non puidemos botalo fóra? 29E El díxolles:-Este xénero non pode saír, senón en oración.30Saíndo de alí, ían pasando por Galilea, e El non quería que ninguén o soubera. 31Porque ensinaba a seus discípulos, e dicíalles:-O Fillo do Home será entregado en mans da xente e matarano; e despois de morto, aos tres días resucitará. 32Pero eles non entendían o que dicía e tiñan medo de lle preguntar.33E chegaron a Cafarnaúm; e estando xa na casa, preguntáballes:-Que estabades a discutir polo camiño? 34Pero eles calaban, porque no camiño discutiran entre eles sobre cal deles era o maior, 35Sentándose chamou aos doce e díxolles:-Se algún desexa ser o primeiro, ha ser o último de todos e o servidor de todos.36E collendo a un neno, púxoo no medio deles; e abrazándoo, dixo: 37-O que reciba a un neno como este no meu nome, recíbeme a min; e o que me recibe a min, non me recibe a min, senón a Aquel que me enviou.38Xoán díxolle:-Mestre, vimos a un botando fóra demos no teu nome, e tratamos de impedírllo, porque non nos seguía. 39Pero Xesús dixo:-Non llo impedir, porque non hai ninguén que faga un milagre no meu nome, e que axiña poida falar mal de min.40Pois o que non está na nosa contra, por nós está. 41Porque calquera que vos dea a beber un vaso de auga, porque sodes do Mesías, dígovos en verdade que non perderá a súa recompensa.42E calquera que faga tropezar a un destes pequeniños que cren, mellor lle fora ter unha pedra de muíño grande atada ao pescozo e que o botaran ao mar. 43Se a túa man che fai tropezar algunha vez, córtaa; éche mellor entrar na vida manco que tendo as dúas mans ir ao inferno, ao lume que nunca se apaga. 44Onde o seu verme non morre e o lume non se apaga.45E se o teu pé che causa tropezo, córtao; éche mellor entrar coxo na vida, que tendo os dous pés, ser botado ao inferno. 46Onde o seu verme non morre e o lume non se apaga.47E se o teu ollo causache tropezo, sácao, éche mellor entrar no reino de Deus cun só ollo, que tendo dous ollos, ser botado ao inferno, 48onde o seu verme non morre e o lume non se apaga.49Pois todos serán salgados con lume. 50O sal é bo, pero se o sal perde seu sabor, con que o sazonaredes? Tede sal en vós e estade en paz uns cos outros.
1Saíndo de alí, Xesús marchou cara Xudea máis aló do río Xordán, e xuntábanse moreas de persoas arredor del, e unha vez máis ensináballes como de costume. 2E achegáronse a probalo os fariseos preguntándolle se lle era lícito a un home divorciarse da súa muller. 3E respondendo El, díxolles:-Que vos mandou Moisés? 4Eles dixeron:-Moisés permitiu que escribira carta de divorcio e repudiala despois.6Pero Xesús díxolles:-Pola dureza do voso corazón foi que vos escribiu este mandamento. 5Pero dende o principio da creación fíxoos home e muller.7Por conta disto o home deixará a seu pai e a súa nai, 8e serán os dous unha soa carne, de xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. 9Daquela, que ningunha persoa separe o que Deus colocou baixo un mesmo xugo.10De volta na casa, os discípulos preguntaron outra vez sobre isto. 11E díxolles:-Calquera que repudie a súa muller, e case con outra, comete adulterio con ela; 12e se ela repudia o seu home, e casa con outro, está a cometer adulterio.13E traíanlle os meniños para que os tocara, e os discípulos berráronlles. 14Pero cando viu Xesús isto, indignouse e díxolles:-Deixade que os meniños veñan a min, e non llelo impidades, porque o reino de Deus é dos que son coma estes.15Asegúrovos que o que non reciba o reino de Deus como un meniño, non ha entrar nel. 16E abrazándoos, bendicíaos, poñendo as mans sobre eles.17E no momento que se puxo en camiño, achegouse un a correr e axeonllándose diante del, preguntoulle:-Mestre bo, que farei para herdar a vida eterna? 18E díxolle Xesús:-Por que me chamas bo? Ninguén é bo agás só un, Deus. 19Ti sábelos mandamentos: "Non mates, non cometas adulterio, non roubes, non des falso testemuño, non enganes, honra a teu pai e a túa nai".20E el díxolle:-Mestre, veño gardando iso dende novo. 21Xesús, mirándoo, amouno e díxolle:-Fáltache unha cousa: vai e vende todo o que tes e dállo aos pobres, e terás tesouro no ceo; e vén, sígueme. 22Mais el, apesarado por estas palabras, marchou triste, porque tiña moitos bens.23Xesús, mirando arredor seu, dixo aos seus discípulos:-Que dificilmente lles será aos que teñen riquezas entrar no reino de Deus! 24E os discípulos quedaron perplexos coas súas palabras. 25Pero Xesús, respondendo outra vez, díxolles:-Fillos, que difícil é entrar no reino de Deus! É mais doado que un camelo pase polo ollo da agulla, que un rico entre no reino de Deus.26Pero eles asombráronse aínda máis, dicindo entre si:-E quen poderá salvarse? 27Ollando para eles, Xesús dixo:-É imposible para as persoas, pero non para Deus, porque para Deus todas as cousas son posibles. 28Daquela Pedro comezou a dicirlle:-Velaquí, nós largámolo todo e seguímoste.29Xesús dixo: -Dígovos en verdade, non hai ninguén que deixando casa, ou irmáns, ou irmás, ou nai, ou pai, ou fillos ou terras pola miña causa e por mor do evanxeo, 30que non reciba cen veces máis agora neste tempo: casas, e irmáns, e irmás, e nais, e fillos, e terras xunto con persecucións; e no vindeiro século, a vida eterna. 31Pero moitos primeiros serán últimos, e os últimos, primeiros.32Ían subindo camiño a Xerusalém, e Xesús diante deles; e eles estaban abraiados, e seguíano con respecto e xuntando canda El aos doce outra vez, comezou a dicirlles o que ía acontecer: 33-Velaquí subimos a Xerusalém e o Fillo do Home ha ser entregado aos principais sacerdotes e aos escribas, e condenarano a morte e entregarano aos xentís. 34E mofaranse del e cuspiranlle, azoutarano e matarano, pero logo de tres días resucitará.35E achegáronse a El Xacobe e Xoán, os fillos de Zebedeo dicíndolle:-Mestre, queremos que fagas por nós o que che pidamos. 36E El díxolles:-Que queredes que vos faga? 37Eles dixéronlle:-Dános que na túa gloria sentemos un á túa dereita e o outro a túa esquerda.38Pero Xesús díxolles:-Non sabedes o que estades a pedir. Podedes beber a copa queEu bebo, ou ser bautizados co bautismo que Eu son bautizado? 39E eles dixéronlle:-Podemos. E Xesús díxolles:-A copa que Eu bebo, beberedes; e seredes bautizados co bautismo co que son bautizado. 40Pero que vos sentedes á miña dereita ou á miña esquerda, non é de meu concedelo, senón que é para quen foi preparado.41Ao escoitaren isto, os dez comezaron a indignarse contra Xacobe e Xoán. 42E chamándoos onda El, díxolles Xesús:-Sabedes que os que son recoñecidos como gobernantes das nacións enseñoréanse delas, e que os seus poderosos asobállanas exercendo a autoridade sobre elas.43Pero non é así entre vosoutros, senón que quen desexe chegar a ser grande entre vós, será o voso servidor, 44e o que queira ser primeiro entre vosoutros, será escravo de todos, 45porque nin o Fillo do Home veu para ser servido, senón para servir, e dar a súa vida en rescate por moitos.46Daquela chegaron a Iericó. E cando saía de Iericó cos seus discípulos e unha grande multitude, un mendigo cego de nome Bartimeo, fillo de Timeo, ficaba sentado á beira do camiño. 47E cando escoitou que era Xesús o Nazareno, comezou a berrar e a dicir:-Xesús, fillo de David, ten misericordia de min! 48E moitos reprendíano para que calara, pero el berraba aínda máis:-Fillo de David, ten misericordia de min!49Detívose Xesús e dixo:-Chamádeo. E chamaron ao cego, dicíndolle:-Anímate! Érguete, está a chamar por ti. 50Daquela el, desbotando o seu manto, púxose en pé dun brinco e foi cara Xesús.51Dirixíndose Xesús a el, díxolle:-Que queres que faga por ti? E díxolle o cego:-Mestre, que vexa de novo. 52E Xesús díxolle:-Vaite, sandaches pola túa fe. E de súpeto recobrou a vista, e seguíao polo camiño.
1E cando se achegaban a Xerusalém, por Betfagué e Betania, ao pé do monte das Oliveiras, enviou a dous dos seus discípulos, 2e díxolles: -Ide á aldea enfronte, e tan pronto como entredes nela, atoparedes un burriño atado que ninguén montou aínda; desatádeo e traédeo. 3E se alguén vos pregunta: por que facedes iso? Dicide: o Señor necesítao; pero mandarao deseguida de volta.4Eles foron e atoparon un burriño atado xunto á porta, na rúa, e desatárono. 5E algúns dos que estaban alí dixéronlles: -Que facedes desatando o burriño? 6Eles respondéronlles tal como Xesús lles mandou e déronlles permiso.7Entón trouxeron o burriño a Xesús e botaron enriba os seus mantos, e Xesús sentou nel. 8E moitos tenderon os seus mantos no camiño e outros pólas que cortaran dos campos. 9Os que ían diante e os que o seguían, berraban: -Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor; 10Bendito o reino do noso pai David que chegou; Hosanna nas alturas!11Entrou en Xerusalém, e chegou ao templo, e despois de ollar todo ao seu redor, saíu para Betania cos doce, sendo xa bastante tarde. 12Ao día seguinte, cando saíron de Betania, Xesús tivo fame.13E vendo de lonxe unha figueira con follas, achegouse por se puidese atopar algo nela; pero cando estaba ao pé dela, non atopou máis que follas, porque non era tempo de figos. 14E Xesús, falando á figueira, díxolle: -Nunca xamais coma ninguén froito de ti. E os seus discípulos estaban a escoitalo.15Chegaron a Xerusalém; e entrando no templo comezou a botar fóra aos que vendían e compraban no templo, envorcou as mesas dos cambiadores e os postos dos que vendían as pombas; 16e non permitía que ninguén cargase cousa algunha polo templo.17E ensináballes, dicindo:-Non está escrito:"A miña casa será chamada casa de oración para todas as nacións"? Pero vós convertéstela en cova de bandidos. 18Os principais sacerdotes e escribas oíron isto e procuraban o xeito de matalo, pois tíñanlle medo, porque toda a multitude estaba admirada de como ensinaba. 19E polo serán, adoitaban saír da cidade.20Ao pasaren pola mañá, viron a figueira seca dende a raíz. 21Entón Pedro, lembrándose, díxolle: -Mestre, mira, a figueira que maldixeches secou.22E Xesús respondeu: -Tede fe en Deus. 23Asegúrovos que calquera que diga a este monte: quítate de aí e bótate no mar, sen dubidar no seu corazón, senón crendo que o que di se vai cumprir, seralle concedido.24Por iso dígovos que todas as cousas que pidades en oración, crede que xa as recibistes, e vos serán concedidas. 25E cando esteades a orar, perdoade se tedes algo contra alguén, para que tamén o voso Pai que está nos ceos vos perdoe as vosas faltas. 26Pero se vós non perdoades, tampouco o voso Pai que está nos ceos perdoará as vosas faltas.27Chegaron de novo a Xerusalém; e mentres Xesús andaba polo templo, achegáronselle os principais sacerdotes, escribas e os anciáns, 28e dixéronlle: -Con que autoridade fas estas cousas, ou quen che deu a autoridade para facer isto?29E Xesús respondeulles: -Eu tamén vos farei unha pregunta; respondédema, e logo vos direi con que autoridade fago estas cousas. 30O bautismo de Xoán, era do ceo ou dos homes? Respondédeme.31E eles matinaban entre si, dicindo: -Se dicimos: do ceo, El dirá: entón, por que non lle crestes? 32Mais, imos dicir: das persoas? Pois tiñan medo da multitude, porque todos consideraban que Xoán verdadeiramente fora un profeta. 33E respondendo a Xesús, dixeron: -Non sabemos. E Xesús díxolles: -Tampouco Eu vos direi con que autoridade fago estas cousas.
1Entón comezou a falarlles en parábolas: -Un home plantou unha viña e rodeouna cun valado, cavou nela un depósito debaixo do lagar e construíu unha torre. Logo arrendouna a uns labregos e foi de viaxe. 2Ao tempo da vendima mandou un servo aos labregos para recibir deles a súa parte dos froitos da viña. 3Pero eles, botándolle man, zorregáronlle e, mandárono coas mans baleiras.4De novo mandoulles outro servo, e a el ferírono na cabeza e aldraxárono. 5Mandou a outro e matárono, e a outros moitos, mallaron neles e matáronos.6Aínda lle quedaba un, a quen mandar, ao seu fillo benquerido, dicindo: han respectar ao meu fillo. 7Pero aqueles labregos dixéronse entre si: este é o herdeiro; vide, matémolo, e a herdanza será nosa!8E agarrárono, matárono e botárono fóra da viña. 9Que fará, entón, o dono da viña? Virá e destruirá aos labregos, e dará a viña a outros.10Seica non lestes na Escritura: "A pedra que desbotaron os canteiros, en pedra angular converteuse; 11esa foi colocada polo Señor, e é marabillosa aos nosos ollos"? 12E procuraban prendelo, porque comprenderon que a parábola ía contra deles; pero por medo á xente deixárono e marcharon.13Máis tarde mandáronlle algúns dos fariseos e dos herodianos para o pillaren nalgunha palabra. 14E cando chegaron onda el preguntáronlle: -Mestre, sabemos que es auténtico e que non procuras o favor de ninguén, porque non andas con miramentos, e ensinas o verdadeiro camiño de Deus. É lexítimo pagarlle o tributo ao César, ou non? 15Pagámosllo ou non llo pagamos? Pero El, decatándose da súa hipocrisía, díxolles: -Por que me queredes comprometer? Traédeme un denario para velo.16Trouxéronllo, e El preguntóulles: -De quen é esta imaxe e a inscrición? E eles dixéronlle: -Do César. 17Entón Xesús replicoulles: -Dádelle o César o que é do César, e a Deus o que é de Deus. E marabilláronse del.18Chegaron algúns saduceos (os que din que non hai resurrección), e preguntábanlle: 19-Mestre, Moisés deixounos escrito: "Se o irmán dalgún morre e deixa muller e non deixa fillo, que o seu irmán tome a muller e levante descendencia a seu irmán".20Houbo sete irmáns; e o primeiro tomou esposa, e morreu sen fillos. 21E o segundo tomouna, e morreu sen fillos tamén; e así mesmo o terceiro; 22Ningún dos sete deixou descendencia. Para rematar morreu tamén a muller. 23Cando resuciten, de cal deles vai ser a muller? Pois os sete casaron con ela.24Xesús respondeulles: -Non vos decatades de que andades descamiñados porque non comprendedes nin as Escrituras nin o poder de Deus? 25Pois cando resuciten de entre os mortos, nin casarán nin serán dados en casamento, senón que serán coma os anxos nos ceos.26E volvendo ao feito de que os mortos resucitan, non lestes no libro de Moisés, na pasaxe sobre a silveira ardendo, como Deus lle falou, dicindo: "Eu son o Deus de Abraham, e o Deus de Isaac, e o Deus de Xacob"? 27El non é Deus de mortos, senón de vivos; vós estades moi equivocados.28Achegouse un dos escribas que ouvira a discusión, e decatándose do ben que lles respondera, preguntoulle:-Que mandamento é o principal de todos? 29Xesús respondeulle: -O máis importante é:"Escoita, Israel; o Señor é o noso Deus, o Señor é único; 30e amarás ao Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e con toda a túa alma, e con toda a túa mente, e con tódalas túas forzas". 31O segundo é este: "Amarás o teu próximo como a ti mesmo". Non hai outro mandamento maior ca estes.32E o escriba replicou: -Moi ben, Mestre; estás no certo cando dis que El é un, e non hai outro ademais del; 33e que amalo con todo o corazón e con todo o entendemento e con todas as forzas, e amar ao próximo como a un mesmo, é máis que tódolos holocaustos e os sacrificios. 34Xesús vendo que respondera sabiamente, díxolle: -Non estás lonxe do reino de Deus. E despois diso, ninguén se aventuraba a facerlle máis preguntas.35E tomando a palabra, Xesús preguntoulles estando no templo: -Por que din os escribas que o Mesías é fillo de David? 36David mesmo dixo polo Espírito Santo: "Díxolle o Señor ao meu Señor: senta á miña dereita, ata que poña os teus inimigos debaixo dos teus pés". 37Se David mesmo o chama "Señor", en que sentido é, o seu fillo? E a numerosa multitude escoitábao con pracer.38E ensinándolles dicía: -Coidádevos dos escribas, a quen lles gusta pasear con vestidos fachendosos, e desexan que lles fagan reverencias nas prazas, 39procuran os primeiros asentos nas sinagogas e os lugares de honra nos banquetes; 40pero devoran as casas das viúvas, e polas aparencias fan longas oracións. Estes recibirán maior condenación.41E sentado fronte a arca do tesouro, ollaba como a multitude botaba cartos na arca do tesouro; e moitos ricos botaban grandes cantidades. 42E nisto chegou unha viúva pobre e botou dúas pequenas moedas de cobre, ou sexa, un cuadrante.43Entón chamou os seus discípulos e díxolles: -Asegúrovos que esta viúva pobre botou máis que tódolos contribuíntes á arca das ofrendas; 44pois todos eles botaron do que lles sobraba, pero ela na súa pobreza botou todo canto tiña, todo o que tiña para vivir.
1Cando saía do templo, díxolle un dos seus discípulos: -Mestre, mira que pedras e que edificios! 2E Xesús respondeu: -Ves estes grandes edificios? Non quedará pedra sobre pedra que non sexa derrubada.3E estando El sentado no monte das Oliveiras, en fronte do templo, Pedro, Xacobe, Xoán e Andrés preguntábanlle en privado: 4-Dinos, cando acontecerá isto, e que sinal haberá de que estas cousas se han cumprir?5Entón Xesús comezou a dicir: -Ollade que ninguén vos engane. 6Moitos virán dicindo no meu nome: "eu son o Mesías", e enganarán a moita xente.7E cando oiades de guerras e de rumores de guerras, non vos alarmedes; é preciso que todo iso aconteza, pero aínda non é o fin. 8Ergueráse nación contra nación, e reino contra reino; e haberá terremotos en diversos lugares; e haberá fame. Isto será só o comezo de dores.9Pero estade alerta; porque entregaranvos aos tribunais e seredes azoutados nas sinagogas, e hanvos levar diante de gobernadores e reis pola miña causa, para testemuño a eles. 10Pero primeiro o evanxeo debe ser anunciado a tódalas nacións.11E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir, senón falade o que vos sexa dado naquela hora; porque non seredes vós os que faledes, senón o Espírito Santo. 12E o irmán entregará á morte o seu irmán, e o pai o seu fillo; e os fillos levantaranse contra os pais, e causaranlles a morte. 13E seredes aborrecidos por todos por causa do meu nome, pero o que persevere ata o final, ese hase salvar.14Mais cando vexades a abominación da desolación posta onde non debe estar (o que lea, que entenda), entón os que estean en Xudea fuxan aos montes; 15quen estea no azotea, non baixe á casa nin para coller cousa ningunha; 16e quen estea no campo, non volva atrás a tomar o seu manto.17Ai das que estean embarazadas e das que estean a criar naqueles días! 18Orade para que isto non aconteza no inverno. 19Porque van ser días de anguria, tal como non aconteceu dende o principio do mundo que Deus creou ata o de agora, nin acontecerá xamais. 20E se o Señor non acurtase eses días, ninguén se salvaría; pero por causa dos elixidos que El elixiu, acurtou aqueles días.21Se entón, algún vos di: "mirade, aquí está o Mesías", ou: "mirade, alí está", non lle creades. 22Porque levantaranse falsos mesías e falsos profetas, e amosarán sinais e prodixios a fin de desencamiñar, se fose posible, aos elixidos. 23Mais vós, estade atentos; vede que volo dixen todo de antemán.24Naqueles días, despois desa tribulación, o sol ha escurecer, a lúa deixará de alumear, 25as estrelas caerán do ceo e as potencias que están nos ceos serán sacudidas. 26Entón verán ao Fillo do Home que vén nas nubes con gran poder e gloria. 27E mandará os seus anxos, e reunirá aos seus elixidos dos catro ventos, do cabo da terra ata o cabo do ceo.28Da figueira aprendede a parábola: cando se pon tenra a rama e bota as follas, sabedes que o verán está preto. 29Así tamén vós, cando vexades que suceden estas cousas, sabede que El está preto, á porta.30En verdade, dígovos, que non pasará esta xeración ata que todo isto aconteza. 31O ceo e maila terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán. 32Pero en canto o día e a hora ninguén sabe, nin os anxos no ceo, nin o Fillo, senón só o Pai.33Estade alerta, vixiade; porque non sabedes cando chegará a hora. 34É coma un home que se foi de viaxe, e ao saír da súa casa deulle autoridade os seus servos, encargándolle cadanseu traballo, e ordenándolle ao porteiro que estivese vixiando.35Vixiade, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o señor da casa, se á tardiña, ou á medianoite, ou ao canto do galo, ou no amencer; 36non sexa que veña de súpeto e vos atope durmindo. 37E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: -Vixiade!
1Faltaban dous días para a Pascua e para a festa dos pans sen fermento; e os principais sacerdotes e escribas procuraban como prenderlo con enganos e matalo; 2pero dicían: non durante a festa, non sexa que se poida armar un rebumbio no medio do pobo.3E estando El en Betania, sentado á mesa na casa de Simón o gafo, veu unha muller cun frasco de alabastro de perfume de nardo puro, moi caro; e crebou o frasco e derramándoo sobre a cabeza de Xesús. 4Algúns estaban indignados e dicíanse uns aos outros: para que se fixo este estrago de perfume? 5Porque este perfume podía venderse por máis de trescentos denarios, e repartirlle os cartos aos pobres. E reprendíana duramente.6Pero Xesús dixo: -Deixádea; por que a molestades? Boa obra fixo comigo. 7Porque os pobres téndelos sempre convosco; e cando queirades lles poderedes facer ben; pero a min non me ides ter sempre. 8Ela fixo o que puido; adiantouse a unxir o meu corpo para a sepultura. 9Asegúrovos que onde queira que se anuncie o evanxeo no mundo enteiro, falarase do que ela fixo, para honra dela.10Entón Xudas Iscariote, que era un dos doce, foi aos principais sacerdotes para lles entregar a Xesús. 11Cando o oíron eles, alegráronse e prometeron darlle cartos. E el procuraba o momento axeitado para entregalo.12O primeiro día da festa dos pans sen fermento, cando se sacrificaba o cordeiro da Pascua, os seus discípulos preguntáronlle: onde queres que vaiamos e fagamos os preparativos para que comas a Pascua? 13El mandou a dous dos seus discípulos, e díxolles: -Ide á cidade, e alí sairavos ao paso un home que leva un balde de auga; seguídeo; 14e onde el entre, dicídelle ao dono da casa: o Mestre di: onde está a miña habitación na que poida comer a Pascua cos meus discípulos?15E el mostraravos un gran apousento alto, amoblado e arranxado; facede os preparativos para nós alí. 16Saíron, pois, os discípulos e chegando á cidade, atoparon todo tal como El lles dixera; e prepararon a Pascua.17Á tardiña chegou El cos doce. 18E estando reclinados á mesa comendo, Xesús dixo: -Asegúrovos que un de vós, que está a comer comigo, vaime entregar. 19Eles comezaron a entristecerse e a dicirlle un por un: -Seica son eu?20E El díxolles:-É un dos doce, o que molla comigo no prato. 21Porque o Fillo do Home vaise tal e como está escrito del. Pero, ai daquel home por quen o Fillo do Home ha ser entregado! Mais lle valera a ese home non ter nacido!22E mentres estaban a comer, colleu pan, e bendicíndoo partiuno, déullelo, dicindo: -Tomade, isto é o meu corpo. 23E collendo unha copa, despois de dar grazas, déullela, e todos beberon dela. 24E díxolles: -Isto é o meu sangue do novo pacto, derramada por moitos. 25Asegúrovos que xa non beberei máis do froito da vide ata aquel día cando o beba de novo no reino de Deus.26Despois de cantar un himno, saíron para o monte das Oliveiras. 27E Xesús díxolles: -Todos vós vos afastaredes porque escrito está: "Ferirei ao pastor, e as ovellas espallaranse".28Pero despois de resucitar, irei diante de vós a Galilea. 29Entón Pedro díxolle: -Aínda que todos se afasten, con todo, eu, non o farei.30Xesús respondeulle: -Dígoche en verdade que ti, hoxe, esta mesma noite, antes que o galo cante dúas veces, hasme negar tres. 31Pero Pedro porfiaba con el e repetía: -Aínda que teña que morrer contigo, non te negarei. E o mesmo dicían todos.32E chegaron a un lugar chamado Xetsemaní, e díxolles aos seus discípulos: -Sentade aquí que Eu vou a orar. 33E levando consigo a Pedro, a Xacobe e a Xoán e comezou a aflixirse e a agoniarse moito. 34E díxolles:-Unha tristura de morte está sobre a miña alma; quedade aquí e vixiade!35Adiantándose un pouco, prostrouse no chan orando para que, se fose posible, pasase del aquela hora. 36E dicía: -Abba, Pai! Para ti tódalas cousas son posibles; arreda de min esta copa, pero non se faga o que Eu quero, senón o que queres ti.37Entón veu onda eles e atopounos durmindo, e díxolle a Pedro: -Simón, dormes? Seica non puideches velar nin tan sequera unha hora? 38Estade atentos e orade para que non entredes en tentación; o espírito está disposto, pero a carne é débil. 39Foise outra vez e orou, dicindo as mesmas palabras.40E veu de novo e achounos durmindo, porque caíanlle os ollos co sono; e non sabían que responderlle. 41Veu por terceira vez, e díxolles: -Aínda estades a durmir e descansando? Xa abonda; chegou a hora; veña! o Fillo do Home é entregado en mans dos pecadores. 42Erguédevos, mirade, está preto o que me entrega.43Nese momento, estando aínda a falar, chegou Xudas, un dos doce, acompañado dunha multitude con espadas e paus, mandadas polos principais sacerdotes, escribas e anciáns. 44E o que o traizoou déralles un sinal, dicindo: -O que eu bique, ese é; prendédeo e levádeo con seguridade. 45E así que chegou, acercouse a El dicindo: -Mestre! E bicouno varias veces. 46Entón eles botáronlle man e prendérono.47Pero un dos que estaban alí, sacando a espada, feriu o servo do sumo sacerdote rabanándolle unha orella. 48E dirixíndose Xesús a eles, díxolles: -Saístes con espadas e paus para prenderme coma se fose un bandido? 49Cada día estaba convosco no templo ensinando, e non me prendestes; pero isto sucedeu para que se cumpran as Escrituras. 50E todos fuxiron abandonándoo.51Certo mozo seguíao, envolto cunha saba sobre o seu corpo; e prendérono; 52pero el, deixando a saba, fuxiu espido.53E levaron a Xesús ao sumo sacerdote; e xuntáronse todos os principais sacerdotes, os anciáns e os escribas. 54Pedro seguiuno de lonxe ata dentro do patio do sumo sacerdote; e sentouse alí cos alguacís, quentándose ao lume.55E os principais sacerdotes e todo o concilio, procuraban algunha testemuña contra Xesús para darlle morte, pero non a atopaban. 56Porque moitos daban falso testemuño contra El, e os seus testemuños non coincidían.57E algúns, levantándose, daban falso testemuño contra El, dicindo: 58-Nós oímolo dicir: -Eu destruirei este templo feito por mans, e en tres días edificarei outro non feito por mans. 59Pero nin aínda así coincidía o testemuño deles.60Entón erguéndose o sumo sacerdote, púxose en medio e preguntou a Xesús, dicindo: -Non respondes nada? Que é o que testemuñan contra ti? 61Mais El calaba e nada respondía. Volveu preguntar o sumo sacerdote, dicíndolle:-Es ti o Mesías, o Fillo do Bendito? 62Xesús dixo: -Eu son; e veredes ao Fillo do Home sentado á dereita do Poder e vindo entre as nubes do ceo.63Daquela o sumo sacerdote, rachando as súas roupas, dixo: -Que necesidade temos de máis testemuñas? 64Oístes a blasfemia, que vos parece? E todos o declararon culpable, dicindo que merecía a morte. 65E comezaron algúns a cuspirlle, a taparlle a cara e a darlle labazadas, e a dicirlle: Profetiza! E os alguacís tamén mallaban nel.66Estando Pedro abaixo no patio, chegou unha das criadas do sumo sacerdote, 67e ao ver a Pedro quentándose, mirouno e dixo: ti tamén andabas con Xesús o Nazareno. 68Pero el negouno, dicindo: -Nin sei, nin entendo de que falas. E saíu ao portal, e cantou o galo.69Cando o volveu ver a criada outra vez, comezou a dicir aos que estaban alí: -Este évos un deles. 70Pero el negouno outra vez. E pouco despois os que estaban alí volveron dicirlle a Pedro: -Seguro que ti es un deles, pois tamén es galileo.71Pero el comezou a maldicir e a xurar: -Eu non coñezo a este home de quen falas! 72Ao instante un galo cantou por segunda vez. Entón Pedro lembrou o que Xesús lle dixera: antes que o galo cante dúas veces, hasme negar tres veces. E saíndo para fóra botouse a chorar.
1Moi cedo a mañanciña, os sumos sacerdotes, despois de celebrar consello cos anciáns, os escribas e todo o Sanedrín, amarraron a Xesús e levándoo, entregárono a Pilato. 2Pilato preguntoulle:-Es ti o rei dos xudeus? El respondeulle: -Dilo ti. 3Os principais dos sacerdotes acusábano de moitas cousas.4De novo Pilato preguntoulle: -Non respondes nada? Mira de cantas cousas te acusan 5Pero Xesús non respondeu nada máis; de xeito que Pilato estaba asombrado.6Agora ben, na festa soltáballes un preso, calquera que eles pediran. 7Un, chamado Barrabás, estaba preso cos sediciosos, os que tiñan cometido homicidio nunha revolta. 8Cando subía a multitude, comezaron a pedir que lles fixera como de costume.9Pilato respondeulles: queredes que vos solte ao rei dos xudeus? 10(Porque sabía que os principais dos sacerdotes llo entregaran por envexa). 11Pero os sumos sacerdotes incitaron á multitude para que lles soltara a Barrabás.12E Pilato, tomando de novo a palabra, dicíalles: -Que farei, entón, co que chamades o Rei dos xudeus? 13Eles respondéronlle a berros: -Crucifícao!14Pilato replicou: -Por que? Que mal fixo? E eles berraban aínda máis: -Crucifícao! 15Pilato, querendo compracer á multitude, soltoulles a Barrabás; e despois de facer azoutar a Xesús, entregouno para que o crucificaran.16Entón os soldados levárono para dentro do pazo, é dicir, ao Pretorio, e convocaron a toda a cohorte romana. 17Vestírono de púrpura, e despois de tecer unha coroa de espiñas, puxéronlla; 18e comezaron a vitorealo: salve, Rei dos xudeus!19Dábanlle golpes na testa cunha canivela e cuspíano. E axeonllándose facíanlle reverencias. 20E despois de burlarse del, quitáronlle a púrpura, puxéronlle as súas roupas e sacárono para crucificalo. 21E obrigaron a un que pasaba por alí e que viña da leira, Simón de Cirene, o pai de Alejandro e Rufo, a que levase a cruz de Xesús.22Levárono ao lugar chamado Gólgota, que traducido significa: Lugar da Caveira. 23E trataron de darlle viño mesturado con mirra, pero El non o quixo. 24Cando o crucificaron, repartíronse as súas roupas, botando sortes para decidir o que se levaría cada un.25Eran as nove da mañá cando o crucificaron. 26E a inscrición da acusación contra El dicía: "o rei dos xudeus". 27Crucificaron con El a dous bandidos; un á súa dereita e outro á súa esquerda. 28E cumpriuse a Escritura que di: "Foi contado cos transgresores".29E os que pasaban inxuriábano abaneando a cabeza e dicindo: -Vaites! Ti que destrúes o templo e en tres días o reedificas, 30sálvate a ti mesmo e baixa da cruz!31Do mesmo xeito, tamén os principais sacerdotes xunto con escribas, burlándose del entre eles, dicían: -A outros salvou, a si mesmo non se pode salvar. 32Que este Cristo, o Rei de Israel, baixe agora da cruz, para que vexamos e creamos! E os que estaban crucificados con El tamén o aldraxaban.33Cando deron as doce do mediodía, houbo escuridade sobre toda a terra ata as tres da tarde. 34E a esa hora Xesús berrou ben forte: -"Eloi, Eloi, lema sabactani"? Que traducido significa, meu Deus, meu Deus, por que me desamparaches? 35Algúns dos que estaban alí, ao oílo, dicían: -Mirade, está chamando por Elías!36Entón un correu e empapou unha esponxa en vinagre, e poñéndoa nunha cana, deulle a beber, dicindo: -Deixade, vexamos se vén Elias a baixalo. 37E Xesús, dando un berro moi forte, expirou. 38E o veo do templo rachou en dous, de arriba a baixo.39Vendo o centurión que estaba fronte a El, o xeito en que expirou, dixo: -En verdade este home era Fillo de Deus. 40Tamén había mulleres mirando de lonxe, entre as que estaban María Magdalena, María, a nai de Xacobe, e Salomé 41que o seguían cando Xesús estaba na Galilea, e servíanlle; e moitas outras que subiran con El a Xerusalém.42Xa á tardiña, como era o día da preparación, é dicir, a véspera do día de repouso, 43veu Xosé de Arimatea, membro prominente do concilio, que tamén agardaba o reino de Deus; e enchéndose de valor, entrou onde estaba Pilato e pediulle o corpo de Xesús. 44Pilato estrañouse de que xa morrera, e chamando ao centurión, preguntoulle se xa estaba morto.45E comprobando isto por medio do centurión, concedeulle o corpo a Xosé, 46quen comprou un lenzo de liño, e baixándoo da cruz, envolveuno no lenzo de liño e púxoo nun sepulcro que fora escavado na rocha; e fixo rolar unha pedra á entrada do sepulcro. 47E María Magdalena e María, a nai de Xosé, miraban para saber onde o poñía.
1Pasado o día de repouso, María Magdalena, María, a nai de Xacobe, e Salomé, compraron especias aromáticas para ir a unxilo. 2E moi cedo, o primeiro día da semana, chegaron ao sepulcro despois da alborada.3E ían falando entre elas: -Quen nos removerá a pedra da entrada do sepulcro? 4Cando ergueron a vista, viron que a pedra, fora removida, aínda que era moi grande.5E entrando no sepulcro, viron a un mozo sentado á beira dereita, vestido con roupa branca; e elas espantáronse. 6Pero el díxolles: -Non vos asustedes; buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí; resucitou, ollade o lugar onde o puxeron. 7Pero ide, dicide os seus discípulos e a Pedro: El vai diante de vós a Galilea; alí verédelo, tal como vos dixo.8E saíndo elas, fuxiron do sepulcro, porque un gran tremor e espanto se apoderou delas; e non dixeron nada a ninguén do medo que tiñan.9Despois de resucitar, no abrente do primeiro día da semana, Xesús apareceuse en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara fóra sete demos. 10E ela foi e comunicoullo aos que estiveran con El, que estaban a se lamentar e chorando. 11Cando eles oíron que El estaba vivo e que ela o vira, non llo creron.12Despois disto, apareceuse en forma distinta a dous deles cando ían de camiño o campo. 13E estes foron e comunicáronllo aos demais, pero a eles tampouco lles creron.14Despois apareceuse aos once cando estaban sentados á mesa, botándolles en cara a súa incredulidade e dureza de corazón, porque non creran aos que o viran resucitado. 15E díxolles: -Ide por todo o mundo anunciando as boas novas a tódalas criaturas. 16O que crea e sexa bautizado será salvo; pero o que non crea será condenado.17E estes sinais acompañarán aos que creron: no meu nome botarán fóra demos, falarán en novas linguas; 18tomarán serpes nas mans, e aínda que beban algo mortífero, non lles fará dano; sobre os enfermos poñerán as mans, e poñeranse bos.19Entón, o Señor Xesús, despois de falar con eles, foi recibido no ceo e sentou á dereita de Deus. 20E eles saíron a predicar por todas partes, colaborando o Señor con eles, e confirmando a palabra por medio dos sinais que os acompañaban.
1Moitos tentaron recompilar a historia das cousas que entre nós son certísimas, 2tal e como nolo transmitiron os que dende o principio foron testemuñas oculares e servidores da palabra, 3despois de ter investigado todo dende o principio con dilixencia, escribinchas por orde, excelentísimo Teófilo, para que as coñezas, 4para que saibas a verdade xusta sobre as cousas que che foron ensinadas.5Houbo no tempo de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo de Abías, que tiña por muller unha das fillas de Aarón que se chamaba Isabel. 6Os dous eran xustos diante de Deus, cumprindo tódolos mandamentos e ordenanzas do Señor. 7Pero non tiñan fillos, porque Isabel era estéril e, por aquel entón, os dous entrados en anos.8Mentres Zacarías estaba na presenza de Deus, segundo o turno do seu rango. 9Caeulle en sortes para entrar no templo do Señor e queimar incenso, segundo o costume do sacerdocio. 10E toda a multitude do pobo estaba orando fóra á hora da ofrenda do incenso.11Entón aparecéuselle un anxo do Señor, de pé, ao lado dereito do altar do incenso. 12Ao velo, Zacarías perturbouse, e encheuse de medo. 13Mais o anxo díxolle:-Non teñas medo, Zacarías, porque a túa petición foi escoitada, e a túa muller Isabel darache a luz un fillo, e poraslle por nome Xoán.14Terás gozo e ledicia, e moitos se alegrarán co seu nacemento. 15Porque será grande diante do Señor; non beberá nin viño nin licor, e será cheo do Espirito Santo dende o ventre da súa nai.16E fará que volvan moitos dos fillos de Israel ao Señor o seu Deus. 17Camiñará diante del co espírito e poder de Elías, para facer volver os corazóns dos pais aos fillos, e ensinarlles aos desobedientes a prudencia dos xustos, co fin de preparar un pobo ben disposto para o Señor.18Entón Zacarías díxolle ao anxo:-Como poderei saber isto? Xa que son vello e á miña muller pasóuselle o tempo. 19O anxo contestou dicíndolle:-Eu son Gabriel, quen está na presenza de Deus. Fun enviado para falarche, para traer estas boas novas. 20Velaí quedarás mudo, e non poderás falar ata o día en que todo isto aconteza, porque non criches as miñas palabras, as que se han cumprir no seu tempo.21E o pobo agardaba por Zacarías estrañado pola súa tardanza no templo. 22Mais cando saíu, non lles podía falar e entenderon que tivera unha visión no santuario, porque lles facía acenos, xa que quedara mudo. 23E cando se cumpriron os días do seu servizo sacerdotal, volveu para a súa casa.24Despois destes días, Isabel, a súa muller, concebiu e meteuse na casa por cinco meses, dicindo para si: 25-Así fixo o Señor comigo neste tempo no que se dignou mirarme para quitar a miña vergoña diante da xente.26Aos seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha cidade da Galilea que se chamaba Nazaret, 27a unha virxe prometida a un home chamado Xosé, da descendencia de David, o nome da moza era María. 28Entrando o anxo díxolle:-Salve, moi favorecida! O Señor está contigo. 29Mais ela turbouse moito con estas palabras, e preguntábase que clase de saludo era ese.30Pero o anxo díxolle:-Non teñas medo, María, porque atopaches graza diante de Deus! 31Velaí que concebirás e darás a luz un fillo e poraslle por nome Xesús. 32Este será grande e chamarase fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David o seu pai. 33Reinará sobre a casa de Xacob para sempre, e o seu reino non terá fin.34Entón María díxolle ao anxo:-Como vai ser isto? Xa que eu nunca estiven cun home. 35Respondendo o anxo díxolle:-O Espirito Santo baixará sobre ti, e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra. Por iso o que nacerá de ti será Santo, será chamado Fillo de Deus.36Velaí tes a túa parenta Isabel, tamén concebiu un fillo na vellez, e este é o seu sexto mes, ela á que chamaban estéril. 37Porque para Deus non hai cousa imposible. 38Entón María respondeu:-Velaquí a serva do Señor, cúmprase en min a túa palabra. E o anxo marchou de onda ela.39Naqueles mesmos días, María ergueuse e apuradamente foi cara a rexión montañosa, a unha vila de Xudá; 40e entrou na casa de Zacarías, e saudou a Isabel. 41E aconteceu que cando Isabel escoitou o saúdo de María, a criatura brincou no seu ventre; e Isabel foi chea do Espirito Santo.42E exclamou a grande voz e dixo:-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre! 43Por que se me concede a min que a nai do meu Señor me visite? 44Velaí que apenas o saúdo chegou aos meus ouvidos, a criatura saltou de ledicia no meu ventre. 45Ditosa a que creu porque se cumprirá o que foi dito polo Señor.46Entón María dixo:-A miña alma louva ao Señor 47e o meu espírito se alegra en Deus o meu Salvador.48Porque mirou a humilde condición desta súa serva. Pois velaí que, de agora en diante, tódalas xeracións teranme por feliz. 49Porque grandes cousas fixo en min o Poderoso e o seu nome é Santo.50De xeración en xeración é a súa misericordia para os que o temen. 51Fixo proezas co seu brazo forte; desbaratou os pensamentos dos corazóns dos soberbios.52Quitou os poderosos dos seus tronos e exaltou aos humildes; 53aos famentos encheu de bens e mandou ao rico coas mans baleiras.54Axudou a Israel, o seu servo, para que lembre a súa misericordia 55tal e como lle dixo aos nosos pais, en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.56E María quedou con Isabel preto de tres meses e despois volveu para súa casa. 57Cando se lle cumpriu a Isabel o tempo, deu a luz o seu fillo. 58E os seus veciños e parentes escoitaron que o Señor demostrara a súa grande misericordia con ela; e alegráronse canda ela.59Ao oitavo día viñeron circuncidar ao neno, ían chamalo Zacarías coma seu pai. 60Mais a nai respondeu, e dixo:-Non, chamarase Xoán. 61E dixéronlle:-Non hai ninguén na túa familia que se chame así!62Entón preguntábanlle por sinais ao pai como quería que se chamase. 63E el pediu onde escribir e puxo:-O seu nome é Xoán. E todos se marabillaron.64No momento abríuselle a boca e soltóuselle a lingua e comezou a falar louvando a Deus. 65E veu temor sobre todos os que estaban ao seu derredor; e todas estas cousas comentábanse en toda a rexión da Xudea. 66E todos os que as escoitaban gardábanas no seu corazón, dicindo:-Entón, que chegará a ser este neno? Porque en verdade a man de Deus estaba con el.67E o seu pai, Zacarías, foi cheo do Espirito Santo, e profetizou dicindo: 68-Bendito sexa o Señor, Deus de Israel, porque veu visitar e redimir o seu pobo.69E deunos o poder da salvación na casa de David o seu servo. 70Tal e como o anunciara pola boca dos seus santos profetas dende a antigüidade, 71El traerá salvación de todos os nosos inimigos e das mans de todos os que nos aborrecen,72para amosar misericordia cara os nosos pais e para lembrar o seu santo pacto: 73o xuramento que fixo ao noso pai Abraham, 74concedéndonos que, librados das mans dos nosos inimigos, o sirvamos sen medo, 75en santidade e xustiza diante del, todos os nosos días.76E ti, meniño, serás chamado profeta do Altísimo! porque irás diante do Señor para preparar os seus camiños; 77para dar ao pobo o coñecemento da salvación polo perdón dos pecados;78Pola entrañable misericordia do noso Deus, coa que o sol do amencer nos visitará dende o alto, 79para iluminar os que viven nas tebras e na sombra da morte, para guiar os nosos pés no camiño da paz.80E o meniño medraba fortaléndose no espirito; e viviu en lugares desertos ata o día no que se deu a coñecer a Israel.
1E aconteceu naqueles días que César Augusto promulgou un edicto, para que se fixese un empadroamento de toda a poboación que vivía na terra gobernada por eles. 2Este foi o primeiro censo feito cando Cirenio era gobernador da Siria. 3E foron todos aos seus pobos para seren rexistrados neste censo.4E saíu tamén Xosé da Galilea, da cidade de Nazaret, a Xudea, a Belén a cidade de David, porque el era descendente da familia de David. 5María, a súa prometida que estaba embarazada ía con el para rexistrarse.6E aconteceu que estando alí, cumpriuse o tempo para dar a luz. 7E deu a luz o seu primoxénito, envolveuno en cueiros, e deitouno nun presebe, porque non tiñan lugar para eles na pousada.8Na mesma rexión había pastores nos campos vixiando polas noites os seus rabaños. 9E aparecéuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor encheu a súa contorna co seu brillo, e amedrentáronse.10O anxo díxolles:-Non vos asustedes, eu tráiovos boas novas que serán de grande alegría para todos; 11hoxe naceu na cidade de David, o Salvador, que é o Mesías, o Señor! 12Este sinal vos ha levar canda el: atoparedes a un neno envolto en cueiros nun presebe.13E de súpeto víronse arredor do anxo unha multitude dos exércitos celestiais louvando a Deus dicindo: 14-Gloria a Deus na terra e nos ceos! Paz ás persoas nas que Deus se agrada!15E cando os anxos partiron cara o ceo, os pastores falaban entre eles: Vaiamos a Belén e comprobemos se isto aconteceu así como o Señor nolo fixo saber. 16Buliron e atoparon a María e a Xosé, e o neno deitado no presebe.17Cando o viron, contaron o que lles dixeran sobre este neno. 18E todos quedaban abraiados co que contaban os pastores. 19María, seguía dándolle voltas e gardando todo no seu corazón. 20Os pastores volveron ao seu lugar engrandecendo e louvando a Deus, porque acontecerá todo tal como llelo dixera.21Aos oito días de nacer foi circuncidado, e puxéronlle por nome Xesús, nome dado polo anxo antes de ser concebido no seo da súa nai.22E cando chegou o tempo da súa purificación segundo a lei de Moisés, trouxérono ao templo a Xerusalém para presentarllo ao Señor. 23(como está escrito na lei do Señor: cada primoxénito varón que abra a matriz será apartado para o Señor). 24E para ofrecer sacrificio fixeron conforme o dito na lei do Señor:-Unha parella de rulas, ou dous pombiños.25E había en Xerusalém un home ao que chamaban Simeón; e este home xusto e piadoso, agardaba pola consolación de Israel, e o Espírito Santo estaba sobre el. 26E o Espírito Santo fíxolle saber que non morrería sen ver antes o Unxido do Señor.27Dirixido polo Espírito foi ao templo. E cando os pais do neno Xesús, o trouxeron para cumprir por el o rito da lei, 28el colleu o pequeno no colo e bendixo a Deus dicindo: 29agora, Señor, deixa que o teu servo marche en paz, como dixeches.30Porque os meus ollos viron a túa salvación, 31a que planificaches diante de todos os pobos. 32Unha luz para revelación aos xentiles e gloria a teu pobo Israel.33E os pais do neno estaban abraiados do que escoitaban falar del. 34Simeón bendíxoos e díxolle a súa nai María: este neno foi posto para a caída de moitos, pero tamén para o alzamento de moitos outros en Israel, como sinal que terá oposición 35(e unha espada atravesará a túa propia alma) para que sexan revelados os pensamentos máis profundos de moitos corazóns.36Había unha profetisa, xa anciá, Ana, filla de Fanuel, da tribo de Aser. Vivira como esposa do seu marido durante sete anos e como viúva ata os oitenta e catro anos. 37Sempre estaba metida no templo onde servía día e noite con oracións e xexúns. 38E achegándose a eles nese preciso intre, daba grazas a Deus e falaba do neno a tódolos que estaban agardando a redención de Xerusalém.39Unha vez cumpriron con todo o que a Lei do Señor requería, volveron á Galilea, á cidade de Nazaret. 40E o pequeno medraba, san e forte, e enchíase de sabedoría; e a graza Deus estaba con El dun xeito especial.41Seus pais adoitaban ir todos os anos a Xerusalém para a festa da Pascua. 42E cando cumpriu os doce anos, foron camiñando alá como era tradición; 43e despois da festa, regresaron de volta, e o neno Xesús quedou atrás en Xerusalém sen que os seus pais se decatasen, 44camiñaron durante un día pensando que iría co resto da comitiva, e buscárono entres os seus parentes e coñecidos.45Ocorreu que non foron quen de atopalo e deron volta cara Xerusalém. 46Logo de tres días, deron con el no templo sentado no medio dos mestres, escoitando e facéndolles preguntas. 47E todos os que o escoitaban estaban abraiados do seu coñecemento de Deus e das súas respostas.48Ao velo, sorprendéronse, e a súa nai díxolle:-Fillo, por que nos fixeches isto? Teu pai máis eu andabamos na túa procura cheos de anguria. 49El díxolles:-Por que me buscastes? Seica non sabiades que me era preciso estar na casa do meu Pai? 50Pero eles non entenderon o que lles quixo dicir.51Daquela volveu con eles a Nazaret e obedeceunos. A súa nai gardaba estas cousas no seu corazón. 52E Xesús medraba en sabedoría, en estatura e en graza diante de Deus e de todas as persoas.
1No ano quince do reinado de Tiberio Cesar, namentres Poncio Pilato era gobernador da Xudea, Herodes o tetrarca da Galilea, o seu irmán Filipo o tetrarca da rexión da Iturea e Traconítide e Lisanias tetrarca da Abilinia, 2durante o sumo sacerdocio de Anás e Caifás, a palabra de Deus chegou a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto.3El foi por toda a rexión arredor do Xordán, predicando o bautismo de arrepentimento para o perdón dos pecados.4Como está escrito no libro das palabras do profeta Isaías: "Unha voz que clama no deserto: preparade o camiño do Señor, facede dereitos os seu vieiros.5Será reenchido todo val e todo monte e outeiro achandado; o torto será endereitado, e o escarpado virará en terra chá; 6e toda carne verá a salvación de Deus".7Por isto dicía ás multitudes que viñan para ser bautizados por el:-Camada de víboras! Quen vos ensinou a fuxir da ira que virá?8Polo tanto, dáde froitos dignos de arrepentimento e non vos dea por dicir entre vós: "Abraham é o noso pai", porque dígovos que Deus pode levantar fillos de Abraham destas pedras.9Agora mesmo o machado xa está posto cara a raíz das árbores. Así que toda árbore que non dá bo froito é cortada e botada no lume.10E as multitudes preguntábanlle dicindo:-Entón que temos que facer? 11El contestoulles:-Se alguén ten dúas túnicas, que as comparta con quen non ten ningunha e o que teña comida que faga o mesmo.12Viñeron tamén uns recadadores de impostos para ser bautizados e dixéronlle:-Mestre, que temos que facer? 13El díxolles:-Non esixades máis do que se vos ordenou.14Algúns soldados tamén lle preguntaron dicindo:-E nós que faremos? E El díxolles:-Non extorsionedes nin acusedes falsamente a ninguén. Contentádevos co voso soldo.15Como o pobo estaba expectante, preguntábase nos seus corazóns sobre Xoán, se el sería o Mesías. 16Xoán respondeulles a todos dicindo:-Eu bautízovos con auga, pero ven alguén máis poderoso ca min de quen non son digno de desatar os cordóns das súas sandalias. El bautizaravos co Espírito Santo e con lume.17A forcada está na súa man para limpar completamente a súa eira e para recoller o trigo no seu silo; pero queimará a palla con lume que nunca se pode apagar.18Con estas e moitas outras exhortacións, anunciaba as boas novas ao pobo. 19Pero Herodes o tetrarca, sendo acusado por el a causa de Herodías, muller do seu irmán, e por tódalas maldades que Herodes fixera, 20engadiu a todas elas esta: meteu a Xoán na cadea.21Sucedeu que cando todo o pobo era bautizado, Xesús tamén foi bautizado. E namentres el estaba orando, abriuse o ceo. 22E descendeu o Espírito Santo en forma física de pomba e unha voz procedente do ceo interviu:-Ti es o meu Fillo amado, en ti me comprazo.23E Xesús mesmo tiña trinta anos ao comezar, sendo fillo, como se supoñía, de Xosé de Elí, 24o de Matat, o de Leví, o de Melquí, o de Xanaí, o de Xosé,25o de Matatías, o de Amós, o de Nahúm, o de Eslí, o de Nagai, 26o de Máhat, o de Matatías, o de Semei, o de Xosé, o de Xudá,27o de Ioanán, o de Resá, o de Zerubabel, o de Xealtiel, o de Nerí, 28o de Melquí, o de Adí, o de Casam, o de Elmadem, o de Er, 29o de Xosué, o de Eliezer, o de Iorim, o de Matat, o de Leví,30o de Simeón, o de Xudá, o de Xosé, o de Ionam, o de Eliaquim, 31o de Meleá, o de Mená, o de Matatá, o de Natán, o de David, 32o de Ixaí, o de Iobed, o de Booz, o de Salmón, o de Naasón,33o de Aminadab, o de Admin, o de Arní, o de Esrón, o de Fares, o de Xudá, o de Arní, o de Esrón, o de Fares, o de Xudá, 34o de Xacob, o de Isaac, o de Abraham, o de Tera, o de Nacor, 35o de Seruc, o de Ragau, o de Pélec, o de Éber, o de Salmón,36o de Cainam, o de Arfaxad, o de Xem, o de Noé, o de Lemec, 37o de Matuxalem, o de Enoc, o de Iáret, o de Malelel, o de Cainam, 38o de Enós, o de Xet, o de Adam, o de Deus.
1E Xesús, cheo do Espírito Santo, volveu do Xordán, e foi guiado polo Espírito ao deserto, 2onde foi tentado por Satanás por corenta días. E non comeu nada nese tempo e pasados eses días tivo fame.3Entón díxolle Satanás: xa que ti es o Fillo de Deus, dille a esta pedra que se volva pan. 4Xesús respondeulle:-Escrito está: "A xente non ha vivir só de pan".5E nun momento levándoo a un lugar alto, amosoulle tódolos reinos do mundo. 6E díxolle Satanás:-Heiche dar toda a autoridade e todo o esplendor destes reinos, porque primeiro me foi dada a min e eu podo dala a quen queira. 7Polo tanto, se te prostras e me adoras, todo será teu.8Respondendo Xesús díxolle:-Escrito está: "Ao Señor o teu Deus adorarás, e só o has servir a El".9Levouno despois a Xerusalém, e parouse no canto do templo e díxolle:-Se es o Fillo de Deus, guíndate abaixo dende aquí. 10Pois está escrito:"Mandará os seus anxos para que te protexan, 11e: "Sosterante sobre as súas mans, de xeito que o teu pé nunca tropece en pedra".12E respondendo Xesús díxolle:-Foi dito:"Non tentarás o Señor o teu Deus". 13Cando Satanás rematou toda tentación, apartouse del agardando outra ocasión.14Xesús volveu de regreso a Galilea no poder do Espírito, e a súa fama medraba en toda a contorna. 15E ensinaba nas súas sinagogas, onde era admirado por todos.16Foise a Nazaret, onde se criara, e segundo o seu costume, entrou á sinanoga no día de repouso, e ergueuse a ler. 17Déronlle o libro do profeta Isaías, e abríndoo, atopou onde estaba escrito:18"O Espírito do Señor está sobre min, porque unxiume para levar as boas novas aos pobres; mandoume a proclamar liberdade aos prisioneiros, e a darlle a vista aos cegos. Para deixar libres aos oprimidos; 19para proclamar o ano do favor do Señor".20Pechando o libro, devolveullo ao axudante e sentou. E todos os alí presentes, non lle quitaban ollo. 21E comezou a dicirlles:-Hoxe tivo o seu cumprimento esta Escritura que escoitastes. 22E todos falaban ben del abraiados das palabras de graza que saían da súa boca, e dicían:-Non é este o fillo de Xosé?23Entón díxolles:-Certamente me soltaredes o refrán: "médico, sánate a ti mesmo"; todo canto oímos que foi feito en Cafarnaúm, faino aquí tamén na túa terra. 24El dixo:-Con toda verdade volo aseguro, que ningún profeta é ben recibido na súa terra.25E en verdade, había moitas viúvas en Israel, nos tempos de Elías, cando o ceo foi pechado por tres anos e medio e houbo unha gran fame en toda a terra; 26mais non foi mandado Elías a ningunha delas, senón a unha viúva da Sarepta, na terra de Sidón. 27E había en Israel moitos gafos, nos tempos do profeta Eliseo; pero ningún deles foi limpo agás Naamán o sirio.28E todos os que estaban na sinagoga enchéronse de carraxe ao escoitar estas cousas, 29e erguéronse, e botárono fóra da vila, e levárono ao cumio do monte sobre o que estaba edificada a vila, para botalo precipio embaixo. 30Pero El pasando polo medio deles, foise.31E baixou a Cafarnaúm, vila da Galilea. E ensináballes no día de repouso; 32e quedaban abraiados da súa ensinanza porque falaba con autoridade.33E estaba na sinagoga un home que estaba posuído por un espírito demoníaco inmundo, e berrou en alta voz: 34-Ai! Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? Viñeches para acabar con nós? Eu sei quen es ti: o Santo de Deus!35Xesús reprendeuno dicindo:-Enmudece e sae del! E o demo tirou co home no chan no medio deles, e saíu del sen facerlle mal ningún. 36E todos quedaron pasmados, e discutían entre eles dicindo:-Que foi isto que dixo que con autoridade e poder dalles ordes aos espíritos inmundos e saen? 37E a súa fama difundíase por toda a contorna.38Erguéndose, saíu da sinagoga, e entrou na casa de Simón. A sogra deste estaba padecendo unhas febres moi altas, e rogáronlle por ela. 39E inclinándose sobre ela, reprendeu a febre, e a febre deixouna. Deseguida ela ergueuse e servíalles.40Ao poñerse o sol, todos os que tiñan enfermos por diferentes doenzas, levábanllelos, e poñendo El as mans sobre cada un deles, curábaos. 41Tamén saían demoños de moitos, berrando e dicindo:-Ti es o Fillo de Deus! Pero reprendéndoos, prohibíulles falar, porque sabían que El era o Mesías.42Cando amenceu, saíu e foi a unha zona deserta, e o xentío andaba na súa procura, e chegaron onde El estaba e retivérono para que non se afastara deles. 43Pero El díxolles:-Tamén debo ir ás outras vilas e pregoar as boas novas do reino de Deus, porque para isto fun enviado. 44E predicaba nas sinagogas da Xudea.
1Sucedeu que a multitude se amoreaba arredor del para escoitar a palabra de Deus, 2e estando Xesús no lago de Xenesaret, viu dúas barcas que estaban na beira do lago, mais os pescadores baixaran delas e lavaban as redes. 3Subindo nunha das barcas, a que era de Simón, pediu que se separase un pouco de terra; e sentándose, ensinaba ás multitudes dende a barca.4Cando rematou de falar, díxolle a Simón:-Sae á parte máis profunda e botade as vosas redes para pescar. 5Respondendo Simón, dixo:-Mestre, traballamos toda a noite e non pescamos nada, mais porque ti o pides, botarei as redes. 6E cando o fixeron, colleron tal cantidade de peixes, que rachaban as redes. 7Entón fixeron acenos aos seus compañeiros da outra barca para que viñeran axudalos. E viñeron e encheron as dúas barcas de xeito que afundían.8Ao ver isto, Simón Pedro caeu aos pés de Xesús, dicindo:-Arreda de min, Señor, porque son home pecador! 9Porque o asombro se apoderara del e de todos os seus compañeiros, pola grande cantidade de peixes que colleran; 10e o mesmo ocorreu con Xacobe e con Xoán, fillos de Zebedeo, que eran compañeiros de Simón. E díxolle Xesús a Simón:-Non teñas medo; dende agora serás pescador de homes. 11E despois de arribar, deixando todo, seguírono.12Estando Xesús un día nunha das cidades, velaí que había un home cuberto de lepra; e cando viu a Xesús caeu rostro a terra e suplicoulle:-Señor, se queres, podes limparme. 13Achegando Xesús a man, tocouno, dicindo:-Quero, sé limpo! E a lepra deixouno naquel intre.14El mandoulle que non llo dixera a ninguén, mais vaite - díxolle - ensínalle ao sacerdote e fai unha ofrenda pola purificación segundo a lei de Moisés, para que lles sexa de testemuño.15E a súa sona medraba cada vez máis, e grandes multitudes viñan para escoitalo e ser sandados das súas doenzas. 16Mais El retirábase aos lugares solitarios para orar.17Un día que estaba ensinando, estaban sentados alí algúns fariseos e mestres da lei que viñeran de tódalas aldeas da Galilea e Xudea, e de Xerusalém; e o poder do Señor estaba con El para sanar.18E velaí que algúns homes trouxeron nunha padiola a un home paralítico; e tentaban metelo e poñelo diante de Xesús. 19E non encontrando a maneira de achegalo a Xesús a través da multitude, subiron ao airado e baixárono coa padiola polo teito, colocándoo no medio, diante de Xesús.20Vendo Xesús a fe que tiñan, dixo:-Home, os teus pecados sonche perdoados. 21Entón os escribas e os fariseos comezaron a discutir, dicindo:-Quen é este que fala blasfemias? quen pode perdoar os pecados senón só Deus?22Pero coñecendo Xesús os seus pensamentos, respondeu e díxolles:-Que estades a cavilar nos vosos corazóns? 23Que é máis doado dicir: os teus pecados sonche perdoados, ou dicir: érguete e anda? 24Pois para que saibades que o Fillo do Home ten autoridade na terra para perdoar pecados (díxolle ao paralítico):-Dígoche: érguete, colle a túa padiola e marcha para a túa casa.25No mesmo momento ergueuse diante deles, colleu a padiola na que estivera deitado, e marchou glorificando a Deus. 26E todos quedaron abraiados e daban gloria a Deus; e enchéronse de temor dicindo: nunca tal cousa vimos!27Pasadas estas cousas, Xesús marchou de alí e veu un cobrador de impostos chamado Leví sentado na oficina de tributos, e díxolle:-Sígueme. 28El, deixando todo, ergueuse e seguíao.29Entón Levi deu un grande banquete na súa casa. E había un grupo grande de recadadores de impostos e doutras persoas que estaban sentados á mesa con eles. 30E os fariseos e os escribas rosmaban contra os discípulos, dicindo:-Por que comedes e bebedes cos recadadores de impostos e cos pecadores? 31Respondendo Xesús, díxolles:-Os sanos non precisan de médico, senón os que están enfermos. 32Non vin chamar os xustos, senón os pecadores para que se arrepintan.33Eles dixéronlle: os discípulos de Xoán xexúan con frecuencia e fan oracións; os fariseos tamén fan o mesmo, mais os teus discípulos comen e beben. 34Entón Xesús díxolles:-Podedes facer que os acompañantes do noivo xexúen mentres o noivo está con eles? 35Mais virán días cando o noivo lles será quitado, entón, por aqueles días, xexuarán.36Tamén lles contou unha parábola:-Ninguén racha un vestido novo para remendar un vestido vello; porque non só racharía o vestido novo senón que tampouco quedaría ben no vestido vello.37E ninguén pon viño novo en pelellos vellos, porque entón o viño novo rebentaría os pelellos e verteríase o viño e os pelellos estragaríanse. 38Senón que o viño novo debe botarse en pelellos novos. 39E ninguén, despois de beber un viño vello, desexa viño novo, porque pensa: o vello é mellor.
1E sucedeu que nun día de repouso pasaba Xesús por diante dunhas leiras sementadas, e os seus discípulos arrincaban e comían as espigas debullándoas coas mans. 2Entón algúns dos fariseos dixeron: como facedes o que non é lícito no día de repouso?3Respondendo Xesús, díxolles:-E logo non lestes cando David e os que estaban con el, esfameados; 4como entrou na casa de Deus, e colleu e comeu os pans consagrados, que ninguén pode comer, agás os sacerdotes, e compartiunos cos seus compañeiros? 5E dicíalles:-O Fillo do Home é o Señor do día de repouso.6E noutro día de repouso aconteceu que entrou na sinagoga e ensinaba, e había alí un home eivado da man dereita. 7E os escribas e os fariseos non lle sacaban ollo, para ver se curaba no día de repouso, para teren algo de que acusalo. 8Pero el coñecía os seus pensamentos, e díxolle ao eivado:-Érguete e ponte aí no medio. E erguéndose, achegouse a el.9Xesús díxolles:-Eu pregúntovos: é lexítimo no día de repouso facer ben ou facer mal; salvar unha vida ou deixar que morra? 10E mirando arredor del, díxolle ao home:-Estende a túa man. El fíxoo así e a man foi restaurada. 11Pero eles enchéronse de xenreira, e discutían entre eles do que poderían facerlle a Xesús.12Neses días, El foi ao monte a orar, e pasou alí toda a noite orando a Deus. 13Ao amencer, chamou aos seus discípulos, e escolleu doce de entre eles, e chamóunos apóstolos.14Simón, a quen chamou Pedro, e Andrés o seu irmán; Xacobe e Xoán; Filipe e Bartolomé; 15Mateo e Tomás; Xacobe, fillo de Alfeo, e Simón, o coñecido como o Zelote; 16Xudas, fillo de Xacobe e Xudas Iscariote, quen chegou a ser o traidor.17Baixou do monte con eles e detívose nunha chaira, e había unha gran multitude dos seus discípulos e infinidade de persoas do pobo, de toda a Xudea, de Xerusalém e da rexión costeira de Tiro e Sidón; 18que acudiron para escoitalo e para seren curados das súas doenzas; e os que eran perturbados por espíritos inmundos eran sandados. 19Todos procuraban achegarse a El, porque del saía o poder para sandalos.20Volvendo a vista cara os discípulos, dicíalles:-Felices sodes os pobres, porque o reino de Deus vos pertence. 21Felices os famentos, porque vos fartaredes. Felices os que agora chorades, porque habedes rir.22Felices sodes cando as persoas vos rexeiten, cando vos afasten deles, chamándovos de todo, e non vos admitan menosprezando os vosos nomes, por causa do Fillo do Home. 23Alegrádevos cando vos vexades nestas, e dade brincos de ledicia, porque velaí, o voso premio é grande no ceo, xa que os seus pais fixeron do mesmo xeito aos profetas.24Pero ai de vós, os ricos, que xa vos contentades aquí! Ai de vós, os que agora tendes de todo, porque pasaredes fame! 25Ai de vós, os que agora rides, porque vos lamentaredes e choraredes!26Ai de vós, cando tódalas persoas falen marabillas de vós porque os seus devanceiros tamén falaban ben dos falsos profetas!27Pero aos que me estades a escoitar, dígovos:-Amade os vosos inimigos; facede o ben aos que vos rexeitan, 28bendicide a quen vos critica; orade polos que vos maltratan.29Se alguén che dá unha labazada, ponlle a outra meixela; e ao que che quite a capa, dalle tamén a túnica. 30A quen che pida, dálle, e a quen che quite, non lle reclames.31Facede cos demais como queredes que fagan convosco. 32Se amades aos que vos aman, cal é o voso mérito? Mesmo os pecadores aman a quen os ama. 33Se facedes ben aos que bos fan ben, fixestes algo de máis? Os pecadores fan igualiño. 34Se lle prestades a alguén que sabedes que volo pode devolver, que mérito tendes? Tamén os pecadores prestan aos pecadores a cambio do reembolso completo.35Mais ben, amade os vosos inimigos, facédelles ben, prestade sen agardar nada a cambio, e a vosa recompensa será grande, e seredes fillos do Altísimo; porque El é amable cos desagradecidos e desalmados. 36Sede compasivos, así como o voso Pai é compasivo.37Non xulguedes e non seredes xulgados; non condenedes e non haberá condena para vós; perdoade e seredes perdoados.38Dáde e darásevos; botarán no voso regazo boa medida, empacada, peneirada e desbordante. Coa medida que medides, seredes medidos.39Faloulles tamén por parábola: poderá un cego guiar a outro cego? Non caerán os dous nun burato? 40Un discípulo non está por riba do seu mestre, pero todo aprendiz, despois de prepararse en condicións, será coma o seu mestre.41E por que miras a palla no ollo do teu irmán e non ves a viga que tes no teu? 42Ou como lle podes dicir: irmán déixame que che saque esa palla que tes no ollo, cando nin ti mesmo podes ver a viga que está no teu? Hipócrita! Limpa primeiro a viga que está no teu ollo e logo poderás ver con claridade para sacar a palla no ollo do teu irmán.43Non hai árbore boa que dea mal froito, nin ao revés, árbore mala que produza bo froito. 44Cada árbore é coñecida polo seu froito. Ninguén recolle figos das toxeiras, nin vendima uvas das silveiras.45Unha boa persoa, só pode sacar boas cousas do bo tesouro do seu corazón; e unha persoa mala, do mal tesouro saca o que é malo, porque da abundancia do corazón fala a boca.46Por que me chamades:-Señor, Señor, e non facedes o que vos digo? 47Todo o que se achega a min e escoita as miñas palabras a as pon en práctica, direivos a quen se asemella: 48semella a unha persoa que foi edificar unha casa e cavou ben fondo, e puxo os fundamentos da casa sobre a rocha, e cando veu unha enchente do río que botou por fóra, bateu contra aquela casa, pero non foi quen de botala abaixo porque estaba ben construída.49Pero a persoa que escoitou e quedou de brazos cruzados, semella a quen foi edificar unha casa sobre terra, sen poñer os fundamentos, e a enchente bateu contra dela e de súpeto veu abaixo, e foi grande a ruína daquela casa.
1Cando Xesús rematou todo o que estaba dicíndolle á xente, entrou en Cafarnaúm.2Un centurión tiña un servo moi valioso para el que estaba enfermo e a piques de morrer. 3Cando o centurión sentiu falar de Xesús, mandoulle uns anciáns dos xudeus, pedíndolle que viñera e sanara ao seu servo. 4Cando eles chegaron a Xesús rogáronlle insistentemente dicindo:-Merece que fagas isto por el, 5porque ama o noso pobo e foi quen nos construíu a sinagoga.6Xesús foi con eles, pero cando xa non estaba lonxe da casa, o centurión mandou uns amigos para dicirlle:-Señor non te molestes, porque non son digno de que entres na miña casa. 7Nin tan sequera creo ser digno de ir onda ti; pero tan só di unha palabra e o meu servo sandará. 8Pois eu tamén son un home que está baixo autoridade, e teño soldados baixo o meu mando. Dígolle a este "vai", e el vai; e ao outro "vén", e el vén; e ao meu servo, "fai isto" e el faino.9Cando Xesús escoitou isto, estaba marabillado e virándose á multitude que o seguía díxolles:-Dígovos que nin sequera en Israel atopei unha fe tal. 10E cando regresaron á casa os que foron mandados, atoparon san o servo.11Pouco despois disto Xesús foi a unha aldea chamada Naín, e ían con El os seus discípulos e unha gran multitude. 12Segundo se acercaba á entrada da aldea, sacaban fóra a un home que morrera, fillo único da súa nai (que era unha viúva) e unha grande multitude da vila estaba con ela. 13Ao vela, o Señor compadeceuse dela e díxolle:-Non chores. 14Entón achegouse e tocou o ataúde, e aqueles que o levaban pararon. El díxolle:-Mozo, dígoche a ti, érguete. 15O morto incorporouse e comezou a falar e Xesús entregouno a súa nai.16Entón todos eles cheos de temor louvaban a Deus, dicindo: un gran profeta levantouse entre nós, e Deus revelouse ao seu pobo! 17A súa sona extendeuse pola Xudea enteira e todas as rexións veciñas.18Os discípulos de Xoán informáronlle sobre todas estas cousas. 19Entón Xoán chamou a dous dos seus discípulos e mandounos ao Señor para dicirlle: es Ti o que ía vir, ou agardaremos a outro? 20Cando os homes chegaron a Xesús dixéronlle:-Xoán o bautista mandounos a preguntarche: es ti o que ía vir ou agardaremos a outro?21Naquela hora El sandou a moita xente de enfermidades e aflicións e de espíritos malos, e a moitos cegos deulles a vista. 22Xesús respondeulles e díxolles: ide e contádelle a Xoán o que vistes e oístes: os cegos recobran a vista, os coxos andan, os gafos quedan limpos, os xordos oen, os mortos resucitan, e estáselles a anunciar aos pobres o evanxeo. 23E ditoso é quen non se escandaliza de min.24Despois de marchar os mensaxeiros de Xoán, Xesús comezou a falar sobre Xoán ás multitudes:-Que fostes ver no deserto? Unha cana abaneada polo vento? 25Pero que fostes mirar? Un home vestido con roupas finas? Mirade, eses que visten con roupas espléndidas e viven con luxo, están nos pazos dos reis. 26Entón, que fostes mirar? Un profeta? Si, Eu dígovos, e moito máis ca un profeta.27Este é de quen se escribiu: "Velaquí Eu mando o meu mensaxeiro diante túa, quen preparará o teu camiño diante de Ti". 28Dígoche que entre aqueles nacidos de muller, ninguén é máis grande que Xoán. Así e todo, o máis pequeno no reino de Deus, é maior ca el.29E cando toda a xente e os recadadores de impostos escoitaron isto, declararon que Deus é xusto, bautizándose co bautismo de Xoán. 30Pero os fariseos e os intérpretes da lei, rexeitaron o propósito de Deus para eles, ao non ser bautizados por Xoán.31Entón a que podo eu comparar á xente desta xeración? A que se asemellan? 32Son coma mozos xogando no mercado, que sentan e chaman uns por outros e din: tocamos a frauta para vós e non bailastes. Lamentámonos, e non chorastes.33Porque veu Xoán o Bautista que nin come pan nin bebe viño, e vós dicides: ten un demo! 34E veu o Fillo do Home que come e que bebe e vós dicides:-Mira, é un papador e bebedor, amigo de recadadores de impostos e pecadores! 35Pero a sabedoría é xustificada por todos os seus fillos.36Un dos fariseos convidou a Xesús a comer con el, e entrando na casa do fariseo, recostouse á mesa. 37Había unha muller na cidade que era pecadora, e ao saber que El estaba á mesa da casa do fariseo, trouxo un frasco de alabastro cheo de perfume. 38E poñéndose detrás del, chorando aos seus pés, comezou a regalos coas súas bágoas, e secáballos co cabelo da súa cabeza e bicaba tenramente os pés, unxíndoos co perfume.39Ao ver isto o fariseo que invitara a Xesús, dixo para si: se este fose un profeta sabería o tipo de muller que o está a tocar, sabería que ela é unha pecadora. 40Xesús respondeulle dicindo:-Simón, teño algo que che dicir. El contestou:-Di, Mestre.41Certo prestamista tiña dous debedores. Un debía cincocentos denarios e o outro cincuenta. 42Non tendo eles como pagar, perdoou xenerosamente a ámbolos dous. Así que, cal deles o amará máis? 43Simón respondeulle e dixo: -Coido que aquel a quen máis se lle perdoou. Xesús dixo:-Xulgaches correctamente.44E volvéndose cara a muller díxolle a Simón:-Ves esta muller. Eu entrei na túa casa, e ti non me deches auga para os meus pés, pero ela regou os meus pés coas súas bágoas e secounos cos seus cabelos. 45Ti non me deches un bico, pero dende que cheguei, ela non parou de bicar con tenrura os meus pés.46Non unxiches a miña cabeza con aceite, pero ela unxiu os meus pés con perfume. 47Polo tanto dígoche que os seus pecados, que son moitos, foron perdoados pois ela amou moito. Pero a quen pouco se lle perdoa, pouco ama.48Logo díxolle a ela:-Os teus pecados son perdoados. 49E os que estaban á mesa comezaron a dicirse entre eles:-Quen é este que ata perdoa pecados? 50Entón Xesús díxolle á muller:-A túa fe salvoute. Vai en paz.
1E aconteceu pouco despois, que percorría vilas e aldeas, pregoando e anunciando as boas novas do reino de Deus; e ían canda El os doce 2e algunhas mulleres que foran sandadas de espíritos malos e de enfermidades: María, chamada Magdalena, da que saíran sete demos, 3e Xoana, muller de Chuza, mordomo de Herodes, e Susana e outras moitas máis que os axudaban cos seus bens.4Pero xuntándose unha grande multitude que se achegaba dende distintas cidades, faloulles por parábola: 5-O sementador saíu a sementar a súa semente; e ao sementala, unha das partes caeu á beira do camiño, e foi esmagada, e os paxaros do ceo comérona. 6Outra delas caeu sobre terreo pedroso, e ao abrollar, secou por falta de humidade.7Outra caeu no medio dos espiños; e os espiños, ao medrar con ela, afogárona. 8E outra caeu en boa terra, e medrou, e dela saíu unha colleita a cento por un. E ao falar estas cousas, Xesús daba voces dicindo:-O que teña oídos para ouvir, escoite.9Os seus discípulos preguntábanlle que quería dicir esta parábola, 10e El dixo:-A vós concedéusevos coñecer os misterios do reino de Deus, pero aos demais, por parábolas, para que vendo, non vexan; e oíndo, non entendan.11Esta é a parábola:-A semente é a palabra de Deus. 12E os que están polo camiño son os que oíron, pero despois vén o diaño e arrinca a palabra dos seus corazóns, para que non crean e sexan salvos. 13E os do terreo pedroso son aqueles que, cando escoitan, reciben a palabra con ledicia; pero ao non teren unha raíz, cren por un tempo, pero no tempo da proba afástanse.14E a semente que caeu entre os espiños, son os que logo de escoitar, ao seguir adiante no seu camiño afóganse polas preocupacións, as riquezas e os praceres da vida, e o seu froto non madura. 15Pero a semente na boa terra, son os que escoitaron cun corazón bo e nobre a palabra, e retéñena, e dan froito con tenacidade.16Ninguén prende unha lámpada e lle pon un recipiente enriba, ou a pon embaixo da cama, senón que a pon sobre un candeeiro para que os que entran vexan a luz. 17Pois non hai nada oculto que non sexa manifesto, nin segredo que non sexa coñecido e saia á luz. 18Xa que logo, mirade ben como escoitades; porque ao que teña, seralle dado, e ao que non teña, mesmo o que imaxina ter lle será quitado.19Daquela, súa nai mailos seus irmáns chegaron onda El, pero non podían achegárselle por mor do xentío. 20E avisárono: a túa nai e os teus irmáns están fóra e desexan verte. 21Pero, respondendo El, díxolles: -A miña nai e os meus irmáns son estes que escoitan a palabra de Deus e a practican.22Pero nun día daqueles, entrou na barca cos seus discípulos, e díxolles:-Vaiamos á outra beira do lago. E fixéronse ao mar. 23Pero entrementres navegaban, El quedou durmido; e veu un temporal sobre o lago, e asolagáronse e corrían perigo.24E achegándose a El, espertárono dicindo:-Mestre, Mestre, morremos! E El erguéndose reprendeu o vento e as bravas ondas, e pararon e chegou a calma. 25E díxolles El:-Onde quedou a vosa fe? Pero eles estaban cheos de medo e abraiados, dicíndose uns aos outros:-Quen é Este que mesmo manda nos ventos e na auga e lle obedecen?26Vogaron cara a terra dos gadarenos que está en fronte de Galilea; 27e ao baixar El a terra, saíulle ao encontro un home da cidade que tiña demos, e que levaba tempo abondo sen poñer roupa ningunha, nin tiña un fogar, senón que vivía entre as tumbas.28Ao ver a Xesús, berrou e caeu diante del, e dixo en voz alta:-Que tes ti comigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche que non me atormentes. 29Porque lle estaba a mandar ao espírito inmundo que saíse do home, porque se tiña apoderado del en moitas ocasións, e tíñano atado con cadeas e ferros, para custodialo; e así e todo rachaba as ataduras e era empurrado polo demo aos desertos.30Entón preguntoulle Xesús:-Cal é o teu nome? Pero el díxolle:-"Lexión", porque entraran moitos demos nel. 31E pedíanlle que non os mandara ir cara o abismo.32E había por alí comendo no monte unha manda de porcos; e os demos pedíronlle que os deixara entrar nos porcos. E El deixounos. 33Saíron os demos do home e entraron nos porcos; e a manda precipitouse barranco abaixo cara o lago, e afogaron.34E cando viron o que acontecera, os que os coidaban fuxiron e contárono todo na cidade e polos campos adiante. 35Saíron as xentes para ver o que acontecera, e achegándose onda Xesús, atopáronse co home do que saíran os demos, sentado aos pés de Xesús, vestido e cordo, e enchéronse de temor.36E os que o viran, contáronlles como fora sanado o que estaba endemoñado. 37E toda aquela xente derredor dos gadarenos pediulle a Xesús que se afastara deles, porque estaban agoniados co medo. Pero El subindo a unha barca, foi de volta.38E o home de quen saíran os demos rogáballe que o deixara ir canda El; mais El despediuno, dicindo: 39-Volve á túa casa, e conta as grandes cousas que fixo Deus por ti. E foise, pregoando por toda a cidade as cousas tan grandes que o Señor fixera por el.40Ao volver Xesús, a multitude deulle a benvida, porque todos agardaban por el. 41E velaquí que se achegou un home chamado Xairo, que era un oficial da sinagoga; e caendo aos pés de Xesús pedíalle que entrara na súa casa; 42porque tiña unha única filla, como de doce anos, que estaba a piques de morrer. Entrementres El ía, o xentío oprimíao.43E unha muller que padecía de fluxo de sangue por doce anos e que gastara todo canto tiña nos médicos e non podía ser sanada por ninguén, 44achegóuselle a Xesús por detrás e tocou o bordo do seu manto; e o fluxo de sangue parou decontado.45E díxolle Xesús:-Quen foi? Quen me tocou? Mentres o negaban todos, dixo Pedro, e os que estaban con el:-Mestre, as multitudes están a apertarte e oprímente. 46Pero Xesús dixo:-Tocoume alguén, porque Eu sentín que saíu poder de min.47Ao darse conta a muller de que non pasara por alto, achegóuselle tremendo, e caendo diante del, confesou diante de todo o pobo a razón pola que o tocara, e como fora sandada ao instante. 48E El díxolle:-Filla, a túa fe sanoute; vai en paz.49Mentres estaba aínda falando, veu alguén da casa do principal da sinagoga, dicindo:-A túa filla morreu; non molestes máis ao Mestre. 50Pero cando Xesús o escoitou, respondeulle:-Non temas; só cre, e ela sanará.51E cando El chegou á casa, non deixou que ninguén entrara con El senón Pedro, Xoán e Xacobe, e o pai maila nai da rapaza. 52E todos choraban por ela e laiábanse; pero El dixo:-Non choredes, porque non morreu, senón que durme. 53E burlábanse del, sabendo que ela morrera.54Pero El, colléndoa da man, deu voces, dicindo:-Nena, érguete! 55Entón volveulle o seu espírito, e levantouse no momento, e El mandou que lle deran de comer. 56E os seus pais estaban abraiados; pero El encargoulles que non dixeran a ninguén o que acontecera.
1Reunindo os doce, deulles poder e autoridade sobre todos os demos e para sanar enfermidades. 2E mandounos para proclamar o reino de Deus e sanar os enfermos.3E díxolles:-Non collades nada para o camiño, nin caxato, nin alforxa, nin pan, nin diñeiro, nin dúas túnicas. 4En calquera casa onde entredes, quedade alí, e saíde tamén dende alí.5Tocante aos que non vos reciban, ao saírdes desa cidade, sacudide o pó dos vosos pés para testemuño en contra deles. 6Entón saíron, e ían polas aldeas anunciando o evanxeo e sanando alí por onde ían.7Herodes, o tetrarca, enterouse de todo o que estaba pasando e estaba perplexo, porque algúns dicían que Xoán resucitara de entre os mortos, 8outros, que Elías aparecera, e outros, que algún profeta dos antigos resucitara. 9Entón Herodes dixo: fixen decapitar a Xoán, entón, quen é este do que escoito estas cousas? E procuraba velo.10Cando os apóstolos volveron, deron conta a Xesús de todo o que fixeran. E El, colléndoos consigo, retirouse a unha cidade chamada Betsaida. 11Mais cando a xente se decatou disto, seguiuno, e Xesús, recibíndoos, faláballes do reino de Deus, e sanaba os enfermos.12Ao solpor, achegáronse os doce, e dixéronlle:-Despide á multitude, para que vaian para as súas aldeas e para os campos de arredor, e atopen un sitio onde se hospedaren e poidan comer algo; porque aquí estamos nun deserto. 13Pero El díxolles-Dádelles vós de comer. E eles responderon:-Só temos cinco pans e dous peixes, a non ser que vaiamos e merquemos comida para toda esta xente. 14Porque había uns cinco mil homes. Entón Xesús díxolles aos discípulos:-Facede que senten por grupos de a cincuenta.15Así o fixeron, e todos sentaron. 16E collendo El os cinco pans e os dous peixes, mirou cara o ceo, bendíxoos e partiunos, e deullelos aos discípulos para que os repartisen entre a xente. 17Todos comeron e quedaron fartos; e recolleron doce cestas cheas de anacos.18Mentres Xesús oraba só, estaban con El os discípulos e preguntoulles:-Quen din as xentes que son Eu? 19Eles reponderon:-Uns, Xoán o Bautista; outros, Elías; e outros, que es algún profeta dos antigos que resucitou.20El díxolles:-E vós, quen dicides que son Eu? E Pedro respondendo dixo:-O Unxido de Deus. 21Mais El, advertíndoos seriamente, mandoulles que non dixesen nada a ninguén, 22dicindo:-O Fillo do Home ten que sufrir moito, e ser rexeitado polos anciáns, os principais sacerdores e os escribas, e ser morto, e resucitar ao terceiro día.23E dicíalles a todos:-Se algún quere seguirme, néguese a si mesmo, tome cada día a súa cruz e sígame. 24Porque o que queira salvar a súa vida, perderáa; mais o que perda a súa vida pola miña causa, ese a salvará. 25Porque, de que lle serve a alguén ter gañado o mundo enteiro, se el mesmo se destrúe ou se arruina?26Porque o que se avergoñe de min e das miñas palabras, deste avergoñarase o Fillo do Home cando veña na súa gloria, a do Pai e a dos santos anxos. 27Mais dígovos de verdade que hai algúns aquí, que non probarán a morte sen antes ver o reino de Deus.28Oito días despois destas palabras, Xesús tomou consigo a Pedro, a Xoán e a Xacobe e subiu ao monte a orar. 29Mentres oraba, a aparencia do seu rostro mudou, a súa roupa volveuse branca e resplandecente.30Velaí, dous homes que falaban con El, eran Moisés e Elías, 31os que aparecendo en gloria, falaban da partida de Xesús, que estaba a piques de cumprirse en Xerusalém.32Pedro e os seus compañeiros queradan durmidos, mais cando acordaron, viron a gloria de Xesús e aos dous homes que estaban con El. 33E sucedeu que ao marchar eles, Pedro dixo:-Mestre, que ben que esteamos aquí; fagamos tres enramadas, unha para ti, unha para Moisés e outra para Elías, pero non sabía o que dicía.34Entón, mentres el dicía isto, formouse unha nube que os cubriu, e, ao entrar na nube, tiveron moito medo. 35Unha voz saíu da nube, e dicía:-Este é o meu Fillo, o meu escollido; escoitádeo! 36Despois de que se escoitou a voz, Xesús quedou só. Eles calaron e non lle contaron a ninguén o que viran naqueles días.37Ao día seguinte, cando baixaban do monte, saíulle ao paso unha grande multitude. 38Velaí un home de entre a xente que berrou, dicindo:-Mestre, suplícoche que vexas o meu fillo, xa que é o único que teño. 39Porque apodérase del un espírito e de súpeto berra e convulsiona, botando espumallos, e feríndoo, e custa moito que o deixe. 40Entón supliqueille aos teus discípulos que o botasen fóra e non puideron.41Respondendo Xesús, dixo:-Xeración incrédula e perversa! Até cando terei que estar con vós e vos soportar? Trae aquí ao teu fillo. 42E cando este se achegaba, o demo retorceuno e fíxoo caer con convulsións. Mais Xesús reprendeu ao espírito inmundo e sanou o rapaz e devolveullo ao seu pai.43E todos estaban admirados pola grandeza de Deus. Mentres todos se marabillaban de todas as cousas que facía, Xesús dixo aos dicípulos: 44-Facede que estas palabras entren nos vosos ouvidos, porque o Fillo do Home vai ser entregado en mans dos homes. 45Mais eles non entendían estas palabras, xa que lles estaban veladas para que non as entendesen; e dáballes medo preguntar sobre elas.46E comezaron a discutir sobre quen sería o máis importante deles. 47Pero Xesús, sabendo o que pensaban nos seus corazóns, colleu un meniño e púxoo a carón del, 48e díxolles:-O que recibe este neno no meu nome, a min me recibe; e o que me recibe a min, recibe ao que me mandou; porque o máis pequeno de entre vós, ese é o máis importante.49Respondendo Xoán, dixo:-Mestre, vimos a un que botaba fora demos no teu nome e tratamos de impedirllo porque non anda con nós. 50Mais Xesús díxolle:-Non llelo impidades; porque o que non está contra de vós, está con vós.51Cando se cumpriron os días da súa ascensión, El, decidiu firmemente ir cara Xerusalém. 52Mandou mensaxeiros por diante, e eles foron e entraron nunha vila de samaritanos para facer os preparativos. 53Pero non o recibiron ben, porque sabían que tiña decidido a ir a Xerusalém.54Vendo isto, os discípulos Xacobe e Xoán, dixeron:-Señor, queres que mandemos que baixe lume do ceo e os consuma? 55Mais El, volvéndose, berroulles, dicindo:-Vós non sabedes de que espírito sodes! 56Porque o Fillo do Home non veu para destruír as almas das persoas, senón para salvalas. E marcharon para outra aldea.57E mentres ían de camiño, un díxolle:-Seguireite aló onde vaias. 58E Xesús díxolle:-As raposas teñen tobeira e as aves teñen niño, mais o Fillo do Home non ten onde pousar a cabeza.59Díxolle a outro:-Sígueme. Mais el respondeu:-Señor, deixa que vaia primeiro enterrar o meu pai. 60Mais El díxolle:-Deixa que os mortos enterren os seus mortos; mais ti, vai e anuncia o reino de Deus.61Tamén díxolle outro:-Seguireite, Señor; mais primeiro deixa que me despida dos da miña casa. 62Mais Xesús díxolle:-Ninguén que pon a man no arado e mira atrás, é apto para o reino de Deus.
1Aconteceu despois destas cousas, que o Señor nomeou a setenta e dous a maiores, e comisionounos en parellas diante del, para que foran abrindo camiño en toda vila e aldea onde El había de ir. 2Dicíalles:-Hai moito que colleitar, pero escasean os xornaleiros; rogade ao Señor da colleita que mande máis xornaleiros a súa sega.3Ide, e entendede que vos mando coma años entre os lobos. 4Non levedes cartos, nin provisións, nin calzado de reposto, e non vos entreteñades no camiño con ninguén.5E na casa que entredes dicide de antemán:-Paz a esta casa. 6E se os que viven alí son xente de paz, a vosa paz repousará sobre ela, e se non o son a vosa paz serávos devolta. 7Quedádevos nesa mesma casa, participando da comida e da bebida deles, pois o xornaleiro é digno do seu soldo. Non andedes de casa en casa.8Comede do que vos dean alí onde vaiades e sexades recibidos; sanade aos enfermos que estean alí, 9e dicídelles que o reino do Señor achegouselles.10Pero se entrades nalgunha vila e non sodes ben recibidos, dicide nas prazas: 11-Non levaremos da vosa vila nin o pó que se nos pegou aos pés. Aí vos queda, sacudímolo das nosas sandalias; pero entendede que o reino de Deus achegousevos. 12Asegúrovos que o día do xuízo será máis soportable para Sodoma que para esa vila.13Ai de ti Corazím! Ai de ti Betsaida! Porque se Tiro e Sidón fosen testemuñas das milagres que vós vistes, xa se terían arrepentido hai moito tempo, sentados en cilicio e cinza reconsiderando os seus feitos. 14Por iso, no xuízo, o castigo será máis tolerable para Tiro e Sidón que para vós. 15E ti, Cafarnaúm, será que pensas que podes ser exaltada ata o ceo? Ti vas ser afundida na profundidade do abismo!16O que vos escoite, a min me escoita, e o que vos rexeita, rexéitame a min; e o que me rexeita a min, rexeita ao que me mandou.17Os setenta e dous regresaron felices dicindo:-Señor, aínda os demos se nos suxeitan no teu nome. 18E díxolles El:-Eu vía como Satanás caía do ceo coma se dun lóstrego se tratara. 19Mirade, deivos autoridade para pisar sobre serpes e alacráns, e sobre todo poder do inimigo, e nada vos poderá mancar. 20Con todo, non vos alegredes tanto cando vexades que os espíritos se someten a vós, senón antes alegrádevos sabendo que os vosos nomes están inscritos no ceo.21Na mesma hora, El estaba cheo da ledicia no Espírito Santo, e dixo:-Lóuvote, Pai, Señor do ceo e da terra, porque agochaches estas cousas aos sabios e entendidos, e llelas descubriches aos meniños. Si, Pai, porque foi como che agradou facer.22Volvéndose aos discípulos referíulles:-Todas as cousas fóronme transmitidas polo meu Pai, e ninguén coñece o Fillo non sendo o Pai, nin quen é o Pai senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.23E collendo aparte os seus discípulos díxolles:-Ditosos os ollos que vén o que vós vedes; 24porque dígovos en verdade que moitos profetas e reis desexaron ver o que vós vedes, e non o viron, e escoitar o que vós escoitades, e non o escoitaron.25E velaquí, que se ergueu un doutor da lei que quería probalo e dixo:-Mestre, que podo facer para herdar a vida eterna? 26El díxolle:-Que está escrito na lei? Que foi o que liches? 27Respondeulle:-Amarás o Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e con toda a túa alma, e con tódalas túas forzas, e con toda a túa mente; e o teu próximo coma a ti mesmo. 28Entón Xesús díxolle:-Ben dis; mantente facendo así, e vivirás.29Pero querendo xustificar os seus actos, preguntoulle a Xesús:-E quen vén sendo o meu próximo? 30Respondendo Xesús dixo:-Un home baixaba de Xerusalém á Iericó, cando lle saíron ao camiño uns saqueadores, que logo de mallar nel e roubarlle ata a roupa, deixárono alí medio morto e fuxiron.31De casualidade un sacerdote baixaba por aquel camiño, e cando reparou no home, pasou polo outro lado. 32Chegou por alí un levita, e fixo igual que o anterior.33Pero un samaritano, que ía de viaxe, ao chegar a onde el estaba, viuno e tivo compaixón del, 34e achegándose, vendoulle as feridas, cubríndoas con aceite e viño; e montouno no seu propio burro, levouno a unha pousada e coidou del. 35Ao día seguinte, sacou cartos e pagoulle dous denarios ao pousadeiro dicíndolle:-Coida del, e o que precises a maiores, pagareicho á volta.36Quen dos tres, pensas ti, que demostrou ser o próximo do home que caeu en mans dos malfeitores? 37E el dixo:-O que tivo compaixón del. E Xesús dixo:-Vai e fai ti o mesmo.38Aconteceu que indo de camiño, entrou nunha vila, e unha muller que se chamaba Marta, recibiuno na súa casa. 39Ela tiña unha irmá que se chamaba María, que escoitaba as ensinanzas de Xesús sentada aos seus pés.40Mais a preocupación de Marta era outra, estaba afanada cos preparativos e achegándose a El díxolle:-Señor, non tes coidado de que a miña irmá me deixe servir soa? Dille que me bote unha man. 41Respondeulle o Señor:-Marta, Marta, ti estás afanada e molesta por moitas cousas; 42pero soamente hai unha cousa necesaria, e María escolleu a boa parte e ninguén lla poderá quitar.
1Sucedeu que cando Xesús estaba orando en certo lugar e cando rematou, un dos seus discípulos dixo: Señor, ensínanos a orar tal e coma Xoán lle ensinou aos seus discípulos.2Xesús díxolles:-Cando oredes, dicide: Pai, sexa santificado o teu nome. Veña o teu Reino.3Danos cada día o noso pan. 4Perdoa os nosos pecados, así como nós perdoamos a quen está en débeda con nós. Non nos metas en tentación.5Xesús díxolles:-Quen de vós ten un amigo e vai onda el a media noite e lle di: amigo, préstame tres pans, 6xa que un amigo meu acaba de chegar polo camiño e non teño nada que lle poñer diante. 7Entón o que está dentro pode que lle conteste: non me amoles. A porta xa está pechada e os meus meniños están na cama comigo. Non me é posible levantarme e darchos. 8Eu dígovos que aínda que el no se erga para llelos dar por seren amigos, erguerase pola impertinencia del e daralle canto precise.9Eu tamén vos digo:-Pedide e darásevos, buscade e atoparedes, petade e abrirásevos. 10Pois toda persoa que pide recibe, quen busca atopa e ao que peta, abriráselle.11Que pai de entre vós, se o seu fillo lle pide pan, lle dará unha pedra? ou se lle pide peixe, daralle unha serpe en lugar de peixe? 12Ou se lle pide un ovo daralle un escorpión? 13Polo tanto, se vós, que sodes malos sabedes como darlle bos regalos aos vosos fillos, canto máis o voso Pai dos ceos lles dará o Espírito Santo a aqueles que llo pidan?14Máis tarde, Xesús estaba expulsando un demo mudo. Sucedeu que cando o demo saíu, o home mudo falou e as multitudes estaban abraiadas. 15Pero algunhas das persoas dixeron:-El bota fóra os demos por Belcebú, o gobernador dos demos.16Outros para tentalo demandábanlle un sinal do ceo. 17Pero Xesús coñecendo os seus pensamentos, díxolles:-Todo reino dividido contra si mesmo é desolado, derrubándose casa sobre casa.18Se Satán está dividido contra si mesmo, como permanecerá o seu reino? Vós dicides que eu boto fóra os demos por Belcebú. 19Se eu boto fóra os demos por Belcebú, por quen os botan fora os vosos fillos? Por isto, eles serán os vosos xuíces. 20Pero se eu boto fóra os demos polo dedo de Deus, entón o reino de Deus chegou a vós.21Cando un home forte que está completamente armado vixía o seu pazo, os seus bens están seguros 22pero cando un home máis forte atácao e o vence, quítalle tódalas armas nas que fiaba e reparte o botín. 23O que non está comigo está contra min e o que non recolle comigo, espalla.24Cando un espírito inmundo sae do home, percorre lugares secos buscando acougo. Se non o atopa di: 25-Volverei á casa de onde saín. Cando regresa atopa a casa varrida e arranxada. 26Entón vai e trae canda el sete espíritos peores que el mesmo, e entrando, van vivir alí chegando a ser o fin dese home peor que o principio.27Aconteceu que segundo El dicía estas cousas, certa muller da multitude levantou a súa voz e díxolle:-Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron! 28Pero El dixo:-Mais ben ditosos aqueles que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.29Apiñábanse as multitudes, e el comezou a dicir: esta xeración é unha xeración malvada. Busca un sinal, pero sinal ningún lle será dado, agás o sinal de Xonás. 30Pois como Xonás veu ser un sinal para os ninivitas, así tamén o Fillo do Home o será para esta xeración.31A raíña do Sur levantarase en xuízo cos homes desta xeración e condenaraos, porque ela veu dos confíns da terra para escoitar a sabedoría de Salomón, e mirade, alguén maior que Salomón está aquí.32Os homes de Nínive levantaranse en xuízo con esta xeración e a condenará, porque eles arrepentíronse coa predicación de Xonás, e mirade, alguén maior que Xonás está aquí.33Ninguén, cando acende unha lámpada, agóchaa debaixo dun modio, senón que a pon enriba do candeeiro para que os que entren vexan o resplandor. 34O voso ollo é a lámpada do corpo. Cando o teu ollo está san, todo o teu corpo está cheo de luz. Pero cando o teu ollo está mal, todo o corpo está cheo de escuridade. 35Polo tanto, ten coidado que a luz en ti non sexa escuridade. 36Se todo o teu corpo está cheo de luz, sen ter parte nas tebras, todo estará totalmente iluminado como cando a lámpada te alumea co seu fulgor.37Cando rematou de falar, un fariseo pediulle que xantara con el, así que Xesús entrou e recostouse á mesa. 38O fariseo sorprendeuse de que El non se lavase primeiro as mans antes de comer.39Pero o Señor díxolle:-Vós os fariseos limpades o exterior do vaso e mais do prato, pero o voso interior está cheo de pillaxe e maldade. 40Babecos! Acaso aquel que fixo o de fóra non fixo tamén o de dentro? 41Xa que logo ofrecede o que está dentro como obra de misericordia e velaí todas as cousas serán limpas para vós.42Ai de vós fariseos! porque pagades o décimo da menta e a ruda e calquera outra legume, pero pasades por alto a xustiza e o amor de Deus. Isto é o que deberiades practicar sen descoidar o outro.43Ai de vós, fariseos! porque amades os asentos principais das sinagogas e as reverencias nas prazas. 44Ai de vós! porque sodes coma sepulturas que non se ven, polas que a xente camiña por riba sen sabelo.45Respondendo un dos intérpretes da lei díxolle:-Mestre, o que dis insúltanos tamén a nós. 46Xesús dixo:-Ai de vós, intérpretes da lei! porque cargades á xente con cargas difíciles de levar pero vós nin sequera tocades esas cargas cun dos vosos dedos.47Ai de vós! porque construídes tumbas conmemorativas aos profetas e foron os vosos pais os que os mataron! 48Así que sodes testemuñas e aturades as obras dos vosos pais, porque eles mataron e vós construístes.49Por isto tamén a sabedoría de Deus dixo: "Mandareilles profetas e apóstolos, e perseguirán a uns e matarán a outros", 50para que se lle pidan contas a esta xeración, do sangue derramado de tódolos profetas dende a fundación do mundo; 51dende o sangue de Abel ata o sangue de Zacarías quen foi asasinado entre o altar e o templo. Si, dígovos que lle será demandado a esta xeración.52Ai de vós, intérpretes da lei, porque quitastes a chave do coñecemento, vós mesmos non entrastes e entorpecestes os que están entrando.53Ao saír de alí, os escribas e os fariseos acosábano terriblemente e interrogábano polo miúdo sobre moitas cousas 54tentando pillalo nas súas propias palabras.
1Estando as multitudes reunidas, tanto que se pisaban uns aos outros, El comezou a dicirlles primeiramente aos seus discípulos:-Gardádevos do lévedo dos fariseos que é hipocrisía.2Nada hai encuberto que non acabe por descubrirse, e nada agachado que non se saiba. 3Polo que toda cousa dita na escuridade será escoitada na luz, e o que falaches ao oído nos cuartos, será proclamado dende as azoteas.4Eu dígovos, meus amigos, non teñades medo daqueles que matan o corpo e despois diso non teñen máis nada que facer. 5Pero Eu mostrareivos a quen tedes que temer. Temede a aquel que despois de matar ten autoridade para botarvos ao inferno. Si, Eu dígovos, temédeo.6Non se venden cinco paxariños por dous cuartos? E ningún deles é esquecido á vista de Deus. 7Pero aínda todos os cabelos da vosa cabeza foron contados. Non teñades medo, vós sodes máis valiosos que moitos paxariños.8Eu dígovos que quen me recoñeza diante dos homes, o Fillo do Home recoñecerao diante dos anxos de Deus, 9pero o que me negue diante dos homes será negado diante dos anxos de Deus. 10E todo o que diga unha palabra en contra do Fillo do Home háselle perdoar, pero aquel que blasfeme contra o Espírito Santo, iso non se lle perdoará.11E cando vos leven ás sinagogas e diante dos gobernantes e das autoridades, non vos preocupedes de como ou que falar na vosa defensa ou que haberedes dicir, 12porque o Espírito Santo ensinaravos nese momento o que precisedes dicir.13Alguén procedente da multitude díxolle:-Mestre, dille ao meu irmán que reparta a herdanza comigo. 14Pero El díxolle:-Home, quen me fixo xuíz ou partidor sobre vós? 15E díxolles:-Estade atentos e gardádevos de todo xeito de avaricia, porque a vida dunha persoa non consiste na abundancia das súas posesións.16Engadiulles unha parábola dicindo:-A terra dun home rico produciu abondosas colleitas 17e el razoou consigo mesmo dicindo: que farei? porque non teño onde gardar as miñas colleitas. 18E dixo: farei isto: derrubarei os meus graneiros e construirei uns máis grandes, e gardarei alí todos os meus produtos e os meus bens. 19E direille á miña alma: alma, tes moitos bens gardados para moitos anos. Descansa tranquila, come, bebe, divírtete.20Pero Deus díxolle:-Necio! esta noite requírese a túa alma e as cousas que preparaches, de quen serán? 21Así é alguén que garda tesouros para si mesmo e non é rico para Deus.22Díxolle aos seus discípulos:-Por isto dígovos: non vos preocupedes pola vosa vida, que comeredes; nin polo voso corpo, que vestiredes. 23Porque a vida é máis que a comida e o corpo máis que a roupa.24Pensade nos corvos, que non sementan nin colleitan. Eles non teñen despensa nin graneiro pero Deus alimentaos. Canto máis valiosos sodes vós que os paxaros! 25E quen de vós pode engadir un cóbado á súa estatura por preocupado que estea? 26Se vós non sodes capaces de facer nin as cousas máis pequenas, por qué vos preocupades polo demais?27Considerade os lirios, como medran. Nin fían nin tecen pero dígovos que nin Salomón en toda a súa gloria vestiu coma un deles. 28Se Deus viste a herba do campo, a que existe hoxe e mañán bótase ao forno, canto máis a vós, xente de pouca fe!29Non vos angustiedes polo que ides comer ou beber; non esteades ansiosos. 30Porque a xente do mundo busca estas cousas pero o voso Pai sabe que as necesitades.31Máis ben procurade o seu reino e todas estas cousas seranvos engadidas. 32Non teñades medo, pequeno rabaño, porque o voso Pai comprácese en darvos o reino.33Vendede as vosas posesións e dade esmola. Facede bolsas que non se deterioren, un tesouro nos ceos que non se esgota, onde ningún ladrón pode achegarse e a traza non a bota a perder. 34Porque onde está o voso tesouro, alí estará tamén o voso corazón.35Estean cinguidos os vosos lombos e as lámpadas acendidas, 36e sede semellantes a aqueles que están agardando que o seu señor regrese da festa de casamento, para que cando el veña e chame, inmediatamente lle abran a porta.37Ditosos son eses servos, aos que o señor os atope vixiantes cando veña. Verdadeiramente dígovos que se ha cinguir e faraos sentar á mesa e servirálles. 38E sexa que o señor veña na segunda vixilia da noite ou na terceira e os atope listos, ditosos serán.39Mais sabede isto, que se o señor da casa soubese a hora na que ía vir o ladrón, non permitiría que entrase na súa casa. 40Estade preparados tamén porque non sabedes a hora cando o Fillo do Home virá.41Pedro dixo:-Señor, disnos esta parábola a nós ou tamén a todos? 42O Señor dixo:-Quen é realmente o fiel e prudente administrador a quen o seu señor porá sobre todo na súa casa para darlle a súa ración no tempo sinalado? 43Ditoso o servo, a quen o señor atope facendo isto cando el veña. 44Verdadeiramente dígovos que o porá a cargo de todos os seus bens.45Pero se aquel servo di no seu corazón: meu señor tarda en vir e comeza a golpear os servos e as servas, e a comer e a beber e a embebedarse, 46o señor daquel servo virá nun día cando el non o agarda e nunha hora que él non sabe, e castigarao fortemente e porá a súa parte cos infieis.47Aquel servo que coñecendo a vontade do seu señor non se preparou de acordo á súa vontade, será golpeado con moitos azoutes. 48Pero o que non sabía e fixo cousas merecedoras de golpes, mallaráselle pouco. Porque todo aquel a quen se lle dá moito, moito se lle require e a quen se lle confía moito, demandaráselle aínda máis.49Eu vin para botar lume sobre a terra:-E que máis quero se xa foi encendido? 50Pero dun bautismo teño que ser bautizado, e como me aflixo ata que se cumpra!51Pensades que vin traer paz á terra? Non, dígovos, que mais ben división. 52Porque de agora en diante nunha casa cinco estarán divididos; tres contra dous e dous contra tres. 53Estarán divididos o pai contra o fillo e o fillo contra o pai, a nai contra a filla e filla contra a nai; a sogra contra nora e a nora contra súa sogra.54Xesús tamén lles dicía ás multitudes:-Cando vedes unha nube levantándose sobre a parte occidental dicides inmediatamente: "vén chuvia", e así acontece. 55E cando sopra vento do sur dicides "haberá unha calor abrasadora" e así ocorre. 56Hipócritas, sabedes como distinguir as aparencias da terra e dos ceos pero como é que non sabedes interpretar o tempo presente?57Por que non xulgades o que é xusto por vós mesmos? 58Cando vaias co teu adversario diante o maxistrado, fai un esforzo para resolver o asunto con el no camiño non sexa que te arrastre ao xuíz e o xuíz te entregue ao alguacil, e o alguacil te bote á cadea. 59Dígoche que non has saír de alí ata que pagues o último céntimo.
1Naquel momento había alí algunhas persoas que lle contaron de cando Pilato mesturou o sangue daqueles galileos co dos seus sacrificios. 2Respondendo Xesús, dixo: pensades que eses galileos eran máis pecadores que os outros galileos porque sufriron isto? 3Dígovos que non; ao contrario, se non vos arrepentides, todos morreredes igual.4Ou pensades que aqueles dezaoito, sobre os que caeu a torre de Siloé e os matou, eran máis culpables que os outros habitantes de Xerusalém? 5Dígovos que non; ao contrario, se non vos arrepentides, morreredes igual.6E contoulles esta parábola:-Un home tiña unha figueira plantada na súa viña; foi buscar froitos e non llos atopou. 7Díxolle ao vendimador:-Mira, hai tres anos que veño buscar froitos nesta figueira e non llos atopo. Córtaa. Para que esgotar máis a terra?8Entón el respondeu dicindo:-Señor, déixaa aínda este ano, vou ver de cavar arredor e de estercar, 9e se dá froito o ano que vén, ben; e senón, córtaa.10Estaba Xesús ensinando na sinagoga nun día de repouso, 11e había alí unha muller enferma por causa dun espírito; estaba eivada e non podía endereitarse de ningunha maneira.12Xesús ao vela, chamouna e díxolle:-Muller, estás libre da túa enfermidade. 13Puxo as mans sobre ela, e no momento endereitouse e glorificaba a Deus. 14Mais o oficial da sinagoga, indignado porque Xesús a sanara no día de repouso, reaccionou dicíndolle á multitude:-Hai seis días para traballar; vinde, entón, neses días e sede sanados, e non no día de repouso.15Entón o Señor respondeulle dicindo: -Hipócritas, non desatades o voso boi ou o voso asno da manxadoira no día de repouso e levádelos a beber? 16E esta que é filla de Abraham, a que o demo tivera atada durante dezaoito anos, non debería ser liberada no día de repouso?17Todos os seus inimigos se avergoñaban ao dicir El isto, mais a multitude alegrábase por tódalas cousas gloriosas que El facía.18Dixo entón-A que se parece o reino de Deus e con que podo comparalo? 19É semellante a un gran de mostaza que un home colleu e deitou na súa horta; medrou e fíxose unha árbore, e as aves aniñaron nas súas pólas.20E dixo de novo:-Con que compararei o reino de Deus? 21É semellante ao lévedo que unha muller colleu e puxo en tres medidas de fariña ata que todo quedou fermentado.22E pasaba Xesús por cidades e aldeas camiño de Xerusalém, ensinando; 23e alguén lle dixo:-Señor, son poucos os que se salvan? E El respondeu: 24-Esforzádevos por entrar pola porta estreita, porque vos digo que moitos tentarán entrar e non poderán.25Despois de que o dono da casa se erga e peche a porta, vós, estando fóra, comezaredes a chamar á porta, dicindo:-Señor, ábrenos, El respondendo, dirá:-Non sei de quen sodes. 26Entón comezaredes a dicir:-Comemos e bebemos contigo, e ensinaches polas nosas rúas; 27e El dirá:-Dígovos que non sei de quen sodes; afastádevos de min todos os que facedes maldade.28Alí serán os choros e o renxer de dentes cando vexades a Abraham, a Isaac e a todos os profetas no reino de Deus, e que a vós vos botan fóra. 29E virán do Oriente e do Occidente, do Norte e do Sur, e sentarán á mesa no reino de Deus. 30E alí, hai últimos que serán os primeiros e hai primeiros que serán últimos.31Nese intre chegaron os fariseos dicíndolle:-Sae e marcha de aquí, porque Herodes quere matarte. 32E díxolles:-Ide e dicídelle a esa raposa: Eu boto fóra os demos e fago sanacións hoxe e mañán e ao terceiro día cumpro o meu propósito. 33Pero teño que seguir camiño, hoxe, mañán e pasado mañán; porque un profeta non pode morrer fóra de Xerusalém.34Xerusalém, Xerusalém, que matas os profetas e apedras os que se che envían! Cantas veces quixen xuntar os teus fillos coma a galiña xunta os seus pitos baixo as súas ás, e non quixeches! 35Velaí, a vosa casa queda baleira:-E dígovos que non me veredes máis ata que chegue o tempo no que digades: Bendito o que ven no nome do Señor.
1Aconteceu nun día de repouso que Xesús entrou na casa dun dos gobernantes dos fariseos, para comer pan, e eles vixiábano escrupulosamente. 2E alí, enfronte del, estaba un home hidrópico. 3E dirixíndose Xesús aos intérpretes da lei e aos fariseos, faloulles-É lexítimo curar no día de repouso, ou non?4Mais eles pecharon a boca. El, tomándolle a man, sanouno e despediuno. 5E díxolles a eles:-Quen de vós, caéndolle unha ovella ou un boi nunha fochanca, no día de repouso, non lle bota a man para sacalo inmediatamente? 6E non puideron contradecilo.7Cando se decatou de que todos os convidados á cea buscaban sentarse o máis preto posible da presidencia, faloulles esta parábola: 8-Cando sexas convidado a algún banquete de vodas, non vaias sentar adiante de todo, non sexa que o que te convidou a ti, convidara a outro máis distinguido ca ti, 9e achegándose a vós o que vos convidou, che diga:-Déixalle o sitio a este; e entón, avergoñado teñas que ir ao último lugar.10Mais cando sexas convidado vai e senta no último de todo para que cando chegue o que te convidou, dígache: amigo, vén máis para adiante; daquela serás recoñecido perante o resto dos que sentan á mesa contigo. 11Porque todo o que se gabe, vai ser humillado; e o que se humille será exaltado.12E dixo tamén ao que o convidara:-Cando fagas unha comida ou cea, non chames os teus amigos, nin os teus irmáns, nin a parentes, nin os teus veciños ricos, non sexa que eles tamén te conviden a ti, e velaí a túa recompensa.13Seríache mellor, que cando fagas un banquete, chames os pobres, mancos, coxos, cegos, 14e serás bendicido, porque non teñen con que che pagar; pero ti serás recompensado na resurrección dos xustos.15Escoitando un dos que estaba sentado con El á mesa díxolle:-Bendito todo o que coma pan no reino de Deus! 16Pero El díxolle:-Un home deu unha gran cea, e convidou a moitos; 17e chegada a hora mandou a un servo a dicir aos que estaban convidados: vinde, porque xa está todo listo!18Comezaron todos a poñer desculpas. O primeiro dixo: non podo, merquei un terreo e teño que ir velo. Descúlpame. 19Outro: merquei cinco parellas de bois e vounos probar. Descúlpame. 20E outro máis: acabo de casar e por iso non podo ir.21O servo veu de volta e contoulle todo ao seu señor. Entón, anoxado o dono da casa, díxolle ao servo:-Váiteme xa polas rúas e rueiros da vila e trae os pobres, os mancos, os cegos e os coxos! 22Logo dixo o servo: meu señor, xa fixen o que mandaches e aínda queda sitio.23E o señor díxolle ao servo:-Vai agora polos camiños e valados e dilles que é preciso que entren na miña casa para que se encha. 24Dígovos que ningunha daquelas persoas que foron convidadas probará a miña cea.25No camiño acompañábaos unha gran variedade moi numerosa de persoas; e El volvéndose, díxolles: 26-Se algún vén a min e segue a ter en primeiro lugar a seu pai ou nai, á súa muller e fillos, aos seus irmáns e irmás, a aínda ata a súa propia vida, non pode ser o meu discípulo. 27O que non carga coa súa cruz e me segue, non lle é posible ser meu discípulo.28Porque, quen de vós, desexando construír unha torre, non bota contas primeiro do que lle vai custar, para ver se lle chegan os recursos dos que dispón para rematala? 29Non vaia ser que cando xa teña postos os fundamentos, e non puidendo rematar, os que o vexan se burlen del, 30dicindo:-Mira para aí, este empezou a construír e non foi quen de rematar a obra.31Ou que rei, cando se enfronta a outro en batalla, non senta primeiro a valorar se lle chegarán dez mil homes para loitar contra os vinte mil do outro rei? 32E se non, cando aínda o ten lonxe, mándalle uns embaixadores pedindo un acordo de paz. 33Polo tanto, se calquera de vós non renuncia a tódalas súas posesións, non lle será posible ser o meu discípulo.34Bo é o sal, pero se o sal perde o seu sabor, con que ha ser salgado? 35Xa non vale nin para a terra, nin para a esterqueira; haino que tirar. Quen teña oídos para ouvir, que escoite.
1Todos os recadadores de impostos e outros pecadores achegábanse a Xesús para escoitalo. 2E tanto os fariseos como os escribas murmuraban entre eles dicindo:-Este home dálles a benvida a pecadores e mesmo come con eles.3Xesús faloulles esta parábola dicindo: 4-Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas non deixa ás noventa e nove no deserto e vai detrás da perdida ata atopala? 5Logo cando dá con ela, cóllea no colo e alégrase,6e cando vai á casa, xunta os seus amigos e veciños, dicíndolles:-Alegrádevos comigo pois atopei a miña ovella perdida! 7Eu dígovos que haberá máis ledicia no ceo cando un pecador se arrepinte, que por noventa e nove xustos que non precisan arrepentirse.8Ou que muller que ten dez moedas de prata, ao perder unha, non prende unha lámpada, varre a casa, e busca dilixentemente ata atopala? 9E cando a atopa chama a todos os seus amigos e veciños dicíndolles:-Alegrádevos comigo pois atopei a moeda que perdera! 10Así dígovos, hai gozo na presenza dos anxos de Deus por un pecador que se arrepinte.11Logo Xesús dixo:-Certo home tiña dous fillos 12e o máis novo díxolle a seu pai: pai, dame agora toda a porción de bens que me toca. E el dividiu as súas propiedades entre eles.13Non moitos días máis tarde, o máis novo recolleu todo canto tiña e foise para lonxe a outro país, e aló malgastou todo o que tiña nunha vida descontrolada. 14Entón, cando gastou todo canto tiña, veu unha gran fame nese país e comezou a pasar necesidade.15Entón foi e achegouse a un dos veciños de alí e este mandouno a traballar nos seus campos para darlles de comer aos porcos. 16E el desexaba comer as alfarrobas que os porcos comían pois ninguén lle daba.17Entón volvendo en si, dixo:-Cantos traballadores que o meu pai contrata teñen comida a fartar e eu estou aquí a morrer de fame! 18Levantareime e irei onda meu pai e direille: pai pequei contra o ceo e diante túa; 19Xa non son digno de ser chamado o teu fillo, faime como un dos teus xornaleiros.20Levantándose, foi onda seu pai. E namentres aínda estaba lonxe, o seu pai viuno e sentiu compaixón por el, e botou a correr, e collendo agarimosamente o seu pescozo entre as súas mans, non deixaba de bicalo. 21E o fillo díxolle:-Pai pequei contra o ceo e contra ti. Non son digno de ser chamado o teu fillo.22Pero o pai díxolles aos seus servos:-Bulide, traede rápido a mellor túnica, vestídeo, e poñede un anel na súa man e sandalias nos seus pés! 23Logo traede o becerro engordado e matádeo, e comamos e fagamos festa! 24Pois este meu fillo estaba morto e volveu á vida. El estaba perdido e agora foi atopado. E todos comezaron a festexar.25Pero o seu fillo maior estaba fóra nos campos, e ao regresar, cando se achegaba á casa, escoitou música e bailes. 26E chamando a un dos servos preguntoulle que era aquilo. 27Entón el díxolle:-O teu irmán volveu a casa e o teu pai matou o becerro máis gordo, pois regresou san.28E el anoxouse e non quería entrar. Saíndo entón, o seu pai, suplicáballe. 29Pero el contestoulle o pai dicindo:-Mira, servinte por moitos anos e nunca pasei por alto os teus mandatos e a min nunca me deches un cabrito para festexar cos meus amigos, 30pero cando veu este teu fillo, o que devorou todo o teu vivindo con prostitutas, vas ti e mátaslle o becerro máis gordo.31El entón díxolle:-Fillo, ti sempre estás comigo e todo o meu é teu. 32Pero era o propio para nós facer festa e estar alegres, pois este teu irmán estaba morto e volveu á vida, estaba perdido e foi atopado.
1Dicíalles tamén aos seus discípulos:-Había un home rico que tiña un administrador que foi acusado diante del por malgastar as súas pertenzas. 2Entón chamouno e díxolle: que e o que está chegando os meus oídos? Presenta as contas da túa xestión, porque xa non podes administrar o que posúo.3E o administrador dixo para si: que farei? O meu señor botoume da administración. Non teño forzas para cavar, e dame vergoña poñerme a pedir esmola. 4Xa sei o que farei para que cando me boten da administración, me acepten nas súas casas!5E chamando a cada un dos que lle debía ao seu señor, díxolle ao primeiro: canto lle debes ao meu señor? 6El díxolle: un cento de bocois de aceite. E díxolle: toma a túa factura, senta e escribe axiña cincuenta. 7Despois díxolle a outro: e ti, canto debes? El respondeu: cen medidas de trigo. El díxolle: toma a túa factura e escribe oitenta.8Aplaudiu o señor ao administrador inxusto pola astucia coa que actuara, pois os fillos deste mundo son máis prudentes nas súas cousas, que os fillos da luz. 9E eu dígovos:-Facédevos amigos coas riquezas inxustas, para que cando falten, sexades acollidos nas moradas eternas.10O que é fiel no moi pouco, é fiel tamén no moito; e o que é inxusto no moi pouco, tamén é inxusto no moito. 11Daquela, se non fostes dignos de confianza coa riqueza inxusta, quen vos ha confiar as verdadeiras riquezas? 12E se non fostes fieis co alleo, quen vos ha dar o voso?13Ningún criado pode servir a dous señores, porque desprezará a un e amará o outro, ou estimará a un e desprezará o outro. Non podedes servir a Deus e ás riquezas.14Os fariseos, que eran amantes dos cartos, escoitaban estas cousas e burlábanse del. 15Entón El díxolles:-Sodes vós mesmos quen vos xustificades diante da xente, pero Deus coñece os vosos corazóns, porque o que tedes en alta estima, é idolatría diante de Deus.16A lei e os profetas foron ata Xoán; dende entón anúncianse as boas novas do reino de Deus, e todos queren entrar nel pola forza. 17Pero é máis doado que o ceo e a terra pasen, que caia un acento da lei.18Todo o que se divorcia da súa muller e casa con outra, comete adulterio; e o que casa coa repudiada, adultera.19Había un home rico que vestía roupas de púrpura e liño fino, e que festexaba acotío con espléndidos banquetes. 20E un mendigo chamado Lázaro, cuberto de chagas, que foi botado á súa porta, 21desexaba matar a fame que tiña co que caía da mesa do home rico; e mesmo os cans se achegaban a lamerlle as chagas.22Aconteceu que morreu o mendigo e foi levado polos anxos ao seo de Abraham; e morreu tamén o rico e enterrárono. 23E estando no Hades, no medio de tormentos, alzando os ollos, viu a Abraham de lonxe, e a Lázaro no seu seo.24E berrando dixo:-Pai Abraham, ten compaixón de min! E manda a Lázaro para que molle a punta do seu dedo na auga e refresque a miña lingua, pois estou atormentado nestas lapas.25Pero Abraham díxolle:-Fillo, lembra que mentres viviches, recibiches os teus bens, mentres que Lázaro recibiu males; pero aquí está sendo consolado, e ti atormentado. 26Ademais disto, hai un gran abismo que nos separa de vós, así que os que queren pasar de aquí a vós, non poden, e tampouco poden cruzar de alá cara a nós.27Entón el dixo:-Rógoche, pois, pai, que o mandes á casa do meu pai, 28para que sexa testemuña aos meus cinco irmáns, e non veñan parar tamén a este lugar de tormento.29Pero Abraham díxolle:-Eles teñen a Moisés e os profetas; que os escoiten a eles! 30El dixo:-Non, pai Abraham, senón que se algún morto se lles aparece, arrepentiranse. 31Pero Abraham díxolle:-Se non escoitan a Moisés e os profetas, tampocou se van convencer se algún se levanta de entre os mortos.
1E Xesús dixo aos seus discípulos:-É inevitable que veñan escándalos, mais, ai daquel por quen veñen! 2Seríalle mellor poñer unha pedra de muíño no pescozo e que o tirasen ao mar, antes de escandalizar a un destes pequenos.3Andade con coidado, se o teu irmán peca, repréndeo; se se arrepinte, perdóao. 4E se peca contra ti sete veces ao día, e sete veces volve dicindo: síntoo, perdóao.5Os apóstolos dixeron:-Auméntanos a fe! 6Entón o Señor dixo:-Se tiverades fe como un gran de mostaza, diríadeslle a este sicómoro: arríncate de raíz e plántate no mar! E obedeceríavos.7E quen de vós ten un servo arando ou pastoreando ovellas, e cando volve do campo, lle di:-Vén axiña e senta a comer? 8Non lle dirá mais ben:-Prepárame algo de comer, vístete axeitadamente, e sírveme ata que coma e beba; e despois comerás ti?9Seica lle das as grazas ao servo por que fixo o que se lle mandou? 10Así tamén vos, cando teñades feito o que se vos mandou, dicide:-Somos servos non merecentes; fixemos só o que debiamos facer.11Aconteceu que mentres ía camiño de Xerusalém, pasaba entre a Samaria e a Galilea, 12e ao entrar nunha aldea, saíronlle ao paso dez homes gafos, que pararon a certa distancia, 13e berraron, dicindo:-Xesús, Mestre! Ten misericordia de nós!14Cando os viu, díxolles:-Ide e presentádevos aos sacerdotes! E ocorreu que mentres ían, quedaron limpos. 15Entón un deles, ao ver que fora sanado, deu volta glorificando a Deus con voz forte. 16E caeu sobre o seu rostro aos pés de Xesús, dándolle as grazas; e este era samaritano.17Respondendo Xesús, dixo:-Non foron dez os que quedaron limpos? 18E os outros nove, onde se meteron? Non houbo ningún que volvera dar gloria a Deus, a non ser este estranxeiro? 19E díxolle:-Érguete e vaite; salvoute a túa fe.20Os fariseos preguntáronlle cando viría o reino de Deus, Xesús respondeulles, e dixo: o reino de Deus non vén con sinais visibles, 21nin dirán:-Mirade, aquí está! Ou alí está! Porque velaí que o reino de Deus está entre vós.22Entón díxolles aos discípulos:-Virán días nos que desexaredes ver un só día do Fillo do Home, e non o veredes. 23Entón diranvos:-Mirade alí! mirade aquí! Non vaiades, nin corrades tras deles. 24Porque coma o lóstrego que brilla dende un lado ao outro do ceo, así será o Fillo do Home no seu día.25Pero primeiro é preciso que El padeza moito e sexa rexeitado por esta xeración. 26Tal e como aconteceu nos días de Noé, así serán tamén os días do Fillo do Home. 27Comían, bebían, casaban e comprometíanse, ata o día en que Noé entrou na arca, e chegou o diluvio e destruíunos a todos.28Foi o mesmo que pasou nos días de Lot: comían, bebían, mercaban, vendían, plantaban, construían; 29pero o día en que Lot saíu de Sodoma, choveu lume e xofre do ceo e acabou con todos.30O mesmo pasará o día no que o Fillo do Home sexa revelado. 31Nese día, o que estea no terrado e teña as súas pertenzas na casa, non baixe a collelas; do mesmo xeito, o que estea no campo, non volva atrás.32Lembrade á muller de Lot. 33Todo o que queira gardar a súa vida, perderáa; e todo o que a perda, salvaráa.34Dígovos que naquela noite estarán dous nunha cama; un será tomado e outro ha ser deixado. 35Estarán dúas mulleres moendo no mesmo lugar, unha será tomada e outra ha ser deixada. 36Dous estarán no campo; un será tomado e outro será deixado.37Respondendo eles, dixeron:-Onde, Señor? E El díxolles:-Onde estea o corpo, alí tamén se xuntarán os voitres.
1E explicoulles unha parábola sobre a necesidade de estaren orando sempre e non se desanimar, 2dicindo:-Había un xuíz nunha vila, que nin tiña temor de Deus, nin respetaba a persoa algunha.3Naquela vila había unha viúva, que ía decontino onda el dicíndolle:-Faime xustiza diante do meu contrario. 4El non quixo facelo, pero logo acordou:-Aínda que nin lle temo a Deus, nin respecto a ningúen, 5como esta viúva non deixa de me molestar, fareille xustiza, non vaia ser que me faga esgotar a paciencia.6E dixo o Señor:-Entendede a resposta do xuíz inxusto. 7E non será, que Deus lle fará xustiza aos seus escollidos cando lle piden axuda de día ou de noite? Tardará en responderlles? 8Dígovos que pronto lles ha facer xustiza. Pero, cando veña o Fillo do Home, realmente atopará fe na terra?9Falou tamén esta parábola a uns que se tiñan por xustos e menosprezaban aos demais. 10Subiron dous homes a orar no templo, un fariseo e o outro, un recadador de impostos.11O fariseo, en pé, oraba deste xeito:-Deus, douche as grazas porque non son un estafador coma outros, nin adúltero, nin inxusto; nin como este recadador de impostos. 12Xexúo dúas veces á semana e dou a décima parte de todo o que gaño.13Pero o recadador de impostos, en pé , a certa distancia, non quería nin levantar os ollos ao ceo, senón que batía sobre o seu peito dicindo:-Deus, ten piedade de min, que son un pecador. 14Dígovos que o recadador baixou xustificado á súa casa, pero o outro non; porque todo o que se gabe será humillado, pero o que se humille, será exaltado.15Levábanlle os meniños para que os tocara, pero os discípulos vendo esto, reprendíanos. 16Mais Xesús, chamándoos ao seu carón, dixo:-Deixade os meniños achegarse a min, non llelo impidades, porque o reino de Deus é dos que son semellantes a eles. 17De certo dígovos:-Calquera que non reciba o reino de Deus coma se fose un meniño, non entrará nel.18Un home importante preguntoulle:-Mestre bo, que teño que facer para acadar a vida eterna? 19Xesús contestoulle:-Por que me dis bo? Ninguén e bo senón só un, Deus. 20Ti sabes os mandamentos: non cometas adulterio, non mates, non roubes, non deas falso testemuño, honra a teu pai e a túa nai. 21El dixo:-Levo obedecendo todo iso dende novo.22Cando Xesús escoitou isto díxolle:-Aínda che queda unha cousa: vende todo o que posúes e repárteo entre os pobres, e terás tesouro nos ceos; vén e sígueme. 23Pero oíndo estas cousas, quedou triste, pois era moi rico.24Véndoo Xesús dixo:-Que difícil é que os que posúen riquezas entren no reino de Deus! 25É máis doado para un camelo entrar polo ollo dunha agulla, que para un rico entrar no reino de Deus.26Os que escoitaban dixeron:-Daquela, quen poderá salvarse? 27El respondeu:-O que é imposible para todos, é posible para Deus.28Dixo Pedro:-Velaquí, nós deixámolo todo, e seguímoste. 29El díxolles:-De certo dígovos que calquera que deixando casa, ou muller, ou irmáns, ou pais ou fillos polo reino de Deus, 30recibirá moito máis neste tempo, e no futuro terá a vida eterna.31Xuntou aparte os doce e díxolles:-Mirade, subimos a Xerusalém, e vanse cumprir tódalas cousas escritas polos profetas sobre o Fillo do Home. 32Vai ser entregado aos xentiles, e burlaranse del, aldraxarano e cuspirán nel, 33e logo de ser azoutado, vano matar, pero resucitará ao terceiro día.34Eles non puideron comprender nada do que lles dicía, pois o verdadeiro significado estaba oculto para eles e non entendían de que estaba a falar.35E aconteceu que chegando a Iericó, un cego estaba pedindo sentado á beira do camiño. 36Escoitando o barullo, preguntaba que era o que estaba pasando. 37Dixéronlle que Xesús o Nazareno pasaba por alí.38Entón berrou dicindo:-Xesús, Fillo de David, ten compaixón de min! 39E os que ían por diante prohibíanlle que berrara; pero el aínda berraba con máis forza:-Fillo de David, ten compaixón de min!40Xesús detívose e mandou que llo trouxeran; e cando estivo preto del, preguntoulle: 41-Que queres que faga por ti? El dixo:-Señor, que recobre a vista.42Xesús dixolle:-Recibe a vista, a túa fe foi a que te salvou. 43E nese intre recuperou a vista, e seguíao dándolle a gloria a Deus, e a xente do pobo vendo o que pasara, louvaba a Deus.
1Entrando Xesús en Iericó pasaba pola cidade. 2E había un home chamado Zaqueo que era xefe dos recadadores de impostos e era rico.3Tentaba ver quen era Xesús, pero non podía por causa da multitude, xa que era de pequena estatura. 4Entón, correndo cara adiante, subiu a un sicómoro para velo, porque Xesús estaba a piques de pasar por alí.5Cando Xesús chegou ao lugar, mirou cara arriba e díxolle:-Zaqueo, baixa decontado, porque hoxe hei quedar na túa casa. 6Así que el baixou axiña e recibiuno alegremente. 7Cando todos viron isto murmuraban dicindo: foi a se hospedar cun home pecador.8Entón Zaqueo, posto en pé, díxolle ao Señor:-Señor, a metade dos meus bens dareillos aos pobres, e se en algo defraudei a algún, voullo devolver catro veces máis. 9E Xesús díxolle:-Hoxe veu a salvación a esta casa, xa que el tamén é fillo de Abraham; 10porque o Fillo do Home veu buscar e salvar o que se perdera.11Namentres eles escoitaban estas cousas, seguiu a falarlles e referiulles unha parábola, porque El estaba preto de Xerusalém, e eles pensaban que o reino de Deus ía aparecer dun momento a outro. 12Por iso dixo:-Certo home de familia nobre foi a un país de lonxe a recibir un reino para si e despois volver.13E chamando a dez dos seus servos deulles dez minas e díxolles: negociade ata que eu volva. 14Pero os seus cidadáns odiábano e mandaron unha delegación detrás del dicindo:-Non queremos que este reine sobre nós. 15E sucedeu que ao regresar el, despois de recibir o reino, mandou chamar á súa presenza a aqueles servos aos que lles dera o diñeiro para saber o que negociaran.16E presentouse o primeiro dicindo:-Señor, a túa mina produciu dez máis. 17E el díxolle:-Ben feito, bo servo, porque fuches fiel no moi pouco, recibe autoridade sobre dez cidades.18Entón veu o segundo dicindo:-A túa mina, Señor, produciu cinco minas. 19E dixo tamén a este:-E ti vas estar sobre cinco cidades.20E veu outro dicindo:-Señor, aquí está a túa mina, que decidín gardar nun pano pois tíñache medo, 21porque es un home esixente que recolles o que non depositaches e segas o que non sementaches.22El contestoulle:-Mal servo, voute xulgar polas túas propias palabras. Sabías que son un home esixente, que recollo o que non depositei e sego o que non sementei? 23Entón, por que non puxeches os meus cartos no banco e ao volver eu recibiríao con intereses?24E dixo aos que estaban presentes:-Quitádelle a mina e dádella ao que ten dez minas. 25E eles dixéronlle:-Señor, el xa ten dez minas!26Dígovos que a calquera que ten, máis se lle dará, pero ao que non ten, aínda o que ten se lle quitará. 27Pero a estes meus inimigos, que non querían que reinase sobre eles, traédeos aquí e matádeos diante de min.28Dito isto, ía diante subindo a Xerusalém.29E aconteceu que cando se achegou a Betfagué e á Betania, preto do monte que se chama das Oliveiras, mandou a dous dos seus discípulos 30dicindo:-Ide á aldea que está enfronte, na que ao entrar atoparedes un burriño atado sobre o que ninguén montou endexamais. Desatádeo e traédeo. 31E se alguén vos pregunta:-Por que o desatades? Falaredes deste xeito:-Porque o Señor precísao.32Entón os que mandaron atopárono como lles dixera. 33Namentres desataban o burriño, os seus donos dixéronlles:-Por que desatades o burriño? 34E Eles responderon:-Porque o Señor precísao. 35E trouxérono a Xesús, e botando os seus mantos sobre o burriño, montaron a Xesús nel. 36E namentres El ía avanzando, estendían os seus mantos polo camiño.37Cando xa se achegaba, xunto á baixada do Monte das Oliveiras, toda a multitude dos discípulos cheos de ledicia comezaron a louvar a Deus a grande voz por tódalas obras de poder que viran 38dicindo:-Bendito o Rei que vén no nome do Señor! Paz no ceo e gloria nas alturas!39Entón algún dos fariseos de entre a multitude dixéronlle:-Mestre, reprende os teus discípulos. 40Respondendo dixo:-Dígovos que se estes calaran, as pedras clamarían.41Cando se achegou á cidade chorou sobre ela 42dicindo:-Se ti soubeses neste día o que conduce á paz! Pero agora está oculto aos teus ollos.43Porque virán días sobre ti cando os teus inimigos rodearante con barricadas, sitiarante e acosarante por todas partes. 44Esmagarante contra o chan e aos teus fillos dentro de ti, e non deixarán pedra sobre pedra porque non coñeciches o tempo da túa visitación.45E entrando no templo, empezou a botar fora aos que vendían 46dicíndolles: escrito está:"E a miña casa será casa de oración", pero vós convertéstela en cova de ladróns.47E ensinaba diariamente no templo. Os principais sacerdotes e os escribas e os máis prominentes do pobo procuraban matalo, 48e non atopaban o modo de facelo porque toda a xente estaba pendente del escoitándoo.
1Un día dos que estaba ensinando á xente no templo e anunciando o evanxeo, presentáronselle os sumos sacerdotes e os escribas cos anciáns, 2e dixéronlle:-Dinos, con que autoridade fas estas cousas, ou quen che deu esta autoridade?3Respondendo El díxolles:-Eu tamén vos vou facer unha pregunta; dicídeme: 4o bautismo de Xoán, era celestial ou humano?5Falaban entre eles, dicindo:-Se dicimos "celestial", El dirá, por que non crestes? 6Mais se dicimos "humano", todo o pobo nos matará a pedradas, pois están convencidos de que Xoán era un profeta.7E responderon que non sabían de onde era. 8Xesús entón díxolles:-Tampouco Eu vos hei dicir con que autoridade fago estas cousas.9Entón comezou a contarlle ao pobo esta parábola:-Un home plantou unha viña, e arrendoullela a uns labregos e marchou de viaxe por moito tempo. 10No tempo da vendima, mandou un criado aos labradores para que lle deran parte do froito da vide. Mais os labradores, despois de mallalo, mandárono coas mans baleiras.11Volveu a mandar outro criado, e, despois de mallar nel e aldraxalo, tamén o despediron coas mans baleiras. 12Volveu mandar un terceiro; e a este tamén o feriron e o botaron fóra.13Entón o dono da viña dixo: que farei? Mandarei o meu fillo amado, poida que a el o respecten. 14Mais cando os labregos o viron, acordaron entre eles, dicindo: este é o herdeiro, matémolo para que a herdanza quede para nós.15E botárono fóra da viña e matárono. Entón, que fará o dono da viña? 16Virá e destruirá a estes labregos e daralles a viña a outros. E cando eles escoitaron isto, dixeron: nunca aconteza tal cousa!17Mais El mirándoos, dixo:-Entón, que quere dicir isto que está escrito: "A pedra que desbotaron os construtores, esa converteuse en pedra angular? 18Todo o que caia sobre esa pedra, será quebrantado; pero sobre quen ela caia, esnaquizarao".19Os escribas e os sumos sacerdotes entenderon que a parábola era por eles e quixeron botarlle a man naquel mesmo momento, mais tiveron medo do pobo. 20E axexándoo, puxéronlle uns espías que finxían ser xustos, para sorprendelo nalgunha palabra e entregalo ao poder e á autoridade do gobernador.21E preguntáronlle, dicindo:-Mestre, sabemos que falas e ensinas rectamente, e que non xulgas polas aparencias, senón que ensinas con verdade o camiño de Deus. 22É legal que paguemos impostos ao César, ou non?23Mais El, percibindo a súa astucia, díxolles: 24-Ensinádeme un denario. De quen é esta imaxe e a inscrición que leva? Eles dixéronlle:-Do César.25Entón El respondeulles:-Pois dáde a César o que é de César, e Deus o que é de Deus. 26E non podían pillalo en ninguna palabra diante do pobo; e, pasmados pola súa resposta, calaron.27Tamén se achegaron a El algúns saduceos (que son os que din que non hai resurrección), 28e preguntáronlle, dicindo:-Mestre, Moisés escribiu: "Se a algún lle morre o irmán casado e non deixa fillos, que o seu irmán tome a viúva e lle dea descendencia".29Había sete irmáns; e o primeiro casou, e morreu sen deixar fillos. 30O segundo tamén casou coa viúva; 31e logo o terceiro; e do mesmo xeito fixeron os sete, e morreron sen deixar fillos. 32Xa por último, morreu a muller tamén. 33Entón, na resurrección, de cal será ela muller? Porque foi muller dos sete.34E Xesús díxolles:-Os fillos deste mundo casan e comprométense para casar, 35mais os que son dignos de acadar a vida vindeira e a resurrección dos mortos, nin casan, nin se comprometen para casar; 36porque tampouco poden morrer, pois son coma os anxos, e son fillos de Deus, sendo fillos da resurrección.37Mais o de que os mortos resucitan, aínda Moisés o ensinou, naquela pasaxe do espiño ardendo, onde chama ao Señor o Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob. 38El non é Deus de mortos, senón de vivos, porque todos viven para El.39Algúns escribas responderon e dixeron:-Mestre, falaches ben. 40E xa non se atrevían a preguntar nada.41Entón Xesús díxolles:-Como din que o Cristo é fillo de David? 42Xa que David mesmo di no libro dos Salmos: "O Señor dixo ao meu Señor: senta á miña dereita 43ata que poña os teus inimigos por estrado dos teus pés". 44David chámalle Señor, entón, como pode ser El o seu fillo?45Mentres todo o pobo escoitaba, dixo aos seus discípulos: 46-Tende coidado cos escribas, pois eles gustan de andar de vestidos longos e dos saúdos respetuosos nas prazas e de ocupar os primeiros asentos nas sinagogas e os lugares de honor nos banquetes; 47que devoran as casas das viúvas e, polas aparencias, fan oracións longas; eles recibirán maior castigo.
1Xesús levantou a vista e viu os ricos que botaban as súas ofrendas na arca do tesouro. 2E viu tamén unha viúva pobre que botaba alí unhas moedas de cobre; 3e dixo:-Asegúrovos que esta viúva tan pobre botou máis ca todos eles, 4porque todos eles botaron do que lles sobraba, mais ela, da súa pobreza, botou o que tiña para vivir.5E mentres algúns falaban do templo, de como estaba adornado de pedras preciosas e de ofrendas votivas, Xesús dixo: 6-En canto a estas cousas que estades a ver, virán días nos que non quedará pedra sobre pedra que non sexa derrubada.7Entón preguntáronlle, dicindo:-Mestre, cando serán estas cousas e cal será o sinal de que van acontecer? 8El dixo:-Mirade que non vos enganen; porque moitos virán no meu nome, dicindo: eu son o mesías e o tempo está preto. Non os sigades. 9E cando sintades de guerras e disturbios, non teñades medo; porque estas cousas teñen que vir primeiro, mais non será o fin.10Entón díxolles:-Levantarase nación contra nación e reino contra reino; 11e haberá grandes terremotos, e pragas e fame en moitos sitios; e veranse cousas espantosas e grandes sinais no ceo.12Mais antes de todas estas cousas botaranvos a man enriba e vos perseguirán, entregándovos ás sinagogas e aos cárceres, levándovos perante reis e gobernantes por causa miña. 13E isto daravos a oportunidade de testemuñar.14Polo tanto, dispoñede nos vosos corazóns de non preparar de antemán a vosa defensa; 15porque Eu dareivos palabra e sabedoría que ningún dos vosos inimigos poderá replicar.16E mesmo os vosos pais, irmáns, parentes e amigos vos entregarán; e matarán a algúns de entre vós, 17e pola miña causa seredes aborrecidos por todos. 18Sen embargo, non perderedes nin un pelo da vosa cabeza. 19Gañade as vosas almas coa vosa perseveranza!20E cando vexades a Xerusalém rodeada por exércitos, saberedes que a destrución está preto. 21Entón, os que estean en Xudea, que fuxan aos montes, e os que estean no medio da cidade, que se afasten; e os que estean no campo, que non volvan a ela; 22porque estes son días de vinganza para que se cumpran todas as cousas que están escritas.23Ai das que estean embarazadas e as que estean criando por aqueles días! Porque haberá unha grande calamidade e ira sobre o pobo; 24e morrerán a espada, e levaranos presos a tódalas nacións; e os xentís pisarán a Xerusalém, ata que se cumpra tamén o tempo para os xentís.25E haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas, e sobre a terra angustia entre as nacións, agoniadas polo ruxido do mar e das ondas, 26desfalecendo os homes polo medo e o desacougo polas cousas que virán ao mundo; porque mesmo as potencias dos astros se axitarán.27E entón eles verán o Fillo do Home que vén nunha nube con poder e gloria. 28Cando todo isto comece a suceder, erguede as vosas cabezas, porque a vosa liberación está preto.29E Xesús contoulles unha parábola:-Mirade a figueira e todas as árbores. 30Cando vedes que abrolla vós mesmos sabedes que o verán está preto. 31Así tamén, cando vexades que ocorren estas cousas, saberedes que o reino de Deus está preto.32Asegúrovos que non pasará esta xeración ata que todo isto aconteza. 33O ceo e a terra pasarán, mais as miñas palabras non pasarán.34Tende conta de vós mesmos, non vaia ser que o voso corazón se encha de praceres e borracheiras, e das preocupacións da vida, e chegue de súpeto aquel día 35sobre vós; porque virá sobre todos os que habitan a terra.36Mais vixiade en todo tempo, orando para que teñades forza para fuxir de todas estas cousas que están por vir, e poidades estar en pé diante do Fillo do Home.37Durante o día ensinaba no templo, mais ao escurecer saía e pasaba a noite no monte das Oliveiras. 38E todo o pobo madrugaba para ir ao templo para escoitalo.
1Achegábase a festa dos ácimos, a Pascua. 2E os principais sacerdotes e os escribas procuraban a maneira de facer matar a Xesús, porque tiñan medo da xente.3Entón Satanás entrou en Xudas o Iscariote, un dos doce; 4e indo onde estaban os principais sacerdotes e os capitáns, falou con eles para ver como llelo podía entregar.5Eles enchéronse de alegría, e acordaron en darlle cartos. 6El comprometeuse con eles, e andaba na procura da mellor oportunidade para entregalo, cando non houbera moita xente polo medio.7Chegou o día dos Ácimos, no que debía sacrificarse o cordeiro da Pascua. 8Mandou, entón, Xesús, a Pedro e a Xoán dicindo:-Ide e preparade a Pascua para que poidamos comela xuntos. 9Eles dixeron:-Onde queres que a preparemos?10Respondeulles:-Cando entredes na vila, sairavos ao paso un home que leva un cántaro de auga; seguídeo á casa onde entre. 11E dirédeslle ao dono da casa:-O Mestre mándache dicir: onde está o cuarto de hóspedes, no que poida comer a Pascua cos meus discípulos?12El amosaravos un cuarto no piso superior, que xa está listo; facédea alí. 13E foron e atoparon todo como El lles dixera, e prepararon a Pascua.14Cando chegou a hora, recostouse á mesa xunto cos apóstolos, 15e díxolles:-Moito desexei comer convosco esta Pascua antes de Eu padecer! 16Pois dígovos que endexamais a volverei comer ata que se cumpra o reino de Deus.17E collendo unha copa, deu grazas por ela, e dixo:-Tomade e repartide entre vós; 18porque dígovos que de agora en diante non beberei do froito da vide, ata que veña o reino de Deus.19E collendo o pan, logo de dar grazas, partiuno, e deullelo dicindo: -Este é o meu corpo que se entrega por vós; facede isto en memoria de min. 20Do mesmo xeito fixo coa copa colléndoa despois da cea dicindo: -Esta copa é a nova alianza no meu sangue, que é derramado por vós.21Pero, mirade que vos digo, que a man do que me ha entregar está aquí nesta mesma mesa, ao meu carón. 22Porque o Fillo do Home, vaise como foi determinado, pero ai daquel que o entrega! 23Entón eles empezaron a discutir entre eles a ver quen sería o que tal faría.24Tiveron unha boa liorta por ver quen debía ser o de maior relevancia entre eles. 25E Xesús díxolles:-Os reis das nacións gobernan sobre eles, e os que teñen autoridade sobre eles, son considerados como benfeitores.26Pero entre vós non ha ser así: mais ben, o maior entre vós que se faga como o menor, e o que dirixe como o que serve. 27Quen é o maior, o que se senta á mesa ou o que a serve? Non será o que senta á mesa? Mais entre vós, Eu son coma o que serve.28Pero vós sodes os que estivestes sempre ao meu carón en tódalas miñas probas; 29Eu heivos asignar un reino así coma o meu Pai o dispuxo para min, 30para que comades e bebades na mesa do meu reino; e sentaredes nos tronos xulgando as doce tribos de Israel.31Simón, Simón, mira que Satanás vos demandou para vos zarandear coma o trigo; 32pero Eu roguei por ti para que a túa fe non esmoreza; e cando volvas, fortalece a teus irmáns.33Pero el díxolle:-Señor, estou listo para ir contigo á cadea ou mesmo á morte. 34Pero Xesús díxolle:-Ai Pedro, antes que o galo cante, xa terás negado coñecerme por tres veces.35E díxolles:-Cando vos mandei ir sen cartos, nin provisións, nin con calzado de reposto, pasastes necesidade de cousa algunha? Eles dixeron:-De nada. 36El díxolles:-Pois agora, o que teña cartos, que os leve, e se ten provisións, que as leve tamén, e o que non teña espada, que venda o seu manto e merque unha.37Porque vos estou a dicir que é preciso que se cumpra en min aquilo que está escrito: "E foi contado cos malfeitores"; porque de certo, en todo o tocante a min, ten o seu cumprimento. 38Eles dixeron:-Señor, mira, velaquí dúas espadas. El dixo:-Xa está ben.39E como de costume encamiñouse cara o monte das Oliveiras, e os discípulos saíron tras del. 40E cando chegaron alí díxolles:-Non deixedes de orar para que non entredes en tentación.41E afastouse deles como a un tiro de pedra, e axeonllándose falaba con Deus, 42dicindo:-Pai, se é a túa vontade, afasta de min esta copa; mais non sexa feita a miña vontade, senón a túa.43Entón, puido ver a un anxo do ceo que veu para darlle forza. 44E nesa loita interna, oraba máis intensamente, e chegou a ser a súa suor coma callóns de sangue caendo na terra.45Erguéndose da oración, foi onde os discípulos e atopounos durmindo da tristeza que tiñan. 46E díxolles: -Por que durmides? Erguédevos e orade para que non entredes en tentación.47E aínda estaba El a a falar, cando unha morea de xente apareceu e adiantóuselles Xudas, un dos doce, e achegouse a Xesús e bicouno. 48Pero Xesús díxolle:-E cun bico entregas o Fillo do Home?49E os que estaban arredor súa, vendo o que pasaba dixeron:-Ferirémolos coas espadas? 50E un deles feriu o servo do sumo sacerdote e levoulle por diante a orella dereita. 51Pero respondendo Xesús dixo:-Basta xa con isto! E tocando a orella do servo, sanouno.52Entón Xesús dixo aos principais sacerdotes e aos oficiais do templo, e aos anciáns que viñeran na súa contra:-Viñestes prenderme con espadas e con paus coma se Eu fose un ladrón? 53Non me puxestes a man enriba cando estaba convosco no templo, senón que este é o voso momento, e o poder da escuridade.54Logo de arrestalo, levárono e metérono na casa do sumo sacerdote; pero Pedro seguíaos de lonxe. 55Prenderon un lume no medio do patio, e sentaron, e Pedro sentou no medio deles.56E ao velo sentado onda o lume, fixándose ben nel, dixo unha criada:-Tamén este estaba con El! 57Mais el negouno, dicindo:-Muller, eu non sei quen é! 58Pero pouco despois véndoo outro dixo:-Ti tamén es un deles! Pero Pedro dixo:-Home, que dis? Iso non é certo!59Como despois dunha hora, outro insistía, dicindo:-En verdade é dos que estaban con El, pois tamén é galileo. 60Pero Pedro dixo:-Home, eu non sei do que falas! E aínda estaba falando cando un galo cantou.61O Señor volveuse e mirou a Pedro. Pedro lembrou a palabra do Señor, que lle dixera: antes que o galo cante, negarasme tres veces. 62E saíndo para fóra chorou amargamente.63Os homes que tiñan a Xesús baixo custodia, facíanlle burla e batían nel; 64e tapándolle os ollos, preguntábanlle:-Profetiza! Quen de nós está a bater en ti? 65Tamén dicían moitas outras cousas blasfemando contra El.66Cando se fixo de día, reuniuse o consello dos anciáns da vila, tanto os principais sacerdotes como os escribas, e levaron a Xesús perante o seu consello, dicindo: 67-Se es ti o Mesías, dínolo. Pero El díxolles:-Se volo digo, non creredes; 68e se vos pregunto, non me daredes resposta.69Pero de agora en diante, O Fillo do Home estará sentado á dereita do poder de Deus. 70Entón dixeron todos:-Daquela, es ti o Fillo de Deus? E El respondeulles:-Vós dicides que Eu Son. 71E eles dixeron:-Que necesidade temos de testemuña? Pois nós mesmos o escoitamos da súa boca.
1Entón toda a asemblea deles se levantou, e levaron a Xesús fronte a Pilato. 2E comezaron a acusalo dicindo:-Achamos que este pervirte a nosa nación, prohibindo pagar o imposto ao César, e dicindo que El mesmo é o Mesías rei.3Pilato entón, preguntoulle dicindo:-Es ti o rei dos xudeus? E Xesús respondéndolle dixo:-Ti mesmo o dis. 4Pilato dixo aos principais sacertotes e á multitude:-Non atopo delito neste home. 5Pero eles insistían dicindo:-El incita ao pobo, ensinando por toda Xudea, comezando dende Galilea ata aquí.6Cando Pilato oíu isto, preguntou se o home era galileo. 7E ao saber que Xesús pertencía á xurisdición de Herodes, remitiullo a Herodes, que tamén estaba en Xerusalém naqueles días.8Herodes ao ver a Xesús alegrouse moito, pois había moito tempo que quería velo polo que oíra falar del, e agardaba ver algunha milagre del. 9E interrogouno polo miúdo, pero Xesús nada lle respondeu. 10Namentres, os principais sacerdotes e os escribas tamén estaban alí, acusándoo ferozmente.11Entón Herodes, cos seus soldados, despois de tratalo con desprezo e burlarse del, vestiuno cun espléndido manto e mandouno de novo a Pilato. Naquel mesmo día 12Herodes e Pilato fixéronse amigos, pois antes disto nin se podían ver.13Entón Pilato convocou os principais sacerdotes, os gobernantes e o pobo 14e díxolles:-Presentástesme a este home como un que incita o pobo á rebelión, pero despois de interrogalo eu diante de vós, non achei ningún delito neste home das acusacións que facedes contra El.15Nin tampouco Herodes, pois nolo remitiu de volta, e ollade, que nada fixo que mereza a morte. 16Eu, polo tanto, despois de castigalo, soltareino. 17E tiña a obriga de soltarlles un preso en cada festa.18Pero todos eles gritaron a unha dicindo:-Fóra con este e sóltanos a Barrabás! 19(Este fora botado no cárcere por un levantamento na cidade e por homicidio).20Pilato, querendo soltar a Xesús, volveu a falarlles 21pero eles seguían a berrar dicindo: -Crucifícao! Crucifícao! 22E el díxolles por terceira vez:-Por que? Que mal fixo este? Non achei nel ningún delito que mereza a morte, polo tanto, castigareino e soltareino.23Pero eles insistían, pedindo a grandes voces que fose crucificado. E as súas voces comezaron a predominar. 24Entón Pilato decidiu que se lles concedera a súa demanda. 25E soltou a quen eles pedían, ao que fora botado no cárcere por sedición e homicidio, pero a Xesús entregoullelo á vontade eles.26Namentres o levaban fóra, colleron a un tal Simón de Cirene que viña do campo e puxéronlle a cruz enriba para que a levase detrás de Xesús.27E seguíao unha gran multitude do pobo e de mulleres que choraban e se laiaban por El. 28Pero Xesús, volvéndose a elas, dixo:-Fillas de Xerusalém, non choredes por min, chorade máis ben por vós mesmas e polos vosos fillos.29Porque veñen días nos que se dirá "ditosas as estériles, e os ventres que nunca concibiron, e os peitos que nunca criaron". 30Entón comenzarán a dicir aos montes: "caede sobre nós!"; e aos outeiros: "cubrídenos!" 31Pois se fan estas cousas namentres a árbore está verde, que pasará cando estea seca?32E levaban tamén a outros dous, que eran malfeitores, para seren executados con El.33Cando chegaron ao lugar chamado a Caveira, crucificaron alí a Xesús e aos malfeitores, un á dereita e outro á esquerda. 34E Xesús dicía:-Pai, perdóaos, porque non saben o que fan. E botaron sortes, repartíndose entre eles os seus vestidos.35O pobo estaba mirando; e aínda os gobernadores burlábanse del dicindo:-Salvou a outros, que se salve a si mesmo se este é o Unxido de Deus, o escollido.36Os soldados tamén se burlaban del, e achegándose a El ofrecéronlle vinagre, 37dicindo:-Se ti es o rei dos xudeos, sálvate a ti mesmo. 38Había tamén unha inscrición enriba del: "Este é o rei dos xudeus".39Un dos malfeitores que estaban colgados lanzáballe inxurias dicindo: non es ti o Mesías? Sálvate a ti mesmo e a nós! 40Pero o outro contestoulle, e rifándolle dixo:-Nin tan sequera temes ti a Deus a pesar de que estás baixo a mesma condena? 41Nós sen dúbida estamos recibindo xustamente o que merecemos polos nosos feitos, pero este non fixo mal ningún.42E engadiu:-Xesús, lémbrate de min cando veñas no teu reino. 43Entón El díxolle:-Asegúrocho: hoxe estarás comigo no paraíso.44Era como a hora sexta, cando descenderon as tebras sobre toda a terra ata a hora novena. 45O sol deixou de dar a súa luz e o veo do templo rachou en dous.46E Xesús, clamando a gran voz, dixo:-Pai, nas túas mans encomendo o meu espírito! E dito isto, expirou. 47Cando o centurión viu o que acontecera, glorificou a Deus dicindo:-En verdade, este home era xusto!48E todas as multitudes que se reuniran para presenciar este espectáculo, ao observar o que acontecera, volveron dándose golpes no peito. 49Pero todos os seus coñecidos e as mulleres que o acompañaran dende Galilea, estaban a certa distancia vendo estas cousas.50E había un home chamado Xosé, membro do concilio, varón bo e xusto, 51que non estivera de acordo co plan e o proceder dos demais; este que era de Arimatea, cidade dos xudeus, agardaba o reino de Deus.52Este foi a Pilato e pediulle o corpo de Xesús, 53e baixándoo, envolveuno nun lenzo de liño, e púxoo nun sepulcro excavado na rocha onde ninguén fora posto aínda.54Era o día da Preparación, e estaba para comezar o día de repouso. 55E as mulleres que viñeran con El dende Galilea seguíndoo, viron o sepulcro e como fora colocado o corpo. 56E cando regresaron, prepararon especias aromáticas e perfumes. E no día de repouso descansaron conforme o mandamento.
1Pero no abrente do primeiro día da semana, foron ao sepulcro levando as especias aromáticas que prepararan. 2E atoparon a pedra removida do sepulcro, e cando 3entraron non atoparon o corpo do Señor Xesús.4E aconteceu que estando elas abraiadas por isto, de súpeto achegáronse dous varóns con vestiduras resplandecentes; 5e estando elas atemorizadas e apoucadas, eles dixéronlles:-Por que buscades entre os mortos a quen está vivo?6Non está aquí, senón que foi resucitado. Lembrádevos como vos falou cando aínda estaba en Galilea, 7dicindo que o Fillo do Home debía ser entregado en mans de homes pecadores, e ser crucificado, e ao terceiro día resucitar.8Entón elas lembráronse das súas palabras 9e regresando do sepulcro, anunciaron todas estas cousas aos once e a tódolos demais. 10Eran María Magdalena e Xoana e María, a nai de Xacobe; tamén as demais que estaban con elas, referían estas cousas aos apóstolos.11E a eles estas palabras parecéronlles unha barbaridade, e non as creron. 12Pero Pedro levantouse e correu ao sepulcro e abaixándose viu só as envolturas de liño; e foise á súa casa marabillado do que acontecera.13Aquel mesmo día dous deles ían a unha aldea chamada Emaús, que estaba como a once kilómetros de Xerusalém. 14E falaban entre si sobre todas estas cousas que sucederan.15E ocorreu que namentres falaban e discutían, Xesús mesmo se lles acercou e camiñaba con eles. 16Pero os seus ollos estaban velados para que non o recoñecesen.17Xesús díxolles:-Que discusións son estas que tendes entre vós mentres camiñades? E eles detivéronse, con rostro triste. 18Respondendo un deles chamado Cleofas díxolle:-Es ti o único visitante de Xerusalém que non sabe as cousas que nela sucederon nestes días?19Entón El díxolles:-Que cousas? E eles dixéronlle:-As referentes a Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obra e palabra diante de Deus e todo o pobo; 20e como os principais sacerdotes e os nosos gobernantes o entregaron a sentenza de morte e o crucificaron.21Pero nós agardabamos que El era o que ía redimir a Israel. Ademais de todo isto, este é o terceiro día dende que estas cousas aconteceron.22Aínda que algunhas mulleres de entre nós nos asombraron 23cando foron de madrugada ao sepulcro e ao non atopar o seu corpo, viñeron dicindo que tamén viran unha aparición de anxos que dicían que El vivía. 24Algúns dos que estaban con nós foron ao sepulcro e atopárono tal como dixeran as mulleres, pero a El non o viron.25Entón Xesús díxolles:-Que insensatos e tardos de corazón en crer todo o que os profetas dixeron! 26Non era preciso que o Mesías sufrira estas cousas e entrara na súa gloria? 27E comezando por Moisés e seguindo por todos os profetas, explicoulles o referente a El en todas as Escrituras.28Achegáronse á aldea onde ían, e El fixo como que ía máis lonxe. 29Eles instáronlle dicindo:-Queda connosco, porque foise o día e está caendo a noitiña. E entrou a quedarse con eles.30E sucedeu que ao sentarse á mesa con eles, colleu o pan e bendiciuno e partíndoo deullelo. 31Entón fóronlles abertos os seus ollos e recoñecérono; pero El desapareceu da presenza deles. 32E dixéronse un ao outro:-Non ardía o noso corazón namentres nos falaba no camiño, cando nos explicaba as Escrituras?33E levantándose nesa mesma hora, regresaron a Xerusalém, e atoparon reunidos os once e os que estaban con eles que 34dicían:-É verdade, o Señor foi resucitado e aparecéuselle a Simón! 35E eles contaban as súas experiencias no camiño, e como o recoñeceran ao partir o pan.36Namentres eles relataban estas cousas, Xesús púxose en medio deles e díxolles:-Paz a vós. 37Entón eles, azorados e cheos de temor, pensaron que vían un espírito.38Pero El díxolles:-Por que estades asustados, e por que xorden dúbidas no voso corazón? 39Mirade as miñas mans e os meus pés, que son Eu mesmo, apalpádeme e vede, porque un espírito non ten nin carne nin ósos como vedes que Eu teño. 40E cando dixo isto, ensinoulles as mans e os pés.41Pero como eles, por mor da alegría e do asombro, aínda non o crían, díxolles:-Tendes aquí algo de comer? 42Entón eles déronlle parte dun peixe asado. 43E colléndoo, comeuno diante deles.44E díxolles:-Isto é o que Eu vos dicía cando aínda estaba convosco: que era preciso que se cumprira todo o que sobre min está escrito na lei de Moisés, nos profetas e nos salmos.45Entón abriulles a mente para que comprenderan as Escrituras, 46e díxolles:-Así está escrito, que o Mesías tiña que padecer e resucitaría de entre os mortos ao terceiro día, 47e que no seu nome se había predicar o arrepentimento para o perdón dos pecados a todas as nacións, comezando dende Xerusalém.48Vós sodes testemuña destas cousas. 49Mirade, Eu estou enviando sobre vós a promesa do meu Pai, pero vós permanecede na cidade ata que sexades investidos co poder do alto.50Entón levounos fóra, ata preto de Betania, e levantando as súas mans bendiciunos. 51E aconteceu que namentres os bendicía, separouse deles e foi levado arriba ao ceo.52Eles, despois de adoralo, volveron a Xerusalém con grande ledicia, 53e estaban sempre no templo bendicindo a Deus.
1No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. 2Aquel que era a Palabra estaba no principio con Deus. 3Todo foi feito por El, e sen El non se fixo nada do que foi feito.4Nel estaba a vida e a vida era a luz das persoas. 5A luz brilla na escuridade, e a escuridade non a deu apagado.6Houbo un home enviado de Deus que se chamaba Xoán. 7El veu como testemuña para testemuñar da luz, para que todos cresen por el. 8Xoán non era a luz, pero chegou para mostrar a todos quen é a luz.9Era a luz verdadeira, que ao vir ao mundo, alumea a todas as persoas que veñen ao mundo.10El estaba no mundo e o mundo foi feito por medio del pero o mundo non o recoñeceu. 11Veu ao que era seu, pero os seus non o recibiron.12Mais a todos os que o recibiron, aos que cren no seu nome deulles o poder de seren fillos de Deus. 13Estes non naceron de sangue nin da súa propia vontade, nin da vontade doutras persoas, senón de Deus.14E a Palabra fíxose carne e plantou a súa tenda entre nós, e nós vimos a súa gloria, gloria como do Único que vén do Pai, cheo de graza e de verdade. 15Xoán dá testemuño del proclamando: -Este é de quen eu vos dixen: "O que vén despois de min é antes ca min, porque El existía primeiro que eu".16Porque da súa plenitude recibimos todos nós, graza e máis graza, 17porque a lei foi dada a través de Moisés; a graza e a verdade viñeron por medio de Xesús Cristo. 18A Deus ninguén o viu xamais, o Único que vive no seo do Pai, El foi quen nolo revelou.19E este é o testemuño de Xoán, cando os xudeus mandaron de Xerusalém sacerdotes e levitas para lle preguntar: -Quen es ti, quen ves sendo? 20El confesou e non negou: -Eu non son o Mesías. 21Preguntáronlle: -Entón quen es ti? Elias? El dixo: -Non son.Ti es o profeta? Respondeu: -Non.22Entón eles dixéronlle: -Ti quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta a aqueles que nos mandaron. Que nos dis de ti mesmo? 23El dixo: -Eu son unha voz que clama no deserto: "preparade o camiño do Señor", como dixo o profeta Isaías.24Os que mandaran eran dos fariseos, 25e preguntáronlle: -Por que estás a bautizar se non es ti o Mesías, nin Elías, nin o profeta?26Xoán respondeulles: -Eu bautizo con auga; mais entre vós está un que non coñecedes; 27o que vén despois de min, a quen eu non son digno de desatar a correa das súas sandalias. 28Estas cousas aconteceron en Betania ao outro lado do río Xordán, onde Xoán bautizaba.29O día seguinte, Xoán viu a Xesús achegándose cara a el e dixo: -Velaí o Año de Deus que quita o pecado do mundo! 30Este é de quen eu vos dixen: "despois de min vén un home que é antes que eu, porque existía primeiro ca min". 31Eu non o coñecía, mais para iso eu bautizo con auga para que El sexa manifestado a Israel.32Xoán deu testemuño dicindo: -Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba que se pousaba e permanecía sobre el. 33Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga díxome: -Sobre quen vexas o Espírito descender e permanecer sobre El, ese é o que bautiza no Espírito Santo: 34Eu vin iso e son testemuña de que este é o Fillo de Deus.35De novo, no día seguinte, mentres Xoán estaba con dous dos seus discípulos e, 36vendo a Xesús pasar, dixo: -Velaí o Año de Deus.37Cando os dous discípulos escoitaron iso, seguiron a Xesús. 38Entón Xesús volveuse e vendo que eles o seguían, díxolles: -Que buscades? Eles respondéronlles: -Rabí (que significa mestre), onde quedas? 39El díxolles: -vinde e ollade. Eles foron logo e viron onde vivía; e quedáronse con el ese día, porque era a hora décima.40Un dos discípulos que escoitou a Xoán e deseguido foi con Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. 41O primeiro con quen se atopou foi o seu irmán Simón e díxolle: -Encontramos o Mesías (que se traduce como Cristo). 42Entón levouno a Xesús. Cando Xesús o viu, díxolle: -Ti es Simón, o fillo de Xoán. Chamaraste Cefas (que se traduce por Pedro).43No día seguinte, cando Xesús saíu cara a Galilea, atopou a Filipe e díxolle: -Sígueme. 45Filipe era de Betsaida, a vila de Andrés e de Pedro. 44Filipe encontrou a Natanael e díxolle: -Atopamos a Aquel de quen escribiron na lei Moisés e máis os profetas, a Xesús, o fillo de Xosé de Nazaret.46Natanael díxolle: -Poderá saír cousa boa de Nazaret? Filipe díxolle: -Ven e verás! 47Viu Xesús a Natanael aproximándose a El e dixo: -Aí tedes a un verdadeiro israelita, en quen non hai engano! 48Preguntoulle Natanael: -De que me coñeces? Xesús díxolle: -Antes de que Filipe te chamara, Eu vinte cando estabas debaixo da figueira.49Respondeulle Natanael: -Rabí, ti es o Fillo de Deus! Ti es o Rei de Israel! 50Díxolle Xesús: -Porque che dixen: Vinte debaixo da figueira, cres? Cousas máis grandes verás! 51E díxolles a todos: -En verdade, en verdade vos digo: veredes o ceo aberto e os anxos de Deus subindo e baixando sobre o Fillo do Home.
1O terceiro día houbo un casamento en Caná da Galilea, e a nai de Xesús estaba alí. 2Xesús e os seus discípulos foron convidados ao casamento.3Cando o viño se esgotou, a nai de Xesús díxolle: -Non che teñen viño. 4Xesús contestoulle: -Muller, e a ti e a min, que? Aínda non chegou a miña hora. 5A súa nai díxolle aos que servían: -Facede todo o que El vos diga.6Había alí seis baldes de pedra, usados para o lavado ceremonial dos xudeus, en cada balde entraban máis de setenta litros. 7Xesús ordenoulles: -Hai que encher de auga os baldes. Eles enchéronos a fartar. 8Entón díxolles aos que servían: -Sacade un pouco e levádello ao mestresala. E eles foron ben mandados.9O mestresala probou a auga feita viño sen saber de onde viña (aínda que os que servían, que tiñan sacado a auga, si o sabían), falou co noivo 10e díxolle: -Todo o mundo serve primeiro o bo viño e cando xa beberon dabondo, presenta o máis barato. Mais ti gardaches o mellor viño para o final.11Este sinal foi o principio de todos os sinais que Xesús fixo en Caná de Galilea manifestando a súa gloria, e creron nel os seus discípulos.12Despois disto, Xesús, a súa nai, os seus irmáns e os seus discípulos descenderon a Cafarnaúm e quedáronse alí varios días.13Estaba a chegar a Pascua dos xudeus e Xesús subiu a Xerusalém. 14Atopou no templo os vendedores de bois, ovellas e pombas, e os cambiadores de diñeiro alí sentados.15Fixo un látego con cordas, e botounos a todos do templo coas ovellas e os bois. Ciscou os cartos e envorcou as mesas dos cambiadores. 16Díxolles aos que vendían as pombas: -Arredádeme de aquí todo isto. A casa do meu Pai non é un mercado.17Lembráronse os seus discípulos do que estaba escrito: "O celo da túa casa estame a consumir". 18Entón os xudeus preguntáronlle: -Que sinal podes amosar para dar razón do que fas? 19Respondeulles Xesús: -Derrubade este templo e levantareino en tres días.20Replicáronlle entón as autoridades xudías: -Levounos corenta e seis anos construír este templo e ti halo levantar en tres días? 21Mais El falaba do templo do seu corpo. 22De tal xeito que, cando foi resucitado de entre os mortos, os seus discípulos lembraron o que El lles tiña anunciado e creron na Escritura e na palabra que Xesús lles falara.23Estando Xesús en Xerusalém, na festa da Pascua, moitos creron nel vendo os milagres que El facía. 24Mais Xesús non confiaba neles porque os coñecía a todos. 25Non necesitaba que ninguén lle dixera nada sobre eles, porque coñecía o que había no corazón de todos.
1Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus. 2Este home foi onda Xesús de noite e díxolle: -Mestre, sabemos que Ti es un enviado de Deus, porque ninguén pode facer os sinais que Ti fas se non está Deus con el.3Respondeulle Xesús: -En verdade, en verdade che digo, se non naces de novo, non poderás ver o reino de Deus. 4Díxolle Nicodemo: -Como pode alguén volver nacer sendo vello? Acaso pode entrar outra vez no seo da súa nai e nacer?5Respondeulle Xesús: -Asegúroche que todo o que non naza pola auga e o Espírito non pode entrar no reino de Deus. 6O que naceu da carne é carne, e o que naceu do Espírito, é espírito.7Non te estrañes que Eu che dixera: tes que nacer de novo. 8O vento sopra onde quere e ti séntelo zoar, mais non sabes de onde vén nin para onde vai. Así mesmo é quen naceu do Espírito.9Replicoulle Nicodemo: -Como pode acontecer iso? 10Díxolle Xesús: -Ti es mestre de Israel e non o sabes? 11En verdade, en verdade che digo, falamos do que sabemos e testemuñamos do que vimos, pero vós non queredes aceptar o noso testemuño.12Faleivos de cousas terreais e non credes, como ides crer as cousas celestiais? 13Ninguén subiu ao ceo fora de Aquel que descendeu do ceo: o Fillo do Home.14Como Moisés alzou a serpe no deserto, así será levantado o Fillo do Home 15para que todo o que cre nel, teña vida eterna.16Pois de tal xeito amou Deus o mundo que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo aquel que cre nel non se perda, mais teña vida eterna. 17Porque non mandou Deus o seu Fillo ao mundo para xulgalo, senón para salvalo por medio del. 18Todo o que cre nel non é xulgado, mais quen non cre xa foi xulgado por non crer no único Fillo de Deus.19Nisto consiste o xuízo: a luz veu ao mundo e as persoas amaron máis as tebras que a luz, porque os seus feitos eran malos. 20Todo aquel que fai o mal odia a luz e non vén cara a ela para que os seus feitos non o delanten. 21Mais aquel que practica a verdade vén cara a luz para que se vexan os seus feitos, porque veñen de Deus.22Máis tarde, Xesús e os seus discípulos foron até Xudea. Alí pasou algún tempo con eles e bautizaba. 23Xoán tamén bautizaba en Ainón, preto de Saleím, porque había alí moita auga e viñan moitos a seren bautizados, 24porque aínda non levaran a Xoán á cadea.25Entón levantouse unha porfía entre algúns dos discípulos de Xoán e os xudeus, a propósito da purificación. 26Foron onda Xoán e dixéronlle: -Mestre, aquel que estaba contigo no outro lado do río, de quen deches testemuño, está a bautizar e todos van detrás del.27Respondeulles Xoán: -Ninguén pode recibir nada se non lle vén dado do ceo. 28Vós podedes testemuñar de que vos dixen: -Eu non son o Mesías, eu fun mandado diante del.29O que ten á esposa é o esposo; pero o amigo do esposo, o que está ao seu carón e o escoita, alégrase dun xeito inmenso ao escoitar a voz do esposo. Así a miña alegría é completa. 30El debe medrar, e eu diminuír.31Quen vén do ceo está por riba de todos. Quen vén da terra, da terra é e fala cousas da terra. O que vén do ceo está sobre todos. 32El dá testemuño do que viu e escoitou, mais ninguén acepta o seu testemuño. 33Quen acepta o seu testemuño confirma que Deus é verdade.34Porque Aquel a quen Deus enviou fala as palabras de Deus. Porque Deus cando dá o Espírito non ten medida. 35O Pai ama o Fillo e púxolle tódalas cousas na súa man. 36Quen cre no Fillo ten vida eterna, mais aquel que desobedece o Fillo non verá a vida, senón que a ira de Deus está sobre el.
1Cando o Señor entendeu que os fariseos oíran que El facía e bautizaba máis discípulos que Xoán 2(aínda que Xesús non bautizaba, senón os seus discípulos) 3deixou Xudea e volveu para Galilea.4Pero precisaba pasar por Samaria. 5Entón chegou a unha cidade de Samaria, chamada Sicar, xunto á herdanza que Xacob lle dera ao seu fillo Xosé.6Alí encontrábase o pozo de Xacob. Xesús estaba canso de camiñar e sentouse ao carón do pozo. Era chegando a hora sexta. 7Unha muller samaritana veu tirar auga, e Xesús díxolle: -Dáme un pouco de auga para beber. 8Pois os seus discípulos foran á cidade a mercar comida.9Entón a muller samaritana díxolle: -Sendo ti xudeu, como é que me pides que che dea de beber, ao saber que son muller samaritana? (Porque os xudeus e os samaritanos non se levan ben). 10Xesús contestoulle: -Se soubeses do regalo de Deus, e quen é o que che di: dáme de beber; ti pediríaslle a El, e El daríache auga viva.11A muller respondeulle: -Señor, non tes con que tirala, e o pozo é fondo. Entón, onde tes a auga viva? 12Es ti maior que o noso pai Xacob, que nos deu este pozo, e do que bebeu el, os seus fillos e os seus animais?13Xesús respondeulle e díxolle: -Calquera bebendo desta auga terá sede outra vez. 14Porén, ao beber da auga que Eu lle dou, non volverá ter sede, senón que a auga que Eu lle dou, fará nel unha fonte de auga, que brotará para vida eterna.15A muller díxolle:-Señor, dáme desa auga para que eu non teña sede e non teña que vir aquí a tirala. 16Xesús díxolle: -Vai chamar o teu marido e logo vén.17A muller contestoulle: -Non teño marido. Xesús respondeulle: -Falaches ben: non teño marido. 18Porque tiveches cinco maridos e o que agora tes, non é o teu marido; nisto dixeches verdade.19A muller díxolle: -Señor ti es profeta. 20Os nosos pais adoraron neste monte, pero ti dis que o lugar onde a xente debe adorar é Xerusalém.21Díxolle Xesús: -Muller cre en min, que a hora virá, cando nin neste monte, nin en Xerusalém, adoraredes o Pai. 22Vós adorades o que non sabedes; nós adoramos o que sabemos, porque a salvación vén dos xudeus.23Mais a hora chega, e agora é, cando os adoradores verdadeiros adorarán o Pai en espírito e verdade, porque o Pai está á procura de persoas así, para que o adoren. 24Deus é espírito, e as persoas que o adoran deben adoralo en espírito e verdade.25A muller díxolle: -Eu sei que o Mesías (que é chamado o Unxido) vai vir. Cando veña, explicaranos tódalas cousas. 26Xesús díxolle: -Eu son, o que fala contigo.27Nese intre os seus discípulos volveron. E admiráronse de que falara cunha muller, pero ningún lle preguntou: que buscas, ou que falas con ela?28Entón a muller deixou o seu cántaro, foi á cidade e díxolle a todos: 29-Vinde e ollade a un home que me dixo todo canto eu fixen. Será este o Mesías? 30E eles saíron da cidade e foron xunto El.31Nese intre, os discípulos rogábanlle dicindo: -Rabí, come. 32Pero el díxolles: -Teño unha comida para comer que vós non sabedes. 33Os discípulos dicían entre eles: traeríalle alguén algo para comer?34Xesús díxolles: -A miña comida é cumprir a vontade de quen me mandou e realizar a súa obra. 35Non dicides vós: aínda faltan catro meses para que veña a seitura? Dígovolo agora: -Ollade ben cos vosos ollos e mirade que os eidos están brancos para a seitura. 36Pois o que recolle ten a súa paga e recolle froito para vida eterna, para que o que sementa e o que fai a seitura se alegren xuntos.37Neste caso é verdadeiro o refrán: un sementa e outro colleita. Eu mandeivos a seiturar o que non tiñades traballado; 38outros xa o traballaron antes, e vós participades no seu traballo.39E moitos samaritanos daquela cidade creron nel pola palabra da muller que lles deu testemuño: díxome todo canto eu fixen! 40Así que cando os samaritanos viñeron a El, rogábanlle que ficara con eles; e quedou alí dous días.41E moitos máis creron nel pola súa palabra. 42E dicíanlle á muller: -Xa non cremos só polo que ti nos tes dito, senón que nós mesmos ouvímolo del, e sabemos que este é en verdade o Salvador do mundo.43Pasados dous días marchou de alí para Galilea. 44Porque Xesús mesmo dera testemuño de que a un profeta non se lle honra na súa terra. 45Así, cando chegou a Galilea acollérono, pois tiñan visto todo o que fixera na festa, en Xerusalém; porque eles tamén foran á festa.46Veu, pois, Xesús outra vez a Caná de Galilea, onde convertera a auga en viño. E había un oficial do rei que tiña un fillo doente en Cafarnaún. 47Cando oíu que Xesús chegara de Xudea a Galilea, foi xunto El, e rogoulle que baixase para curar o seu fillo, que estaba á morte.48Díxolle entón Xesús: -Se non virades sinais e milagres, non creríades. 49O oficial díxolle: -Señor, baixa antes de que o meu fillo morra. 50Díxolle Xesús: -Marcha, o teu fillo vive. E o home confiou na palabra que Xesús lle dixera, e marchou.51Cando el ía baixando, os seus servos saíron ao seu encontro e déronlle as novas dicindo: -O teu fillo vive! 52Daquela preguntoulles a hora na que comezou a mellorar. E dixéronlle: -Onte ás sete deixouno a febre.53Entón o pai decatouse de que esa era a hora na que Xesús dixera: o teu fillo vive! E creu nel con todos os da casa. 54Xesús fixo este segundo sinal cando ía de Xudea a Galilea.
1Despois destas cousas, houbo unha festa entre os xudeus, e Xesús subiu a Xerusalém. 2E hai en Xerusalém, preto da porta das ovellas, un estanque, de nome Betesda no hebreo, e posúe cinco pórticos. 3Nestes descansaba unha morea de doentes, cegos, coxos e paralíticos, agardando o movemento da auga. 4Porque crían que un anxo baixaba cada certo tempo ao estanque e remexía a auga; e o primeiro que entraba no estanque, despois de que a auga se movera, sanaba de calquera doenza que tivese.5E había alí un home que levaba doente trinta e oito anos seguidos. 6Cando Xesús o viu deitado, soubo que levaba así moito tempo, e díxolle: -Queres sanar?7Señor, respondeulle o doente, non teño quen me meta no estanque cando remexen a auga; e mentres eu vou, outro baixa antes ca min. 8Díxolle Xesús: -Érguete, colle a túa cama, e anda.9E decontado o home sanou; e colleu a súa cama e andou. E era día de repouso.10Entón os xudeus dixéronlle ao que fora curado: -É día de repouso, a lei non permite que leves a túa cama. 11El respondeulles: -Aquel que me sanou, el mesmo me dixo: colle a túa cama e anda.12Entón preguntáronlle: -Quen foi o que che dixo: colle a túa cama e anda? 13E o curado non sabía quen fora, porque Xesús xa se afastara da xente que había naquel lugar.14Despois atopouno Xesús no templo e díxolle: -Decátate de que fuches sanado; non peques máis para que non che aconteza algunha cousa peor. 15O home marchou, e díxolle aos xudeus que fora Xesús o que o sanara.16E por estas cousas, os xudeus perseguían a Xesús e procuraban matalo, porque facía cousas no día de repouso. 17E Xesús respondeulles: -O meu Pai ata agora traballa, e Eu traballo tamén. 18Por iso os xudeus, aínda máis procubaran matalo, porque non só infrinxía o día de repouso, senón que tamén dicía que Deus era o seu propio Pai, facéndose igual a Deus.19Respondeu Xesús e díxolles: -Con toda verdade volo aseguro: non pode o Fillo facer nada pola súa conta, senón o que ve facer ao Pai; porque todo o que o Pai fai, tamén o fai o Fillo. 20Porque o Pai ama o Fillo, e amósalle todas as cousas que El fai; e amosaralle cousas maiores que estas, para que vos marabilledes.21Porque así como o Pai ergue os mortos, e lles dá vida, así tamén o Fillo dalles vida aos que quere. 22Porque o Pai a ninguén xulga, senón que deu todo o xuízo ao Fillo. 23Para que todos honren o Fillo como honran o Pai. O que non honra o Fillo, non honra o Pai que o mandou.24Con toda verdade volo aseguro: o que escoita a miña palabra e cre no que me mandou, ten vida eterna; e non irá á condenación, mais pasou da morte á vida.25Con toda verdade volo aseguro:-Achégase a hora, e agora é, cando os mortos escoitarán a voz do Fillo de Deus; e os que a escoiten vivirán.26Como o Pai ten vida en si mesmo, así deu ao Fillo, ter vida en si mesmo, 27e tamén lle deu autoridade de facer xuízo, porque é o Fillo do Home.28Non vos admiredes disto; porque chegará a hora cando todos os que estean nos sepulcros escoitarán a súa voz; 29e os que fixeron o ben, sairán a resurrección de vida; mais os que fixeron o mal, a resurrección de xuízo.30Non podo facer nada pola miña conta; como escoito, así xulgo; e o meu xuízo é xusto, porque non procuro a miña vontade, antes é a vontade do Pai que me mandou. 31Se dou testemuño de min mesmo, o meu testemuño non é certo. 32Outro é o que testemuña sobre min, e sei que o testemuño que dá de min é verdadeiro.33Vós mandastes mensaxeiros a Xoán e el deu testemuño da verdade. 34Porén non recibo testemuño de ningún home; e digo isto para que sexades salvos. 35El era a candea que ardía e alumeaba; e vós quixestes ter alegría, por un tempo, na súa luz.36Pero Eu teño testemuño maior que o de Xoán; porque as obras que o Pai me deu para realizar, as mesmas obras que Eu fago, testemuñan de min, que o Pai me mandou. 37E o Pai que me mandou tamén deu testemuño de min. Nunca escoitastes a súa voz, nin vistes o seu parecer. 38E non tendes a súa palabra nin mora en vós, porque a quen El mandou, non o credes.39Examinades as Escrituras, porque vós credes ter nelas a vida eterna, e elas son as que testifican de min. 40E non queredes vir a min, para terdes vida.41Non ando á procura do recoñecemento da xente. 42Pero Eu coñézovos, e non tendes o amor de Deus no voso interior.43Eu vin no nome do meu Pai e non me aceptades. Se outro viñera no seu propio nome, a ese aceptariades. 44Como podedes crer, se recibides gloria os uns dos outros, e non procurades a gloria que vén do único Deus?45Non pensedes que vos vou acusar ante o Pai; hai quen vos acusa: Moisés, en quen tendes posta a esperanza. 46Porque se vós crésedes en Moisés, creríades en min; pois el escribiu de min. 47Pero se non credes nos seus escritos, como ides crer as miñas palabras?
1Despois disto Xesús foi cara a outra beira do mar de Galilea, que é o de Tiberíades. 2E seguíao unha grande multitude de xente, porque vían os sinais que facía nos doentes. 3Entón Xesús subiu ao monte e sentou alí co seus discípulos.4E a Pascua, a festa dos xudeus, estaba próxima. 5Cando Xesús levantou os ollos e viu que viñera a el unha grande multitude, dixo a Filipe: -Onde mercaremos pan para que estes coman? 6Pero dicía isto para probalo, pois El ben sabía que facer.7Filipe respondeulle: -Douscentos denarios de pan non abondarían para que cada un deles comese un pouco. 8Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle: 9-Está aquí este meniño, que ten cinco pans de cebada e dous peixes pequenos; pero que é isto para tantos?10E dixo Xesús: -Facede que as persoas se recosten. E había moita herba naquel lugar, e sentáronse uns cinco mil varóns. 11Logo colleu Xesús os pans, e despois de dar grazas, repartiunos entre os discípulos, e os discípulos entre os que estaban recostados; tamén dos peixes, canto querían. 12E cando se fartaron, dixo aos seus discípulos: -Recollede os anacos que sobraron, para que nada se perda.13Recolleron, pois, e encheron doce cestas de anacos dos cinco pans de cebada, que lles sobraran aos que comeran. 14Entón, vendo o sinal que Xesús fixera, aquela xente dixo: -Este é, de certo, o profeta que había de vir ao mundo. 15Pero sabendo Xesús que o ían coller para facelo rei, volveuse retirar só ao monte.16Pola tardiña, os seus discípulos baixaron cara o mar, 17e entrando nunha dorna, ían cruzando o mar cara Cafarnaúm. Xa era escuro e Xesús non fora con eles. 18E o mar estaba axitado porque sopraba un grande vento.19Cando xa tiñan navegado como vintecinco ou trinta estadios, viron a Xesús camiñando sobre o mar e achegándose á dorna; e tiveron medo. 20Pero El díxolles: -Eu son; non temades. 21Entón eles recibírono con agrado na dorna, que chegou deseguida á terra onde ían.22Ao día seguinte, a multitude que ficara ao outro lado do mar decatouse de que alí non había nada máis ca unha dorna, e que Xesús non entrara nela cos seus discípulos, senón que os seus discípulos marcharan sós. 23Viñeron outras dornas de Tiberias preto do lugar onde comeran o pan logo de que o Señor dera grazas.24Por tanto, cando a xente viu que Xesús non estaba alí, nin tampouco os seus discípulos, subiron ás dornas e marcharon cara a Cafarnaúm á procura de Xesús. 25Cando o toparon ao outro lado do mar, dixéronlle: -Rabí, cando chegaches aquí?26Xesús respondeulles e dixo: -En verdade, vos digo: buscádesme, non polos sinais que vistes, senón porque comestes dos pans e vos fartastes. 27Traballade, non polo alimento que perece, senón polo alimento que perdura para vida eterna, o que o Fillo do Home vos dará, porque a este, o Pai, Deus, púxolle o seu selo.28Entón dixéronlle: -Que debemos facer para pór en práctica as obras de Deus? 29Respondeu Xesús e díxolles: -Esta é a obra de Deus: que creades no que El mandou.30Entón dixéronlle: -Pois que fas ti como sinal para que vexamos e creamos en Ti? Que obra fas? 31Os nosos pais comeron do maná do deserto, como está escrito: "Deulles a comer pan do ceo".32Entón Xesús díxolles: -En verdade, vos digo: non foi Moisés o que vos deu pan do ceo, senón que é o meu Pai quen vos dá o verdadeiro pan do ceo. 33Porque o pan de Deus é o que baixa do ceo, e dá vida ao mundo. 34Entón dixéronlle: -Señor, dános sempre dese pan!35Díxolles Xesús: -Eu son o pan de vida; o que vén a min no terá fame, e o que cre en min nunca terá sede. 36Pero xa volo dixen, que aínda que me vistes, non credes. 37Todo o que o Pai me dá, virá a min: e o que vén a min, de ningún modo o boto fóra.38Porque descendín do ceo, non para facer a miña vontade, senón a vontade do que me mandou. 39E esta é a vontade do que me mandou: que todo o que El me deu, non perda Eu nada, senón que o resucite no último día. 40Porque esta é a vontade do meu Pai: que todo aquel que ve o Fillo e cre nel, teña vida eterna, e Eu mesmo heino resucitar no día final.41Por iso os xudeus murmuraban del, porque tiña dito: Eu son o pan que baixou do ceo. 42E dician: -E non é este Xesús, o fillo de Xosé? Nós coñecémoslle a nai e mais o pai! Como é que agora di: Eu son o que baixou do ceo?43Respondeu Xesús e díxolles: -Non murmuredes entre vós. 44Ninguén pode vir a min se non o atrae o Pai que me mandou, e Eu resucitareino no día final. 45Escrito está nos profetas: "E todos serán ensinados por Deus". Quen do Pai escoitou e aprendeu, vén a min.46Non é que alguén vira o Pai, senón que aquel que vén de Deus, este ten visto o Pai. 47Con toda verdade volo aseguro: -O que cre, ten vida eterna.48Eu son o pan de vida. 49Os vosos pais comeron o maná no deserto e morreron.50Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del, non morra. 51Eu son o pan vivo que baixou do ceo; se alguén come deste pan vivirá para sempre; e o pan que Eu darei pola vida do mundo é a miña carne.52Entón os xudeus discutían entre si e dicían: -E este, como pode darnos a comer a súa carne? 53Entón Xesús díxolles: -Con toda verdade volo aseguro: se non comedes a carne do Fillo do Home e bebedes o seu sangue, non teredes vida en vós.54O que come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e Eu resucitareino no día final. 55Porque a miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56O que come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e Eu nel.57Como o Pai vivo me mandou, e Eu vivo polo Pai, así o que me come, el tamén vivirá por min. 58Este é o pan que baixou do ceo; non como o que os vosos pais comeron, e morreron; o que come deste pan vivirá para sempre. 59Isto dixo Xesús na sinagoga, cando ensinaba en Cafarnaúm.60Por iso, moitos dos seus discípulos, cando escoitaron isto, dixeron: -Dura é esta palabra, quen pode escoitala? 61Pero Xesús, sabendo en si mesmo que os discípulos murmuraban por isto, díxolles: -Escandalízavos isto?62E se virades o Fillo do Home ascender a onde estaba antes, que? 63O Espírito é quen dá vida; a carne para nada aproveita; as palabras que vos teño falado son espírito e son vida.64Pero hai algúns de vós que non credes. Porque Xesús sabía dende o inicio quen eran os que non crían, e quen era o que o ía traizoar. 65E dicía: -Por iso vos teño dito que ninguén pode vir a min, se o Pai non llo concede.66Dende entón moitos dos seus discípulos afastáronse e xa non andaban con El. 67Entón Xesús dixo aos doce: -Vós tamén queredes marchar? 68Simón Pedro respondeulle: -A quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna. 69E nós cremos e coñecemos que Ti es o Santo de Deus.70Xesús respondeulles: -Non vos escollín Eu a vós, os doce, e porén un de vós é un demoño? 71E El dicía isto de Xudas, o fillo de Simón Iscariote, porque este que o ía entregar, era un dos doce.
1Despois disto Xesús andaba por Galilea; e non quería andar por Xudea, porque os xudeus procuraban matalo. 2E a festa dos xudeus, a dos Tabernáculos, estaba próxima.3Por iso dixéronlle os seus irmáns: -Deixa isto e vaite a Xudea para que os teus dicípulos vexan tamén as obras que ti fas. 4Porque ninguén fai nada ás agachadas cando procura ser coñecido en público. Se fas estas cousas, móstrate ao mundo.5Porque nin os seus irmáns crían nel. 6Entón Xesús díxolles:-O meu tempo aínda non chegou, pero o voso tempo sempre é oportuno. 7O mundo non pode odiarvos, pero ódiame a min, porque Eu dou testemuño del, que as súas obras son malas.8Subide vós á festa; Eu non subo a esta festa porque o meu tempo non está cumprido. 9E logo de dicirlles isto, ficou en Galilea.10Pero cando os seus irmáns subiron á festa, entón el tamén subiu; non abertamente senón ás agachadas. 11Os xudeus andaban á procura del na festa e dicían: -Onde se meteu ese?12E había moita murmuración entre a xente acerca del. Uns dicían: El é bo. Outros dicían: non, todo o contrario, engana as persoas. 13Porén, ninguén falaba abertamente del por medo aos xudeus.14Pero xa na metade da festa, Xesús subiu ao templo e comezou a ensinar. 15Entón os xudeus admirábanse del dicindo: -Como pode este saber de letras sen ter estudado? 16Entón Xesús respondeulles dicindo: -O meu ensino non é meu senón daquel que me mandou.17Se alguén quere facer a súa vontade, saberá se a miña ensinanza é de Deus ou se falo de min mesmo. 18O que fala de si mesmo procura a súa propia gloria; mais o que procura a gloria de quen o mandou, este é verdadeiro e non hai inxustiza nel.19Non vos deu Moisés a lei, e porén ninguén de vós a cumpre? Por que estades á procura de me matar? 20A multitude contestou:-Tes un demo! Quen te procura matar?21Respondeu Xesús e díxolles: -Só fixen unha obra e todos vos admirades. 22Moisés deuvos a circuncisión (non porque sexa de Moisés senón dos pais) e no día de repouso circuncidades o home.23E se para non quebrantar a lei de Moisés circuncidades un home no día de repouso, por que vos incomodades comigo porque sanei por completo a un home no día de repouso? 24Non xulguedes polo que se ve, senón xulgade con xuízo xusto.25Entón algúns de Xerusalém dicían: -Non é este o que procuran matar? 26E aí o tedes, fala en público e non lle din nada. Non será que en verdade os gobernantes recoñecen que este é o Mesías? 27Porque, nós sabemos de onde é este; pero cando veña o Mesías, ninguén saberá de onde é.28Xesús exclamou en alta voz mentres ensinaba no templo: -Vós coñecédesme e sabedes de onde son. Eu non vin pola miña conta, pero o que me mandou é verdadeiro, a quen vós non coñecedes. 29Eu coñézoo porque del procedo, e El me mandou.30Procuraban pois, prendelo; pero ninguén lle botou man, porque aínda non chegara a súa hora. 31Pero moitos da multitude creron nel, e dicían: cando veña o Mesías, fará máis sinais dos que ten feito este? 32Os fariseos escoitaron a multitude murmurando estas cousas del, e os principais sacerdotes e fariseos mandaron alguacís para prendelo.33Entón dixo Xesús: -Por un pouco máis de tempo estou convosco; despois vou ao que me mandou. 34Buscarédesme e non me habedes atopar, e onde Eu estou vós non podedes vir.35Dicían entón os xudeus entre si: -Onde pensa ir este, que non o atopemos? Será que quere ir aos dispersos entre os gregos e ensinar aos gregos? 36Que quere dicir isto que dixo: buscarédesme e non me habedes atopar, e onde Eu estou vós non podedes vir?37E no último día, o grande da festa, Xesús púxose en pé e dixo en voz alta: -Se algún ten sede, que veña a min e beba. 38O que cre en min, como di a Escritura: "Do máis profundo do seu ser, abrollarán ríos de auga viva".39(Pero El dicía isto do Espírito que habían de recibir os que creran nel; porque o Espírito, aínda non fora dado, pois Xesús non fora glorificado).40Entón algúns da multitude, cando escoitaron estas palabras, dicían: Verdadeiramente este é o Profeta! 41Outros dicían: Este é o Mesías. Pero outros dicían: acaso o Mesías ha vir de Galilea? 42Non di a Escritura que o Mesías vén da descendencia de David, e de Belén, a aldea de onde era David?43Así se creou división entre a multitude por causa del. 44E moitos deles querían prendelo, pero ninguén lle botaba a man.45Entón os alguacís foron cara os principais sacerdotes e fariseos e dixéronlles estes: -Por que non o trouxestes? 46Os alguacís responderon: -Endexamais ningún home ten falado como este home fala.47Entón contestáronlle os fariseos: -É que vós tamén vos deixastes enganar? 48Ten crido nel algún dos gobernantes ou dos fariseos? 49Pero esta multitude que non coñece a lei, é maldita.50Nicodemo, o que viñera a Xesús antes, e que era un deles, díxolles: 51-Dende cando xulga a nosa lei a un home sen escoitalo primeiro, e saber o que fai? 52Respondendo dixéronlle: -Es ti tamén de Galilea? Investiga e verás que ningún profeta xurde de Galilea.53E fóronse cada un para a súa casa.
1Pero Xesús foi ao Monte das Oliveiras. 2E ao amencer veu outra vez ao templo, e todo o pobo viña a El; e sentándose ensináballes. 3Os escribas e os fariseos trouxeron unha muller sorprendida en adulterio,4e poñéndoa no medio, dixéronlle: -Mestre, esta muller foi sorprendida no mesmo acto do adulterio. 5E na lei, Moisés ordenounos apedrar a esta clase de mulleres; ti que dis? 6Dicían isto para ter de que o acusar. Pero Xesús inclinouse e escribía co seu dedo na terra.7Pero como insistían en lle preguntar, Xesús endereitouse e díxolles: -O que de vós estea sen pecado, sexa o primeiro en lle lanzar unha pedra. 8E inclinándose de novo escribía en terra.9Eles ao escoitar isto, foron marchando un a un, comezando polos de maior idade, e deixando só a Xesús e á muller que estaba no medio. 10Endereitándose díxolle Xesús: -Muller, onde están eles? Ningún te condenou? 11Ela respondeu: -Ningún, Señor. Díxolle Xesús: -Eu tampouco te condeno. Vaite; e dende agora non peques máis.12Xesús faloulles outra vez dicindo: -Eu son a luz do mundo; o que me segue non andará en tebras, senón que terá a luz da vida. 13Entón os fariseos dixéronlle: -Ti testemuñas de ti mesmo; o teu testemuño non é verdadeiro.14Respondeu Xesús e díxolles: -Aínda que dou testemuño de min mesmo o meu testemuño é verdadeiro, porque Eu sei de onde vin e a onde vou; pero vós non sabedes de onde veño nin para onde vou. 15Vós xulgades segundo a carne; Eu non xulgo a ninguén. 16Pero se Eu xulgo, o meu xuízo é verdadeiro, porque non son Eu só, senón Eu e o Pai que me mandou.17E na vosa lei está escrito que o testemuño de dúas persoas é verdadeiro. 18Eu son o que dá testemuño de min mesmo, e o Pai que me mandou testemuña de min.19Entón dicíanlle: -Onde está o teu Pai? Xesús respondeu: -Non me coñecedes nin a min, nin o meu Pai. Se me coñecerades a min, tamén coñeceriades o meu Pai. 20Estas palabras pronunciounas no lugar do tesouro, cando ensinaba no templo; e ninguén o prendeu, porque aínda non chegara a súa hora.21Entón díxolles de novo: -Eu voume, e buscarédesme, e morreredes no voso pecado; porque para onde Eu vou, vós non podedes vir. 22Por iso os xudeus dicían: será que se vai quitar a vida, pois di: onde Eu vou, vós non podedes vir?23E Xesús dicíalles: -Vós sodes de baixo, Eu son de riba; vós sodes deste mundo, Eu non son deste mundo. 24Por iso vos dixen que morreredes nos vosos pecados; porque se non credes que Eu Son, morreredes nos vosos pecados.25Entón dicíanlle: -Ti quen es? Xesús díxolles: -Que vos estiven dicindo dende o principio? 26Teño moito que dicir e xulgar de vós, pero o que me mandou é verdadeiro; e Eu, as cousas que escoitei del, esas son as que lles falo ao mundo. 27(Non comprenderon que lles falaba do Pai).28Por iso Xesús dixo: -Cando levantedes o Fillo do Home, entón saberedes que Eu Son e que non fago nada pola miña conta, senón que falo estas cousas, como o Pai me ensinou. 29E o que me mandou está comigo; non me deixou só, porque Eu sempre fago o que lle agrada. 30Ao falar estas cousas, moitos creron nel.31Entón dicía Xesús aos xudeus que creran nel: -Se vós permanecedes na miña palabra, en verdade sodes os meus discípulos; 32e coñeceredes a verdade, e a verdade libertaravos. 33Eles contestáronlle: -Somos descendentes de Abraham e nunca fomos escravos de ninguén. Como dis ti: seredes libres?34Respondeulles Xesús: -En verdade, en verdade vos digo que todo o que comete pecado é escravo do pecado, 35e o escravo non fica na casa para sempre. 36Por tanto, se o Fillo vos fai libres, seredes verdadeiramente libres.37Xa sei que sodes descendentes de Abraham, porén procurades matarme porque a miña palabra non pode morar en vós. 38Eu falo do que vin estando co meu Pai, vós facedes tamén o que escoitastes do voso pai.39Eles contestáronlle e dixéronlle: -Abraham é o noso pai. Xesús díxolles: -Se fósedes fillos de Abraham, fariades as obras de Abraham. 40Pero agora procurades matarme, a min que vos dixen a verdade que escoitei de Deus. Abraham non fixo isto. 41Vós facedes as obras do voso pai. Eles dixéronlle: -Nós non nacemos de fornicación; temos un só Pai que é Deus.42Xesús díxolles: -Se Deus fose o voso Pai, amaríadesme, porque Eu saín de Deus e vin del, pois non vin pola miña conta, senón que El me mandou. 43Por que non entendedes o que digo? Porque non podedes escoitar a miña palabra. 44Sodes do voso pai o demo e queredes facer o que o voso pai desexa. El dende o comezo foi un homicida, e non permaneceu na verdade porque non hai verdade nel. Cando fala mentira, fala da súa propia natureza, porque é mentireiro e pai da mentira.45Pero porque Eu digo a verdade, non credes en min. 46Quen de vós proba en min que teño pecado? E se digo a verdade, porque vós non credes en min? 47O que é de Deus escoita as palabras de Deus; por iso vós non escoitades, porque non sodes de Deus.48Contestaron os xudeus e dixéronlle: -Non dicimos con razón que ti es samaritano e tes un demo? 49Xesús respondeu: -Eu non teño demo ningún, senón que honro o meu Pai, e vós deshonrádesme a min.50Pero Eu non busco a miña gloria; hai un que a busca e xulga. 51Con toda verdade volo aseguro, que se algún garda a miña palabra, xamais probará a morte.52Os xudeus dixéronlle: -Agora estamos certos en que tes un demo. Abraham morreu, e tamén os profetas, e ti dis: se algún garda a miña palabra non morrerá eternamente. 53Acaso es ti maior que o noso pai Abraham que morreu? Os profetas tamén morreron; quen cres que es?54Xesús respondeu: -Se Eu me glorifico a min mesmo, a miña gloria non é nada; o meu Pai é o que me glorifica, aquel de quen vós dicides: El é o noso Deus. 55E vós non o coñecestes, pero Eu coñézoo; e se digo que non o coñezo serei un mentireiro como vós; pero Eu coñézoo e gardo a súa palabra. 56O voso pai Abraham, encheuse de alegría agardando ver o meu día; e viuno e alegrouse.57Entón os xudeus dixéronlle: -Aínda non tes cincuenta anos, e xa viches a Abraham? 58Xesús díxolles: -Con toda verdade volo aseguro: antes que nacese Abraham, Eu Son. 59Entón colleron pedras para llas lanzar, pero Xesús escondeuse e saíu do templo.
1Ao pasar Xesús, viu a un home que nacera cego. 2Os seus discípulos preguntáronlle, dicindo: -Rabí, quen pecou, este ou os seus pais, para que nacese cego?3Xesús respondeu: -Nin este pecou nin os seus pais; senón que está cego para que as obras de Deus se manifesten nel. 4Nós debemos facer as obras do que me mandou, mentres é de día; porque vén a noite cando ninguén pode traballar. 5Mentres estou no mundo, Eu son a luz do mundo.6Logo de dicir isto, cuspiu en terra e fixo lama co cuspe e untoulle os ollos coa lama, 7e díxolle: -Vaite lavar no tanque de Siloé (que significa, enviado). El foi e lavouse, e volveu vendo.8Entón os veciños e os que antes viran que era un mendigo, dicían: Non era este o que se sentaba e mendigaba? 9Uns dicían: -El é; e outros dicían: non, pero parécese a el. El dicía: -Son eu.10Entón dicíanlle: -Como che foron abertos os ollos? 11El respondeu: -O home que se chama Xesús fixo lama, untouna nos meus ollos e díxome: -Vai ao Siloé e lávate. Así fun, laveime e recibín a vista. 12E dixéronlle: -Onde está el? El dixo: -Non o sei.13Levaron ante os fariseos o que fora cego. 14E era día de repouso o día en que Xesús fixo a lama e lle abriu os ollos. 15Entón os fariseos volvéronlle preguntar como recibira a vista. El díxolles: -Púxome lama nos ollos, laveime e vexo.16Por iso algúns dos fariseos dicían: -Este home non vén de Deus porque non garda o día de repouso. Pero outros dicían: -Como pode un home pecador facer estes sinais? E había división entre eles. 17Entón dixeron outra vez ao cego: -Que dis ti del, pois abriuche os ollos? El dixo: -É un profeta. 18Entón os xudeus non creron que fora cego, e que recibira a vista, ata que chamaron os pais do que recibira a vista.19E preguntáronlle dicindo: -É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Como é que agora ve? 20Os seus pais respondéronlles e dixeron: -Sabemos que este é o noso fillo e que naceu cego; 21pero como é que agora ve, non o sabemos; ou quen lle abriu os ollos, non o sabemos. Preguntádelle a el; idade ten dabondo e falará por si mesmo.22Os seus pais dixeron isto porque tiñan medo dos xudeus, porque os xudeus xa acordaran que se algún confesaba que Xesús era o Mesías, fose expulsado da sinagoga. 23Por iso os pais dixeron: idade ten, preguntádelle a el.24Por segunda vez chamaron polo home que fora cego e dixéronlle: -Dá gloria a Deus; nós sabemos que este home é un pecador. 25Entón el contestoulles: -Se é pecador, non o sei; unha cousa sei: que eu era cego e agora vexo.26Dixéronlle: -Que che fixo? Como che abriu os ollos? 27El contestoulles: -Xa volo dixen e non escoitastes. Por que queredes ouvilo outra vez? É que tamén vós queredes ser dos seus discípulos?28Entón insultárono, e dixéronlle: -Ti es o seu discípulo, pero nós somos discípulos de Moisés! 29Nós sabemos que Deus lle falou a Moisés, pero este, non sabemos de onde é.30Respondeu o home e díxolles: -Pois nisto hai algo portentoso: que vós non saibades de onde é, a min abriume os ollos. 31Sabemos que Deus non escoita os pecadores; pero se alguén teme a Deus e fai a súa vontade, a este escoita.32Nunca se oira dicir que alguén abrise os ollos a un cego de nacemento. 33Se este non viñese de Deus, nada podería facer. 34Respondendo eles dixéronlle: -Naciches ti enteiriño en pecados, e vés a ensinarnos a nós? E botárono fóra.35Escoitou Xesús que o botaran fóra, e atopándoo, díxolle: -Cres ti no Fillo do Home? 36Respondeulle e dixo: -E quen é, Señor, para que eu crea nel? 37Díxolle Xesús: -Pois ti víchelo, e o que está a falar contigo, ese é. 38Entón el dixo: -Creo, Señor. E adorouno.39E dixo Xesús: -Eu vin a este mundo para xuízo, para que os que non ven, vexan, e para que os que ven, sexan cegados. 40Algúns dos fariseos que estaban con El escoitaron isto e dixéronlle: -E logo, nós tamén somos cegos? 41Díxolles Xesús: -Se fósedes cegos non teriades pecado; pero porque dicides "vemos", o voso pecado permanece.
1Con toda verdade volo aseguro: -O que non entra pola porta na mallada das ovellas, e sobe pola outra parte, ese é ladrón e bandido. 2Pero o que entra pola porta é o pastor das ovellas.3O porteiro ábrelle a este, e as ovellas escoitan a súa voz; chama as súas ovellas por nome, e guíaas para fóra. 4Cando saca a todas as súas, vai diante delas, e as ovellas sígueno, porque coñecen a súa voz.5E de ningunha maneira seguirán a un estraño, senón que fuxirán del, porque non coñecen a voz dos estraños. 6Xesús faloulles por medio desta parábola, pero eles non entenderon o que lles quería dicir.7Entón Xesús díxolles outra vez: -Con toda verdade volo aseguro: Eu son a porta das ovellas. 8Todos os que viñeron antes de min son ladróns e bandidos, pero as ovellas non os escoitaron.9Eu son a porta; se algún entra por min, será salvo; e entrará e sairá e atopará pasto. 10O ladrón só vén para roubar, matar e destruír; Eu vin para que teñan vida e a teñan en abundancia.11Eu son o bo pastor; o bo pastor dá a súa vida polas ovellas. 12Pero o que é xornaleiro e non é pastor, que non é o dono das ovellas, ve o lobo que vén, foxe e deixa as ovellas, e o lobo quítaas e dispérsaas. 13El foxe porque só traballa pola paga e as ovellas tanto lle teñen.14Eu son o bo pastor, e coñezo as miñas ovellas, e as miñas recoñécenme, 15de igual modo que o Pai me coñece e Eu coñezo o Pai, e dou a miña vida polas ovellas. 16Teño outras ovellas que non son desta mallada; a estas tamén teño que traer e han escoitar a miña voz, e serán un rabaño cun só pastor.17Por iso o Pai ámame. Porque dou a miña vida para tomala outra vez. 18Ninguén ma quita, senón que Eu douna por vontade propia. Teño autoridade para dala, e teño autoridade para tomala outra vez. Este mandamento recibín do meu Pai.19Outra vez os xudeus volveron dividirse por estas palabras. 20E moitos deles dicían: ten un demo no corpo e está tolo. Por que lle facedes caso? 21Outros dicían: estas palabras non son as dun endemoñado. Pode un demo abrir os ollos dos cegos?22Neses días celebrábase en Xerusalém a festa da Dedicación. 23Era inverno e Xesús andaba polo templo, no pórtico de Salomón. 24Entón os xudeus rodeárono e dixéronlle: -Até cando nos vas ter en ascuas? Se ti es o Mesías, dínolo con claridade.25Xesús respondeulles: -Xa volo dixen e non credes; as obras que fago no nome do meu Pai, esas testemuñan de min. 26Pero vós non credes porque non sodes das miñas ovellas.27As miñas ovellas escoitan a miña voz, e Eu coñézoas e séguenme. 28E Eu doulles vida eterna e non han perecer nunca, e ninguén poderá quitalas da miña man.29O que o meu Pai mas deu é maior que todos e ninguén poderá quitalas das mans do meu Pai. 30Eu e o Pai somos un. 31Os xudeus tomaron pedras para lanzarllas.32Xesús díxolles: -Mostreivos moitas obras boas que son do Pai, por cal delas me apedrades? 33Os xudeus contestáronlle: -Non te lapidamos por ningunha obra boa senón por blasfemia; e porque Ti, sendo home, faste Deus.34Xesús díxolles: -Non está escrito na vosa lei:"Eu dixen: sodes deuses"? 35Se chamou deuses a aqueles que recibiron a palabra de Deus (e a Escritura non se pode quebrantar); 36a quen o Pai santificou e mandou ao mundo, vós dicídeslles: "blasfemas", porque dixen Eu son o Fillo de Deus?37Se non fago as obras do meu Pai, non creades en min; 38pero se as fago, aínda que non creades en min, crede ás obras; para que saibades e entendades que o Pai está en min e Eu no Pai. 39Por iso procuraban prendelo outra vez, pero escapóuselles das mans.40Marchou outra vez para o outro lado do Xordán, ao lugar onde Xoán estivera bautizando, e ficou alí. 41Moitos viñeron a El e dicían: -Xoán non fixo ningún sinal, porén, todo o que dixo Xoán deste, era verdade. 42E moitos alí creron nel.
1E estaba doente un home chamado Lázaro, de Betania, a aldea de María e da súa irmá Marta. 2María, que tiña ao seu irmán Lázaro doente, foi a que unxiu o Señor con perfume e secoulle os pés cos seus cabelos.3As dúas irmás mandaron recado a Xesús: -Señor, olla, o que ti amas está doente. 4Ao escoitalo Xesús, dixo: -Esta efermidade non é para morte, senón para a gloria de Deus, para que o Fillo de Deus sexa glorificado por ela.5E Xesús amaba a Marta, a súa irmá e a Lázaro. 6Cando escoitou, entón, que Lázaro estaba doente, quedou por dous días máis no lugar onde estaba. 7Logo, despois disto, dixo aos seus discípulos: -Vaiamos outra vez a Xudea.8Os discípulos dixéronlle: -Rabí, hai pouco que os xudeus procuraban lapidarte, e vas outra vez alá? 9Xesús respondeu: -Non hai doce horas no día? Se algún anda de día, non tropeza, porque ve a luz deste mundo.10Pero se algún anda de noite, tropeza, porque a luz non está nel. 11E logo de dicir isto, engadiu: -O noso amigo Lázaro adormeceu; vou espertalo.12Entón os discípulos dixéronlle: -Señor se adormeceu, salvarase. 13Pero Xesús falara da morte de Lázaro mais eles creron que estaba a falar literalmente do sono. 14Entón Xesús, díxolles claramente: -Lázaro morreu;15e por causa de vós, alégrome de non ter estado alí, para que creades. Pero vaiamos onde el está. 16Tomás, chamado o Dídimo, dixo entón aos seus condiscípulos: -Vaiamos nós tamén para morrer con el.17Chegou, pois, Xesús e encontrou que xa había catro días que estaba no sepulcro. 18Betania estaba preto de Xerusalém, como a tres kilómetros; 19e moitos dos xudeus viñeran a casa de Marta e María, para consolalas pola morte do seu irmán. 20Entón Marta, cando escoitou que Xesús viña, saíulle ao encontro, pero María ficou sentada na casa.21E Marta dixo a Xesús: -Señor, se estiveras aquí o meu irmán non tería morto! 22Con todo, eu sei que todo o que pidas a Deus, Deus concederacho. 23Xesús díxolle: -O teu irmán hase levantar.24Marta contestoulle: -Eu sei que se levantará na resurrección, no día final. 25Xesús díxolle: -Eu son a resurrección e a vida; o que cre en min, aínda que morra, vivirá, 26e todo o que vive e cre en min, xamais morrerá, cres isto?27Ela díxolle: -Si Señor, eu crin que Ti es o Mesías, o Fillo de Deus, o que vén ao mundo. 28E logo de dicir isto, foise e chamou a súa irmá María, dicíndolle en segredo: -O Mestre está aquí, e chama por ti. 29Tan pronto como ela o escoitou, ergueuse de súpeto, e foi xunto del.30Pois mesmo Xesús non entrara na aldea, senón que aínda estaba no lugar onde Marta o atopara. 31Entón os xudeus que estaban con ela na casa consolándoa, cando viron que María se ergueu con présa e saíu, seguírona, supoñendo que ía ao sepulcro a chorar alí. 32Cando María chegou onde estaba Xesús, ao velo, botouse os seus pés, dicíndolle: -Señor, se estiveras aquí, o meu irmán non tería morto.33E cando Xesús a viu chorar, e aos xudeus que viñeran con ela chorando tamén, conmoveuse profundamente no espírito, e entristeceuse, 34e dixo: -Onde o puxestes? Dixéronlle: -Señor, ven e mira. 35Xesús chorou.36Por iso os xudeus dicían: -Ollade canto o amaba. 37Pero algúns deles dixeron: -Non podía este, que abriu os ollos ao cego, ter evitado tamén que morrera Lázaro?38Entón Xesús, de novo conmovido profundamente no seu interior, foi ao sepulcro. Era unha cova, e tiña unha pedra posta sobre ela. 39Xesús dixo: -Quitade a pedra. Marta, irmá do que morrera díxolle:-Señor, xa cheira, porque hai catro días que morreu. 40Xesús díxolle: -Non che dixen que se cres verás a gloria de Deus?41Entón quitaron a pedra. Xesús alzou os ollos ao alto e dixo: -Pai douche as grazas porque me escoitaches! 42Eu sabía que sempre me escoitas; pero díxeno por causa da multitude que está ao redor, para que crean que ti me mandaches.43E dito isto, berrou con voz forte:-Lázaro, ven fora! 44E o que estivera morto saíu, os pés e as mans atadas con vendas, e o rostro envolto nun lenzo. Xesús díxolles: -Desatádeo e deixádeo ir.45Entón moitos dos xudeus que viñeran onda María, ao veren o que fixo, creron nel. 46Pero algúns deles foron onda os fariseos e contáronlles o que Xesús fixera.47Entón os principais sacerdotes e os fariseos convocaron ao Sanedrín, e dicían: -Que faremos? Porque este home fai moitos sinais. 48Se lle deixamos seguir así, todos van crer nel, e virán os romanos e quitarannos o noso lugar e a nosa nación.49Pero un deles, Caifás, que era sumo sacerdote ese ano, díxolles: -Vós non sabedes nada, 50nin tendes en conta que máis vos convén que un home morra polo pobo, e non que pereza toda a nación.51Agora ben, non dixo isto de si mesmo, senón que sendo sumo sacerdote ese ano, profetizou que Xesús ía morrer pola nación; 52e non só pola nación, senón tamén para xuntar nun os fillos de Deus que estaban dispersos. 53Así que, dende ese día conspiraron xuntos para matalo.54Por iso Xesús xa non andaba publicamente entre os xudeus, senón que marchou de alí á rexión preto do deserto, a unha cidade chamada Efraín; e quedouse alí cos discípulos. 55E estaba próxima a Pascua dos xudeus, e moitos da rexión subiron a Xerusalém antes da Pascua para se purificar.56Entón buscaban a Xesús, e estando eles no templo, dicíanse uns aos outros: -Que vos parece? Que non virá á festa? 57E os principais sacerdotes e os fariseos deran ordes de que se alguén sabía onde estaba Xesús, dese aviso para prendelo.
1Entón Xesús, seis días antes da Pascua, veu a Betania onde estaba Lázaro, o que Xesús resucitara de entre os mortos. 2E fixéronlle alí unha cea, e Marta estaba a servir; pero Lázaro era un dos que estaban á mesa con El. 3Entón María, collendo unha libra de perfume de nardo puro, unxiu os pés de Xesús, e secounos cos seus cabelos, e a casa encheuse do recendo do perfume.4E Xudas Iscariote, un dos discípulos, o que o ía entregar, dixo: 5-Por que non se vendeu este perfume por trescentos denarios e se lle deu aos pobres? 6Pero dixo isto, non porque lle preocuparan os pobres, senón porque era un ladrón, e como tiña a bolsa dos cartos, furtaba do que lle botaban nela.7Entón Xesús dixo: -Déixaa, porque ela gardou isto para o día da miña sepultura. 8Porque sempre teredes os pobres con vós, pero non sempre me teredes a min.9Entón, a gran multitude de xudeus enterouse de que estaba alí, e viñeron, non só por mor de Xesús, senón tamén por ver a Lázaro, ao que resucitara de entre os mortos. 10Pero os principais sacerdotes resolveron matar tamén a Lázaro; 11porque por causa del, moitos xudeus ían e crían en Xesús.12Ao día seguinte, cando a gran multitude que viñera á festa, ouviu que Xesús viña a Xerusalém, 13colleu follas de palma, e saíu a recibilo, e berraba: -Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor, o Rei de Israel!14Xesús, atopou un burriño e montou nel; como está escrito: 15"Non temas filla de Sión; velaí o teu Rei vén, montado nun burriño".16Os seus discípulos non entenderon isto ao principio, porén logo, cando Xesús foi glorificado, lembráronse de que isto se escribira del, e que lle fixeran estas cousas.17E así, a multitude que estaba con El cando chamou a Lázaro do sepulcro e o resucitou de entre os mortos, daba testemuño del. 18Por iso a multitude foi tamén a recibilo, porque escoitaran que fixera este sinal. 19Entón os fariseos dicían entre eles: -Vedes que nada conseguides? Mirade, todo o mundo vai detrás del.20E había uns gregos entre os que subían a adorar á festa; 21estes, pois, foron onda Filipe, que era de Betsaida de Galilea, e rogábanlle, dicindo: -Señor, queremos ver a Xesús. 22Filipe foi e díxollo a Andrés; Andrés e Filipe foron e dixéronllo a Xesús.23Xesús respondeulles dicindo: -Chegou a hora para que o Fillo do Home sexa glorificado. 24Con toda verdade volo aseguro, se o gran de trigo non cae en terra e morre, fica el só; pero se morre, leva moito froito.25O que ama a súa vida, pérdea; e o que aborrece a súa vida neste mundo, ha conservala para vida eterna. 26Se algún me serve, que me siga; e onde Eu estou alí tamén estará o meu servidor; se algún me serve o Pai ha honralo.27Agora está turbada a miña alma; e que hei dicir? Pai, sálvame desta hora? Mais para isto cheguei a esta hora. 28Pai glorifica o teu nome. Entón veu unha voz do ceo: -Glorifiqueino e heino glorificar outra vez! 29Por iso a multitude que estaba alí e a escoitou, dicía que fora un trono; outros dicían: faloulle un anxo!30Respondeu Xesús e dixo: -Esta voz non veu por causa miña, senón por causa vosa. 31Xa está aquí o xuízo deste mundo; agora o príncipe deste mundo será lanzado fóra.32E, Eu, se son levantado sobre terra, atraerei a todos a min mesmo. 33Pero El dicía isto para indicar de que morte ía morrer.34Entón a multitude respondeulle: -Escoitamos na lei que o Mesías permanecerá para sempre; e como dis ti: o Fillo do Home ten que ser levantado? Quen é este Fillo do Home? 35Xesús entón díxolles: -Aínda un pouco de tempo, estará a luz entre vós. Camiñade mentres teñades luz, para que non vos sorprendan as tebras: o que anda en escuridade non sabe onde vai. 36Mentres estades en luz, crede na luz, para que sexades fillos de luz. Estas cousas falou Xesús, e foise e escondeuse deles.37Porque aínda que fixera tantos sinais diante deles, non crían nel, 38para que se cumprira a palabra do profeta Isaías, que dixo: "Señor, quen creu o noso anuncio? E a quen se revelou o brazo do Señor"?39Por iso non podían crer, porque Isaías tamén dixo: 40"El cegou os seus ollos e endureceu o seu corazón, para que non vexan cos ollos e entendan co corazón, e se convirtan e Eu os sane".41Dixo isto Isaías porque viu a súa gloria, e falou del. 42Porén, moitos, aínda dos gobernantes, creron nel, pero por causa dos fariseos non o confesaban, para non seren expulsados da sinagoga. 43Porque amaban máis a loanza dos homes que o recoñecemento de Deus.44Xesús exclamou e dixo: -O que cre en min, non cre en min, senón naquel que me mandou. 45E quen me ve, ve a aquel que me mandou.46Eu, a luz, vin ao mundo, para que todo o que cre en min non permaneza en tebras. 47Se algún escoita as miñas palabras e non as garda, Eu non o xulgo; porque non vin xulgar o mundo, senón a salvar o mundo.48O que me rexeita e non recibe as miñas palabras, ten quen o xulgue; a palabra que falei, esa xulgarao no día final. 49Porque Eu non falei pola miña conta, senón o Pai mesmo que me mandou, deume mandamento sobre todo o que hei dicir e o que hei falar. 50E sei que o seu mandamento é vida eterna; por iso o que falo, o digo tal como o Pai mo dixo.
1Antes da festa da Pascua, sabendo Xesús que a súa hora chegara para pasar deste mundo ao Pai, tendo amado os seus que estaban no mundo, amounos até o fin. 2E durante a cea, como o demo xa puxera no corazón de Xudas Iscariote, fillo de Simón, que o traizoara,3Xesús, sabendo que o Pai puxera todas as cousas nas súas mans, e que viñera de Deus e a Deus ía, 4ergueuse da cea e sacou o seu manto, e collendo unha toalla, cinguiuse con ela. 5Logo botou auga nunha talla, e comezou a lavarlles os pés aos discípulos e a secarllelos coa toalla que levaba cinguida.6Entón chegou a Simón Pedro e este díxolle: -Señor, vasme lavar os pés ti a min? 7Xesús respondeu e díxolle: -Agora ti non comprendes o que fago, pero despois entenderalo. 8Pedro contestoulle: -Xamais me lavarás os pés! Xesús respondeulle: -Se non te lavo, non tes parte comigo. 9Simón Pedro díxolle: -Señor, logo non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza.10Xesús díxolle: -O que se bañou non precisa lavarse, agás os pés, pois está todo limpo; e vós estades limpos, pero non todos. 11Porque sabía quen o ía entregar; por iso dixo: non estades todos limpos.12Entón, cando acabou de lavarlles os pés, colleu o seu manto, e reclinándose á mesa outra vez, díxolles: -Sabedes o que vos fixen? 13Vós chamádesme Mestre e Señor, e tendes razón, porque o son. 14Pois se Eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, vós tamén debedes lavarvos os pés os uns aos outros. 15Porque deivos exemplo, para que como Eu volo fixen, tamén o fagades vós.16Con toda verdade volo aseguro: un servo non é maior que o seu Señor, nin un mensaxeiro é maior que quen o mandou. 17Se sabedes isto, seredes felices se o facedes. 18Non falo de todos vós, Eu coñezo os que escollín; pero é para que se cumpra a Escritura: "O que come o meu pan, levantou contra min o seu calcañar".19Dígovolo dende agora, antes de que pase, para que cando aconteza, creades que Eu Son. 20Con toda verdade volo aseguro: o que recibe a quen Eu mande, recíbeme a min; e o que me recibe a min, recibe ao que me mandou.21Tendo dito Xesús isto, anguriouse en espírito, e testemuñou e dixo: en verdade vos digo que un de vós hame entregar. 22Os discípulos mirábanse uns aos outros, e estaban sorprendidos sen saber de quen falaba.23Un dos seus discípulos (a quen Xesús amaba), estaba recostado no peito de Xesús. 24Entón Pedro fíxolle acenos e díxolle: -Dinos de quen fala. 25El, recostándose novamente sobre o peito de Xesús, díxolle: -Señor, quen é?26Entón Xesús respondeu: -É aquel a quen Eu darei o pan que vou mollar. E mollando o pan, deullo a Xudas, fillo de Simón Iscariote. 27E despois do bocado, Satanás entrou nel. Entón Xesús díxolle: -O que vas facer, apura a facelo!28Pero ningún dos que estaban recostados á mesa entendeu porque lle dixo isto. 29Xa que algúns pensaban que como Xudas tiña a bolsa dos cartos, Xesús lle dixera: merca o que precisamos para a festa, ou que dera algo para os pobres. 30E Xudas, despois de recibir o bocado, saíu axiña; e xa era noite.31Entón, cando saíu, Xesús dixo: -Agora é glorificado o Fillo do Home, e Deus é glorificado nel! 32E se Deus é glorificado nel, Deus tamén o glorificará en si mesmo, e axiña o glorificará para sempre. 33Filliños, estarei convosco un pouco máis de tempo. Haberédesme buscar, e como dixen aos xudeus, agora tamén volo digo a vós: onde Eu vou, vós non podedes vir.34Douvos un mandamento novo: que vos amedes uns aos outros; que así como Eu vos amei, así tamén vos amedes uns aos outros. 35Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos, se tedes amor uns polos outros.36Simón Pedro díxolle: -Señor, onde vas? Xesús respondeu: -Onde Eu vou, ti non es quen de seguirme agora, pero seguirasme despois. 37Pedro díxolle: -Señor, por que non podo seguirte agora mesmo? Eu darei a miña vida por ti! 38Xesús respondeulle: -Darás a túa vida por min? En verdade che digo: non cantará o galo sen que antes me teñas negado tres veces.
1Non se azore o voso corazón. Crede en Deus, crede tamén en min. 2Na casa do meu Pai hai moitas moradas; se non fora así, diríavolo; vou preparar un lugar para vós. 3E se me vou e preparo un lugar para vós, virei outra vez, e collereivos comigo; para que onde Eu estou, alí tamén esteades vós.4E coñecedes o camiño a onde vou. 5Díxolle Tomás: -Señor, se non sabemos a onde vas, como imos coñecer o camiño? 6Xesús díxolle: -Eu son o camiño, e a verdade, e a vida; ninguén vén ao Pai senón por min. 7Se me coñecestes, tamén coñeceredes o meu Pai, e dende agora coñecédelo e vístelo.8Filipe díxolle: -Señor móstranos o Pai e bástanos. 9Xesús díxolle: -Tanto tempo estiven con vós, e aínda non me coñeces, Filipe? O que me viu a min, viu ao Pai. Como dis ti, móstranos o Pai?10Non cres que Eu estou no pai e o Pai en min? As palabras que Eu vos digo, non as falo pola miña propia conta, senón que o Pai que mora en min é o que fai as obras. 11Crédeme que Eu estou no Pai, e o Pai en min; e se non, crede polas propias obras.12Con toda verdade volo aseguro: o que cre en min, as obras que Eu fago, el tamén as fará; e aínda maiores que estas fará, porque eu vou ao Pai. 13E todo o que pidades no meu nome, fareino, para que o Pai sexa glorificado no Fillo. 14Se me pedides algo no meu nome, Eu fareino.15Se me amades gardaredes os meus mandamentos. 16E eu rogarei ao Pai, e El daravos outro Axudador para que estea con vós para sempre; 17é dicir, o Espírito de verdade, a quen o mundo non pode recibir, porque nin o ve nin o coñece; pero vós si que o coñecedes porque está convosco e estará en vós.18Non vos deixarei orfos; virei a vós. 19Aínda un pouco de tempo e o mundo non me verá máis, pero vós verédesme; porque Eu vivo, vós tamén viviredes. 20Nese día coñeceredes que Eu estou no Pai, e vós en min, e Eu en vós.21O que ten os meus mandamento e os garda, ese é o que me ama; e o que me ama será amado polo meu Pai; e Eu amareino e manifestareime a el. 22Díxolle Xudas (non o Iscariote): -Señor, e que é iso de que te vas manifestar a nós e non ao mundo?23Xesús respondeu e díxolle: -Se algún me ama, gardará a miña palabra; e o meu Pai amarao, e viremos a el, e faremos morada con el. 24O que non me ama, non gardará as miñas palabras; e a palabra que escoitades, non é miña, senón do Pai que me mandou.25Díxenvos estas cousas estando con vós. 26Pero o Axudador, o Espírito Santo, a quen o Pai mandará no meu nome, el havos ensinar todas as cousas, e lembraravos todo o que vos dixen. 27Déixovos a paz, douvos a miña paz. Non vola dou como o mundo a dá. Non se perturbe o voso corazón nin teña medo.28Escoitastes que vos dixen: voume e virei a vós. Se me amásedes, alegraríadesvos porque vou ao Pai, pois o Pai é maior ca min. 29E xa volo dixen agora, antes que aconteza, para que cando aconteza, creades.30Non falarei moito máis convosco, porque o príncipe deste mundo vén, e el nada ten en min; 31pero para que o mundo saiba que Eu amo ao Pai, e como o Pai me mandou, así fago. Erguédevos, vámonos de aquí.
1Eu son a vide verdadeira e o meu Pai é o labrego. 2Toda rama que non dá froito en min, quítaa; e toda a que dá froito, pódaa para que dea máis froito.3Vós xa estades limpos pola palabra que vos din. 4Permanecede en min, e Eu en vós. Como a rama non pode dar froito por si mesma se non permanece na vide, así vós tampouco se non permanecedes en min.5Eu son a vide, vós as ramas; o que permanece en min e Eu nel, ese dá moito froito, porque separados de min nada podedes facer. 6Se algún non permanece en min, es é botado fóra, como un ramo que seca, e recóllenos, bótanos no lume e quéimanse. 7Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e farásevos.8Nisto é glorificado o meu Pai, en que levedes moito froito, e así fagades ver que sodes os meus discípulos. 9Como o Pai me amou, así tamén Eu vos amei; permanecede no meu amor.10Se gardades os meus mandamentos, permanecedes no meu amor, así como Eu gardei os mandamentos do meu Pai e permanezo no seu amor. 11Estas cousas faleivos para que o meu gozo estea en vós, e o voso gozo sexa completo.12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns aos outros, así como Eu vos amei. 13Niguén ten un amor maior que este: que un dea a súa vida polos seus amigos.14Vós sodes os meus amigos se facedes o que Eu vos mando. 15Xa non vos chamo servos, porque o servo non sabe o que fai o seu señor; pero chameivos amigos, porque deivos a coñecer todo o que escoitei do meu Pai.16Vós non me escollestes a min, senón que vos escollín Eu a vós e púxenvos para que vaiades e deades froito, e para que o voso froito permaneza; para que todo o que pidades ao Pai no meu nome volo conceda. 17Mándovos isto: que vos amedes uns aos outros.18Se o mundo vos aborrece, sabede que me aborreceu a min antes ca vós. 19Se fósedes do mundo, o mundo amaría o seu; pero como non sodes do mundo, senón que Eu vos escollín de entre o mundo, por iso o mundo aborrécevos.20Lembrade a palabra que vos dixen: un servo non é maior ca o seu señor. Se me perseguiron a min, tamén vos perseguirán a vós; se gardaron a miña palabra, tamén gardarán a vosa. 21Pero faranvos todo isto por mor do meu nome, porque non coñecen a quen me mandou. 22Se Eu non viñese e non lles falase, non terían pecado, pero agora non teñen escusa polo seu pecado.23Quen me aborrece a min, aborrece tamén o meu Pai. 24Se Eu non fixese entre eles as obras que ningún outro viu, non terían pecado; pero agora víronas, e aborrecéronme a min e tamén o meu Pai. 25Pero fixeron isto para que se cumpra a palabra que está escrita na súa lei: "Aborrecéronme sen causa".26Cando veña o Axudador, a quen Eu mandarei do Pai, é dicir, o Espírito de verdade que vén do Pai, El dará testemuño de min, 27e vós tamén daredes testemuño, porque estivestes comigo dende o principio.
1Díxenvos estas cousas para que non teñades tropezo. 2Expulsaranvos da sinagoga; pero vén a hora cando calquera que vos mate pensará que así cumpre un servizo a Deus.3E farán estas cousas porque non coñeceron nin o Pai nin a min. 4Pero díxenvos estas cousas para que cando chegue a hora vos lembredes de que xa vos falara delas. E non vos dixen estas cousas ao principio, porque Eu estaba convosco.5Pero agora vou ao que me mandou, e ningún de vós me pregunta: para onde vas? 6Mais porque vos dixen estas cousas, a tristura encheu o voso corazón. 7Pero Eu dígovos a verdade: convenvos que Eu marche; porque se non me vou, o Axudador non virá a vós; pero se Eu marcho, mandaréivolo.8E cando El veña, convencerá ao mundo de pecado, de xustiza e de xuízo; 9de pecado, porque non cren en min; 10de xustiza, porque Eu vou ao Pai e non me veredes máis; 11e de xuízo, porque o príncipe deste mundo foi xulgado.12Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero agora non as podedes soportar. 13Pero cando El, o Espírito de verdade, veña, guiaravos a toda a verdade, porque non falará pola súa propia conta, senón que falará todo o que escoite, e faravos saber o que virá. 14El glorificarame, porque tomará do meu e volo fará saber.15Todo o que ten o Pai é meu; por iso dixen que El toma do meu e volo fará saber. 16Un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme.17Entón algúns dos seus discípulos dicíanse uns aos outros: que é isto que nos di: un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme porque Eu vou ao Pai? 18Por iso dicían: que é isto que di: un pouco? Non sabemos de que fala.19Xeús sabía que querían preguntarlle, e díxolles: -Estades discutindo entre vós sobre isto, porque dixen: un pouco máis, e non me veredes, e de novo un pouco, e verédesme? 20En verdade vos digo que choraredes e lamentarédesvos, pero o mundo se alegrará; estaredes tristes, pero a vosa tristeza hase converter en ledicia. 21Cando unha muller está no parto, ten abatemento, porque chegou a súa hora; pero cando nace o meniño, xa non se lembra da anguria, pola ledicia de que unha persoa teña nacido no mundo.22Por tanto vós agora tamén tendes aflición; pero Eu vereivos outra vez, e o voso corazón alegrarase, e ninguén vos tirará o gozo. 23Naquel día non me preguntaredes nada: con toda verdade volo aseguro, se pedides algo ao Pai, darávolo no meu nome. 24Até agora nada pedistes no meu nome; pedide e recibiredes, para que o vosa ledicia sexa completa.25Faleivos estas cousas en linguaxe figurado; está a chegar a hora cando nos vos falarei en linguaxe figurado senón que vos falarei do Pai claramente.26Nese día pediredes no meu nome, e non vos digo que Eu rogarei ao Pai por vós, 27pois o Pai mesmo ámavos, porque vós amástesme e crestes que Eu saín de Deus. 28Saín do Pai e vin ao mundo; outra vez deixo o mundo e vou ao Pai.29Os seus discípulos dixéronlle: -Velaí que agora falas claramente e non empregas linguaxe figurado. 30Agora entendemos que Ti sabes todas as cousas, e non precisas que ninguén che pregunte; por iso cremos que Ti viñeches de Deus. 31Xesús respondeulles: -Agora credes?32Mirade, a hora vén, e xa chegou, en que seredes dispersos, cada un polo seu lado, e deixarédesme só; e aínda así non estou só, porque o Pai está comigo. 33Estas cousas faleivos para que teñades paz en min. No mundo teredes moita dor; pero confiade, Eu vencín o mundo.
1Xesús falou estas cousas, e levantando os ollos ao ceo, dixo: -Pai, a hora chegou; glorifica o teu Fillo, para que o Fillo te glorifique a ti, 2como lle deches autoridade sobre toda carne para que dea vida eterna a todos os que ti lle deches.3E esta é a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a Xesús Cristo, a quen mandaches. 4Eu glorifiqueite na terra, rematando a obra que me deches para facer. 5E agora glorifícame ti, Pai, xunto a ti, coa gloria que tiña contigo antes que o mundo existira.6Manifestei o teu nome a aqueles que do mundo me deches; eran teus e déchesmos, e gardaron a túa palabra. 7Agora coñeceron que todo o que me deches vén de ti, 8porque Eu deilles as palabras que me deches; e recibíronas, e entenderon que en verdade saín de ti, e creron que ti me mandaches.9Eu rogo por eles; non rogo polo mundo, senón polos que me deches; porque son teus; 10e todo o meu é teu, e o teu, meu; e fun glorificado neles. 11Xa non estou no mundo, pero eles si están no mundo, e Eu vou a ti. Pai santo, gárdaos no teu nome, o nome que me deches, para que eles sexan un, así como somos nós.12Cando estaba con eles, gardábaos no teu nome, o nome que me deches; gardeinos e ningún se perdeu, agás o fillo de perdición, para que a Escritura se cumprira. 13Pero agora vou a ti; e digo estas cousas no mundo para que teñan o meu gozo pleno en si mesmos. 14Eu deilles a túa palabra e o mundo aborreceunos, porque non son do mundo, como tampouco Eu son do mundo.15Non che rogo que os tires do mundo, senón que os gardes do maligno. 16Eles non son do mundo, como tampouco Eu son do mundo. 17Santifícaos na verdade; a túa palabra é verdade.18Coma ti me mandaches ao mundo, Eu tamén os mandei ao mundo. 19E por eles santifícome, para que eles tamén sexan santificados na verdade.20Mais non rogo só por estes, senón tamén polos que han de crer en min pola palabra deles, 21para que todos sexan un coma ti, Pai, estás en min e Eu en ti, que tamén eles estean en nós, para que o mundo crea que ti me mandaches.22Deilles a gloria que me deches, para que sexan un, así como nós somos un: 23Eu neles e ti en min, para que sexan perfeccionados en unidade, para que o mundo saiba que ti me mandaches, e que os amaches así como me amaches a min.24Pai, quero que os que me deches, estean comigo onde Eu estou, para que vexan miña gloria, a gloria que me deches; porque me amaches dende antes da fundación do mundo.25Pai xusto, aínda que o mundo non te coñeceu, Eu coñecinte, e estes coñeceron que ti me mandaches. 26Eu deilles a coñecer o teu nome, e dareino a coñecer, para que o amor con que me amaches estea neles e Eu neles.
1Despois de dicir isto, Xesús saíu cos seus discípulos ao outro lado da fervenza do Cedrom, onde había unha horta, na que entrou El cos seus discípulos. 2Tamén Xudas, o que o ía traizoar, coñecía o lugar, porque Xesús reunírase alí a miúdo cos seus discípulos. 3Entón Xudas, recibindo a unha tropa romana, e a varios oficiais dos principais sacerdotes e dos fariseos, foi alí con lanternas, fachóns e armas.4Xesús, sabendo todas as cousas que virían sobre El saíu e díxolles: -A quen buscades? 5Eles respondéronlle: -A Xesús Nazareno. El díxolles: -Eu Son. E Xudas, o que o traizoaba, estaba con eles.6E cando El lles dixo: Eu son, recuaron e caeron en terra. 7Xesús entón preguntoulles outra vez: -A quen buscades? E eles dixeron: -A Xesús Nazareno.8Respondeu Xesús: -Díxenvos que Eu Son; daquela, se me buscades a min, deixade ir a estes; 9para que se cumprira a palabra que dixera: "Dos que me deches, non perdín ningún".10Entón Simón Pedro, que tiña unha espada, sacouna e feriu o servo do sumo sacerdote, e cortoulle a orella dereita. O servo chamábase Malco. 11Xesús entón díxolle a Pedro: -Envaíña a espada. A copa que o Pai me deu, acaso non a hei beber?12Entón a tropa romana, o comandante e os oficiais dos xudeus prenderon a Xesús e atárono, 13e levárono primeiro ante Anás, porque era sogro de Caifás, que era sumo sacerdote ese ano. 14E Caifás era o que aconsellara aos xudeus que conviña que un home morrese polo pobo.15E Simón Pedro seguía a Xesús, e tamén outro discípulo. Este discípulo era coñecido do sumo sacerdote, e entrou con Xesús ao patio do sumo sacerdote, 16pero Pedro estaba fóra, á porta. Así que o outro discípulo, que era coñecido do sumo sacerdote, saíu e falou á porteira, e fixo entrar a Pedro.17Entón a criada que coidaba a porta dixo a Pedro: -Non es ti tamén un dos discípulos deste home? E díxolle: -Non o son. 18E os servos e os oficiais estaban de pé quentándose xunto unhas brasas que encenderan porque ía frío; e Pedro estaba a quentarse alí de pé con eles.19Entón o sumo sacerdote interrogou a Xesús sobre os seus discípulos e as súas ensinanzas. 20Xesús respondeulle: -Eu faleille ao mundo abertamente, sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan todos os xudeus, e nada falei en segredo. 21Por que me preguntas a min? Pregúntalles os que escoitaron o que falei; velaí, estes saben o que dixen.22Cando dixo isto, un dos oficiais alí presentes, deulle unha labazada a Xesús, dicindo: -Así lle respondes ao sumo sacerdote? 23Xesús respondeulle: -Se falei mal, dá testemuño do que falei mal; pero se falei ben, por que me bates? 24Anás mandouno atado a Caifás, o sumo sacerdote.25Simón Pedro estaba de pé, quentándose; entón dixéronlle: -Non es ti tamén un dos seus discípulos? El negouno e dixo: -Non o son. 26Un dos servos do sumo sacerdote, parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, dixo: -Non te vin eu no xardín con El? 27E Pedro negouno outra vez, e nese intre cantou un galo.28De seguida levaron a Xesús dende a casa de Caifás ao Pretorio. Era pola mañá cedo. E eles non entraron no Pretorio para non se contaminar e poder comer a Pascua. 29Pilato entón saíu fóra cara eles e díxolles: -Que acusación traedes contra este home? 30Eles respondéronlle: -Se este home non fose malfeitor, non cho teriamos traído.31Entón Pilato díxolles: -Levádeo vós e xulgádeo conforme a vosa lei. Os xudeus dixéronlle: -Non se nos permite dar morte a ninguén. 32(Para que se cumprira a palabra que Xesús falara, dando a entender de que morte ía morrer).33Entón Pilato volveu entrar no Pretorio, e chamou a Xesús e díxolle: -Es ti o Rei dos xudeus? 34Xesús respondeu: -Isto dilo pola túa conta ou porque outros cho dixeron de min? 35Pilato respondeu: -Acaso son eu xudeu? A túa nación e os principais sacerdotes entregáronte a min. Que fixeches?36Xesús respondeu: -O meu reino non procede deste mundo. Se o meu reino procedese deste mundo, entón os meus servidores pelexarían para que Eu non fose entregado aos xudeus; porén o meu reino non procede de aquí. 37Pilato entón díxolle: -Así que ti es rei? Xesús respondeu: -Ti dis que son rei. Para isto nacín e para isto vin ao mundo, para dar testemuño da verdade. Todo o que é da verdade escoita a miña voz.38Pilato preguntoulle: -Que é a verdade? E dicindo isto, saíu outra vez cara os xudeus e díxolles: eu non atopo ningún delito nel. 39Pero é costume entre vós que vos solte un na Pascua. Queredes, pois, que vos solte o Rei dos xudeus? 40Entón berraron outra vez dicindo: a este non, senón a Barrabás! E Barrabás era un bandido.
1Pilato, pois, colleu a Xesús e azoutouno. 2E os soldados entreteceron unha coroa de espiñas, puxérona na súa cabeza e vestírono cun manto de cor púrpura; 3e achegándose a El, dicíanlle: Salve, Rei dos xudeus! E dábanlle labazadas.4Pilato saíu outra vez, e díxolles: -Velaí, tráiovolo fóra, para que saibades que non atopo ningún delito nel. 5Xesús entón saíu fóra levando a coroa de espiñas e o manto purpúreo. E Pilato díxolles: -Velaí o Home! 6Entón, cando o viron os principais sacerdotes e os oficiais, berraron dicindo: -Crucifícao! -Crucifícao! Pilato díxolles: -Collédeo vós e crucificádeo, porque eu non atopo ningún delito nel.7Os xudeus respondéronlle: -Nós temos unha lei, e segundo esa lei El debe morrer, por se facer a si mesmo Fillo de Deus. 8Cando Pilato escoitou estas palabras, colleu máis medo. 9Entrou de novo no Pretorio e díxolle a Xesús: -De onde es ti? Pero Xesús non lle deu resposta.10Pilato entón díxolle: -Non me falas a min? Non sabes que teño autoridade para te soltar, e que teño autoridade para te crucificar? 11Xesús respondeu: -Ningunha autoridade terías sobre min se non che fose dada de arriba; por iso o que me entregou a ti, ten maior pecado.12Como resultado disto, Pilato procuraba soltalo, pero os xudeus berraban, dicindo: -Se soltas a este, non es amigo do César! Todo o que se fai rei oponse ao César. 13Entón Pilato, cando escoitou estas palabras, sacou fóra a Xesús e sentouno no tribunal, nun lugar chamado o Empedrado, e no hebreo Gabata.14E era o día da Preparación da Pascua; era como a hora sexta. E Pilato dixo aos xudeus: -Velaí o voso rei! 15Entón eles berraron: -Fóra! Fóra! Crucifícao! Pilato díxolles: -Crucificarei o voso rei? Os principais sacerdotes responderon: -Non temos máis rei có César! 16Así que entón entregoullelo para que fose crucificado.17Colleron, pois, a Xesús e El saíu cargando a súa cruz ao lugar chamado da Caveira, que en hebreo dise Gólgota, 18onde o crucificaron, e con El a outros dous, un de cada lado e Xesús no medio.19Pilato tamén escribiu un título e púxoo sobre a cruz. E estaba escrito: Xesús o Nazareno, Rei dos xudeus. 20Entón moitos xudeus leron este título, porque estaba escrito en hebreo, en latín e en grego.21Por iso os principais sacerdotes dos xudeus dicían a Pilato: non escribas, Rei dos xudeus; senón que El dixo: Eu son o rei dos xudeus. 22Pilato respondeu: o que escribín, escrito está.23Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, colleron os seus vestidos e fixeron catro partes, unha para cada soldado. E colleron tamén a túnica; e a túnica era sen costura, tecida nunha soa peza. 24Entón dixéronse uns aos outros: non a imos partir; senón botemos sortes sobre ela, para ver de quen será; para que se cumprira a Escritura: "Repartiron entre si as miñas vestiduras, e sobre a miña roupa lanzaron sortes".25Por iso os soldados fixeron isto. E ao pé da cruz de Xesús estaba a súa nai, a irmá da súa nai, María, a muller de Cleofas, e María Magdalena. 26E cando Xesús viu a súa nai, e o discípulo a quen El amaba que estaba alí ao lado, díxolle a súa nai: -Muller, velaí o teu fillo! 27Logo díxolle ao discípulo: -Velaí a túa nai! E dende aquela hora o discípulo recibiuna na súa casa.28Despois disto, sabendo Xesús que xa todo se consumara, para que se cumprira a Escritura, dixo: -Teño sede. 29Había alí un vaso cheo de vinagre; colocaron, pois, unha esponxa mergullada no vinagre nun ramal de hisopo, e achegáronllo á boca. 30Entón Xesús, cando tomou o vinagre, dixo: -Consumado é! E abaixando a cabeza, entregou o espírito.31Os xudeus entón, como era o día da Preparación para a Pascua, a fin de que os corpos non ficaran na cruz o día de repouso (porque ese día de repouso era moi solemne), pedíronlle a Pilato que lles quebrasen as pernas e que os levaran. 32Foron, pois, os soldados e quebraron as pernas do primeiro, e tamén as do outro que fora crucificado con Xesús; 33pero cando chegaron a Xesús, como viron que estaba morto, non lle quebraron as pernas.34Pero un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza, e ao momento saíu sangue e auga. 35E o que o viu deu testemuño; e o seu testemuño é verdadeiro; e el sabe que di a verdade, para que vós tamén creades.36Porque isto aconteceu para que se cumprira a Escritura: "Ningún dos seus ósos será quebrado". 37E tamén outra Escritura di: "Han ollar ao que traspasaron".38Despois destas cousas, Xosé de Arimatea, que era discípulo de Xesús, inda que en segredo por medo aos xudeus, pediu permiso a Pilato para levar o corpo de Xesús. 39E Nicodemo, o que antes viñera a Xesús de noite, veu tamén, traendo unha mestura de mirra e áloes, como de cen libras.40Entón levaron o corpo de Xesús e envolvérono en lenzos de liño coas especias aromáticas, como os xudeus acostuman sepultar. 41No lugar onde foi sepultado había unha horta, e na horta un novo sepulcro, no que aínda non tiñan sepultado a ninguén. 42Polo tanto, por causa do día da Preparación dos xudeus, como o sepulcro estaba preto, puxeron alí a Xesús.
1E o primeiro día da semana María Magdalena foi cedo ao sepulcro, cando aínda estaba escuro, e viu que a pedra xa fora quitada do sepulcro. 2Entón correu e foi a Simón Pedro e ao outro discípulo a quen Xesús amaba, e díxolles: -Leváronse o Señor do sepulcro, e non sabemos onde o puxeron.3Saíron, pois, Pedro e o outro discípulo, e foron cara o sepulcro. 4Os dous corrían xuntos, pero o outro discípulo correu máis a presa ca Pedro, e chegou primeiro ao sepulcro; 5e abaixándose para mirar adentro, viu as envolturas de liño alí estiradas, pero non entrou.6Entón chegou tamén Simón Pedro que ía tras del, e entrando no sepulcro viu as envolturas de liño alí estiradas, 7e o sudario que estivera na cabeza de Xesús, non colocado coas envolturas de liño, senón enrolado nun lugar aparte.8Entón entrou tamén o outro discípulo, o que chegara primeiro ao sepulcro, e viu e creu. 9Porque aínda non creran a Escritura, que lle era necesario resucitar de entre os mortos. 10Os discípulos entón volveron cos seus.11Pero María estaba fóra, chorando a carón do sepulcro; e mentres choraba, abaixouse e mirou dentro do sepulcro; 12e viu dous anxos vestidos de branco, sentados onde estivera o corpo de Xesús, un á cabeceira e outro aos pés. 13E eles dixéronlle: -Muller por que choras? Ela díxolles: -Porque leváronse ao meu Señor, e non sei onde o puxeron.14Ao dicir isto, volveuse e viu a Xesús que estaba alí, pero non sabía que era Xesús. 15Xesús díxolle: -Muller por que choras? A quen buscas? Ela, pensando que era o xardineiro, díxolle: -Señor, se o levaches ti, dime onde o puxeches, e eu levareino.16Xesús díxolle: -María! Ela, volvéndose, díxolle en arameo: -Raboni! (que quere dicir, Mestre). 17Xesús díxolle: -Sóltame porque aínda non subín ao Pai; pero vai aos meus irmáns, e dilles: subo para o meu Pai e para o voso Pai, para o meu Deus e para o voso Deus. 18Foi María Magdalena e anunciou aos discípulos: -Vin o Señor! E que El lle dixera estas cousas.19Entón, no solpor daquel día, o primeiro da semana, e estando pechadas as portas do lugar onde os discípulos estaban por medo dos xudeus, Xesús veu e púxose en medio deles, e díxolles: -Paz a vós. 20E dicindo isto mostroulles as mans e o costado. Entón os discípulos alegráronse ao ver o Señor.21Xesús entón, díxolles outra vez: -Paz a vós; como o Pai me mandou, así vos mando Eu. 22Despois de dicir isto, soprou e díxolles: -Recibide o Espírito Santo. 23A quen perdoedes os pecados, fóronlle perdoados; a quen reteñades os pecados, fóronlle retidos.24Tomás, un dos doce, chamado o Dídimo, non estaba con eles cando Xesús veu. 25Entón os outros discípulos dixéronlle: -Vimos o Señor! Pero el dixo: -Se non vexo nas súas mans o sinal dos cravos, e meto o dedo no lugar dos cravos, e poño a miña man no seu costado, non crerei.26Oito días despois, os seus discípulos estaban outra vez dentro, e Tomás con eles. E estando as portas pechadas, Xesús veu e púxose no medio deles, e dixo: -Paz a vós. 27Logo, dixo a Tomás: -Achega aquí o teu dedo, e olla as miñas mans; estende aquí a túa man e métea no meu costado; e non sexas incrédulo, senón crente.28Respondeu Tomás e díxolle:-Meu Señor e meu Deus! Xesús díxolle: -Porque me viches, criches? 29Felices os que non viron, e porén creron.30E moitos outros sinais fixo tamén Xesús en presenza dos seus discípulos, que non están escritas neste libro; 31pero escribíronse estas cousas para que creades que Xesús é o Unxido, o Fillo de Deus; e para que crendo, teñades vida no seu nome.
1Despois disto, Xesús manifestouse outra vez aos discípulos xunto ao mar de Tiberias e manifestouse deste xeito: 2estaban xuntos Simón Pedro, Tomás chamado Dídimo, Natanael de Caná de Galilea, os fillos de Zebedeo e outros dous dos seus discípulos. 3Simón Pedro díxolles: -Vou pescar. Eles dixéronlle: -Tamén imos nós contigo. Foron e entraron no bote, e aquela noite non pescaron nada.4No abrente do día, Xesús estaba na praia; pero os discípulos non sabían que era Xesús. 5Entón Xesús díxolles: -Fillos, non teredes algún peixe? Respondéronlle: -Non. 6E El díxolles: -Botade a rede ao lado dereito do bote, e atoparedes peixes. Entón botárona, e non podían sacala porque había gran cantidade de peixes.7Entón aquel discípulo a quen Xesús amaba, díxolle a Pedro: -É o Señor! Sentindo, pois, Simón Pedro que era o Señor, vestiuse ( porque tirara a roupa para poder traballar), e botouse ao mar. 8Pero os outros discípulos viñeron no bote, porque non estaban lonxe de terra, senón a uns cen metros, arrastrando a rede chea de peixes. 9Entón, cando baixaron a terra, viron as brasas xa postas, e un peixe colocado nelas, e pan.10Xesús díxolles: -Traede algúns dos peixes que pescastes agora. 11Simón Pedro subiu ao bote, e sacou a rede para a terra, chea de peixes grandes, cento cincuenta e tres; e aínda que había tantos, a rede non rachou.12Xesús díxolles: -Vide e almorzade. Ningún dos discípulos se atreveu a preguntarlle: -Quen vés sendo? Sabendo que era o Señor. 13Xesús veu, tomou o pan e deullelo; e fixo igual co peixe. 14Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou aos discípulos, resucitado dos mortos.15Entón, cando remataron o almorzo, Xesús dixo a Simón Pedro: -Simón, fillo de Xoán, ámasme máis ca estes? Pedro díxolle: -Si Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: -Alinda os meus cordeiros. 16E volveulle dicir por segunda vez:-Simón, fillo de Xoán, ámasme? Pedro díxolle: -Si Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: -Pastorea as miñas ovellas.17Díxolle por terceira vez: -Simón, fillo de Xoán, quéresme? Pedro entristeceu porque na terceira vez díxolle: quéresme? E respondeulle: -Señor ti sábelo todo; ti sabes que te quero. Xesús díxolle: -Alinda as miñas ovellas. 18Dígoche en verdade, cando eras máis novo, vestíaste e andabas por onde querías; pero cando sexas vello, estenderás as mans e outro hate vestir, e levarate onde non queiras.19Isto díxoo, dando a entender o tipo de morte con que Pedro glorificaría a Deus. E despois de dicir isto díxolle: -Sígueme.20Pedro, virándose, viu que os seguía o discípulo a quen Xesús amaba, o que na cea se recostara sobre o peito de Xesús e dixera: Señor, quen é o que te vai entregar? 21Entón Pedro ao velo dixo a Xesús: -Señor, e este que?22Xesús díxolle: -Se Eu quero que el quede ata que Eu veña, a ti que? Ti, sígueme. 23Por iso correu entre os irmáns o conto de que o discípulo non morrería; pero Xesús non lle dixo que non morrería, senón: se Eu quero que se quede ata que Eu veña, a ti que?24Este é o discípulo que dá testemuño destas cousas e o que escribiu isto, e sabemos que o seu testemuño é verdadeiro. 25Hai tamén moitas outras cousas que Xesús fixo, que se se escribiran polo miúdo, penso que os libros que se habían escribir non caberían nin en todo o mundo.
1O primeiro relato que che escribín, Teófilo, falaba de tódalas cousas que Xesús comezou a facer e ensinar, 2ata o día no que foi recibido arriba, logo de dar instrucións polo Espírito Santo aos apóstolos que escollera. 3A estes, tamén, despois do seu padecemento, presentouse vivo con moitas probas indubidables, aparecéndoselles por corenta días e falándolles das cousas do reino de Deus.4E estando con eles, mandoulles que non saíran de Xerusalém, senón que agardaran a promesa do Pai: a que, lles dixo, oístes de min; 5pois Xoán bautizou con auga, pero vós seredes bautizados co Espírito Santo de aquí a poucos días.6Entón os que estaban reunidos, preguntábanlle, dicindo: -Señor, restablecerás neste tempo o reino a Israel? 7El díxolles: -Non é de voso saber os tempos nin as ocasións que o Pai acordou pola súa propia autoridade; 8pero recibiredes poder cando o Espírito Santo veña sobre vós; e me seredes testemuñas en Xerusalém, en toda a Xudea e a Samaria, e mesmo ata os confíns da terra.9Logo de dicir estas cousas, foi alzado á vista deles, e unha nube ocultouno dos seus ollos. 10E mirando fixamente ao ceo mentres El ascendía, aconteceu que se lles presentaron dous varóns con vestiduras brancas, 11que lles dixeron: -Galileos, por que estades a mirar ao ceo? Este mesmo Xesús, que foi tomado de entre vós cara o ceo, volverá do mesmo xeito, así como o vistes ir camiño ao ceo.12Entón regresaron a Xerusalém dende o monte das Oliveiras, que está preto de Xerusalém, camiño dun día de repouso. 13Entrando na vila, subiron ao apousento que tiñan no piso superior onde estaban aloxados Pedro, Xoán, Xacobe e Andrés, Felipe e Tomás, Bartolomé e Mateo, Xacobe fillo de Alfeo, Simón o Zelote e Xudas, fillo de Xacobe. 14Todos eles estaban unánimes, adicados á oración xunto coas mulleres e María, a nai de Xesús, e os seus irmáns.15Por aquel tempo Pedro ergueuse no medio dos irmáns (un grupo como de cento vinte persoas que estaban alí reunidas) e dixo: 16-Varóns irmáns, era necesario que tivera cumprimento a escritura que predixo o Espírito Santo por boca de David sobre Xudas, o que guiou aos que prenderon a Xesús.17Porque era dos nosos e tivera parte neste ministerio. 18(Este, de feito, fíxose cun campo cos cartos da súa maldade e caendo de cabeza, rebentou polo medio, e tódalas súas tripas quedaron espalladas pola eira. 19Tal cousa foi sabida por todos os que vivían en Xerusalém, de maneira que aquel lugar foi nomeado na súa propia lingua Acéldama, que ven sendo así como un campo pequeno de sangue).20Pero está escrito nos Salmos: "Que sexa feita deserta a súa morada, e non haxa quen habite nela; e: que outro tome o seu cargo".21Polo tanto é necesario, que de todos os homes que nos acompañaron o tempo todo que o Señor Xesús viviu entre nós, 22dende o bautismo de Xoán, ata o día que foi recibido arriba de entre nós, sexa un constituido testemuña da súa resurreción xunto con nós. 23E propuxeron a dous: Xosé, chamado Barsabás, de sobrenome Xusto, e Matías.24E orando dixeron: -Ti, Señor, que coñeces o corazón de todos, indícanos a cal destes dous escolliches 25para que ocupe este ministerio apostólico, do que Xudas se extraviou para ir camiño a onde lle correspondía. 26Botáronlles sortes, e caeu a sorte en Matías, e foi contado xunto cos once apóstolos.
1Cando chegou o día de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo lugar. 2De súpeto, veu un ruído do ceo coma o dun refacho de vento forte que encheu a casa onde estaban sentados 3e se lles apareceron linguas coma de lume que, repartíndose, pousaron sobre cada un deles. 4Todos foron cheos do Espírito Santo e comezaron a falar noutras linguas, segundo o Espíritu lles concedía para expresarse.5Había xudeus que vivían en Xerusalém, homes piadosos, procedentes de tódalas nacións da terra. 6E ao facerse este estrondo, xuntouse unha multitude; e estaban desconcertados porque cada un ouvíaos falar na súa propia lingua. 7Estaban asombrados e marabillados, dicindo: -Mirade, non son galileos todos estes que están falando?8Como é que cada un de nós os oe falar na nosa lingua natal? 9Partos, medos e elamitas, habitantes da Mesopotamia, da Xudea, da Capadocia, do Ponto e da Asia, 10da Frixia e de Panfilia, de Exipto e das rexións de Libia ao derredor de Cirene, e os de Roma, forasteiros, 11tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e árabes, lles ouvimos falar nas nosas linguas das marabillas de Deus.12Todos estaban asombrados e admirados, dicíndose uns a outros: -Que quer dicir isto? 13Mais outros facían burla e dicían: -Están cheos de viño.14Entón Pedro, poñéndose en pé cos once, levantou a voz e díxolles: -Varóns xudeus e todos os que vivides en Xerusalém, entendede ben e prestade atención ás miñas palabras! 15Porque non están bébedos como pensades, xa que é a hora terceira do día.16Senón que isto é o que dixera o profeta Xoel: 17"E acontecerá nos últimos días - di Deus - que derramarei do meu Espírito sobre toda carne; e os vosos fillos e as vosas fillas profetizarán, os vosos mozos verán visións e os vosos anciáns terán soños;18e de certo derramarei do meu Espírito sobre os meus servidores e as miñas servidoras neses días, e profetizarán. 19E farei marabillas enriba no ceo e sinais embaixo na terra: sangue, lume e columna de fume.20E o sol ha tornar en tebras e a lúa en sangue, antes de que veña o día grande e glorioso do Señor. 21E acontecerá que todo aquel que invoque o nome do Señor será salvo".22Israelitas, escoitade estas palabras: Xesús o Nazareno, home confirmado por Deus entre vós por milagres, prodixios e sinais que Deus fixo por medio del entre vós, tal e como sabedes, a este, 23entregado polo plan predeterminado e co coñecemento previo de Deus, matástelo a mans de impíos, crucificándoo; 24a quen Deus resucitou, liberándoo das dores da morte, xa que non era posible que El quedase preso dela.25Porque David di del: "Vía continuamente ao Señor na miña presenza; pois está á miña dereita para que eu non sexa conmovido. 26Polo que o meu corazón se alegrou e a miña lingua brincou de gozo; e aínda ata a miña carne descansará en esperanza;27Pois ti non abandonarás a miña alma no Hades nin permitirás que o teu santo vexa corrupción. 28Fixéchesme coñecer os camiños da vida; e encherasme de gozo coa túa presenza".29Irmáns, pódovos dicir con toda seguridade do patriarca David que morreu e foi sepultado, e o seu sepulcro está entre nós ata o día de hoxe. 30Mais como era profeta , e sabía que Deus lle prometera sentar a un dos seus descendentes no seu trono, 31adiantouse a ver o futuro e falou da resurrección de Cristo, que non foi abandonado no Hades, nin a súa carne viu corrupción.32A este Xesús, Deus resucitouno, do que todos nós somos testemuñas. 33Así que, exaltado á dereita de Deus, e recibindo do Pai a promesa do Espírito Santo, derramou isto, que vós vedes e escoitades.34Porque David non ascendeu aos ceos, pero el mesmo di: "Dixo o Señor ao meu Señor: senta á miña dereita, 35ata que poña os teus inimigos como estrado dos teus pés". 36Saiba, entón, con certeza toda a casa de Israel, que Deus fixo Señor e Cristo a este Xesús a quen vós crucificastes.37Ao escoitaren isto, compunxidos de corazón, dixéronlle a Pedro e aos demais apóstolos: -Irmáns, que faremos? 38E Pedro díxolles: -Arrepentídevos e bautizádevos cada un de vós no nome de Xesús Cristo para perdón dos vosos pecados, e recibiredes o don do Espírito Santo. 39Porque a promesa é para vós e para os vosos fillos e para todos os que están lonxe, para tantos como o Señor o noso Deus chame.40E con moitas outras palabras testificaba e exhortábaos dicindo: salvádevos desta xeración malvada. 41Entón os que recibiron a súa palabra foron bautizados e foron engadidas naquel día arredor de tres mil persoas. 42E perseveraban nas ensinanzas dos apóstolos, na participación, no partimento do pan e nas oracións.43E o temor apoderouse de todos eles, porque os apóstolos facían moitos prodixios e sinais milagrosos. 44Todos os que creran estaban xuntos e tiñan tódalas cousas en común, 45e vendían as propiedades e os bens e compartíanos con todos, segundo a necesidade de cada un.46E perseveraban xuntos cada día no templo, partindo o pan nas casas, compartían a comida xuntos con ledicia e humildade corazón, 47louvaban a Deus e eran ben vistos polo pobo. Cada día o Señor engadía o número dos que ían sendo salvos.
1Certo día Pedro e Xoán subían ao templo á hora da oración, á hora novena. 2E había un home coxo de nacemento ao que cada día levaban para poñelo á porta do templo chamada a Fermosa, para que pedira esmola ás persoas que entraban no templo. 3E vendo a Pedro e a Xoán que ían entrar no templo, pediulles esmola.4Entón Pedro, xunto con Xoán, fixando os ollos nel, díxolle: -Míranos! 5Pero el mirábaos, agardando recibir algo deles. 6Mais Pedro díxolle: -Non teño prata nin ouro, pero o que teño, doucho. No nome de Xesús Cristo o nazareno, camiña!7E colléndoo da man dereita, levantouno; e de súpeto os seus pés e os seus nocellos foron fortalecidos, 8e dun chimpo, o coxo parouse e camiñaba. Entrou ao templo camiñando canda eles, brincando e louvando a Deus.9E todo o pobo o viu camiñar e louvar a Deus, 10e decatáronse que era o mesmo que estaba sentado a recibir esmolas na porta do templo, a Fermosa, e abraiáronse e enchéronse de admiración polo que lle acontecera.11Namentres el se agarraba de Pedro e Xoán, todo o pobo perplexo en gran maneira, correu ao pórtico chamado de Salomón, onde estaban eles. 12Ao ver Pedro isto, díxolle ao pobo: -Varóns israelitas, por que vos marabillades disto, ou por que nos mirades así, coma se fose por nós, polo noso propio poder ou piedade, que o fixésemos camiñar?13O Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, o Deus dos nosos pais, glorificou o seu servo Xesús, a quen vós entregastes e repudiastes en presenza de Pilato, cando el xa acordara deixalo libre. 14Pero vós negastes ao Santo e Xusto, e pedistes que se vos concedera un asasino,15e matastes ao Autor da Vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos, e nós somos testemuñas diso. 16E pola fe no seu nome, ese mesmo nome que fortaleceu a este a quen vedes e coñocedes, esa fe que vén por El, foi a que lle deu a sanidade completa diante vosa.17E agora, irmáns, eu sei que o fixestes por ignorancia, o mesmo que tamén fixeron os vosos gobernantes. 18Pero Deus cumpriu as cousas que anunciou de antemán pola boca de tódolos profetas: que o seu Unxido debería sufrir.19Polo tanto, arrepentídevos e volvédevos a el, para que os vosos pecados sexan borrados para que veñan tempos de refrixerio dende o rostro do Señor; 20e El mande ao Mesías que vos foi anunciado, a Xesús,21a quen é preciso que o ceo reciba ata os tempos da restauración de tódalas cousas, das que Deus falou dende os primeiros tempos pola boca dos seus santos profetas. 22Abofé que Moisés dixo: "O Señor Deus, levantaravos Profeta de entre vosos irmáns, coma min. Habédelo oír en tódalas cousas que vos diga. 23E acontecerá que toda persoa que non escoite a aquel Profeta será desarraigada do pobo".24E así mesmo tódolos profetas que falaron dende Samuel e os que viñeron despois del, todos eles anunciaron tamén estes días. 25Vós sodes os fillos dos profetas e do pacto que Deus fixo cos vosos pais, ao dicirlle a Abraham: "E na túa semente todas as familias da terra serán benditas". 26Deus, resucitando o seu Servo, mandóuvolo primeiramente a vós, para bendicirvos, para afastarvos a cada un das vosas maldades.
1Mais falándolles eles ao pobo, botáronselles enriba os sacerdotes, o capitán da garda do templo, e os saduceos, 2amolados, porque ensinaban ao pobo, e anunciaban en Xesús a resurrección dos mortos. 3Botáronlles a man e puxéronos baixo custodia ata o día seguinte, xa que se estaba facendo tarde. 4Pero moitos dos que escoitaran a mensaxe, creron, chegando a ser como cinco mil homes.5Ao día seguinte reuníronse en Xerusalém os seus gobernantes, anciáns e escribas; 6E Anás, o sumo sacerdote, e Caifás, e Xoán e Alexandre, e todos os que eran da linaxe dos sumos sacerdotes. 7E poñéndoos no medio deles, estaban a preguntarlles: -Con que poder, ou en que nome, fixestes isto?8Entón Pedro, cheo do Espírito Santo, díxolles: -Gobernantes do pobo e anciáns, 9dado que se nos está a interrogar por mor do beneficio feito a un home enfermo que foi curado, 10sabede todos vós, e todo o pobo de Israel, que foi no nome de Xesús o Nazareno, o Mesías, a quen vós crucificastes e a quen Deus resucitou de entre os mortos, por El, e que podedes ver curado a este home diante vosa.11Éste é a pedra desprezada por vosoutros os construtores, e que se converteu en cabeza angular. 12E en ningún outro hai salvación, porque non hai outro nome dado ás persoas, debaixo do ceo, no que poidamos ser salvos.13Ao veren o valor de Pedro e de Xoán, decatándose de que eran homes sen letras nin preparación, quedaban abraiados, e recoñecían que era porque eles estiveran con Xesús. 14E vendo en pé onda eles ao home que fora curado, non podían contradicilos en nada.15Entón mandáronos fóra do consello, e deliberaban entre eles, 16dicindo: -Que faremos con estes homes? Porque certamente este milagre notable foi feito por medio deles, manifesto en toda Xerusalém, e non podemos negalo. 17Pero para que non se espalle máis entre o pobo, ameacémolos para que non falen a ninguén máis nese nome. 18Chamáronos e prohibíronlles falar ou ensinar no nome de Xesús.19Pero Pedro e Xoán respondendo, dixeron: -Xulgade vós mesmos se é xusto aos ollos de Deus obedecervos a vós antes que a El; 20porque nós non podemos calar o que vimos e escoitamos.21Entón eles, logo de ameazalos de novo, deixáronos ir, non vendo maneira de castigalos, por mor do pobo, porque todos glorificaban a Deus polo acontecido; 22porque o home que recibira este milagre de sanidade tiña máis de corenta anos.23Cando foron postos en liberdade, foron xunto aos seus e contáronlles todo o que os sumos sacerdotes e os anciáns lles dixeran. 24Ao oír tales cousas, todos á vez levantaron a voz a Deus e dixeron: -Señor Soberano, ti es quen fixeches o ceo e a terra, o mar e todo o que hai neles, 25o que polo Espírito Santo, por boca do noso pai David, o teu servo, dixeches: "Por que se rebelan as nacións, e a xente pensa en cousas baleiras?26Xuntáronse os reis da terra e reuníronse os gobernantes a unha contra o Señor e contra o seu Unxido".27De certo, nesta vila aliáronse tanto Herodes como Poncio Pilato, xuntamente cos xentís e as xentes de Israel, en contra do teu Santo Servo Xesús, a quen unxiches, 28para facer todo o que a túa man e a túa vontade dispuxeron que acontecera.29Agora, Señor, ten en conta as súas ameazas, e permite que os teus servos falen a túa palabra con toda ousadía, 30mentres estendes a túa man para que sexan feitas curacións, milagres e marabillas mediante o nome do teu Santo Servo Xesús. 31E namentres oraban, o lugar onde estaban reunidos, tremeu, e foron todos cheos do Espírito Santo, e falaban a palabra de Deus con afouteza.32A multitude dos que creron eran dun mesmo corazón e unha alma; e ningún consideraba de seu o que posuía, senón que todas as cousas eran de propiedade común. 33Os apóstolos daban testemuña, e con gran poder, da resurreción do Señor Xesús, e había graza abundante sobre todos eles.34Non había ningunha persoa necesitada entre eles, porque todos os que posuían casas ou terras, vendíanas, 35e traían os cartos e poñíanos á disposición dos apóstolos, e eran distribuídos segundo as necesidades de cadaquén.36Entón Xosé, un levita natural de Chipre, ao que tamén chamaban Bernabé (que traducido é fillo de consolación), 37posuía un campo e vendeuno, e trouxo os cartos e púxoos á disposición dos apóstolos.
1Un home chamado Ananías, e a súa muller Safira, vendeu unha propiedade, 2e quedou con parte do prezo sendo a súa muller sabedora; e traendo o resto, púxoa aos pés dos apóstolos.3Mais Pedro dixo: -Ananías, por que encheu Satanás o teu corazón para mentir ao Espírito Santo e quedar con parte do prezo do terreo? 4Namentres non se vendía, non seguía sendo teu? E despois de vendido, non estaba baixo o teu poder? Por que maquinaches este asunto no teu corazón? Non lle mentiches aos homes, senón a Deus. 5Ao ouvir Ananías estas palabras, caeu morto; e veu grande temor sobre todos os que o souberon. 6E os mozos levantáronse e cubrírono; e sacándoo fóra, déronlle sepultura.7Pasadas como unhas tres horas, entrou a súa muller, sen saber o que ocorrera. 8E Pedro preguntoulle: -Dime, vendestes o terreo en tanto? e ela dixo: -Si, ese foi o prezo.9Entón Pedro díxolle: -Por que vos puxestes de acordo para tentar ao Espírito Santo? Mira, os pés dos que sepultaron o teu home están na porta e hante sacar a ti tamén. No mesmo momento, 10ela caeu aos pés del, e expirou. Ao entraren os mozos, atopárona morta, e sacárona e déronlle sepultura xunto ao seu home. 11E veu grande temor sobre toda a igrexa e sobre os que souberon estas cousas.12Ocorrían moitos sinais e prodixios entre o pobo pola man dos apóstolos. Estaban todos xuntos no pórtico de Salomón. 13Mais ningún dos outros ousaba xuntarse con eles. Con todo, o pobo tíñaos en grande estima.14E engadíanse a eles máis e máis crentes no Señor, homes e mulleres, 15ao punto que sacaban aos enfermos ás rúas e botábanos en leitos e padiolas para que ao pasar Pedro, polo menos a súa sombra caera sobre algún deles. 16Tamén a xente das cidades arredor de Xerusalém achegábanse traendo enfermos e atormentados por espíritus inmundos e todos quedaban sanados.17Pero erguéndose o sumo sacerdote e todos os que estaban con el (os da seita dos sacudeos), enchéronse de envexa, 18e botáronlle a man aos apóstolos, e metéronos nun cárcere público.19Pero, un anxo do Señor, de noite, abríullelas portas da cadea, e sacándoos díxolles: 20-Ide, e postos en pé no templo, dáde a coñecer ao pobo tódalas palabras desta Vida. 21Ao oíren isto, entraron no templo ao raiar o sol e ensinaban. Cando chegou o sumo sacerdote mailos que estaban con el, convocaron o concilio e a tódolos anciáns dos fillos de Israel, e mandaron traer aos apóstolos da cadea.22Pero ao iren os oficiais ao cárcere e non dar con eles, deron volta e informaron, 23dicindo: -Atopamos o cárcere pechado con toda seguridade e os gardas parados ás portas, pero cando abrimos, non había ninguén dentro.24Ao escoitaren estas palabras tanto o capitán do templo coma os principais sacerdotes, preguntábanse que sairía de todo aquilo. 25Pero presentouse alguén que lles dixo: -Mirade, os homes que encarcerastes están no templo ensinando o pobo.26Daquela o capitán foi cos oficiais, e tróuxoos pero sen violencia porque tiñan medo de que o pobo os apedrase. 27Cando os trouxeron puxéronos diante do conciliio, e o sumo sacerdote interrogounos, 28dicindo: -Non vos demos ordes estritas sobre o de ensinar neste nome? E velaquí, enchestes Xerusalém coas vosas ensinanzas, e queredes traer sobre nós o sangue deste home.29Respondendo Pedro mailos apóstolos, dixeron: -É preciso obedecer a Deus antes que ás persoas. 30O Deus dos nosos pais resucitou a Xesús, a quen vós matastes, colgándoo nun madeiro. 31A este exaltou Deus á súa man dereita como Príncipe e Salvador, para dar a Israel arrepentimento, e perdón de pecados. 32Nós somos testemuñas destas cousas; e tamén o Espírito Santo, o que Deus deu aos que lle obedecen.33Cando eles escoitaron isto, alporizáronse e querían matalos. 34Pero un fariseo chamado Gamaliel, mestre da lei honrado por todo o pobo, levantouse no sanedrín e mandou que sacaran fóra aos homes por un intre.35E díxolles: -Varóns israelitas, ollo co que vos propoñedes facer a estes homes. 36Porque hai algún tempo levantouse Teudas pretendendo ser alguén, e uniúselle un grupo como de catrocentos homes; pero foi asasinado, e todos cantos lle obedecían foron dispersados e non quedou nada. 37Despois deste, Xudas o galileo, levantouse nos días do censo e instigou o pobo tras del. El tamén pereceu e todos os que lle obedeceran foron dispersados.38Agora dígovos: -Alonxádevos destes homes e deixádeos, porque se este plan ou esta obra é humana, esvaecerase, 39pero se é de Deus, non poderedes destruílos; non sexa que vos atopedes loitando contra Deus.40E foron persuadidos por el e chamando os apóstolos, azoutáronos e mandáronlles que non falasen no nome de Xesús, e deixáronos ir. 41Así pois, eles saíron do sanedrín ledos de seren tidos por dignos de sufrir deshonra polo Nome . 42E cada día, no templo e de fogar en fogar, non deixaban de ensinar e anunciar que Xesús é o Mesías.
1Por aqueles días, cando o número dos discípulos se multiplicaban, xurdiu unha queixa dos helenistas contra os xudeus, porque as súas viúvas estaban sendo descoidadas no reparto diario dos alimentos.2Entón os doce chamaron á congregación dos discípulos e dixeron: -Non é axeitado que abandonemos a Palabra de Deus para servir as mesas. 3Polo tanto, irmáns, escollede de entre vós sete homes de bo nome, cheos do Espírito e da sabedoría, a quen poidamos nomear para atender este asunto. 4En canto a nós, seguiremos sempre na oración e no ministerio da palabra.5O que alí se falou foi do agrado de toda a congregación, e escolleron a Estevo, un home cheo de fe e do Espítito Santo, a Nicanor, a Timón, a Pármenas e a Nicolás, un prosélito da Antioquía; 6aos que presentaron diante dos apóstolos, e logo de orar por eles, impuxéronllelas mans.7E a palabra de Deus medraba, e o número dos discípulos multiplicouse grandemente en Xerusalém; e un gran número dos sacerdotes fixéronse obedientes á fe.8E Estevo, cheo de graza e de poder, facía grandes prodixios e sinais entre o pobo. 9Pero levantáronse algúns da sinagoga chamada dos Libertos, tanto cireneos como alexandrinos e algúns da Cilicia e da Asia, e discutían con Estevo.10Pero eles non eran quen de resistir á sabedoría e o espírito co que falaba Estevo. 11Entón eles subornaron uns homes para dicirlles: nós escoitamos a Estevo dicir palabras blasfemas contra Moisés e contra Deus.12Eles axitaron ao pobo e aos anciáns e escribas e enfrontáronse a Estevo, agarrárono e levárono ao sanedrín. 13E presentaron testemuñas falsas, que dixeron: -Este home non deixa de dicir palabras contra este lugar sagrado e a Lei. 14Porque escoitámolo dicir que este Xesús de Nazaret derrubaría este lugar e trocaría os costumes que Moisés nos deixou. 15Todos os que estaban sentados no sanedrín fixaron os seus ollos nel e viron a súa faciana coma o rostro dun anxo.
1Entón o sumo sacerdote dixo: -É isto así? 2E el dixo: -Escoitádeme, irmáns e pais. O Deus de gloria apareceulle ao noso pai Abraham cando estaba na Mesopotamia, antes de que vivira en Harán, 3e díxolle: "Sae da túa terra e da túa parentela, e vai cara a terra que Eu che vou amosar".4Entón el saíu da terra dos caldeos e afincouse en Harán. De alí, logo de morrer seu pai, Deus trasladouno a esta terra onde vosoutros vivides agora. 5Pero non lle deu herdanza nela, nin aínda para poñer un pé nela, e aínda cando el non tiña fillo, prometeulla dar en posesión a el e á súa descendencia despois del.6E Deus dixo así: "Os teus descendentes serán estranxeiros nunha terra estraña, e serán escravizados e maltratados por catrocentos anos. 7Pero Eu mesmo xulgarei a calquera nación da que sexan escravos -dixo Deus- e despois diso han saír e serviranme neste lugar". 8E Deus deulle o pacto da circuncisión; e así Abraham veu ser o pai de Isaac, e circuncidouno ao oitavo día, e Isaac vén sendo o pai de Xacob, e Xacob dos doce patriarcas.9E os patriarcas tiveron envexa de Xosé e desfixéronse del e vendérono a Exipto. Pero Deus estaba con el, 10e rescatouno de tódalas súas angurias, e deulle graza e sabedoría diante de Faraón, rei de Exipto, que o puxo por gobernador sobre Exipto e sobre toda a súa casa.11E veu moita fame sobre todo Exipto e Canaán, e con ela grande padecemento; e nosos pais non atopaban alimentos. 12Pero cando Xacob soubo que en Exipto había grans, mandou aos nosos pais aló a primeira vez. 13Na segunda visita, Xosé deuse a coñecer aos seus irmáns, e Faraón coñeceu a familia da que viña Xosé.14E Xosé, mandou mensaxeiros, e fixo chamar ao seu pai Xacob e a tódolos seus parentes, en total setenta e cinco persoas. 15E Xacob baixou a Exipto, e morreu alí el e os nosos pais tamén. 16E de alí foron trasladados a Siquem, e foron postos na sepultura que mercara Abraham aos fillos de Hamor en Siquem por unha suma de cartos.17Mais cando se achegaba o tempo da promesa que Deus lle confirmara a Abraham, o pobo medraba e multiplicábase en Exipto, 18ata que xurdiu outro rei diferente en Exipto que non coñecía a Xosé. 19Este rei, tratando con astucia o noso pobo, maltratou aos nosos pais, para que abandonaran os seus meniños á intemperie e non sobreviviran.20Naquel tempo foi que naceu Moisés. Era fermoso aos ollos de Deus, e foi criado por tres meses na casa do seu pai. 21Despois de ser abandonado á intemperie, a filla do Faraón levouno canda ela e criouno coma se fose fillo dela.22E Moisés foi ensinado en toda a sabedoría dos exipcios, e era un home poderoso en feitos e palabras. 23Pero cando ía cumprir os corenta anos, sentiu no seu corazón o desexo de visitar a seus irmáns, os fillos de Israel. 24E vendo que un deles era tratado inxustamente, defendeuno e vengouno matando ao exipcio. 25El cría que os seus irmáns entendían que Deus lles estaba dando a liberdade por medio del, pero eles non o comprenderon.26Ao día seguinte presentóuselles, cando dous deles discutían, e tentou poñer paz entre eles, dicindo: -Non sodes vós irmáns, por que vos ferides? 27Pero o que estaba ferindo o seu próximo empurrouno, dicindo: -Quen foi o que te puxo a ti por gobernante e xuíz sobre nós? 28Ou hasme matar como mataches onte ao exipcio?29Cando Moisés escoitou estas palabras, fuxiu e convertiuse en estranxeiro na terra de Madián, onde foi pai de dous fillos. 30E pasados corenta anos, aparecéuselle un anxo no deserto do monte Sinai, na lapa dunha silveira que ardía.31Moisés marabillábase véndoo, e achegándose para ver mellor, veulle a voz do Señor: 32"Eu son o Deus dos teus pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob". Moisés, tremendo, non era quen de mirar.33E o Señor díxolle: "Quita o calzado dos teus pés, porque o lugar onde estás a pisar é terra santa. 34En verdade vin a opresión do meu pobo en Exipto, e escoitei os seus lamentos, e baixei para liberalos; vén agora e mandareite a Exipto".35Este Moisés, a quen eles rexeitaron, dicindo: quen te puxo por gobernante e xuíz? É o mesmo que Deus mandou para ser gobernante e liberador coa axuda do anxo que se lle apareceu no espiño. 36Este home sacounos, facendo prodixios e sinais na terra de Exipto, no Mar Vermello, e no deserto por corenta anos. 37Este é o mesmo Moisés que dixo aos fillos de Israel: "Deus levantaravos un profeta coma min de entre os vosos irmáns".38Este é o que estaba na igrexa no deserto xunto co anxo que lle falaba no monte Sinai, e cos nosos pais, e o que recibiu palabras de vida para dicírvolas a vós; 39a quen os nosos pais non quixeron obedecer, senón que o rexeitaron, e nos seus corazóns volvéronse a Exipto, 40dicindo a Aarón: fainos deuses que vaian diante de nós, porque a este Moisés que nos sacou da terra de Exipto, non sabemos o que lle pasaría.41Naqueles días fixeron un becerro e ofreceron sacrificio ao ídolo, e gabábanse nas obras das súas mans. 42Pero Deus afastouse deles e entregounos para que serviran o exército do ceo, como está escrito no libro dos profetas: "É que foi a min a quen ofrecestes vítimas e sacrificios no deserto por corenta anos, casa de Israel?43Por se fora pouco levastes o tabernáculo de Moloc, e a estrela do deus Renfán, as imaxes que fixestes para adoralas. Eu tamén vos exiliarei máis aló da Babilonia".44Os nosos pais tiveron o tabernáculo do testemuño no deserto, así como mandara o que falaba con Moisés para que fixese conforme o modelo que vira. 45Á súa vez, recibíndoo, os nosos pais introducírono con Xosué ao tomar posesión das nacións que Deus arredou de diante dos nosos pais, ata os días de David; 46quen atopou graza diante de Deus, e pediu o favor de prover tabernáculo para a casa de Xacob.47Pero foi Salomón quen lle edificou unha casa. 48Mais o Altísimo non vive en casas feitas por mans de persoas; como di o profeta: 49"O ceo é o meu trono, e a terra o estrado dos meus pés; que casa me habedes edificar? -di o Señor- ou cal é o lugar do meu descanso? 50Non foi a miña man a que fixo todas estas cousas"?51Teimudos e incircuncisos de corazón e de oídos, resistides sempre ao Espírito Santo; como fixeron os vosos pais, así tamén facedes vós. 52A cal dos profetas non perseguiron vosos pais? Eles mataron aos que tiveran anunciado a chegada do Xusto, do que vós agora sodes os entregadores e asasinos; 53vós que recibistes a lei por disposición de anxos, e nin así a gardastes.54Oíndo isto, enfurecéronse dende o profundo do seu corazón, e rinchaban os dentes contra del. 55Pero Estevo, cheo do Espírito Santo, fixou os ollos no ceo, e viu a gloria de Deus e a Xesús de pé á dereita de Deus; 56e dixo: -Velaquí vexo os ceos abertos, e ao Fillo do Home de pé á dereita de Deus.57Entón eles berraban moi forte, e tapando os oídos arremeteron a unha na súa contra. 58E botándoo fóra da vila, caéronlle enriba para apedralo; e as testemuñas puxeron os seus mantos á beira dos pés dun mozo chamado Saulo.59Mentres apedraban a Estevo, el invocaba ao Señor e dicía: -Señor Xesús, recibe o meu espírito. 60E caendo de xeonllos, clamou a gran voz: -Señor, non lles teñas en conta este pecado. E logo de dicir isto, durmiu.
1E Saulo concordaba con eles na súa morte. Naquel día desatouse unha grande persecución contra a igrexa en Xerusalém, e foron todos espallados polas rexións da Xudea e da Samaria, agás os apóstolos. 2Homes piadosos foron os que sepultaron a Estevo, e choraron e lamentáronse grandemente por el. 3Pero Saulo facía estragos na igrexa entrando de casa en casa, e arrastrando a homes e mulleres, metíaos no cárcere.4Porén os crentes que foran dispersados, ían proclamando a palabra. 5E Filipe descendendo á cidade de Samaria, predicáballes a Cristo.6Ao escoitar e ver os sinais milagrosos que facía, as multitudes unánimes escoitaban atentamente as cousas que falaba Filipe. 7Porque de moitos que tiñan espíritos inmundos, saían a berros e moitos paralíticos e coxos eran sanados. 8E houbo moita ledicia naquela cidade!9Pero había na cidade un tal Simón que viña practicando a maxia e deixaba atónita á xente da Samaria, facéndose pasar por alguén importante; 10e todos os samaritanos, de pequenos a grandes, prestábanlle atención dicindo: este é o chamado Gran Poder de Deus. 11E facíanlle caso porque os tiña enganados por moito tempo.12Pero cando creron a Filipe, que proclamaba as boas novas do reino de Deus e do nome de Xesús Cristo, eran bautizados, tanto homes coma mulleres. 13E mesmo Simón tamén creu, e logo de ser bautizado, seguiu con Filipe; e estaba perplexo ao ver os sinais e os grandes milagres que se facían.14E os apóstolos que estaban en Xerusalém, ao escoitaren que Samaria recibira a palabra de Deus, mandáronlles a Pedro e a Xoán, 15que baixaron e oraron por eles, para que recibiran o Espírito Santo, 16porque aínda non descendera sobre ningún deles, xa que só recibiran o bautismo no nome do Señor Xesús. 17Entón impoñíanllelas mans, e recibían o Espírito Santo.18Pero Simón ao ver que o Espírito Santo era dado pola imposición das mans dos apóstolos, ofreceulles cartos. 19El dixo: -Dádeme este poder para que a calquera que lle impoña as mans, reciba o Espírito Santo.20Pero Pedro díxolle: -A túa prata sexa contigo para destrución, porque pensaches que podías conseguir o don de Deus por cartos. 21Ti non tes parte nin sorte neste asunto, porque o teu corazón non é recto diante de Deus . 22Polo tanto, arrepíntete desta maldade túa e rógalle ao Señor, por si acaso che fora perdoada a intención do teu corazón. 23Porque vexo que estás no veleno da amargura e atado pola maldade.24Pero respondendo Simón dixo: -Rogádelle ao Señor por min, que ningunha destas cousas que dixestes se me veñan enriba!25Entón eles, logo de ter testificado fielmente, e falar a palabra do Señor volveron a Xerusalém; evanxelizando moitas aldeas dos samaritanos.26Naquel tempo, un anxo do Señor faloulle a Filipe e díxolle: -Érguete e vai cara o sur, ao camiño que baixa de Xerusalém a Gaza. (Este é deserto). 27El ergueuse e foi; e velaí un home etíope eunuco, funcionario de Candace, raíña dos etíopes, que estaba a cargo de todos os seus tesouros, que viñera a Xerusalém para adorar, 28volvía sentado no seu carro e estaba lendo o profeta Isaías.29Entón o Espírito díxolle a Filipe: -Vai aló e arrímate a ese carro. 30Pero cando ía correndo Filipe, escoitouno lendo o profeta Isaías, e díxolle: -Á verdade comprendes o que estás a ler? 31E el contestou: -E, como poderei, se alguén non me guía? E rogoulle a Filipe que subira ao carro e sentara con el.32A pasaxe da escritura que estaba a ler era esta: "Como ovella foi levado ao matadoiro; e coma año, mudo diante do que o tosquía, non abre a súa boca. 33Na súa humillación non se lle fixo xustiza; quen ha contar a súa xeración? Porque a súa vida é quitada da terra".34Pero o eunuco respondendo a Filipe díxolle: -Rógoche, de quen está a dicir isto o profeta? De si mesmo ou doutra persoa? 35Entón Filipe, abrindo a boca, e comezando dende esta escritura, anuncioulle a Xesús.36E indo polo camiño, chegaron onde había auga, e o eunuco dixo: -Mira, auga! Que impide que sexa bautizado? 37Filipe dixo: -Se cres con todo o teu corazón, podes. Respondendo el dixo: -Creo que Xesús é o Fillo de Deus. 38E mandou deter o carro; e ámbolos dous baixaron á auga, Filipe mailo eunuco, e bautizouno.39Ao saíren da auga, o Espírito do Señor arrebatou a Filipe; e o eunuco non o viu máis, pero seguiu polo seu camiño cheo de gozo. 40E Filipe apareceu en Azoto, e por onde pasaba, anunciaba o evanxeo en todas as vilas, ata que chegou a Cesarea.
1Saulo, respirando aínda ameazas e morte contra os discípulos do Señor, foi ao sumo sacerdote, 2e pediulle cartas para as sinagogas de Damasco, para que se atopaba algúns que pertencesen ao Camiño, tanto homes coma mulleres, puidese levalos atados a Xerusalém.3E aconteceu que mentres viaxaba, ao achegarse a Damasco, de súpeto resplandeceu no seu derredor unha luz do ceo; 4e ao caer no chan, escoitou unha voz que lle dicía: -Saulo, Saulo, por que me persegues?5E el dixo: -Quen es, Señor? E El respondeu: -Eu son Xesús a quen estás a perseguir; 6érguete, entra na cidade, e diráseche o que debes facer. 7Os homes que ían con el detivéronse atónitos, oíndo a voz, pero sen ver a ninguén.8Entón Saulo ergueuse do chan, e aínda que os seus ollos estaban abertos, non vía nada; e colléndoo da man, levárono a Damasco. 9E estivo tres días sen ver, e non comeu nin bebeu.10Había en Damasco certo discípulo chamado Ananías; e o Señor díxolle nunha visión: -Ananías. E el dixo: -Aquí me tes, Señor. 11E o Señor díxolle: -Érguete e vai á rúa que se chama Dereita, e pregunta na casa de Xudas por un home de Tarso chamado Saulo, porque, velaquí, está a orar, 12e viu nunha visión a un home chamado Ananías, que entra e pon as mans sobre el para que recupere a vista.13Pero Ananías respondeu: -Señor, eu oín de moitos sobre este home, canto mal fixo aos teus santos en Xerusalém, 14e por se fora pouco ten a autoridade dos principais sacerdotes para prender a todos os que invocan o teu nome. 15Pero o Señor díxolle: -Vai, porque el é o meu instrumento escollido, para levar o meu nome diante dos xentís e de reis, e dos fillos de Israel; 16porque Eu amosareille canto debe padecer polo meu nome.17Entón Ananías foi e entrou na casa, e logo de poñer as mans sobre el, dixo: -Irmán Saulo, o Señor Xesús, que se che apareceu no camiño por onde viñas, envioume para que recobres a vista e sexas cheo do Espírito Santo. 18Nese intre caeron dos seus ollos como unhas escamas, e recuperou a vista; e levantouse e foi bautizado, 19e comendo recobrou as forzas. E estivo por varios días cos discípulos que estaban en Damasco.20De contado púxose a predicar a Xesús nas sinagogas, dicindo: El é o Fillo de Deus. 21E todos os que o escoitaban estaban abraiados e dicían: non é este o que en Xerusalém destruía aos que invocaban este nome, e o que viñera aquí con este propósito: para levalos atados ante os principais sacerdotes? 22Pero Saulo seguía fortalecéndose e confundindo aos xudeus que vivían en Damasco, demostrando que este Xesús é o Mesías.23Despois de moitos días, os xudeus tramaron desfacerse del, 24pero a súa conxura chegou ao coñecemento de Saulo. E aínda vixiaban as portas día e noite coa intención de matalo; 25pero os seus discípulos collérono de noite e sacárono por un burato na muralla, baixándoo nunha canastra.26Cando chegou a Xerusalém, trataba de xuntarse cos discípulos; e todos tiñan medo del, non crendo que era discípulo. 27Pero Bernabé colleuno e presentouno aos apóstolos, e contoulles como Saulo vira ao Señor no camiño, e que El lle falara, e como en Damasco predicara con valor no nome de Xesús.28E estaba con eles movéndose libremente en Xerusalém, falando con valor no nome do Señor. 29Tamén falaba e discutía cos xudeus helenistas; mais estes tentaban matalo. 30Pero cando o souberon os irmáns, levárono a Cesarea, e de alí mandárono a Tarso.31Daquela a igrexa vivía en paz por toda a Xudea, Galilea e maila Samaria, ía sendo edificada e camiñaba no temor do Señor; e medraba na fortaleza do Espírito Santo. 32E mentres Pedro viaxaba por todas aquelas rexións, veu tamén aos santos que vivían en Lida.33Alí atopou a un home chamado Eneas, que estivera prostrado na cama por oito anos, porque estaba paralítico. 34E Pedro díxolle: -Eneas, Xesucristo sándache; érguete e fai a túa cama. E ao instante ergueuse. 35Todos os que vivían en Lida e en Sarón vírono, e convertéronse ao Señor.36Había entón en Iope unha discípula chamada Tabita (que traducido ao grego é Dorcas); esta muller era rica en obras boas e de caridade que facía continuamente. 37E sucedeu que naqueles días enfermou e morreu; e lavado o seu corpo, puxérono nun apousento alto.38Como Lida estaba preto de Iope, os discípulos, ao oír que Pedro estaba alí, enviáronlle dous homes, rogándolle: non tardes en vir a nós. 39Entón Pedro levantouse e foi con eles; e cando chegou, levárono ao apousento alto, e tódalas viúvas rodeárono chorando, amosando todas as túnicas e roupas que Dorcas adoitaba facer cando estaba con elas.40Entón Pedro, facendo saír a todos, axeonllouse e orou, e volvéndose ao corpo, dixo:-Tabita, érguete. E ela abriu os ollos, e ao ver a Pedro, incorporouse. 41E el deulle a man e levantouna; e chamando aos santos e ás viúvas, presentouna viva. 42E isto sóubose en todo Iope, e moitos creron no Señor. 43E Pedro quedou en Iope moitos días cun tal Simón, curtidor.
1Había na Cesarea un home chamado Cornelio, centurión da compañía coñecida como a Italiana, 2devoto e temeroso de Deus con toda a súa casa, que daba moitas esmolas ao pobo xudeo e oraba a Deus acotío.3Sendo como a hora novena do día, viu claramente nunha visión un anxo de Deus que entraba onda el e lle dicía:-Cornelio! 4Mirándoo fixamente e espantado, Cornelio dixo: -Que foi Señor? E el díxolle: -As túas oracións e esmolas subiron por memorial diante de Deus. 5Envía, homes a Iope, e manda traer a un tal Simón, chamado Pedro. 6Este para cun tal Simón, curtidor, que ten a casa á beira do mar.7E logo de marchar o anxo que lle falara, Cornelio chamou a dous dos seus criados e a un soldado piadoso dos que sempre lle servían, 8e despois de explicarlles todo, enviounos a Iope.9Ao día seguinte, indo eles polo camiño achegándose á vila, Pedro subiu ao airado a orar como á hora sexta. 10Tivo fame e desexaba comer; pero mentres lle preparaban algo, veu sobre el un éxtase: 11ve o ceo aberto e que descende un obxecto coma se fose un gran lenzo que é descolgado na terra polas catro puntas, 12no que habían toda clase de cuadrúpedes e reptís da terra, e aves do ceo.13E escoitou unha voz: -Érguete, Pedro, mata e come. 14Mais Pedro dixo: -Non faga eu tal cousa Señor, porque endexamais comín cousa común nin inmunda. 15E a voz por segunda vez díxolle:-O que Deus limpou, non o chames ti inmundo. 16E aconteceu isto por tres veces, e de súpeto o lenzo foi recollido ao ceo.17E mentres Pedro estaba perplexo pensando no que significaría aquela visión, aparaceron pola porta aqueles homes que foran enviados por Cornelio na procura da casa de Simón, 18e chamando preguntaron se paraba alí Simón, de sobrenome Pedro.19Mentres Pedro cavilaba na visión, o Espírito díxolle: -Mira, tres homes andan á túa procura. 20Érguete, e baixa, non dubides en acompañalos, pois fun Eu quen os mandou. 21Pedro baixou onda eles e díxolles: -Son eu a quen buscades; por que foi que viñestes?22Eles dixeron: -A Cornelio o centurión, un home xusto e temeroso de Deus, e que é moi apreciado por toda a nación dos xudeus, foille ordenado por un santo anxo dar contigo para que vaias á súa casa e así escoitar as túas palabras. 23Entón el convidounos a pasar e ficar con el. E ao día seguinte, levantouse e foi con eles, e algúns dos irmáns de Iope foron canda el.24E ao día seguinte entrou na Cesarea. Cornelio estaba agardando por eles e xuntara os seus parentes e amigos.25Sucedeu que cando ía entrar Pedro, Cornelio saíu a recibilo, e rendíndose aos seus pés, adorouno. 26Pero Pedro, levantouno, dicindo: -Érguete, eu soamente son un home!27E falando con el, entrou e atopou moita xente reunida. 28E díxolles: -Vós sabedes o agravio tan grande que é para un xudeu asociarse cun estranxeiro ou visitalo, pero Deus amosoume que non debo chamar inmunda ou común a persoa ningunha; 29por iso, cando fun chamado, vin sen dubidar; daquela pregúntovos, por que me chamastes?30E Cornelio dixo: -Nesta mesma hora hai catro días, estaba eu orando na miña casa á hora novena, e un home con vestiduras resplandecentes, púxose diante miña, 31e dixo: -Cornelio, a túa oración foi escoitada, e as túas obras de caridade foron lembradas diante de Deus. 32Manda, pois, a Iope, e fai chamar a Simón, de sobrenome Pedro; el para na casa de Simón o curtidor, á beira do mar. 33Polo tanto, mandei por ti axiña, e fixeches ben en vir. Agora, estamos todos nós aquí presentes diante de Deus, para escoitar todo o que o Señor che mandou dicir.34Entón Pedro abrindo a boca dixo: -De certo, agora entendo que Deus non fai distinción entre as persoas, 35senón que en toda a nación o que fai o xusto e lle teme, é aceptable diante del.36El mandou mensaxe aos fillos de Israel, proclamando paz por medio de Xesús Cristo, que é o Señor de todos. 37Vós sabedes a palabra que se divulgou por toda a Xudea, dende a Galilea, despois do bautismo que Xoán proclamou, 38no tocante a Xesús de Nazaret: como Deus o unxiu co Espírito Santo e con poder. El andaba a facer ben por onde ía, sandando a tódolos oprimidos polo demo, porque Deus estaba con El.39E nós mesmos somos testemuñas de todas as cousas que fixo na terra dos xudeus e en Xerusalém. E como o mataron, pendurándoo nunha cruz. 40A este, Deus resucitouno ao terceiro día e fixo que se manifestara, 41non a todo o pobo, senón ás testemuñas que foron escollidas de antemán por Deus, é dicir, a nós que comemos e bebemos con El despois que resucitou de entre os mortos.42E mandounos proclamar ao pobo, e declaramos solemnemente que Xesús é o que Deus constituíu como Xuíz de vivos e mortos. 43Del dan testemuña tódolos profetas, de que polo seu nome, todo o que cree nel recibe o perdón de pecados.44E aínda Pedro estaba a falar destas cousas, cando o Espírito Santo caeu sobre todos os que escoitaban a mensaxe. 45E todos os crentes da circuncisión, que viñeran con Pedro, quedaron abraiados, porque o don do Espírito Santo fora derramado tamén sobre os xentís,46pois escoitábanos falar en linguas e engrandecendo a Deus. Entón Pedro dixo: 47-Será que poida alguén negar a auga para seren bautizados estes que recibiron o Espírito Santo igual ca nós? 48E mandou que foran bautizados no nome de Xesús Cristo. Entón pedíronlle que quedara con eles uns días máis.
1Os apóstolos e os irmáns que estaban na Xudea escoitaron que tamén os xentís recibiran a palabra de Deus. 2E cando Pedro subiu a Xerusalém, os da circuncisión discutían con el, 3dicíndolle: -Ti entraches na casa dos incircuncisos e comiches con eles!4Entón Pedro comezou a explicarlles por orde o que sucedera, dicindo: 5-Estaba eu orando na cidade de Iope, e tiven en éxtase unha visión: un obxecto que semellaba un grande lenzo que descendía, baixando do ceo polas catro puntas, e veu até a min. 6Mirando para el e observándoo, vin cuadrúpedes terrestres, feras, reptís e aves do ceo.7Tamén ouvín unha voz que me dicía: "érguete, Pedro; mata e come". 8Mais eu dixen: -De ningún xeito, Señor, porque nada impuro ou inmundo entrou nunca na miña boca. 9Mais a voz do ceo falou por segunda vez: -O que Deus limpiou, non o chames impuro. 10Isto aconteceu por tres veces, e foi recollido cara arriba ao ceo.11Velaí que naquel momento apareceron tres homes diante da casa onde eu estaba, que mos mandaran dende a Cesarea. 12O Espírito ordenoume que fose con eles sen dubidar. Estes seis irmáns foron tamén comigo e entramos na casa daquel home, 13e el contounos de como vira o anxo de pé na súa casa, que lle dixo: -Manda a alguén a Iope e fai traer a Simón, que tamén se chama Pedro; 14el darache palabras polas que ti e maila túa casa seredes salvos.15Cando comecei a falar, o Espíritu Santo descendeu sobre eles, tal e como o fixo sobre nós no principio. 16Entón lembrei as palabras do Señor, cando dixo: Xoán bautizou con auga, pero vós seredes bautizados co Espírito Santo.17Pois, se Deus lles concedeu o mesmo don que tamén nos deu a nós despois de crer no Señor Xesús Cristo, quen era eu para estorbar a Deus? 18E ao ouvir isto acalmáronse e glorificaron a Deus, dicindo: -Así que Deus tamén lles concedeu aos xentís arrepentimento para a vida!19Agora ben, os que fuxiran pola persecución que veu despois da morte de Estevo, chegaron á Fenicia, Chipre e Antioquía, sen predicar a ninguén, senón só aos xudeus. 20Mais algún deles, homes de Chipre e de Cirene, ao chegar á Antioquía, falaban tamén aos gregos, predicando do Señor Xesús. 21E a man do Señor estaba con eles, e moitos creron e convertéronse ao Señor.22Chegaron as novas disto aos oídos da igrexa de Xerusalém e mandaron a Bernabé a Antioquía. 23El, cando chegou e viu a graza de Deus, alegrouse e animaba a todos para que permanecesen con corazón firme, fieis ao Señor, 24porque era un home bo e cheo do Espírito Santo e de fe. E e moitas persoas foron engadidas ao Señor.25Bernabé saíu cara Tarso á procura de Saulo. 26Cando o atopou, trouxoo a Antioquía. E reuníronse coa igrexa por todo un ano, ensinando ás multitudes. E aos discípulos chamóuselles "cristiáns" por primeira vez na Antioquía.27Por aqueles días uns profetas descenderon de Xerusalém a Antioquía. 28Un deles chamado Agabo, levantouse e falou polo Espíritu Santo que habería unha grande fame en toda a terra. E isto acaeceu no reinado de Claudio.29Entón os discípulos, conforme o que tiñan, propuxéronse mandar unha axuda para aos irmáns en Xudea. 30E fixérono así, mandándoa aos anciáns pola man de Bernabé e Saulo.
1Por aquel tempo o rei Herodes botou man dalgúns que pertencían á igrexa para os maltratar. 2E fixo matar a espada a Xacobe, o irmán de Xoán.3E vendo que isto agradaba aos xudeus, fixo arrestar tamén a Pedro. Isto aconteceu durante os días dos pans sen lévedo. 4E prendéndoo, púxoo no cárcere, entregándoo a catro piquetes de soldados para que o gardasen, coa intención de levalo diante do pobo despois da Pascua.5Así pois, Pedro era custodiado no cárcere, pero a igrexa facía oración fervente a Deus por el. 6E esa noite, cando Herodes estaba a piques de sacalo, Pedro estaba a durmir entre dous soldados, amarrado con dúas cadeas; e uns gardas diante da porta custodiaban o cárcere.7E velaquí, aparecéuselle un anxo do Señor, e unha luz brillou na cela; e o anxo golpeou a Pedro no costado, e espertouno dicindo: -Érguete decontado! E as cadeas caeron das súas mans. 8E o anxo díxolle: -Vístete e pon as sandalias. E así o fixo. E díxolle o anxo: -Envólvete no teu manto e sígueme.9E saíndo, seguíao, pero non entendía o que estaba acontecendo e que o anxo era real, senón cría estar vendo unha visión. 10Cando pasaron a primeira e a segunda garda, chegaron á porta de ferro que leva á cidade, e abríuselle soa; e saíron e seguiron por unha rúa, e decontado o anxo afastouse del.11Cando Pedro volveu en si, dixo: -Agora sei en verdade que o Señor mandou ao seu anxo, e rescatoume da man de Herodes e de todo o que agardaba o pobo dos xudeus. 12Ao decatarse disto, foi á casa de María, a nai de Xoán, chamado tamén Marcos, onde moitos estaban reunidos e oraban.13E cando chamou á porta da entrada, unha serventa chamada Rode saíu a ver quen era. 14Ao recoñecer a voz de Pedro, da ledicia que sentiu, non abriu a porta, senón que correu dentro para dicirlles que Pedro estaba á porta. 15E eles dixéronlle: -Estás tola! Pero ela insistía en que así era. E eles dicían: -É o seu anxo!16Mais Pedro continuaba chamando; e cando eles abriron, vírono e asombráronse. 17E facéndolles sinal coa man para que gardasen silencio, contoulles como o Señor o sacara do cárcere. E díxolles: informade destas cousas a Xacobe e aos irmáns. Entón saíu, e foise a outro lugar.18Cando se fixo de día, houbo un rebumbio non pequeno entre os soldados sobre que sería de Pedro. 19E Herodes, logo de buscalo e non atopalo, interrogou aos gardas e ordenou que os levasen para executalos. Despois descendeu da Xudea á Cesarea, e quedou alí por un tempo.20Herodes estaba moi anoxado cos de Tiro e Sidón; pero eles, de común acordo presentáronse diante del, e subornando a Blasto, camareiro do rei, pedían paz, pois o seu territorio era abastecido polo do rei. 21E un día sinalado, Herodes, vestido con roupa real, sentou na tribuna e arengounos.22E a xente berraba: -Voz dun deus e non dun home é esta! 23Ao instante un anxo do Señor feriuno, por non dar a gloria a Deus; e morreu comido polos vermes.24Pero a palabra do Señor medraba e multiplicábase. 25E Bernabé e Saulo regresaron despois de cumprir a súa misión en Xerusalém, levando canda eles a Xoán, chamado tamén Marcos.
1Agora ben, na igrexa que estaba na Antioquía había profetas e mestres: Bernabé, Simón chamado Moreno, Lucio de Cirene, Manaén, que se criara con Herodes o tetrarca, e Saulo. 2Mentres ministraban o Señor e facían xexún, o Espírito Santo dixo: -Apartádeme a Bernabé e a Saulo para o labor ao que os chamei. 3Entón, logo de xaxuar, tendo orado e impostas as mans sobre eles, e deixáronos marchar.4Eles, mandados polo Espírito Santo, baixaron a Seleucia e de alí embarcaron cara Chipre. 5Chegados a Salamina, anunciaban a palabra de Deus nas sinagogas dos xudeus, e tiñan tamén a Xoán como axudante.6Percorrendo toda a illa ata Pafos, deron cun certo bruxo, xudeu, un falso profeta, chamado Barxesús, 7que estaba co procónsul Serxio Paulo, home intelixente. Este fixo vir a Bernabé e a Saulo, e desexaba oír a palabra de Deus. 8Pero Elimas, o mago (pois así se traduce o seu nome), facíalles oposición, tentando desviar da fe ao procónsul.9Entón Saulo, chamado tamén Paulo, cheo do Espírito Santo, postos os ollos nel, 10dixo: -Ti, fillo do demo, que estás cheo de todo engano e fraude, inimigo de toda xustiza! Non deixarás de torcer os camiños dereitos do Señor?11Agora mira, a man do Señor está sobre ti, vas quedar cego e non verás o sol por algún tempo. De súpeto tebras e escuridade caeron sobre el, e ía na procura de quen o levara da man. 12Entón o procónsul, vendo o que acontecera, creu, marabillado da ensinanza do Señor.13Paulo e os seus compañeiros partiron de Pafos, e chegaron a Perxe de Panfilia; mais Xoán, afastándose deles, volveu a Xerusalém, 14pero eles, saíndo de Perxe, chegaron a Antioquía de Pisidia, e no día de repouso entraron na sinagoga e sentaron. 15Despois da lectura da lei e os profetas, os principais da sinagoga dixéronlles: -Irmáns, se tendes algunha palabra de exhortación para o pobo, falade.16Entón Paulo, púxose en pé, e acougando á xente coa man, dixo: xentes de Israel, e vós que temedes a Deus, escoitade: 17o Deus deste pobo Israel, escolleu aos nosos pais e engrandeceu ao pobo mentres estivo en Exipto, e sacouno de alí con brazo en alto. 18E soportounos por corenta anos no deserto.19Despois de destruír sete nacións na terra de Canaán, repartiu as súas terras en herdanza; como por catrocentos cincuenta anos. 20E despois disto, deulles xuíces ata o profeta Samuel.21Entón eles pediron un rei, e Deus deulles a Saúl, fillo de Cis, da tribo de Benxamín, durante corenta anos. 22Despois de quitalo, levantoulles por rei a David, de quen Deus tamén deu testemuña e dixo: -Atopei a David, fillo de Isaí, un home conforme o meu corazón, que fará toda a miña vontade.23Da súa descendencia, segundo á promesa, Deus deulle un Salvador a Israel, Xesús, 24despois de que Xoán predicou, antes da súa vinda, un bautismo de arrepentimento a todo o pobo de Israel. 25E cando Xoán estaba a piques de rematar a súa carreira, dicía: -Quen pensades que son eu? Eu non son o Cristo; pero velaquí vén tras de min un de quen non son digno de desatar as sandalias dos seus pés.26Irmáns, fillos da familia de Abraham, e os que de entre vós temedes a Deus: foinos enviada a nós a palabra de salvación. 27Pois os que viven en Xerusalém e os seus gobernantes, sen recoñecelo a El nin as palabras dos profetas que se len todos os días de repouso, cumpriron estas escrituras, condenándoo.28E mesmo que non atoparon causa para darlle morte, pedíronlle a Pilato que o mandara matar. 29E cando cumpriron todo o que estaba escrito sobre El, baixárono da cruz, e puxérono no sepulcro.30Pero Deus levantouno de entre os mortos; 31e por moitos días aparecéuselles aos que subiran con El da Galilea a Xerusalém, os que agora son testemuñas ante o pobo.32E nós, anunciámosvos a boa nova de que a promesa que foi feita aos pais, 33Deus cumpríunola a nós, seus fillos, resucitando a Xesús, como tamén está escrito no salmo segundo: "Ti es o meu Fillo; Eu enxendreite hoxe". 34E que o levantou de entre os mortos para nunca máis volver a corrupción. Deus falou deste xeito: "Dareivos as misericordias e as fieis promesas feitas a David".35Por iso di tamén noutro salmo: "Non permitirás que o teu Santo vexa corrupción". 36Porque David, despois de ter servido o propósito de Deus na súa propia xeración, durmiu, e foi sepultado cos seus pais, e viu corrupción. 37Pero Aquel a quen Deus resucitou non viu corrupción.38Polo tanto, irmáns, sabede que por medio del, vos é anunciado o perdón dos pecados; 39e que de todas as cousas das que non puidestes ser xustificados pola lei de Moisés, por medio del, todo o que cre é xustificado.40Procurade pois, que non veña sobre vós aquilo do que se fala nos profetas: 41"Mirade, os que menosprezastes, marabilládevos e desaparecede; porque Eu fago unha obra nos vosos días, unha obra que se alguén vola contara non a creriades".42Saíndo Paulo e Bernabé, a xente rogáballes que o seguinte día de repouso lles falaran estas mesmas cousas. 43E disolta a reunión da sinagoga, moitos dos xudeus e dos prosélitos temerosos de Deus seguiron a Paulo e a Bernabé, quen, falándolles, persuadíanos de permanecer fieis á graza de Deus.44O seguinte día de repouso reuníuse case toda a vila para oír a palabra do Señor. 45Pero cando os xudeus viron a multitude de xente, enchéronse de envexa, e blasfemando, contradicían as palabras que Paulo dicía.46Entón Paulo e Bernabé falaron con afouteza e dixeron: -Era preciso que a palabra de Deus vos fora predicada primeiramente a vós, pero xa que a rexeitades e non vos considerades dignos da vida eterna, velaquí que nós volvemos aos xentís. 47Porque así nolo mandou o Señor: "Púxente como luz para as nacións, para que leves a salvación ata os confíns da terra".48Escoitando os xentís estas cousas, estaban cheos de ledicia e glorificaban a palabra do Señor, e creron todos os que estaban dispostos á vida eterna. 49E a palabra do Señor corría por toda a rexión.50Pero os xudeus incitaron a mulleres piadosas e distinguidas, e aos homes máis importantes da vila, e provocaron unha persecución en contra de Paulo e Bernabé, e botáronos da súa comarca. 51Entón eles sacudiron o pó dos seus pés na súa contra, e marcharon a Iconio. 52Pero os discípulos estaban continuamente cheos de gozo e do Espírito Santo.
1Cando Paulo e Bernabé entraron xuntos na sinagoga de Iconio, falaron de tal xeito que creron moitos xudeus e, tamén, gregos. 2Mais os xudeus que non crían, instigaron e corromperon os ánimos dos xentís contra dos irmáns.3Así e todo, botaron alí moito tempo falando con decisión, confiados no Señor que confirmaba a palabra da súa graza, concedéndolles que fixesen sinais milagrosos e prodixios por man deles. 4Mais a xente da cidade estaba dividida: uns estaban cos xudeus e outros cos apóstolos.5Pero como xurdiu un intento por parte dos xentís e xudeus mailos seus gobernantes, para os maltratar e apedrar, 6eles déronse conta e fuxiron a Licaonia, Listra e Derbe, e aos seus arredores, 7e alí seguiron a proclamar o evanxeo.8En Listra había un home que estaba sentado, tolleito dos pés, coxo de nacimento, que nunca andivera. 9Este home escoitaba falar a Paulo, que, mirándoo fixamente e vendo que tiña fe para ser sanado, 10dixo en voz moi alta: -Érguete endereitando os teus pés! E el saltou e andou.11Cando a xente viu o que fixera Paulo, berraban na lingua licaónica: os deuses baixaron a nós en forma humana! 12E chamábanlle Zeus a Bernabé e Hermes a Paulo, porque este era quen traía a palabra. 13E o sacerdote de Zeus (do que o templo estaba nas aforas da cidade), trouxo touros e coroas ás portas e quería ofrecer sacrificios xuntamente coa multitude.14Mais cando os apóstolos Bernabé e Paulo ouvírono, rasgaron as súas roupas e lanzáronse no medio da multitude berrando 15e dicindo: por que facedes estas cousas? Nós non somos máis ca homes iguais que vós, e anunciamos o evanxeo para que vos volvades destas cousas inútiles a un Deus vivo, que fixo o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles, 16que nos tempos pasados permitiu que todas as nacións seguisen os seus propios camiños.17E, porén, non deixou de dar testemuño de si mesmo, facendo ben e dándovos chuvias do ceo e tempos frutíferos, enchendo os vosos corazóns de mantenza e ledicia. 18Aínda dicindo isto, apenas puideron impedir que as multitudes lle ofrecesen sacrificio.19Mais algúns xudeus da Antioquía e de Iconio viñeron e logo de persuadir á multitude, apedraron a Paulo e arrastrárono fóra da cidade pensando que estaba morto. 20Pero, rodeándoo os discípulos, el ergueuse e entrou na cidade; e ao día seguinte marchou con Bernabé a Derbe.21E despois de anunciar o evanxeo naquela cidade e facer moitos discípulos, volveron a Listra, a Iconio e á Antioquía, 22fortalecendo os ánimos dos discípulos, animándoos a perseverar na fe, e dicindo: cómpre que entremos no reino de Deus a través de moitas tribulacións.23Pero logo de designar anciáns en cada igrexa, tendo orado con xaxún, encomendáronos ao Señor en quen eles creran. 24Pasaron por Pisidia e atravesaron a Panfilia. 25E despois de predicar a palabra en Perxe, baixaron a Atalia; 26e de alí embarcaron a Antioquía, onde foron encomendados pola graza de Deus para a obra que cumpriran.27Cando chegaron e reuniron á igrexa, informaron de todas as cousas que Deus fixera con eles, e de como abrira a porta da fe aos xentís. 28E quedaron moito tempo cos discípulos.
1Pero algúns descenderon da Xudea e ensinaban aos irmáns: se non vos circuncidades conforme o rito de Moisés, non podedes ser salvos. 2Isto provocou que Paulo e Bernabé discutiran e entraran en controversia contra deles, e dispuxeron que Paulo, Bernabé e algúns outros, subiran a Xerusalém para tratar esa cuestión cos apóstolos e os anciáns.3Así que, sendo mandados pola igrexa, pasaron pola Fenicia e Samaria, relatando polo miúdo a conversión dos xentís e causaban gran gozo a todos os irmáns. 4Cando chegaron a Xerusalém, foron recibidos pola igrexa, os apóstolos e os anciáns e informaron de todo o que Deus fixera con eles.5Pero algúns da seita dos fariseos que creran levantáronse dicindo: -Cómpre circuncidalos e mandarlles que garden a lei de Moisés. 6Entón os apóstolos e os anciáns reuníronse para examinar este asunto.7E despois de moito debate, Pedro levantouse e díxolles: -Irmáns, vós sabedes que nos primeiros días Deus me escolleu de entre vós para que pola miña boca os xentís oísen a palabra do evanxeo e creran. 8E Deus, que coñece os corazóns, deu testemuño no seu favor dándolles o Espírito Santo, así como tamén nolo deu a nós; 9e ningunha distinción fixo entre nós e eles, purificando pola fe os seus corazóns.10Agora pois, por que tentades a Deus poñendo sobre o pescozo dos discípulos un xugo que nin nosos pais nin nós puidemos levar? 11Cremos máis ben que somos salvos pola graza do Señor Xesús, do mesmo xeito que tamén o son eles.12Toda a multitude fixo silencio, e escoitaban a Bernabé e a Paulo, que relataban os sinais e prodixios que Deus fixera entre os xentís por medio deles.13Cando remataron de falar, Xacobe respondeu dicindo: -Escoitádeme, irmáns. 14Simón relatou como Deus ao principio tivo a ben tomar de entre os xentís un pobo para o seu nome.15E con isto concordan as palabras dos profetas, tal e como está escrito: 16"Despois disto volverei, e reedificarei o tabernáculo de David que caeu. E reedificarei as súas ruinas, e levantareino de novo, 17Para que o resto das persoas busque o Señor, e todos os xentís que son chamados polo meu nome" 18- di o Señor - que fai saber todo isto dende o principio.19Polo tanto, eu decido, que non amolemos os que de entre os xentís se converten a Deus, 20senón que lles escribamos que se absteñan de cousas contaminadas polos ídolos, de fornicación, do esganado e do sangue. 21Porque Moisés dende xeracións antigas ten en cada cidade aos que o proclaman, pois todos os días de repouso é lido nas sinagogas.22Entón pareceulle ben aos apóstolos e aos anciáns, con toda a igrexa, escoller de entre eles algúns homes para mandalos a Antioquía con Paulo e Bernabé: a Xudas, chamado Barsabás, e a Silas, homes prominentes entre os irmáns; 23e escribiron da súa man: -Os apóstolos e os irmáns que son anciáns, aos irmáns na Antioquía, Siria e Cilicia, que son dos xentís, saúdos.5 24Xa que oímos que algúns dos nosos, aos que non autorizamos, inquietáronvos coas súas palabras, perturbando as vosas almas, 25pareceunos ben, chegado a un común acordo, escoller algúns homes para mandalos a vós cos nosos amados Bernabé e Paulo, 26homes que arriscaron a súa vida polo nome do noso Señor Xesús Cristo.27Polo tanto, mandamos a Xudas e a Silas, que tamén vos informaran das mesmas cousas en persoa. 28Porque pareceu ben ao Espírito Santo e a nós non impoñervos maior carga que estas cousas esenciais: 29que vos absteñades das cousas sacrificadas aos ídolos, do sangue, do esganado e de fornicación. Se vos gardades de tales cousas, ben faredes. Pasádeo ben!30Así que eles, despois de seren despedidos, descenderon a Antioquía; e reunindo a congregación, entregaron a carta; 31e cando a leron, alegráronse moito polo consolo que lles producía. 32Sendo Xudas e Silas tamén profetas, consolaron e confortaron aos irmáns con moitas palabras.33E despois de pasar alí algún tempo, foron despedidos en paz polos irmáns para volver a aqueles que os mandaran. 34Pero a Silas pareceulle ben quedar alí. 35Mais Paulo e Bernabé quedaron na Antioquía ensinando e predicando con moitos outros a palabra do Señor.36Despois dalgúns días Paulo dixo a Bernabé: -Volvamos e visitemos os irmáns en tódalas cidades onde pregoamos a palabra do Señor para ver como están. 37Bernabé quería levar tamén con eles a Xoán, chamado Marcos, 38pero Paulo consideraba que non debían levar con eles a quen desistira na Panfilia e non os acompañara na obra.39Entón alporizáronse de tal xeito, que se separaron un do outro, e Bernabé tomou a Marcos con el e embarcaron cara a Chipre. 40Mais Paulo escolleu a Silas e partiu, sendo encomendado polos irmáns á graza do Señor. 41E viaxaba por Siria e Cilicia confirmando as igrexas.
1Chegou tamén a Derbe e a Listra. E estaba alí certo discípulo de nome Timoteo, fillo dunha muller xudía crente, pero de pai grego, 2do que falaban moi ben os irmáns que estaban en Listra e Iconio. 3Paulo quixo que este fora con el, e colleuno e circuncidouno por mor dos xudeus que había naqueles lugares, porque todos eran coñecedores de que o seu pai era grego.4E mentres ían pasando polas vilas, facíanlles entrega dos acordos aos que chegaran os apóstolos e os anciáns que estaban en Xerusalém, a fin de que os obedeceran. 5Deste modo eran confirmadas as igrexas na fe, e cada día medraban en número.6Sendo impedidos polo Espírito Santo de falaren a palabra na Asia, pasaron pola rexión de Frixia e Galacia, 7e cando chegaron a Misia, procuraron ir a Bitinia, mais o Espírito de Xesús non llelo permitiu. 8E pasando por Misia, baixaron a Troas.9Pola noitiña foille amosada unha visión a Paulo: un home de Macedonia estaba en pé, rogándolle e dicindo: pasa a Macedonia e axúdanos! 10Cando tivo a visión, procuramos ir a Macedonia decontado, convencidos de que fora Deus quen nos chamara para levarlles as boas novas.11Partindo de Troas, navegamos dirección a Samotracia, e ao día seguinte a Neápolis, 12de alí a Filipos, que é unha vila principal da provincia de Macedonia, unha colonia; e quedamos nesta vila por varios días. 13E no día de repouso, saímos da porta para fóra, á beira dun río, onde pensabamos que habería un lugar de oración; e sentándonos falabámoslles ás mulleres que se xuntaran.14E unha muller da vila de Tiatira chamada Lidia, vendedora de tecidos de púrpura, que adoraba a Deus, estaba a escoitar; e o Señor abriulle o seu corazón para que atendera ao que Paulo dicía. 15Cando ela e a súa familia, se bautizaron, rogóunos dicindo: -Se credes que son fiel ao Señor, achegádevos á miña casa e quedade alí. E convenceunos para ir.16E aconteceu que mentres iamos ao lugar de oración, saíu á nosa procura unha rapaza escrava que tiña espírito de adiviñación, e daba moitas ganancias aos seus amos, adiviñando. 17Esta, seguindo a Paulo e a nós, berraba, dicindo: -Estes homes son servos do Deus Altísimo, os que vos anuncian o camiño da salvación. 18E viña facendo isto por moitos días; mais cansando isto a Paulo, volveuse e díxolle ao espírito: -Ordénoche no nome de Xesús Cristo, que saias dela! E saíu nese mesmo intre.19Pero cando os seus amos viron que se lles fora a esperanza da súa ganancia, prenderon a Paulo e a Silas, a arrastráronos ata a praza, perante as autoridades; 20e despois de presentalos aos maxistrados superiores, dixeron: -Estes homes, sendo xudeus, alborotan a nosa vila, 21e anuncian costumes que non nos está permitido admitir nin praticar, sendo nós romanos.22A multitude levantouse en contra deles, e os maxistrados superiores, rachándolles as roupas, mandaron que os zorregaran. 23E despois de darlles moitos golpes, botáronos no cárcere, mandándolle ao carcereiro, que os custodiara con seguridade; 24ao recibir esta orde, botounos no calabozo e aseguroulles os pés no cepo.25Cara a medianoite, Paulo e Silas oraban e cantaban louvando con himnos a Deus, e os presos escoitábanos. 26De súpeto, veu un terremoto, de xeito que os alicerces do cárcere foron sacudidos; ao momento abríronse tódalas portas, e soltáronse as cadeas de todos.27Espertando o carcereiro e vendo abertas todas as portas do cárcere, sacou a súa espada para matarse, pois cría que os presos fuxiran. 28Mais Paulo clamou a gran voz dicindo: non te fagas mal algún, pois estamos todos aquí!29Entón el pediu luz, e adentrouse, e tremendo, botouse aos pés de Paulo e Silas, 30e despois de sacalos, dixo: -Señores, que teño que facer para ser salvo? 31Eles responderon: -Cre no Señor Xesús, e serás salvo, ti e mailos teus.32E faláronlle a palabra do Señor a el e a todos os que estaban na súa casa. 33E el recibíndoos naquela mesma noite, lavoulles as feridas, axiña foi bautizado, el e todos os seus. 34E fixo que subiran ao seu fogar, e convidounos a comer, a alegrouse moitísimo por ter crido en Deus xunto cos seus.35Ao amencer, os maxistrados superiores, mandaron os seus oficiais, dicindo: -Solta a eses homes. 36O carcereiro comunicoulle a Paulo a mensaxe: -Os maxistrados superiores deron a orde de que se vos solte. Así que, saíde agora e ide en paz.37Mais Paulo díxolles: -Mesmo que sendo romanos, fomos azoutados diante da xente sen facernos xuízo e botándonos no cárcere; e agora vannos soltar en segredo? Diso nada! Que veñan eles a sacarnos! 38E os oficiais informaron os maxistrados superiores, e ao saber que eran romanos, colleron medo. 39Entón viñeron, e suplicáronlles, e despois de sacalos, rogábanlles que saíran da cidade.40Cando saíron do cárcere foron á casa de Lidia, e ao ver aos irmáns, consoláronos e partiron.
1Despois de pasar por Anfípolis e pola Apolonia, chegaron a Tesalónica, onde había unha sinagoga de xudeus. 2E Paulo, segundo o seu costume, foi a eles e durante tres días de repouso discutiu con eles baseándose nas Escrituras,3explicando e presentando as evidencias de que era necesario que o Cristo padecera e fora resucitado de entre os mortos, dicindo: -Este Xesús, a quen eu vos anuncio, é o Mesías! 4Algúns deles creron e uníronse a Paulo e a Silas, xuntamente cunha grande multitude de gregos temerosos de Deus e moitas mulleres importantes.5Mais os xudeus incrédulos, cheos de envexa, levaron a algúns homes malvados da praza pública, organizaron unha turba e axitaron a cidade, e, asaltando a casa de Iasón, procuraban levalos diante do pobo. 6Pero ao non atopalos, arrastraron a Iasón e a algúns irmáns perante as autoridades da cidade, berrando: -Eses, que revolucionan o mundo, viñeron tamén aquí! 7Iasón recibiunos, e van todos contra os decretos do César, dicindo que hai outro rei, Xesús.8E alborotaron a toda a multitude e ás autoridades da cidade que ouvían tal. 9Mais despois de recibir unha fianza de Iasón e dos outros, soltáronos.10De seguida, pola noite, os irmáns enviaron a Paulo e Silas a Berea. Ao chegaren, foron á sinagoga dos xudeus. 11Estes eran máis nobres que os de Tesalónica, pois recibiron a palabra con todo interese, profundizando diariamente nas Escrituras, para veren se estas cousas eran así. 12Por iso, moitos deles creron, así como tamén moitos gregos, homes e mulleres notables.13Mais cando os xudeus de Tesalónica souberon que Paulo predicara a palabra de Deus tamén en Berea, foron para alá para axitar e alborozar ás multitudes. 14Entón os irmáns mandaron a Paulo inmediatamente cara o mar; mais Silas e Timoteo quedaron alí. 15Os que guiaban a Paulo levárono ata Atenas; e, despois de recibir a orde de que Silas e Timoteo se uniran a el o mais axiña posible, marcharon.16Mentres Paulo agardaba por eles en Atenas, consumíase por dentro ao ver a cidade chea de ídolos. 17Así que discutía na sinagoga cos xudeus e cos xentís temerosos de Deus, e todos os días na praza do mercado cos que estivesen presentes.18Tamén discutían con el algúns dos filósofos epicúreos e estoicos. E algúns dicían: -Que quere dicir este linguateiro? E outros: -Semella un predicador de divinidades estrañas (porque lles predicaba de Xesús e a resurrección).19Colléronno e levárono ao Areópago, dicindo: -Podemos saber que é esta nova doutrina que proclamas? 20Porque che escoitamos dicir cousas estrañas, e queremos saber que significan. 21(Pois todos os atenienses e os estranxeiros que alí vivían pasaban o tempo falando ou escoitando as novidades).22Entón Paulo poñendose en pé no medio do Areópago, dixo: atenienses, vexo que sodes moi relixiosos en tódolos sentidos. 23Porque mentres pasaba e observaba os vosos obxetos de culto, tamén atopei un altar con esta inscrición: ao Deus descoñecido. Pois o que vós adorades sen coñecer, é a quen eu vos anuncio.24O Deus que fixo o mundo e todo o que nel hai, Señor do ceo e da terra, non habita en templos feitos pola man dos homes, 25nin o serven mans humanas, coma se El precisase algo, posto que El dá vida a todos e alento e tódalas cousas.26E dun só fixo tódalas nacións do mundo para que habitasen toda a terra, e estableceu a orde dos tempos e os lindes dos seus territorios, 27para que buscasen a Deus, e o atopasen dalgún xeito, aínda as apalpadas, xa que non está lonxe de ningún de nós;28porque por El vivimos, movémonos e existimos, tal e como dixo algún dos vosos poetas: porque nós tamén somos da súa linaxe. 29Así que, sendo nós da linaxe de Deus, non debemos pensar que a natureza divina sexa semellante ao ouro, prata ou pedras esculpidas pola arte ou a imaxinación do home.30Polo tanto, pasando por alto os tempos da ignorancia, Deus advirte agora a tódalas persoas en todo lugar, que se arrepintan, 31porque El estableceu un día no que xulgará o mundo con xustiza, por medio do Home que El escolleu, tendo presentado a todos a garantía de que iso vai acontecer ao resucitalo de entre os mortos.32Pero cando escoitaron da resurrección dos mortos, algúns burlábanse, mais outros dixeron: -Escoitarémoste outra vez sobre isto. 33Entón Paulo saíu do medio deles. 34Mais algúns xuntáronse con el e creron, entre os que estaba Dionisio o Aeropaxita, unha muller chamada Dámaris e outros máis.
1Despois disto, Paulo saíu de Atenas e foi a Corinto 2e atopouse cun xudeu que se chamaba Aquila, natural de Ponto, quen acababa de chegar de Italia con Prisca, a súa muller (pois Claudio ordenara a todos os xudeus que saísen de Roma), e foi canda eles; 3e como el era do mesmo oficio, quedou con eles e traballaban xuntos, pois o oficio deles era facer tendas.4E disertaba na sinagoga tódolos días de repouso, e tentaba persuadir a xudeus e gregos. 5Cando Silas e Timoteo descenderon da Macedonia, Paulo adicábase por completo á predicación da palabra, testemuñando solemnemente aos xudeus que Xesús era o Mesías. 6Pero cando eles se puxeron en contra e blasfemaron, el sacudiu as súas roupas e díxolles: o voso sangue sexa sobre as vosas cabezas; eu son limpo; dende agora irei aos xentís.7E partindo de alí, foise a casa dun home chamado Ticio Xusto, que adoraba a Deus e a súa casa estaba preto da sinagoga. 8Tamén Crispo, o oficial da sinagoga, creu no Señor con toda a súa casa e moitos dos corintios, ao escoitar, crían e eran bautizados.9E por medio dunha visión durante a noite, O Señor díxolle a Paulo: -Non temas, senón fala e non cales; 10porque Eu estou contigo, e ninguén virá por ti para facerche mal, porque Eu teño moito pobo nesta cidade. 11E quedou alí un ano e seis meses, ensinando a palabra de Deus entre eles.12Pero sendo Galión procónsul da Acaia, os xudeus levantáronse a unha contra Paulo e trouxérono ante o tribunal 13dicindo: -Este persuade a todos a que adoren a Deus de maneira contraria á lei.14E cando Paulo ía falar, Galión dixo aos xudeus: -Se fose cuestión dunha inxustiza ou crime depravado, entón xudeus, eu atenderíavos como sería razoable. 15Pero se son cuestións de palabras e nomes, e da vosa propia lei, alá vós; non estou disposto a ser o xuíz destas cousas.16E botounos do tribunal. 17Entón todos eles botaron man de Sóstenes, o oficial da sinagoga, e golpeábano fronte ao tribunal, pero Galión non facía caso de nada disto.18E Paulo, despois de quedar moitos días máis, despediuse dos irmáns e embarcou cara a Siria, e con el ían Priscila e Aquila. E en Cencrea fíxose cortar o cabelo, porque tiña feito un voto. 19Cando chegaron a Éfeso e deixounos alí. E entrando el na sinagoga, discutía cos xudeus.20Cando lle rogaron que se quedara máis tempo, non o consentiu, 21senón que se despediu deles dicindo: -Volverei a vós outra vez, se Deus quere. E partiu a Éfeso.22Ao chegar á Cesarea, subiu a Xerusalém para saudar á igrexa, e logo descendeu a Antioquía. 23E despois de pasar alí algún tempo, saíu percorrendo por orde a rexión da Galacia e da Frixia, fortalecendo a tódolos discípulos.24Chegou entón a Éfeso un xudeu que se chamaba Apolos, natural de Alexandría, home elocuente, e que era poderoso nas Escrituras. 25Este fora instruído no camiño do Señor, e sendo fervente en espírito, falaba e ensinaba con exactitude as cousas referentes a Xesús, aínda que só coñecía o bautismo de Xoán. 26E comenzou a falar valentemente na sinagoga. Pero cando o escoitaron Priscila e Aquila, levárono aparte e explicáronlle con maior exactitude o Camiño de Deus.27Cando el quiso pasar a Acaia, os irmáns animárono, e escribiron aos discípulos para que o recibiran; e cando chegou, axudou moito aos que por graza creran, 28porque rebatía con rixo en público aos xudeus, demostrando polas Escrituras que Xesús era o Mesías.
1E aconteceu que mentres Apolos estaba en Corinto, Paulo, chegou a Éfeso logo de percorrer as rexións superiores, a atopou a algúns discípulos, 2e díxolles: -Recibistes o Espírito Santo cando crestes? E eles responderon: -Nin sequera ouvimos se hai un Espírito Santo!3El díxolles: -En que bautismo foi que fostes bautizados? Eles responderon: -No bautismo de Xoán. 4Entón Paulo dixo: -Xoán bautizou ao pobo co bautismo de arrepentimento, dicindo que creran no que viría despois del, é dicir, en Xesús.5Cando a xente escoitou isto, foron bautizados no nome do Señor Xesús. 6E cando Paulo lles impuxo as mans, veu sobor deles o Espírito Santo, e falaban en linguas e profetizaban. 7Eran en total uns doce homes.8Paulo entrou na sinagoga, e por tres meses falou con ousadía, discutindo e convencendo en torno ao reino de Deus. 9Pero cando algúns deles se endureceron e tornaron desobedientes falando mal do Camiño diante da multitude, Paulo afastouse deles levando con el os discípulos, e razoaba a cotío na escola de Tirano. 10Isto continuou por dous anos, de modo que todos os que vivían na Asia ouviron a palabra do Señor, tanto xudeus coma gregos.11E Deus facía milagres non comúns polas mans de Paulo, 12de tal xeito que levaban os seus panos ou delantais aos doentes, e as enfermidades alonxábanse deles e os espíritos malignos saían.13Entón algúns xudeus, exorcistas ambulantes, procuraron invocar no nome do Señor Xesús sobre os que tiñan espíritus malignos, dicindo: -Ordénovos por Xesús, a quen Paulo predica! 14E facían isto sete fillos dun tal Esceva, sumo sacerdote xudío.15Pero un espírito maligno respondeu e díxolles: -A Xesús coñezo, e sei quen é Paulo, pero, quen sodes vós? 16E o home no que estaba o espírito maligno, botouse enriba deles, a dominounos e puido máis ca eles, de xeito que fuxiron daquela casa espidos e feridos. 17E foi sabido isto por todos os habitantes de Éfeso, tanto xudeus coma gregos; e o temor apoderouse de todos eles, e o nome do Señor Xesús era engrandecido.18Tamén moitos dos que creran seguían vindo, confesando e declarando as súas prácticas. 19Entón, moitos dos que practicaban as artes máxicas, xuntando os seus libros, prendéronlles lume diante de todos, e botando contas do seu valor, viron que eran como cincuenta mil moedas de prata. 20E polo poder do Señor a palabra medraba e prevalecía.21Pasadas estas cousas, Paulo propúxose no seu espírito ir a Xerusalém logo de percorrer Macedonia e Acaia, dicindo: despois de que vaia alí, debo visitar tamén Roma. 22E mandando a Macedonia a dous dos seus axudantes, Timoteo e Erasto, quedou el na Asia por algún tempo.23Por aquel entón, produciuse un albordo non pequeno por mor do Camiño. 24Porque un prateiro chamado Demetrio, que facía santuarios de prata de Artemisa e daba non poucas ganancias aos artesáns, 25xuntou a estes cos obreiros de oficios semellantes, e dixo: -Compañeiros, sabedes que a nosa prosperidade depende deste comercio.26E vedes e escoitades que non só en Éfeso, senón en case toda Asia, este Paulo convenceu a moitas persoas, e afastounas, dicindo que os deuses feitos coas mans non son deuses verdadeiros. 27E non só corremos perigo de que o noso oficio caia en descrédito, senón tamén de que o templo da gran deusa Artemisa sexa considerado sen valor, e que ela, a quen adora toda a Asia e o mundo enteiro, sexa despoxada da súa grandeza.28Cando escoitaron isto, enchéronse de ira, e berraban, dicindo: -Grande é Artemisa dos efesios! 29E a cidade encheuse de confusión, e lanzáronse a unha ao teatro e riparon a Gaio e a Aristarco, os compañeiros de Paulo, que eran da Macedonia.30Cando Paulo quixo presentarse ante o pobo, os discípulos non llelo permitiron. 31Tamén algúns dos asiarcas, que eran amigos seus, enviaron a rogarlle que non se presentara no teatro. 32Así que uns berraban unha cousa e outros outra, porque estaban tan aturullados, que a maioría non sabía nin para que se xuntaran.33E de entre a multitude, empurraron a Alexandre instruído polos xudeus, quen acenando coa man, quería facer a súa defensa diante da xente. 34Pero cando caeron en conta de que era xudeu, berraron como por dúas horas: -Grande é Artemisa dos efesios!35Entón o secretario, logo de acougar a multitude, dixo: -Cidadáns de Éfeso, haberá alguén que non saiba que a cidade de Éfeso é gardiá do templo da gran Artemisa e da súa imaxe caída do ceo? 36Xa que estes feitos son innegables, debedes acougar e non facer nada apuradamente. 37Porque trouxestes a estes homes que nin rouban templos, nin blasfeman a nosa deusa.38Así pois, se Demetrio e os artesáns que están con el teñen queixa contra algún, os tribunais están abertos e os procónsules dispostos; presentade as vosas acusacións uns contra doutros. 39E se solicitades algo máis, decidirase en asamblea lexítima. 40Pois certamente corremos perigo de sermos acusados de sedición en relación ao acontecido hoxe, xa que non existe causa xustificada para isto, e non podemos explicar semellante rebumbio. 41E dito isto, despediu a reunión.
1Logo de que rematara o rebumbio, Paulo mandou chamar os dicípulos, animounos, despediuse deles e marchou para a Macedonia. 2Despois de percorrer aquelas rexións e telos animado moito, chegou a Grecia. Botou alí tres meses. 3Cando estaba a piques de embarcar para Siria, os xudeus que estaban en contra del argallaron unha conspiracón, así que decidiu volver por Macedonia.4E acompañábano Sópater de Berea, fillo de Pirro; dos tesalonicenses Aristarco e Segundo, Gaio de Derbe, e Timoteo; e da Asia Tíquico e Trófimo. 5Mais estes adiantáranse e agardábannos en Troas. 6Pero nós, logo de pasaren os días dos pans sen fermento, embarcamos en Filipos, e en cinco días chegamos onde estaban eles en Troas, e quedamos alí sete días.7No primeiro día da semana cando estabamos reunidos para partir o pan, Paulo faláballes, pensando en marchar ao día seguinte, e estivo a explicar a palabra ata a medianoite. 8Había moitas lámpadas no apousento alto onde estabamos reunidos.9E un mozo chamado Eutico estaba sentado na fiestra; e como Paulo seguíu a falar, foi caendo nun sono profundo, ata que, vencido polo sono, caeu dende o terceiro piso e recollérono morto. 10Mais Paulo baixou e botouse sobre el, e despois de abrazalo dixo: -Non vos asustedes, porque el está vivo.11Subíu, e despois de partir o pan e de comer, conversou moito tempo con eles ata o amencer, e marchou. 12E levaron o rapaz vivo e tiveron grande consolo.13Entón nós, adiantándonos, embarcamos rumbo a Asón, coa intención de recoller alí a Paulo, pois el dispuxérase a ir por terra. 14Cando nos atopou en Asón, trouxémolo a bordo e dirixímonos a Mitilene.15E partindo de alí, ao día seguinte chegamos a Quío, e ao outro día atracamos en Samos; e ao día seguinte chegamos a Mileto. 16Porque Paulo decidira facer escala en Éfeso para non perder tempo na Asia, xa que apuraba para estar en Xerusalém, se lle era posible, o día de Pentecostés.17Pero mandou recado a Éfeso dende Mileto e mandou chamar aos anciáns. 18Cando chegaron onda el, díxolles: -Vós tamén sabedes como fun con vós todo este tempo, dende o primeiro día que estiven na Asia, 19servindo ao Señor con toda humildade e con bágoas e con probas que me sobreviñeron por causa das maquinacións dos xudeus; 20como non agochei nada que vos puidese ser útil e de ensinarvos publicamente e de casa en casa, 21testificando solemnente, tanto a xudeus coma a gregos, do arrepentimento para con Deus e da fe no noso Señor Xesús Cristo.22E agora, velaí que, obrigado polo espírito, vou para Xerusalém, sen saber o que me acontecerá alá, 23salvo que o Espirito Santo testifícame en cada cidade, dicindo que me agardan cadeas e aflicións. 24Mais de ningún xeito estimo a miña vida como valiosa para min mesmo, a fin de poder terminar a miña carreira e o ministerio que recibín do Señor, para dar testemuño verdadeiro do evanxeo da graza de Deus.25E agora, velaí, eu sei que ningún de vós, entre os que andei predicando do reino, volverá ver o meu rostro. 26Polo tanto, sodes testemuñas neste día de que son inocente do sangue de todos, 27porque nunca rexeitei declararvos todo o propósito de Deus.28Tende coidado de vós e de todo o rabaño, no medio do que o Espírito Santo vos puxo como supervisores para pastorear a igrexa de Deus, que comprou co seu propio sangue. 29Sei que despois da miña marcha, virán lobos feros entre vós que non perdoarán o rabaño, 30e que de entre vós mesmos se levantarán algúns falando cousas perversas para arrastrar os discípulos tras deles.31Polo tanto, estade vixiantes, lembrando que por tres anos, noite e día, non parei de aconsellarvos a cada un con bágoas. 32Agora encoméndovos a Deus e á palabra da súa graza, que é poderosa para edificarvos e darvos a herdanza entre todos os santificados.33Nunca codiciei prata nin ouro, ou a roupa de ninguén. 34Vós sabedes que estas mans me serviron para cubrir as miñas propias necesidades e as dos que estaban comigo. 35Amoseivos en todo que así, traballando, debedes axudar aos débiles e lembrar as palabras do Señor Xesús , que dixo: "Hai maior felicidade en dar que en recibir".36Cando rematou de falar, axeonllouse e orou por eles. 37E comezaron a chorar desconsoladamente, e botábanse agarimosamente sobre el e bicábano, 38especialmente aflixidos porque dixera que non volverían ver o seu rostro. E acompañárono ata o barco.
1Despois de separarnos deles, embarcamos e fomos rumbo directo a Cos, ao día seguinte a Rodas, e de alí a Pátara. 2Cando atopamos un barco cruzando sobre Fenicia, subimos a bordo e preparámonos para partir.3Cando avistamos Chipre, deixándoa á esquerda, navegamos cara a Siria e desembarcamos en Tiro porque a nave tiña que deixar o seu cargamento alí. 4Despois de atopar aos discípulos, quedámonos alí sete días, e eles dicíanlle a Paulo, polo Espírito, que non fora a Xerusalém.5Pero pasados aqueles días partimos e emprendemos a nosa viaxe mentres que todos eles, con mulleres e fillos, nos acompañaron ata as aforas da cidade. Despois de axeonllármonos e orar na praia, despedímonos uns doutros. 6Entón subimos no barco e eles volveron aos seus fogares.7Rematando a viaxe dende Tiro, chegamos a Tolemaida, e despois de saudar aos irmáns, quedamos con eles un día. 8Ao día seguinte partimos e chegamos a Cesarea, e entrando na casa de Filipe, o evanxelista, que era un dos sete, quedámonos onda el. 9Este tiña catro fillas solteiras que profetizaban.10E parando alí varios días, descendeu da Xudea certo profeta chamado Agabo, 11quen veu vernos, e tomando o cinto de Paulo, atouse as mans e os pés e dixo: -Isto di o Espírito Santo: así atarán os xudeus en Xerusalém ao dono deste cinto, e entregarano en mans dos xentís.12Ao escoitar isto, tanto nós coma os que vivían alí rogabámoslle que non subise a Xerusalém. 13Entón Paulo respostou: -Que facedes chorando e rompéndome o corazón? Porque estou listo non só para ser atado, senón tamén para morrer en Xerusalém polo nome de Xesús o Mesías. 14Como non se deixaba convencer, desistimos, dicíndonos: que se faga a vontade do Señor.15Despois destes días, preparámonos e comezamos a subir cara a Xerusalém. 16E nos acompañaron tamén algúns xudeus de Cesarea, que nos levaron a nos hospedaron con Mnasón de Chipre, un antigo discípulo.17Cando chegamos a Xerusalém, os irmáns recibíronnos con gozo. 18E ao día seguinte Paulo foi connosco a ver a Xacobe e tódolos anciáns estaban presentes. 19E despois de saudalos, comezou a contarlles con detalle as cousas que Deus fixera entre os xentís polo seu ministerio.20Cando eles oíron isto, louvaron a Deus e dixéronlle: -Irmán, xa ves cantos miles hai entre os xudeus que creron, pero todos son celosos da lei. 21Contóuselles sobre ti, que ensinas a tódolos xudeus entre os xentís que se aparten de Moisés, dicíndolles que non circunciden aos seus fillos nin observen as tradicións.22Entón, que é o que se debe facer? Porque sen dúbida a multitude hase reunir ao ouvir que viñeches. 23Polo tanto fai isto que che dicimos: temos catro homes que fixeron un voto; 24cólleos e purifícate canda eles e paga os seus gastos para que se rapen a cabeza e todos saberán que non hai nada certo no que se lles dixo sobre ti, senón que ti tamén vives ordenadamente, gardando a lei.25Pero en canto aos xentís que creron, nós lles escribimos dicidíndolles que deben absterse do sacrificado aos ídolos, do sangue, do esganado e da fornicación. 26Entón Paulo colleu con el os homes e ao día seguinte, purificándose canda eles, foi ao templo notificando do remate dos días de purificación, ata que o sacrificio se ofrecese por cada un deles.27Cando estaban a se cumprir os sete días, os xudeus da Asia, ao velo no templo, comezaron a incitar a todo o pobo e botáronlle man 28berrando: -Israelitas, axudádenos! Este é o home que ensina a todos por todas partes contra o noso pobo, a lei e este lugar! Ademais incluso traeu gregos ao templo e profanou este lugar santo. 29Pois anteriormente viran a Trófimo o efesio canda el na cidade e pensaban que fora Paulo quen o trouxera ao templo.30Alborotouse toda a cidade e a xente chegou de todas partes ás carreiras, e botándolle a man a Paulo arrastrárono fóra do templo e coa mesma pecharon as portas. 31Mentres procuraban matalo chegou aviso ao comandante da compañía que toda Xerusalém estaba alborotada.32Axiña colleu con el soldados e centurións e correu cara eles; cando viron ao comandante e aos soldados, deixaron de bater en Pablo. 33Entón o comandante chegou e prendeuno e ordenou que o ataran con dúas cadeas e preguntaba quen era e que fixera.34Pero a multitude estaba berrando unha cousa e outros outra e como non foi quen de averiguar os feitos por mor do barullo, ordenou que o levaran ao cuartel. 35Cando chegou ás gradas, aconteceu que os soldados tiveron que cargalo por mor da violencia da multitude, 36porque a multitude seguíaos berrando: que morra!37Cando estaban para meter a Paulo no cuartel, díxolle ao comandante: -Podo dicir algo? E el dixo:- Sabes grego? 38Daquela non es ti o exipcio que hai tempo levantou unha revolta e sacou os catro mil homes dos asasinos ao deserto?39Paulo respondeu: -Eu son xudeu de Tarso da Cilicia, cidadán dunha cidade non sen importancia e suplícoche que me permitas falar ao pobo. 40Cando o comandante lle concedeu o permiso, Paulo, de pé sobre as gradas, fixo un aceno coa man e cando houbo gran silencio faloulles na lingua hebrea dicindo:
1-Meus irmáns e pais, escoitade agora a miña defensa diante de vós. 2Oíndo eles que falaba en hebreo, calaron; e dixo el:3-Eu son xudeu, nado en Tarso da Cilicia, pero criado nesta vila, fun instruído en todo o rigor da lei ancestral aos pés de Gamaliel, sendo tan celoso de Deus coma todos vós. 4Perseguín este Camiño a morte, atando e metendo no cárcere a homes e tamén a mulleres, 5do que poden dar testemuño o sumo sacerdote mailo consello dos anciáns, pois deles recibín cartas para os irmáns en Damasco, e viaxei alá a fin de traelos presos a Xerusalém, para que fosen castigados.6Pero cando ía de camiño, estando xa preto de Damasco, como ao mediodía, de súpeto unha luz moi brillante do ceo resplandeceu arredor de min, 7e caín no chan, e oín unha voz que me dicía: -Saulo, Saulo, por que me persegues? 8E respondín: -Quen es, Señor? e El díxome: -Eu son Xesús o Nazareno, a quen ti persegues.9E os que estaban comigo efectivamente viron a luz, mais non sentiron a voz de quen estaba a falar comigo. 10Entón eu dixen: -Que debo facer, Señor? e o Señor díxome:-Érguete e vai a Damasco; alí diráseche todo o que se dispuxo que fagas. 11Pero como eu non vía polo resplandor daquela luz, os que estaban comigo leváronme da man e entrei en Damasco.12Entón, un tal Ananías, home piadoso segundo as normas da lei, e de quen daban bo testemuño todos os xudeus que vivían alí, 13achegouse a min, e poñéndose á beira miña, díxome: -Irmán Saulo, recupera a vista. E coa mesma puiden velo.14Entón el dixo:-O Deus dos nosos pais designoute para que coñezas a súa vontade, vexas ao Xusto, e escoites a voz da súa boca. 15Porque lle serás testemuña a todas as persoas do que viches e escoitaches. 16E agora, a que agardas? Érguete e bautízate e lava os teus pecados invocando o seu nome.17E aconteceu que cando cheguei de volta a Xerusalém, mentres oraba no templo, caín nun éxtase, 18e vin ao Señor que me dicía: -Apresúrate e sae pronto de Xerusalém porque non van recibir o teu testemuño acerca de min.19E dixen eu: -Señor, eles saben de sobra que sinagoga tras sinagoga eu metía presos e zoscaba aos que crían en ti. 20E cando se vertía o sangue de Estevo, testemuña túa, tamén eu estaba alí dando a miña aprobación, e coidando os mantos dos que o estaban a matar. 21Pero El díxome: -Vai, porque Eu voute mandar lonxe, aos xentís.22Escoitárono ata que dixo isto, entón, levantaron a voz e dixeron: -Quita da terra a este individuo! Non se lle debe permitir que viva! 23Como eles berraban, e tiraban os seus mantos, espallando o pó polo aire, 24o tribuno mandou que o meteran na fortaleza, dicindo que o atormetaran con azoutes para descubrir a razón pola que berraban na súa contra daquel xeito.25Pero cando o estaban atando con correas, Paulo díxolle ao centurión alí presente: -Será que podedes azoutar a un cidadán romano sen facerlle un xuízo? 26Escoitando isto o centurión, foi onda o tribuno e avisoulle, dicindo: -Que vas facer? Mira que este home é romano.27E achegouse o tribuno a Paulo e díxolle: -Dime, es ti romano? E el dixo: -Son. 28E o tribuno respondeu: -Eu, cunha grande suma, adquirín esta cidadanía. E Paulo dixo: -Pois eu son cidadán de nacemento. 29Entón os que o ían azoutar para interrogalo, soltárono ao momento; e tamén o tribuno, sabendo que o tivera atado, colleu medo ao saber que era romano.30Ao día seguinte, querendo saber de seguro por que o acusaban os xudeus, desatouno e ordenoulles aos principais sacerdotes e a todo o consello que se reuniran; e sacando a Paulo, púxoo diante deles.
1Entón Paulo, fitando ao concilio, dixo: -Irmáns, ata este día vivín coa conciencia limpa diante de Deus. 2O sumo sacerdote Ananías mandou aos que estaba xunto a el, que lle batesen na boca. 3Entón Paulo díxolle: -Deus hache golpear a ti, parede branquexada! Sentas para xulgarme segundo a lei e violas a lei ordenando que me zosquen?4Os que estaban a mirar, dixeron: -Inxurias ao sumo sacerdote de Deus? 5E Paulo dixo: -Irmáns, non sabía que el era o sumo sacerdote; porque está escrito: "Non falarás mal das autoridades do teu pobo".6Entón Paulo, caendo na conta de que uns eran saduceos e outros fariseos, levantou a voz no Sanedrín: -Irmáns, eu son fariseo, fillo de fariseos. Xúlgaseme pola nosa esperanza na resurrección dos mortos! 7Cando dixo isto, comezou unha disputa entre os fariseos e os saduceos, e a asemblea dividiuse. 8Porque os saduceos din que non hai resurrección nin anxos nin espíritos, pero os fariseos cren en todo isto.9Entón fíxose un grande boureo. E erguéronse algúns dos escribas do grupo dos fariseos, discutindo con enerxía, dicindo: -Non atopamos nada malo neste home, e se é certo que un espírito ou un anxo lle falou? 10Como o rebumbio ía cada vez a máis, o xefe da garda tivo medo de que esnaquizasen a Paulo e ordenou que as tropas baixasen para quitalo pola forza do medio deles e o levasen ao cuartel.11A noite seguinte o Señor aparecéuselle a Paulo e dixo: -Ten ánimo, porque como deches testemuño da miña causa en Xerusalém, así tamén testificarás en Roma.12Ao amencer, os xudeus argallaron unha conspiración e comprometéronse cun xuramento dicindo que non comerían nin beberían ata que matasen a Paulo. 13Os que tramaron este plan eran máis de corenta,14foron aos principais sacerdotes e aos anciáns e dixeron: -Comprometémonos baixo xuramento a non probar nada ata que teñamos matado a Paulo. 15Agora, vós e o concilio, avisade ao xefe da garda para que o traian diante de vós, como se quixerades investigar polo miúdo para resolver o caso. Nós, pola nosa banda, estaremos listos para matalo antes de que chegue.16Mais o fillo da irmá de Paulo soubo da emboscada e foi e entrou no cuartel e avisou a Paulo. 17Paulo, chamando a un dos centurións, dixo: -Leva a este mozo ao xefe da garda, porque ten algo que contarlle.18El entón, colléndoo consigo, levouno ao comandante e díxolle: -Paulo, o preso, chamoume e pediume que trouxera a este mozo, xa que ten algo que che contar. 19O xefe da garda, colleuno da man, levouno aparte, e preguntoulle: -Que é o que me tes que contar?20E el respondeu: -Os xudeus concordaron en pedirlle que leve a Paulo mañá ante o Sanedrín co pretexto de facer unha investigación máis a fondo sobre el. 21Mais non lles prestes atención, porque máis de cuarenta homes, comprometéronse baixo xuramento a non comer nin beber ata que o maten, e agora están preparados agardando a túa autorización.22Entón o xefe da garda deixou marchar o mozo, recomendándolle: non lle digas a ninguén que me informaches destas cousas. 23E chamando aos dous centurións dixo: -Preparade douscentos soldados para as nove da noite, con setenta homes da cabalo e douscentos lanceiros, para que vaian á Cesarea. 24E ordenou que preparasen tamén cabalgaduras para que Paulo puidese montar, e levalo a salvo ao gobernador Félix.25E escribiulle unha carta nestes termos: 26Claudio Lisias, ao excelentísimo gobernador Félix: salve. 27Cando este home foi arrestado polos xudeus, e estaba a piques de ser asasinado por eles, ao saber que era romano, fun coas tropas e rescateino.28Querendo saber a causa pola que o acusaban, leveino ao concilio 29e atopei que o acusaban sobre cuestións da súa lei, pero de ningún cargo que merecera a morte ou o cárcere. 30Cando fun informado de que había un complot en contra deste home, mandeicho deseguida, ordenando tamén aos seus acusadores de que presentaran cargos contra el diante de ti.31Así que os soldados, seguindo as ordes que tiñan, colleron a Paulo e levárono de noite a Antípatris. 32Ao día seguinte volveron ao cuartel deixando que os xinetes marcharan con el. 33Eles, despois de chegar á Cesarea e de lle entregar a carta ao gobernador, presentáronlle a Paulo.34Cando o gobernador leu a carta, preguntou de que provincia era Paulo. E ao decatarse de que era da Cilicia, 35dixo: -Oireite cando estean presentes os teus acusadores. E mandou que o gardasen no Pretorio de Herodes.
1Cinco días máis tarde, o sumo sacerdote Ananías descendeu con algúns anciáns e cun avogado chamado Tértulo e presentaron ao gobernador os seus cargos contra Paulo. 2Despois que chamaron a Paulo, Tértulo comezou a acusalo dicindo ao gobernador: -Xa que por ti obtivemos moita paz e que pola túa providencia estanse levando a cabo reformas en favor desta nación, 3nós por todos os medios e en todas partes, recoñecemos isto con profunda gratitude, excelentísimo Félix.4Agora para non amolarte máis, suplico que coa túa bondade, nos concedas unha breve audiencia. 5Pois descubrimos que este home é verdadeiramente unha praga e que provoca disensións entre todos os xudeus polo mundo enteiro, sendo o responsable da seita dos nazarenos. 6Mesmo tratou de profanar o templo, entón arrestámolo e quixemos xulgalo segundo a nosa lei.7Pero intervindo o comandante Lisias, con gran violencia quitóunolo das mans, 8mandando aos seus acusadores que viñeran canda ti. Se ti mesmo o interrogas sobre todo o que dixo, poderás comprender de que o estamos a acusar. 9Os xudeus uníronse tamén á acusación asegurando que estas cousas eran tal que así.10Despois que o gobernador lle fixo un aceno para que falara, Paulo respondeu: -Sabendo que por moitos anos ti fuches xuíz desta nación, con gusto presento a miña defensa, 11posto que ti podes comprobar o feito de que non hai máis de doce días que subín a Xerusalém a adorar. 12E nin no templo, nin nas sinagogas, nin na cidade me atoparon discutindo con ninguén nin facendo motíns. 13Nin tampouco poden probar as cousas das que agora me acusan.14Pero isto admito ante ti, que segundo o Camiño que eles chaman herexía, eu sirvo o Deus dos nosos pais, crendo todo o que é conforme á lei e o que está escrito nos profetas; 15tendo a mesma esperanza en Deus que estes tamén agardan, de que certamente haberá unha resurrección tanto dos xustos coma dos inxustos. 16Por isto, eu tamén me esforzo por conservar sempre unha conciencia irreprensible diante de Deus e de tódalas persoas.17Agora ben, despois de varios anos, vin para traer esmolas á miña nación e presentar ofrendas, 18facendo isto, despois de terme purificado, atopáronme no templo, non con turba nin con barullos. 19Pero estaban alí certos xudeus da Asia e que deberían comparecer diante túa se tivesen algo na miña contra.20Ou se non, que estes mesmos digan que delito atoparon cando comparecín perante o Sanedrín, 21agás polo único que dixen en voz alta estando no medio deles: -Pola resurrección dos mortos son xulgado hoxe diante de vós.22Entón, Félix, coñecendo con maior exactitude as cousas acerca do Camiño, pospuxo o asunto dicindo: -Cando veña o comandante Lisias decidirei o voso caso. 23E deu ordes ao centurión de que gardara a Paulo baixo custodia, pero con algunha medida de liberdade e que non impedise a ningún dos seus amigos que o servise.24Pero poucos días máis tarde, chegou Félix con Drusila, a súa muller que era xudía, e mandou traer a Paulo e oíuno falar sobre a fe en Cristo Xesús. 25E ao disertar Paulo sobre a xustiza, o dominio propio e o xuízo vindeiro, Félix atemorizado dixo: -Polo de agora, vaite! Mandareite chamar cando sexa oportuno.26Ao mesmo tempo tiña a esperanza de que Paulo lle dera cartos, polo que moitas veces o facía chamar para conversar con el. 27Pero discorridos dous anos, Porcio Festo chegou como sucesor de Félix, e desexando gañar o favor aos xudeus, Félix deixou preso a Paulo.
1Festo, entón, aos tres dias de chegar á provincia, subiu a Xerusalém dende Cesarea. 2E os principais sacerdotes e os xudeus máis influíntes presentaron demanda contra Paulo, e rogábanlle, 3pedindo un favor na súa contra; que o fixera traer a Xerusalém (preparando eles, ao tempo, unha emboscada para matalo no camiño).4Pero Festo respondeu que Paulo estaba baixo custodia na Cesarea, e que axiña sairía cara alá. 5Os que de entre vós teñan autoridade -díxolles- baixen comigo e se hai algo impropio no home, acusádeo.6Logo de quedar con eles por uns oito ou dez días, non máis, baixou a Cesarea, e ao día seguinte sentou no tribunal e mandou que trouxeran a Paulo. 7Cando este chegou, rodeárono os xudeus que baixaran de Xerusalém, presentando na súa contra moitas e graves acusacións que non podían probar, 8mentres Paulo dicía en defensa propia: -Non cometín delito algún, nin en contra da lei dos xudeus, nin en contra do templo, nin en contra do César.9Pero Festo, querendo gañar o favor dos xudeus, respondeu a Paulo e dixo: -Estás disposto a ir a Xerusalém e a seres xulgado por estas acusacións diante de min? 10Entón Paulo respondeu: -Perante o tribunal do César estou, que é onde debo ser xulgado. Ningunha ofensa lles fixen aos xudeus, como moi ben sabes ti.11Polo tanto, se son culpable, e fixen algo digno de morte, non rexeito morrer; pero se ningunha desas cousas das que estes me acusan, é verdade, ninguén me pode entregar a eles. Apelo ao César. 12Entón Festo, logo de consultar co consello, respondeu: -Ao César apelaches, ao César irás.13Pasados varios días, o rei Agripa e Berenice chegaron a Cesarea e foron saudar a Festo. 14Como estiveron alí moitos días, Festo presentou o caso de Paulo diante do rei, dicindo: -Hai un home que Félix deixou preso, 15sobre o que, estando en Xerusalém, os principais sacerdotes e os anciáns dos xudeus presentaron acusacións na súa contra, pedindo unha sentenza condenatoria en contra del. 16Eu respondinlles que non é costume entres os romanos, entregar a un home sen que antes o acusado confronte os seus acusadores, e teña a oportunidade de defenderse dos cargos.17Así que, cando se reuniron aquí, non demorei, senón que ao día seguinte, sentei no tribunal e mandei que trouxeran o home. 18E levantándose os acusadores, non presentaban cargo algún das cousas perversas que eu sospeitaba, 19senón que tiñan na súa contra algúns puntos de desacordo respecto da súa relixión, e sobre un tal Xesús, xa morto, de quen Paulo afirmaba que está vivo. 20E eu, perplexo con toda esta polémica, pregunteille se quería ir a Xerusalém e ser xulgado aló por estas cousas.21Pero como Paulo apelou para que o reservaran para a decisión imperial, mandei custodialo ata mandalo ao César. 22Entón Agripa díxolle a Festo:-A min tamén me gustaría escoitar a este home. Mañá, dixo Festo, oiralo.23Así que, ao día seguinte, cando Agripa e Berenice con moita pompa, entraron no salón de audiencia, acompañados polos tribunos e os homes máis importantes da vila, Festo mandou traer a Paulo. 24E dixo Festo: -Rei Agripa e demais presentes aquí connosco, velaquí vedes a este home, sobre o que unha multitude de xudeus, tanto aquí coma en Xerusalém, me pediu a berros que non debe vivir máis.25Pero eu descubrín que nel non hai nada digno de morte, e como el mesmo apelou ao emperador, decidín mandalo. 26Pero non teño nada en concreto que escribirlle ao soberano sobre el, razón pola que o trouxen diante de vós, e especialmente diante de ti, rei Agripa, para que logo de interrogalo, eu teña algo que escribir. 27Pois paréceme irracional mandar a un preso e non indicar os cargos na súa contra.
1E Agripa dixo a Paulo: -Permíteseche falar na túa defensa. Entón Paulo extendeu a man e comezou a sua defensa. 2Considérome afortunado, oh, rei Agripa, de poder presentar a miña defensa perante túa con respecto a todas aquelas cousas das que me acusan os xudeus, 3sobre todo, porque es experto en todos os costumes e controversias entre os xudeus; polo que che rogo que me escoites con paciencia.4Pois ben, todos os xudeus coñecen a miña vida dende a miña xuventude, que dende o principio foi entre o meu pobo en Xerusalém; 5xa que eles me coñecen dende hai moito, se queren poden testificar que vivín como fariseo, na seita máis estrita da nosa relixión.6E agora, xúlgaseme pola esperanza da promesa feita por Deus aos nosos pais, 7aquela que agardan acadar as nosas doce tribos, servindo fielmente noite e día. Por esta esperanza, maxestade, acúsanme os xudeus. 8Por que se considera incrible entre vós que Deus resucite os mortos?9Eu de certo, crin que tiña que facer moito mal contra o nome de Xesús de Nazaret. 10E iso é precisamente o que fixen en Xerusalém, non só pechei no cárcere a moitos santos coa autoridade recibida dos principais sacerdotes; senón que tamén, eu daba o meu voto na súa contra cando eran condenados a morte. 11Castigándoos con frecuencia en tódalas sinagogas, procuraba obrigalos a blasfemar; e moi anoxado contra eles, seguía perseguíndoos aínda nas cidades estranxeiras.12Ocupado nestas cousas, cando ía para Damasco coa autoridade e co mandato dos principais sacerdotes, 13cando ao mediodía, rei, indo polo camiño, vin unha luz no ceo que brillaba máis que o sol, que brillaba ao meu derredor e dos que viaxaban comigo. 14E cando caemos todos ao chan, escoitei unha voz que me dicía en hebreo: Saulo, Saulo, por que me persegues? Cousa dura é dar couces contra o aguillón.15Entón dixen: quen es, Señor? E o Señor dixo: Eu son Xesús, a quen ti persegues. 16Mais érguete e ponte en pé; porque aparecinme a ti para te chamar como servo e testemuña, non só das cousas que viches, senón tamén daquelas cousas que che amosarei; 17librándote do pobo xudeu e dos xentís, aos que te mando, 18para que lles abras os ollos a fin de que se volvan da escuridade á luz, da dominación de Satanás a Deus, para que reciban, pola fe en min, o perdón dos pecados e a herdanza entre os que foron santificados.19Polo que, oh rei Agripa, non fun desobediente á visión celestial; 20senón que anunciaba, primeiro aos que estaban en Damasco e tamén en Xerusalém, e despois por toda a rexión da Xudea e aos xentís, que debían arrepentirse y volverse a Deus, facendo obras dignas de arrepentimento. 21Por isto, prendéronme algúns xudeus no templo e procuraron matarme.22Mais coa axuda de Deus, sigo ata agora testificando tanto a pequenos como a grandes, sen me saír do que dixeron os profetas e Moisés que sucedería: 23que o Mesías tiña que padecer, e que pola súa resurrección de entre os mortos, El tiña que ser o primeiro en proclamar a luz tanto aos xudeus coma aos xentís.24Mentres Paulo dicía isto na súa defensa, Festo exclamou: -Paulo, estás tolo! Tanto saber levoute á loucura! 25Mais Paulo dixo: -Non estou tolo, excelentísimo Festo, senón que as miñas palabras son verdadeiras e asisadas. 26O rei entende estas cousas e por iso é que lle falo con confianza, pois estou convencido de que non ignora nada disto, porque non foi feito ás agachadas.27Rei Agripa, cres nos profetas? Eu sei que cres. 28E Agripa respondeu a Paulo: -A pouco máis convéncesme para facerme cristián! 29E Paulo dixo: -Queira Deus que, por pouco ou por moito, non só ti, senón todos os que me escoitan, chegasen a ser tal e como son eu, pero fóra destas cadeas.30Entón o rei, Berenice e todos os que estaban sentados con eles erguéronse. 31Mentres se retiraban, falaban entre eles, dicindo: -Este home non fixo nada que mereza a morte ou a prisión. 32E Agripa dixo a Festo: -Este home podería quedar libre, se non tivese apelado ao César.
1Cando se decidiu que deberiamos embarcarnos para a Italia, foron entregados Paulo e algúns outros presos a un centurión da compañía Augusta chamado Xulio. 2E embarcamos nunha nave adramitena que estaba para partir cara as rexións da costa da Asia, fixémonos ao mar acompañados por Aristarco, un macedonio de Tesalónica.3Ao día seguinte chegamos a Sidón. Xulio tratou a Paulo con benignidade permitíndolle ir aos seus amigos e ser atendido por eles. 4De alí partimos e navegamos ao abrigo da illa de Chipre porque os ventos eran contrarios. 5E despois de navegar atravesando o mar fronte as costas da Cilicia e da Panfilia, chegamos a Mira de Licia. 6Alí o centurión atopou unha nave alexandrina que ía para a Italia e embarcounos nela.7E despois de navegar lentamente por moitos días, e de chegar con dificultade fronte a Gnido, pois o vento non nos permitiu avanzar máis, navegamos ao abrigo de Creta, fronte a Salmón 8e costeándoa con dificultade, chegamos a un lugar chamado Bos Portos, preto do que estaba a cidade de Lasea.9Cando xa pasara moito tempo e a navegación se tornara perigosa, pois mesmo xa pasara o xexún, Paulo aconsellábaos, 10dicíndolles: -Amigos, estou vendo que de seguro esta viaxe vai ser con prexuízo e graves perdas, non só do cargamento e da nave, senón tamén das nosas vidas. 11Pero o centurión confiou máis no dito polo patrón e o capitán do barco que no que dicía Paulo.12E como o porto non era axeitado para invernar, a maioría tomou a decisión de facerse ao mar dende alí, por se lles era posible arribar en Fenice, un porto de Creta que mira cara o nordeste e o sudeste, e pasar o inverno alí. 13Cando comezou a soprar un moderado vento do sur, crendo que lograran o seu propósito, levantaron áncoras e navegaron costeando Creta.14Pero non moito despois, dende terra comezou a soprar un vento furacanado que se chama Euroclidón 15e sendo azoutada a nave, e non podendo facer fronte ao vento abandonámonos a el e deixámonos levar á deriva. 16E navegando ao abrigo dunha pequena illa chamada Clauda, con moita dificultade puidemos suxeitar o esquife.17Despois que o alzaron, usaron amarras para cinguir a nave; e temendo encallar nos bancos da Sirte, arriaron as velas e abandonáronse á deriva. 18Ao día seguinte, mentres eramos axitados furiosamente pola tormenta, comezaron a botar a carga pola borda.19E ao terceiro día, coas súas propias mans, botaron ao mar os aparellos da nave. 20Como nin o sol nin as estrelas apareceron por moitos días, e unha tempestade non pequena abatíase sobre nós, dende entón fomos abandonando toda esperanza de salvarnos.21Cando pasaran moitos días sen comer, Paulo púxose en pé en medio deles e dixo: -Amigos, se me fixerades caso e non tiveramos saído de Creta, aforrabamos este prexuízo e perda. 22Pero agora aconséllovos que teñades bo ánimo, porque non haberá perda de vida entre vós, agás a do barco.23Porque esta noite estivo na miña presenza un anxo do Deus de quen son e a quen sirvo, 24dicindo: -Non temas, Paulo, has comparecer ante o César, e Deus concedeuche a vida de todos cantos navegan contigo. 25Polo tanto, tede bo ánimo amigos, porque eu confío en Deus que será exactamente como se me dixo. 26Pero temos que encallar nalgunha illa.27E chegada a décimo cuarta noite, mentres eramos levados á deriva no mar Adriático, a iso da medianoite os mariñeiros sospeitaban que se estaban achegando a terra. 28Botaron a sonda e acharon que había vinte brazas, pero un pouco máis adiante volveron a botar a sonda e acharon quince brazas de profundidade. 29E temendo que nalgún lugar foramos dar contra as rochas, botaron catro áncoras pola popa e ansiaban que amencera.30Pero como os mariñeiros trataban de fuxir da nave e baixaran o esquife ao mar, baixo o pretexto de que ían botar as áncoras dende a proa, 31Paulo dixo ao centurión e aos soldados: se estes non permanecen na nave, vós non poderedes salvarvos. 32Entón os soldados cortaron as amarras do esquife e deixaron que se perdera.33E cando amencía, Paulo animou a todos a que tomaran algún alimento, dicindo: -Hai xa catorce días que, velando continuamente estades en xaxún, sen tomar alimento ningún. 34Por iso aconséllovos que comades, porque isto é preciso para a vosa supervivencia, pois non se perderá nin un só cabelo da cabeza de ningún de vós. 35Unha vez dito isto, colleu o pan e deu grazas a Deus en presenza de todos, e partíndoo comezou a comer.36Entón todos, tendo xa bo ánimo, tomaron tamén alimento. 37En total eramos na nave duascentas setenta e seis persoas. 38Unha vez cheos, alixeiraron a nave botando o trigo ao mar.39Cando se fixo de día, non recoñecían a terra, pero podían distinguir unha enseada que tiña praia e decidiron lanzar a nave cara a ela, por se lles era posible encallala. 40E cortando as áncoras, deixáronas no mar, afrouxando ao mesmo tempo as amarras dos temóns e izando a vela de proa ao vento, dirixíronse cara a praia. 41Pero batendo contra unha rocha encallaron a nave no lugar onde se atopan dúas correntes; e a proa cravouse e quedou inmóbil, pero a popa rachaba pola forza das ondas.42E o plan dos soldados era matar os presos, para que ningún deles fuxira a nado, 43pero o centurión, querendo salvar a Paulo, impediu o seu propósito, e ordenou que os que puidesen nadar se lanzaran pola borda e chegaran a terra, 44e que os demais seguiran, algúns en tablóns, e outros en diferentes obxectos da nave. E sucedeu que todos chegaron salvos a terra.
1Unha vez a salvo, enterámonos que chegaramos a unha illa chamada Malta. 2E os nativos mostráronnos o seu agarimo facendo un lume para acollernos a todos, pois chovía e ía frío.3Pero cando Paulo recolleu algunhas ramas secas e as botou no lume, unha víbora saíu fuxindo da calor e traboulle na man. 4E os nativos, cando viron que o animal penduraba da súa man, dicían entre eles: -Abofé que este home é un asasino que se librou do mar, a quen Xustiza non lle permitiu seguir con vida.5Pero el sacudindo a víbora da man, botouna ao lume e non sufriu dano algún. 6E eles agardaban que comezara a incharse, ou que de súpeto caera morto, mais despois de moito agardar e vendo que nada malo lle pasaba, mudaron de parecer e dixeron que era un deus.7Preto de alí había uns terreos do home principal da illa, chamado Publio, que nos recibiu e nos hospedou bondadosamente por tres días. 8E sucedeu que o pai de Publio xacía na cama, adoecido con febre e disentería; e Paulo entrou a velo, e despois de orar puxo as mans sobre el, e sanouno. 9Cando pasou isto, os demais nativos da illa que tiñan enfermidades viñan a el e eran curados. 10Tamén nos honraron con moitas atencións, e ao partir nos forneceron con todo o necesario.11Despois de tres meses, fixémonos á vela nunha nave alexandrina que invernara na illa e levaba como insignia a Dióscuros. 12Cando chegamos a Siracusa, quedamos alí por tres días.13E partindo de alí, seguimos pola costa ata chegar a Rexio. Ao día seguinte púxose o vento do sur, e en dous días chegamos a Puteoli. 14Alí atopamos a algúns irmáns que nos convidaron a quedar con eles por sete días. E así chegamos a Roma. 15Cando os irmáns souberon da nosa chegada, viñeron dende aló a recibirnos ata o Foro de Apio e As tres Tabernas; e cando Paulo alcanzou a velos, deu grazas a Deus e colleu folgos.16Cando entramos en Roma, permitíuselle a Paulo vivir aparte, custodiado por un soldado. 17E aconteceu que tres días despois, el convocou os principais dos xudeus e unha vez reunidos díxolles: -Irmáns, sen facer nada na contra do noso pobo nin contra das tradicións dos nosos devanceiros, entregáronme preso dos romanos dende Xerusalém. 18E cando me interrogaron, quixeron soltarme, pois non atoparon causa para condenarme a morte.19Pero cando os xudeus se opuxeron, vinme na obriga de apelar ao César, mais non porque tivese algunha acusación na contra do meu pobo. 20Polo tanto, por esta razón pedín vervos e falarvos, porque pola causa da esperanza de Israel é que levo enriba estas cadeas.21E eles dixeron: -Nós nin recibimos cartas da Xudea sobre ti, nin se achegou aquí ningún dos teus irmáns denunciándote ou falando cousa mala de ti. 22Pero desexamos escoitar o que ti ensinas, porque o que sabemos desta seita é que en todas partes se fala en contra dela.23E citándoos, viñeron moitos onde el descansaba, e da mañá á tarde explicáballes testificando fielmente sobre o reino de Deus, e procurando persuadilos sobre Xesús, tanto pola lei de Moisés como polos profetas. 24Algúns eran convencidos co que se dicía, pero outros non crían.25E estando en desacordo entre eles despedíronse despois de que Paulo engadiu unha palabra máis: -Ben falou o Espírito Santo por medio do profeta Isaías aos vosos devanceiros, 26dicindo: "Vai a este pobo e di: ao oír oiredes, e de ningún xeito entenderedes; e vendo veredes, e de ningún xeito percibiredes,27porque o corazón deste pobo endureceuse, e con dificultade escoitan os seus oídos; e pecharon os seus ollos; non sexa que vexan cos ollos, e escoiten cos oídos, e entendan co corazón, e se arrepintan, e Eu os sane".28Sabede, polo tanto, que esta salvación de Deus foi enviada aos xentís. Eles si escoitarán. 29E dito isto, os xudeus marcharon, rifando entre eles.30E Paulo quedou por dous anos enteiros na casa que alugaba, e recibía a todos os que o ían ver, 31predicando o reino de Deus, e ensinando todo o que concernía ao Señor Xesús Cristo con toda liberdade, sen estorbo.
1Paulo, servo de Cristo Xesús, chamado a ser apóstolo, apartado para o evanxeo de Deus, 2que El xa prometera por medio dos seus profetas nas Santas Escrituras, 3acerca do seu Fillo, que naceu da descendencia de David segundo a carne,4e que foi declarado Fillo de Deus con poder, conforme ao Espírito de santidade, pola resurrección de entre os mortos, 5por medio de quen recibimos a graza e o apostolado para promover a obediencia á fe entre todos os xentís, por mor do seu nome; 6entre os que estades tamén vós, chamados a serdes de Xesús Cristo;7a todos os amados de Deus que están en Roma, chamados a ser santos: graza a vós e paz de parte de Deus o noso Pai e do Señor Xesús Cristo.8En primeiro lugar, dou grazas ao meu Deus por medio de Xesús Cristo por todos vós, porque por todo o mundo se fala da vosa fe. 9Pois Deus, a quen sirvo no meu espírito no evanxeo do seu Fillo, éme testemuña de como sen cesar fago mención de vós 10sempre nas miñas oracións, implorando que agora, por fin, logre ir a vós pola vontade de Deus.11Porque con ansias de vos ver para impartirvos algún don espiritual, a fin de que sexades fortalecidos; 12é tamén, para ser confortado xunto con vós pola confianza que nos temos os uns aos outros.13Porque non quero que ignoredes, irmáns, que por moitas veces quixen ir a vós para ter algún froito, non só entre os demais xentís senón tamén entre vós, pero ata o de agora foime impedido. 14Teño a obriga tanto para cos gregos como para cos bárbaros, para cos sabios como para cos ignorantes. 15Así que, pola miña banda, estou listo para vos anunciar as boas novas aos que estades en Roma.16Porque non me avergoño do evanxeo, pois é o poder de Deus para a salvación de todo o que cre; do xudeu primeiramente e tamén do grego. 17Porque no evanxeo a xustiza de Deus revélase por fe e para fe; como está escrito: "O xusto pola fe vivirá".18Porque a ira de Deus revélase dende o ceo contra toda impiedade e inxustiza dos homes, que con inxustiza restrinxen a verdade; 19porque o que se coñece sobre Deus é evidente dentro deles, pois Deus manifestóullelo.20Porque dende a creación do mundo, as cousas invisibles, o seu eterno poder e divindade, fanse visibles con toda claridade, sendo entendidos por medio do creado, de maneira que non teñen escusa. 21Pois aínda que coñecían a Deus, non o glorificaron como a Deus nin lle deron grazas, senón que se fixeron vans nos seus razoamentos e o seu necio corazón foi entebrecido.22Profesando ser sabios, volvéronse necios, 23e cambiaron a gloria do Deus incorruptible por unha semellante á imaxe dun ser corruptible, de aves, de cuadrúpedes e de réptiles.24Por conseguinte, Deus entregounos á impureza na luxuria dos seus corazóns, de modo que deshonraron entre si os seus propios corpos; 25porque cambiaron a verdade de Deus pola mentira, e adoraron e serviron á creación en lugar do Creador, quen é bendito por sempre. Amén.26Por esta razón Deus entregounos a paixóns degradantes; porque as súas mulleres cambiaron a función natural pola que é contra a natureza; 27e da mesma maneira tamén os homes, deixando o uso natural da muller, acendéronse na súa luxuria uns con outros, cometendo feitos vergoñosos homes con homes, e recibindo en si mesmos o castigo correspondente ao seu extravío.28E como eles non tiveron a ben recoñecer a Deus, Deus entregounos a unha mente depravada, para que fixesen as cousas que non conveñen;29estando cheos de toda inxustiza, maldade, avaricia e malicia; colmados de envexa, homicidios, preitos, enganos e malignidade; son chismosos, 30difamadores, aborrecedores de Deus, insolentes, soberbios, xactanciosos, inventores de males, desobedientes aos pais, 31sen entendemento, indignos de confianza, sen amor, despiadados;32os que, aínda que coñecen o que Deus manda: que os que practican tales cousas son dignos de morte; non só fan o mesmo, senón que tamén lle aplauden aos que as practican.
1Así que non tes escusa, ti, quenquera que sexas, que xulgas, pois ao xulgar a outro, condénaste a ti mesmo, porque ti que xulgas practicas as mesmas cousas. 2E sabemos que o xuízo de Deus sobre os que practican tales cousas, é veraz.3E pensas isto, ti, que condenas aos que practican tales cousas e fas o mesmo, que escaparás do xuízo de Deus? 4Ou tes en pouco as riquezas da súa bondade, tolerancia e paciencia, ignorando que a bondade de Deus te guía ao arrepentimento?5Mais por mor da túa porfía e do teu corazón non arrepentido, estás a acumular ira para ti no día da ira e da revelación do xusto xuízo de Deus, 6quen pagará a cada un de acordo ás súas obras: 7vida eterna aos que perseverando en facer o ben buscan a gloria, a honra e a inmortalidade;8pero enoxo e ira para os que, por egoísmo, desobeceden a verdade e son persuadidos pola inxustiza; 9tribulación e angustia para toda alma humana que fai o malo, do xudeu primeiramente e tamén do grego;10pero gloria e honra e paz para todo o que fai o bo, para o xudeu primeiramente, e tamén para o grego. 11Porque en Deus non hai distinción de persoas. 12Pois todos os que pecaron sen a lei, sen a lei tamén perecerán; e todos os que pecaron baixo a lei, pola lei serán xulgados;13porque non son os que escoitan a lei, os xustos ante Deus, senón os que cumpren a lei, eses serán declarados xustos. 14Porque cando os xentís, que non teñen a lei, fan por natureza o que é da lei, non tendo a lei, son lei para eles mesmos,15xa que amosan a obra da lei escrita nos seus corazóns, dando testemuño xunto coa súa conciencia; e acusándoos ou defendéndoos os seus razonamentos, 16no día en que, segundo o meu evanxeo, Deus xulgará os segredos de tódalas persoas mediante Cristo Jesús.17Pero se ti, que levas o nome de xudeu e te apoias na lei, e te gabas en Deus, 18e coñeces a súa vontade, e aprobas as cousas mellores sendo instruído pola lei, 19e te confías en que es guía dos cegos, luz dos que están nas tebras, 20instrutor dos que nada saben, mestre de nenos, que tes na lei a expresión mesma do coñecemento e da verdade;21ti, pois, que ensinas a outro, non te ensinas a ti mesmo? Ti que predicas que non se debe roubar, roubas? 22Ti que dis que non se debe cometer adulterio, adulteras? Ti que abominas os ídolos, saqueas os templos?23Ti que te xactas da lei, violando a lei deshonras a Deus? 24Porque "o nome de Deus é blasfemado entre os xentís por causa de vós", tal como está escrito.25Pois certamente a circuncisión é de valor se ti practicas a lei, pero se es transgresor da lei, a túa circuncisión volveuse incircuncisión. 26Por tanto, se o incircunciso cumpre os requisitos da lei, non se considerará a súa incircuncisión como circuncisión? 27E se o que é fisicamente incircunciso garda a lei, non te xulgará a ti, que aínda que tes a letra da lei e a circuncisión, es transgresor da lei?28Porque non é xudeu o que o é exteriormente, nin a circuncisión é a externa, na carne; 29senón que é xudeu o que o é interiormente, e a circuncisión é a do corazón, polo Espírito, non pola letra; a loanza deste non procede dos homes, senón de Deus.
1Cal é, entón, a vantaxe do xudeu? Ou cal é o beneficio da circuncisión? 2Moita, en todos os sentidos. En primeiro lugar, porque as palabras de Deus lles foron confiadas.3Daquela, e que se algúns se negaron a crer? A incredulidade deles anulará a fidelidade de Deus? 4De ningunha maneira! Pero, antes ben, Deus segue a ser veraz mesmo que toda persoa sexa mentireira, como está escrito: "Para que sexas xustificado nas túas palabras e venzas cando sexas xulgado".5E se a nosa inxustiza fai resaltar a xustiza de Deus, que diremos? Será inxusto que Deus amose a súa ira? (falo en termos humanos). 6De ningunha maneira! Pois se así fose, como podería Deus xulgar o mundo?7Pero se pola miña mentira a verdade de Deus abundou para a súa gloria, por que tamén eu son aínda xulgado como pecador? 8E por que non dicir como somos calumniados, e como algúns (xustamente condenados) afirman que dicimos: fagamos o malo para que veña o bo?9Entón, que? Somos nós mellores ca eles? De ningunha maneira! Pois xa acusamos tanto os xudeus coma os gregos, que están todos baixo pecado, 10como está escrito: "Non hai xusto, nin tan só un;11non hai quen entenda, non hai quen busque a Deus. 12Desviáronse todos, xuntamente se fixeron inútiles; non hai quen faga o bo, non hai nin tan sequera un.13A súa gorxa é sepulcro aberto, enganan coas súas linguas, veleno de serpes hai debaixo dos seus beizos; 14a súa boca está chea de maldición e amargura;15os seus pés andan lixeiros para verter sangue; 16destrución e miseria hai nos seus camiños, e 17non coñeceron o vieiro da paz, 18non hai temor de Deus diante dos seus ollos".19Agora ben, sabemos que todo canto a lei di, refírese aos que están baixo a lei, para que toda boca cale e todo o mundo sexa feito responsable diante de Deus; 20pois ningunha persoa será xustificada diante del polas obras da lei, pois é pola lei que vén o coñecemento do pecado.21Pero agora, aparte da lei, a xustiza de Deus foi manifestada, testemuñada pola lei e os profetas; 22é dicir, a xustiza de Deus pola fe en Xesús Cristo, para todos os que cren; porque non hai distinción algunha;23Porque todos pecaron e están privados da gloria de Deus, 24sendo xustificados pola súa graza, sen merecelo de ningún xeito, por medio da redención que é en Cristo Xesús,25a quen Deus exhibiu publicamente como sacrificio expiatorio polo seu sangue a través da fe, como evidencia da súa xustiza, porque na súa tolerancia Deus pasou por alto os pecados cometidos anteriormente, 26co fin de demostrar agora que El segue sendo xusto tamén cando declara xusto ao que ten fe en Xesús.27Onde está, entón o orgullo? Queda excluído. Por que lei? A das obras? Non, senón pola lei da fe. 28Afirmamos entón que as persoas son declaradas xustas pola fe aparte das obras da lei.29Ou é que Deus só é o Deus dos xudeus? Non é tamén o Deus dos xentís? Si, tamén dos xentís. 30Porque hai un só Deus, quen declarará xustos aos circuncisos en base á fe, e por medio da fe aos incircuncisos.31Anulamos entón a lei por medio da fe? De ningunha maneira, pola contra confirmamos a lei!
1Que diremos, entón, que atopou Abraham, o noso pai segundo a carne? 2Porque se Abraham foi declarado xusto polas obras, ten de que gabarse, pero non para con Deus. 3Porque, que di a Escritura? "Abraham creulle a Deus, e foille contado por xustiza".4Agora ben, ao que traballa, o xornal non se lle conta como regalo, senón como débeda; 5pero a quen non traballa, pero cre naquel que declara xusto ao impío, a súa fe cóntaselle por xustiza.6Como tamén David fala da bendición que chega sobre o home a quen Deus atribúe xustiza aparte das obras, 7dicindo: "Felices aqueles aos que as súas iniquidades lles foron perdoadas, e aos que os seus pecados lles foron cubertos. 8Bendito aquel a quen o Señor non lle terá en conta o seu pecado".9Daquela, esta bendición é so para os circuncisos ou tamén para os incircuncisos? Porque dicimos: a Abraham a fe foille contada por xustiza. 10Entón, como lle foi contada? Estando na circuncisión ou na incircuncision? Non na circuncisión, senón na incircuncisión.11E recibiu o sinal da circuncisión como evidencia da xustiza da fe de cando estaba na incircuncisión, para que el sexa pai de todos os que cren sen estaren circuncidados, a fin de que a xustiza lles sexa adxudicada a eles tamén; 12e pai da circuncisión non só para aqueles que son da circuncisión, senón tamén para aqueles que seguen as pegadas da fe que tiña o noso pai Abraham cando era incircunciso.13Porque a promesa a Abraham ou a súa descendencia de que el sería herdeiro do mundo, non foi feita pola lei, senón pola xustiza da fe. 14Porque se os que son da lei son herdeiros, valeira resulta a fe e anulada a promesa; 15porque a lei produce ira, pero onde non hai lei, tampouco hai transgresión.16Por iso, a promesa provén da fe, para que sexa por graza, a fin de que sexa firme para toda a descendencia, non só para os da lei, senón tamén para os que son da fe de Abraham, quen é o pai de todos nós; 17(como está escrito: "Fíxente pai de moitas nacións"), diante de Deus en quen creu que dá vida aos mortos, e que chama ás cousas que non son, como se existiran.18El creu en esperanza contra esperanza, para chegar a ser pai de moitas nacións, segundo o que se lle dixera: "Así será a túa descendencia". 19E sen debilitarse na fe, viu o seu propio corpo, que xa estaba como morto xa que tiña uns cen anos, e a esterilidade da matriz de Sara;20senón que, ollando a promesa de Deus, non dubidou con incredulidade, senón que foi fortalecido, dando gloria a Deus; 21estando plenamente convencido de que quen llo prometera era tamén poderoso para cumprilo. 22Por iso a súa fe foille contada por xustiza.23E non só por causa del foi escrito que lle foi contada, 24senón tamén por nós, a quen nos habería ser contada: como aos que cren naquel que levantou dos mortos a Xesús noso Señor, 25que foi entregado por mor das nosas transgresións e resucitado por causa da nosa xustificación.
1Por tanto, tendo sido declarados xustos pola fe, temos paz con Deus por medio do noso Señor Xesús Cristo, 2por medio de quen tamén obtivemos entrada pola fe a esta graza na que estamos firmes, e gloriámonos na esperanza da gloria de Deus.3E non só isto, senón que tamén nos gloriamos nas tribulacións, sabendo que a tribulación produce paciencia; 4e a paciencia, carácter aprobado; e o carácter aprobado, esperanza; 5e a esperanza non será avergoñada, porque o amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns por medio do Espírito Santo que nos foi dado.6Porque mentres aínda eramos febles, a seu tempo o Mesías morreu polos impíos. 7Porque dificilmente morrerá alguén por un xusto, mesmo que aínda igual algún se atreva a morrer por unha boa persoa.8Pero Deus demostra o seu amor para con nós en que sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós. 9Entón moito máis, agora tendo sido declarados xustos polo seu sangue, seremos salvos da ira de Deus por medio del.10Porque se cando eramos inimigos, fomos reconciliados con Deus pola morte do seu Fillo, moito máis, tendo sido reconciliados, seremos salvos pola súa vida. 11E non só isto, senón que tamén nos gloriamos en Deus, por medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibimos a reconciliación.12Polo tanto, como o pecado entrou no mundo por unha persoa, e a morte polo pecado, así tamén a morte se extendeu a tódalas persoas, porque todos pecaron; 13pois antes da lei había pecado no mundo, pero o pecado non se ten en conta cando non hai lei.14Con todo, a morte reinou dende Adán até Moisés, aínda sobre os que non pecaran cunha transgresión semellante á de Adán, que é figura arquetípica do que había vir. 15Ora ben, o don non é como a transgresión. Porque se pola transgresión dun, morreron moitos, moito máis abundou a graza de Deus para eses moitos e o don pola graza dun home: Xesús Cristo.16Pero non acontece co regalo como co xuízo transmitido por medio daquel que pecou; porque certamente o xuízo veu por unha transgresión, resultando en condenación; pero o regalo veu polas moitas transgresións resultando en xustificación. 17Porque se pola transgresión dun, por este reinou a morte, moito máis reinarán en vida por medio dun, Xesús Cristo, os que reciben a abundacia da graza e do don da xustiza.18Así pois, tal como por unha transgresión resultou a condenación de tódalas persoas, así tamén por un acto de xustiza resultou a xustificación de vida para tódalas persoas. 19Porque así como pola desobediencia dun, moitos foron constituídos pecadores, así tamén pola obediencia dun moitos serán constituídos xustos.20E a lei introduciuse para que abondara a transgresión, porque onde abundou o pecado, superabundou a graza, 21para que así como o pecado reinou para morte, así tamén a graza reine por medio da xustiza para vida eterna, mediante Xesús Cristo noso Señor.
1Que diremos, entón? Permaneceremos no pecado para que a graza abunde? 2De ningunha maneira! Nós, que morremos ao pecado, como poderemos vivir aínda nel? 3Ou non sabedes que todos os que fomos bautizados en Cristo Xesús, fomos bautizados na súa morte?4Polo tanto, fomos sepultados xuntamente con El polo bautismo para morte, para que así como Cristo foi resucitado de entre os mortos pola gloria do Pai, así tamén nós andemos en vida nova. 5Porque se fomos unidos a El na semellanza da súa morte, certamente tamén o seremos na semellanza da súa resurrección,6sabendo isto, que a nosa vella natureza foi crucificada con El, para que o noso corpo de pecado fora desactivado, para que xa non sexamos escravos do pecado; 7porque o que morreu foi liberado do pecado.8E se morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El, 9sabendo que Cristo, tendo sido resucitado de entre os mortos, xa non morre; a morte non ten dominio sobre El.10Porque no tocante á súa morte, morreu ao pecado dunha vez por todas, mais en canto a que vive, para Deus vive. 11Así tamén, vós considerádevos mortos para o pecado, pero vivos para Deus en Cristo Xesús.12Polo tanto, non reine o pecado no voso corpo mortal para que non obedezades os seus desexos, 13nin ofrezades os membros do voso corpo ao pecado como instrumentos de iniquidade, senón presentádevos vós mesmos a Deus como vivos de entre os mortos, e os vosos membros a Deus como instrumentos de xustiza. 14Porque o pecado non terá dominio sobre vós, pois non estades baixo a lei, senón baixo a graza.15E logo que? Pecaremos porque non estamos baixo a lei, senón baixo a graza? De ningunha maneira! 16Non sabedes que cando vos presentades a algún como servos para obedecerlle, sodes servos daquel a quen obedecedes, sexa do pecado para morte, ou da obedencia para xustiza?17Pero a Deus grazas, que aínda que erades escravos do pecado, fixéstesvos obedientes de corazón a aquela forma de doutrina á que fostes entregados, 18e sendo liberados do pecado, fixéstesvos servos da xustiza.19Falo en termos humanos, por mor da vosa febleza; porque da maneira que presentastes os vosos membros como escravos á impureza e á iniquidade, para iniquidade, presentade así agora os vosos membros como servos á xustiza, para santificación. 20Porque cando erades escravos do pecado, erades libres en canto á xustiza. 21Que froito destes entón, daquelas cousas das que agora vos avergoñades? Porque a fin desas cousas é morte.22Pero agora, tendo sido liberados do pecado e feitos servos de Deus, tedes o voso froito para santificación, e como resultado a vida eterna. 23Porque a paga do pecado é morte, pero o regalo de Deus é vida eterna en Cristo Xesús, noso Señor.
1Non sabedes, irmáns (pois falo aos que coñecen a lei), que a lei ten xurisdición sobre unha persoa mentres vive?2Pois a muller casada está unida pola lei ao seu marido mentres lle vive, pero se morre , queda liberada da lei en canto ao marido. 3Así que, mentres vive o seu marido será chamada adúltera se ela se xunta con outro home, pero se morre o seu marido, está libre da lei de xeito que non é adúltera mesmo que se xunte a outro home .4Así que , meus irmáns, tamén a vós se vos fixo morrer á lei mediante o corpo de Cristo, para que chegarades a ser doutro, do que foi resucitado de entre os mortos, a fin de que deamos froito para Deus. 5Porque mentres estabamos na carne, as paixóns pecaminosas espertadas pola lei, actuaban nos membros do noso corpo coa fin de levar froito para morte.6Pero agora, fomos liberados da lei, morrendo ao que nos encadeaba, de xeito que sirvamos na novidade do Espírito e non na decrepitude da letra.7Daquela que diremos? É pecado a lei? De ningunha maneira! Mais ben, eu non coñecería o pecado se non fora pola lei, porque eu non sabería o que é a cobiza, se a lei non dixera: "Non cobizarás". 8Pero o pecado, aproveitando a ocasión polo mandamento, produciu en min toda clase de cobizas; pero sen lei, o pecado está morto.9De maneira que noutro tempo eu vivín sen a lei, pero cando chegou o mandamento, o pecado reviviu, e eu morrín; 10e este mandamento, que era para vida, resultou para morte;11Porque o pecado aproveitando a ocasión polo mandamento, enganoume e por medio del matoume. 12De maneira que a lei é santa, e o mandamento é santo, xusto e bo.13Entón, o que é bo veu a ser causa de morte en min? De ningunha maneira! Pola contra, o pecado, a fin de mostrar que é pecado produciu en min a morte por medio do que é bo, para que polo mandamento o pecado chegara á súa máxima expresión. 14Pois sabemos que a lei é espirirual, pero eu son carnal, vendido á escravitude do pecado.15Porque o que fago, non o entendo; pois non practico o que quero facer, senón que o que aborrezo, iso é o que fago. 16E se o que non quero facer, é o que fago, aprobo que a lei é boa.17Entón xa non son eu o que o fai, senón o pecado que habita en min. 18Porque eu sei que en min, é dicir na miña carne, non habita o ben; porque o querer está presente en min, pero o facer o ben, non.19Pois non fago o ben que desexo, senón que o mal que non quero, iso é o que fago. 20E se o que non quero facer, é o que fago, xa non son eu o que o fai senón o pecado que habita en min. 21Entón querendo eu facer o ben atopo a lei de que o mal está presente en min.22Porque no meu interior deléitome na lei de Deus, 23pero vexo outra lei nos membros do meu corpo que fan guerra contra a lei da miña mente e me fai prisioneiro da lei do pecado que está nos meus membros.24Miserable de min! Quen me librará deste corpo de morte? 25Grazas a Deus, por Xesús Cristo noso Señor. Entón, eu mesmo, coa mente sirvo á lei de Deus, pero coa carne á lei do pecado.
1Polo tanto, non hai agora condenación para os que están en Cristo Xesús. 2Porque a lei do Espírito de vida en Cristo Xesús fíxote libre da lei do pecado e da morte.3Pois o que non puido facer a lei, xa que que era feble por mor da carne, Deus fíxoo enviando o seu propio Fillo en semellanza da nosa carne pecaminosa, e polo pecado, condenou o pecado na carne, 4para que o mandato da lei se cumprira en nós, que non andamos conforme á carne, senón conforme ao espírito. 5Porque os que viven segundo a carne poñen a mente nas cousas da carne, pero os que viven segundo o espírito nas cousas do Espírito.6Porque a maneira de pensar da carne é morte, pero a maneira de pensar do Espírito é vida e paz; 7xa que a maneira de pensar da carne é inimizade contra Deus, porque non se suxeita á lei de Deus, pois nin tan sequera pode facelo, 8e os que están na carne non poden agradar a Deus.9Pero vós non estades na carne senón no espírito, porque o Espírito de Deus vive en vós. Pero se alguén non ten o Espírito de Cristo, o tal non é del. 10Pero se Cristo está en vós, aínda que o corpo estea morto por mor do pecado, con todo o espírito está vivo por mor da xustiza.11E se o Espírito daquel que resucitou a Xesús de entre os mortos vive en vós, o mesmo que resucitou a Cristo Xesús de entre os mortos, tamén dará vida aos vosos corpos mortais polo seu Espírito que vive en vós.12Así que, irmáns, somos debedores, non á carne, para vivir conforme á carne. 13Porque se vivides segundo a carne haberedes morrer; pero se facedes morrer as obras da carne polo Espírito, viviredes.14Porque tódolos que son dirixidos polo Espírito de Deus, son fillos de Deus. 15Pois non recibistes o espírito de escravitude para vivir de novo en temor; senón que recibistes o Espírito de adopción, polo que clamamos: Abba, Pai!16O Espírito mesmo dá testemuño ao noso espírito de que somos fillos de Deus. 17E se fillos, tamén herdeiros; herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo, xa que xuntamente padecemos con El a fin de que tamén sexamos glorificados con El.18Pois penso que os sufrimentos deste tempo presente non son dignos de ser comparados coa gloria que nos será revelada. 19Pois a profunda arela da creación agarda ansiosamente a revelación dos fillos de Deus.20Porque a creación foi suxeita a vaidade, non por vontade propia, senón por mor daquel que a someteu na esperanza 21de que a mesma creación será tamén liberada da escravitude da corrupción á liberdade gloriosa dos fillos de Deus. 22Pois sabemos que a creación enteira a unha xeme e sofre dores de parto ata o de agora.23E non só ela, senón que tamén nós mesmos, que temos as primicias do Espírito, nós tamén xememos no noso interior, agardando ansiosamente a adopción, a redención do noso corpo. 24Pois en esperanza fomos salvos, pero a esperanza que se ve non é esperanza, pois, por que esperar o que un ve? 25Pero se esperamos o que non vemos, con paciencia agardámolo.26E do mesmo xeito, tamén o Espírito nos axuda nas nosas feblezas; porque non sabemos orar como deberiamos, pero o Espírito mesmo intercede por nós con xemidos indicibles; 27e aquel que escudriña os corazóns sabe cal é o sentir do Espírito, porque El intercede polos santos conforme a Deus.28E sabemos que para os que aman a Deus, tódalas cousas axudan para ben, aos que son chamados segundo o seu propósito. 29Porque aos que coñeceu de antemán, tamén os predestinou a seren segundo á imaxe do seu Fillo, para que El sexa o primoxénito entre moitos irmáns; 30e aos que predestinou, a eses tamén os declarou xustos; e aos que declarou xustos, a estes tamén glorificou.31Entón, que diremos a isto? Se Deus está por nós, quen estará en contra nosa? 32O que non reservou nin o seu propio Fillo, senón que o entregou por todos nós, como non nos concederá tamén con El tódalas cousas?33Quen acusará os escollidos de Deus? Deus, o que xustifica? 34Quen é o que condena? Cristo o que morreu? Aínda máis, El é quen foi resucitado, o que ademais esta á dereita de Deus, o que tamén intercede por nós.35Quen nos afastará do amor de Cristo? A tribulación, a angustia, a persecución, a fame, a nudez, o perigo, ou a espada? 36Tal e como está escrito: "Por causa túa somos mortos todo o tempo; somos considerados como ovellas para o matadoiro".37Mais ben ao contrario, en todas estas cousas somos máis que vencedores por medio daquel que nos amou. 38Porque fun convencido de que nin a morte, nin a vida, nin os anxos, nin os gobernantes, nin o presente, nin o porvir, nin as potestades, 39nin o alto, nin o profundo, nin ningunha outra cousa creada poderá afastarnos do amor de Deus que é en Cristo Xesús, noso Señor.
1Digo a verdade en Cristo, non minto, a miña conciencia dáme testemuño no Espírito Santo, 2que teño gran tristura e dor constante no meu corazón;3porque eu mesmo desexaría ser anatema de Cristo, por amor a meus irmáns, parentes meus segundo a carne; 4que son israelitas, aos que pertence a adopción e a gloria, os pactos, a promulgación da lei, as ordenanzas e as promesas, 5de quen son os patriarcas, e de quen, segundo a carne, veu o Mesías, o que é Deus sobre tódalas cousas, bendito por sempre. Amén.6Non é que a Palabra de Deus fallara, porque non tódolos descendentes de Israel son Israel; 7nin son todos fillos por ser descendentes de Abraham, senón que en Isaac será chamada a túa descendencia.8Isto é, non son os fillos da carne os que son fillos de Deus, senón que os fillos da promesa son tidos como descendentes. 9Porque a palabra da promesa é esta: "Neste tempo volverei, e Sara terá un fillo".10E non só isto, senón que tamén Rebeca, cando concibiu dun, noso pai Isaac, 11porque, mesmo nin nacendo, nin facendo algo bo ou malo, para que o propósito de Deus permanecera segundo a elección, non polas obras senón por quen chama, 12díxoselle a ela: "O maior servirá ao menor". 13Así está escrito: "Amei a Xacob, pero a Esaú aborrecino".14Que diremos, entón? Que hai inxustiza na presenza de Deus? De ningunha maneira! 15Porque El di a Moisés: "Terei misericordia de quen teña misericordia, e compadecereime de quen me compadeza". 16Así que non depende do que quere nin do que corre, senón de Deus que ten misericordia.17Porque a Escritura di de Faraón: "Para isto mesmo te levantei, para demostrar en ti o meu poder, e para que o meu nome sexa proclamado en toda a terra". 18Así que do que quere ten misericordia, e ao que quere endurece.19Dirasme entón: por que, pois, aínda inculpa? Porque quen resiste a súa vontade? 20En todo caso, quen es ti, home, para que alterques con Deus? Dirá acaso o que foi moldeado a quen o moldeou: Por que me fixeches así? 21Ou non ten o oleiro dereito sobre o barro para facer da mesma masa un vaso para uso honroso e outro para uso deshonroso?22E que, se Deus, aínda disposto a demostrar a súa ira e facer notorio o seu poder, soportou con moita paciencia os vasos de ira preparados para destrución, 23e para dar a coñecer a riqueza da súa gloria sobre os vasos de misericordia, que preparou para gloria; 24aos que tamén chamou, a nós, non só de entre os xudeus, senón tamén de entre os xentís?25Como tamén di en Oseas: "Aos que non eran o meu pobo chamareinos "o meu pobo", e á non amada "a miña amada". 26E acontecerá que no lugar onde se lles dixo: vós non sodes o meu pobo, alí chamaráselles fillos do Deus Vivente".27Isaías tamén clama en canto a Israel: "Aínda que o número dos fillos de Israel sexa como a area do mar, só o remanente será salvo; 28porque o Señor executará a súa palabra dun xeito devastador e sen tardanza". 29E como Isaías predixo: "Se o Señor dos exércitos non deixara descendencia, poderiamos chegar a ser como Sodoma e semellantes a Gomorra".30Que diremos, entón? Que os xentís que non ían trala xustiza, acadaron a xustiza, é dicir, a xustiza que é por fe; 31pero Israel, que ía trala xustiza da lei, non acadou esa lei.32Por que? Porque non ían tras ela por fe, senón polas obras. Tropezaron na pedra de tropezo, 33tal como está escrito: "Velaí, poño en Sión unha pedra de tropezo e rocha de escándalo; e o que crea nel, non será avergoñado".
1Irmáns, o desexo do meu corazón e a miña oración a Deus é para a salvación deles. 2Pois dou testemuño ao seu favor de que teñen celo de Deus, pero non conforme ao coñecemento pleno. 3Pois descoñecendo a xustiza de Deus e procurando establecer a súa propia, non se someteron á xustiza de Deus.4Porque o fin da lei é Cristo, para xustiza a todo aquel que cre. 5Moisés escribe da xustiza que é pola lei: "Quen faga estas cousas, vivirá por elas".6Pero a xustiza que é da fe di así: non digas no teu corazón: quen subirá ao ceo? (isto é, para facer baixar a Cristo), 7ou: quen descenderá ao abismo? (isto é, para subir a Cristo de entre os mortos).8Mais, que di? "Cerca de ti está a palabra, na túa boca e no teu corazón", isto é, a palabra de fe que predicamos: 9que se confesas coa túa boca a Xesús como Señor, e cres no teu corazón que Deus o resucitou de entre os mortos, serás salvo; 10porque co corazón crese para xustiza, e coa boca confésase para salvación.11Pois a Escritura di: "Todo o que cre nel non será avergoñado". 12Porque non hai diferenza entre xudeu e grego, pois o mesmo Señor de todos, é rico para todos os que o invocan; 13porque todo aquel que invoque o nome do Señor será salvo.14Como, pois, invocarán a Aquel en quen non creron? E como crerán naquel de quen non ouviron? E como escoitarán sen haber quen lles predique? 15E como predicarán se non son mandados? Tal como está escrito: "Que fermosos son os pés dos que proclaman as boas novas"!16Pero, non todos fixeron caso ao evanxeo, pois Isaías di: "Señor, quen creu a nosa proclamación"? 17Así que a fe ven polo escoitar, e o escoitar, pola palabra de Cristo.18Pero eu digo, acaso nunca escoitaron? Abofé que si: "Por toda a terra saíu a súa voz, e as súas palabras ata os confíns do mundo".19Mais pregunto: acaso Israel non o sabía? En primeiro lugar, Moisés di: "Eu provocareivos a celos cun pobo que non é pobo; cun pobo sen entendemento provocareivos a ira".20E Isaías é moi ousado e di: "Fun achado polos que non me procuraban; manifesteime aos que non preguntaban por min". 21Pero en canto a Israel di: "Todo o día estendín as miñas mans a un pobo desobediente e rebelde".
1Digo entón: Deus rexeitou o seu pobo? De ningunha maneira! Porque eu tamén son israelí, descendente de Abraham, da tribo de Benxamín. 2Deus non rexeitou o seu pobo, que escolleu de antemán. Ou non sabedes o que di a Escritura na pasaxe sobre Elías, como invoca a Deus contra Israel: 3"Señor, deron morte aos teus profetas, derrubaron os teus altares; e só quedo eu, e atentan contra a miña vida"?4Pero, que lle di a resposta divina? Reservei para min sete mil homes que non se axeonllaron diante de Baal. 5E do mesmo modo, tamén ficou no tempo presente un remanente conforme a elección da graza de Deus.6E se é por graza, xa non é por obras; doutra maneira a graza non é graza. 7Entón que? Aquilo que Israel procura non o alcanzou, pero os que foron escollidos alcanzárono e os demais foron endurecidos; 8así está escrito: "Deus deulles espírito de estupor, ollos para non ver e oídos para non escoitar, ata o día de hoxe".9E David di: "O seu banquete convértase en rede e engano, en pedra de tropezo e pago para eles. 10Que os seus ollos sexan escurecidos para que non poidan ver, e dobra as súas costas para sempre".11Digo entón: tropezaron para caer? De ningunha maneira! Pero pola súa transgresión veu a salvación aos xentís, para provocalos a celos. 12E se a súa transgresión é riqueza para o mundo, e o seu fracaso é riqueza para os xentís, canto máis será a súa restauración!13Pero fálovos a vós, xentís; por canto eu son apóstolo dos xentís, honro o meu ministerio, 14por se dalgunha maneira podo provocar a celos aos meus compatriotas e salvar algúns deles.15Pois se rexeitalos é a reconciliación do mundo, que será a súa aprobación, senón vida de entre os mortos? 16E se o primeiro anaco de masa é santo, tamén o é toda a masa; e se a raíz é santa, tamén o son as ramas.17Porén se algunhas das ramas foron quebradas, e ti, sendo unha oliveira silvestre, fuches inxertado entre elas e fuches feito partícipe con elas do rico zume da raíz da oliveira, 18non sexas arrogante contra as ramas; pero se es arrogante, lembra que non es ti quen sustenta a raíz, senón que é a raíz quen te sustenta a ti.19Dirás entón: as ramas foron quebradas para que eu fora inxertado. 20Moi certo; foron quebradas pola súa incredulidade, e ti pola fe manteste firme. Non sexas altivo, mais teme; 21porque se Deus non eximiu as ramas naturais, tampouco a ti te ha eximir .22Mira, pois, a bondade e a severidade de Deus; severidade cos que caeron, pero para ti, bondade de Deus, se permaneces na súa bondade; de non ser así, ti tamén serás cortado.23E tamén eles, se non permanecen na súa incredulidade, serán inxertados, pois poderoso é Deus para inxertalos de novo. 24Porque se ti fuches cortado do que por natureza é unha oliveira silvestre, e contra o natural, fuches inxertado na oliveira cultivada, canto máis estes, que son as ramas naturais, serán inxertados na súa propia oliveira?25Porque non quero irmáns que descoñezades este misterio, para que non sexades sabios na vosa propia opinión: que a Israel aconteceulle un endurecemento parcial ata que teña entrado a plenitude dos xentís.26E, deste modo, todo Israel será salvo; así como está escrito: "O Libertador virá de Sión; afastará a maldade de Xacob. 27E este é o meu pacto con eles, cando tire os seus pecados".28De certo, en canto ao evanxeo, son inimigos pola vosa causa; pero en canto á elección, son moi amados por causa dos pais; 29porque os dons e o chamamento de Deus son irrevogables.30Porque así como vós noutro tempo fostes desobedientes a Deus, pero agora pola desobediencia deles, alcanzastes misericordia; 31así tamén agora estes foron desobedientes, para que pola misericordia mostrada a vós, eles tamén alcancen misericordia. 32Porque Deus encerrou a todos en desobediencia para ter misericordia de todos.33Que profundidade das riquezas, da sabiduría e do coñecemento de Deus! Que inexcrutables son os seus xuízos e inexplorables os seus camiños! 34Pois quen coñeceu a mente do Señor? Ou quen chegou a ser o seu conselleiro?35Ou quen lle deu a El primeiro para que se lle teña que recompensar? 36Porque del, por El e nel son tódalas cousas. A El sexa a gloria para sempre! Amén.
1Por tanto, irmáns, rógovos polas misericordias de Deus que presentedes os vosos corpos como sacrificio vivo e santo, agradable a Deus, que é o voso culto racional. 2Non vos afagades a este mundo, senón transformádevos pola renovación da vosa mente, para que coñezades cal é a vontade de Deus: o bo, o agradable e o perfecto.3Mándovos pois, pola graza que me foi dada, que cada un de vós mire de non terse por riba do que debera pensar de si mesmo, senón que pense con sobriedade, segundo a medida de fe que Deus lle deu.4Porque así como nun corpo temos moitos membros, pero non tódolos membros teñen a mesma función; 5así moitos, somos un corpo en Cristo e cada un, membros os uns dos outros.6De forma que tendo diferentes dons, segundo a graza que nos foi dada: se de profecía, sexa usado conforme á fe; 7se de servizo en servir; o que ensina, na ensinanza; 8o que anima, na consolación; o que dá, con xenerosidade; o que dirixe, con solicitude; o que fai misericordia, con ledicia.9O amor sexa sen hipocrisía; aborrecendo o malo e achegándovos ao bo; 10amándovos uns aos outros con amor fraternal; con honra preferíndovos uns aos outros;11Non sexades vagarosos no que se require dilixencia; fervorosos en espírito, servindo ao Señor. 12Gozándovos na esperanza, sufridos na tribulación, perseverando na oración; 13contribuíndo para as necesidades dos santos, practicando a hospitalidade.14Bendicide a quen vos persegue; 15bendicide, non maldigades. Gozádevos cos que se gozan e chorade cos que choran; 16tendo o mesmo sentir uns cos outros; non sendo altivos, senón asociándovos cos humildes. Non sexades sabios na vosa opinión;17non paguedes a ninguén mal por mal, procurade o bo diante de todos. 18De ser posible, no que estea na vosa man, vivide en paz con tódalas persoas.19Amados, non vos vinguedes pola vosa conta, senón dáde lugar á ira de Deus, porque está escrito: "A vinganza é miña, Eu pagarei, di o Señor. 20De maneira que se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; e se ten sede dálle de beber, porque facendo isto, amontoarás brasas sobre a súa cabeza". 21Non sexas vencido polo malo, senón vence co ben o mal.
1Todo o que vive debe someterse ás autoridades que gobernan; porque non hai autoridade senón de Deus, e as que existen, son constituídas por Deus. 2Por tanto, o que resiste á autoridade, oponse ao decreto de Deus, e os que se opoñen, recibirán xuízo en si mesmos.3Porque os gobernantes non son motivo de temor para o que fai o bo, senón para o que fai o mal. Desexas, pois, non temer á autoridade? Fai o bo e terás aprobación, 4porque é un servidor de Deus para o teu ben. Pero se fas o malo, teme; pois para iso leva a espada, pois é servidor de Deus, un vengador que castiga a quen practica o mal. 5Por tanto é preciso someterse, non só por mor do castigo, senón tamén por causa da conciencia;6E tamén por iso pagades os impostos, porque os gobernantes son servidores de Deus, adicados precisamente a isto. 7Pagade a todos o que debades; a quen imposto, imposto; a quen tributo, tributo; a quen respecto, respecto; a quen honra, honra.8Non debades nada a ninguén, senón o amarvos uns a outros; porque quen ama a seu próximo, cumpriu a lei. 9Porque: "Non cometerás adulterio, non matarás, non roubarás, non cobizarás", e calquera outro mandamento, resúmese nestas palabras: "Amarás o teu próximo como a ti mesmo". 10O amor non fai mal ao próximo; por tanto o cumprimento da lei é o amor.11E isto a maiores: temos que coñecer o tempo, que xa é hora de sermos espertados do sono, porque agora a salvación está máis preto de nós que cando comezamos a crer. A noite pasou, e o día clarea; 12tiremos as obras das tebras e vistámonos coas armas da luz.13Andemos con decencia, como de día, non en desenfreos e borracheiras, non en libertinaxe sexual e obscenidades, non en pleitos e envexas; 14antes, ben, vestídevos do Señor Xesús Cristo, e non proveades para alimentar os malos desexos da carne.
1Recibide ao que é débil na fe, pero non para contender sobre opinións. 2Un cre que pode comer de todo; outro que é débil só come verduras.3O que come que non menosprece ao que non come e o que non come non xulgue ao que come, porque Deus aceptouno así. 4Quen es ti para xulgar o criado alleo? Se cae ou está en pé é para o seu señor; pero estará firme porque poderoso é o Señor para mantelo firme.5Un xulga que un día é mellor que outro, outro pensa que tódolos días son iguais. Cadaquén estea completamente convencido do seu propio sentir. 6O que aparta certo día, para o Señor o aparta; e o que come, para o Señor come; e o que non come, para o Señor se abstén, e dá grazas a Deus.7Porque ningún de nós vive para si e ningún morre para si mesmo; 8pois se vivimos, para o Señor vivimos, e se morremos, para o Señor morremos, polo tanto xa sexa que vivamos ou que morramos, do Señor somos. 9Porque por isto morreu Cristo e resucitou, para ser o Señor tanto dos mortos coma dos vivos.10Mais ti, por que xulgas a teu irmán? Ou tamén, ti, por que menostrezas a teu irmán? Xa que todos compareceremos perante o tribunal de Deus. 11Porque está escrito: "Vivo Eu - di o Señor - que diante de min axeonllarase todo o mundo e toda lingua ha confesar a Deus".12De xeito que cada un de nós dará conta de si mesmo. 13Entón non nos xulguemos os uns aos outros, senón tomade esta decisión: non pór tropezo ou ocasión de caer ao irmán.14Sei, e estou convencido no Señor Xesús, de que nada é inmundo en si mesmo; mais para o que pensa que algo é inmundo, para el si o é. 15Porque se por mor da comida o teu irmán se pon triste, xa non obras segundo o amor. Non destrúas coa comida a aquel por quen Cristo morreu.16Polo tanto, non permitades que se fale mal do que para nós é bo. 17Porque o Reino de Deus non é comida nin bebida, senón xustiza, paz e gozo no Espírito Santo.18Porque o que serve a Cristo nisto, é agradable a Deus e aprobado por todos. 19Así que busquemos o que contribúe á paz e á edificación o un do outro.20Non destrúas a obra de Deus por causa da comida. Certamente tódalas cousas son limpas, mais é malo que un faga tropezar a outro por causa da comida. 21É bo non comer carne nin beber viño nin facer calquera cousa que faga tropezar ao teu irmán.22A convicción que ti tes, gárdaa para ti propio diante de Deus. Feliz o que non se condena a si mesmo no que aproba. 23Mais o que dubida, se come condénase porque non o fai por convicción; e todo o que non procede da fe, é pecado.
1Nós, os que somos fortes, debemos levar as feblezas dos débiles e non agradarnos a nós mesmos. 2Cada un de nós trate de agradar ao seu próximo no que é bo para a súa edificación.3Pois nin tan sequera Cristo se agradou a si mesmo; antes ben, como está escrito: "As inxurias dos que te inxuriaban caeron sobre min". 4Porque todo o que foi escrito en tempos pasados, escribiuse para a vosa ensinanza, a fin de que a través da paciencia e do consolo das Escrituras teñamos esperanza.5E que o Deus da paciencia e do consolo concédavos ter o mesmo sentir os uns para cos outros conforme a Cristo Xesús, 6para que xuntos, a unha voz, glorifiquedes o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo. 7Polo tanto, aceptádevos os uns aos outros , como tamén Cristo vos aceptou, para gloria de Deus.8Pois dígovos que Cristo fíxose servidor da circuncisión para amosar a verdade de Deus, para confirmar as promesas dadas aos pais, 9e para que os xentís glorifiquen a Deus pola súa misericordia, como está escrito: "Polo tanto confesareite entre os xentís e cantarei o teu nome".10E volve dicir: "Alegrádevos xentís co seu pobo". 11E de novo: "Loade o Señor tódolos xentís e celébreno tódolos pobos".12E á súa vez, Isaías di: "Virá a raíz de Ixaí, o que se levanta a rexer aos xentís; os xentís poñerán nel a súa esperanza".13Así o Deus da esperanza vos encha de todo gozo e paz no crer, para que desbordedes na esperanza polo poder do Espírito Santo.14En canto a vós, meus irmáns, eu mesmo estou tamén convencido de que vós estades cheos de bondade, cheos de todo coñecemento e capaces tamén de amoestarvos os uns aos outros.15Pero escribinvos con atrevemento sobre algunhas cousas, como facéndovos recordar por medio da graza que me foi dada por Deus, 16para ser ministro de Cristo Xesús aos xentís, ministrando ao xeito de sacerdote o evanxeo de Deus, a fin de que a ofrenda dos xentís sexa agradable, santificada polo Espírito Santo.17Polo tanto, en Cristo Xesús atopei razón para gloriarme nas cousas que se refiren a Deus. 18Porque non me atreverei a falar de nada senón do que Cristo fixo por medio de min para a obediencia dos xentís, en palabra e en obra, 19co poder dos sinais e prodixios, no poder do Espírito de Deus, de xeito que dende Xerusalém e polos arredores ata o Ilírico prediquei con toda a súa plenitude o evanxeo de Cristo.20Deste xeito esforceime en anunciar o evanxeo, non onde Cristo xa era coñecido, para non edificar sobre o fundamento doutro, 21senón como está escrito: "Aqueles aos que nunca lles foi anunciado sobre El, verán, e os que non escoitaran, entenderán".22Por esta razón moitas veces me vin impedido de ir onda vós 23pero agora, non quedando xa máis lugares para min nestas rexións e que por moitos anos tiven un gran desexo de ir onda vós,24cando vaia a España, espérovos ver de camiño, e que me axudedes a continuar cara alí, despois de que disfrute un pouco da vosa compañía. 25Pero agora vou a Xerusalém para servir os santos.26Pois en Macedonia e na Acaia tiveron a ben facer unha colecta para os pobres de entre os santos que están en Xerusalém; 27pois pareceulles ben facelo, e están en débeda con eles; porque se os xentís participaron dos bens espirituais deles, deben servilos tamén cos bens materiais.28Así que cando leve a cabo isto e lles entregue esta ofrenda, irei a España chegando de paso a vervos. 29E sei que cando vaia onda vós, irei na plenitude da bendición de Cristo.30Rógovos, irmáns, polo noso Señor Xesús Cristo e polo amor do Espírito, que vos esforcedes xuntamente comigo nas vosas oracións a Deus por min, 31para que sexa librado dos que son desobedientes en Xudea, e que o meu servizo a Xerusalém sexa aceptable aos santos; 32e para que chegue onda vós alegre, e se Deus quere, me reanime convosco.33O Deus da paz sexa con todos vós. Amén.
1Recoméndovos a nosa irmá Febe, diaconisa da igrexa en Cencrea; 2recibídea no Señor dunha maneira digna dos santos e axudádea en calquera asunto en que ela vos necesite, porque ela tamén axudou a moitos e aínda a min mesmo.3Saudade a Prisca e a Aquila, os meus colaboradores en Cristo Xesús, 4que arriscaron a súa vida por min, a quen non só eu dou grazas, senón tamén tódalas igrexas dos xentís. 5Saudade tamén á igrexa que está na súa casa. Saudade ao meu querido irmán Epeneto, que é o primeiro convertido a Cristo na Asia.6Saudade a María, que traballou moito por vós. 7Saudade a Andrónico e a Xunias, os meus parentes e compañeiros de prisión, que sobresaen entre os apóstolos e os que tamén viñeron a Cristo antes ca min. 8Saudade a Amplas, o meu querido irmán no Señor.9Saudade a Urbano, colaborador noso en Cristo e ao meu querido irmán Estaquis. 10Saudade a Apeles, o aprobado en Cristo. Saudade aos da casa de Aristóbulo. 11Saudade a Herodión, o meu parente. Saudade aos da casa de Narciso, que son do Señor.12Saudade a Trifena e a Trifosa, obreiras do Señor. Saudade á querida irmá Pérsida, que traballou moito no Señor. 13Saudade a Rufo, escollido no Señor e tamén á súa nai e miña. 14Saudade a Asíncrito, a Flegonte, a Hermes, a Patrobas, a Hermas e aos irmáns con eles.15Saudade a Filólogo e Xulia, a Nereo e á súa irmá e a Olimpas e a todos os santos que están con eles. 16Saudádevos uns aos outros cun bico santo. Saúdanvos todas as igrexas de Cristo.17Pídovos irmáns que vixiedes aos que causan conflito e tropezos contra as ensinanzas que aprendestes e apartádevos deles. 18Porque estes non serven a Cristo noso Señor senón os seus propios desexos e por medio de palabras suaves e adulacións enganan os corazóns dos inxenuos.19Porque a vosa obediencia fíxose evidente a todos, polo tanto, alégrome por vós; pero quero que sexades sabios para o bo e inocentes para o malo. 20E o Deus da paz esmagará a Satán por debaixo dos vosos pés. A graza do noso Señor Xesús Cristo sexa con vós.21Timoteo, o meu colaborador, saúdavos e tamén Lucio, Iasón e Sosípatro, os meus compatriotas. 22Eu, Tercio, que escribo esta carta, mándovos saúdos no Señor.23Gaio, o meu pousadeiro e de toda a igrexa, saúdavos. Erasto, o tesoreiro da cidade, saúdavos e o irmán Cuarto.25E aquel que é poderoso para vos fortalecer conforme o meu evanxeo e á proclamación de Xesús Cristo, segundo a revelación do misterio que foi gardado en silencio dende tempos eternos, 26pero que agora foi manifestado, e por medio das Escrituras proféticas, conforme o mandamento do Deus eterno, foi dado a coñecer a tódalas nacións para guialas á obediencia da fe,27a Deus, o único sabio, sexa a gloria por medio de Xesús Cristo, por sempre e para sempre. Amén.
1Paulo, chamado a ser apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus, e Sóstenes, noso irmán, 2á igrexa de Deus que está en Corinto, aos que foron santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos, con todos os que en calquer lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso: 3graza a vós e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.4Dou sempre grazas ao meu Deus por vós, pola graza de Deus que vos foi dada en Cristo Xesús, 5porque fostes enriquecidos nel en todo, en toda palabra e en todo coñecemento, 6así como o testemuño do Mesías foi confirmado en vós;7de xeito que nada vos falta en ningún don, agardando a manifestación do noso Señor Xesús, o Mesías; 8quen tamén vos sosterá ata o fin, para que sexades irreprensibles no día do noso Señor Xesús. 9Fiel é Deus, por medio de quen fostes chamados a ser partícipes co seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor.10Rógovos, irmáns, polo nome do noso Señor Xesús Cristo, que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós, senón que esteades enteiramente unidos nunha mesma mente e un mesmo parecer. 11Porque os de Cloé, puxéronme en coñecemento da vosa situación, meus irmáns, que entre vós hai contendas.12Refírome a que cada un de vós di: eu son de Paulo, eu de Apolos, eu de Cefas, eu de Cristo. 13Está divido o Mesías? Será que Paulo foi crucificado por vós? Ou fostes bautizados no nome de Paulo?14Dou grazas a Deus que non bauticei a ningún de vós, agás a Crispo e a Gaio, 15para que ninguén diga que fostes bautizados no meu nome. 16Tamén bauticei á familia de Estéfanas, polo demais, non sei se bauticei a algún outro.17Pois non me mandou Cristo a bautizar senón a levar as boas novas, non con sabedoría de palabras, para que non quede anulada a eficacia da cruz do Mesías.18Certamente a palabra da cruz é loucura para os que se perden, pero para nós os salvos é poder de Deus. 19Porque está escrito: "Destruirei a sabedoría dos sabios, e rexeitarei o entendemento dos intelixentes".20U-lo sabio? U-lo escriba? U-lo sofista deste século? Non enlouqueceu Deus a sabedoría do mundo? 21Por canto na sabedoría de Deus o mundo deixou de coñecer a Deus mediante a sabedoría, Deus tivo a ben salvar coa loucura da predicación os que confían nel.22Porque os xudeus piden sinais e os gregos buscan sabedoría; 23mais nós predicamos a Cristo crucificado, pedra de tropezo para os xudeus e loucura para os xentís;24mais para os chamados, tanto xudeus coma gregos, Cristo é poder de Deus e sabedoría de Deus. 25Porque o necio de Deus é máis sabio que a xente mesma, e a fraqueza de Deus é máis forte que as persoas.26Porque, mirade irmáns o voso chamamento, que non sodes moitos sabios segundo a carne, nin moitos poderosos, nin moitos da nobreza; 27senón que Deus escolleu o necio do mundo,para avergoñar aos sabios; e Deus escolleu o feble do mundo, para avergoñar ao que é forte;28e o sen importancia segundo o mundo, e o desprezable, o que non conta para nada, escolleu Deus; o que non é, para anular o que pensa ser algo; 29para que ninguén se vangloríe diante de Deus.30Mais del provén o que sodes en Xesús Cristo, quen se fixo para nós sabedoría de Deus, e xustificación, e santificación, e redención, 31para que, como está escrito: "O que se gloría, que se gloríe no Señor".
1Cando cheguei onda vós, irmáns, proclamándovos o testemuño de Deus, non fun con superioridade de palabra ou de sabedoría, 2pois non me propuxen saber nada entre vós, agás a Xesús Cristo, e a este crucificado.3Presenteime diante de vós con fraqueza, e tremendo con moito temor. 4Nin a miña mensaxe nin a miña predicación foron con palabras persuasoras de sabedoría, senón con demostración do Espírito e de poder, 5para que a vosa fe non estea na sabedoría das persoas, senón no poder de Deus.6Con todo, falamos sabedoría entre os que acadaron madureza; pero non unha sabedoría deste século, nin dos gobernantes deste tempo, que van desaparecendo, 7senón que falamos sabedoría de Deus en misterio, a sabedoría oculta, que dende antes dos tempos, Deus predestinou para nosa gloria;8sabedoría que ningún dos gobernantes deste tempo entendeu, porque se a entenderan non terían crucificado o Señor da gloria; 9senón como está escrito: "Cousas que ollo non viu, nin oído oíu, nin entraron ao corazón das persoas, son as cousas que Deus preparou para os que o aman".10Mais Deus déunolas a coñecer por medio do Espírito, porque o Espírito escudríñao todo, mesmo as profundidades de Deus. 11Porque quen de entre a xente coñece os pensamentos dunha persoa senón o espírito da persoa que está nela? Do mesmo xeito , ninguén coñece os pensamentos de Deus, senón o Espírito de Deus.12E nós recibimos, non o espírito do mundo, senón o Espírito que vén de Deus, para que saibamos o que Deus nos deu de balde, 13do que tamén falamos, non con palabras ensinadas por sabedoría humana, senón coas ensinadas polo Espírito, acomodando as cousas espirituais ás persoas espirituais.14Pero a persoa natural non acepta as cousas do Espírito de Deus, porque para ela son tolería; e non pode comprendelas, porque hai que diferencialas espiritualmente. 15Pola contra, o que é espiritual xulga tódalas cousas; pero el non é xulgado por ninguén. 16Porque, quen coñeceu a mente do Señor? Quen o ha instruír? Mais nós temos a mente de Cristo.
1E eu, irmáns, non puiden falarvos como a espirituais, senón coma a carnais, coma a nenos en Cristo. 2Deivos a beber leite, non alimento sólido, porque non estabades listos para recibilo.3De certo, nin agora sodes quen, porque aínda sodes carnais. Pois se hai celos e pelexas entre vós, non sodes carnais e andades coma humanos? 4Porque cando un di: "eu son de Paulo", e outro: "eu son de Apolos", non sodes humanos? 5Que vén sendo Apolos? E que é Paulo? Servidores mediante os que vós crestes, segundo o Señor permitiu a cada un.6Eu plantei, Apolos regou, pero Deus deu o crecemento. 7Así que nin o que planta nin o que rega é algo, senón que Deus dá o crecemento.8Agora ben, o que planta e o que rega son unha soa cousa, pero cada un recibirá a súa propia recompensa de acordo ao seu propio esforzo. 9Porque somos colaboradores de Deus, e vós sodes labranza de Deus, edificio de Deus.10De acordo á graza de Deus que me foi dada, eu, como sabio arquitecto, puxen o fundamento, e outro edifica sobre el. Pero que cada un teña coidado de como edifica enriba. 11Pois ninguén pode poñer outro fundamento que o que xa está posto, que é Xesús Cristo.12Agora ben, se sobre o fundamento, alguén edifica con ouro, prata, pedras preciosas, madeira, herba, palla, 13a obra de cada un hase manifestar, porque o día vaina facer evidente, pois co lume é descuberta; o mesmo lume porá a proba a calidade da obra de cada un.14Se a obra dalgún que edificou sobre o fundamento se mantén, recibirá recompensa. 15Se a obra dalgún é consumida polo lume, sufrirá perda; con todo, el será salvo, aínda que así como por lume.16Non sabedes que sodes templo de Deus e que o Espirito de Deus vive en vós? 17Se algún destrúe o templo de Deus, Deus destruirao a el, porque o templo de Deus é santo, e iso é o que sodes vós.18Non se engane ninguén a si mesmo. Se algún de vós cre ser sabio segundo este mundo, fágase necio para chegar a ser sabio. 19Porque a sabedoría deste mundo é absurda diante de Deus. Pois está escrito: "É El que prende os sabios na súa propia astucia". 20E tamén: "O Señor coñece os razoamentos dos sabios, que son vans".21Así que ninguén se gloríe en persoa algunha, porque todo é voso, 22sexa Paulo, ou Apolos, ou Cefas, ou o mundo, ou a vida, ou a morte, ou o presente, ou o porvir, todo é voso, 23e vós sodes de Cristo, e Cristo de Deus.
1Que todos nos consideren deste xeito: como servidores de Cristo e administradores dos misterios de Deus. 2Agora ben, ademais requírese dos administradores que cada un sexa confiable.3En canto a min, é de pouca importancia que eu sexa xulgado por vós ou por tribunal humano; de feito nin eu son quen de xulgarme a min mesmo. 4Porque aínda que a miña conciencia non me acusa de nada; non por iso son xustificado, pois é o Señor quen me xulga.5Polo tanto, non xulguedes antes de tempo, senón agardade ata que o Señor veña, quen sacará á luz as cousas ocultas nas tebras e tamén porá de manifesto as intencións dos corazóns; e entón cada un recibirá a súa loanza de parte de Deus.6Pero estas cousas, irmáns, apliqueinas en sentido figurado a min mesmo e a Apolos, por amor a vós, para que co noso exemplo aprendades a non sobrepasar o que está escrito, e así ningún de vós se volva arrogante a favor dun na contra doutro. 7Pois, quen te distingue? Que tes que non recibiches? E se o recibiches, porque te enches como se non o tiveras recibido?8Xa estades fartos, xa vos fixestes ricos, xa chegastes a reinar sen nós, e ogallá chegásedes reinar, para que nós reinásemos tamén con vós. 9Porque penso que Deus exhibiunos a nós, os apóstolos, en derradeiro lugar, coma a sentenciados a morte; pois chegamos a ser espectáculo para o mundo, os anxos e as persoas.10Nós somos necios por amor de Cristo, mais vós sodes prudentes en Cristo; nós somos febles, mais vós, fortes; vós sodes distinguidos, mais nós, sen honra. 11Ata este momento pasamos fame e sede, andamos mal vestidos, somos maltratados e non temos onde vivir;12Esgotámonos traballando coas nosas propias mans; sendo ofendidos, bendecimos; sendo perseguidos, aguantamos; 13sendo difamados, consolamos; ata agora, non somos máis que a escoria do mundo, o desperdicio de todos.14Non vos escribo isto para causarvos vergoña, senón para chamarvos a atención como aos meus fillos amados. 15Porque aínda que teñades dez mil de aios en Cristo, non tendes moitos pais; pois eu vos enxendrei en Cristo Xesús por medio do evanxeo. 16Polo tanto, rógovos, que me sigades imitando.17Por mor disto mandeivos a Timoteo, que é meu fillo amado e fiel no Señor, quen vos fará lembrar os meus camiños en Cristo, tal como ensino en todas partes, en cada igrexa. 18Mais algúns de vós tornastes arrogantes, coma se eu non fose volver a vós.19Pero irei a vós axiña, cando o Señor queira, e coñecerei, non as palabras senón o poder dos que se volveron arrogantes. 20Porque o reino de Deus non consiste en palabras, senón en poder. 21Que queredes? Irei a vós con vara, ou en amor e con espírito de mansedume?
1Certamente, fálase por todas partes, que entre vós hai fornicación; unha inmoralidade semellante, que non existe sequera entre os xentís, ao extremo de que algún ten a muller do seu pai. 2E volvéstesvos arrogantes, en vez de vos entristecer para que fose quitado de entre vós aquel que fixo esta acción.3Pois eu, pola miña parte, aínda que ausente fisicamente pero presente en espírito, como se estivera presente, xa xulguei o que cometeu tal acción. 4No nome do noso Señor Xesús, cando vós esteades reunidos, e eu convosco en espírito, e co poder do noso Señor Xesús, 5entregade a ese tal a Satanás para a destrución da súa carne, a fin de que o seu espírito sexa salvo no día do Señor Xesús.6A vosa arrogancia non é boa. Non sabedes que un pouco de fermento leveda toda a masa? 7Limpade o vello lévedo para que sexades masa nova, así coma sodes, sen lévedo. Porque aínda Cristo, nosa Pascua, foi sacrificado. 8Polo tanto, festexemos a festa non co lévedo vello, nin con lévedo de malicia e maldade, senón co pan sen lévedo de sinceridade e de verdade.9Na miña carta escribinvos que non andarades na compaña de persoas inmorais, 10mais non quixen dicir cos inmorais deste mundo, ou cos avaros e ladróns, ou idólatras; pois daquela seríavos preciso saír do mundo.11Senón que vos escribín mais ben, que non andarades na compaña de ningún que, chamándose irmán, é unha persoa inmoral, ou avara, ou idólatra, ou difamadora, ou borracha , ou estafadora; con ese tipo de persoa nin sequera comades. 12Pois, en que me aproveita a min xulgar aos de fóra? Non xulgades vós os de dentro? 13Pero Deus xulga os que están fóra. Quitade de entre vós o malvado!
1Ousa algún de vós ir a xuízo ante os incrédulos e non ante os santos, cando ten algo na contra do seu próximo? 2Ou non sabedes que os santos xulgarán o mundo? E se o mundo é xulgado por vós, non sodes competentes para xulgar os casos de menor importancia? 3Non sabedes que xulgaremos aos anxos? Canto máis os asuntos desta vida!4Daquela, se tendes tribunais que xulgan os casos desta vida, por que poñedes por xuíces aos que non son nada na igrexa? 5Digo isto para a vosa vergoña. Será que non hai entre vós algunha persoa sabia que poida xulgar entre os seus irmáns, 6senón que preitea irmán contra irmán diante dos incrédulos?7De feito, xa vos é un fracaso que esteades metidos en preitos entre vós. Por que mellor non sufrides a inxustiza? Non será mellor ser defraudados? 8Pola contra, vós mesmos defraudades e facedes inxustizas contra os vosos irmáns.9Ou non sabedes que os inxustos non herdarán o reino de Deus? Non vos deixedes enganar: nin os inmorais, nin os idólatras, nin os adúlteros, nin os efeminados, nin os homosexuais, 10nin os ladróns, nin os avaros, nin os borrachos, nin os difamadores, nin os estafadores herdarán o reino de Deus. 11E isto erades algúns de vós, pero fostes lavados, pero fostes santificados, pero fostes xustificados no nome do Señor Xesús Cristo e no Espírito do noso Deus.12Tódalas cousas me son lícitas, pero non todas son de proveito.Tódalas cousas me son lícitas, mais eu non me deixarei dominar por ningunha. 13Os alimentos son para o estómago e o estómago para os alimentos, pero Deus destruirá ámbolos dous. Con todo, o corpo non é para a fornicación, senón para o Señor; e o Señor é para o corpo.14E Deus, que resucitou o Señor, tamén nos resucitará a nós mediante o seu poder. 15Non sabedes que os vosos corpos son membros de Cristo? Tomarei, entón, os membros de Cristo e fareinos membros dunha prostituta? Diso nada!16Ou non sabedes que o que se une cunha prostituta é un corpo con ela? Porque El di: "Os dous virán ser unha soa carne". 17Pero o que se une co Señor, vén ser un espírito con El.18Fuxide da fornicación. Tódolos demais pecados que unha persoa comete están fóra do corpo, pero o fornicario peca contra o seu propio corpo.19Ou non sabedes que o voso corpo é templo do Espírito Santo, que está en vós, que o tendes de Deus, e que non sodes de voso? 20Porque fostes comprados por prezo; polo tanto, glorificade a Deus no voso corpo e no voso espírito, que son de Deus.
1No tocante ao que me escribistes, bo é para o home non tocar muller. 2Pero por mor das fornicacións, que cada un teña a súa propia muller, e cada unha teña o seu propio home.3Que o home cumpra o seu deber para coa súa muller, e igualmente a muller o cumpra co seu home. 4A muller non ten autoridade sobre o seu propio corpo, senón o home. E así mesmo, o home non ten autoridade sobre o seu propio corpo, senón a muller.5Non vos privedes o un do outro, agás de común acordo e por certo tempo, para adicarvos á oración; volvede a xuntarvos a fin de que Satanás non vos tente por mor da vosa falla de dominio propio. 6Mais digo isto por vía de concesión, non como unha orde. 7Con todo, eu desexaría que tódalas persoas fosen coma min, pero cada un ten o seu propio don de Deus, un dunha clase e outro doutra.8Dígolles aos solteiros e ás viuvas que é bo para eles quedar coma min. 9Pero se non teñen dominio propio, que casen; porque é mellor casarse ca queimarse.10E aos que casaron, ordeno, non eu, senón o Señor, que a muller non se separe do home; 11pero se se separa , quede sen casar, ou senón que se reconcilie co seu home, e que o home non abandone á súa muller.12Pero aos demais, dígovos eu, non o Señor, que se un irmán ten unha muller que non é crente, e ela consinte en vivir con el, non a abandone. 13E a muller que o seu home non é crente, e el consinte en vivir con ela, non abandone o seu home. 14Porque o home que non é crente é santificado por medio da súa muller, e a muller que non é crente é santificada por medio do seu home crente; pois doutro xeito os seus fillos estarían manchados, mais agora son santos.15Con todo, se o que non é crente se separa, que se separe; neses casos o irmán ou a irmá non están na obriga, senón que a paz nos chamou Deus. 16Pois, como sabes ti, muller, se salvarás o teu home? Ou como sabes ti, home, se salvarás a túa muller?17Como o Señor repartiu a cada un, e como Deus chamou a cada un, así viva. E así ordeno en tódalas igrexas. 18Foi chamado algún circuncidado? Fique circuncidado. Foi chamado algún incircuncidado? Non se circuncide. 19A circuncisión nada é, e nada é a incircuncisión, senón o gardar os mandamentos de Deus.20Cada un quede na condición na que foi chamado. 21Fuches chamado sendo escravo? Non te preocupes, pero se podes chegar ser libre, procúrao. 22Porque o que foi chamado polo Señor sendo escravo, liberto é do Señor; do mesmo xeito, o que foi chamado sendo libre, escravo é de Cristo. 23Fostes comprados por prezo; non vos fagades escravos da xente. 24Irmáns, cada un permaneza ante Deus na forma en que foi chamado.25No tocante ás solteiras, non teño mandamento do Señor, pero dou a miña opinión como un que acadou a misericordia do Señor para ser digno de confianza. 26Penso, entón, que isto é bo en vista da presente aflición; élles mellor quedar así como están.27Estás suxeito a muller? Non procures separarte. Estás libre de muller? Non procures muller. 28Pero se casas, non pecaches; e se unha solteira casa, non pecou. Con todo, eles terán problemas nesta vida e eu quero evitárvolos.29Mais dígovos isto, irmáns: o tempo acurtouse; de tal xeito que os que teñen muller sexa coma se non a tivesen, 30e os que choran, coma se non chorasen; e os que festexan coma se non festexasen; e os que mercan, coma se non tivesen nada; 31e os que gozan do mundo, como se non o gozasen en plenitude; porque a aparencia deste mundo é pasaxeira.32Mais quixera que estiverades libres de preocupacións. O solteiro preocúpase polas cousas do Señor, de como agradar ao Señor; 33pero o casado preocúpase polas cousas do mundo, de como agradar á súa muller, 34e os seus intereses están divididos. E a muller virxe que non está casada preocúpanse polas cousas do Señor, para ser santa tanto en corpo coma en espírito; pero a casada preocúpase polas cousas do mundo, de como agradar o seu home.35E digo isto para o voso propio beneficio; non para poñervos restrición, senón para promover o que é honesto, e para que sirvades o Señor sen distracción.36Pero se algún cre que non está actuando correctamente respecto da súa prometida, sendo ela de idade adulta, se é preciso, que faga o que queira, non peca; que case. 37Pero o que está firme no seu corazón, non tendo necesidade, tendo control sobre a súa propia vontade, e decidindo no seu corazón gardarse solteiro, fai ben. 38Así, os dous, o que casa coa súa prometida fai ben e o que non casa, fai mellor.39A muller está suxeita mentres lle vive o seu home; pero se lle morre o home, está na liberdade de casar con quen queira, só no Señor. 40Pero na miña opinión, será máis feliz se queda como está; e penso que eu tamén teño o Espírito de Deus.
1No tocante ao sacrificado aos ídolos, sabemos que todos temos coñecemento. O coñecemento envaidece, pero o amor edifica. 2Se alguén cre que sabe algo, aínda non aprendeu como debe saber; 3pero se alguén ama a Deus, é coñecido por El.4Polo tanto, no tocante ao comer do sacrificado aos ídolos, sabemos que un ídolo non é nada no mundo, e que non hai outro Deus, senón un só. 5Porque aínda cando hai os chamados deuses, sexa no ceo ou na terra (como hai moitos deuses e moitos señores), 6pero, para nós hai un só Deus, o Pai, de quen veñen tódalas cousas, e nós somos para El; e un Señor Xesús Cristo, por quen son tódalas cousas, e por medio de quen existimos nós.7Con todo, non todos teñen este coñecemento; senón que algúns, estando afeitos ata agora aos ídolos, comen coma se os alimentos fosen sacrificados a ídolos, e a súa conciencia, sendo feble, queda contaminada.8Se ben a comida non nos fai máis aprobados diante de Deus, nin por non comer somos peores, nin por comer somos mellores. 9Mais tende coidado, non sexa que esta vosa liberdade, veña ser, dalgún xeito, pedra de tropezo para o feble. 10Porque se alguén te vira a ti, que tes coñecemento, sentado á mesa nun templo de ídolos, non será estimulada a súa conciencia, se a persoa é feble, a comer o sacrificado aos ídolos?11E polo teu coñecemento perderase o que é feble, o irmán por quen Cristo morreu. 12E así, ao pecar contra os irmáns e ferir a súa conciencia cando esta é feble, pecades contra Cristo. 13Polo tanto, se a comida fai que meu irmán tropece, endexamais non comerei carne, para non facer tropezar ao meu irmán.
1Non son libre? Non son apóstolo? Non vin a Xesús noso Señor? Non sodes vós a miña obra no Señor? 2Se para outros non son apóstolo, polo menos para vós si que o son; pois sodes o selo do meu apostolado no Señor.3Esta é a miña defensa contra os que me acusan: 4será que non temos dereito a comer e beber? 5Será que non temos dereito a levar connosco unha esposa crente, así como os demais apóstolos e os irmáns do Señor, e Cefas? 6Ou só Bernabé máis eu non temos dereito a non traballar?7Quen serviu algunha vez coma soldado a conta de seu? Quen planta unha viña e non come do seu froito? Ou quen coida un rabaño e non bebe o leite do seu rabaño? 8Non digo estas cousas como humano, ou é que a lei non di o mesmo?9Pois na lei de Moisés está escrito: "Non porás bozo ao boi que trilla". Preocúpanlle a Deus os bois, 10ou o di precisamente por nós? Si, escribiuse por nós, porque o que ara debe arar con esperanza, e o que trilla coa esperanza de ter a súa parte. 11Se sementamos en vós o espiritual, será moito que colleitemos de vós o material?12Se outros participan deste privilexio sobre vós, canto mais nós? Con todo, non facemos uso deste dereito senón que o soportamos todo para non poñer ningún atranco ao evanxeo do Mesías. 13Non sabedes que os que se adican aos servizos sagrados comen da comida do templo, e os que acotío serven ao altar, participan do altar? 14Así mesmo ordenou o Señor que os que proclaman o evanxeo, vivan do evanxeo.15Mais non me aproveitei de ningunha destas cousas, e non o escribo para que se faga así comigo, porque para min mellor é morrer a que ninguén faga va esta a miña gloria. 16Porque se predico o evanxeo, non teño nada de que gloriarme, pois levo enriba esa necesidade; e, ai de min se non predicase o evanxeo!17Pois se fago isto de xeito voluntario, salario teño; pero sendo por imposición, foime confiada unha mordomía. 18Cal é, entón, a miña recompensa? Que predicando as boas novas, presente gratuitamente o evanxeo para non facer uso do meu dereito no evanxeo.19Entón, sendo libre de todos, fíxenme escravo de todos para gañar a maior número. 20Fíxenme xudeu para os xudeus, coa fin de gañar os xudeus; para os que están baixo a lei, como baixo a lei (aínda que eu non estou baixo a lei) a fin de gañar os que están baixo a lei;21aos que están sen lei, como sen lei (aínda que non estou sen a lei de Deus, senón baixo a lei de Cristo) para gañar os que están sen lei. 22Fíxenme feble para os febles, para gañar os febles; fíxenme todo con todos, para dalgún xeito salvar a algúns. 23E fago todo por amor do evanxeo, para ser copartícipe del.24Non sabedes que os que corren no estadio, todos á verdade corren, pero só un recibe o premio? Correde de tal xeito que o acadedes! 25Pero todo aquel que se esforza loitando aprende a conterse; de feito fano para recibir unha coroa corruptible, mais nós unha incorruptible. 26Polo tanto, eu corro deste xeito, non como sen ter meta; deste xeito pelexo, non como dando golpes ao ar, 27senón que dobrego o meu corpo poñéndoo en servidume, non sexa que téndolle predicado a outros, eu mesmo veña ser descualificado.
1Non quero, meus irmáns, que ignoredes que os nosos devanceiros estiveron baixo a nube, e todos pasaron polo mar; 2e en Moisés foron todos bautizados na nube e no mar; 3e todos comeron o mesmo alimento espiritual; 4e todos beberon a mesma bebida espiritual, porque bebían dunha roca espiritual que os seguía; e a roca era Cristo.5Pero non se agradou Deus da meirande parte deles, porque quedaron aniquilados no deserto. 6Estas cousas aconteceron como exemplo para nós, para que non sexamos cobizosos do malo, como eles cobizaron.7Nin sexades idólatras, coma foron algúns deles, segundo está escrito: "Sentou o pobo a comer e a beber, e ergueuse a xogar". 8Nin forniquemos, coma fornicaron algúns deles, e nun día pereceron vintetrés mil.9Nin tentemos o Señor, coma algús deles o tentaron, e foron mortos polas serpes. 10Nin murmuredes, coma algúns deles murmuraron, e foron mortos polo destrutor.11Acontecéronlles estas cousas como exemplo, e foron escritas para advertirnos a nosoutros, para quen chegou aos derradeiros días. 12De xeito que, o que cre que está firme, mire non caer. 13Non vos sobreveu ningunha proba que non sexa humana; e fiel é Deus, que non ha permitir que sexades probados por riba do que podedes; senón que xuntamente coa proba, dará a saída, para que poidades soportar.14Polo tanto, meus amados, fuxide da idolatría. 15Fálovos como a sabios, xulgade vós o que digo: 16a copa de bendición que bendicimos, non é a participación no sangue de Cristo? O pan que partimos, non é a participación no corpo de Cristo? 17Porque o pan é un, e nós sendo moitos, somos un corpo; porque todos participamos do único pan.18Mirade a Israel na carne, os que comen dos sacrificios, non son partícipes do altar? 19Que vos estou a dicir? Que o sacrificado aos ídolos é algo, ou que un ídolo é algo?20Pero dígovos que o que eles sacrifican, sacrifícano aos demos, non a Deus, e non quero que sexades partícipes cos demos. 21Non podedes beber a copa de Deus e estar a beber a copa dos demos; non podedes participar da mesa do Señor e estar comendo da mesa dos demos. 22Ou estades a provocar a celos ao Señor? Será que somos máis fortes ca el?23Todo é lícito, pero non todo é de proveito. Todo é lícito, pero non todo edifica. 24Ninguén ande na procura do seu ben, senón o do outro.25Comede de todo o que se vende na carnizaría, sen preguntar por mor da conciencia. 26Porque do Señor é a terra e todo o que hai nela. 27Se algún que non é crente, vos convida e queredes ir, comede de todo o que vos poña diante, sen preguntar nada por motivos de conciencia.28Pero se nalgunha ocasión alguén vos di: "isto foi sacrificado aos ídolos", non o comades, porque volo dixeron, e por motivos de conciencia; 29por conciencia, refírome á do outro, non á vosa; pois, por que é xulgada a miña liberdade pola conciencia do outro? 30Se participo con agradecemento, por que han falar mal de min por algo do que estou dando grazas?31Daquela, sexa que comades ou bebades, ou calquera cousa que fagades, facede todo para a gloria de Deus. 32Non sexades motivo de tropezo, nin a xudeus, nin a gregos, nin á igrexa de Deus; 33así como eu tamén en tódalas cousas agrado a todos, non procurando o meu propio beneficio, senón o de moitos, para que sexan salvos.
1Sede imitadores de min, así como eu de Cristo. 2Felicítovos, porque vos lembrades de min en todo, e seguides firmes nas instrucións que vos transmitín. 3Pero quero que saibades que a cabeza de todo home é Cristo, e a cabeza da muller é o home, e a cabeza de Cristo é Deus. 4Todo home que ora ou profetiza coa cabeza cuberta avergoña a súa cabeza.5Pero toda muller que ora ou profetiza sen cubrir a súa cabeza, avergoña a cabeza dela, porque vén ser coma unha que foi rapada. 6Porque se a muller non se cubre, que se rape, e se é avergoñante para a muller estar rapada, que se cubra.7Pois certamente o home non debe cubrir a súa cabeza, posto que é imaxe e gloria de Deus, pero a muller é gloria do home. 8Porque o home non procede da muller, senón a muller do home;9e o home non foi creado por mor da muller, senón a muller por mor do home. 10Por isto, a muller debe ter autoridade sobre a súa cabeza, por mor dos anxos.11Con todo, no Señor, nin o home existe sen a muller, nin a muller sen o home; 12porque así como a muller procede do home, o home existe por medio da muller; pero todo procede de Deus.13Xulgade entre vosoutros: é apropiado que a muller ore a Deus coa cabeza descuberta? 14Non vos ensina a natureza mesma que lle é avergoñante ao home deixar medrar o cabelo? 15Pero á muller lle campa o cabelo longo, pois o cabelo longo foille dado en vez de veo. 16Con todo iso, se alguén quere discutir, nin nós nin as igrexas de Deus teñen ese costume.17Pero ao darvos as seguintes instrucións, non vos felicito, porque non vos congregades para o mellor, senón para o peor. 18Pois, de primeiras, escoito que cando vos xuntades como igrexa, hai divisións entre vós; e en parte dou creto. 19Porque tamén debe haber divisións entre vós, para que saian á luz os aprobados de entre vós.20Polo tanto, cando vos xuntades, non estades comendo a cena do Señor, 21porque ao comer, cada un adiántase a tomar a súa propia cea, e un ten fame e outro está bébedo. 22Será que non tendes casas para comer e beber? Ou desprezades á igrexa de Deus e avergoñades aos que non teñen? Nisto non podo felicitarvos.23Porque eu mesmo recibín do Señor o mesmo que vos ensinei: que o Señor Xesús, na noite na que foi entregado, colleu pan. 24E dando grazas, partiuno e dixo: isto é o meu corpo que é por vós, facede isto en memoria de min.25Do mesmo xeito colleu tamén a copa despois de cear, dicindo: esta é a copa do novo pacto no meu sangue; facede isto, tódalas veces que a bebades, en memoria de min. 26Porque tódalas veces que comades este pan e bebades a copa, a morte do Señor proclamades ata que veña.27Polo tanto, o que coma o pan ou beba a copa do Señor indignamente, será culpable do corpo e do sangue do Señor. 28Polo tanto, que cada un se examine a si mesmo, e coma así do pan e beba da copa. 29Porque o que come ou bebe sen recoñecer o corpo, xuízo come e bebe para si. 30Por iso hai moitos febles e enfermos entre vosoutros, e abondo son os que durmen.31Pero se nos examinásemos a nós mesmos, non seriamos xulgados; 32mais sendo xulgados, somos disciplinados polo Señor, para non sermos condenados xunto co mundo.33Así que, meus irmáns, cando vos xuntedes para comer, agardádevos uns aos outros. 34Se algún ten fame, coma na casa, para que non vos xuntedes para xuízo. Pero, as demais cousas, poreinas en orde cando vaia a vós.
1Agora, irmáns, non quero que esteades na ignorancia en canto ás cousas espirituais. 2Sabedes que cando erades pagáns, levábanvos coma perdidos diante dos ídolos mudos. 3Por iso declárovos que ninguén que fale polo Espírito de Deus, chama arrenegado a Xesús, e ninguén pode declarar que Xesús é o Señor, de non ser polo Espírito de Deus.4Hai diferentes dons, pero o Espírito é o mesmo; 5e hai diferentes servizos, pero o Señor é o mesmo; 6e hai diferentes actividades, pero un mesmo Deus é quen fai posibles tódalas cousas en todos.7E a cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o proveito de todos. 8Porque a un o Espírito dálle palabra de sabedoría, a outro, palabra de coñecemento, segundo o mesmo Espírito.9A outro, fe, polo mesmo Espírito; aqueloutro dons de sanidades, polo único Espírito; 10a outro, actividades milagrosas; a outro profecía; a outro, discernimento de espíritos; a outro, distintas linguas; e a outro, interpretación de linguas. 11Pero todas estas cousas son efectuadas polo mesmo Espírito, o único, quen reparte en particular a cada un como a El lle parece.12Porque así como o corpo ten moitos membros pero é un, e todos os membros forman un só corpo, do mesmo xeito Cristo. 13Pois por un só Espírito fomos todos bautizados nun só corpo, tanto xudeus como gregos, escravos ou libres, e a todos se nos deu a beber un mesmo Espírito.14Pois ben, o corpo non está formado por un único membro, senón por moitos. 15Se dixera o pé: "como non son man, non dependo do corpo", non por iso deixa de ser parte do corpo. 16E se dixera unha orella: "como non son ollo, non dependo do corpo", non por iso deixa de ser parte do corpo. 17Se todo o corpo fora ollo, onde estaría o oído? Se todo fora oído, onde estaría o olfacto?18Pero Deus colocou a cada un dos membros no corpo, tal como El quixo. 19Se todos foran un único membro, onde estaría o corpo? 20En realidade, os membros son moitos, pero o corpo é un só.21O ollo non pode lle dicir á man: "non te necesito", nin a cabeza lle pode dicir aos pes: "non preciso de vós". 22Todo o contrario, os membros do corpo que parecen máis febles, son os máis necesarios; 23e aqueles do corpo que nos parecen menos decorosos, cubrímolos de maior honra; e as nosas partes íntimas son tratadas con máis recato, 24cousa da que as nosas partes máis decorosas non teñen necesidade. Así Deus ordenou o corpo, dándolle máis abundante honor a aquilo que máis lle faltaba.25Para que non haxa división no corpo, senón que tódolos membros se preocupen uns dos outros. 26De tal xeito, que se un membro padece, tódolos membros comparten o mesmo sofremento, e se un membro recibe honra, se alegran todos con el. 27Vós sodes o corpo de Cristo, e polo tanto, membros cada un pola súa parte.28Deus colocou a todos na igrexa, primeiro apóstolos, segundo profetas: en terceiro lugar mestres, logo os poderes milagrosos, depois os dons de sanidade, as capacidades para axudar, e as linguas diferentes. 29Todos son apóstolos? Son todos mestres? Acaso todos fan milagres?30Teñen todos dons de sanidade? Falan todos en linguas? Interpretan todos? 31Cobizade, pois, os mellores dons, pero aínda vos vou amosar un camiño máis excelente.
1Se eu falase linguas humanas ou anxélicas, e non teño amor, son coma o metal que resoa ou o crótalo que abouxa. 2E se fose profeta e entendese tódolos misterios e toda a ciencia, e se tivese unha fe extraordinaria de xeito que puidera mover montes, e non teño amor, non sería nada. 3E aínda que repartise todo o que teño, e entregase o meu corpo para me deixar queimar vivo, e non tivera amor, non valería para nada.4O amor é sufrido, o amor é bondadoso, o amor non ten envexa, o amor non ten fachenda, 5non se ensoberbece. Non actúa dun xeito indebido, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non ten en conta o mal, 6non se alegra na inxustiza senón que se alegra coa verdade; 7É quen de sufrir todo, de crer todo, de esperar todo, de aturar todo.8O amor non deixa de ser endexamais. Porque as profecías desaparecerán, as linguas cesarán, o coñecemento rematará; 9porque en parte coñecemos e en parte profetizamos, 10pero cando veña o perfecto, rematará aquilo que é limitado.11Cando eu era neno, falaba como un neno, pensaba como un neno e razoaba como un neno; cando cheguei a home, deixei o que era de neno. 12Porque agora vemos nun espello; pero daquela veremos cara a cara; agora coñezo en parte, pero entón hei coñecer, como fun coñecido. 13Agora permanecen a fe, a esperanza e o amor, pero a meirande de tódalas cousas é o amor.
1Seguide o amor e cobizade os dons espirituais, sobre todo que profeticedes. 2Porque o que fala unha lingua, non lle fala á xente, senón a Deus, xa que ninguén o entende, pois polo Espírito fala misterios, 3pero o que profetiza, fala a todos para edificación, ánimo e consolo. 4Quen fala unha lingua edifícase a si mesmo, pero o que profetiza edifica á igrexa.5Así que, quixera que todos falásedes en linguas, pero máis que profeticedes, porque maior é o que profetiza que aquel que fala en linguas, a non ser que as interprete para que a igrexa sexa edificada. 6Porque, irmáns, se eu fose a vós falando linguas, que proveito tería se non vos falara con revelación e coñecemento, con profecía ou ensinanza?7Aínda os instrumentos inanimados que producen sons como a frauta, ou a cítara, se non se distinguiran ben os sons, como se saberá o que se está a tocar coa frauta, ou o que se interpreta coa cítara? 8Ou tamén, se a trompeta dira un son confuso, quen se vai a preparar para o combate? 9Do mesmo xeito, se vós non dades palabras comprensibles coa vosa lingua, como se vai entender o que falades? Estaredes a falar para o vento.10Moitas linguas hai no mundo, e todas teñen o seu significado, 11pero se non entendo o significado das palabras serei coma un estranxeiro para quen fala, e el un estranxeiro para min.12Pois logo, vós que desexades os dons espirituais, procurade abundar neles para a edificación da igrexa. 13Por iso, quen ore en lingua, ore tamén para que poida interpretala. 14Porque se eu oro en lingua o meu espírito ora, pero o meu entendemento queda sen froito.15Entón que? Orarei co espírito, pero tamén co entendemento; cantarei salmos co espírito, pero cantareinos tamén co entendemento. 16Porque se bendices co espírito, como poderá responder amén á túa acción de grazas o que está escoitando, se non sabe o que dis?17Porque ti, en verdade, ben dás grazas, pero o outro non é edificado. 18Dou grazas a Deus que falo en linguas máis ca todos vós, 19pero na igrexa prefiro falar cinco palabras co meu entendemento, para instruír a outros, que dez mil palabras en lingua.20Irmáns, non sexades nenos no modo de pensar, senón na falta de malicia; pero no modo de pensar, sede maduros. 21Na lei está escrito: "Falarei a este pobo en outras linguas e coas bocas doutros, pero nin aínda así me escoitarán", di o Señor.22De maneira que as linguas son un sinal non para os crentes, senón para os incrédulos, pola contra, a profecía non é para os incrédulos senón para os crentes. 23Polo tanto, cando toda a igrexa se reúne, se todos falan en linguas, e entraran incrédulos ou simpatizantes, non dirían que estades tolos?24Pero se todos profetizan e entra un non crente, por todos é convencido e séntese xulgado polo que escoita; 25así o que hai oculto no seu corazón sae á luz, e postrándose sobre o seu rostro adorará a Deus recoñecendo que Deus verdadeiramente está entre vós.26Entón que faremos, irmáns? Cando vos xuntedes, cada un ten un salmo, ten unha ensinanza, explica unha revelación, ten lingua, ten interpretación; facédeo todo para edificación. 27Se algún fala en lingua, que sexa un ou dous, como moito tres, sempre por turno e habendo un que interprete. 28Pero se non hai intérprete, cale na igrexa e fale para si e para Deus.29Os profetas, que falen dous ou tres, e os demais, saquen as conclusións. 30E se a alguén que está sentado ten unha revelación, o primeiro debe calar.31Porque todos podedes profetizar un por un, para que todos aprendan e todos sexan animados. 32Porque os espíritos dos profetas están suxeitos aos profetas, 33pois Deus non é Deus de desorde, senón de paz, como en tódalas igrexas dos santos.34As mulleres deben gardar silencio nas congregacións, porque non lles é permitido falar, senón estar submisas como di a lei. 35Se queren aprender algunha cousa, deben preguntar aos seus maridos na casa, porque non queda ben que unha muller fale na congregación. 36Acaso saíu de vós a palabra de Deus ou só chegou a vós?37Se algún pensa de si que é profeta ou espiritual, recoñeza o que eu vos escribo, porque é mandato do Señor; 38pero se algún ignora iso, el mesmo é ignorado.39Entón irmáns, procurade profetizar; e non impidades falar en linguas. 40Pero que todo sexa feito decentemente e con orde.
1Tamén quero lembrarvos, irmáns, o evanxeo que vos anunciei, aquel que vós aceptastes, no que ficades firmes. 2Aquel no que tamén, se vos afirmades na palabra que eu vos prediquei, sodes salvos, do contrario, a vosa fe non valería para nada.3Transmitinvos o que eu tamén recibín: que Cristo morreu polos nosos pecados, conforme ás Escrituras. 4Que foi sepultado e que foi resucitado ao terceiro día, conforme ás Escrituras;5que se apareceu a Cefas, e despois aos doce. 6Máis tarde apareceuse a máis de cincocentos irmáns ao mesmo tempo, a maioría deles aínda viven, mais algúns xa morreron. 7Despois foi visto por Xacobe, e logo por tódolos apóstolos.8En derradeiro lugar, coma ao nacido a deshora, aparecéuseme tamén a min. 9Pois eu son o máis pequeno de tódolos apóstolos, que nin son merecente de ser chamado apóstolo xa que perseguín a igrexa de Deus.10Pero pola graza de Deus son o que son, e a súa graza para min non foi en van, máis ben ao contrario, traballei máis ca todos eles, pero non eu, senón a graza de Deus en min. 11Pois, ben sexa eu, ou eles, deste xeito predicamos, e deste xeito crestes vós.12Entón, se predicamos que Cristo foi resucitado de entre os mortos, como din algúns de entre vós que non hai resurrección dos mortos? 13Porque se non hai resurrección dos mortos, tampouco Cristo foi resucitado; 14e se Cristo non foi resucitado, a nosa predicación é baleira, así como tamén a nosa fe.15E mesmo somos declarados falsas testemuñas de Deus, porque testemuñamos que Deus resucitou o Mesías, pero se é verdade que os mortos non son resucitados, entón El tampouco resucitou. 16Porque se os mortos non resucitan, tampouco Cristo resucitou, 17e se Cristo non foi resucitado, a vosa fe de nada aproveita, e aínda estades nos vosos pecados.18E tamén os que durmiron en Cristo pereceron. 19Se soamente para esta vida esperamos en Cristo, de tódalas persoas, somos os máis dignos de compaixón.20Mais non é así: Cristo foi resucitado de entre os mortos como primicia daqueles que durmiron! 21Porque do mesmo xeito que por un home veu a morte, tamén por medio dun home veu a resurrección dos mortos.22Porque así como en Adán todos morren, así tamén en Cristo todos serán vivificados. 23Pero cada un na súa orde: Cristo como a primicia; e despois os que son de Cristo na súa vinda.24Entón chegará o final, cando lle entregue o reino ao Deus e Pai, e poña fin a todo imperio, autoridade e poder. 25Porque é necesario que El reine ata que poña a tódolos seus inimigos por debaixo dos seus pés. 26E o derradeiro inimigo que será destruído é a morte.27Pois someteu tódalas cousas debaixo dos seus pés. Aínda que cando di que todas as cousas foron sometidas a El, está claro que exceptuando a Aquel que lle someteu todas as cousas. 28E cando todo sexa sometido, entón tamén o Fillo mesmo hase suxeitar a Aquel que suxeitou a El todas as cousas, para que Deus sexa todo en todos.29De non ser así, que farán aqueles que se bautizan polos mortos? Se en verdade os mortos non resucitan, por que, entón, se bautizan por eles? 30E por que nós estamos en perigo a toda hora?31Pola gloria que teño de vós en Cristo Xesús, o noso Señor, morro cada día. 32Se só como home loitei contra feras en Éfeso, que proveito gañei se os mortos non son resucitados? Comamos e bebamos que mañá morreremos!33Non vos deixedes enganar, as malas compañías estragan os bos costumes. 34Volvede xustamente a ser sensatos, e non sigades pecando, porque algúns non son capaces de percibir o que é de Deus. Para a vosa vergoña volo aviso.35Pero algún preguntará: Como son resucitados os mortos? Con que clase de corpo volverán á vida? 36Insensato! O que sementas, non prende na vida se antes non morre.37E cando sementas, non sementas o corpo que chegará a ser, senón un gran espido, de trigo se cadra, ou dalgún outro. 38Pero Deus dálle un corpo como El quixo, e a cada unha das sementes o seu propio corpo. 39Non toda a carne é a mesma carne, senón que unha é humana, outra a das bestas, outra a das aves e outra a dos peixes.40Hai tamén corpos celestes e corpos terrestres, pero unha, na verdade é a gloria dos celestes e outra a dos terrestres. 41Unha é a gloria do sol e outra a da lúa, e aínda outra a das estrelas, porque cada unha delas brilla dun xeito diferente.42O mesmo acontece coa resurrección dos mortos: Seméntase na corrupción, resucítase na incorrupción. 43Seméntase na humillación, resucítase na gloria, seméntase na debilidade, resucítase con poder. 44Seméntase corpo natural, resucita un corpo espiritual, porque se hai un corpo natural tamén hai un espiritual.45Así tamén está escrito: "O primeiro home, Adán, foi feito un ser vivo", e o último Adán, un espíritu que dá vida. 46Pero non é primeiro o espiritual senón o natural; e despois o espiritual.47O primeiro home, feito do pó da terra, é terrestre, o segundo home veu do ceo. 48Coma o terrestre, do mesmo xeito son os terrestres, e coma o celeste, así son os celestes. 49Tal como agora amosamos a imaxe terrestre, amosaremos un día a imaxe celeste.50Dígovos entón, irmáns: a carne e o sangue non poden herdar o reino de Deus, nin a corrupción herdará a incorrupción. 51Velaí que vos revelo un misterio: non todos morreremos, pero todos seremos transformados.52Nun instante, nun abrir e piscar de ollos, no toque da derradeira trompeta (porque soará a trompeta) os mortos serán resucitados incorruptibles, e nós seremos transformados. 53Porque é necesario que o noso corpo corruptible sexa revestido de incorrupción, e o mortal sexa revestido de inmortalidade.54E cando o corruptible se revista de incorrupción e o mortal se revista de inmortalidade, entón cumprirase a palabra que está escrita: "A morte foi tragada na vitoria! 55Morte u-la túa vitoria? Morte u-lo teu aguillón"?56O aguillón da morte é o pecado, e o poder do pecado, é a lei. 57Pero grazas a Deus que nos dá a victoria por medio de Xesús Cristo, o noso Señor!58Así que, benqueridos irmáns, mantédevos firmes, que ninguén vos abanee, abundando na obra do Señor sempre, sabendo que o voso traballo no Señor nunca é en balde.
1Agora ben, en canto á ofrenda para os irmáns, facede vós tamén como lle dixen ás igrexas da Galacia: 2cada primeiro día da semana, cada un de vós aparte algo, aforrando daquilo que teña gañado, para que cando eu vaia non teñades necesidade de facer colectas.3E, cando chegue, a aqueles que vós aprobedes, mandarei con cartas para levaren a expresión da vosa bondade ás igrexas de Xerusalém. 4E se paga a pena que vaia eu tamén, eles virán comigo.5Irei onda vós cando atravese Macedonia, pois preciso pasar pola Macedonia. 6Pode ser que me quede convosco, se cadra todo o inverno, para que me axudedes na viaxe onde teña que ir.7Pero non vos quero ver só de paso, pois se o Señor o permite, quero quedar algún tempo convosco. 8Polo de agora, quedarei en Éfeso ata Pentecostés, 9pois abríuseme unha porta grande e frutífera, aínda que hai moitos que están a poñer atrancos.10Cando chegue Timoteo, mirade que estea convosco sen problemas, porque el traballa na obra do Señor coma min. 11Polo tanto, que ninguén o teña en pouco, ao contrario, axudádeo na viaxe para que volva a min cheo de paz, porque o estou agardando cos irmáns. 12En canto ao noso irmán Apolos, animeino moito a que fose onda vós cos irmáns, pero de ningunha maneira tivo o desexo de ir polo de agora; porén irá cando teña oportunidade.13Vixiade, estade firmes na fe, portádevos dun xeito valente, sede fortes. 14Facede todas as cousas con amor.15Pídovos irmáns (xa sabedes dos da casa de Estéfanas, os primeiros convertidos da Acaia que se adicaron a servir aos irmáns) 16que vos poñades á disposición deles e de todos os que traballan e serven aos demais.17Estou moi alegre coa visita de Estéfanas, de Fortunato e de Acaio, pois axudáronme a vencer a morriña que tiña por vós. 18Refrescaron o meu espírito e mailo voso; dádelle valor sempre a persoas así.19Mándanvos recordos as igrexas da Asia. Saúdanvos con moito agarimo no Señor, tanto Aquila como Prisca, do mesmo xeito que a igrexa que está na súa casa. 20Saúdanvos todos os irmáns. Saudádevos uns aos outros cun bico santo.21Eu Paulo, saúdovos, escribíndovos coa miña propia man. 22Se algún non ama ao Señor, sexa maldito! 23O Señor vén! A graza do Señor Xesús sexa convosco. 24O meu amor sexa con todos vós en Cristo Xesús.
1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, e o irmán Timoteo, á igrexa de Deus que está en Corinto, xunto con tódolos santos que estades na Acaia; 2graza e paz a vós, de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.3Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai das misericordias e de toda consolación. 4Quen nos consola en tódalas nosas dificultades, para que nós poidamos consolar os que están pasando calquera dificultade, co consolo co que nós mesmos somos consolados por Deus.5Porque así como abundan en nós os sufrimentos de Cristo, así abunda tamén o noso consolo por medio de Cristo. 6Pero se somos aflixidos, é para a vosa consolación e salvación; ou se somos consolados, é para consolación vosa, a que obra aturando con paciencia nos mesmos sufrimentos que nós tamén padecemos. 7E a nosa esperanza sobre vós é firme, sabendo que como sodes copartícipes dos sufrimentos, tamén o sodes da consolación.8Porque non queremos que ignoredes, irmáns, sobre a persecución que tivemos na Asia, porque fomos oprimidos e anguriados moito máis aló das nosas forzas, mesmo que case perdemos a esperanza de sobrevivir. 9De feito, dentro de nós tivemos sentenza de morte, para que non confiásemos en nós mesmos, senón en Deus que resucita os mortos, 10quen nos rescatou de tan grande morte, e libraranos; en quen agardamos, e aínda nos librará;11colaborando vós coas vosas oracións para connosco, para que moitas persoas dean grazas a Deus por nós, pola liberación que nos foi dada por medio de moitos.12Porque a nosa gloria é esta: o testemuño da nosa conciencia, que coa sinceridade e santidade de Deus, non con sabedoría humana, senón coa graza de Deus, conducímonos no mundo, e moito máis cara vós. 13Porque non vos escribimos cousa algunha, senón o que ledes e entendedes, e agardo que comprendades enteiramente; 14como tamén entendestes en parte que somos a vosa gloria, e tamén vós sodes a nosa no día do Señor Xesús.15E foi con esta confianza coa que me propuxen ir primeiro a vós, para que tivésedes o beneficio dunha segunda ocasión, 16e logo de visitarvos, pasar a Macedonia, e de Macedonia volver onda vós, e ser encamiñado por vós na miña viaxe a Xudea.17Así que, por propoñerme tal cousa, fun inestable? Ou as cousas que me propoño na miña carne, son para poder dicir "si, si" e "non, non" ao mesmo tempo? 18Pero Deus é fiel, que a nosa palabra para con vós non é "si" e "non".19Pois o Fillo de Deus, Xesús Cristo, que foi predicado por nós entre vosoutros; por min, por Silvano e Timoteo; non foi "si" e "non"; senón que foi "si" nel. 20Pois tódalas promesas de Deus nel son "si"; e nel "amén", para nós darlle a gloria a Deus.21Pero o que nos confirma con vós en Cristo, e o que nos unxiu, é Deus, 22que nos selou e nos deu como garante o Espírito nos nosos corazóns.23Mais eu invoco a Deus por testemuña sobre a miña alma, de que por consideración convosco, aínda non fun a Corinto. 24Non é que sexamos donos da vosa fe, senón que compartimos a vosa alegría pola fe que mantedes.
1Pero acordei para comigo non volver a vós con tristura. 2Porque se vos causo tristura, quen será o que me alegre a min, senón o entristecido por min?3E escribinvos isto, de xeito que cando me achegue a vosoutros non teña tristura de parte dos que deberan alegrarme, confiando en todos vós, de que o meu gozo é o voso. 4Pois polo afliximento e anguria de corazón vos escribín con moitas bágoas; non para entristecervos, senón para que saibades do amor que teño especialmente por vós.5Pero se algún me causou tristura, non foi a min a quen lla causou, senón en parte (para non esaxerar) a todos vós. 6Abondo ten o que o fixo coa reprensión da maioría; 7así que, pola contra, deberiades máis ben, perdoalo e consolalo, para que non se consuma por tanta tristura.8Anímovos a que demostredes o voso amor por el. 9Pois tamén vos escribín por isto, para que na proba, saibades se estades a obedecer en todo.10Pero a quen algo perdoades, eu tamén perdoo, porque o que eu tamén perdoei, se algo perdoei, foi por vós diante de Cristo, 11para que Satanás non tome vantaxe sobre nós, porque non ignoramos as súas maquinacións.12Cando cheguei a Troas para predicar as boas novas de Cristo, e sendo aberta esa porta no Señor, 13non tiven acougo no meu espírito ao non atopar a Tito, meu irmán, senón que despedíndome deles, saín cara Macedonia.14Pero grazas a Deus, que sempre nos dá a vitoria en Cristo, e que por medio de nós é manifestado o recendo de si mesmo en todo lugar. 15Porque para Deus somos un bo aroma de Cristo, entre os que se salvan e os que se perden:16para uns perfume de morte para morte, e para outros perfume de vida para vida. E para estas cousas, quen se basta? 17Pois non somos coma moitos, que comercian coa palabra de Deus, senón que con sinceridade, como de parte de Deus e diante de Deus, falamos en Cristo.
1Comezaremos de novo a recomendarnos a nós mesmos? Ou será que temos necesidade, como algúns, de cartas de recomendación para vós, ou de vosoutros? 2Vós sodes a nosa carta, escrita nos nosos corazóns, coñecida e lida por tódalas persoas, 3quedando claro que sodes unha carta de Cristo ministrada por nós, escrita non con tinta, senón co Espírito do Deus vivo; non en táboas de pedra, senón nas táboas de corazóns humanos.4Pero así temos esta certeza cara Deus por medio do Mesías: 5non que sexamos autosuficientes para atribuírnos cousa algunha, senón que a nosa suficiencia vén de Deus, 6quen tamén nos capacitou como servos dun novo pacto, non da letra, senón do Espírito; porque a letra mata, pero o Espírito dá vida.7Pero se o gravado con letras en pedras foi con gloria, servindo para morte, de xeito que os fillos de Israel non podían mirar fixamente a cara de Moisés por mor do esplendor da súa faciana, que se esvaecía, 8como non será aínda con máis gloria o ministerio do Espírito?9Porque se no ministerio da condenación hai gloria, moito máis abunda en gloria o ministerio da xustiza. 10Pois aínda o que foi glorioso, non o é tanto, porque hai unha gloria que o sobrepasa. 11Porque se o que se esvaece foi con gloria, moito máis glorioso será o que permanece.12Así que, tendo tal esperanza, falamos con moita franqueza, 13e non coma Moisés que poñía un veo sobre a súa faciana para que os fillos de Israel non lle puxeran o ollo ao que finalmente se ía esvaecer.14Pero o entendemento deles foi endurecido, pois ata o sol de hoxe, na lectura do antigo pacto segue o veo sen descorrer, pois só en Cristo é quitado. 15E ata hoxe, cada vez que se le a Moisés, hai un veo posto nos seus corazóns; 16pero cando algún se volve ao Señor, o veo é quitado.17Porque o Señor é o Espírito; e onde está o Espírito do Señor, hai liberdade. 18Pero todos nós, coa faciana descuberta, reflectimos a gloria do Señor, e imos sendo transformados de gloria en gloria polo Espírito, á imaxe do Señor.
1Polo tanto, tendo nós este ministerio, segundo a misericordia que recibimos, non desmaiamos; 2senón que renunciamos ás cousas que se fan ás agochadas con vergoña, sen encamiñarnos con astucia, nin adulterando a palabra de Deus, senón que nos recomendamos a toda conciencia humana na presenza de Deus, para expoñer con claridade a verdade.3Pero se o noso evanxeo tamén está velado, para os que se perden está velado, 4nos que o deus deste mundo cegou o entendemento dos incrédulos, para que non lles resplandeza a luz do evanxeo da gloria de Cristo, quen é a imaxe de Deus.5Porque non nos predicamos a nós mesmos, senón a Xesús Cristo como Señor, pero a nós mesmos coma os vosos servos por medio de Xesús. 6Porque o Deus que dixo: "A luz resplandecerá da escuridade", é quen resplandeceu nos nosos corazóns para iluminación do coñecemento da gloria de Deus na face de Cristo.7Pero temos este tesouro en vasos de barro, para que a excelencia do poder sexa de Deus e non de noso, que 8estamos atribulados en todo, mais non angustiados; en apuros, mais non desesperados; 9perseguidos, mais non desamparados; derrubados, mais non destruídos. 10Levando sempre no corpo a morte de Xesús por todas partes, para que tamén a vida de Xesús sexa manifestada no noso corpo.11Porque nós, os que vivimos, somos entregados á morte constantemente por mor de Xesús, para que tamén a vida de Xesús se manifeste no noso corpo mortal. 12De xeito que a morte opera en nós, pero en vós, a vida.13Pero tendo o mesmo espírito de fe, conforme ao que está escrito: "Crin, polo que tamén falei"; tamén nós cremos, e tamén falamos; 14sabendo que o que resucitou o Señor Xesús, nos ha resucitar a nós con Xesús, e presentaranos xuntamente convosco. 15Porque tódalas cousas son para o voso ben, para que abundando a graza por medio de moitos, a gratitute sobreabunde para a gloria de Deus.16Polo tanto, non desmaiamos, mais ben, mesmo que o noso exterior se vai desgastando, o interior vaise renovando día a día. 17Porque esta leve tribulación momentánea, produce en nós un cada vez máis excelente e eterno peso de gloria, 18non poñendo a nosa mira nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as que se ven son temporais, pero as que non se ven son eternas.
1Porque sabemos que se a nosa casa terreal, esta tenda, é destruída, temos de Deus un edificio, unha casa non feita por mans, eterna, nos ceos. 2En verdade, neste corpo xememos, desexando ser revestidos coa nosa habitación celestial. 3Pois, deste xeito, mesmo que desvestidos, non estaremos nús.4Porque os que aínda estamos nesta tenda, xememos, pois non queremos ser desvestidos senón vestidos, para que o mortal sexa absorbido pola vida. 5Pero foi Deus quen nos destinou para isto, quen nos deu o Espírito como garantía.6Polo tanto, estamos animados sempre sabendo que, mentres habitamos no corpo, estamos ausentes do Señor, 7(porque por fe andamos, non por vista); 8pero collemos folgos e preferimos mais ben estar ausentes do corpo e habitar co Señor.9Polo que tamén procuramos, xa sexa presentes ou ausentes, serlle agradables, 10porque é preciso que todos nós comparezamos ante o tribunal de Cristo, para que cada un reciba de acordo ao que fixo estando no corpo, sexa bo ou malo.11Polo tanto, coñecendo o temor do Señor, persuadimos ás persoas, pero a Deus somos manifestos, e agardo sexamos manifestos tamén nas vosas conciencias. 12Non nos recomendamos de novo a nós mesmos, senón que vos damos a posibilidade de que vos gloriedes por nós, para que saibades que respostar para os que se gaban na aparencia, e non no corazón.13Porque se estamos tolos, é para Deus; e se estamos asisados, é para vós. 14Pois o amor de Cristo pon en nós esa carga, pensando isto: que se un morreu por todos, daquela, todos morreron; 15e por todos morreu, para que os que viven, xa non vivan para si, senón para aquel que morreu e resucitou por eles.16De xeito que nós, de agora en diante, xa non coñecemos a ninguén segundo a carne, e se aínda coñecemos ao Mesías segundo a carne, xa non o coñecemos así. 17De maneira que se alguén está en Cristo, é unha nova creación; as cousas vellas pasaron; velaquí, son feitas novas.18E todo vén de Deus, quen nos reconciliou consigo mesmo por medio de Cristo, e confiounos o ministerio da reconciliación; 19sendo que, Deus estaba en Cristo, reconciliando o mundo consigo mesmo, non téndolle en conta as súas transgresións ás persoas, e puxo en nós a palabra da reconciliación.20Polo tanto, somos embaixadores de Cristo, como se Deus rogara por medio de nós; no nome de Cristo suplicamos: reconciliádevos con Deus! 21Ao que non coñeceu pecado, fíxoo pecado por nós, para que nós chegaramos a ser xustiza de Deus nel.
1Pero nós, como colaboradores, suplicámosvos que non recibades en van a graza de Deus; 2pois El di: "Oínte no tempo axeitado, e axudeite no día de salvación": mira, este é o tempo axeitado, velaquí a túa salvación, 3non dando en nada ocasión de tropezo, para que o noso ministerio non sexa desacreditado,4senón que en todo nos recomendamos a nós mesmos como ministros de Deus, en moita paciencia, en aflicións, en necesidades, en angurias, 5en azoutes, en cárceres, en disturbios, en traballos, en insomnios, en xexúns, 6en pureza, en coñecemento, en xenerosidade, en bondade, no Espírito Santo, en amor sincero, 7na palabra de verdade, no poder de Deus; por medio das armas da xustiza para atacar e defender;8en honra e en deshonra, en mala fama e en boa fama; coma enganadores, pero veraces; 9coma descoñecidos, pero ben coñecidos; coma moribundos, pero cheos de vida; coma castigados, pero non sentenciados a morte; 10coma entristecidos, mais sempre gozosos; coma pobres, pero enriquecendo a moitos; coma non tendo nada, mesmo téndoo todo.11Abriuse a nosa boca para vós con franqueza, corintios, e o noso corazón ensanchouse. 12Non houbo estreitez no noso agarimo por vós, pero si de vós cara nós. 13Por iso, dígovos, como a fillos, que tamén vós correspondades ensanchando os vosos corazóns.14Non esteades unidos en xugo desigual cos incrédulos, pois que compañeirismo hai entre a xustiza e iniquidade? Ou que teñen en común a luz e as tebras? 15Ou en que concorda Cristo con Belial? Ou que ten en común un crente cun incrédulo? 16Ou que acordo ten o templo de Deus cos ídolos? Porque nós somos o templo do Deus vivo, como dixo Deus: "Habitarei neles, e vivirei entre eles; e serei o seu Deus, e eles serán o meu pobo".17Por tanto, "saíde do medio deles e afastádevos - di o Señor - e non toquedes o inmundo, e Eu recibireivos. 18Eu serei a vós por pai, e vós seredes fillos e fillas para min", di o Señor Todopoderoso.
1Polo tanto, amados, tendo estas promesas, limpémonos de toda contaminación de carne e de espírito, perfeccionando a santidade no temor de Deus.2Facédenos sitio nos vosos corazóns; non lle fixemos dano a ninguén, non corrompemos a ninguén, non fomos cobizosos. 3Non falo para condenarvos; pois como vos dixen antes, estades nos nosos corazóns para vivir e para morrer xuntamente. Son moi claro con vosoutros; 4teño moito de que gloriarme de vós; estou cheo de consolo e gózome sobremaneira aínda en toda a vosa aflición.5Pois mesmo cando chegamos a Macedonia, non puidemos descansar, senón que nós estivemos aflixidos por todos lados: de fóra, conflitos; de dentro, medos. 6Mais Deus, que consola os agraviados, consolounos coa chegada de Tito; 7e non só coa súa chegada, senón co consolo con que el foi consolado en vós, facéndonos saber do voso gran afecto, do voso pranto e do voso celo por min; de xeito que me alegrei máis aínda.8Porque se ben vos causei tristura coa miña carta, non me pesa (aínda que o lamentei); xa que vexo que esta carta vos foi motivo de tristura só por un pouco de tempo, 9agora alégrome; non de que fósedes entristecidos, senón de que fósedes aflixidos para arrepentimento; porque fostes entristecidos conforme á vontade de Deus, para que non sufrirades perda algunha de parte nosa. 10Porque a tristura que é conforme á vontade de Deus, produce un arrepentimento para salvación, sen remordemento, pero a tristura do mundo produce morte.11Porque mirade canta celeridade produciu en vós isto de serdes entristecidos por Deus. E non só iso, senón tamén desculpas e indignación; e non só temor, senón tamén afecto; e non só celo senón tamén vindicación. En todo desmostrastes ser inocentes no asunto. 12Así que, mesmo que vos escribín, non foi por mor do que obrou inxustamente, nin por mor de quen foi tratado de maneira inxusta, senón que foi para que o voso celo por nós fose manifestado diante de Deus.13Por isto fomos consolados. E aparte do noso consolo, alegrámonos aínda máis por medio do gozo de Tito, pois o seu espírito foi reanimado por todos vós. 14Porque se me gabei de vós con el, non caín en vergoña; senón que como vos dixen todo con verdade, do mesmo xeito a nosa gloria por vós diante de Tito, resultou ser verdade.15O seu amor para vós abunda máis aínda ao lembrarse da vosa obediencia, e de como o recibistes con temor e temblor. 16Alégrome porque podo confiar en vós en tódalas cousas.
1Agora ben, irmáns, queremos facervos saber a graza de Deus que foi dada nas igrexas de Macedonia; 2pois no medio da aflición coa que foron probados, a abundancia do seu gozo e a súa extrema pobreza abundaron na riqueza da súa xenerosidade.3Porque eu testifico que espontaneamente deron segundo a súa capacidade, e aínda por riba dela, 4suplicándonos que lles concedésemos o privilexio de participar neste servizo aos santos; 5e máis aló do que agardabamos, senón que se deron a si mesmos primeiramente ao Señor e a nós pola vontade de Deus.6Así que animamos a Tito, que como el xa comezara antes, así tamén levara a cabo en vós esta obra de graza. 7Mais así como vós abundades en todo: en fe, en palabra, en coñecemento, en toda solicitude, e no amor que inspiramos en vosoutros, abundade tamén nesta graza.8Non volo digo como mandamento, senón para poñer a proba a sinceridade do voso amor pola solicitude doutros. 9Porque coñecedes a graza do noso Señor Xesús Cristo, que sendo rico, por amor a vós fíxose pobre, para que pola súa pobreza vós forades enriquecidos.10E dou a miña opinión nisto, porque vos convén a vós, que comezastes hai un ano non soamente a facelo, senón a desexar facelo. 11Agora pois, rematade tamén de facelo; para que como houbo a boa vontade para desexalo, así mesmo tamén para levalo adiante segundo o que teñades. 12Porque se hai boa vontade, acéptase segundo o que se ten, non polo que non se ten.13Isto non é para alivio duns e para a vosa aflición, senón para que haxa igualdade; 14agora a vosa abundancia actual suple a súa necesidade, para que tamén a abundancia deles supla a vosa necesidade, de xeito que exista a igualdade. 15Como está escrito: "O que moito recolleu, non tivo de máis; e o que pouco recolleu, non tivo de menos".16Pero grazas a Deus que pon a mesma solicitude por vosoutros no corazón de Tito. 17Pois el, non só aceptou o noso reclamo, senón que, sendo ben dilixente de por si, foi a vós por vontade propia.18E enviamos canda el ao irmán que é louvado polo seu traballo no evanxeo en tódalas igrexas; 19e non só isto, senón que tamén foi designado polas igrexas como o noso compañeiro de viaxe nesta obra de graza, que é administrada por nós para a gloria do Señor mesmo, e para amosar a nosa disposición.20Tendo conta de que ninguén nos desacredite nesta xenerosa ofrenda administrada por nós; 21pois preocupámonos do que é honrado, non só ante os ollos do Señor, senón tamén ante os ollos das persoas.22E con eles mandamos o noso irmán, de quen temos comprobado en moitas ocasións que foi dilixente en moitas cousas, pero que agora é aínda máis dilixente pola gran confianza que ten en vós. 23No tocante a Tito, é o meu compañeiro e colaborador entre vosoutros; no tocante aos nosos irmáns, son mensaxeiros das igrexas e gloria de Cristo. 24Polo tanto, mostrade nas igrexas a proba do voso amor, e da nosa razón para gloriarnos con respecto a vós.
1Porque, agora ben, está de máis que vos escriba no tocante á axuda para o servizo dos santos; 2pois sei da vosa disposición, da que me glorío por vós diante dos macedonios; porque a Acaia vén preparándose dende o ano pasado, e o voso exemplo animou á maioría deles.3Pero mandei os irmáns para que o noso alarde de vós non sexa feito en van, a fin de que, como dicía, esteades preparados; 4non sexa que vaian algúns macedonios comigo e vos atopen desprevidos, e sexamos nós (por non dicir vós) avergoñados por esta confianza. 5Así que crin necesario exhortar os irmáns a que se adiantaran en ir a vós, e prepararan de antemán a vosa xenerosa ofrenda, prometida hai tempo, para que a mesma estivera lista como bendición, e non por cobiza.6Pero digo isto: o que escasamente sementa, tamén colleitará escasamente; e o que sementa en abundacia, tamén colleitará abundantemente. 7Que cada un dea como propuxo no seu corazón, non de mala gana nin por obriga, porque Deus ama a quen dá con alegría.8E Deus pode facer que abunde toda graza para vosoutros, a fin de que, tendo sempre todo o suficiente en tódalas cousas, abundedes para toda boa obra; 9como está escrito: "El repartiu, deu aos pobres; a súa xustiza permanece para sempre".10E o que lle suministra a semente ao sementador e o pan para o seu alimento, proverá e multiplicará a vosa sementeira e aumentará a colleita da vosa xustiza; 11sendo enriquecidos en todo para toda xenerosidade, producindo en nós acción de grazas a Deus.12Porque o ministerio deste servizo, non só suple abondosamente as necesidades dos santos, senón que tamén medra en accións de grazas a Deus; 13pois pola experiencia desta axuda, eles glorifican a Deus pola obediencia que profesades ao evanxeo de Cristo, e pola xenerosidade desta axuda para eles e para todos; 14mentres eles orarán por vós con moito agarimo por mor da superabundante graza de Deus en vosoutros. 15Grazas a Deus polo seu regalo indescritible!
1Eu mesmo, Paulo, rógovos pola mansedume e tenrura de Cristo, eu, que en persoa son manso e apracible cando estou convosco, pero ousado para vós cando estou ausente; 2suplícovos, pois, que non teña que actuar ousadamente, coa confianza coa que penso atreverme contra algúns que nos consideran coma se vivísemos segundo a carne.3Pois aínda que andamos na carne, non loitamos segundo a carne; 4porque as armas do noso exército non son carnais, senón poderosas en Deus para a destrución de fortalezas;5destruíndo razoamentos e toda arrogancia que se levanta en contra do coñecemento de Deus, e levando cativo todo pensamento á obediencia de Cristo, 6e estando preparados para castigar toda desobediencia, cando a vosa obediencia sexa plena.7Vós vedes as cousas segundo o seu parecer exterior. Se algún ten confianza en si mesmo que é de Cristo, teña en conta isto dentro de si outra vez: que así coma el é de Cristo, tamén o somos nós. 8Pois mesmo que presumira algo máis sobre a nosa autoridade, que o Señor nos deu para edificación e non para vosa destrución, non me hei avergoñar,9para que non dea a impresión de que desexo asustarvos coas miñas cartas. 10Porque eles din: as cartas son duras e pesadas, pero a presenza física, é feble, e o discurso menosprezado.11Teña isto en conta tal persoa: que o que somos en palabra por carta, estando ausentes, o somos tamén en feitos, estando presentes. 12Porque non nos atrevemos a contarnos nin a compararnos con algúns que se louvan a si mesmos; pero eles medíndose a si mesmos e comparándose consigo mesmos, teñen falta de entendemento.13Mais nós non habemos gloriarnos se medida, senón segundo a medida do límite que Deus nos asignou para mesmo chegar a vosoutros. 14Pois non nos extralimitamos a nós mesmos, coma se non vos tiveramos alcanzado, xa que nós fomos os primeiros en chegar onda vós co evanxeo de Cristo;15non nos ensoberbecemos de máis nos traballos doutros, senón tendo a esperanza de que conforme medre a vosa fe, nós seremos, dentro dos nosos límites, engrandecidos aínda máis por vós, 16para anunciar o evanxeo aínda ás rexións máis aló de vós, e para non gloriarnos no que xa estea feito nos límites doutro.17Pero o que se gloría, gloríese no Señor. 18Porque o que se louva a si mesmo non é aprobado, senón aquel a quen o Señor louva.
1Desexaría que aturásedes un pouco da miña tolería! Aturádeme, veña! 2Pois sinto celos de vós, os celos de Deus porque vos desposei cun só marido para presentarvos coma unha virxe pura diante do Mesías.3Pero temo que como a serpe enganou a Eva coa súa astucia, do mesmo modo sexan desviados os vosos pensamentos da sinceridade que hai en Cristo, 4porque en verdade, se alguén vén proclamando a outro Xesús que non predicamos, ou recibides un espírito diferente do que recibistes, ou un evanxeo distinto do que aceptastes, ben o aturades.5Creo que en nada fun menos que os apóstolos máis salientables, 6pois aínda que sexa curto no modo de expresarme, non o son no coñecemento, e en todo o que vos demostramos en tódalas cousas.7Ou pequei humillándome para que vós fósedes admirados, porque vos anunciei de balde o evanxeo de Deus? 8Despoxei a outras igrexas recibindo un soldo para servirvos a vosoutros. 9E estando convosco, cando pasei apretos, non fun unha carga para ninguén, porque os irmáns que viñeron da Macedonia déronme o que me faltaba, e en todo me gardei e gardareime de ser unha carga para vós.10É unha verdade de Cristo en min, que esta gloria non ma vai quitar ninguén nas rexións da Acaia. 11Por que? Porque non vos amo? Ben o sabe Deus!12Pero aquilo que fago, seguireino a facer co fin de privar a aqueles que procuran un pretexto para seren recoñecidos como iguais a nós naquilo no que se glorían. 13Os tales son falsos apóstolos, obreiros trampóns, disfrazados de apóstolos de Cristo.14E non é de estrañar, porque o mesmo Satanás disfrázase de anxo de luz. 15Non é por demais que os seus servidores se disfracen coma ministros de xustiza, mais o fin deles será conforme ás súas obras.16Outra vez vos anuncio: ninguén me teña por aloucado, pero de non ser así, polo menos soportádeme coma a un insensato, para que tamén poida gabarme un pouco. 17O que estou dicindo, non o fago segundo o Señor, senón coma se fose louco, coa confianza de ter algo de que presumir. 18Dado que moitos se gaban na carne, eu tamén o farei.19Porque de boa gana tolerades os necios, créndovos tan sensatos. 20Soportades se vos escravizan, se vos explotan, e se aproveitan de vós, se vos tratan con arrogancia e aínda se vos dan labazadas. 21Para a miña propia vergoña teño que dicilo, que nós fomos febles; pero naquilo que outro poida atreverse (dígoo coma un insensato) eu tamén ousarei facelo.22Son hebreos? Eu tamén. Son israelitas? Eu tamén. Son descendentes de Abraham? Eu tamén. 23Son servidores do Mesías? (Estou falando coma se perdera o xuízo). Eu máis: en traballos, e moito máis en cadeas, moito máis en malleiras e perigros de morte en moitas ocasións.24Dos xudeus cinco veces recibín corenta azoutes menos un. 25Déronme unha malleira con varas tres veces distintas; unha vez apedrado; naufraguei tres veces chegando a estar unha noite e un día no máis profundo do mar; 26nas moitas viaxes, en perigos de ríos, a mans de ladróns, en perigos cos da miña nación, en perigos dos xentís, perigos na cidade, perigos no deserto, perigos no mar, perigos entre falsos irmáns;27en traballos e fatigado, moitas noites en vela; con fame e sede; xaxuando, unha vez tras outra; con frío e sen roupa. 28Ademais das cousas externas, o que sobre min medra cada día: a preocupación por tódalas igrexas. 29Quen enferma, e non enfermo eu tamén? Quen é tentado a pecar e eu non sinto que me estou queimando de angustia?30Se é bo gabarse, eu presumirei das miñas fraquezas. 31O Deus e Pai do Señor Xesús, quen é bendito por sempre, sabe que non minto.32En Damasco, o gobernador do rei Aretas vixiaba a cidade dos damascenos para me prender, 33e descolgáronme metido nun canastro dende unha fiestra no muro, e fuxín das súas mans.
1Na verdade, gabarse non é doado, aínda que é necesario, falarei entón das visións e revelacións do Señor. 2Sei dun home en Cristo, que hai catorce anos (se foi no corpo ou fóra do corpo, non o sei) foi arrebatado ata o terceiro ceo.3E eu sei que ese home (se no corpo ou fóra do corpo, non o sei, só Deus o sabe), 4foi arrebatado ata o paraíso, e escoitou palabras indescritibles que ninguén pode expresar. 5Do tal presumirei, pero de min mesmo non me gabarei senón das miñas fraquezas.6Aínda que se quixera presumir, non sería un insensato, pois diría a verdade, pero non o fago para que ninguén me considere por riba do que ve en min ou escoita de min, 7a pesar da grandeza das revelacións. Polo tanto, para que non me ensoberbeza, foime dado un aguillón na carne, un emisario de Satanás que me dá sopapos, para que non me volva orgulloso.8Por tres veces pedinlle ao Señor que o arredase de min; 9e El díxome: "abonda coa miña graza, porque o meu poder perfecciónase na debilidade". Daquela, presumirei con gusto das miñas debilidades, para que se vexa en min o poder de Cristo. 10Por el síntome feliz nas debilidades, nas afrontas, nas necesidades, nas persecucións, nas angustias por mor de Cristo, porque cando estou feble, entón son forte.11Vós obrigástesme a ser un insensato! Pois eu era quen debía ser admirado por vós, porque non fun menos que aqueles grandes apóstolos en nada do que fixen, aínda que nada son. 12En verdade, os sinais de apóstolo foron feitos entre vós con toda paciencia, milagres e prodixios, e con poderes sobrenaturais. 13Porque, que cousa hai na que forades inferiores ás demais igrexas, senón en que eu mesmo non vos fun unha carga? Perdoádeme a aldraxe!14Ollade, estou preparado para ir por terceira vez onda vós, e non serei unha carga, porque non busco o que tendes, senón a vós mesmos; porque os fillos non están na obriga de manter aos pais, senón os pais aos fillos. 15Pero eu, con gran ledicia gastarei todo o que teño, e mesmo me desgastarei polas vosas almas, aínda que amándovos máis, vós me queirades menos.16Pero aínda admitindo que fun unha carga para vós, remataredes dicindo que eu vos enganei sendo astuto. 17Acaso vos enganei por medio dalgún que vos mandei? 18Pedinlle a Tito que fora, e con el mandei ao noso irmán. Será que Tito vos enganou? Non procedemos co mesmo espírito e seguimos os mesmos pasos?19Durante todo este tempo, pensastes que nos defendiamos diante de vós, pero de feito, é diante de Deus que falamos en Cristo, e todo, amados, para a vosa edificación.20Pero témome que cando vaia, non vos atope como agardo, e tampouco eu apareza diante vosa como desexades; temo que atope (non querendo de xeito ningún) liortas, envexas, ambicións egoístas, difamacións, murmuracións, soberbias, desordes, 21que cando vaia a próxima vez, Deus me humille diante de vós e teña que chorar por moitos dos que pecaron e non se arrepentiron da impureza, da inmoralidade, e da indecencia na que viviron.
1Esta é a terceira vez que vou onda vós: todo asunto decidirase polos testemuños de dúas ou tres persoas. 2Díxenvos, cando estaba convosco a segunda vez, e repítovolo agora aínda que estou ausente, que con aqueles que pecaron e con todos os demais, non vou ser indulxente.3Xa que andades procurando unha proba de que o Mesías fala por min, El non é feble convosco, senón que é poderoso entre vós. 4Porque foi crucificado en debilidade, pero vive polo poder de Deus. Nós tamén somos febles nel, pero viviremos con el polo poder de Deus para convosco.5Examinádevos a vós mesmos se estades na fe; porbádevos. Ou non vos decatades que Cristo Xesús está en vós? Se non é así, é que estades desaprobados! 6Pero agardo que recoñezades que nós non estamos desaprobados.7E oramos a Deus para que vós non fagades nada malo, non para que nós sexamos aprobados, senón para que vós fagades o ben, aínda que nós semellemos ser desaprobados. 8Porque nada podemos facer contra a verdade, senón a favor da verdade.9Por iso alegrámonos de sermos febles e vós fortes, porque o que pedimos é: a vosa perfección. 10Polo tanto escríbovos estando ausente, para non ser demasiado severo cando estea convosco, segundo a autoridade que o Señor me deu para construír, e non para derrubar.11Polo demais, irmáns, alegrádevos, procurade a vosa perfección, consoládevos, tede un mesmo sentir, vivide en paz e o Deus de amor e paz estará convosco. 12Saudádevos uns aos outros cun bico santo.13Mándanvos saúdos tódolos santos. 14A graza do Señor Xesús Cristo, o amor de Deus, e a participación do Espírito Santo sexan con todos vós.
1Paulo, apóstolo, non de homes nin pola man dos homes senón por medio de Xesús Cristo e Deus o Pai, quen o resucitou dos mortos, 2e todos os irmáns que están comigo, ás igrexas da Galacia:3a graza e a paz de Deus noso Pai e Señor Xesús Cristo sexa con vós, 4quen se deu a si mesmo polos nosos pecados, segundo a vontade do noso Deus e Pai para poder librarnos destes malos tempos nos que vivimos, 5a El sexa a gloria por sempre. Amén.6Abráiame que abandonarades tan pronto o que vos chamou pola graza, para seguir un evanxeo diferente. 7Isto non quere dicir que hai outro evanxeo, senón que hai algúns que vos andan a quentar a cabeza e queren revirar o evanxeo de Cristo.8Pero se mesmo nós, ou un anxo do ceo, vos anunciase un evanxeo contrario ao que vos temos anunciado, sexa maldito. 9Como dixemos antes, e tamén repito agora: se algún vos anuncia un evanxeo contrario ao que recibistes, sexa maldito. 10Porque, busco quedar ben coas persoas ou con Deus? Ou fago o esforzo de agradar ás persoas? Se estivese a tratar de compracer ás persoas, non sería servo de Cristo.11Porque quero que saibades, irmáns, que o evanxeo que anunciei non é evanxeo humano. 12Xa que eu non o recibín de persoa algunha, nin mo ensinaron. Pola contra, foime revelado por Xesús Cristo.13Porque vós escoitastes da miña antiga maneira de vivir no xudaísmo, como dera en perseguir á igrexa de Deus sen misericordia, tratando de destruíla, 14e, como eu avantaxaba a moitos dos meus contemporáneos e do meu propio pobo, amosando moito máis celo polas tradicións dos meus devanceiros.15Pero cando Deus, que me escolleu dende o seo da miña nai e me chamou pola súa graza, 16tivo a ben revelar o seu Fillo en min para que anunciara as boas novas aos xentís, non pedín consello de seguida á ningunha persoa, 17nin subín a Xerusalém onda os apóstolos que me precederon, senón que fun a Arabia, e logo volvín a Damasco.18Despois de tres anos, subín a Xerusalém para coñecer a Pedro, e quedei con el quince días. 19Pero non vin a ningún máis dos apóstolos, agás a Xacobe, o irmán do Señor. 20(Asegúrovos diante de Deus que non minto no que vos escribo).21Despois fun ás rexións de Siria e Cilicia. 22Mais aínda non me coñecían en persoa nas igrexas de Xudea que están en Cristo, 23senón que só escoitaran dicir: o que noutro tempo nos perseguía, agora predica a fe que nun tempo quería destruír. 24E por esta razón glorificaban a Deus.
1Entón, logo de catorce anos, viaxei de novo a Xerusalém con Bernabé levando a Tito canda min. 2Subín por mor dunha revelación e faleilles o evanxeo que predico aos xentís. Ía falando persoalmente con aqueles de renome, para ter a seguridade de que non estaba a correr, nin correra por nada.3E nin aínda Tito, que estaba comigo, foi obrigado a cincuncidarse, sendo grego. 4Isto foi a pesar duns falsos irmáns que se infiltraron para espiar a nosa liberdade en Cristo Xesús, coa intención de facernos escravos. 5Mais non consentimos que nos asoballasen nin por un momento, para que a verdade do evanxeo quedara con vós.6E aqueles que gozaban de ser alguén con sona (o que eran non me cómpre a min sabelo: Deus non ten favoritos), eses non me ensinaron nada. 7Pola contra, ao veren que o meu chamado estaba dirixido aos incircuncisos, así como Pedro aos da circuncisión, 8(porque o mesmo que lle confiou o apostolado a Pedro para os circuncidados, do mesmo xeito fixo para comigo no meu apostolado aos xentís).9E cando Xacobe, Pedro e Xoán recoñeceron a graza que Deus me concedeu, estes que semellaban ser os que sentaran as bases da igrexa, estreitaron a man dereita de Bernabé e a miña como compañeiros, para que nós foramos aos xentís, e eles aos circuncidados. 10Só nos pediron que lembrásemos os pobres, cousa que procurei facer dilixentemente.11Pero cando Pedro veu da Antioquía, planteille cara porque non estaba actuando da forma axeitada. 12Porque el xuntábase a comer con xentís antes de chegaren uns poucos de parte de Xacobe. E cando estes chegaron, arredábase dos xentís por medo dos da circuncisión.13E os demais xudeus foron partícipes desta hipocrisía, tanto que o mesmo Bernabé deixouse enredar na hipocrisía deles. 14Pero cando vin que non se estaban a conducir conforme á verdade do evanxeo, díxenlle a Pedro diante de todos: se ti, sendo xudeu, vives coma os xentís e non coma os xudeus, por que queres xudaizar os xentís?15Nós somos xudeus de berce e non pecadores entre os xentís. 16Pero con todo, sabendo que as persoas non son declaradas xustas polas obras da lei senón pola fe en Cristo Xesús, nós tamén cremos en Cristo Xesús, para ser xustificados pola fe, e non polas obras da lei; pois por esas obras ninguén poderá ser xustificado.17Pero se pretendendo ser xustificados en Cristo, tamén resultamos ser pecadores, será que Cristo é un servidor do pecado? Diso nada! 18Porque se eu reconstrúo o que botei abaixo noutrora, eu mesmo son o culpable. 19Pois por medio da lei, eu morrín á lei, e a miña meta é vivir para Deus.20Xuntamente con Cristo fun crucificado, e xa non vivo eu, agora é Cristo que vive en min, e esta vida mortal, vívoa pola fe no Fillo de Deus, que me amou e se entregou a si mesmo por min. 21Non anulo a graza de Deus, porque se a xustiza vén pola lei, logo Cristo para nada morreu.
1Gálatas insensatos! Quen vos enfeitizou? Aos vosos ollos, Xesús Cristo foi presentado claramente como crucificado. 2Isto é o que quero saber de vós, foivos dado o Espírito pola lei ou por crer no que escoitastes ? 3Sodes tan parvos, que unha vez que empezastes polo Espírito, ides mellorar pola carne?4Sufristes tanto por nada? Se é que foi por nada! 5Aquel que vos dá o Espírito e fai milagres entre vós, fainos polas obras da lei ou por escoitar con fe?6Abraham creu en Deus e por iso el considerouno como xusto; 7así mesmo os que recibiron esta fe son fillos de Abraham. 8E a escritura prevendo que pola fe, Deus declara xustos os xentís, proclamou as boas novas a Abraham: "En ti serán benditas tódalas nacións". 9Os que son da fe participan desta bendición xunto con Abraham, o home da fe.10Porque todos os que confían nas obras da lei, atópanse baixo a maldición: "É maldito todo o que non cumpre todas as cousas escritas no libro da lei, para facelas todas". 11Agora está claro que ninguén pode ser xustificado pola lei diante de Deus porque: "O que é xusto pola fe, vivirá". 12Pero a lei non é de fe, senón ao contrario: "A persoa que fai as obras da lei terá que cumprilas todas para vivir".13Cristo rescatounos de ser malditos pola lei facéndose maldito por nós, como está escrito: "Maldito todo o que está pendurado sobre un madeiro", 14para que así en Cristo Xesús, chegase aos xentís a bendición de Abraham, e para que nós recibamos a promesa do Espirito por medio da fe.15Irmáns, permitídeme falarvos en termos humanos: cando se fai un trato entre persoas, ninguén pode engadir ou invalidar as condicións unha vez que é ratificado. 16Entón, a promesa foi feita a Abraham e á súa descendencia, non di descendencias semellando moitas, senón só unha; sendo a descendencia Cristo mesmo.17O que quero dicir é que sendo que a lei chegou catrocentos trinta anos máis tarde, non invalida o pacto confirmado por Deus como para anular a promesa. 18Porque se a herdanza vén pola lei entón xa non vén pola promesa. Pero Deus concedeulla xenerosamente a Abraham por medio da promesa.19Para que foi dada a lei? Foi engadida por mor das infracións, ata que viñera a descendencia prometida que foi pregoada por anxos da man dun mediador, 20e o mediador non é só dun, pero Deus é un só.21Daquela a lei é contraria ás promesas? De ningún xeito. Se por unha lei puidésemos recibir a vida, a xustiza tería chegado a nós pola lei. 22Mais a Escritura pechou todo baixo o pecado, para que a promesa que é pola fe en Xesús Cristo fora dada a todos os que cren.23Agora, antes de que chegara a fe, estabamos presos sometidos á lei, confinados ata que a fe fose revelada. 24A lei converteuse no noso titor ata que veu Cristo, para que puidésemos ser xustificados pola fe. 25Pero agora que veu a fe, xa non estamos baixo titoría; 26porque todos somos fillos de Deus por medio da fe en Cristo Xesús.27Porque todos os que fostes bautizados en Cristo, sodes revestidos de Cristo; 28non hai xudeus nin gregos, non hai escravos nin libres, non hai home nin muller; xa que todos somos un en Cristo Xesús. 29E se sodes de Cristo, sodes descendentes de Abraham e herdeiros segundo a promesa.
1Estou dicindo que o herdeiro, namentres é un neno, non é diferente do escravo, aínda que sexa dono da súa propiedade, 2senón que está baixo a tutela de administradores e titores ata que se cumpra a tutela establecida polo seu pai.3Así tamén, nós, cando eramos nenos estabamos escravizados polos principios elementais do mundo. 4Pero cando se cumpriu o tempo, Deus enviou o seu Fillo nado dunha muller baixo a lei, 5para redimir a aqueles que están baixo a lei a fin de que puidésemos ser adoptados como fillos.6E porque vós sodes fillos, Deus mandou o Espírito do seu Fillo aos nosos corazóns, que clama: "meu Pai". 7Así que xa non es un escravo, senón un fillo, e se es un fillo, tamén es un herdeiro por medio de Deus.8Daquela, cando non coñeciades a Deus, erades servos daqueles deuses que pola súa natureza non o son realmente. 9Pero agora que coñecestes a Deus, ou mellor dito, que sodes coñecidos por Deus, como é posible que volvades a principios febles, inútiles e elementais? Queredes ser escravos de novo?10Andades a gardar os días especiais, as lúas novas, as estacións e os anos. 11Temo que o meu traballo por vós fose en van.12Rógovos, irmáns, que vos fagades coma min, xa que eu me fixen coma vós. Tratástesme ben. 13Sabedes que cando eu vos anunciei o evanxeo a primeira vez estaba doente. 14Vós non me rexeitastes por isto, pola contra, recibístesme como un mensaxeiro de Deus, como a Cristo Xesús mesmo.15Onde está agora o sentir de bendición que tivestes? Porque teño por certo que, se vos fose posible, sacaríadesvos os ollos e mos dariades a min. 16Volvinme agora o voso inimigo por dicirvos a verdade?17Eles poñen empeño en convencervos para que vos unades a eles pero non para ben; queren que vos separedes de min para que os prefirades a eles. 18É bo ter paixón polas cousas boas sempre, e non só cando estou presente con vós.19Meus filliños, outra vez estou sufrindo dores de parto por vós ata que Xesús Cristo sexa formado en vós. 20Gustaríame estar agora aí presente e mudar o meu ton, porque téndesme abraiado.21Dicídeme, os que desexades sometervos á lei, non escoitades o que a lei di? 22Porque está escrito que Abraham tivo dous fillos, un da serva e outro da muller libre. 23Pero o fillo da serva naceu segundo os desexos da carne, e o fillo da libre en cumprimento da promesa.24Isto pode ser interpretado como unha alegoría xa que estas dúas mulleres representan dous pactos. Un procede do Monte Sinai e deu a luz a fillos para ser escravos; este é Agar. 25Agora ben, Agar representa o Monte Sinai que está na Arabia, sendo figura da actual Xerusalém, xa que vive na escravitude cos seus fillos.26Pero a Xerusalém de arriba é libre, e ela é a nosa nai. 27Porque está escrito: "Alégrate ti, estéril, a que non das a luz. Clama e berra de ledicia ti que non estás a sufrir dores de parto. Porque os fillos da abandonada son máis numerosos cos da que ten marido".28Vós, irmáns, como Isaac, sodes fillos da promesa. 29Naquel tempo aconteceu o mesmo que agora: o que naceu segundo os desexos da carne perseguiu ao que naceu segundo o Espírito.30Pero que di a Escritura? "Bota fóra á escrava e o seu fillo; porque o fillo da escrava non partirá a herdanza co fillo da libre". 31Polo tanto, irmáns, non somos fillos da escrava, senón da libre.
1Cristo fíxonos libres para sermos libres. Por iso, non vos poñades un xugo de escravitude como o que tiñades; estade firmes. 2Ollade para min, eu, Paulo, asegúrovos que se vos circuncidades, Cristo non vos serve de nada.3Eu dou testemuño a tódalas persoas, de que se vos deixades circuncidar, estades obrigados a cumprir a lei. 4Os que procurades ser xustos pola lei estades afastados de Cristo; caestes da graza!5Porque, a través do Espírito, pola fe, agardamos a esperanza segura da xustiza. 6En Cristo Xesús nada vale circuncidarse ou non, senón só a fe traballando mediante o amor. 7Iades correndo ben. Que vos impediu obedecer á verdade? 8Esta certeza non vén de quen vos chama.9Un chisco de fermento leveda toda a masa. 10Confío no Señor que vos garde para non crer noutra cousa que non sexa a verdadeira boa nova. Calquera que sexa que vos estea amolando terá o seu castigo.11Irmáns, se eu aínda proclamo a circuncisión, por que sigo a ser perseguido? Nese caso o escándalo da cruz, que era de tropezo, deixaría de selo. 12En canto os que vos están a trastornar, que bo sería que eles mesmos se castrasen!13Porque a vós, irmáns, chamóusevos á liberdade. Non a usedes para que a natureza pecaminosa campe, mais servídevos en amor uns aos outros. 14Porque toda a lei está cumprida nunha palabra: "Amarás o teu próximo como a ti mesmo". 15Pero se vos mordedes e comedes uns aos outros, tende conta de non vos consumir entre vós.16Entón dígovos: camiñade no Espírito e afastádevos do querer natural do pecado. 17Porque este querer está enfrontado co Espírito, e os desexos do Espírito están fronte aos do querer natural do pecado: loitan tanto entre eles que non sodes quen de facer as cousas que queredes. 18Agora ben, se vos guía o Espírito, non estades suxeitos á lei.19Os feitos da natureza de pecado son moi claros: fornicación, impureza e lascivia. 20Idolatría, meigallos, inemizades, liortas, celos, iras, pelexas, divisións, sectarismos, 21envexas, borracheiras, orxías e cousas semellantes. Chamo a vosa atención de que os que están afeitos a estas cousas non herdarán o reino de Deus.22Pero o froito do Espíritu é amor, gozo, paz, paciencia, amabilidade, bondade, fe, 23mansedume e dominio propio; contra estas cousas non hai lei. 24Pois aqueles que pertencen a Cristo Xesús crucificaron os desexos da natureza humana coas súas paixóns e desexos.25Se nós vivimos polo Espírito, camiñemos tamén no Espírito. 26Non sexamos fachendosos, provocándonos uns aos outros e envexándonos uns aos outros.
1Irmáns, se algún de vós é descuberto facendo o que non debe, vós que sodes espirituais restaurádeo con dozura; coidándote de non acabar caendo ti no mesmo. 2Levade uns as cargas dos outros e así cumpriredes a lei de Cristo.3Porque se alguén cre ser máis do que é, a si mesmo se engana. 4Cada un que reflexione sobre as súas propias obras, e daquela terá motivo de estar satisfeito de si mesmo sen mirar os outros. 5Porque cadaquén ten que levar a súa carga.6A quen se lle ensine sobre a palabra, que comparta toda cousa boa con quen lle ensina. 7Non vos levedes a engano; de Deus non vos podedes burlar, aquilo que sementedes, iso mesmo recolleredes. 8Porque o que sementa para a súa propia carne, colleitará destrución, e o que sementa para o Espírito, do Espírito colleitará vida eterna.9Non nos fartemos de facer o ben, porque ao seu debido tempo segaremos, se non desfalecemos. 10Porén, non perdamos a oportunidade de facer ben a todos, especialmente aos da familia da fe.11Ollade as grandes letras que vos escribo da miña man. 12Todos os que queren quedar ben na carne, fórzanvos a que vos circuncidedes co fin de non ser perseguidos pola causa da cruz de Cristo; 13porque nin aínda os mesmos que son circuncidados gardan a lei, pero eles queren facervos circuncidar, porque queren gabarse da vosa carne.14Pero que non veña eu gabarme en cousa algunha agás na cruz de Cristo, pola que o mundo foi crucificado para min e eu para o mundo. 15Porque de pouco vale circuncidarse ou non, senón ser unha nova creación; 16e os que vivan segundo esta norma, graza e paz a eles e ao Israel de Deus.17De aquí en diante que ninguén me veña amolar con estes asuntos, pois levo no meu corpo as marcas de Xesús. 18Irmáns, que a graza do noso Señor Xesús Cristo sexa co voso espírito. Amén.
1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus: aos santos que están en Éfeso e que son fieis en Cristo Xesús: 2Graza e paz a vós de Deus o noso Pai e do Señor Xesús Cristo.3Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos bendiciu nos lugares celestiais con toda bendición espiritual en Cristo, 4segundo nos escolleu nel antes da fundación do mundo, para sermos santos e sen tacha diante del.5Predestinounos para ser adoptados como fillos mediante Xesús Cristo en amor, conforme lle praceu na súa vontade, 6para eloxio da gloria da súa graza que impartiu gratuitamente sobre nós no Amado.7Nel temos a redención polo seu sangue, o perdón dos pecados segundo as riquezas da súa graza, 8que fixo rebordar para connosco en toda sabedoría e intelixencia,9deunos a coñecer o misterio da súa vontade, segundo lle compracía, 10na administración do cumprimento dos tempos, é dicir, de reunir tódalas cousas en Cristo tanto as que están nos ceos como as que están na terra.11Nel tamén fomos feitos herdeiros sendo predestinados segundo o propósito daquel que obra tódalas cousas conforme o consello da súa vontade, 12a fin de que nós, que fomos os primeiros en agardar en Cristo, sexamos para loanza da súa gloria.13Nel tamén vós, ao escoitardes a palabra de verdade, o evanxeo da vosa salvación, e crendo nel, fostes selados co Espírito Santo da promesa, 14que se nos deu como garantía da nosa herdanza, con vistas á redención da propiedade adquirida por Deus, para loanza da súa gloria.15Por isto, tamén eu, sabendo da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor por todos os santos, 16non deixo de dar grazas por vós, lembrándovos nas miñas oracións,17pedindo que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai de gloria, vos dea o espírito de sabedoría e de revelación nun total coñecemento del; 18iluminados os ollos do voso corazón para que saibades da esperanza do voso chamado, e da riqueza da gloria da súa herdanza nos santos,19e da extraordinaria grandeza do seu poder para con nós os que cremos, conforme á eficacia da forza do seu poder, 20que obrou en Cristo, resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa dereita nos lugares celestiais, 21moi por riba de todo principado, autoridade, poder, dominio e de todo nome, non só deste tempo, senón tamén do tempo vindeiro.22E someteu todo baixo os seus pés, e deuno á igrexa como cabeza sobre todas as cousas, 23a que é o seu corpo, a plenitude daquel que o enche todo en todo.
1En canto a vós, estabades mortos nos vosos delitos e pecados, 2nos que camiñabades noutro tempo segundo a corrente deste mundo, conforme ao príncipe da potestade do aire, o espírito que agora opera nos fillos de desobediencia, 3entre eles todos nós viviamos tamén noutro tempo nas paixóns da nosa carne, satisfacendo os desexos dos nosos instintos e pensamentos, e eramos por natureza, fillos de ira, o mesmo que os demais.4Mais Deus, que é rico en misericordia, por mor do seu grande amor co que nos amou, 5aínda cando estabamos mortos nos nosos pecados, deunos vida xuntamente con Cristo (por graza fostes salvos), 6nos resucitou e nos sentou xuntamente con Xesús Cristo nos lugares celestiais, 7a fin de poder amosar nos séculos vindeiros a rebordante riqueza da súa graza pola súa bondade para con nós en Cristo Xesús.8Porque por graza fostes salvos por medio da fe, e isto non é de vós senón que é regalo de Deus; 9non por obras, para que ninguén se gabe. 10Porque somos feitura súa, creados en Cristo Xesús para as boas obras que Deus preparou de antemán para que andásemos nelas.11Daquela, lembrade que noutro tempo vós, os xentís no corpo, chamados incircuncisión polos da circuncisión feita por mans no corpo, 12estabades separados de Cristo naquel tempo, afastados da cidadanía de Israel, e alleos os pactos da promesa, sen esperanza e sen Deus no mundo.13Mais agora en Cristo Xesús, vós, que noutro tempo estabades lonxe, fostes achegados polo sangue de Cristo. 14Porque El mesmo é a nosa paz, que de dous pobos fixo un, derrubando a parede medianeira de separación, é dicir a inimizade; 15abolindo no seu corpo a lei dos mandamentos e normas, para crear en si mesmo unha nova persoa dos dous, poñendo así a paz, 16e para reconciliar con Deus ámbolos dous nun só corpo por medio da cruz, matando nela á inimizade.17E veu e anunciouvos as boas novas da paz a vós que estabades lonxe, e paz aos que estaban preto; 18porque por medio del, uns e mailos outros temos dereito a entrar ao Pai por un mesmo Espírito.19Deste xeito, xa non sodes nin estranxeiros nin forasteiros, senón que sodes concidadáns dos santos e sodes da familia de Deus, 20edificados sobre o fundamento dos apóstolos e profetas, sendo a pedra angular o mesmo Xesús, o Mesías, 21en quen todo o edificio ben axustado, medra ata ser templo santo no Señor; 22e no que tamén vós sodes xuntamente edificados para morada de Deus no Espírito.
1Por este motivo, eu, Paulo, prisioneiro de Cristo Xesús por amor a vós os xentís, 2se escoitastes da encomenda da graza que Deus me deu para vós,3segundo se me deu a coñecer por revelación o misterio, tal e como antes vos escribín en poucas palabras; 4e ao lelo, podedes entender o meu discernimento do misterio de Cristo, 5que noutras xeracións non se deu a coñecer á humanidade, como agora foi revelado polo Espírito aos seus santos apóstolos e profetas;6isto é, que os xentís son coherdeiros e membros dun mesmo corpo, participando todos por igual da promesa en Cristo Xesús mediante o evanxeo, 7do que fun feito servo, polo regalo da graza de Deus que se me concedeu segundo a eficacia do seu poder.8A min, que son menos ca o máis pequeno de tódolos santos, concedéuseme esta graza: anunciar aos xentís as insondables riquezas de Cristo 9e sacar á luz a administración do misterio que por séculos estivo oculto en Deus, que creou tódalas cousas;10co fin de que a multiforme sabedoría de Deus sexa dada a coñecer pola igrexa aos principados e potestades nas rexións celestiais, 11conforme o propósito eterno que foi feito en Cristo Xesús, noso Señor,12en quen temos seguridade e libre entrada a Deus con confianza por medio da fe nel. 13Polo tanto, pídovos que non vos desanimedes por mor das miñas tribulacións por vós, porque son a vosa gloria.14Por esta razón, axeónllome diante do Pai do noso Señor Xesús Cristo, 15de quen recibe o seu nome toda familia no ceo e na terra, 16para que vos conceda conforme á riqueza da súa gloria, o serdes fortalecidos con poder no ser interior por medio do seu Espírito;17de modo que Cristo habite nos vosos corazóns pola fe; e enraizados e fundamentados no amor, 18sexades plenamente capaces de comprender con tódolos santos a anchura, a lonxitude, a altura e a profundidade; 19e así coñecer o amor de Cristo que reborda todo coñecemento, para que sexades cheos de toda a plenitude de Deus.20E a aquel que é poderoso para facer tódalas cousas moito máis abundantemente do que pedimos ou entendemos, segundo o poder que obra en nós, 21a El sexa a gloria na igrexa e en Cristo Xesús por todas as xeracións de todas as eras, por sempre. Amén.
1Polo tanto, eu, prisioneiro do Señor, rógovos que vivades dun xeito digno da vocación coa que fostes chamados, 2con toda humildade e mansedume, sosténdovos con paciencia uns a outros en amor, 3esforzándovos por preservar a unidade do Espírito no vínculo da paz.4Hai un só corpo e un só Espírito, así como tamén vós fostes chamados nunha mesma esperanza da vosa vocación; 5un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6un só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.7Pero a cada un de nós se nos concedeu a graza conforme á medida do don de Cristo. 8Polo tanto, di: "Cando ascendeu ás alturas, a catividade foi cativada e deu dons ás persoas".9(Cal é o significado de ascendeu, senón que tamén descendeu ás profundidades da terra? 10O que descendeu é tamén o mesmo que ascendeu moito máis arriba de todos os ceos, para poder enchelo todo).11Agora ben, El mesmo deu: uns, os apóstolos; outros, os profetas; outros, os evanxelistas; e outros, os pastores e mestres; 12co fin de capacitar os santos para a obra do ministerio, para a edificación do corpo de Cristo; 13ata que todos cheguemos á unidade da fe e do coñecemento pleno do Fillo de Deus; á condición dun home perfecto, á medida da estatura da plenitude de Cristo.14Para que xa non sexamos meniños abaneados polas ondas e levados por todo vento de doutrina de aquí para alá, pola astucia de persoas que con habilidade empregan argucias enganosas, 15senón que falando a verdade en amor, medremos en todo naquel que é a cabeza, é dicir, Cristo, 16de quen todo o corpo (estando ben axustado e xuntado pola unión que proporcionan as articulacións), conforme ao funcionamento axeitado de cada un dos seus membros, medre e se edifique en amor.17Dígovos, polo tanto, e recoméndovos no Señor: que xa non vivades así como viven tamén os xentís, na vaidade da súa mente, 18escurecidos no seu entendemento e excluídos da vida de Deus por mor da ignorancia que hai neles, pola dureza do seu corazón; 19eles, chegando a ser insensibles, entregáronse á conduta libertina para practicar insaciablemente toda clase de impurezas.20Mais vós non aprendestes deste xeito a Cristo, se en verdade o escoitastes, 21e fostes ensinados nel, conforme a verdade que está en Xesús. 22No tocante á vosa maneira de vivir no pasado, despoxádevos da vella natureza porque está corrompida polos desexos enganosos,23e renovádevos no espírito da vosa mente, 24xa vestidos do novo ser, que foi creado á maneira de Deus na xustiza e santidade da verdade.25Polo tanto, rexeitando a mentira, falade a verdade cadaquén co seu próximo, porque somos membros os uns dos outros. 26Anoxádevos, mais non pequedes; que o voso enfado non chegue ao solpor, 27nin lle deades entrada ao demo.28O que roubaba, xa non roube máis, senón que traballe, facendo coas súas mans o que é bo, a fin de que teña para compartir co que ten necesidade. 29Non saia da vosa boca ningunha palabra apodrentada, senón só a que sexa para edificación, para que transmita graza aos que escoitan. 30E non entristezades o Espírito Santo de Deus, co que fostes selados para o día da redención.31Arrincade de vós toda amargura, anoxo, ira, berros e maledicencia, así como toda maldade. 32Sede máis ben bondadosos os uns cos outros, compasivos, perdoándovos uns a outros, así como tamén Deus vos perdoou en Cristo.
1Sede, pois, imitadores de Deus como fillos amados; 2e andade en amor, así como tamén Cristo vos amou e se entregou a si mesmo por nós: ofrenda e sacrificio a Deus, como recendo pracenteiro.3Tal e como corresponde aos santos, que nin sequera se mencione entre vós, a inmoralidade, a impureza e a avaricia. 4Tampouco a conduta obscena, nin as conversas de necios, nin vulgaridades, que non son axeitadas, senón mais ben accións de grazas.5Porque vós sabedes isto con seguridade: que ningún inmoral, impuro ou avaro, que é idolatra, ten herdaza no reino de Cristo e de Deus. 6Que ninguén vos engane con palabras baleiras, xa que por estas cousas vén a ira de Deus sobre os fillos de desobediencia. 7Polo tanto, non participedes con eles;8porque antes erades tebras, mais agora sodes luz no Señor; camiñade como fillos de luz. 9Porque o froito da luz é toda bondade, xustiza e verdade, 10examinando o que agrada ao Señor, 11e non participedes nas obras infrutíferas das tebras, senón mais ben denunciádeas, 12porque dá vergoña mesmo falar das cousas que eles fan ás agochadas.13Pois todas esas cousas se ven cando son expostas á luz, xa que todo se fai visible pola luz. 14Por iso di: "Esperta ti que durmes, e érguete de entre os mortos, e o Mesías resplandecerá en ti".15Polo tanto, tende coidado de como vos comportades; non coma imprudentes, senón coma sabios, 16aproveitando ben o tempo, porque os días son malos. 17Así pois, non sexades babecos, senón entendede cal é a vontade do Señor.18E non vos embebededes con viño, o que leva á libertinaxe, senón enchédevos do Espírito, 19falando entre vós con salmos, himnos e cantos espirituais, cantando e louvando co voso corazón ao Señor; 20dando sempre grazas a Deus o Pai por todo no nome do noso Señor Xesús Cristo; 21someténdovos os uns aos outros no temor de Cristo.22As casadas aos seus propios maridos coma ao Señor. 23Xa que o marido é cabeza da muller, así como Cristo é cabeza da igrexa, sendo El mesmo o Salvador do corpo. 24Polo tanto, así como a igrexa está suxeita a Cristo, as casadas tamén o han estar aos seus maridos en todo.25Maridos, amade as vosas mulleres así coma Cristo amou a igrexa e El mesmo se entregou por ela para santificala, 26purificándoa polo lavamento da auga coa palabra, 27para presentala diante de si radiante, sen mancha nin engurra, nin cousa semellante, a fin de que sexa santa e sen tacha.28Así tamén os maridos deben amar as súas mulleres coma aos seus propios corpos. O que ama a súa muller, ámase a si mesmo. 29Porque ninguén aborreceu nunca o seu propio corpo, senón que o coida e alimenta, como fai Cristo coa igrexa; 30porque somos membros do seu corpo.31Por isto, o home deixará o seu pai e a súa nai e xuntarase á súa muller, e os dous serán unha soa carne. 32Grande misterio é este, mais volo estou a dicir en referencia a Cristo e á igrexa. 33De calquera xeito, cada un de vós ame a súa muller como a si mesmo, e que a muller respecte o seu marido.
1Fillos, obedecede os vosos pais no Señor, porque isto é xusto. 2"Honra a teu pai e a túa nai", é o primeiro mandamento con promesa, 3"De maneira que che vaia ben en todo, e para que teñas longa vida sobre a terra".4E vós pais, non provoquedes a ira a vosos fillos, senón criádeos na disciplina e na instrución do Señor.5Servos, obedecede a vosos amos nesta terra, con temor e tremor, con sinceridade do voso corazón coma a Cristo; 6non para facervos ver, como procuran os que queren agradar ás persoas, senón coma servos de Cristo, facendo a vontade de Deus dende o máis profundo do voso ser. 7Servide de boa gana, como ao Señor e non a homes, 8sabendo que calquera cousa boa que cadaquén faga, sexa servo ou libre, isto recibirá do Señor.9E vós, amos, facede o mesmo cos vosos servos, deixando as ameazas, sabendo que o Señor deles e de vós está nos ceos, e que para el non hai diferenza entre as persoas.10Polo demais, fortalecédevos no Señor e no poder da súa forza. 11Revestídevos con toda a armadura de Deus para que poidades estar firmes contra as artimañas do demo.12Porque a nosa loita non é contra carne nin sangue, senón contra os principados, contra as potestades, contra os poderes deste mundo de tebras, contra as forzas espirituais de maldade nas rexións celestiais. 13Polo tanto, tomade toda a armadura de Deus para que poidades resistir no día malo, e logo de ter feito todo, ficade en pé.14Mantédevos, pois, firmes, cinguida a vosa cintura coa verdade, revestidos coa coiraza da xustiza, 15e calzados os pés con presteza para anunciar o evanxeo da paz. 16Sobre todo, collede o escudo da fe co que poderedes apagar tódolos dardos de lume do maligno.17Collede tamén o casco da salvación e a espada do Espírito que é a palabra de Deus. 18Orade con toda oración e rogo en todo tempo no Espírito, e tamén, velade con perseveranza e súplica por todos os santos;19e tamén por min, a fin de que me sexa dada palabra ao abrir a miña boca, para dar a coñecer abertamente o misterio do evanxeo, 20do que son embaixador en cadeas; para que fale como debo falar, con valor.21Tíquico, amado irmán e fiel ministro no Señor, vos ha informar de todo, para que tamén saibades da miña situación e do que estou a facer, 22mandeino xustamente para isto, a fin de que saibades de nós e para que console os vosos corazóns.23Paz sexa aos irmáns, e amor con fe, de Deus o Pai e do Señor Xesús Cristo. 24A graza sexa con todos os que aman ao noso Señor Xesús Cristo con amor inalterable.
1Paulo e Timoteo, servos de Cristo Xesús:a todos os santos en Cristo Xesús que están en Filipos, incluídos os supervisores e diáconos: 2Graza a vós e paz de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.3Doulle grazas ao meu Deus sempre que me lembro de vós. 4Sempre oro con ledicia por todos vós, en tódalas miñas oracións, 5pola vosa colaboración no evanxeo dende o primeiro día ata agora, 6estando convencido disto mesmo: que quen comezou en vós a boa obra, seguirá a completala ata o día de Cristo Xesús.7É xusto que sinta isto por todos vós, porque vos levo no meu corazón, pois tanto nas miñas prisións como na defensa e confirmación do evanxeo, todos vós participades comigo da graza. 8Porque Deus é a miña testemuña de canto vos boto en falta co entrañable amor de Cristo Xesús.9E pido isto en oración, para que o voso amor abunde máis e máis no pleno coñecemento e en todo discernimento, 10para que sexades quen de escoller o mellor, para serdes puros e irreprensibles para o día de Cristo; 11cheos do froito da xustiza que é por medio de Xesús Cristo, para a gloria e loanza de Deus.12E quero que saibades, irmáns, que as circunstancias nas que me atopei redundaron nun maior progreso do evanxeo, 13de tal xeito que por causa de Cristo as miñas prisións son ben coñecidas no pretorio e por tódolos demais; 14e que a maioría dos irmáns, confiando no Señor por mor do meu encarceramento, teñen moito máis valor para falar a palabra de Deus sen medo.15De certo algúns, predican a Cristo por envexa e rivalidade, pero outros fano de boa fe; 16estes fano por amor, sabendo que fun designado para defender o evanxeo; 17aqueles proclaman a Cristo por ambición persoal, sen sinceridade, pensando en causarme angustia no cárcere.18Daquela, que? Que de tódolos xeitos, sexa finxidamente ou en verdade, Cristo é proclamado; e nisto, alégrome e seguirei alegrándome. 19Porque sei que, mediante as vosas oracións e a axuda do Espírito de Xesús Cristo, todo isto vai resultar na miña liberación.20Conforme á miña profunda arela e a esperanza de que non hei ser avergoñado en nada, mais ben con toda confianza, tamén agora como sempre Cristo vai ser exaltado no meu corpo, sexa pola vida ou pola morte. 21Porque para min, o vivir é Cristo e o morrer é unha ganancia.22Pero, se resulta que o seguir vivindo neste corpo é para min un traballo frutífero, entón non sei o que escoller; 23as dúas cousas tiran por min. Desexo partir e estar con Cristo, porque iso é moito mellor; 24pero polo voso ben é preferible que eu permaneza aquí convosco.25E convencido diso, sei que hei quedar e seguir con todos vós para o voso progreso e ledicia na fe, 26para que a vosa satisfacción en Cristo Xesús abunde pola miña causa cando volva estar convosco. 27Soamente, comportádevos dun xeito digno do evanxeo de Cristo, para que, ben sexa que vos vaia ver, ou que non estea entre vós, poida escoitar que vos mantedes firmes nun mesmo espírito, loitando xuntos pola fe do evanxeo;28de ningún xeito acovardados polos vosos adversarios, o que é sinal de perdición evidente para eles, pero de salvación para vós, e isto, de parte de Deus. 29Porque, por mor de Cristo, vos foi concedido, non só que creades nel, senón padecerdes tamén por El, 30tendo en vós a mesma loita que vistes en min, e agora oídes que está en min.
1Polo tanto, se hai algún alento en Cristo, se hai algún consolo de amor, se hai algunha participación do Espírito, se hai agarimo e misericordia, 2completade a miña ledicia, sendo do mesmo sentir, tendo un mesmo amor, unánimes, tendo os mesmos sentimentos,3nada fagades por porfía nin por fachenda, senón con humildade, que cada un de vós teña o outro como superior, 4non procurando cada un o seu interese, senón máis ben os intereses dos demais.5Tede entre vós a mesma actitude que houbo en Cristo Xesús, 6que mesmo existindo en forma de Deus, non considerou ser igual a Deus como algo ao que agarrarse, 7senón que se despoxou a si mesmo, tomando forma de escravo, facéndose semellante aos mortais, 8e atopándose na condición de home, humillouse a si mesmo facéndose obediente ata a morte, e morte de cruz!9Por iso, Deus tamén o exaltou sobre todo e deulle o nome que está por riba de tódolos nomes, 10para que no nome de Xesús se dobre todo xeonllo dos que están nos ceos e na terra, e embaixo da terra, 11e toda lingua confese que Xesús Cristo é o Señor, para gloria de Deus Pai.12Polo tanto, meus amados, así como sempre obedecestes, non só diante miña, senón moito máis agora na miña ausencia, traballade na vosa propia salvación con tremor e temor, 13porque Deus, pola súa vontade, é quen obra en vós tanto o querer como o facer.14Facede tódalas cousas sen murmuracións nin discusións, 15para que sexades irreprensibles e sinxelos, fillos de Deus sen tacha no medio dunha xeración perversa e atrevesada, onde brillades coma fachos no mundo, 16aferrados á palabra de vida, para que eu teña razón para gloriarme no día de Cristo, xa que non corrín en balde nin de balde me cansei.17Pero mesmo que eu son derramado coma libación sobre o sacrificio e servizo da vosa fe, gózome e comparto a miña ledicia con todos vós. 18E tamén vos pido que vos alegredes do mesmo xeito e compartades a vosa ledicia comigo.19Espero no Señor Xesús enviarvos pronto a Timoteo para que eu tamén sexa alentado ao saber da vosa condición. 20Pois non teño a ninguén do meu mesmo sentir e que estea sinceramente interesado nas vosas cousas . 21Porque todos buscan a súa comenencia, e non as cousas que son de Cristo Xesús.22Pero vós xa sabedes do seu comportamento, como serviu comigo para estender o evanxeo como un fillo serve o pai. 23Daquela agardo mandárvolo axiña en canto vexa como me van as cousas; 24e confío no Señor que tamén eu mesmo irei pronto a vós.25Pero crin que compría mandarvos a Epafrodito, meu irmán, colaborador e camarada de milicia, quen tamén é o voso mensaxeiro e servidor para atender as miñas necesidades; 26porque el tiña morriña de todos vós e andaba amolado porque chegastes a saber da súa doenza. 27Pois de feito estivo enfermo e a piques de morrer; pero Deus tivo compaixón del e non só del, senón tamén de min, para que non estivese aínda máis triste.28Por iso volo mando máis axiña, para que véndoo, volvades alegrarvos e eu estea máis acougado en canto a vós. 29Recibídeo, pois, no Señor con toda ledicia, e tende en alta estima os que son coma el, 30porque pola obra de Cristo estivo a piques de morrer, arriscando a súa vida para completar o que faltaba no voso servizo por min.
1Polo demais, meus irmáns, estade alegres no Señor. A min non me molesta volvervos escribir o mesmo, e para vós é cuestión de seguridade. 2Coidádevos dos cans, coidádevos dos malos obreiros, coidádevos da falsa circuncisión; 3porque a verdadeira circuncisión somos nós, os que adoramos polo Espírito de Deus dando gloria a Cristo Xesús, e non confiando nas propias forzas,4aínda que eu ben podería confiar nelas. Se alguén pensa que ten motivos para confiar nas propias forzas, eu moito máis: 5circuncidado no día oitavo, da liñaxe de Israel, da tribo de Benxamín, hebreo de hebreos; en canto á lei, un fariseo;6en canto ao celo, perseguidor da igrexa; en canto á xustiza da lei, irreprensible. 7Pero todo canto para min era de proveito e ganancia, considéroo coma unha perda, por amor a Cristo.8E aínda máis, considero tódalas cousas como unha perda tendo en conta o insuperable valor de coñecer a Cristo Xesús, o meu Señor, por quen perdín todo iso, e considéroo como lixo para gañar a Cristo, 9e atoparme nel, non coa miña propia xustiza que procede da lei, senón a que é a través da fe en Cristo, a xustiza que vén de Deus pola fe; 10para coñecelo a El, e o poder da súa resurrección e a participación nos seus sufrimentos; chegando a ser coma El na súa morte, 11se dalgunha maneira puidera chegar á resurrección de entre os mortos.12Non é que xa teña conseguido todo isto nin que xa me fixera perfecto, senón que sigo adiante agardando acadar aquilo para o que tamén fun aferrado por Cristo Xesús. 13Irmáns, eu mesmo non considero que a alcanzara; pero fago unha cousa: esquecendo o que quedou atrás e estendéndome ao que está por diante, 14prosigo cara a meta para conseguir o premio do máis alto chamado de Deus en Cristo Xesús.15Porén, todos os que somos maduros espiritualmente, teñamos esta mesma actitude; e se nalgún punto pensades doutro xeito, iso tamén vos será revelado por Deus; 16pero naquilo que teñamos chegado, sigamos na mesma liña.17Irmáns, imitádeme a min, e observade os que andan segundo o exemplo que tedes en nós. 18Porque como vos dixen a miúdo, e agora vos repito ata chorando, moitos andan como inimigos da cruz de Cristo. 19O seu fin é a destrución, o seu deus é o seu apetito e a súa gloria está na súa vergoña. Só pensan nas cousas terreais.20Pero a nosa cidadanía está no ceo, de onde tamén agardamos ansiosamente o Salvador, o Señor Xesús Cristo. 21El ha transformar o noso corpo miserable para asemellalo ao seu corpo glorioso, polo exercicio do poder con que somete a si mesmo tódalas cousas.
1Así que, meus irmáns, amados e desexados, gozo e coroa miña, estade así firmes no Señor, meus amados. 2Rogo a Evodia e a Síntique que sexan do mesmo sentir no Señor. 3Tamén che pido a ti, fiel compañeiro, que as axudes xa que compartiron as miñas loitas por mor do evanxeo, xunto con Clemente e os demais colaboradores meus, que teñen os seus nomes no libro da vida.4Alegrádevos no Señor sempre. Repítovolo: Alegrádevos! 5Que todas as persoas saiban da vosa bondade. O Señor está preto. 6Por nada esteades anguriados; senón mais ben, dade a coñecer as vosas peticións diante de Deus mediante oración e súplica con acción de grazas en todo. 7E a paz de Deus, que supera todo entendemento, gardará os vosos corazóns e as vosas mentes en Cristo Xesús.8Polo demais, irmáns, todo o que é verdadeiro, todo o honesto, todo o xusto, todo o puro, todo o amable, todo o que sexa de bo nome, se hai algunha virtude ou algo que merece gabanza, nisto pensade. 9Practicade o que aprendestes e recibistes e escoitastes e vistes en min, e o Deus de paz estará convosco.10Moito me alegrei no Señor de que por fin reavivastes o voso interese por min, que xa o tiñades mais faltábavos a oportunidade de demostralo. 11Non o digo porque teña necesidade, xa que aprendín a estar satisfeito co que teño. 12Sei vivir na pobreza e sei vivir na prosperidade, en todo e por todo aprendín tanto a estar farto como a pasar fame, a ter dabondo como a padecer necesidade, en todo aprendín o segredo: 13para todo teño forza naquel que me da o poder!14Con todo, fixestes ben en compartir comigo na miña aflición. 15E vós mesmos, filipenses, tamén sabedes que ao comezo do evanxeo, despois que saín de Macedonia, ningunha igrexa compartiu comigo no tocante a dar e recibir, senón só vós; 16porque tamén a Tesalónica enviastes máis dunha vez para as miñas necesidades. 17Non é que ande atrás do que me dades, senón que procuro froito que abunde na vosa conta.18Deste xeito recibín todo e teño de todo con fartura; tendo recibido de Epafrodito o que me enviastes, estou fornecido: recendo agradable, sacrificio aceptable, que prace a Deus. 19Meu Deus cubrirá tódalas vosas necesidades, conforme a súa riqueza en gloria en Cristo Xesús. 20Gloria sexa o noso Deus e Pai por sempre. Amén.21Saudade a todos os santos en Cristo Xesús. Saúdanvos os irmáns que están comigo. 22Todos os santos vos saudan, especialmente os da casa de César. 23A graza do Señor Xesús Cristo sexa co voso espírito.
1Paulo, apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus, e Timoteo o noso irmán, 2aos crentes e fieis irmáns en Cristo que se atopan en Colosas. A graza e a paz de Deus, o noso pai, sexa con vós. 3Dámoslle grazas a Deus, o Pai do noso Señor Xesús Cristo, orando sempre por vós,4e escoitando da vosa fe en Xesús Cristo e do amor que tedes para todos os santos, 5por mor da esperanza reservada para vós nos ceos. Da que soubestes antes pola palabra verdadeira, o evanxeo 6que chegou a vós; de modo que está a dar froito e a medrar en todo o mundo, así como tamén en vós dende o día que escoitastes e coñecestes plenamente a verdadeira graza de Deus;7tal como o aprendestes de Epafras, o noso amado compañeiro de ministerio, quen é un fiel servidor do Mesías para o voso beneficio. 8Tamén el nos falou do voso amor no Espírito.9Por iso tamén nós, dende o día que o escoitamos, non deixamos de orar por vós e de pedir que Deus vos encha do coñecemento da súa vontade, con toda sabedoría e entendemento espiritual 10para que camiñedes como é digno do Señor, co fin de agradalo en todo, dando froito en toda obra boa e medrando no coñecemento de Deus;11fortalecidos en todo poder segundo a potencia da súa gloria con toda paciencia e con moito ánimo; 12dando grazas ao Pai que vos fixo merecentes de compartir a herdanza dos santos na luz.13El rescatounos da garra das tebras e trasladounos ao reino do seu Fillo amado, 14en quen temos a redención, o perdón dos pecados.15El é a imaxe do Deus invisible, o primoxénito de toda a creación. 16Pois por El tódalas cousas foron creadas, as que están nos ceos e as que están na terra, as visibles e as invisibles: tronos, dominios, gobernos, autoridades, todo foi creado por medio del e para El, 17e El mesmo é antes ca todas as cousas e todo subsiste nel.18El é a cabeza do corpo, que é a igrexa. El é o principio e o primoxénito de entre os mortos, para que así teña o primeiro lugar en tódalas cousas, 19porque a Deus lle agradou que toda a súa plenitude habitara no seu Fillo, 20e a través del reconciliar o universo consigo, tanto as cousas que están nos ceos como as da terra, facendo a paz mediante o sangue da súa cruz.21Noutrora vós tamén estabades afastados de Deus, erades os seus inimigos por estardes sempre pensando en facer cousas malas, 22pero agora, reconciliouvos no seu corpo físico por medio da súa morte para vos presentar santos, sen tacha e libres de calquera acusación diante de Deus, 23se continuades estables e firmes na fe, sen afastarvos da esperanza do evanxeo que escoitastes, o que foi anunciado a toda a creación baixo o ceo, e do que eu, Paulo, cheguei a ser servo.24Agora énchome de ledicia nos meus sufrimentos por vós, e completo en min mesmo o que falta das aflicións de Cristo polo seu corpo, que é a igrexa; 25da que eu son servo, de acordo coa responsabilidade que Deus me encomendou para con vós, a fin de proclamar cumpridamente a palabra de Deus; 26o misterio escondido durante séculos e xeracións, pero que agora se manifesta a todos os que cren nel, 27aqueles a quen Deus quíxolle dar a coñecer as riquezas da gloria deste misterio entre os xentís, que Cristo está en vós, a esperanza da gloria.28A quen nós proclamamos, advertindo e ensinando a toda persoa con toda sabedoría, para que todos se poidan presentar perfectos en Cristo; 29con este fin traballo e loito fortalecido nel segundo o seu poder obrando en min.
1Pois quero que saibades a loita tan grande que teño por vós e polos que están en Laodicea, e por todos os que non me viron persoalmente. 2Eu traballo para que os seus corazóns sexan alentados e unidos en amor, e acaden tódalas riquezas que veñen dunha plena seguridade de entendemento, resultando nun verdadeiro coñecemento do misterio de Deus, é dicir, de Cristo; 3en quen están todos os tesouros da sabedoría e do coñecemento.4Isto dígovolo para que ninguén vos engane con razoamentos persuasivos. 5Porque mesmo que estou lonxe de vós no corpo, estou con vós en espírito, alegrándome de ver a vosa boa disciplina e a estabilidade da vosa fe en Cristo.6E así como recibistes ao Señor Xesús, o Mesías, camiñade como El; 7firmemente enraizados e edificados nel e confirmados na vosa fe, tal e como fostes ensinados, revertendo de gratitude.8Mirade que ninguén vos cative con filosofías e especulacións baleiras, segundo as tradicións humanas, conforme aos principios fundamentais deste mundo e non segundo Cristo. 9Porque nel reside corporalmente toda a plenitude da Deidade.10E vós estades completos nel, que é a cabeza sobre todo poder e autoridade; 11nel tamén fostes circuncidados non cunha circuncisión feita por mans de homes, senón quitando o corpo da carne mediante a circuncisión de Cristo; 12sepultados con El no bautismo, no que tamén resucitastes con El pola fe na acción do poder de Deus, que o resucitou de entre os mortos.13E cando estabades mortos nos vosos pecados e na incircuncisión da vosa carne, deuvos vida xuntamente con El, perdoándonos todos os pecados; 14tendo anulado o documento con todos os decretos que había en contra de nós, 15botándoo fóra e cravándoo na cruz. Despoxando os gobernos e autoridades, fixo deles un espectáculo público, triunfando sobre eles por medio del.16Así que ninguén vos xulgue polo que comedes ou bebedes, ou polo día de festa, ou pola lúa nova, ou polo día de repouso; 17cousas que só son sombras do que vai vir, pero o corpo pertence a Cristo.18Que ninguén vos prive do premio na súa falsa humildade e na adoración dos anxos, baseándose en visións que tivo, envaidecido pola súa mente carnal, 19mais non suxeitándose á cabeza, pola que todo o corpo, alimentado e unido polas xuntas e tendóns, medra cun crecemento que é de Deus.20Se morrestes aos principios do mundo con Cristo; por que, como se aínda vivírades no mundo, vos sometedes aos preceptos como: 21non toques, non gustes, non apalpes? 22(Todo isto refírese a cousas destinadas a desfacerse co uso), segundo os preceptos e ensinanzas de persoas. 23Tales cousas teñen de verdade a aparencia de sabedoría nunha relixión humana, na humildade e no maltrato do corpo, mais non teñen valor algún contra os apetitos da carne.
1Así que se resucitastes con Cristo, buscade as cousas de arriba onde Cristo está sentado á dereita de Deus. 2Centrádevos nas cousas de arriba, e non nas da terra. 3Vós morrestes, e a vosa vida está oculta con Cristo en Deus. 4Cando Cristo, a vosa vida, se manifeste, entón vós tamén seredes presentados xunto con El en gloria.5Sendo isto así, tede en conta os vosos corpos e facede morrer neles toda a inmoralidade sexual, a impureza, as paixóns, os malos desexos, e a avaricia, que é idolatría. 6Por estas cousas é que vén a ira de Deus sobre os fillos de desobediencia. 7Nestas cousas andastes vós antes cando viviades nelas. 8Mais agora tendes que desfacervos de todas estas cousas: ira, xenreira, malas intencións, insultos, e palabras obscenas das vosas bocas.9Non mintades uns aos outros , xa que vos desfixestes da vosa vella natureza cos seus malos costumes, 10e vos vestistes da nova natureza que vos vai renovando cara un verdadeiro coñecemento, de acordo á imaxe de Aquel que a creou, 11onde non hai grego nin xudeu, circuncisión nin incircuncisión, bárbaro, escita, escravo ou libre, senón que Cristo é todo e está en todos.12Entón, como escollidos de Deus, santos e amados, vestídevos de compaixón e misericordia, de bondade, humildade, sede mansos e pacientes, 13soportándovos e perdoándovos uns aos outros, se algún ten algunha queixa en contra doutro; perdoade como Cristo vos perdoou. 14E por riba de todo isto, vestídevos de amor, que é o que vos une.15E que a paz de Cristo goberne nos vosos corazóns, esa paz pola que fostes chamados nun só corpo, e sede agradecidos. 16Deixade que a palabra de Cristo viva en vós en abundacia, ensinádevos e amoestádevos con toda sabedoría uns aos outros con salmos, himnos e cantigas espirituais, cantando a Deus con acción de grazas nos vosos corazóns. 17E calquera cousa que fagades, por palabras ou por feitos, facédeo todo no nome do Señor Xesús, dando grazas a Deus o Pai por medio del.18Mulleres, estade suxeitas aos vosos maridos, como convén no Señor. 19Maridos, amade as vosas mulleres e non as amarguedes. 20Fillos, obedecede os vosos pais en todo, porque isto é o que lle agrada ao Señor. 21Pais, non fagades que os vosos fillos se anoxen sen ter motivo para que non se desanimen.22Servos, obecedede en todo os vosos señores na terra, non para serdes vistos, como os que queren compracer os demais, senón con sinceridade de corazón, temendo ao Señor. 23E todo o que fagades, facédeo de corazón, como para o Señor e non para as persoas, 24sabendo que recibiredes a recompensa da herdanza. Vós servides a Cristo Xesús. 25Porque todo o que fai inxustiza, sufrirá as consecuencias desa inxustiza, sen acepción de persoas.
1Señores, dade aos vosos servos o xusto e equitativo, sabendo que tamén tendes un Señor no ceo.2Perseverade na oración, velando nela con acción de grazas; 3orando ao mesmo tempo por nós, para que Deus nos abra unha porta para a palabra, a fin de falar o misterio do Mesías, polo que eu estou tamén encadeado, 4para dalo a coñecer como debo facelo.5Conducídevos con sabedoría para cos de fóra, aproveitando o tempo. 6A vosa palabra sexa sempre con graza, sazonada con sal, para que saibades como responder a cada persoa.7De tódalas miñas cousas, informaravos Tíquico, irmán amado e fiel ministro e compañeiro de servizo no Señor. 8Para isto mesmo volo mandei, para que saibades da nosa situación e que console os vosos corazóns; 9e canda el a Onésimo, fiel e amado irmán, que é un de vós. Eles daranvos conta do que está a pasar aquí.10Saúdavos Aristarco, meu compañeiro de prisións, tamén Marcos, o curmán de Bernabé (sobre o que recibistes ordes, se vai a vós, acollédeo), 11e Xesús, o que se chama Xusto; estes son da circuncisión, e os únicos colaboradores no reino de Deus que me foron de consolo.12Saúdavos Epafras (que é un de vós), servo de Cristo, quen se esforza sempre por vós nas oracións, para que esteades firmes, perfectos, e totalmente decididos a cumprir toda a vontade de Deus. 13Porque dou testemuña del, que está moi aflixido por vós e polos que están en Laodicea e Hierápolis. 14Lucas, o médico amado, mándavos saúdos, e Demas.15Saudade os irmáns que están en Laodicea, tamén a Ninfas e á igrexa que está na súa casa. 16Cando leades esta carta entre vós, facédea ler tamén na igrexa dos laodicenses; e vós, pola vosa parte, lede a carta de Laodicea. 17E dicídelle a Arquipo: mira polo ministerio que recibiches do Señor, para que o cumpras.18O saúdo vai da miña propia man, de Paulo. Lembrádevos das miñas prisións. A graza sexa convosco.
1Paulo, Silvano e Timoteo, á igrexa dos tesalonicenses en Deus Pai e no Señor Xesús Cristo: graza e paz a vosoutros.2Damos grazas a Deus sempre por todos vós, facendo memoria de vós nas nosas oracións; 3lembrando sempre diante do noso Deus e Pai os feitos da vosa fe, o traballo do voso amor e a paciencia na esperanza de Xesús Cristo, noso Señor.4Sabendo, irmáns amados por Deus, que El vos escolleu; 5porque o noso evanxeo non foi a vós soamente con palabras, senón tamén con poder, e co Espírito Santo, cheo de certeza; así como sabedes como nos comportamos convosco por amor a vós.6E vós viñestes ser os nosos imitadores, así como do Señor, tendo recibido a palabra no medio de moito sufrimento, mais coa ledicia do Espírito Santo; 7de xeito tal que chegastes a ser exemplo para todos os que cren, tanto na Macedonia como na Acaia.8Pois, partindo de vós a palabra do Señor resoou, non só na Macedonia e na Acaia, senón que se espallou a vosa fe para con Deus en todo lugar de modo que non precisamos falar cousa algunha. 9Porque eles mesmos anuncian o que vós sodes e a vosa acollida para connosco, e como vos convertestes dos ídolos a Deus, para servir ao Deus vivo e verdadeiro, 10e para agardar dos ceos o seu Fillo, a quen resucitou de entre os mortos, a Xesús, Aquel que nos libra da ira que está por vir.
1Irmáns, vós mesmos sabedes que a nosa visita onda vós non foi en balde, 2senón que tendo sufrido e sendo aldraxados en Filipos, como sabedes, tivemos a confianza no noso Deus como para anunciarvos o evanxeo de Deus no medio de moita oposición.3O noso ensino non provén do erro, nin de motivos impuros, nin é con engano, 4senón que, xa que fomos aprobados por Deus para que o evanxeo nos fora confiado, por iso falamos así; non para contentar á xente, senón a Deus, que pescuda os nosos corazóns.5Porque sabedes que nunca nos achegamos a vós con palabras aduladoras, nin fomos avaros a conta dos vosos cartos, Deus ben o sabe! 6Nin procurando a gloria da xente, nin de vós nin doutros, mesmo sen presionarvos coa nosa autoridade como apóstolos do Mesías;7senón que fomos tenros no medio de vós, como cando unha nai acariña os seus propios fillos; 8tendo tanto amor por vós, que queriamos ensinarvos non só o evanxeo de Deus, senón tamén as nosas vidas, porque chegastes a ser moi amados para nós. 9De seguro habedes lembrar a nosa fatiga e o duro traballo, xa que traballamos noite e día para non sermos unha carga, e así anunciámosvos o evanxeo de Deus.10Vós sodes testemuñas xunto con Deus, de que nos comportamos convosco, os crentes, 11de xeito santo, xusto e sen tacha; ben sabedes como vos tratamos a cada un; coma un pai aos seus propios fillos aconsellándovos, consolándovos e pedíndovos 12que andarades como é digno de Deus, quen vos chama ao seu propio reino e gloria.13Por iso tamén damos grazas a Deus acotío: porque, ao recibirdes de nós a palabra de Deus, acolléstela non como palabra de seres humanos, senón como o que verdadeiramente é: a palabra de Deus, que actúa tamén en vós os que credes.14Porque vós, irmáns, viñestes ser imitadores das igrexas de Deus en Cristo Xesús, que están na Xudea; pois tamén sufristes as mesmas cousas a mans dos vosos propios concidadáns, como tamén eles dos xudeus; 15os que non só mataron o Señor Xesús e os profetas, senón que tamén nos expulsaron a nosoutros, e estanse a opor a todos, 16prohibíndonos falar aos xentís a fin de que non sexan salvos, de xeito que sempre enchen a medida dos seus pecados, caendo a ira de Deus sobre eles ata o fin.17E nós, irmáns, que fomos separados de vós por un pouco de tempo, pero só fisicamente e non de corazón, esforzámonos coa maior presteza, de tanta morriña por vos ver. 18Por iso, quixemos ir onda vós -eu, Paulo, máis dunha vez- pero Satanás estorbounos. 19Pois, cal é a nosa esperanza, ou ledicia, ou coroa en que nos gloriar? Non o sodes vós mesmos diante do noso Señor Xesús ao tempo da súa vinda? 20Vós sodes, de certo, a nosa gloria e a nosa ledicia.
1Por iso, non podendo soportalo máis, decidimos quedar sós en Atenas, 2e mandarvos a Timoteo, o noso irmán e colaborador de Deus no evanxeo do Mesías, para vos enfortecer e animar na fe a fin de que ninguén se estremeza polos apuros que está a pasar; 3ben sabedes que para iso fomos chamados.4Porque cando estabamos aínda convosco, xa vos avisamos que iamos aturar sufrimentos, e así é como foi, ben o sabedes. 5Por iso, eu tamén, non podendo soportalo máis, mandei saber da vosa fe, non fora que dalgún xeito, o tentador vos seducira e o noso traballo fose estéril.6Pero agora Timoteo, xa chegou de onde vós traendo as boas novas da vosa fe e amor, e de que sempre nos lembrades, desexando vernos (coma tamén nós a vós). 7Iso foi o que nos consolou, irmáns, en canto a vós, en medio de tódalas nosas necesidades e tribulacións pola vosa fe,8porque agora vivimos, xa que vós estades firmes no Señor. 9Pois, que acción de grazas poderemos dar a Deus por vós, por toda a ledicia con que nos alegramos diante do noso Deus por vós, 10xa que noite e día pedimos con insistencia que poidamos vervos e completemos o que falta á vosa fe!11Que o mesmo Deus e Pai noso, e o noso Señor Xesús, dirixa o noso camiño cara vós! 12Que o Señor faga que medredes e abundendes no amor uns cos outros, e con todos, do mesmo xeito que nós tamén para vós, 13para que os nosos corazóns sexan afirmados irreprensibles en santidade diante do noso Deus e Pai, cando veña o noso Señor Xesús con todos os seus santos.
1Polo demais, irmáns, pedímosvos e animámosvos no Señor Xesús, que do mesmo xeito que aprendestes de nós como cómpre andar para agradar a Deus (que de certo, así o facedes) abundedes máis e máis niso. 2Porque xa sabedes das instrucións que vos demos no nome do Señor Xesús.3Porque a vontade de Deus é a vosa santificación; que vos afastedes da fornicación, 4que cada un de vós coide o seu propio corpo en santidade e honor, 5sen se deixar gobernar pola paixón, coma os xentís que non coñecen a Deus; 6que ninguén peque nin asoballe a seu irmán neste asunto, porque como xa vos anunciamos e testemuñamos dun modo solemne: o Señor vinga todas estas cousas.7Porque non nos chamou Deus a impureza, senón a santidade. 8Polo tanto, o que non quere facer caso nisto, non rexeita a un ser humano, senón a Deus, que é quen vos da o seu Espírito Santo.9Pero sobre o amor fraterno, non precisades que vos escriba, porque vós mesmos sodes ensinados por Deus a vos amar uns aos outros, 10cousa que en verdade facedes con tódolos irmáns en toda a Macedonia; pero rogámosvos, irmáns, que o fagades máis e máis, 11e que anheledes vivir sosegados, e ocuparvos nos vosos propios asuntos traballando coas vosas propias mans, conforme vos temos mandado; 12a fin de que andedes de xeito honesto cos de fóra, e non precisedes de nada.13Tampouco queremos, irmáns, que ignoredes sobre os mortos, para que non vos entristezades como aqueles que non teñen esperanza. 14Porque se cremos que Xesús morreu e resucitou, do mesmo xeito Deus traerá con Xesús os que durmiron nel. 15Polo tanto dicímosvos isto apoiados na palabra do Señor; que nós, os que vivimos, aqueles que quedemos ata a vinda do Señor, non precederemos os que durmiron.16Porque o Señor mesmo, con voz de mando, con voz de arcanxo e con trompeta de Deus, baixará do ceo e os mortos en Cristo resucitarán primeiro. 17Despois nós, os que quedemos vivos, seremos arrebatados xunto con eles nas nubes para encontrarmos co Señor no aire, e así estaremos sempre co Señor. 18Polo tanto, consoládevos uns aos outros con estas palabras.
1Pero tocante os tempos e as ocasións, irmáns, non precisades que vos escriba. 2Porque vós sabedes á perfección que o día do Señor chegará coma o ladrón na noite, 3Cando estean a dicir: Paz e seguridade! Entón, así como vén a dor á que está de parto, virá de súpeto sobre eles a destrución, e non fuxirán de xeito ningún.4Pero vós, irmáns, non estades nas tebras para que ese día vos sorprenda coma un ladrón, 5porque todos sodes fillos da luz e do día; non somos da noite nin das tebras. 6Non adormezamos pois, coma os demais, senón sexamos vixiantes e sobrios. 7Porque os que durmen, pola noite durmen, e os que se embebedan, embebédanse pola noite.8Nós, que somos do día, sexamos sobrios e revistámonos coa coraza da fe e o amor, e co casco da esperanza de salvación. 9Porque Deus non nos destinou para ira, senón para acadar a salvación por medio do noso Señor Xesús Cristo, 10quen morreu por nós para que, xa sexa que esteamos espertos ou durmidos, vivamos xunto con El. 11Por iso, animádevos uns aos outros, e aconselládevos uns aos outros como sempre o facedes.12Rogámosvos, irmáns, que respectedes os que traballan entre vós e vos coidan no Señor e vos ensinan; 13que os teñades en alto e amoroso aprecio por mor dos seus traballos. Tende paz os uns cos outros. 14Exhortámosvos tamén a que advirtades aos desordenados, que lles deades azos aos desanimados e sexades unha axuda firme para os febles, e que teñades pacencia con todos.15Mirade que ninguén devolva a outro mal por mal, senón procurade sempre o bo os uns para cos outros, e para con todos. 16Alegrádevos sempre! 17Orade constantemente, dáde grazas en todo, 18porque esta é a vontade de Deus para vós en Cristo Xesús.19Non apaguedes o Espírito. 20Non desprecedes as profecías, 21senón examinádeo todo e quedádevos co que é bo. 22Arredádevos de toda especie de mal.23E o mesmo Deus de paz, santificaravos por completo. E que todo o voso ser: espírito, alma e corpo, sexa gardado irreprensible na vinda de Xesús Cristo, o noso Señor. 24O que vos chama é fiel, así que El tamén o ha facer .25Irmáns, orade por nós. 26Saudade a todos os irmáns cun bico santo. 27Pídovos diante do Señor que esta carta sexa lida a todos os irmáns. 28A graza do noso Señor Xesús Cristo, sexa convosco.
1Paulo, Silvano e Timoteo, á igrexa dos tesalonicenses en Deus noso Pai e no Señor Xesús Cristo: 2graza e paz a vosoutros, de Deus Pai e do Señor Xesús Cristo.3Temos que darlle grazas a Deus por vós sempre, porque é xusto, pois a vosa fe vai medrando cada día máis, e o amor que vos tendes uns aos outros segue a aumentar, 4tanto que nós mesmos nos gabamos de vós nas igrexas de Deus, pola vosa paciencia e fe no medio de tódalas persecucións e tribulacións que estades a soportar. 5Ese é o sinal do xusto xuízo de Deus para que sexades considerados dignos do reino de Deus, polo que tamén estades a padecer.6Xa que é xusto diante de Deus pagar con tribulación a aqueles que vos aflixen e, a vós, 7que sodes atribulados, darvos acougo connosco, cando se revele o Señor Xesús dende o ceo, cos seus poderosos anxos 8e con labaradas de lume, para darlles o pago a aqueles que non coñecen a Deus, nin obedecen o evanxeo do noso Señor Xesús.9Eles pagarán o castigo da perdición eterna, afastados da presenza do Señor e do seu glorioso poder; 10cando El veña para ser glorificado polos seus santos, e ser admirado naquel día entre todos os que creron (xa que vós crestes o noso testemuño).11Por iso, oramos sempre por vós, para que o noso Deus vos considere dignos do seu chamado e co seu poder faga realidade todo propósito de bondade e a obra da fe; 12para que o nome do noso Señor Xesús sexa glorificado en vós, e vós nel, conforme a graza do noso Deus e do Señor Xesús Cristo.
1Tocante á vinda de Xesús Cristo, noso Señor e da nosa reunión con El, rogámosvos, irmáns, 2que non vos axitedes tan axiña no voso modo de pensar, nin vos alarmedes, nin por espírito, nin por palabra, nin por carta coma se fose nosa, no sentido de que o día do Señor xa chegou.3Que ninguén vos engane de ningunha maneira! porque iso non sucederá sen que denantes veña a apostasía e sexa manifestado o home da maldade, o fillo da perdición, 4aquel que se opón e se ergue contra todo o que é chamado Deus ou é digno de adoración, ata chegar a sentarse no templo de Deus, proclamando que el mesmo é Deus.5Non lembrades que, cando estaba convosco, xa vos falaba destas cousas? 6E agora sabedes que é o que o detén, para que sexa revelado no seu tempo. 7Porque o misterio da iniquidade xa está actuando, mesmo que o que o retén agora un día ha ser quitado do medio.8Daquela será revelado o inicuo (a quen o Señor matará cun soprido da súa boca e destruirá co esplendor da súa vinda); 9a súa chegada é obra de Satanás, e será con toda clase de poderes e sinais milagreiros, e prodixios mentireiros, 10e con todo engano de iniquidade para aqueles que han perecer: o froito que terán por non acolleren o amor da verdade para ser salvos.11Por iso Deus envíalles unha forza enganadora para que crean na mentira, e 12así serán xulgados todos os que non creron na verdade, senón que se deleitaron na inxustiza.13Pero nós debemos dar grazas sempre a Deus por vós, irmáns amados polo Señor, pois Deus escolleuvos como os primeiros para salvación, santificándovos co Espírito e coa fe verdadeira; 14a iso vos chamou polo noso evanxeo, para acadar a gloria de Xesús Cristo, noso Señor. 15Polo tanto irmáns, mantédevos firmes e retede as ensinanzas coas que fostes ensinados, tanto de palabra como por carta.16E que o noso Señor Xesús Cristo mesmo, e máis Deus noso Pai, quen nos amou e nos deu eterno consolo e boa esperanza pola graza, 17console os vosos corazóns, fortalecéndovos en toda boa obra e palabra.
1Polo demais, irmáns, orade por nós, para que a palabra do Señor teña libre curso e sexa glorificada, tal como aconteceu convosco: 2e para que sexamos libres de persoas desencamiñadas e perversas, pois non todos teñen fe. 3Pero o Señor é fiel, e vos ha afirmar e protexer do mal.4E estamos confiados no Señor tocante a vós, de que facedes e seguiredes a facer canto vos dicimos. 5E o Señor encamiñará os vosos corazóns no amor de Deus e na paciencia do Mesías.6Pero mandámosvos, irmáns, no nome do Señor Xesús Cristo, que vos arrededes de calquera irmán que viva dun xeito desordenado, e non conforme ao ensino que recibiron de nós. 7Porque vós mesmos sabedes de que maneira debedes imitarnos, pois non vivimos dun xeito desordenado entre vosoutros, 8nin comemos de graza o pan de ninguén, senón que traballamos arreo fatigándonos noite e día, para non sermos unha carga para ningún de vós; 9non porque non teñamos dereito, senón para darvos exemplo, a fin de que nos imitedes.10Porque cando estabamos onda vós, mandámosvos isto: o que non queira traballar, que non coma. 11Pois estamos a escoitar que algúns de vós viven dun xeito desordenado, sen traballar en nada e entremétense no que non é de seu. 12A eses, mandámoslles e exhortámoslles agora no Señor Xesús Cristo, que traballando con acougo, coman o seu propio pan.13E vós, irmáns, non vos cansedes de facer o ben. 14Se algún non obedece a nosa palabra transmitida a través desta carta, sinaládeo e non vos xuntedes con el, para que sexa avergoñado. 15Pero non o tratedes como inimigo, senón aconselládeo como a irmán.16Que o Señor da paz vos dea sempre a paz en todas as maneiras. O Señor sexa con todos vós. 17O saúdo é da miña propia man: Paulo, o que é un sinal en todas as miñas cartas; así escribo. 18A graza de Xesús Cristo, noso Señor, sexa convosco.
1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús, segundo mandato de Deus, noso Salvador, e de Cristo Xesús, nosa esperanza, 2a Timoteo, xenuíno fillo na fe: graza, misericordia e paz de Deus Pai e de Cristo Xesús, noso Señor.3Xa che roguei, cando pasaba a Macedonia, que ficaras en Éfeso para instruíres a algúns que non ensinen unha doutrina diferente, 4nin presten atención a mitos, e a xenealoxías interminables, que máis ben dan pé a discusións e non á administración da casa de Deus pola fe.5O propósito desta instrución é o amor que vén dun corazón puro, da boa conciencia e dunha fe non finxida, 6cousas das que se afastaron algúns sendo desviados a conversas vas, 7querendo ser mestres da lei, mesmo sen entender o que din nin as cousas das que fan aseveracións categóricas. 8Pero nós sabemos que a lei é boa, se un fai uso dela lexitimamente,9sabendo isto: que a lei non é posta para o xusto, senón para os transgresores e desobedientes, para os malos e pecadores, para os irreverentes e profanos, para os parricidas e matricidas, para os homicidas, 10para os fornicarios, os sodomitas, os que escravizan a outros, os mentireiros e os que perxuran, e para calquera cousa que sexa contraria á doutrina que é sa, 11segundo o glorioso evanxeo do Deus bendito, que me foi encomendado.12Dou grazas a Cristo Xesús, noso Señor, que me fortaleceu, porque me tivo por fiel, poñéndome no ministerio; 13sendo que antes eu fora blasfemo, perseguidor e insolente. Pero acadei misericordia, porque o fixen por ignorancia na miña incredulidade. 14Mais a graza do noso Señor sobreabundou coa fe e o amor que hai en Cristo Xesús.15Fiel e digna de ser aceptada por todos é a palabra: Cristo Xesús veu ao mundo para salvar os pecadores, dos que eu son o primeiro. 16Con todo, foi por iso que acadei misericordia, para que en min, como o primeiro, Xesús Cristo amosara toda a súa paciencia coma un exemplo para os que habían crer nel para vida eterna. 17Polo tanto, ao Rei eterno, inmortal, invisible, único Deus, a El sexa o honor e a gloria por sempre. Amén.18Isto é o que che mando, fillo Timoteo, conforme ás profecías que se fixeron de antemán sobre ti, para que por elas, loites na boa batalla, 19mantendo a fe e a boa conciencia, que rexeitando algúns, naufragaron no tocante á fe. 20Entre eles, Himeneo e Alexandre, os que entreguei a Satanás, para que aprendan a non blasfemar.
1Polo tanto, exhorto, a que primeiramente, se fagan peticións, oracións, rogos e accións de grazas por tódalas persoas; 2polos reis e por todos os que están en postos de autoridade, para que poidamos vivir tranquilos e repousadamente en toda piedade e honestidade. 3Isto é o que vale e o aceptable diante de Deus noso Salvador, 4quen desexa que todas as persoas sexan salvas e acaden o pleno coñecemento da verdade;5porque hai un único Deus, e un único mediador entre Deus e as persoas, Cristo Xesús home, 6quen se entregou en rescate por todos, como evidencia no tempo sinalado. 7Para isto fun posto como predicador e apóstolo (digo verdade e non minto), como mestre dos xentís na fe e na verdade.8Polo tanto, quero que os homes oren en todo lugar levantando mans santas, sen ira nin discusión. 9Así mesmo que as mulleres tamén se engalanen con roupa decorosa, con reverencia e asisadamente, non con trenzas, e ouro, e perlas, e roupa moi custosa; 10máis ben, como convén ás mulleres que profesan a verdadeira piedade.11A muller aprenda en paz en toda suxeición. 12Non lle permito á muller ensinar nin exercer autoridade sobre o marido, senón que viva quedamente.13Porque Adán foi formado o primeiro, e despois Eva. 14E Adán non foi seducido senón a muller, que sendo completamente enganada, caeu en transgresión. 15Pero será rescatada a través da maternidade, se con bo xuízo permanecen na fe, no amor e na santidade.
1Palabra fiel é esta: se alguén ansía ocupar cargo de coidar os demáis, desexa a mellor obra. 2Pero cómpre que o supervisor sexa irreprensible, marido dunha soa muller, sobrio, asisado, decoroso, acolledor, didáctico, 3non dado ao viño, non pelexador, senón amable, pacífico, sen avaricia,4que goberne ben os da súa propia familia, tendo os seus fillos en obediencia con todo respecto 5( pois se algún non ten coidado dos seus, como ha coidar a igrexa de Deus? );6non un novo convertido, non sexa que ensoberbeza e caia no xuízo do demo. 7Cómprelle ter un bo testemuño dos de fóra para que non caia en inxurias ou na rede do demo.8Así mesmo, os servidores, deben ser de palabra, sen dobrez, non dados a moito viño, nin apegados ás ganancias deshonestas, 9que garden o misterio da fe cunha conciencia limpa. 10Probádeos primeiro, e se son irreprensibles, que se poñan a servir.11Así mesmo as mulleres, sexan honestas, non calumniadoras, sobrias, fieis en todo. 12Os servidores sexan maridos dunha soa muller, gobernando tamén os seus propios fillos. 13Pois os que serviron excelentemente como servidores gañan para si unha excelente posición e moita confianza na fe que é en Cristo Xesús.14Escríboche estas cousas, agardando chegar pronto onda ti, 15para que, se me retardo, teñas sabido como debe conducirse un na casa de Deus, que é a igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade.16E indiscutiblemente, grande é o misterio da piedade: "El manifestouse como home, xustificado no Espírito, visto polos anxos, proclamado entre os xentís, crido no mundo, recibido arriba na gloria".
1Pero o Espírito fala claramente que nos tempos derradeiros algúns se afastarán da fe, escoitando a espíritos mentireiros e a doutrinas de demos, 2pola hipocrisía de argallantes que foron cauterizados na súa mesma conciencia;3estes prohiben casar e mandan privarse de alimentos que Deus creou para que, dando grazas, os crentes, aqueles que coñeceron a verdade por completo, poidan participar deles. 4Porque todo o que Deus creou é bo, e non se debe rexeitar en absoluto cando se toma con gratitude, 5pois é santificado por medio da palabra de Deus e da oración.6Propoñéndolles estas cousas aos irmáns, serás un bo servo de Cristo Xesús, alimentado coas palabras da fe e da boa doutrina que seguiches de preto. 7Rexeita as fábulas profanas e os contos de vellas; exercítate na piedade, 8porque o exercicio do corpo para pouco aproveita, pero a piedade é útil para todo, tendo promesa para esta vida e para a que vén.9Esta palabra é fiel e digna de ser aceptada por todos. 10Porque para isto traballamos arreo e loitamos, pois puxemos a esperanza no Deus vivo, que é o Salvador de tódalas persoas, maiormente das que cren.11Non deixes de proclamar e ensinar estas cousas. 12Que ninguén faga pouco de ti por seres mozo, senón sé exemplo dos crentes na palabra, na conduta, no amor, na fe, e na pureza. 13Ata que chegue aí, adícate á lectura, á exhortación e ao ensino.14Non descoides o don que hai en ti, que se che deu por medio da profecía coa imposición de mans de parte dos anciáns. 15Medita sobre todas estas cousas, mantente nelas para que todos vexan o teu progreso. 16Coida da doutrina e a ti mesmo, persiste en todas estas cousas; porque facéndoo, te salvarás ti e máis a aqueles que te escoitan.
1Non reprendas o ancián, senón exhórtao coma a un pai; os mozos coma a irmáns; 2as anciás, coma a nais; as máis mozas, coma a irmás, con toda pureza.3Honra as viúvas que o son de verdade; 4pero se hai algunha viúva que ten fillos ou netos, que aprendan primeiro estes a ser piadosos coa súa propia familia, e a corresponderlle aos seus pais, porque isto é agradable diante de Deus.5Agora ben, a que é viúva de verdade, aquela que quedou desamparada, ten posta a súa esperanza en Deus, e persevera nas súplicas e nas oracións noite e día; 6pero aquela que se bota aos placeres, xa está morta en vida.7Manda tamén estas cousas para que sexan irreprensibles, 8porque se algún non coida dos seus, e maiormente dos da súa familia, é peor ca un non crente e arrenegou da fe.9Inclúe na lista á viúva non menor de sesenta anos, muller dun só marido, 10aprobada polas boas obras: se criou fillos, se foi hospitalaria, se lavou os pés dos santos, se axudou os aflixidos, e se adicou a toda boa obra.11Pero non inscribas as viúvas máis novas, porque cando son impulsadas pola paixón, desexan casar, afastándose do Mesías, 12expoñéndose a seren acusadas por quebrantar a primeira promesa, 13e aprenden a ser preguiceiras, indo de casa en casa; e non só preguiceiras, senón tamén laretas e baralleiras, falando de cousas que non deben.14Polo tanto, desexo que as máis mozas casen, críen fillos e gobernen ben a súa casa, non dando ao adversario ningunha oportunidade de maldicir; 15porque algunhas xa se extraviaron seguindo a Satanás. 16Se algunha crente ten viúvas, que as asista, de xeito que a igrexa non sexa gravada para poderen axudar as que realmente son viúvas.17Os anciáns que guían dun xeito apropiado, son dignos de dobre honor, especialmente os que traballan duro na palabra e no ensino. 18Porque a Escritura di: "Non porás bozo ao boi que trilla", e: "O obreiro ten dereito ao seu xornal".19Contra un ancián non permitas acusación, agás na presenza de dúas ou tres testemuñas. 20A aqueles que sigan pecando, repréndeos diante de todos, para que tamén os demais teñan temor.21Pídoche de corazón diante de Deus, e de Cristo Xesús e máis dos anxos escolleitos, que obedezas estes consellos sen prexuízos, e sen facer nada con parcialidade. 22Non impoñas as mans deseguida nin te fagas cómplice de pecados alleos; consérvate puro.23Xa non bebas auga, senón un pouco de viño por mor do teu estómago e das túas frecuentes doenzas. 24Os pecados dalgunhas persoas maniféstanse antes do xuízo, mentres que os doutros están a seguilos en verdade. 25Do mesmo xeito, as boas obras son evidentes, e as que non o son, non se poden agachar.
1Todos os que están baixo o xugo da escravitude consideren aos seus propios amos dignos de toda honra, para que non sexa difamado o nome de Deus nin a doutrina. 2Os que teñan amos crentes non os fagan de menos por seren irmáns, máis ben sírvanos mellor, por seren crentes e amados os que se benefician do seu traballo. Ensina e recomenda estas cousas.3Se alguén ensina outra cousa, e non se conforma ás palabras sas, ás de Xesús Cristo, noso Señor, e á doutrina que é segundo á piedade, 4é un soberbio e non entende nada, senón que é un teimudo que só quere discutir sobre palabras baleiras, das que nacen envexa, rifas, difamacións, malas sospeitas, 5liortas constantes de persoas corrompidas, carentes da verdade, que pensan que a piedade é unha fonte de ganancia.6Aínda que a piedade acompañada de contentamento é unha verdadeira fonte de ganancia! 7Porque nada trouxemos a este mundo e nada podemos levar del, 8así que, se temos que comer e que vestir debemos estar contentos,9pois aqueles que queren ser ricos caen en tentacións, trapelas e moitas cobizas insensatas e prexudiciais, que son as que botan a perder ás persoas e as arruinan; 10porque o amor ao diñeiro é a raíz de tódolos males, algúns mesmo se afastaron da fe por iso, e traspasaron as súas vidas con moitas dores.11Pero ti, sendo de Deus, fuxe destas cousas e procura a xustiza, a piedade, a fe, o amor, a pacencia, a mansedume. 12Loita a boa batalla da fe, bota man da vida eterna á que fuches chamado, e que diante de moitas testemuñas declaraches dun xeito brillante.13Mándoche diante de Deus, quen dá vida a tódalas cousas e de Cristo Xesús, que deu testemuña cunha magnífica confesión diante de Poncio Pilato, 14que gardes o mandamento sen tacha, irreprensible, ata a manifestación do noso Señor, Xesús Cristo.15No tempo axeitado amosarao o Deus bendito e único Soberano, o Rei dos reis e Señor dos señores, 16o único que ten inmortalidade, que vive na luz inaccesible, a quen ningún ser humano viu nin pode ver. A El sexa a honra e o dominio eterno, amén.17Aos ricos deste mundo mándalles que non sexan arrogantes nin poñan a súa esperanza nas riquezas, que son incertas, senón en Deus, quen nos prové abundantemente de todas as cousas para que gocemos delas; 18que fagan o ben, que sexan ricos en boas obras, que sexan xenerosos, e dadivosos ao compartir, 19atesourando para si un bo fundamento para o tempo que vai a vir, a fin de que boten man da verdadeira vida.20Timoteo, garda o que se che encomendou, evitando as lerias baleiras e profanas, e os argumentos da falsamente chamada ciencia, 21coa que algúns se afastaron da fe. A graza sexa convosco.
1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, segundo a promesa de vida en Cristo Xesús, 2a Timoteo, fillo amado: graza e misericordia e paz de Deus Pai e de Cristo Xesús, noso Señor.3Doulle grazas a Deus, a quen sirvo dende os meus devanceiros con conciencia limpa, lembrándome continuamente de ti e orando por ti día e noite; 4desexando verte, traendo á memoria as túas bágoas, para me encher de gozo. 5Tendo vivo o recordo da túa fe non finxida, que habitou primeiro na túa avoa Loida, e na túa nai Eunice e teño por certo que tamén está en ti.6Razón pola que che recordo que reavives o don de Deus que está en ti pola imposición das miñas mans. 7Porque Deus non nos deu espírito de covardía, senón de poder, de amor e de dominio propio.8Daquela, non te avergoñes do testemuño do noso Señor, nin de min, que estou atado a El, senón comparte comigo os sufrimentos pola causa do evanxeo, segundo o poder de Deus, 9quen nos salvou e nos chamou cunha invitación santa, non polas nosas obras, senón segundo o seu propio propósito e graza, que nos foi dada en Cristo Xesús antes dos tempos das eras, 10e que agora foi manifestada pola aparición do noso Salvador, Cristo Xesús, quen abolindo en verdade a morte, sacando á luz a vida e a inmortalidade por medio do evanxeo, 11para o que fun constituído predicador, apóstolo e mestre.12É por iso que estou a sufrir estas cousas, pero non me avergoño; porque sei en quen teño crido e estou certo de que é poderoso para gardar aquilo que me confiou ata aquel día. 13Mantén o exemplo das boas palabras que me escoitaches, na fe e no amor en Cristo Xesús. 14Garda o bo depósito que se che fiou mediante o Espírito Santo que habita en nós.15Xa soubeches disto, que todos os que están na Asia, entre eles Fixelo e Hermóxenes, se afastaron abandonándome. 16O Señor teña misericordia da casa de Onesíforo, porque moitas foron as veces que me confortou, e non se avergoñou da miña cadea, 17senón que cando estivo en Roma, axiña me buscou ata dar comigo; 18que o Señor lle permita acadar a súa misericodia a carón del naquel día, pois ti sabes mellor dos servizos que prestou en Éfeso.
1Polo tanto, ti, meu fillo, sé fortalecido coa graza que hai en Cristo Xesús. 2As cousas que escoitaches de min en presenza de moitas testemuñas, encárgallelas a persoas de confianza que sexan capaces de ensinar tamén a outras.3Comparte sufrimentos coma un bo soldado de Cristo Xesús. 4Ningún soldado se deixa enguedellar nos negocios da vida, se quere compracer a aquel que o chamou a filas. 5Tamén se algún compite como atleta, non leva o premio se non compite de acordo ás normas.6O labrego que traballa duro, é o primeiro en participar dos froitos. 7Medita ben no que che digo, porque o Señor hache dar entendemento en todo.8Lémbrate de Xesús Cristo, da semente de David, resucitado de entre os mortos segundo o meu evanxeo; 9polo que estou a sufrir penalidades na cadea coma se fose un criminal; pero a palabra de Deus non está encadeada. 10Por iso soporto tódalas cousas, por amor dos escollidos, para que eles tamén acaden a salvación que hai en Cristo Xesús con gloria eterna.11De toda confianza é esta palabra: se morremos con El, tamén viviremos con El; 12se perseveramos, tamén reinaremos con El; se arrenegamos del, El tamén nos ha negar; 13se nós somos infieis, El permanece fiel, porque non pode arrenegar de si.14Lémbralles estas cousas, declarándolles solemnemente diante de Deus que non discutan sobre palabras, porque iso non vale para nada, senón para botar a perder os que escoitan. 15Procura con presteza presentarte diante de Deus aprobado, obreiro que non ten de que sentir vergoña, que interpreta, expón e aplica correctamente a palabra da verdade.16Pero evita as lerias profanas, porque producirán que a maldade medre máis; 17e a palabra deles corroerá coma gangrena; como son Himeneo e Fileto, 18que se afastaron da verdade dicindo que a resurrección dos mortos xa aconteceu, co que están botando a perder a fe dalgúns.19Con todo, o fundamento de Deus mantense firme, levando este selo: o Señor coñece os que son del: todo o que pronuncia o nome do Señor que se aparte da inxustiza! 20Pero nunha casa grande, non hai soamente cuncas de ouro e prata, senón tamén de madeira e barro; unhas para uso nobre, e outras para uso común. 21Polo tanto, se un se limpa desas cousas, será un vaso honorable, santificado, útil para o seu Señor, preparado para toda boa obra.22Fuxe das paixóns da mocidade e persegue a xustiza, a fe, o amor e a paz, con todos os que de corazón limpo invocan o Señor. 23Pero evita as discusións necias e parvas, sabendo que enxendran liortas.24Porque un servo do Señor non debe ser conflitivo senón amable con todos, axeitado para ensinar, tolerante; 25que saiba corrixir a aqueles que se opoñen; que o faga con mansedume por se acaso Deus lles conceda o arrepentimento que leva ao coñecemento total da verdade, 26e volvan en si, fuxindo das trapelas do demo nas que están cativos para facer o que el quere.
1Pero debes saber o seguinte: nos derradeiros días virán tempos difíciles; 2porque as persoas serán amantes de si mesmas, avarentas, fachendosas, soberbias, maldicentes, rebeldes contra os pais, desagradecidas, irreverentes, 3sen afecto natural, inflexibles, calumniadoras, descontroladas, crueis, inimigas do bo, 4traidoras, temerarias, envaidecidas e amantes dos praceres en vez de amar a Deus.5Terán apariencia de piedade, pero arrenegarán do poder dela. Fuxe de xente así. 6Porque coma estes son os que entran nas casas ás agachadas e toman cativas ás mulleriñas ateigadas de pecados, levadas por diferentes paixóns; 7que están sempre aprendendo, pero nunca poden chegar ao coñecemento da verdade.8E do mesmo xeito que Ianes e Iambres resistiron a Moisés, así tamén estes se arrepoñen contra a verdade; xente de mente estragada e fracasada na fe. 9Pero non irán lonxe, porque a súa tolería faráselles manifesta a todos, como tamén o foi a daqueles.10En troques ti seguiches de preto o meu ensino, o meu xeito de vivir, o meu propósito, a miña fe, o meu aguante con todos, o meu amor, a miña paciencia, 11as persecucións e os sufrimentos, coma os que aturei en Antioquía, en Iconio e Listra; como os padecementos que sufrín, e de todos eles me librou o Señor. 12Si, todos os que queiran vivir dun xeito piadoso en Xesús Cristo, padecerán persecución. 13Pola súa banda, a xente mala e estafadora irá de mal en peor, enganando e sendo enganados.14Pero ti mantente no que aprendiches e no que fuches persuadido, sabendo de quen aprendiches, 15xa que dende neno coñeces as Sagradas Escrituras, que poden facerte sabio na salvación que hai pola fe en Xesús Cristo.16Toda Escritura é inspirada por Deus, e é útil para ensinar, para rebater os enganos, para emendar, e para instruír na xustiza, 17de xeito que as persoas de Deus sexan completamente cualificadas e competentes para toda boa obra.
1Mándoche solemnemente na presenza de Deus e de Cristo Xesús, que ha xulgar a vivos e a mortos na súa vinda e no seu reino: 2pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo. Corrixe, aconsella e reprende con toda paciencia e doutrina.3Porque chegarán os tempos cando non soportarán a doutrina sa, senón que sentindo coceira de ouvir, amorearán para si mestres conforme aos seus propios antollos; 4afastarán o seu ouvido da verdade, e descamiñaranse polo terreo das fábulas. 5Pero ti sé sobrio en todo, soporta os sufrimentos, fai obra de evanxelista, cumpre o teu ministerio.6Porque eu estou para ser derramado coma libación, e o tempo do meu pasamento é inminente. 7Combatín unha boa loita, rematei a miña carreira e gardei a fe. 8Polo demais, está reservada para min a coroa da xustiza, aquela que o Señor Xuíz xusto me ha entregar naquel día; e non só a min, senón tamén a todos os que demostraron amar a súa vinda.9Procura vires axiña, 10porque Demas, amando este mundo presente, marchou a Tesalónica e deixoume desamparado, Cresente foi a Galacia, e Tito a Dalmacia.11Só Lucas ficou comigo. Recolle a Marcos e tráeo contigo, porque me é moi útil para o ministerio, 12pois a Tíquico mandeino a Éfeso. 13Cando veñas, tráeme o capote que deixei onda Carpo en Troas, xunto cos rolos, maiormente os pergamiños.14Alexandre, o latoeiro, fíxome moito mal; o Señor daralle o pago conforme as súas obras. 15Gárdate ti tamén del, pois opúxose en gran maneira ás nosas palabras. 16Na miña primeira defensa ninguén estivo ao meu carón, senón que todos me abandonaron; que non se lles teña en conta!17Pero o Señor axudoume e fortaleceume, para que a través de min fora cumprida a predicación e a escoitaran todos os xentís, e fun librado da boca do león. 18Do mesmo modo o Señor me ha librar de toda obra mala e me ha protexer para o seu reino celestial. A El sexa a gloria polos séculos dos séculos. Amén.19Saúda a Prisca e a Aquila, e á familia de Onesíforo. 20Erasto ficou en Corinto, e Trófimo quedou enfermo en Mileto. 21Fai o posible para vires antes do inverno. Mándanche saúdos para ti Eubulo, Pudente, Lino e Claudia, ademais de tódolos irmáns. O Señor sexa co teu espírito. 22A graza sexa convosco.
1Paulo, servo de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, conforme á fe dos elixidos de Deus, e o pleno coñecemento da verdade que é segundo a piedade, 2sobre a esperanza da vida eterna; que Deus, que non pode mentir, prometeu dende os tempos eternos , 3e ao seu tempo, manifestou a súa palabra pola predicación que me foi encomendada por orde de Deus, o noso Salvador.4A Tito, verdadeiro fillo na nosa común fe. Graza e paz de Deus Pai e de Cristo Xesús, o noso Salvador. 5Foi por iso que te fixen quedar en Creta, para que puxeras orde nas cousas que quedan, e nomearas anciáns en cada cidade, como che mandei:6se alguén é irreprensible, home dunha soa muller, que teña fillos crentes, non tachados de libertinaxe ou rebeldía. 7Porque cómpre que o que serve sexa íntegro como administrador de Deus, non soberbio, nin iracundo, nin dado ao viño, nin desafiante, nin que ande á procura de ganancias deshonestas.8Senón hospitalario, amante do bo, prudente, xusto, santo, dono de si mesmo. 9Aferrado á palabra fiel, que está de acordo á ensinanza, para que tamén poida exhortar con boa doutrina e refutar os respondóns.10Porque hai moitos desobedientes, larapetas e gaioleiros, sobre todo os da circuncisión, 11aos que lles hai que tapar a boca porque están a trastornar familias enteiras ensinando o que non se debe, por gañaren cartos.12Un que teñen por profeta, dixo: -Os cretenses son sempre mentireiros, malas bestas, lambóns, preguiceiros. 13Este testemuño é certo, así que repréndeos con severidade para que sexan sans na fe.14Non poñendo atención a mitos xudaicos e a mandamentos de homes, que se afastan da verdade.15Todas as cousas son puras para os puros mais para os corrompidos e incrédulos nada é puro, pois tanto a súa mente como a súa conciencia están corrompidas. 16Eles din coñecer a Deus pero renegan del cos seus feitos, sendo noxentos e desobedientes e inútiles para calquera boa obra.
1Pero ti ensina o que está de acordo coa doutrina sa. 2Que os anciáns sexan asisados, de palabra, prudentes, sans na fe, no amor, e na constancia.3As anciás sexan reverentes na súa conduta: non calumniadoras, nin escravas de moito viño, senón sexan mestras do ben. 4Que ensinen ás novas a amaren os seus maridos, e os seus fillos; 5prudentes, puras, boas administradoras do fogar, amables, suxeitas aos seus maridos, para que a palabra de Deus non sexa blasfemada.6Exhorta tamén os mozos a que sexan prudentes. 7Preséntate en todo como exemplo de boas obras, con pureza de doutrina, con dignidade, 8con palabra sa e sen tacha a fin de que o inimigo se avergoñe ao non ter nada malo que dicir de nós.9Exhorta os escravos a que se sometan aos seus amos en todo e sexan serviciais e non respondóns; 10non roubando, senón amosando plena fidelidade para que poidan adornar en todo a ensinanza de Deus, o noso Salvador.11Porque a graza salvadora de Deus manifestouse a todas as persoas, 12ensinándonos que, rexeitando a impiedade e os desexos mundanos, vivamos no mundo presente dun xeito asisado, xusto e cheo de piedade; 13agardando a esperanza ditosa e a manifestación da gloria do noso gran Deus e Salvador Cristo Xesús,14que se entregou por nós, para redimirnos de toda a iniquidade e purificar para si mesmo un pobo especial, celoso de boas obras.15Fala estas cousas, reprende e exhorta con toda autoridade. Ninguén te teña en pouco.
1Lémbralles que se sometan aos gobernantes, que obedezan ás autoridades, que están dispostas para toda obra boa; 2que non falen mal de ninguén, que sexan pacíficos, amables, amosando sempre mansedume con todas as persoas.3Porque noutro tempo nós fomos babecos, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo maliciosamente e con envexa, aborrecibles e aborrecendo uns aos outros.4Pero cando apareceu a bondade de Deus, o noso Salvador, xunto coa súa benevolencia para tódalas persoas, salvounos, 5non por obras xustas que nós fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do lavamento da rexeneración e a renovación do Espírito Santo;6que verteu en nós dun xeito abundante por medio de Xesús Cristo, o noso Salvador, 7a fin de que, xustificados pola súa graza, fósemos feitos herdeiros da vida eterna, de acordo á esperanza.8Esta é a palabra fiel, e desexo que ti insistas dun xeito firme para que os que creron en Deus procuren ocuparse nas boas obras. Estas cousas son boas e de proveito para todos.9Pero fuxe das discusións parvas, das xenealoxías, das loitas e polémicas sobre a lei, porque son improdutivas e baleiras. 10Prescinde de quen, despois de lle advertir unha e outra vez, siga a causar divisións, 11tendo ben sabido que está pervertido e continúa a pecar, sendo condenado polos seus propios feitos.12Cando cheguen onda ti Artemas ou Tíquico, apúrate por vir onda min ata Nicópolis, porque decidín pasar alí o inverno. 13Axuda con todo o preciso a Zenas o avogado, para que poida viaxar, e a Apolos, para que non lles falte de nada.14E que os nosos aprendan a se ocuparen nas boas obras para as necesidades urxentes, a fin de que non vivan sen teren froito.15Saúdante todos os que están comigo. Saúda a todos os que nos aman na fe. A graza sexa convosco.
1Paulo, prisioneiro de Cristo Xesús, e o irmán Timoteo, a Filemón o noso amado irmán e colaborador, 2e á irmá Apia, e a Arquipo, compañeiro noso de milicia, e á igrexa que está na túa casa. 3Graza e paz a vós, de Deus o noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.4Doulle grazas a meu Deus sempre, lembrándote nas miñas oracións, 5ao escoitar do teu amor e da fe que tes para co Señor Xesús e con todos os santos; 6e rogo para que a participación da túa fe se faga activa no coñecemento pleno de todo o bo que hai en nós no Mesías, 7porque nos alegramos moito e fomos consolados no teu amor, pois foi por ti, meu irmán, que foron confortados os corazóns dos santos.8Por iso, mesmo que teño moita liberdade en Cristo para che mandar facer o que convén, 9mais ben rógoche polo amor, sendo como son, Paulo, xa ancián, e agora tamén prisioneiro de Cristo Xesús;10pídoche polo meu fillo Onésimo, o que enxendrei na cadea, 11o que noutro tempo che era inútil, pero agora énos útil a ti e a min; 12a quen che mandei de volta, como se fora parte de min. 13A quen eu quixese reter comigo, para que me servise no teu lugar nas miñas prisións polo evanxeo,14mais non quixen facer cousa algunha sen o teu consentimento, para que a túa bondade non fora como por obriga, senón que saíra de ti. 15Porque pode ser que por iso se afastara de ti por algún tempo, para que o volveras a recibir para sempre, 16xa non coma escravo senón coma a máis que un escravo, coma a un irmán amado, especialmente para min, pero canto máis para ti: tanto na carne como no Señor.17Se me tes por compañeiro, recíbeo como a min. 18Pero se te agraviou en cousa algunha, o que che estea a deber, pono na miña conta. 19Eu, Paulo, escribín isto do meu puño e letra e eu pagarei! (por non dicirche que ti mesmo te me debes a min). 20Si, irmán, eu ben podería sacar proveito no Señor de ti; conforta o meu corazón en Cristo.21Escribinche fiando na túa obediencia, e sabendo que aínda farás máis do que che estou a dicir. 22E ao mesmo tempo, prepárame hospedaxe a min tamén; porque me poderedes ter convosco en resposta ás vosas oracións.23Saúdate Epafras, o meu compañeiro de prisión en Cristo Xesús; 24e tamén Marcos, Aristarco, Demas e Lucas, os meus colaboradores. 25A graza do Señor Xesús Cristo sexa co voso espírito.
1Deus, en tempos pasados, en moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando aos pais polos profetas, 2e nestes últimos días, falounos polo seu Fillo, a quen constituíu herdeiro de tódalas cousas, por medio de quen tamén fixo o universo; 3El é o resplandor da súa gloria e a imaxe exacta do seu ser, e sostén tódalas cousas pola palabra do seu poder. Despois de levar a cabo a purificación dos pecados, sentouse á dereita da Maxestade de Deus nas alturas,4feito moito máis superior que os anxos, xa que herdou un nome máis excelente que o deles. 5Porque a cal dos anxos dixo Deus algunha vez: "Es o meu fillo, eu enxendreite hoxe", e outra vez: "Eu serei o seu Pai, e El será o meu Fillo"?6E outra vez, cando trae o Primoxénito ao mundo, di: "Adóreno tódolos anxos de Deus". 7E dos anxos di: "O que fai aos seus anxos, espíritos, e aos seus ministros, lapas de lume".8Mais do Fillo di: "O teu trono, oh Deus, é polos séculos, e o cetro da rectitude é o cetro do teu reino. 9Amaches a xustiza e aborreciches a iniquidade; polo que Deus, o teu Deus, unxiute co óleo da alegría máis que aos teus compañeiros".10E: "Ti, Señor, no principio cimentaches a terra, e os ceos son feitura das túas mans; 11eles pasarán, mais ti permaneces; e todos eles se han desgastar como a roupa, 12e os has enrolar como se fosen un manto; e cambiarán coma se fosen roupa. Mais ti es o mesmo e os teus anos non terán fin".13Pois, a cal dos anxos dixo algunha vez: "Senta á miña dereita ata que poña os teus inimigos por estrado para os teus pés"? 14Non son eles espíritos ministradores, mandados para servir os que han herdar a salvación?
1Por iso, temos que poñer máis atención ao que escoitamos, non sexa que nos desviemos.2Pois se a palabra declarada por medio dos anxos resultou ser firme, e toda a transgresión e desobediencia recibiu xusto castigo, 3como fuxiremos nós se descoidamos unha salvación tan grande? A que, despois de ter sido anunciada polo Señor, foinos confirmada polos que a escoitaron, 4testificando Deus con eles, tanto por sinais como por prodixios, e por diversos milagres e dons repartidos polo Espírito Santo segundo a súa propia vontade.5Porque non someteu os anxos este mundo que está por vir, do que estamos a falar. 6Mais un testemuñou nalgún lugar: "Que é o home para que te lembres del, ou o fillo do home para que o teñas en conta?7Fixéchelo un chisco menor aos anxos; coroáchelo de gloria e honor, e puxéchelo sobre as obras das túas mans; 8sometíchelo todo baixo os seus pés". Porque ao estarlle todo sometido, non deixou nada sen lle someter. Mais agora non vemos tódalas cousas que lle están a ser sometidas.9Con todo vemos a Aquel que é pouco menor aos anxos, é dicir, a Xesús, coroado de gloria e honor polo padecemento da morte, para que pola graza de Deus gustara a morte por todos. 10Porque conviña que Aquel, a través de quen son tódalas cousas, e por medio do que subsisten tódalas cousas, sendo quen de levar moitos fillos á gloria, perfeccionara por medio do padecemento ao autor da salvación deles.11Porque tanto o que santifica como os santificados, son todos dun; polo que El non se avergoña de chamalos irmáns, 12dicindo: "Anunciarei o teu nome aos meus irmáns, no medio da congregación te hei louvar con cantos".13E outra vez máis: "Eu confiarei nel". E outra vez: "Velaquí estou, Eu e máis os fillos que Deus me deu". 14Por iso , como os fillos participan de carne e sangue, El tamén participou disto mediante a morte para anular o poder daquel que tiña a morte, é dicir, o diaño; 15e liberar a todos aqueles que por temor á morte están suxeitos a escravitude para toda a vida.16Porque de certo non vén axudar os anxos, senón que vén na axuda da descendencia de Abraham. 17Por iso tiña que asemellarse aos seus irmáns en todo, a fin de que chegase a ser un sumo sacerdote misericordioso e fiel nas cousas de Deus, para facer expiación polos pecados do pobo. 18Xa que El mesmo padeceu sendo tentado no sufrimento, é poderoso para socorrer os que son tentados.
1Por tanto, santos irmáns, participantes do chamado celestial, considerade a Xesús, como o Apóstolo e Sumo Sacerdote da nosa fe. 2Quen foi fiel ao que o chamou, como tamén o foi Moisés en toda a casa de Deus. 3Porque El foi tido por digno de máis gloria ca Moisés, así como o construtor da casa ten máis honra que a casa mesma. 4Porque toda casa ten un construtor, mais o que fai todas as cousas é Deus.5E Moisés foi fiel na casa de Deus como servo, para testemuña do que se diría máis tarde; 6mais Cristo é Fillo fiel sobre a casa de Deus: casa del somos nós se nos aferramos á confianza e nos gloriamos na esperanza.7Polo que, como di o Espírito Santo: "Se ouvides hoxe a súa voz, 8non endurezades os vosos corazóns, como na rebelión, como no día da proba do deserto,9onde os vosos pais me tentaron ao pórme a proba, aínda que xa viran as miñas obras durante corenta anos; 10por iso, me desgustei con aquela xeración e dixen: sempre se desvían no seu corazón, e non recoñeceron os meus camiños; 11como xurei na miña ira: non entrarán no meu acougo".12Tende coidado, irmáns, non sexa que algún de vós teña un corazón malo e incrédulo, para apartarse do Deus vivo. 13Mais ben, alentádevos uns aos outros cada día, namentres se poida dicir: "hoxe"; non sexa que algún de vós se deixe endurecer polo engano do pecado.14Porque viñemos ser partícipes de Cristo, se é que mantemos firme ata o final a convicción, 15xa que se nos di: "Se escoitades hoxe a súa voz, non endurezades o voso corazón, como na rebelión".16Porque, quen foron os que se rebelaron logo de escoitar? Acaso non foron todos os que saíron de Exipto guiados por Moisés? 17E con quen se desgustou por corenta anos, non foi cos que pecaron, aqueles que caeron mortos no deserto? 18E a quen xurou que non entrarían no seu acougo porque foron desobedientes? 19Entón, vemos que non puideron entrar pola súa incredulidade.
1Polo tanto, teñamos temor, non sexa que aínda que permanecendo na promesa de entrar no seu acougo, algún de vós pareza non o ter acadado. 2Porque a nós anuncióusenos a boa nova, así como tamén a eles; mais a palabra que eles escoitaron non lles foi de proveito por non ir acompañada pola fe dos que a escoitaron.3Pero os que crimos, entramos nese acougo, tal como El dixo: "Como xurei na miña ira: non entrarán no meu acougo", aínda que as súas obras estaban rematadas dende a fundación do mundo. 4Porque así dixo nalgún lugar no que respecta ao sétimo día: "E Deus descansou no sétimo día de tódalas súas obras"; 5e outra vez nesta pasaxe: "Non entrarán no meu acougo".6Polo tanto, xa que aínda falta que algúns entren nel, e aqueles aos que se lles anunciou antes a boa nova e non entraron por mor da súa desobediencia, 7Deus determina de novo un día: "hoxe". Dicindo despois de moito tempo, por medio de David, como denantes se dixera: "Se escoitades hoxe a súa voz, non endurezades o voso corazón".8Porque se Xosué lles dera acougo, Deus falaría doutro día despois deste. 9Polo tanto, queda un acougo sagrado para o pobo de Deus. 10Xa que o que entrou no seu acougo, tamén el mesmo descansou das súas obras, como Deus descansou das súas. 11Polo tanto, esforcémonos por entrar no acougo, para que ninguén caia no mesmo exemplo de desobediencia.12Porque a palabra de Deus é viva e eficaz, e máis cortante que calquera espada de dobre fío que penetra ata a división da alma e do espírito, das articulacións e da medula, e é poderosa para discernir os pensamentos e as intencións do corazón. 13E diante da súa presenza non hai cousa creada que se lle esconda, senón que tódalas cousas están ao descuberto e espidas ante os ollos daquel a quen temos que dar contas.14Pois tendo un gran Sumo Sacerdote que trascendeu os ceos, Xesús, o Fillo de Deus, manteñámonos na nosa fe. 15Porque non temos un Sumo Sacerdote que non poida compadecerse das nosas debilidades, senón un que foi tentado en todo coma nós, mais sen pecado. 16Polo tanto, acheguémonos ao trono da graza con confianza para recibir misericordia e acadar graza para a axuda oportuna.
1Pois todo sumo sacerdote elixido entre os homes, constitúese en prol de todos en canto ás cousas de Deus, para presentar ofrendas e sacrificios polos pecados; 2e pode tratar con benignidade os ignorantes e descamiñados, xa que el mesmo está suxeito a fraquezas; 3e por iso está obrigado a ofrecer sacrificio polos pecados, tanto por el mesmo como polo pobo.4E ninguén toma este honor para si mesmo, senón que o recibe cando Deus o chama, como foi Aarón. 5Do mesmo xeito, Cristo non se glorificou a si mesmo para facerse Sumo Sacerdote, senón que o que o glorificou, dixo: "Ti es o meu Fillo, Eu enxendreite hoxe."6Como tamén di noutra pasaxe: "Ti es Sacerdote para sempre segundo a orde de Melquisedec".7El, nos días da súa carne, suplicando e orando con grande clamor e bágoas ao que podía rescatalo da morte, foi escoitado por causa do seu temor reverente; 8e, aínda que era Fillo, aprendeu obediencia polo que sufriu;9e, sendo perfeccionado, veu ser o Autor da salvación eterna para todos os que lle obedecen, 10proclamado por Deus como Sumo Sacerdote da orde de Melquisedec. 11Sobre isto, temos moito que dicir mais é difícil de explicar, xa que sodes lentos para escoitar.12Porque polo tempo que levades xa deberiades ser mestres, pero aínda precisades que alguén vos ensine de novo os principios elementais dos propósitos de Deus, e volvédesvos coma os que necesitan o leite e non o alimento sólido. 13Porque todo o que toma leite non está afeito á palabra de xustiza, porque é un neno. 14Pois o alimento sólido é para os maduros, os que pola práctica teñen os sentidos exercitados para discernir o bo do malo.
1Polo tanto, deixando as ensinanzas fundamentais de Cristo, avancemos cara a perfección, sen volvermos botar outra vez o fundamento do arrepentimento das obras mortas e da fe en Deus, 2do ensino sobre os lavamentos, da imposición de mans, da resurección dos mortos e do xuízo eterno. 3Se Deus o permite, isto faremos.4Porque é imposible que os que unha vez foron iluminados e probaron o don celestial, chegando a ser partícipes do Espírito Santo, 5e probaron a boa palabra de Deus e os poderes do tempo vindeiro, 6mais despois caeron, sexan outra vez renovados para arrepentimento, crucificando de novo o Fillo de Deus para si mesmos expoñéndoo ao escarnio público.7Porque a terra que bebe a choiva que a miúdo cae sobre ela e produce vexetación útil para os que a traballan, recibe a bendición de Deus; 8mais a que produce espiños e cardos non vale para nada, está a piques de ser maldicida, e a súa fin é ser queimada.9Pero en canto a vós, amados, aínda que falemos deste xeito, fomos convencidos de cousas que son mellores e que teñen salvación. 10Porque Deus non é inxusto para esquecer a vosa obra e o amor que amosastes polo seu nome, servindo noutrora, e servindo aínda, aos santos.11Mais desexamos que cada un de vós amose o mesmo ardor ata o fin, para acadar a total seguridade da esperanza, 12para que non sexades lacazáns, senón imitadores dos que herdan as promesas pola fe e a paciencia.13Xa que cando Deus fixo a promesa a Abraham, non puidendo xurar por un maior, xurou por si, 14dicindo:"Certamente heite bendicir, e heite multiplicar". 15Porén, agardando con paciencia, Abraham acadou a promesa.16Porque a xente xura por un maior ca si, e para ela un xuramento dado como confirmación é a fin de todo litixio. 17Por iso querendo Deus amosar ás claras aos herdeiros da promesa o inmutable que era o seu propósito, comprometeuse con xuramento, 18a fin de que por dúas cousas inmutables, nas que é imposible que Deus minta, os que buscamos refuxio sexamos grandemente animados para suxeitarnos da esperanza posta diante de nós.19A que temos como áncora da alma, unha esperanza segura e firme, e que penetra ata detrás do veo, 20onde Xesús entrou como precursor por nós, feito Sumo Sacerdote por sempre segundo a orde de Melquisedec.
1Porque este Melquisedec, rei de Salem, sacerdote do Deus Altísimo, (quen atopou a Abraham cando viña de volta da derrota dos reis, e bendiciuno, 2a quen tamén Abraham lle deu a décima parte de tódalas cousas), primeiro quere dicir Rei de Xustiza, e logo, Rei de Salem, é dicir, Rei de Paz; 3sen pai, sen nai, sen xenealoxía; non tendo principio de días nin fin de vida, sendo feito semellante ao Fillo de Deus, permanece sacerdote para sempre.4Considerade, entón, a grandeza deste a quen Abraham o patriarca lle deu a décima parte do mellor do botín. 5E en verdade os dos fillos de Leví que recibiron o sacerdocio, teñen o mandamento na lei de recoller como ofrenda a décima parte do pobo, é dicir, dos seus irmáns, aínda que sexan descendentes de Abraham, pois reciben o oficio de sacerdote. 6Pero o que non descendía deles, recibiu a décima parte de Abraham e bendiciu o que tiña as promesas.7Queda fóra de toda discusión, o menor é bendicido polo maior. 8E, certamente, aquí reciben a décima parte persoas mortais, pero alí recíbea un que dá testemuño de que vive. 9E, por así dicilo, aínda Leví por medio de Abraham, deu a décima parte ao recibila del; 10porque aínda estaba nos lombos do seu pai cando Melquisedec lle saíu ao encontro.11Agora ben, se a perfección fora por medio do sacerdocio levítico (pois o pobo recibiu a lei sobre esa base), que necesidade había de que se levantara outro sacerdote segundo a orde de Melquisedec, e non un nomeado segundo a orde de Aarón? 12Porque cando muda o sacerdocio, necesariamente ocorre tamén un cambio da lei.13Pois aquel de quen se din estas cousas, pertence a outra tribo, da que ninguén serviu no altar. 14Porque é evidente que o noso Señor descendeu de Xudá, unha tribo da que Moisés non dixo nada tocante aos sacerdotes.15E isto é aínda máis evidente, se se levanta outro sacerdote a semellanza de Melquisedec, 16que chegou a selo, non sobre a base dunha lei de requisitos físicos, senón segundo o poder dunha vida indestrutible. 17Pois dáse testemuño del: "Ti es sacerdote para sempre segundo a orde de Melquisedec".18Porque certamente, queda anulado o mandamento anterior pola súa fraxilidade e ineficacia 19(pois a lei non perfeccionou nada), pero foi unha introdución dunha mellor esperanza, pola que nos achegamos a Deus.20E por canto non foi sen xuramento, pois en verdade eles foron feitos sacerdotes sen xuramento, 21pero El por un xuramento de quen lle dixo: "O Señor xurou e non se ha lamentar, ti es sacerdote para sempre".22Por iso, Xesús veu ser fiador dun pacto mellor. 23Os sacerdotes anteriores foron moitos, pois a morte impedíalles continuar, 24pero El como permanece para sempre, ten un sacerdocio perpetuo.25Polo que tamén ten poder para salvar para sempre aos que se achegan a Deus por medio del, vivindo sempre para interceder por eles. 26Porque convíñanos ter tal Sumo Sacerdote: santo, inocente, incontaminado, separado dos pecadores e exaltado nas alturas máis aló dos ceos,27que non precisa, como aqueles sumos sacerdotes, ofrecer sacrificios a cotío, primeiro polos propios pecados e logo polos pecados do pobo, porque isto fíxoo unha vez para sempre, cando se ofreceu a si mesmo. 28Porque a lei constitúe como sumos sacerdotes a persoas febles, pero a palabra do xuramento, que é despois da lei, constitúe o Fillo, que é feito perfecto para sempre.
1Agora ben, este é o punto principal de todo o que dixemos: temos un Sumo Sacerdote, que se sentou á dereita do trono da Maxestade nos ceos, 2como servidor do santuario e do tabernáculo verdadeiro, que alzou o Señor, e non un home.3Porque todo sumo sacerdote está constituído para presentar ofrendas e sacrificios, polo que é preciso que este tamén teña algo que ofrecer. 4Así que, se El estivera na terra, nin sequera había ser sacerdote, habendo sacerdotes que presentan ofrendas segundo a lei; 5eles serven o que é copia e sombra das cousas celestiais, tal como lle foi revelado a Moisés por Deus cando estaba a piques de alzar o tabernáculo; pois, El di: "Mira, fai tódalas cousas conforme o modelo que che foi amosado no monte".6Pero agora, El acadou un ministerio aínda superior, sendo que tamén é mediador dun mellor pacto, baseado sobre mellores promesas. 7Pois se aquel primeiro pacto houbese sido sen defecto, non habería lugar para un segundo.8Porque reprochándoos, dixo: "Mirade que veñen días, di o Señor, en que establecerei un novo pacto coa casa de Israel e coa casa de Xudá; 9non coma o pacto que fixen cos seus ancestros o día que os tomei da man para sacalos da terra de Exipto; porque non permaneceron fieis no meu pacto, e Eu desentendinme deles", di o Señor.10Por iso este é o pacto que Eu farei coa casa de Israel despois daqueles días, di o Señor: "Porei as miñas leis nas súas mentes, e escribireinas nos seus corazóns. Eu serei o seu Deus, e eles serán o meu pobo.11E ningún deles ensinará ao seu concidadán, ou a seu irmán, dicindo: coñece o Señor, porque todos me coñecerán, dende o menor ata o maior deles. 12Pois terei misericordia das súas inxustizas, e endexamais lembrarei os seus pecados".13E cando El dixo: "un novo pacto", fixo caduco o primeiro; e o que queda caduco e avellece, está preto a desaparecer.
1Agora ben, pola súa parte o primeiro pacto tiña regras de culto e un santuario terreal. 2Porque fora preparado un tabernáculo na parte anterior onde estaban o candelabro, a mesa e os pans da proposición; este é o lugar santo.3E tras o segundo veo estaba a parte do tabernáculo chamado o lugar santísimo, 4que tiña o altar de ouro do incenso e a arca do pacto cuberta toda de ouro, na que había unha urna de ouro que contiña o maná e a vara de Aarón que reverdeceu, e as táboas do pacto; 5e sobre ela estaban os querubíns de gloria que daban sombra ao propiciatorio; pero non se pode falar agora destas cousas en detalle.6Dispostas estas cousas deste xeito, certamente entraban no primeiro tabernáculo os sacerdotes decontino para dar culto a Deus. 7Pero no segundo só entraba o sumo sacerdote unha vez no ano, non sen levar sangue, que ofrecía por si mesmo e polos erros que por ignorancia eran cometidos polo pobo;8dando a entender isto o Espírito Santo: que namentres o primeiro tabernáculo permanecera en pé, o camiño ao lugar santísimo non sería descuberto; 9cousa que é simbolo para este tempo, segundo o que se presentan ofrendas e sacrificios que non poden facer perfecto na súa conciencia o que está a facer ese servizo, 10posto que só teñen que ver con comidas e bebidas, e diferentes lavamentos e ordenanzas para o corpo, impostas ata o tempo sinalado da reforma.11Pero cando Cristo aparaceu como Sumo Sacerdote das boas cousas vindeiras, a través dun tabernáculo meirande e perfecto, non feito por mans, é dicir, non desta creación, 12e non por medio do sangue de chibos e becerros, senón por medio do seu propio sangue, entrou ao lugar santísimo unha vez para sempre asegurando así a redención eterna.13Porque se o sangue dos chibos e dos touros, e a cinza da becerra esparexida sobre os que se contaminaron, santifican para a purificación da carne, 14canto máis o sangue de Cristo, quen polo Espírito eterno se ofreceu a si mesmo sen mancha a Deus, limpará a vosa conciencia de obras mortas para servir o Deus vivo? 15Polo tanto é mediador dun novo pacto, para que por unha morte para a redención das transgresións durante o primeiro pacto, os que foron chamados reciban a promesa da herdanza eterna.16Porque onde hai testamento, é preciso que aconteza a morte do testador. 17Pois un testamento é válido en caso de morte, xa que non entra en vigor mentres vive o testador.18De onde, nin sequera o primeiro entrou en vigor sen sangue; 19porque unha vez proclamados por Moisés tódolos mandamentos da lei a todo o pobo, collendo o sangue dos becerros e dos chibos, con auga, lá, escarlata e hisopo, asperxeu non só o rolo senón tamén a todo o pobo, 20dicindo: "Este é o sangue do pacto que Deus vos mandou".21E do mesmo xeito asperxeu con sangue todo o tabernáculo e tódolos utensilios do servizo. 22E segundo a lei, case todo é purificado con sangue, e non hai perdón sen derramamento de sangue.23Daquela, foi necesario que a representación destas cousas celestiais foran purificadas deste xeito, pero as cousas celestiais mesmas, tiñan que selo con sacrificios mellores ca estes. 24Porque non entrou Cristo nun santuario feito por mans, representación do verdadeiro, senón no mesmo ceo, para presentarse agora na presenza de Deus por nós.25E non para ofrecerse repetidamente a si mesmo, como entra o sumo sacerdote no lugar santísimo unha vez no ano con sangue alleo; 26doutro xeito, sería necesario que padecera unha e outra vez dende a fundación do mundo, pero agora foi manifestado unha vez por todas na consumación dos tempos, para quitar o pecado por medio do sacrificio de si mesmo.27E así como está establecido para as persoas que morran unha soa vez, e despois disto o xuízo, 28así tamén o Mesías foi ofrecido unha vez e para sempre para levar sobre El os pecados de moitos, e ha aparecer por segunda vez, sen ter nada que ver co pecado, para salvación dos que o agardan con ansia.
1Porque sendo a lei só a sombra dos bens futuros e non a imaxe mesma das cousas, nunca pode por medio dos mesmos sacrificios que se ofrecen decontino cada ano, perfeccionar os que se achegan. 2Doutro xeito, non deixarían de ser ofrecidos, posto que os que adoran, unha vez purificados, non terían xa máis conciencia de pecado? 3Pero neses sacrificios, faise memoria dos pecados cada ano. 4Porque é imposible que o sangue de touros e chibos quite os pecados.5Polo que, entrando El no mundo, di: "Non quixeches sacrificio nin ofrenda, pero preparáchesme un corpo ; 6non te agradaches nos holocaustos polo pecado". 7Daquela dixen: "Velaí, Eu veño para facer, oh Deus, a túa vontade. No pergamiño do libro foi escrito sobre min".8Dicindo anteriormente: "Non quixeches sacrificios e ofrendas e holocaustos polo pecado, e non te agradaches neles, sendo ofrecidos segundo a lei", 9entón dixo: "Velaquí Eu veño para facer a túa vontade. Quita o primeiro para que se estableza o segundo". 10Por esta vontade é que somos santificados mediante a ofrenda do corpo de Xesús Cristo unha vez e para sempre.11E, de certo, todo sacerdote se mantén en pé día tras día servindo e ofrecendo moitas veces os mesmos sacrificios, que nunca poden quitar os pecados; 12pero este, ofrecendo un só sacrificio polos pecados para sempre, sentouse á dereita de Deus, 13agardando ata que os seus inimigos sexan postos coma un estrado para os seus pés. 14Porque por unha soa ofrenda El perfeccionou para sempre os que son santificados.15E tamén nos testifica o Espírito Santo; porque despois de ter dito: 16"Este é o pacto que farei con eles despois daqueles días, di o Señor, porei as miñas leis no seus corazóns, e escribireinas nas súas mentes,17e non me lembrarei endexamais dos seus pecados e transgresións". 18É dicir, onde hai perdón destas cousas, xa non hai ofrenda polo pecado.19Daquela, irmáns, tendo a confianza de que polo sangue de Xesús temos entrada ao lugar santísimo, 20sangue que nos abriu un camiño novo e vivo, por medio do veo, isto é, pola súa carne, 21e xa que temos un gran Sacerdote sobre a casa de Deus, 22acheguémonos con corazóns sinceros, con plena certeza de fe, tendo os corazóns purificados e libres de toda mala conciencia e os corpos lavados con auga limpa;23manteñamos firme a profesión da nosa esperanza, sen dubidar, porque fiel é o que prometeu; e 24considerémonos uns aos outros para estímulo do amor e das boas obras; 25non abandonando a nosa propia asamblea, como algúns acostuman facer, senón exhortándonos, e máis aínda cando vemos que o día se achega.26Porque se seguimos a pecar voluntariamente logo de recibir o coñecemento da verdade, xa non queda sacrificio algún polos pecados, 27senón unha terrible expectación de xuízo, e o ardor dun lume que ha consumir os adversarios.28O que rexeita a lei de Moisés, morre sen misericordia polo testemuño de dúas ou tres testemuñas. 29Canto maior castigo pensades que ha merecer quen pisoteou o Fillo de Deus, e tivo por inmundo o sangue do pacto polo que foi santificado, e aldraxou o Espírito da graza?30Pois coñecemos ao que dixo: "A vinganza é miña, Eu pagarei". E outra vez: "O Señor ha xulgar o seu pobo". 31Cousa tremenda é caer nas mans do Deus vivo!32Pero lembrade os días pasados, cando despois de que fostes iluminados, soportastes unha gran loita de padecementos; 33dunha banda, sendo expostos á vergoña pública con aldraxes e aflicións, e doutra banda, sendo compañeiros dos que eran tratados así. 34Porque compartistes os padecementos dos prisioneiros e aceptastes con alegría o serdes despoxados dos vosos bens, sabendo que tedes para vós mesmos unha mellor e máis perdurable herdanza.35Polo tanto, non perdades a vosa confianza, que ten grande recompensa. 36Porque precisades de paciencia, para que cando teñades cumprida a vontade de Deus, acadedes a promesa. 37Porque de aquí a un intre, tan só un intre, o que ha de vir, virá, e non ha tardar.38Pero o meu xusto terá vida pola fe; e se retrocede a miña alma non se ha agradar nel. 39Pero nós non somos dos que recuamos para perdición, senón dos que gardan a fe para a preservación da alma.
1Fe é, polo tanto, o fundamento das realidades que se esperan, a proba das cousas que non se ven. 2É por ela que foron aprobados os nosos ancestros. 3Pola fe é que entendemos que o universo foi constituído pola palabra de Deus, de xeito que o que se ve foi feito do que non se vía.4Pola fe Abel ofreceu a Deus un mellor sacrificio que Caín, polo que acadou a aprobación de xusto, dando Deus testemuño das súas ofrendas, e mesmo morto aínda fala por medio dela.5Pola fe Henoc foi levado ao ceo para non ver morte; e non foi atopado porque Deus o trasladou; porque antes de ser levado recibiu testemuño de ter agradado a Deus. 6E sen fe é imposible agradalo; porque cómpre que o que se achega a Deus crea que El existe e que recompensa aos que o buscan.7Pola fe Noé, sendo advertido por Deus sobre as cousas que aínda non se vían, con temor preparou unha arca para a salvación da súa casa, e mediante esa fe condenou o mundo, chegando ser herdeiro da xustiza que é segundo a fe.8Pola fe Abraham, ao ser chamado, obedeceu, saíndo para un lugar que había recibir como herdanza; e saíu sen saber cara onde ía. 9Foi pola fe que viviu como estranxeiro na terra da promesa como en terra allea, vivindo en tendas como Isaac e Xacob, coherdeiros da mesma promesa, 10porque agardaba a cidade que ten alicerces, da que o seu arquitecto e construtor é Deus.11Tamén a mesma Sara, sendo estéril, recibiu a forza para concebir, xa fóra do tempo natural, pois tivo por fiel a quen o prometera. 12Polo que tamén naceu dun (e este xa case morto) unha descendencia como as estrelas do ceo en número e innumerable coma a area que está á beira do mar.13Todos eles morreron en fe, sen recibiren as promesas, pero téndoas visto e aceptado con gusto dende lonxe, confensando que eran peregrinos e estranxeiros sobre a terra. 14Porque os que din tales cousas, claramente dan a entender que andan á procura dunha patria.15E se en verdade estiveran a pensar naquela patria de onde saíron, estaban a tempo de se volver. 16Pero en realidade desexaban unha patria mellor, é dicir, celestial. Por iso, Deus non se avergoña de ser chamado o seu Deus, pois tenlles preparada unha cidade.17Pola fe Abraham cando foi probado, ofreceu a Isaac; e o que recibira as promesas ofrecía o seu unixénito; 18respecto do que se dixo: "En Isaac serache chamada descendencia". 19El considerou que Deus era poderoso para levantar aínda de entre os mortos, de onde tamén, en sentido figurado, volveu recibilo.20Pola fe Isaac bendixo a Xacob e a Esaú; aínda respecto a cousas futuras. 21Pola fe Xacob, estando a morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé, e adorou apoiándose no extremo do seu caxato. 22Pola fe Xosé, ás portas da morte, mencionou o éxodo dos fillos de Israel, e deu instrucións sobre os seus ósos.23Pola fe Moisés, foi escondido polos seus pais ao nacer durante tres meses, porque viron que era un meniño fermoso e non tiveron medo do edicto do rei. 24Pola fe Moisés, xa grande, rexeitou ser chamado fillo da filla do faraón, 25escollendo máis ben ser maltratado co pobo de Deus, antes que gozar dos praceres temporais do pecado, 26tendo por maiores riquezas as aldraxes do Mesías que os tesouros de Exipto; porque tiña posta a mirada na recompensa.27Pola fe saíu de Exipto sen lle ter medo á ira do rei, porque permaneceu firme como vendo o Invisible. 28Pola fe celebrou a Pascua e o asperxemento do sangue, para que o exterminador dos primoxénitos non os tocara.29Pola fe atravesaron o mar Vermello como por terra seca, e cando procuraron pasar os exipcios, afogaron. 30Pola fe caeron os muros de Iericó, despois de seren rodeados por sete días. 31Pola fe Rahab a prostituta non morreu cos desobedientes, por recibir os espías en paz.32E que más hei dicir? Pois non me chegaría o tempo para contar de Guideón, Barac, Sansón, Iefté, David, Samuel e os profetas; 33os que pola fe conquistaron reinos, fixeron xustiza, acadaron promesas, pecharon bocas de leóns, 34apagaron a violencia do lume, fuxiron do fío da espada; sendo febles, foron feitos fortes, fixéronse poderosos na guerra, puxeron en fuga a exércitos estranxeiros.35As mulleres recibiron os seus mortos mediante a resurrección; outros foron torturados, non aceptando a súa liberación, para obter unha mellor resurrección. 36Outros experimentaron inxurias e azoutes, e mesmo cadeas e prisións. 37Foron apedrados, serrados, tentados, mortos a espada; andiveron de aquí para alá cubertos con peles de ovellas e de cabras; pasando fame, aflixidos, maltratados; 38o mundo non era digno deles! Errantes por desertos e montes, por covas e cavernas da terra.39E todos eles, sendo aprobados pola súa fe, non recibiron a promesa, 40porque Deus tiña preparado algo mellor para nós, para que eles non foran feitos perfectos sen nós.
1Por tanto, xa que temos ao noso arredor tan grande nube de testemuñas, desprendámonos de todo peso, e do pecado que nos asedia, e corramos con aguante a carreira que temos por diante. 2Cos ollos postos en Xesús, o Autor da fe e o que a leva á perfección, quen pola ledicia posta diante del, soportou a cruz e desprezando as aldraxes, sentou á dereita do trono de Deus. 3Meditade, pois naquel que soportou tal contradición de pecadores enriba de si, para que o voso ánimo non se canse nin esmoreza.4Pois aínda non resististes ata derramar sangue na vosa loita contra o pecado; 5e esquecestes a recomendación que vos dei como cando se lles fala aos fillos: "Meu fillo, non despreces a disciplina do Señor, nin esmorezas cando El te rife, 6porque o Señor a quen ama disciplínao, e castiga a todo aquel que recoñece por fillo".7Aguantade baixo a disciplina xa que Deus vos trata coma fillos; porque, a que fillo non disciplina o seu pai? 8Pero se quedades sen disciplina, aquela da que todos tomamos parte, entón é que sodes bastardos e non fillos.9Aínda máis, nós tivemos os nosos pais que nos disciplinaban e nós respetabámolos. Non nos someteremos con moita máis razón ao Pai dos espíritos para termos vida? 10Porque eles, na verdade disciplináronos por poucos días, segundo o seu criterio, pero Deus faino como cómpre, para que participemos da súa santidade. 11É verdade que ningunha disciplina, no momento, parece ser causa de ledicia, senón de tristura; pero co tempo, dá un froito xusto e cheo de paz a todos os que foron exercitados por medio dela.12Polo tanto, enfortecede as mans febles e os vosos xeonllos paralizados, 13e facede vieiros dereitos para os vosos pés, para que o coxo non escorde, senón que sexa curado.14Procurade a paz con todos, e maila santidade, porque sen ela ninguén verá o Señor; 15tende moito coidado de que ningún sexa privado da graza de Deus, non sexa que xurdindo algunha raíz de amargura, vos chegue a perturbar e por ela moitos sexan contaxiados; 16que non se atope ningún fornicario ou profano como Esaú, que por un xantar vendeu a súa primoxenitura. 17Porque sabedes que aínda que despois por máis que quixo herdar a bendición, foi rexeitado (porque non atopou xeito de arrepentirse) aínda que a procurou con bágoas.18Porque non estades diante dun monte que se poida apalpar, e que ardía en lume, nin dunha escuridade tenebrosa, nin dunha tormenta, 19nin do son da trompeta e da voz que falaba, que cando aqueles a escoitaron, pediron que non lles falara máis, 20porque non soportaban o que se lles estaba a mandar: "Aínda se unha besta toca o monte, será apedrada". 21E tan terrible era o que vían, que Moisés dixo: "Estou aterrado e tremendo".22Pola contra, vós achegástesvos ao monte Sión, e á cidade do Deus vivo: á Xerusalém celeste, e aos milleiros de anxos, 23á igrexa dos primoxénitos inscritos nos ceos, a Deus, Xuíz de todos, e aos espíritos dos xustos feitos perfectos, 24e a Xesús, mediador do novo pacto, e o sangue asperxido que fala mellor que o de Abel.25Ollade que non rexeitedes o que vos está falando, porque se non fuxiron aqueles que desprezaron a quen os instruían na terra, moito menos nós, se volvemos as costas ao que nos fala dende os ceos; 26a súa voz fixo tremer a terra nese tempo, pero agora prométenos: "Unha vez máis, Eu farei tremer non só a terra, senón tamén o ceo".27Ese "unha vez máis" indica a renovación de tódalas cousas provisionais porque son creadas, para que permanezan aquelas que son inconmovibles. 28Por iso, xa que recibimos un reino inconmovible, manteñamos a graza, pois por ela servimos a Deus dun xeito aceptable, con reverencia e respecto, 29porque o noso Deus é lume que consume.
1Que o amor fraterno permaneza. 2Non esquezades ser hospitalarios, porque así algúns, sen se decataren, acolleron anxos.3Lembrádevos dos que están na cadea, coma presos xuntamente con eles, e dos maltratados, coma estando vós mesmos no corpo deles. 4Que o matrimonio sexa cheo de honra e o leito matrimonial sen tacha, xa que Deus ha xulgar os desvergonzados e adúlteros.5Que o voso xeito de vivir sexa sen avaricia de cartos, estade satisfeitos co que tendes, porque El dixo: "Nunca te hei deixar, nin te abandonarei". 6De xeito que podemos dicir cheos de bo ánimo: "O Señor é o meu axudador, non terei medo. Haberá quen de facerme mal?7Lembrádevos dos que coidan de vós, que vos anunciaron a palabra de Deus; considerade cal foi o resultado da súa conduta e imitade a súa fe. 8Xesús Cristo, é o mesmo, onte, hoxe e por sempre.9Non vos deixedes levar por doutrinas diferentes e alleas, pois mellor é que o corazón sexa fortalecido coa graza, e non cos alimentos dos que non sacaron proveito aqueles que os gardaban. 10Temos un altar do que non teñen dereito a comer os que serven no templo, 11porque os corpos dos animais, dos que o sangue é levado polo sumo sacerdote ao lugar santísimo como ofrenda polo pecado, son queimados fóra do campamento.12Do mesmo xeito, tamén Xesús, para santificar o pobo polo seu sangue, padeceu fóra da porta. 13Saiamos, entón, fóra do campamento para atoparnos con El, levando a súa aldraxe. 14Porque non temos aquí unha cidade que permanece, senón que procuramos a que está por vir.15Ofrezamos sempre, por medio del, un sacrificio de louvor a Deus, quere dicir, froito dos beizos que declaran o seu nome. 16E de facer o ben e da axuda uns aos outros, non debedes esquecervos, porque eses son os sacrificios que lle agradan a Deus. 17Estade atentos aos que vos guían e sede dóciles, porque eles velan polas vosas almas como quen ha de dar contas; para que o fagan con ledicia e non queixándose; porque isto non sería de proveito para vós.18Orade por nós, pois estamos confiados de que temos unha conciencia boa, desexando conducirnos honradamente en tódalas cousas. 19E aínda máis rógovos que fagades isto, para que volva a estar convosco canto antes.20E o Deus de paz, quen, por mor do sangue do pacto eterno, levantou de entre os mortos o noso Señor Xesús, o gran Pastor das ovellas, 21vos perfeccione en todo o bo para que fagades a súa vontade, e fará así en nós o que é agradable diante del por medio de Xesús Cristo, a quen sexa a gloria por sempre, amén.22Pídovos irmáns que soportedes esta palabra de conforto que vos escribín brevemente. 23Sabede que o noso irmán Timoteo foi liberado; se vén axiña, ireivos visitar canda el.24Saudade a tódolos vosos dirixentes e a tódolos santos. Os da Italia mándavos saúdos. 25Que a graza sexa con todos vós.
1Xacobe, servo de Deus e do Señor Xesús Cristo, ás doce tribus dispersas: saúdos. 2Tédevos por moi ditosos, meus irmáns, cando vos vexades rodeados por todo tipo de probas, 3sabendo que a proba da vosa fe produce paciencia,4e que a paciencia complete a súa obra, para que sexades perfectos e cabais e non vos falte de nada. 5E se algún de vós precisa sabedoría, pídalla a Deus, quen lla dá a todos dabondo e sen reproche, e seralle dada.6Pero que a pida con fe, non dubidando, porque o que dubida é coma unha onda do mar movida polo vento dun lado a outro. 7Non pense o tal que ha recibir cousa algunha do Señor, 8sendo indeciso e inconstante en todos os seus camiños.9Que o irmán de condición humilde se gloríe na súa dignidade, 10mais o que é rico na súa humillación, porque pasará coma a flor da herba. 11Porque o sol saíu con calor abrasante e secou a herba, e a súa flor caeu, perecendo a súa fermosura. Do mesmo xeito murchará o rico no medio das súas empresas.12Ditoso o varón que soporta a proba, porque ao superala, obterá a coroa da vida que Deus prometeu a aqueles que o aman. 13Ninguén pode dicir: "eu son tentado por Deus", porque Deus non pode ser tentado polo mal, nin El mesmo tenta a ninguén.14Senón que cada un é tentado cando é atraído e seducido polos seus propios desexos. 15Daquela a cobiza concibe o pecado, e este dá a luz morte. 16Amados irmáns meus, non vos enganedes.17Todo bo agasallo e don perfecto vén dende as alturas, descende do Pai das Luces, no que non hai cambio nin sombra de variación. 18El, na súa vontade, fíxonos nacer pola palabra da verdade para que fósemos as primicias das súas criaturas.19Sabede meus amados irmáns: toda persoa sexa pronta para escoitar, calma para falar, e lenta para a ira; 20pois na ira de cadaquén non obra a xustiza de Deus. 21Polo tanto, desbotando toda inmundicia e todo resto de malicia, recibide con humildade a palabra que vos foi dada, que pode salvar as vosas almas.22Pero sede cumpridores da palabra, non vos quededes só con escoitala, enganándovos a vós mesmos. 23Porque se alguén escoita a palabra e non a cumpre é coma un home que se ve reflictido nun espello; 24porque aínda mirándose nel, vírase e axiña se esquece de como se viu. 25Pero o que observa minuciosamente na lei perfecta, a lei da liberdade, e persevera nela; non sendo oínte que se esquece, senón alguén que quere poñela por obra, será ditoso no que fai.26Se algún pensa que é relixioso e non controla a súa lingua, engana o seu corazón, e a súa relixión é va. 27A relixión pura e verdadeira diante do noso Deus e Pai é a seguinte: visitar os orfos e as viúvas nas súas aflicións, e gardarse sen a contaminación deste mundo.
1Meus irmáns, non teñades favoritismos na fe de Xesús Cristo, o Señor da gloria. 2Porque se na vosa sinagoga entra un home cun anel de ouro e vestido con roupa fina, e tamén entra un home pobre con farrapos, 3e dades atención especial ao que vai engalanado, dicíndolle: "ti senta aquí, nun lugar cómodo"; e lle dicides ao pobre: "ti, fica alí de pé ou senta xunto aos meus pés"; 4non estades a facer distincións entre vós mesmos, converténdovos en xuíces con malas intencións?5Escoitade meus irmáns, non escolleu Deus os pobres deste mundo para seren ricos na fe e herdeiros do reino que El prometeu a todos os que o aman? 6Mais vós menospreciastes o pobre! Non son os ricos os que vos oprimen e vos arrastran aos tribunais? 7Non son eles mesmos os que blasfeman o precioso nome que foi invocado sobre vós?8Con todo se de verdade cumprides a lei real, de acordo coa Escritura: "Amarás o teu próximo coma a ti mesmo", ben facedes. 9Pero se favorecedes a certas persoas, pecades e sodes considerados transgresores pola lei.10Porque o que obedece toda a lei pero tropeza nunha soa cousa, faise culpable de todas. 11Pois o que dixo: "Non cometas adulterio", tamén dixo: "Non mates". Agora ben, se ti non cometes adulterio, pero matas, vés ser transgresor da lei.12Falade e facede así, como os que han ser xulgados pola lei da liberdade. 13Porque o xuízo será sen misericordia para o que non amosou misericordia; a misericordia triunfa sobre o xuízo!14Meus irmáns, de que serve se algún di que ten fe pero non ten obras? Pode salvalo esa fe? 15Se un irmán ou unha irmá non teñen que poñer e carecen do sustento diario, 16e un de vós lles di: Ide en paz, quentádevos e saciádevos; pero non lles dades o necesario para o seu corpo, de que serve? 17Así tamén, a fe por si mesma, se non ten obras, está morta.18Mais algún dirá: "Ti tes a fe e eu teño as obras. Amósame a túa fe sen obras, e eu heiche amosar a miña fe polas miñas obras". 19Ti cres que Deus é un, fas ben; tamén os demos cren, e tremen. 20Pero es ti tan necio que non queres recoñecer que a fe sen obras non serve para nada?21Non foi xustificado o noso pai Abraham polas obras, cando ofreceu a Isaac, o seu fillo, sobre o altar? 22Xa ves que a fe actuaba xunto coas súas obras, e como resultado das obras, a fe foi perfeccionada, 23cumpríndose o que a Escritura di: "Abraham creu a Deus, e foille contado por xustiza e foi chamado amigo de Deus". 24Vedes que unha persoa é xustificada polas obras, e non só pola fe.25Do mesmo xeito, non foi xustificada tamén a prostituta Rahab polas obras cando recibiu os mensaxeiros e os mandou por outro camiño? 26Porque así como o corpo sen o espírito está morto, así tamén a fe sen obras está morta.
1Meus irmáns, non desexedes moitos de vós serdes mestres, sabendo que recibiremos un maior xuízo. 2Porque todos nós ofendemos moitas veces. Se algún non ofende coas súas palabras, é un home perfecto que pode controlar o seu corpo enteiro.3Nós poñemos freo na boca dos cabalos para que nos obedezan e así poder dirixir o seu corpo enteiro. 4Mirade tamén os barcos, que sendo tan grandes son levados polos fortes ventos, e son gobernados por un pequeno temón onde queira dirixilo o temoneiro.5Do mesmo xeito a lingua é unha pequena parte do corpo que presume de moitas cousas. Mirade como un lume tan pequeno pode queimar un bosque tan grande! 6A lingua é un lume, un mundo de pecado; a lingua está entre os nosos membros e contamina todo o corpo, e fai arder a nosa vida cando é prendida polo mesmo inferno.7Porque os animais salvaxes, aves, réptiles e seres mariños poden ser domados polas persoas; 8pero ninguén é quen de domar a lingua, pois é maligna e incontrolable, chea de veleno mortal.9Con ela bendicimos o noso Señor e Pai, e con ela maldicimos ás persoas, que foron feitas a imaxe de Deus. 10Da mesma boca sae bendición e maldición. Meus irmáns, isto non debera ser así.11Pode abrollar á vez unha fonte auga doce e auga amarga? 12Meus irmáns, pode a figueira dar olivas ou a vide figos? Tampouco do salgado pode brotar o doce.13Quen é sabio e entendido entre vós? Que amose pola súa boa conduta as obras feitas con mansa sabedoría. 14Pero se tedes celos amargos e rivalidade nos vosos corazóns, non sexades presumidos nin mintades contra a verdade.15Esta sabedoría non vén de arriba, senón que é terreal, natural e diabólica! 16Porque onde hai celos e ambición hai desorde, confusión e todo tipo de cousa perversa. 17Pero a sabedoría do alto primeiro é pura, logo pacífica, amable, disposta a razoar, chea de misericordia e de bos froitos, imparcial e sen hipocrisía. 18E o froito da xustiza seméntase en paz para os que fan a paz.
1De onde veñen as guerras e as pelexas entre vós? Non será dos malos desexos que tedes dentro e que pelexan nos vosos corpos? 2Codiciades e non tedes, entón sodes capaces de matar; ardedes de envexa, e non logrades nada; loitades e seguides a guerrear; non tedes o que desexades porque non pedides; 3pedides e non recibides, porque malamente pedides, só para gastardes naquilo que cobizades.4Adúlteros! Non sabedes que a amizade co mundo é inimizade con Deus? Daquela o que queira ser amigo do mundo faise inimigo de Deus. 5Ou pensades que a Escritura fala de balde cando di: "O Espírito que El puxo en nós ten por nós unha profunda arela"?6Pero El dá maior graza, polo que di: "Deus resiste os soberbios, e dá graza aos humildes". 7Polo tanto sometédevos a Deus, e resistide o demo, e el fuxirá de vós!8Achegádevos a Deus, e El achegarase a vós. Limpade as vosas mans, pecadores, e purificade os corazóns os que sodes de dobre ánimo. 9Aflixídevos, laiádevos, e chorade, que a vosa argallada se converta en pranto e o voso sorriso en tristura! 10Humilládevos diante do Señor, e El vos ha engrandecer!11Non faledes mal uns dos outros, irmáns. O que fala mal do irmán ou xulga a seu irmán, fala mal da lei e mesmo xulga a lei; e se estás a xulgar a lei, non estás a cumprila senón que es o xuíz. 12Só hai un que é Lexislador e Xuíz, o único que é quen de salvar e destruír; mais ti quen es para xulgar o teu próximo?13Vinde agora os que dicides: hoxe ou mañá iremos a tal cidade, ficaremos alí un ano e negociaremos e faremos moitos cartos. 14Porque non sabedes o que vai ser de vós mañá. Pois, que é a vosa vida? Sodes coma bruma que xurde por un intre e pouco despois esvaece.15Pola contra, deberiades dicir: se o Señor quere, viviremos e faremos isto ou aquilo! 16Pero agora gabádesvos na vosa fachenda, e toda xactancia semellante é mala. 17Daquela o que sabe facer o bo e non o fai, está a pecar.
1Imos agora, ricos! Chorade e berrade polas miserias que vos veñen enriba! 2A vosa riqueza apodrentou e as vosas roupas foron comidas pola traza. 3O voso ouro e a vosa prata perderon o seu valor e a súa corrosión testemuñará contra vós e consumirá os vosos corpos coma lume. Vós acumulastes os vosos tesouros para os derradeiros días!4Mirade, como clama contra vós a paga que, con engano, deixastes de pagar aos labregos que colleitaban as vosas terras, e o pranto dos que colleitaban chegou aos oídos do Señor dos exércitos! 5Aquí na terra levastes unha vida de luxo, e adicástesvos á gran vida, cebastes os vosos corazóns para o día da matanza. 6Condenastes e matastes o xusto, sen que el vos fixera resistencia.7Polo tanto, irmáns, tende paciencia ata a vinda do Señor. Mirade como o labrego agarda pacientemente polo precioso froito da terra, ata recibir a choiva de cedo e de tarde. 8Vós tamén sede pacientes; afirmade os vosos corazóns, porque a vinda do Señor está preto.9Irmáns, non vos queixedes uns dos outros, para que non sexades xulgados; mirade que o Xuíz está ás portas. 10Irmáns, tomade como exemplo de sufrimento e de paciencia os profetas que falaron no nome do Señor. 11Nós temos por felices os que aturaron todo. Oístes da paciencia de Xob e vistes o propósito do Señor, porque o Señor é compasivo e moi misericordioso.12Mais, ante todo, meus irmáns, non xuredes, nin polo ceo, nin pola terra, nin por ningunha outra cousa; o voso si sexa si e o voso non sexa non, para que non sexades acusados.13Hai algún entre vós sufrindo? Que ore. Hai algún ledo? Que cante loanzas. 14Hai algún entre vós enfermo? Que chame os anciáns da igrexa para que oren por el unxíndoo con aceite no nome do Señor. 15E a oración de fe salvará o enfermo e o Señor levantarao; e se pecou, os seus pecados serán perdoados.16Confesádevos mutuamente os vosos pecados, e orade uns polos outros, para que sexades sandados. A oración eficaz do xusto ten moito poder. 17Elías era unha persoa coas mesmas fraquezas que nós, e orou con paixón para que non chovera e non caeu nin gota por tres anos e medio. 18E orou de novo e o ceo deu choiva e a terra produciu os seus froitos.19Meus irmáns, se alguén de vós se desencamiña da verdade e outro o trae de volta, 20saiba que quen fai volver a un pecador do extravío do seu camiño, salvará a súa alma da morte e cubrirá multitude de pecados.
1Pedro, apóstolo de Xesús Cristo, aos exiliados na dispersión do Ponto, a Galacia, a Capadocia, a Asia e a Bitinia, 2escollidos segundo o coñecemento de Deus o Pai, pola obra santificadora do Espírito, para obedecer a Xesús Cristo e ser asperxidos co seu sangue: que a graza e a paz vos sexan en abundancia.3Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos fixo nacer de novo, pola súa grande miseriordia, a unha esperanza viva, por medio da resurección de entre os mortos, 4para obter unha herdanza incorruptible, que non murcha, reservada nos ceos para vós, 5que estades protexidos polo poder de Deus mediante a fe para a salvación que está preparada coa fin de ser revelada no tempo final.6Por iso brincades de alegría, aínda que agora, se é necesario, esteades aflixidos por un pouco de tempo con diferentes probas, 7para que a proba da vosa fe, moito máis valiosa que o ouro (que mesmo sendo perecedeiro é probado con lume), resulte en loanza, gloria e honra na revelación de Cristo.8A quen amades sen o terdes visto, mais credes nel sen o ver, e reloucades con alegría indicible e gloriosa, 9obtendo como resultado da vosa fe a salvación das almas. 10Os profetas que falaron sobre esta salvación, da graza que viría a vós, investigaron e pesquisaron dilixentemente,11tentando saber que persoa ou que tempo indicaba o Espírito de Cristo dentro deles, ao predicir os sufrimentos de Cristo e as glorias que seguirían. 12Revelóuselles que non se servían a si mesmos, senón a vós, nestas cousas que agora vos proclamaron por medio dos que anunciaron o evanxeo polo Espírito Santo enviado do ceo, cousas que os anxos desexan achegarse a ver.13Así que, cinguide o voso entendemento para a acción; sede sobrios de espírito, poñede completamente a vosa esperanza na graza que vos traerá a revelación de Xesús Cristo. 14Coma fillos obedientes, non vos conformedes aos desexos que tiñades antes na vosa ignorancia,15senón que como Aquel que vos chamou é santo, tamén vós sede santos en toda a vosa maneira de vivir; 16porque está escrito: "Sede santos, porque Eu son santo". 17E se chamades Pai a aquel que xulga imparcialmente as obras de cada un, comportádevos con temor o tempo do voso peregrinar;18sabendo que non fostes rescatados do xeito baleiro de vivir que recibistes dos vosos pais, con cousas perecedoiras como o ouro e a prata, 19senón co sangue precioso, coma de un año sen defecto nin tacha: o sangue de Cristo.20El xa estaba elixido dende antes da creación do mundo, mais agora manifestouse por amor a vós; 21que por medio del sodes fieis a Deus, que o resucitou dos mortos e lle deu gloria, de modo que a vosa fe e esperanza estean en Deus.22Xa que purificastes as vosas almas en obediencia á verdade para un amor sincero de irmáns, amádevos uns a outros dun xeito entrañable, dende o corazón. 23Pois nacestes de novo, non de semente perecedoira, senón dunha que é incorruptible, é dicir, mediante a palabra de Deus que vive e permanece.24Porque: "toda carne é coma a herba, e toda a súa gloria coma a flor da herba. Seca a herba e cae a flor, 25mais a palabra do Señor permanece para sempre". E esta é a palabra que vos foi anunciada.
1Daquela, rexeitando toda maldade e todo engano, e finximentos, envexas e tódalas inxurias, 2desexade coma nenos que acaban de nacer, o leite puro da palabra, para que por el medredes para salvación, 3xa que probastes a bondade do Señor.4E achegádevos a El, pedra viva, desprezada polos homes, mais escollida e preciosa diante de Deus, 5tamén vós, coma pedras vivas, sede edificados coma casa espiritual para un sacerdocio santo, ofrecendo sacrificios espirituais aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo.6Por iso di a Escritura: "velaí poño en Sión unha pedra escollida e preciosa, pedra angular, e o que crea nel non ha ser avergoñado".7Polo tanto para os que credes, El é precioso; mais para os que non cren: "a pedra que rexeitaron os construtores, veu ser a pedra angular 8e, pedra onde tropezar e rocha onde caer"; pois eles tropezan porque son desobedientes á palabra, e ese é o seu destino.9Mais vós sodes familia escollida, real sacerdocio, nación santa, pobo adquirido por Deus, para anunciar as proezas daquel que vos chamou das tebras á sua luz admirable; 10xa que vós non erades pobo noutro tempo, mais agora sodes o pobo de Deus; non recibirades misericordia, mais agora recibistes misericordia.11Amados, rógovos como a extranxeiros e peregrinos que vos absteñades das paixóns carnais que loitan contra a alma. 12Entre os xentís, mantede unha conduta irreprochable, para que naquilo que vos calumnian coma malfeitores, ao veren as vosas boas obras, glorifiquen a Deus o día que El os visite.13Sometédevos a toda autoridade humana por causa do Señor, xa sexa o rei, coma a un superior, 14ou os gobernadores, coma enviados por el para castigo dos malfeitores e gabanza dos que fan o ben. 15Porque esta é a vontade de Deus: que facendo o ben, fagades calar a ignorancia dos insensatos. 16Andade coma persoas libres, mais non usedes a liberdade como pretexto para a maldade, senón empregádea como servos de Deus. 17Dádelle honra a todos, amade os irmáns, temede a Deus, honrade o rei.18Servos, estade suxeitos aos vosos amos con todo o respecto, non só aos que son bos e afables, senón tamén aos que son intratables. 19Porque isto merece aprobación, se algún por causa da súa conciencia diante de Deus, está a aturar penalidades sufrindo inxustamente. 20Pois, que mérito ten se cando pecades vos dan de labazadas e o soportades? Mais se cando facedes o ben sufrides por iso e o soportades con paciencia, isto é precioso diante de Deus.21Porque para este propósito fostes chamados, xa que Cristo sufriu por vós deixándovos o exemplo para que sigades as súas pegadas: 22"El, que non cometeu pecado, nin se atopou mentira algunha na súa boca"; 23quen cando o aldraxaban, non respondía con aldraxes; cando sofría, non ameazaba, senón que se encomendaba a Aquel que xulga con xustiza;24El mesmo levou os nosos pecados no seu corpo sobre a cruz, para que morramos ao pecado e vivamos para a xustiza, porque polas súas feridas fostes sandados. 25Xa que vós andabades descarreirados coma ovellas, mais agora volvestes ao Pastor e Gardián das vosas almas.
1Así mesmo, vós, mulleres, sometédevos aos vosos maridos, de modo que tamén os que non cren á palabra, poidan ser gañados sen dicir nada pola vosa conduta, 2ao veren que a vosa maneira de vivir é respectuosa e pura.3Non sendo o voso atavío o exterior: de cabelos peiteados, xoias de ouro ou de vestidos luxosos, 4senón o interior do corazón, co adorno inmortal dun espírito pacífico e sereo, cousa moi preciosa diante de Deus.5Porque así tamén se ataviaban noutro tempo as santas mulleres que esperaban en Deus, suxeitándose aos seus maridos. 6Así obedeceu Sara a Abraham, chamándoo "señor", e chegastes a ser fillas dela facendo o ben sen ter medo de ameaza algunha.7E vós, maridos, do mesmo xeito, tratade ás vosas mulleres con compresión, como compañeira máis feble, dándolle honra coma coherdeira da graza da vida, para que as vosas oracións non sexan estorbadas.8En fin, sede todos dun mesmo sentir, compasivos, fraternais, misericordiosos e de espírito humilde; 9non pagando mal por mal, ou insulto por insulto, senón máis ben bendicindo, porque fostes chamados co propósito de herdar bendición.10Porque: o que queira amar a vida e ver días bos, reteña a súa lingua do mal e os seus beizos non falen mentiras. 11Afástese do mal e faga o ben; procure a paz e sígaa. 12Porque os ollos do Señor están sobre os xustos, e os seus ouvidos atentos ás súas oracións; mais o rostro do Señor está na contra dos que fan o mal.13Quen vos poderá facer mal se amosades celo polo bo? 14Mais sodes benaventurados aínda que sufrades por causa da xustiza. E non teñades temor deles nin vos turbedes.15Senón santificade a Cristo como o Señor dos vosos corazóns, estando sempre preparados para presentar defensa ante todo aquel que vos pida razón da esperanza que hai en vós, 16mais facédeo con mansedume e respecto; tendo boa conciencia, para que naquilo que sodes calumniados, sexan avergoñados os que difaman a vosa boa conduta en Cristo. 17Xa que é mellor padecer por facer o ben, se así é a vontade de Deus, que por facer o mal.18Porque tamén Cristo morreu polos pecados unha soa vez para levarnos a Deus, o xusto polos inxustos, morto na carne mais vivificado no espírito; 19no que tamén foi e pregou aos espíritos encarcerados, 20os que noutro tempo foran desobedientes, cando Deus agardaba con paciencia nos días de Noé durante a construción da arca, na que uns poucos, isto é oito persoas, foron salvadas polas augas.21E como símbolo disto, o bautismo que agora vos libra (non quitando a suciedade do corpo, senón correspondendo a Deus cunha boa conciencia) pola resurrección de Xesús Cristo, 22que subiu ao ceo e está á dereita de Deus, despois de que se lle someteran os anxos, as autoridades e as potestades.
1Xa que Cristo padeceu na carne, armádevos vós tamén co mesmo propósito, pois quen padeceu na carne terminou co pecado, 2para non vivir o tempo que lle queda na carne, nos desexos humanos, senón na vontade de Deus.3Porque o tempo pasado xa foi suficiente para terdes feito o que agrada aos xentís, andando en sensualidade, luxurias, borracheiras, orxías, esmorgas e idolatría abominable. 4E así estráñanse ao veren que non andades con eles no mesmo desenfreno de vicios, e insúltanvos; 5mais eles darán conta a Aquel que está preparado para xulgar a vivos e mortos. 6Porque con esta fin foi proclamado o evanxeo aínda aos mortos, para que sendo xulgados segundo a carne como seres humanos, vivan no espírito segundo Deus.7Mais a fin de tódalas cousas está preto; sede pois prudentes e vixiantes nas oracións. 8Sobre tódalas cousas, sede ferventes no voso amor os uns polos outros, xa que o amor cubre multitude de pecados. 9Sede hospitalarios os uns para os outros, sen murmurar.10Como cada un de vós recibiu un don especial, usádeo servíndovos uns aos outros como bos administradores da multiforme graza inmerecida de Deus. 11O que fala, que fale conforme a palabra de Deus; o que sirve, que o faga pola fortaleza que Deus dá, para que en todo Deus sexa glorificado mediante Xesús Cristo, a quen pertence a gloria e o poder polos séculos dos séculos. Amén.12Amados, non vos sorprendades polo lume da proba que saíu de en medio de vós para probarvos, coma se algunha cousa rara estivese a acontecer; 13mais ben alegrádevos, na medida en que compartides os padecementos de Cristo, para que tamén na revelación da súa gloria relouquedes de ledicia. 14Se sodes aldraxados polo nome de Cristo, benaventurados sodes, pois o espírito da gloria e de Deus repousa en vós. Certamente, por eles El é blasfemado, mais por vós é glorificado.15Pero que ningún de vós sufra como asasino, ou ladrón, ou malfeitor, ou por entremetido. 16Mais se algún sufre como cristián, que non se avergoñe, senón que, como tal, glorifique a Deus.17Porque é tempo de que o xuízo comece pola casa de Deus; e se comeza primeiro por nós, cal será o fin dos que non obedecen o evanxeo de Deus? 18E se o xusto se salva con dificultade, que será do impío e do pecador? 19Por conseguinte, os que sofren conforme á vontade de Deus, encomenden as súas almas ao Creador, facendo o ben.
1Polo tanto, os anciáns de entre vosoutros, exhórtoos eu, tamén ancián coma eles e testemuña dos padecementos de Cristo, e tamén participante da gloria que será revelada: 2apacentade o rabaño de Deus entre vós, coidando del, non por obriga, senón voluntariamente como quere Deus, non por ganancia deshonesta, senón con desexo sincero; 3tampouco como tendo señorío sobre os que vos foron confiados, senón demostrando ser exemplo ao rabaño. 4E cando apareza o Príncipe dos pastores, recibiredes a coroa de gloria que nunca murcha.5Así mesmo, vós os máis novos, estade suxeitos aos maiores; e todos, revestidos de humildade no voso trato mutuo, porque Deus resiste aos soberbios, pero dá graza aos humildes. 6Facédevos humildes baixo a poderosa man de Deus, para que El vos exalte ao seu debido tempo, 7botando toda a vosa ansiedade sobre El, porque El ten coidado de vós.8Sede sobrios, estade alerta. O voso inimigo, o demo, anda axexando coma un león ruxindo, procurando quen devorar. 9Mais resistide firmes na fe, sabendo que os mesmos sufrimentos vanse cumprindo nos vosos irmáns en todo o mundo.10Despois de que sufrades por un pouco de tempo, o Deus de toda graza, quen vos chamou á súa gloria eterna en Cristo, El mesmo vos ha perfeccionar, afirmar, fortalecer e establecer. 11A El sexa o poder por sempre e para sempre. Amén.12Por vía de Silvano, o noso fiel irmán (porque así o considero), escribinvos estas poucas palabras, exhortando e dando testemuño que esta é a verdadeira graza de Deus. Estade firmes nela. 13A que está en Babilonia, escollida xuntamente con vós, saúdavos, e tamén o meu fillo Marcos. 14Saudádevos uns aos outros con bico de irmáns. A paz sexa con todos vós, os que estades en Cristo.
1Simón Pedro, servo e apóstolo de Xesús Cristo aos que recibiron unha fe como a nosa, pola xustiza do noso Deus e Salvador, Xesús Cristo: 2Graza e paz vos sexan multiplicadas no coñecemento de Deus e de Xesús o noso Señor.3O seu divino poder concedeunos todo canto precisamos no tocante á vida e á piedade, por medio do verdadeiro coñecemento daquel que nos chamou polas súas proezas gloriosas, 4por medio das que nos concedeu as preciosas e marabillosas promesas, para que por elas cheguedes a ser partícipes da natureza divina, fuxindo da corrupción do mundo por causa dos praceres destrutivos.5Por iso mesmo vós tamén, engadide con dilixencia a vosa fe virtude, e á virtude, coñecemento; 6e ao coñecemento, dominio propio, o dominio propio, paciencia; e á paciencia, piedade, 7á piedade, agarimo de irmáns e polo agarimo de irmáns, o amor.8Porque, se estas cousas están en vós e abundan, non vos deixarán ser nugalláns nin estériles no verdadeiro coñecemento do noso Señor Xesús Cristo. 9Porque o que non ten presente estas cousas é cego ou curto de vista, xa que esqueceu a purificación dos pecados pasados.10Así que, irmáns, sede tanto máis dilixentes para facer firme o voso chamado e elección; porque mentres fagades estas cousas nunca tropezaredes; 11e deste xeito concederásevos ampla entrada no reino eterno do noso Señor e Salvador Xesús Cristo.12Polo tanto, eu sempre estarei preparado para lembrarvos estas cousas, aínda que vós xa as sabedes e fostes confirmados na verdade que está presente en vós. 13Pois teño por xusto mentres estea neste corpo, animarvos lembrándovos estas cousas, 14sabendo que a miña separación do corpo terreal é inminente, tal e como o declarou o noso Señor Xesús Cristo. 15Tamén eu tentarei con dilixencia despois da miña partida, que poidades lembrar estas cousas sempre.16Porque non vos demos a coñecer o poder e a vinda do noso Señor Xesús Cristo seguindo contos de vellas, senón que fomos testemuñas oculares da súa maxestade. 17Pois cando El recibiu honor e gloria de Deus Pai, a maxestuosa gloria fíxolle esta declaración: "Este é o meu Fillo, meu Amado en quen me comprazo". 18Nós mesmos escoitamos esta voz chegada dende o ceo, cando estabamos con El no monte santo.19Temos a palabra profética máis segura, á que facedes ben en prestar atención como a unha lámpada que brilla en lugar escuro, ata que o día despunte e a estrela da mañá resplandeza nos vosos corazóns. 20Entendendo primeiro isto, que ningunha profecía da Escritura é cousa de interpretación persoal, 21porque ningunha profecía tivo a súa orixe nun acto de vontade humana, senón que as persoas que falaron de parte de Deus foron inspiradas polo Espírito Santo.
1Pero houbo tamén falsos profetas de entre o pobo, así como haberá falsos mestres de entre vós, os que arteiramente introducirán herexías destrutoras, negando aínda ao Señor que os comprou, traendo sobre si mesmos unha súbita destrución. 2Moitos seguirán a súa sensualidade libertina, e por causa deles, o camiño da verdade será blasfemado, 3e na súa cobiza, explotaranvos con palabras manipuladoras. Hai moito tempo que a sentenza deles está pronunciada e a súa perdición non está a durmir.4Pois Deus non perdoou os anxos cando pecaron, senón que os botou no Tártaro e os entregou aos foxos de tebras, reservados para o xuízo; 5e non perdoou o mundo antigo, senón que gardou a Noé, pregoeiro de xustiza, con outros sete, cando trouxo o diluvio sobre un mundo de impíos, 6e condenou a destrución ás cidades de Sodoma e Gomorra, reducíndoas a cinzas, poñéndoas de exemplo para os que haberían vivir impiamente.7Pero rescatou o xusto Lot, atormentado polo comportamento lascivo de xentes libertinas 8(porque este xusto que vivía entre eles día tras día sentía a súa alma atormentada polos feitos inmorais que vía e escoitaba); 9o Señor, entón, sabe rescatar da tentación os piadosos e reservar os inxustos baixo castigo ata o día do xuízo.10Especialmente a aqueles que andan tras dos desexos corrompidos da carne e desprezan a autoridade. Ousados e arrogantes, que non tremen cando maldín dos poderes superiores, 11cando os anxos, que son maiores en forza e en poder, non ditan xuízo inxurioso contra deles diante do Señor.12Mais estes, coma animais irracionais, nacidos para seren cazados e mortos, blasfemando do que ignoran, tamén han ser destruídos coa morte destas criaturas, 13sufrindo o mal como pago da súa iniquidade. Contan como deleite andar en praceres todo o día; son manchas e inmundicias que se deleitan nos seus enganos mentres comen alegremente convosco. 14Tendo os ollos cheos de adulterio nunca paran de pecar; seducindo as almas inestables e tendo o corazón exercitado na cobiza; son fillos de maldición!15Deixando o camiño recto, perdéronse, seguindo o camiño de Balaam, fillo de Beor, quen amou o pago da inxustiza; 16mais foi reprendido pola súa transgresión, xa que unha burra muda, falando con voz humana, reprimiu a tolería do profeta.17Estes son fontes secas, brétema empurrada pola treboada, para os que está reservada a escuridade das tebras. 18Pois falando con arrogancia e fachenda, seducen polos desexos sensuais da carne, aos que ían fuxindo dos que viven no erro. 19Prométenlles liberdade, mentres eles mesmos son escravos da corrupción, xa que un é escravo daquilo que o venceu.20Porque tratando de fuxir das inmundicias do mundo polo coñecemento do noso Señor e Salvador Xesús Cristo, enrédanse de novo e déixanse vencer por elas; e a súa condición final vén ser peor que a anterior. 21Seríalles mellor non ter coñecido o camiño da xustiza, que téndoo coñecido, volverse atrás do santo mandamento que lles foi dado. 22Pasoulles como naquel proverbio: "o can volve ao seu vómito, e a porca lavada, volve a envorcarse na lama".
1Amados, esta é a segunda carta que vos escribo, nas que esperto en vós o voso limpo entendemento, 2para que lembredes as palabras que antes dixeron os santos profetas, e o mandamento do Señor e Salvador manifestado polos vosos apóstolos.3Tede presente isto: que nos derradeiros días virán burladores coa súa retranca, seguindo as súas propias paixóns, 4e dicindo: "onde está a promesa da súa vinda? Porque dende que morreron os pais, todo segue tal e como estaba dende o principio da creación".5E cando din isto, non queren decatarse de que no primeiro tempo os ceos foron feitos pola palabra de Deus e maila terra que provén da auga e pola auga é que subsiste; 6polo que o mundo de entón desapareceu sendo inundado pola auga; 7mais os ceos e a terra actuais están reservados pola súa palabra para o lume, gardados para o día do xuízo e da perdición dos impíos.8Pero, amados, non ignoredes isto: que para o Señor un día é coma mil anos e mil anos coma un día. 9O Señor non está a retrasar a súa promesa, mesmo que algúns consideran que tarda, senón que é paciente con vós, non querendo que ninguén pereza, senón que todos teñan oportunidade de se converteren.10Mais o día do Señor virá coma un ladrón, no que os ceos desaparecerán con grande estrondo, e os elementos se han disolver con lume intenso, e a terra e as obras que hai nela serán descubertas.11Xa que todas estas cousas se han disolver, que clase de persoas cómpre que sexades para vivirdes santa e piadosamente! 12Agardando e apresurando a vinda do día do Señor, na que os ceos serán disoltos polo lume e os elementos derreterán pola grande calor! 13Mais, segundo a súa promesa, nós agardamos novos ceos e nova terra, onde vive a xustiza.14Por iso, amados, mentres agardades estas cousas, procurade con dilixencia que El vos atope en paz, sen mancha e irreprensibles. 15E considerade a paciencia do noso Señor como salvación, así como vos escribiu o noso irmán amado Paulo, segundo a sabedoría que lle foi dada. 16Como tamén, fala disto nas súas cartas, nas que hai algunhas cousas difíciles de entender, que os ignorantes e inestables retorcen - como tamén fan co resto das Escrituras - para perdición deles.17Polo tanto, amados, xa que sodes sabedores destas cousas, estade atentos non sexa que caiades da vosa firmeza arrastrados polo erro da xente libertina; 18mais ben, crecede na graza e no coñecemento do noso Señor e Salvador Xesús Cristo. A El sexa a gloria, agora e ata o día da eternidade.
1O que era dende o principio, o que escoitamos, o que vimos cos nosos propios ollos, aquilo que contemplamos e apalparon as nosas mans, a Palabra da vida; 2porque a vida manifestouse e nós vímola e damos testemuño dela, e así vola anunciamos: a vida eterna que estaba co Pai e chegou a nós.3Anunciámosvos o que vimos e escoitamos, para que tamén vós teñades parte connosco, e ese compartir xuntos é verdadeiramente co Pai e co seu Fillo, Xesús Cristo. 4Escribímosvos estas cousas para que a vosa alegría sexa cumprida.5Esta é a mensaxe que escoitamos del e que vos anunciamos: Deus é luz, e nel non hai tebras. 6Se dicimos que temos parte con El e andamos nas tebras, mentimos e non practicamos a verdade. 7Mais se andamos na luz, coma El está na luz, participamos uns cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo, límpanos de todo pecado.8Se dicimos que non temos pecado, enganámonos a nós mesmos e a verdade non está en nós. 9Se confesamos os nosos pecados, El é fiel e xusto para perdoar os nosos pecados e limparnos de toda maldade. 10Se dicimos que non pecamos, estamos facendo a Deus mentireiro e a súa Palabra non está en nós.
1Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes, pero se algún peca, temos un Avogado diante do Pai, Xesús o Mesías, o Xusto. 2El é a propiciación polos nosos pecados, e non só polos nosos, senón tamén polos de todo o mundo. 3Nisto sabemos que o coñecemos: se gardamos os seus mandamentos.4Aquel que di: "eu coñezo a Deus" pero non cumpre os seus mandamentos, é mentireiro e a verdade non está nel; 5pero o que obedece a súa palabra, verdadeiramente nel perfeciónase o amor de Deus; esa é a proba de que estamos nel. 6Quen di que permanece nel, ten que vivir como Xesús viviu.7Amados, non vos escribo un mandamento novo, senón un mandamento antigo, o que xa tiñades dende o comezo: ese mandamento antigo é a palabra que escoitastes. 8Con todo, escríbovos un mandamento novo, que é verdadeiro en Cristo e en nós, porque as tebras vanse alonxando e a luz verdadeira está a brillar.9O que asegura estar na luz e aborrece a seu irmán, aínda vive nas tebras. 10Quen ama a seu irmán permanece na luz e non hai tropezo nel; 11pero quen odia a seu irmán, aínda está na escuridade e camiña nas tebras sen saber onde vai, porque a escuridade cegoulle os ollos.12Escríbovos a vós, meus fillos porque os vosos pecados foron perdoados por mor do seu nome. 13Escríbovos, pais, porque coñecestes a Aquel que é dende o comezo. Mozos, escríbovos porque vencestes o Maligno. Fillos, escríbovos porque coñecestes ao Pai. 14Pais, escríbovos porque coñecestes ao que é dende o comezo. Mozos, dígovolo polo tanto, a vós, que sodes valentes e a palabra de Deus permanece en vós, e porque vencestes o Maligno.15Non amedes o mundo nin as cousas que están no mundo. Se alguén ama o mundo, o amor do Pai non está nel. 16Porque todo o que hai no mundo: o querer satisfacer os nosos malos desexos, a cobiza de querer ter todo o que vemos e a soberbia da vida, non vén do Pai, senón do mundo. 17E o mundo e os seus desexos pasan, pero o que fai a vontade de Deus, permanece para sempre.18Filliños, estamos na hora derradeira, e como escoitastes, o anticristo vén; dese mesmo xeito xurdiron moitos anticristos, por iso coñecemos que esta é a hora derradeira. 19Saíron de nós, pero non eran dos nosos, porque se fose así habían quedar connosco; pero saíron para que soubésemos que non todos son dos nosos.20Pero vós tedes a unción do Santo, e todos o sabedes. 21Non vos escribín porque non coñezades a verdade, senón porque a coñecedes, e porque ningunha mentira vén da verdade.22Quen é o mentireiro, senón o que nega que Xesús é o Mesias? Este é o anticristo, aquel que nega o Pai e mailo Fillo. 23Todo aquel que nega o Fillo, tampouco ten o Pai. Aquel que confesa o Fillo si ten tamén o Pai.24O que coñecedes dende o comezo é o que debe permanecer en vós. Se o que oístes dende o comezo permanece en vós, tamén vós permaneceredes no Fillo e no Pai. 25Porque esta é a promesa que El nos deu: a vida eterna. 26Escríbovos todo isto para que vos coidedes ben dos que vos queren enganar.27Pero en canto a vós, a unción que El vos deu permanece en vós e non precisades que ninguén vos ensine, senón que así como a súa unción vos ensina todas as cousas e é verdade e non é mentira, permanecede nel tal como vos ensinou. 28E agora, meus fillos, permanecede nel para que cando El sexa manifestado teñamos confianza e non nos afastemos del, sendo avergoñados cando El volte. 29Se sabedes que El é xusto, saberedes tamén que todo o que fai xustiza naceu del.
1Vede tan grande amor que nos deu o Pai para nos chamarmos fillos de Deus! E de feito sómolo! Por iso o mundo non nos coñece, porque tampouco o coñeceu a El. 2Meus amados, agora somos fillos de Deus, pero aínda non se manifestou todo o que chegaremos ser, mais sabemos que cando El sexa manifestado seremos semellantes a El porque o veremos tal como El é. 3Todo o que ten esta esperanza posta nel purifícase a si mesmo, como El é puro.4Todo o que practica o pecado, tamén está infrinxindo a lei, porque o pecado infrinxe a lei. 5E vós sabesdes que El se manifestou a fin de quitar os pecados, e nel non hai pecado. 6Todo o que permanece nel non lle dá por pecar; aquel que continúa pecando non o viu nin o coñeceu.7Filliños, que ninguén vos engane; o que practica a xustiza é xusto, así como El é xusto. 8O que practica o pecado vén do demo, pois el peca dende o comezo. Por isto foi manifestado o Fillo de Deus, para destruír as obras do demo.9Todo o que naceu de Deus non practica o pecado, porque a semente de Deus permanece nel e non pode pecar pois naceu de Deus. 10Nisto son recoñecidos os fillos de Deus e os fillos do demo: todo o que non practica a xustiza non é de Deus, tampouco aquel que non ama a seu irmán.11Porque esta é a mensaxe que escoitastes dende o comezo: que nos amemos uns aos outros. 12Non como Caín que era do maligno e matou a seu irmán. E por que o asasinou? Porque os seus feitos eran malos e os do seu irmán xustos.13Irmáns, non vos asombredes se o mundo vos aborrece. 14Nós sabemos que pasamos da morte á vida, porque amamos os nosos irmáns; quen non ama, permanece na morte. 15Quen odia a seu irmán é un asasino, e sabedes que a vida eterna non permanece en ningún asasino.16Nisto temos coñecido o amor: en que El puxo a súa vida por nós; e nós tamén debemos dar a nosa vida polos nosos irmáns. 17Pero quen teña bens neste mundo e vexa a seu irmán pasar necesidade, e non ten compaixón del, como ha vivir o amor de Deus nel? 18Meus fillos queridos, non amemos de palabra nin de lingua, senón con feitos e verdade.19Deste modo sabemos que somos da Verdade, e así afirmaremos o noso corazón diante del: 20pois se o noso corazón nos acusa, Deus é maior ca o noso corazón, e El coñece tódalas cousas. 21Meus queridos, se o noso corazón non nos acusa, temos confianza en Deus 22e todo o que lle pedimos podemos recibilo, porque gardamos os seus mandamentos e facemos o que lle agrada.23Este é o seu mandamento: que creamos no nome do seu Fillo Xesús Cristo e nos amemos uns aos outros, como El nos mandou. 24E aquel que garda os seus mandamentos permanece nel, e Deus ten parte con el; e nisto sabemos que El permanece en nós, polo Espírito que nos deu.
1Benqueridos, non vos fiedes de calquera espírito, mais ben poñede a proba tódolos espíritos para ver se veñen de Deus, porque moitos falsos profetas saíron ao mundo. 2Nisto coñeceredes o Espíritu de Deus: todo espírito que confesa que Xesús Cristo veu en carne, procede de Deus; 3e todo espírito que non confesa a Xesús, non procede de Deus, senón que é do anticristo, do que sabedes que vén e agora xa está no mundo.4Meus filliños, vós sodes de Deus, e a estes xa os vencestes, pois maior é o que está en vós que o que está no mundo. 5Eles proceden do mundo, por iso falan de parte do mundo e o mundo está a escoitalos. 6Nós procedemos de Deus, aquel que coñece a Deus escóitanos; o que non procede de Deus, non nos escoita. Por iso coñecemos o espírito da verdade e o espírito do erro.7Meus queridos, amémonos uns aos outros, porque o amor vén de Deus, e todo aquel que ama naceu de Deus e coñece a Deus. 8Aquel que non ama, non coñece a Deus, pois Deus é amor.9Manifestouse o amor de Deus en nós deste xeito: Deus mandou ao mundo o seu Fillo Unixénito para que vivamos por medio del. 10Nisto consiste o amor: non en que nós teñamos amado a Deus, senón en que El nos amou e enviou o seu Fillo como propiciación polos nosos pecados.11Meus amados, se Deus nos amou tanto, tamén temos que nos amar uns aos outros. 12A Deus ninguén o viu xamais; se nós, nos amamos uns aos outros, Deus permanece en nós e o seu amor foi perfeccionado en nós. 13Coñecemos que permanecemos nel e El en nós en que nos deu o seu Espírito. 14Nós mesmos vimos e testemuñamos que o Pai mandou o Fillo como Salvador do mundo.15Aquel que confese que Xesús é o Fillo de Deus, Deus ten parte con el e el con Deus. 16Nós coñecimos e crimos no amor que Deus nos ten. Deus é amor, e quen permanece no amor permanece en Deus e Deus nel.17Nisto chega a ser perfecto o amor de Deus entre nós, para que teñamos confianza no día do xuízo: que como El é, así somos nós no mundo. 18No amor non hai temor, mais ben o amor perfecto bota fóra o temor, pois o temor leva o castigo dentro de si; pois o que ten medo non chegou a un amor perfecto.19Nós amamos porque El nos amou primeiro. 20Se alguén di: "amo a Deus" pero aborrece a seu irmán, é mentireiro, porque quen non ama a seu irmán a quen ve, non pode amar a Deus a quen non ve. 21Este é o mandamento que temos de parte de Deus: quen ama a Deus, ten que amar tamén a seu irmán.
1Todo aquel que cre que Xesús é o Mesías, naceu de Deus e todo o que ama ao Pai, ama tamén ao Fillo nacido del. 2Nisto coñecemos que amamos aos fillos de Deus, cando amamos a Deus e practicamos os seus mandamentos. 3Porque este é o amor de Deus: que gardemos os seus mandamentos, e os seus mandamentos non son pesados.4Porque todo o que naceu de Deus vence o mundo; e esta é a vitoria que venceu o mundo, a nosa fe. 5Quen é aquel que vence o mundo senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus?6Este é o que veu mediante auga e sangue, Xesús Cristo. Non veu soamente pola auga, senón pola auga e o sangue. E o Espírito é o que testemuña, xa que o Espírito é verdade. 7Porque tres son os que dan testemuño: 8O Espírito, a auga e mailo sangue, e os tres concordan.9Se recibimos o testemuño das persoas, o testemuño de Deus é maior, porque este é o testemuño de Deus: o que nos ten dado acerca do seu Fillo. 10Quen cre no Fillo de Deus, ten o testemuño dentro de si; o que non cre en Deus, faino mentireiro, porque non creu no testemuño que Deus ten dado sobre o seu Fillo.11E nisto consiste o testemuño: que Deus nos deu a vida eterna, e esta vida está no seu Fillo. 12Quen ten o Fillo ten a vida; quen non ten o Fillo de Deus, non ten a vida.13Escríbovos estas cousas a tódolos que credes no nome do Fillo de Deus, para que esteades seguros que tedes vida eterna. 14Esta é a confianza que temos diante del, que cando pedimos algo conforme coa súa vontade, El escóitanos. 15E se sabemos que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, sabemos tamén que temos aquilo que lle pedimos.16Se alguén ve a seu irmán cometendo un pecado que non leva á morte, suplicará, e Deus daralle a vida (a aqueles que non pecan de morte). Hai pecado que leva á morte, e non digo que pidades sobre el. 17Toda inxustiza é pecado, pero hai pecado que non leva á morte.18Sabemos que todo aquel que naceu de Deus non peca, pois o que foi enxendrado por Deus gárdao, e o maligno non o agarra. 19Sabemos que nós procedemos de Deus, mentres o mundo enteiro cae baixo o dominio do maligno.20Pero sabemos que o Fillo de Deus veu e que nos deu entendemento para que coñezamos quen é o Verdadeiro, e estamos nel: no seu Fillo Xesús Cristo. Este é o Deus verdadeiro e a vida eterna. 21Meus fillos, gardádevos dos ídolos.
1O Ancián á señora elixida e mailos seus fillos, aos que amo en verdade, e non só eu, mais tamén todos os que coñeceron a verdade, 2os que por mor da verdade que permanece en nós, e que nos acompañará sempre: 3a graza, a misericordia e a paz de Deus o Pai e de Xesús Cristo, o Fillo do Pai, sexan con vós en verdade e amor.4Moito me alegrei por ver que algúns dos teus fillos camiñan na verdade, conforme ao que o Pai nos mandou. 5Agora, pídoche, señora, non como se estivera a anunciar un mandamento novo, senón aquel que tiñamos dende o principio: que nos amemos uns aos outros. 6O amor consiste nisto: en vivirmos segundo os seus mandamentos, e o mandamento é que camiñemos con El, como escoitamos dende o principio.7Agora andan polo mundo moitos enganadores que non confesan a Xesús Cristo que veu en carne mortal. Velaí o enganador e o anticristo! 8Mirade por vós mesmos, para que non botedes a perder as cousas polas que traballamos, senón para que recibades a recompensa completa.9Todo o que se desvía e non permanece na doutrina do Mesías non ten a Deus consigo. O que permanece no que El ensinou, este ten o Pai e mailo Fillo. 10Se algún chega onda vós e non ten esa doutrina, non lle abrades a porta da casa nin lle digades "benvido"; 11porque aquel que lle di: "benvido" faise cómplice das cousas malas que o tal fai.12Teño moitas cousas que vos dicir, mais non o farei con papel e tinta, pois estou querendo ir e falarvos cara a cara, para que a vosa ledicia sexa completa. 13Saúdante os fillos da túa irmá, a elixida.
1O ancián ao benquerido Gaio, a quen de verdade amo. 3Amado, en tódalas cousas desexo que sexas prosperado e teñas saúde, do mesmo xeito que prospera a túa alma! 2Canto me alegrei cando chegaron os irmáns e testemuñaron da túa vida, de como andas na verdade! 4Non teño ledicia meirande ca esta: saber que os meus fillos andan na verdade.5Amado, estás a comportarte fielmente en todo o que fas polos irmáns, e sobre todo por aqueles que son forasteiros; 6eles mesmos testemuñaron do teu amor. Farás ben en axudalos para que poidan viaxar como é digno de Deus. 7Pois por mor do Nome, marcharon sen aceptaren nada dos pagáns. 8Por tanto, debemos recibir a estes homes como convidados, para sermos colaboradores na extensión da verdade.9Escribín unha carta á igrexa, mais Diótrefes, quen quere ser o primeiro sempre, non nos recoñece. 10Por iso, se vos vou ver, lembrareille as cousas que fai, acusándonos inxustamente con palabras maliciosas, e non satisfeito con iso, non recibe os irmáns e llelo impide a aqueles que queren facelo expulsándoos da igrexa.11Meu amigo, non imites o malo, senón o bo. O que fai o que é bo, vén de Deus, o que fai o malo endexamais viu a Deus. 12Todos testemuñan a favor de Demetrio, tamén a mesma verdade, e nós mesmos falamos ben del, e ti sabes que o noso testemuño é verdadeiro.13Aínda teño moitas cousas para che escribir, pero non quero facelo con tinta e pluma; 14Espero verte axiña e falaremos cara a cara. 15A paz sexa contigo. Mándanche saúdos os teus amigos. Saúda os meus amigos, a cada un polo seu nome.
1Xudas, servo de Xesús Cristo e irmán de Xacobe, aos chamados amados de Deus o Pai, e gardados para Xesús Cristo: 2que a misericordia, a paz e o amor vos sexan multiplicados.3Amados, mentres facía o máximo esforzo en vos escribir sobre a nosa común salvación, eu tiña que dirixirme a vós para animarvos a loitar de xeito esforzado pola fe que unha vez foi dada aos crentes. 4Pois sen decatarvos introducíronse entre vós, certas malas persoas apuntadas para a condenación. Aqueles que pervirten a graza do noso Deus e rexeitan a Xesús Cristo, o noso único Señor e Soberano.5Quérovos lembrar, aínda que todas estas cousas as tedes ben sabidas, que o Señor logo de salvar o seu pobo, liberándoo da escravitude de Exipto, acabou con aqueles que non creran. 6E tamén aos anxos que non gardaron a súa integridade e abandonaron a súa propia morada, mantenos na escuridade, en cadeas eternas ata o gran día do xuízo.7Do mesmo xeito ca Sodoma e Gomorra e as cidades veciñas que, tal como aquelas, se entregaron á inmoralidade sexual e a vicios e desexos contra a natureza. Eles serven como exemplo do castigo do lume eterno. 8Igualmente, tamén eles están a matinar coas súas visións e contaminan os seus corpos, rexeitando a autoridade e blasfemando contra as autoridades celestiais.9Mais o arcanxo Miguel, cando loitaba co demo discutindo sobre o corpo de Moisés, non se atreveu a aldraxalo, senón que dixo: "Que o Señor te reprenda". 10Pero estes, maldín o que non entenden, e corrómpense nas cousas que comprenden coma se fosen animais irracionais. 11Pobres deles! Seguiron o camiño de Caín e pola cobiza caeron no erro de Balaam, perecendo na revolta de Coré.12Estes son os que deshonran as vosas festas de amor fraterno, cébanse sen temor algún, porque só pensan en si mesmos; son nubes sen auga levadas polos ventos, árbores de outono sen froito algún, mortos unha e outra vez, arrincados de raíces, 13ondas violentas do mar que cuspen como escuma os seus actos vergoñentos, estrelas errantes para as que a escuridade e as tebras están reservadas para sempre!14Deles profetizou Henoc, o sétimo despois de Adán, dicindo: "O Señor vén con milleiros dos seus santos 15para executar o xuízo sobre todos, e para convencer a todos os malvados polas obras malas que fixeron dun xeito ruín, e de tódalas inxurias que falaron contra El eses impíos pecadentos". 16Eles son murmuradores, andan queixándose sempre, viven tal como lles peta e a súa boca ábrese só para falar palabras abraiantes, gabando ás persoas para obteren ganancias deshonestas.17Mais vós, benqueridos irmáns, lembrádevos das palabras ditas polos apóstolos de Xesús Cristo, noso Señor. 18Eles dixéronvos: nos tempos derradeiros xurdirán persoas que se burlarán de todo, vivindo segundo as súas propias cobizas. 19Estes son os que causan divisións, os mundanos, os que non teñen o Espírito.20Pero vós, queridiños, edificade a vosa vida na fe santa, orando no Espírito Santo, 21conservádevos no amor de Deus, agardando sempre a misericordia de Xesús Cristo, noso Señor, que vos dá a vida eterna.22Tede compaixón dos que dubidan; 23pero salvade a outros arrincándoos do lume. E tede misericordia doutros, aínda que con temor, aborrecendo aínda a roupa contaminada polos seus vicios.24E a Aquel que é poderoso para vos gardar sen caer e presentarvos sen mancha diante da súa gloria cheos de ledicia, 25ao único Deus, o noso Salvador, sexa a gloria, a maxestade, a autoridade e o poder, por medio de Xesús Cristo, noso Señor, dende antes de tódolos séculos, agora e por sempre, amén.
1Revelación de Xesús Cristo, que Deus lle deu para manifestar aos seus servos o que debe suceder axiña, e declarouna mandándoa por medio do seu anxo ao seu servo Xoán, 2quen deu testemuño da palabra de Deus, e dá testemuño de Xesús Cristo, e de todo o que viu. 3Feliz o que le e os que escoitan as palabras da profecía e gardan as cousas que nela están escritas, porque o tempo está próximo.4Xoan, ás sete igrexas que están en Asia: graza a vós e paz, de quen é e que era e quen virá, e dos sete Espíritos que están diante do seu trono, 5e de Xesús Cristo, a testemuña fiel, o primoxénito dos mortos e o soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama e nos fixo libres dos nosos pecados co seu sangue, 6e fixo de nós un reino e sacerdotes para o seu Deus e Pai, a El sexa a gloria e a soberanía polos séculos. Amén.7Velaí vén coas nubes, e vaino ver todo ollo, e tamén os que o traspasaron; e tódalas tribos da terra farán lamentación por El. Si, Amén. 8Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é e que foi e que está vindo, o Todopoderoso.9Eu, Xoán, voso irmán e partícipe con vós na tribulación, no reino e na constancia en Xesús, atopábame na illa de Patmos, por mor da palabra de Deus e do testemuño de Xesús. 10Estando no espírito no día do Señor, escoitei tras de min unha grande voz, coma de trompeta, 11que dicía: -Escribe nun libro o que ves, e mándao ás sete igrexas: a Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardis, Filadelfia e Laodicea.12E vireime para ver de quen era a voz que estaba a falar comigo. E ao virarme, vin sete candeeiros de ouro; 13e no medio dos candeeiros, vin a un semellante ao Fillo do Home, vestido cunha túnica que lle chegaba aos pés e cinguido polo peito cun cinto de ouro.14A súa cabeza e os seus cabelos eran brancos coma branca lá, coma neve; os seus ollos eran coma chamas de lume; 15os seus pés semellantes ao bronce lustrado, refinado no forno, e a súa voz coma o murmurio de moitas augas. 16Na súa man dereita tiña sete estrelas, e da súa boca saía unha espada aguda de dobre gume; o seu rostro era coma o sol cando reloce con toda a súa forza.17Cando o vin, caín como morto aos pés del. E El puxo a súa man dereita sobre min, dicindo: -Non temas, Eu son o primeiro e o derradeiro, 18e o que vive, e estiven morto; velaquí, estou vivo polos séculos dos séculos, e teño as chaves da morte e do Hades.19Escribe as cousas que viches, e as que son, e as que sucederán despois destas. 20No tocante ao misterio das sete estrelas que viches na miña man dereita e dos sete candeeiros de ouro: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas, e os sete candeeiros son as sete igrexas.
1Escribe ao anxo da igrexa en Éfeso: o que ten as sete estrelas na súa man dereita, o que anda entre os sete candeeiros de ouro, di isto: 2sei das túas obras, o teu cansanzo e a túa perseveranza, e que non podes aturar os malos, e puxeches a proba aos que se chaman apóstolos e non son tal, e topáchelos mentireiros.3Tes perseveranza, e aturaches moito por mor do meu nome e non desfaleceches. 4Mais teño isto na túa contra: que deixaches o teu primeiro amor. 5Lembra, pois, de onde foi que caíches e arrepíntete, e fai as obras que fixeches ao principio; se non, virei a ti e quitarei o teu candeeiro do seu sitio, a non ser que te arrepintas.6Por outra banda tes isto, que aborreces as obras dos nicolaítas, obras que eu tamén aborrezo. 7O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille a comer da árbore da vida, que está no paraíso de Deus.8Escribe ao anxo da igrexa en Esmirna: o primeiro e o derradeiro, o que estivo morto e voltou á vida, di isto: 9Eu sei do teu padecemento e a túa pobreza (mais es rico), e a blasfemia dos que se din ser xudeus e non son tal, senón sinagoga de Satanás.10Non temas o que estás por sufrir. Velaí o diaño botará a algún de vós na cadea para serdes probados, e teredes padecemento por dez días. Sé fiel ata a morte, e Eu heiche dar a coroa da vida. 11O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas. O vencedor non sufrirá dano da morte segunda.12Escribe ao anxo da igrexa en Pérgamo: o que ten a espada aguda de dobre gume, di isto: 13Eu sei onde moras, onde está o trono de Satanás. Gardas fielmente o meu nome e non negaches a miña fe, aínda nos días de Antipas, miña testemuña fiel, que foi morto entre vós, onde mora Satanás.14Pero teño na túa contra unhas poucas cousas, porque tes aí os que manteñen a doutrina de Balaám, que ensinaba a Balac a poñer atranco ante os fillos de Israel, a comer cousas sacrificadas aos ídolos e a fornicar. 15Mesmo tes tamén algúns que sosteñen a doutrina dos nicolaítas.16Polo tanto, arrepíntete; se non, virei a ti axiña e pelexarei contra eles coa espada da miña boca. 17O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille do maná agochado e dareille unha pedriña branca, e gravado na pedriña un novo nome, que ninguén coñece senón o que o recibe.18Escribe ao anxo da igrexa en Tiatira: o Fillo de Deus, que ten ollos coma chamas de lume, e os seus pés son semellantes ao bronce lustrado, di isto: 19Eu sei das túas obras, o teu amor, a túa fe, o teu servizo e a túa perseveranza, e que as túas recentes obras son maiores que as primeiras.20Pero teño isto na túa contra: que admites a esa muller Xezabel, que se di ser profetisa, e ensina e seduce aos meus servos a que cometan actos inmorais e coman das cousas sacrificadas aos ídolos. 21Deille tempo para arrepentirse, e non quere arrepentirse da súa inmoralidade.22Velaí a boto na cama, e en gran padecemento aos que adulteran con ela, a non ser que se arrepintan das obras dela. 23E matarei os seus fillos con mala morte, e tódalas igrexas coñecerán que Eu son o que escudriño o máis profundo das mentes e dos corazóns, e heivos dar segundo as vosas obras.24Pero a vós, aos demais que están en Tiatira, aos que non teñen esta doutrina, que non coñeceron as cousas profundas de Satanás, como lles chaman eles, dígovos: non vos impoño outra carga. 25Así e todo, o que tendes, retédeo ata que Eu veña.26E ao vencedor, o que garda as miñas obras ata a fin, heille dar autoridade sobre as nacións; 27e ha de os pastorear con vara de ferro, coma os vasos do oleiro son feitos anacos, como Eu tamén recibín do meu Pai; 28e heille dar a estrela da mañá. 29O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas.
1Escribe ao anxo da igrexa en Sardis: o que ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas, di isto: sei das túas obras, que tes nome de que vives, pero estás morto. 2Sé vixiante e afirma as outras cousas, que estaban a piques de morrer, porque acho que as túas obras non son perfectas diante do meu Deus.3Lémbrate, entón, do que recibiches e escoitaches; e gárdao e arrepíntete. Pois se non vixías, virei coma ladrón, e non saberás a que hora chegarei sobre ti. 4Pero tes uns poucos en Sardis que non ensuciaron as súas vestiduras, e andarán comigo de branco, porque son dignos.5O que venza deste xeito vestirase con vestiduras brancas e non borrarei o seu nome do libro da vida, e confesarei o seu nome diante do meu Pai e diante dos seus anxos. 6O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas.7Escribe ao anxo da igrexa en Filadelfia: o Santo, o Verdadeiro, o que ten a chave de David, o que abre e ninguén fecha, e fecha e ninguén abre, di isto: 8Eu sei das túas obras. Velaí puxen unha porta aberta diante de ti que ninguén pode fechar, porque aínda que tes pouco poder, gardaches a miña palabra e non negaches o meu nome.9Mira, entrego a algúns da sinagoga de Satanás, dos que din ser xudeus e non son tal, senón que minten; Eu farei que veñan e se poñan aos teus pés, e saiban que te amei. 10Porque gardaches a palabra da miña paciencia. Tamén eu te hei gardar da hora da proba que está a piques de vir sobre o mundo enteiro, para probar os que vivan na terra. 11Veño decontado! Retén firme o que tes, para que ninguén bote man da túa coroa.12Ao vencedor fareino columna do santuario do meu Deus, e endexamais sairá de alí; escribirei sobre el o nome do meu Deus, e o nome da cidade do meu Deus: a nova Xerusalém que descende do ceo, e o meu nome novo. 13O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas.14Escribe ao anxo da igrexa en Laodicea: 15o Amén, a Testemuña Fiel e verdadeira, o Principio da creación de Deus, di isto: Eu sei das túas obras, que nin es frío nin quente. Ai se foses frío ou quente! 16Por canto es morno, e non frío nin quente, heite vomitar da miña boca.17Porque dis: son rico, enriquecín e non teño necesidade algunha! e non sabes que es un miserable, digno de compaixón, e pobre, cego e nu, 18aconsélloche que merques de min ouro refinado no lume para que sexas rico, e vestiduras brancas para te cubrir, e non apareza a vergoña de verte espido, e colirio para unxir os teus ollos, para que vexas.19Eu reprendo e disciplino a todos os que amo; sé, pois, fervoroso e arrepíntete. 20Mira, Eu estou chamando na porta; se algún escoita a miña voz e abre a porta, entrarei a el, e cearei con el e el comigo.21Ao vencedor, concedereille sentar comigo no meu trono, como Eu tamén vencín e sentei co meu Pai no seu trono. 22O que ten oído, escoite o que o Espírito di ás igrexas.
1Logo disto mirei, e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz que escoitara, coma son de trompeta que falaba comigo, dicía: -Sube aquí que che vou amosar o que debe acontecer despois disto. 2Decontado estiven en espírito, e velaí un trono posto no ceo, e no trono, un sentado. 3E o que estaba sentado semellaba no seu parecer a unha pedra de xaspe e de cornalina, e había un arco iris arredor do trono, semellante no seu parecer a unha esmeralda.4Arredor do trono había vintecatro tronos, e sentados nos tronos, vintecatro anciáns vestidos de vestiduras brancas, e sobre as súas cabezas, coroas de ouro. 5Do trono saen lóstregos, voces e estrondos; e diante do trono arden sete lámpadas de lume, que son os sete espíritos de Deus.6Diante do trono hai como un mar de vidro, semellante o cristal; e no medio do trono, arredor do trono, catro seres viventes, cheos de ollos por diante e por detrás.7O primerio ser vivente semellaba un león; o segundo ser vivente semellaba un xato; o terceiro ser vivente tiña semblante coma de home, e o cuarto ser vivente semellaba unha aguia voando. 8Os catro seres viventes, cada un deles con seis ás, estaban cheos de ollos arredor e por dentro, e non paraban día e noite dicindo: Santo, Santo, Santo é o Señor Deus Todopoderoso, o que era, e que é, e o que está vindo!9E cando os seres viventes dean gloria e honor ao que está sentado no trono, ao que vive polos séculos dos séculos, 10os vintecatro anciáns prostraranse diante do que está sentado no trono, e adorarán ao que vive polos séculos dos séculos, e botarán as súas coroas diante do trono, dicindo: 11Digno es, Señor noso Deus, de recibir a gloria, o honor e o poder, porque ti creaches tódalas cousas, e pola túa vontade existiron e foron creadas!
1E vin na man dereita do que estaba sentado no trono un pergamiño escrito por dentro e por fóra, pechado con sete selos. 2E vin un anxo forte que pregoaba a grande voz: quen é digno de abrir o pergamiño e desatar os seus selos?3E ninguén, nin no ceo nin na terra nin baixo da terra, podía abrir o pergamiño, nin miralo. 4E choraba eu moito, porque non se atopou ninguén digno de abrir o pergamiño, nin de miralo. 5Entón dime un dos anciáns: -Non chores; mira, o León da tribo de Xudá, a Raíz de David, venceu para abrir o libro e os seus sete selos!6E vin no medio do trono e dos catro seres viventes, e no medio dos anciáns, un Año en pé, coma sacrificado, que tiña sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus mandados por toda a terra. 7E veu e tomou o libro da man dereita do que estaba sentado no trono.8E cando tomou o pergamiño, os catro seres viventes e os vintecatro anciáns caeron rendidos diante do Año; con cadansúa cítara e tazóns de ouro cheos de incensos que son as oracións dos santos.9E cantan un novo canto, dicindo: -Digno es de tomar o pergamiño e de abrir os seus selos, porque ti fuches sacrificado, e co teu sangue redimiches para Deus a xente procedente de toda tribo, lingua, pobo e nación. 10E fixeches deles un reino de sacerdotes para o noso Deus, e reinarán sobre a terra!11E mirando, escoitei a voz de moitos anxos arredor do trono, e dos seres vivintes e dos anciáns; e o número deles era unha multitude de milleiros e milleiros, 12que dicían a grande voz: -Digno é o Año que foi inmolado, de tomar o poder, e a riqueza, e a sabedoría, e a forza e o honor, e a gloria e a loanza!13E a toda cousa creada que está no ceo, sobre a terra, baixo da terra e no mar, e a tódalas cousas que hai neles, escoitei dicir: -Ao que está sentado sobre o trono e ao Año sexa o louvor, e a honra e a gloria e o dominio por tólolos séculos. 14E os catro seres viventes dicían: -Amén! E os anciáns axeonlláronse e adoraron.
1E vin cando o Año abriu un dos sete selos, e escoitei a un dos catro seres viventes que dicía, coma con voz de trono: -Sae! 2Mirei e velaí un cabalo branco; e o que o montaba tiña un arco, e foille dada unha coroa, e saíu vencendo e para vencer.3Cando abriu o segundo selo, escoitei ao segundo ser vivente que dicía: -Sae! 4Entón saíu outro cabalo vermello coma o lume, e ao que o montaba foille dado quitar a paz da terra, e que se mataran os uns aos outros; e foille dada unha espada grande.5Cando abriu o terceiro selo, escoitei ao terceiro ser vivente que dicía: -Sae! E mirei, velaí, un cabalo negro, e o que o montaba tiña unha balanza na man. 6E escoitei coma unha voz no medio dos catro seres viventes que dicía: -Unha libra de trigo por un denario, e tres libras de cevada por un denario, pero non lle fagas mal ao aceite mailo viño.7Cando abriu o cuarto selo, escoitei a voz do cuarto ser vivente que dicía: -Sae! 8E mirei, velaí un cabalo pálido; e o que o montaba chamábase Morte; e o Hades seguía tras del; e foille dada autoridade sobre a cuarta parte da terra para matar con espada, con fame, con pestilencia, e polas feras da terra.9Cando o Año abriu o quinto selo, vin embaixo do altar as almas dos que morreran asasinados por mor da palabra de Deus e do testemuño que mantiveran; 10e berraban dicindo: -Ata cando, Señor Soberano, Santo e Verdadeiro, non xulgas e véngalo noso sangue dos que habitan na terra? 11E déuselles cadansúa vestidura branca; e foilles dito que descansaran un pouco máis de tempo, ata completarse o número dos seus conservos, dos seus irmáns que habían ser asasinados como eles.12Vin cando abriu o sexto selo, e houbo un gran terremoto, e o sol virou negro coma tela de crin, e a lúa enteira volveuse como sangue, 13e as estrelas do ceo caeron á terra, como a figueira deixa caer os seus figos verdes ao ser sacudida por un forte vento. 14E o firmamento recolleuse coma un pergamiño que se enrola, e todo os montes e illas foron quitados do seu lugar.15E os reis da terra, e os príncipes, e os comandantes, os ricos, os poderosos e todo escravo e libre, agocháronse nas covas e entre as penas dos montes; 16e dicían aos montes e ás rochas: caede sobre nós e agochádenos da presenza do que está sentado no trono e da ira do Año. 17Porque chegou o grande día da ira deles, e quen pode manterse en pé?
1Logo disto, vin a catro anxos en pé nos catro extremos da terra, detendo os catro ventos da terra, para que non soprara vento algún, nin sobre a terra nin sobre o mar nin sobre ningunha árbore. 2E vin a outro anxo subindo por onde nace o sol, que tiña un selo do Deus vivo, e berrou moi alto aos catro anxos aos que se lles concedera facer dano á terra mailo mar, 3dicindo: -Non fagades dano, nin á terra, nin ao mar, nin ás arbores, mentres non poñamos o selo na frente aos servos do noso Deus!4E escoitei o número dos selados: cento corenta e catro mil selados de toda tribo dos fillos de Israel: 5da tribo de Xudá doce mil selados; da tribo de Rubén doce mil, da tribo de Gad doce mil, 6da tribo de Aser doce mil, da tribo de Neftalí doce mil, da tribo de Manasés doce mil,7da tribo de Simeón doce mil, da tribo de Leví doce mil, da tribo de Isacar doce mil, 8da tribo de Zabulón doce mil, da tribo de Xosé doce mil, e da tribo de Benxamín doce mil selados.9Logo disto, mirei e velaí unha multitude que ninguén podía contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, que estaban en pé diante do trono e diante do Año, vestidos con vestiduras brancas e palmas nas súas mans. 10E alzan a súa voz dicindo: -A salvación é do noso Deus, que está sentado no trono, e do Año!11E tódolos anxos estaban en pé arredor do trono e arredor dos anciáns e dos catro seres viventes, e caeron sobre as súas facianas diante do trono, e adoraron a Deus, 12dicindo: -Amén! a bendición, a gloria, a sabedoría, e a gratitude, o honor, o poder e a fortaleza, ao noso Deus polos séculos dos séculos. Amén.13Entón un dos anciáns tomou a palabra e preguntoume: -Estes que están con vestiduras brancas, quen son e de onde veñen? 14E dixen: -Meu Señor, ti sábelo. Díxome: -Estes son os que veñen da gran tribulación e que lavaron as súas vestiduras e as branquearon no sangue do Año.15Por iso están diante do trono de Deus, e lle sirven día e noite no seu santuario; e o que está sentado no trono estenderá o seu tabernáculo sobre eles; 16e non terán fame nin sede, nin o sol caerá máis sobre eles, nin calor algún. 17Pois o Año en medio do trono pastorearaos, e os conducirá a mananciais de augas de vida, e Deus enxugará toda bágoa dos seus ollos.
1Cando o Año abriu o sétimo selo, houbo silencio no ceo como por media hora. 2E vin aos sete anxos que están de pé diante de Deus, e lles foron dadas sete trompetas.3E chegou outro anxo e parouse diante do altar cun incensario de ouro, e déronlle moito incenso para que o engadira ás oracións de tódolos santos sobre o altar de ouro diante do trono. 4E o fume do incenso subiu da man do anxo, coas oracións dos santos á presenza de Deus. 5E o anxo tomou o incensario e encheuno co lume do altar, e botouno á terra; e houbo relampos, e voces, e lóstregos e un terremoto.6E os sete anxos que teñen as sete trompetas dispuxéronse a tocalas: 7o primeiro tocou a trompeta, e houbo saraiba e lume misturados con sangue, e foron lanzados á terra; e queimouse a terceira parte da terra, e a terceira parte das árbores e queimouse toda herba verde.8O segundo anxo tocou a trompeta, e veuse sobre o mar como unha gran montaña ardendo en chamas, e a terceira parte do mar volveuse sangue. 9E morreu a terceira parte das criaturas que había no mar, cantas tiñan vida, e a terceira parte dos barcos foron desfeitos.10O terceiro anxo tocou a trompeta, e caeu do ceu unha gran estrela, ardendo como unha tea, e caeu sobre a terceira parte dos ríos e sobre os mananciais das augas. 11O nome da estrela é Amargura; e a terceira parte das augas volveuse amargura, e moitas das persoas morreron por mor das augas que tornaran amargas.12O cuarto anxo tocou a trompeta, e foi ferida a terceira parte do sol, e a terceira parte da lúa, e a terceira parte das estrelas, para que a terceira parte deles escurecera, e o día non resplandecera na súa terceira parte, e así mesmo a noite.13E vin e escoitei unha aguia voando no medio do ceo, que dicía a gran voz: -Ai, ai, ai, dos que habitan na terra, por mor das outras voces da trompeta dos tres anxos que están a piques de tocar!
1O quinto anxo tocou a trompeta, e vin unha estrela que caera do ceo á terra, e foille dada a chave do pozo do abismo. 2Cando abriu o pozo do abismo, subiu fume do pozo coma o fume dun gran forno, e o sol mailo aire escureceron por mor del.3E do fume saíron lagostas á terra e foilles dado poder como o poder que teñen os escorpións da terra. 4Díxoselles que non danaran a herba da terra, nin cousa verde algunha, nin ningunha árbore, senón só ás persoas que non teñen o selo de Deus na fronte.5Non se lles permitiu matar a ninguén, senón atormentalos por cinco meses; e o seu tormento era como o tormento dun escorpión cando fere a unha persoa. 6Naqueles días a xente buscará a morte e non será quen de atopala; e desexará morrer, e a morte fuxirá deles.7O parecer das lagostas era semellante a cabalos preparados para a batalla, e sobre as súas testas tiñan coroas que parecían de ouro, e as súas caras eran coma facianas. 8Tiñan cabeleiras coma cabeleiras de muller, e os seus dentes eran coma de leóns. 9Tamén tiñan uns peitorís coma peitorís feitos con ferro, e o balbordo das súas ás era coma o balbordo de carros de cabalos que corren á batalla.10Tiñan colas semellantes ás dos escorpións, con aguillóns, e o seu poder estaba nas súas colas para danar as persoas durante cinco meses. 11Sobre elas teñen por rei ao anxo do abismo, Abadón en hebreo, e Apolión en grego. 12Pasou o primeiro "ai"! despois disto aínda veñen dous "ai"!13O sexto anxo tocou a trompeta, e escoitei unha voz que saía de entre os catro cornos do altar de ouro diante de Deus, 14que dicía ao sexto anxo que tiña a trompeta: -Ceiba os catro anxos que están atados xunto o río Eufrates. 15E foron ceibados os catro anxos que foran preparados para a hora, o día, o mes e o ano, para matar á terceira parte da xente.16O número dos exércitos de a cabalo, douscentos millóns. Eu escoitei o seu número. 17E na visión vin os cabalos e aos que os montaban, que tiñan peitorís de lume, de zafiro e de xofre. E as testas dos cabalos eran coma cabezas de leóns, e das súas bocas saía lume, fume e xofre.18Por estas tres pragas foi morta a terceira parte da xente: polo lume, polo fume e polo xofre que saía da boca deles. 19Pois o poder dos cabalos está na súa boca e nos seus rabos; pois os seus rabos son semellantes a serpes, que teñen cabezas e danan con elas.20E o resto da xente, a que non morreu por estas pragas, tampouco se arrepentiu das obras das súas mans para deixar de adorar os demos e os ídolos de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que non poden ver, nin oír, nin andar; 21e non se arrepentiron dos seus homicidios, nin das súas bruxerías, nin da súa fornicación, nin dos seus furtos.
1Vin a outro anxo que descencía do ceo, envolto nunha nube; e o arco iris estaba sobre a súa cabeza, o seu rostro era coma o sol, e os seus pés coma columnas de lume; 2e tiña na man un pequeno pergamiño aberto; e poñendo o seu pé dereito sobre o mar e o esquerdo sobre a terra;3berrou a gran voz, como ruxe o león; e ao berrar, os sete tronidos tronaron as súas voces. 4Cando os sete tronidos falaron, estaba a piques de escribir, cando escoitei unha voz do ceo que dicía: -Sela as cousas que os sete tronidos dixeron e non as escribas.5E o anxo que vin en pé sobre o mar e a terra, ergueu a súa man dereita ao ceo, 6e xurou polo que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e as cousas que están nel, e a terra e as cousas que están nela, e o mar e as cousas que están nel, que non habería máis tardanza, 7senón que nos días da voz do sétimo anxo, cando estea a piques de tocar a trompeta, tamén terá cumprimento o misterio de Deus, como anunciou aos seus servos os profetas.8E a voz que escoitei do ceo falou comigo de novo, e díxome: -Vai e toma o pergamiño aberto da man do anxo que estivo en pé sobre o mar e sobre a terra. 9E achegueime ao anxo, dicíndolle que me dera o pequeno pergamiño. E dime: -Toma e devórao; amargarache no interior, pero na túa boca será doce coma o mel.10Tomei o pequeno pergamiño da man do anxo, e devoreino; e na miña boca foi doce coma o mel; e cando o comín, amargoume por dentro. 11E dinme: -Cómpre que profetices outra vez sobre moitos pobos, nacións, e linguas e reis.
1Déuseme unha cana de medir semellante a unha vara, dicíndome: -Érguete e mide o templo de Deus e o altar, e os que adoran nel; 2pero o patio do santuario déixao fóra e non o midas, porque foi entregado aos xentís, e eles profanarán a cidade santa por corenta e dous meses.3E darei ás miñas dúas testemuñas, e profetizarán por mil douscentos sesenta días, vestidos de cilicio. 4Estes son as dúas oliveiras e os dous candeeiros que están en pé diante do Señor de toda a terra. 5Se algún lles procura mal, un lume que sae das súas bocas devora os seus inimigos; se algún lles quere facer mal morrerán do mesmo xeito.6Estes teñen poder para fechar o ceo para que non chova durante os días que eles profeticen, e teñen poder sobre as augas para convertelas en sangue, e para ferir a terra con toda sorte de pragas, cantas veces queiran. 7Cando rematen o seu testemuño, a besta que sobe do abismo, fará guerra contra eles, e vencerá, e mataraos.8E os seus cadáveres xacerán na praza da gran cidade, espiritualmente chamada Sodoma, e Exipto, onde tamén foi crucificado o Señor deles. 9E os dos pobos, tribos, linguas e nacións, contemplarán os cadáveres por tres días e medio e non permitirán que sexan sepultados.10E os que viven na terra estarán alegres e festexando sobre eles, agasallándose uns aos outros, porque eles atormentaban aos que viven na terra. 11Pero despois de tres días e medio, entrou neles un alento de vida que viña de Deus e puxéronse en pé, e colleron grande medo os que os viron. 12E escoitaron unha grande voz do ceo que lles dicía: -Subide acó! E subiron ao ceo na nube e foron contemplados polos seus inimigos.13Naquela hora houbo un gran terremoto, e derrubouse a décima parte da cidade, e no terremoto morreron sete mil persoas, e os demais enchéronse de medo, e deron gloria ao Deus do ceo. 14O segundo "ai"! Pasou, velaí o terceiro "ai"! Vén axiña.15O sétimo anxo tocou a trompeta, e houbo grandes voces no ceo, que dicían: o reino do mundo veu a ser o reino do noso Señor e do seu Unxido; e El reinará polos séculos dos séculos.16E os vintecatro anciáns que estaban sentados diante de Deus nos seus tronos, prostráronse sobre as suas facianas e adoraron a Deus, 17dicindo: -Dámosche grazas Señor Deus Todopoderoso, o que es e que eras, porque tomaches o teu gran poder e reinas.18E enfurecéronse as nacións, pero xa chegou a túa cólera, e o tempo dos mortos ser xulgados, e de dalo galardón aos teus servos os profetas, e aos santos, e aos que temen o teu nome, aos pequenos e mailos grandes, e de destruír os que destrúen a terra.19E abriuse o santuario de Deus no ceo, e foi vista no seu santuario a arca do seu pacto, e houbo lóstregos, e voces, e tronidos, e un terremoto e saraibada.
1Foi visto no ceo un gran sinal; unha muller vestida do sol, coa lúa baixo os seus pés, e unha coroa de doce estrelas sobre a súa cabeza: 2e estando embarazada, berra cos dores de parto, agoniada por dar a luz.3E foi visto outro sinal no ceo: un gran dragón vermello que tiña sete cabezas e dez cornos, e sobre as súas cabezas había sete diademas. 4A súa cola arrastraba a terceira parte das estrelas do ceo e lanzounas sobre a terra. E o dragón parouse diante da muller que estaba para dar a luz, coa fin de devorar o seu fillo cando dese a luz.5E ela deu a luz a un varón, que ha rexir a tódalas nacións con vara de ferro, e seu fillo foi arrebatado ata Deus e ata o seu trono. 6E a muller fuxiu ao deserto, onde tiña un lugar preparado por Deus, para ser sostida alí por mil douscentos sesenta días.7Entón houbo guerra no ceo: Miguel e os seus anxos loitaron contra o dragón. E o dragón e os seus anxos loitaron, 8pero non foron fortes abondo, e xa non se atopou o seu lugar no ceo. 9E foi lanzado o gran dragón, a serpe antiga que se chama Diaño e Satanás, que engana ao mundo enteiro; foi lanzado á terra e os seus anxos foron lanzados canda el.10E escoitei unha gran voz no ceo, que dicía: -Nestre intre chegou a salvación, o poder e o reino do noso Deus e a autoridade do seu Unxido, porque o acusador dos nosos irmáns, o que os acusa diante do noso Deus día e noite, foi lanzado.11E eles acadaron a vitoria por medio do sangue do Año e pola palabra do testemuño deles, e non amaron as súas vidas, mesmo até a morte. 12Polo tanto, alegrádevos, ceos, e os que vivides neles. Ai da terra e do mar! Porque o diaño baixou onda vós enfurecido, sabendo que ten pouco tempo.13Cando o dragón viu que fora lanzado á terra, perseguiu á muller que deu a luz o varón. 14Pero á muller fóronlle dadas dúas ás coma dunha grande aguia, para que voara lonxe da presenza da serpe, ao deserto, ao seu lugar, onde foi sostida por un tempo, tempo e medio tempo.15E a serpe lanzou da súa boca, trala muller, auga coma un río, para facer que fora arrastrada pola corrente. 16Pero a terra axudou á muller, e a terra abriu a súa boca e tragou o río que o dragón lanzara pola súa boca. 17Entón o dragón enfureceuse contra a muller, e saíu para facer guerra contra o resto da súa descendencia, os que gardan os mandamentos de Deus e teñen o testemuño de Xesús. 18E parouse sobre a area do mar.
1E vin que subía do mar unha besta que tiña dez cornos e sete cabezas; sobre os seus cornos tiña dez diademas, e sobre as súas cabezas, un nome blasfemo. 2A besta era semellante a un leopardo, os seus pés eran coma os dun oso e a súa boca coma a boca dun león. E o dragón déullelo seu poder e seu trono e unha grande autoridade.3E vin unha das súas cabezas coma ferida de morte, pero a súa ferida mortal foi sandada, e a terra enteira abraiada ía trala besta; 4e adoraron o dragón, porque lle dera autoridade á besta; e adoraron á besta dicindo: -Quen é semellante á besta, e quen pode loitar contra dela?5Déuselle unha boca que falaba grandezas e blasfemias, e foille dada autoridade para actuar por corenta e dous meses. 6E abriu a súa boca en blasfemias contra Deus, para blasfemar o seu nome e o seu tabernáculo, aos que moran no ceo.7E concedéuselle facer guerra contra os santos e conquistalos; e déuselle autoridade sobre toda tribo, pobo, lingua e nación. 8E han adorala todos os que moran na terra, aqueles que os seus nomes non foron escritos, dende a fundación do mundo, no libro da vida do Año que foi inmolado.9Se algún ten oído, escoite. 10Se algún ha ser levado á cadea, á cadea será levado; se algún ha ser morto a espada, a espada será morto. Velaí a perseveranza e a fe dos santos.11E vin outra besta que subía da terra; tiña dous cornos semellantes aos dun año pero falaba coma un dragón. 12E exerce toda a autoridade da primeira besta diante dela, e fai que a terra e os que moran nela adoren á primeira besta que foi sandada da ferida mortal.13E fai grandes milagres, de xeito tal que aínda fai baixar lume do ceo á terra diante das persoas. 14E engana aos que moran na terra por medio dos sinais que lle foi concedido facer diante da besta, dicindo aos que moran na terra que fagan unha imaxe da besta que tiña unha ferida de morte e reviviu.15E concedéuselle dar alento á imaxe da besta, para que a imaxe da besta tamén falara e fixera que foran mortos os que non adoraran á imaxe da besta. 16E fai que a todos, pequenos e grandes, ricos e pobres, libres e escravos, lles poñan unha marca na súa man dereita ou na fronte, 17e que ninguén poida mercar ou vender, senón o que teña a marca: o nome da besta ou o número do seu nome.18Aquí está a sabedoría. O que ten entendemento, deduza o número da besta, porque é número de home: seu número é seiscentos sesenta e seis.
1Mirei, e velaí o Año en pé sobre o o Monte de Sión, e canda el cento corenta e catro mil que tiñan o seu nome e o nome do seu Pai escrito na fronte. 2E escoitei unha voz do ceo, coma murmurio de moitas augas e coma o son dun gran estrondo, e a voz era como o son de arpistas tocando nas súas arpas.3E cantaban unha nova cantiga diante do trono e diante dos catro seres viventes e dos anciáns; e ninguén podía aprender a cantiga, agás os cento corenta e catro mil que foran rescatados da terra. 4Estes son os que non se contaminaron con mulleres, porque son virxes. Estes son os que seguen ao Año onde queira que vai. Estes foron mercados de entre os homes como primicias para Deus e para o Año. 5Na súa boca non se atopou engano; están sen mancha.6E vin a outro anxo voando no medio do ceo que tiña un evanxeo eterno para pregoalo aos que moran na terra, é dicir, sobre toda nación, tribo, lingua e pobo, 7dicindo en alta voz: -Temede a Deus e dádelle gloria, porque chegou a hora do seu xuízo; adorade ao que fixo o ceo e a terra, o mar e as fontes das augas.8E outro anxo, o segundo, seguiu dicindo: -Caeu, caeu Babilonia a grande, a que fixo beber a tódalas nacións do viño velenoso da súa fornicación.9E outro anxo, o terceiro, seguiunos, dicindo con gran voz: -Se algún adora á besta e á súa imaxe, e recibe a súa marca na súa fronte ou na súa man, 10el tamén beberá do viño do furor de Deus, vertido puro na copa da súa ira, e será atormentado con lume e xofre á vista dos santos anxos e á vista do Año.11E o fume do seu tormento sobe polos séculos dos séculos, e non teñen repouso nin de día nin de noite, os que adoran á besta e á súa imaxe, e calquera que recibe a marca do seu nome. 12Aquí está a perseveranza dos santos que gardan os mandamentos de Deus e a fe de Xesús.13E escoitei unha voz do ceo que dicía: -Escribe: ditosos os mortos que morran no Señor de aquí en diante! Si, di o Espírito, para que descansen dos seus traballos porque as súas obras os acompañan.14E mirei e velaí unha nube branca, e sobre a nube sentado un semellante ao Fillo do Home que tiña na cabeza unha coroa de ouro, e na man un fouciño afiado. 15E saíu do santuario outro anxo proferindo a gran voz ao que está sentado na nube: -Manda o teu fouciño e sega, porque chegou a hora de segar, pois o gran da terra está maduro. 16E o que estaba sentado sobre a nube, lanzou o seu fouciño á terra, e a terra foi segada.17E saíu outro anxo que estaba no santuario que está no ceo, tamén cun fouciño afiado. 18E de carón ao altar saíu outro anxo que ten poder sobre o lume e berroulle ao que tiña o fouciño afiado, dicindo: -Mete o fouciño afiado na terra e vendima os acios da vide da terra, porque as súas uvas están maduras.19E o anxo meteu o fouciño na terra e vendimou os acios da vide da terra, e botou as uvas no gran lagar da ira de Deus. 20E o lagar foi pisado fóra da cidade, e do lagar saíu sangue ata os freos dos cabalos, nunha extensión como de mil seiscentos estadios.
1Vin tamén no ceo outro sinal, grande e espantoso: sete anxos que tiñan sete pragas, as derradeiras, porque nelas é consumada a ira de Deus.2Vin tamén como un mar de cristal mesturado con lume, e os que saíran vitoriosos sobre a besta, sobre a súa imaxe e sobre o número do seu nome, en pé sobre o mar de cristal, con arpas de Deus.3E cantaban a cantiga de Moisés, servo de Deus, e a cantiga do Año, dicindo: -Grandes e marabillosas son as túas obras, oh Señor Todopoderoso! Xustos e verdadeiros son os teus camiños, oh Rei das nacións! 4Oh Señor! Quen non temerá e glorificará o teu nome? Pois só ti es santo; porque tódalas nacións virán e adorarán diante de ti, pois os teus xuízos foron manifestos.5Logo disto mirei e abriuse o templo do tabernáculo do testemuño no ceo, 6e saíron do templo os sete anxos que tiñan as sete pragas, vestidos de liño puro e resplandecente, e cinguidos arredor do peito con cintos de ouro.7Entón un dos catro seres vivintes deu aos sete anxos sete copas de ouro cheas da ira de Deus, quen vive polos séculos dos séculos. 8E encheuse o templo co fume da gloria de Deus e do seu poder, e ninguén podía entrar no templo ata que remataran as sete pragas dos sete anxos.
1E escoitei unha gran voz que dende o templo dicía aos sete anxos: -Ide e vertede na terra as sete copas da ira de Deus.2O primeiro foi e verteu a súa copa na terra; producindo unha chaga pestilente e maligna nas persoas que tiñan a marca da besta e que adoraban a súa imaxe.3O segundo verteu a súa copa no mar e convertiuse en sangue coma de morto; e morreu todo ser vivo dos que están no mar.4O terceiro verteu a súa copa nos ríos e nas fontes de auga, e convertéronse en sangue. 5E escoitei ao anxo das augas que dicía: -Xusto es Ti, o que es, e o que eras, oh Santo, porque xulgaches estas cousas; 6pois eles verteron sangue de santos e profetas e ti décheslles a beber sangue; téñeno merecido. 7E escoitei ao altar, que dicía: -Si, oh Señor Deus Todopoderoso, verdadeiros e xustos son os teus xuízos.8O cuarto verteu a súa copa sobre o sol, e foille dado queimar a xente con lume. 9E as persoas foron queimadas co calor abafante; e blasfemaron o nome de Deus que ten poder sobre estas pragas, e non se arrepentiron para darlle gloria.10O quinto verteu a súa copa sobre o trono da besta; e o seu reino quedou en tebras, mordéndose a lingua da dor. 11E blasfemaron contra o Deus do ceo por mor das súas dores e das súas chagas, e non se arrepentiron das súas obras.12O sexto verteu a súa copa sobre o gran río Éufrates; e secaron as súas augas para que fora preparado o camiño para os reis do oriente. 13E vin saír da boca do dragón, da boca da besta e da boca do falso profeta, a tres espíritos inmundos semellantes a rás, 14pois son espíritos de demos que fan sinais prodixiosas, que van aos reis de todo o mundo, a reunilos para a batalla do gran día do Deus Todopoderoso.15(Velaí , veño coma ladrón, ditoso o que vela e garda as súas roupas, non sexa que ande espido e vexan a súa vergoña). 16E reuníronos no lugar que en hebreo se chama Armaguedón.17O sétimo verteu a súa copa no ar; e unha grande voz saíu do templo, do trono que dicía: -Está feito. 18Entón houbo relampos, voces e estrondos; e houbo un terremoto tan grande e terrible como endexamais se vira dende que o home está sobre a terra. 19A gran cidade quedou dividida en tres partes, e as cidades das nacións caeron. E a gran Babilonia foi recordada diante de Deus para darlle o cáliz do viño da ira de Deus.20E fuxiu toda illa e non se atopou monte algún. 21E enormes saraibas, coma dun talento cada un, caeron sobre a xente; e as persoas blasfemaron contra Deus pola praga de saraiba, porque esta praga era tremendamente grande.
1E achegouse a falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete copas, dicindo: -Vén; mostraréiche o xuízo da gran rameira que está sentada sobre moitas augas; 2os reis da terra cometeron actos inmorais con ela, e os habitantes da terra foron embebedados co viño da súa inmoralidade.3E levoume no espírito a un deserto; e vin a unha muller sentada sobre unha besta escarlata, chea de nomes blasfemos, e que tiña sete cabezas e dez cornos. 4A muller estaba vestida de púrpura e escarlata, e enfeitada con ouro, pedras preciosas e perlas, e tiña na man unha copa de ouro chea de abominacións e das inmundicias da súa inmoralidade. 5E na súa fronte estaba escrito un nome: Misterio: Babilonia a grande, nai das rameiras e das abominacións da terra.6E vin á muller bébeda do sangue dos santos, e do sangue das testemuñas de Xesús. E quedei pasmado mirando con gran asombro. 7E díxome o anxo: -Por que quedaches abraiado? Eu direiche o misterio da muller e da besta que a leva, a que ten as sete cabezas e os dez cornos.8A besta que viches, era e non é, e está a piques de subir do abismo para ir cara a destrución. E os habitantes da terra, os que os seus nomes non se escribiron no libro da vida dende a fundación do mundo, quedarán abraiados ao vela besta que era e non é, e estará presente.9Aquí está a mente que ten sabedoría. As sete cabezas son sete montes sobre os que se senta a muller; 10e son tamén sete reis; cinco caeron, un é, e o outro aínda non chegou; e cando veña, debe durar pouco.11E a besta que era e non é, é tamén o oitavo, e é dos sete, e vai á perdición.12E os dez cornos que viches son dez reis que aínda non recibiron reino, pero recibirán autoridade coma reis xunto coa besta por unha hora. 13Teñen un mesmo propósito, e entregarán a súa autoridade e poder á besta. 14Pelexarán contra o Año, e o Año venceraos, porque El é Señor de señores e Rei de reis, e os que están con El son chamados, escollidos e fieis.15E díxome: -As augas que viches onde senta a rameira, son pobos, multitudes, nacións e linguas.16E os dez cornos que viches e a besta, estes odiarán á rameira e deixarana arrasada e núa, e comerán as súas carnes e queimarana con lume; 17porque Deus puxo nos seus corazóns facer o que El se propuxo, e facer que se poñan de acordo, e dean o seu reino á besta, ata que as palabras de Deus se cumpran.18E a muller que viches é aquela gran cidade, que ten dominio sobre os reis da terra.
1Despois destas cousas vin a outro anxo descender do ceo, que tiña gran poder, e a terra foi iluminada co seu resplandor. 2E clamou con potente voz, dicindo: -Caeu, caeu a gran Babilonia, e converteuse en morada de demos, en gorida de todo espírito inmundo e en gorida de toda ave inmunda e noxenta. 3Porque tódalas nacións beberon do viño velenoso da súa fornicación, e os reis da terra cometeron actos inmorais con ela, e os comerciantes da terra enriqueceron co poder da súa luxuria.4E escoitei outra voz procedente do ceo que dicía: -Saíde dela, meu pobo, para que non participedes dos seus pecados e para que non recibades das súas pragas; 5porque os seus pecados amontoáronse ata o ceo, e Deus lembrouse das súas inxustizas. 6Pagádelle así como ela pagou, e devolvédelle dobre segundo as súas obras; na copa que ela preparou, preparade o dobre para ela.7Na medida na que ela se glorificou e viviu en luxuria, dádelle outro tanto de tormento e choro, porque di no seu corazón: estou sentada como raíña, e non son viúva, e nunca verei pranto. 8Por iso, nun só día, virán as súas pragas: morte, pranto fame, e será consumida con lume; porque o Señor Deus que a xulgou, é poderoso.9E os reis da terra que cometeron actos de inmoralidade e viviron sensualmente con ela, chorarán e lamentarán por ela cando vexan o fume do seu incendio, 10estando en pé de lonxe, por mor do temor do seu tormento, dirán: ai, ai, a grande cidade Babilonia, a cidade forte!, pois nunha hora chegou o teu xuízo.11Os comerciantes da terra choran e lamentan por ela, porque xa ninguén merca as súas mercadorías: 12cargamentos de ouro, prata, pedras preciosas, perlas, liño fino, púrpura, seda e escarlata; toda clase de madeira olorosa e todo obxecto de marfil e todo obxecto feito de madeiras preciosas, bronce, ferro e mármore; 13e de canela, especias aromáticas, incenso, perfume, mirra, viño, aceite de oliva; e de flor de fariña, trigo; de bestas, ovellas, cabalos, carros, de escravos e de almas de persoas.14O froito que tanto desexabas na túa alma, afastouse de ti, e tódalas cousas que eran exquisitas e espléndidas alonxáronse de ti, endexamais se atoparán.15Os comerciantes destas cousas, que enriqueceron a costa dela, deteranse ao lonxe por mor do temor do seu tormento, chorando e lamentando, 16dicindo: ai, ai, a gran cidade que estaba vestida de liño fino, púrpura e escarlata, e enfeitada de ouro, pedras preciosas e perlas!, 17porque nunha hora foi arrasada tanta riqueza. E tódolos capitáns, pasaxeiros e mariñeiros, e todos os que viven do mar, paráronse ao lonxe,18e vendo a fumareda do seu incendio berraban, dicindo: que cidade é semellante á gran cidade? 19e botaron pó sobre as súas cabezas, e berraban, chorando e lamentando, dicindo: ai, ai, da gran cidade! todos os que tiñan naves no mar enriquecéronse a costa dela e nunha hora foi arrasada. 20Énchete de ledicia sobre ela, o ceo, e tamén vós, os santos apóstolos e profetas, porque Deus pronunciou xuízo por vós en contra dela.21E un anxo poderoso colleu unha pedra, coma unha gran moa e lanzouna ao mar, dicindo: -Así, con violencia, será lanzada Babilonia, a cidade grande! Que endexamais se atopará. 22E o son de arpistas, de músicos, de frautistas e de trompeteiros non se sentirá máis en ti; non se atope máis en ti artífice de oficio algún; ruído de muíño non se ha sentir máis en ti;23luz de lámpada non alumará máis en ti; e a voz do noivo e da noiva non se ha sentir máis en ti; porque os teus comerciantes eran os grandes da terra, pois tódalas nacións foron enganadas polas súas feitizarías. 24E nela atopouse o sangue dos profetas, dos santos e de todos os que foran asasinados na terra.
1Despois disto, sentín como unha gran voz dunha gran multitude no ceo, que dicía: -Aleluia! A salvación e a gloria e o poder pertencen ao noso Deus, 2porque os seus xuízos son verdadeiros e xustos, pois xulgou a gran rameira que corrompía a terra coa súa inmoralidade, e vengou o sangue dos seus servos nela.3E dixeron por segunda vez: -Aleluia! O fume dela sobe polos séculos dos séculos. 4E os vintecatro anciáns e os catro seres viventes axeonlláronse e adoraron a Deus, que está sentado no trono, e dicían: -Amén! Aleluia!5E do trono saíu unha voz que dicía: -Louvade o noso Deus seus servos todos, os que lle temedes, pequenos e grandes.6E escoite como a voz dunha gran multitude, coma o estrondo de moitas augas e coma o son de fortes tronidos, que dicía: -Aleluia! Porque o Señor noso Deus Todopoderoso reina.7Festexemos e alegrémonos, e démoslle a El a gloria, porque chegaron as vodas do Año e a súa esposa preparouse. 8E a ela foille concedido vestirse de liño fino, resplandecente e limpo, porque o liño fino son as accións xustas dos santos.9E díxome o anxo: escribe: -Felices os que estades convidados á cea das vodas do Año. E díxome: -Estas son palabras verdadeiras de Deus. 10Entón caín aos seus pés para adoralo. E díxome: -Mira, non!, Que eu son conservo teu e dos teus irmáns que reteñen o testemuño de Xesús; adora a Deus. Pois o testemuño de Xesús é o espírito da profecía.11E vin o ceo aberto, e velaquí un cabalo branco, o que o montaba chámase Fiel e Verdadeiro, e con xustiza xulga e guerrea. 12Os seus ollos son chamas de lume, e sobre a súa cabeza hai moitas diademas, e ten un nome escrito que ninguén coñece agás El. 13E está vestido cunha roupa enchoupada en sangue, e o seu nome é: o Verbo de Deus.14E os exércitos que están nos ceos, vestidos de liño fino, branco e limpo, seguíano sobre cabalos brancos. 15Da súa boca sae unha espada afiada para ferir con ela as nacións, e ha pastorealas con vara de ferro; e el pisa o lagar do viño do furor da ira de Deus Todopoderoso. 16E no seu manto e na súa man ten un nome escrito: Rei de reis e Señor de señores.17E vin un anxo que estaba de pé no sol. E berrou a gran voz, dicindo a tódalas aves que voan no medio do ceo: vinde, xuntádevos para o gran festín de Deus; 18para que comades carne de reis, carne de comandantes e carne de poderosos, carne de cabalos e dos seus xinetes, e carne de todos os homes, libres e escravos, pequenos e grandes.19Entón vin a besta, os reis da terra e os seus exércitos, reunidos para facer guerra contra o que ía montado no cabalo e contra o seu exército. 20E a besta foi apresada, e con ela o falso profeta que facía sinais na súa presenza, cos que enganaba os que recibiran a marca da besta e aos que adoraban a súa imaxe; os dous foron arroxados vivos ao lago de lume que arde con xofre.21E os demais foron mortos coa espada que saía da boca do que montaba o cabalo, e saciáronse tódalas aves das súas carnes.
1E vin un anxo que descendía do ceo, coa chave do abismo e unha gran cadea na súa man. 2Prendeu ao dragón, a serpe antiga, que é o Diaño e Satanás, e atouno por mil anos; 3e botouno ao abismo, e encerrouno e puxo un selo sobre el, para que non enganara máis ás nacións ata que se cumpriran os mil anos; logo disto é preciso que sexa desatado por un pouco de tempo.4Tamén vin tronos, e se sentaron sobre eles, e concedéuselles autoridade para xulgar. E vin as almas dos que foran decapitados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus, e os que non adoraran á besta nin á súa imaxe, nin recibiran a marca sobre a súa fronte nin sobre a súa man; e volveron a vivir e reinaron co Mesías mil anos: esta é a primeira resurreción.5Os demais mortos non volveron á vida ata que se cumpriron os mil anos. 6Feliz e santo é o que ten parte na primeira resurreción; a morte segunda non ten poder sobre estes senón que serán sacerdotes de Deus e do Unxido, e reinarán con el por mil anos.7Cando se cumpran os mil anos, Satanás será soltado da súa cadea, 8e sairá a enganar ás nacións que están nos catro extremos da terra, a Gog e a Magog, para reunilas para a batalla; o número delas é coma a area do mar.9E subiron sobre a anchura da terra, rodearon o campamento dos santos e a cidade amada; pero descendeu lume do ceo e devorounos. 10E o diaño que os enganaba foi botado ao lago de lume e xofre, onde tamén está a besta e o falso profeta; e serán atormentados día e noite polos séculos dos séculos.11E vin un gran trono branco e ao que estaba sentado nel, ante o que fuxiron a terra e o ceo, e non se atopou lugar para eles. 12Vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono, e os libros foron abertos; e outro libro foi aberto, que é o libro da vida, e os mortos foron xulgados polo que estaba escrito nos libros, segundo as súas obras.13O mar entregou os mortos que estaban nel, e a Morte e o Hades entregaron os mortos que estaban neles; e foron xulgados cada un segundo as súas obras. 14E a Morte e o Hades foron botados ao lago de lume. Esta é a morte segunda: o lago de lume. 15E o que non se atopaba inscrito no libro da vida foi botado ao lago de lume.
1Logo vin un ceo novo e unha terrra nova, porque o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran, e o mar xa non existía. 2Vin que descendía do ceo, de Deus a cidade santa: unha nova Xerusalém disposta como unha noiva engalanada para o seu esposo.3Escoitei unha voz grande dende o trono que dicía: -Velaí o tabernáculo de Deus onda os homes, morará con eles e eles serán o seu pobo, e Deus mesmo estará con eles. 4El enxugará cada unha das bágoas dos seus ollos e xa non haberá mais morte nin pranto nin dor porque as primeiras cousas paxaron xa.5O que está sentado no trono dixo: velaí que fago novas tódalas cousas, e engadiu: -Escribe: estas palabras son verdadeiras e cheas de fidelidade. 6Díxome: -Feito está. Eu son o Alfa e o Omega, o Principio e o Fin; a quen teña sede, dareille de balde da fonte da auga de vida".7O Vencedor será herdeiro de todo isto, Eu serei o seu Deus e el será o meu fillo. 8Mais os covardes e incrédulos, os malvados e asasinos, os fornicarios, os bruxos e os idólatras e todos os que viven na mentira terán a súa parte no lago que arde con fogo e xofre, que é a morte segunda.9Vin un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete pragas derradeiras, que falou comigo dicíndome: vén, que che vou amosar a noiva, a esposa do Año. 10Levoume en espírito á cima dun monte alto, e amosoume a cidade santa, Xerusalém, descendendo do ceo, de Deus.11E tiña a gloria de Deus, de tal xeito que o seu resplandor era coma a máis preciosa das pedras, unha pedra de xaspe transparente coma o cristal. 12Tiña un muro alto e grande que ten doce portas, e enriba das portas doce anxos e uns nomes escritos que son as doce tribos dos fillos de Israel. 13Tres portas polo Nacente tres portas polo Norte, outras tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente.14O muro da cidade tiña doce alicerces, e neles os doce nomes dos doce apóstolos do Año. 15E o que falaba comigo tiña unha medida, unha vara de ouro para medir a cidade, as portas e o muro.16A cidade está afirmada nun cadrado: a súa lonxitude é igual que a súa anchura. Mediu a cidade coa vara: doce mil estadios. A súa lonxitude, anchura e altura eran iguais. 17Mediu tamén o muro, cento corenta e catro cóbados, medida de home, aquela que usou o anxo.18O material do muro era de xaspe, pero a cidade era de ouro puro semellante ao cristal puro. 19Os alicerces do muro da cidade tiñan sido adornados con toda pedra preciosa: o primeiro alicerce, xaspe; o segundo zafiro; o terceiro calcedonia; o cuarto, esmeralda; 20o quinto, sardónix; o sexto, cornalina; o séptimo, crisólito; o oitavo, berilo; o noveno, topacio; o décimo crisópaso; o undécimo, xacinto; o duodécimo, amatista.21As doce portas eran doce perlas, cada unha das portas era de unha soa perla, e a praza da cidade era de ouro puro, trasparente coma o cristal. 22E eu non vin nela ningún santuario, porque o Señor, o Deus Todopoderoso e mailo Año é o santuario dela.23A cidade non precisa de luz do sol nin de lúa que a ilumine, porque a gloria de Deus a ilumina e o Año é a súa lámpada. 24As nacións andarán á luz dela e os reis da terra entregaranlle a súa gloria. 25Endexamais non se pecharán as portas de día, e alí non haberá noite.26As nacións levarán alí a súa gloria e o seu honor. 27Endexamais entrará nela ningunha cousa inmunda, abominable ou mentirosa, so entrarán aqueles que están inscritos no libro da vida do Año.
1Mostroume un río de auga de vida, resplandecente coma o cristal, que saía do trono de Deus e do Año. 2No medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río, estaba unha árbore da vida que dá unha ducia de froitos, dando o seu froito cada mes, e as follas da árbore son para a sanidade das nacións.3Xa non haberá máis maldición, senón que o trono de Deus e do Año estará nela, e os servos a servirán. 4Verano cara a cara, e o seu nome estará nas súas frontes. 5E non haberá noite, nin precisarán de luz de lámpada nin da luz do sol, porque o Señor Deus brillará sobre eles, e reinarán para sempre.6Entón díxome o anxo: -Estas palabras son fieis e verdadeiras. O Señor, o Deus dos espíritos dos profetas, mandou o seu anxo para ensinar aos seus servos o que vai a suceder axiña. 7Velaí que Eu veño deseguida. Feliz o que fai caso do que está escrito na profecía deste libro.8Eu, Xoán, son o que escoitei e vin estas cousas. Ao escoitalas e velas, caín aos pés do anxo que mas amosaba para adoralo. 9Pero el díxome: -Non fagas iso! Eu estou a servirte a ti e máis aos teus irmáns os profetas e a todos os que fan caso das palabras escritas neste libro: adora só a Deus!10Continuou dicíndome: -Non gardes en segredo as palabras da profecía deste libro, porque o tempo de cumprirse vai chegar axiña. 11O que é inxusto, que siga séndoo, o inmundo, máis inmundo aínda; pero o que é xusto debe ser máis xusto e o que é santo, aínda máis santo.12Velaí que Eu veño axiña, e o meu premio está comigo, para recompensar a cada un segundo a súa obra. 13Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Derradeiro, o Principio e o Fin.14Benditos os que lavan as súas roupas para teren dereito á árbore da vida, e entraren polas portas da cidade. 15Fora quedarán os cans, os bruxos, os fornicarios, os asasinos, os idólatras e todos aqueles que aman e practican a mentira!16Eu, Xesús, mandéivolo meu anxo para testemuñar de todas estas cousas sobre as igrexas. Eu son a raíz e a liñaxe de David, a estrela resplandecente da mañá.17O Espírito e a esposa din: -Ven! E todo aquel que escoita que diga: Ven! E o que teña sede, que veña, e todo aquel que o desexe que tome de balde da auga da vida.18Eu testifico a todo que escoita as palabras da profecía deste libro: -Se alguén engade algo ao que está escrito, Deus mandaralle as pragas escritas neste libro. 19Se alguén quita algunha palabra das profecías deste libro, Deus quitará a súa parte da árbore da vida e da cidade santa, das cousas que foron escritas neste libro.20Aquel que da testemuño destas cousas di: -Eu veño pronto! Amén, si ven Señor Xesús! 21A graza do Señor Xesús sexa con todos.